PP ARZUA


El PP de Arzúa insta al alcalde a defender los intereses de los vecinos adaptando el nuevo PGOM a la Ley del Suelo

·        El PP ha solicitado formalmente una Junta de Portavoces en aras de beneficiar a los vecinos de los más de 300 núcleos rurales de Arzúa
·        Tras las declaraciones del BNG de Arzúa queda de manifiesto su negativa a la adaptación del PXOM a la nueva Ley del Suelo
·        El PP denuncia la falta de voluntad política del BNG para beneficiar a los vecinos de Arzúa
Arzúa, 9 de abril de 2010 – El Partido Popular de Arzúa insta al alcalde a consensuar con el Grupo de Gobierno del BNG y con el resto de la oposición y los colectivos vecinales, la adaptación del PGOM de Arzúa a la nueva Ley del Suelo, puesto que esta nueva normativa supone un gran avance para el rural arzuano, y si no se lleva a cabo esta adaptación podrían surgir importantes conflictos jurídicos en el futuro a los propietarios de terrenos en Arzúa. Desde las filas populares además hacen hincapié en denunciar la falta de voluntad y de interés político por beneficiar a Arzúa, por parte de un Gobierno nacionalista que ya aprobó el vigente PGOM sin tener en cuenta las voces de los vecinos que pedían transparencia en su tramitación, para alejarse de un proceso que en muchos casos se atisbaba como sectario.
Además el PP entiende recusada la solicitud que hacía hace días, que hacía referencia a la inclusión de una partida presupuestaria para adaptar el PGOM a la nueva Ley, porque de lo contrario los únicos perjudicados serán los vecinos. Por ello, los populares solicitaron formalmente una Junta de Portavoces en aras de beneficiar a los vecinos de los más de 300 núcleos rurales de Arzúa, propuesta que por el momento no ha sido tenido en cuenta por el alcalde.
Para el PP de Arzúa los argumentos vacíos de contenido del Grupo de Gobierno, liderado por Xaquín García, solo pueden entenderse en su interés para “no asumir la responsabilidad que le corresponde en este asunto”. En este sentido, la representante popular recordó que los únicos motivos del regidor adaptar el PGOM, el que no está ultimado el Plan Especial de Protección e Promoción do Camiño de Santiago y el expediente de delimitación del Camino, son “excusas de mal pagador”, puesto que esta condición no es obligatoria para la adaptación a la nueva Ley. Además el PP de Arzúa le recuerda al BNG que durante los cuatro años de Bipartito en la Xunta no se avanzó absolutamente nada en la redacción del Plan Especial de Protección del Camino cuando además esa cartera correspondía al BNG. Es por ello que sorprende que para la aprobación a “machete” por parte del BNG del PGOM no fuese necesario este Plan Especial, ni para una modificación a los pocos meses en el Polígono Industrial y que si lo sea a su parecer con el objetivo de no beneficiar especialmente a los vecinos propietarios del rural arzuano.

Desde el PP de Arzúa muestran su satisfacción por la repercusión social que esta noticia ha tenido puesto que pone de actualidad la necesidad de un cambio en la concepción del núcleo rural, para que Arzúa no se vea perjudicada frente a las posibilidades que ofrece la nueva normativa. Además desde las filas populares confían en que la presión de oposición y de los sectores vecinales hagan recapitular al BNG y mientras tanto el PP informa que está en contacto con la Consellería de Medio Ambiente para que pueda venir hasta Arzúa un técnico y así poder tener una reunión con los vecinos en la Casa de la Cultura para explicarles de primera la mano cómo les va a beneficiar esta nueva ley.

PP MELIDE


O PP de Melide acusa a Cea de mentir e ínstaa a que rectifique publicamente as declaracións sobre a escola infantil

·        A representante popular considera escandaloso que se diga que a escola infantil leva 13 anos sen regulamento cando para abrir as súas portas xa tivo que ser aprobado e publicado as denominadas por aquel entón normas de funcionamento interno

·        Ánxeles Vázquez convida ós actuais gobernantes a que miren o BOP para ver como se foi modificando ano a ano as normativas impostas por educación

Melide, 9 de abril de 2010. A voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, insta á alcaldesa a que rectifique as declaracións vertidas sobre a escola infantil, onde afirma que o centro estivo funcionando durante 13 anos sen regulamento. Para a representante popular, “a Cea deberíaselle caer a cara de vergoña por dicir tales afirmacións, xa que non é certo de que a escola infantil careza de regulamento, debido a que para abrir as súas portas tiveron que ser aprobadas e publicadas as denominadas por aquel entón normas de funcionamento interno”. Neste senso, a voceira popular convida ó equipo de goberno a que revisen o BOP e comproben cómo foron modificadas as normativas impostas pola Xunta de Galicia.

Por todo iso, Vázquez prégalle ós actuais gobernantes a que, antes de sacar á luz pública unha nova que manche a imaxe dunha escola e, polo tanto, dos profesionais que velaron ó longo de moitos anos polo seu funcionamento, se informen e ollen o BOP xa que nel verán tódalas  publicacións e normas que tivo a escola infantil. Neste senso, Vázquez insta a Cea a que explique “cómo fixo nestes tres anos para regula-los días de peche, os horarios de entrada e saída, os obxectivos, as taxas, os requisitos para a matrícula, os baremos de admisión... de non haber, como di Manolo Prado, nada que rexera a escola infantil”.Para a representante popular, esta é unha mostra máis da ineficacia de Cea á fronte do Concello.
A voceira do PP indica, ademais, que “a inspectora que ten a escola é a mesma dende a apertura do centro e foi o pasado ano cando por rexistro se lle esixiu un regulamento adaptado ó cambio de normativa que fixo a Consellería que foi o que se aprobou agora e que vaia a se-lo mesmo que había antes pero adaptado”. O Grupo Popular prégalle ó bipartito local que traballe e non faga demagoxia, intentando confundir á xente xa que a escola infantil se adaptou sempre ás normativas aprobada pola Xunta e se o centro nestes momentos carece de normativa é dende a chegada de Cea á fronte do Concello e pola súa nefasta xestión e do seu equipo de goberno.

AYUNTAMIENTO DE TEO


OS TILOS DISPORÁN DUN CENTRO SOCIOCULTURAL MODULAR INTEGRADO NO ENTORNO



·        A actuación na urbanización, financiada polo FEESL 2010, ten un orzamento de 370.000 euros e inclúe o acondicionamento da zona verde e deportiva

·        Na concepción do centro municipal valorouse o respecto medioambiental e a súa integración no medio

·        A urbanización, cun censo de máis de 2.300 persoas , contará por fin cun local municipal

09 de abril de 2010. Os Tilos disporán este ano dun centro sociocultural transportable. Trátase dunha obra financiada polo Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local 2010 (FEESL) que ademais incluirá o acondicionamento de zonas verdes e deportivas na urbanización.
O custo da actuación ronda os 370.000 euros e a contratación realízase por procedemento aberto. Presentaron oferta para realizar a obra seis empresas e hoxe mesmo se reuniu a mesa de contratación para a apertura do sobre 1, de documentación administrativa.
Esta actuación dotará aos Tilos, cunha poboación censada de máis de 2.300 persoas, do seu primeiro edificio municipal de uso comunitario. Segundo explica o alcalde Martiño Noriega, “é unha vella reivindicación dun amplo colectivo de persoas dos Tilos e para o goberno municipal tamén é de xustiza que esta parroquia conte xa cun edificio municipal”.
O local estará situado no parque dos Tilos, no entorno no que está a piscina municipal. Á hora de concibir o edificio valorouse o entorno natural no que se colocará polo que a solución constructiva adoptada é un edificio modular e versátil formado por tres módulos. A integración no medio natural e o respecto medioambiental, foron polo tanto, básicos á hora de deseñar o local.
No deseño deste centro multiusos priorizouse o uso de materiais de acabado e construcción de baixo custe enerxético como a madeira e o aproveitamento das condicións naturais de calefacción e refrixeración, aplicadas á orientación do local. 
O centro sociocultural dos Tilos terá tres salas, que en conxunto suman 246 metros cadrados, de maneira que o seu uso tamén atenda criterios de racionalidade. As salas son de distinto tamaño e usarase a máis axeitada á necesidade de cada actividade ou xuntas cando se precise todo o espazo.

A actuación nos Tilos tamén inclúe o acondicionamento da zona verde que rodea o edificio e a zona deportiva. Entre outros elementos melloraranse barandillas, o recubrimento de escaleiras en varias zonas, reparación de beirarrúas e substitución de luminarias ademais de mellorar as pistas de deporte volvendo a pintalas e arranxando as porterías. 

AYUNTAMIENTO DE FRADES


ALUMNOS DO INSTITUTO DE PONTECARREIRA
(FRADES) PARTICIPAN NUN OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

09 de abril de 2010.- O Concello de Frades celebrou esta mañá dúas charlas sobre violencia de xénero aos alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO do instituto de Pontecarreira. Unha actividade que pretende aportar, a través de dinámicas grupais, elementos para previr a violencia de xénero entre a mocidade do municipio.

Estas charlas de prevención da violencia de xénero están incluídas nunha serie de obradoiros que está a organizar o Concello de Frades, en colaboración co CPI Pontecarreira, ao longo de todo o curso. A vindeira actividade terá lugar o vindeiro mércores 14 de abril cun obradoiro sobre educación sexual denominado “De condón a condón”.



BNG AMES


O BNG consegue incluír no orzamentos proxectos demandados polos veciños
            Ames (09.04.2010) Despois da negociación mantida co grupo de goberno, o BNG foi quen de incluír nos orzamentos para 2010 un importante número de proxectos necesarios para os veciños demandados dende o inicio da lexislatura, e que non estaban contemplados na proposta do PSOE.
            Grazas aos nacionalistas, as subvencións municipais para as familias, clubes e asociacións incrementaranse neste ano un 20%, asimesmo incluirase unha partida para a posta en marcha das liñas interiores do transporte rural e outra para o acondicionamento dun aparcamento provisional en Bertamiráns.
            Outra consecución que para o BNG era imprescindible é que os orzamentos contemplen a construción do Parque Recreativo do Milladoiro, así como a urbanización da Travesía do Porto.
            Todas estas propostas están baseadas nalgunhas das demandas que o BNG ven facendo ao longo da lexislatura, ao igual que a construción dun Local Sociocultural en Ortoño que o goberno deberá licitar no terceiro trimestre do ano.

            O BNG vixiará o cumprimento dos acordos
A pesares de que a modificación conseguida polo BNG é importante e supón a aparición nos orzamentos de proxectos que mellorarán o noso Concello, os nacionalistas recoñecen que a satisfacción é tan só parcial posto que outras propostas que consideraban tamén de interese para os veciños non foron recollidas polo grupo de goberno. Aínda así, consideran que os orzamentos deben ser aprobados canto antes polo ben do concello xa que os niveis de liquidez están a día de hoxe en mínimos históricos.
Con todo, o BNG fará un seguimento estrito do cumprimento destes proxectos por parte do goberno municipal tendo en conta a cantidade de acordos plenarios que están sen executar.

AYUNTAMIENTO DE BOQUEIXON


CLASES DE INFORMATICA PARA ADULTOS  E INTERCAMBIO EN SUECIA.

O departamento de Cultura do Concello de Boqueixón ven de poñer un marcha un curso de informática básica para adultos. Este curso comezou no día de onte nos locais socias de Sergude e na casa da cultura de  Ledesma, e tivo un grande éxito de participantes.
Neste curso os participantes van a poder iniciarse nos aspectos básicos da informática de usuario, manexo dos programa windows,  do paquete office utilizando programas como o word, excel o tamén coñecementos básicos de navegación en internet.

O curso estará en marcha ata o mes de xullo e debido a grande demanda e interese que espertou, o concello de Boqueixón xa esta preparando outra edición do mesmo para dar esta formación a tódalas persoas que non puideron participar neste.


Por outra banda a Asociación Cultural Raíña Lupa vai a participar dende mañá sábado nun intercambio xuvenil na cidade de Amal en Suecia. Este proxecto no que van a participar  8  mozos e mozas do noso concello realizase ó abeiro do Programa Xuventude en Acción en nel van a participar un total de 48 participantes de 9 países da Unión Europea. A temática deste intercambio xuvenil e sobre os hábitos saudables e terá como duración unha semana, na que este mozos terán a oportunidade de coñecer e intercambiar  experiencias e vivencias con tódolos mozos alí representados.
A tradición de traballo da Asociación Cultural Raiña Lupa cos intercambio europeos non se deterá xa que no mes de Xuño, 5 mozos terán a oportunidade de repetir unha experiencia similar na cidade de Nápoles, Italia.   

PP BRION


EL PP DE BRIÓN LE TRASLADA A LA JEFA TERRITORIAL DE INSDUSTRIA DE LA XUNTA LOS PROBLEMAS DE SUMINSITRO ELECTRICO QUE SUFREN DOCE ALDEAS DEL MUNICIPIO.

El portavoz de los populares de Brión, Carlos Tomé, solicita que se puedan integrar en el próximo Plan de Calidad las mejoras en  la línea eléctrica de la zona


El Partido Popular de Brión sigue trabajando para solucionar los problemas eléctricos que afectan a doce aldeas del municipio. Además de la reclamación presentada ante Fenosa y enviada a la Consellería de Industria, el portavoz municipal del PP, Carlos Tomé, se reunió ayer con la jefa territorial de Industria, Tristana Moraleja.

Tomé puso en conocimiento de Moraleja los problemas de suministro eléctrico que vienen sufriendo los vecinos de estos doce núcleos rurales desde hace más de seis años. En la reunión, el portavoz de los populares explicó con detalle las graves consecuencias que están ocasionando los  continuos cortes de luz en estas aldeas. 

Tomé agradeció el interés mostrado por la responsable de Industria en la provincia y su preocupación por las trastornos sufridos por más de 200 familias:  “confío plenamente en su apoyo y en su ayuda para poner fin a este problema. Ahora será Fenosa la que tenga que encontrar una solución definitiva a un asunto tan molesto para los vecinos.” Tomé es claro: “ si nuestros vecinos pagan todos los meses las facturas eléctricas, tienen que recibir un buen servicio, y no hay disculpa que valga”.


Los cortes de luz afectan a viviendas situadas en las aldeas de Cantelar, Tembra, Boullón, Casal, Liñares, Brión de Arriba, Brión de Abajo, Rial, Guldrís, Trasouteiro, Aguiar e Brans de Arriba.

El portavoz popular, aún siendo consciente de los esfuerzos económicos que suponen estas obras, ha pedido que se estudie la posibilidad de integrar en el próximo Plan de Calidad las mejoras en la línea eléctrica de estas doce aldeas.

Por su parte,Tristana Moraleja informó que la Xunta de Galicia a través de un Plan de Calidad, mejoró la línea de media tensión de las aldeas de Xinzo, Beca y Rubial (Bastavales). Ahora adelanta que en este año se intentará llevar a cabo la mejora de la línea de Sanín, Buio, Souto y Piñeiro (Os Ánxeles). 

AYUNTAMIENTO DE BRION


TERUCA BOUZA REPRESENTA MAÑÁ SÁBADO EN BRIÓN A TRAXICOMEDIA DE EDUARDO BLANCO AMOR “O CANTAR DOS CANTARES OU GALICIA 1948”

Terá lugar no centro social polivalente ás 20.30 horas e a entrada é de balde

09 de marzo de 2010. O auditorio do centro social polivalente de Brión acollerá mañá sábado 10 de abril, ás 20:30 horas, a representación da obra “O cantar dos cantares ou Galicia 1948” da man do grupo Teruca Bouza. Este grupo de teatro afecionado mugardés representará unha traxicomedia de Eduardo Blanco Amor na que lle amosarán aos veciños e veciñas de Brión unha síntese cultural e antropolóxica da Galicia rural da posguerra, facendo fincapé no caciquismo predominante naquela época.

Unha actuación que está enmarcada dentro do primeiro ciclo de teatro afeccionado “Teatro...e punto”, organizado polo Concello de Brión para achegar estas representacións aos veciños e veciñas de Brión dun xeito totalmente gratuíto. A próxima cita será o vindeiro sábado 17 de abril coa compañía Pinchacarneiro, que ofrecerá “Policía”.

AYUNTAMIENTO DE AMES


Adxudícanse as obras de saneamento nos lugares de Leboráns, Trasmonte e Reino

[08/04/2010] A Xunta de Goberno local acaba de adxudicar o segundo lote de proxectos que se sufragarán con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade, posto en marcha por segundo ano consecutivo polo goberno central. Os tres proxectos abordan diferentes obras para ampliar a rede de saneamento nos lugares de Leboráns, Trasmonte e Reino. Estes traballos únense aos que se executarán nos lugares de Salgueiros e Burgueiros, que tamén pertencen a parroquia de Trasmonte. Nestes cinco proxectos investiranse un total de 435.634,24 euros.
O goberno municipal está realizando un gran investimento en materia de saneamento co fin de ampliar esta rede por todo o territorio amiense. Así, ampliarase a rede de saneamento por cinco lugares da parroquia de Trasmonte, que suporá un custo de 435.634,24 euros, e completarse a implantación deste servizo na parroquia de Agrón, xa que se acometerán as obras de saneamento no lugar de Sandar, que supoñen unha inversión de 118.100,58 euros.

Co fin de diminuír as carencias en materia de saneamento, a Administración local veu realizando nos últimos anos diferentes obras para dotar da rede de saneamento a todas as parroquias do termo municipal de Ames. O obxectivo que se marcou o goberno municipal é o de completar esta rede por todo o territorio amiense o antes posible. Para iso acábanse de adxudicar tres obras de saneamento nos lugares de Leboráns, Trasmonte e Reino. Anteriormente xa foron adxudicadas os proxectos de saneamento nos lugares de Salgueiros e Burgueiros. Deste xeito ampliarase a rede de saneamento por cinco lugares da parroquia de Trasmonte.

Así mesmo, tamén se continúa estendendo a rede de saneamento en lugares da parroquia de Agrón o que dá continuidade a outras actuacións executadas noutros lugares desta parroquia. Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial correspondente ao 2010.

A empresa Construcciones Secundino Ramos, SL, será a encargada de executar o proxecto de saneamento en Leboráns. Esta obra foi adxudicada por un importe de 85.018,35 euros, IVE incluído, e consistira na canalización de 1.014 metros de tubaxes de PVC dos que 570 m. serán de 250 mm. de diámetro, 300 metros de 315 mm. e os restantes terán 160 mm. de grosor.

Por outra banda, os traballos de ampliación da rede de saneamento en Trasmonte foron adxudicados á empresa Obras y Viales de Galicia, SL, por un importe de 120.000 euros. Os operarios desta compañía terán que instalar 1.558 metros de tubaxes de PVC dos que 1.150 m. serán de 250 mm. de diámetro e 408 metros terán 160 mm. de grosor.

A terceira obra, de saneamento en Reino, será executada pola empresa Espina y Delfin, SL. Estes traballos foron adxudicados por un importe de 146.400 euros e consistirán na colocación de 1.850 metros de tubaxes de PVC dos que 1.700 m. serán de 250 mm. de diámetro e os restantes terán 160 mm. de grosor. En total, nestes tres proxectos, investiranse 351.418 euros.

As tres obras contemplan a canalización de tubaria de PVC de distinto diámetro para o saneamento cos correspondentes pozos de rexistro e arquetas de saneamento. Previamente haberá que realizar a escavación dunha faixa e posteriormente procederase ao recheo compactado da mesma. Finalmente contémplase a reposición do pavimento afectado pola execución das obras semellante ao existente.

Cómpre salientar que as máquinas que realicen estes traballos non interferirán co tráfico da estrada. Ademais empregarán materiais reciclados e outro tipo de materiais que non danen o medio ambiente. Nos lugares onde se executen as obras haberá instalado un punto limpo de obra, con colectores específicos para cada tipo de residuo.


AYUNTAMIENTO DE OROSO


O CONCELLO DE OROSO APROBA DEFINITIVAMENTE
OS SEUS ORZAMENTOS PARA 2010, QUE ASCENDEN
A MÁIS DE DEZASÉIS MILLÓNS DE EUROS

O pleno desestimou a alegación presentada polo Partido Galeguista

08 de abril de 2010.- O pleno municipal de Oroso, reunido esta mañá en sesión extraordinaria, rexeitou a alegación presentada polo Partido Galeguista aos orzamentos municipais para o ano 2010, que foron aprobados de xeito definitivo. Agora, estes orzamentos serán publicados no BOP e remitidos á Administración Xeral do Estado e da comunidade autónoma.

Na súa alegación, o Partido Galeguista mantivo a súa discrepancia amosada durante a aprobación inicial deste orzamento e aseguraba que “con relación á aprobación do Plan Económico Financeiro para o bienio 2010-2011 non se aporta a liquidación do exercicio anterior”. Unha petición que o alcalde orosán, Manuel Mirás, xa desestimara no pleno de orzamentos do mes de marzo xa que “ademais de non ser preceptivo, teñen entregada a liquidación do primeiro trimestre”.

A maiores, a Alcaldía de Oroso presentou un informe de Intervención, con data 5 de abril de 2010, sobre a alegación e propuxo a desestimación da mesma. Unha proposta que foi apoiada polos sete concelleiros de PSOE e BNG, mentres que os tres concelleiros de PP e Terra Galega optaron pola abstención e os dous concelleiros do Partido Galeguista votaron en contra.

Os orzamentos do Concello de Oroso para 2010 ascenden a 16.074.805 euros e contemplan unha partida de máis de 12,5 millóns para investimentos reais (o que representa o 78,3% do orzamento). Unha partida na que destacan os 611.650 euros destinados á construción do camposanto de Marzoa, unha partida de 1,18 millóns de euros para obras de mellora nas distintas rúas do municipio (rúa do Portiño, Porto Avieira, alameda de Góis…) e un investimento de máis de medio millón de euros na mellora da rede viaria local (correspondentes ao Plan de Obras e Servizos 2009), e outros 300.000 euros máis en abastecemento de augas, con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos.

Finalmente, a partida máis significativa, cuantitativamente falando, corresponderá á ordenación e urbanización da área de reparto 10, onde se ubicará o polígono empresarial San Martiño II. Os orzamentos do Concello de Oroso para 2010 contemplan un investimento de 9,28 millóns de euros nun proxecto que abarca unha extensión de 517.211 metros cadrados e que contempla un aproveitamento industrial de 250.470 m2.


AYUNTAMIENTO DE BRION


O CONCELLO DE BRIÓN CELEBRA ESTE SÁBADO UNHA RUTA DE SENDEIRISMO POLA COSTA DA MORTE

Un total de 65 veciños e veciñas participaron no primeiro roteiro do ano seguindo a ruta da Devesa de Nimo

08 de abril de 2010. O Concello de Brión celebrará este sábado 10 de abril unha ruta de sendeirismo pola Costa da Morte, concretamente entre as localidades de Ponteceso e Corme. Un roteiro para o que xa están anotados 60 veciños e veciñas e cuxo prazo de inscrición remata mañá venres.

O prezo de inscrición é de 6 euros e inclúe o desprazamento en autobús dende a Carballeira de Santa Minia ata Ponteceso. A medio camiño farase unha parada para xantar, que cada camiñante deberá levar da casa. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 08.

Os sendeiristas farán un percorrido de 16 quilómetros entre o fermoso estuario do río Anllóns (Ponteceso) e o Faro do Roncudo (Corme), onde se di que se extraen os percebes máis saborosos do mundo. Durante o percorrido, disfrutarán de fermosas paisaxes (coma a desembocadura do Anllóns), coñecer importantes patrimonios culturais (como a casa de Eduardo Pondal, a ponte de Ponteceso ou a Pedra da Serpe).

Na primeira ruta turística do ano, celebrada o pasado 27 de marzo, participaron un total de sesenta veciños. Fixeron un percorrido de 10 quilómetros seguindo a chamada ruta da Devesa do Nimo, con fermosas paisaxes naturais ás beiras do río Tambre.


AYUNTAMIENTO DE FRADES


FRADES CELEBRA HOXE VENRES A QUINTA EDICIÓN DA “FESTA DA MERENDA” DE AIAZO, CON DEGUSTACIÓN GRATUÍTA DAS TORTILLAS DE MASA

Terá lugar na área recreativa Os Pasos (Aiazo) e incluirá unha verbena coas orquestras Olympus e Tekila

08 de abril de 2010.- A asociación de Veciños Os Pasos, de Aiazo (Frades), organiza mañá venres 9 de abril a “Festa da Merenda”, que este ano chega á súa quinta edición. A partires das 21:00 horas terá lugar unha degustación gratuíta de tortillas de masa con torriscos, coñecidas como “merendas”, e que serán elaboradas nese mesmo momento por máis dunha ducia de veciñas de Frades.

Estas “merendas” fixéronse especialmente populares na época da posguerra. Están feitas cunha base de fariña de trigo nunha tixola de ferro e con graxa. En ocasións, coma acontecerá nesta festa, estas tortillas de masa compleméntanse con trozos de touciño fritido (os torriscos) e rixóns. O concelleiro de Servizos Sociais e membro da Comisión de Festas, Agustín Sánchez, explica que “as tortillas son gratis e dende a Comisión de Festas xa aportamos máis de cen quilos de fariña para que os visitantes podan comer a fartar e repetir cantas veces queiran”. O público poderá observar todo o procedemento de elaboración das “merendas”, dende o amasado (que comezará ás 19:30 horas) ata o cociñado das primeiras pezas, que se comezarán a servir ao público a partir das 21:00 horas.

A Festa da Merenda terá lugar na área recreativa Os Pasos, onde haberá dúas carpas pechadas que albergarán ás cociñeiras e que, no caso de choiva, servirán de refuxio para os centos de persoas que cada ano acuden a este festa. A degustación, que se prolongará durante toda a noite, rematará coa actuación das orquestras Tekila e Olympus, que repite visita por terceiro ano consecutivo.  

AYUNTAMIENTO DE BRION


O CONCELLO DE BRIÓN NEGA IRREGULARIDADES NO COBRO DOS CURSOS MUNICIPAIS E LEMBRA QUE A CONTA XERAL DE 2008 TEN O BENEPLÁCITO DO CONSELLO DE CONTAS

O propio servizo de Intervención recoñece nas súas conclusións que se trata dunha “nota de reparo pero que, en ningún caso, suspenderá a tramitación do expediente”

Xosé Luis García defende a honorabilidade da concelleira de Cultura que, en todo caso, non é quen fixou os prezos deses cursos como denuncia o PP

07 de abril de 2010. O Concello de Brión nega as acusacións de irregularidades nos cobros municipais de 2008 lanzada polo Partido Popular e defende en todo momento a honorabilidade da concelleira de Cultura, Patricia Vázquez Lamas. O Concello de Brión considera que as acusacións verquidas polo PP non son máis ca un intento máis de desprestixiar ao grupo de Goberno, rozando incluso a calumnia. Neste sentido, o Concello de Brión quere deixar claro que:

1-      O informe de Intervención que o grupo popular utiliza como base para as súas acusacións non é máis ca unha “nota de reparo pero que, en ningún caso, suspenderá a tramitación do expediente”, como recolle o propio informe nas súas conclusións. É dicir, trátase dun reparo da interventora a unha parte do procedemento seguido, non dunha denuncia da existencia de ningún tipo de irregularidade.
2-      O Consello de Contas deu o seu beneplácito á Conta Xeral de 2008 do Concello de Brión, no que figuraba este reparo. Unha aprobación que o órgano fiscalizador das contas municipais realizou sen ningún tipo de reparo.
3-      A concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, non é quen fixa os prezos dos cursos municipais e, moito menos, quen “cobra o que ela queira”, como denuncia o PP. Os prezos son propostos polos técnicos competentes en base a unha previsión dos gastos para a realización da iniciativa, tal e como recolle a ordenanza fiscal municipal.
4-      Os catro cursos aos que se refire o PP foron realizados, con gran éxito de participación por parte dos veciños de Brión, en 2008. As cotas cobradas foron as axeitadas e as propostas polos técnicos municipais e non tivo lugar ningún perxuizo económico para ningún dos alumnos participantes, pois as cotas cobradas son  idénticas ás que se atopan en vigor actualmente. Así é no caso dos dous cursos que se repiten anualmente: no obradoiro de cociña que se celebra en verán cobrouse unha cota de 10 euros (2008) e de 15 euros (2009), mentras que o curso de informática para rapaces cobráronse 20 euros (2008) fronte aos 15 euros (empadroados) e 25 euros (non empadroados) de 2009. No caso do curso de técnicas de fotografía (cun importe de 25 euros en 2008), a cota de inscrición mantense tamén en 25 euros para a súa continuación de 2009 (denominado “Técnica de fotografía avanzada”).
5-      O procedemento ao que se refire o PP, no que as propostas dos técnicos se elevan á Comisión de Contas, está en vigor dende abril de 2009. Un procedemento que, en todo caso, é unha simple dación de contas, non un debate sobre os prezos dos cursos. A concelleira de Cultura non determina en ningún momento (nin en 2008 nin na actualidade) o prezo dos cursos. A determinación é competencia dun técnico municipal de acordo cos seus informes técnicos. Despois a Concellería de Cultura eleva unha proposta á Alcaldía e esta, á súa vez, á Xunta de Goberno Local (acompañado dun informe de Intervención). De aí sae un edicto co prezo público do curso.

AYUNTAMIENTO DE AMES


A Biblioteca Municipal de Ames ofrece novas actividades para o mes de abril

[07/04/2010] A Biblioteca Municipal de Ames ofrece novas actividades educativas e de entretemento para os máis cativos do concello durante todo o mes de abril. Así, as sesións de contacontos continuarán percorrendo os distintos locais e bibliotecas de Ames, para o deleite dos rapaces e rapazas. Ademais, o vindeiro 24 de abril, e en colaboración coa Aula da Natureza, realizarase o obradoiro Descubre os mamíferos mariños, dentro do programa Un mar de lecturas.
Sesións de contacontos e un obradoiro no que os cativos coñecerán máis de preto os mamíferos das augas mariñas son as actividades propostas pola Biblioteca Municipal para este mes de abril. Todas co obxectivo común de entreter, á vez que educar, aos máis cativos do concello.

O primeiro dos contacontos terá lugar hoxe mesmo, ás 18:00 horas na Biblioteca do Milladoiro, onde os rapaces e rapazas embarcaranse en diversas historias que farán que pasen unha tarde agradable e divertida, sempre acompañados pola fantasía e a ilusión.

A segunda cita cos contacontos será na biblioteca de Bertamiráns, mañá, tamén ás 18:00 horas. Os rapaces poderán mergullarse de novo en historias e aventuras pensadas expresamente para eles.

O local social de Augapesada será o seguinte en acoller estas actividades para o goce dos nenos e nenas. O día escollido será o 19 de abril, e comezará, como sempre ás 18:00 horas.

Ao día seguinte as historias dos contacontos trasládanse ao local social de Bugallido. O mércores 21 tocaralle a quenda de novo á Biblioteca de Bertamiráns e o día 22, á biblioteca do Milladoiro. Así, os cativos poderán pasar tardes entretidas escoitando as mellores historias de aventuras, e vivíndoas en primeira persoa.

Mamíferos mariños
Ademais, o vindeiro sábado 24 de abril, a Biblioteca Municipal, en colaboración coa Aula da Natureza organiza un obradoiro no que os rapaces e rapazas poderán achegarse as nosas costas mariñas para coñecer máis de preto os mamíferos que habitan nelas.

Nesta actividade, da que se encargará a CEMMA ( Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) os cativos coñecerán as formas de vida dos mamíferos mariños, e especialmente daquelas especies que se achegan ás nosas costas. Ademais, poderán aprender a diferenciar as diversas especies, coñecendo as características máis destacables de cada unha delas, como poden ser o tamaño, a cor ou a forma de acceder á superficie. Tamén terán a oportunidade de observar ósos e dentes dos mamíferos mariños, pezas coas que tamén coñecerán as diferentes clasificacións existentes.

Os cativos tamén coñecerán as distintas formas de axudar a un mamífero mariño cando quedan atrapados, así como a situación actual das baleas, o mamífero máis grandes dos océanos, intentando concienciar deste xeito aos rapaces da importancia destas especies nas nosas costas.

Este obradoiro, dentro do programa Un mar de lecturas, está dirixido a rapaces de 6º de primaria, 1º e 2º da ESO. Todos aqueles que desexen participar nesta actividade, que se realizará o día 24 de 11:30 h. a 13:00 horas, xa se poden inscribir nas bibliotecas e na Concellaría de Medio Ambiente ata o próximo 20 de abril.

Para asistir ao obradoiro haberá servizo de autobuses, que sairán desde a Biblioteca do Milladoiro ás 11:00 horas. A saída desde a Biblioteca de Bertamiráns será ás 11:15 horas. A volta é ás 13:15 h. e as 13:30 horas, respectivamente.

AYUNTAMIENTO DE TEO


O II CONVENIO DO TRANSPORTE METROPOLITANO CENTRARÁ OS SERVIZOS  ESPECIAIS DIRECTOS A SANTIAGO NO CORREDOR DA AC-841


·        Os SEDs son liñas con escasas paradas intermedias que levan á cabeceira da comarca con maior rapidez que as liñas convencionais

·        As liñas aprobadas en Teo son STEO1 Pontevea-Santiago e STEO2 A Póboa-Santiago

07 de abril de 2010. O II Convenio do transporte metropolitano da área metropolitana de Santiago permitirá en Teo a implantación de dous Servizos Especiais Directos no corredor da AC-841. Trátase de liñas con poucas paradas intermedias que buscan unha maior rapidez na atención dos fluxos de pasaxeiros con horarios e frecuencias axeitadas ás principais necesidades da cidadanía.

As liñas deste tipo previstas polo Concello localízanse no corredor da AC-841 sendo a zona na que se sitúan nos núcleos con maior densidade de poboación. Ademais considerouse que o corredor da N-550 dispón dun elevado número de expedicións á Santiago, a taxa máis alta do Concello.

Analizada a situación acordouse crear o STEO1 Pontevea-Santiago e o STEO2 Póboa-Santiago. A primeira liña sae de Pontevea e ten paradas na Ramallosa, Cacheiras e Montouto con chegada a Compostela. Tería tres frecuencias pola mañá con chegada a Santiago ás 07.50, ás 08.50 e ás 09.50 horas e dúas frecuencias en horario de tarde con chegada ás 15.50 e ás 16.50 horas. Os regresos nas franxas horarias das 13.00 ás 15.00 horas e das 19.00 ás 21.00 horas están garantidas polas liñas tradicionais existentes. O STEO1 percorre os dous núcleos de maior crecemento demográfico do concello na actualidade (A Ramallosa 11,33% e Cacheiras-Montouto 15,50%). A parada da Ramallosa é de especial interese por estar situada neste lugar a Casa do Concello.

O STEO2 A Póboa-Santiago terá paradas en San Sadurniño e Parque Montouto e chegada a Santiago. A poboación asentada nos núcleos aos que afecta é de 1.225 habitantes (7,20% do Concello). Este servizo está nunha zona de interese para o futuro desenvolvemento do PXOM, xa que no entorno está previsto o polígono industrial. Os horarios de chegada a Santiago desta liña serían as 07.45; 08.45 e 09.45 horas pola mañá e ás 15.45 e as 16.45 pola tarde. Os horarios de regreso serán ás 15.15 e ás 20.15 horas

pp


El PP apuesta por el consenso y por el plurilingüismo cordial con el nuevo Decreto, frente a la imposición lingüística del Bipartito

·        La representante popular destaca que Feijoo está cumpliendo lo prometido en el programa electoral, al escuchar a los padres y al permitir que los alumnos se manifiesten en el idioma que quieran

Touro, 6 de abril de 2010.- Las Diputadas Autonómicas, Paula Prado y María Seoane, acompañadas por el Secretario General, Diego Calvo, y por el Secretario de Organización, Manuel Álvarez – Campana, mantuvieron una reunión de trabajo con los alcaldes y portavoces del norte del Partido Judicial de Santiago (Arzúa, Boimorto, Frades, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Rianxo, Santiso, Toques, Tordoia, Touro y Trazo); y con representantes del ámbito educativo de la zona, en donde se les explicó el contenido del nuevo Decreto del Plurilingüismo y se atendió, además, sus demandas e inquietudes.

En este sentido, Paula Prado destacó que uno de los motivos principales de la reunión ha sido explicar el Decreto del Plurilingüismo, debido “a la mala información que ha habido por parte de los que ostentaron el anterior gobierno bipartito de la Xunta, quienes, además, fueron los que rompieron el consenso lingüístico”. En esta misma línea, recordó que, en los 16 años de gobierno del PP, “siempre existió consenso, pero se rompió en la pasada legislatura, con la imposición del Bipartito”. “El BNG –continuó Prado- impuso su criterio lingüístico y el PSdeG cedió al chantaje”. La representante autonómica destacó “la voluntad del gobierno de Feijoo por recuperar lo que nunca se debió de perder: el consenso”. En este sentido, subrayó la disposición de la Xunta por escuchar a los padres, a través de la encuesta realizada, y por elaborar un borrador del decreto que se expuso a los agentes involucrados en la educación, lo que ha permitido de manera decisiva que hayan podido contribuir con sus ideas y sugerencias.

“Con este nuevo Decreto, lo que ha hecho Feijoo es cumplir su programa electoral”, destacó Prado. Y es que tal y como ha explicado la representante popular, la Xunta entiende que tiene que haber equilibrio lingüístico en la educación, que los padres tienen que ser escuchados y que los alumnos tienen derecho a manifestarse en el idioma que quieran. Por ello, destacó que el nuevo Decreto, además de ser el resultado de estos tres pilares, ha buscado el equilibrio entre las dos lenguas cooficiales y la introducción del inglés. “Porque esta es una demanda del presente en la que nos jugamos el futuro y que consiste en ir introduciendo de forma voluntaria y con promoción el inglés, manteniendo el equilibrio del 50% entre el gallego y el castellano”, destacó Paula Prado.

En relación a la distribución de los idiomas en las distintas asignaturas, la Diputada Autonómica aclaró que en Educación Infantil se respetará el idioma vehicular de los padres, escuchándoles cada año en la matrícula, y se irá introduciendo en esta etapa también el inglés. En lo referente a la Educación Primaria, Prado indicó que el equilibrio se da con la decisión de la Administración de impartir Matemáticas en castellano y Coñecemento do Medio, en gallego; dando la posibilidad a los padres de cambiar este reparto. Por último, en Educación Secundaria y en la ESO, se marcan unas líneas de equilibrio entre los dos idiomas. En este sentido, Paula Prado resumió el espíritu del Decreto en tres ideas fundamentales:

1.   garantizar la libertad de expresión,
2.   introducir el inglés,
3.   y que los padres puedan expresar sus preferencias.

Con ello, lo que se pretende es garantizar el conocimiento de las dos lenguas, para poder ejercer la libertad de hablar en gallego y en castellano, “porque somos una sociedad plural y libre”, subrayó Prado.

MANCOMUNIDAD DE ORDES


A MANCOMUNIDADE DE ORDES ESTUDIARÁ
UN PROXECTO DE RECICLAXE DE RESIDUOS
SÓLIDOS URBÁNS PIONEIRO EN EUROPA 

Os alcaldes da mancomunidade interesáronse tamén por un proxecto para recoller toda a toponimia dos seus distintos municipios

O pleno celebrouse no concello de Tordoia, que inicia a rotación pola cal todos os municipios da Mancomunidade acollerán unha sesión

06 de abril de 2010.- O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes cambiou hoxe de escenario e trasladouse ata o salón de plenos do concello de Tordoia, iniciando así “unha rotación por todos os concellos da mancomunidade, para que todos os alcaldes afondemos no coñecemento dos distintos municipios que integran a comarca”, explicou o presidente da Mancomunidade, Miguel Prado Patiño. Unha sesión na que a Mancomunidade de Ordes tomou coñecemento de dúas propostas de colaboración, presentadas dende a Xunta de Galicia e a empresa Biclima.

Así, os alcaldes da comarca de Ordes interesáronse por un proxecto para a reciclaxe de Residuos Sólidos Urbáns (RSU) pioneiro en Europa e que permite a reciclaxe do 94% do lixo recollido. Técnicos da empresa Biclima explicaron que este sistema de plantas modulares estase a desenvolver con éxito en Canadá e Australia, pois supón cero emisións contaminantes, a planta produce a súa propia enerxía e mesmo produce enerxía que se pode enviar á rede. Ademais, non sería preciso realizar recollida selectiva dos residuos, xa que estes poderían chegar xuntos á planta e serían separados cun novo procedemento.

Segundo Biclima, esta novidosa proposta suporía un investimento cercano aos 2,5 millóns de euros, dos que a metade podería ser financiado con fondos da Unión Europea. Así mesmo, dende a empresa explicaron que suporía un aforro para o cidadán dun 50% da taxa do lixo e que o investimento podería recuperarse nun prazo non superior a dous anos. Recollendo o sentir dos alcaldes presentes, Miguel Prado sinalou que “se trata dunha proposta moi interesante” e apuntou a necesidade “de manter unha reunión de traballo máis en detalle nun futuro próximo”.

Toponimia


Por outra banda, o pleno da Mancomunidade de Ordes tamén tomou coñecemento dunha proposta do SITGA para recopilar toda a toponimia e microtoponimia dos sete municipios  (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo). A coordinadora deste proxecto no SITGA, Berta Román, explicou que na actualidade “temos recollidos 400.000 topónimos de 103 concellos galegos”, o que significa que está recopilado aproximadamente 1/3 do territorio de Galicia. Como idea xeral, apuntou que se recolle unha media de 40 topónimos por quilómetro cuadrado.

Miguel Prado explicou que os concellos que integran a Mancomunidade ordense “estamos interesados neste proxecto pois consideramos que é unha medida acertada e que pode ser moi útil para nós”. Para a realización do proxecto, cada concello da Mancomunidade tería que asinar un convenio de colaboración co SITGA no que non terían que aportar cantidade económica algunha, salvo poñer un técnico e un vehículo para o traballo de campo. Ademais, como o traballo de campo se fai directamente na parroquia falando cos veciños, o Concello encargaríase de facilitar aqueles informantes que puidesen aportar un maior coñecemento do lugar.

Con estes datos, o SITGA elaboraría un completo mapa toponímico de cada municipio, que sería exposto nos concellos para que toda a xente puidese aportar os seus datos. Finalmente, unha Comisión de Toponimia da Xunta encargaríase de determinar a forma escrita oficial dos topónimos, respetando máis a pronunciación da zona ca propia normativa.

A esta sesión do pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes celebrado en Tordoia asistiron asistiron seis alcaldes da comarca de Ordes: José García Liñares (Cerceda), Miguel Prado Patiño (Frades), Mariano Iglesias Castro (Mesía), Manuel Mirás Franqueira (Oroso), Antonio Pereiro Liñares (Tordoia) e Xosé Dafonte Varela (Trazo); así como o vicepresidente da Mancomunidade e concelleiro de Ordes Manuel Astray Mariño.

PP BRION


EL PP DE BRIÓN DESTAPA NUEVAS IRREGULARIDADES EN COBROS MUNICIPALES. LA CONCEJALA DE CULTURA, PATRICIA  VÁZQUEZ, COBRÓ CURSOS INCUMPLIENDO LA ORDENANZA FISCAL Y SIN TENER COMPETENCIA.

Si hace unas semanas el PP de Brión se hacía eco de irregularidades en los cobros de los puestos de Santa Minia por parte del Ayuntamiento, al estar regulados en las ordenanzas fiscales, ahora presentará una queja contra la Concejala de Cultura, Patricia Vázquez, por haberse detectado cobros municipales incumpliendo la ordenanza fiscal.
1.-   La Ordenanza fiscal nº20 de Brión, es la reguladora del precio público por la prestación de servicios culturales, educativos, deportivos y de ocio. Todas las tarifas de cursos realizados en el Ayuntamiento y dependientes de la citada Concejalía, deben estar regulados en dicha ordenanza.
Pero según han podido comprobar los populares, en el año 2008 se cobraron tarifas por varios cursos, que no estaban regulados en la citada ordenanza. Entre ellos, cursos como los de Jardinería, Informática, Técnicas de fotografía y revelado digital y Cocina, incumpliendo así con los procedimientos adecuados.
Según la concejala popular Miriam Piñeiro, y representante en la Comisión de Cuentas: “isto é unha irregularidade e supón actuar fora da Lei. A Concelleira, Patricia Vázquez, non pode cobrar o que ela queira, porque incumpre as ordenanzas, e porque ela non ten competencia para estabrecer as tarifas”.
Y es que según el artículo 6 de la citada ordenanza, en el supuesto de que el servicio o actividad cultural o educativa a prestar por el Ayuntamiento, no se encuentre tarifada en la Ordenanza o resulte necesaria la modificación o actualización de las cuantías, se delega en la Junta de Gobierno Local, el establecimiento de la tarifa o actualización de la misma, a propuesta del servicio técnico correspondiente con el previo informe del interventor municipal.
Pero según los populares, y tal y como se demuestra en el informe del Servicio de Intervención municipal, órgano fiscalizador de todo ingreso y cobro municipal,  cuando se realizaron estos cursos, no se encontraban regulados en la ordenanza fiscal, ni sus tarifas fueron establecidas por el órgano competente, ni existía informe previo de intervención. Por ello presentan esta queja contra la Concejala responsable, Patricia Vázquez, por haber actuado sin competencia e incumpliendo las ordenanzas.
Recordemos que las tarifas de los cursos deben ser propuestas por los técnicos correspondientes, siendo sus propuestas llevadas posteriormente a la comisión de cuentas, siendo éstas quienes las trasladen a la junta de gobierno local para su aprobación. Tras este proceso deberá informarse al resto de los grupos municipales.
Tal y como dicen los populares: “Isto é de tolos, cada vez atopámonos con máis e máis irregularidades. Antes era o Alcalde quen facía o que quería, pero agora vemos que hai máis persoas que siguen os seus pasos, co seu beneplácito”.
El servicio de intervención municipal también ha detectado estes fallos, y es claro en este sentido: según el informe de fiscalización de los ingresos de diversos precios públicos, se confirma que en ningún artículo de la ordenanza fiscal nº20, se regula ninguna tarifa por la prestación de los servicios enumerados, ni le consta a Intervención ningún acuerdo de la Junta de Gobierno Local estableciendo los mismos.
Por ello ha presentado su disconformidad con un informe a modo de reparo, que ha sido enviado al Tribunal y Consello de Contas, junto con la correspondiente Cuenta General del 2008.
Sus conclusiones son claras y precisas: “se formula disconformidad por omisión en el expediente de trámites o requisitos esenciales, como son el previo dictamen de los mismos por la Comisión Informativa y posterior aprobación por la Junta de Gobierno Local, tal y como establece la Ordenanza Fiscal nº20 PP”.
Pese a todo ello, la Cuenta General del 2008 en donde se reflejan estas irregularidades y reparos del servicio de intervención, y así haberlo expuesto el grupo popular, ha sido aprobada con los votos del Alcalde y sus concejales.
2.-    Por otra parte, la concejala del PP brionés, Miriam Piñeiro, condena también las formas de la concejala de cultura en este asunto, apoyándose en el informe de intervención Municipal, y que el Ayuntamiento se ampare reiteradamente en llevar a cabo estos procesos mediante trámites de urgencia, lo que dificulta el control por parte de los grupos municipales de la oposición, evitando así la función fiscalizadora de éstos, sobre la actuación del gobierno municipal.
Critica así el abuso excesivo que hace el grupo de gobierno municipal, para aprobar varios asuntos en la Junta de Gobierno Local, sin tener que llevarlos previamente a la Comisión de Cuentas. Es decir, los trata abusivamente con carácter de urgente, y de esta forma evita el debate con los grupos de la oposición, que no podemos debatir, informarnos, reclamar o proponer nada de nada.
Medida poco democrática, teniendo en cuenta que muchos de estos asuntos, como son varios cursos a realizar, o los proyectos de obras del Plan E, se saben con mucho tiempo de antelación y se pueden tratar debidamente con antelación, sin tener que recurrir al trámite de urgencia. O sea, que no es nada inesperado que surja de un día para otro.
Por ello, Carlos Tomé, portavoz municipal del PP, considera estes hechos una forma legal, de encubrir el abuso de rodillo por parte del grupo de gobierno.

AYUNTAMIENTO DE AMES


Os edificios municipais de Bertamiráns estarán interconectados mediante un anel de fibra óptica

[06/04/2010] A Xunta de Goberno local vén de aprobar o expediente de contratación para a obra incluída no proxecto de interconexión mediante fibra óptica de varios edificios públicos, para a posta en marcha da administración electrónica. Este proxecto vai permitir que o Concello se prepare internamente para a implantación da administración electrónica, e ao mesmo tempo permitirá que os veciños e veciñas se poidan beneficiar das vantaxes deste servizo. A implantación do anel de fibra óptica ten un custo de 113.879,69 euros.
O Concello de Ames estase preparando para a posta en marcha da administración electrónica. O goberno municipal xa deu varios pasos neste senso, pero un dos máis importantes será a execución dun proxecto que abarca a implantación dunha rede propia que permitirá conectar mediante un anel de fibra óptica os edificios municipais que están situados en Bertamiráns. Coa implantación da administración electrónica o Concello de Ames pretende levar a cabo unha modernización que permita achegar cada vez máis a Administración á cidadanía. Deste xeito garántese a presenza dos concellos en Internet e favorécese a prestación de servizos en liña, coa mesma validez e eficacia que os realizados de xeito presencial.

O obxectivo deste proxecto é dotar ao núcleo urbano de Bertamiráns dunha infraestrutura básica constituída por unha rede de fibra óptica que conecte aos diferentes edificios municipais situados nesta localidade. Esta rede será propiedade do Concello de Ames. Os edificios municipais de Bertamiráns que se conectarán mediante o anel de fibra óptica serán a Casa do Concello, a Casa da Cultura, o Pazo da Peregrina, a Escola Infantil O Bosque e o novo Centro de Proceso de Datos (CPD), situado nas dependencias de Urbanismo. A lonxitude estimada do trazado da rede principal de fibra óptica será de 2.340 metros.

Centro de procesamento de datos
O centro de procesamento de datos permitirá xestionar cun mínimo de garantías a instalación dos diferentes procedementos administrativos. Para iso hai que instalar unha serie de servidores que permitirán albergar aplicacións que agora mesmo están xestionadas por empresas externas. Ademais contará cun sistema de almacenamento que permitirá gardar toda a información que albergan os computadores dos traballadores municipais. Tamén haberá sistema de backup, que permitirá recuperar a información perdida, e un sistema de alimentación ininterrompida. O CPD terá conexión directa coa interconexión de fibra óptica que se instalará nos edificios públicos grazas ás achegas proporcionadas a través do FEESL.

A infraestrutura proxectada a través do anel de fibra óptica será capaz de proporcionarlle un soporte ao tráfico xerado polas comunicacións internas actuais dos servizos municipais, entendendo como tales os servizos de telefonía, vídeo, datos, rede semafórica, etc…, así como futuros servizos non contemplados nun principio. O deseño da rede permitirá futuras ampliacións tanto na súa capacidade como nas súas conexións.

No proxecto tamén, se contempla a posibilidade de empregar a capacidade sobrante da rede, tanto nas canalizacións como nas propias fibras ópticas non usadas, para permitir a súa utilización por parte das compañías distribuidoras de servizos telefónicos e de banda ancha, ou por empresas locais que necesiten unir varios centros de produción, para encamiñar os seus servizos de comunicación ao longo do trazado da mesma en réxime de aluguer. Este sería un xeito de costear parte dos gastos derivados da conservación da propia rede.

O Concello de Ames aborda este proxecto enmarcado dentro do Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, que nesta edición ten un apartado dedicado a proxectos de sostenibilidade ambiental, tecnolóxicos e de atención social a persoas dependentes. Este proxecto ten un orzamento base de licitación de 113.879,69 euros.

Así mesmo, espérase que esta rede aumente a eficacia dos traballadores nos postos actualmente existentes e contribúa á redución do gasto corrente en comunicacións do Concello. Co obxectivo de mellorar o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, está previsto realizar, nunha segunda fase, unha actuación similar no núcleo do Milladoiro, uníndoa coa de Bertamiráns mediante un enlace de alta capacidade.

Vantaxes do sistema
A implantación dunha rede propia suponlle unha serie de beneficios á Administración local. Así disporá dun sistema de comunicación municipal que será máis barato e eficaz. Ao mesmo tempo non dependerá de operadores comerciais e permitirá un importante aforro de custes na partida de comunicacións, xa que todas las comunicacións internas resultarán gratuítas. Ademais dotase dunha posible fonte de ingresos xa que podería chegar a acordos de implantación de rede con diferentes operadores do sector e, tamén, dinamizar a implantación de operadores comerciais en ámbitos rurais do municipio, onde os operadores comerciais son habitualmente reticentes a intervir.

Obxectivos do proxecto
Os principais obxectivos que se pretenden a través da implantación da administración electrónica son mellorar a eficiencia na prestación de servizos internos e externos por parte da organización. Así aumentarase a oferta de servizos de queixas e suxestións da cidadanía, pagamentos e notificacións telemáticas, servizos de fomento da cultura dixital (como correo electrónico, blogs ou outros), sistemas de elección como o voto e sufraxio electrónico, entre outros. Tamén haberá unha maior dispoñibilidade de trámites e procesos administrativos electrónicos, portelo único, etc., maior achegamento e calidade dos servizos ao cidadán (multi-canal, 24 horas, etc.).

Ademais destas vantaxes mellorará o funcionamento interno da organización e da súa situación actual. Así conseguirase unha maior produtividade, reducirase o uso do papel e aumentará a capacidade de análise e estudo dos datos, incrementarase o capital tecnolóxico e a cualificación dos empregados e reduciranse os custos de produción da organización.