Un traballo que evidencia aspectos ata agora ocultos da figura de RofCodina(1874‐1967), esencial para a veterinaria española do século XX, resultou gañador da segunda edición do Premio Jesús García Calvo que convocan o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC e a Fundación Feiracopara recoñecer investigacións que contribúan aocoñecemento e ao desenvolvemento do medio rural e o cooperativismo en Galicia.
O xurado destacou do traballo ‘Juan RofCodina. Renovación na veterinaria egandería galega contemporánea’, publicado en 2015 por Diego Conde Gómez en Edicións Xerais de Galicia, a singular combinación da metodoloxía histórica (Conde é colaborador do grupo de investigación Histagra da USC) e aformación como veterinario do autor. Así mesmo, salientou a relevancia do estudo para comprender o pulo modernizador que a agricultura e o medio rural de Galicia experimentaron no primeiro terzo do século XX.
No libro de Diego Conde Gómez, gañador do premio na modalidade de publicacións de
resultados de investigación, faise un percorrido sobre as transformacións quedurante ese período se levaron a cabo na gandaría e veterinaria galega da man do que foi un dos seus principais promotores, Juan RofCodina, que co seu labor pedagóxicosoubo canalizar as inquedanzas de renovación que agromaban no ámbitoagropecuario e reivindicar o papel protagonista que a profesión veterinaria demandaba para a súa dignificación, xogando un papel protagonista noartellamento do corporativismo profesional galego.
Nesta modalidade o xurado quixo ademais destacar os méritos do traballo finalista ‘Actionresearch fortourismplanning in rural areas? Examining an experiencefromthe CoutoMixto (Galicia, Spain)’presentado por ValeriàPaul Carril, Juan Manuel TrilloSantamaría e Paula Pérez Costas.
Traballos universitarios
Na modalidade de tese de doutoramento o xurado premiou o estudo ‘Análisis y tipificación de explotaciones de bovino de carne en Galiciamediante un método de control basado en lógicadifusa’, deÁlvaro García Corral, pola orixinalidade da aplicación da lóxica difusa ácaracterización dun sector de actividade agro-gandeiro, pero tamén autilización dunha fonte de datos de carácter administrativo ata omomento de escaso uso en investigacións.
O estudo centrouse na creación dunha aplicacióninformática que simula o razoamento dun experto, baseándose na lóxica difusa eos conxuntos borrosos, que pode ser utilizada como ferramenta de apoio na tomade decisións. A información sectorial utilizada obtívose de explotacións acollidasaos Contratos de Explotacións Sustentables e agregada en diferentesindicadores que foron sometidos a unha análise exploratoria.
De aí fíxose unha tiìficación das explotacións en tres grupos: o primeiro agrupa unha cuarta parte das unidades produtivas, que corresponde ás menoscompetitivas, caracterizadas por un grao de profesionalización moi baixo, unhabaixa rendibilidade e dependencia de apoio público;o segundo, composto por unterzo delas, apenas alcanza viabilidade económica; e o terceiro, que concentrao 43 %, está formado por explotacións que poden competir por consumosintermedios con outras unidades produtivas, soportar o custo laboral duntraballador a tempo completo e ser a actividade principal na renda familiar.
Xa na modalidade de traballos de fin de grado oumestradoconseguiu o premio o asinado por Diego Fernando Avendaño Cantor titulado‘Programas agroambientales e impacto territorial en la provinciade Lugo-Galicia’, que ofrece unha avaliación expost
dun instrumento de política agraria como son os programas agroambientais usando información orixinal procedentedas explotacións sometidas a un Contrato de Explotación Sustentable. Aíndaque o seu ámbito é limitado, o método permitiría a súa extensión ao conxuntode Galicia.
Ademais, o xurado quere destacar os méritos do traballo finalista, ‘Formas deresistencia ao franquismo:o caso do estraperlo en Tomiño’, presentado porNatalia Jorge Pereira.
Xurado
O tribunal avaliador estivo composto polo reitor Juan Viaño; opresidente da Fundación Feiraco, José Montes Pérez; o director do Idega, Xoaquín Fernández Leiceaga; José Luis Antuña Alvarez, en representación da Fundación Feiraco; os docentes da USC María Loureiro García, Carlos Ferrás Sexto, Francisco Sineiro García e Edelmiro López Iglesias, os tres últimos en calidade de expertos de recoñecido prestixio no campo dodesenvolvemento rural e o cooperativismo en Galicia.