AMES – A RADIO MUNICIPAL EMITIRÁ UN PROGRAMA ESPECIAL ELECCIONS

A Radio Municipal emitirá un programa especial o día das eleccións

Co obxectivo de compartir coa cidadanía de Ames os resultados e análise da xornada electoral do domingo 22 de maio, a Radio Municipal emitirá un programa especial desde as 20:00 h. da tarde, hora na que se pechan os colexios. O equipo de Ames Radio – Nazaret López, Iván Pereira, Mar Toledo e Montse Fajardo- realizará conexións en directo cos colexios electorais, coas sedes dos partidos e co centro de datos do Concello para comunicar os resultados a medida que se vaian coñecendo. Ademais no programa participarán Maximino Viaño e Filomena Fraga, padriño e madriña da emisora municipal, e os xornalistas Manel Pardo, Xerardo Rodríguez e Manolo Barreiro, todos eles veciños de Ames.

Máis de 21.000 persoas están chamadas ás urnas en Ames nas eleccións municipais de 2011. Este ano haberá tres mesas electorais máis debido ao aumento do censo que se produciu en Ames durante os últimos catro anos. Deste xeito serán 36 as mesas que haberá no municipio amiense o día 22 de maio. O Milladoiro será o núcleo que contará cun maior número de mesas electorais ao ser a localidade con maior número de poboación con dereito a voto. Deste xeito, Milladoiro conta con 8.412 electores e 12 mesas electorais, mentres que Bertamiráns dispón de 9 mesas electorais e 5.627 electores.
A estas eleccións están chamados un total de 21.510 electores (21.402 españois e 108 estranxeiros con dereito a voto), 2.953 máis que nas eleccións de hai catro anos xa que naquel momento puideron exercer o seu dereito de voto 18.557 electores.
Comezando polo noroeste do concello, aos veciños e veciñas censados en Agrón correspóndelles votar no teleclub do campo da igrexa desta parroquia. Todo Lens e todo Trasmonte comparten como colexio electoral a antiga escola de Trasmonte. A xente de Piñeiro acudirá votar tamén á antiga escola unitaria desta parroquia.
No caso de Ames os recintos divídense dependendo dos lugares de residencia dos votantes. Así, os electores e electoras de Oca, Seares de Abaixo, Seares de Arriba e de Tapia, terán que acudir ao local social de Tapia, situado en Frenza. A xente de Barouta, Carreira, Cruxeiras, Lamas, Outeiro, Quintáns e Pedrouzos-Vilar votarán na escola de Cruxeiras. Por último, as persoas censadas en Augapesada, Castiñeiro de Lobo, Proupín, Castelo, Pousada, Pegariños, Padrón e Pedras teñen asignado o colexio electoral do teleclub de Augapesada.
Da outra banda da estrada toda a xente de Covas terá que achegarse á urna da escola infantil para depositar o seu voto. Os electores de Ameixenda votarán no teleclub da parroquia. Se nos trasladamos a Bugallido, atopamos que os electores de Barreiro, As Buceleiras, Eirapedriña, Framán, Guimaráns, O Instrumento, Mourigade, O Outeiro e Quistiláns teñen asignado como lugar para votar o local social de Guimaráns. Os de Firmistáns e Tarrío votarán na antiga escola de Firmistáns.

En Ortoño atopamos tres grandes áreas con distintos destinos á hora de votar. A xente de Bertamiráns -incluídos os lugares do Casaliño, O Pedregal, Castrigo, Cantalarrana, Carballido e A Condomiña- votará ao completo na Casa da Cultura, situada na praza de Chavián. A urbanización Aldea Nova ten asignado o local social. Os arredores de Bertamiráns -A Igrexa, As Cortes, O Instrumento, Lapido, Maguxe, Ortoñiño, As Punxeiras Altas, A Tarroeira, Sisalde e O Santo- votarán na escola infantil da Tarroeira.
Esta división urbano-periurbano tamén se lle aplica á parroquia de Biduído, na que se asenta o núcleo do Milladoiro. Todos os censados deste lugar terán que depositar o voto na mesa que lles corresponda do pavillón polideportivo municipal da Travesía do Porto. Ventín, Coira, Fraíz, A Moniña e O Paramuíño teñen asignado o colexio de Ventín. Biduído de Abaixo, Biduído de Arriba, Casanova, Costoia, Framil, A Agrela, A Igrexa, Raíces, As Mimosas e Millalar terán que votar na antiga escola de Biduído de abaixo.

TEO – APERTURA DA PONTE DOS PASOS EN PONTEVEA

DENDE ESTA TARDE QUEDARÁ ABERTA Ó TRÁFICO A PONTE DOS PASOS EN PONTEVEA QUE LEVABA MESES EN OBRAS

  • Trátase dunha obra de máis de 110.000 euros que modificou sustancialmente o paso existente e tivo dificultades técnicas de execución
  • A nova ponte mellora a seguridade do acceso rodado ás aldeas como Coira, Freixeiro, Ribeira ou Pazos

20 de maio de 2011. O Departemento de Obras municipal informa de que dende esta tarde quedará aberta ó tráfico rodado a Ponte dos Pasos, moi preto do núcleo urbano de Pontevea, na parroquia de Reis. Esta obra mantivo varios meses pechado este acceso e durante esta xornada a empresa adxudicataria realiza os últimos traballos para a súa posta en funcionamento efectiva.

A construcción da Ponte dos Pasos é unha obra co financiada a través dun Plan de Obras e Servizos da Deputación. O prezo foi de máis de 110.000 euros e segundo explica o edil de Obras, Rafael Sisto “as esixencias de Augas de Galicia obrigaron a realizar un forte investimento económico xa que houbo que contruír un espazo entre piares de vintecinco metros e máis de catro metros de altura”.

Estes condicionantes técnicos fixeron que se convertira nunha das obras de máis complexidade técnica coordinada dende o Concello nos últimos meses. A duración da obra mantivo o acceso pechado coas molestias que ocasionan este tipo de medidas.

Dende hoxe mesmo o acceso volverá a funcionar e veranse directamente beneficiados sobre todo en canto á seguridade do tráfico rodado aldeas coma Valiñas, Freixeiro, Coira, Samar, Piñeiro, Freiría, Ribeira, Montecelo ou Pazos, todos lugares da parroquia de Reis. A ponte dos Pasos tamén é moi usada para as persoas que van dende a AC-841, dende o núcleo de Pontevea cara o Xirimbao, por un acceso interior.

BRION – DATA DE APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL

A PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE BRIÓN

ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS O VINDEIRO 15 DE XUÑO

As instalacións abrirán con actividades de fitness, matronatación, natación terapéutica e cursos de natación para bebés, nenos, adultos e terceira idade nos distintos niveis

20 de maio de 2011.- A piscina cuberta municipal de Brión abrirá as súas portas o vindeiro 15 de xuño. Así llo comunicou esta mañá a empresa adxudicataria da xestión deste servizo púlbico, Aquafit Gestión SL, ao Concello de Brión xunto coas actividades iniciais que lles vai ofrecer aos usuarios e usuarias destas instalacións.

Así, a piscina brionesa abrirá as súas portas ofrecendo cursos de natación para bebés, nenos, adultos e terceira idade, en dous niveis: iniciación e perfeccionamento. Ademais, tamén ofertará actividades de natación terapéutica e de matronatación, unha modalidade na que se busca a estimulación acuática dos bebés a través dunha serie de xogos que lles permiten aprender a flotar e moverse polo auga coa axuda dos seus pais. As sesións de matronatación non son clases para que os bebés aprendan a nadar, senón unhas iniciativas de entre 30 e 45 minutos para reforzar os vínculos entre pais e fillos.

De acordo coas condicións fixadas no pliego de adxudicación do servizo de xestión da piscina, os prezos destes cursos serán de 10 euros (iniciación), 15 euros (perfeccionamento), 20 euros (bebés), 6 euros (escolares) e 5 euros (outros).

Ademais da piscina de 25x12,5 metros, as instalacións deportivas de Pedrouzos contarán en breve con pista de pádel e xa dispoñen dun ximnasio de 150 metros cadrados con equipamento Life Fitness e vestiarios con saunas. Un ximnasio para o cal o persoal de Aquafit xa ten programadas unha serie de actividades de fitness, que comezarán a impartirse a partir do 15 de xuño.

Prezos e horarios

A piscina cuberta municipal de Brión abrirá en horario de 7:30 a 23:00 horas (de luns a venres). Os sábados, o horario será de 9:00 a 22:00 horas; mentres que os domingos será de 9:00 a 14:00 horas. Os abonos mensuais custarán 22 euros (individuais), 28 euros (familiar) e 17 euros (reducido ou social, é dicir, menores de 18 anos, maiores de 65 e colectivos desfavorecidos). Así mesmo, establécense unhas matrículas anuais polos mesmos importes nos tres casos. Tamén se contempla o acceso libre ás instalacións, que custará 3,8 euros (individual) e 2,7 euros (reducido ou social).

Todos as persoas interesadas en anotarse ou recibir máis información sobre cursos, bonos e tarifas, pode dirixirse dende a próxima semana á secretaría, instalada na propia instalación, ou a través do e-mail brion@aguafigestion.com.

AMES – SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO PARA AS ELECCIONS

O Concello ofrece o servizo de transporte adaptado para as eleccións municipais do 22 de maio de 2011

O Concello de Ames pon á disposición das persoas con algún tipo de minusvalía un vehículo especialmente habilitado para que poidan participar nas eleccións municipais que se celebran o vindeiro 22 de maio de 2011. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto cós encargados da xestión do transporte chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000. Haberá que chamar cunha antelación mínima de 24 horas. Deste xeito todas as persoas que sufran algún tipo de minusvalía disporán dun servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio.

A través do programa de transporte adaptado as persoas con problemas de mobilidade teñen a posibilidade de poder participar nas eleccións municipais que se celebran o vindeiro día 22 de maio de 2011.

O Concello de Ames dispón dun vehículo especialmente habilitado para o transporte de persoas con minusvalía física e que se atopará o próximo 22 de maio a disposición de todos os veciños e veciñas de Ames para facilitar o exercicio do dereito ao voto. Este vehículo dispón de nove prazas para persoas sentadas e dúas prazas para cadeiras de rodas. Polo tanto o microbús do servizo de transporte adaptado municipal dispón dun total de once prazas. O vehículo complétase coa condutora e a auxiliar de transporte que axuda a todas as persoas usuarias a subir e baixar do vehículo.

As persoas interesadas deberán poñerse en contacto cós encargados da xestión do transporte chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000. Haberá que chamar cunha antelación mínima de 24 horas. Deste xeito todas as persoas que sufran algún tipo de minusvalía disporán dun servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio.

Con este servizo se pretende unha vez máis facilitar a vida diaria e o exercicio de dereitos, neste caso do dereito democrático ao voto, a todos aqueles veciños e veciñas afectados por unha minusvalía física que lles impide o seu desprazamento en vehículo propio ou transporte público non adaptado.

TEO – LISTAXES PROVISIONAIS DOS ADMITIDOS NAS ESCOLAS INFANTÍS

PUBLÍCANSE AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS CON 192 ADMITIDOS/AS E 31 PERSOAS EN LISTAXE DE AGARDA

· Dende a publicacións das listaxes provisionais ábrese un prazo de 10 días, ata o 29 de maio para realizar reclamacións

· Aínda que existe listaxe de agarda nos tres centros públicos de Calo, Os Tilos e A Ramallosa hai ocos libres en quenda de tarde

19 de maio de 2011. O Concello de Teo publica hoxe as listaxes provisionais de admitidos/as nas escolas infantís de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Os tres centros públicos de atención a nenos/as de entre 0 e 3 anos teñen neste momento 192 persoas admitidas e 31 persoas en listaxe de agarda, mellorando os datos do ano pasado cando a listaxe de agarda neste momento era maior, chegando case a 50 persoas.

Cabe destacar tamén que aínda que nas tres escolas hai persoas en espera existen ocos libres nos tres centros na quenda de tarde. Dende a publicación destas listaxes ábrese un prazo de dez días, que remata o 30 de maio para presentar reclamacións. As listaxes poden consultarse na páxina web municipal www.concellodeteo.com, nas escolas infantís municipais, na Casa do Concello e nos Servizos Sociais Comunitarios.

Unha vez rematado o prazo de reclamacións volverase a reunir a comisión de baremación o 30 de maio e publicará o 31 as listaxes definitivas. O período de matrícula será a primeira quincena de xuño e a documentación deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello.

Por centros o que ten unha maior matrícula é A Ramallosa, o centro máis novo e máis amplo, con 82 admitidos/as. Síguelle Calo con 60 e por último está Tilos con 50 persoas admitidas neste momento. Respecto á listaxe de agarda os datos son paralelos xa que o centro que ten maior número de solicitudes non atendidas é A Ramallosa con 15 e a que menos son Os Tilos con 3.

Dende o Departamento de Benestar tamén trasladan que existe un número pequeno de solicitudes, un total de 9, que non están incluídas en ningunha das listaxes publicadas xa que se valorarán preto do mes de setembro. Son as solicitudes presentadas fóra de prazo e as dos nenos/as que nacerán despois do 31 de maio, xa que a primeiros de setembro non terán aínda os tres meses e non poden ser admitidos.

BRION - O CONCELLO ACOLLERÁ A PRIMEIRA ETAPA DA X VOLTA CICLISTA A GALICIA

O CONCELLO DE BRIÓN ACOLLERÁ A PRIMEIRA

ETAPA DA X VOLTA CICLISTA A GALICIA

O preto dun cento de corredores participantes darán catro voltas a un circuíto de 32 quilómetros nunha carreira que comezará o 27 de maio

19 de maio de 2011.- Brión foi o concello escollido pola Federación Galega de Ciclismo para dar saída a X Volta Ciclista a Galicia, que se desenvolverá entre o 27 e o 29 de maio. Así, a estrada principal de Pedrouzos será o punto de partida e de chegada da primeira etapa da Volta Ciclista a Galicia, que se desenvolverá o vindeiro venres, 27 de maio. Os corredores que tomen parte na proba deberán facer un total de 4 voltas a un percorrido de 32 quilómetros que transitará polos concellos de Brión, Ames e Negreira.

Desde o Concello de Brión, o seu alcalde Xosé Luís García, amosouse moi satisfeito con esta iniciativa, “alegámonos ao saber que a primeira opción da Federación Galega de Ciclismo para dar comezo a esta décima edición da Volta foi o noso concello e estamos seguros de que algúns dos repechos que presenta a orografía do municipio non decepcionarán a ciclistas e afeccionados”, afirmou o rexedor brionés, que asegurou a máxima colaboración cos organizadores. Na edición pasada, a Volta deu comezo en Santiago de Compostela.

Precisamente co obxectivo de coordinar o despliegue de efectivos e de seguridade necesarios, esta mañá se desenvolvía no Casa do Concello unha primeira xuntanza entre os organizadores da Volta e os responsables do concello das áreas de seguridade e deportes, co obxectivo de establecer as necesidades de infraestrutura e intendencia que se precisarán para acoller este evento. Neste sentido, desde o Concello de Brión quedou confirmada a presenza de todo os seus efectivos de Policía Local e Protección Civil para garantir que o trascurso da proba se produza sen ningún incidente.

Máis de 250 implicados

Desde a organización da Volta, pola súa banda, confirmaron que serán un total de 105 os corredores profesionais pertencentes a 15 equipos os que tomarán parte na proba, que se comporá dun total de tres etapas que discorrerán por Brión, Mesía e Noia, nun percorrido total de máis de 450 quilómetros. Segundo os responsables da Volta, os equipos teñen procedencias dispares: cinco son galegos, outros cinco portugueses namentres que o resto proveñen de Castela e León e Valencia. O equipo ruso Locomotiv, con base en Cataluña, completa a participación e un das formacións que parten como favorita para alzarse con varias victorias.

Máis de 250 persoas estarán implicadas nesa xornada do 27 de maio para facer posible a celebración desta etapa en Brión, entre corredores, auxiliares e responsables de equipo ou Garda Civil, que despregará un total de 27 motos para manter a seguridade polas estradas. A eles engádense os dispositivos locais e os colaboradores e voluntarios que farán posible que ese día todo vaia “sobre rodas”.

OROSO – APERTURA DO PRAZO DO BOS DIAS COLE

O CONCELLO DE OROSO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA “BOS DÍAS COLE” PARA O CURSO 2011/12

O prazo de anotación estará aberto ata o vindeiro 14 de xuño

19 de maio de 2011.- O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición no programa “Bos Días Cole”, un servizo de gardería e almorzo dirixido a rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos de idade que terá lugar no CEIP de Sigüeiro durante o curso escolar 2011-2012. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 14 de xuño no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.

O programa “Bos días cole” é unha iniciativa coa que o Concello de Oroso busca facilitarlles aos pais e nais do municipio a conciliación da vida laboral e familiar, xa que lles permite deixar aos cativos nas instalacións do CEIP de Sigüeiro dende as 7:30 horas ata o comezo das clases. Uns pequenos que pasan esas horas da mañá con obradoiros de manualidades, talleres de lectura de contos e diversos xogos.

“O servizo é o que se adapta ás necesidades reais dos pais”, explica a concelleira de Educación, Vanessa Reboredo, “xa que poden elixir tanto a hora á que deixan aos pequenos como os días que empregan este servizo, ou mesmo deixalos ocasionalmente”. Así, o Concello de Oroso, coa colaboración da Deputación da Coruña, ofrece diversas alternativas aos pais e nais do municipio para que poidan iniciar a súa xornada laboral coa tranquilidade de que os seus fillos quedan ben atendidos ata a hora do inicio das clases.

BOQUEIXON – MELLORA DA ESTRADA AC-261

DIEGO CALVO E ADOLFO GACION PRESENTARON O PROXECTO DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA AC-261.

Esta mañá durante unha reunión de traballo celebrada no Concello de Boqueixón o Delegado da Xunta na Coruña presentoulle ó Alcalde de Boqueixón Adolfo Gacio o proxecto de mellora da estrada AC-261, dende une o lugar de Lamas ( Boqueixón) coa Ponte de Sar xa no termo municipal de Santiago.

A mellora deste vial, de vital importancia na comunicación entre o concello de Boqueixón e Santiago de Compostela, comprende a mellora do firme, ampliación do ancho da calzada ata os 7 m, realización de beirarrúas en zonas urbanas e a mellora da sinalización ó longo de 7 quilómetros que discorren polo termo municipal de Boqueixón. Así mesmo tamén se recolle a rectificado de varias curvas perigosas que presenta o trazado.

Diego Calvo, tras asinar o libro de Ouro do Concello, quixo destacar que con este proxecto “ preténdese dende a Xunta de Galicia mellorar a seguridade viaria nesta vía utilizada diariamente por moitos veciños e veciñas de Boqueixón. Pola súa parte o alcalde Adolfo Gacio salientou que “ coa realización deste proxecto vese realizado un dos grandes desexos e satisfeita unha das grandes necesidades das infraestruturas municipais, xa que é unha estrada fundamental nas comunicación con Santiago e pola que cada día transitan máis de 1600 vehículos”.

AMES – CONVENIO COA FUNDACIÓN DE APOIO A INFANCIA

O Concello de Ames asina un convenio de colaboración coa Fundación de Apoio á Infancia e ao Benestar (FAIBEN)

O alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o director de FAIBEN, Fundación de Apoio á Infancia e ao Benestar, Ángel Martínez Puente, asinaron un convenio de colaboración a través do cal o Concello de Ames se adhire ao programa de adopción especial “Adoptar é posible”, que desenvolve este organismo. Dito programa desenvólvese en colaboración doa Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaria Xeral de Familia e Benestar. As coordinadoras do departamento de Educación, Sandra Dios e Emilia Seara, así como Itos Lorenzo, profesora do programa municipal de psicomotricidade e membro desta fundación, tamén asistiron á sinatura de dito convenio. Entre os obxectivos do programa está a sensibilización, captación, información e formación das familias dispostas a adoptar menores da comunidade autónoma galega, que polas súas características especiais teñen máis dificultades para exercer o seu dereito a vivir en familia.

O concello de Ames conta cunha poboación eminentemente xoven que escolle algúns dos núcleos amienses para establecer a súa residencia. Debido a que a gran maioría das persoas censadas en Ames están en idade de ter fillos/as ou dispor dunha familia o Concello de Ames acaba de subscribir un convenio de colaboración coa Fundación de Apoio á Infancia e ao Benestar (FAIBEN) para adherirse ao programa de adopción especial “Adoptar é posible”.

FAIBEN, Fundación de Apoio á Infancia e ao Benestar, xestiona en Galicia o Programa de Adopcións Especiais. Algúns nenos e nenas, que están en situación legal de ser adoptados, non teñen familia coa que convivir. E co tempo, vaise forxando na súa cabeza a idea de que “non son o suficientemente bos para que alguén os queira como fillos”.

Nos centros de acollida teñen moi ben cubertas as súas necesidades de alimentación, vivenda, xoguetes, afecto… Pero iso non é suficiente, iso non é o fundamental para o seu desenvolvemento. Os nenos e nenas necesitan sentir que pertencen a unha familia e que son o máis importante para alguén. Pertencer a unha familia ten repercusión directa na autoestima das persoas, na súa imaxe persoal, na súa capacidade para relacionarse cos demais.

FAIBEN xestiona o programaAdoptar é posible”. Esta fundación pretende atopar familias ou persoas dispostas a asumir a estes nenos e nenas que se caracterizan por ter algunha discapacidade física ou psíquica, ser maiores ou pertencer a un grupo de irmáns. Para iso acaba de asinar un convenio de colaboración co Concello de Ames. A través deste convenio a Administración local amosa a súa dispoñibilidade para establecer un compromiso de colaboración co programa “Adoptar é posible” de FAIBEN.

Entre os obxectivos do programa está a sensibilización, captación, información e formación das familias dispostas a adoptar menores da comunidade autónoma galega, que polas súas características especiais teñen máis dificultades para exercer o seu dereito a vivir en familia. Dito programa desenvólvese en colaboración doa Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaria Xeral de Familia e Benestar.

Compromisos subscritos

O Concello de Ames comprométese a colaborar na difusión do programa de “Adoptar é posible”, a través dos medios dos que dispón (páxina web, Ames Radio, distribución dos trípticos do programa en diferentes puntos de interese...). Ademais facilitarase, na mediada do posible, a disposición de locais municipais para impartir diferentes actuacións formativas e/ou informativas que realice a devandita fundación.

Por outra banda, a Fundación de Apoio á Infancia e ao Benestar (FAIBEN), comprométese a poñer a disposición do Concello de Ames o equipo da fundación para informar do programa á veciñanza amiense, mediante charlas sobre o ámbito de adopción, obxecto do programa, que dende o mesmo se soliciten, así como asesorar ás familias adoptivas do Concello que demanden axuda ao programa. Por último comprométense a asesorar e acompañar ás familias adoptivas do Concello que adopten un menor do programa de Adopcións especiais “Adoptar é posible” como se regula no convenio de colaboración asinado coa Xunta de Galicia.

Aquelas persoas que estean interesadas en participar neste programa só teñen que poñerse en contacto con FAIBEN no correo electrónico faiben@faiben.org ou chamando aos números de teléfono 981 577 619, 634 115 746 ou 902 404 224. Informaranvos, reflexionaredes xuntos e, se vos decidides a adoptar, acompañaranvos no proceso “ata ter a seguridade de que o novo camiño teña garantías de éxito”.

BRION – BEIRARRUAS EN OS ANXELES

O CONCELLO DE BRIÓN INICIA AS OBRAS

REPARACIÓN DE BEIRARRÚAS NAS

PARROQUIAS DE BASTAVALES E OS ÁNXELES

As obras están orzamentadas en máis de 155.000 euros

18 de maio de 2011.- O Concello de Brión vén de iniciar as obras de remodelación e reparación de beirarrúas nas parroquias de Bastavales e Os Ánxeles. Dúas obras orzamentadas en algo máis de 155.000 euros e que inclúen tamén o asfaltado de distintas pistas na parroquia de Bastavales.

Os traballos comezaron na parroquia dos Ánxeles, concretamente na intersección da AC-300 coa variante que está a construír a Xunta de Galicia. Neste caso, o Concello de Brión está a investir uns 30.000 euros na construción de beirarrúas na zona e na reposición dos servizos municipais afectados (alumeado público e algunha acometida de auga e saneamento). Unhas obras contempladas nun convenio asinado coa Xunta para a construción da variante da AC-300 polo cal, unha vez rematados os traballos por parte da Consellería de Medio Ambiente, o Concello de Brión pasaría a ser o titular do tramo da AC-300 entre o cruce de Soigrexa e a rotonda dos Ánxeles.

Beirarrúas en Bastavales

Así mesmo, nos próximos días darán comezo as obras de asfaltado de pistas e remodelación e reparación de beirarrúas en Bastavales. Uns traballos orzamentados en 125.000 euros que serán financiados con cargo ao Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2011 da Deputación da Coruña.

Deste xeito, a Deputación Provincial achegará 116.043 euros para o financiamento destes dous proxectos, mentres que o Concello de Brión terá que aportar outros 8.956 euros. Así, o Concello de Brión dá continuidade aos traballos iniciados co POS correspondente ao 2010, no que xa se investiran 32.500 euros na construción, remodelación e reparación de beirarrúas en distintas parroquias de Brión, así como a instalación de novos puntos de luz nas zonas máis necesitadas dela.

OROSO – CURSOS DE FORMACIÓN

O CONCELLO DE OROSO PROMOVE TRES NOVOS CURSOS DE FORMACIÓN NO MARCO DA AULA MENTOR

Trátase de “Creación e produción musical”, “Xestión de recursos humanos” e “Blender 3D: modelado e texturado”

18 de maio de 2011.- O Concello de Oroso vén de ampliar a súa oferta formativa con tres novos cursos, a disposición dos veciños e veciñas do municipio a través da Aula Mentor “Educaoroso”. Tres novas ofertas que inclúen un curso de creación e produción musical, outro de xestión de recursos humanos para pemes e un terceiro de novas tecnoloxías, o Blender 3D, un programa utilizado en películas de animación e videoxogos.

O curso “Blender 3D. Modelado e texturado”, de 60 horas de duración, permitirá aos alumnos coñecer os fundamentos básicos desta ferramenta informática, que é empregada na realización de películas de animación, efectos especiais para filmes e para realizar videoxogos. Unha ferramenta válida para todos os sistemas operativos de ordenadores (Linux, MaxOsX, Windows) así como consolas (PlayStation 3) e dispositivos portátiles (iPhone, iPad).

O curso “Creación e produción musical”, de 50 horas de duración, xira en torno aos elementos esenciais da creación e da produción musical. O seu obxectivo non é formar produtores musicais, pero si facilitar os recursos básicos para que os alumnos sexan quen de seguir investigando e traballando neste mundo.

Finalmente, o curso “Xestión de recursos humanos”, de 90 horas de duración, ofrécelle ao alumno a posibilidade de adquirir unha visión de conxunto das principais áreas que se abordan nun departamento de recursos humanos e das técnicas que se utilizan. Para realizar este curso non é preciso ter coñecementos previos da área de recursos humanos.

Os alumnos interesados en matricularse nalgún destes cursos poden facelo directamente on-line a través da web municipal (http://www.concellooroso.com/) ou chamando ao teléfono 981 68 89 50. A Aula Mentor de Oroso conta con máis de 130 cursos que, unha vez superados, dan dereito a unha certificación de aproveitamento emitida pola Consellería de Educación e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Sentido común

Llevo ya algunas horas viendo las informaciones sobre las distintas acampadas y comprobando el desconcierto, que se intenta ocultar, por parte de los poderes establecidos.

Tal vez por lo mucho que me gusta la parte de análisis que conlleva el periodismo me cuesta posicionarme en los sucesos salvo en cosas muy evidentes; mis sentimientos sobre lo que desde el día 15 lleva pasando en toda España han pasado de la sorpresa a la emoción situándose en este momento en la admiración más absoluta.

Cuando uno lleva algún tiempo metido en redes sociales, no hace falta mucho, sabe que la creación de grupos esporádicos y heterogéneos en torno a una idea es algo habitual, a veces son simples divertimentos y otras cosas bastante más serias que acaban por influir en la vida real de múltiples maneras. El problema está en convencer a alguien ajeno a estos movimientos de que son reales, esporádicos y con capacidad de actuación. La mayoría de las cúpulas dirigentes de los partidos políticos comienzan a entender El poder de las redes , así título David de Ugarte un libro que sin duda explica mucho de lo que estos días sucede, Ugarte decía además, refiriéndose a lo sucedido en los días siguientes al aciago 11M, que “Mariano Rajoy recibió un SMS y devolvió una llamada perdida”; ahora los políticos ya no podrán pararse a pensar en el poder de lo virtual porque su inoperancia ha obligado a las personas que están tras los nicks a salir a la calle.

Pero no solo los políticos están perdidos con lo que sucede, los medios de comunicación han pasado de obviar en el primer momento lo que sucedía a tener que dedicarle portadas y abrir telediarios y boletines con la noticia. Pero la cosa no es tan sencilla como mandar un redactor ¿como titulas? ¿que cuentas? no hay disturbios, no hay protestas, no hay ni siquiera algo que quepa en una frase y lo que es peor no hay un quien. Si sencillo es decir en donde pasa la noticia todo lo demás se vuelve farragoso y complicado; informar, que no opinar, sobre quien, lo que o porque aun entendiendo  que sucede requiere de bastante más espacio del que están nuestros queridos mas media acostumbrados a destinar a este tipo de noticias.

Decía en el principio que en estos momentos sentía admiración por lo que está pasando, la siento aun mayor por quienes lo llevan a cabo. Llevo oyendo mucho tiempo que los poderes públicos y los medios de comunicación se lamentan de la indolencia de los jóvenes, siempre creí que generalizar no era bueno pero ahora tengo la impresión de que en este caso se ha mentido con descaro. Que los jóvenes acampados se vean alentados por personas más mayores que les llevan comida, les ofrecen asesoría jurídica o les aportan medios de todo tipo solo puede significar que lo que piden afectan a una gran parte de la población; pero también nos indica que hay una generación responsable capaz de movilizarse con sentido común y con sentido cívico, con capacidad de explicar las cosas de una forma clara, con recursos suficientes para hacer cualquier cosa en el mundo en el que nos ha tocado vivir y, lo más importante, con capacidad de ejercer la democracia y el debate sin caer en tópicos ni falsos mitos. Con dos hijos, de los que estoy muy orgulloso, es inevitable pensar en ocasiones que será de ellos; tratar de explicarles valores claros que sirvan siempre y en cualquier circunstancia, ejemplos que les resulten cercanos y no suenen a batallas del abuelo; los movimientos ciudadanos de estos días, al margen de lo que pase, ya habrán dejado un ejemplo de como se pueden hacer las cosas, de como se puede debatir sin pelear, de como se puede uno manifestar sin que eso signifique molestar. Solo por el ejemplo que estos días están dejando ya habrá valido la pena, algo ya ha cambiado aunque no seamos conscientes de ellos y dentro de 20 años nuestros hijos podrán decir que en el 2011 vivieron una pedacito de historia; nuestros padres sufrieron la dictadura, nosotros la dejamos atrás y avanzamos, 23f incluido, ahora podremos explicarles a nuestros hijos lo que está pasando y porque para que el día de mañana sepan que lo que tienen lo construimos entre todos.

TEO – SEMINARIO DE CULTURA EMPRENDEDORA

O CONCELLO DE TEO ORGANIZA UN SEMINARIO SOBRE CULTURA EMPRENDEDORA NA CASA COMÚN DOS TILOS

· A actividade realizarase nunha sesión mañá mércores 18 entre as 20:30 e as 22:30 horas e o acceso é libre

17 de maio de 2011. A difusión da cultura emprendedora como unha das ferramentas para loitar contra o desemprego é o principal obxectivo do Seminario de difusión da cultura emprendedora que organiza o Concello de Teo mañá mércores 18 na Casa Común dos Tilos. O acceso a esta charla é libre, sen necesidade de inscrición previa, e o horario será de 20:30 a 22:30 horas. Esta actividade realízase en colaboración coa Axencia de Emprego e BIC Galicia.

Este Seminario de Motivación Emprendedora pretende incentivar a cultura da iniciativa empresarial e amosar, a través de experiencias persoais de emprendedores galegos, que calquera persoa pode desenvolver un proxecto empresarial con éxito.

O contido do Seminario dividarase en tres partes: a figura do emprendedor, a idea de negocio e a súa posta en marcha tentando que a teoría e a práctica vaian unidas na exposición. Na primeira parte preséntase a figura do emprendedor como pedra angular de calquera proxecto empresarial e analízase a relación entre o éxito da empresa e as características persoais do emprendedor. A través de casos reais de empresas implantadas en Galicia, abordaranse aspectos como as aptitudes desexables nun emprendedor, as habilidades, coñecementos e actitudes necesarias, os mitos que hai que superar, as principais barreiras que adoitan atopar e as diferentes motivacións que impulsan a emprender.

No que se refire á idea de negocio analizarase que concepto queremos vender e cal será o perfil do noso cliente potencial. Examinaranse as distintas fontes de ideas e conclúese que a viabilidade dun proxecto depende en gran medida da calidade e madurez da idea inicial. Por último, abordaranse as diferentes fontes de información ás que o emprendedor deberá acceder para recompilar datos, procesalos e analizalos co fin de examinar os visos de viabilidade a partir do punto de vista comercial, económico-financeiro e técnico-legal.

Finalmente chegarase á posta en marcha, vendo como levar a cabo a transformación da “idea” en “proxecto”, a necesidade de desenvolver un plano de empresa riguroso e os recursos humanos e materiais que son necesarios para poñer en marcha o proxecto. Poderanse ver ademais unha serie de instrumentos e recursos que están dispoñibles para os emprendedores e que supoñen unha importante axuda para acadar o éxito nos seus proxectos de empresa.

Ao longo de todo o Seminario exporanse casos reais de emprendedores que desenvolveron un proxecto empresarial en Galicia (extraidos do Banco de Proxectos Empresariais), no que se abordan aspectos como o historial do emprendedor, os recursos dos que dispoñía, a orixe da súa idea empresarial, as motivacións que lle levaron a desenvolver o seu proxecto, as dificultades que tivo que superar e as ameazas que se avistan no seu sector ou mercado, así como os factores aos que se pode atribuír o éxito da súa empresa.

OROSO – FESTA DOS MAIORES

O CONCELLO DE OROSO CONVOCA A FESTA DOS MAIORES, QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO 25 DE XUÑO

Os veciños que desexen participar deberán anotarse no Departamento de Servizos Sociais antes do 22 de xuño

16 de maio de 2011.- O Concello de Oroso convoca a súa tradicional Festa dos Maiores, que terá lugar en Sigüeiro o vindeiro 25 de xuño. Unha festa á que están invitados todos os veciños e veciñas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oroso, así como os seus cónxuxes ou parellas (ás que non se lles esixe ningún requisito de idade).

Os veciños que desexen participar deberán anotarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oroso en horario de 10:00 a 13:00 horas (luns, martes, mércores e venres) ou chamando ao 981 68 89 50. Teñen de prazo ata o vindeiro 22 de xuño.

O Concello de Oroso porá a disposición dos veciños un servizo de autobuses, que os recollerán polas distintas parroquias do municipio e os volverán deixar nas súas casas ao rematar a festa. Unha celebración que comezará ás 13:00 horas cunha misa no polideportivo Juanito Amigo Ferreiro, que contará coa participación da Coral de Senra.

Ás 14:00 horas terá lugar o xantar de confraternidade no propio polideportivo, que correrá a cargo do restaurante “A Magdalena”. Ás 16:30 horas terá lugar unha festa-baile amenizada polo Trío Alba.

Xuntanza de maiores

Así mesmo, o Concello de Oroso comunícalles aos veciños que tamén está aberto o prazo de anotación na Xuntanza de Maiores que organiza a Consellería de Traballo e Benestar no parque municipal de Carballiño (Ourense) o vindeiro 11 de xuño. Ás 8:00 horas dese día sairán os autobuses dende Sigüeiro, chegando a Carballiño pasadas as 10.30 horas. Os maiores poderán asistir a un concerto da banda de música do Carballiño (12:00 horas) e dunha comida campestre (ás 14:00 horas). Pola tarde será tempo de lecer, para emprender a volta a iso das 20:00 horas.

Os veciños que estén interesados en participar nesta iniciativa teñen que dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oroso antes do 28 de maio.

AMES – COMUNICADO DO ALCALDE SOBRE AS ACUSACIONS DO PP

COMUNICADO DA ALCALDÍA

NOTA DO ALCALDE:

Con motivo da nota de prensa publicada hoxe no seu xornal El Correo Gallego, na páx. 15 da sección Primer Plano (Fuego cruzado en Ames: el PP acusa a Fernández de espiarles y el regidor les lleva al juzgado), procedo ao envío deste comunicado porque quero explicar, aclarar e puntualizar a verdade sobre todo este asunto co fin de que a opinión pública coñeza tamén a versión deste Concello e desta Alcaldía xa que, de non ter a oportunidade de coñecer esta información, terían unha percepción moi sesgada e nada xusta dun asunto que considero de vital importancia para a vida pública e para o prestixio e a rectitude de actuación das institucións e das persoas. Considero que, de non permitirse a réplica a esta noticia, totalmente sesgada e malintencionada, contribúese a trasladar á opinión pública unha mala imaxe da vida política e da actuación desta institución. Creo que, ademais de razóns de carácter ético e moral, e de defensa dunha correcta actitude, me asiste o dereito de réplica no mesmo medio e cando menos co mesmo grado de difusión.

O seu xornal publica hoxe unhas acusacións verquidas polo Partido Popular de Ames respecto da “persecución do PSOE de Ames ós traballadores da brigada do concello” así como que “Carlos Fernández gastou 4.014 euros en detectives para espiar ós traballadores do concello”, ou que “... o señor Fernández Castro contratou este servizo de espionaxe saltándose así os convenios laborais”.

Pois ben, á vista de todas estas acusacións, e ante o dereito de réplica que me asiste debo aclarar o seguinte:

Primeiro: Actualmente, forman a plantilla do Concello de Ames preto de 260 traballadores. Os expedientes disciplinarios abertos son catro, polo que só afectan a catro traballadores municipais e todos pertencen ao Departamento de Obras e Servizos Básicos. Polo tanto, non se pode falar de algo xenérico, que afecte a “toda a brigada”. Non se caracteriza esta Alcaldía por ningunha venganza nin persecución, xa que en oito anos de goberno, estes casos son os únicos graves e por iso mesmo, destacables e denunciables.

Segundo: En todos estes procedementos nada tiveron que ver os grupos municipais, polo que non ten sentido ningún a acusación de “persecución aos traballadores” por parte do Partido Socialista, salvo a intención de manipular e terxiversar esta información

Terceiro: O primeiro dos expedientes disciplinarios que se incoaron foi motivado pola utilización, por parte dun traballador municipal, dun vehículo do concello para realizar un traballo persoal e fóra da xornada laboral, valéndose así de medios públicos (vehículo, gasolina, etc) para un fin privado.

Cuarto: O segundo expediente aberto tiña como motivo a utilización dunha tarxeta municipal para repostar gasolina, no vehículo propio dun traballador e por importe de 80 euros. Da investigación realizada ao respecto, resultou que non se trataba dun caso excepcional se non que, supostamente e segundo a relación de tickets que constan no expediente, se fixo isto de forma reiterada.

Quinto: Os outros dous expedientes se iniciaron porque, durante meses, dous traballadores da Brigada Municipal de Vías e Obras estiveron escondendo o vehículo municipal que utilizan para o seu traballo diario nunha rúa apartada, preto dunha cafetería de Bertamiráns. Ademais destes posibles incumprimentos reiterados da xornada de traballo, se incumpriron, tamén de forma reiterada, as instrucións expresas dos seus superiores en canto ás pausas durante a xornada laboral. Pese a ser advertidos délo, non deixaron de facelo polo que esta alcaldía decidíu a apertura de sendos expedientes disciplinarios. Nestes dous casos, os asesores xurídicos do concello recomendaron que se contratasen os servizos dun detective privado, cuxo informe serviría como medio de proba recoñecido xuridicamente, e válido en calquera procedemento que se inicie en sede xudicial. Así pois foi contratado, unicamente, ao obxecto de defender os intereses do Concello. Sen esta actuación do detective privado (informe escrito e probas videográficas), non sería posible defender nada posto que, unicamente, coa declaración das testemuñas non teríamos proba válida nin suficiente.

Pois ben, esta alcaldía, tendo coñecemento destes feitos, e podendo ser constitutivos de falta grave ou moi grave, casos nos que procede a incoación de expediente disciplinario (Segundo o Estatuto Básico do Empregado) entende que, sexa no grao que sexa, se ten vulnerado a legalidade e se ten cometido un acto grave contra o interese público, patrimonio ou bens da administración ou dos cidadáns, e se ten caído no descrédito para a imaxe pública da administración, especialmente no momento de crise que estamos a vivir e coa sensibilidade que estas faltas suscitan entre os veciños/as os cales foron, en moitos casos, os denunciantes destes feitos.

Os empregados públicos teñen a obriga de axustar a súa actuación aos principios de lealdade e boa fe coa Administración na que prestan os seus servizos, cos seus superiores, compañeiros, subordinados e cos cidadáns. Así mesmo deberán actuar de acordo cos principios de eficacia, economía e eficiencia e o desempeño das súas tarefas realizarase de forma dilixente e cumprindo a xornada e o horario establecidos. Dentro das súas obrigas está a de administrar os recursos e bens públicos con austeridade e non poderán utilizalos en proveito propio ou de persoas achegadas (Estatuto Básico de Empregado Público)

Esta Alcaldía, antes tales circunstancias, como xefe superior de todo o persoal do concello, e en defensa dos intereses públicos tiven a responsabilidade de incoar estes expedientes, ante o resto dos traballadores/as do concello e ante o conxunto de toda a cidadanía, aos efectos oportunos

PP AMES - Persecución do PSOE de Ames ós traballadores da brigada do concello saltándose os convenios laborais

Persecución do PSOE de Ames ós traballadores da brigada do concello saltándose os convenios laborais

Carlos Fernández gastou 4.014 euros en detectives para espiar ós traballadores do concello e á oposición

O Partido Popular de Ames denuncia tamén que o alcalde Carlos Fernández empregou medios públicos para conseguir os teléfonos dos pais dos nenos que quedaron sen plaza nos colexios amienses e o dos estranxeiros que teñen opción a voto nestas eleccións

O PP recórdalle a Carlos Fernández que o censo electoral que teñen os candidatos non ven en sectores, o que sí está rexistrado dese xeito é o municipal pero ese non se pode empregar para actuacións coma o envío de cartas polos partidos poplíticos

Ames, 15 de mayo de 2011. O alcalde de Ames, Carlos Fernández Castro, gastou 4.014 euros para pagar un detective privado co que pretendía espiar ós traballadores da brigada e á oposición. Dende a súa obsesión con que os traballadores lle roubaban media hora de traballo semanal ó concello o señor Fernández Castro contratou este servizo de espionaxe saltándose así os convenios laborais.

O Partido Popular ten no seu haber a factura con número 025/11 con data do 28 de marzo de 2011 que acredita o pago de 4.014,36 euros a un detective.

Por outra banda e en resposta á defensa do rexedor de Ames polo desafortunado envío de cartas pedindo o voto a través de menores dende o Partid Popular recórdalle a Carlos Fernández que o censo electoral que teñen os candidatos non ven en sectores, o que sí está rexistrado dese xeito é o municipal pero ese non se pode empregar para actuacións coma o envío de cartas por parte dos partidos políticos.

O Partido Popular de Ames tamén foi vítima da intromisión de Juan Manuel Miñones, concelleiro de Reforma Administrativa e Calidade, nos seus ordenadores. O concelleiro socialista afirmara no seu momento que só se fixera un escaneo de seguridade para emitir un informe no que se explicaran as deficinedias na seguridade dos PC. Dende o Partido Popular preguntánse porqué non practicaron cos seus ordenadores.

O acceso á rede informática na que estaba conectado o ordenador do PP e, polo menos o ordenador do edil popular Ramón Argibay, é en toda regla un atentado contra os dereitos fundamentais.

AMES – AMES A ESQUERDA CONVOCATORIA

AMES NA ESQUERDA, ALTERNATIVA VECIÑAL convida aos medios de comunicación ao peche de Campaña o vindeiro xoves 19 ás 2o.3oh no Local Social de Bugallido- Ames.

A nosa iniciativa veciñal distinguiu-se por contar co apoio de veciñas e veciños das parroquias e aldeas de Ames, e das dúas principais vilas de O Milladoiro e Bertamiráns. Este alento foi apoiado polo noso interese de representar aquelas voces que non chegaron aos plenos municipais, ou se chegaron atoparon un muro de desatencións manifestas.

Ames na Esquerda estivemos a facer as nosas Asembleas nos Centros Sociais da xeografia amiense.

Neste acto do xoves as persoas candidatas asinaremos un documento/Acta diante da Asemblea na que poñemos a nosa representación en mans da voz asemblear, e será esta a que xulgue en que momento cada unha e un de nós cesaremos nas nosas funcións.

Ames na Esquerda pretendemos entrar na vida municipal, sabemos que é factíbel e seguiremos o noso traballo de sumar forzas e transladar as inquedanzas das veciñas e veciños após do 22 de maio

AMES – NOVOS ESPAZOS DE LECER NO MILLADOIRO

Ábrense ao público os espazos de lecer do sector S-14 no Milladoiro

Mañá abriranse ao público as zonas verdes e de xogo que están incluídas dentro do S-14 do Milladoiro. Estes espazos de ocio divídense en dúas zonas que se encadran no medio de catro edificios de vivendas. A primeira zona conta cunha pista para xogar á chave, zonas axardinadas, unha pérgola e zona libre con bancos para descansar. A segunda zona dispón dunha pista polideportiva, pista de patinaxe, zonas axardinadas e un parque infantil para que poidan xogar os nenos/as. A partir das 12:00 horas os rapaces e rapazas do Milladoiro Sociedade Deportiva disputarán varios partidos para estrear esta pista polideportiva. Ademais haberá unha demostración de chave. Estas instalacións foron construídas pola Xunta de compensación que tiña a o abriga de urbanizar os espazos públicos do S-14. As obras tiveron un custo de 883.480,30 euros.AMES - ZONA DE XOGO MILLADOIRO AMES - PISTA POLIDEPORTIVA MILLADOIRO

Unha vez rematadas as obras de urbanización e para dotar dos correspondentes espazos verdes e de lecer ao sector S-14 do Milladoiro, mañá abriranse estas instalacións ao público para que toda a veciñanza amiense, e en especial a do Milladoiro, poida gozar e empregar estas zonas de esparexemento e de lecer.

Para estrear estas instalacións o Concello de Ames organizou para este martes 17 de maio unha serie de actividades deportivas co fin de dar a coñecer estas novas zonas de lecer. A partir das 12:00 horas os rapaces e rapazas do Milladoiro Sociedade Deportiva van a disputar varios partidos de fútbol sala co fin de estrear a nova pista polideportiva que se realizou nesta zona do Milladoiro. Ademais vaise facer unha demostración de chave. Varios xogadores que practican este deporte tradicional disputarán unha partida na pista que se acaba de estrear neste espazo de lecer.

Estas instalacións sitúanse no S-14. As zonas verdes e de xogo divídense en dúas zonas e encádranse no medio de dous bloques de vivendas. A primeira zona está encadrada entre os edificios chamados bloque 1A, bloque 1B, bloque 2A e bloque 2B. Mentres que a segunda zona de ocio está entre os edificios chamados bloque 3A, bloque 3B, bloque 4A e bloque 4B.AMES - PISTA CHAVE MILLADOIRO AMES - ZONA DESCANSO MILLADOIRO

A primeira zona conta cunha pista para xogar á chave, zonas axardinadas, unha pérgola e zona libre con bancos para descansar. A segunda zona dispón dunha pista polideportiva, pista de patinaxe, zonas axardinadas e un parque infantil para que poidan xogar os nenos/as. Estas instalacións foron construídas pola Xunta de compensación que tiñan a o abriga de urbanizar os espazos públicos do S-14. As obras tiveron un custo de 883.480,30 euros.

Deste xeito, estase intentando que nos sectores urbanizables nos que se está construíndo se executen novos espazos verdes e de lecer, para mellorar a habitabilidade de toda a veciñanza amiense e para mellorar a calidade de vida das persoas que adquiren unha vivenda en Ames.

PSOE MELIDE – O PSOE LEVARÁ INTERNET O RURAL

OS SOCIALISTAS DE MELIDE COMPROMÉTENSE A LEVAR INTERNET ÁS ZONAS RURALES E MELLORAR A COBERTURA DA TELEFONÍA MÓBIL

O candidato, Manuel prado Puga, propón tamén a instalación dunha depuradora no polígono industrial

O secretario xeral provincial, Salvador Fernández Moreda, acompañou aos melidenses no mitin de hoxe

Melide, 16 de maio de 2011. O candidato á Alcaldía de Touro polo PSdeG-PSOE, Manuel Prado Puga, comprometeuse a levar Internet a todas as parroquias, especialmente ás zonas rurais. Prado Puga, no mitin celebrado hoxe, anunciou ademais que fará as xestións necesarias para que mellore a cobertura da telefonía móbil en todo o municipio.

O candidato melidense fixo un repaso da participación dos socialistas no equipo de goberno e citou as obras de saneamento e abastecemento, o punto limpo e a mellora da rede semafórica e de alumeado público como actuacións máis destacadas. Parado Puga propuxo para os vindeiros catro anos a aprobación “inmediata” do PXOM, a instalación dunha depuradora no polígono industrial e un aparcadoiro subterráneo no Cantón de San Roque, “sempre que os veciños estean de acordo”, puntualizou.

O acto de hoxe contou coa presencia do secretario xeral provincial, Salvador Fernández Moreda, que expresou o seu apoio e compromiso cos socialistas arzuáns. O presidente da Deputación felicitou tamén a Prado Puga e ao seu equipo polo traballo realizado nos últimos catro anos e polo proxecto que teñen preparado para a vindeira lexislatura.

AMES – ABRESE O PRAZO DO XUÑO LUDICO

Ábrese o prazo de inscrición para o Xuño lúdico e a Escola de verán

Aproxímase o verán e o Concello de Ames pon en marcha un ano máis os programas do Xuño lúdico e a Escola de verán. Estes servizos permiten a conciliación da vida familiar e laboral e están destinados a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria. O Xuño lúdico desenvolveranse durante os días 23, 27, 28, 29 e 30 de xuño, dende as 07:30 h. ata as 16:00 horas. Por outra banda, a Escola de verán desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, no mesmo horario de 7:30 h. a 16:00 horas. O prazo para apuntarse nestes dous programas estará aberto dende o día 15 ata o 30 de maio.

O verán é unha época para pasalo ben, sobre todo para os cativos, que teñen tres meses enteiros libres. Moitos pais e nais non teñen a mesma sorte, e as súas obrigas laborais fan máis difícil conciliar o traballo co coidado dos seus fillos e fillas. Para axudar a estas familias, o Concello de Ames pon en marcha os programas do Xuño lúdico e a Escola de verán, que ofrecen actividades lúdicas e culturais a centos de nenos e nenas amienses mentres os seus pais e nais traballan.

Como en anos anteriores, o Concello de Ames pon en marca o programa de Xuño lúdico, dirixido aos nenos de entre 3 e 12 anos. Con este programa preténdese ofertar unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo no tempo de vacacións escolares, permita ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar.
Estas actividades desenvolveranse durante os días 23, 27, 28, 29 e 30 de xuño, dende as 07:30 h. ata as 16:00 horas. O prazo para apuntarse no Xuño lúdico estará aberto dende o día 15 ata o 30 de maio. Todas as persoas interesadas terán que pasar polo departamento de Educación, situado na Casa do Concello, ou pola oficina municipal do Milladoiro, en horario de 09:00 h. a 14:00 horas. As follas de inscrición tamén se poden descargar no apartado de AVISOS da web municipal. A entrega da documentación farase no rexistro xeral do Concello, situado en Bertamiráns, e na oficina municipal do Milladoiro, no mesmo horario que no caso anterior.

O Xuño lúdico enmárcase dentro dos programas de conciliación da vida laboral e familiar que desenvolve a Concellaría de Educación ao longo de todo o ano. Estes programas comezaron a poñerse en marcha no ano 2003, polo que o Xuño lúdico desenvólvese por oitavo ano consecutivo. Así os programas de conciliación da vida familiar e laboral convertéronse nun sinal de identidade que define ao concello de Ames como un lugar onde se traballa en prol das políticas sociais que propician o benestar da cidadanía.

Escola de verán
A Escola de Verán é unha oferta educativa e de ocio. Pretende ser unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo para os nenos e nenas, permita ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar. Ademais permítelle aos rapaces e rapazas pasar as vacacións de verán dun xeito divertido e educativo.
O servizo está dirixido aos nenos e nenas que cursan segundo ciclo de infantil e educación primaria e que estean empadroados no Concello de Ames. Tamén poderán acceder ao servizo, as fillas e fillos de persoas, que estando empadroadas noutro Concello, teñan os seus postos de traballo neste municipio. Esta situación deberá acreditarse cun certificado da empresa ou institución correspondente. A pesar diso terán sempre preferencia os nenos e nenas empadroados no Concello.
O servizo desenvolvese nos meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, en horario de 7:30 h. a 16:00 horas. Trátase de facer unha oferta lúdica - educativa para que os rapaces e rapazas pasen un verán diferente cos seus compañeiros e no seu contorno á vez que aprenden conceptos fundamentais para a súa educación. As actividades que se desenvolven xiran ao redor de grandes áreas como a diversidade cultural ou a seguridade viaria, pero tamén se tratan outro tipo de temas máis próximos á vida cotiá dos nenos e nenas.
Todos estes temas abórdanse con material especifico para as idades dos rapaces participantes e van acompañados de exemplos gráficos, obradoiros e visitas didácticas que fan este programa de actividades moito máis atractivo.

As solicitudes de inscrición poderán recollerse no departamento de Educación e na oficina municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 h. ás 14:00 horas, ou pódense descargar no apartado de AVISOS da web municipal. Unha vez estea cuberta a ficha de inscrición poderase entregar no rexistro xeral do Concello e na oficina municipal do Milladoiro, tamén en horario de 9:00 h. ás 14:00 horas. O prazo para solicitar a inscrición estará aberto dende o 15 ata o 30 de maio.

BNG A ESTRADA – NOTA ELECTORAL

O BNG ten un proxecto viábel e executábel para A Estrada, o de López é pura megalomanía

A Estrada, 14 de maio de 2011: O BNG dirixiu hoxe a súa caravana electoral a terras de Berres; alí, perante os veciños e veciñas da parroquias Xosé Magariños e Raquel López Doce deron conta das actuacións feitas en Berres, como as pavimentacións feitas nos lugares da Rocaforte, A Mouteira, Vilasusán ou Vilanscosta.

Xosé Magariños reiterou unha vez máis “o compromiso do BNG co medio rural, que quedou patente nos centos de obras e actuacións feitas en todas e cada unha das parroquias da Estrada, nas que traballamos para todos os veciños e veciñas, sen distinción de ningún tipo, un feito que contrasta cos anteriores mandatos do PP, onde o priorizaban o amiguismo por riba do ben común”.

O candidato do BNG considerou positivo que “os demais partidos empezaran a falar do PXOM, algo que só fixera o BNG até estes días”, e engadiu que “por fin, o PSOE e o PP saíron do letargo, deixaron de lado as racións de empanada e sacaron o tema que realmente preocupa aos veciños e veciñas da Estrada, tanto do rural como da vila”.

Neste sentido, Xosé Magariños engadiu que “o PP ten unha capacidade para embarullar o asunto do PXOM, mais, fronte a isto, só hai que responderse un par de preguntas: o PXOM está aprobado provisionalmente? Si, con data 31 de xaneiro de 2006, López ten que acordarse, era concelleiro daquela; que di a nova lei do solo ao respecto dos plans aprobados provisionalmente? Que os concellos poden adaptarse ou non”.

O candidato do BNG remachou dicindo que “se estamos de acordo con estas respostas, daquela o único que podemos conncluír ao respecto é que o PP e a Xunta de Galiza utilizan o PXOM como arma política, xogan cos intereses de todos os veciños e veciñas da Estrada, e iso vai a terlle custe electoral”.

Xosé Magariños volveu a reiterar o seu compromiso coa aprobación do Plan Xeral, “porque iso permitirá abrir novas rúas, novas zonas verdes, máis aparcadoiros públicos, teremos terreos para o centro de día e outro tipo de servizos esenciais para A Estrada; e permitirá tamén construír no rural e darlle seguridade xurídica a moitos cidadáns que teñen os seus proxectos contra a espada e a parede por non ter PXOM”.

“Ese é o noso proxecto para A Estrada, un proxecto viábel, executábel, que contrasta coa megalomanía de José López. Onde o BNG quere construír un centro de día, López quere construír un centro de ocio; se o BNG quere construír zonas verdes e aparcadoiros públicos por toda a vila, López hipotecará o concello para ampliar a Alameda, construíndo debaixo aparcadoiros de pago”, rematou dicindo o candidato do BNG.

TEO - O CONCELLO ORGANIZA DIFERENTES ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN DURANTE O PERÍODO DAS VACACIÓNS ESCOLARES

O CONCELLO DE TEO ORGANIZA DIFERENTES ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN DURANTE O PERÍODO DAS VACACIÓNS ESCOLARES

· O prazo para anotarse no Diverteo xuño e o verán animado que se celebrará durante o mes de xullo xa está aberto

· Os campamentos infantil e xuvenil que terán lugar fóra do Concello desenvolveranse durante o mes de agosto e ofertan 150 prazas entre os dous

15 de maio de 2011. O departamento municipal de Educación e Benestar ultima nestes días a programación de actividades de conciliación a desenvolver durante as vacacións escolares. Dende o final do curso escolar en xuño ata o seu comezo en setembro o Concello de Teo oferta programas como o Diverteo, o Verán animado ou os tradicionais campamentos de verán para nenos/as ou mozos/as.

Neste momento xa está aberto o prazo para anotarse no Diverteo Xuño que terá lugar nos últimos días de xuño, onde xa non hai clases. O Diverteo está dirixido a nenos/as de 3 a12 anos e faise nos tres colexios do Concello, nos Tilos, na Ramallosa e en Calo en horario de 08:00 a 14:00 horas.

O Verán animado é un programa similar ó Diverteo pero realízase centralizado na Ramallosa. O prazo para participar nesta actividade que se fará en xullo tamén está xa aberto ata o 17 de xuño. O Verán animado divídese nas dúas quincenas de xullo podendo participar só en unha segundo as necesidades de cada familia. O horario tamén é de mañá.

Durante o mes de xullo tamén se realizará un campamento deportivo organizado pola Deputación da Coruña no Colexio Calvo Sotelo da Coruña. Os rapaces de entre 9 e 13 anos de Teo teñen 12 prazas ó seu dispor. Para poder participar deben entregar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello antes do 4 de xuño.

A información específica sobre cada programa, coas cotas de participación e prazos e lugares de inscrición poden consultarse na web municipal www.concellodeteo.com ou no propio Concello, no departamento de Deportes (981 815 700).

Campamentos en agosto

Os campamentos infantil e xuvenil realizaranse en agosto e a inscrición abrirase entre o 25 de xuño e mediados de xullo. O campamento infantil está dirixido a cativos/as de entre 7 e 13 anos e desenvolverase no albergue de Santa Cruz de Oleiros entre o 4 e o 12 de agosto. Normalmente é das actividades do verán que conta con máis demanda e ten 100 prazas dispoñibles. O xuvenil está dirixido a rapaces/zas de entre 13 e 18 anos e terá lugar entre o 13 e o 24 de agosto con 50 prazas dispoñibles.

PSOE AMES – CARLOS FERNÁNDEZ INICIA ACCIÓNS XUDICIAIS CONTRA O CANDIDATO DO PP SANTIAGO AMOR

CARLOS FERNANDEZ INICIA ACCIÓNS XUDICIAIS CONTRA OS POPULARES AMOR, ARGIBAY E MOAR POLAS SÚAS INSINUACIÓNS SOBRE O SEU PATRIMONIO E OS SEUS INGRESOS

O alcalde de Ames e candidato socialista á reelección considera que estas “covardes insinuacións vertidas polos populares nunha nota da que se fixo eco a prensa traspasa todos os límites.

A demanda de conciliación foi admitida a trámite polo xulgado de primeira instancia nº2 de Santiago e celebrarase o vindeiro 15 de xuño

Fernández, contrario á xudicialización da política, considera que neste caso foi necesario interpoñer unha acción xudicial para defender a súa honra das groseiras imputacións feitas por quen só teñen como guía de conduta a súa ambición desmedida

Ames, 14 de maio de 2011. Ante as noticias aparecidas en diversos medios de comunicación os pasados días 5 e 6 de maio facéndose eco dunha nota de prensa do Partido Popular na que se insinúa o exercicio de actividades ilícitas por parte do Alcalde de Ames, Carlos A. Fernandez Castro, consistente no cobro de comisións, o candidato socialista ven de precisar que as citadas “insinuacións” constitúen en realidade unha insidia cometida ademais coa covardía de quen se acubilla detrás dunha pregunta retórica para imputar actos de cuxa falsidade son plenamente conscientes.

O Alcalde e candidato polos socialistas de Ames á reelección lembra que fixo pública a súa declaración de bens e patrimonio, obtido ao longo de moitos anos de traballo fóra e dentro da Administración pública, e “desde fai oito anos no exercicio dun cargo público en Ames cuxos veciños me honraron por dúas veces consecutivas dándome a súa confianza para ser o seu Alcalde”.

Inimigo de xudicializar a vida política, Fernández é consciente de que o exercicio dun cargo público “ten as súas servidumes, e entre elas a de aceptar a redución ao mínimo da esfera de intimidade á que todos os cidadáns teñen dereito”. Acepta “orgulloso” esta faceta do exercicio da política porque sucede a causa do servizo que presta aos veciños de Ames para que a súa vida, e a das súas familias, sexa un pouco mellor cada día.

Pero hai límites que non está disposto a permitir que se excedan, nin sequera en período electoral. As covardes insinuacións vertidas na nota do Partido Popular da que se fixo eco a prensa recentemente traspasou sobradamente eses límites, a xuízo de Carlos Fernández dou instrucións aos seus avogados para que “exerciten as accións que sexan necesarias para que os seus autores respondan as consecuencias dos seus actos”.

DEMANDA DE CONCILIACIÓN

Está presentada unha demanda de conciliación desde o pasado día 6 de maio contra Santiago Vicente Amor Barreiro, Ramón García Argibay e Bernardo Moar Míguez, concelleiros todos eles do Concello de Ames polo Partido Popular e candidatos á súa reelección polo mesmo partido político.

Dita demanda foi admitida a trámite por dilixencia do pasado 10 de maio na que se cita aos demandados o próximo 15 de xuño ante o xulgado de primeira instancia Nº 2 de Santiago de Compostela a fin de que ratifiquen ou rectifiquen a “soez imputación feita” contra Carlos Fernández, coa advertencia de que se non procedesen á rectificación requirida exerceranse contra eles as accións civís e penais que correspondan.

O alcalde de Ames e candidato á reelección explica que así exercita o dereito que lle asiste de defender a súa honra, e o da súa familia, ante as máis groseiras imputacións feitas por quen só teñen como guía de conduta a súa ambición desmedida.

Tamén pon énfase na consideración de que coa acción xudicial emprendida presta un servizo ao sistema democrático de convivencia e á propia dignificación da política na que nunca deberían de excederse os límites da decencia e o respecto á madurez dos cidadáns.

PP MELIDE – REUNIÓN COA COPERATIVA MELISANTO

Ánxeles Vázquez e Diego Calvo manteñen unha reunión co Consello Rector da Cooperativa Agraria Melisanto

· Trataron a situación actual do sector e os aspectos referidos ó contrato homologado para os produtores de leite

· A candidata popular amosou, ademáis, a súa preocupación pola situación actual dos accesos peonís ao campo de fútbol, nunha visita a ditas instalacións

· Acompañada de Diego Calvo reuniuse con veciños das vivendas sociaies e con asociacións multisectoriais de Melide

Melide, 14 de maio de 2011. A candidata popular á Alcaldía de Melide, Ánxeles Vázquez, acompañado dos membros do Consello Rector da Cooperativa Agraria Melisanto, mantivo unha xornada de traballo con Diego Calvo co fin de trasladarlle os actuais problemas e preocupacións existentes no medio rural melidense, especialmente, o referente ao estado actual do contrato homologado para os produtores de leite. Ánxeles Vázquez considera necesaria unha implicación directa da entidade asociativa para desenvolver, a curto prazo, proxectos piloto que poidan ser fonte de rendas complementarias.

O campo de fútbol foi a seguinte visita. Tras un intercambio de opinións cos pais e nais dos rapaces que facían uso das instalacións, Ánxeles Vázquez trasladoulle a Diego Calvo a grande perigosidade que existe actualmente para aqueles rapaces e rapazas que desexan acceder ás instalacións deportivas pois nestes intres non existen beirarrúas. Polo que subliñou a importancia de realiza-la construcción das beirarrúas o antes posible co fin de garanti-la total seguridade dos nenos e nenas.

A última parada do día foi cos veciños das vivendas sociais. Unha reunión que serviu para que a candidata popular recollera as súas inquedanzas respecto aos problemas actuais que presentantan. Ánxeles Vázquez amosou o seu compromiso na resolución destes. Posteriormente, nun encontro con asociacións multisectoriais de Melide desgranáronse os problemas máis acuciantes para os sectores representados.

AMES – INCAUTACIÓN DE AVAIS A CONSTRUCTORA

O Concello incauta parte dos avais a unha empresa promotora por incumprimento do deber de urbanizar no sector S-09, Raíces

O Concello de Ames está levando a cabo un plan de vixilancia e control sobre todas as empresas promotoras para que cumpran o deber de urbanizar e completen as súas obras. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou iniciar un expediente de incautación parcial do aval presentado por unha empresa promotora para responder da execución das obras de urbanización do sector S-09-Raíces, sendo o importe a executar de 160.000 euros. O sector S-09, Raíces, emprázase ao sur do concello no límite do termo municipal que linda co municipio de Teo, na parroquia de Biduído. Os técnicos municipais visitaron as obras executadas neste sector S-09 e apreciaron que a urbanización atópase sen rematar. A empresa promotora non cumpriu o deber de urbanizar. A construción dos edificios levaba parella a obriga de executar as obras de urbanización. Obras que en parte non se fixeron ou se fixeron mal.

O Concello de Ames acaba de dar un paso máis na súa intención de que a urbanización do sector S-09-Raíces, na parroquia de Biduído, poda ser rematada. A Xunta de Goberno Local acordou a incautación parcial dos avais presentados por unha empresa promotora para responder da execución das obras de urbanización do devandito sector. O importe dos avais incautados ascende a 160.000 euros. O acordo responde ao incumprimento, por parte da empresa, do deber de urbanizar ese ámbito. A construción dos edificios levaba parella a obriga de executar as obras de urbanización. Obras que en parte non se fixeron ou se fixeron mal.

Os técnicos municipais visitaron as obras de urbanización do sector S-09 e apreciaron que a urbanización atópase sen rematar. Falta a execución dun ramal viario, executar a beirarrúa e o remate da calzada no fronte da urbanización ao núcleo rural de Raíces, cunha lonxitude duns 170 metros lineais. Así mesmo, está pendente de rematar a beirarrúa da rúa que se atopa máis ao leste da urbanización, o acondicionamento da zona verde pública e non consta a conexión das pluviais ao rego, segundo o recollido no proxecto. Ademais existen elementos de obras, tales como os postes de media, material de obra, que deben ser retirados.

Asemade, cómpre comprobar o cumprimento na obra executada do proxecto de urbanización aprobado e requirir a documentación correspondente ao control de calidade, que garanta a estanquidade das redes, probas de presión do abastecemento, execución segundo proxecto técnico da rede de enerxía eléctrica e o alumeado público (boletíns de alta destes servizos), etc. E considerando que non se presentou a documentación de fin de obra, hai que facer as probas que requira a comprobación dos aspectos das obras que poidan supor vicios ocultos. Ademais a empresa concesionaria do servizo de saneamento e abastecemento, Espina e Delfín SL, realizou unha revisión das redes de saneamento, pluviais e abastecemento, comprobando que existen varias deficiencias que deben ser reparadas.

Segundo os informes emitidos polos directores da obra de urbanización calcúlase que un 81,50% da obra está executada, o que suporía que resta un importe de execución material de 63.825 euros, que non contempla o enlace a pluviais previsto no plan. En cambio segundo os informes dos técnicos municipais serían precisos 160.000 euros para rematar as obras que quedan pendentes de executar.

Visto o aval outorgado pola empresa promotora en outubro de 2004, por importe de 186.668,35 euros, para responder das obrigas derivadas da implantación dos servizos e da execución das obras de urbanización no sector S-09-Raíces, o Concello de Ames adoptou o acordo de incautar de xeito parcial o devandito aval, por valor de 160.000 euros, para rematar as obras de urbanización que quedan por executar.

Antecedentes

O día 26 de outubro de 2009 a comunidade de propietarios do residencial situado en Raíces, na parroquia de Biduído, presentou un escrito polo que, ante a situación de abandono da urbanización e dalgunha das fincas, solicitaron información sobre as deficiencias que impedían a recepción da mesma e sobre os motivos polos que non se concedera a licenza de primeira ocupación, instando a adopción das medidas oportunas por parte do Concello.

O Plan de etapas do Plan Parcial fixa un prazo de dous anos, dende a súa aprobación, para a finalización da urbanización, o cal rematou no ano 2006 sen que se fixera efectivo na súa totalidade. Pese a non rematarse a obra de urbanización, o día 26 de xaneiro de 2010 solicitáronse licenzas de primeira ocupación tan só de sete vivendas, achegando os correspondentes certificados finais de obra. Dende o departamento de Urbanismo informouse que non era posible a concesión das licenzas de primeira ocupación en tanto as obras de urbanización non fosen recibidas.

En maio de 2010 os servizos técnicos municipais xa informan das deficiencias e carencias da obra de urbanización que impiden a súa recepción e conseguinte outorgamento de licenzas de primeira ocupación. Posteriormente, en novembro de 2010, acordouse poñer fin ao procedemento de modificación de sistema de actuación, por transcurso dos prazos fixados no plan de etapas do plan parcial do S-09, sen que se rematen as obras de urbanización, cambiando do indirecto de concerto inicialmente previsto ao directo de cooperación, execución directa que, de ser o caso, a Administración poderá acometer con cargo aos avais presentados e/ou patrimonio dos obrigados.

A entidade promotora disporá dun prazo para presentar cantas alegacións, documentos e xustificacións consideren necesarias. De non presentar alegacións, darase traslado do presente acordo ao departamento de Tesouraría municipal coa finalidade de dirixirse á entidade avalista para esixir, a primeiro requirimento, o ingreso do aval por importe de 160.000 euros.

AMES – PRESENTACIÓN PROXECTO OS FONDOS FEDER


O alcalde presenta en Madrid un proxecto ao fondo europeo FEDER

O alcalde de Ames, Carlos Fernández, viaxou recentemente a Madrid para reunirse co secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, co obxectivo de presentarlle un proxecto que concorrerá no fondo europeo FEDER. Trátase do plan AMES 21 (Accións de recuperación e Mellora da sustentabilidade do ESpazo urbano), un proxecto destinado á humanización e dinamización do espazo urbano do principal núcleo do municipio, O Milladoiro. En caso de obter a axuda, o Concello correría co 30% dos gastos -1.443.570 euros-, mentres que o fondo europeo aportaría o 70% restante -3.368.330 euros-. A contía total da inversión ascende a 4.811.900 euros. A través deste proxecto preténdese garantir a mellora do contorno natural e a calidade medio ambiental, mellorar a accesibilidade e mobilidade dos cidadáns mediante a adaptación dos edificios públicos e espazos urbanos ás necesidades das persoas con dificultades de mobilidade e fomentar a sociedade da información e as novas tecnoloxías, tanto no eido do tecido produtivo como no eido da poboación en xeral.

O Concello de Ames vén de presentar un proxecto ao fondo europeo FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional). Trátase do plan AMES 21 (Accións de recuperación e Mellora da sustentabilidade do ESpazo urbano), un proxecto destinado á humanización e dinamización do espazo urbano do principal núcleo do concello, O Milladoiro. Recentemente o alcalde de Ames, Carlos Fernández, viaxou a Madrid para reunirse co secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías. O obxectivo desta xuntanza foi presentarlle o proxecto que concorrerá ao fondo FEDER. Anteriormente, este plan xa fora aprobado o pasado 23 de marzo en Xunta de Goberno Local.

Con este plan, o goberno municipal pretende pór en marcha medidas de mellora do contorno natural e da calidade medio ambiental, mellorar a accesibilidade e mobilidade dos cidadáns nos edificios e espazos públicos (seguindo o marcado polo Plan Integral Municipal de Accesibilidade aprobado en 2008) e fomentar a inclusión do tecido produtivo e do conxunto dos cidadáns na sociedade da información e das novas tecnoloxías.

Coa intención de poñer en marcha este proxecto, o Concello de Ames solicitou unha axuda ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, un instrumento financeiro a cargo da Comisión Europea co que a Unión Europea pretende axudar ao desenvolvemento económico das rexións deprimidas da UE, para axudar así á converxencia económica das diversas rexións europeas. Así, o Concello de Ames elaborou un proxecto denominado, AMES 21, co que se presenta ante a Comisión Europea para a obtención dunha axuda a cargo do FEDER, que aportaría o 70% do presuposto necesario para a súa posta en marcha -3.368.330 euros-, mentres que o 30% restante correría a cargo do Concello -1.443.570 euros-, sendo a contía total da inversión 4.811.900 euros.

O plan AMES 21 artéllase en base a tres programas -ademais do programa de xestión- que son o programa de mellora do contorno natural e calidade medio ambiental, o programa de mellora da accesibilidade e mobilidade e o programa de fomento da sociedade da información e das novas tecnoloxías, programas nos que se integran un total de 13 accións destinadas a lograr un desenvolvemento local sostible que logre a cohesión económica, social e territorial do concello.

Programa de mellora do contorno natural

Con este programa o Concello pretende mellorar o contorno natural e a calidade medio ambiental do Milladoiro a través da posta en marcha de políticas de recuperación e renovación paisaxística, urbanización ambiental, recuperación de espazos interiores de mazá para o seu uso público e a mellora da eficiencia enerxética.

Así, neste apartado, levaríase a cabo a recuperación ambiental do bosque A Carballeira para uso público como zona verde, redactaríase o plan especial e o proxecto do plan de urbanización do Parque Ambiental e Deportivo, así como a renovación paisaxística e a urbanización do mesmo, a recuperación de espazos interiores de “mazá” para o uso público e a mellora da eficiencia enerxética mediante a utilización de elementos de aforro na rede de iluminación urbana.

Programa de mellora de accesibilidade e mobilidade

Neste eido, o goberno municipal pretende mellorar a accesibilidade e mobilidade dos cidadáns do concello mediante accións de adaptación das estruturas de acceso dos edificios públicos, mellora da mobilidade transversal no núcleo urbano e adaptación do mobiliario, alumeado e comunicación en base ao Plan Integral Municipal de Accesibilidade.

Neste apartado encadraríanse os procesos de adaptación de edificios públicos ao Plan Integral Municipal de Accesibilidade (PIMA), a elaboración dun plan de mobilidade para a mellora na mobilidade transversal do Milladoiro e a adaptación do mobiliario urbano, do alumeado e de comunicación segundo o PIMA.

Programa de fomento da sociedade da información

Neste eido preténdese fomentar a presenza do tecido produtivo do concello e da cidadanía en xeral na sociedade da información e das novas tecnoloxías. Para lograr esta incorporación, o Concello de Ames ten previsto elaborar un plan de conectividade e acceso da cidadanía á sociedade da información e un plan de dinamización virtual do comercio local.

Este proxecto xestionaríase e controlaríase o seu desenvolvemento a través dun órgano de xestión do proxecto denominado Oficina de Xestión Urbana (OXU), que contaría cunha sección técnica encargada de garantir que as actividades e tarefas aprobadas se executen de acordo ao previsto no proxecto, cunha sección administrativa encargada de garantir a adecuada xestión económica financeira de AMES 21 e dun órgano de control que contará coa participación a primeiro nivel do Concello.

En todo o que se refire ao proxecto AMES 21 buscarase a participación activa da totalidade das asociacións do municipio que se concretará a través dun Grupo de Acción Urbana, que será o encargado de asesorar ao Concello na implantación das actuacións necesarias para levar a cabo o proxecto.

Deste xeito, o proxecto non sae da nada, senón que se insire nunha estratexia que o Concello iniciou fai anos para reverter o desequilibrio do Milladoiro, apostando así polo desenvolvemento sostible do concello e buscando o equilibrio económico entre os distintos núcleos de poboación de Ames.

BNG TEO – RECLAMACIÓNS A XUNTA

O BNG DE TEO CONTINUARÁ DEFENDENDO OS INTERESES DA CIDADANÍA DIANTE DOUTRAS INSTITUCIÓNS

  • INCIDIRASE NA POSTA EN MARCHA DAS LIÑAS DE TRANSPORTE METROPOLITANA INTERNAS OU NO INCREMENTO DA SEGURIDADE VIARIA NA N-550
  • A XUNTA DE GALICIA TERÁ QUE DESBLOQUEAR INFRAESTRUTURAS COMO O CENTRO DE DÍA, O INVESTIMENTO NA ETAP OU O CENTRO DE SAÚDE NA RAMALLOSA

O BNG de Teo continuará defendendo os intereses da cidadanía diante doutras institucións como a autonómica ou a estatal. En materias básicas para o Concello como o transporte, a seguridade viaria nas estradas nacionais, ou a sanidade, onde as competencias son supramunicipais a candidatura nacionalista continuará co traballo de interlocuión iniciado na lexislatura que remata.

Así a posta en marcha das liñas de transporte metropolitanos internas que mellorarán a vertebración no municipio será un dos temas prioritarios nos que se continuará traballando coa Xunta de Galicia. Continuarase vixiante noutros temas relacionados co transporte como a coordinación de horarios e o establecemento de paradas debidamente acondicionadas e sinalizadas, con información de frecuencias e rutas.

A seguridade viaria na N-550 é sen dúbida unha prioridade para a veciñanza da zona e o goberno nacionalista tivo unha interlocución efectiva coa Demarcación de Carreteras, dependente do Ministerio de Fomento. Sen embargo no programa do BNG inclúese o mantemento deste diálogo, iniciado nos últimos anos, para reclamar máis actuacións na zona das Galanas, Balcaide, Ameneiro e Casalonga co obxecto de diminuír a súa perigosidade. No referente á mellora da seguridade viaria destaca o traballo realizado na AC-841 nos últimos anos e a interlocución que existiu coa Xunta dándolle traslado ás demandas veciñais de mantemento de prazas de aparcamento por exemplo.

Respecto a temas que son competencia supramunicipal destaca a reclamación da construcción dun Centro de Día para Teo. O BNG entende que é de xustiza que a Xunta asuma as súas competencias nos Servizos Sociais especializados e desbloquee un equipamento imprescindible para un Concello con case 3.000 persoas de máis de 65 anos, máis aínda cando o Concello xa ten un terreo cedido á Xunta para ese fin.

O investimento en materia de saneamento e abastecemento será outro dos temas nos que a candidatura nacionalista incidirá, destacando o investimento pendende para a ETAP de Pontevea, que neste momento depende de Augas de Galicia.

O candidato á alcaldía do BNG, Martiño Noriega, destaca do programa outro equipamento vital para o Concello que a Xunta de Galicia, debe realizar nos próximos anos cumprindo coas súas obrigas competenciais, que é a construcción dun novo centro sanitario na Ramallosa, que remate co déficit existente nesta materia. O líder nacionalista destaca ademais que se debe garantir a pervivencia dos centros de saúde existentes nos Tilos e Calo unha vez construído o novo centro.

Oza, Cacheiras, Luou e Bamonde

Nestes días a candidatura do BNG de Teo realizará mitins en Oza, Cacheiras, Luou e Bamonde. Esta tarde en Oza Martiño Noriega estará acompañada de Carmen Diéguez. Durante a reunión explicarán entre outros temas as melloras realizadas en vías principais da parroquia, o acondicionamento da Casa Común de Oza, novos equipamentos como un parque infantil ó carón deste local, ou as obras de saneamento en varios núcleos da parroquia. Entre as propostas para o futuro destaca completar a recuperación do entorno do río Tella iniciada nos últimos anos e deseñar un programa lúdico que aproveite o río como espacio de ocio e natureza.

O mitin do sábado será na Mediateca de Cacheiras ás 20:30 horas. Alí Carme Hermida e Mariño Noriega presentarán á veciñanza as cuestións realizadas e as propostas para o vindeiro mandato. En Cacheiras asfaltáronse as estradas entre Augas Mansas e Solláns, entre Cacheiras e o río Santa Lucía, entre Cacheiras e Recesende, entre a igrexa e o instituto ademais de asfaltar varios viais que estaban en terra. A posta e funcionamento da Mediateca do Grilo, a pista multideporte ó carón do instituto, a mellora do local da Torre, o céspede de herba artificial para o campo municipal da Cañoteira ou os investimentos en saneamento son algúns dos aspectos destacados da xestión realizada ata o de agora. A mellora dos parques infantís, novas áreas deportivas, a ampliación do aparcadoiro do centro de saúde, continuar mellorando en servizos básicos son algunhas das cuestións que destacarán na reunión.

En Luou o mitin será este domingo ás 12:30 horas mentres que na Casa Común de Bamonde a reunión será ás 20:00 horas. Coincidindo co traballo realizado noutras parroquias nesta destaca a mellora en rede viaria e saneamento e proponse o incremento de espazos para o lecer e a posta en valor do patrimonio natural do Concello.

Nos próximos días o BNG realizará os seguintes mitins:

· Venres 13. Casa Común de Oza. 20:30 H.

· Sábado 14. Mediateca de Cacheiras. 20:30 H.

· Domingo 15. Local Cultural de Luou. 12:30 H. // Casa Común de Bamonde. 20:00 H.

TEO – CONTRATACIÓN OBRAS DO POS

O CONCELLO DE TEO CONTRATA AS OBRAS DO POS CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 440.000 EUROS

  • Trátase de obras aprobadas en pleno por todos os partidos con representación na corporación

10 de maio de 2011. O Concello de Teo asinou esta semana as obras do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña. As obras incluídas neste plan supramunicipal supoñen un investimento de máis de 440.000 euros e céntranse na mellora da rede viaria.

Calo, Bamonde, Oza, Cacheiras, Recesende, Lucí, Reis son parroquias afectadas polos asfaltados que, en función dos prazos de execución ofertados polas empresas contratistas, se realizarán en menos dun mes.

A obra de asfaltado e acondicionamento da estrada entre Laña (Bamonde) e o límite con Vedra ten un prezo de execución de 145.793 euros. O acondicionamento da rúa Cascandelo (Balcaide) foi adxudicada por 43.058 euros. A mellora da estrada entre Paredes e Chaodorrío ten un orzamento de 89.928 euros, mentres que a carretera entre Requián, Recesende e Ínsua é a de maior presuposto, con 161.904 euros.

PSOE O PINO – PRESENTACION CANDIDATURA

Begoña Pampín preséntase ante os seus veciños como candidata do PSOE á alcaldía de O Pino

A Agrupación Socialista de O Pino presentou o sábado pasado a candidatura de Begoña Pampín á alcaldía deste Concello. O acto tivo lugar no Centro Cultural Luís Seoane de Arca, e nel se rexistrou unha grande asistencia, entre simpatizantes e militantes.

Begoña Pampín aproveitou este acto para presentarse ante os seus veciños. No seu discurso, claro e directo, explicou polo miúdo ante o auditorio as demandas e propostas que parten do grupo socialista nestas eleccións.

Na súa intervención, Begoña Pampín fixo fincapé no grave atraso que padece o Concello por culpa dun goberno que ignora as potencialidades do municipio. Ademais, criticou o seu inmobilismo, a súa falta de apostas polos servizos sociais, pola educación e polo medio ambiente. Deste xeito, a candidata apostou por un proxecto de futuro onde cobren protagonismo as necesidades das veciñas e os veciños de O Pino, e así llo fixo saber no acto do sábado.

Arroupando a Begoña Pampín e ao seu equipo estivo o deputado autonómico Xaquín Fernández Leiceaga, que xunto con JoséLuis Fernández Paderne, número dous do PSOE de O Pino, tiveron tamén a palabra ante os veciños presentes no Centro Cultural.

O acto pechouse coa presentación de todos os compoñentes da candidatura socialista e un breve encontro-coloquio cos asistentes ao mitin.

PSOE TRAZO – PRESENTACION CANDIDATURA

MÁIS DE DOUSCENTOS VECIÑOS E VECIÑAS ARROUPAN A BEATRIZ DOMÍNGUEZ NA PRESENTACIÓN DA SÚA CANDIDATURA Á ALCALDÍA DE TRAZO
Domínguez anuncia que a súa primeira medida como alcaldesa será reducir nun 50% o soldo do alcalde, “pois é un abuso que nun concello de 3.000 habitantes o señor Dafonte cobre case 4.000 euros ao mes”
7 de maio de 2011.- Máis de douscentos veciños e veciñas de Trazo encheron na noite/madrugada de onte venres o Bar Nieto (Chaián) durante a presentación da candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Trazo, que encabeza Beatriz Domínguez Siaba. Un acto que contou coa participación do secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García.
Beatriz Domínguez presentou un por un a todos os membros da súa candidatura, “unha lista composta por veciños e veciñas de Trazo, que aúna experiencia e xuventude, e que só ten como obxectivo gobernar polo ben dos veciños de Trazo, sen ningún tipo de interese persoal como teñen outros”. Así, anunciou que a súa primeira medida como alcaldesa será reducirse o soldo nun 50% xa que “é un abuso e unha burla que nun dos concellos máis pequenos de Galicia, con pouco máis de 3.000 habitantes, o señor Dafonte cobre case 4.000 euros ao mes. Non é razoable”. Domínguez asegurou que eses cartos “destinaranse á xente que máis o necesite do concello de Trazo”.
Campaña en positivo
A candidata socialista evitou entrar en descalificacións persoais con Xosé Dafonte, que mesmo difundíu esa mesma noite un panfleto electoral no que verquía falsas acusacións sobre a vida privada de Domínguez. Simplemente lembrou que “aquí quen está imputado por malversación e falsidade documental é o señor Dafonte, non a título particular, senón pola súa actividade como alcalde, e o máis seguro é que non poida acabar a lexislatura pois o que fixo é moito máis grave que o que pasou, por exemplo, en Arzúa”.
Domínguez Siaba asegurou que os socialistas “acabaremos coas malas prácticas do Concello de Trazo” e apostou por sacar adiante un Plan Xeral que o goberno do PP leva catro anos retrasando. “Non lles interesa que Trazo medre, que veña xente vivir aquí ou que cheguen empresas que creen emprego porque pensan que con menos xente é máis fácil gañar as eleccións”, explicou Beatriz Domínguez, quen lembrou que Trazo chegou a ter máis de 6.000 habitantes, e agora apenas supera os 3.000 veciños.
Os socialistas presentaron un programa con múltiples propostas para “facer que Trazo se aproveite da súa situación a menos de cinco minutos de Santiago”. Así, propuxeron xestionar que os veciños poidan acudir aos PAC de Ordes ou de Santiago de acordo coa parroquia na que viven, “para evitar que os teñan dando voltas como agora”. Ademais apostaron por uns servizos sociais de calidade e para todos os veciños, comprometéndose a manter os xa existentes. “Non imos quitarlles a excursión aos maiores nin as clases de pandeireta”, explicou Beatriz Domínguez, “iso é só a política do medo que leva aplicando o señor Dafonte, esa política que el define como falarlle por detrás da orella á xente, que así entende moito mellor”.
Así mesmo, Beatriz Domínguez anunciou que “imos impartir clases de apoio aos nenos e converteremos o Punto de Atención á Infancia nunha gardería, para que poidan estar os nenos atendidos mañá e tarde”. Tamén anunciou a habilitación dunha partida de axudas para os gandeiros e un desconto nas taxas municipais que se lles cobran polas obras de ampliación ou remodelación das súas explotacións. Finalmente, anunciou a habilitación dunha partida para rehabilitar casas abandoadas, a recuperación do patrimonio histórico do municipio e a potenciación de Trazo como destino turístico natural.
Desemprego
Pola súa banda, Pablo García apoiou as teses de Beatriz Domínguez e criticou que Trazo teña 222 parados, máis que a media galega e máis que a media da provincia da Coruña. “Estando a 5 minutos de Santiago, isto non é deixadez nin inutilidade do alcalde, é que canto peor esté Trazo, cantos meños veciños e menos empresas haxa, Dafonte pensa que ten garantido ser alcalde”. Así mesmo, preguntouse “como van dicir que teñen un proxecto para Trazo cando non fixeron nada nos últimos vinte anos”.

TEO - O OBSERVATORIO GALEGO DO TERRITORIO ESTUDA USAR O CONCELLO DE TEO COMO UN TALLER DE IDEAS EN MATERIA URBANÍSTICA

O OBSERVATORIO GALEGO DO TERRITORIO ESTUDA USAR O CONCELLO DE TEO COMO UN TALLER DE IDEAS EN MATERIA URBANÍSTICA

  • Esta semana tivo lugar a primeira xuntanza co alcalde de Teo, Martiño Noriega e persoal municipal
  • O Observatorio Galego do Territorio é un grupo de profesionais multidisciplinar vinculados ás problemáticas do territorio

05 de maio de 2011. Un grupo de traballo do Observatorio Galego do Territorio estuda a posibilidade de usar o Concello de Teo como taller de ideas en materia de urbanismo e a súa relación coa sociedade. O catedrático de Historia da USC, Gerardo Pereira, e o arquitecto Juan Pinto, mantiveron xa esta semana unha xuntanza co alcalde de Teo, Martiño Noriega, e con persoal municipal para traballar nunha folla de ruta.

O Observatorio Galego do Territorio está formado por un grupo de profesionais multidisciplinar, vinculado ó Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago, no que se integran persoas vinculadas ás distintas problemáticas relacionadas co territorio, dende investigadores, arquitectos, xuristas. Un dos membros máis destacados deste grupo dende o seu inicio é o arquitecto Manuel Gallego Jorreto.

Teo foi elixido polos integrantes do grupo, entre os que tamén está o arquitecto municipal teense, por ser un Concello no que se dan unha serie de características como ter un planeamento urbanístico aprobado, ser un concello periférico dunha cidade, pola súa propia estructura de concello mixto con zona rural e urbana e mesmo por vir dun pasado urbanístico moi concreto.

Con estas circunstancias o Observatorio traballará co persoal municipal para extraer conclusións en materia urbanística e medioambiental que ben puideran ser exportables a outros lugares. Entre outros temas quérese abordar o perfeccionamento do catálogo de elementos patrimoniais, usando como base o PXOM teense. Ademais preténdese estudar problemas urbanísticos e medioambientais, fomentar a participación cidadá na xestión do urbanismo, darlle un pulo á estructura parroquial dos concellos ou abordar cuestións de mobilidade.

PSOE A BAÑA – EL PSOE ESIXE O PP EXPLICACIÓNS SOBRE A ADULTERACION DO VOTO NO 2007

O PSdeG-PSOE ESIXE AO PARTIDO POPULAR EXPLICACIÓNS SOBRE A ADULTERACIÓN DO CENSO ELECTORAL NA BAÑA NOS COMICIOS DE 2007

O candidato socialista, Enrique Vázquez, asegura que o acoso e a persecución política son “o pan de cada día” na Baña

A Baña, 4 de maio de 2011. O PSdeG-PSOE esixe ás direccións provincial e autonómica do PP que aclaren as actividades do alcalde e candidato na Baña, José Andrés García, que deron lugar á acusación da Fiscalía por falsear o censo electoral en 2007. O cabeza de lista do PSdeG-PSOE, Enrique Vázquez, manifestou a súa satisfacción coa iniciativa do Ministerio fiscal e mostrou a súa confianza na Xustiza e no Estado de Dereito, pero lamentou que esta acción chegase “moi tarde”.

O candidato socialista lembrou que desde a Agrupación local levan anos denunciando estes feitos: “O alcalde dicía que eran imaxinacións nosas, pero agora a investigación da Fiscalía dános a razón”, apuntou. Vázquez sinalou ademais que, si non se produciran estas irregularidades en 2007, o reparto de concelleiros sería distinto e levaría ao Partido Popular a perder a maioría absoluta da que gozou nestes últimos 4 anos. O cabeza de lista advertiu asemade que a manipulación do censo é só “a punta do iceberg nun municipio onde o acoso e a persecución política son o pan noso de cada día”. “Non hai dereito”, concluíu Enrique Vázquez, “a que persoas como José Andrés García ocupen un cargo público”.

Indignados pero non sorprendidos

O secretario de Organización provincial do PSdeG-PSOE, Emilio Vázquez, declarouse “indignado aínda que non sorprendido” pola nova acusación sobre o PP aparecida hoxe na prensa: “Era o que faltaba”, manifestou Vázquez, “ademais da Operación Orquesta e do transfuguismo, agora o Partido Popular aparece relacionado cun feito tan grave como é a manipulación dun censo electoral”. O responsable provincial, que recordou que o PSdeG-PSOE leva meses denunciando as dubidosas actuacións do PP, reiterouse na súa demanda a Carlos Negreira e a Núñez Feijóo para que retiren das súas listas aos candidatos relacionados con feitos irregulares e delitivos, aos que agora se suma o alcalde da Baña.