Axenda e tempo do sábado 29 de novembro - Cines, contos., obradoiros, exposicións

Frades - brinca de aqui e de acolá

Santiago - Área Central - programa de Nadal

Brión - Trangalleiro Teatro - Entre homes e mulleres

Santiago - Vilamincha - Taller de mimbre

Santiago - Ánxel Casal - os sábados choiva de contos

Santiago - Cineuropa


Exposicións

Santiago - Araguaney - Pintojos II (ata o 7 de decembro)

Oroso - Fotografías de Loli Fernández (Lindeiros) (ata o 30 de novembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Fonseca - “Diversa. Arqueoloxía dende o Incipit alén Europa” (ata o 29 de novembro)

Santiago - Zona C - Ukelele Project (ata o 5 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Brión - Trangalleiro Teatro pon en escea "Entre mulleres e homes"

Trangalleiro Teatro representa hoxe sábado en Brión “Entre mulleres e homes”, unha selección de escenas contra a violencia de xénero

O centro social polivalente de Brión acollerá hoxe sábado 29 de novembro, ás 19:00 horas, a representación de “Entre mulleres e homes”, a cargo da companía de teatro afeccionado brionesa Trangalleiro Teatro. Trátase dunha selección de escenas sobre o maltrato, a desigualdade, o machismo... coas que Trangalleiro Teatro tratará de facer reflexionar ao público sobre a violencia de xénero. A entrada é libre e totalmente de balde.

Con esta actuación, o Concello de Brión pechará os actos conmemorativos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que tamén incluíron unha primeira sesión teatral a cargo de Ghazafelhos dirixida a douscentos nenos e nenas do municipio.

BNG Santiago - Voto en contra dos orzamentos 2015

A grave carencia é o Plan de Emprego impulsado polo BNG, un acordo plenario aprobado por unanimidade que non recollen estas contas

O portavoz do grupo municipal nacionalista, Rubén Cela, anunciou en rolda de prensa que o BNG votará en contra da proposta de Orzamentos municipais para 2015 e desenmascarará os “artificios contábeis” do PP, porque “nin son expansivos, nin contemplan os grandes investimentos que se din, nin son o resultado dunha excelente xestión”.

“Imos sacar toda a propaganda e as medias verdades e pór enriba da mesa que a existencia de superávit ou remanentes de tesourería non é equivalente a unha boa xestión, máis ben todo o contrario; e imos desenmascarar unha serie de artificios contábeis”, explicou, “ademais das grandes carencias destes orzamentos para as necesidades de investimentos, atención social e reactivación económica”.

Referiuse así aos investimentos plurianuais que contemplan escasas partidas en 2015, que cualificou de “fogos de artificio e fume para vender que o Concello ten intención de facer pero realmente iso non vai avalado polas contas”. Unha parte importante deses investimentos, máis de 2 millóns de euros, nin sequera teñen garantida a consignación orzamentaria, porque van depender da venda de parcelas municipais, indicou.

Existe unha grave carencia, como é un plan de emprego que o BNG “demandou, propuxo e conseguiu que se chegase a aprobar no Pleno por unanimidade”. “Mais só se recollen partidas dispersas, dirixidas á formación e cun retorno difícil de cuantificar, cando hai partidas noutros apartados non prioritarios moito máis elevadas”, destacou o portavoz municipal nacionalista.

Sobre a renda social, Rubén Cela afirmou que é “unha das poucas cousas positivas destes orzamentos, que vén forzada polos grupos da oposición aínda que no BNG vemos insuficiente a cantidade e a falta de concreción nos criterios para conceder esa subvención”.

Recoñecemento ao escultor Francisco Asorey
Destacou entre os asuntos que trasladará o BNG ao Pleno de novembro unha moción conxunta para instalar unha placa no obradoiro do escultor Francisco Asorey, para conmemorar o 125 do seu nacemento e contribuír a difundir o seu legado á cidade.

Ordes - O concello investirá máis de 420.000 euros no POS 2015

No pleno de onte tamén se acordaron medidas de apoio para o sector leiteiro e para o mantemento do programa Preescolar na casa

O Concello de Ordes deu onte luz verde ás obras do POS 2015. Un investimento que supera os 420.000 euros acordado no pleno que tivo lugar onte grazas aos votos favorables do equipo de goberno (UXO) e CIDEGA, mentres que as restantes formacións se abstiveron. No caso do PSOE a decisión baseouse na non inclusión no plan da N-550 no seu paso por Fosado e no tramo da vía que une as parroquias de Lesta con Mercurín. Pola súa banda o BNG criticou a inclusión de proxectos “que non son urxentes”, acusando de “electoralistas” moitas das intervencións. O alcalde explicou que “se trata dun plan que presta especial atención a todas as parroquias e ao ámbito rural, xa que o POS anterior se aplicou na maior parte ao casco urbano”. 

Por unanimidade aprobouse o refinanciamento da operación de endebedamento para o pago de provedores, o que suporá un aforro de máis de 400.000 euros para o ente local. Unha medida que se traduce nunha redución na porcentaxe dos intereses que pasan de estar por riba dun 5% a non chegar ao 1%. 

No apartado de mocións o PSOE conseguiu o compromiso municipal para o mantemento do programa Preescolar na Casa, cun financiamento económico no que contribuirá o Concello para o seu desenvolvemento no eido rural. Aínda así instarase á Consellería de Educación a achegar a totalidade dos fondos necesarios para iso e acusou de “contraditoria a actitude da Xunta que fala de implantar mozos e mozas no rural e despois restrinxe e anula servizos en áreas tan importantes como a educación”. Silvia Marín, tenente de alcalde, asegurou que nos orzamentos vindeiros se dotará dunha partida para iso, alegando unha vez máis “a prioridade adquirida nas políticas sociais e educativas” por parte do Concello de Ordes. Na votación final todos apoiaron a medida, agás o PP, que se abstivo defendendo a prioridade de investimentos nos centros de educación Infantil e Primaria.

Outro punto presentado polos socialistas e cun resultado favorable foi a posta en marcha de medidas “realmente eficaces” para as explotacións gandeiras tras a desaparición do sistema do cotas lácteas a partir de 2015. Os socialistas tildan ao sector de “vital e estratéxico” para a economía da comarca. Avogan por unha duración mínima de 12 meses nos contratos cos gandeiros subministradores de leite, garantir un mínimo de entrega que non descenda do nivel rexistrado no ano anterior, a figura dun mediador independente para as negociacións entre as partes, aumentar a superficie agraria útil das explotacións en 400.000 hectáreas ou o apoio institucional no proceso de concentración de industrias lácteas entre outras. A pesar da negativa do BNG e as abstencións de CIDEGA e PP, a moción prosperou.

A última demanda do PSOE facía referencia á pobreza enerxética. Demandan habilitar unha liña de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria que garanta o servizo nos fogares con menos recursos. Unha medida englobada no ámbito das políticas de benestar social cun período de aplicación que vai dende o 1 de novembro ata o 31 de marzo. Os votos a favor do goberno e de CIDEGA avalaron a súa aprobación. 

No caso do Bloque Nacionalista Galego ningunha das súas propostas convenceron aos restantes membros da corporación. Solicitaban tanto a modificación da ordenanza municipal reguladora das terrazas, como o estudo da instalación de novos aseos nos baixos da Alameda. Neste último caso argumentouse a non necesidade diso xa que o uso actual deste espazo é provisional á espera de rematar as obras do antigo Concello. 

Ante a demanda de executar unha partida de 30.000 euros na piscina municipal Iván Raña, Silvia Marín foi a encargada de indicarlle todas as obras levadas a cabo con eses cartos (arranxo de fugas no habitáculo da maquinaria da piscina, instalación de portas, compra de material para socorristas e cursos, instalación de aire acondicionado na zona de cardio e na sala de máquinas e pesas ou labores de mantemento entre outras). A tenente de alcalde tamén adiantou que está prevista unha segunda fase de intervención na que aínda non se concretou a dotación económica e na que se pretende a ampliación dalgunhas zonas onde se desenvolven actividades con moita demanda.

Oroso - O pleno de aproba por unanimidade investir en obras os 242.000 euros do POS 2015

Urbanizarase o acceso á nova gardería, instalarase saneamento en O Barreiro e se mellorará a rede viaria municipal

O pleno municipal de Oroso aprobou por unanimidade a proposta da Alcaldía de relación de obras do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS 2015) e que suporán que un ano máis o Concello de Oroso destine integramente a obras os 242.387 euros deste plan. Incluso o Concello de Oroso fará unha achega de case 13.000 euros para a urbanización do vial de acceso á nova escola infantil de Sigüeiro, o que eleva o investimento total a 255.349 euros.

O proxecto de maior orzamento é o de urbanización do vial de acceso á nova gardería de Sigüeiro, dende a estrada provincial CP-3801, que ascende a 106.042,85 euros, dos que o Concello de Oroso achegará 12.961,41 euros. Deste xeito, a nova gardería terá unha ampla entrada propia desde a Avenida da Grabanxa e tamén unha zona de aparcadoiro espazosa. A nova gardería entrará en servizo no curso 2015-2016, terá tres unidades e contará con 41 prazas.

Así mesmo, o Concello de Oroso investirá 73.954,51 euros na mellora da rede viaria nos lugares de Burgao-Piñeiro, Castro-A Costa e A Costa (Trasmonte) e nos lugares de A Pena, Alto de Vilanova-Vilacide de Arriba e en Vilacide de Abaixo (Oroso). Tamén se inclúe a mellora da rede viaria no lugar de O Cruceiro (Oroso) por un importe de 43.351,85 euros. Finalmente, o POS 2015 contempla un investimento de 30.000 euros para a primeira fase da instalación de saneamento no lugar de O Barreiro (Sigüeiro). O pleno municipal tamén aprobou o Plan Complementario do ano 2015, no que se inclúe a mellora da rede viaria entre O Cruceiro-Os Mariñaos (Oroso) por un importe de 35.540,17 euros.

Colaboración
Os tres grupos municipais da oposición coincidiron en apoiar a necesidade de todas estas obras pero solicitaron ter unha maior participación á hora de facer a selección. O alcalde, Manuel Mirás, recolleu a proposta e afirmou que “se pode facer unha política máis participativa, pero ten que ser polas dúas partes”, polo que se comprometeu a que “antes de que remate o mandato faremos convites e veremos se o comportamento de todos os voceiros da oposición é construtivo ou non”.

A unanimidade tamén se mantivo en varios puntos da orde do día como a modificación da denominación de entidades colectivas, entidades singulares, núcleos e lugares de poboación incluídos no Padrón de Habitantes ao nomenclátor oficial; e a aprobación do regulamento e do prezo público pola prestación de servizos complementarios de educación nos centros escolares de educación infantil e primaria, é dicir, o servizo comedor escolar (no CEIP Oroso) e o “Bos Días Cole” (no CEIP Oroso e no CEIP Sigüeiro). 

O servizo de “Bos Días Cole” comprende a atención, coidado e custodia dos nenos e nenas nas instalacións dos centros antes do inicio da xornada escolar, así como a prestación do servizo de almorzo para aqueles que así o soliciten. Neste caso, as tarifas son:

- Todos os días da semana con dereito a almorzo: 40 euros/mes

- Todos os días da semana sen dereito a almorzo: 30 euros/mes

- Tres días á semana con dereito a almorzo: 30 euros/mes

- Tres días á semana sen dereito a almorzo: 24 euros/mes

- Días soltos con dereito a almorzo: 4 euros.

- Días soltos sen dereito a almorzo: 3 euros.

Pola súa banda, o servizo de comedor comprende a atención, coidado e custodia dos nenos e nenas nas instalacións do CEIP de Oroso e a prestación do servizo de xantar. Neste caso, a asistencia ordinaria todos os días da semana terá un custe de 55 euros/mes, mentres que a asistencia días soltos terá un custe de 5 euros/día. 

Modificación puntual do PXOM
Así mesmo, o pleno municipal aprobou inicialmente a modificación puntual número 9 do PXOM do Concello de Oroso cos votos a favor de PSOE, PP e BNG e o voto en contra do Partido Galeguista, quen xustificou o seu voto argumentando que non se estaba a cumprir a lei. Todos os grupos municipais coincidiron co alcalde Manuel Mirás en que “só se trata de corrixir erros que había na ordenanza e que non teñen nada que ver co que di o señor Siverio”. De feito, o voceiro popular, Xosé M. Balado, indicou que esta modificación “mellora sensiblemente o Plan Xeral que hai”.

Finalmente, o pleno aprobou o nomeamento do concelleiro de Ensino, Antonio Leira, como representante do Concello de Oroso no Consello Escolar do novo CEIP Oroso. A proposta foi aprobada coa abstención do Partido Popular.

Santiago - Xornada do sábado 29 en Cineuropa

Estrea de ‘Mr. Turner’, ‘Samba’ e ‘Beloved Sisters na xornada do sábado 29 en Cineuropa

· Neste penúltimo día do festival teremos a o portunidade de ver por última vez as películas ‘Winter Sleep’, ‘Difret’ e ‘Backcountry’
Mr Turner

Co festival a piques de chegar ao seu término, as estreas non paran en Cineuropa na xornada deste sábado. Ás 19:45 h. no Teatro Principal poderemos asistir ao primeiro pase de Mr. Turner, biopic nada convencional que Mike Leigh realiza sobre a vida dun dos pintores máis emblemáticos do Romanticismo británico, William Turner. Timothy Spall, actor fetiche de Leigh, gañou o premio ao mellor actor en Cannes e conta con moitas posibilidades de levar o Oscar.


Beloved Sisters

Samba, película que clausurou a pasada edición do Festival de San Sebastián, é o novo filme de Olivier Nakache e Eric Toledano, os directores da exitosa Intocable. Omar Sy e Charlotte Gainsbourg protagonizan esta historia honesta e chea de tenrura sobre dous estraños nun novo rumbo cara á felicidade. A cita é ás 20:30 h. no Salón Teatro.

No Teatro Principal ás 22:30 h., e de estrea absoluta en España, proxectarase Beloved Sisters, de Dominik Graf, un drama de época que recrea con inusitada liberdade o trío amoroso formado por dúas irmáns e máis o poeta alemán Schiller.

Samba
Nesta xornada haberá unha última oportunidade de asistir ás proxeccións da exquisita Winter Sleep, de Nuri Bilge Ceylan (Teatro Principal ás 16:30 h.); a inescusable Difret, de Zeresenay Mehari (Salón Teatro ás 22:30 h.), e a anguriosa Backcountry, de Adam MacDonald (Salón Teatro ás 00:15 h.).

No Salón Teatro completarase a programación do día con pases de O Pirata, o clásico musicado por Cole Porter (ás 16:00 h.), e Chaplin descoñecido (ás 17:45 h.), un documental de Kevin Brownlow e David Gill composto de esceas descartadas, filmacións caseiras, ensaios, probas de vestiario e entrevistas cos seus familiares que conforma un novo e minucioso retrato do xenio.

No CGAC continúan as citas cos Docs-Music e os mellores documentais históricos. Ás 16:00 h. proxectarase Rust never sleeps, de Bernard Shakey (pseudónimo do propio Neil Young); ás 18:00 h. seguiralle Le Noise, de Adam CK Vollick, Daniel Lanois e Mark Howard. E, por fin, ás 18:45, exhibirase o premiadísimo documental Hôtel Terminus, filme que narra o proceso contra Klaus Barbie, xefe da GESTAPO de Lyon, e a súa vida despois da guerra.

Por último, o Centro Cultural Afundación, dedicará toda a súa programación ao desaparecido cineasta italiano Mario Monicelli, un dos mestres da comedia "á italiana". As máis de cinco horas con Mario comezarán ás 16:30 h., co documental homenaxe Monicelli: La versiones di Mario, de Mario Canale, Felice Farina, Mario Gianni, Wilma Labate e Annarosa Morri; e continuará con dúas das máis aclamadas comedias do propio Monicelli, Amici Miei (ás 18:00 h.) e Amici miei Atto II (ás 20:00 h.).

Ames - O Pleno aproba o POS 2015 destinando 500.493 euros en seis proxectos de obras

O Concello de Ames investirá o 99,6% para a realización de seis obras nos lugares de Ventosa, Milladoiro, Bertamiráns, Outeiro, Costoia, Bugallido, Biduído e Tapia

O POS complementario recolle tres obras de saneamento correspondentes aos núcleos de Portanxil, a Susavila de Carballo, e a Lamas-Costoia (Biduído)

O importe restante deste plan que son 2.004,62 euros (o 0,4%) será destinado a gasto corrente

O Concello investiu preto de 400.000 euros en saneamento e abastecemento e ten comprometidos 680.000 euros máis nos próximos meses para inversión en esta materia

A corporación municipal de Ames no pleno ordinario correspondente ao mes de novembro aprobou por maioría absoluta as obras que se incluirán no Plan Provincial de Obras e Servizos (POS) 2015, que ascende a un importe de 502.498,49 euros. O Concello de Ames investirá 500.493 euros (o 99,6%) para a realización de seis obras nos lugares de Ventosa, Milladoiro, Bertamiráns, Outeiro, Costoia, Bugallido, Biduído e Tapia. O POS complementario recolle tres obras de saneamento correspondentes aos núcleos de Portanxil, a Susavila de Carballo, e a Lamas-Costoia (Biduído). O importe restante deste plan que son 2.004,62 euros (o 0,4%) será destinado a gasto corrente. Ademais, aprobáronse catro mocións e dúas foron rexeitadas. Por último, cabe destacar a despedida da concelleira socialista Carmen Fraga, que tras cinco anos como edil da corporación amiense renunciou a súa acta de concelleira.

Despois da reunión mantida o pasado 25 de novembro relativa ao POS 2015 con membros da corporación, tanto do goberno coma da oposición, o Goberno municipal presentou unha modificación da proposta inicial co fin de destinar case que o 100% da cantidade do POS a investimento en proxectos de obras. A proposta inicial dedicaba o 86’1% (432.580,32 euros) a investimento, mentres que o 13,9% restante, é dicir, 69.918,17 euros, destinábase a gasto corrente. Trala devandita reunión o Goberno amiense comprometeuse a dedicar practicamente toda a contía deste plan á realización de seis obras nos lugares de Ventosa, Milladoiro, Bertamiráns, Outeiro, Costoia, Bugallido, Biduído e Tapia, aumentando a proposta de proxectos iniciais.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, destacou que “as propostas que incorporou o goberno na proposta inicial e na variación presentada, xorden das propostas feitas o longo deste ano por concelleiros da corporación tanto do goberno como da oposición”. Ademais, recordoulle aos concelleiros da oposición “as súas peticións, dándolle prioridade a aquelas necesidades como camiños vías e infraestruturas tan estragados nos últimos tempos”. Respecto das obras de saneamento o alcalde incidiu en que “o goberno leva investido en obras de saneamento e abastecemento preto de 400.000 nestes tres anos de lexislatura e hai comprometidos 400.000 euros máis a día de hoxe, que hai que sumar aos 280.000 do canon da auga que terá que aboar a empresa adxudicataria do ciclo integral da auga”.

Por outra banda, o grupo municipal socialista tamén presentou unha proposta para que se incluísen varias obras de saneamento dentro do POS principal de 2015, e non no POS complementario como se recollía na proposta do grupo de goberno. O grupo socialista propuxo que se incluísen no POS principal as obras de saneamento no núcleo de Portanxil (Trasmonte) por un importe de 139.931,94 euros, e a obra de saneamento no núcleo de Susavila de Carballo (Trasmonte), por un importe de 92.889,93 euros. Ademais, propoñían que o POS complementario recollese as obras de saneamento en Lamas-Costoia (Biduído), por importe de 81.692,30 euros, a mellora do camiño de Foxos, no lugar de Ventosa (Covas), que ascende a un total de 62.191,74 euros; e a reposición da sinalización horizontal dos núcleos de Bertamiráns e Milladoiro, por un total de 132.241,51 euros.

Segundo explicou o voceiro do grupo municipal socialista, José Miñones, “con esta proposta non se retiraría ningunha das obras que xa viñan documentadas na memoria e na proposta inicial do POS 2015, e tal e como comentamos na celebración da comisión informativa, incluiríanse as obras de saneamento de Portanxil e Susavila de Carballo. Quedaría deste xeito unha cantidade residual de 31.529,5 euros (6,27%) que se podería destinar a gasto corrente, e dedicaríase, polo tanto, un total de 470.968,94 (93,72%) a investimento en obras”.

Trala quenda de intervención votáronse as propostas presentadas. A emenda do grupo de goberno saíu adiante, mentres que a emenda do grupo municipal socialista foi rexeitada. Finalmente votouse a proposta presentada polo Goberno municipal que saíu adiante con 11 votos a favor dos concelleiros/as do grupo de goberno e dos concelleiros/as non adscritos/as María Dolores Fernández, Alfonso Rey, María González, Manuel Ferreiro, Emilio Martínez e Ramón García Argibay. Esta proposta tivo 6 votos en contra dos concelleiros/as do grupo socialista e 4 abstencións dos concelleiros/as non adscritos Pilar Candocia, Olaia Alvite, Susana Mayo e Anxo Doval. 

Proxectos do POS 2015
Deste xeito, o Concello amesán dedicará este ano o 99,6% da partida que lle corresponde do Plan Provincial de Obras e Servizos (POS) 2015 á posta en marcha de seis proxectos que son a mellora do camiño de Foxos no lugar de Ventosa cun orzamento de 62.191,74 euros; reparar as instalacións do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre cun orzamento de 49.963,19 euros; adecuar a praza do Milladoiro situada entre as rúas Agro da Madalena e a avenida de Rosalía de Castro cun orzamento de 50.000 euros; proceder á reposición da sinalización horizontal nos núcleos de Bertamiráns e Milladoiro cun orzamento de 132.241,51 euros; e a mellora do camiño no lugar de Ventosa cun orzamento de 67.913,55 euros.

Por outra banda, no POS 2015 inclúese o proxecto que recolle o arranxo do camiño de Outeiro-Costoia-límite do concello e outras actuacións que son a mellorar do camiño de estrada Costoia ó Barreiro (Bugallido), o arranxo do camiño de estrada de Costoia a Framil e interiores (Biduído); e o arranxo do camiño da estrada que vai dende Costoia a Framil en Biduído (xunto á marquesiña), que conta cun orzamento de 138.183,88 euros. Estas obras suporán un investimento total de 500.493,87 euros. 

Ademais, o POS complementario recolle tres obras de saneamento correspondentes ao núcleo de Portanxil, que conta cun importe de 139.931,94 euros; a Susavila de Carballo, que tería un custo de 92.889,93 euros; e a actuación de saneamento en Lamas-Costoia (Biduído) que conta cun orzamento de 81.692,30 euros. O importe restante deste plan que son 2.004,62 euros (o 0,4%) será destinado a gasto corrente.

Ordenanza de emerxencia social
Por outra banda, na sesión plenaria de novembro debateuse a aprobación inicial da ordenanza reguladora das axudas de emerxencia social municipal para ampliar as devanditas axudas aos veciños do concello. Finalmente, este punto quedou encima da mesa a petición da oposición. 

O punto máis emotivo do pleno foi a despedida da concelleira socialista, Carmen Fraga, que renunciou a súa acta de concelleira por motivos persoais. Carmen Fraga destacou que “foi para min un orgullo representar aos veciños e veciñas de Ames durante estes cinco anos nos que fun concelleira nesta corporación municipal”. O alcalde de Ames, Santiago Amor, agradeceulle a Carmen Fraga “o traballo desenvolvido durante esta e a anterior lexislatura, e animouna a seguir traballando polos veciños, agora, dende fóra da corporación municipal”. 

Aprobación de mocións
O grupo municipal socialista presentou tres mocións. A primeira delas, que foi aprobada con 16 votos a favor e 5 votos en contra, versaba sobre a violencia de xénero. Nesta moción solicítaselle ao Goberno do Estado e de Galicia que repoñan as partidas recortadas ata o momento, porque segundo os socialistas esta é a única forma de poder desenvolver a Lei Orgánica contra a Violencia de Xénero de 2004e a Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Ademais, entre outras cuestións, solicitáselle ao Goberno central que promova un pacto político e social para abordar a violencia de xénero, coa participación de todos os axentes implicados neste auténtico problema de estado.

A segunda moción presentada polos socialistas contra a pobreza enerxética e para a protección dos consumidores vulnerables foi rexeitada con 5 votos en contra, 5 votos a favor e 10 abstencións. A terceira e última moción socialista foi aprobada con 11 votos a favor e 9 abstencións. A través desta moción ínstase á Xunta de Galicia a realizar un estudo da situación na que se atopa o rego dos Pasos, o rego do Ameneiral de Bertamiráns, e a canle do río Sar ao seu paso pola parroquia de Ortoño. Asemade, solicítase que se elabore un proxecto de limpeza cos prazos correspondentes nos que se actúe nas canles do río Sar e nos regos dos Pasos e do Ameneiral. 

Por outra banda, rexeitouse unha moción presentada polo grupo municipal popular para constituír unha Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero que actuase como un instrumento esencial e operativo de coordinación na loita contra a violencia machista. Nesta moción tamén se instaba á Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, para que apoiase a creación, activación e dinamización das Mesas Locais de Coordinación contra a Violencia de Xénero a través da elaboración dun Regulamento de organización e funcionamento para acadar unha mellor coordinación interinstitucional, entres as Administracións central, Autonómica e local. 

Os concelleiros/as non adscritos/as María Dolores Fernández, Alfonso Rey, María González, Manuel Ferreiro, Emilio Martínez e Ramón García Argibay presentaron unha moción para instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para que proceda a dar as instrucións necesarias para limpar e acondicionar a zona do río do Porto de Bertamiráns, e para que se poña en contacto co concello de Ames, para resolver de forma conxunta e inmediata a problemática de seguridade e salubridade que provoca o treito descuberto do río Ameneiral na zona da rúa que leva o mesmo nome, de tal xeito que se busque a mellor opción para ocultar a canle e así rematar cos problemas de seguridade e salubridade desta zona. A esta moción engadíuselle unha emenda presentada polos propios propoñentes que foi aprobada pola corporación. Finalmente, esta moción foi aprobada con 11 votos a favor e 9 abstencións. 

Os concelleiros/as non adscritos Pilar Candocia, Olaia Alvite, Susana Mayo e Anxo Doval presentaron unha moción por vía de urxencia para instalarlle á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a restitución do servizo do transporte escolar gratuíto do IES plurilingüe de Ames para as familias do barrio do Porto, que se atopa na entrada de Bertarmiráns desde Santiago. Esta moción foi aprobada por unanimidade de toda a corporación.

Antes de finalizar o Pleno tamén se aprobou a desestimación do recurso de reposición presentado por un veciño de Ames afectado polo expediente de expropiación forzosa, por trámite de urxencia, para a execución da obra “Proxecto complementario número 1, do Proxecto de Abastecemento en Ames-Brión, primeira fase”. Este veciño interpuxo un recurso de reposición contra o acordo adoptado polo pleno da corporación o pasado 25 de setembro de 2014, que foi desestimado segundo os argumentos recollidos no informe técnico que figura no expediente.

Psoe Ordes - Abstención na votación das obras do POS

O PSOE de Ordes abstívose no POS 2015 ao non incluírse o arranxo da pista do Piñeiro, do vial de Lesta a Mercurín e da N-550 a Fosado

Xesús Pedreira agradece que o POS recolla gran parte das propostas socialistas pero indica que as tres que quedaron fóra “consideramos que son moi importantes e que deberían facerse”

O PSOE de Ordes abstívose na votación do POS 2015 ao non incluír o arranxo de tres pistas que “consideramos que son moi importantes e moi necesarias para os veciños e veciñas de Ordes, polo que deberían facerse canto antes”, explica o voceiro municipal socialista, Xesús Pedreira. Trátase do arranxo da pista do Piñeiro (detrás do cemiterio de Ordes), do vial que une a N-550 e Fosado e do vial que une Lesta e Mercurín.

“Sabemos que os cartos son os que son, pero estas tres obras son moi necesarias e non podiamos dar o noso voto a favor se non se contemplaban”, xustifica Pedreira Mirás. Non obstante, o voceiro municipal socialista recoñece que a proposta do Concello de Ordes “recolle gran parte das nosas propostas e unha achega económica de máis de 120.000 euros”

Mocións
Os socialistas tamén destacan o apoio recibido por todas as súas mocións, aínda que lamentan especialmente o voto en contra do BNG e a abstención do PP na súa moción de apoio ao sector leiteiro. “Que o PP de Ordes xustifique a súa abstención poñendo en dúbida os datos que ofrece a Consellería de Medio Rural é francamente surrealista”, sinala Pedreira Mirás, quen lamentou non contar co apoio do BNG a “unha batería de propostas para garantir a supervivencia das 177 explotacións de leite existentes en Ordes”

Así mesmo, o PSOE sacou adiante a súa moción para o mantemento do programa “Preescolar na casa”, onde Concello e Xunta de Galicia achegasen o financiamento necesario para o mantemento deste servizo en Ardemil e Vilamaior; e contra a pobreza enerxética, para solicitarlle á Xunta unha liña de axudas que garanta o subministro nos fogares con menos recursos.

Finalmente, os socialistas de Ordes xustifican a súa oposición á moción sobre as terrazas presentada polo BNG en que “o único problema é que non hai vixilancia. A ordenanza é correcta e está ben motivada, o que hai que esixir que se vixíe e que se cumpra”, apunta Xesús Pedreira.

Santiago - ‘A viaxe dos Chévere’ co seu director Alfonso Zarauza e coa presenza dos recentemente nomeados Premio Nacional de Teatro, clausura a XXVIII edición de Cineuropa

Será este domingo 30 de novembro ás 23.45h no Salón Teatro

· Ademais, nesta última xornada do festival teremos outros moitos filmes entre os que destacamos ‘Wake in fright’, ‘Samba’, ‘Beloved Sisters’, ‘Lawless’ e ‘Mr. Turner’

Esta última xornada do XXVIII edición de Cineuropa contará coa presenza, como broche final, de Alfonso Zarauza e o Premio Nacional de Teatro, a compañía Chévere. O motivo é unha nova sesión de A viaxe dos Chévere filme no que Zarauza repasa a traxectoria da veterá compañía teatral e a súa loita pola cultura en tempos difíciles. Será ás 23.45h no Salón Teatro e a entrada de balde con convite.
A viaxe dos Chevere

Pero tamén haberá moito máis cine. Poderase asistir á última proxección da película de culto Wake in fright, de Ted Kotcheff (Teatro Principal ás 16:00 h.); da social Samba, de Olivier Nakache e Eric Toledano (Teatro Principal ás 18:15 h.); da libre Beloved Sisters, de Dominik Graf (ás 20:30 h. no Principal); e do estimable neo noir Lawless, de John Hillcoat (ás 19:45 h. no Salón Teatro). Ademáis Mr. Turner, de Mike Leigh, despedirase do festival cunha dobre sesión, haberá un primeiro pase no Salón Teatro ás 17:00 h. e outro no Teatro Principal ás 23:30 h.

A programación do Salón Teatro completarase cunha película na que conflúen dúas seccións desta edición, a dedicada ao cinema do Novo Hollywood e a do Cincuentenario Cole Porter. Trátase de At Long last love (Un longo e definitivo amor), unha deliciosa e infravalorada comedia musical dirixida por Peter Bogdanovich, e con banda sonora do afamado compositor, que terá comezo ás 21:45 h.

O CGAC dedicaralle novamente a súa programación aos últimos traballos de Francis Ford Coppola (Twixt, ás 17:00 h.), Brian De Palma (Passion, ás 18:45 h.), e Warren Beatty (Bulworth, ás 20:30 h.).

Por último, no Centro Cultural exhibiranse de novo os documentais máis representativos da sección "Cando Tiburón devorou o cine", isto é, Jaws: the inside story, de Georgia Manukas (ás 16:30), e Easy riders, raging bulls. A xeración que cambiou Hollywood, de Kenneth Bowser. Tamén aquí, en Afundación, haberá lugar para o derradeiro filme do xenial Alain Resnais, Aimer, boire et chanter, que comezará ás 18:15 h.

Santiago - Aberta a inscrición para todos aqueles nenos que queiran participar na Cabalgata de Reis 2015

En vista da demanda doutros anos o Concello decidiu organizar un sorteo para decidir que nenos participarán na comitiva ou nas diversas carrozas 

Hai que anotarse no Teatro Principal de xeito presencial, por correo electrónico ou por teléfono, ata o vindeiro 15 de decembro 

O Concello precisa tamén de voluntarios adultos para formar parte dos grupos de animación que haberá no percorrido da Cabalgata 

O Concello de Santiago está xa traballando na organización da Cabalgata de Reis 2015 e este ano como novidade, e ante a demanda que todos os anos se xera entre os nenos e nenas por formar parte da comitiva dos Reis Magos ou das diversas carrozas, realizará un sorteo entre todos os nenos e nenas interesados para que participen. Para entrar no sorteo é necesario inscribirse no Teatro Principal ata o 15 de decembro. Pode facerse achegándose alí, á Rúa Nova, nº 21, nas oficinas do terceiro piso polas mañás de luns a venres; por teléfono no número 981 54 23 47 ou por correo electrónico en tprincipal@santiagodecompostela.org

Nas carrozas participantes hai dispoñibles 58 prazas para nenos e nenas de 6 a 14 anos, dependendo da carroza de que se trate. En concreto, poderán participar 28 nenos e nenas menores de 10 anos e 30 nenos e nenas de 10 a 14 anos. Tamén haberá dous trens nos que poden ir ata 120 rapaces e rapazas e no caso dos máis pequeniños terán que ir acompañados dunha persoa adulta.

No proxecto de animación da Cabalgata tamén está prevista a participación de 80 persoas que formando grupos de 10 estarán distribuídos en distintos puntos do percorrido da Cabalgata e iranse incorporando ao seu paso. Neste caso desde o Concello indican que precisarían de voluntarios e voluntarias de calquera idade que tamén se poderán apuntar no Teatro Principal.

A participación dos composteláns na Cabalgata de Reis 2015 pode ser polo tanto do máis variada: acompañando aos Reis nas súas carrozas ou noutras carrozas que os seguen; acompañando á comitiva nos trens ou formando parte dos grupos de animación que estarán repartidos polo percorrido. En calquera dos tres casos, como diciamos, a inscrición deberase de realizar no Teatro Principal, por teléfono, correo electrónico ou de xeito presencial e o prazo é ata o 15 de decembro

BNG Ames - Iniciativa Somos Ames co fin de elaborar un programa participativo

O BNG de Ames impulsa a iniciativa “Somos Ames” para elaborar un programa electoral participativo

O Bloque Nacionalista Galego de Ames presentarase ás eleccións municipais cun programa participativo e inclusivo elaborado a partir das colaboracións de colectivos sociais de todo tipo do Concello de Ames. Así mesmo, o BNG avanzará na elaboración dunha candidatura aberta centrada en Ames e Galiza.

A iniciativa SOMOS AMES percorrerá as parroquias de Ames, para ver de incorporar as principais demandas dos veciños e veciñas no programa electoral do BNG e nas Asembleas Abertas que seguirán organizándose ata maio de 2015. 

Esta semana comezaron a organizarse os diferentes grupos de traballo que conforman a iniciativa SOMOS AMES. O primeiro deles inclúe as áreas de benestar social, igualdade e servizos públicos de calidade, que onte mesmo mantivo unha xuntanza con colectivos sociais en Bertamiráns, e que xa recolleu numerosas e interesantes achegas en canto ao dereito á vivenda e á sanidade pública, a loita contra a exclusión social, a igualdade entre mulleres e homes, a atención e os coidados á terceira idade, a inmigración, o respecto á diversidade, entre outros temas.

Todos os contidos do programa estarán proximamente dispoñibles nunha páxina web propia e nas redes sociais co hashtag #somosames, co obxectivo de que calquera persoa ou colectivo poida facernos as súas propias achegas ou expresar as súas opinións.

Axenda e tempo do venres 28 de novembro - Música, teatro, cine, exposicións

Ames - grupo municipal de teatro - Tromparia 

Santiago - Área Central - programa de Nadal

Brión - Chocolatada na carballeira de Santa Minia

Santiago - CsC Santa Marta - Amal Comedia

Santiago - Acto de protesta no Obradoiro

Santiago - Moon Music Club - Quatro Dàbril

Santiago - Cineuropa


Exposicións

Santiago - Araguaney - Pintojos II (ata o 7 de decembro)

Oroso - Fotografías de Loli Fernández (Lindeiros) (ata o 30 de novembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Bus Station Space - Imaxinar que soño (ata o 4 de nadal)

Santiago - Fonseca - “Diversa. Arqueoloxía dende o Incipit alén Europa” (ata o 29 de novembro)

Santiago - Zona C - Ukelele Project (ata o 5 de nadal)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Ames - O grupo municipal de teatro pecha este venres a IX Mostra de Teatro Afeccionado coa representación de Tromparia

Tromparia é unha historia de luces e sombras onde se enfornan os plans económicos e as vidas dos cidadáns

Poderá verse de maneira gratuíta ata completar aforo ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a representación da última montaxe do grupo municipal de teatro de Ames. Poderá verse este venres, ás 21:00 horas, de maneira gratuíta ata completar aforo. Tromparia é o nome da peza que preparou este colectivo nacido hai once anos nun obradoiro de interpretación. Con esta actuación péchase a novena edición da Mostra de Teatro Afeccionado do Concello de Ames, que se desenvolveu durante este mes de novembro nos centros socioculturais de Bertamiráns e do Milladoiro. 

Tromparia é unha crónica anacrónica dun tempo e nun lugar imprecisos. Tal como se recolle no programa da obra: “Dentro dun xogo de luces e sombras transitamos polas cociñas do poder de Tromparia, onde se enfornan os plans económicos e as vidas dos cidadáns. O pobo prefire resignarse nunha vida de cans diante da vertixe de teren que ser actuantes dun sistema que só coñecían de nome. Pero é tan cómodo o servilismo, delegar as decisións e o poder no letargo da vontade, sermos gobernados por alguén e que nos deixen tranquilos… Que para iso pagamos impostos!”. 

Esta peza teatral está dirixida por Mónica Camaño. O deseño do espazo escénico, o aderezo e o vestiario correu a cargo da propia directora e dos actores e actrices que nela participan, mentres que o deseño de iluminación ten a firma de Ze Paredes, que xa preparou as seis últimas montaxes do grupo. O elenco artístico está composto por Paula Castro, Maica Couto, Pilara Gómez, Carlos Labraña, Emilia Mayo, Pablo Nimo, Carmela Pardal, Manel Pardo, Patricia Quintiá e Paz Romai. 

A traxectoria deste grupo formado por trece compoñentes inclúe representacións de títulos como Nunca nada de ninguén, de Luísa Costa Gomes, O porvir está nos ovos, de Eugéne Ionesco, O Médico a paus, de Molière, ou unha adaptación feita do texto Segunda mano, de Dulce Chacón.

Fundación Araguaney - El ciclo AmalComedia cierra sus proyecciones en el centro sociocultural de Santa Marta

Esta muestra gratuita de cine acerca la cultura árabe al público a través de la risa y el humor

La sesión será mañana viernes en la sala Agustín Magán a las 20:30 horas

à Santiago de Compostela, 27 de noviembre de 2014 (Vía Láctea Comunicación)

El Festival Internacional de Cine Euroárabe AMAL y la Fundación Araguaney-Puente de Culturas cierran mañana viernes, día 28, la Mostra Amal Humor (#AMALCOMEDIA) con una sesión de cuatro cortometrajes en el Centro Sociocultural Santa Marta de Santiago (rúa Antonio Rama Seoane, 6), a las 20:30 horas en la sala Agustín Magán.

La Fundación Araguaney-Puente de Culturas ofrece la oportunidad de ver una selección de películas en centros e instituciones interesados, de forma gratuita. Este ciclo es un nuevo recorrido por la comedia árabe que tiene como hilo conductor una serie de trayectos a través de fronteras, países, culturas e identidades. Los espectadores podrán ver mañana cuatro cortometrajes, “Fiasco”, “Ropa sucia”, “To Baalbek” y “Arafat & I”. La entrada es gratuita hasta completar el aforo de la sala. 

► Sesión de cortometrajes. Viernes-28. 20:30 horas

1.- “Fiasco”. Cortometraje. Nadia Hamzeh / EEUU, Siria/ 2010/ 19 minutos/ V.O. Subtitulada en castellano

“Fiasco” es una comedia multicultural sobre una mujer árabe, Noura, que se casó con su amigo homosexual Daniel para obtener la tarjeta de residencia en América. Todo parece ir según lo previsto hasta que su padre, conservador y dominante, la visita por sorpresa.

El cortometraje se proyectó en multitud de festivales internacionales y recibió el premio al mejor cortometraje de comedia en el Student Emmy Award, en el USA Hollywood International Student Film Festival de Los Ángeles, en el Houston International Film Festival o en el Las Vegas International Film Festival de 2010.

Nadia Hamzeh estudió Interpretación en la Academia de Artes Dramáticas en Damasco (Siria) también Coreografía y Danza Contemporánea en Francia y Alemania. Nadia pronto estableció su carrera de interpretación en Siria, donde es conocida por varios papeles principales en TV y Cine. Ella disfruta con su trabajo tanto delante como detrás de las cámaras, sigue escribiendo y desarrollando proyectos que desafían y entretienen al público.

Información y tráiler de la película: http://www.nadiahamzeh.com/home/Welcome.html

2.- “Ropa sucia”. Cortometraje. Malik Amara / Túnez/ 2010/ 20 minutos/ V.O. Subtitulada en castellano

Si Radhi es un quincuagenario maltratado y sometido por su esposa. Un día decide reaccionar, colocando trampas absurdas por la casa en donde residen. ¿Conseguirá Si Radhi alcanzar su meta y librarse de su mujer?

El cortometraje se proyectó en 2011 en la sección de cortos del festival de Cannes. Recibió el Thanit de Oro al mejor cortometraje internacional en el festival de cine de Cartago y también una distinción en el festival internacional de cine árabe de Oran (Argelia).

Malik Amara estudió en la Escuela de las Artes y del Cine en Túnez y en la Escuela Louis Lumière en París. Ha trabajado como cámara y director para la TV y ha dirigido documentales: L´ange de barbarie en 2001 y varios cortos como La chaise y Le poisson noyé.

3.- “To Baalbek”. Cortometraje. Samir Syriani / Líbano/ 2011/ 15 minutos/ V.O. Subtitulada en castellano

Una pareja muy atípica decide visitar la antigua y famosa ciudad de Baalbek. Raia y Salloum recorren el desierto, a veces sin rumbo, encontrándose con personajes y situaciones muy curiosas. Recibió premios en el European Independent Film Festival y en el Gulf Film Festival de Dubai.

Samir Syriani nació en El Líbano en 1989. Se graduó en Cine en la Universidad Holy University of Kaslik (USEK, El Líbano) Mientras estudiaba, trabajó como director de Fotografía en el rodaje de cortos, vídeos musicales y anuncios para la TV. También ha trabajado como director de casting y actor.

4.- “Arafat & I”. Cortometraje. Mahdi Fleifel / Reino Unido/ 2008/ 15 minutos/ V.O. Subtitulada en castellano

Marwan es un palestino enamorado de Lisa, con quien quiere casarse. Todo en ella es perfecto: ¡nació el mismo día que el Presidente Arafat! Pero, ¿Lisa conoce la importancia de esta coincidencia?

Mahdi Fleifel nació en Dubai en 1979, pero vivió en un campo de refugiados en el Líbano y en los suburbios de Elsinore en Dinamarca. Comenzó a rodar a una temprana edad, afición que le viene de su padre, un apasionado por las cámaras de video. En 2009 se graduó en la Escuela Británica de Cine y Televisión.

La película se proyectó en multitud de festivales internacionales y recibió varios premios como el de mejor corto de ficción en el Student Film Festival de la República Checa en 2008.

Información y tráiler de la película: http://www.nakbafilmworks.com

Santiago Futsal - O equipo cae no Palau

· Ferrao puso el partido cuesta arriba para los gallegos a los 7 minutos de empezar

· Diego Quintela redujo la diferencia antes del descanso

· En los últimos minutos llegarían los goles de Lozano y Wilde que cerraban el marcador para los locales

El Santiago Futsal se medía en la 12ª jornada de Liga al FC Barcelona, en un partido que se presumía, a priori, muy complicado para los gallegos.

El encuentro comenzó con dominio local, llegando al área de los gallegos con mucho peligro. En el minuto 5 llegaría el primer gol de Ferrao, a pase de Lozano al segundo palo. El pívot del Barcelona haría el segundo y el tercero para los catalanes con apenas dos minutos de diferencia.

Con el marcador en contra, con 10 minutos por delante de la primera parte, Santi Valladares decidió jugar con portero jugador. En esos minutos llegaría con más peligro el conjunto gallego a meta contraria, probando a Cristian con disparos exteriores de las botas de Pablo Tallón y Diego Quintela. Sería precisamente el capitán, Diego Quintela, el que reduciría diferencias antes del descanso dejando el marcador 3-1 antes del descanso.

Tras el paso por vestuarios, a 30 segundos del comienzo de la segunda parte, Dyego haría el cuarto para el FC Barcelona, pero Lucas Bolo respondería 6 minutos después volviendo a dejar a los gallegos a sólo 2 goles de la igualada con un gol al segundo palo a pase de Borja.

En el minuto 33, Saad marcaría el quinto y dejaba el encuentro muy cuesta arriba para los gallegos. En los compases finales, Lozano y Wilde (2) cerrarían el marcador para los catalanes con el definitivo 8-2.

Sala de prensa
El técnico del Santiago Futsal, Santi Valladares, compareció ante los medios tras la conclusión del partido. El entrenador ha analizado el encuentro “Al Barcelona no le se puede regalar nada, y con el 2-0 en los primero minutos ya tenían mucho partido ganado. Tras el descanso y con el partido abierto con el gol de Diego Quintela, el cuarto de ellos al empezar la segunda parte nos mató. Apretamos un poco con el 4-2, pero a partir del 5-2 el equipo ya no pudo hacer más. Era un David contra Goliat”.

Santi Valladares añadió también que el equipo está en una línea ascendente y que los resultados positivos llegarán “Nos queda mucho por delante, y el equipo está creciendo y está compitiendo muy bien. Nuestros objetivos son distintos, salvar la categoría consiguiendo los puntos lo antes posible.”

FICHA TÉCNICA

FC Barcelona8 : Cristian, Gabriel, Dyego, Saad y Wilde – cinco inicial- Ferrao, Ari, Lozano, Aicardo, Lin y Usín

Santiago Futsal 2: Marcos Vara, Hugo Sánchez, Gallego, Chus y Diego Quintela – cinco inicial- Kristijan, Pablo Tallón, Borja, Lucas Bolo, Santi e Iker

Incidencias: Partido correspondiente a la 12ª jornada de Liga celebrado en el Palau Blaugrana

Árbitros: Alonso Montesinos y Santander Flamarique

Goles: 1-0, Ferrao (min. 5); 2-0, Ferrao (min. 6); 3-0, Ferrao (min. 7); 3-1, Quintela (min. 17); 4-1, Dyego (min. 21); 4-2, Lucas Bolo (min. 28); 5-2, Saad (min.33); 6-2, Lozano (min. 37); 7-2, Wilde (min. 37); 8-2, Wilde (min. 38).

Teo - programa de actividades nos colexios

Teatro, música e astronomía centran o programa de actividades para os colexios proposto pola concellaría de educación

· Hoxe comezaron as actividades cun concerto de Susa Herrera para o alumnado de infantil

A concellaría de Educación do Concello de Teo, dirixida por María Álvarez Garea, presenta un programa de actividades para realizar nos colexios durante o curso que se centra na música, no teatro ou na astronomía. Trátase “dun programa de apoio á comunidade escolar e busca enriquecer pedagóxica e culturalmente aos cidadáns e cidadás en idade escolar, continuando o proceso da educación máis alá do eido estritamente formal” segundo explica a edil. 

Onte mesmo comezaba o programa deste curso 2014/15 cun concerto para o alumnado de infantil. Nesta xornada Susa Herrera presentou na Ramallosa os seus “Cantos animais” , cancións e coreografías seguidas con moito interese entre o alumnado. E se hoxe foi a quenda dos nenos/as do CEIP da Ramallosa e do CRA mañá Susa Herrera estará cos cativos/as dos Tilos e Calo. 

Unha das particularidades do programa de actividades proposto polo Concello aos centros é conseguir unha oferta axeitada para todos as idades. Deste xeito por exemplo haberá un programa de contacontos con propostas diferenciadas para os diferentes ciclos. Os máis pequenos terán o contacontos “Sabela e o pasaro máxico”; os de 1º ciclo unha proposta multimedia co “Labirinto dos soños de Pepe Sendón”; o alumnado de 2º ciclo o contacontos musical “Axente corrente. Xoglares”; e no instituto presentarase “Smoke city” de Malasombra produccións. 

A proposta musical ademais dos concertos destes días contará coa participación de Xoán Curiel que presentarán o espectáculo “Estamos no verán” con música cañeiras ao estilo do Xabarín. 

Astronomía e saídas

Neste curso continúa a participación no programa Todocosmos, iniciativa de divulgación científica impulsada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC que quere achegar a astronomía ao conxunto da sociedade. E de todos é sabido que os máis pequenos son grandes prescriptores de opinión nas súas casas. Este ano será o colexio de Calo o que terá unha clase práctica sobre planetas e estrelas. Será de noite e nela o persoal do Observatorio explicaralles a teoría que logo verán a través dos potentes equipos da universidade. Nos outros centros a observación astronómica xa se realizou no curso pasado. 

Tamén se realizarán saídas para visitar zonas de Teo como as Ribeiras do Ulla, a carballeira de Francos ou Cornide e Lampai.

Colexio de arquitectos - Salvar a Casa da Xuventude

A plataforma Defender o Público-Salvemos a Casa da Xuventude e os arquitectos composteláns piden ao Concello o mantemento da Casa da Xuventude con usos socioculturais ao servizo da cidadanía

Clara González: “O edificio segue vixente pola flexibilidade de usos” 

Ignacio Cerrada: “Temos que reflexionar sobre o patrimonio existente tendo presente os escasos recursos actuais”

Ricardo Varela: “Eliminar o edificio é un erro urbanístico e cultural” 

A plataforma cidadá “Defender o Público-Salvemos a Casa da Xuventude” e a Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia celebraron hoxe unha charla-debate para dar a coñecer o edificio da Casa da Xuventude e as súas posibilidades, así como para analizar as posibles alternativas existentes para a conexión do parque de Belvís e a cidade pola praza do Matadoiro. Ademais, a charla forma parte dunha campaña de reinvindicación para demandar ao Concello de Santiago o mantemento da Casa da Xuventude con usos socioculturais ao servizo de toda a cidade. Na mesa redonda estiveron os arquitectos Clara González, Ignacio Cerrada e Ricardo Varela, o secretario da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, Santiago García, ademais de representantes das asociacións veciñais.

Desde o coñecemeto profundo da obra de Severino González, autor do proxecto en 1984, Clara González explicou que a Casa da Xuventude desenvolveuse ao longo dun eixo lonxitudinal para crear un espazo de gran altura onde se abren as distintas salas –acceso, zonas administrativas, espazo de reunión e intercambio, salón de actos e zona de usos múltiples–. A arquitecta destacou a “flexibilidade” de usos que se poden realizar no edificio con tabiques móbiles, espazos abertos e circulacións continuas. 

A pesar dos anos, Clara González indicou que o edificio segue funcionando para o fin co que se proxectou, cun espazo interior que se adapta con facilidade aos novos usos e necesidades, e cun espazo central que funciona como nexo de unión. “A estética do momento segue vixente hoxe en día e o diálogo permanece provocando na actualidade unha nova discusión entre a linguaxe de aqueles anos e as ideas estéticas actuais” –manifestou–.

Ignacio Cerrada destacou a importancia de reflexionar coa cidadanía a decisión de derrubar este edificio “público e dotacional”. Considera que é preciso ofrecer elementos de xuízo para adoptar unha decisión informada que transceda da mera visión estética e formalista, e tamén recoller as diversas perspectivas e sensibilidades. “Temos que reflexionar sobre o patrimonio existente tendo presente os escasos recursos actuais e de cara cubrir os déficits de equipamentos público” –apuntou–.

Pola súa parte, o arquitecto especialista en rehabilitación de xardíns e parques históricos e paisaxes culturais, Ricardo Varela, asegurou que a praza do Matadoiro é desde o século XVIII un espazo pechado urbanisticamente. Así, o especialista considera que eliminar un dos seus flancos para acceder frontalmente á cabeceira do parque de Belvís é un “erro urbanístico e cultural”, pois supón “variar o tecido histórico da cidade e alterr a fixonomía das vellas hortas”. Ademais, explicou que non hai que esquecer que o parcelario e as aliñacións, segundo a Lei de Patrimonio Cultural de Galicai, son uns dos elementos determinantes que merecen especial protección.

NON ao derrubamento

A Plataforma Cidadá “Defender o Público-Salvemos a Casa da Xuventude” oponse a demolición do edificio da Casa da Xuventude e insta ao Concello a dar marcha atrás na súa decisión de derrubalo. Deféndese a conservación do edificio porque “non se considera xustificable o gasto de diñeiro público para destruír un edificio en condicións de uso”, en lugar de acondicionalo e poñelo a disposición dos cidadáns para o seu uso. 

O custe da intervención representaría para as arcas municipais, ademais dos 165.000 euros da demolición e o custe da obra de acondicionamento posterior da zona, a perda patrimonial do edificio en sí valorado en máis dun millón de euros. Os representantes da plataforma lembran que hai outras opcións para acceder ao parque de Belvís sen necesidade de derrubar un edificio en “boas condicións de uso”. Entre as propostas destacan a do Plan Especial vixente que formula o acceso a través da parcela contigua, ata alternativas de conexión a través do propio edificio.

Ademais da xornada de debate, desde a plataforma seguirán programando actividades no edificio todos os xoves ás sete da tarde, co obxecto de facer uso do mesmo e dar así a coñecer aos cidadáns o seu potencial. Entre as actividades que se están a planificar está a “Convocatoria de ideas para mellorar a conexión entre a cidade e o parque de Belvís conservando a Casa da Xuventude e o seu uso sociocultural”, aberta á participación de toda a cidadanía.

BNG Compostela - Acto de protesta pola sanción a un gandeiro

Chamamento a participar nun acto de protesta contra a sanción de 500 euros a un gandeiro que traslada as vacas ao prado 

Haberá unha performance e cancións con humor crítico alusivas a esta inxustiza que contribúe a dificultar o desenvolvemento das actividades agropecuarias 

O BNG e a Federación Rural Galega convocan unha concentración en protesta pola sanción de 500 euros a un gandeiro por as súas vacas deixaren excrementos nunha vía rural, situada en zona de concentración parcelaria, no traslado do prado á explotación. O acto será este venres 28 de novembro ás 16:30 horas na praza do Obradoiro.

Haberá unha performance e cancións con humor crítico alusivas a esta inxustiza do Goberno local do PP, que contribúe a dificultar o desenvolvemento das actividades agropecuarias no concello de Santiago.

Esta sanción pode constituír un grave precedente para as persoas que desenvolven a actividade agraria, en particular ás que practican a gandaría extensiva ou semi-extensiva, baseada na alimentación a base de pasto natural e que está promovida polas administracións polo seu interese social, pola contribución á conservación do medio ambiente e por favorecer a obtención de produtos para unha alimentación san e de maior calidade.

O BNG cuestiona a dobre vara de medir do Goberno local de Santiago, que se afana en multar e en dotar dunha vixilancia policial exhaustiva esta explotación gandeira, mentres tarda en abrir expediente a empresas concesionarias de servizos públicos e lles aplica sancións mínimas para o volume de negocio que teñen, como o caso das irregularidades detectadas nas escolas infantís.

Cando o PP chegou a Alcaldía de Santiago, quixo pechar a feira de gando de Amio e foi a protesta social e política quen freou esta decisión. Con esta sanción a un gandeiro que practica a gandaría semi-extensiva, o PP volve demostrar a seu desprezo ao rural e a súa intención de afogar os sectores produtivos no concello de Santiago.

Cómpre lembrar ademais que se lle aplica unha sanción contida nunha ordenanza creada para o ámbito urbano, para animais de compañía, cando esta norma exclúe a gandaría entendida como cría de animais con fins de abasto.