Axenda e tempo do sábado 20 de xuño - Música, deporte, rastros, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - CGAC - Escola Allegro 

Santiago - Día do Orgullo Trans

Brión - Encontros coa Arte 

Santiago - Área Central - Sábados creativos e rastro de antigüedades

Ames - Xornada de piragüismo

Santiago - Teatro Principal - Touriñán e Veiga en Falabaratos

Ordes - Patinaxe artístico

Santiago - Torneo Rugby 7

Rois - Encontros no Pazo - Xacobe Martínez

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Dionisio Tasende, De homes... e mulleres (ata o 5 de xullo)

Santiago - Fonseca Fotoperiodismo pola inclusión (ata o 30 de xuño)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Santiago Futsal - Diego Quintela continuará no equipo a vindeira tempada

Diego Quintela, canterán do Santiago Futsal, continuará nas filas do conxunto branco tras a súa fichaxe por FC Barcelona e a cesión ao Santiago Futsal por unha temporada. Deste xeito, o pívot de Arzúa será peza clave do conxunto de Santi Valladares que poderá contar con Diego Quintela a vindeira temporada.

O 23 do Santiago Futsal e xogador admirado por toda a afección compostelá, cumplirá a súa sexta temporada co primeiro equipo co que conseguíu a Supercopa de España no ano 2010.

Tras facerse pública a súa fichaxe e posterior cesión ao Santiago Futsal, o xogador declarou que “Estou moi feliz de quedarme aquí cedido e poder seguir un ano máis. É un sono para min xogar no FC Barcelona e que un club coma ese se fixe en min, pero cuando se prantexou a opción de marchar cedido o meu primeiro obxectivo era quedarme aquí e o FC Barcelona foi consciente do traballo que aquí se realiza. Dende fai 7 anos o Santiago Futsal ensinoume o que era o fútbol sala, son deste club e quedarme aquí é unha boa opción para seguir mellorando e devolverlles o favor por todo o que fixeron por min estes anos.”

Oroso - Presentada a revista memoria de Oroso

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o historiador local Manolo Pazos presentaron na noite de onte xoves o primeiro número da publicación “Memoria de Oroso”, a revista do Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso. Unha revista que “queremos que non sexa algo efémero, pois queda moito por descubrir e moitas cousas por recoller”, apuntou Manuel Mirás, quen indicou a posibilidade de sacar un novo número a principios de 2016.

O alcalde orosán indicou que esta revista “vai contribuír ao enriquecemento da nosa cultura e do noso patrimonio histórico”, salientando que “quedan moitas cousas por publicar e esperamos que todos os veciños e veciñas nos sigan axudando para poder así seguir documentando a nosa historia”. Mirás agradeceu a colaboración de todos os veciños e veciñas que achegaron imaxes para esta publicación e salientou en especial o traballo levado a cabo por Manolo Pazos, “un traballo altruísta de quen é o recuperador da memoria histórica deste concello”.

Pola súa banda, Manolo Pazos agradeceu a colaboración do Concello de Oroso e de todos os veciños e veciñas que achegaron imaxes ao arquivo municipal. Para o historiador de Marzoa, “Memoria de Oroso” é “o voceiro do arquivo de imaxes” e apuntou que “detrás desas 64 páxinas hai un duro traballo”. Aínda así, considerou “un privilexio poder tratar con persoas maiores que nos abriron as súas portas e nos deixaron as súas fotografías”. Segundo Manolo Pazos, “o obxectivo que buscamos é poñer imaxes ao pasado, que é algo que non podemos esquecer”.

Memoria de Oroso
“Memoria de Oroso” consta de 64 páxinas e 170 imaxes, que se reparten entre seis apartados. Os cinco primeiros inclúen temas de interese histórico, onde se mesturan texto e ilustracións, mentres que o sexto apartado é unha selección das imaxes achegadas pola veciñanza ao Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso. Neste primeiro número, as reportaxes incluídas son: “Sigüeiro de onte a hoxe”, “Cinco persoeiros históricos do concello de Oroso”, “San Román, o santo milagreiro”, “José Antonio Noya ou a paixón polo Sigüeiro FC” e “Documentos da familia Garrido, Trasmonte”.

Escola Allegro - Concertos de fin de curso

Con motivo de final do curso os alumnos dos centros de Teo e Milladoiro celebran o concerto da Agrupación Orquestral e Coro interpretando os temas ensaiados o longo do presente curso.

Igualmente, o domingo 21 as 21:30 horas no Dado Dadá Jazz Club en Alfredo Brañas (Santiag o de Compostela) os alumnos e alumnas maiores interpretan diversos titulos actuáis acompañados de batería e piano en un ambiente máis relaxado.

O día 25 dende as 16:00 ata as 21:00 no Pazo da Peregrina de Bertamiráns se interpretará obras de cada un dos alumnos que forman as Ecolas de Música Allegro.

Como acto final de curso os centros convidan a pais, familiares e amigos a formar parte dos concertos, e amosar así o gran logro de aprender música dende pequenos a todos o que o desexen.

Santiago - Touriñán e Veiga en Falabaratos

Hoxe sábado teremos unha noite de humor no Teatro Principal con dous dos humoristas de referencia do panorama galego, Xosé Antonio Touriñán e Javier Veiga. Será a partir das 21.00h cando poderemos velos unidos en ‘Por que as cousas sempre poden ir a peor’, unha historia para esmendrellarse de risa contada dende o punto de vista de dous personaxes totalmente distintos. Dous monólogos hilarantes dende dúas formas de entender a vida dentro do ciclo Falabaratos. O prezo da entrada é de 15 euros (12 no anfiteatro) e poden mercarse no despacho de billetes do Principal ou en ataquilla.com

Por un lado, Xosé A. Touriñán, interpretando a Manolo Lojo, un surrealista personaxe que o único que ten claro é que se quere suicidar, pero antes de suicidarse contaranos un dos segredos mellor gardados da humanidade.... E sobre os segredos da humanidade, sobre as grandes dúbidas que guían a nosa existencia, o gran Javier Veiga revelaranos as súas reflexións dende a súa importante experiencia vital. Enigmas como a importancia da alopecia no pleistoceno ou a proliferación das mulleres barbudas en Lusitania, serán desvelados neste espectáculo que che cambiará a vida… ou non.

Xose A. Touriñán leva máis de dez anos no mundo do humor e o audiovisual galego. A principios do 2000 forma con Marcos Pereiro o dúo cómico Os 2 de Sempre, unha proposta que acadou sona co espectáculo As Cantareiras de Ardebullo, no que Touriñán interpreta a Mucha, hoxe un dos personaxes máis coñecidos da televisión galega. Un éxito que o levou a dirixir e presentar o seu propio programa, Tourilandia, estreado na TVG en 2012. Touriñán, que por veces se disfraza do cómico personaxe Manolo Lojo, ten participado noutros programas, series e filmes, como Padre Casares, Botarse ao Monte, Era Visto, Land Róber, Os Fenómenos ou os premios Mestre Mateo, e vai camiño de converterse nunha das figuras máis destacadas da televisión en Galicia.

Javier Veiga A carreira de Javier empeza hai moitos anos cun cameo na serie Farmacia de guardia. Quen lle ía dicir naquel ano 1992 que a súa carreira ía experimentar un crecemento tan meteórico. Películas con "O ano da carracha" ou "A muller máis fea do mundo" e series como "7 vidas" ou "Moncloa dígame?" levárono ao éxito. Pero sen dúbida, se por algo recordamos con cariño a Javier, é por ser un dos mellores e máis divertidos presentadores da historia do pioneiro programa de monólogos "El Club de la Comedia". A súa carreira non quedou aí, pasou á dirección de Teatro e Tv, creando a súa propia compañía, e escribindo e dirixindo obras tan importantes como "Amigos ata a morte", " Humor en Branco e Negro" ou "Os tres mosqueteiros buscando dartañan". E como todo iso lle parecía pouco, agora tamén se dedica a facernos que nos esmendrellemos de risa sobre un escenario.

Ames - Clausura do obradoiro de baile e música tradicional

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este domingo, ás 18:00 horas, o acto de clausura do obradoiro de baile e música tradicional. Neste evento participarán os grupos de baile e música dos Castros e do Concello de Ames. Este obradoiro estivo xestionado pola Asociación Cultural Os Castros. As clases do obradoiro de baile e música tradicional impartíronse desde o pasado mes de outubro nos locais sociais de Bugallido, Biduído e Trasmonte, así como na Casa da Cultura de Bertamiráns. Neste obradoiro participaron uns 140 alumnos/as que asistiron a clases de baile, gaita, pandeireta, percusión e punteiro.

O Concello de Ames e a Asociación Cultural Os Castros, en colaboración coa Papelería Chavián, organizan para este domingo, 21 de xuño, o festival de fin de curso do obradoiro de baile e música tradicional 2014-2015. Este acto estará divido en dúas partes.

Na primeira parte actuarán a escola de gaitas dos Castros e do Concello, que tocarán as muiñeiras do molete e da barcalesa. A continuación intervirán o grupo D dos Castros e do Concello que bailarán a muiñeira da Fonte. De seguido, saíran ao escenario os grupos C, B e A, dos Castros e do Concello para bailar a muiñeira de Arabexo, a muiñeira de Pradela e o pateado de Santiago, respectivamente.

A segunda parte do evento volverá a comezar coa actuación da escola de gaitas dos Castros e do Concello, que interpretará o pasodobre de San Roque e a muiñeira Maruxa. Despois bailarán os membros dos grupos D, C, B e A dos Castros e do Concello, que bailarán a a muiñeira Buxos Verdes, a muiñeira de San Andrés, a muiñeira Redonda e a xota das Nogais, respectivamente.

O acto de clausura finalizará coa Banda de gaitas dos Castros, que tocarán a peza Lecer, a rumba de Carcacía e o pasodobre de Negreira para que o público saía a bailar. Finalmente, rematarán coa interpretación do himno de Galicia.

Impartición das clases

As clases do obradoiro de baile e música tradicional impartíronse desde o pasado mes de outubro nos locais sociais de Bugallido, Biduído e Trasmonte, así como na Casa da Cultura de Bertamiráns. Deste xeito, os sábados no centro social de Bugallido ofrecéronse clases de baile, gaita, punteiro, pandeireta e percusión. Ademais, en Bugallido tamén se impartiron clases de gaita, pandeireta e percusión os xoves.

Por outra parte, os domingos impartíronse clases de punteiro, gaita, pandeireta e percusión no centro sociocultural de Trasmonte. Os luns, na Casa da Cultura de Bertamiráns, ofrecéronse clases de gaita, punteiro, pandeireta e percusión, e os venres, no centro sociocultural de Biduído, impartíronse clases de pandeireta, percusión, gaita e punteiro.

Área Central - Rastro de antigüedades e sábados creativos

Area Central ofrece para mañana sábado su ya consolidado rastro de antigüedades, un evento mensual que reúne más de veinte expositores de diferentes puntos de Galicia y Portugal. La tarde de mañana sábado también volverá a ser “creativa” con la celebración de una sesión más de “Sábados creativos” de la mano de la asociación Planeta Shalom centrada en la creación de experimentos científicos. 

La sesión de Planeta Shalom, “Experiment-Arte”, que se celebrará a partir de las 18.00 horas en la esquina amarilla del centro comercial, sorprenderá a los asistentes con la realización de lámparas de lava, mariposas mágicas y tarros fosforescentes. Además de participar en estos experimentos que acercarán la ciencia a los más pequeños, en las sesiones de “Sábados creativos” los niños asistentes también pueden disfrutar de una zona de lectura y de pintura.

Por otro lado, el rastro de antigüedades concentra en Area Central miles de piezas antiguas originales y reproducciones ofrecidas a los coleccionistas y a los amantes de muebles y objetos antiguos. El rastro, que ocupa un espacio de más de 400 metros cuadrados en la esquina roja, podrá visitarse mañana sábado en horario de 10 a 22 horas y el domingo de 11.00 a 21.00 horas. 

El rastro de antigüedades, que lleva celebrándose desde el año 2009, es una apuesta clara de Area Central por continuar siendo una referencia entre las superficies comerciales como centro de eventos.

Ordes - Bidueiro celebra a romería de San Xoán

O lugar do Bidueiro, na parroquia de Ordes, celebrará este próximo domingo a romaría de San Xoán. Ás 13 horas os Gaiteiros de Cariño comezarán a crear ambiente cun pasacalle, dando paso media hora máis tarde á misa solemne. A sesión vermú correrá a cargo do Dúo Calú tras cuxa actuación terá lugar un gran xantar popular. 

Xa pola tarde ‘Os Perrechos’ de Ordes ofrecerán unha gran foliada, mentres que o grupo ‘Show e Alba’ fará bailar a todas e todos os festeiros ata altas horas da madrugada.

Ordes - A SD Ordes convoca o III Campus de Verán de Fútbol

A S.D Club Órdenes convoca o seu III Campus de Verán-Fútbol. Unha iniciativa didáctica e deportiva coa que se pretende fomentar a práctica deste deporte entre os nenos e nenas, así como mellorar o seu nivel con programas de adestramento especializados. 

Novamente convócanse dúas quendas que irán do 1 ao 15 de xullo e do 17 ao 31 de xullo de luns a venres de 9.30 a 14 horas. Poderán participar os nacidos entre 1998 e 2009, ambos inclusive. Os prezos son de 60 euros cada quenda, reducíndose a 40 a partir do segundo irmán ou irmá. No caso de querer participar durante todo o mes haberá un prezo pechado de 100 euros, que se reducirá a 60 a partir do segundo irmán ou irmá.

Para inscribirse é necesario acudir ás instalacións deportivas de Vista Alegre de luns a venres de 18 a 19.30 horas. Tamén se pode chamar ao 609 932 493. Todo iso antes do 26 de xuño para participar na primeira quenda e do 13 de xullo para a segundo grupo.

Axenda e tempo do venres 19 de xuño -

Santiago - Numax 

Santiago - Praza da Quintana - maratón de jazz

Ames - Concerto da Escola Municipal de Música

Santiago - A Raiña - Carlos Blanco, Quico Cadaval, Moncho Fernández

Teo - Música nos Tilos - Alonso Caxade

Santiago - Palacio de Congresos - Leiva en concerto

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Dionisio Tasende, De homes... e mulleres (ata o 5 de xullo)

Santiago - Fonseca Fotoperiodismo pola inclusión (ata o 30 de xuño)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Santiago - Maratón de Jazz

Como xa é costume, o VIII Ciclo 1906 de Jazz pecha a súa programación cun evento moi especial, un Maratón de 12 horas ininterrompidas de música, de 12 do mediodía a 12 da medianoite. Será, como é tamén habitual hoxe 19 de xuño, polo xogo de datas 19.06 e na Praza da Quintana de Compostela A entrada é libre.

Comeza a xornada coa actuación de Roberto Somoza Trío (de 12 a 13:30 horas), que colaborou con artistas como Antonio Cal, Baldo Martínez ou Lucio Godoy. Despois será a quenda de Felipe Villar Trío (de 13:30 a 15:30 horas), que gravou e tocou con Alberto Vilas Quinteto ou Rua da Alegría, entre outros grupos. A tarde estará animada co son de Kin García Trío (de 16:30 a 18:00 horas), considerado un dos nomes crave da escena musical galega, e continuarase con Mónica de Nut (de 18:00 horas a 19:30 horas), que combina música clásica, jazz, rock e tradición. 

A caída do sol protagonizarana os eclécticos Cats and Monkeys (de 19:30 a 21:00 horas). Xa pola noite, contarase con André Fernandes ‘Wonder Wheel’ (de 21:00 a 22:30 horas), cuxo disco “Cubo” foi votado en 2007 como o mellor álbum de jazz de Portugal, e cos Hot Chocolates (desde as 22:30 até as 00:00 horas), cuxo estilo festivo cheo de positivismo porá o peche a unha xornada única que se poderá seguir por streaming a través de Periscope.

En total, 12 horas nas que o jazz non deixará de soar, a mellor forma de despedir un VIII Ciclo 1906 polo que se pasearon artistas tan destacados como Christian McBride, Dave Douglas ou Chano Domínguez co Niño Josele, entre outros.

Ordes - II Exhibición de Ximnasia Rítmica

O pavillón Castelao I acollerá este vindeiro sábado, dende as 11 horas e durante toda a mañá, a II Exhibición de Ximnasia Rítmica Concello de Ordes. Nela participarán máis de cen deportistas dos colexios Castelao, Campomaior, Oza dos Ríos, Carral e Brexo Lema. Organizada polo Club de Patinaxe Galia a dita exhibición conta coa colaboración do Concello de Ordes e Adestra Servizos Deportivos.

Tamén o sábado de 10.30 a 12 horas no pavillón Castelao II levarase a cabo unha exhibición de taekwondo, zumba e kick boxing. En total participarán tamén arredor de 100 deportistas e poderán asistir todas as persoas interesadas. Organizada polo Club Luar para esta cita tamén contan coa colaboración do Concello de Ordes.

Pazo Faramello - Este sábado Xacobe Martínez nos Encontros no Pazo

Este sábado día 20 de xuño, o músico galego Xacobe Martínez Antelo volve aos Encontros Musicais 2.0 do Pazo do Faramello. Desta volta regresa co seu último proxecto, Chanzo, acompañado por Max Gómez e Alex Salgueiro. Ademais, o graffiteiro NoveNoel fará pinturas en directo durante a sesión musical. Será ás 20 horas cando se celebre o concerto e, como non, ás 18:30 horas poderase realizar unha visita guidada ao Pazo. O serán rematará cun viño e uns petiscos e as entradas están xa á venda. 

Chanzo son Xacobe Martínez Antelo co baixo eléctrico, Max Gómez na batería e Alex Salgueiro cos sintetizadores e teclados. Traerán este novo proxecto ao Pazo do Faramello coa intención de que o público experimente cunha nova paleta de elementos arriscados e informaais, deixando que a música atope o seu propio camiño. Estes tres músicos galegos dispoñen da improvisación como fiel aliada, e comparten como unha obsesión a búsqueda de novos territorios musicais. Chanzo é música negra, pero non só. É groove, pero non só. É jazz, pero non só. Ademais, será a primeira acción cultural que achega a cultura urbana ao Pazo do Faramello. 

Se ben, este sábado día 20 non só haberá música no Pazo, senón que o graffiteiro NoveNoel porá, en directo, imaxes á música de Chanzo. Este novo artista ten feito traballos para o festival Imagina, de San Javier, Murcia, así como outros que podemos ver no Faro de Corrubedo, partipou pintando graffitis tamén para o Festival Intramus, de Valencia, ou na Freguesía de São João en Caldas de Vizela (Portugal), entre outros moitos lugares, feiras e festivais. 

Ademais, ás seis e media, terá lugar unha visita guiada ao Pazo do Faramello, un fermoso espazo que conta cunha paisaxe natural única e con árbores senlleiras protexidas. Ademais, alberga numerosas obras artísticas galegas, así como elementos declarados BIC (ben de interese cultural).

As entradas, a un prezo de 15 euros, -con dereito a concerto, visita ao pazo e petiscos- xa están á venda en http://www.madapro.es/gl/tenda/ e poden adquirirse nalgúns lugares de Compostela como Merlín e Familia (rúa Xelmírez, 14) ou o SCQ café-bar (rúa das Orfas, 2).

A iniciativa non podería terse levado a cabo sen a organización e produción propia do Pazo do Faramello e Mada Producións e sen a colaboración das Adegas Martín Códax, Merlo Branco Producións, Grafideza, Paula Franco Fotografía e Tátara Comunicación. 

Germán Díaz e Uxía & Sérgio Tannus

Os Encontros Musicais 2.0 inclúen unha visita guiada polo Pazo do Faramello, así como actividades musicais que combinan o aspecto lúdico co formativo e o gastronómico. A terceira sesión será de novo un sábado, o 27 de xuño. A programación comezará ás 18:30 cunha visita ao Pazo e ás 20h despois será a actuación de Germán Díaz e o seu 'Método cardiofónico'. Nestes primeiros concertos, o aforo será limitado e o prezo da entrada, con copa de viño D.O. máis petiscos será de 15 euros.

Ademais, ao concerto de Uxía & Sérgio Tannus aprazado desde o pasado día 6 de xuño xa se lle está a procurar unha nova data de celebración. 



As entradas con dereito a visita guiada ao Pazo, petiscos e concertos de Xabier Díaz, Chanzo e Germánz Díaz están xa á venda, a un prezo de 15 euros, en http://www.madapro.es/gl/tenda/ e poden adquirirse nalgúns lugares de Compostela como Merlín e Familia (rúa Xelmírez, 14) ou o SCQ café-bar (rúa das Orfas, 2). Ademais, poden reservarse no 690 195 217.

Colexio Oficial de Traballo Social - Non comedores escolares , si servizos sociais

Marta Capeans
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia vén de cualificar coma, “unha gran noticia” a previsión do Concello de Santiago de non abrir ningún comedor escolar durante o verán e a súa aposta por atender as necesidades das familias dende o departamento de políticas sociais. A Presidenta do COTSG, Marta Capeáns, cre que traballar de xeito individualizado dende os servizos sociais “é o que hai que facer” para levar a cabo as medidas necesarias para que ningún neno ou nena careza de alimentación necesaria por estaren as súas familias en situación de vulnerabilidade, e tamén ironiza con que “a pobreza non só existe en verán”. O Colexio cre que a apertura de comedores escolares é “unha mala solución” a un problema que existe e que non é outro que o aumento da pobreza en Galicia. 

O COTSG cre que a medida dos comedores escolares “estigmatiza aos pobres e atenta contra a dignidade dos nenos e das nenas”, e non da solución ao problema real, “sendo un mal parche”, e insístese en que se existen nenos e nenas con carencia alimentaria, “é porque hai familias pobres, que carecen de recursos, e que tamén teñen dificultade de acceso aos servizos públicos esenciais”. A Presidenta cre que o que se debe facer é “aumentar a partida de Axuda de Emerxencia Social ou dos fondos municipais para axudas de emerxencia, co obxectivo de que os nenos e as nenas poidan comer na súa casa xunto coas súas familias”, e que estas axudas sexan “reais, efectivas e rápidas” e que non se demoren na súa tramitación e adxudicación, porque, avisan, “a situación en moitos casos é límite”.

A Coruña
De igual xeito, Marta Capeáns, tamén ve como “moi positiva”, a proposta do PSOE da Coruña de mudar a apertura de comedores escolares pola creación “dun talón restaurante infantil”, destinado ás nenas e aos nenos que na actualidade contan cun bolsa de comedor escolar do Concello. Dende o COTSG lémbrase a posición mantida o ano pasado e que “axudou a concienciar aos partidos de que a apertura dos comedores escolares non era nin de lonxe a mellor situación” e animou a todos os concellos a “facer o propio”.

Ames - Concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 19 de xuño, o concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). O evento comezará ás 20:00 horas e nel participarán máis de 100 alumnos/as da escola que tocarán uns vinte temas musicais. Este concerto clausurará o curso 2014-2015 e servirá para mostrarlles ás familias do alumnado e á veciñanza en xeral o traballo que se desenvolveu durante estes oito últimos meses na EMMA. Ademais, durante esta semana realizáronse audicións de saxofón, guitarra, frauta, violín, piano, percusión e frauta no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.

O principal obxectivo deste concerto é que os alumnos e alumnas da escola poidan poñer en práctica as destrezas que adquiriron cos seus instrumentos durante este curso. Aos nenos e nenas failles unha especial ilusión tocar diante dos seus pais e nais, pero tamén para toda a veciñanza en xeral que desexe gozar do concerto.

Máis de 100 alumnos e alumnas interpretarán uns vinte temas musicais. Neste concerto intervirá o alumando de música e movemento; canto; os grupos de violíns, saxofóns, frautas e guitarras; a orquestra de frautas e percusión; e os grupos de combo xuvenil e de adultos.

Wrecking ball (Miley Cyrus), Knocking on heavens door (Bob Dylan), Oh happy day (versión Sister Act 2), La Valse d'Amelie (BSO da película Amelie), Stairway to heaven (Led Zeppelin) ou Secrets (One Republic) son algunhas das pezas musicais que se escoitarán da man dos músicos amesás que están matriculados na EMMA.

Ademais, esta semana a Casa da Cultura do Milladoiro acolleu varias audicións para que o alumnado se acostume a actuar nun auditorio e lle perda o medo ao escenario. Deste xeito, o luns 15 de xuño houbo audicións de saxofón, guitarra, frauta e violín, mentres que este xoves, 18 de xuño, realizáronse as audicións de piano, percusión e frauta.

Teo - Banco de libros

Este curso a Xunta de Galicia implantou o programa de fondo solidario de libros de texto para 3º e 5º de Educación Primaria. Iso provoca que o alumnado que recibiu axudas para este curso está obrigado a depositar no propio centro os libros adquiridos mediante esta axuda, o que obriga aos colexios a crear un Banco de libros. A Xunta convoca axudas para a adquisición de libros nos cursos 4º e 6º de Primaria, o que condiciona que eses libros quedarán, unha vez rematado o curso, en poder dos centros. 

Casos puntuais como o cambio na editorial de referencia poden provocar que eses libros en depósito non coincidan cos novos. Tal caso ocorre no CEIP de Calo nos cursos de 4º e 6º de Primaria, polo que o Banco de Libros dese centro será só para os cursos de 3º e 5º de Primaria.

No CEIP da Ramallosa manteñen os mesmos libros que estaban utilizando en Primaria, agás en 5º e 6º, xa que non utilizan libros de texto por estar no programa de educación dixital EDIXGAL.

A Concellaría de Educación municipal levaba xa desde o ano 2012 asumindo esta competencia co fin de que as familias do municipio puideran compartir libros de texto e de lectura en bo estado. Esta iniciativa pretendeu servir de apoio económico ás familias, axudándolles a reducir os gastos de escolarización dos seus fillos e fillas. 

O Departamento de Educación, tras chegar a acordo cos centros e coas ANPAS, tomou a decisión de ceder aos centros todos os exemplares dos que dispón co fin de que estes centralicen desde alí o préstamo. Polo tanto, as familias ás que o Concello lles cedese libros en préstamo terán que entregalos no propio colexio ao que acudan os seus fillos, ao cancelarse este servizo no departamento municipal.

Oroso - II Gala do Día do Deporte

O Campo de Fútbol de Sigüeiro acollerá hoxe venres 19 de xuño, a partir das 20:00 horas, a entrega dos premios do II Día do Deporte de Oroso, unha iniciativa coa que o Concello de Oroso quere “recoñecer o traballo de todas as asociacións e clubs deportivos, sobre todo pola función social que realizan en beneficio da veciñanza, ademais de representar ao Concello de Oroso nas distintas competicións e eventos nos que participan”, explica o concelleiro de Deportes, Luís Rey Villaverde. 

Antes da entrega dos premios, a partir das 17:30 horas terán lugar as tradicionais exhibicións das escolas deportivas no polideportivo Juanito Amigo de Sigüeiro. O programa comezará ás 17:30 horas coa exhibición de ximnasia rítmica, seguido por taekwondo ITF (18:00 h), patinaxe (18:30 h) e zumba (19:00 h). Paralelamente, no campo de fútbol haberá inchables e poderase xogar tamén ao tenis de mesa. En ambos casos, entrada é libre e de balde.

Programa do acto
A entrega de premios do II Día do Deporte de Oroso estará presidido polo alcalde, Manuel Mirás, e polo concelleiro de Deportes, Luís Rey, que entregarán unha distinción aos responsables de todos os clubs e asociacións deportivas do municipio: club deportivo Alecrín, Club de Béisbol Leones, Oroso Fútbol Sala, Escola Deportiva Xuventude Oroso, Taekwondo ITF Oroso, Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso, club ciclista Tambre Bike, Oroso Motor Sport, Club Patín Oroso, Oroso Tenis de Mesa, Club Tambre Pitch&Putt, Xadrez Oroso, Club Ximnasia Oroso, SD Deixebre e Sigüeiro FC. Acto seguido, todos os deportistas destes clubs e escolas recibirán cadansúa medalla.

Así mesmo, o Concello de Oroso entregará o Recoñecemento á Mellor Deportista do Ano a Silvia Álvarez Mosquera, do club Oroso Tenis de Mesa. Silvia Álvarez comezou a adestrar aos nove anos e é na actualidade unha das xogadoras máis novas da División de Honra, onde xoga no Oroso TM, e é unha das xogadoras fixas das seleccións galega e española. Ademais, foi campioa galega e de España en varias ocasións nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Ademais, o Concello entregará dous recoñecementos especiais: á ED Xuventude Oroso, polo seu décimo aniversario e polo labor que realiza polo deporte de base no municipio; e ao club ciclista Tambre Bike, pola promoción do deporte e a súa colaboración en eventos deportivos municipais. O Concello de Oroso tamén recoñecerá o traballo de Protección Civil Oroso e Voluntariado de Oroso, así como o apoio ao deporte de empresas como Coca-Cola, Eulogio Viñal Obras y Construcciones e o Grupo Rafra.

Finalmente, o Concello de Oroso entregará tres recoñecementos á traxectoria e dedicación ao deporte en Oroso. O primeiro será para Laureano Iglesias Tato, un dos fundadores da SD Deixebre e membro directivo durante 17 anos. O segundo será para Luciano Dono Nouche, presidente e fundador da SD Oroso, que presidiu ata o 2004. E o terceiro será para José A. Veiga Mosquera, xogador do Sigüeiro FC e da SD Ordes que na actualidade sigue competindo en triatlóns.

O acto contará coas actuacións do club deportivo Alecrín, dos nenos/as da asociación folclórica “Lembranzas do Tambre” e cunha exhibición do club hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso.

Santiago Rugby Club - Este sábado torneo Rugby 7

O Santiago Rugby Club organiza un torneo de rugby 7 (modalidade olímpica) para este sábado 20 dende as 09,30 e ata as 20h que terá lugar no Estado de Santa Isabel desta vila.

O acontecemento contará coa intervención de numerosos equipos galegos chegados dende Vigo, Coruña, Rianxo, Vilagarcía, Pontevedra, Ourense e, claro está, o equipo anfitrión que tamén defenderá a súa posición.

Pero tamén virán conxuntos dende a veciña Portugal, na categoria femenina, os combinados galegos mediranse contra as mozas que virán dende Agraria..

O acto que conta coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, o Concello da cidade e a Deputación de A Coruña será o evento ideal co que celebrar a entrada do verán e co que distraerse das insoportables temperaturas que se agardan para esta fin de semana.

Contactar co Vicepresidente do Santiago Rugby Club

A Baña - Programa municipal de emprego

O Concello da Baña acaba de poñer en marcha, concretamente o pasado 15 de xuño de 2015, o programa municipal de emprego, FOR-EMPREGA. Trátase dun proxecto municipal que combina formación e emprego co obxectivo de capacitar a 12 mulleres da Baña, en limpeza de superficies e locais, e como camareiras de pisos, de cara a unha posible inserción laboral. As persoas beneficiarias ao finalizar a parte teórica do curso van ter a posibilidade de realizar prácticas non laborais en empresas relacionadas coa formación recibida.

Ademáis desta formación, as asistentes contarán co apoio de orientación laboral e dunha titorización que lles servirá de guía e acompañamento no proceso de inserción. Recibirán, tamén, formación en técnicas de busca de emprego, ventas, motivación e emprendemento, márketing, negociación. No plan de formación poden participar aquelas persoas que lles interese aínda que non estean realizando os cursos de limpeza de superficies e de camareira de pisos. Parte destas accións formativas subvenciónanse coa colaboración da Deputación da Coruña.

Outros talleres formativos complementarios deste plan son obradoiros de arte floral e obradoiros de reciclaxe e refugallo de 15 horas cada un deles. Para máis información, poden dirixirse á oficina de desenvolvemento local do Concello da Baña ou nos teléfonos 981 886777 ou 981 886501, ext. 3.

Ames - Os comedores escolares rematan con pizza

Este xoves, 18 de xuño, rematou o curso 2014-2015 na Rede Municipal de Comedores Escolares. Os nenos e nenas clausuraron o curso escolar nos comedores escolares comendo pizza de xamón e queixo e xeado de xeo. Este menú foi elixido o pasado 3 de xuño polos propios rapaces e rapazas nunhas eleccións nas que o departamento de Educación dálles a posibilidade de elixir o menú de fin de curso. 

O menú que degustaron hoxe os usuarios/as da Rede Municipal de Comedores Escolares estivo composto por ensalada de xoubas, pizza de xamón e queixo, e xeado de xeo (polo de amorodo). O Concello fai valer a súa representatividade para elixir o primeiro prato que compón o menú, de maneira que o segundo prato e a sobremesa son decisión dos alumnos/as e outra vén definida pola dirección da Rede Municipal de Comedores Escolares. Aínda que o curso remata mañá, 19 de xuño, este menú serviuse hoxe porque o último día a gran maioría do alumnado xa come na súa casa. 

O alcalde de Ames, José Miñones, tamén quixo despedir o curso entre o alumnado amesá e acudiu ata o comedor do CEIP A Maía para xantar cos alumnos/as deste centro de ensino. O alcalde estivo acompañado pola concelleira de Educación, Luísa Feijóo, o concelleiro de Desenvolvemento sostible, Infraestruturas e Planificación, Blas García, e de representantes de todos os grupos políticos que forman a corporación municipal de Ames.

Por outra banda, asistiron profesores e/ou directores/as dos centros de ensino do CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEIP de Barouta e EEI do Milladoiro, representantes das ANPAS, o conserxe do CEIP A Maía, a directora da escola infantil municipal O Bosque, a aparelladora municipal, os representantes das empresas de monitoraxe dos servizos complementarios municipais, e as traballadoras do departamento de Educación.

Os pratos que compuxeron o menú de fin de curso foron elixidos o pasado 3 de xuño nunhas eleccións que se organizan todos os anos co fin de que o alumnado aprenda os valores dunha educación en democracia e a respectar o que elixe a maioría. Ademais esta actividade serve para que o Concello coñeza os gustos e preferencias dos máis cativos a hora de xantar.

Obradoiro CAB - Artem Pustovyi novo pivot para o equipo

El pívot Artem Pustovyi, de 2,16 metros y 22 años, será jugador del Rio Natura Monbus Obradoiro durante las próximas tres temporadas, según el acuerdo de cesión al que han llegado el jugador, el Khimik – propietario de sus derechos deportivos– y el club gallego.

El jugador, internacional por Ucrania U18, U20 y Absoluto (disputó el pasado Mundial de Baloncesto de España 2014), acaba de proclamarse campeón de la liga de su país, promediando en la competición 10.5 puntos, 4.8 rebotes y 1.7 tapones en 18 minutos de juego.

Nacido en Sofiivka (Ucrania), llevaba toda su carrera en el BK Khimik, con el que ha disputado competiciones europeas como la Eurocup (2013/14) o la Eurochallenge (2011/12 y 2012/13).

“Con Artem adquirimos principalmente un proyecto de jugador, si bien pensamos que en poco tiempo podrá ayudarnos a conseguir nuestros objetivos. Todavía está en plena formación física y técnica, pero también pensamos que ha elegido el lugar adecuado para añadir a su capacidad de trabajo, movilidad y envergadura, otros recursos técnicos. Agradecemos al BK Khimik, club en el que se ha formado, las facilidades mostradas para llegar a un acuerdo y asociarse a nuestra visión”, afirma el director general del club, José Luis Mateo.

Axenda e tempo do xoves 18 de xuño - Música, teatro, coctelería, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Auditorio - Insolación

Santiago - Praza Praterías - banda Municipal

Santiago - Casa das Crechas - Alejandro Vargas e Lar legido

Santiago - Área Central - Campionato de baristas

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Poo Galego - Dionisio Tasende, De homes... e mulleres (ata o 5 de xullo)

Santiago - Fonseca Fotoperiodismo pola inclusión (ata o 30 de xuño)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Veciños de Boqueixón - Proposta de funcionamento do concello

Xabier Canabal Fernández, María Carmen Soutullo Carolo e Perfecto Barcala Mosquera, concelleiros do Grupo de Veciñ@s, fan entrega mediante o presente escrito, dun decálogo de propostas en relación á organización municipal ao fin de que sexan tidas en conta polo Alcalde da corporación nos primeiros plenos municipais.

PRIMEIRO: TRANSPARENCIA E PARTICIPACIÓN VECIÑAL.

O Grupo Municipal de Veciños establece prioritario nos primeiros plenos da lexislatura tomar iniciativas en favor da Transparencia e Participación Veciñal. Así, entre outras medidas, propoñemos:

· Creación dun Regulamento de Participación Veciñal que permita aos veciños participar activamente nos asuntos municipais, así como a intervención nos plenos da corporación. 

· Creación dunha bolsa pública de emprego, para que todos teñan igualdade no acceso aos postos de traballo do concello e onde as empresas interesadas poidan ofertar traballo.

· Creación dunha bolsa pública de Contratación, onde se ofertarán accións a desenvolver polo concello e se inscribirán as empresas que queiran acceder a contratos coa administración.

· Transparencia nas contas públicas: Publicación das contas públicas do concello así como do estado de execución orzamentaria.

· Control de subvencións públicas; As axudas públicas que reciban os diversos movementos veciñais serán en convocatoria pública e estarán publicadas na web do Concello.

SEGUNDO: REMUNICIPALIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS.

A privatización dos Servizos públicos foi unha práctica extendida no noso concello con dúas consecuencias directas:

· O encarecemento dos servizos públicos básicos.

· A corrupción na adxudicación de servizos públicos. No caso concreto de Boqueixón, a Operación Pokemon deixou as claras a corrupción existente no servizo de Axuda a Domicilio, e actualmente, e despois dun lote de iniciativas presentadas, viuse que o contrato da auga asinado en 2004 (coa ampliación no 2006 ata o 2043) é claramente ilegal.

O modelo municipal de Veciñ@s baséase nunha recuperación de todos aqueles servizos públicos que actualmente se atopan externalizados en mans de empresas privadas. E facémolo en base aos principios de economía, transparencia e eficacia.

É así que a curto prazo propoñemos a asunción dos servizos públicos da auga municipal e da Axuda a Domicilio, onde o concello podería incidir directamente sobre a redución dos custos, sobre as taxas (baixada detaxas) e nunha mellora na prestación destes servizos.

Por outra parte tamén vemos imprescindible estudar a Curto Prazo a recuperación do Servizo de Urbanismo, que podería mancomunarse con algún dos concellos limítrofes.

E a medio prazo propoñemos ao Alcalde o estudo detallado de todos aqueles servizos externalizados en mans de empresas privadas, ou públicas, para ver a posibilidade de prestalos directamente.

TERCEIRO: PLENOS ORDINARIOS.

En aras a unha maior transparencia e participación dos asuntos municipais, o grupo de Veciñ@s dálle unha especial relevancia ao Pleno Municipal sobre a Xunta de Goberno e as Resolucións da Alcaldía, por estar representados a voluntade popular das eleccións do 24 de maio.

Por iso ainda que o artigo 46.2.a) establece un mínimo de un pleno ordinario cada tres meses nos concellos de menos de 5.000 habitantes, somos partidarios de que estes se celebren mensualmente, preferiblemente os últimos xoves de cada mes en horario de tarde – noite (a partires das 20.30 h), ao fin de que quen quixer poida interesarse directamente sobre os asuntos do pleno.

Por outra parte tamén solicitamos a gravación e publicación dos plenos ordinarios a través da páxina web.

CUARTO: CONSTITUCIÓN DA XUNTA DE GOBERNO.

Segundo establece o artigo 20 1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, “A Xunta de Goberno Local existe en todos os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes e nos de menos, cando así o dispoña o regulamento orgánico ou así o acorde o Pleno do seu Concello”.

Ao ser Boqueixón un concello de menos de 5.000 habitantes, e non existindo de momento “regulamento orgánico do pleno”, Veciñ@s considera que non debera retirarlle funcións ao pleno para outras comisións ou xuntas delegadas do Pleno.

Por iso propomos a eliminación da Xunta de Goberno Local, ou se non é posible, a inclusión de todos os grupos municipais na mesma. Así pois, no caso de que o Pleno acorde necesario crear a Xunta de Goberno Local, esta proposta deberá ser motivada, deberáreunirse como máximo en sesión ordinaria unha vez ao mes, dentro dos primeiros 15 días, e deberá estar representada por todos os grupos participantes do Pleno.

QUINTO: CONTRATACIÓN.

En aras a unha maior transparencia na contración de obras e servizos municipais, o grupo municipal de Veciñ@s, propón a adxudicación de obras e servizos mediante o procemento aberto, non contemplando o procemento negociado, que é unha figura que o lexislador deixou na lei de contratos e polas que se realizan habitualmente adxudicacións sen trasparencia e a veces a división de proxectos en “fraude de lei”. 

É así que propomos:

· A adxudicación de obras e servizos mediante o procedemento aberto.

· Que os pregos de clausulas de contración sexan informados pola mesa de contración.

· Que todas as contracións, con independencia das cantidades, sexan análise de proposta da propia mesa de contración.

· Que todos os grupos políticos con representación municipal estén representados nestas mesas de contración.

SEXTO: DISPOSICIÓN DE LOCAIS AOS GRUPOS MUNICIPAIS.

Para unha separación entre o traballo dos grupos municipais e a actividade propia do Concello, Veciñ@s considera de especial importancia que cada grupo conte cun local na propia casa do Concello, atendendo e dando cumprimento ao artigo 27 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídica das Entidades Locais, e que establece que “na medida das posibilidades funcionais da organización administrativa da entidade local, os diversos grupos políticos disporán na sede da mesma dun despacho ou local para reunirse de maneira independente e recibir visitas de cidadáns, e o Presidente ou o membro da Corporación responsable da área de réxime interior porá á súa disposición unha infraestrutura mínima de medios materiais e persoais.”

Tendo en conta a actual dimensión da Casa do Concello, consideramos que existe sitio máis que suficiente para dar cabida a dous locais para as dúas formacións con representación municipal, e así tamén solicitamos o acceso ao wifi do concello e dalgún medio de impresión para desenvolver o noso traballo.

Asemade solicitamos a disposición dun buzón de correos no Concello para recibir a correspondencia.

SÉTIMO: ACCESO AOS EXPEDIENTES E INFORMACIÓN MUNICIPAL.

O grupo municipal de Veciñ@s solicita poder acceder aos expedientes e información municipal cunha periodicidade mínima dun día por semana (preferiblemente os sábados en horario de mañá), así como o acceso extra a outra información e expedientes cando por motivos xustificados, requira o emprego dalgún día extra.

O grupo municipal de Veciñ@s comprométese a que o acceso á información non dificulte o normal traballo dos funcionarios e traballadores do Concello.

OITAVO: RETRIBUCIÓNS INDIVIDUAIS E ASIGNACIÓN A GRUPOS.

O grupo municipal de Veciñ@s, considera asemade necesario que se retribúan aos grupos municipais, prioritarimente sobre as retribucións/dietas individuais que veñen asignándose aos concelleiros nos últimos anos.

Por iso, e sendo conscientes da actual situación económica do Concello, e non querendo que se destinen máis fondos á retribución dos membros da corporación propoñemos que as asignacións / dietas aos concelleiros se reduzan como minimo do 50% do actual, e se asigne aos grupos políticos unha retribución en función dos seus concelleiros.

NOVENO: RETRIBUCIÓNS AOS CONCELLEIROS DELEGADOS.

En aras a un Principio de Economia, o Grupo Municipal de Veciñ@s considera que os concelleiros delegados non deberán percibir dietas polas distintas reunións de concelleiros delegados.

Porén, se a proposta da alcaldía e contraria a este principio, o grupo de Veciñ@s esixirá que de todas estas reunións se levante acta, que será enviada por medio de correo electrónico a totalidade d@s concelleir@s.

DÉCIMO: ADICACIÓN EXCLUSIVA.

O Grupo Municipal de Veciñ@s considera necesario que exista unha única adicación exclusiva no Concello, que debe ser a do seu Alcalde – Presidente.

Por iso dende o grupo consideramos e esiximos que o Alcalde teña adicación exclusiva aos asuntos do Concello durante os vindeiros 4 anos, esixíndolle tamén traballo e adicación a prol d@s veciñ@s, polo que deberá percibir unha retribución razonable, e que en todo caso non supere os 3,5 SMI Brutos (Salario Minimo Interprofesional).

E para que así conste aos efectos oportunos, asinamos a presente proposta de organización, En Boqueixón, o 16 de xuño de 2015.

Frades - A nova xerencia da gasolineira de Ponte Carreira comeza a traballar

A nova xerencia da gasolineira de Ponte Carreira vén de restablecer o servizo ao público neste mes de xuño, garantindo a dispoñibilidade de todos os combustibles e anunciando que xa teñen solicitado o permiso para poder vender Gasóleo B agrícola e bombonas de butano. Así llo comunicou a nova xerencia da estación ao alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, quen nos últimos meses mantivo varios contactos tanto coa nova xerencia como co antigo propietario para ver de solucionar os problemas de subministro da instalación que tantas molestias e problemas lle ocasionaron aos condutores e condutoras do municipio.

A nova xerencia da gasolineira de Ponte Carreira confirmou que dende o pasado 3 de xuño, data na que recomezaron o servizo, dispoñen de todos os combustibles e que mesmo ampliaron nunha hora o servizo de atención ao público: de 7:00 a 23:00 horas. Ademais, apuntaron que entre os plans futuros da instalación figuran a instalación dun servizo de lavado de vehículos.

Roberto Rey recibiu con satisfacción este anuncio, que pon fin a máis dun ano de problemas polos continuos desabastecementos que sufriron os clientes da gasolineira de Ponte Carreira. Uns problemas que mesmo chegaron a ser tratados polo pleno municipal en varias ocasións e que, de xeito unánime, acordaron presentar varias reclamacións e queixas diante da Xunta e da empresa Repsol, que finalmente concluíron cun cambio de titularidade na estación de servizo, tal e como tamén esixiron todos os grupos municipais de Frades.

Ames - Este sábado xornada de piragüismo

O Concello de Ames, a través da concellaría de Deportes, organiza este sábado, 20 de xuño, unha xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverá na praia fluvial de Tapia entre as 11:00 e as 14:00 horas. Esta actividade ten a finalidade de que todos os amienses que o desexen poidan aprender a dominar esta embarcación. A xornada será de portas abertas polo que poderán asistir todas aquelas persoas interesadas nesta actividade pero que sexan maiores de 7 anos. Para participar nesta actividade gratuíta hai que levar traxe de baño, unha camiseta e chancletas. O que si é imprescindible é saber nadar. Non é necesario inscribirse previamente. 

A predición meteorolóxica apunta a que esta fin de semana vai facer bo tempo polo que o sábado é un bo día para iniciarse nun deporte de auga como é o piragüismo. Para elo a concellaría de Deportes organizou para este sábado, 20 de xuño, en colaboración co Club de piragüismo Ribeiras do Tambre e coa Deputación da Coruña, unha xornada de iniciación ao piragüismo.

Aprender a subirse a unha piragua, a manter o equilibrio e a manexar as palas para que a embarcación se desprace correctamente son os obxectivos básicos que persegue a actividade Achégate ao piragüismo, que se celebrará este sábado nas instalacións da praia fluvial de Tapia. O Concello de Ames conta coa colaboración do Club Piragüismo Ribeiras do Tambre que se encarga de impartir esta actividade.

Así, todas as persoas que desexen iniciarse no deporte do piragüismo poderán participar e gozar desta xornada de portas abertas que se celebra todos os anos. As persoas maiores de 7 anos que saiban nadar poderán achegarse ata a praia fluvial de Tapia, entre as 11:00 e as 14:00 horas, para aprender a remar polo río Tambre, a controlar a dirección da piragua e algunhas outras nocións básicas. Recoméndase o uso de traxe de baño, camiseta, e chancletas. Esta actividade desenvolverase na praia fluvial de Tapia, dado que neste lugar existen unhas instalacións inmellorables para a práctica deste deporte.

Brión - Esta fin de semana os Encontros coa Arte cumpren 10 anos

Este ano xirarán en torno á figura de Manuel María e terán lugar do 19 ao 21 de xuño

Ademais das sesións de pintura ao natural e da exposición de obras, este ano inclúense dúas actividades novas: o concerto “A lúa prendeu a luz, de Puntadas sen fío; e a exposición “Manuel María, a palabra viva”

Os Encontros coa Arte de Brión celebran este ano a súa décima edición. Unhas xornadas de creación e convivencia artística que, coa inspiración das paisaxes brionesas e coa lembranza dunha figura das nosas letras, reúnen cada ano en Brión a prestixiosos artistas plásticos procedentes de toda España. Este ano serán un total de 28 artistas, que se reunirán en Brión do 19 ao 21 de xuño.

Este ano, o escritor homenaxeado vai ser o poeta e académico galego Manuel María, un autor comprometido política e socialmente coa cultura galega. O seu legado estará presente durante os encontros en diversas actividades, entra as que destaca a exposición “Manuel María, a palabra viva”. Unha mostra cedida pola “Fundación Manuel María de Estudos Galegos” que poderá visitarse no Centro Social Polivalente dende o 20 de xuño ata o 26 de xullo .

Ademais, na tarde do 19 de xuño os veciños e veciñas de Brión poderán asistir ao concerto gratuíto “A lúa prendeu a luz”, a cargo do grupo Puntadas sen fío, conformado pola vocalista Xiana Lastra, o saxofonista Roberto Rama e o percusionista Juan Collazo. A cita é ás 20:30 horas no salón de actos do Centro Social Polivalente. A entrada é libre ata completar aforo.

Programación
Os 28 pintores que participarán nos X Encontros coa Arte son: Alba Roqueta, Antón Sobral, Beatriz Ansede, Carmen Hermo, Carmen Pernas, Chelo Rodríguez, Enrique Ochotorena, Francisco Escudero, Frutos Casado de Lucas, Jaime Galdeano, Jano Muñoz, José Antonio Regidor, José Calarzo, José María Ysmer, Laureano Vidal, Luís Romero, Maica Alonso, Manuel Méndez, María Manuela, María Xesús Díaz, Paco Casal, Rafael Arroyo, Ricardo de Arce, Ricardo Rilo, Veiras Manteiga, Víctor Casas, Xosé Vázquez Castro e Xosé Vizoso.

A comitiva chegará a Brión ás 13:30 horas do venres 19 de xuño, onde será recibida polo alcalde José Luís García. Os artistas comezarán co seu primeiro obradoiro de pintura do natural ás 16:00 horas na entorna de Fonteparedes, na parroquia de Ons. Alí traballarán nos seus lenzos ata as 19:00 horas nunha oportunidade aberta a toda a cidadanía para gozar en vivo do proceso creativo e artístico que conduce á realización dunha obra de arte.

Despois do concerto “A lúa prendeu a luz”, a comitiva trasladarase á sala de exposicións municipal de Brión para inaugurar a mostra das obras doadas polos artistas participantes no VIII Encontro coa Arte “Lembrando a Roberto Vidal Bolaño”, celebrado en xuño de 2013. Calcúlase que será a iso das 21.30 horas

O sábado 20 e o domingo 21, os artistas retomarán os seráns de pintura ao aire libre abertos a todos os veciños. O primeiro día poderemos atopalos na entorna da Igrexa parroquial de Santa María de Viceso, de 10:00 a 13:30 horas. O domingo, no mesmo horario, ficarán pintando no Paseo do Río Pego.

Paralelamente ás xornadas, a sala de exposicións municipal da Casa da Cultura acollerá un “Mercado da Arte”, que estará aberto o sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas. O domingo volverá abrir de 10:00 a 14:00 horas.