Axenda e tempo do sábado 25 de abril - Música, teatro, feiras, deportes, exposicións

Santiago - Numax 

Ordes - ExpoOrdes

Santigao - geografía e Historia - Leo Bassi

Teo - II Certame Canción de autor en Galego

Santiago - Zona C - In Memoriam

Oroso - IV Campeonato de Patinaxe

Santiago - Capitol - Nueva Vulcano + Rosvita + Djalminha

Val do Dubra - III Ruta das Tapas

Santiago -  Danza familiar - Romeo y Julieta

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Brión - Vagamundos (fotografía) - (ata o 8 de maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Igrexa da Universidade  En (re)torno a Paisaxe (ata o 31 de maio)

Santiago - USC - Exemplares do Quixote (ata o 30 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - retrospectiva de Rudy Daini (ata o 3 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Ordes - Inaugurada ExpoOrdes

A Feira Multisectorial e de Maquinaria Agrícola ExpoOrdes 2015 abriu onte as súas portas, tendo ao secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto González, como invitado especial. Acompañado polo alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade, Manuel Regos, e o resto da corporación municipal e demais alcaldes e autoridades da comarca percorreron as instalacións visitando todos e cada un dos postos. Unha primeira xornada dedicada especialmente a autónomos e empresarios da zona, que un ano máis ven nesta cita unha oportunidade única de promoción. 

Tras o percorrido polas instalacións todas e todos os asistentes desfrutaron dun ágape no que puideron escoitar da voz do secretario de Unións Agrarias “a gran oportunidade que supón Expoordes para demostrar que o rural non só ten que estar ligado aos cultivos e o gando. No rural hai cabida para outros proxectos empresariais que precisan de menos cartos que os investidos noutras iniciativas industriais localizadas nas cidades”. Pola súa banda Manuel Regos insistiu no papel relevante que esta cita ten “non só para o municipio senón para todo o sector empresarial da comarca e máis alá”. Regos amosou a súa satisfación por ser a edición que máis emprendedores participan con máis dunha vintena. Tamén animou a emprender no municipio fórmulas cooperativistas capaces de promocionar e facer medrar a comercialización dun dos seus produtos máis destacados, o grelo. 

Hoxe sábado a xornada estará dedicada á Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, contando coa presenza de alcaldes e autoridades destacadas de cada un dos sete municipios que a integran. Tamén será unha xornada especial para o cooperativismo, xa que esa mesma mañá a partir das 13.30 horas o posto de cooperativas ten prevista unha mostra e degustación de produtos tan variados como viño, froita deshidratada, queixo, doces etc. Unha cita especialmente orientada a posibles compradores e distribuidores que queiran manter un contacto directo cos produtores. Concretamente participarán as cooperativas Xeira, Nosa Enerxía, A Capela, Condado Paradanta, Eidosela, Frugal, Greleiras de Anxeriz e Pulponor. 

Un protagonismo que neste sábado se compartirá coa artesanía, xa que este ano ExpoOrdes coincidirá cunha feira de artesanía que se instalará na Alameda o sábado e domingo de 11 a 20 horas. Máis de setenta postos de artesáns exporán un gran número de creacións como pezas de coiro, bixutería, xoiería, abelorios e elementos feitos con madeira, alimentación, la e gancho, agasallos de todo tipo e para todas as idades e gustos, sacos térmicos con sementes e elementos naturais, roupa infantil e para adultos, patchwork...

O domingo 27 terá lugar a XXVI Degustación do Champiñón. Bares, restaurantes e establecementos hostaleiros da zona repartirán de balde tapas e racións elaboradas con este produto dende as 11 horas. En total estímase que serán máis de 7.000 quilos os que se preparen para ser degustados ao longo de todo o día por veciños, veciñas e visitantes. Á mesma hora tamén darán comezo as exhibicións e probas de agility canina nas inmediacións do Campo da Feira. Outra novidade nesta edición será a exhibición de vehículos de competición. Dentro dun enfoque máis cultural o grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes, a Banda de Música de Ordes e as charangas NBA e Mekánika axudarán a facer festa e a que os presentes se animen a botar algún que outro baile.

ExpoOrdes está considerada como unha das máis importantes feiras mulitsectoriais e de maquinaria agrícola de toda a rexión. Nesta ocasión hai que volver falar de máis de 120 postos dedicados á alimentación, automoción, construción, moble, medio ambiente, enerxías renovables, deportes, mecánica, téxtil... ademais das institucións e asociacións que tamén estarán. Para iso o Concello de Ordes instalará unha carpa de arredor de 2.000 metros cadrados no Campo da Feira. “As cifras de ExpoOrdes poñen de manifesto a saúde coa que conta a feira cos 35.000 visitantes que se contabilizaron o pasado ano”, manifesta o alcalde de Ordes, Manuel Regos.

Teo - Exposición Libros de Aquí e II Certame Canción de Autor

Xa se pode visitar, no horario habitual de funcionamento da Medicateca do Grilo, a exposición Libros de Aquí. Esta exposición, que vai xa pola súa terceira edición, ten como obxectivo poñer en valor e facer visibles as múltiples obras de autores e autoras naturais e residentes en Teo. Nesta edición do 2015 son nove as persoas das que se expoñen os seus traballos, algúns que fan creación literaria, outros que fan investigacións en diferentes áreas do saber.

Este ano conforman a exposición a catedrática da Universidade Paul-Valéry de Motpellier, Carmen Alén Grabato, a filóloga e xornalista, Claudia Castro, o membro da Real Academia Galega, Salvador García-Bodaño, o mestre afeccionado á pintura, Guillermo González Raviña, o asesor lingüista, Paulino Novo Folgueira, o Catedrático de Filoloxía Galega da USC e membro da RAG, Xosé Luís Regueira Fernández, a doutora en Economía, Rosa María Regueiro Ferreira, o doutor e enxeñeiro químico, Héctor Rodríguez Martínez e o filólogo Xesús Manuel Valcárel.

O alcalde, Martiño Noriega, manifesta sobre a exposición que “neste lugar de encontro teñen acubillo homes e mulleres cun lugar de privilexio reservado no universo da cultura galega e tamén traballos de homes e mulleres merecentes de ser divulgados entre a cidadanía do Concello”. Pola súa banda a concelleira de Cultura e impulsora da exposición, Carme Hermida fai referencia á cantidade e calidade do material recollido “a gran cantidade de material atopado –velaí a fartura de vivirmos nun dos concellos con maior nivel sociocultural de Galicia- obrigounos a concibir unha mostra denominada Libros de aquí que, xa desde o seu inicio, se deseñou con varias edicións”.

Certame Canción de Autor
O II Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo' celebra a súa gala final este sábado día 25 de abril. Esta fase do concurso contará con 8 finalistas de “grande calidade”, tal e como afirma o director artístico do dito Certame, Xoán Curiel. A cita será ás oito do serán no Auditorio da Ramallosa e a entrada é de balde. Ademais, o público terá un papel moi importante, xa que será quen outorgue o accésit á mellor canción e á/ao mellor artista. 

Na dita gala, os oito finalistas: Sofía Espiñeira, Laura Iglesias, Noé Subiela, Isis, Pilar Martínez, Lucía da Fonte, Sandra Tenreiro e Umbra, disporán de oito minutos para defenderen a súa actuación, estilo e calidade. Como novidade, o público poderá dar dous accésits, sendo un deles á mellor canción —e non á canción orixinal tal e como si se fixera na pasada edición do Certame.

Desde a organización animan a calquera persoa interesada a se achegar á xornada decisiva do concurso, que se converterá nunha «festa da música e a palabra». A gran final comezará ás 20 h no Centro Sociocultural da Ramallosa, a carón da Casa do Concello, e as entradas son de balde. A gala terá unha duración aproximada de dúas horas. 

Tal e como afirma Xoán Curiel, a elevada calidade das e dos participantes fixo “moi difícil” o traballo do xurado formado polo propio cantor fonsagradino, pola Concelleira de Cultura do Concello de Teo, Carme Hermida, pola artista Najla Shami, o xornalista Juan Torreiro e a xestora musical Inés Portela. 

O II Certame de Canción de Autor en galego 'Concello de Teo' está organizado polo propio Concello e conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, de Gadis e conta coas colaboracións de, entre outras entidades, Músicos ao Vivo. Para todos eles, o agradecemento de Xoán Curiel, xa que «sen a súa implicación non sería posible organizar este evento».

O premio ao gañador ou gañadora será, entre outros, a gravación dun EP. Ademais, a vencedora ou vencedor disporá dunha serie de concertos e de promoción na prensa. 

Tanto para os que chegaron á final como para os que non, Xoán Curiel mostra a súa «satisfacción» porque estes traballos serviron para visibilizar os e as creadoras noveis do noso país. 

Contacontos na Mediateca do Grilo
O Contacontos de libros contentos, de Carmen Domech da Compañía de Títeres Cachirulo, preséntase o domingo ás 12 na Mediateca do Grilo, destinado a un público infantil e familiar.

Touro - II Carreira Popular Concello de Touro

Mañana domingo, 26 de abril, se celebrará la III Carrera Pedestre Popular Concello de Touro. La carrera, que cuya salida está prevista a las 10.30 horas en Fonte Díaz, está abierta a todos los aficionados a este deporte. 

La prueba en la categoría absoluta tendrá una distancia de diez kilómetros y discurrirá por diferentes puntos del Concello de Touro, entre los que estará el núcleo urbano de Fonte Díaz. La organización, que ofrecerá una camiseta a todos los participantes, entregará trofeos para los tres primeros clasificados de cada categoría. 

También tendrán premio los tres primeros corredores locales de la categoría absoluta. La entrega de premios está prevista para las 13.30 horas frente a la sede del Concello de Touro, en Fonte Díaz. Las categorías de la prueba abarcan desde los más jóvenes hasta los más veteranos. 

El recorrido de la prueba estará adaptado a cada una de las edades. En la organización de la carrera, además del Concello de Touro, participan la Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña y la imprenta Ayude de Arzúa.

EU Santiago - Revidicación do Día da Visibilidade Lésbica

Por oitavo ano consecutivo, os movementos LGTBI (movemento de lesbianas, gais, transxénero, bisexuais e intersexuais) e feministas do Estado reivindican o día 26 de Abril como o Día da Visibilidade Lésbica.

A multiplicidade de identidades con que cada persoa se identifica, sitúannos nun lugar determinado do escalafón social. Así, aquelas identidades menos privilexiadas polo sistema, teñen cotas maiores de vulnerabilidade. Por iso, algunhas características identitarias como a orixe étnica, a clase, a identidade de xénero, a orientación sexual ou os tipos de diversidade funcional, son cruciais para a posición social que ocupa cada persoa. E iso é algo do que calquera goberno debe facerse cargo, así, os avances logrados en materia de igualdade non poden opacar as múltiples formas de discriminación que prevalecen tanto na sociedade como nas institucións.

E é que aínda queda moito que reivindicar para as lesbianas, pois, do mesmo xeito que o patriarcado fai mella na sociedade dificultando que as mulleres logren unha igualdade de facto con respecto aos homes, as lesbianas enfróntanse a máis discriminacións e barreiras: en principio, ademais de por mulleres, discriminadas porque a súa orientación sexual lévaas a vivir a súa sexualidade á marxe dos homes.

A invisibilidade social do lesbianismo; a súa constante obxectivación sexual nos medios; o acoso escolar e nas rúas, que sofren a diario; as agresións homófobas que van en aumento nos últimos meses; os recortes en gasto social que se traducen en menos esforzos en materia de igualdade; a discriminación laboral da que as desprotexen nas últimas reformas; a feminización da pobreza e a precariedade laboral que provoca a crise; a exclusión das relacións lésbicas de parella dos recursos dispoñíbeis en materia de violencia doméstica ou intraxénero; o gran descoñecemento da comunidade médica ante a realidade das lesbianas; así como a negativa por parte dalgunhas comunidades autónomas ao seu acceso a tratamentos de reprodución asistida, son só algunhas das violencias que sofren as lesbianas no noso país.

En temas deste calado, a memoria histórica é de vital importancia, xa que houbo épocas en que o propio Estado era o que penaba e perseguía a homosexualidade. Por iso, a loita contra a lesbofobia debe pasar inevitablemente por que as institucións outorguemos o recoñecemento que se merecen aos movementos LGTBI e feministas, cuxa loita e traballo diario posibilitaron algúns dos avances máis importantes en materia de igualdade, ámbito fundamental para toda democracia..

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de



ACORDOS
Primeiro. Este Concello comprométese a levar a cabo a realización de campañas de sensibilización social que ofrezan referentes públicos de mulleres lesbianas, para acabar coa invisibilización que sofre este colectivo así como para servir de apoio ás mulleres lesbianas que están no proceso de saír do armario e requiren de referentes positivos

Segundo. Desenvolverá conxuntamente coa Xunta estudos levados a cabo nos centros de saúde de mulleres lesbianas infectadas con VIH e Infeccións de Transmisión Sexual.

Terceiro. Fomentará a inclusión das mulleres lesbianas nas políticas de igualdade de xénero para que estas teñan en conta a súa realidade e poidan levar a cabo desde as institucións públicas medidas para eliminar a discriminación e invisibilidade social que viven as mulleres lesbianas.

Cuarto. Instará ao Goberno central á modificación da carteira de sanidade para incluír novamente ás mulleres lesbianas e mulleres solteiras nos programas de reprodución asistida públicos.

Quinto. Instará ao Goberno central a afondar na inclusión da realidade das mulleres lesbianas nos protocolos xinecolóxicos para que o persoal médico coñeza as prácticas sexuais e poidan recibir unha atención adaptada ás súas necesidades

USC - A Igrexa da Universidade acolle ‘En (re)torno á paisaxe

Un retorno á paisaxe dende a ollada contemporánea de varios artistas sobre o territorio. Miradas diverxentes sobre a natureza, o urbano, o real e o artificio. Iso é o que evoca a exposición ‘En (re)torno á paisaxe. Doce olladas contemporáneas sobre o(s) territorio(s)’ que este xoves se inaugura ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade nun acto no que participan a adxunta á vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Carmen Segura; a comisaria de exposición, Paula Cabaleiro, e a concelleira de Cultura de Santiago, María Antón.

A mostra recolle diferentes maneiras de achegarse a un dos xéneros ‘clásicos’ da historia da arte dende a arte contemporánea, a paisaxe. Doce artistas ensinan a súa particular visión do territorio a través de vídeo, fotografía, pintura, escultura, debuxo e instalacións.“Un diálogo dos autores cun público –explica Paula Cabaleiro– que seguro vai atopar vínculos emocionais con cada unha das súas obras”.

Carla Andrade amosaen fotografías o baleiro como materia dúctil para construír a paisaxe; mentres que o individuo contempla quedoo movemento dunha paisaxe cambiante na obra de Lois Patiño. En Vari Caramés ollamos a viaxe, o paseo e o relato que provoca o recordo dunha escena. A paisaxe percorrida tamén é o miolo da obra de Pamen Pereira, que impregna con fume o papel para debuxar nunha cartografía emocional a paisaxe vivida na Antártida. O lucense Iago Eireos propón unha instalación con pranchas de aceiro onde a paisaxe é sonora.

Sobre unha escada de madeira Carme Nogueira relata a memoria social do lugar ante o lago de Lietzensee, mentres que Manuel Sendón pon o seu obxectivo fotográfico sobre a irracionalidade construtiva galega froito do estalido da crise económica e da burbulla inmobiliaria. Unha visión crítica cara a degradación da nosa natureza é reflectida pola instalación site-specific de RuthMontiel Arias, que toma como xerme o fenómeno dos chemtrails (estelas de gases químicos). Tamén realizada ex profeso para Igrexa, Sara Coleman propón unha instalación téxtil que emerxe dun ceo nocturno en forma de cúpula invertida, nunha amalgama de fíos reflectantes que debuxan un cumio incandescente. 

Ata 50 insectos amoréanse na obra de Elena Fernández Prada, que presenta unha compilación natural que lembra os antigos tratados científicos. Xa desafiando a gravidade, unha "pedra do país" sostense sobre unha pequena táboa na obra de Jorge Perianes, onde a súa sombra perfila o territorio vertical que ocupa unha casiña de madeira. Pola súa banda,Sheila Pazos deseña unha paisaxe portátilna súa última colección de moda inspirada na súa Suíza natal.

‘En (re)torno á paisaxe’ poderase visitar ata o 31 de maio de luns a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Logo da súa estancia en Santiago a mostra exporase no Museo Arqueolóxico de Cacabelos (León) e no Museo de Pontevedra.

Oroso - IV Campeonato de patinaxe esta fin de semana

O polideportivo municipal de Sigüeiro acollerá durante esta fin de semana a cuarta edición do Campionato de Patinaxe “Concello de Oroso”, que cada ano reúne a unhas 130 patinadoras. Os deportistas Aida Vieites, Pablo Vasallo e Nadia Iglesias serán os patinadores convidados en ambas as dúas xornadas.

O campionato comezará este sábado 25 abril, a partires das 10.00 horas, rematando a xornada de mañán ás 14.30 horas. O certame continuará pola tarde, entre as 16.00 e as 21.00 horas. Xa para o domingo, as sesións desenvolverase en horario de 16.00 a 20.00 horas.

A cita está organizada polo Club Patín Oroso e conta coa colaboración do Concello de Oroso, a Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Patinaxe. Así mesmo, conta co patrocinio do Club Hockey Compostela, Santos Salgado, Sigüeiro Impresiones, Atmósfera Sport, Coca-Cola e Tesec Audiovisuales. 



Frades - II Edición da Carreira Popular

O Concello de Frades convoca a segunda edición da súa Carreira Pedestre Popular, que terá lugar durante a tarde do próximo venres 1 de maio e que está organizada polo Concello de Frades e pola Federación Galega de Atletismo, en colaboración coa Deputación da Coruña, Carreiras Galegas e Correr en Galicia. Unha proba de 8 quilómetros, na súa categoría absoluta, e que este ano terá un fin solidario xa que todo o recadado nas inscricións será doado á Asociación Española contra o Cancro.

Outra das novidades da proba é que se integra no III Circuíto Provincial de Carreiras Populares promovido pola Deputación da Coruña, marcando de feito o inicio desta terceira edición do circuíto. A día de hoxe xa hai 80 atletas anotados nas distintas categorías e o prazo de inscrición estará aberto ata as 23:00 horas do martes 28 de abril na web www.emesports.es. As anotacións nas probas escolares son totalmente gratuítas (pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís –é dicir, de catorce ou menos anos) mentres que os demais atletas (júniors, promesas, sénior e veteranos) deberán achegar 5 euros. 

Premios
O Concello de Frades destina 1.140 euros en premios para os catro primeiros clasificados da categoría absoluta e para os tres equipos que mellor se clasifiquen tanto na categoría masculina como feminina. Os clubs que desexen optar a estes premios deberán formalizar a inscrición individual de cada atleta na web www.emesports.es e despois remitir un correo electrónico á dirección de correo FGAsantiago@gmail.com cos datos do club xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou delegación correspondente no seu defecto.

Ademais dos premios en metálicos, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto para homes como para mulleres. O Concello de Frades tamén entregará trofeos especiais ao club-entidade-colexio que aporte máis corredores e trofeo para os tres primeiros clasificados/as empadroados en Frades. O Concello de Frades entregará medallas a todos os participantes escolares.

Probas
A II Carreira Pedestre Popular Concello de Frades desenvolverase a partir das 17:00 horas na contorna da praza pública de Ponte Carreira. A proba principal, con saída ás 18:30 horas, percorrerá 8,6 quilómetros en ruta, que combina asfalto e terra e que terá saída e chegada na praza pública de Ponte Carreira. Os atletas correrán cun Chip que lles será entregado no momento de recoller o dorsal e que deberán entregar unha vez crucen a meta. Os dorsais poderán recollerse na Secretaría da Competición, emprazada na praza de Ponte Carreira, ata media hora antes da proba. Haberá servizo de vestiario e de duchas a disposición de todos os atletas no polideportivo municipal.

As probas escolares darán comezo ás 17:00 horas coa categoría Pitufo (nados en 2011 e posteriores) que farán un percorrido de 300 metros (unha volta á praza). Ás 17:10 horas será a quenda dos prebenxamíns (nados entre 2008 e 2010), que percorrerán 500 metros. Os benxamíns (2006-2007) e alevíns (2004-2005) sairán ás 17:20 e ás 17:30 horas, respectivamente, para percorrer unha distancia de 800 metros. Por último, ás 17:45 horas tomarán a saída dos infantís (2003-2002) e cadetes-xuvenís (1998-2001), cun percorrido de 2 e 3 quilómetros, respectivamente. 

O Concello de Frades entregará medallas a todos os participantes escolares, de pitufo a xuvenil), así como unha camiseta conmemorativa a todos os participantes e un avituallamento con froita e bebida ao remate da proba.

Asociación de Hostalería, Reunión co presidente da Deputación Diego Calvo

Unha delegación da Directiva de Hostalería Compostela, encabezada polos seus presidentes, Sara Santos (Hospedaxe) e Antonio Riveiro (Restauración), foi recibida polo presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, para tratar asuntos relacionados co sector turístico e hostaleiro en Santiago e Comarca (foto no anexo). Na xuntanza abordaron diversos temas vitais para o futuro do turismo de Compostela, sempre dende a perspectiva dos empresarios de hostaleira da cidade co maior grao de especialización turística de Galicia.

Durante esta reunión, Diego Calvo comprometeuse a apoiar algunhas das accións de promoción turística propostas polos empresarios para mellorar a información que o turismo recibe de todos os establecementos asociados de Hostalería Compostela e da oferta complementaria e cultural que hai na cidade. Tamén abordaron a necesidade de mellorar a sinalización dos establecementos turísticos e a importancia da formación para manter os altos niveis de calidade e de satisfacción dos clientes que visitan o noso destino.

Con esta xuntanza, Hostalería Compostela e a Deputación da Coruña queren abrir unha nova etapa nas relacións entre o colectivo empresarial e a institución provincial, polo que se comprometeron a seguir traballando conxuntamente para mellorar as perspectivas do sector turístico, a través do desenvolvemento de acciónsconxuntas de promoción, mellora da calidade do servizo e facilitando unha información máis completa e actualizada da extraordinaria oferta gastronómica e de aloxamento, de lecer, cultura e patrimonio dispoñible na cidade para os turistas.

Santiago Futsal - Campus de porteiros 7H

Debido al éxito de la última edición del campus de porteros organizado por el Santiago Futsal, este año vuelve a apostar por la formación de porteros de manera específica pero sumando la colaboración de la Escuela de Porteros MFS.

Monitores del Santiago Futsal y de la Escuela de Porteros MFS participarán de manera activa en la que será una auténtica fiesta de porteros, con 7 horas de trabajo individualizado y específico para cada portero.

El campus se llevará a cabo en el pabellón del IES Fontiñas en horario de 10h a 14h y de 16h a 19h y tendrá un precio general de 30€ y de 25€ para jugadores del Santiago Futsal o alumnos de la escuela de porteros MFS.

Las inscripciones se pueden realizar en las oficinas del club Santiago Futsal, por teléfono en los número 981 11 50 38 / 636 873 882 o enviando un email a la dirección escuelaporterosmfs@gmail.com en el que se hará constar la talla de camiseta del niño o niña inscrito. El campus tendrá un número limitado de 40 plazas

Queremos Galego - Actos do 17 de maio

A plataforma cidadá Queremos Galego, presentou aos medios de comunicación os actos que terán lugar en diferentes cidades galegas o 17 de maio ás 12 do mediodía, e xa confirmados na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo e sobre os que se irán dando máis datos a través da web www.queremosgalego.org e as redes sociais. A convocatoria terá lugar baixo o lema Galego, garantía de futuro, porque, segundo indicou Marcos Maceira, portavoz da plataforma cidadá, a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua.

Para os representantes de Queremos Galego, o actual goberno da Xunta actúa irresponsabelmente en relación ao noso idioma, lexislando contra el por primeira vez na historia, reducindo a súa presenza no ensino e o prohibíndoo para as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía, e ademais, segundo indicou Maceira, “por acción ou omisión, a Xunta néganos a posibilidade elemental de recibirmos, ou mesmo de optarmos polo galego no audiovisual, na dobraxe, no lexendado de filmes e series, nos servizos de atención telefónica, na etiquetaxe, na educación infantil, na formación profesional a distancia ou na formación de adultos, na administración electrónica, na xustiza ou na saúde, nos xoguetes e xogos infantís e xuvenís, entre outros”.

“Despois da masiva manifestación do 8 de febreiro, a única resposta que obtivo a sociedade galega foi un anuncio propagandístico, con máis nome que conteúdo”, en referencia ao Documento estrutural básico de dinamización da lingua galega no tecido económico, anunciado onte polo goberno galego e que malia as reiteradas solicitudes de envío por parte do portavoz de Queremos Galego á Secretaria Xeral de Política Lingüísitica, tivo que obter case clandestinamente, segundo afirmou. 

Para Queremos Galego, “a lingua galega non precisa propaganda. Precisa accións concretas a favor dela, aprobadas unanimemente hai 10 anos no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que non só está sen activar senón que ademais toda a acción de goberno nos últimos 6 anos foi na súa contra”. Para o portavoz da plataforma Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, “dá a sensación de que é un anuncio máis para rebaixar na práctica o conteúdo do xa acordado por unanimidade en 2014, algo que non consentiremos”.

“Se o goberno galego realmente quixese comezar a traballar a favor do galego, comezaría por derrogar o decretazo do ensino, e deixaría de proscribir o termo “normalización” como está a facer, malia ser o termo empregado polo Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística e o PXNLG. Faino porque é un termo indicativo da vontade de actuar para que a lingua propia de Galiza teña unha desenvolvemento plenamente normal”, engadíu.

Queremos Galego fixo , por último un chamado ao conxunto da sociedade a mobilizarse o 17 de maio, mais tamén nos días previos e a partir desa data. O pobo galego ten que ser o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días dos ano.

Axenda e tempo do venres 24 de abril - Música, teatro, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Área Central - teatro aficionado

Santiago - Área central - magia vco mago Romarís

Santiago - Zona C - In Memoriam

Santiago -  Casa das Crechas - blues - Fellows

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Brión - Vagamundos (fotografía) - (ata o 8 de maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Exemplares do Quixote (ata o 30 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - retrospectiva de Rudy Daini (ata o 3 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Lindeiros - Encontro cívico cidadá no Ateneo de Santiago

Na tarde de onte tivo lugar un encontro no Ateneo de Santiago o que foron convidadas as forzas que se presentan as eleccións municipais do 24 de maio; sobre a mesa dous temas moi concretos, o da transparencia e o da participación cidadá, e como testemuñas representantes de colectivos como o Foro Cívico, a Cámara de Comercio, a asociación O Galo o asociacións de comerciantes ademais do público que se achegou a escoitar o debate.
A representación dos partidos non foi en tódolos casos a mesma o que provocou certo debate nas redes sociais mesmo antes de comezar; o Partido Popular estivo representado por Manuel Martínez Varela, nº 6 da lista; o Psoe por José Luís Valcarce, nº 7; Rubén Cela como candidato do BNG, Javier Sánchez Agustino nº 1 de Ciudadanos, María Rozas nº 2 de Compostela Aberta e o candidato de Compromiso X Galicia Xosé Antón López. Este foi o orden no que comezaron a intervir atendendo a representación actual e ao orden alfabético nos casos dos que non están actualmente na corporación.

Manuel Martínez explicou as medidas que tomaron desde que chegaron o concello e, como se faría en moitas ocasións o longo do acto, mostrouse favorable a retransmisións dos plenos municipais; tamén falou do impulso que dou o seu partido a unha lei de transparencia e dos mecanismos que xa existen sobre participación como as queixas telemáticas que, según dixo, foron case todas resoltas.
 representante socialista, José Luís Valcarce, apuntalou o seu discurso nas normativas europeas recentemente debatidas en Valencia e que deberían ser aplicadas aquí e lembrou que nos últimos índices de transparencia publicados Santiago está no posto 97 de 120 cidades analizadas en España.
Rubén Cela recoñeceu o impulso da lei de transparencia pero insistiu que Santiago necesita un esforzo dobre porque estes últimos catro anos foron un borrón. Asegurou que é urxente a transparencia en contratos públicos e puxo como exemplos as irregularidades desveladas en contratos como os da hora, a grúa ou as escolas municipais e lembrou as veces nas que se pediu que os plenos se levaran a un sitio con máis capacidade, como o Teatro Principal, sen conseguilo.
Javier Sánchez Agustino, que fora concelleiro do Partido Popular durante dúas lexislaturas e que se presenta por Ciudadanos, falou de que todo está na Constitución e so hai que aplicalo; propuxo unha audiencia pública antes da elaboración dos orzamentos e o impulso dos cargos de secretario e interventor e que non se permitan secretarios accidentais.
María Rozas de Compostela Aberta,  apelou a transparencia e a participación como base da súa formación o que exemplificou lembrando que a lista está feita a partir dunhas primarias abertas. Propuxo a obligatoriedade dun código ético para as forzas políticas e a posibilidade de que os cargos públicos poidan ser censurados e revogados.
Pechou as primeiras intervencións o candidato de Compromiso Xosé Antón López, un antigo militante do Psoe, que falou de facer uns orzamentos participativos e de sacar adiante iniciativas populares e lembrou tamén que Compromiso impulsou as primeiras primarias abertas a cidadanía de Santiago.
Un encontro interesante que debería repetirse para poder coñecer a opinión das forzas en distintos temas como estes dous.


Obradoiro CAB - Día de la Madre

El Rio Natura Monbus Obradoiro celebrará el Día de la Madre, el próximo domingo 3 de mayo, jugando en el Fontes do Sar contra el Real Madrid (12.40 horas).

Para celebrar esta fecha tan especial, el club obsequiará a todo aquel que venga a las oficinas a comprar sus entradas antes del miércoles 29 con una botella de Vino Oficial Obradoiro, de las bodegas Via Romana, por cada pase adquirido. Eso sí, será solo para los menos rezagados, los que realicen la compra antes del jueves 30 a las 20.00 horas, ya que las oficinas permanecerán cerradas el festivo viernes 1 de mayo.

De esta manera, todo el mundo que quiera obsequiar a sus madres con el ambiente obradoirista, también podrá disfrutar de una botella de vino para una posterior invitación a comer.

Los precios de las entradas ante los blancos son de 39 euros en Fondos, 45 euros en Tribunas 2, 59 euros en Tribunas 1 o 75 euros en Tribunas Retráctiles. La compra se puede realizar mediante la página web del club (www.obradoirocab.com) o en las oficinas situadas en el Multiusos Fontes do Sar, abiertas de lunes a viernes de 10.00 a 14.00 y de 17.00 a 20.00 horas.

Santiago - Herbert Schuch no Auditorio de Galicia

Tras o concerto de Lars Vogt o pasado mes de marzo, o ciclo de piano Ángel Brage continúa coa súa programación desta VII edición. Así, hoxe chegará a Compostela Herbert Schuch ao que poderemos escoitar ás 21.00h no Auditorio de Galicia enmarcado tamén dentro do Programa de Abono. Presenta o programa ‘Invocación e campás’ no que interpretará obras de Murail, Liszt, Messiaen, Bach, Bussoni, Bauer e Ravel. As entradas teñen un prezo de 12 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou o propio día do concerto no Auditorio de Galicia desde as 18.00h 

Fascinado polo son das campás, Herbert Schuch concibiu un dramático programa co punto de mira posto na “invocación” e as “campás”. Ademais de Liszt e Bach (arranxado por Busoni e Harold Bauer), este talento romanés inclúe unha homenaxe de Tristan Murail ao seu mestre Olivier Messiaen, de quen interpreta un preludio antes de pechar o seu recital con La vallée des cloches, unha das cinco pezas dos Miroirs na que Ravel se inspirou na multitude de campás que resoan en París cada mediodía. 

Completa a programación Alexandre Tharaud o 14 de maio 

O Ciclo de piano Ángel Brage nace no ano 2008, dentro da programación de abono do Auditorio de Galicia, para homenaxear no 25º aniversario do seu falecemento a este pianista e mestre de varias xeracións de músicos composteláns. Polo escenario do Auditorio de Galicia xa teñen pasado algúns dos máis grandes pianistas da actualidade, como Olli Mustonen, Arcadi Volodos, Christian Zacharias, Krystian Zimmerman, Aldo Ciccolini, Paul Lewis, Leif Ove Andsnes, Emanuel Ax, Andrea Lucchesini, David Kadouch, Cédric Tiberghien, Andrea Bacchetti.etc... 

Descuberto polo gran público na película Amour de Michael Haneke, na que se interpreta a si mesmo, o pianista parisiense Alexandre Tharaud debuta na nosa cidade o 14 de maio cun recital de composicións para piano de Mozart pouco interpretadas, e singulares obras de dous autores franceses: as tres primeiras Gnossienes de Erik Satie (breves pezas cuxa denominación ofrece diferentes lecturas) e Miroirs, suite pianística en cinco partes de Maurice Ravel. 

PROGRAMA Herbert Schuch 

Tristan Murail
Cloches d’adieu, et un sourire

Franz Liszt
Funerailles, Pater Noster e Benediction de Dieu dans la solitude,
de Harmonies poétiques et religieuses

Johann Sebastian Bach / Ferruccio Busoni
Coral “Ich ruf zu dir, Herr Jesu Christ”, BWV 639

Olivier Messiaen
Cloches d’angoisse et larmes d’adieu, de 8 Préludes

Johann Sebastian Bach / Harold Bauer
“Die Seele ruht in Jesu Händen”, aria da cantata Herr Jesu Christ, wahr' Mensch und Gott, BWV 127

Maurice Ravel 
La vallée des cloches, de Miroirs

Santiago - Laurence Jones no ciclo BluesNite

O ciclo Blues Nite by 1906 ofrece hoxe unha cita moi apetecible. Será con Laurence Jones, na que é a primeira visita a España deste imparable talento. Jones, con só 22 anos de idade, non tardou en facerse un nome propio na escena do blues europeo. POderemos escoitalo a partir das 21.30h na Sala Capitol. As entradas teñen un prezo de 10 euros anticipada e 15€ o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en Ticketea, Miranda, A Reixa Tenda ou salacapitol.com Ademais, o concerto está dentro do Bonoblues.

“O máis prometedor talento da escena blues-rock mundial” para a revista Classic Rock, en 2014 recibiu o premio ao Mellor Artista Novo do Ano en Colne (Lancashire) no festival de rhythm & blues máis prestixioso das illas británicas. Presentará o seu novo disco 'What's it gonna be?'. 

O seu álbum de debut Thunder In The Sky (2012) provocou a atención de moitos selos discográficos e o contrato con Ruf Records, reputado selo de blues alemán que editou en 2014 Temptation, disco gravado en Estados Unidos co que Laurence Jones está a colleitar inmellorables críticas en todo o mundo. O seu impresionante talento mereceu comentarios como o de Blues Magazine: “o increíble Laurence Jones dou forma ao que anticipaba, oficialmente graduouse con creces de neno prodixio a maduro guitarrista… O futuro do blues británico? Pode apostar que xa é o presente“. Por primeira vez preséntase en España a que probablemente será unha das figuras clave no ritmo do blues europeo no século XXI, Laurence Jones.

LAURENCE JONES voz / guitarra
ROGER INISS baixo
MIRI MIATTINEN batería

USC - Estudantes de Arqueoloxía Experimental ‘viaxarán’ ao Paleolítico e á Idade do Ferro

Estudantes da materia Arqueoloxía Experimental do Máster Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da USC participan este venres 24 nunha xornada experimental que terá lugar no espazo dedicado a tal fin no Campus Vida (entre a residencia Monte da Condesa e o Polideportivo universitario).

Entre as 10.00 e as 15.00 horas, tutelados por estudantes de doutoramento da USC e da Universidade Rovira i Virgili de Tarragona, os estudantes realizarán diversas actividades arqueolóxicas centradas no Paleolítico e a Idade do Ferro. 

Nesta xornada experimental, que organiza o grupo de estudo para a Prehistoria do noroeste ibérico (GEPN) da USC, realizarán numerosas actividades relacionadas coa talla lítica, o procesamento cárnico, os útiles compostos, gravuras, proxectís, trampling, marcas de uso en cerámica, cadea operativa da cervexa na Idadedo Ferro, decoración de cerámica e preparación de barreiras.

En concreto, entre as moitas accións a levar a cabo o estudantadoesfolará un coello en fresco e outro previamente cociñado con útiles líticos e fracturarán e queimarán os ósos para estudar as marcas que na época se producían como resultado da acción de carnicería. Ademais, elaborarán adhesivos a base de resina de piñeiro para fabricar ferramentas, dispararán cun arco proxectís de diferentes materias primas ou elaborarán e trasfegarán mosto de cervexa.

BNG Santiago - Proposta de aparcadoiro soterrado no Campus Sur

O candidato Rubén Cela, acompañado de persoas encargadas da elaboración do programa electoral do BNG, presentou a iniciativa para crear un novo aparcadoiro público soterrado no campus sur destinado a incrementar as prazas de estacionamento e a reducir o tránsito de vehículos na cidade.
Así, presentou un proxecto para facer un novo aparcadoiro público baixo o campo de fútbol da rúa López de Marzoa, que mesmo “se podería interconectar entre os edificios das facultades de Dereito, de Políticas e do Centro de Orientación Integral ao Estudante (COIE). A proposta consiste en habilitar un espazo para aparcamento 100% de xestión pública e mellorar as condicións do campo de fútbol, co fin de acometer un proceso de modificación de mellora da contorna urbana do campus universitario.

Trátase dunha intervención “factíbel, máis económica que outras que se presentaron para a avenida da Coruña, por exemplo, porque un dos custes máis elevados para construír un aparcadoiro soterrado son as canalizacións e, neste caso, sería máis doado”. Ademais, subliñou que sería un dos aparcadoiros de máis capacidade de Santiago e que está nun emprazamento “estratéxico” para recibir o tráfico da zona sur da cidade e de Bertamiráns e Milladoiro, á parte de dar servizo ao campus universitario e de estar a uns minutos do Ensanche.

Máis zonas de aparcamento
Para Rubén Cela, pódense facer novas zonas de aparcamento público nas contornas do Conservatorio de Música e da Casa de Asociacións en Cornes, onde existe outra parcela propiedade do ADIF que se pode converter en bolsa de aparcamento. “Hai que acometer en paralelo esta ampliación de prazas públicas co avance no proceso de humanización do Ensanche e do conxunto da cidade”, afirmou. Deste xeito, para os prezos dos aparcadoiros que son “tremendamente elevados e abusivos non hai mellor proceso de negociación con esas concesionarias que introducir unha competencia pública para que a oferta privada reaccione e axuste as tarifas”.

Segundo explicou Rubén Cela, o BNG defende outro modelo de urbanismo onde as persoas sexan o primeiro, máis amábel, segura e respectuosa, sempre a favor da humanización da cidade que se complementa nalgúns casos con peonilizacións, ancheamento de beirarrúas, cambios de mobiliario urbano... Porén, “non se poden propor cambios drásticos de supresión de zonas de aparcadoiro en superficie como fai agora o PP sen ofrecer alternativa para estacionar tanto para a veciñanza como para quen procede de concellos limítrofes e traballan, fan vida e fan gasto en Santiago de Compostela, cando é un prioridade para o pequeno comercio”, explicou.

Val do Dubra - !8 variedades na III Ruta das tapas

Brocheta de rape con langostino, lengua de ternera en salsa, tosta de lacón con queso y pimentón, brocheta marinera con chips vegetales, ensaladilla de pulpo a la gallega con pan frito o tosta de pisto con huevo de codorniz son algunas de las 18 variedades de tapas que a partir de hoy viernes y durante todo el fin de semana ofrecerán los diez bares y locales de hostelería que participarán en la III Ruta de Tapas de Val do Dubra. El Concello de Val do Dubra organiza un año más esta cita gastronómica que cuenta con aceptación tanto entre los locales de hostelería como en los vecinos y visitantes que durante esos días se acercan a Val do Dubra para probar la variedad de tapas. Los organizadores pretenden también potenciar a través de esta iniciativa los productos de Val do Dubra.

Cafetería O Foxo, bar O inglés, Hotel cervecería Camiño de Santiago, Dolche Café, Vinoteca A ras!, Jamonería Seco, Bar A esquina, Restaurante O Brañón, Bar O parador, Café bar Casa da Cultura son los 10 locales que participaran en la III Ruta de Tapas de Val do Dubra. Algunos bares ofrecerán un solo tipo de tapa pero otros tendrán hasta cuatro variedades para elegir. La mayoría de los locales ofrecerán tapas a partir de las 12.00 horas y hasta las 15.00 horas. Y también a partir de última hora de la tarde y hasta las 22.30 y 23.00 horas.

Ordes - Nova parada de taxis

Nestes últimos días a parada de taxis do Concello de Ordes, na rúa Parque Municipal, está a transformarse debido á instalación da nova marquesiña. A nova infraestrutura está confeccionada con aceiro inoxidable e cristal, quedando perfectamente integrada co contorno urbano onde está situada. 

Deste xeito dáse continuidade ao proxecto de arranxo de mellora desta céntrica rúa da vila ordense, unha das que conta con maior tráfico rodado e cun maior número de peóns. Unha intervención que pasou polo arranxo da estrada e a construción de novas beirarrúas, e cuxo importe total acada os 50.000 euros.

“Con esta obra verase mellorado o servizo de taxis, dotando a este punto tan importante para o sector do transporte de pasaxeiros dun espazo onde, tanto usuarios e usuarias como taxistas, se poderán resgardar das inclemencias meteorolóxicas”, manifesta sobre o tema Roberto González, concelleiro de Urbanismo.

Psoe Santiago - Paco Reyes comprometese a reducir un 15% a persoas en risco de exclusión

Paco Reyes anunciou que subscribe como candidato socialista á alcaldía o documento "Compromiso coas persoas" da Rede Galega contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN Galicia), onde se compromete, de ser elixido alcalde, a ter como prioridade “a mellora da calidade de vida e a dignidade dos composteláns e compostelás”, en especial as persoas que se atopen nunha situación de pobreza ou exclusión social.

O documento recolle que ao final de 2016 se reducirá un 15% do total das persoas que se atopan en situación de risco de pobreza e exclusión e a promoción social e en toda a lexislatura un 25% do total.

Tamén pide que se dedique á partida municipal de actuacións no ámbito da protección e a promoción social un mínimo de 110 euros por habitante ao ano. No caso de non cumprir estes compromisos Paco Reyes presentará a súa dimisión, segundo asegurou.

En 2012 o 18,7% das persoas en Santiago estaban nesta situación, segundo os datos da EAPN Galicia.

BNG A Estrada - Recollida de sinaturas contra a ampliación da Alameda

O BNG da Estrada, apelando ao espírito que inspirou a “Revolución dos Cravos” un 25 de abril en Portugal, aproveitará esta efeméride para recoller sinaturas na rúa Calvo Sotelo (a partir das 11,30 horas) contra a ampliación da Alameda que planea levar o PP ao último pleno deste mandato, e agasallando caraveis aos veciños e veciñas, símbolo desta revolución pacífica no país veciño.

O concelleiro do BNG e candidato á alcaldía, Xosé Magariños, explicou que “escollemos esta data polo seu simbolismo político e por iso queremos berrar alto e claro a indignación que nos invade fronte á indiferenza do goberno do Partido Popular e nomeadamente do alcalde José López Campos, ante as necesidades do noso pobo, condensado no vergoñento proxecto polo que se pretende ampliar a alameda até a rúa Castelao, destinando para iso todo o presuposto do PXOM”. “Esta decisión unilateral”, engadiu Magariños “elimina de facto toda a posibilidade de satisfacer as necesidades máis urxentes que temos os cidadáns de A Estrada e desde logo non pasa pola ampliación da alameda”.

“A nosa principal necesidade é a creación de emprego”, afirmou Magariños, “neste sentido, e tal como explicamos a semana pasada na moción que presentamos, A Estrada ten que ter solo industrial público e barato para facilitar o asentamento de empresas”. “Tamén necesitamos aparcadoiros públicos en superficie”, engadiu o candidato de BNG-Asembleas Abertas, “para dinamizar o comercio local e enfrontarnos á feroz competencia dos grandes centros comerciais da capital da Galiza e dos que están asentados na Estrada”.

O concelleiro nacionalista tamén explicou que “non precisamos unha alameda máis grande, o que necesita a vila son máis alamedas dispersas polo casco para que as persoas que viven máis lonxe do centro teñan unha zona verde e de lecer, mais o PP teima en queimar todos os fondos do PXOM nunha única actuación”.

“A Estrada necesita unha revolución”, afirmou Magariños, “temos que darlle a volta ao noso concello; no BNG non nos resignamos a pesar de asistirmos con indignación a unha abraiante mostra de inconsciencia, propia de quen se cree inmune a toda crítica, a do sr. López, que pretende levar a cabo unha actuación cara e innecesaria, convertendo a obra de ampliación da alameda nunha triste alegoría do constante xeito de obrar do Partido Popular: a centralización constante dos recursos e as tomas de decisións, obviando as necesidades da maioría, ninguneando e ignorando a quen se opoñen á súa xestión.

“Como dicía a canción mítica de Zeca Afonso, o pobo é quen máis ordena”, indicou o concelleiro nacionalista, “por iso collamos o destino coas nosas mans, e revolvámonos contra un goberno municipal que non atende a vontade do pobo, e se non se aproba a nosa moción que pretende porlle freo ao despilfarro que supón adicar todo o orzamento do PXOM á ampliación da alameda, o 24 de maio temos outra oportunidade nas urnas”. “Depende de nós”, afirmou.

Santiago Futsal - Presentación dos xogadores de base do equipo

El pasado viernes, durante el descanso del encuentro del primer equipo ante Peñíscola Bodegas Dunviro, tuvo lugar uno de los acontecimientos que más expectación levanta todas las temporadas en el Multiusos: la presentación de la base del Santiago Futsal. 

Un total de 180 jugadores del Santiago Futsal desfilaron, con sus respectivos equipos, por la pista central del pabellón para realizarse la gran foto de familia de la base del club, una foto que ocupó la portada de los periódicos de la ciudad el día posterior.

Pero antes de que diera comienzo el partido, los 18 equipos que esta temporada forman el Santiago Futsal, se fotografiaron conjuntamente en la foto oficial del club Santiago Futsal de la temporada 14-15.

La familia del Santiago Futsal sigue aumentando temporada tras temporada. En la presente campaña son 17 los equipos que forman la base del club, desde la categoría de psicomotricidad, con jugadores desde los 3 a los 5 años, hasta la sección femenina formada por dos equipos. Es todo un orgullo para el club que sigamos creciendo y ampliando nuestra base, que será el futuro del Santiago Futsal y que tantas alegrías nos da año tras año.

La tarde del viernes fue una gran convivencia en familia que, como colofón, tuvo la victoria del primer equipo en el impresionante partido vivido en el Multiusos.

Axenda e tempo do xoves 23 de abril - Música, cine, teatro, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Ateneo - acto cívico político

Santiago - Sonar - Martin Carr

Santiago - Zona C - In Memoriam

Santiago -  Auditorio da USC - teatro afeccionado - O barbeiro diabólico

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Brión - Vagamundos (fotografía) - (ata o 8 de maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Exemplares do Quixote (ata o 30 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - retrospectiva de Rudy Daini (ata o 3 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

PP Teo - Mala xestión do rural

El candidato del Partido Popular de Teo en las próximas elecciones, José Manuel Guerra, ha asegurado que el alcalde del municipio, Martiño Noriega, debería solucionar primero los innumerables problemas que existen en la gestión de la zona rural de su ayuntamiento antes de dar clases y de criticar la labor llevada a cabo en otros lugares.

El popular, que acusó al regidor de “tener abandonado” el ayuntamiento que la paga rigurosamente todos los meses, calificó de “ridículo” que el señor Noriega vaya “dando clases” de lo que hay que hacer, cuando su equipo de gobierno permite que los vecinos sufran las consecuencias de tener las pistas y los caminos rurales que “dan pena verlos”.

En este sentido, el cabeza de lista de los populares lamentó que los vecinos de Teo tengan un alcalde “que hace tiempo que tiene las miras puestas en otro lugar”, y resaltó que, precisamente, Teo es el “mejor ejemplo de lo que no hay que hacer”.

Por último, José Manuel Guerra afirmó que, en estos momentos, el municipio soporta una situación de “desgobierno” motivada por el “capricho” de una persona que está utilizando a Teo y a sus vecinos para “sus aspiraciones personales”.

BNG Touro - Presentación da candidatura

O BNG de Touro vai presentar este venres dia 24 de abril a candidatura coa que concurrirá as próximas elecións municipais do 24 de maio. 

O acto Será na casa de cultura de Fonte Diaz as nove da noite.

Este é un acto aberto a todas/os as/os veciños de Touro que queiran vir coñecer cales son os nosos candidatos/as e as nosas propostas. O BNG quere ser a voz da maioria social do concello e por eso da cabida na sua candidatura a moitas sensibilidades que representan a pluralidade do concello, dende unha perspectiva nacionalista e de esquerdas. O 50% dos candiadatos/as non está afiliado/a ao BNG. 

Contamos cunha lista con seis mulleres e sete homes onde se renovan o 40% dos seus membros respecto ás últimas municipais, e con unha media de idade nova, o que non deixa de ser un éxito nun concello tan avellentado como Touro.

A lista está encabezada por Xoán Louzao, ao que acompañan Sandra Beis, Chelo Mera, Miguel A. lópez e Inma Ferradás nos 5 primeiros postos, que toman o testigo dos dous concelleiros que fomaban o grupo municipal do BNG na anterior lexislatura, e que deron por finalizado o seu periplo municipal para dar paso a novas caras, acompañándonos na lista pechando a mesma.

No acto contaremos coa preseza de Ana Pontón, parlamentaria do BNG no parlamento galego.