O POS 2013 APROBASE POR UNANIMIDADE INCLUINDO CATRO OBRAS PROPOSTAS POLO BNG EN BUSCÁS, PEREIRA E VILAMAIOR
O BNG propuxo incluir estas obras no POS no Pleno do mes de outubro e finalmente foron apoiadas por unanimidade polo Pleno extraordinario celebrado este venres.
As obras que se executarán a proposta do BNG son a da estrada que vai de Esmorís á intersección coa N-550, na parroquia de Buscás, a pista que vai de Pereira ao Carballo e a pista que vai da Poza a Cercedo, na parroquia de Pereira e a pista de acceso á Escola na parroquia de Vilamaior.
Estas obras suman unha inversión total de 125.000 euros, o 30% do total dos recursos destinados ao Plan de Obras e Servizos.
Os nacionalistas advirten de que o estado do pavimento de moitas das pistas e estradas das parroquias do concello atópanse nun estado de conservación moi deficiente e que vixiarán a correcta execución das obras do POS.
Gonzalo Castro, amosou a súa satisfacción porque o Plan de Obras e Servizos do ano 2013 incluia catro obras propostas polo BNG de Ordes nas parroquias de Buscás, Pereira e Viilamaior, que suporán un investimento de 125.000 euros, un 30% do total dos recursos destinados ao POS. Este Plan aprobouse por unanimidade da Corporación Municipal no Pleno celebrado no día de hoxe.
Esta propostas foron realizadas polos nacionalistas no Pleno da Corporación Municipal do mes de outubro, onde se adquiriu o compromiso de levar estas propostas a unha Comisión de Urbanismo para aprobar as memorias e proxectos de execución destas obras.
Castro valorou moi positivamente o acordo únanime do Pleno da Corporación Municipal, e manifestou que “con independencia de que o BNG manteña unha visión crítica da xestión do actual goberno municipal son importantes os acordos en beneficio dos veciños”.
Gonzalo Castro salientou que “o estado do pavimento de moitas das pistas e estradas das parroquias do noso concello atópanse nun estado de consevación moi deficiente, ocasionando graves perxuizos aos nosos veciños”.
Castro fixo fincapé en que “estaremos vixiantes para a correcta execución das obras incluidas no POS 2013”.
O portavoz nacionalista destacou “a importancia da mellora de estradas como a que vai desde o lugar de Esmorís até a N-550, que é a vía de saída utilizada por moitos veciños para dirixirse desde a importante parroquia de Buscás, que conta con máis de 500 habitantes, até A Coruña”
As propostas do BNG que foron incluidas finalmente no Plan de Obras e Servizos para o exercicio 2013, foron as seguintes:
- Pavimentación con aglomerado da estrada que vai de Esmorís á intersección coa N-550, na parroquia de Buscás.
- Pavimentación das seguintes pistas na parroquia de Pereira: a pista que vai de Pereira ao Carballo e a pista que vai da Poza a Cercedo.- Pavimentación da seguinte pista na parroquia de Vilamaior: a pista de acceso á Escola de Vilamaior.

Ningún comentario:
Publicar un comentario