Ames - baile de maiores no local de JUPEMI

O local de JUPEMI do Milladoiro acollerá hoxe sábado unha sesión de baile para maiores organizada pola Concellaría de Servizos Sociais
O baile será ás 18.30 horas no Local do Club de Xubilados e pensionistas do Milladoiro, situado na rúa Figueiras, 3 baixo no Milladoiro. A actuación correrá a cargo do dúo D´Cine.

Con motivo da celebración do Nadal, a Concellaría de Servizos Socias, Familia, Dependencia e Maiores do Concello de Ames organizou unha sesión de baile destinada a todas e todos os maiores do municipio. Con esta actividade tamén se presente conmemorar a celebración do 2012 como o Ano europeo do envellecemento activo, que ten como obxectivo promover a creación dun envellecemento activo e saudable no marco dunha sociedade para todas as idades.

O baile será hoxe sábado, 22 de decembro, ás 18.30 horas no Local do Club de Xubilados e pensionistas do Milladoiro (JUPEMI), situado na rúa Figueiras, 3 baixo no Milladoiro. A actuación correrá a cargo do dúo D´Cine.

Esta actividade organízase co obxectivo de celebrar o Nadal e para que sexa un espazo de encontro e de lecer no que os veciños e veciñas maiores, ademais de bailar, se relacionen cos amigos e coñecidos. A música en directo e a posibilidade de pasar unha tarde entretida son os principais reclamos desta actividade.

Ningún comentario: