Ames organiza un curso de inglés para a obtención do certificado Preliminary English Test
A Concellaría de Xuventude pon en marcha este curso, dirixido a persoas maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Ames e con coñecementos mínimos de inglés. Esta actividade formativa celebrarase do 23 de outubro ao 4 de xuño no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.