Axenda e tempo do venres 6 de xuño - Teatro, viño, exposicións

Actividades 

Santiago - Salón Teatro - Meu Ben

Santiago - A Regadeira de Adela - microteatro

Ames - 21:00 estrea de Tromparia

Santiago - Semana del vino gallego en Vidán


Santiago - Fundación Granell - exposicións solidaria proxecto Angola

Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

Santiago - As Cancelas - vehiculos clásicos de Renault

O Tempo

Somos Parte - O CEIP da Ramallosa tamén rexeitan o valor académico da relixión

Pais e nais do CEIP A Ramallosa tamén rexeitan que a relixión teña valor académico
Os titores de alumnos das escolas unitarias de Teo votarán a vindeira semana noutra consulta impulsada por Somos Parte

Pais e nais dos alumnos do CEIP A Ramallosa rexeitan de xeito maioritario que a relixión teña peso no currículo académico. Case nove de cada dez dos participantes no referendo organizado pola plataforma Somos Parte neste colexio de Teo manifestáronse en contra de que a relixión teña o mesmo peso académico que outras materias, mentres que máis da metade consideran que non debe compartir horario lectivo co resto de ensinanzas

Na votación participaron, entre o venres 30 de maio

e o martes 3 de xuño, 204 titores legais dos arredor de catrocentos nenos e nenas matriculados no CEIP A Ramallosa. Un total de 170 (o 88%) votaron non a que a relixión teña peso na nota final e compute, deste xeito, para a asignación de bolsas ou a entrada no ensino superior, tal como agora contempla a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Vinte e dous titores (o 12%) expresaron a súa opinión favorable a esta medida.

Mentres, á pregunta de se a relixión se debe impartir no mesmo horario que o resto de materias, 111 pais e nais (un 57,50%) mostráronse en contra, por 82 que se posicionaron a favor.

A xuíza de paz do concello de Teo, Rosa Gómez Limia, verificou a transparencia do procedemento coa súa presenza no reconto celebrado o mércores 4 de xuño. Ao acto asistiron tamén a portavoz de Somos Parte, Conchi García, e Xosé Manuel Ferreirós, polo CEIP A Ramallosa.

Terceira votación no municipio de Teo

Este é o terceiro referendo sobre o papel da relixión nas aulas que organiza Somos Parte en colaboración coas ANPAs. Nas experiencias anteriores no CEIP Os Tilos e no IES Cacheiras, nais e pais manifestáronse igualmente en contra do peso lectivo da relixión e de que comparta horario coas demais materias. Os resultados das votacións anteriores poden consultarse en http://somosparte.org.

Referendo nas escolas unitarias teenses

Somos Parte porá agora as urnas a disposición dos titores legais dos nenos e nenas do Centro Rural Agrupado (CRA) de Teo. As votacións poderán facerse efectivas nestas cinco escolas unitarias entre o luns e o martes próximos. O reconto levarase a cabo o mércores 11 de xuño no edificio administrativo destes centros, sito en Solláns.

A intención de Somos Parte é estender este tipo de referendos a outros centros educativos de Galicia durante o próximo curso escolar.

Somos Parte
Somos Parte é unha Plataforma de Pais e Nais por un Ensino Público Democrático que consideran que as decisións que atinxen á educación dos fillos deben contar co consenso de toda a comunidade educativa; isto é: estudantes, pais e nais, e ensinantes. A plataforma pretende dar voz a pais e titores legais e coñecer, a través deste tipo de iniciativas consultivas, a súa opinión sobre materias de grande importancia no ensino.

Pazo do Faramello - Primeira Edición de Encontros no Pazo

Un ciclo de concertos no mes de xuño encherá de música o Pazo do Faramello

O próximo día 7 de xuño comezará a primeira edición dos Encontros no Pazo do Faramello. Concertos, exposicións, obradoiros, visitas guiadas e tamén unha oferta gastronómica completan a novidosa proposta que promoven e producen o propio Pazo do Faramello, Imperdible Servizos Culturais e Merlo Branco Producións e conta coa colaboración e patrocinio de diversas entidades. As entradas, a un prezo de 12 euros, -con dereito a concerto, visita ao pazo e petiscos- xa están á venda en http://www.culturaimperdible.com/es/tenda/ e a partir deste venres poderán adquirirse nalgúns lugares de Compostela e comarca. Tamén se poden mercar xa para asisitir aos obradoiros con TRIM. 

Os catro Encontros previstos inclúen unha visita guiada polo Pazo do Faramello, así como actividades musicais que combinan o aspecto lúdico co formativo e o gastronómico. As visitas permitirán coñecer mellor o Pazo, un fermoso espazo que conta cunha paisaxe natural única e con árbores senlleiras protexidas. Ademais, alberga numerosas obras artísticas galegas, así como elementos declarados BIC (ben de interese cultural). 

Canto á parte musical, haberá concertos comentados e obradoiros de diferentes instrumentos, polo que poderán acudir desde simples ouvintes ata alumnos ou aprendices. Prevese, deste xeito, conformar un ambiente de proximidade cos músicos e fomentar a interactuación co público.

A proposta é unha grande aposta cultural co máis representativo do panorama artístico galego acompañado dunha parte gastronómica e outra formativa. Sen dúbida, os Encontros no Pazo do Faramello son unha nova forma de pasar o mellor tempo de lecer neste entorno único da comarca de Compostela. 

Neste sentido, a iniciativa -posta en marcha totalmente de xeito privado- non podería terse levado a cabo sen a produción propio Pazo do Faramello, Imperdible Servizos Culturais e Merlo Branco Producións, conta co patrocinio das adegas Don Olegario e coa colaboración de Paula Franco Fotografía, Xoga Deseño, Tátara Comunicación e a entidade turística Área Santiago, grupo de 16 concellos para a promoción turística conxunta. 

Xabier Díaz, Sumrrá e Miguel Flores

O primeiro dos Encontros será o sábado 7 de xuño, ás 18 horas. Comezará unha visita guiada ao Pazo. Seguidamente, ás 19:30 inaugurarase a exposición pictórica de Ángela Merayo. Xa ás 20:30 horas terá lugar o primeiro dos concertos destes Encontros, o de Xabier Díaz. 

O seguinte Encontro será o sábado 14 de xuño. A programación comezará ás 18:30 cunha visita ao Pazo e ás 20h despois será a actuación de Sumrrá, cuxo concerto comentado estará enfocado no jazz. 

A terceira sesión será de novo un sábado, o 21 de xuño. Novamente, visita ao pazo ás 18:30 e concerto ás 20 h, desta volta con Miguel Flores, que centrará o seu comentario no flamenco. Nestes tres primeiros concertos, o aforo será limitado e o prezo da entrada, con copa de viño D.O. máis petiscos será de 12 euros. 

A programación rematará o 27 de xuño cunha intensa actividade. Ás 16h comezan tres horas de obradoiros de bouzouqui e guitarra, gaita, mandolina e cavaquinho impartidos por Trim, o trío formado por Fernando Barroso e Pedro Fariñas xunto co portugués Luís Peixoto. 

Ofrecerannos para pechar as xornadas tres diferentes obradoiros. Pedro Fariñas será o encargado de impartir a aula de gaita. Fernando Barroso será o encargado de impartir aulas de guitarra e bouzouki, e Luís Peixoto fará o mesmo coa mandolina e cavaquinho. Cada un dos tres obradoiros terá un máximo se 10 alumnos, polo que poderán disfrutar de 3 horas de clases realmente particulares con estes tres grandes músicos. O prezo de cada un dos obradoiros é de 25 euros e a entrada inclúe visita guiada ao Pazo, a celebrar ás 19 horas + copa de viño D.O. + pinchos.

As entradas con dereito a visita guiada ao Pazo, petiscos e concertos de Xabier Díaz, Sumrrá e Miguel Flores están xa á venda, a un prezo de 12 euros, en http://www.culturaimperdible.com/es/tenda/ e a partir deste venres poderán adquirirse en 'La Tita', sito na Rúa Nova, 46, Compostela. Ademais, poden mercarse tamén na Casa do Patín, local situado na Porta Fondo da Vila, 4, Padrón. 

Os pazos, construcións únicas

Desde Imperdible Servizos Culturais explican que con estas xornadas "queremos achegar o Pazo e a súa contorna a todo o mundo". Destacan que os pazos son "construcións propias, únicas de Galicia", nalgúns casos "auténticas xoias" como o Pazo do Faramello. Ademais, Imperdible agradece a “cercanía e interese” do Pazo por colaborar na difusión cultural co-producindo estes Encontros. 

Por outra parte, o deseño dos Encontros procura abrir a música a todo tipo de públicos, tarefa que realizará a través de propostas musicais que abranguen do folk ao jazz, pasando polo flamenco. Todas elas, ademais, da man de artistas radicados en Galicia.

"Nace para quedar"

Imperdible salienta que se trata dunha produción financiada integramente con fondos privados e con fórmulas de autofinanciamento. "É moi importante que as empresas galegas aposten pola nosa cultura e pola súa difusión", explican as responsables desta entidade cultural.



Sinalan, por último, que se trata da primeira edición dos Encontros no Pazo do Faramello, pero que a proposta artística "nace para quedar".

Ames - V Encontro de Bolillos e Labores Artesanais

Máis de 400 palilleiras de toda Galicia daranse cita este domingo, 8 de xuño, no Milladoiro para participar no V Encontro de Bolillos e Labores Artesanais

O encontro comezará ás 10:00 horas e nel todas as persoas amantes deste tipo labores artesanais e tradicionais terán a oportunidade de intercambiar coñecementos e mostrar as súas creacións.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, e a presidenta da Asociación Cultural A Silva, María Carmen Salgado, mantiveron unha reunión para falar dos últimos detalles da organización deste evento, así como da colaboración que ofrece o Concello para esta cita.

Este domingo, 8 de xuño, o pavillón polideportivo do Milladoiro acolle a quinta edición do Encontro de bolillos e labores artesanais, que organiza a Asociación Cultural A Silva en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña. O encontro comezará ás 10:00 horas e nel todas as persoas amantes deste tipo labores artesanais e tradicionais terán a oportunidade de intercambiar coñecementos e mostrar as súas creacións. Esta actividade está aberta ao público en xeral, a grupos de palilleiras e a asociacións. Neste momento hai máis de 400 persoas inscritas para participar no evento. O alcalde de Ames, Santiago Amor, e a presidenta da Asociación Cultural A Silva, María Carmen Salgado, mantiveron unha reunión para falar dos últimos detalles da organización deste evento, así como da colaboración que ofrece o Concello para esta cita.

O quinto encontro de palillos e labores artesanais reunirá a todas aquelas persoas que gozan realizando labores artesanais de todo tipo. O obxectivo principal desta xuntanza é o intercambio de aprendizaxes e a transmisión e divulgación de temas relacionados co encaixe de palillos e todo tipo de labores artesanais. Os asistentes poderán achegar as súas creacións para que todas as persoas que están interesadas neste labor artesanal poidan aprender as diferentes técnicas de elaboración. 

A programación do encontro comezará ás 10:00 horas coa recepción de todos/as os/as participantes. Ás 11:00 horas realizarase a inauguración na que participará Elena Fabeiro, xerente da Fundación de Artesanía de Galicia. Dende ese momento e ata as 14:00 horas desenvolverase a primeira parte deste encontro. Ao mediodía farase un descanso de dúas horas para comer. O encontro retomarase a partir das 16:00 ata as 19:00 horas. Ás 18:00 h da tarde desenvolverase a entrega de diplomas a todas as asociacións participantes neste encontro. Ademais, ao longo da tarde realizarase o sorteo de varios agasallos. O encontro rematará ás 19:00 h co acto de clausura.

As máis de 400 persoas que están confirmadas virán de todas partes de Galicia. Este encontro estará aberto ao público en xeral, que desexe achegarse ata o pavillón do Milladoiro. A entrada é libre e totalmente gratuíta. O alcalde de Ames, Santiago Amor, e a presidenta da Asociación Cultural A Silva, María Carmen Salgado, mantiveron unha reunión para falar dos últimos detalles da organización deste evento, así como da colaboración que ofrece o Concello para esta cita.

En definitiva, o quinto encontro de palillos e labores artesanais é unha boa oportunidade para aprender e mellorar as técnicas relacionadas coa agulla, desenvolver capacidades artísticas e culturais, xestionar o intercambio cultural con outras asociacións e sobre todo unha boa ocasión para salvagardar as tradicións e oficios tradicionais. Para obter máis información poden chamar aos números de teléfono 607 769 830 ou 881 972 586. Tamén poden enviar un correo electrónico ao enderezoasociacionasilva@gmail.com.

BNG A Estrada - O BNG pide a dimisión da Secretaria Xeral de Urbanismo

Para a secretaria xeral de urbanismo é unha “pequeñez” que se suspenda o PXOM da Estrada
Os veciños e veciñas da Estrada esixen que se diriman responsabilidades e o BNG pídelle que dimita

O deputado do BNG, Daniel Rodas, afirmou hoxe na comisión de urbanismo do Parlamento de Galiza, na que compareceu a Secretaria Xeral do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, que “o que pasou co PXOM da Estrada non é unha “pequeñez administrativa” como afirma a Secretaria Xeral de Urbanismo, é unha chapuza que terá consecuencias económicas moi graves para o concello da Estrada”.

“Tampouco é un mal menor como afirma a a Sra. Rias Díaz, secretaria xeral de urbanismo, xa que de confirmarse a sentenza”, explicou Rodas, “o concello da Estrada voltará ás normas subsidiarias de 1978 que está nas antípodas do ordenamento xurídico vixente en materia urbanística e paralizará a construción neste concello durante sabe canto tempo”.

“Para os veciños e veciñas da Estrada isto non son pequeñeces nin males menores e esixen que se diriman resposnabilidades”, engadiu o deputado do BNG, “e consecuentente nós esiximos a súa dimisión como máxima responsábel desta chapuza e porque, sinceramente, non nos convencen as súas explicacións, e fai como o alcalde da Estrada, bota balóns fóra con desculpas baratas”.

O deputado nacionalista, Daniel Rodas, tamén engadiu que “este tipo de actuacións non é nada novo no PP de Galiza e no deptartamento que dixixe unha persoa que está imputada por un presunto delito urbanístico”. O deputado do BNG afirmou que “o PP si fai política con este departamento, utilizándoo para os seus intereses políticos particulares, malia as consecuencias que teña para os veciños e veciñas que as sofren”.

Melide - O concello non ten cámaras de vixianza nos exteriores dos edificios públicos

O Concello de Melide non ten ningunha cámara localizada nos exteriores de ningún edificio público

· As cámaras atópanse dentro da Casa da Cultura ningunha situada no exterior de edificio.

· As cámaras teñen como obxecto mellorar a seguridade e protección do interior dentro do posible

· O campo de gravación das cámaras é o ángulo que comprende o acceso ao edificio

A colocación e mantemento das cámaras corre a cargo dunha empresa inscrita dentro do rexistro de empresas de seguridade do Ministerio do Interior. 

O Concello de Melide ten colocados carteis visibles en cada un dos lugares que dentro da Casa da Cultura se atopan as cámaras indicando pertinentemente que se trata dunha zona vixiada facendo mención a Lei orgánica 15/1999 de Protección de Datos de carácter persoal e indicando que o ficheiro creado aos efectos é propiedade do Concello de Melide. 

Estas cámaras que están colocadas aínda non se atopan en funcionamento xa que con elas se persegue un efecto disuasorio debido a gran cantidade de desperfectos e roubos que ao longo de varios anos de construción da Casa da Cultura alí se produciron. Como organismo público o Concello de Melide en primeiro lugar debe de dispoñer da publicación da disposición ou acordo da creación do ficheiro de datos no Diario Oficial correspondente, neste caso o BOP, previo a súa inscrición na Axencia de Protección de Datos estando en proceso a busca da documentación necesaria para elaborar o procedemento con todos os requisitos establecidos pola presente lexislación. 

Unha vez realizada esta publicación pode procederse a inscrición do ficheiro de titularidade pública ante a Axencia de Protección de Datos e ao non terse inscrito aínda o ficheiro as cámaras non se atopan en funcionamento quedando ademais clarificado que non hai ningunha cámara no exterior o edificio, senón que todas se encontran localizadas no seu interior. Por todo o exposto o Concello non está incurrindo en ningún tipo de irregularidade.

Ordes - Primeiro concurso de tapas do concello

Un total de 15 establecementoshostaleiros da vila de Ordes competirán entre sí por alzarse co título da mellor tapa no que será o primeiro concurso deste tipo que se levará a cabo no Concello. Unha iniciativa organizada pola asociación Xente de bo dente, en colaboración co Concello de Ordes, Turismo Rural Antón Veiras e Bodegas Zuazo Gastónpara os vindeiros 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de xuño. 

Nesta edición os participantes son os seguintes bares e restaurantes: Doniña, Correos, Lugano, O Sótano, Jatopús, Orellas, Abacco, O Túnel, San Roque, O Rincón do pincho, Cervexería PJ, Cervexería O 27, O Mercado, Pool Stars, Mesón Anxo, quenespoderán participar cun máximo de tres tapas. Milhojas de mar, carnes asadas, tortillas e tostas variadas, mexillóns con bechamel, tripas con patacas, lacón, polo rebozado ou fideos con gambas son algunas das receitas que se poderán degustar 

Cada localparticipante facilitará aosseus clientes guías especialmente editada para a ocasión e cartillas nas que poderán plasmar as súasvotacións. Taméndisporándunha urna para depositar as ditas papeletas, que deberán estar seladas como mínimo polametade dos bares e restaurantes para ser tidas en conta. O horario do concurso irá dende as 19 ata as 23 horas, ampliándoo sábados e domingos tamén de 12.30 a 15 horas.

Xa o sábado 28 de xuñodaranse a coñecer os establecementosgañadores e farase a entrega de premios na Casa da Cultura. No caso do primeiro premio, que será do 50% do total do recadado nasinscriciónsmáisunhacea para dúas persoasnun restaurante da vila, os concursantes deberán ter totalmente cuberta a súa cartilla. No caso de optar ao segundo premio, o 30% do recadado nasinscricións, deberán ter o 75% das casas, mentres que para acadar o terceiro premio deberán ter cuberto o 50% das súas casas, o que lles dará a posibilidade de levar o 20% do recadado nasinscricións.

Axenda e tempo do xoves 5 de xuño - teatro, música, exposicións

Actividades 

Santiago - No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia con Alexander Melnikov, pianista, baixo a dirección de Cristoph König e dentro do programa de Abono. [Sor, Beethoven, farrenc]


Santiago - Na Zona C concerto de La Dance e Músculo! dentro do ciclo Compostela Rock e co que se presenta  a Romaría Pop.

Santiago - Salón Teatro - Meu Ben

Santiago - Sala Capitol - Dakidarría 

Santiago - Semana del vino gallego en Vidán


Santiago - Fundación Granell - exposicións solidaria proxecto Angola

Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

Santiago - As Cancelas - vehiculos clásicos de Renault

O Tempo

Lindeiros - Os descubrementos máis importantes para a comarca ¡participa!

No Lindeiros do mes de xuño o noso colaborador Andrés Gómez Tato nos fala Dos premios da Ciencia, un concurso para científicos dotado con máis de 12 millóns de euros; a partir de aquí Andrés nos invita a que entre todos os da bisbarra  decidamos entre os retos propostos en ese concurso os que consideramos máis importantes  ¿ti cal crees que é? 

colabora e no mes de xullo vos contaremos os resultados, podes votar aqui

Casa das Crechas - O cantautor malagueño El Kanka estará hoxe connosco

El Kanka presenta o seu segundo disco, ‘El día de suerte de Juan Gómez’, mañá xoves nas Crechas
O artista malagueño está de xira pola Península, e en Galicia para en Compostela o xoves e o venres na sala Mardi Gras da Coruña

A Casa das Crechas acolle mañá xoves o concerto de El Kanka, un dos cantautores con máis futuro do panorama español, que nos presentará o seu segundo álbum de estudio, “El día de suerte de Juan Gómez”. Este artista malagueño rebosa talento e bo humor. Os seus concertos provocan felicidade colectiva e cada novo fan ten a necesidade de compartir o seu descubrimento coa xente á que aprecia. 

El Kanka combina como ningúen temas para sorrir con cancións de amor de letras fabulosas. O seu primeiro videoclip, "A desobedecer", superou as 23.000 visitas en menos de dúas semanas.

O cantautor malagueño presentanos o seu segundo álbum de estudio. Un traballo para o que contou con Juan de Dioss Martín (Amaral, Marlango, Xoel López) na produción e con colaboracións de artistas como o inconfundible Lichis, a gaditana Carmen Boza ou o polifacético Toni Zenet.

Un esperado lanzamento que vén precedido por ‘A desobedecer’, primeiro tema do álbum que se presentou o pasado 10 de abril e que desde entón non parou de recoller boas críticas tanto de prensa como de público. Un tema cargado de actualidade e positividade no que non faltan os ritmos alegres e un retrouso pegadizo e que acumulou máis de 20.000 visitas en Youtube en menos de dúas semanas.

“El día de suerte de Juan Gómez” é un paso adiante na carreira do cantautor. Un traballo que recolle a súa madurez e crecemento como artista e que supón a súa confirmación como compositor, escritor e intérprete de gran talento. Un álbum que deixa paso a varios estilos, sen deixar de lado as súas xa famosas letras ás veces reflexivas, outras frescas e irreverentes e a raíz da súa voz, a súa guitarra e a súa música. En total, 12 temas escritos e compostos polo Kanka na súa totalidade. 

El Kanka está de xira por toda a Península para presentar o seu novo álbum. En Galicia para o vindeiro xoves nas Crechas e o venres na sala coruñesa Mardi Gras. 

Máis información: 



Psoe Teo - Sobre o pleno de maio

O concelleiro de urbanismo teense recoñece que non sabe se se vai urbanizar o Polígono da Ramallosa
O martes 3 de xuño celebrouse en Teo o Pleno correspondente ao mes de maio, adiado polo festivo da Ascensión da pasada semana.

Ao respecto da reunión da concelleira socialista cos propietarios afectados polo polígono industrial da Ramallosa, actualmente en exposición publica, Rafa Sisto sinalou que o grupo de goberno non tivera unha reunión cos propietarios porque aínda non tiñan claro se ían desenrolar o polígono nin como.

Lembremos que hai 2 anos Rafa Sisto sinalou que crearían unha empresa mixta para promover este polígono, xa que recoñecía que o goberno local non tiña (e segue sen ter) os fondos que se necesitaban para asumir o proxecto en solitario, fondos que ascenden conforme ao proxecto, e sen contar coas expropiacións, en mais de 4.200.000 euros. No Pleno de maio de 2012, o concelleiro de Urbanismo sinalaba que prevían que no 2014 estarían terminadas as obras e que se podería comezar a construción das naves.

En xuño de 2014, nin hai empresa mixta, nin urbanización, e o propio concelleiro recoñece as súas dúbidas sobre a viabilidade do proxecto, que de momento xa tivo un coste para as arcas municipais, cando menos, de 42.168,50 euros, polo contrato de redacción do plan de sectorización a unha empresa privada.

Para os Socialistas de Teo, un proxecto no que se inclúe a expropiación a 43 propietarios e que implica a suspensión de licenzas no ámbito durante un prazo de dous anos, non pode estar suxeito aínda, unha vez iniciado o procedemento de desenrolo do planeamento, ás “dúbidas e reflexións” sobre o tema, do grupo de goberno. 

Uxía Lemus sinala que : “Unha vez escoitadas estas palabras do propio concelleiro de Urbanismo, enténdese por que no propio plan de sectorización, e aínda que é unha obriga legal, non se recolle ningún plan de etapas para a expropiación nin a urbanización. Non se sinalan prazos máximos, só que será desenrolado nunha etapa, que conforme a Rafa Sisto, ironicamente aínda non sabemos nin cando se iniciará nin canto durará”.

Así mesmo, os Socialistas de Teo preguntaron no Pleno polo mal estado dos parques infantís en Teo. O concelleiro Xurxo Francos sinalou que se realizaran obras de mellora nestas infraestruturas nas datas posteriores á aparición de nota de prensa dos socialistas.

A preguntas de Uxía Lemus, o concelleiro encargado de Obras confirmou que non se realizaran aínda ningunha obra no talude existente no parque de Calo, ao carón da Sociedade de Gandeiros, pero recoñecendo a súa perigosidade, agardaban acometer cando menos un valado. No caso deste talude, os Socialistas estaremos atentos ás futuras obras no parque de Calo, dado o estado lamentable e moi perigoso, como sinalan os propios pais e nais reiteradamente e desde hai xa moitos meses.

Respecto ás mocións de urxencia presentadas polo grupo de goberno e BNG ao fío da recente abdicación do Rei, Uxía Lemus, lembrando a tradición republicana do seu partido, defendeu a convocatoria dun referendum consultivo sobre monarquía/república e unha reforma de calado da Constitución. 

A abstención da concelleira socialista explícase polo modelo de estrutura territorial definido e predeterminado nas dúas mocións, que non encaixa co modelo federalista defendido polos socialistas e que entendemos debe ser obxecto de debate e consenso. 

Antes do Pleno, todas as forzas da corporación recibimos un dossier de reclamacións e fotos, asinado por 72 firmas de veciños da Pedreira, en Calo, na que formulan a necesidade de cambios no proxecto de acondicionamento do viario e incluído nas obras do Plan de Obras e Servizos de financiación provincial deste ano, a proposta do PSdeG-PSOE de Teo.

O concelleiro do grupo de goberno, Rafa Sisto, sinalou que era imposible facer cambios no proxecto, xa aprobado pola Deputación. Uxía Lemus, concelleira socialista, reclamou que as peticións dos veciños se tivesen en conta polo menos nunha segunda fase de mellora da zona, cando se amplíe tamén o ámbito de actuación, ata a N-550.

BNG A Estrada - Demanda de dimisión do alcalde e da Secretaria Xeral de Urbanismo

Así como esiximos a dimisión do alcalde, esiximos tamén a dimisión da secretaría xeral de urbanismo por levar a Estrada á idade de pedra

Hoxe xoves o deputado do BNG, Daniel Rodas, interpelará a Secretaria Xeral do Territorio e Urbanismo sobre o PXOM da Estrada

hoxe a Secretaria Xeral do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, responderá as preguntas rexistradas polos deputados do BNG, Ana Belén Pontón e Daniel Rodas, a respecto do PXOM da Estrada, suspendido cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza desde o pasado mes de abril.

Xosé Magariños explicou que “os deputados do BNG esixirán responsabilidades e dimisións polo dano causado á Estrada, porque neste asunto, tanta responsabilidade ten o alcalde e os seus concelleiros por aprobar un Plan, cuxas modificacións excedían con moito a meras alteracións puntuais, como a Xunta de Galiza, que dá o visto e prace a un PXOM que debía cumprir a lei escrupulosamente antes de ser aprobado definitivamente”.

O concelleiro nacionalista afirmou que “xa dixemos en varias ocasións aquí houbo un acordo entre o alcalde e a Xunta do Partido Popular para usar o urbanismo da Estrada como arma política primeiro contra o bipartito local e logo para apuntarse un tanto de cara as eleccións municipais do vindeiro ano”. “Neste sentido”, explicou Magariños, “temos que recordar que o informe da secretaría municipal foi feito por unha militante do PP da Estrada, en substitución do secretario titular de vacacións forzosas para que este departamento ditaminara un PXOM á medida dos intereses políticos do alcalde”.

“Mais quen paga as consecuencias son os veciños e veciñas da Estrada”, engadiu Magariños, “que ven unha vez máis como o urbanismo da Estrada retrocede as normas subsidiarias de 1978, devolvendo a lei da selva á vila e paralizando por completo a construción no rural”. “E isto”, engadiu o concelleiro nacionalista, “paralizará máis aínda a economía local, veremos aumentar o paro no noso concello, veremos como empresas que tiñan proxectado ampliar os seus negocios, marchan por falta de solo industrial, veremos como este concello segue no burato no que leva metido desde hai décadas”.

Xosé Magariños afirmou que “non agardamos milagres da Secretaría Xeral do Territorio e Urbanismo e moito menos que asuma responsabilidades dunha persoa que está imputada nunha causa xudicial en Sanxenxo, tamén co urbanismo de fondo”.

“Así como o alcalde bota balóns fóra, como se con el non fora a cousa”, denunciou Magariños, “é de agardar que a secretaria xeral faga o propio e se desentenda da tramitación do PXOM da Estrada como xa nos ten acostumados o Partido Popular e os seus representantes públicos”.

“Mais xa abonda”, afirmou o concelleiro do BNG, “cos intereses da Estrada non se xoga, e así como esiximos a dimisión do alcalde, esiximos tamén a dimisión da secretaría xeral de urbanismo por levar a Estrada á idade de pedra”.

Ordes - Este venres 6º aniversario das Noites de Tasca

Noites de Tasca celebrará este venres  en Ordes o seu sexto aniversario
Arredor de 20 grupos folclóricos actuarán noutros tantos establecementos da vila a partir das 21.30 horas. Taménhaberáobradoiros de baile e creación de instrumentos tradicionaisartesanais para os máisnovos

 A Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes, en colaboración co Concello de Ordes, celebraraán este próximo venres o sexto aniversario das súasNoites de Tasca. O programa arrancará na Alameda a partir das 18.30 horas con obradoiros de baile galego e de creación de instrumentos tradicionaisartesáns, a cargo de Helena Noya Ruibal, mestre da Asociación Camiño Real de Poulo, e do músico e artesánOliXiráldez. Xa a partir das 20 horas e diante do Museo do Traxe os mestres Juan Pena e Beatriz García, da Asociación Sementes da Arte, impartirán outroobradoiro de baile tradicional.

A festa e foliada propiamente dita arrancará a partir das 21.30 horas simultáneamente en preto de 20 bares, tascas, restaurantes e establecementoshostaleiros da vila de Ordes, no que actuarán en directo máis de 20 grupos procedentes de toda a comarca, así coma doutros puntos como Asturias, A Coruña ou Lugo.

Xa para rematar, a partir da media noite, todos se concentrarán na cafetería Islia, onde se levará a cabo unha gran foliada ata ben entrada a madrugada. Ademaistamén se procederá ao sorteo dunha gaita tradicional. 

Colaborando nesta iniciativa, ademáis do Concello, tamén cabe destacar a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, a Federación de Grupos de Música e Baile Tradicional da Comarca de Ordes, Esymar Artes Gráficas, e Seivane o apelido da gaita.

BNG Compostela - O PP prefire nomear concelleiros a dedo que que decidan as urnas



Rubén Cela afirma que “o PP prefire nomear concelleiros a dedo a que decidan as urnas”
“A capital de Galiza está gobernada por catro edís; un feito inaudito e unha mostra de irresponsabilidade do trato do PP a esta cidade”

“O PP prefire nomear concelleiros a dedo a que decidan as urnas”, afirmou Rubén Cela, portavoz do grupo municipal nacionalista en Raxoi. Tivo na súa man cederlle a voz á veciñanza de Santiago como lle esixiu o BNG ante a situación insostíbel do grupo de Goberno, co obxectivo de disolver a Corporación e convocar eleccións anticipadas, mais optou por esgotar os prazos. “Manter un alcalde dobremente imputado e encher con concelleiros que non saíron das urnas vai acrecentar a crise de lexitimidade deste Goberno local”, explicou.

Deste xeito, cualificou a situación como “crítica” porque o PP “volve trabucarse ao deixar un alcalde dobremente imputado para pilotar un barco á deriva, que leva a cidade por diante”, indicou. Reclamou así, mais unha vez, a dimisión do alcalde de Santiago de Compostela.

A xunta de portavoces, sen convocar
Ademais, o grupo municipal do BNG considera “inconcibíbel e impresentábel” que aínda non se convocara unha xunta de portavoces logo da inhabilitación de sete edís e da dimisión de dous máis do equipo de Goberno do PP durante a última semana. “Hoxe, a capital de Galiza está gobernada por catro concelleiros; un feito inaudito e unha mostra de irresponsabilidade do trato do PP a esta cidade”, explicou.

Para Rubén Cela, non é razoábel que nunha democracia, diante dun “auténtico tsunami e da crise institucional máis profunda que viviu nunca na súa historia democrática o Concello de Santiago”, o alcalde “non se digne” a convocar unha xunta de voceiros para dar unha explicación do resultado da sentenza xudicial co fin de pór en común cos grupos da oposición, que tamén son parte dos representantes da veciñanza, a planificación prevista para a renovación dos cargos.

A dimisión de Rebeca Domínguez agrava a crise
Sobre a dimisión da concelleira Rebeca Domínguez, manifestou que “agrava a crise de lexitimidade e de desprestixio do Goberno de Santiago”. Este Goberno ten demostrado a súa “absoluta incapacidade” para xestionar unha cidade como a capital de Galiza e esa crise de lexitimidade non se vai superar cun proceso encabezado por Ángel Currás, “porque é un alcalde dobremente imputado e que tiña a obriga de presidir a Xunta de Goberno pola que acabaron condenados os sete concelleiros”, explicou.

O programa co que o PP de Santiago concorreu ás eleccións municipais recollía literalmente no apartado de “Confianza, legalidade e transparencia” que “se recuperará a imaxe dos responsables políticos locais como servidores públicos por excelencia e garantes dun sistema aberto, transparente, que se cinga á legalidade e sen fisuras”.

Santiago 23 concertos na 9ª edición do festival Via Stellae

O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia organizan e promoven a novena edición do Festival Via Stellae, un certame esencial no verán compostelán que, a piques de cumprir os seus dez primeiros anos de vida, vén avalado por unha consolidada traxectoria e que sempre contou co respaldo do público e co recoñecemento da prensa especializada. Nesta edición serán un total de 23 concertos que se celebrarán desde o 20 de xuño ata o 15 de xullo.

Santiago de Compostela, o seu casco histórico, encherase de música durante máis de tres semanas: o Teatro Principal e o Salón Teatro; as igrexas, capelas e conventos de Santa Clara, Universidade, San Paio de Antealtares, Orde Terceira e San Fiz de Solovio; localizacións singulares como o CGAC e espazos abertos como os patios do Hostal dos Reis Católicos, a praza da Quintana ou o claustro de San Martiño Pinario son os variados escenarios para os seráns musicais do festival. A programación do festival ten na música antiga e barroca un dos seus argumentos máis sólidos, pero o Via Stellae non esquece outras épocas e xéneros musicais interpretados por artistas de moi distintos perfil e procedencia.

A liña de programación vinculada ao Barroco, á música antiga e á interpretación historicista ponse de manifesto coas actuacións de artistas e agrupacións de prestixio internacional do talle da orquestra barroca belga Il Fondamento, dos violinistas Fabio Biondi, Sergey Malov e Amandine Beyer, da soprano italiana Roberta Invernizzi, do cuarteto vocal norteamericano Anonymous 4, dos contratenores Xavier Sábata e José Hernández Pastor, do pianista Iván Martín, dos conxuntos Al Ayre Español e Accademia del Piacere etc. 

No programa atopamos un destacado protagonismo dos grandes mestres do Barroco, de Bach e dos seus contemporáneos: Vivaldi, Haendel, Telemann... A Johann Sebastian Bach e as súas sonatas para violín e clave dedican o seu concerto dous grandes nomes como o violinista palermitano Fabio Biondi e o clavecinista neoiorquino Kenneth Weiss. Outras figuras do festival amosarannos diferentes facianas, repertorios e persoeiros do mundo da música antiga e barroca. Coa sensibilidade interpretativa e a fermosa voz da soprano milanesa Roberta Invernizzi achegarémonos á canción italiana da primeira metade do século XVII, un tempo no que as emocións e os afectos eran expresados polo cantante, por unha soa voz, con acompañamento instrumental, neste caso o laudista neoiorquino Craig Marchitelli. Pechan o festival catro mulleres que forman parte da historia da recuperación da música medieval: o cuarteto vocal Anonymous 4 presentan en Compostela unha antoloxía dos máis de 25 anos facendo música xuntas que ao mesmo tempo supón unha ampla panorámica dos cantos medievais e polifonías europeas.

Dende Andalucía chega unha das referencias da música antiga española, a Accademia del Piacere que liderada por Fahmi Alqhai recrearan co seu programa fantasías_diferencias_glosas a práctica habitual dos músicos españois do XVI e XVII da interpretación, con boas doses de improvisación, de transformación e adaptación das pezas aos recursos instrumentais dispoñibles. Os modelos italianos e Corelli son a fonte de inspiración do concerto dedicado á música francesa (con Couperin á cabeza) que ofrecerán a sensible e virtuosa violinista de Aix-en-Provence (e residente hai anos en Vigo) Amandine Beyer á fronte do seu grupo Gli Incogniti.

A ópera é protagonista nos recitais dos contratenores Xavier Sábata e José Hernández Pastor. O contratenor español de maior proxección internacional, o barcelonés Xavier Sábata, ofrecerá un monográfico dedicado a arias de ópera para castrato compostas en Londres polo gran mestre da ópera barroca, Georg Friedrich Haendel. Á figura dun dos primeiros cantantes famosos da historia da ópera, probablemente o seu primeiro gran divo, o castrado italiano Baldassare Ferri, dedica o valenciano José Fernández Pastor o seu recital centrado na música vocal e os primeiros pasos do xénero operístico no século XVII. E a ópera tamén e protagonista, esta vez sen palabras, no concerto de Al Ayre Español, conxunto aragonés (Premio Nacional de la Música 2014) que baixo a dirección do seu fundador Eduardo López Banzo interpretará a integral das fermosas sonatas opus 5 de Haendel.

Unha das efemérides musicais máis sinaladas deste ano e o terceiro centenario do nacemento de Carl Philipp Emanuel Bach, membro dunha das familias musicais máis longas da historia. Ao segundo fillo de Johann Sebastian Bach, e ao seu padriño Georg Philipp Telemann, dedican o seu concerto a experimentada orquestra barroca belga Il Fondamento e o seu creador Paul Dombrecht. Tamén arredor da música de C.P.E. Bach (xunto á de Vivaldi e á do seu pai J.S. Bach) descubriremos un instrumento, e un xeito de interpretar: o violoncello da spalla co que o versátil interprete ruso Sergey Malov (tamén violinista e violista) tocará boa parte do variado programa de sonatas, suites e variacións no que explora as cores, sonoridades, recursos estilísticos e expresivos dos instrumentos de corda.

O festival Via Stellae non esquece celebrar musicalmente o 8º centenario da peregrinación a Compostela de San Francisco de Asís con dous proxectos de cadansúa agrupación galega. Na capela da Orde Terceira, o coro Vox Stellae fará unha recreación litúrxica da festa de san Francisco e, no seu 25º aniversario, o grupo compostelán Resonet que dirixe Fernando Reyes será o encargado de inaugurar o festival na igrexa conventual de Santa Clara cun programa de cantos italianos do século XIII relacionados coa orde franciscana e cantos ibéricos da época como as Cantigas de Santa María ou o noso Códice Calixtino. Os profesionais galegos contan cun destacado protagonismo con interesantes propostas como é o caso do arpista compostelán Manuel Vilas que durante este Via Stellae materializará a derradeira entrega (sexta) da recuperación integral dos cen tons humanos contidos no Manuscrito Guerra que se conserva na universidade compostelá; a mezzosoprano catalá Lidia Vinyes Curtis será a voz deste concerto e do sexto disco da gravación completa deste manuscrito, un dos documentos máis importantes para a música barroca española, que está a editar a discográfica británica Naxos. 

A Real Filharmonía de Galicia divide en dous os seus efectivos para ofrecer dous concertos en días consecutivos no Via Stellae. No primeiro o canario Iván Martín, un dos máis destacados pianistas da súa xeración, ponse á fronte da sección de cordas da orquestra compostelá para interpretar tres fermosos concertos dun dos músicos máis extraordinarios da historia e protagonista destacado desta novena edición do festival. Ao día seguinte, o director compostelán Maximino Zumalave propón un especial programa nun dos patios do Hostal dos Reis Católicos con tres divertimentos para cordas, fermosas obras de xuventude, que Mozart compuxo en Salzburgo. No mesmo marco terá lugar a presentación de Galicia Brass, un novo conxunto que nace en Compostela e que para o seu primeiro concerto realizou unha coidada e variada selección de obras orixinalmente escritas para este brillante formación de metais e percusión. En colaboración co proxecto de recuperación musical Descubrindo as nosas músicas, os pianistas Alejo Amoedo e Pablo Rodríguez e a soprano Teresa Novoa ensinarannos a faciana máis íntima da música culta galega, a do piano e a canción lírica.

A percusión é un dos fíos condutores este ano do OFF#Stellae (a achega alternativa do festival: outras músicas, outras visións, outros espazos…) materializada en seis concertos e espectáculos. Tres deles están organizados en colaboración co FIP, Festival Internacional de Percusión: na praza da Quintana a Banda Municipal de Música, que por segundo ano consecutivo se suma ao Via Stellae, materializa unha nova colaboración co Ensemble Residente do FIP en torno ao folclore indíxena americano; o CGAC acolle unha suxestiva proposta na que Nuno Aroso, un dos intérpretes portugueses máis creativos no panorama da música contemporánea, experimenta mesturando instrumentos de percusión con outros materiais, e o claustro de San Martiño Pinario será o marco no que catro novas percusionistas galegas (Marta Rodríguez, Carla Villanueva, Irene Rodríguez e Sabela Castro) presentan un variado programa baixo o título Marimba en pedra. Na improvisación, nunha ollada renovadora cara ao pasado, na fusión con outros xéneros musicais... sitúanse os puntos comúns de encontro das outras tres convocatorias do OFF#Stellae, dos tres concertos do trío Caspervek, de Andreas Prittwitz e de Germán Díaz. As emblemáticas Variacións Goldberg, obra mestra de Bach, son o punto de partida da travesía musical do Caspervek Trío polo Renacemento e o Barroco. Os mesmos períodos musicais reivindican o multiinstrumentista Andreas Prittwitz e o seu quinteto Lookingback nunha lectura actual que ten no jazz improvisado un dos seus piares máis sólidos. E dende Viena trouxo a Lugo o inquedo músico Germán Díaz un dos escasos exemplares funcionais que existen no mundo de lira organizata, instrumento híbrido de órgano e zanfona; sempre orixinal nas súas propostas, Germán Díaz estará acompañado nesta viaxe pola corneta e a tuba doutro peculiar músico de jazz como David John Herrington.

Moitos e moi variados son os protagonistas desta novena edición do festival Via Stellae... os Bach, a percusión, Francisco de Asís, a improvisación, Haendel, a música antiga e o Barroco, a fusión, raíces e tradición, a voz, instrumentos descoñecidos, o entorno artístico e histórico do casco vello compostelán, rigor interpretativo e innovación... Unha ollada ao pasado mirando de fronte ao futuro… Cos oídos e os ollos ben abertos, ao longo destas case catro semanas de festival non faltarán as oportunidades para vivir enriquecedoras experiencias rodeados de tanta e tan boa música.

Venta de entradas e prezos
Dos vinte e tres concertos do programa só serán de pago seis cuns prezos de 6 ou 8 euros. O resto será con invitación que haberá que retirar previamente agás o da Praza da Quintana que será de entrada libre. Ademais, para 5 deses 6 concertos de pago haberá un abono a un prezo de 30 euros. 

As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal que estará aberto todos os días (agás os domingos, coa excepción do 29 de xuño e o 13 de xullo) de 18.00 a 21.00h. Ademais, tamén poden mercarse na web entradas.novagaliciabanco.es ou no teléfono 902 434 443. A venta de entradas e abonos será a partir do 6 de xuño e a retirada de invitacións para os concertos que son gratuítos a partir do 12 de xuño.

Ames - O grupo municipal de teatro estrea "Tromparia"

O grupo municipal de teatro de Ames estrea este venres, 6 de xuño, a súa última produción “Tromparia”

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres 6 de xuño, ás 21:00 horas, o estreo da nova montaxe do grupo municipal de teatro de Ames. “Tromparia” é o nome da última peza que preparou este grupo de teatro afeccionado, que naceu hai once anos en forma dun obradoiro de interpretación. Esta representación enmárcase dentro da Clausura dos obradoiros culturais, que se está levando a cabo nas últimas semanas.
As entradas para ver esta obra de teatro son gratis e poderanse adquirir ata completar aforo
.
Despois de representar a obra do italiano Goldoni con "desvaríos polo veraneo", indagar no absurdo da man do alemán Karl Valentín, atreverse con Nunca nada de ninguén da autora portuguesa Luísa Costa Gomes, representar a obra "O porvir está nos ovos", de Eugéne Ionesco, poñer en escena a comedia O Médico a paus, de Molière, representar a obra Véndese, unha adaptación feita do texto "Segunda mano" de Dulce Chacón, agora o grupo municipal de teatro de Ames representa Tromparia. 

Tromparia é a crónica anacrónica dun tempo e lugar imprecisos, pero presentes por recoñecibles. E neste xogo de luces e sombras de xalundes, transitamos polas cociñas do poder de Tromparia onde se fornean os plans económicos e as vidas dos cidadáns. Mentres o pobo, o protagonista da democracia, prefire resignarse nunha vida de cans diante da vertixe de teren que ser actuantes dun sistema que só coñecían de nome. Pero é que é tan cómodo o servilismo, delegar as decisións e o poder no letargo da vontade, sermos gobernados por alguén -quen for- e que nos deixen tranquilos. Que para iso pagamos impostos! 

Esta peza teatral está dirixida por Mónica Camaño. O deseño do espazo escénico, o aderezo e o vestiario correu a cargo da propia Mónica Camaño e dos actores e actrices que participan nesta peza teatral, mentres que o deseño de iluminación ten a firma de Ze Paredes que é o mesmo tempo o autor da obra e  que xa preparou as seis últimas montaxes do grupo. O elenco artístico está composto por Paula Castro, Maica Couto, Pilara Gómez, Carlos Labraña, Emilia Mayo, Pablo Nimo, Carmela Pardal, Manel Pardo, Patricia Quintiá e Paz Romai. Por último, o soporte técnico é traballo de Kachet Loxística Espectacular SL.

Ordes - Charla sobre ‘Hábitos saudables na fibromialxia, artrose, osteorporose e depresión’

Mañá venres 6 de xuño a Asociación Galega de Fibromialxia(AGAFI) en colaboración coa Clínica Médica Rúa do Muiño-Ordeslevará a cabo unhacharla coloquio sobre ‘Hábitos saudablesnafibromialxia, artrose, osteoporose e depresión’. Dita actividade será de balde e celebraraseás 20 horas na sala de conferencias ubicada nos baixos da Alameda.

Neste encontró intervirán:

· M. Dolores Bermúdez – Presidenta de AGAFI

· Dr. José Manuel Fernández – Médico de familia

· Dr. Manuel do Muiño – Médico de familia

Ames - O concello regulará o uso de taxímetros

Ames contará nos próximos meses cunha ordenanza que regulará a utilización dos taxímetros

O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, ten elaborada unha ordenanza que regulará o servizo de taxis amiense. Na nova ordenanza regúlanse as tarifas para o ano 2014 e a colocación de taxímetros en todos os vehículos que ofrezan este servizo. Esta ordenanza está totalmente adaptada ao que establece a Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, aprobada en 2013 polo Parlamento de Galicia. Nos vindeiros meses esta ordenanza será levada ao Pleno para, se procede, ser aprobada pola corporación municipal amiense.

Seguindo a liña de traballo iniciada polo goberno municipal cos diferentes organismos asociativos do concello, o alcalde de Ames, Santiago Amor, mantivo varias xuntanzas coa asociación de taxistas de Ames. Deste xeito, no pasado mes de marzo a nova directiva desta asociación, que está formada por Agustín Núñez, que ocupa o cargo de presidente, Andrés Núñez, vicepresidente, Gustavo Castro, secretario, e Santiago Núñez, tesoureiro, presentoulle ao goberno municipal un estudo das tarifas a aplicar durante este ano polo servizo de taxis de Ames. Un dos temas máis importantes que se abordaron nesa xuntanza celebrada no mes de marzo foi o dos taxímetros, así como as tarifas a aplicar.

A partir dese momento o Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, comezou a traballar na elaboración dunha ordenanza que regulará o servizo de taxis amiense, adaptada ao que establece a Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, aprobada en 2013 polo Parlamento de Galicia. Na nova ordenanza regúlanse as tarifas para o ano 2014 e a colocación de taxímetros en todos os vehículos que ofrezan este servizo, así como outras particularidades do servizo.

A proposta desta ordenanza transmitíuselle e foi posta en común coa asociación de taxistas de Ames. Ademais, dentro do proceso de tramitación da devandita ordenanza, déuselle trámite de audiencia enviándolle unha proposta á Dirección Xeral de Mobilidade, ás tres organizacións sindicais máis representativas dentro do sector do taxi de Ames e á Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). Actualmente, esta ordenanza está en fase de audiencia antes da súa tramitación polo Pleno do Concello.

Axenda e tempo do mércores 4 de maio - Música, exposicións

Actividades 

Santiago - Retablo - concerto de Alma Andrade

Santiago - Semana del vino gallego en Vidán


Santiago - Fundación Granell - exposicións solidaria proxecto Angola

Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

Santiago - As Cancelas - vehiculos clásicos de Renault

O Tempo

Área Central - Primeira xornada de portas abertas de locais e oficiñas

Area Central celebra este sábado su primera jornada de puertas abiertas de locales comerciales y oficinas

Area Central celebra este sábado 7 su primera jornada de puertas abiertas de locales comerciales y oficinas, una nueva oportunidad que tienen las personas que están buscando un local con el fin de montar un negocio para visitar la oferta inmobiliaria de la que dispone en las instalaciones de Area Central.

En horario de 11:00 a 15:00 y de 17:00 a 21:00 horas, Area Central confía en atraer este sábado a un amplio número de interesados en conocer la oferta de locales de Area Central, que oscilan entre los 20 y los 700 metros cuadrados a unos precios muy ventajosos.

Además de lo atractivo de los alquileres, Area Central quiere recordar la prestación de distintos servicios gratuitos de las que pueden disfrutar los establecimientos que la integran como seguridad, internet vía wifi, limpieza de zonas comunes, consultoría fiscal y laboral, préstamo de mobiliario técnico y la disponibilidad de sala de juntas y reuniones, entre otros.

Area Central ofrece todo tipo de facilidades para facilitar la instalación de un nuevo comercio u oficina en sus locales en 24 horas como préstamo de medios de utillaje y maquinaria, suministro de luz y agua, apoyo técnico a proveedores y empresas instaladoras, etc.

Psoe Ames - Sobre a clausura das escolas deportivas

A CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS FOI O COLOFÓN Á SÚA NEGLIXENTE E DESAFORTUNADA ADXUDICACIÓN

Os Socialistas denuncian falta de documentación e pasividade absoluta no Goberno para o peche da Comisión das Escolas.

Felicitan as aos rapaces e rapazas que foron saíndo a facer a exhibición do aprendido ao longo do curso. “O seu entusiasmo e dedicación debe ser correspondido cos nosos alagos”, din os socialistas

Calculan os Socialistas que tan só en Bertamiráns se produciu un 33% de baixas entre os usuarios e usuarias

O pasado venres pechouse o curso das peores escolas deportivas que se recordan en Ames cunha exhibición de nenos e nenas no pavillón de Bertamirans, e na que o Grupo Municipal Socialista estivo presente dende o seu comezo ata o fin case catro horas que durou o acto. Para os Socialistas a gala de clausura das escolas foi un fiel reflexo da realidade que se viviu neste curso e coa entrada da nova empresa –Eulen Sport- na xestión das mesmas, lembramos que por decisión unilateral dun Goberno á deriva que practicamente non é capaz de programar novas iniciativas e que cando se mete a facer algo é para estropealo, como así aconteceu coas Escolas Deportivas amienses que contaban cunha gran aceptación entre os usuarios e usuarias e que, desgraciadamente ata o seu peche foron perdendo asistentes pola seu empeoramento na xestión..

Felicitar aos rapaces e rapazas
Da gala do sábado gustaríanos felicitar aos rapaces e rapazas que foron saíndo a facer a exhibición do aprendido ao longo do curso. O seu entusiasmo e dedicación debe ser correspondido cos nosos alagos, e as críticas sobre a actuación do Goberno non deben empañar a súa posta en escena, que un ano máis foi de todo meritorio.

Na gala do sábado actuaron os grupos de Bertamiráns, Milladoiro, Ventín ou Barouta en diversas actividades, tales como patinaxe, aerobic, ximnasia rítmica, judo, predeporte, baloncesto, tenis e ballet. A gala que rondou as catro horas recibiu a crítica dos asistentes pola falla de ritmo e a lentitude que existía entre actuación e actuación, ademais de existir certa desorganización por parte dos responsables de Eulen Sport, que foron os organizadores do evento; o que foi un exemplo máis da desgraciada xestión e da desafortunada adxudicación do goberno municipal. 

Escasa asistencia de usuarios e usuarias
Pero lonxe do propio acto e da súa organización o que máis chamou a atención dos socialistas amienses foi a escasa asistencia de usuarios e usuarias da meirande parte dos grupos que actuaron, o que pon de manifesto o que nos xa denunciamos fai meses e que non é outra cousa que o mal funcionamento das Escolas de man da nova empresa, e que provocou a reiterada sangría de baixas mes a mes e que agora queda demostrado coa presencia de moitos menos rapaces en cada un dos grupos que actuaron e en referencia aos que iniciaron o curso aló polo mes de outubro. As numerosas incidencias e queixas dos usuarios e usuarias ante a falta de material, de monitores/as, dos atrasos ou substitucións continuas dos monitores por parte da empresa, e a escasa formación ou titulación de moitos deles levou ao que o venres vimos todos os asistentes, grupos que ao seu inicio contaban con ata 20 ou 30 usuarios e que no día da gala amosan a presenza de tan solo 5 ou 6. Podemos entender que algún usuario non puidera acudir ese día á gala pero parécenos que os números falan por si solos e estes son algúns exemplos:

Actividade 
Nº usuarios/as na gala 
Ao comezo do curso 

JUDO 


21 


XIMNASIA RÍTMICA G.1 


19 


XIMNASIA RÍTMICA G.2 


15 


BALONCESTO 

20 

55 


TENIS 

15 

75 


PATINAXE 

50 

130 

Á vista destes números os Socialistas de Ames afirmamos con rotundidade que o Goberno “cargouse o servicio das Escolas Deportivas que eran un referente non solo en Ames senón tamén para outros Concellos” di o portavoz socialista, José Miñones. Culpan os socialistas a complicidade e a connivencia do equipo de goberno do PP, e especialmente da concelleira-delegada da área, Eugenia Martín, que “sempre intentaron defender os intereses da empresa por diante dos usuarios/as é algo lamentable” remacha con rotundidade José Miñones.

Peche da Comisión das Escolas Deportivas

Os socialistas levamos dende hai meses solicitando a convocatoria do peche da comisión das Escolas deportivas, pero o Goberno non quere facelo porque na mesma se levarían as conclusións de dita comisión que obrigarían ao Goberno a actuar en consecuencia. “O Goberno bota balóns fora con tal de non asumir responsabilidades e escapa da realidade mirando para outro lado”, di Miñones. Lonxe de buscar a transparencia o Goberno do PP agocha a información ou pon trabas para o seu acceso.

O Grupo Socialista ten pedido copia e acceso ás actas de asistencia e demais documentación dende fai varios meses e unha vez que temos acceso a dita información atopámonos con que a mesma está incompleta. “O Goberno non quere que vexamos as actas de asistencia das actividades para que non saibamos canta xente se foi dando de baixa e por iso dificulta o acceso a esta información gardando as actas en diferentes dependencias e separadas do expediente”, denuncia o portavoz socialista. O Grupo Socialista só tivo acceso as actas de Bertamiráns e comprobamos que faltaban varias actas de actividades das escolas que non se atopaban xunto co resto da documentación.

Pero “do análise pormenorizado das actas vistas xa podemos concluír que o desastre da xestión das Escolas foi incluso superior aos peores presaxios e o número de baixas foron moi superiores aos primeiros meses de actividade”, manifesta Miñones Conde. Ademais os números revisados nas actas de asistencia casan perfectamente co número de usuarios que acudiron á gala do pasado sábado o que nos amosa a realidade das escolas: “unha realidade dura e lamentable que solo ten un culpable; o goberno de Ames”.

A porcentaxe de usuarios/as que durante un mes seguido non foron á actividade e polo tanto causan baixa conforme ao prego de licitación: 

BERTAMIRÁNS 

% de baixas 


Aerobic 

57% 


Baloncesto 

22% 


Patinaxe 

20% 


Predeporte 

14% 


Tenis 

35% 


Ximnasia 

29% 


Ximnasia Rit. 

61% 


Ballet 

33% 


Pilates 

36% 


Judo 

25% 


TOTAL 

33% 

Estes son os datos das actas de asistencia que puidemos comprobar e nas que faltarían todas as correspondentes a Milladoiro ademais das baixas xa executadas do mes de xaneiro e que aquí non se contabilizan. Estes datos amosan un completo desastre con ata 200 usuarios/as de baixa tan solo en Bertamiráns, cifra que se achega á correspondente a todo o Concello no mes de febreiro e que demostra que ao final do curso a completa totalidade das escolas contaban cunha asistencia moi inferior ao do seu inicio, chegando nalgunhas actividades a unha rebaixa do 60% de usuarios/as. “Esta é a verdadeira rebaixa que fixo este Goberno, non a que vendía do prezo, senón a que reflicten os números de usuarios/as, unha realidade innegable e desastrosa” cualifica o portavoz, José Miñones.

Pregos en dúbida

A empresa Eulen, que resultou adxudicataria do servizo das Escolas Deportivas Municipais, incumpriu de maneira clara e flagrante o prego de licitación, tal e como recoñeceu o responsable da empresa que acudiu á Comisión para estudar e analizar o funcionamento do citado servizo. Segundo informou e recoñeceu, a persoa que desenvolveu desde o seu inicio, e segue a desenvolver as tarefas de coordinación das Escolas Deportivas non posúe a titulación necesaria e especificada de maneira clara no prego, que é a de ser Licenciado en Ciencias do Deporte e Educación Física (INEF). E desde o mes de xaneiro e, seguramente, debido ás reiteradas denuncias do Grupo Municipal Socialista, decidiuse nomear a un segundo Coordinador coa titulación necesaria, para intentar camuflar o incumprimento.

“Non hai dúbida do desgraciado fracaso dunha das actividades estrela que recolleu o goberno municipal que preside Santiago Amor, e que debido ao seu afán por deixar a súa pegada só conseguíu reducirlle a calidade e polo tanto empeoralas de maneira notable”, conclúe José MIñones