Teta e Coliño - II Curso de Asesoría en Lactación Materna

Dende a Asociación Teta e Coliño, Grupo de Apoio á lactación materna, queremos compartir contigo unha ilusionante noticia:
en breve ofreceremos o noso II Curso de Asesoría en Lactación Materna
Trátase dun curso dirixido a nais de Grupos de apoio, Asesoras de lactación, profesionais da saúde que traballen en sectores relacionados coa maternidade e crianza... e en xeral, a toda aquela persoa interesada en formarse sobre lactación materna e apoio ás nais lactantes.

A formación constará de 65 horas lectivas, e constará dos seguintesmódulos: 

1. ASESORÍA E COMUNICACIÓN

2. BASES FISIOLÓXICAS DA LACTACIÓN MATERNA

3. CLAVES DA LACTACIÓN EXITOSA

4. RESOLUCIÓN DE DIFICULTADES I

5. RESOLUCIÓN DE DIFICULTADES II

6. SITUACIÓNS ESPECIAIS

7. MANEXO DE LEITE MATERNO

8. ASPECTOS CULTURAIS

9. CRIANZA E ASPECTOS FAMILIARES

10. APOIO Á LACTACIÓN

O curso desenvolverase entre febreiro e xuño 2013. Terá lugar no Centro Sociocultural do Milladoiro (Ames - A Coruña). As prazas son limitadas.

Podes atopar máis información no noso blog http://tetaecolo.blogspot.com.es/2012/12/curso-de-asesoria-en-lactacion-materna.html , neste correotetaecolo@hotmail.com ou no teléfono 651082881.

Ningún comentario: