Ordes - mañán XX feira de Cans de Caza en Mesón do Vento


Mesón do Vento acollerá a XX Feira de Cans de Caza este próximo domingo con máis de 1.500 exemplares
A prensa especializada califica este evento como o máis importantes do Noroeste peninsular. Tamén haberá unha degustación gratuita nos bares da zona

Santiago - axenda sábado 28 (inclue festas do Apóstolo) e corte de tráfico


Sábado 28

17.00 h
Na Alameda, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á clausura do XXIV Campionato de Chave masculino e feminino.

Ames Novo Ames - o pp perde a maioría na corporación e na sociedade


Minoría absoluta do PP de Ames, na corporación e na sociedade
O Pleno de Ames demostrou que o goberno Popular perdeu a maioría social que o sustentaba e posiblemente o propio apoio para continuar gobernando. O goberno de Santiago Amor impediu no Pleno de Orzamentos que a oposición retirase as súas propias emendas. Esta manobra ilegal e antidemocrática foi mantida polo alcalde contra o criterio da secretaria municipal co obxectivo de evitar unha votación que impediría a aprobación do Orzamento de 2012. En Ames os recortes non son só económicos, son tamén democráticos.  

PSOE Ames - os socialistas acusan o alcalde de saltarse a lexislación e presentarán denuncia


O GRUPO SOCIALISTA DENUNCIA QUE SANTIAGO AMOR SE SALTA A LEXISLACIÓN VIXENTE PARA TRATAR DE AGOCHAR A DIVISIÓN INTERNA DO PARTIDO POPULAR 
O PSOE estudará presentar unha denuncia diante da presunta ilegalidade cometida polo alcalde de Ames, que pechou un punto da orde do día sen a correspondente votación, tal e como indica a Lei 

Ames - o concello apraza o debate dos orzmentos para buscar consenso


O Goberno de Ames apraza o debate dos orzamentos co obxectivo de que os técnicos estuden as emendas presentadas e para abrir unha vía de negociación e diálogo

BNG Teo - o BNG consegue a aprobación de 3 mocións no pleno


O BNG DE TEO CONSEGUE APROBAR TRES MOCIÓNS NO PLENO MUNICIPAL
A proposta do grupo municipal do BNG, solicitarase a supresión do copago farmacéutico e rexeitaranse os recortes da Xunta do PP en Educación e a concentración de alumnado de infantil e primaria
Rexeitamento da suba do IVE, o recorte nas prestacións por desemprego, e todas as medidas que cargan sobre a cidadanía a factura da crise económica

Oroso - resumo pleno xullo


O PLENO DE OROSO APROBA O REGULAMENTO E
AS TAXAS DO CAMPOSANTO MUNICIPAL DE MARZOA
O pleno instará á Deputación da Coruña a mellorar o trazado da CP-3802 e construír unha senda peonil entre Carballal e O Castro (Marzoa)
Unanimidade da corporación na moción de apoio ao sector lácteo

Ames - o concello recibirá da deputación máis de 380 mil euros para distintas obras

Ames recibirá 381.743 euros a través de dous convenios coa Deputación da Coruña para a realización de oito obras no rural e nos núcleos de Bertamiráns e do Milladoiro
Ademais, a Deputación da Coruña, a través do Plan DTC 94, destinará ao Concello de Ames un total de 382.245,04 euros.

BNG Ordes - o BNG acusa o PP e a UXO de cinismo e de "vir quentar a cadeira"


O BNG CRÍTICA A FARSA E O CINISMO DE UXO E PP, QUE PERMITEN QUE EN ORDES OS CONCELLEIROS COBREN POR “VIR QUENTAR A CADEIRA”
- Os nacionalistas propuxeron rebaixar os membros das comisións informativas a 1 concelleiro por grupo municipal, e destinar o aforro en dietas dos concelleiros a un fondo para compensar aos traballadores municipais pola perda da paga extra do Nadal, pero a proposta foi rexeitada por UxO e PP.

Ordes - resumo pleno de xullo


O pleno de Ordes aproba o mantemento da oficina do rexistro da Propiedade como oficina liquidadora de tasas e impostos
Na sesión o popular o Luis Caamaño tomou posesión do cargo de concelleiro

Esquerda Unida Santiago - valoración pleno de xullo


O representante do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Vicente Vázquez,
acudiu ó Pleno para valorar o que alí se faga ou diga.
Como é habitual o Pleno comezou coa protocolaria aprobación de actas: foron catro e nunha
delas o PSdeG instou a pequenas modificacións aceptadas sen maior problema.
O punto quinto da orde do día, aprobado cos votos a favor do PP e o PSdeG e a abstención do BNG, versou sobre unha modificación puntual urbanística na rúa San Miguel dos Agros, núm. 5 debido ó novo museo das peregrinacións.

Asociación Amigos Empanada Silleda - o luns ábrese o prazo de inscrición para peñas


O vindeiro luns 30 de xullo abrirase o prazo para a inscrición de peñas para a XXXVIII Festa da Empanada. Remata o venres 10 de agosto.

BNG Ames - o BNG rexeita os orzamentos do concello


Os orzamentos de Ames supoñen a renuncia a loitar contra a crise desde o concello
O BNG de Ames rexeita os orzamentos municipais que se debaterán no Pleno  por non ter ideas nin medidas para impulsar a reactivación económica no concello

Silleda - o concello consegue un saldo positivo na liquidación do 2011


O remanente de tesourería , tal e como xa avanzara a alcaldesa, Paula Fernández, é negativo, ao ter que axustar a realidade orzamentaria os saldos de dubidoso cobro

Teo - presentación do libro-disco "O meu primeiro Celso Emilio"


PRESÉNTASE EN TEO O LIBRO-DISCO “O MEU PRIMEIRO CELSO EMILIO”

·        O acto terá lugar no CSC da Ramallosa e contará coa participación do autor, Xosé Lastra e da concelleira de Cultura, Carme Hermida

O Esquio no Piñeiro Brión - ruta ciclista solidaria


O ESQUÍO NO PIÑEIRO E O CONCELLO DE BRIÓN ORGANIZAN UNHA RUTA SOCIAL EN BICICLETA QUE INCLÚE UNHA RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS
A I Ruta BTT Río Tambre terá lugar o domingo 9 de setembro e poderán participar 400 ciclistas que deberán anotarse do 1 ao 31 de agosto no blog rutabttdotambre.blogspot.com
 A asociación cultural, mediambiental e deportiva brionesa “O Esquío no Piñeiro”, en colaboración co Concello de Brión e o clube “Os do monte bravo BTT”, acordaron organizar a I Ruta BTT Río Tambre, que se configura como unha ruta social e non competitiva. De feito, a parte social e solidaria é a máis importante desta iniciativa, xa que inclúe unha recollida solidaria de alimentos non perecedeiros para as familias necesitadas de Brión.

Ames - campus de patinaxe en Bertamiráns e Ventín


Máis de 70 nenos e nenas participan nun campus de patinaxe que se celebra en Bertamiráns e Ventín
Os pavillóns Bertamiráns e Ventín acollen estes días un campus de patinaxe e hockey no que participan máis de 70 nenos e nenas de Ames. Todos os días, entre as nove da mañá e as 14,30 horas, os rapaces amienses poden coñecer de preto estes deportes e as súas técnicas. Ademais, esta actividade favorece a convivencia entre os alumnos e alumnas, que destinan as mañás a facer deporte e divertirse.

Tordoia - medalla de honra o cura párroco de Viladabade


TORDOIA OUTORGA A MEDALLA DE HONRA AO CURA PÁRROCO DE VILADABE E ANDOIO, JOSÉ FONTENLA, POLO SEU MEDIO SÉCULO DE SERVIZO
 Esta mañá fíxoselle entrega dunha placa e un pin conmemorativo da homenaxe recibida

Ames - continua aberto o prazo de inscrición para a semana da xuventude



Segue aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades da Semana da Xuventude de Ames, que se celebrará entre o 30 de xullo e o 4 de agosto
A Concellaría de Xuventude organiza unha serie de actividades entre o 30 de xullo e o 4 de agosto para conmemorar a semana da xuventude. Os mozos/as de 14 aos 35 anos poderán participar en obradoiros de inglés para viaxar, redes sociais, busca de emprego, cultura urbana e charlas informativas. Ademais, está programada unha excursión á Pobra do Caramiñal e diversas actividades de deporte de aventura coma o paintball ou o descenso en canoa.

Oroso - comenzan as obras dunha nova senda peonil


O CONCELLO DE OROSO INICIA A CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL NO NÚCLEO DE BAXOIA, NA PARROQUIA DE DEIXEBRE, NA QUE INVESTIRÁ 82.000 EUROS
Oroso leva investidos máis de 730.000 euros na posta en marcha de seis sendas peonís no municipio

Santiago - axenda venres 27 e festas do apóstolo



12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o alcalde de Assisi, Claudio Ricci, e o profesor Paolo Caucci.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.45 h
Na Alameda (Centro de Interpretación de Parques e Xardíns), o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, fai entrega dos premios do Concurso de Balcóns.

13.30 h
Día de Padrón en Santiago
Encontro das corporacións na praza do Obradoiro
Saúdo dos alcaldes, intercambio de bastóns e pendóns
Recepción no salón nobre do Pazo de Raxoi.
Saída ao balcón.
Interpretación das Bandas de Música

18.00 h
Na rúa Escultor Asorey, as concelleiras de Obras, María Castelao, e de Educación, Rebeca Domínguez, asisten á inauguración da Escola Infantil Agasalle.

19.30 h
No Paseo da Ferradura, os concelleiros Francisco Noya e Juan de la Fuente asisten ao comezo do XXIV Campionato de Chave masculino e feminino.


Festas do Apóstolo 2012

VENRES 27
DÍA DE PADRÓN EN SANTIAGO .

De 18:00 h a 20:00 h. Actividades para nenos e nenas.
(obradoiros de reciclaxe, xoiería con sementes, merenda e inchable)
Campus Vida

19:30 h. XXIV Campionato de Chave masculino e feminino.
Paseo da Ferradura



21:00 h. Concerto Quintana de Vivos.
presentado por NURIA GÓMEZ.
VAAMONDE, LAMAS & ROMERO
XOSÉ M. BUDIÑO e convidados
.
(KEPA JUNKERA, UXÍA e pandereteiros de O FIADEIRO)
ASTAROT.
Praza da Quintana
(prezo único 6 euros. 1 euro irá destinado á Asociación contra el Cáncer)
Organiza: Os Catro da Quintana

22:30 h. Orquestra ISRAEL.
Paseo central da Alameda

Santiago - axenda xoves 26 (inclue festas do apóstolo)



12.00 h
Na Asociación de Hostalería (Galeras), a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á presentación da Guía da Asociación de Hostelería.

PSOE Teo - iniciativa parlamentaria sobre os centros educactivos de Teo


INICIATIVA PARLAMENTARIA DO PSdeG SOBRE
OBRAS EN CENTROS EDUCATIVOS DE TEO
Unha vez coñecido o Informe anual sobre os centros de ensino do Concello, aprobado polo Consello Escolar Municipal, e os resultados da reunión celebrada entre os representantes do equipo de goberno e o xefe territorial da Consellería de Educación, os Socialistas de Teo decidiron amosar o seu apoio a estas
reivindicacións a través da súa representación no Parlamento de Galicia, a fin de axudar na consecución das melloras imprescindibles dos centros educativos de Teo.

Silleda - os impostos para as obras menores terán tarifas unitarias


A ordenanza que regula o ICIO incluirá tarifas unitarias para as licenzas de obra menor
-A proposta, que se debatirá no pleno de hoxe, non varía  as taxas existentes, que se manteñen no 2.25% do orzamento das obras. Só engade un anexo cos novos prezos para calcular o orzamento que debe presentarse á hora de solicitar licenza de obras menores

Silleda - o goberno leva a pleno as tasas por expedición de documentos e servizos urbanísticos



-A alcaldesa, Paula Fernández, incide en que os prezos públicos son para cubrir os gastos de papelería na emisión dos certificados

Ames - firma de convenio coa conselleria de educación para a xestión dos comedores


O alcalde de Ames, Santiago Amor, asinou esta mañá co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, un convenio dotado con 60.000 euros para a xestión do servizo de comedor nos cinco centros educativos amienses para o curso 2012-2013.

Frades - charla sobre a reforma da política agraria


GANDEIROS DE FRADES PARTICIPARON NUNHA CHARLA DE UNIÓNS AGRARIAS SOBRE A PAC

Alertaron sobre o risco de reducción dun 11% no orzamento de España e pediron aos gandeiros que comproben que os seus terreos están contemplados como de especial protección agropecuaria no PXOM

Ames - o concelleiro de promoción economica destaca o esforzo feito coas asociacións de comerciantes


O Concello de Ames fai unha aposta polo apoio ao emprendemento e o fomento de actividades comerciais, na que se inclúen convenios coas asociacións de comerciantes
O concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar, destaca o “importantísimo esforzo que se está levando a cabo no apoio ao emprendemento e na posta en marcha de fórmulas de emprego e autoemprego”.

FESTIGAL - segunda xornada do festigal



NEIRA VILAS, MANUEL BRAGADO, VICTOR FREIXANES, FRANCISCO JORQUERA, TERESA MOURE, SUSO DE TORO E CAMILO NOGUEIRA
PARTICIPAN NA GALERIA DAS LETRAS

A MÚSICA DE SÉS, A CADA CANTO E TERBUTALINA PECHA O FESTIGAL NO DIA DA PATRIA GALEGA

PSOE Ordes - os socialistas pediran no pleno que as institucións limpen as marxes das vías do concello


OS SOCIALISTAS DE PEDIRÁN AO PLENO QUE INSTE Á XUNTA, DEPUTACIÓN E MINISTERIO DE FOMENTO A LIMPAR AS MARXES DAS VÍAS DA SÚA TITULARIDADE

Pedreira asegura que “imaxes como as destes días en Al Empordá lembran a importancia de ter ben coidadas estas zonas de gran circulación de vehículos”

Silleda - o goberno municipal cederá un espazo para evitar o peche de correos



-O pleno, no que se regularizará a situación das dependencias co pago dos atrasos do IVE ao IGVS, debatirá unha proposta da Alcaldía para garantizar a continuidade do servizo no sur do municipio, xa que a Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos tiñan previsto pechar a oficina da citada localidade

BNG Ordes - o BNG esixirá que se cumpla o acordo plenario de reactivación da movida


O BNG ESIXIRÁ AO ALCALDE QUE CUMPRA CO ACORDO DO PLENO PARA A REACTIVACIÓN DA “MOVIDA ORDENSE” 
- Cinco meses despois de que o Pleno aprobase a iniciativa do BNG para crear unha comisión, con participación do concello e dos hosteleiros, co obxectivo de reordenar e facer máis competitivo este sector, o alcalde ainda non ten convocado a mesma.
- Gonzalo Castro lamenta que “o alcalde se negue a apoiar as iniciativas do sector hosteleiro para reactivar o sector do ocio nocturno en Ordes”.

Oroso - o pleno aprobará o regulamento e as tasas do camposanto de Marzoa


O PLENO DE OROSO APROBARÁ O REGULAMENTO E
AS TAXAS DO CAMPOSANTO MUNICIPAL DE MARZOA

Os nichos terán un custe de 1,75 euros/ano, por un prazo máximo de 75 anos

Silleda - o concello firma un convenio coa empresa pública TRAGSA


A CONCELLO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA EMPRESA PUBLICA ESTATAL TRAGSA 
O CONVENIO PERMITIRÁ O USO DA BASE DO GRUMIR A CAMBIO DE FACER LABORES DE LIMPEZA NO RIO DA GOUXA E DAS AREAS DO POLIGONO INDUSTRIAL

Teo - o pleno de xullo debatirá sobre o regulamento do voluntariado


O PLENO DEBATE O REGULAMENTO DE ACCIÓN VOLUNTARIA DO CONCELLO, QUE PERMITIRÁ A POSTA EN FUNCIONAMENTO DUN PROGRAMA DE VOLUNTARIADO SOCIAL A PARTIR DE SETEMBRO 

·        A corporación solicitará a desafección da escola unitaria de Bamonde, o que facilitaría o seu uso para programar actividades
·        Na sesión debateranse dúas mocións do BNG sobre a supresión do copago farmacéutico ás persoas pensionistas e outra contra a supresión de aulas e concentración de alumnado

Frades - esta semana o multiusos acolle a exposición "Galicia Biodiversidade"


O MULTIUSOS DE FRADES ACOLLE ESTA SEMANA
A EXPOSICIÓN “GALICIA BIODIVERSIDADE”

Santiago - axenda 25 xullo (inclue festas do apóstolo)



10.00 h
Na Praza do Obradoiro, acto solemne da Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago.
10.15 h.
Chegada do Delegado Rexio (alcalde de Santiago, Ángel Currás) á Praza do Obradoiro.
Honras e pase de revista
Retirada de bandeiras e tropas
Saúdo ás autoridades
Formación da comitiva oficial
10.20 h.
Encontro no centro da Praza do Obradoiro da comitiva eclesiástica e a civil.                                   Saúdo do Arcebispo ao Delegado Rexio.
Entrada na Catedral.
10.30 h
Comezo da cerimonia relixiosa da Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago.
12.15 h. (aprox.)
Finalizada a cerimonia relixiosa, a comitiva oficial regresa ao Pazo de Raxoi.
Na Alcaldía, sinatura no Libro de Honra do Concello (SÓ GRÁFICOS)
No Salón Nobre, intervención do Delegado Rexio.

13.00 h
Na Zona "C" de Bonaval, Sesión Vermú Festas do Apóstolo con Novedades Carminha, Malandrómeda e Crebinsky DJ.

14.00 h
No comedor nobre de San Martiño Pinario, o alcalde compostelán e Delegado Rexio, Ángel Currás, asiste ao almorzo ofrecido polo Arcebispado.

17.00 h
No Panteón de Galegos Ilustres, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Ofrenda Floral organizada pola Fundación Rosalía de Castro.

19.30 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á entrega das Medallas de Galicia 2011.

APÓSTOLO

MÉRCORES 25
DÍA DO APÓSTOLO .
10:00 h. Procesión do Padroado do Apóstolo Santiago Ofrenda Nacional ó Apóstolo na S.A.M.I. Catedral
12:30 h. Pasarrúas, cabezudos .
13:00 h COMPOSTELA ROCK Sesión vermú
DJ Crebinsky, Malandrómeda, Novedades Carminha
Entrada libre
Zona C (Bonaval)
20:00 h. Animación de rúa.
22:30 h CALLE 13 en Concerto Entren los que quieran .
Venda anticipada: 25 euros
O día do concerto: 30 euros
Venda de entradas:
Praza da Quintana
22:30 h. Orquestra JERUSALÉN
Paseo central da Alameda

Ordes - o goberno presenta unha moción para manter o rexistro da propiedade na vila


O Goberno de Ordes presentará no pleno unha moción para manter o rexistro da propiedade no municipio
Advirten que o peche desta oficina suporá un perxuizo económico tanto para o Concello como para os usuarios, ademáis dun grave deterioro no asesoramento   

Santiago - axenda, cortes de tráfico e actuacións policía local


12.00 h
No Mercado de Abastos, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste ao sorteo de premios de Tapéate Compostela.

13.00 h
Na Praza das Praterías, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Ames Novo Ames - o PP suprime o acto institucional do Día de Galicia


O PP de Ames suprime o acto institucional do Día de Galicia
(Ames 23-07-2012) O Goberno de Ames suprimiu o acto institucional do Día de Galicia que se celebraba desde 2003. O Partido Popular mostra o seu desprezo aos lugares de encontro cidadán e institucional na defensa da identidade común. O PP tenlle medo a cidadanía e aos actos públicos, sabedor da resposta social as medidas contrarias á maioría social. 

FESTIGAL - hoxe comeza a undecima edición do festigal



CURTAS PREMIADAS EN CANS, UN DEBATE SOBRE O MEDIOAMBIENTE E A PRESENTACIÓN DE 8 NOVIDADES EDITORIAIS DESTACAN NA TARDE DO 24 
AID, ZURRUMALLA, ATAQUE ESCAMPE, BANDA CREBINSKY, ZÉNZAR E LA PHAZE
MÚSICA PARA TODOS OS PÚBLICOS
NO PRIMEIRO DÍA DO FESTIGAL 

Ames - o gasto social suporá o 25 por cento dos orzamentos do concello


O gasto social e en programas de conciliación supera os 6 millóns de euros nos orzamentos de Ames, supoñendo o 25% do investimento total
O alcalde de Ames, Santiago Amor, subliña o “importante esforzo levado a cabo polo Concello para elaborar unhas contas coas que poder garantir o mantemento dos servizos sociais e educativos”. O rexedor fai fincapé en que o obxectivo é “apoiar firmemente aos máis afectados pola crise económica e manter os servizos que distinguen a Ames, como son os de conciliación e de promoción educativa”.

Silleda - o concello participou no XV Encontro co Viño de autor de Meaño


Silleda promocionouse con éxito a través da súa gastronomía no XV Encontro co Viño de Autor de Meaño
-Centos de persoas degustaron o lacón de Silleda, a empanada da Bandeira e as rosquillas de Abades

Ordes - aberta a exposición Galicia, conservando a Natureza


A Casa Consistorial de Ordes convértese nunha sala de exposicións grazas a mostra ‘Galicia, conservando a natureza'
Descubrir a biodiversidade gelega e incidir na preservación medioambiental, principais obxetivos desta exposición que poderá visitarse ata o venres.

Brión - perto de 600 persoas participaron no Festival Internacional de Folclore


MÁIS DE SEISCENTAS PERSOAS ATEIGARON A CARBALLEIRA DE SANTA MINIA DURANTE O
FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE DE BRIÓN
Rusia, Turquía e, especialmente, México, triunfaron nun festival que se extendeu unha hora máis do previsto diante das peticións dos asistentes
 Máis de seiscentos veciños e veciñas de Brión ateigaron na noite/madrugada do domingo a carballeira de Santa Minia durante unha  nova edición do Festival Internacional de Folclore, que organiza o Concello de Brión, en colaboración coa Deputación da Coruña. 

Ordes - centenares de persoas no XX encontro de Grupos de Danza Rexional


Centenares de persoas convirten o XX Encontro de Grupos de Danza Rexional nunha das citas folclóricas máis importantes
Tovo como escanario a parroquia ordense de Leira e nel actuaron grupos da comarca  e doutros puntos como Tui, Ponteares ou Boiro

Ames - 18 rapaces participaron nos campamentos da Deputación


Un total de 18 nenos e nenas de Ames participaron nos campamentos deportivos que oferta a Deputación da Coruña
Un total de 18 rapaces de entre 9 e 13 anos do concello de Ames gozaron estes días das actividades programadas nos campamentos deportivos que organiza a Deputación da Coruña. No marco desta actividade, os nenos e nenas puideron realizar deportes como o golf e a vela e levaron a cabo actividades culturais e de convivencia.

Santiago - axenda luns 23 (inclue festas do Apóstolo) e actuacións policía local


9.30 h
No paraninfo da USC, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración do Curso de Verán de Arquitectura.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, da concelleira de Urbanismo, María Pardo, e da concelleira de Persoal, Amelia González.

Ames - do 30 de Xullo o 4 de Agosto Festa da Xuventude


O Concello de Ames celebra a semana da xuventude entre o 30 de xullo e o 4 de agosto
Os mozos/as de 14 aos 35 anos poderán participar en obradoiros de inglés para viaxar, redes sociais, busca de emprego, cultura urbana e charlas informativas.
Ademais, está programada unha excursión á Pobra do Caramiñal e diversas actividades de deporte de aventura coma o paintball ou o descenso en canoa.

Ordes - o 29 terça lugar a XX Feira de Cans de Caza en Mesçon do Vento


O próximo 29 de xullo o recinto feiral de Mesón do Vento acollerá a XX Feira de Cans de Caza
O programa inclúe unha degustación gratuita de caza nos establecementos da zona. O prazo de inscrición e reserva de xaulas todavía permanece aberto 

Ordes - máis de 70 rapaces participan nas actividades de conciliación do concello


Obradoiros culturais, deporte e actividades ó aire libre destacan no programa municipal de verán de conciliación
Máis de 70 rapaces e rapazas entre 3 e 12 anos participan de luns a venres neste programa, que combina a didáctica e a integración con aspectos lídicos

Ordes - máis de 600 maiores na súa festa


O Pazo do Bidueiro acolleu a máis de 600 persoas na gran festa dos maiores do Concello de Ordes
Máis de 600 persoas disfrutaron no día de hoxe da tradicional xuntanza de maiores que cada ano organiza o Concello de Ordes.

Santiago - axenda e festas do Apostolo domingo 22 e actuacións policía local


Domingo 22

12.00 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

14.00 h
En Chaián, os concelleiros Francisco Noya e Luis Bello asisten á entrega de premios da Festa do Escalo, dentro do programa das Festas do Apóstolo 2012.

Centro de Transfusión - programación unidades móviles a vindeira semana


Para poder atendelos precisamos 500 doazóns de sangue cada día.
Necesitamos sangue de tódolos grupos sanguíneos.
SON MOITOS OS MOTIVOS PARA DOAR, NON OS ESQUEZAS.
 COMPARTE SAUDE.DOA SANGUE

             Web: ctg.sergas.es
            Teléfono gratuíto: 900 100 828
            e-mail: doadoressangue.ctg@sergas.es 


AEMI ACB Ames - os comerciantes de Ames emiten un comunicado conxunto contra os recortes


FESTIGAL - programación festigal 2012


16 ACTUACIÓNS MUSICAIS, 18 NOVIDADES EDITORIAIS, TEATRO, DEBATES,
MÁIS DE 60 PARTICIPANTES NAS FEIRAS DE ARTESANÍA E ASOCIACIÓNS
NO PROGRAMA DEFINITIVO DAS 48 HORAS DO FESTIGAL 2012

A PRESENZA DE NEIRA VILAS E A RAPEIRA AID ÚLTIMAS NOVIDADES DUN PROGRAMA NO QUE DESTACAN GRUPOS GALEGOS COMO ATAQUE ESCAMPE, BANDA CREBINSKY, SÉS OU TERBUTALINA E OS FRANCESES LA PHAZE

Melide - presentadas as festas grandes de Melide que se celebrarán en agosto



A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, presentou hoxe o programa das festas grandes de Melide, o San Roque 2012

A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, presentou hoxe en rolda de prensa o programa do San Roque 2012, que dará comezo o día 11 de agosto para rematar o día 20.

Teo - mañán preséntase o libro “Bonifacio Suárez, voz poética do agrarismo” en Francos


“BONIFACIO SUÁREZ, VOZ POÉTICA DO AGRARISMO” PRESÉNTASE O VINDEIRO LUNS EN FRANCOS

         O acto terá lugar na escola de Francos a partir das 21 horas

·        O libro foi editado pola Fundación Amigos de Galicia

Ordes - mañá ábrese a mostra "Galicia, conservando a natureza"


A mostra 'Galicia, conservando a natureza' abrirá as portas o vindeiro luns no primeiro andar do Concello

Descubrir a biodiversidade gelega e incidir na preservación medioambiental, principais obxetivos desta exposición que poderá visitarse ata o venres.

BNG oroso - nova páxina web do BNG de Oroso


A deputada do BNG e secretaria de comunicación da Executiva Nacional, Carme
Adán, presentou a nova web do BNG o 11 de maio.
Desde o BNG de Oroso imos sumarnos á páxina nacional da que Carme Adán salientou que “se trata dunha web moi visual coa que queremos presentarnos diante da sociedade galega como unha organización que leva moitos anos traballando por este país e todo gracias a moita xente, que de xeito anónimo e desinteresado, foi construíndo esta organización”.