Preto dun centenar de veciños e veciñas de Oroso encheron o centro cultural de Sigüeiro para disfrutar da música de guitarra do Cuarteto Azosso, catro novos guitarristas que presentaron o seu primeiro traballo “Landscape 4.0”. Durante algo máis dunha hora, estes veciños disfrutaron dunha interesante mostra de ritmos latinoamericanos compostos especialmente para guitarra.
Xosé Antonio Rodríguez Álvarez, Ana Yáñez Ríos, Mónica Pita López e Fernando Pérez Fernández presentaron en Sigüeiro o seu primeiro proxecto de gravación, chamado “Landscape 4.0”, e que recolle música composta por algúns dos compositores máis importantes da actualidade como Leo Brouwer, Andrew York, Stepan Rak, Sergio Assad e Paulo Bellinati. O concerto, organizado polo Concello de Oroso, foi de entrada libre e de balde.
.jpg)
2 comentarios:
Moitas grazas pola publicación e tamén a tod@s os asistentes e organizadores do concerto. Quedamos encantados ca aula de música e co concello de Oroso.
Grazas a vos polo comentario, estamos encantados de contar o que acontece na comarca que non todo vai ser capital :)
Publicar un comentario