PP Provincial - Agustín Hernández desvela o equipo co que traballará en Santiago


Agustín Hernández presentó esta mañana a los concejales que le acompañarán en su nueva etapa al frente del Ayuntamiento de Santiago de Compostela

Agustín Hernández: “Es un equipo solvente que tendrá como única prioridad trabajar por Santiago de Compostela” 

· Hernández definió a los concejales como un grupo “cohesionado en el que se combina el perfil político, el de la gestión administrativa y el estrictamente profesional”.

 Agustín Hernández presentó esta mañana al equipo de personas que le acompañarán en su nueva etapa al frente del Ayuntamiento de Santiago de Compostela y que sustituirán a los ediles que han presentado su dimisión y renunciado a su acta como concejales.

Hernández calificó al nuevo grupo municipal de “solvente y que tendrá como única prioridad trabajar por Santiago de Compostela”. Además, aseguró que se trata de un equipo de personas, hombres y mujeres que, en aplicación de la normativa legal prevista, se incorporan a la gestión municipal para “servir a los compostelanos”.

“Todos ellos son profesionales que combinan el perfil político, el de la gestión administrativa y el estrictamente profesional”, indicó Agustín Hernández, quien resaltó que ha buscado al grupo de concejales “más adecuado para la defensa de los intereses de la ciudad”.

Hernández resaltó también la “cohesión” del grupo y aseguró que están “preparados” para trabajar de manera “conjunta” con los cuatro ediles del Partido Popular que actualmente forman parte de la corporación municipal. 

En el equipo que acompañará a Hernández en su nueva etapa en el Concello de Santiago figura Marta González Vázquez, actualmente diputada por el Partido Popular por la provincia de A Coruña, que figuraba en el puesto número 24 en la candidatura a las Elecciones Municipales de 2011. Fue secretaria general de Igualdade en la Xunta de Galicia (2009-2011) y actualmente preside la Comisión de Igualdade del Partido Popular de Galicia.

Los siete nombres restantes designados por el Partido Popular para ocupar el puesto de concejales son:

María Jesús Sáinz. Actual senadora del Partido Popular por la provincia de A Coruña. Avalada por una amplia trayectoria política en el ámbito nacional (diputada en el Congreso en las legislaturas VII y VIII y en el Senado (legislaturas III y IX), autonómico (conselleira de Educación durante el mandato de Fernández Albor y de la vicepresidencia de Mariano Rajoy) y local (portavoz del PP en el Ayuntamiento de Santiago en el período 1991-99).

María Ángeles Antón. Actual gerente del Consorcio de Santiago, directora xeral de Turismo entre 2001 y 2005 y subdirectora de Inspección y Planificación Turística entre 2009 y 2012.

Manuel Martínez Varela. Licenciado en Derecho, funcionario de la Administración local y actualmente secretario municipal en el Ayuntamiento de Boiro.

Ramón Quiroga Limia. Licenciado en Derecho y funcionario del Cuerpo Superior de la Administración autonómica. Ha desempeñado diversos puestos como alto cargo en la Xunta de Galicia. En la actualidad es subdirector xeral de Promoción da Igualdade en la Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Teresa Gutiérrez López. Ingeniera de Caminos, Canales y Puertos. Actualmente es directora del Instituto Galego de Vivenda e Solo. Entre 2003 y 2013 desarrolló diversos cargos en la Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos de la Xunta de Galicia. 

María José Corral López. Licenciada en Derecho, con una amplia experiencia en el ejercicio de la abogacía en labores de asesoramiento en sector público y privado, especialmente en el ámbito de Santiago.

Alejandro Sánchez-Brunete Varela. Trayectoria política centrada en Santiago, ciudad en la que fue concejal entre los años 1995 y 1999. Una persona que conoce a fondo la Administración, donde ha desempeñado puestos de responsabilidad como asesor tanto a nivel autonómico como local, así como en el Parlamento de Galicia.

Axenda e tempo do sábado 14 de xuño - Concertos, Romería pop, exposicións

Actividades 

Santiago - Belvís - Romería Pop

Santiago - Capitol - Nacho Vegas

Santiago -  Multiusos - Melendi


Santiago - Fundación Granell - exposicións solidaria proxecto Angola

Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

Santiago - As Cancelas - vehiculos clásicos de Renault

O Tempo

Psoe Ordes - demanda de mantemento do comedor escolar en verán

O PSOE de Ordes esixirá no Pleno o mantemento do servizo de comedor escolar durante as vacacións 

Pedirá que a Xunta poña os medios precisos para que os comedores escolares de Ordes estean dispoñibles para garantir que os nenos/as con familias en situación de necesidade teñan cubertas as súas necesidades básicas de alimentación

PSOE de Ordes vén de presentar no Concello unha moción para o seu debate na próxima sesión plenaria na que esixe o mantemento do servizo de comedor nos centros escolares de Ordes durante as vacacións de verán. O voceiro municipal socialista, Xesús Pedreira, explica que “os socialistas de Ordes consideramos que o servizo de comedores escolares debe manterse durante as vacacións de verán mediante un plan específico que garanta que os menores de Ordes cuxas familias se atopen en situación de necesidade poidan ter cubertas as necesidades básicas de alimentación”.

“A política do Goberno de Rajoy de recortes sociais e desmantelamento dos servizos públicos básicos está a provocar o aumento dramático da pobreza en todo o país, como así o recollen tanto a Equisa de Condicións de Vida que elabora o INE como distintos informes de entidades como Save de Children ou a propia Cruz Vermella”, apunta Xesús Pedreira. Por iso, considera prioritario a elaboración dun “Plan de Apoio á alimentación infantil” por parte da Xunta de Galicia e que conteña as medidas e os recursos suficientes para garantir o acceso dos menores a unha alimentación o máis equilibrada posible que evite problemas de malnutrición infantil. 

Asunción de responsabilidades

“O que tentou facer o señor Feijoo esta semana no Parlamento é desentenderse das súas obrigas e pasarlle o problema aos Concellos, cando isto é unha competencia e unha responsabilidade da Xunta de Galicia”, explica o voceiro socialista ordense que se pregunta “que sentido ten que a Xunta deixe aos concellos utilizar as cociñas dos comedores escolares cando non facilita nin un euro para dispoñer de alimentos que cociñar aló? Iso non é máis ca un exercicio de hipocresía e unha operación de propaganda diante da opinión pública para eludir responsabilidade e cargar sobre os Concello competencias da Xunta de Galicia”.

Por iso, os socialistas ordenses solicitarán o apoio do resto dos grupos municipais de Ordes para instar á Xunta de Galicia a elaborar un “Plan de Apoio á alimentación infantil” que, en colaboración co Concello de Ordes, permita mitigar a pobreza infantil e evite déficits alimentarios que poidan afectar ao desenvolvemento do menor, ao tempo que aumentarían os riscos de sufrir enfermidades respiratorias e cardiovasculares. Un plan no que contarían coa colaboración e apoio do Concello de Ordes e do resto da comunidade educativa, pero no que a Xunta tería que mobilizar os recursos suficientes para a súa aplicación.

Psoe Ames - Moción comisión de festas

O Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE do Concello de Ames, en aplicación do disposto no Regulamento de Organización e Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais, presenta diante do Pleno da Corporación a seguinte MOCIÓN relativa a INSTAR Á XUNTA DE GALICIA A DERROGACIÓN DO APARTADO “C” DO ARTIGO 41, DA LEI 9/2013, DE 19 DE DECEMBRO, DO EMPRENDEMENTO E DA COMPETITIVIDADE ECONÓMICA DE GALICIA, a fin de que sexa debatida e votada na sesión plenaria ordinaria correspondente ó mes de Xuño do 2014:

EXPOSICION DE MOTIVOS
As comisións de festas teñen sido, historicamente en Galicia, o instrumento que tradicionalmente creaban os veciños e veciñas dos lugares para organizar as festas das súas parroquias ou barrios. Calquera que tivera contacto con unha delas sabe o moito de esforzo e altruísmo que aportan os seus membros á hora de facer realidade as necesidades festivas dos seus pobos; sendo un exemplo claro de colaboración e participación cidadán á hora de atender demandas colectivas.

Neste contexto, o pasado día 27 de decembro, o Diario Oficial de Galicia publicaba a Lei 9/2013, do 19 de decembro, denominada “do emprendemento e da competitividade económica de Galicia”. Nesta disposición legal inclúese unha nova regulación para a concesión de licenza a determinadas actividades de espectáculos públicos e actividades recreativas, e ó seu tenor, no artigo 41, letra c) sinálase que será precisa a obtención de licenza para “a celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles”

Este artigo afecta directamente, e dun xeito moi negativo, á labor que desenvolven as comisións de festas, que vense obrigadas a levar a cabo uns trámites administrativos complexos e custosos diante dos Concellos á hora de organizar, baixo criterios de estrita legalidade, as festas locais, o que dificulta a súa labor, xa de por si complicada.

Baste dicir que se lles obriga a presentar un proxecto, asinado por un técnico competente, no que se determine o axuste das festas á normativa urbanística e sectorial, e que estableza determinacións sobre prevención e seguridade en incendios. Tamén teñen que presentar, entre outra documentación, plan de emerxencias, plan de  auto protección, estudo da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria. (art. 42 da sinalada lei).

Nin que dicir ten que, a Xunta de Galicia ao impoñer estas obrigas, manifesta o seu descoñecemento da realidade das festas parroquiais e de barrio no noso País, así como do xeito de organizarse e traballar das comisións veciñais de festas, e pon en moi serio perigo a continuidade destes actos festivos populares.

Mais alá deste inxente prexuízo á cidadanía, non é menor o que se lle causa aos sectores profesionais que se moven ao seu redor: orquestras e grupos musicais, axentes de espectáculos, feirantes, empresas de atraccións de feira, hostalaría local, etc. E se temos en conta a situación de crise que xa se está a vivir e que se están a percibir de especial maneira nestes sectores, posto que xa son moitas as festas parroquiais e verbenas que deixaron de organizarse, con esta nova medida que incrementa o traballo e os custes organizativos vai a orixinar que desaparezan máis comisións de festas.

É oportuno lembrar que o sector das festas e das orquestas e grupos musicais é tremendamente importante para a economía de Galicia, e polo tanto a Xunta debería de ser máis seria e rigorosa ao elaborar as leis, especialmente cando afectan ao emprendemento e a economía, como é o caso. Lembremos que un estudo realizado pola Universidade de Santigo de Compostela no ao 2010 arroxaba datos como que as orquestras chegaban a crear 4000 postos de traballo nos meses de verán (incluídos músicos, técnicos, representantes e empresas auxiliares) e a facturar máis de 26 millóns de euros só nas festas e actividades ao aire libre. Está claro que eses datos agora son inferiores, debido, como xa dixemos, á situación de crise é a reducción no número de festas .

Esta é unha clara mostra dunha disposición legal innecesaria que, como nos ten acostumados a Xunta de Galicia con moitas das súas normas, non só non resolve problema algún, senón que directamente crea un de enorme transcendencia.

Por último non podemos menosprezar os efectos negativos que xera esta norma a gobernos municipais e ás súas estruturas administrativas, que se están vendo obrigados a aplicar unha disposición a todas luces innecesaria e impopular, cargándose, en tempos de penuria das arcas municipais, de máis traballo e custes.

Por todo o anterior o GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA – PSOE presenta ó Pleno a seguinte PROPOSTA DE ACORDOS:

1. Instar ao Presidente da Xunta de Galicia a adoptar as medidas precisas para a modificación da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, eliminando do seu texto o disposto no artigo 41, apartado c), no que se refire á obriga das condicións impostas ás comisións de festas para a obtención de licenza de celebración de festexos populares.

2. Dar traslado do presente acordo aos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia, a fin de que adopten as iniciativas pertinentes destinadas a dar cumprimento ao acordado neste punto polo.

BNG Compostela - reformulación da praza de Galicia

O BNG require unha reformulación estrutural da praza de Galiza e non “un parcheado”
“Non se deben investir cartos públicos en parcheados cando o que precisa a praza de Galiza é unha actuación integral”

O portavoz do grupo municipal do BNG de Santiago, Rubén Cela, indicou sobre a actuación prevista para a praza de Galiza que “non se está a actuar con corrección nese ámbito” e requiriu unha “reformulación estrutural e pensada a medio-longo prazo”.

Lembrou que o BNG xa cuestionara a instalación dun parque infantil na rotonda, por motivos de contaminación e seguranza para as crianzas, e que reclamara un proxecto integral “con altura de miras e non malgastar agora cartos públicos en parcheados”.

Así, indicou que a revisión integral require unha concreción da estación intermodal e da mobilidade da zona que inclúe a rúa do Hórreo, Virxe da Cerca, San Pedro e a contorna de Belvís, entre outras.

Un Goberno responsábel ten que prever unha actuación a 15 ou 20 anos vista, cun deseño claro do que se quere na praza de Galiza como posíbel conectividade peonil entre a zona histórica e o Ensanche compostelán.



“Non se deben investir cartos públicos en parcheados cando o que precisa a praza de Galiza é unha actuación integral”, explicou.

Teo - O concello incrementou as axudas sociais nos últimos anos

O concello de Teo ten incrementando nos últimos anos a axuda directa en emerxencias sociais
O orzamento aprobado no 2014 case triplica a partida para emerxencias sociais respecto de anos anteriores, sendo ademais unha das únicas que medra 
En Teo existen catro programas específicos centrados na atención alimentaria das familias con problema económicos 

 Diante da proposta do Partido Socialista en Teo sobre a necesidade dun plan de alimentación infantil dende o Departamento de Benestar quérese chamar a atención sobre os programas específicos que están funcionando centrados dun xeito específico na atención alimentaria para as familias con escasos recursos. Nos últimos anos tense dado un incremento na demanda polo que tamén se incrementou notablemente a partida municipal para emerxencias sociais. 

Deste xeito en Teo neste momento as familias que o precisan poden recibir alimentos a través de diferentes mecanismos. O departamento de Servizos Sociais xestiona as Axudas de Emerxencia Social (AES) coas que as persoas poden ir facer a compra a unha tenda de alimentación. Esto asúmese con fondos municipais e a supervisión dos técnicos da intervención social municipal permite establecer as cantidades que precisan as familias en función de como varía a súa situación. 

Nos últimos anos tense incrementando en Teo a cobertura a través deste sistema e se no 2011 se tramitaron 9 axudas deste tipo, no 2012 foron xa 13. Sen embargo no 2013 e no que vai deste ano a cifra case se duplica. O ano pasado déronse 24 AES e neste ano, á altura do mes de maio están abertos 23 expedientes. 

Á vista destes datos o goberno municipal teense ten incrementado a partida para emerxencias sociais para poder atender “dentro do ámbito das súas competencias unha necesidade básica da cidadanía” destaca o edil de Benestar, Ignacio Iglesias. Se no orzamento do 2012 a partida específica para emexencias, da que saen os Bonos de alimentos, estaba dotada con 30.000 euros, e no 2013 se incrementou con transferencias de crédito, neste ano 2014 o orzamento aprobado recolle 80.000 euros. O concelleiro destaca que “a partida de emerxencias case se triplica nun momento no que practicamente todo o orzamento diminúe noutros ámbitos”. E quere destacar ademais “que por tratarse dunha cuestión básica se ese esgotase esta cantidade antes de final de ano buscaríanse transferencias de fondos doutros capítulos económicos”. 

No ano 2012 en Teo tamén se poñía en marcha, a través da Concellaría de Benestar, o Banco Veciñal de Alimentos. Este servizo, que funciona grazas ao traballo de voluntarios e as doazóns de empresas e particulares, atende cun reparto semanal a unha media de 12 familias. Os servizos sociais determinan en cada momento o nivel de cobertura que precisan as familias que demandan axuda en función dos ingresos e obrigas económicas que teñan, entre outros elementos. Tamén se ten en conta as características de cada programa de reparto de alimentos. No caso dos bonos de alimentos ou do Banco Veciñal de Teo os produtos que se reciben non son só alimentos perecedeiros de cara a que poidan ter unha cobertura alimentaria axeitada introducindo por exemplo alimentos frescos. 

A maiores desto hai outros dous programas de reparto que nos últimos anos tamén teñen aumentado. Trátase do reparto da Fundación Amigos de Galicia que fai entregas mensuais e o reparto da Cruz Vermella, que utiliza excedentes alimentario entregados pola Unión Europea e que se reciben cada tres meses. Estes dous últimos programas teñen características moi concretas. Pola súa periodicidade fan entregas do que se chaman alimentos secos e non perecedeiros (pasta, arroz, galletas, aceite..). Por eso estas se realizan a unidades familiares que aínda precisándoas, teñen certos recursos e esto supón un complemento económico en produtos alimentarios. 

A Fundación Amigos de Galicia, a través dun convenio económico asinado co Concello de Teo, fai entregas mensuais a 40 unidades familiares. Durante o ano hai familias que poden entrar e saír do programa polo que de xeito simultáneo poden chegar a 40 beneficiarios cada mes pero durante o 2012 participaron no progrma un total de 47 unidades familiares en o 2013 chegaron a 75. 

Ignacio Iglesias destaca que dende a intervención social, e concretamente dende os servizos sociais comunitarios, “trabállase coas familias para ver o programa que mellor se axusta ás súas necesidades, e o máis importante búscase que poidan saír desta situación e teñan capacidade propia para cubrir as súas necesidades básicas”. Dende o Concello destácase que se nos meses de verán se detecta algún incremento destas necesidades o equipo de profesionais dos servizos sociais valorarano e buscarán a mellor maneira de corrixilos.

Ames - Actividades de Cardio dance nas piscinas municipáis

Este verán haberá clases gratuítas de cardio dance nas piscinas municipais descubertas e na praia fluvial de Tapia

Este domingo comeza a temporada estival no concello de Ames. Dende o día 15 de xuño ata o 15 de setembro, as piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro e a área recreativa de Tapia ofreceranlle á veciñanza amiense unha alternativa á costa galega.

Os horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de 10:30 h a 20:30 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura será de 15:00 h a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 h a 21:00 horas. Durante estes horarios haberá servizo de vixilancia e socorrismo.

Nas piscinas descubertas haberá cursos de natación durante os meses de xullo e agosto. Este ano a principal novidade é a impartición dunha actividade de cardio dance nas piscinas municipais e na praia fluvial de Tapia.

Dende o día 15 de xuño ata o 15 de setembro, as piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro e a área recreativa de Tapia ofreceranlle á veciñanza amiense unha alternativa á costa galega. Este domingo comeza oficialmente o período estival en Ames xa que as piscinas descubertas municipais e a praia fluvial de Tapia abrirán ao público por primeira vez este ano. Os horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de 10:30 h a 20:30 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura será de 15:00 h a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 h a 21:00 horas. Durante estes horarios haberá servizo de vixilancia e socorrismo. Nas piscinas descubertas haberá cursos de natación durante os meses de xullo e agosto. Este ano a principal novidade é a impartición dunha actividade decardio dance nas piscinas municipais e na praia fluvial de Tapia.

As piscinas descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro e a área recreativa de Tapia, que se atopa ás beiras do río Tambre, convértense durante os meses de verán en lugares moi concorridos por todos os veciños e veciñas de Ames. Nada mellor para liberarse da abafante calor do verán que un baño nas piscinas municipais ou na praia fluvial de Tapia. Estas instalacións preséntanse como grandes alternativas aos areais da costa galega. 

Para que estas instalacións estean en perfectas condicións de cara ao inicio da temporada estival, o Concello de Ames estivo acondicionando as piscinas municipais descubertas e a área recreativa de Tapia durante as últimas semanas. Deste xeito, acondicionouse a zona axardinada e acometeuse a limpeza dos vasos das piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Na área recreativa de Tapia tamén se executaron varios traballos. Algún deles foron o acondicionamento do aparcadoiro, a limpeza do muíño e do vaso da piscina que hai neste lugar, a colocación de máis colectores de lixo e o acondicionamento da zona axardinada e dos setos. 

A piscina de Bertamiráns dispón dunhas dimensións de 27 metros de longo por 13 metros de ancho e unha profundidade de 1,70 metros. No Milladoiro existen dúas piscinas. Unha delas está dedicada ás persoas adultas cunha profundidade de 2,10 metros, mentres que a outra é para os cativos e conta cunha profundidade de medio metro. 

A área recreativa de Tapia abarca unha extensión total de 15.000 metros cadrados. Esta enorme área engloba un gran número de instalacións como son a praia fluvial, con dúas zonas de baño no propio río, unha piscina para nenos, as instalacións do club de piragüismo "Ribeiras do Tambre", un muíño rehabilitado, vestiarios, grellas, e un pequeno bar, todo isto rodeado por amplas zonas verdes, onde poder tomar o sol, e zonas de aparcadoiro

Actividade de cardio dance

Estas instalacións acollen numerosas iniciativas como son os cursos de natación, de iniciación ao piragüismo, etc. Nas piscinas descubertas haberá cursos de natación durante os meses de xullo e agosto. Este ano a principal novidade é a impartición dunha actividade de cardio dance nas piscinas municipais e na praia fluvial de Tapia.

Esta actividade de cardio dance impartirase dende o 16 de xuño ata o 11 de setembro. Na piscina descuberta do Milladoiro haberá cardio dance os luns e mércores, de 11:00 a 12:00 horas, mentres que na piscina descuberta de Bertamiráns impartirase os martes e xoves, no mesmo horario de 11:00 a 12:00 horas. Por outra banda, na praia fluvial de Tapia haberá cardio dance os luns e mércores, entre as 17:00 e as 18:00 horas. Para participar non é preciso inscrición previa, tan só é necesario achegarse ata estes lugares e participar na clase.

As instalacións de Tapia así como as existentes en Bertamiráns e Milladoiro permanecerán abertas ó público dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro, permanecendo abertas de luns a domingo, festivos incluídos. Na praia fluvial de Tapia o horario será de 15:00 h a 21:00 horas de luns a venres, os sábados e domingos de 11:00 h a 21:00 horas. Nas piscinas do Milladoiro e Bertamiráns o horario será de 10:30 h a 20:30 horas, de luns a domingo. 

Servizo de vixilancia e socorrismo
O servizo de vixilancia e socorrismo comezará a prestarse o día 15 de xuño e estará activo ata o 15 de setembro, incluídos os domingos e os festivos. O horario será ininterrompido, pero haberá diferencias entre Tapia e as piscinas. Así, na praia fluvial de Tapia haberá catro socorristas. O horario de vixilancia de luns a venres será de 15:00 h a 21:00 horas, mentres que os sábados e domingos este servizo prestarase en horario de 11:00 h a 21:00 horas. 

Por outra banda, nas piscinas municipais descubertas do Milladoiro e de Bertamiráns haberá dous socorristas en cada unha das piscinas. O horario de vixilancia será fixo de 10:30 h a 20:30 horas, de luns a domingo.

Para completar os labores de vixilancia o Concello de Ames realizou un proceso selectivo para contratar a seis vixiantes que atenderán as instalacións das piscinas municipais descubertas do Concello de Ames durante o período estival. Estas persoas serán as encargadas de limpar as piscinas descubertas, controlar a entrada a estas instalacións e de manter a orde dentro dos recintos. Cada piscina ten asignados dous vixiantes, que desenvolverán as tarefas por quendas, polo que sempre haberá unha persoa traballando para manter as instalacións.

Ames Novo - Asamblea de Ames Novo

Construíndo a alternativa cidadá para gobernar Ames
 
Este sábado 14 Ames Novo reúnese en asemblea para acordar a proposta que marque o impulso definitivo cara a asunción do goberno de Ames desde unha alternativa da cidadanía. Nesta Asemblea quérese activar un amplo proceso cidadán que permita sumar todas as forzas alternativas na conquista da alcaldía de Ames.

Os resultados das eleccións europeas e das anteriores autonómicas mostran unha onda de cambio clara, moi favorable á intención de Ames Novo para conformar unha alternativa maioritaria. Nesta situación Ames Novo quere asumir a súa responsabilidade contribuíndo a conformar unha grande alianza que asuma o goberno en 2015. Hoxe xa non se trata dunha expectativa atractiva, senón dunha alternativa viable e ilusionante, unha opción de goberno para un cambio real que abra o Concello á cidadanía de Ames. 

Nesta asemblea Ames Novo vai debater como lanzar esa grande alianza na que poidan encontrarse o conxunto das forzas coincidentes coa nova cultura política, desde a premisa de que o acordo debe producirse desde a base cidadá. O outro gran debate, relacionado co anterior, busca fixar o procedemento para abrir un sistema de primarias abertas á cidadanía que elixa candidato/a e candidatura. O sistema de primarias xa fora decido por Ames Novo na Asemblea anterior, en marzo de 2014, e agora trátase de afinar o proceso para facelo o máis inclusivo posible e que conte coas mellores garantías de debate e transparencia.

Axenda e tempo do venres 13 de xuño - Música, actividades varias, exposicións

Actividades 

Santiago - Santiago Centro - Viernes Naranja

Santiago -  Noche Latina en Compostela


Santiago - Fundación Granell - exposicións solidaria proxecto Angola

Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

Santiago - As Cancelas - vehiculos clásicos de Renault

O Tempo

Psoe Teo - Apertura dos comedores escolares en verán

Os Socialistas de Teo veñen de presentar unha moción a fin de seu debate no Pleno do mes de xuño, a fin de dar resposta ao grave problema da desnutrición infantil, causado polos altos niveis de pobreza no noso país.

Organizacións como UNICEF ou Cruz Roja sinalan a aumento da pobreza entre a infancia, situación que provoca un crecente déficit alimentario. Os servizos de comedores escolares permitiron mitigar esta realidade durante o curso escolar, pero atopámonos ante un final de curso incerto no que esta necesidade pode quedar desatendida ao pechar os centros escolares, e por tanto o servizo de comedor. 

É por todo iso que os Socialistas consideramos que este servizo directo de atención no comedor debe manterse en etapas de vacacións escolares, mediante un Plan específico, polo que presentamos unha moción con dous puntos de acordo:

En primeiro lugar, ínstase ao Goberno Municipal de Teo a poñer en marcha, de maneira inmediata, un “Plan de Apoio á Alimentación Infantil" que conteña as medidas e recursos suficientes para garantir que as familias con menores ao seu cargo, que se atopen en situación de necesidade teñan cubertas as súas necesidades básicas de alimentación, e garantir o acceso dos menores, polo menos, a tres comidas diarias, e facilitar o acceso a unha dieta o máis equilibrada posible para evitar problemas de malnutrición infantil.

Para o éxito deste Plan, débese habilitar todos os medios a disposición das administracións públicas, en colaboración coas entidades do terceiro sector, e tendo en conta a contorna familiar e o plan escolar. 

En segundo lugar, ínstase ao goberno teense a fin de que este plan inclúa os mecanismos e actuacións necesarias para que, dende a finalización do curso no mes de xuño de 2014, estean dispoñibles servizos de comedor infantil nos centros escolares. 

Uxía Lemus, concelleira do PSdeG de Teo confía en que esta iniciativa non só quede nun retórico apoio das forzas políticas no Pleno, senón que se implementen de forma rápida e eficiente estas medidas.

Pazo do Faramello - Miguel Flores nos Encontros no Pazo

O flamenco de Miguel Flores protagoniza o vindeiro dos 'Encontro Musicais' no Pazo do Faramello

Este sábado día 14 de xuño volven os 'Encontros Musicais' ao Pazo do Faramello cun concerto ás 18 horas, desta volta con Miguel Flores, que centrará a súa proposta no flamenco. Ás 19:30 h, poderemos realizar unha visita guiada polo Pazo para, logo, pasar á parte gastronómica. As entradas, a un prezo de 12 euros, -con dereito a concerto, visita ao pazo e petiscos- xa están á venda en http://www.culturaimperdible.com/es/tenda/ e poden adquirirse nalgúns lugares de Compostela e comarca. Tamén se poden mercar xa para asisitir aos obradoiros con TRIM. 

Logo da exitosa primeira xornada dos Encontros co concerto de Xabier Díaz como remate, sen esquecer tamén a oferta gastronómica e a visita guiada ao Pazo, volve a novidosa proposta que promoven e producen o propio Pazo do Faramello, Imperdible Servizos Culturais e Merlo Branco Producións e que conta coa colaboración e patrocinio de diversas entidades tales como as adegas Don Olegario, Paula Franco Fotografía, Xoga Deseño, Tátara Comunicación e a entidade turística Área Santiago, grupo de 16 concellos para a promoción turística conxunta.

Unha achega ao flamenco, para “desmontar mitos” e “acercarnos máis a esta música tan rica e variada” son algunhas das propostas artísticas das que que poderemos desfrutar este sábado grazas ao concerto comentado do grande guitarrista gaditano e afincado en Galicia, Miguel Flores. Durante unha hora, a partir das seis do serán, Miguel Flores levaranos por un percorrido a través da música no que poderemos aprender a descifrar os sonidos flamencos. 

Sumrrá e obradoiros cos músicos de TRIM

A terceira sesión será de novo un sábado, o 21 de xuño. A programación comezará ás 18:30 cunha visita ao Pazo e ás 20h despois será a actuación de Sumrrá, cuxo concerto comentado estará enfocado no jazz. 

A programación rematará o 28 de xuño cunha intensa actividade. Ás 16h comezan tres horas de obradoiros de bouzouqui e guitarra, gaita, mandolina e cavaquinho impartidos por Trim, o trío formado por Fernando Barroso e Pedro Fariñas xunto co portugués Luís Peixoto. 

Ofrecerannos para pechar as xornadas tres diferentes obradoiros. Pedro Fariñas será o encargado de impartir a aula de gaita. Fernando Barroso será o encargado de impartir aulas de guitarra e bouzouki, e Luís Peixoto fará o mesmo coa mandolina e cavaquinho. Cada un dos tres obradoiros terá un máximo se 10 alumnos, polo que poderán disfrutar de 3 horas de clases realmente particulares con estes tres grandes músicos. O prezo de cada un dos obradoiros é de 25 euros e a entrada inclúe visita guiada ao Pazo, a celebrar ás 19 horas + copa de viño D.O. + pinchos.

As entradas con dereito a visita guiada ao Pazo, petiscos e concertos deste sábado, así como para os de Sumrrá e os obradoiros cos múscos de TRIM están xa á venda, a un prezo de 12 euros, en http://www.culturaimperdible.com/es/tenda/ e poderán adquirirse en 'La Tita', sito na Rúa Nova, 46, Compostela. Ademais, poden mercarse tamén na Casa do Patín, local situado na Porta Fondo da Vila, 4, Padrón. Tamén están á venda na Sede de Turismo de Santiago – Incolsa, na Rúa do Vilar, 63. 

Os pazos, construcións únicas

Desde Imperdible Servizos Culturais explican que con estas xornadas "queremos achegar o Pazo e a súa contorna a todo o mundo". Destacan que os pazos son "construcións propias, únicas de Galicia", nalgúns casos "auténticas xoias" como o Pazo do Faramello. Ademais, Imperdible agradece a “cercanía e interese” do Pazo por colaborar na difusión cultural co-producindo estes Encontros. 

Por outra parte, o deseño dos Encontros procura abrir a música a todo tipo de públicos, tarefa que realizará a través de propostas musicais que abranguen do folk ao jazz, pasando polo flamenco. Todas elas, ademais, da man de artistas radicados en Galicia.

"Nace para quedar"

Imperdible salienta que se trata dunha produción financiada integramente con fondos privados e con fórmulas de autofinanciamento. "É moi importante que as empresas galegas aposten pola nosa cultura e pola súa difusión", explican as responsables desta entidade cultural.

Sinalan, por último, que se trata da primeira edición dos Encontros no Pazo do Faramello, pero que a proposta artística "nace para quedar", xa que a proposta é unha grande aposta cultural co máis representativo do panorama artístico galego acompañado dunha parte gastronómica e outra formativa. Sen dúbida, os Encontros no Pazo do Faramello son unha nova forma de pasar o mellor tempo de lecer neste entorno único da comarca de Compostela. 

Os catro Encontros inclúen unha visita guiada polo Pazo do Faramello, así como actividades musicais que combinan o aspecto lúdico co formativo e o gastronómico. As visitas permitirán coñecer mellor o Pazo, un fermoso espazo que conta cunha paisaxe natural única e con árbores senlleiras protexidas. Ademais, alberga numerosas obras artísticas galegas, así como elementos declarados BIC (ben de interese cultural).

Oroso - I Gala do Deporte

O Concello de Oroso distinguirá aos mellores deportistas e ás promesas dos 15 clubs do municipio na I Gala do Deporte de Oroso
A Gala terá lugar o venres 20 de xuño, ás 20:00 horas, no polideportivo de Sigüeiro 

O Concello de Oroso celebrará o venres 20 de xuño, ás 20:00 horas, o I Día do Deporte de Oroso, no que distinguirá aos mellores deportivas e ás promesas máis destacadas dos quince clubs deportivos do municipio: Itf Taekwondo Oroso, Club Xadrez Oroso, Oroso Tenis de Mesa, Ximnasia Rítmica, Club de Béisbol Leones, Club Patín Oroso, Oroso Fútbol Sala, ED Xuventude Oroso, Sigüeiro FC, SD Deixebre, Oroso Motor Sport, Club Deportivo Alecrín, club ciclista Tambre Bike, Club Bádminton e Club Tambre Golf. A asistencia é libre e de balde

O acto estará presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e polo concelleiro de Deportes, Luís Rey, quen explica que “cada un dos clubs deportivos de Oroso entregará un premio ao mellor deportista da tempada 2013-2014 e aqueles que tamén conten con escolas deportivas entregarán un segundo premio á mellor promesa da temporada”. Rey Villaverde apunta que estes premios “son un recoñecemento ao traballo de todo un ano en calquera das modalidades deportivas que se practican en Oroso, evitando así primar un deporte sobre outro”.

Clausura das escolas deportivas

Previamente, e a cabalo do campo de fútbol Lino Balado e do centro deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro, terá lugar as tradicionais exhibicións deportivas. O programa comezará ás 16:30 horas coa exhibición de ximnasia rítmica, seguido por taekwondo ITF (16:45 h), tenis de mesa (17:00 h), bádminton (17:15 h ), baile en liña (17:30 h), hóckey sobre patíns (17:45 h), patinaxe (18:00 h), hip-hop (18:15 h), xadrez (18:30 h), Oroso Motor Sport (18:45 h) e zumba (19:00 h). Paralelamente, no campo de fútbol Lino Balado haberá inchables para os máis pequenos.

Área Central - Novena edición do Mercado da chuvia

Area Central acoge este sábado la novena edición del “mercado da chuvia” 

El “Mercado da chuvia” de Area Central alcanza este sábado su novena edición, jornada que concentrará decenas de puestos de artesanía así como variadas actividades centradas en la creatividad y el arte. 

El “Mercado da chuvia” se celebra todos los segundos sábados de mes en Area Central y ya se ha convertido en una cita de referencia para todas las personas que valoran la artesanía y los productos hechos a mano en los que destacan la imaginación y la originalidad de sus creadores. 

El “Mercado da chuvia” es el punto de encuentro de cerca de cincuenta artesanos que pondrán a la venta sus productos realizados con diferentes materiales como tela, cuero, barro, bronce o madera. Ropa de bebé hecha a mano, delantales personalizados, repostería creativa, todo tipo de complementos originales y con las más variadas formas, talla de madera, etc. son sólo algunos de los productos que los visitantes podrán encontrar mañana sábado en los pasillos de Area Central. 

Entre las actividades que se desarrollarán este sábado, destaca la celebración del Día Mundial de Tejer en Público, una invitación para inundar los pasillos de Area Central de ovillos, agujas y ganchillos. A partir de las 13.00 horas, se inaugurará el espacio de ocupación artística “Local disponible”, un proyecto a modo de laboratorio y escaparate de las nuevas tendencias del arte contemporáneo. Desde las 19.00 horas, el escenario principal acogerá la actuación de los alumnos y profesores de la escuela de música Alfaia. (Más información: https://www.facebook.com/pages/Mercado-da-Chuvia y 649 809 088 – Inma / 637.894.033 - Clara).

“A casa das linguas” da la bienvenida al verano, mañana viernes

Por otro lado, los alumnos y profesores de la academia de idiomas “A casa das linguas”, ubicada en la esquina verde de la planta primera de Area Central, ofrecerán mañana viernes una actuación a modo de fiesta de fin de curso y de bienvenida al verano en el que se conocerán las canciones en inglés que aprenden en sus clases. La actuación se celebrará en el escenario principal a partir de las 19.00 horas.

Psoe Ames - Queixas sobre o funcionamento do Xuño Lúdico

Os socialistas solicitan información do Xuño Lúdico ante a avalancha de protestas dos usuarios do servizo
As familias inscritas neste programa lúdico quéixanse da limitación de prazas e da elaboración dun sorteo para adxudicalas.

Os socialistas opóñense ás novas normas dos Programas Lúdicos porque din que van en contra da filosofía inicial dos mesmo.

Os Socialistas de Ames ante as varias protestas recibidas no día de onte por numerosos pais e nais que anotaron aos seus fillos para participar no Xuño Lúdico deste ano, decidiron presentar un escrito por rexistro solicitando información sobre esta actividade e porque razón se modificaron as bases e se fixou un número máximo de usuarios.

No día de onte, e ante a avalancha de preguntas e queixas que nos chegaron revisamos a documentación relativa a este asunto na que atopamos que, como xa é habitual esta é unha decisión unilateral que toma un goberno en minoría o cal decide impoñer os seus criterios en contra das necesidades que poidan ter os veciños e veciñas de Ames, e da realidade do propio concello. Ademais de non consultar nunca a opinión dos grupos da oposición en ningún momento para evitar que despois acontezan problemas e protestas.

Aprobación das prazas por decreto da alcaldía
Foi na Xunta de Goberno Local do mes de marzo (6/03) onde se aprobaron as bases dos programas lúdicos e se acordou que fose un sorteo o que decidise quen entraba e quen quedaba fóra no caso que os inscritos superasen o número de prazas. E foi a través dun decreto do alcalde, Santiago Amor, polo que se fixa número máximo de prazas en 195; explicase neste decreto asinado o pasado 21 de maio, que este número de prazas márcase porque así o esixe o plan de axuste 12/22, aprobado polo pleno en data 29 de febreiro do ano 2012. Lembramos que este plan de axuste foi aprobado polo goberno do PP cando tiñan a maioría absoluta no concello e que lles serviu para poder solicitar un crédito que xera uns intereses superiores aos 600.000 euros, e que ademais marca un serie de normas como a imposibilidade de contratar persoal municipal ou a obrigatoriedade de fixar de antemán o número de usuarios aos servizos municipais. O portavoz municipal socialista, José Miñones cualifica este plan como “un plan de afogamento que unicamente serviu para endebedar ao concello e poñerlle traba e obstáculos a calquera actividade que queiras desenvolver”.

As normas van en contra da filosofía dos Programas Lúdicos
Os socialistas amosan o seu rexeitamento a pechar o número de usuarios do Xuño Lúdico, porque vai en contra da filosofía inicial pola que se crearon estes programas que non é outra que a de axudar a conciliar a vida familiar e laboral ás familias de Ames. Lembran que estes programas lúdicos naceron baixo o goberno socialista para axudar ás familias que traballan e mentres tanto aos seus fillos e fillas ofrécenselle actividades lúdicas e educativas. Critican ademais que o criterio fixado nas normas para acceder á actividade sexa o do propio sorteo, en vez de fixar criterios estritamente de conciliación, marcando uns baremos de necesidade do servizo. Aínda que reiteran que non están de acordo con restrinxir as prazas de usuarios, “é un "sinsentido" poñerlle coto a un servizo que só busca axudar e beneficiar ás familias, e a limitación de prazas é un indicativo de que este goberno camiña de costas á cidadanía”, manifesta José Miñones.

Critican tamén os socialistas a tardanza coa que se desenvolven os prazos do Xuño Lúdico, xa que se fixa o sorteo para o día 20 de xuño –un venres- e o servizo comeza o día 23 –luns-, co cal o tempo para informar ás familias é escaso e ademais de ser inhábil ao ser un fin de semana.

Rematan os socialistas pronosticando que “desgraciadamente non vai a ser esta actividade lúdica a única que xere malestar entre os amienses, xa que o sorteo e o número limitado de prazas vai a seguir levándose a cabo no resto de Programas Lúdicos”

Ames - VII Concurso de saltos Val da Maía

O paseo fluvial de Bertamiráns acolle este sábado o VII Concurso de Saltos Val da Maía

O concurso comezará ás 11:00 h coa primeira proba e rematará arredor das 19:00 horas. Ata este momento, máis de 100 xinetes e amazonas xa confirmaron a súa asistencia a este concurso hípico. Haberá sete probas ao longo de todo o día. As categorías establécense segundo o nivel hípico de cada un dos participantes e a altura dos obstáculos que terán que saltar os cabalos.

As inscricións poderán realizarase ata o sábado, 14 de xuño, pola mañá. Para iso haberá que enviar un correo electrónico ao enderezo ecuestremahia@gmail.com. A inscrición na proba de cruzadas – gymkana e de salto de 0,50 metros ten un custo de 15 euros, mentres que para inscribirse na proba Maxi-Mini cada participante do binomio terá que pagar 10 euros. A inscrición no resto de probas ten un prezo de 20 euros.

O Centro Ecuestre Val da Maía, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña,organizaron para este sábado, 14 de xuño, o VII Concurso de Saltos Val da Maía, que se desenvolverá no paseo fluvial de Bertamiráns. Este evento organízase en favor de Cáritas Parroquial San Juan de Ortoño. O concurso comezará ás 11:00 h coa primeira proba e rematará arredor das 19:00 horas. Haberá sete probas ao longo de todo o día. Os tres primeiros clasificadosrecibirán un trofeo e unha escarapela. Ademais, haberá unha exhibición de volteo. A entrada será libre e gratuíta.

Este sábado, 14 de xuño, o paseo fluvial de Bertamiráns acollerá a sétima edición do Concurso de Saltos Val da Maía, que organiza o Centro Ecuestre Val da Maía. Este evento conta coa colaboración do Concello de Ames e a Deputación da Coruña, así como varias empresas e establecementos comercias.

Neste momento, máis de 100 xinetes e amazonas xa confirmaron a súa asistencia a este concurso hípico. Haberá sete probas ao longo de todo o día. As categorías establécense segundo o nivel hípico de cada un dos participantes e a altura dos obstáculos que terán que saltar os cabalos. Participarán xinetes e amazonas de idades moi diferentes. Neste momento hai inscritos varios nenos e nenas a partir de 3 anos e moitas persoas adultas.

As inscricións poderán realizarase ata o sábado, 14 de xuño, pola mañá. Para iso haberá que enviar un correo electrónico ao enderezo ecuestremahia@gmail.com. A inscrición na proba de cruzadas – gymkana e de salto de 0,50 metros ten un custo de 15 euros, mentres que para inscribirse na proba Maxi-Mini cada participante do binomio terá que pagar 10 euros. A inscrición no resto de probas ten un prezo de 20 euros. Cómpre destacar que esta iniciativa organízase en favor de Cáritas Parroquial San Juan de Ortoño. A entrada a este evento será libre e gratuíta durante todo o día.

Programa do concurso

O evento comezará ás 11:00 horas coa proba de cruzadas – gymkana. De seguido, ás 12:15 horas desenvolverase a proba de salto de 0,50 metros. Despois, ás 13:30 horas, realizarase a proba de salto de 0,80 metros. A última proba da mañá será ás 14:30 horas na que os cabalos terán que saltar obstáculos de 1,00 metro. Unha vez rematada cada proba entregaranse os trofeos os/as gañadores/as de cada unha das categorías.

Xa pola tarde o concurso comezará ás 16:00 horas coa proba de 1,10 metros que está patrocinada polo Concello de Ames. Unha hora e media máis tarde, ás 17:30 h, dará comezo a proba Maxi-Mini, que consiste en completar un percorrido de relevos por parte dunha parella formada por un cabalo e un poni. A última proba do día será a de salto de 1,20 metros. Entre a primeira fase da últimaproba e a fase de desempate, desenvolverase unha exhibición de volteo, que é algo semellante a facer ximnasia rítmica, pero no lombo dun cabalo.

O equipo técnico estará composto polo xuíz Luís Barrena e polas xuízas Pilar Amor e Ana Aurora González. O xefe de pista seráJosé Lavandeira e de speaker fará Federico Pérez-Lago.

Premios

Os primeiros tres clasificados de cada proba recibirán un trofeo e unha escarapela. Na proba de cruzadas – gymkana os tres primeiros clasificados recibirán unha medalla e unha bolsa de lambonadas, mentres que na categoría de 0,50 metros entregaráselle un trofeo, unha escarapela e un pack de agasallos de Horse Dreams-Nici aos tres primeiros clasificados.

Por outra banda, na proba de 0,80 metros haberá escarapelas e trofeos para os tres primeiros, así como un camión a gasolina teledirixido ou unha casa de monecas para o primeiro; un drone teledirixido para o segundo; e un xogo de mesa 9 en 1 para o terceiro clasificado. Na categoría de 1,00 metro haberá escarapelas, trofeos e un cheque regalo de 140 euros, 90 euros e 50 eurospara os tres primeiros.

Na categoría de 1,10 metros o/a 1º clasificado/a recibirá 200 euros; o/a 2º clasificado/a gañará 100 euros; e o/a 3º clasificado/a será obsequiado con 50 euros. Ademais os tres gañadores/as desta categoría recibirán unha escarapela e un trofeo. Na proba Maxi-Minios tres primeiros clasificados recibirán unha mantilla para os seus cabalos, e segundo a posición serán obsequiados cunha manta, orelleiras, e unha fusta para os ponis.

Por último, na categoría de 1,20 metros o/a 1º clasificado/a recibirá un premio de 400 euros e dúas entradas para ver en Barcelona, entre o 9 e o 12 de outubro, a Final da Copa de Nacións; o/a 2º clasificado/a levará un premio de 200 euros; e o/a 3º clasificado/a será premiado/a con 100 euros. Os tres premiados/as levarán tamén a correspondente escarapela e trofeo.

Ademais, Casa Lola encargarase do servizo de catering e haberá un stand dunha protectora de animais, para ofrecer información ás persoas que desexen adoptar algún animal.

Teo - Sumrrá continúa o ciclo Música nos Tilos

O trío de jazz Sumrrá continúa o ciclo Música nos Tilos 
A semana pasada abría este ciclo de concertos en Teo Jamila Purofilin 

O ciclo Música nos Tilos continúa hoxe venres 13 co concerto do trío Sumrrá. Esta formación está integrada por Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo e LAR Legido e mañá poderase escoitar na Casa Común dos Tilos dende as 22:30 horas. A entrada é de balde. 

Sumrrá fórmase no 2000 e nestes catorce anos ademais de centos de concertos e varias xiras internacionais teñen 4 discos editados. Traballan neste momento no que será o seu quinto traballo discográfico. A crítica destaca a orixinalidade das súas composicións e o virtuosismo dos seus integrantes así como a frescura do seu directo. 

A semana pasada abría este ciclo a cantante cubana Jamila Purofilin. Música nos Tilos é unha iniciativa da Concellaría de Cultura de Teo que naceu hai cinco anos e neste momento xa está consolidado. Oferta concertos de calidade os venres do mes de xuño nun espazo pequeno e coidado como é a Casa Común dos Tilos, un escenario no que se presentan directos cercanos. 

Na edición deste 2014 aínda quedan dous concertos, o 20 de xuño ás 22:30 horas contaremos con Miguel Flores Trío e o 27 de xuño á mesma hora pecha o ciclo Trim.

Ames Novo - ningún neno mal alimentado

Servizos para todos, ningún neno nin nena mal alimentado 

 Ames Novo acaba de formular unha proposta para que ningún neno ou nena de Ames poida estar mal alimentando por falta de comida. Trátase de incorporar aos servizos de conciliación durante o período de vacacións ás familias en situación vulnerable, deste xeito acadariamos un dobre obxectivo: garantir que todas as nenas e nenos escolarizados dispoñan, cando menos, dunha comida adecuada ao día, e que esta medida non supoña ningún estigma, dado que se trata de incorporalos a un programa xeral non orientado a combater a pobreza. 

Recollemos as recomendacións da Defensora del Pueblo, así como do Parlamento Galego, e propoñemos a implicación das entidades que mellor poden contribuír á identificación do problema da desnutrición infantil: servizos sociais, as direccións dos centros, as ANPA e Cáritas. É moi loable evitar a estigmatización das familias, e coa nosa proposta conseguímolo, pero máis importante é comer adecuadamente todos os días na etapa de crecemento. Agardamos que o goberno de Ames sexa sensible a esta necesidade imperiosa.

Noutra orde de cousas, este ano por primeira vez o Concello estableceu un límite ao acceso nos programas de conciliación, de xeito que para establecer o límite das familias do programa "Xuño lúdico" estableceu un sorteo para decidir a quen lle toca. No programa que comeza a semana que vén, as familias aínda non saben se van contar co servizo ou non, e boa parte delas van quedar excluídas por sorteo. 

Ames Novo insta ao alcalde a eliminar dito límite de prazas, que ademais se establece por causa do Plan de axuste que xa denunciamos no seu momento. Tamén denunciamos a actitude do goberno que actúa unilateralmente cando adquirira o compromiso de negociar coas ANPA e as forzas da oposición antes de introducir modificacións nos programas de conciliación. Queren recortar de novo uns servizos que Ames Novo propón que sexan universais. Tamén advertimos que as chapuzas do goberno poden ser motivo de impugnación do proceso dado que incumpren un prazo que estaba recollido nas bases de forma expresa. Pedímoslle que subsane a irregularidade, retire o sorteo e admita a todas persoas inscritos.

Recollemos o texto das dúas propostas: 

Proposta de Ames Novo: Alimentación infantil adecuada tamén no verán

Recentemente a Defensora del Pueblo, Soledad Becerril, dirixiu unha recomendación ás consellerías de Presidencia de todas as Comunidades Autónomas, para que os comedores escolares atendan este verán aos menores en situación de maior vulnerabilidade. O obxectivo desta Recomendación é “asegurar que aqueles en situación de risco de exclusión, que durante o período escolar asisten a eses comedores, non se vexan privados dunha alimentación adecuada cando termine o curso. A Institución considera que garantir esa adecuada alimentación infantil debe ser unha prioridade para todos os poderes públicos nese esforzo deben comprometerse o conxunto das administracións públicas.” Preocupada porque o “peche dos comedores poda agravar as situacións de precariedade”.

Recentemente o Parlamento de Galicia por unanimidade instaba a Xunta de Galicia “a levar a cabo as medidas necesarias para evitar que ningún neno ou nena careza de alimentación ou sustento necesario por estaren as súas familias en situación de vulnerabilidade, poñéndose en marcha convenios cos concellos interesados, podéndose usar as instalacións dos centros educativos, en colaboración cos servizos públicos de benestar”. 

Cáritas ten denunciado recentemente que segundo os seus cálculos o 20,1% das nenas e nenos de Galicia se atopan por baixo do umbral da pobreza. A evolución da pobreza infantil en Ames foi moi elevada nos últimos anos, igual que no contexto galego e español, polo que o Concello debe comprender o carácter excepcional da situación e actuar de forma excepcional.

Por outra parte, o Concello de Ames ven ofertando desde hai anos un servizos públicos de conciliación nas vacacións escolares (Nadal, Primavera, Xuño, Verán, Setembro) co obxectivos educativos e sociais de conciliación da vida laboral e familiar, o que implica manter abertos os centros educativos en épocas non lectivas así como os comedores. As propias ordenanzas fiscais dos servizos complementarios recollen bonificacións parciais ou totais da cota para casos de emerxencia social ou de moi reducida renda per capita na unidade familiar. 

Nesta situación excepcional Ames Novo proponlle ao goberno de Ames, e ao conxunto das forzas políticas e sociais, que se adopte con carácter de urxencia a medida Alimentación infantil adecuada, tamén no verán:

· Que os servizos de conciliación do Concello de Ames incorporen adecuadamente aos seus programas a todos os nenos e nenas que se atopen en situación de especial vulnerabilidade, e nos que as familias estean de acordo, de cara a garantir a súa adecuada alimentación.

· Na identificación dos casos de nenos e nenas en situación de especial vulnerabilidade participarán ademais dos responsables dos servizos de conciliación: os servizos sociais municipais, as direccións dos centros educativos, as ANPA e Cáritas Bertamiráns e Milladoiro. Estes casos terán a consideración de inscrición excepcional e contarán coa bonificación total da cota.

· Este servizo ofreceráselle ás familias con total discreción e facendo constar que o servizo suporía incorporar ás crianzas nos programas de conciliación -incluíndo o comedor-, evitando calquera tipo de diferencia no servizo ou de connotación negativa. 

· Atendendo á recomendación unánime do Parlamento para que A Xunta poida establecer “convenios cos concellos interesados, podéndose usar as instalacións dos centros educativos, en colaboración cos servizos públicos de benestar”, o Concello de Ames establecerá contacto coa Xunta de Galicia para axudar a costear este servizo, ben a través dun novo convenio ou ampliando os existentes.

Ames Novo INSTA AO ALCALDE A PARALIZAR A IRREGULARIDADE E ADMITIR A TODAS AS PERSOAS INSCRITAS NO PROGRAMA XUÑO LÚDICO

O 15 de maio de 2014 fíxose pública a oferta dos programas Lúdico e das Escolas de Verán, onde se indica que o prazo de inscrición é do 15 ao 30 de maio, e onde se recollen as Bases de funcionamento dos Programas lúdicos

No Artigo 9 das Bases, sinálase que “En execución do previsto no plan de axuste 12-22, con carácter previo ao inicio do prazo de inscrición, a Alcaldía deberá dar aprobación ao número máximo de usuarios de cada un dos programas lúdicos.” e que “En caso de que as inscricións presentadas dentro do prazo sinalado na base número 6 excedan as prazas dispoñibles, efectuarase un sorteo para determinar a lista de usuarios do servizo, entrando as persoas excluídas a integrar unha lista de agarda”.

Posteriormente mediante o Decreto de Alcaldía 1038/2014 o alcalde decide fixar en “195 o número máximo de usuarios do programa 'Xuño Lúdico 2014'”, pretendendo encaixalo ao determinado no Plan de Axuste 12/22. 

Este decreto está asinado o 21 de maio 2014 polo que non se adecúa ao recollido nas Bases que explicita que deberá dar aprobación “con carácter previo ao inicio do prazo de inscrición”, ou sexa o día 15 de maio. Advertimos que este requisito sería motivo suficiente de impugnación por parte de calquera participante no proceso.

Ames Novo está en contra de que se limite o número de persoas que poidan acollerse aos servizos educativos complementarios porque entendemos que deber un servizo universal. En todo caso, estamos en contra de que calquera selección que se faga nestes programas se faga por sorteo, de establecer algún límite nos servizos de conciliación deberíanse introducir criterios de prioridade no referido á propia necesidade de conciliación ou as dificultades económicas das familias. 

En todo caso, instamos ao alcalde de Ames:

· A que subsane esta irregularidade, aprobando outro Decreto de alcaldía que corrixa o anterior, e dando cabida a todas as persoas inscritas no “programa Xuño Lúdico”;

· derivado do anterior demandamos que actúe de inmediato, paralizando o proceso de sorteo e informando as familias da nova situación, que debe surtir efectos na semana que ven e por tanto deben dispoñer da información coa debida antelación;

· que se proceda do mesmo xeito en relación coa Escola de Verán.

Axenda e tempo do xoves 12 de xuño - Concertos, teatro, charlas, conferencias

Actividades 

Santiago - Museo do Pobo Galego - Café da memoria. constureiras

Santiago -  Capitol - Doctor Queen

Santiago Teatro Principal - Demolición de Talía Teatro

Santiago - Casa das Crechas - cata de viños e libros


Santiago - Fundación Granell - exposicións solidaria proxecto Angola

Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

Santiago - As Cancelas - vehiculos clásicos de Renault

O Tempo