Ponse en marcha a oficina virtual
tributaria
[06/03/2010] O salón de Plenos da Casa do
Concello acolleu esta mañá, ás 12:30 horas, a presentación da oficina virtual
tributaria. O alcalde de Ames, Carlos Fernández, o concelleiro de Reforma
Administrativa e Calidade na Administración, José Miñones, e a concelleira de
Economía e Facenda, Patricia Conde, ofreceron unha rolda de prensa na que
explicaron as principais vantaxes deste novo servizo municipal. A oficina
virtual tributaria permite realizar o pagamento dos tributos municipais a
través da rede e sen ter que moverse da casa.
Achegar as novas tecnoloxías a
todos os cidadáns, evitar as colas nas oficinas das administracións, así como
facilitar xestións e trámites cotiás son os fins que se perseguen coa
implantación da administración electrónica. "O Concello de Ames dá un paso
máis neste senso coa posta en marcha da oficina virtual tributaria",
comezou dicindo o concelleiro de Reforma Administrativa e Calidade na
Administración, José Miñones. A través deste servizo os veciños e veciñas de
Ames poderán realizar o pagamento dos tributos xestionados pola Administración
local e acceder a determinados servizos que facilitarán o cumprimento das súas
obrigas fiscais.
Coa implantación da administración electrónica o Concello de Ames pretende levar a cabo unha modernización que permita achegar cada vez máis a Administración á cidadanía. Deste xeito garántese a presenza dos concellos en Internet e favorécese a prestación de servizos en liña, coa mesma validez e eficacia que os realizados de xeito presencial. Mediante o uso da oficina virtual tributaria os contribuíntes non terán que desprazarse ata as oficinas municipais de recadación para efectuar o pago dos impostos.
A concelleira de Economía e Facenda indicou que "a oficina virtual tributaria implica que o contribuínte poida facer as súas operacións tributarias pola internet . Os veciños e veciñas de Ames poderán consultar e xestionar o pagamento dos seus tributos dun xeito rápido e seguro. Ademais tamén poderán obter información sobre os recibos que teñen pendentes de pago, domiciliar os recibos, imprimir o xustificante de pagamento e realizar moitas outras operacións. Este servizo ofrécese de xeito paralelo ás dúas oficinas de recadación que hai en Bertamiráns e no Milladoiro".
Vías de acceso
Os servizos tributarios do Concello de Ames teñen un sistema de información que está preparado para que os contribuíntes realicen as súas xestións tributarias mediante a Internet de forma segura, o que simplifica o cumprimento das obrigas fiscais e ofrece novos servizos aos cidadáns. Para acceder á oficina virtual tributaria hai que entrar na web municipal. Unha vez aí podes premer no banner que hai pa páxina principal ou ir a sección de Ames Dixital onde atoparás unha ligazón que indica Oficina Virtual Tributaria. Para entrar no panel de xestión podes empregar tres vías, sempre e cando os contribuíntes dispoñan dos instrumentos correspondentes que se precisan en cada caso para facilitar o acceso.
A primeira vía implica ser titular da certificación dixital en vigor da Fabrica Nacional de Moeda e Timbre. Outra opción é a través do servizo de Banca Electrónica daquelas entidades colaboradoras que asinen o correspondente convenio da Oficina Virtual Tributaria co Concello de Ames. Nestes intres a Administración local ten asinado un convenio con Caixa Galicia para poder acceder á oficina virtual tributaria a través de Caixa Activa ou Caixa Xestión. "Aínda que con este acordo o 80% da poboación de Ames xa pode acceder a este sistema, dende o goberno municipal agardamos que outras entidades se sumen a esta iniciativa", explicou Miñones.
Para poder beneficiarse deste servizo os contribuíntes que así o desexen deberán contratar o servizo de banca electrónica para particulares nalgunhas da oficinas de Caixa Galicia, salvo que xa sexan clientes deste servizo. Unha vez estean dados de alta os clientes tamén poderán acceder a todos os beneficios da banca electrónica a través da páxina web de Caixa Galicia.
Por outra banda, o Concello está traballando para que exista a posibilidade de que mediante uso do DNI electrónico se poida empregar a oficina virtual tributaria. Para poder empregar esta terceira vía de acceso o usuario deberá dispor de DNI electrónico e coñecer a clave para utilizar os certificados do mesmo.
A pesar de que esta mañá foi cando se realizou a presentación oficial da oficina virtual tributaria este servizo xa leva un tempo funcionando e segundo declarou o concelleiro de Reforma Administrativa, José Miñones, "xa foron 126 os contribuíntes que realizaron diversos pagos a través deste servizo. Na última semana producíronse 15 pagos mediante a oficina virtual tributaria. Ademais estamos observando que cada vez máis son máis os veciños que acceden a este servizo dende a web municipal o que fai presaxiar que esta iniciativa vai ter un gran éxito entre a cidadanía amiense".
Explicación práctica
O persoal da empresa concesionaria que xestiona o servizo de recadación municipal, Gestión Tributaria Territorial, fixo unha demostración de cómo se emprega este servizo e que pasos a hai que seguir para poder efectuar o pago a través da oficina virtual tributaria. Deste xeito explicaron que dende a oficina virtual tributaria pódense realizar varias operacións como acceder aos expedientes de xestión, consultar os recibos pagados e anulados, domiciliación de recibos, darse de alta na autoliquidación de vehículos, imprimir os xustificantes de pago e incluso acceder a cartografía oficial do Catastro.
Antes de rematar o alcalde de Ames, Carlos Fernández, aproveitou para darlle os parabéns a concelleira de Economía e Facenda e ao concelleiro de Reforma Administrativa polo traballo que realizaron de xeito conxunto e que se ve reflectido na posta en marcha da oficina virtual tributaria. Tamén quixo agradecer a colaboración e o esforzo feito polos responsables da empresa Gestión Tributaria Territorial para poder desenvolver este novo servizo municipal.