Axenda e tempo do sábado 31 de xaneiro - Música, talleres, exposicións

Santiago - Zona C

Santiago - Axenda da fin de semana

Santiago - Taller infantil de ilustración

Santiago - Sónar - Gustavo Almeida Trio

Santiago - Sala Moon - Carlos Torres + Furakao band

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - Rosana Calvo (ata o 16 de febreiro) 

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

Ordes - O martes estará no concello a unidade mobil de ITV

UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES, MOTOS E QUADS


A unidade móbil de inspección técnica  prestará servizo no Campo da Feira do Mesón do Vento, co fin de facilitar a inspección técnica de:

·         CICLOMOTORES de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade.
·         MOTOS E QUADS de máis de catro anos de antigüidade.


O calendario de inspección  é o seguinte:

Lugar
Día
Horario
Campo da Feira do Mesón do Vento
(Nave de gando)
3 de febreiro de 2015

Mañá:    9:00 a 13:30
Tarde:  15:15 a 18:00




A cita previa poderá concertarse a través da páxina web  www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000. Aos vehículos que se presenten sen cita previa asignaráselles día e hora de atención directamente na estación móbil, segundo a dispoñibilidade do servizo.

Santiago - Axenda cultural da fin de semana

A programación cultural para esta fin de semana presenta catro eventos distintos que nos ofrecen jazz, teatro, maxia e clown. Na xornada do sábado teremos concerto de Roberto Somoza Trío que presenta dous discos dentro do Sons’15 Jazz no Principal ás 20.30h e Elefante Elegante presenta á mesma hora pero no Salón Teatro, ‘Kassa’ dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Xa o domingo comezamos ás 18.00h coa maxia e o clown de ‘Un Ramón de Mandarinas’ no Teatro Principal dentro do ciclo Infantil&Familiar; á mesma hora haberá unha nova función de ‘Kassa’ no salón Teatro; e pechamos xornada con Juan Echanove e María Galiana que presentan ás 20.00h ‘Conversaciones con mamá’ no Auditorio Abanca dentro do programa Teatro 2015.

Roberto Somoza Trío en Sons’15 Jazz
Roberto Somoza realizará no Teatro Principal compostelán unha dobre presentación. O saxofonista galego interpretará co seu trío boa parte dos temas dos seus dous últimos traballos discográficos: Cal y Arena (2014) e The Modal Jazz Concepts (2014). Acompañado polo finés Risto Vuolanne no contrabaixo e o galego Naíma Acuña na batería, Roberto Somoza contaranos a conexión existente entre estes dous proxectos musicais que xiran en torno ás dúas correntes máis importantes deste xénero: o jazz tradicional (tonal) e o jazz modal.

As entradas teñen un prezo de 8 euros anticipada e 10 euros o día do concerto. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18.00 a 21.00h) ou en entradas.abanca.com e no 902 434 443.

Elefante Elegante con ‘Kassa’ no Bono de Teatro Galego e Portugués
Kassa é un espectáculo de teatro visual que se desenvolve ao redor dos principios da escultura. A estrutura escenográfica, os actores, os bailaríns e as videoproxeccións constitúen un organismo vivo en constante movemento e transformación... Técnicas como o video-mapping, a capacidade de xiro da estrutura escenográfica e o uso do live cinema dotan ao espectáculo dun dinamismo moi estimulante. Kassa reflicte a temática da vivenda: no inicio da acción a sociedade é sedutora, próspera e optimista, pero un día esgótanse os recursos económicos colectivos e a familia deixa de poder pagar as prestacións do seu soño.

O prezo das entradas é de 10 euros (domingo é o día do espectador do Salón Teatro e ten un prezo do espectador de 5 euros). Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (que abre de martes a sábado máis días de evento de 18.00 a 21.00h); ou no do Salón Teatro que abre os días de evento desde dúas horas antes do comezo da función. Ademais, esta obra está dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

‘Un Ramón de mandarinas’, maxia e clown no ciclo Infantil&Familiar

Un espectáculo de maxia cómica e clown cunha gran cantidade de premios ás súas costas (Premio do Público de Festiclown, Mostra de Pallasos de Xirivella, Farándula de Gran Canaria, FAST de Torredembarra etc). Unha mirada ao ridículos que podemos ser ao namorarnos. Mandarina ponse na pel das dúas personaxes e achéganos unha comedia universal na que a tenrura, o humor e o absurdo combínanse para emocionarnos, facernos rir e lembrarnos que non hai nada más marabilloso e ridículo que estar namorados. 

As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal que está aberto de martes a sábado de 18.00 a 21.00h; o domingo, día do evento, estará aberto desde as 16.30h. Os prezos son de 5 euros cada entrada pero pode mercarse unha entrada familiar que permite o paso de 4 persoas polo prezo de 3: 15 euros.

Juan Echanove e María Galiana en ‘Conversaciones con mamá’
Mamá ten oitenta e dous anos e o seu fillo Jaime, cincuenta. Ambos os dous viven en mundos moi diferentes. Jaime ten muller, dous fillos, unha fermosa casa, dous coches e unha sogra que atender. Mamá arránxallas soa e soporta a súa vellez con dignidade. Pero un día acontece o inesperado; a empresa para a que traballa Jaime déixao na rúa por razóns de reaxuste de persoal. A lamentable situación lévao a decisións drásticas porque non pode manter o seu tren de vida... Juan e a súa nai conversan durante hora e media dun espiñento tema que nos provoca risas e emoción... Juan Echanove fálanos da necesidade que sentiu, en canto leu o texto de Santiago Carlos Oves, de levar a escena, protagonizar e dirixir Conversacións con mamá... E de compartir este traballo con María Galiana. "Creo firmemente na tenrura e o sentido do humor como factores decisivos para conseguir ese ansiado reverdecer tan necesario nesta nosa sociedade que cada vez debe máis á xente maior... " (Juan Echanove)

As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (que abre de martes a sábado máis días de evento de 18.00 a 21.00h); ou en entradas.abanca.com e no 902434443. Ademais tamén se poderán mercar no despacho de billetes do Auditorio Abanca o día do espectáculo desde as 18.00h. Os prezos son de 25€ no patio de butacas, 22€ no anfiteatro 1 e 20€ no anfiteatro 2.

Teo - Oza abre o entroido dos Xenerais do Ulla

Teo abre este ano a celebración do entroido dos Xenerais da Ulla na comarca coa celebración en Oza este domingo. Coros, correos e xenerais xa ensaian nestas últimas horas de cara ao gran día no que percorrerán toda a parroquia. Dase a circunstancia ademais de que en Oza levan dous anos sen saír polo que as persoas implicadas están expectantes ante a chegada deste domingo. 

A comitiva “carnavalesca” sairá cara as 12:00 horas dende o campo da festa de Agoso e percorrerán os lugares de Cachóns, Outeiro, Laña, Vilanova, Eo dos Ferreiros, Eo dos Menecos, Ribas, Cepeda, Castres, Os Verxeis, O Piro e A Hermida para rematar outra vez no campo da festa de Agoso.

No campo da festa xuntaranse cara última hora da tarde onde se enfrentarán os correos e xenerais nos famosos atranques, enfrontamentos dialécticos no que dende a sátira se falará de temas de actualidade tanto local como xeral cunha especial atención ao panorama político. As coordenadas GPS do lugar son 42º 47´21.1´´/ 8º 31´51.5´´.

En Oza as dez persoas que van a cabalo, dous correos e oito xenerais, estarán acompañados de dous coros, o de vellos e o de bonitos, nenos e nenas de ata 14 e 15 anos que irán vestidos co traxe tradicional galego. 

O resto das parroquias teenses nas que se celebra o entroido farano nas seguintes fins de semana de febreiro. Deste xeito Reis sairá o sábado 7 e domingo 8; en Cacheiras como é habitual celébrano a fin de semana de entroido, este ano o sábado 14 e domingo 15; en Santa María de Teo tamén será o 14; en Vilariño despois de case unha década sen facelo agardan ansiosos polo día 22 de febreiro e pechará Bamonde que cambiou a data para o sábado 28 de febreiro.

Psoe Ordes - Pleno de xaneiro

O PSOE de Ordes considera “lamentable as críticas do BNG e o silencio cómplice do PP para evitar o nomeamento de Isabel Zendal Gómez como filla predilecta do Concello de Ordes, cando foi a única muller que participou na Expedición Filantrópica do doutor Balmis que distribuíu de xeito gratuíto a primiera vacina contra a variola por todo o mundo”. Unha proposta presentada na sesión plenaria de onte xoves e que, ao non conseguir o apoio de un representante de cada grupo político municipal (tal e como esixe o Regulamento de Honores e Distincións do Concello de Ordes), foi retirado polo propio PSOE e agora será presentado directamente polo alcalde de Ordes na próxima sesión plenaria.

O voceiro municipal do PSOE de Ordes, Xesús Pedreira, considera especialmente triste o feito de que “o BNG poña en dúbida se naceu ou non en Ordes e que queira desprestixiar un estudo realizado por un historiador polo único feito de que foi publicado nun medio de comunicación que non lle gusta. É lamentable tanto a actitude do BNG como o silencio cómplice do PP cando grazas a esta muller se puido repartir a vacina contra a variola por todo o mundo”. Ademais, Pedreira lembrou que non lle faltan méritos a esta ordense pois “a Organización Mundial da Saúde a ten recoñecida como a primeira enfermeira da historia en misión internacional, está considerada a primeira enfermeira da historia da sanidade pública en México e grazas a persoas coma ela hoxe non hai problemas coa variola en Ordes”.

Hepatite C
Así mesmo, os socialistas aceptaron trasladar a unha comisión o debate da bonificación do 90% do ICIO para a eliminación de barreiras arquitectónicas ou para adaptar vivendas particulares a persoas en situación de dependencia ou con calquera tipo de minusvalía. Unha comisión na que os socialistas solicitarán incrementar esta bonificación do 75% ao 90%.

O resto das propostas socialistas saíron adiante no pleno. Pedreira agradece o apoio de todos os grupos municipais para instar ao Goberno Galego a que adopte medidas urxentes ante o Goberno de España para garantir o acceso ás novas terapias para os doentes de hepatite C que o precisen, dos que hai uns 700.000 casos a nivel nacional e dos que máis de 200 están adscritos ao centro de saúde de Ordes. 

Así mesmo, o alcalde de Ordes tomou en consideración as distintas peticións presentadas polo grupo socialista para o pulido dos bordillos na rúa Alfonso Senra, cuxas arestas están a producir roturas dos pneumáticos dos coches ao aparcar á altura do número 157; a reparación dun tramo da rúa Recreo, entre o parque infantil Félix Rodríguez de la Fuente e a Rúa Mediodía; o arranxo con aglomerado ca intersección entre a rúa Mediodía e a N-550; e a reparación dos cruces das pistas centrais da concentración parcelaria, onde tamén é preciso colocar a sinalización viaria precisa; o mantemento das xardineiras na ampliación da Alameda; o arranxo das baldosas deterioradas na beirarrúa da Rúa do Mercado e que se solucionen os problemas de cobertura de Radio Ordes.

Santiago - Sábado e domingo, últimos días para ver ‘Lo real’ en Zona C

A intervención ‘Lo real’ que podemos ver actualmente na Zona C, pecha este domingo 1 de febreiro. Está aberta ao público de 16.30 a 20.30h. María Castellanos propón a intervención ‘Lo real’, especificamente pensada para a Zona C, como resultado de ter gañado o segundo premio Auditorio de Galicia para novos artistas na convocatoria de 2013.

María investiga acerca da percepción e as carencias sensoriais humanas, máis en concreto acerca da visión do ollo humano en contraposición ao ollo mecanizado, ao monitor e á cámara de vídeo.

María Castellanos Vicente (Xixón, 1985), indaga acerca da percepción. Para iso utiliza luz infravermella. A luz infravermella é imperceptible para o ollo humano, con todo, pódese ver a través da cámara de vídeo.

Formalmente Lo real trátase dunha instalación na que nos atopamos unha parede chea de espellos aparentemente normais. Con todo ao ver os espellos a través do monitor, situado no centro da sala, atopámonos con que unha cita escrita do filósofo francés Jean Baudrillard: ‘O real xa non é aquilo que se pode reproducir, senón o reproducido’. 

A frase só se pode ver a través do monitor, que reproduce a tempo real o que unha cámara situada na sala está a capturar. A incongruencia entre a imaxe ‘real’ e a ‘reproducida’ no monitor fai pensar ao espectador que está a ser enganado, isto é posible grazas a que na instalación utilízase luz infravermella. A luz infravermella non é visible para o ollo humano, pero a podemos ver a través dunha cámara de vídeo. Entón nos preguntamos Que é o real?

A investigación acerca dos infravermellos e a percepción humana é unha vía de traballo aberta na práctica artística de María Castellanos e nela continúa traballando actualmente. Recentemente realizou traballos como Corpo-Realidade, un proxecto producido grazas ao Premio Astragal 2012 e para a que a artista elabora dous traxes de percepción co fin de realizar unha acción monotorizada na que a visión real do espectador non coincida coa visión en tempo real do monitor. O monitor transmitía as imaxes que captaban unhas cámaras de vídeo sensibles á luz infravermella. 







María Castellanos Vicente é artista e investigadora. Licenciada en belas artes pola Universidade de Vigo, onde actualmente está a realizar a súa tese La piel biónica. Membranas tecnológicas como interfaces corporales en la práctica artística. No seu traballo investiga liñas como a percepción, a relación entre o tecido epitelial e o téxtil ou as carencias sensoriais humanas e como suplilas mediante ferramentas tecnolóxicas. A súa obra foi seleccionada en numerosos certames e obtivo diferentes galardóns entre os que destacan o 2º Premio do Auditorio de Galicia para novos artistas 2013, o premio Tentaciones 2011 - Feira Estampa, Madrid, Premio Astragal 2013 ou o premio Artista Revelación do Principado de Asturias en 2008. Participou nun gran número de exposicións, nacionais e internacionais, estando presente en países como Portugal, Arxentina, Colombia, Australia e Xapón. Entre as mostras máis recentes encóntranse Eidos dá Imaxe no museo MARCO de Vigo, Geo Políticas en LABoral Centro de Arte de Gijón e corpo-realidad en CS-LAB da Zokei Unicersity Tokyo. (www.mariacastellanos.net)

BNG Compostela - Pleno de xaneiro

O grupo municipal do BNG trasladou ao Pleno de xaneiro 10 iniciativas, entre mocións, rogos e preguntas. En concreto, defendeu unha moción para mellorar o transporte público no Son, Aradas, Lamascal, Vrins, avenida da Liberdade e Volta do Castro; e dúas relativas á sanidade, para dispensar os medicamentos da hepatite C e a creación dos Consellos de Saúde, mais a relativa a requirir a organización de actividades que fomenten o uso do galego arredor da celebración do Día de Rosalía de Castro.

Na primeira das mocións, o BNG defendeu que o transporte público colectivo ten que servir para favorecer a vertebración territorial dos núcleos, que en Santiago superan os 250, ademais de supor a alternativa máis ecolóxica, económica e solidaria. Así, demandou o aumento das frecuencias da liña 1 coa prolongación até o Son, a prolongación do transporte urbano de Aradas até Lamascal con retorno por Vrins e a mellora do servizo na avenida da Liberdade e a recuperación de paradas na marquesiña de Volta do Castro. O Goberno local do PP reduciu as liñas e frecuencias a estes lugares.

Outra das mocións foi destinada a requirir do Goberno galego que a terapia cos novos fármacos para a hepatite C se dispense nas farmacias hospitalarias a aqueles doentes a que lle for prescrita por persoal médico especialista do Servizo Galego de Saúde. Tamén no ámbito sanitario, o BNG defendeu a constitución e convocatoria dos consellos de saúde de área de Compostela para cumprir coa participación social e territorial da cidadanía que recolle a Lei de Saúde de Galiza.

En materia lingüística, o BNG presentou unha moción para a realización de actividades de promoción do galego arredor da declaración do Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 2015, en coincidencia coa data do nacemento en 1837 desta autora que contribúan a revitalizar o idioma. A formación nacionalista, noutra iniciativa, esixiu a substitución do letreiro coa toponimia deturpada no antigo curtidoiro da Pontepedriña, logo da recente restauración da placa identificadora do lugar, que inclúe o selo do Consorcio, e incumpre a legalidade lingüística en materia de toponimia.

O BNG rexistrou, ademais, cinco preguntas de control do labor do Goberno municipal.

Santiago Futsal - Reparto de puntos en un apasionante derbi

Compostelanos y lucenses se enfrentaban en el primer derbi gallego del año en el Multiusos. Como en el partido de la ida, el encuentro de esta noche fue intenso y emocionante hasta el último minuto.
En los primero minutos de partido, Santiago Futsal gozó de las ocasiones más claras para abrir el marcador, y así sería como Pablo Tallón en el minuto 8 haría el primero para los locales tras una buena contra y un gran pase de Borja, que define a la perfección al segundo palo para llegue a rematar su compañero.

Llegaba con insistencia el conjunto blanco, mostrándose muy intenso en ataque y poniendo en apuros al meta Oscar Iglesias. Cuando se cumplía la mitad de la primera parte, el jugador del Santiago Futsal Lucho salió a la pista del Multiusos tras siete meses de recuperación recibido por la ovación de toda la afición. 

Prone Lugo AD conseguiría el empate tras un saque de esquina que remata Iago Rodríguez dentro del área, superando a Iker. Antes del descanso, Santiago Futsal volvería a gozar de claras oportunidades para romper la igualada, pero Oscar se emplearía bajo palos para salvar a su equipo.

Tras el paso por vestuarios, la segunda parte comenzaría con un penalti de Lucas Bolo que Nacho Pedraza no erraría y ponía así a su equipo por delante en el marcador.

Un intenso Santiago Futsal que llegaba a área rival con mucho peligro, conseguiría el empate tan sólo tres minutos después con un centro al área tras saque de esquina que Rubén Mouriz, en propio puerta, introduciría al fondo de la red.

Tras conseguir el 2-2 el equipo de Santiago jugaría los mejores minutos del encuentro sobre la pista del Multiusos. Los locales se hicieron con el dominio del balón, y hasta en cinco ocasiones consecutivas pudieron hacer el tercero. 

Las llegadas locales tendría su premio con el tanto de Lucas Bolo, autor del tercer tanto local, en un disparo potente desde fuera del área que se coló en la portería visitante. 

Con la segunda tarjeta amarilla de Borja y la expulsión del jugador gaditano, Santiago Futsal se quedaría en inferioridad numérica y defendería la ventaja en el marcador con un gran trabajo defensivo del equipo. 

Cuando el partido entraba en los últimos dos minutos, se vivirían los minutos de mayor locura. Primero Antonio Diz haría el empate para los suyos con un remate al segundo palo cuando Prone Lugo jugaba con portero jugador. Sólo unos segundos después, Santiago Futsal cometería la sexta falta acumulativa y sería Nacho Pedraza el que daría la vuelta al marcador desde los 10 metros. Pero a falta de treinta segundos para el final, Prone Lugo cometería la sexta falta y Gallego no erraría desde el punto de doble penalti y marcaría el cuarto y último tanto del partido.

En un final de infarto, el partido entre compostelanos y lucenses se resolvió con empate y el reparto de puntos entre ambos.

Sala de prensa:

Santi Valladares analizó el encuentro tras su conclusión del que dijo “La clave del partido estuvo en la cantidad de ocasiones que fallamos… Tuvimos ocasiones para matar y no lo hicimos, pero así es el deporte.”

Valladares añadió “En la primera parte Prone Lugo AD estuvo cerrado en 15 metros, y esperando nuestro fallo. La segunda parte fue un poco más correcalles pero si es cierto que ellos no tiraron a portería y que se llevan un empate sin haber tirado a portería. Los goles de ellos fueron un penalti, un 10 metros, un gol con portero jugador y una estrategia. Y nosotros tuvimos una racha en la segunda parte de cinco, seis minutos que aunque nos pusieran el arco iris no nos hubiese entrado ninguna.”

El técnico concluyó “Yo me voy contento con el trabajo de mis jugadores. Tenemos que seguir trabajando y mejorar cuestiones técnicas de aquí a final de temporada”.

Ficha del partido

Santiago Futsal 4: Iker, Lucas Bolo, Gallego, Hugo y Diego Quintela – cinco inicial- Pablo Tallón, Borja, Santi, Iván Rumbo, Lucho y Marcos Vara.

Prone Lugo AD: Óscar Iglesias, Diego Núñez, Nacho, Antonio y Álex Diz –cinco inicial- Javi Río, Diego Fente, Rubén Mouriz y Jose López

Árbitros: Cid Bragado y Martínez Torres. Expulsaron a Borja con doble tarjeta amarilla y amonestaron con tarjeta amarilla a Lucas Bolo e Iker por parte del Santiago Futsla; y a Javi Río, Nacho Pedraza e Iago Rodríguez por Prone Lugo AD.

Incidencias: Partido correspondiente a la 20ª jornada de Liga en el Multiusos Fontes do Sar con una asistencia de 1500 personas

Goles: 1-0 min.8 Pablo Tallón, 1-1 min.14 Iago Rodríguez, 1-2 min.21 Nacho Pedraza, 2-2 min.25 Rubén Mouriz (p.p), 3-2 min. 32 Lucas Bolo, 3-3 min.38 Antonio Diz, 3-4 min.38 Nacho Pedraza, 4-4 min.39 Gallego

Axenda e tempo do venres 30 de xaneiro - Moda, música, exposicións

Santiago - Teatro Principal - A Roda

Oroso - Concerto dos profesores da Escola de música

Santiago - Cronopios, encontro con Juan Tallón

Santiago - Sala Moon - Hip Hop Natural Fest

Santiago - Retablo - desfile de moda e corsetería

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - Rosana Calvo (ata o 16 de febreiro) 

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

Compromiso X Galicia - Xesús AresGómez novo secretario local de Boqueixón

A Agrupación Local de Compromiso por Galicia en Boqueixón, vén de escoller a Xesús Ares Gómez como novo Secretario Local da formación. A implicación política de Suso Ares xa vén de vello, dende o ano 1991, organizando e participando de xeito ininterrompido dende o ano 1991 nas candidaturas nacionalistas no concello, ocupando no ano 2011 o segundo posto nunha lista que superaría ao PSdeG-PSOE, constituíndose como principal alternativa ao PP. 

Segundo fontes da Agrupación Local, a elección de Xesús Ares Gómez "está sendo visualizada pola veciñanza como a garantía de configurar a mellor candidatura alternativa ao actual PP que encabezará o Secretario Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro". En palabras de Ares, "as mostras de apoio nos últimos días prometen visualizar que a candidatura de Compromiso por Boqueixón será a candidatura da veciñanza, seria e fiable que o noso concello precisa para afrontar o cambio de goberno".

E para este cometido, a Agrupación Local de Compromiso por Galicia en Boqueixón vén de abrir o proceso de presentación de candidaturas para as primarías abertas á cidadanía que se celebrarán na localidade, e que se iniciarán o luns 16 de febreiro, finalizando o domingo 22. Nesta "auténtica revolución de participación", apunta Ares, poderán ser candidatas a encabezar a lista de Compromiso por Galicia en Boqueixón ás vindeiras eleccións municipais do 2015 todas aquelas persoas maiores de 18 anos que compartan os principios básicos da organización, que non militen noutro partido político e que teñan a súa residencia no concello, enviando un correo electrónico a info@compromiso.gal. De igual xeito, informan dende a Agrupación, non poderán ser candidatas aquelas persoas a respecto das que se ditara auto de procesamento ou de apertura do xuízo oral, “polo noso claro compromiso coa transparencia, coa ética e contra a corrupción”. Poderán votar nas primarias todos os veciños e as veciñas de Boqueixón, maiores de 16 anos que simpaticen co proxecto político de Compromiso, nunha votación que terá lugar o sábado 28 de febreiro.

Ordes - Últimas prazas para a I Feira de oportunidades do concello

O Concello de Ordes pon en coñecemento dos comerciantes do municipio que a día de hoxe tan só quedan dispoñibles catro dos locais destinados á que será a I Feira de Oportunidades. A unha semana de facer pública a convocatoria a resposta foi altamente satisfactoria, contando xa coas principais firmas e establecementos do concello. Deportes Capitán, Sportec, Muxa, Ekaté, Dress, manualidades Salomé ou calzados Capitán son algunhas delas. 

Unha cita que terá lugar os vindeiros días 26, 27 e 28 de febreiro na primeira planta da recentemente remodelada praza de abastos. Trátase dunha zona polivalente e multifuncional que consta de 13 espazos independentes que en total supoñen más de 470 metros cadrados, onde se exporá unha ampla gama de produtos téxtiles, calzado, marroquinería, bixutería e cerámica a un moi bo prezo.

Os que queiran participar na feira poderán facelo de balde, xa que os locais se están a outorgar por orde de rexistro. Para iso basta con achegarse ás oficinas do Concello e indicar os seus datos. É requisito indispensable ter un establecemento comercial aberto ao público no mesmo municipio de Ordes.

Teo - Presentación da segunda edición do II Certame de Canción de Autor en Galego

Onte presentouse en conferencia de prensa a segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo'. Na dita presentación compareceron a concelleira de Cultura do Concello de Teo, Carme Hermida, o secretario xeral de Política Lingüística, o delegado para Santiago de Gadisa, Román Roo, Valentín García, o director artístico do evento, Xoán Curiel e a gañadora da primeira edición, Alba María. Coincidiron unanimemente na necesidade desta iniciativa e animaron a participar xa desde hoxe mesmo a “todos e todas aquelas que teñan algunha canción en galego que cantar”. 
Pola súa banda, Carme Hermida amosouse orgullosa de poder celebrar tanto a primeira e como esta segunda edición do certame, un proxecto que definiu como “único” no panorama da música en Galicia, xa que ningún ten as características deste. Ademais, indicou que desde o Concello de Teo se senten orgullosos de presentar esta nova edición “porque o resultado da primeira foi espectacular”, afirmou. 

Un EP —xunto co deseño do mesmo—, concertos e promoción destes, así como un ano de cota de socio/a de Músicos ao Vivo son algún dos premios que poderá recibir a persoa gañadora desta segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo'. Tamén haberá novidades nos accésits da gala final, entre outras. As bases poden consultarse na web www.concellodeteo.com

Tal e como afirma Xoán Curiel, tras o primeiro Certame “houbo xente que tamén nos demandou unha segunda edición. Aí vemos que a creatividade está viva e que hai xente que está desexando amosar o que fai”, remarcou o artista. O director artístico do proxecto tamén lle agradeceu ao Concello de Teo que crese na iniciativa desde o inicio e que dea “espazos, apoio e cariño” ao Certame. Asimesmo, deu as grazas á Xunta de Galicia e a Valentín García como secretario xeral de Política Lingüística, así como a Gadisa, por faceren “que este soño, non só meu, senón tamén de moitos novos creadores, poida ter lugar”. Neste senso, tanto o secretario xeral coma Román Roo, delegado para Santiago de Gadisa, concordaron no acerto da colaboración co dito Certame. 

Ábrese a inscrición
Desde hoxe mesmo e ata o vindeiro día 29 de marzo está aberto o prazo de inscrición para poder participar neste II Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo'. Poderán participar as persoas que xa estiveron no certame o ano pasado, agás a gañadora, así como todas aquelas que o desexen e non teñan ningún material sonoro editado. As cancións deben ser inéditas e en galego. Xoán Curiel tamén apuntou que calquera estilo musical está permitido e “gustaríanos que chegasen moitos novos instrumentos”. 

O xurado deste ano estará composto pola concelleira de Cultura do Concello de Teo, Carme Hermida, a prensa musical especializada estará representada na persoa de Juan Torreiro, mentres que Inés Portela representará as produtoras musicais galegas desde a súa empresa Mada Producións e como artista participará Najla Shami.

Ilusión e esperanza
Alba María, gañadora da primeira edición, viviu o certame “con moita ilusión e con moita esperanza”. Como cantora e estudante de filoloxía galega valora moito que “alguén promova a música galega e en galego”. Ademais, indicou que o Certame lle permitiu lanzar a súa carreira e comezar “dun xeito máis fácil” do que moitas artistas galegas tiveron. “Presta saber que aquí neste país aínda se pensa, crea, canta e conta e saber que hai quen aínda aposta por isto”, subliñou. 

Para Carme Hermida, Alba é “un magnífico exemplo dos resultados destes certames para axudarlles a subir varios chanzos de golpe ás persoas que está empezando”. Poder axudar a unha persoa nova coas cualidades e potencialiades que ten Alba “é bo para ela, para a cultura galega, para a lingua galega, para Galicia e para a cultura universal”, apuntou a concelleira.

A gravación dun EP de 4 ou 5 cancións e 20 ou 25 minutos de música, será un dos premios do Certame. Para a mellor realización, a gañadora ou gañador terá ao seu dispór un deseñador gráfico. Con todo, “o premio non é só gravar algo”, senón que tamén cómpre ter en consideración a promoción, varios concertos, unha xira —xunto coa súa promoción en prensa— e outros obsequios, como un ano de cota de socio/a de Músicos ao Vigo. “Queremos que o premio sexa unha plataforma de lanzamento”, remarcou Xoán Curiel. Como novidade, o público poderá dar dous accésits, sendo un deles á mellor canción —e non á canción orixinal.

A cuadratura do círculo
Carme Hermida agradeceu a presenza e a colaboración de Política Lingüística e Gadisa, que xunto ao propio Concello forman os “tres piares de apoio económico” do Certame. A responsable teense de Cultura afirmou que desde o consistorio se amosan “orgullosos” e indicou que esta colaboración representa a “cuadratura do círculo”. Neste sentido, fixo fincapé en que a meirande empresa pública galega, a Xunta, unha empresa pública pequena, como o Concello de Teo e a “grandísima” empresa privada Gadisa colaboren de novo xuntas. Agradeceu tamén a grande parte artística que no proxecto achega Xoán Curiel. 

Desde o seu punto de vista, o delegado para Santiago de Gadisa, Román Roo, afirmou que cando a Gadisa cando se lle propón participar nun patrocinio “sempre valoramos moito que sexa unha iniciativa que dalgunha maneira teña calado na sociedade galega, porque consideramos que formamos parte dela”. Indicou ademais que “é unha maneira de devolver parte dos nosos beneficios”. Deu á noraboa á organización e ao Concello “por creren no proxecto”, e tamén trasladou os seus parabéns a Alba María. Finalmente, dixo agardar “unha alta participación” e deu as grazas a Valentín García “porque somos co-colaboradores”, concluiu.

Para o secretario xeral de Política Lingüística, é “sumamente gratificante” que un ano máis se presente “unha iniciativa na que debemos estar”. Ao respecto, Valentín García indicou que a programación de actividades lúdicas está moi diversificada e “chama a atención esta iniciativa” porque, se ben hai certames de canción de autor, “este é o único que ten a lingua galega como eixo vertebrador do seu desenvolvemento”.

Neste sentido, indicou que “se queremos chegar á xuventude, temos que facelo polos medios que ela manexa”. Valentín García indicou que “pola colaboración que Teo sempre presta ás actividades que programamos desde Política Lingüística, “estamos tamén un ano máis patrocinando este proxecto”. 

O secretario xeral indicou que “debemos felicitarnos pola colaboración entre administracións de distinta natureza”, entre as que destacou a “capacidade social de Gadisa e a iniciativa interesante e que ten un impacto social positivo como é o dito Certame. Ademais, felicitou a Xoán Curiel e Alba María e concluiu indicando a súa satisfacción porque e convoque e afirmando que “está garantido o éxito”.

Melide - Ciclo de comedia "Riete ti"

A Casa da Cultura estrea programación cun maratón de monólogos con artistas de primeiro nivel para desfrutar en directo. RieteTí é unha aposta cultural polo humor e pola retranca galega, que ofrecerá ate o vindeiro maio un espectáculo cómico mensual da man dalgúns dos mellores cómicos do noso país. 

O primeiro pase será inaugurado por AlberBoira, un humorista irónico, directo e moi canalla que falará sobre actualidade sen filtros nin anestesia para afrontar os problemas diarios a golpe de sorriso. 

As entradas poden adquirirse de maneira anticipada na rede en www.mercaticket.com , en Melide en Muxica Tenda Xoven, en Arzúa no Estanco Cascén, en Boimorto no Bar Cardelle, En Palas de Rei no Bar Pardellas polo prezo de 6 €. Igualmente, e de xeito de facer máis atractivo o cartel, hai a posibilidade de adquirir unha entrada dobre por 12 €, (será adquirida en taquilla) para os dous primeiros espectáculos, AlbertBoira + Toni Rodríguez, que terá lugar o día 7 de Marzo ás 22.30 h por 12 €. 

De maneira individual o pase para Toni Rodríguez terá un custo de 9 € de maneira anticipada. Toni Rodríguez é un cómico andaluz cunha longa traxectoria; comezou nas Noches de ParamountComedy, conseguindo en menos dun ano o 2º posto do concurso “El Rey de la Comedia” de TVE. De ahí pasou a ser colaborador habitual do programa “Los RatonesColoraos” en Antena3, no programa “El Sacapuntas”, pasando tamén por Telecinco no programa “Al Ataque” de Paz Padilla. Os outros dous cómicos que completan o cartel son Javier Vega que estará en Melide o 4 de abril e Manuel Lago, quen visitará Melide o día 2 de maio, dous artistas galegos que pecharán o ciclo de comedia Ríete Ti en Melide.

USC - Preséntase no CiTIUS a spin-off da USC Cilenis

O co fundador e director de Cilenis, a spin-off da USC especializada en tecnoloxías da linguaxe, Isaac González, presentará oficialmente a empresa este venres 30 nun acto que se desenvolverá a partir das 12.00 horas no CiTIUS. 

Cilenis inclúe no seu catálogo diversas ferramentas lingüísticas que abranguen dende analizadores de sentimentos ata recoñecedores de entidades e conxugadores en diferentes idiomas, como o galego, o español, o portugués e o inglés. A compañía iniciou a súa actividade en 2011 como spin-off universitaria, gañando nese mesmo ano o Primeiro Premio como Proxecto Empresarial Innovador. En 2012, o empresario e analista económico Marc Vidal converteuse en socio de Cilenis, adquirindo parte da compañía a través da empresa IDODI Labs.

O pasado ano Cilenis lanzou o portal de ferramentas lingüísticas Linguakit, que ofrece ao gran público os últimos avances en tecnoloxía lingüística. O seu proxecto estrela é Avalingua, un software de corrección automática que permite avaliar o nivel lingüístico de documentos escritos galardoado coa Mención de Honra no MIT Building Global Innovators 2013.

Santiago - Ültimos días para visitar a mostra de Xulio Maside

A exposición ‘Xulio Maside’ que podemos ver actualmente no Auditorio de Galicia pecha as súas portas o vindeiro domingo, 8 de febreiro. Por iso, estamos ante os últimos días que se poderá visitar. Está aberta ao público todos os días de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00h e, como vén sendo habitual, pódense solicitar visitas guiadas previa reserva no teléfono 981 574152 ou 981 574153. Con esta mostra, o Auditorio de Galicia reivindica a figura deste artista imprescindible na vida artística e cultural de Santiago de Compostela.

Aínda que nacido en Vigo en 1933, Xulio Maside vive en Compostela, na casa familiar da Rúa do Vilar. Sendo neno alí convive con Carlos Maside, o se tío e figura imprescindible da arte. Seguro que de aí nace a súa inquietude e curiosidade pola arte.

En palabras da comisaria Mercedes Rozas, ‘Talvez Xulio non pensase nunca en seren pintor de non ser pola imaxe tan próxima de quen foi adalid da vangarda en Galicia (Carlos Maside, de quen é sobriño), o peso daquela personalidade que terminou, como demostra unha carta de Luís Seoane do ano 1967, en converter a Xulio en intermediario testemuñal co exilio americano. Sen dúbida, o ámbito en que transcorreu a súa infancia e mocidade tivo que suscitar nel a curiosidade pola arte e a súa disposición a ser pintor, se ben é certo que, estilisticamente falando, a autoridade familiar unicamente se deixa sentir nos tenteos esbozados nas primeiras paisaxes. Axiña, a firmeza de despegarse de concepcións tradicionais e a vontade de despoxarse, fundamentalmente a través do debuxo, de todo aquilo que sobra, sintetizando e laminando personaxes e obxectos, constitúe a armazón dunha pintura que se mexe formalmente entre filiacións aparentemente contrapostas: a figuración e a abstracción. Digo aparentemente contrapostas porque en realidade ambas as dúas se confabulan, ao longo de sucesivas etapas, nunha estratexia cadenciosa.

Este proxecto recala no Auditorio de Galicia articulado nunha retrospectiva que arrinca nos anos sesenta con obras en papel de iniciación para deterse con precisión nas décadas seguintes, as dos setenta e oitenta, anos claves na súa traxectoria, período, igualmente, da constitución do Grupo Nome xunto aos tamén artistas Pardiñas, Bibián, Morquecho, Anselmo Lamela, María Xosé Díaz e Quintana Martelo, de proxectos individuais na galería Citania e na feira de Arco, da súa participación en colectivas como Imaxes da memoria en Bonaval e a Mostra que trata do Spagna en Milán e Turín Foron momentos decisivos na súa carreira, recollidos con entusiasmo pola prensa. O percorrido detense en varias pezas dos noventa, entre elas algunhas das que mostrou nunha das exposicións máis relevantes da súa carreira no Museo Kreís Bad Essen de Alemaña, e finaliza coas máis recentes creacións realizadas polo autor vigués, arraigado de pleno en Compostela’.

Oroso - 150 rapaces do CEIP de Sigüeiro participan nunha xornada sobre reciclaxe

Arredor duns 150 nenos e nenas, de terceiro a sexto de Educación Primaria, do CEIP de Sigüeiro participaron esta mañá nunha divertida xornada formativa sobre importancia da reciclaxe. Durante a charla, os pequenos recibiron un xogo de mesa, cunha dinámica moi semellante ao xogo da Oca, protagonizado por Troi, a mascota que o Concello de Oroso está a utilizar para achegar o mundo dos tres erres aos nenos e nenas do municipio.

Isto é así porque, como asegurou esta mañá o concelleiro de Ensino, Antonio Leira, “queremos que os nenos e nenas fagan de profes cos seus pais, para insistirlles na necesidade de facer unha boa separación en orixe pois iso será positivo tanto para o noso medio ambiente como para a economía de todos, pois reducirase a factura do lixo”. O Concello de Oroso editou un total de 3.000 exemplares deste xogo de Troi, co propósito que que chegue a todas as familias con nenos do municipio. De feito, a finais de 2014 xa fixo un primeiro reparto ao alumnado do novo colexio de Oroso.

Reciclar é doado
A sesión de reciclaxe desta mañá contou tamén coa presenza de Manuel Varela, técnico de medioambiente do Grupo Soil, empresa que se encarga da reciclaxe en Oroso, quen reforzou os coñecementos dos cativos sobre os distintos tipos de contenedores. Ademais, explicou que o principal obxectivo a medio e longo prazo “é reducir a cantidade de lixo no contenedor verde, no que van todos os residuos que non poden reciclarse, e incrementar as achegas nos outros”. Os esforzos realizados neste senso tiveron xa os seus primeiros resultados, cunha redución nun 25,91% da porcentaxe de residuos que van aos contenedores verdes (o xeral) e que se envía a Sogama. 

Lonxe de parecer unha tarefa complicada, Varela insistíu en que “cada vez é máis doado reciclar”, dado o incremento de contenedores amarelos (para a recollida de plástico, bricks e metal) no municipio orosán, chegando o pasado ano aos 154. É por iso que o técnico animou aos pequenos do CEIP de Sigüeiro a dicirlle a seus pais “que hai que separar o lixo na casa”, facendo as veces de “profesores para eles”. “Vós o sabedes facer ben, o problema son os maiores e aquí tendes que axudarlles e insistirlles”, explicoulles.

Durante os 55 minutos da charla, os pequenos participaron en diversos xogos que superaron cunha nota moi elevada, amosando non só os seus coñecementos xerais sobre o tema, senón tamén os medios dos que dispoñen en Oroso: como o punto limpo para recollida de voluminosos ou os contenedores para a recollida de pilas e CD´s emprazados no municipio. Unha sesión informativa coa que o Concello continúa as súas campañas de concienciación sobre a importancia de cumprir cos tres erres.

BNG Santiago - Pregunta sobre a sustitución das escaleiras da igrexa de Pastoriza en Basquiños

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, preguntoulle ao grupo de Goberno local pola substitución das escaleiras da capela da Pastoriza, realizada ao abeiro das obras de reurbanización da rúa de Basquiños, no barrio da Almáciga. En concreto, quere coñecer se este cambio estaba no proxecto inicial e se existen informes de Patrimonio.

En concreto, o BNG pregunta polos motivos do cambio de pedra deste podio que dá acceso á igrexa erixida nos anos 1761-62 con fachada de historicismo clasicista e que foi remodelada no segundo cuarto do século XIX. Por planos antigos sábese que no lugar houbo con anterioridade unha ermida.

Así, o grupo municipal do BNG recibiu queixas da veciñanza da zona que quere saber os motivos do cambio da pedra e onde se atopan as históricas escaleiras, que foron cambiadas por outras novas, ao considerar o seu valor patrimonial, ademais do seu destino final.

Oroso - Concerto dos profesores da Aula de música en Sigüeiro

O centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá hoxe venres 30 de xaneiro, ás 20:00 horas, un concerto a cargo dos profesores da Aula de Música de Oroso. Será a primeira vez que os docentes da Aula de Música de Oroso protagonicen un concerto destas características, xa que ata o de agora tan só tiñan actuado a carón dos seus alumnos ou no marco doutras iniciativas culturais. No concerto tocaranse pezas de jazz clásico, moderno e latino. A asistencia é totalmente libre e de balde.

Axenda e tempo do xoves 29 de xaneiro - Música, monólogos, exposicións

Santiago - Real Filharmonía Galicia

Santiago - Capitol - Belako + Ayoho + Lori Meyers dj set

Santiago - Salón Teatro - Brais Morán

Santiago - Cachán Club - The fabulous Resaca Brothers

Santiago - Ultramarinos - monologo Naviza Girl

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo Gaias - Cine Galicia25 - (ata o 8 de febreiro)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - Rosana Calvo (ata o 16 de febreiro) 

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

Santiago - Concerto da Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. Onte mércores a orquestra desprazouse a Ferrol, e hoxe xoves tocará en Santiago de Compostela, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director titular da agrupación, o mestre Paul Daniel. 

Os concertos comezarán coa Serenata para cordas do compositor clásico británico Edward Elgar (1857-1934). É a primeira das súas composicións coas que o músico se confesou satisfeito e na actualidade segue a ser unha das obras máis frecuentemente interpretadas de todo o seu repertorio. A peza, que reúne toda a esencia do romanticismo cunha sinxeleza asombrosa, foi un regalo á súa esposa Alice con motivo do seu aniversario de vodas en 1892.

O carisma de Guillermo Pastrana co violoncello

De seguido a orquestra interpretará o Concerto para violoncello en La menor do compositor alemán Robert Schumann (1810-1856), considerado un dos máis importantes e representativos do Romanticismo. Compuxo esta obra en tan só dúas semanas e estreouse catro anos despois da súa morte. Está recoñecido como un dos seus traballos máis atrevidos, xa que aporta innovacións e ideas orixinais na composición que o diferencian do tradicional concerto clásico. 

Os músicos da RFG contarán nesta ocasión coa colaboración do violoncellista Guillermo Pastrana, un dos grandes talentos da interpretación actual en España. Naceu en Granada en 1983 e comezou os seus estudos aos seis anos no conservatorio da devandita cidade. Aos 17 anos continou a súa formación no estranxeiro, que culminou na cidade suíza de Basilea. Gañou numerosos concursos nacionais e internacionais e ten ofrecido recitais e concertos como solista en diferentes cidades e festivais de todo o mundo. Enxalzado pola crítica, o público e os grandes profesionais cos que ten colaborado na súa curta pero fulgurante carreira, todos coinciden en salientar a súa musicalidade, a calidade do seu son, afinación e perfección técnica, ademais do seu carisma sobre o escenario.

A Sinfonía nº 98 de Haydn
Os concertos concluirán coa Sinfonía nº 98 do compositor austriaco Franz Joseph Haydn (1732-1809), un dos máximos representantes do periodo clásico. É coñecido como o “pai da sinfonía”, debido ás súas importantes contribucións a este xénero. Esta obra é a sexta das doce Sinfonías de Londres e compúxoa na súa primeira viaxe á capital inglesa. 

O público de Santiago poderá manter unha charla previa co violoncellista

Antes da celebración do concerto do xoves en Santiago, o violoncellista Guilllermo Pastrana manterá unha charla previa cos asistentes á cita musical. Será ás 20:15 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia “CONvers@ndo con”, que promove a RFG antes de cada concerto, coa finalidade de achegar a música ao público de maneira informal e distendida. Poderase participar neste encontro presentando a entrada do concerto.

BNG Compostela - Demanda de reposición dun poste do tendido eléctrico en Villestro

O grupo municipal do BNG requírelle ao alcalde de Santiago que busque unha solución urxente para repoñer un poste que caeu nun temporal de 2013 no lugar de Carballal, en Villestro, porque o tendido eléctrico leva máis dun ano “de xeito provisional” sobre unha árbore de propiedade particular.

Para o BNG este feito é unha mostra do desleixo do Goberno municipal ante a reposición dun poste de alumeado no lugar de Carballal, na parroquia de Villestro, que rompeu co temporal do 24 e 25 de decembro de 2013. Naquel momento, unha familia cedeu unha árbore situada no interior da finca da súa propiedade para manter o servizo de urxencia.

Logo de que transcorrese un ano sen restabelecer o poste eléctrico, e ante o potencial perigo que entraña manter esa conexión pública realizada de xeito “provisional”, o BNG reclámalle ao alcalde de Santiago que busque unha solución de inmediato para proceder á realización das accións necesarias para erguer de novo a farola.

O BNG pregúntalle tamén ao alcalde se considera que o tempo transcorrido -máis dun ano- non foi suficiente para resolver esta irregularidade no servizo de alumeado e a previsión que manexa para arranxar este problema.

PP Ordes - O concello non obriga os madeiristas a arranxas os camiños

O Concello de Ordes incumpre sistematicamente a ordenanza municipal sobre prantacións e repoboacións forestais que obriga aos madeiristas a reparar o dano causado nas vías públicas unha vez rematados os traballos de saca, almacenamento e transporte de madeira. 

O último caso produciuse nunha pista situada nas inmediacións do lugar de Perra, na parroquia de Mercurín, onde o vial presenta un estado practicamente intransitable logo dos traballos forestais acometidos na zona, como pode apreciarse nas fotografías. Veciños da zona puxeron o caso en coñecemento do Partido Popular ante o desleixo do Concello, que ignora a ordenanza municipal e permite o deterioro continuados da pistas do municipio.

Feitos reiterados
O pésimo estado desta pista non constitúe un caso illado, posto que en datas recentes xa se teñen rexistrado situacións similares noutras parroquias de Ordes. A anterior produciuse en Lesta e así foi denunciado polo Grupo Municipal do Partido Popular nun Pleno recente.

No pleno ordinario desta semana, o portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, volverá reclamar ao alcalde a aplicación da ordenanza municipal sobre prantacións e repoboacións forestais, para velar polo arranxo dos desperfectos ocasionados na rede viaria. Ao tempo, insistirá na necesidade de completar os traballos de desbroce en todas as pistas de concentración parcelaria cun triplo obxectivo: mellorar a súa conservación, facilitar o tránsito de vehículos e previr a propagación de incendios forestais.

A que obriga a ordenanza?
A ordenanza sobre prantacións e repoboacións forestais do Concello de Ordes, publicada na web do Concello, sinala, no seu artigo 8º que “... A autorización municipal para o transporte e almacenamento (de madeira) será obrigatoria e gratuíta, no obstante, o madeirista deberá ingresar na Tesourería municipal unha fianza, cuxa contía determinará o técnico municipal, para responder polos posibles danos e prexuízos na rede viaria, que non será devolta ata que se comprobe que no se causaron danos ou prexuízos ás vías públicas municipais”. 

No caso de que os danos sexan ocasionados polo depósito de madeira nas marxes ou cunetas, a ordenanza municipal tamén prevé imputar os gastos ao responsable da infracción. Se resultase necesario reparar os danos ocasionados na vía pública, está previsto que o responsable dos feitos asuma a factura do gasto realizado.

Andaina Prosaude Mental - Unificacióin de metodoloxías na aprendizaxe

Antonio Hernández e Enrique Castro, actuais director e responsable do movemento asociativo da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES) respectivamente, visitaron esta semana o centro terapéutico que Andaina Pro Saúde Mental ten no Concello de Dodro. Unha toma de contacto que tamén serviu para que Enrique Castro, adscrito ao seu cargo dende o pasado mes de setembro, coñecera de primeira man tanto a asociación e as súas instalacións, como o seu equipo directivo, de voluntarios e usuarios. Entre outros aspectos tamén se abordaron as actividades e proxectos que Andaina vén desenvolvendo ao longo dos últimos anos.

Tanto Antonio Hernández como Enrique Castro destacaron a “peculiaridade que caracteriza e define a Andaina Pro Saúde Mental, cun gran número de voluntarios e voluntarias que levan a cabo de xeito moi satisfactorio un labor variado de xeito enérxico e contando con escasos recursos económicos en comparación con outras asociacións similares”. 

Con encontros deste tipo o cadro directivo de Andaina Pro Saúde Mental “persegue incrementar e ver melloradas as relacións de colaboración con outras entidades do noso ámbito”, manifesta a cofundadora Nazaret Davila Pousada. De aí que nesta cita se trataran aspectos relacionados coa formación dos usuarios. Concretamente falouse da posibilidade de establecer unha metodoloxía común de aprendizaxe para cada unha das asociacións que forman parte de FEAFES. Un proceso inicial perfectamente compatible coas características propias de cada obradoiro ou materia impartida, e que posibilitaría a optimización de recursos e unha correcta análise dos resultados acadados para o seu estudo posterior. Non foi o único punto da axenda xa que tamén se trataron aspectos relacionados co financiamento e a colaboración económica.

Os responsables de ambas as organizacións acordaron ter un próximo encontro no que seguir afondando nestas cuestións. Unha cita que se levará a cabo en breve no centro terapéutico que Andaina estreou recentemente no concello de Ordes. Segundo o criterio de FEAFES as necesidades que se presentan na comarca de Ordes son moitas, sendo Andaina Pro Saúde Mental o único dispositivo deste tipo que presta un servizo e brinda atención especializada na zona. Por todo iso confíase en que o Sergas incremente a súa achega económica e o grao de colaboración no labor que diariamente se leva a cabo no novo espazo situado na vila ordense.