BNG ORDES
O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN EN DEFENSA
DO SECTOR LÁCTEO DA COMARCA DE ORDES, DO QUE VIVE DIRECTAMENTE UN DE CADA TRES
VECIÑOS
Os nacionalistas afirman que os
gandeiros galegos están sendo discriminados nas axudas da PAC
O BNG de Ordes ven de
rexistrar unha moción no Concello de Ordes na que propón que o Pleno da Corporación
Municipal adopte os seguintes acordos:
1º) Instar ao Goberno
Galego a que, a través da Consellaría do Medio Rural, estabeleza unha liña de
axudas dirixidas especificamente ás explotacións gandeiras que en 2010 non
terán acceso á novas axudas da PAC.
2º) Instar á Xunta de
Galiza a que demande do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino, a
modificación do Real Decreto que regula as axudas da PAC, de xeito que a axuda
ás explotacións lácteas non discrimine ás explotacións galegas, e que a Xunta
de Galiza faga o propio coa súa normativa de aplicación do disposto polo
Estado.
3º) Instar á Xunta de Galiza a que cree un
verdadeiro Fondo Lácteo, e demandar do Goberno do Estado a que faga o propio.
Un Fondo Lácteo coa suficiente dotación orzamentaria, de carácter
extraordinario, destinado a mellorar a viabilidade das explotacións e preparar
ao sector lácteo para un horizonte sen cotas no que poidan competir en
igualdade de condicións, que, entre outras, financie as seguintes medidas:
a)
Axudas compensatorias destinadas ás
explotacións profesionais cuxa dimensión as fai especialmente vulnerábeis, e a
aquelas explotacións que nos últimos anos experimentaron un maior crecemento da
súa cota e un maior esforzo investidor.
b)
Axudas a compromisos agroambientais.
c)
Apoio financeiro aos investimentos.
Gonzalo Castro,
portavoz municipal do BNG de Ordes, defendeu a presentación desta iniciativa
salientando que “as decisións que ten
adoptado o Ministerio sobre a aplicación do Chequeo Médico da Política Agraria
Común (PAC) son claramente discriminatorias para o sector lácteo, fronte a
outras producións agrarias, especialmente as de cereais, e prexudica claramente
a Galiza en favor doutros territorios, xa que os límitados recursos dispoñíbeis
para o sector lácteo se destinan exclusivamente as zonas de montaña, beneficiando
claramente a comunidades como Asturias, Cantabria ou o País Vasco e
prexudicando aos gandeiros galegos”.
Castro criticou que “esta decisión do Goberno Central non contou
con ningún posicionamento político contrario nin ningún intento de negociación
ou veto por parte do actual goberno da Xunta de Galiza”.
O portavoz
nacionalista afirmou que “os gandeiros e
gandeiras da comarca de Ordes non poden ser prexudicados pola nefasta actuación
de ambos os dous gobernos, o de Galiza e o do Estado, polo que demandamos que a
Xunta de Galiza, ademais de reclamar do Estado a reparación desta
discriminación, debe actuar e estabelecer medidas para resarcir a aquelas
explotacións que fican excluídas destas axudas.”
Gonzalo
Castro lembrou “a importancia deste
sector na comarca de Ordes, ao acumular un total de 200.000 quilos de cota
láctea, posuir dúas cooperativas importantes, a de Frades e a de Ordes, e sumar
máis de duas mil explotacións agrogandeiras nos sete concellos da comarca”.
Estos
datos, segundo o portavoz nacionalista, “permiten
que o sector lácteo constitua directamente o emprego de máis dun 30% da poboación
e supoña oitenta millóns de euros só polo conceito da venda directa de leite en
toda a comarca”.
Finalmente,
Castro considerou “moi necesaria a
unidade da Corporación Municipal na demanda de apoio para o sector lácteo, xa
que esta discriminación nas axudas da PAC chega xusto cando Ordes ten
afrontado, grazas aos investimentos da anterior Consellería do Medio Rural,
xestionada polo BNG, a fase final da maioría das súas concentracións
parcelarias, que é cando as explotacións poderían empezar a mellorar a súa base
territorial e a súa rendabilidade”.
PP ARZUA
O
PP anima ós empresarios e ás entidades de Arzúa a solicitar axudas da Xunta
para actividades de conservación, protección e difusión do Camiño de Santiago
·
Os populares informan que o prazo para pedir estas subvencións da Consellería da
Cultura rematan o 31 de maio
Arzúa, 1 de mayo de 2010.- Os populares arzuáns informan
que a Consellería de Cultura e Turismo ven de publicar no Diario Oficial de
Galicia de hoxe a “Orde do 21 de abril de 2010 pola que se establecen as
bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das
subvencións para empresas privadas e entidades sen ánimo de lucro que realicen
actividades de conservación, protección e difusión do Camiño de Santiago e se
procede á súa convocatoria para o ano 2010.”
Estas axudas, ás que se poden acoller tanto
empresas e profesionais como institucións sen ánimo de lucro do noso concello (inscritas
no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago),
cubrirán un 70% de investimentos que teñan como obxectivo a conservación,
protección e divulgación dos Camiños de Santiago (en Arzúa os camiños son:
Francés e do Norte).
O PP de Arzúa informa que cada beneficiario
poderá percibir un máximo de 3.000 €, sendo compatible esta axuda con calquera
outras, sempre que non se supere o custo da actividade.
Serán actuacións subvencionables aquelas
realizadas entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de outubro de 2010, e tales
como:
·
Colocación de barreiras vexetais autóctonas
·
Reparación de peches tradicionais
·
Intervención en fachadas, cubertas e elementos accesorios nos
contornos das edificacións (poderanse engadir novos volumes respectando o
entorno tradicional)
·
Acondicionamento das terrazas en establecementos de hostalaría e
outros espazos exteriores
·
Colocación e/ou retirada de paneis informativos e outros sinais
·
Campañas publicitarias, xornadas, seminarios, cursos ou material
divulgativo, nos que se faga relación ós elementos patrimoniais e valores
culturais asociados ao Camiño de Santiago.
A Consellería de Cultura e Turismo dedica un
importe total para esta convocatoria de 295.000 €, destinándose 195.000 € a
entidades sen ánimo de lucro e 100.000 € a empresas privadas e profesionais.
Dende o PP de Arzúa amosan a súa satisfacción
porque a Xunta esté a realizar esta potenciación do sector empresarial e das
entidades culturais por medio destas axudas, que seguro que serán ben acollidas
en Arzúa, onde os beneficiarios potenciais son moi numerosos.
As persoas que desexen ampliar información
sobre este asunto poden facelo en:
Solicitude:
Prazo:
Ata o 31 de maio
Además la información está disponible en la
web www.ppdearzua.es
PP MELIDE
ÁNXELES VÁZQUEZ ARRANCA O COMPROMISO DO XEFE TERRITORIAL
DE MEDIO RURAL DE ENTREGAR OS TITULOS DE PROPIEDADE DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA
DE MACEDA-OROIS DESPOIS DO VERÁN
· A voceira do PP adquiriu o
compromiso de Enrique Salvador de presupostar por parte da Consellería os mais
de 480.000 € necesarios para acabar o proceso
Melide, 1 de maio de 2010. A representante popular Anxeles Vázquez mantivo o pasado
xoves unha xuntanza co Xefe territorial de Medio Rural, Enrique Salvador para
interesarse pola situación da concentración parcelaria de Maceda- Orois, a
única do Concello de Melide e que leva varios anos aberta.
Vázquez amosou a súa satisfacción despois da xuntanza
“xa que por fin se adquiriu por parte da Consellería o firme compromiso de
entrega de títulos de propiedade despois
do verán, momento en que non hai colleitas nas fincas”.
A voceira do PP de Melide instou a Enrique Salvador a presupostar o antes
posible os mais de 480.000 € necesarios para acometer obras de adecentamento,
para desfacer valos, facer as entradas ás novas fincas e para rematar camiño
secundarios, feito que será realidade en breve. Segundo a voceira popular o Xefe
Territorial de Medio Rural comprometeuse a rematar esta concentración de forma
prioritaria debido a que os propietarios non poden agardar mais e non pode
haber mais retrasos.
A representante popular valorou positivamente a boa vontade da Xunta para solucionar este problema, “porque esta actuación permitirá mellorar a calidade de vida dos veciños afectados que levan anos esperando unha solución, que agora, o novo Goberno do PP colocou enriba da mesa e que estará resolta nuns meses”.
A representante popular valorou positivamente a boa vontade da Xunta para solucionar este problema, “porque esta actuación permitirá mellorar a calidade de vida dos veciños afectados que levan anos esperando unha solución, que agora, o novo Goberno do PP colocou enriba da mesa e que estará resolta nuns meses”.
ANPA CEIP BRION
A
ANPA ‘Andaravía’ do CEIP de Brión xunto con pais e nais representantes no
Consello Escolar, queren amosar ante a opinión pública o seu rexeitamento ante
a actuación do Partido Popular de Brión en relación a uns feitos ocorridos na última asemblea de nais e pais celebrada no
centro.
O
pasado martes día 27 convocamos una asemblea para informar da nosa
desconformidade co cesamento do director do centro. Como en todas as reunións que
se celebran a instancias da ANPA asistiron todos os pais que quixeron, sen limitacións de acceso
para todas as familias da comunidade educativa.
Cando
levabamos media hora da xuntanza, dúas persoas que asistían entre os pais, tomando
nota en todo momento do que alí se comentaba, outorgáronse a representación da
Consellería de Educación e
manifestaron ser a voz da Administración
na asemblea. Unha delas sinalou que era concelleira do Partido Popular neste
concello.
Ningunha
das dúas ten fillos no centro e en ningún momento antes da celebración da
reunión comunicaran á directiva da ANPA
nin a ninguén dos presentes quen eran e
con que obxecto pretendían asistir a un xuntanza de nais e pais.
Permitíuselles
falar e despois foron convidadas a abandonar a reunión.
Parécenos
impresentable a actuación destas dúas persoas ás que a súa acta de concelleira
non lles dá ‘patente de corso’ para acudir a onde non son convidadas.
A
Asemblea de Nais e Pais decidiu esixir da Consellería explicacións sobre o
proceder destas dúas persoas e que clarifique se os interlocutores da Xunta
ante a Comunidade escolar son os concelleiros
do PP en Brión.
Así
mesmo reclamamos do Partido Popular de Brión unha desculpa pública pola
impresentable actuación da súa edil.
O
SECRETARIO DA ANPA
Ramón
García-Bodaño Pereira
AYUNTAMIENTO DE MELIDE
Inaugúrase este luns en Melide a exposición “Historia de Galicia”
·
A alcaldesa, Socorro Cea, e o deputado de Normalización
Lingüística, Xoán Manuel Sande, inaugurarán a mostra o 3 de maio ás 20h no
Edificio Multiusos.
·
Trala inauguración, o historiador Bieito Alonso
pronunciará unha conferencia titulada “Historia de Galiza, a conciencia da
diferenza”.
A sala de
exposicións do Multiusos de Melide acollerá dende este luns a exposición
“Historia de Galicia”, que será inaugurada pola alcaldesa de Melide, Socorro
Cea, e por Xoán Manuel Sande, deputado de Normalización Lingüística.
A mostra é unha obra do ilustrador Pepe Carreiro
(autor de Os Bolechas), formada por vintecinco paneis que explican de xeito
didáctico a historia de Galicia, comezando polos nómadas do Paleolítico e
rematando coa Constitución de 1978. O obxectivo desta actividade
é darlles a coñecer aos rapaces de
primaria e primeiro ciclo de secundaria a nosa historia contada con rigor pero
de forma divertida e atractiva visualmente.
Logo
da inauguración , que terá lugar o luns 3 de maio ás 20h, o historiador Bieito
Alonso ofrecerá unha conferencia titulada “Historia de Galiza, a conciencia da
diferenza”, que será aberta ao público, e tamén nas instalacións do Multiusos.
Tras
a súa estancia en Melide, que rematará o día 13 de maio, a mostra exhibirase
nos concellos da Coruña e Ferrol.
AYUNTAMIENTO DE TEO
O GRUPO DE
GOBERNO CONDENA OS ATAQUES ANTIDEMOCRÁTICOS ANÓNIMOS ÁS FORZAS POLÍTICAS LOCAIS
·
O alcalde, Martiño Noriega, condena o ataque con pintura
á sede do PSOE teense
·
Na zona de Cacheiras apareceron papeis anónimos pegados
en locais municipais e marquesinas insultando ós membros do grupo de goberno
·
PSOE e BNG xa presentaron denuncia na Policía Local por
estes feitos
30 de abril de 2010. O grupo de goberno condena os ataques
antidemocráticos que están sufrindo nestes días varias forzas políticas locais.
Hoxe mesmo o PSOE de Teo e o BNG presentaron denuncia diante da Policía Local
por ataques absolutamente inxustificados.
A sede do PSOE teense, situada en Cacheiras, foi atacada con pintura,
mentres que tamén en varios lugares de Cacheiras apareceron papeis anónimos
pegados en locais municipais e marquesinas nos que se insulta ós membros do
grupo de goberno. O alcalde Martiño Noriega, condena “calquera tipo de
actuación deste tipo que non se enmarca
no xogo político e democrático e que non é xustificable nunca”.
AYUNTAMIENTO DE TEO
O CONCELLO DE TEO
DEFENDE QUE ESTE MUNICIPIO DISPÓN DE VÍAS DE ALTA CAPACIDADE PARA DAR SERVIZO
AO TRÁFICO DA COMARCA
·
Durante esta semana o grupo de goberno informou a grupos
políticos e movemento asociativo da información dispoñible sobre a Variante da
N-550 ao seu paso por Teo
·
Dende o Concello encargarase un estudo externo sobre o
impacto e as posibles actuacións alternativas aos trazados que está valorando
Fomento
30 de abril de 2010. O grupo de goberno teense mantivo onte unha
reunión informativa co movemento asociativo das parroquias de Calo, Cacheiras e
Oza para trasladar a información coa que conta ata este momento sobre a
Variante da N-550 ao seu paso polo municipio. Nos últimos días unha empresa de
enxeñería sevillana remitiu ao departamento de Urbanismo municipal unha carta
na que se traslada que están redactando o “Estudo informativo: Variante de
trazado da Carretera N-550 entre Sigüeiro e Padrón” e demandan información
sobre as afeccións que existen aos trazados previstos.
Os tres trazados que acompañan esta solicitude de información afectan
directamente ao termo municipal de Teo. Ante a importancia e a sensibilidade
desta información comezaron os contactos cos grupos políticos da corporación e
coas asociacións como referentes da sociedade civil. O concelleiro de Urbanismo
Rafael Sisto, convocou unha xunta de portavoces o pasado 27 para tratar este
tema cos voceiros municipais. A información trasladóuselle a Manuel Parajó (In
Teo) e a Manuel Mata (PP). Polo momento o único grupo que non respondeu á convocatoria
do Concello nin demandou información sobre o asunto foi o PSdeG-PSOE.
Na tarde de onte trasladáronse os datos ás directivas da A. Castro Lupario
(Calo); A Baiuca (Solláns); O Cachón (Vilar de Calo); Cruceiro de Montes
(Cacheiras); A Torre (Cacheiras); Verxeis (Oza) e Raviña Valdés (Cacheiras). Na
xuntanza solicitouse que as asociacións trasladaran á súa base social a
situación para evitar a desinformación nun tema vital para o municipio e para
moitos núcleos de poboación teense.
Os posibles trazados sobre os que traballa a enxeñería na actualidade
resúmense nun trazado central que discorrería na área de influencia da AP-9 e
tería un forte impacto nas zonas de Vilar de Calo, Solláns e Luou. Outro dos trazados
discorrería ó este na área de influencia da AG-59 e afectaría sobre todo a
zonas de Cacheiras e Luou. O terceiro trazado, na zona sur-oeste, tería impacto
no límite sur da parroquia de Calo con Rois e Padrón.
O grupo de goberno teense entende que este municipio xa soporta vías de
alta capacidade para asumir os problemas de tráfico propios e incluso canalizar
os da comarca. Por Teo discorre a AP-9, xusto polo posible corredor central e a
AG-59 na zona afectada polo corredor este.
As grandes infraestructuras de transporte realizadas ata este momento teñen
que servir para canalizar os fluxos de tráfico da N-550 e calquera nova
posibilidade debe pasar por utilizar as vías realizadas xa ou planificadas no
futuro PXOM.
O Concello de Teo encargará un estudo externo sobre o impacto social e
económico que terían os trazados que se presentan neste momento sobre o termo
municipal e presentará alternativas como a liberación de peaxe da AP-9 entre
Sigüeiro e Padrón.
Nas próximas semanas tamén se buscará un posicionamento político de todas
as forzas políticas teenses que queiran traballar en minimizar unha situación
que a medio e longo prazo poder ter un
forte impacto no municipio. Ademais de traballar cos partidos políticos
buscando unha posición unitaria manterase unha canle aberta coas asociacións
para estudar propostas de actuación conxuntas ou particulares.
AYUNTAMIENTO DE AMES
O
Concello investirá máis de 300.000 euros nos plans de conciliación e nas
actividades educativas de reforzo
O
Concello de Ames vén desenvolvendo nos últimos anos un amplo abano de
actividades culturais e educativas, así como un programa que permite a
conciliación laboral e familiar de todos os pais e nais amienses. Moitas delas
realízanse no IES de Ames por dispor dunhas instalacións axeitadas para
organizar este tipo de actividades. Este proxecto educativo dispón dun
orzamento total de 323.888,57 euros. Para desenvolver este programa de
actividades acordouse solicitar unha axuda á Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria co fin de sufragar o custe integro do proxecto.
Ames foi
un dos concellos pioneiros de Galicia á hora de poñer en marcha o programa de
lúdicos e servizos complementarios de educación. Este proxecto desenvolveuse
ante a necesidade de atender as demandas dunha poboación eminentemente nova.
Ames ten unhas característica demográficas que defiren da maior parte dos
municipios galegos. Existe unha poboación en continuo crecemento e cun baixo
grao de envellecemento. Hai que salientar que a media de idade do territorio
municipal é de 37 anos. A estrutura poboacional deste concello fai necesario
que se oferten diversos tipos de actividades educativas, culturais, deportivas
e sociais dirixidas principalmente aos nenos/as e a mocidade amiense.
Dende o
curso 2003 - 2004 a Consellaría de Educación asumiu ese reto e puxo en marcha
numerosos servizos dirixidos a ese grupo social. Un claro exemplo disto son os
programas que se levan a cabo coincidindo co calendario escolar como son o
programa Bos Días Cole, o servizo da Rede de Comedores Escolares e o programa
Tardes Divertidas. Ao mesmo tempo tamén se realizan actividades en períodos non
lectivos, como os programas lúdicos (Primavera lúdica, Xuño lúdico e Setembro
lúdico). Ademais no ano 2008 a Concellaría de Mocidade tamén puxo en marcha nos
centros educativos de Ames diversos programas para mellorar o éxito escolar e
para a prevención do absentismo escolar.
Estas
iniciativas non son formuladas como accións puntuais, senón que están dentro
dun programa educativo integral e estase a garantir a súa continuidade temporal
a medio prazo. Para isto, o goberno municipal decidiu solicitar unha axuda á
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para sufragar todas as
actividades que se enmarcan dentro do programa de apertura dos centros
educativos públicos fóra do horario lectivo.
Proxecto
educativo
O
proxecto educativo elaborado para este fin divide as actividades en catro
apartados. O primeiro abarca actividades relativas aos programas de Bos Días
Cole, Comedores, Tardes Divertidas, charlas orientativas sobre alimentación infantil, impartidas pola nutricionista
municipal, e un obradoiro
de expresión artística e comunicación. Estas actividades teñen un custo de 211.586,57 euros.
A segunda
modalidade do proxecto abrangue actividades para o reforzo da aprendizaxe a
través das TIC. Para iso vanse realizar actividades de apoio educativo e varios
obradoiros para mellorar o apoio educativo e sobre as aplicacións informáticas
e as novas tecnoloxías. Tamén inclúe unha charla – coloquio sobre as redes e
contidos educativos para pais e nais. Estas actividades teñen un custo de 11.802 euros.
O
terceiro apartado, relativo as redes de apoio á orientación educativa recolle espazos de encontro para a
educación e charlas sobre habilidades sociais. Por último, o cuarto apartado abarca as
actividades de conciliación da vida familiar en períodos non lectivos
(programas lúdicos celebrados en primavera e nos meses de xuño e setembro) e a
escola de verán que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto. Este
apartado ten un custo de 100.500
euros.
Este
proxecto ten un custo total que ascende a 323.888,57 euros. Para desenvolver
este programa de actividades acordouse solicitar unha axuda á Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria co fin de sufragar o custe integro do
proxecto.
IES de
Ames
Para poder
desenvolver estas actividades o Concello de Ames vén de asinar un convenio coa
directora do IES de Ames, Marisol Louro. Mediante este acordo a Administración
local poderá usar as instalacións deste centro educativo fóra do seu horario
lectivo, co fin de que estas aulas acollan as diferentes actividades culturais
e educativas que ten en marcha o Concello. O convenio recolle unha compensación
económica de 19.000 euros a este centro educativo para sufragar os gastos que
lle ocasionen ás actividades programadas ata o mes de outubro deste ano 2010.
As
instalacións do IES de Ames son idóneas para a súa utilización nas actividades
desenvolvidas polo Concello, máxime tendo en conta a vantaxe que supón o feito
de que se atopen todas nun mesmo emprazamento, o que facilita a xestión e evita
o riscos e incomodidades que se derivarían de hipotéticos desprazamentos dos
usuarios.
Estas instalacións son ademais as únicas do municipio que ofrecen as características de equipamento precisas, xa que pola súa diversidade en espazos deportivos e docentes poden albergar as múltiples actividades postas en marcha polo Concello, considerándose que non existe alternativa ás mesmas dentro do termo municipal.
Estas instalacións son ademais as únicas do municipio que ofrecen as características de equipamento precisas, xa que pola súa diversidade en espazos deportivos e docentes poden albergar as múltiples actividades postas en marcha polo Concello, considerándose que non existe alternativa ás mesmas dentro do termo municipal.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

