USC - Últimas prazas no curso de defensa persoal

A Fundación USC Deportiva e o Servizo de Deportes da USC organizan un curso de iniciación á autodefensa que pretende abordar os conflitos, non só físico, cun enfoque máis aberto, construíndo deste xeito unha visión máis ampla, completa e actual da autodefensa. Así proporcionaranse recursos para dar resposta a potenciais situacións de risco, aprendendo o uso de técnicas eficaces en función das capacidades de cada persoa e das características da agresión. Ao mesmo tempo explicaranse técnicas de xestión de conflitos baseadas noutro tipo de habilidades e competencias destinadas a evitar o enfrontamento físico.

De total de 20 prazas ofertadas, unicamente quedan libres cinco. Todas as persoas interesas en participar, deberán formalizar a súa inscrición a través da web da Fundación USC Deportiva. O prezo do curso é de 35 euros.

Esta é unha actividade que se vai celebrar en Santiago os días 23 de xaneiro e 6 de febreiro, incluíndo sesións teóricas e prácticas. Destínase a calquera persoa interesada maior de 16 anos e impartirana Óscar e SergioLafuente López, ambos cunha dilatada traxectoria como adestradores no eido das artes marciais e titulados en autodefensa pola Real Federación Española de Karate, disciplina na que posúen o grao de 4º DAN.

Santiago - Modificacións no tráfico por mor das obras na rúa Montero Ríos

A partir do luns día 18 de xaneiro darán comezo as obras de humanización da rúa Montero Ríos, que consistirán na renovación de viais e beirarrúas, xunto coa substitución total da rede de saneamento e parte do abastecemento de auga.

As obras darán comezo nunha primeira fase coa colocación do primeiro tramo do novo colector, que afectará ao cruce formado polas rúas Montero Ríos, Rapa da Folla e rúa Nova de Abaixo, cunha duración de 15 días.

Esta primeira fase só afectará á circulación para aqueles vehículos que suban pola rúa Nova de Abaixo, que ao chegar a dito cruce terán que xirar á esquerda obrigatoriamente para saír á rúa Rosalía de Castro. Os vehículos que baixen pola Rapa da Folla poderán seguir facendo o xiro a esquerda ou dereita, tal e como fan ata o de agora.

A seguinte fase, unha vez acabada esta, afectará ao tramo comprendido entre o citado cruce e a rúa Rosalía de Castro.

Corte de tráfico na rúa de García-Sabell

Tamén dende mañá luns e ata o mércores 20 de xaneiro, permanecerá cortada ao tráfico a rúa de García-Sabell, con motivo das obras de acometida de auga necesarias para o novo Centro de Atención ao Peregrino da rúa Carretas. Só poderán acceder a esta rúa os residentes para entrar e saír dos seus garaxes.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Ames - Visita da Conselleira Ethel Vázquez

O alcalde de Ames di que se debe dar prioridade á seguridade sobre o tempo de duración nas obras da AG-52

Logo da visita que a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, realizou á zona da AG-56 afectada polo desprendemento dun noiro e a reunión mantida cos concesionarios da autovia, o alcalde de Ames, José Miñones, presente na reunión, opina que "se debe priorizar a seguridade por riba da duración das obras", ao tempo que amosa malestar coa concesionaria da autovía "por non ter feito antes a sinalización dos desvíos provisionais e polos colapsos de tráfico que esta falta de información está a no núcleo urbano de Bertamiráns".

Cómpre lembrar que debido ao atraso da concesionaria á hora de materializar ista sinalización, o propio concello tomou a decisión de facer unha sinalización provisional e elaborou co Departamento Municipal de Tráfico e o responsable da Policía Local unha proposta de sinalización. Incidiuse na desviación do tráfico que accede dende a estrada de Negreira á autovía en dirección Brión e pola saída dos Ánxeles, na que se accede a unha rotonda que conecta directamente coa autovía dirección a Santiago de Compostela, evitando aos condutores o paso polo centro de Bertamiráns. Tamén se traballou no desvío dirección Padrón, que pasa por Bastavales, ademais de colocar sinais advertindo do alto volume de circulación que se está a producir no núcleo de Bertamiráns. 

O plan de desvios e de sinalización provisional elaborado polo Concello de Ames será o mesmo que empregue a concesionaria para facer a sinalización definitiva.

CIPA Padrón - Moción edificios ruinosos

O deterioro e degradación de inmobles no casco vello é un problemática que incide na seguridade dos transeúntes, na estética urbana e na imaxe penosa que proxectamos cara o padronés , visitante e turista en xeral, e senta precedentes na política de laissez faire que se está a practicar por non combatelo feismo e a ruína que se estenden por tódolos recunchos. 

Dun tempo a esta parte unha cantidade importante de edificacións, a maior parte delas desocupadas, presentan un estado de deterioro e ruína alarmante, debido a que os seus propietarios non acometeron, nin acometen labores de conservación e mantemento nin estruturais nos inmobles como é obrigatorio e preceptivo, se a isto Ile engadimos que temos ordenanza en vigor na que ampararnos para evitar este problema e non a aplicamos a cuestión é máis que preocu pante. 

Con inclemencias metereolóxicas desfavorables e sen inclemencias desfavorables o casco vello de Padrón é un perigo constante ao existir risco de que destas edificacións se desprendan cascallos ou outros elementos deteriorados sobre a vía pública. Un risco que non se corrixe coa colocación dun cartel na edificación de se vende, mallas verdes para tapar o problema ou ferros para suxeitalas paredes. Os propietarios teñen un deber de mantelos inmobles en bo estado de conservación e seguridade e o concello, a través do goberno municipal, unha obriga de garantila seguridade e que se cumpran as ordenanzas e a normativa urbanística, polo tanto o de pechar calexas con cinta, ou rodear inmobles con vallas, por favor que non sexan antiestéticas , vale para un curto período de tempo pero esta situación non pode, nin debe prolongarse no tempo. 

Hai que esixir a toma de medidas contundentes para solventala situación, facer requirimentos, dar facilidades de rehabilitación e cando se fai caso omiso do dialogo e das obrigas, aplicala normativa con contundencia, sen medias tintas e sen que Ile treme o pulso das decisións. 

. E polo que PROPOÑEMOS o seguinte ACORDO DE RESOLUCIÓN: 

a. Tomar acordo plenario de convocar cada dous meses, con carácter ordinario, coincidindo coa celebracións das sesións plenarias ordinarias a comisión de urbanismo para que o goberno dea conta de tódalas medidas adoptadas para combatelo deterioro do casco vello exemplo: comunicacións cursadas aos propietarios, apertura de expedientes, estado dos expedientes abertos, solicitudes de rehabilitación, estado das solicitudes etc, etc. e de selo caso convocar esta comisión con carácter extraordinario cando unha situación especial o requira. 

b. Tomar acordo de ordenala toma de medidas para garantila seguridade dos transeúntes en tódolos inmobles en mal estado, no espazo de tempo máis breve posible ( 1 mes). 

c. Tomar acordo de retirada inminente ( 1 mes) de elementos antiestéticos dos inmobles: mallas de ocultar en mal estado, vallas antiésteticas por outros elementos acordes co decoro e dignidade dun casco urbano e adaptados á normativa de protección e seguridade. 

d. Tomar acordo de informar en esta comisión das labores de reposición ou arranxo do lousado das rúas e das medidas de protección e do estado dos elementos arquitectónicos ou estruturais do casco vello ( prazas, ponte, espolón, xardín, xardíns, souto, estatuas, esculturas e fontes)

Boqueixón -Éxito na estrea da curtametraxe "Xigante de pedra"

Onte sábado tivo lugar no Centro de Interpretación do Pico Sacro (Lestedo) a presentación da curtametraxe “Xigante de pedra” no marco das diversas actuacións que o Concello de Boqueixón está a desenvolver para a posta en valor do Pico Sacro e o seu entorno.

“Xigante de pedra” é unha ficción creada e realizada por un grupo de rapazas de Boqueixón dentro da actividade extraescolar “Micromovie Xuvenil” e pretende incidir na posta en valor do Pico Sacro, a súa maxia e o seu encanto, dende unha ollada xuvenil.

As alumnas participantes nesta actividade desenvolveron as diferentes fases de elaboración de guión, interpretación, musicalización, edición…, de xeito que puideron vivenciar todo o proceso creativo vinculado ao seu patrimonio máis cercano.

Ademais, no acto, participaron o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, quendestacou o importante papel deste grupo de mozasdo concello participantes nesta iniciativa, o profesor e escritor Xosé Manuel Lobatocompartindo as súasreflexións sobre “ O Pico Sacro na literatura galega”e as propias protagonistas deste evento.

O acompañamento musical correu a cargo de Sofía Silva,estudante de piano no Conservatorio de Santiago e do grupo de música tradicional “Estralampo” de Lestedo.

Destexeito diversas persoas e agrupacións do propioconcello de Boqueixón participanna posta en valor do patrimonio cultural e natural do seu propio concello.

Axenda e tempo do sábado 16 de xaneiro - Cine, teatro, exposicións

Santiago - Numax 

Lalín - Mes do Cocido

Santiago - Área Central - talleres de creación de persoaxes imaxinarios

Boqueixón - Estrea da curtamentraxe "O xigante de pedra"

Santiago - Teatro Principal - Xurdefet de Berrobambán Teatrp



Exposicións

Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Casa do Cabildo - Postais antigas de santiago (ata mediados de febreiro) 


O Tempo

Área Central - Taller de creación de personajes imaginarios

Area Central contará hoxe sábado con una oferta de actividades dirigida a todas las edades, en especial para el público familiar, con la celebración de unos talleres en los que los niños asistentes podrán crear personajes imaginarios a partir de materiales de pintura, recortes y otros elementos de collage.

Esta acción se celebrará en la esquina amarilla de la planta baja, en horario de 18.00 a 20.00 horas. Los asistentes pasarán una tarde amena mientras echan a volar su imaginación con la creación de los personajes más creativos. 

Por otro lado, como todos los terceros sábados de mes, el rastro de antigüedades ocupará la esquina roja de Area Central, de 10.00 a 21.00 horas. En él, los aficionados a las curiosidades y a los objetos de coleccionismo, tendrán un espacio en donde poder contemplar cientos de elementos a su gusto. El rastro también se podrá visitar el domingo, de 11.00 a 20.00 horas.

XII Certamen de Arte Escolar Eugenio Granell

Desde esta semana hasta el próximo 31 de enero, los pasillos de Area Central tienen expuestas más de 170 obras de escolares de Santiago y comarca participantes en el XII Certamen de Arte Escolar de la Fundación Eugenio Granell. Este concurso cuenta con varias categorías (construcción, fotografía, collage, pintura y dibujo); por lo que los visitantes de Area Central pueden ver durante estos días una gran diversidad de obras. 

Las construcciones están distribuidas en vitrinas en la esquina azul, mientras que el resto de las obras se pueden contemplar en la esquina verde. Los visitantes de Area Central podrán elegir su obra favorita y votar por ella en las urnas dispuestas en estas dos zonas. La obra que más votos consiga hasta el 31 de enero, será la ganadora de la categoría “Premio del público”.

Boqueixón - Estrea da curtametraxe "Xigante de pedra"

Hoxe sábado 16 de xaneiro ás 17:00h. estrea da curtametraxe "Xigante de pedra" no Centro de Interpretación do Pico Sacro (Lestedo). 

Intervirá o profesor e escritor Xosé Manuel Lobato e contarase co acompañamento musical de Sofía Silva e o grupo tradicional Estralampo. "Xigante de pedra" xira entorno á posta en valor do Pico Sacro, a súa maxia e o seu encanto, dende unha ollada xuvenil.

Santiago Futsal - Primeira victoria do ano en Sar

Dos minutos le bastaron al Santiago Futsal para ponerse por delante en el marcador ante un Levante UDDM que, pese a intentar imponer su ritmo de juego durante la primera parte, no tuvo opción.

Diego Quintela remataría al fondo de la red un balón tras saque de banda en jugada ensayada. Con el 1-0 en el luminoso, el capitán sería el jugador más determinante de la zaga celeste, que pondría en grandes apuros al meta valenciano Sergi, el mejor de los suyos en la primera parte.

Catela y Dani Montes pudieron hacer el 2-0 antes del descanso, pero fue Hugo Sánchez el que no dudo en su tiro desde la frontal del área para batir al guardameta visitante y aumentar la ventaja celeste.

En la segunda parte, los valencianos generarían más peligro en la meta defendida por Marcos Vara. El meta benaventino firmaría intervenciones determinantes para mantener a los suyos distanciados en el marcador.

Con 5 minutos transcurridos de la segunda parte, Hugo redujo distancias para Levante UDDM. Sin embargo, poco duraría esa mínima ventaja ya que Dani Montes anotaría el tercero y definitivo tanto de los celestes en el minuto 28, tras superar la asfixiante presión de los levantinos y cruzar su disparo para batir a Sergi.

Ya con portero jugador en pista, Levante UDDM anotó el 3-2 por medio de Charlie en un balón al segundo palo que coló al fondo de la red.

Pese a la tensión de los instantes finales del encuentro, el partido finalizó con el 3-2 para los locales, que firman la primera victoria del año 2016 ante una afición entregada y comprometida con los ‘guerreros da terra’.

Sala de prensa

El técnico David Rial analizó el encuentro tras su conclusión del que dijo “Fue partido muy igualado, como muestra la clasificación. En la primera parte disfrutamos de muchas ocasiones pero Sergi estuvo muy acertado. Ya en la segunda nos tocó sufrir, aunque pudimos haber ampliado diferenciados en cuatro llegadas a portería vacía. El equipo se merecía esta victoria en un partido fundamental para nosotros.”

El joven entrenador del filial santiagués que hoy debutó en el banquillo celeste habló de las sensaciones de este partido “Ha sido una experiencia única para mí y agradezco al club y a Santi Valladares la oportunidad que me han dado.”

Ficha del partido:

Santiago Futsal: Marcos Vara, Hugo Sánchez, Iván Rumbo, Catela y Diego Quintela – cinco inicial- Álex Diz, Dani Montes, Antonio Diz, Santi, Pablo Mel y Pablo Tallón

Levante UDDM: Sergi, David Ruíz, Márquez, Pichí y Charlie –cinco inicial- Cristian, Sena, Hugo

Árbitros: Redondo Arenales y Viedma Martín. Amonestaron con tarjeta amarilla a…

Incidencias: Partido correspondiente a la 19ª jornada de Liga celebrado en el Multiusos Fontes do Sar con una asistencia aproximada de 1000 personas

Goles: 1-0 min.2 Diego Quintela, 2-0 min.18 Hugo Sánchez, 2-1 min.25 Hugo, 3-1 min.28 Dani Montes, min.36 Charlie

Frades - O Concello corta dúas novas pistas polas escorrentías

As fortes e continuas chuvias desta semana obrigaron ao Concello de Frades a cortar hoxe dúas novas pistas municipais, que se suman ás xa cortadas o pasado 8 de xaneiro pola caída de dúas pontes. Nesta ocasión os danos son de moita menor cuantía económica, se ben por razóns de seguridade o Concello de Frades optou por cortar as carreteras de Reboredo (Galegos) a Os Carballos (DP-3802 Ordes-Ponte Carreira) e a de Caboladrón (Mesos) a A Gándara (Abellá). En ambos casos, o corte de tráfico xustifícase nas escorrentías de terras producidas polas chuvias de onte xoves que deixaron varios buratos en parte desas pistas.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explica que “as brigadas municipais están a traballar arreo por todo o municipio e, unha vez sinalizado convintemente as zonas, xa estamos traballando para habilitar a financiación precisa para solucionar canto antes estes problemas”, polo que pediu desculpas aos veciños e veciñas do municipio polas molestias que estas interrupcións do tráfico poidan ocasionarlles.

Cómpre lembrar que dende o pasado 8 de xaneiro permanecen pechadas ao tráfico dúas pistas pola caída de dúas pontes: Ponte Raselo, emprazada na pista que une a localidade de Raselo (parroquia de Gafoi) coa parroquia de Vitre; e Ponte de Xeza, que comunica as localidades de Reboredo (Galegos) con A Gándara (Abellá).

Touro - As crecidas derruban unha ponte sobre o río Beseño

As crecidas dos ríos dos últimos días acabaron por derrubar unha ponte na estrada que une Castelo, na parroquia de Andeade, con Santiso, en Cornado, no Concello de Touro. Actualmente o paso está cortado e non poden circular por esa vía ningún tipo de vehículo e tampouco poden pasar veciños e pé. A ponte, sobre o río Beseño, xa presentaba algunha deficiencia nas últimas semanas e estes días o efecto da crecida das augas provocou un amplo buraco no centro da estrada sobre a que sustenta a ponte. 

Esta vía de titularidade municipal e de moita circulación tanto de turismos, como de vehículos agrícolas e de camións que atenden as explotacións gandeiras da zona. Comunica as parroquias de Santiso e Calvos con Fonte Díaz, capital do Concello e é a estrada para que esta parte do Concello de Touro acceda a outras vías de comunicación, ainda que o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, indica que os veciños poden utilizar estradas alternativas. O Concello, ante o perigo e risco que supón, procedeu ao corte da estrada para vehículos e persoas coa conseguinte sinalización.

O Concello confía en reparar a ponte nun breve prazo de tempo para que poida ser utilizada e cause poucos contratempos ás explotacións gandeiras e agrícolas desta zona. O Concello de Touro xa tramitou ante Augas de Galicia o permiso para ter a ‘luz verde’ para rehabilitar a ponte. 

O alcalde confía en recibir a autorización nos próximos días. Ignacio Codesido tamén solicita, unha vez tenha o ‘visto bo’ de Augas de Galicia, a axilización dunha partida da Deputación para reparar esta ponte e en consecuencia abrir o paso á circulación de vehículos desta vía. O Concello de Touro xa tiña previsto e aprobada esta partida de cartos procedente da Deputación para arranxar esta ponte e esta vía. Agora solicita a axilización para a disposición deste presuposto xa autorizado ante a urxencia de abrir a estrada á circulación.

Ordes - O Concello abre o prazo para participar nas actividades culturais e deportivas

O Concello de Ordes abrirá a partir do vindeiro martes, 19 de xaneiro, o prazo para inscribirse nas actividades do seu circuíto cultural e deportivo. Os cursos desenvolveranse ao longo dos meses de febreiro, marzo, abril e maio. As persoas interesadas deberán apuntarse ata o día 29 deste mes no Departamento de Cultura e Deporte, situado no primeiro andar do Concello. Para isto será imprescindible achegar unha fotocopia do DNI á folla de inscrición, ademais do resgardo do ingreso bancario, impresos que poderán obtelos no mesmo departamento.

Nesta ocasión ofértanse as actividades de informática, nivel usuario e iniciación; fotografía dixital; Pilates preparto; patchwork; cociña, tanto para adultos como para nenos e nenas; baile, moderno, en liña para adultos e de salón por parellas. As clases desenvolveranse ao longo da semana en horario de tarde, agás no caso de informática e fotografía dixital, que serán os sábados durante a mañá. No que a prezos se refire oscilan entre os 18 e os 72 €, con importantes descontos para discapacitados/as, maiores de 65 anos ou integrantes de familias numerosas.

Por outra banda tamén se abre o prazo de inscrición previa para obter o carné de manipulador de produtos fitosanitarios, requisito necesario para poder aplicar este tipo de tratamento no campo.

Ames - A nutricionista municipal atenderá ao público dentro do plan "Ames Saudable"

A nutricionista municipal atenderá directamente ao público a partir da semana que ven os xoves no Milladoiro e os venres en Bertamiráns en horario de 9:00 a 14:00 horas. A medida forma parte do programa Ames Saudable que puxo en marcha o Concello tras adherirse á Rede de Cidades Saudables. Dentro deste plan esta previsto a posta en marcha dun programa de radio que se emitirá na emisora municipal Ames Radio a partir do mes de febreiro e toda unha serie de accións encamiñadas a ofrecer información e asesoramento sobre hábitos alimenticios e vida saudable aos clubes deportivos de base, aos centros escolares, ás ANPAS e aos coletivos da terceira idade. As consultas para a nutricionista poden solicitarse a través do correo electrónico dietista@concellodeames.org

Invertir en deporte e hábitos saudables é invertir en saúde e, ao mesmo tempo, aforrar en gastos sanitarios", deste xeito se manifesta Luisa Feijó, concelleira de Servizos Sociais, á horta de falar das accións que o seu departamento está programando en torno ao plan "Ames Saudable", ao tempo que suliña que ningún colectivo de idade quedará sen atender a través desta iniciativa. 

A primeira medida é a abrir de novo ao público o servizo personalizado da nutricionista municipal. Rosana Martínez atenderá os xoves na Casa da Cultura do Milladoiro e os venres no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, en ambolos dous casos en horario de nove a 14 horas. Todos aqueles veciños e veciñas que desexen unha cita poden solicitala a través do correo electrónicodietista@concellodeames.org

Ademais desta atención directa que se ofrecerá ao público a través de consultas personalizadas, Rosana Martínez recuperará tamén, a partir do mes de febreiro, un espazo sobre nutrición na emisora municipal Ames Radio. 
Por outra banda, o programa ofrecerá aos clubes deportivos de base obradoiros e charlas sobre habitos saudables e nutrición e, a través do departamento de deportes fará de enlace cos clubes para escoitar as súas demandas e ofertarlles charlas, información e obradoiros de nutrición pensados para os máis pequenos. 
Tamén nos centros escolares preténdese ofertar este mesmo tipo de asesoramento, sumado a un contacto directo cos pais e nais a través das ANPAS. Compre salientar que estas medidas nos institutos farán fincapé nos trastornos alimenticios máis frecuentes na poboación deste rango de idade. 

O departamento, a través deste programa, está traballando tamén para ofrecer aos colectivos da terceira idade charlas específicas para que as persoas maiores teñan información sobre os alimentos e o xeito de cociñar específico para cada problema ou doenza desas idades. 

Ames é dende este mes de xaneiro unha das 146 Entidades Locais que representan a 17.350.000 habitantes adscritas á Rede de Cidades Saudables. A solicitude de adhesión fora solicitada en pleno ordinario no mes de setembro e aprobada por unanimidade.

Lalín - Mes do Cocido

Sábado 16 de xaneiro. 

Cocido en Ruta na Coruña patrocinado por SUPERMERCADOS GADIS e ABANCA.

Domingo 17 de xaneiro.

 XVII Matanza Tradicional do Porco a partir das 10.30 h. na parroquia de Soutolongo no campo da festa.

Luns 18 de xaneiro.

 Cocido en Ruta en Vigo patrocinado por SUPERMERCADOS GADIS e ABANCA.

Mércores 20 de xaneiro. 

Cocido en Ruta en Pontevedra patrocinado por SUPERMERCADOS GADIS e ABANCA.

Venres 22 de xaneiro.
  • Cocido en Ruta en Braga patrocinado por SUPERMERCADOS GADIS e ABANCA.
  • 21,30 h. no Salón Teatro. Agrupación Folclórica A Carballeira de Cercio presenta “A Caixiña de Balbino” baseado no libro “Memorias dun neno labrego” de Neira Vilas.

Do venres 22 ao domingo 24 de xaneiro. 

O COCIDO MIÚDO. Tren turístico GAS NATURAL, obradoiros, xogos, animación, actuacións e moito máis para nenas/os na CARPA MAHOU do campo da feira.

Sábado 23 de xaneiro.
  • Cocido en Ruta en Santiago de Compostela patrocinado por SUPERMERCADOS GADIS e ABANCA.
  • 20.30 h. no Salón Teatro. Proxección da longametraxe “A paixón de María Soliña” do lalinense Emilio J. Fernández e Alfonso Castaño. Organiza DZINE. Colabora Concello de Lalín.
Domingo 24 de xaneiro a partir das 11.00 h.

 VI Carreira do Cocido saída da Praza da Vila.

Xoves 28 de xaneiro de 17.00 h. a 19.00 h. desde o Concello de Lalín.

 Programa “Vía V” de V Televisión.

Xoves 28 de xaneiro ás 21,30 no Salón Teatro

Xosé A. Touriñán e Federico Pérez “Fede” presentan: Curtis & Teixeiro: Investigadores privados”.

Venres 29 de xaneiro
  • Das 06.00 h. ás 13,00 h. en directo desde o Concello de Lalín programa da Radio Galega “Galicia por diante”.
  • 21.30 h. Desde o ABANCA Lalín Arena, Gran Gala da Gastronomía de Galicia retransmitida en directo pola TVG. Entréganse os “Premios de Gastronomía de Galicia”:
  • XXII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”.
  • Premio polo labor de toda unha vida á persoa cunha dedicación profesional destacada na Cociña, en cada unha das provincias galegas.
  • Premios aos profesionais que máis se distinguiran na potenciación da Cociña Galega, en Galicia e fóra de Galicia.
  • Premio á empresa ou entidade que máis se se distinguira na promoción dos produtos gastronómicos galegos.
  • Premio ao pequeno produtor galego.
Do venres 29 ao domingo 31 de xaneiro. 

CARPA MAHOU no campo da feira.
Venres ás 12.00 h. apertura da CARPA MAHOU no campo da feira. Espazo de promoción, exposición e venda de gastronomía e de produtos galegos.

Sábado 30 de xaneiro.
  • 13.00 h. no Kilómetro Cero intervención artística “Guillermo Aymerich: pintura, viño e reivindicación no KM. 0”.
  • 16.30 h. a 19.00 h. desde a Praza da Igrexa emisión en directo do programa da TVG “Aquí Galicia”.
  • 20:00 h. no ABANCA Lalín Arena. Festival das Bandas de Música do concello de Lalín: A Lira de Prado, Nova Banda de Vilatuxe, Banda de Música Popular de Muimenta e Banda de Lalín.
  • A partir das 22.00 h. Cantos de Taberna.

Domingo 31 de xaneiro.

 48 FEIRA DO COCIDO.

Do domingo 31 de xaneiro ao luns 29 de febreiro.

Xornadas Gastronómicas da Feira do Cocido de Lalín en Madrid. Restaurante Sanxenxo e Restaurante Combarro.

Sábado 6 de febreiro.
  • 13.30 h. no Museo Municipal Ramón María Aller, inauguración da exposición “VI EmporcARTE”.
  • A continuación ofrenda de grelos ao Porco da rúa Colón.
  • Ás 14,30 h.: XVIII Cocido das Artes.

Do sábado 6 de febreiro ao martes 9 de febreiro no Museo Municipal Ramón María Aller. 

Titerentroido.Festival de títeres e marionetas.

Luns 8 de febreiro

Entroido na rúa. Desfile, concurso, charangas e animación.

Venres 12 de febreiro ás 20,30 h. no Museo Municipal Ramón María Aller

Presentación do libro de Ángel López Guerra “Por los caminos del viento”.

Sábado 13 de febreiro ás 20:00 h. no Museo Municipal Ramón María Aller 

presentación do libro do catedráticoGermán Rueda: "El vuelo Madrid-Manila: Loriga y Gallarza".

Domingo 14 de febreiro. 

COCIDO DE MAIORES en Cercio.

Obradoiro CAB - Nueva oportunidad para conseguir abonos a la Copa del Rey A Coruña 2016


El Rio Natura Monbus Obradoiro quiere contar con el máximo apoyo posible de sus aficionados en la Copa del Rey de A Coruña entre el 18 y el 21 de febrero.

Tras acabar la venta general de abonos por parte de ACB en tan solo cuatro días, el club ha recibido ya sus abonos reservados por equipo clasificado. Acabado ya el plazo de preferencia para los Amigos de la Fundación Heracles, se abre desde hoy y hasta el domingo 17 de enero hasta las 22.00 horas el plazo para abonados del club para comprar los abonos sobrantes.

Los abonos disponibles son de categoría V o VI. Cada abonado podrá solicitar un máximo de dos abonos y la concesión se hará por riguroso orden de llegada de las solicitudes. La confirmación o no de la obtención de los abonos se realizará durante las 72 horas después de cerrar el plazo.

Las  solicitudes se deberán realizar al mail abonados@obradoirocab.com, indicando: nombre y apellidos, número de abonado, DNI, teléfono y correo electrónico de contacto y número de abonos y categoría en los que se está interesado.

Silleda - Homenaxe ao ex alcalde Juan Salgueiro

O vindeiro sábado día 5 de marzo terá lugar na vila da Bandeira a homenaxe ao ex alcalde de Silleda Juan Salgueiro Montouto. Así se acordou na reunión celebrada onte entre o alcalde, Manuel Cuiña, e representantes dalgunhas das asociación que impulsan esta homenaxe.

A data elixiuse coincidindo co primeiro aniversario do pasamento do ex rexedor, e tendo en conta que nesa xornada tamén se celebrará o cabodano na capela da Bandeira. O acto terá lugar despois do oficio relixioso, previsto para as 12.00 horas.

No encontro celebrado onte mércores no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, Cuiña e os membros dos colectivos organizadores perfilaron distintos destalles da homenaxe así coma o apoio dende o Concello.

Nas vindeiras semanas concretaránse xa cuestións do programa, que incluirá o descubremento dunha estatua adicada a Salgueiro. Para sufragar a realización desta, séguense a recoller donativos. 

As persoas que queiran facer aportacións poden dirixirse ao establecemento A Casiña dos Contos, na Bandeira, ou realizar o seu ingreso na oficina de Abanca da localidade. 

As asociacións promotoras desta homenaxe agradecen ademais os donativos recollidos ata o de agora para sufragar os gastos da estatua adicada ao que fora alcalde de Silleda entre os anos 1987 e 1999.

Na homenaxe participan as asociacións Amigos da Empanada; Asociación Cultural Vista Alegre; Asociación de Veciños de Manduas (AVEMA); Asociación Musical Recreativa e Cultural da Bandeira; Asociación Banda 


Xuvenil da Bandeira; Club Petanca Bandeira; Grupo de Baile Xirandola; Asociación Cultural Xenerais do Entroido da Bandeira; Grupo de Baile Fortín da Pom ba; Sociedade Deportiva Bandeira; Anpa Brincadeira do CEIP da Bandeira; Coro Vales Mahía; Asociación Medias Verdes Teatro e a Banda de Veteranos da Bandeira.

Axenda e tempo do venres 15 de xaneiro - Música, teatro, exposicións

Santiago - Numax 

Brión - Exposición de Xosé Vizoso

Oroso - Exposición Misturarte

Santiago - Borriquita - Concerto solidario de Xan Curiel

Santiago - Pub Atlántico - Tributo a David Bowie

Santiago - Teatro Principal - estrea de Xurdefet de Berrobambán Teatrp



Exposicións

Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Casa do Cabildo - Postais antigas de santiago (ata mediados de febreiro) 


O Tempo

Brión - Xosé Vizoso presenta a exposición Carteis 1970-2014

O prestixioso ilustrador, deseñador e ceramista Xosé Vizoso presentará hoxe venres 15 de xaneiro a súa exposición “Carteis 1970-2014”, unha escolma dos carteis realizados ao longo dos últimos 44 anos por este artista mindoniense, residente en Brión. A mostra será inaugurada polo alcalde de Brión, José Luís García, na sala de exposicións municipal, ás 20:30 horas.

Ata o 26 de febreiro todos os veciños e visitantes que o desexen poderán coñecer a obra como cartelista de Xosé Vizoso, que exerceu a maior parte da súa carreira profesional vinculado a Sargadelos e a Isaac Díaz Pardo. De feito, os seus deseños convertéronse nun referente iconográfico dunha cerámica, valorada e apreciada no mundo enteiro, que representa como ningunha outra a identidade da Galicia da segunda metade do século XX. Creou ducias de pezas de cerámica, deseñou centos de libros e ilustrou moitos deles. É autor de máis dun cento de carteis de festas, congresos, etc. Escenógrafo, pintou grandes murais e deseñou diversas exposicións.

Como cartelista, ao longo dos últimos 44 anos Vizoso elaborou a man centos de carteis de numerosas e prestixiosas festas de Galicia como a Romaría de Santa Minia, as San Lucas de Mondoñedo, a festa da Queimada en Cervo... Xosé Neira Vilas escribiu que “os carteis de Vizoso van moito máis alá dun anuncio, da noticia dunha festa, da información de urxencia sobre un evento social ou cultural. Non son carteis para ver dun saque e seguir, senón pezas artísticas para contemplar con lecer, con delectación estética”. 

A exposición, que viu a luz por primeira vez da man da “Asociación As San Lucas de Mondoñedo” e que antes de chegar a Brión percorreu outras localidades galegas, servirá tamén como unha gran homenaxe que o Concello de Brión lle fará a un dos seus veciños máis ilustres e que máis colabora coa vida cultural do municipio.

Numax - Programación do 15 ao 21

Chega a NUMAX «Os odiosos oito», última creación de Quentin Tarantino

Os afeccionados composteláns ao cinema de Quentin Tarantino están de noraboa. Os odiosos oito, a esperada nova longametraxe do cineasta de Tennessee, vivirá o venres 15 de xaneiro a súa estrea en NUMAX, protagonizando boa parte da nosa programación da vindeira semana. A última proposta do autor de Reservoir Dogs lévanos ao oeste americano de finais do século XIX e máis en concreto a Minnie's Haberdashery, unha parada de dilixencias onde o encontro entre oito personaxes, moitos deles de dubidosa reputación, desencadea toda clase de tensións e desencontros. A pesar de beber de certas convencións do xénero western, a inimitábel personalidade de Tarantino define axiña un filme que destaca, no aspecto sonoro, pola celebrada banda sonora orixinal do grande Ennio Morricone, e no plano visual polo emprego dun formato de gravación insólito como é o 70mm., que no noso caso se traduce nunha nova proxección en 4K.

Outros filmes en carteleira

A histórica loita das sufraxistas inglesas de comezos de século XX levada a escena por Sarah Gavron en Sufraxistas está a sobrepasar todas as expectativas. Logo de varias sesións co aforo completo o filme afronta a súa cuarta semana na carteleira de NUMAX.

Pola súa banda, a longametraxe arxentina Juana a los 12, debut na longametraxe de Martin Shanly, encara esta semana as súas tres últimas proxeccións que terán lugar o sábado 16, domingo 17 e, finalmente, o xoves 21. Estas serán as últimas oportunidades para vos achegar ao particular universo de Juana, unha rapaza preadolescente que afronta pasos claves no seu proceso de crecemento.

Asemade, continúan as proxeccións El gran vuelo, a nova aposta da nosa sección «Os ollos verdes». A directora chilena Carolina Astudillo emprende, a partir de materiais alleos, unha apaixonante investigación que, tomando como pretexto a historia de Clara Pueyo, procura unha análise en clave feminista da militancia política en tempos da República e a Guerra Civil.

Manuel Sendón presenta Espantallos», o seu último álbum fotográfico

O fotógrafo coruñés Manuel Sendón visita NUMAX para presentar Espantallos, o seu último traballo. O acto terá lugar na Libraría NUMAX o vindeiro xoves 21 de xaneiro a partir das 20:00, e contará coa presenza do propio Manuel Sendón, acompañado do antropólogo Marcial Gondar e do historiador da arte Federico L. Silvestre.

Os odiosos oito
(Quentin Tarantino, 2015)


Pouco logo da Guerra Civil Norteamericana, en Wyoming, un convoi ateigado de personaxes do máis curioso -dous cazarrecompensas, un soldado confederado e unha refén- é desviado por mor dun temporal de neve. Os seus integrantes deberán agardar a que amaine nun saloon no medio da nada. A tensión entre eles non tardará en aparecer...

Programación

Venres 15 de xaneiro

16:00 Sufraxistas
18:10 El gran vuelo (VO)
19:30 Os odiosos oito Estrea
22:30 Os odiosos oito


Sábado 16 de xaneiro

12:00 Juana a los 12 (VO)
16:00 Sufraxistas
18:10 Os odiosos oito
21:15 El gran vuelo (VO)
22:30 Os odiosos oito


Domingo 17 de xaneiro

12:00 Sufraxistas
16:00 Juana a los 12 (VO)
17:30 Os odiosos oito
20:35 El gran vuelo (VO)
22:00 Os odiosos oito

Martes 19 de xaneiro

16:00 Os odiosos oito
19:00 El gran vuelo (VO)
20:20 Sufraxistas
22:30 Os odiosos oito


Mércores 20 de xaneiro

16:00 Sufraxistas
18:10 El gran vuelo (VO)
19:30 Os odiosos oito
22:30 Os odiosos oito


Xoves 21 de xaneiro

12:00 Sufraxistas
16:00 El gran vuelo (VO)
17:10 Os odiosos oito
20:10 Juana a los 12 (VO)
Último pase
21:40 Os odiosos oito
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego