Santiago - axenda sábado 28 e actuacións policía local


Sábado 28

9.45 h
Saída desde o CSC de Conxo dun roteiro micolóxico polos montes da contorna do barrio guiado por José María Costa Lago, da Asociación Pan de Raposo. Xa pola tarde, ás 18.30 h, o mesmo José María Costa impartirá a conferencia Setas de primavera: Ascomycetes.

13.00 h
No Paseo Central da Alameda, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da XXXI edición da Feira do Libro.

19.00 h
No Auditorio de Galicia, proxección de 'Exit through the gift shop' (Bansky, 2010) dentro do ciclo 'Cine Europeo en Ruta'.

Ordes - inauguración Expo Ordes


A feira multisectorial e de maquinaria agrícola Expoordes 2012 abre as súas portas con máis de 60 stands

Centos de visitantes asistiron á inauguración na primeira das súas xornadas,  especialmente adicada ós empresarios e autónomos

Ordes 27 abril 2012. Centenares de persoas entre veciños, veciñas e visitantes non quiseron perderse a inauguración esta n oite de Expoordes 2012. Santiago Freire Abeijón, alcalde de Lousame e diputado provincial responsable da área de Promoción Económica cortaba a cita inaugural en compañía do alcalde de Ordes, Manuel Regos. Abríase así oficialmente o recinto feiral, que nesta XXIII edición conta con máis de 60 stands de empresas, firmas comerciais, institucións e asociacións.

BNG Ordes - o BNG denuncia que non hai previsión de gasto en Expo Ordes


O BNG DENUNCIA QUE O GOBERNO NON TEN FEITA UNHA PREVISIÓN DO QUE COSTARÁ EXPO ORDES E A FESTA DO CHAMPIÑÓN
A ausencia desta previsión foi confirmada polo Goberno Municipal no Pleno, en resposta a unha iniciativa dos nacionalistas
O portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro, criticou ao alcalde de Ordes “pola súa improvisación, unha vez máis, na previsión dos gastos que asume o Concello de Ordes”.
Castro confirmou que “o alcalde e o seu goberno non fixeron un orzamento dos gastos asociados á organización de Expo Ordes e da Festa do Champiñón, o que constitue unha auténtica irresponsabilidade e a mostra evidente de que Ordes segue a estar presidido polo goberno do caos e a improvisación”.

Asociación O Lacón - nova directiva


A Asociación Cultural O Lacón presenta a nova directiva e algunhas das actividades que realizarán ao longo do ano

            “É moi importante que se conformen asociacións coma esta que, ademais de dinamizar a vila, e organizar actividades para todo o mundo, leve o noso nome e a nosa gastronomía fóra destas fronteiras” afirmou a Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena.

           

Silleda, 27 de abril de 2012. A Asociación Cultural O Lacón que preside Luís Abal González presentou hoxe a nova directiva da agrupación, durante un acto que tivo lugar na Praza da Feira de Silleda a partir das 21.00 horas, e ao que tamén acudiu a Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, con varios membros da corporación municipal.

Abal, agradeceu, en primeiro lugar, o apoio a todos os patrocinadores, un total de 10 empresas da comarca: Nudesa, S.A., Proporsi, Panadería Jose Mella, Panadería Luis Mella, Panadería Hermanos Bouzada, Avipor, Explotaciones Porcinas Meijomín, Embutidos Lalinense, Hoxe e Explotaciones Porcinas Tato S.L.

Silleda - prazo para as inscripcións no programa de balnearios


Ábrese o prazo de inscrición para participar no programa Benestar en Balnearios destinado á terceira idade

Silleda, 27 de abril de 2012. O prazo para poder participar nas xornadas Benestar en Balnearios acaba de comezar e rematará o vindeiro 11 de maio.

Este é un programa da Consellaría de Traballo e Benestar, co que colabora a Concellaría de Benestar e Igualdade que dirixe Dolores García, no municipio de Silleda.

Benestar en Balneario, que leva convocándose dende hai varios anos, pretende contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, de forma divertida e con tratamento termal, e ocupar o tempo libre dun xeito activo e positivo.

Ordes - o pleno rexeita a reprobación do alcalde


O pleno de Ordes rexeita a reprobación presentada contra o seu alcalde por parte do Bloque Nacionalista Galego

Na sesión aprobouse por unanimidade a modificación puntual do plan parcial do parque empresarial de Merelle, así como a creación e xestión da sede electrónica municipal

Ordes 27 abril 2012. O pleno municipal ordinario de abril celebrado onte no Concello de Ordes escenificou o seu apoio ó alcalde Manuel Regos. Cos votos a favor de UXO, PSOE E CIDEGA rexeitouse a reprobación ó edil que plantexaba o BNG. Unha moción presentada por vía de urxencia na que se acusaba ao alcalde de ocultar facturas de difícil xustificación por un valor de 700.000 euros, no lote enviado ó Ministerio de Hacienda para acollerse ó Plan especial de pagamento a autónomos e proveedores de entes locais.

Teo - prazo para correcións nas bolsas de ensino e transporte


ÁBRESE UN PRAZO DE DEZ DÍAS HÁBILES PARA ENMENDAR OU COMPLEMENTAR DOCUMENTACIÓN DE SOLICITUDES DAS BOLSAS DE ENSINO E TRANSPORTE


·         A relación de solicitudes con documentación pendente está xa exposta no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello

27 de abril de 2012.- O Concello de Teo informa de que entre mañá 28 de abril e o 10 de maio estará aberto o prazo para subsanar ou complementar a documentación das solicitudes nas que se observaron carencias dentro da convocatoria municipal de bolsas de ensino e transporte para o curso 2011/2012.

A relación de solicitantes coa documentación pendente está xa exposta no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web do Concello www.concellodeteo.com. Foi aprobada na reunión da Comisión Avaliadora desta convocatoria, celebrada esta mañá na casa consistorial.

Ames - oferta de prazas nos campamentos xuvenís


O Concello de Ames oferta 520 prazas para os campamentos de verán 2012
As concellarías de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude e de Medioambiente, Sanidade e Cultura deseñaron un programa dirixido a nenos e nenas de 2º ciclo de educación infantil, primaria e rapaces e rapazas desde 1º de ESO ata os 18 anos. Os cativos teñen ata o 8 de maio para realizar a preinscrición.
Os campamentos realizaranse en lugares como as granxas escolas de Bergando (Negreira), 'do Kiriko' (Fornelos de Montes), no Albergue Fundación González Ferreiro de Allariz e nun campamento xuvenil en Aveiro (Portugal). Este ano tamén se inclúe unha viaxe xuvenil ao parque de Port Aventura, en Tarragona.

Ames - suspendese a I andaina solidaria


Suspéndese a I Andaina Solidaria por Ames que estaba prevista para este domingo 29 de abril

O Concello de Ames decidiu suspender a I Andaina Solidaria por Ames que se ía desenvolver este domingo 29 de abril. As previsións meteorolóxicas apuntan que este domingo vai chover polo que se decidiu trasladar esta andaina a outra data, que está aínda por definir, para que os camiñantes poidan gozar desta actividade sen mollarse.
Dende o Concello de Ames incídese en que esta actividade se vai a desenvolver nas vindeiras semanas tal e como estaba previsto. Trátase dunha actividade deportiva para recadar fondos para as persoas máis desfavorecidas do concello. Os fondos recadados entregaránselle a Cáritas Diocesana do Milladoiro e Bertamiráns.
Esta andaina desenvolverase pola senda verde, que une Bertamiráns e O Milladoiro a través de vellos camiños e novas pistas forestais, que percorren zonas cun interesante valor patrimonial e paisaxístico. Haberá dous puntos de partida, unha na Praza do Concello, en Bertamiráns, e outro no parque infantil de Ventín, no Milladoiro.

Federación de libreiros - comeza a feira do libro de Santiago


A XXXI FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO COMEZA HOXE  AS SÚAS ACTIVIDADES


A cita cos libros alongarase deica o 6 de maio no Paseo Central da Alameda santiaguesa


28 de abril de 2012.- Hoxe inaugúrase a XXXI edición da Feira do Libro de Santiago que, un ano máis, ten lugar no Paseo Central da Alameda.

O seu horario é de mañás de  12:00 a 14:00 horas;  tardes, de  17:30 a 21:00 horas; e fins de semana e festivos,  de 12:00 a 14:30 e de 17:30 a 21:30 horas.

A inauguración chegará ás 13:00 horas de hoxe, con pregón a cargo de Víctor F. Freixanes e a presenza do alcalde Ángel Currás, autoridades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e máis a Asociación do Traxe Galego.

Ames - resumo pleno de abril


O pleno do Concello de Ames aproba por unanimidade dos tres grupos municipais os catro puntos da orde do día
Na sesión do mes de abril procedeuse a deixar sen efecto o acordo plenario de 25 de setembro de 2008 de posta a disposición de dúas parcelas no sector s-16 Galdrachán para a construción de vivendas de promoción pública.
Ademais, acordouse a elección de María Angélica Blanco como Xuíza de Paz de Ames e modificouse a ordenanza municipal reguladora das tarxetas de estacionamento de vehículos para persoas con mobilidade reducida e das tarxetas de accesibilidade, co fin de axilizar a súa tramitación. Por último, deuse luz verde á revisión ordinaria coa empresa adxudicataria do contrato de limpeza viaria e xestión do punto limpio.

Brión - a escola de música celebra un ciclo adicado a Bach


A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS ORGANIZA O PRIMEIRO CICLO DE MÚSICA E CINE,
QUE ESTARÁ ADICADO A JOHANN SEBASTIAN BACH

As dúas sesións terán lugar os días 4 e 11 de maio, ás 21:00 horas, na Aula 6 do centro

27 de abril de 2012. A escola municipal de música Magariños organiza o I Ciclo de Música e Cine, que este ano estará adicado a Johann Sebastian Bach. Un ciclo que incluirá dúas proxeccións os venres 4 e 11 de maio, ás 21:00 horas, na Aula 6 do centro. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

A sesión do 4 de maio incluirá a proxección do documental "Glenn Gould, The Alchemist", gravado en 1974 en Toronto (Canadá). Un filme que lle dá a oportunidade a Glenn Gould, un dos intérpretes máis fascinantes e idiosincráticos do século XX, de expoñer moitas das súas teorías arredor da visión máis completa do home é a súa obra.

Psoe Teo - valoración pleno de abril


O Pleno ordinario do mes de abril do Concello de Teo estivo marcado polas
cuestións económicas.
O equipo de goberno de Martiño Noriega presentou unha proposta de
modificación da ordenanza da taxa por licencias urbanísticas, fronte a cal
Uxía Lemus amosou a súa desconformidade por implicar, por exemplo, a suba
do 300% na taxa por segregación de parcelas urbanas, o que amosaba un afán
recadatorio, mais que un mero axuste ingresos – custes.
Con esta proposta que se une a toda a batería de subas de taxas e impostos dos
últimos meses, e que supón un inaudito aumento da presión impositiva á
cidadanía, o equipo de goberno pretende solucionar os problemas
económicos do Concello provocados pola súa nefasta xestión dos recursos
públicos.

As Cancelas - acordo co Banco Pastor para comerciantes e franquiciados


As Cancelas firma un convenio con Banco Pastor
para facilitar la financiación a operadores

·        El banco ofrecerá condiciones preferentes a comerciantes y franquiciados que deseen participar del proyecto del Centro Comercial

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2012. As Cancelas Siglo XXI, promotora del Centro Comercial As Cancelas, ha firmado un convenio con Banco Pastor, Grupo Banco Popular, para facilitar la financiación de las franquicias y demás operadores que apuesten por este nuevo emplazamiento en Santiago de Compostela.

Ames - obradoiro de plantas medicináis


Un total de 100 nenos/as de primeiro e segundo de Educación Primaria do CEIP Agro do Muíño participan nun obradoiro sobre as plantas medicinais

A actividade, impartida pola coordinadora da Aula da Natureza, contou cunha breve explicación do tema e diferentes exercicios prácticos, adaptados á idade do alumnado. O obradoiro desenvólvese entre as 10:00 h e as 13:30 horas.
En primeiro lugar explicóuselle ao alumnado dende cando se levan empregando as plantas medicinais e o uso que se lle dá a este tipo de medicina. A parte eminentemente práctica consistiu en elaborar un remedio caseiro con plantas medicinais para que puidesen levar para as súas casas.

Silleda - arranxos na estrada a Merza


A Xunta de Galicia vén de autorizar ao Concello de Silleda a realizar obras na estrada PO204 que vai de Bandeira a Merza

Consistirá na dotación dun camiño con de lastre no lateral esquerdo da vía

O Concello non está en condicións de acometer obras maiores, pero cun grande esforzo faremos a senda provisional para que os usuarios non estén máis en perigoafirma o Concelleiro de Obras Manuel Cuíña


            Silleda, 26 de abril de 2012. A Xunta de Galicia concedeu a licenza ao Concello de Silleda para a execución de obras no lateral esquerdo da PO204 que consisten na dotación dunha capa de lastre dende o km 0.800 ata o km 1.200; un tramo de 400 m.

            Este permiso foi solicitado polo Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras, Manuel Cuíña, o pasado 7 de marzo, tras reunirse con Ethel Vázquez, e logo de presentarlle un informe policial onde se informaba dos perigos, e tamén varias propostas para solventar o problema. Cabe lembrar, que esta é unha estrada autonómica, polo que o concello non pode acometer ningún tipo de obra se non é co permiso da Xunta de Galicia.

Ames - cursos de informática


A Aula de informática do Milladoiro acolle durante esta semana un curso para aprender a buscar emprego a través da rede
Este curso está dirixido a persoas maiores de 18 anos, que teñen uns coñecementos básicos de alfabetización dixital (o que inclúe navegar pola internet e manexar algún procesador de textos). Esta actividade desenvolverase entre o 23 e o 27 de abril, en horario de tarde, de 18:00 h a 19:00 horas.
No mes de maio desenvolverase un curso de iniciación ás follas de cálculo, mentres que no mes de xuño está previsto que se desenvolva un obradoiro de mecanografía para nenos/as. Para inscribirte nestes cursos ou resolver calquera outra dúbida ou pregunta, poden comunicarse a través do teléfono 981 535 940 ou vía correo electrónico escribindo a informatica.milladoiro@concellodeames.org.

Esquerda Unida Santiago - moción pasamans en Santa Isabel


PASAMÁN NA COSTA DE SANTA ISABEL
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello debe garantir a
seguridade das persoas que transitan polas beirarrúas da cidade.
Como, por exemplo, xa remarcaramos en mocións como a construción de beirarrúas na rúa
Divina Pastora ou no Burgo das Nacións, nesta ocasión detectamos un claro fallo de
seguridade para as persoas nunha beirarrúa situada a altura do número 9 do campo de Santa
Isabel.

Santiago - axenda venres 27 e actuacións policía local


Venres 27

10.00 h e 10.45 h
No Colexio Compañía de María, continúa o 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago “Os cantos no país do xeo”, organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música.

10.00 h e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico con José María Rey DJ: 'A Historia do rock: de Elvis a Vetusta Morla'.

11.30 h
Na Galería Sargadelos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co director xerente de Kalandraka Editora, Xosé Ballesteros, inaugura a XII Campaña municipal de Animación á Lectura.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

Psoe Ames - o goberno cesa a un novo cargo de confianza



O Goberno amiense cesa ó seu último posto de
confianza e incentiva a imaxe de inestabilidade
dada nos últimos meses
A loita interna levada a cabo no equipo de Goberno
mostra a falta de transparencia e eficiencia dos mesmos
na dirección do Concello
O grupo de Goberno Amiense ven de cesar a outro dos seus postos de confianza
correspondente ao responsable de prensa no Concello e que se suma ás outras tres
persoas destituídas nos últimos catro meses. O Grupo socialista considera intolerable a situación a que están a chegar os populares que procede dunha loita interna e que
aflora e repercute de xeito negativo ao funcionamento do Concello.

Oroso - novidades da XVI festa da troita


UN TORNEO DE GOLF E UN RENOVADO CAMPIONATO DE PESCA SERÁN AS NOVIDADES DA XVI FESTA DA TROITA DE OROSO, QUE TERÁ LUGAR DO 11 AO 13 DE MAIO

O Concello de Oroso elaborou un completo programa de festexos, que mantén as actividades características da Troita pero cun aforro de preto do 50%

María Mera, actriz da serie “Matalobos”, será a encargada de dar o pregón       

25 de abril de 2012.- O Concello de Oroso vén de pechar a programación da súa gran festa: a decimosexta edición da Festa da Troita, que terá lugar en Sigüeiro os días 11, 12 e 13 de maio. Unha programación que non só mantén as actividades características da Festa da Troita, que a levaron a ser a primeira e única festa da comarca de Ordes declarada de Interese Turístico, senón que este ano presenta dúas importantes novidades: a primeira edición do Torneo Picht & Putt Festa da Troita de Oroso e un renovado campionato de pesca, que por primeira vez se rexerá pola modalidade de pesca sen morte de acordo coas reglas da Federación Galega de Pesca.

Federación de libreiros - comeza a feira do libro de Santiago


A XXXI FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO ENCHERÁ A ALAMEDA COMPOSTELÁ DE LIBROS A PARTIRES DESTE SÁBADO

A cita cos libros terá lugar do 28 de abril ao 6 de maio no Paseo Central da Alameda santiaguesa

26 de abril de 2012.- Esta mañá tivo lugar a presentación da XXXI edición da Feira do Libro de Santiago, na sede da Federación de Libreiros de Galicia.

O Paseo Central da Alameda santiaguesa será, entre o 28 de abril, e o 6 de maio. o emprazamento para esta xuntanza coa mellor literatura e máis os volumes de divulgación. O seu horario é de mañás de  12:00 a 14:00 horas;  tardes, de  17:30 a 21:00 horas; e fins de semana e festivos,  de 12:00 a 14:30 e de 17:30 a 21:30 horas.

Ames - obradoiro galego de cine


O obradoiro Galego de Cine do programa FalaRedes chega a Ames a vindeira semana

O Concello de Ames abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro Galego de Cine, que inclúe o visionado e elaboración de curtametraxes. Esta actividade desenvolverase o mércores 2 no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro e o xoves 3 no aparcadoiro da Casa da Cultura de Bertamiráns. O obradoiro Galego de Cine está dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos.
O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 30 de abril. Para inscribirse hai que chamar ao número de teléfono 981884991. Os nenos/as que se inscriban neste obradoiro poderán participar nunha serie de actividades que lles permitirán ter un papel activo no achegamento ao cine en lingua galega. Deste xeito desenvolverán actividades de comprensión dun filme, confección dun conto orixinal e fase de vídeo-matón.

Brión - inauguración da exposición de Beatriz Barcia "Xaque Mate"


BEATRIZ BARCIA PRESENTARÁ HOXE EN BRIÓN A SÚA COLECCIÓN DE PINTURA “XAQUE MATE”, COA BUSCA DENUNCIAR AS INXUSTIZAS DA SOCIEDADE ACTUAL

A mostra desta veciña e proferosa do IES Brión poderá visitarse na sala de exposicións de Brión ata o 19 de maio

26 de abril de 2012. O alcalde de Brión, Xosé Luís García, e a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, inaugurarán hoxevenres 27 de abril, ás 20:30 horas, a exposición de pintura “Xaque Mate” de Beatriz Barcia, veciña de Brión e profesora do IES Brión. “A temática da obra xurdiu como unha necesidade de xustiza pictórica, enfocada a temas sociais, utilizando as figuras de xadrez de xeito antropomórfico e xogando, ironicamente, co xaque mate da vida… e, tamén, como unha homenaxe aos clásicos que pintaron e denunciaron temas sociais”, explica Beatriz Barcia.

Tordoia - aprobanse setenta e nove mil euros para a limpeza de viais municipáis



O CONCELLO DE TORDOIA APROBA O PEIM 2012
QUE SUPORÁ A EXECUCIÓN DE ARRANXOS EN CATRO VIAIS POR VALOR DE 79.000€

O pleno tamén deu visto bo a un convenio coa Xunta para a limpeza de 400 quilómetros de viais municipais para a prevención de incendios


25 de abril de 2012.- O pleno municipal do Concello de Tordoia aprobou no pleno municipal celebrado esta mañá o orzamento dos Proxectos Estratéxicos de Infraestructuras no Medio Rural (PEIM) correspondentes a 2012 que suporá un investimento no municipio de 78.900€ que irán destinados ao arranxo de catro camiños nas parroquias de Tordoia, Andoio, Cabaleiros e Gorgullos. Na sesión ordinaria tamén se deu o visto bo ao convenio coa Consellería do Medio Rural e Mar para a prevención de incendios forestais e que suporá un investimento de máis de 22.000 euros para a limpeza de preto de 400 quilómetros de viais e camiños de titularidade municipal.

BNG Ordes - Psoe e CideGa evitán a reprobación do alcalde que pedía o BNG


PSOE E CIDEGA EVITAN A REPROBACIÓN DA XESTIÓN ECONÓMICA DO ALCALDE
- O  BNG propoñía a reprobación do alcalde polo seu intento de ocultación das facturas impagadas aos proveedores e pola súa nefasta xestión económica. Gonzalo castro denunciou a existencia de perto de 700.000 euros de gasto de dubidosa xustificación nas facturas que se van pagar con cargo ao préstamo de 2,7 millóns, e afirmou que, segundo os informes de intervención, ainda faltaría por pagar aos proveedores case 1 millón de euros non incluidos nestes 2,7 millóns.

PSOE Ordes - o psoe consegue o compromiso do alcalde de facer efectiva a prohibición de circular para os camións de sogama


O ALCALDE DE ORDES COMPROMÉTESE NO PLENO A PROHIBIR A CIRCULACIÓN DOS VEHÍCULOS DE MÁIS DE 5,5 TONELADAS POLA ESTRADA DE MERCURÍN SE EN 15 DÍAS NON SE FAI EFECTIVO O COMPROMISO DO PLAN MINER

O pleno municipal proporá a Euloxio Rodríguez Ruibal para darlle nome ao IES nº 1 e o alcalde comprometeuse a publicar na web municipal os datos do servizo de Axuda no Fogar

26 de abril de 2012.- O alcalde de Ordes, Manuel Regos, aceptou este mediodía a proposta realizada polo Partido Socialista de Ordes de prohibir a circulación de todo tráfico maior de 5,5 toneladas pola estrada de Mercurín, no seu tramo ordense. O voceiro municipal do PSdeG-PSOE en Ordes, Xesús Pedreira, explica que “o alcalde comprometeuse a que se en 15 días non se teñen noticias de que se vai asinar o compromiso do Plan Miner, aplicará o acordado na moción do pasado 26 de xaneiro e prohibirá a circulación deste tipo de vehículos pola estrada de Mercurín”.

Oroso - o pleno aprobará un expediente de modificación de crédito dee douscentos mil euros


O PLENO DE OROSO APROBARÁ  UN EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO DE 200.000 EUROS
CON CARGO AO REMANENTE DE TESOURERÍA

Financiará investimentos como unha pista de xogos no parque do Rego do Carboeiro, un aparcamento a carón da igrexa de Trasmonte, sinalización en Porto Avieira e melloras do alumeado público

O pleno tomará coñecemento da renuncia de Vanessa Reboredo ao cargo de concelleira por motivos persoais

26 de abril de 2012.- O pleno municipal de Oroso celebrará mañá venres 27 de abril, ás 18:00 horas, unha sesión extraordinaria na que se aprobará unha modificación de créditos por un importe de 200.000 euros, que serán financiados a través dun remanente líquido de tesourería polo mesmo importe. Unha modificación orzamentaria que permitirá financiar investimentos como unha nova pista de xogos no parque do Rego do Carboeiro (duns 51.000 euros) ou a habilitación dunha zona da aparcamento detrás da igrexa de Trasmonte (56.000 euros), obras que concentran o 50% do orzamento.