Silleda - curso de coñecemento do viño

O local social de Ansemil-Martixe acolle durante tres xornadas un curso de cata de viños
A cita, coorganizada pola Asociación Cultural e Veciñal e a Concellería de Participación Cidadá, será os días 11, 12 e 13 de decembro, impartida por Alfonso Losada, xefe de Enoloxía da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia
O local social de Ansemil-Martixe acollerá os vindeiros días 11, 12, e 13 deste mes de decembro un curso de cata de viños. A cita será a partir das 19.30 horas nas tres xornadas, impartida por Alfonso Losada, xefe de Enoloxía da Estación de Vitucultura e Enoloxía de Galicia. 

A inscrición custa 10 euros e o ciclo ten un número máximo de 24 prazas. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través da Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe ou na Casa da Cultura de Silleda (986 581021).

O curso abordará contidos básicos coma as castes de vide autóctona galega, nocións sobre elaboración do viño e outros temas relacionados coa cata coma identificacións do aroma, cor, componentes gustativos, o equilibrio do viño, a detección de defectos, ou a importancia e formación na cata.

A cita está coorganizada pola Concellería de Participación Cidadá, que dirixe Matías R. Da Torre e a Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe. A idea é realizar un primeiro achegamento teórico práctico á cultura do viño, con catas das diferentes denominacións de orixe galega e tamén uns consellos sobre como experimentar coa uva local para a elaboracion do viño.

“Trátase dunha iniciativa que se podería repetir se houbera interese, especialmente na zona nordeste do Concello, cara ao val do ulla, onde a produción de viño xa é considerabel”, engade o concelleiro.

Ningún comentario: