Santiago - axenda sábado 12 e actuacións policía local


Sábado 12

A partir das 9.00 h
No Pavillón de Vite, Campionato de España de Hóckey a patíns feminino sub-16.

10.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a concelleira de Familia, Benestar Social e Muller, Paula Prado, e a secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, inauguran o Día Internacional da Familia. Ás 11.00 h visitan as mesas informativas.

11.30 e 12.30 h
Na Galería Sargadelos, sesión de contos para nenos e nenas de 0 a 3 anos, acompañados das súas familias, no marco da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura. Nesta actividade, que se desenvolverá en dúas sesións, está prevista a participación de preto dun cento de familias que previamente solicitaron a súa participación.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Tortoise dentro do ciclo Sons 2012. É o debut da banda en Galicia. (Chicago, post.-rock).

Letras Galegas
18.00 h
Na praza da igrexa de San Pedro, Atopando Compostela [Unha cita para participar nun xogo de pistas e coñecérmonos un pouco mellor].

Ler, contar e gozar coas letras
18.00 h, CSC da Trisca, Obradoiro: Elaboramos a nosa libreta. Todos os públicos.
17.00 a 18.30 h, CSC das Fontiñas, Obradoiro de liberación de libros (bookcrossing). Todos os públicos.
19.00 h, CSC de Vite, Actividade de animación á lectura: “Unha casa chea de contos”.Nenos/as.
17.00 h, CSC de Conxo, Retallos. Campaña de animación á lectura. Todos os públicos.


SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA  LOCAL
(Desde as  08:00 h. do día 10 ata as 08:00 h. do día 11 de abril)

ACCIDENTES

Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou SEIS accidentes na cidade:

- Ás 12.30 horas na rúa República do Salvador un ciclomotor causa danos nun vehículo  e dáse á fuga.
- Ás 13.25 horas na rúa 25 de xullo, entre un camión e un turismo, co resultado de danos materiais.
- Ás 16.15 horas un camión causa danos no bordo e nun semáforo da rotonda de Pontepedriña con Amor Ruibal.
- Ás 18.50 horas na confluencia da avenida da Liberdade con Fernández Albor, entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.
- Ás 20.00 horas na rúa República Arxentina, entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.
- Ás 21.30 horas na confluencia da rúa Antonio Rama Seoane con Santa Marta de Arriba, con resultado de danos materiais.

INTERVENCIÓNS

- Ás 10.20 horas identifícase no Parque Rodríguez de Viguri a dúas persoas que posúen un camión vivenda. Convídaselles a abandonar o lugar e a ter os cans atados ante as queixas dos veciños.
- Identifícase a tres mozos que substraeran unha palmeira de Santo Domingo da Calzada. Ponse o feito en coñecemento da autoridade xudicial.

AUXILIOS

- Ás 10.20 horas auxíliase a unha persoa de 82 anos na rúa Fonte de San Antonio, que sufrira un ictus, sendo trasladada ao CHUS en ambulancia.
- Acódese á rúa Alfredo Brañas onde se identifica a unha persoa que caera na rúa ao tropezar cunha lousa. Renuncia a ser asisitida.

Oroso - programa da Festa da Troita para hoxe sábado


CAMPIONATO DE PESCA, FEIRA DOS OFICIOS, TORNEO DE GOLF E TIRO CON ARCO, AS OFERTAS DA XVI FESTA
DA TROITA DE OROSO PARA MAÑÁ SÁBADO

O domingo terá lugar o Día Grande coa degustación gratuita de máis de 800 quilos de troita e o pregón a cargo da actriz María Mera

11 de maio de 2012.- Máis de corenta pescadores tomarán parte mañá sábado no XVI Campionato de Pesca “Festa da Troita de Oroso”, que por primeira vez na súa historia se desenvolverá baixo a modalidade de pesca sen morte e baixo as reglas da Federación Galega de Pesca. Uns pescadores que hoxe coñeceron os tramos que lles corresponderon por sorteo e que mañá competirán no río Tambre por conseguir o maior número de pezas en dúas quendas: de 9:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:30 horas.

PSOE Ames - o concello perde o grumir de Brión pola falta de dialogo


Ames queda sen servizos de emerxencia pola falta de diálogo do goberno local
O grupo socialista pide explicacións ó goberno e esixe que se busquen solucións co concello veciño
O goberno actual rexeitou fai un ano dende a oposición a fusión dos servizos de policía local
Instamos a Xunta e a Deputación para que solucionen de xeito urxente a parálise do parque comarcal de bombeiros
Esta semana o Concello veciño de Brión ven de tomar a decisión de limitar a cobertura do seu servizo de emerxencia e polo tanto deixar de operar con carácter comarcal, como o facía ata o de agora. Esta medida deixa a Ames nunha situación delicada e o converte nun concello desatendido en aspectos de seguridade.
O Concello de Ames ten a obriga de dispor dun servizo de bombeiros ou de emerxencia  ó ser un dos máis poboados da comarca superando os vinte mil habitantes e a día de hoxe carece de efectivos propios de Protección Civil e estaba sendo atendido polo Sebri.

Ames - reunión informativas cos veciños pola taxa do lixo


O Concello de Ames organiza reunións informativas cos veciños afectados pola taxa de recollida de lixo
Ames, 10 de maio de 2012. O Concello de Ames convoca para as vindeiras semanas reunións cos veciños das diferentes parroquias do municipio, coa fin de ofrecer charlas informativas ao respecto das taxas de recollida de lixo.

Ames - festas en Bugallido este domingo


Bugallido celebra as festas na honra de san Isidro

Ames, 11 de maio de 2012. A parroquia amiense de Bugallido celebra este domingo, 13 de maio, as festas na honra de san Isidro. Moito divertimento e música para unha festividade onde os veciños/as poderán gozar deste evento con espectáculo deportivo e baile. Entre outras actividades destacan os campionatos de chave e de fútbol, o certame de baile rexional e a actuación do Dúo musical Rosan, co que rematará a festa.
O domingo 13 de maio celebrarase a festa na honra de san Isidro. Os actos con motivo desta celebración comezarán entre as 10:30 h e as 11:00 horas no campo da festa de Bugallido. En primeiro lugar,

XSG Silleda - festa de fin de semana


A MOCIDADE SILLEDENSE SE APUNTA Á  FESTA DE FIN DE SEMANA ORGANIZADA POLAS XUVENTUDES SOCIALISTAS
35 xóvenes xuntaranse esta fin de semana na Casa Rural do Xiz

Silleda  12 de maio de 2012.- Entre mozos e mozas, 35 xóvenes xúntanse hoxe na Casa Rural do Xiz para compartir unha fin de semana de xogos e baile respondendo á chamada das Xuventudes Socialistas de Silleda.
A fin de semana comezará con unha tarde de Paint Ball. Ao rematar o xogo servirase unha merenda-cea e os participantes disporán de tempo para prepararse para a gran festa con karaoke durante toda a noite. O programa rematará co desayuno de mañá, domingo.

Teo - os roteiros interxeneracionáis pasan este domingo por Lampai


OS ROTEIROS INTERXERACIONAIS DO CONCELLO DE TEO CHEGAN ESTE DOMINGO A LAMPAI


·        A saída será as 11:30 horas desde a Casa Común da parroquia

·        Poden participar persoas de todas as idades, sen inscrición previa

9 de maio de 2012.- O Concello de Teo organiza para este domingo 13 de maio un novo roteiro interxeracional que pretende involucrar a todos os integrantes da familia. Nesta ocasión, os participantes terán a oportunidade de percorrer a parroquia de Lampai para coñecer o seu rico patrimonio histórico e natural.

O roteiro comezará ás 11:30 horas na Casa Común de Lampai. Nun percorrido de quilómetro e medio de dificultade baixa e apto para todas as idades, inclúe visitas ao marco medieval, no límite co municipio de Padrón, á igrexa románica e aos restos do antigo mosteiro. O remate do percorrido será no Mirador da Grela, ao que se subirá en coche. Desde alí, os participantes contemplarán a beleza da panorámica máis ampla do sur da provincia.

Ames - segunda proba do campionato galego de Supercross


Ames acolle a segunda proba do Campionato Galego de Supercross 2012

O Moto club Ameixenda organiza este domingo, 13 de maio, o Gran Premio Concello de Ames Brins 2012. Trátase da segunda proba puntuable para o Campionato Galego de Supercross que se desenvolverá no circuíto de Brins e que conta cunha superficie de 20.000 metros cadrados e cun amplo aparcadoiro e dez mil metros cadrados. Para chegar ao circuíto pódese acceder pola estrada DP 0701, á altura do quilómetro catro.
Nesta proba están inscritos 71 pilotos de toda Galicia. Entre eles atópanse Rubén Fernández García, campión de España de Motocross en 2011 na categoría promesas, Ricardo Costas, campión de España de Motocross en 2011 na categoría sénior-júnior, e os pilotos do Moto club Ameixenda; José Manuel García Moure, segundo clasificado na categoría de veteranos do Campionato Galego de Supercross 2011, Santiago Giance, que compite na categoría de veteranos, e Francisco Vidal, que participa na categoría de afeccionados.

Silleda - a alcaldesa felicita a veciña máis vella do concello


A Alcaldesa de Silleda felicitou persoalmente a veciña máis lonxeva do Concello de Silleda que cumpre 104 anos

Silleda, 12 de maio de 2012. A Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, achegouse ata Mazarelos, na parroquia de Vilar, para darlle os parabéns, persoalmente a Concepción Pichel Sampayo, a veciña máis lonxeva de todo o municipio que hoxe cumpriu 104 anos.

Concha, como lle chaman todos os achegados, naceu no 1908 na parroquia lalinense de Soutullo, e marchou para Vilar cando casou con Rogelio García Sampayo, con quen tivo 7 fillos, algúns deles emigrados en Montevideo e Londres. Ademais, Concha ten 12 netos, e varios bisnetos.

Oroso - Manuel Mirás entregou o premio do concurso de tapas


MANUEL MIRÁS ENTREGA O PREMIO DO III CONCURSO DE TAPAS DE OROSO A NATALIA LISTE, DO BAR TAPAS

11 de maio de 2012.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, presidiu esta tarde en Sigüeiro a entrega de premios da terceira edición do Concurso de Tapas, certame no que participaron 19 establecementos comerciais de Oroso que serviron máis de 2.000 tapas durante os catro días do concurso. Un certame que gañou o “Bar Tapas” (Sigüeiro) e cuxo premio foi recollido por Natalia Liste, que levou un premio de 150 euros e diploma acreditativo.

Mirás Franqueira destacou “non só a gran participación rexistada, senón tamén o gran nivel das tapas a concurso, pois creo que cada ano os que nos visitan teñen máis compricado elixir un gañador entre tantos pratos”. Pola súa banda, Natalia Liste destacou que “as dúas tapas que máis gustaron este ano foron a tosta de carne e o emperador ao azafrán, que fixemos especialmente para este concurso”.

Teo - campaña informativa da policía local


A POLICÍA LOCAL DE TEO INICIA UNHA CAMPAÑA PARA INFORMAR SOBRE O PROTOCOLO A SEGUIR NUN ACCIDENTE DE TRÁFICO


·        Desenvolverá seis charlas teórico-prácticas de media hora por todo o municipio durante a segunda quincena de maio

·        Os asistentes aprenderán cales son as primeiras actuacións a seguir en accidentes leves e como cumprimentar un parte amistoso

11 de maio de 2012.- A Policía Local de Teo inicia o vindeiro luns 14 unha campaña informativa sobre as primeiras actuacións que se deben realizar nun accidente de tráfico e sobre a forma correcta de cubrir un parte amistoso de accidente. A campaña está destinada a todas as persoas interesadas e consistirá nun total de seis charlas teórico-prácticas por todo o municipio. Serán impartidas por axentes de Policía Local, coa colaboración dunha técnica de seguros para resolver dúbidas, e os asistentes recibirán material didáctico.

Santiago - premios da IX edición de curtocircuito


Premiados da IX edición de Curtocircuíto


Santiago de Compostela, 11/05/2012.- O Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, chega á súa última xornada e pecha esta edición coa Gala de Clausura ás 20.30h no Teatro Principal. A esta gala seguirálle un cinceconcerto con Mano de Obra para pechar o festival coa proxección, ás 00.00h, das curtametraxes gañadoras.

Ás 20.30h, no Teatro Principal, como dicíamos, celebrarase a Gala de Clausura na que se entregarán os premios desta edición que son os seguintes:

Brión - hoxe publicase o listado provisional de admitidos na gardería municipal


O CONCELLO DE BRIÓN PUBLICA O LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL E ABRE O PRAZO DE PRESENTACIÓN
DE RECLAMACIÓNS ATA O VINDEIRO 18 DE MAIO

Este ano presentáronse 136 solicitudes, 32 máis que en 2011, e cubriuse a capacidade completa da gardería con 88 nenos

11 de maio de 2012.- O Concello de Brión fai público mañá sábado, a través da web municipal e do taboleiro de anuncios, o listado provisional de admitidos na escola infantil municipal para o curso 2012-2013. Unha convocatoria na que se acadou un récord de solicitudes: un total de 136 solicitudes, un 30% máis que en 2010 (no que se rexistraran 104 peticións).

Santiago - "Do berce a lua" sesión de contacontos para bebes


DO BERCE Á LÚA: SESIÓN DE CONTOS PARA BEBÉS
XII CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA
Sábado, 12 de maio
1º sesión ás 11,30 h. e  2º sesións ás 12,30 h.
         Galería Sargadelos

Mañá, sábado 12 de maio a Galería Sargadelos  acollerá, no marco da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura,  unha sesión de contos deseñada especialmente para os nenos e nenas de 0 a 3 anos, acompañados das súas familias. Nesta actividade, que se desenvolverá en dúas sesións, ás 11,30 h. e ás 12,30 h.  está prevista a participación de preto dun cento de familias que previamente solicitaron a súa participación, xa que polas características que concorren nesta actividades (bebés, de 0-3 anos) non podemos superar un número de asistentes por cada sesión.

Esquerda Unida Santiago - reunión coa A.V. O camiño de Fontiñas


REPRESENTANTES DO CONSELLO COMARCAL ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REUNÍRONSE COA A.V. O CAMIÑO DAS FONTIÑAS
O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA APOIA A ELABORACIÓN PARTICIPATIVA DUN PLAN GLOBAL DE ACCIÓN NO BARRIO PARA CORREXIR AS DEFICIENCIAS EXISTENTES
Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, José María Tubío, Xenxo Redondo e Vicente Vázquez, mantiveron unha xuntanza con membros da directiva da AV O Camiño das Fontiñas.
Como medida urxente e efectiva os representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela manifestaron, unha vez máis, que a solución, tanto para o barrio que representan na AV O Camiño das Fontiñas, como para calquera outro dos barrios da cidade, ten que acometerse dunha maneira global e coordinada non a través de meros parches.

Caney - semana gastronómica do arroz


Vuelve al Caney la exitosa Semana Gastronómica del Arroz

Santiago de Compostela, Viernes 11 de Mayo de 2012. El Restaurante Caney del Hotel Eurostars Araguaney, comienza el próximo lunes su exitosa Semana Gastronómica del Arroz.

Desde el lunes 14 de Mayo y hasta el sábado 19, el Restaurante Caney hará un recorrido por variedades tan diversas como el Bomba Calasparra, típico de la cuenca mediterránea, el Arborio, originario de la provincia italiana de Verceli, el Venere Rojo, producto gourmet reservados para los emperadores del Antiguo Imperio Chino en recetas que fusionan la mejor cocina tradicional y de vanguardia, o el Carnaroli, uno de los más utilizados en la elaboración del risotto porque conserva su forma después de la lenta cocción, absorbe los sabores, ofrece una textura firme, esponjosa y con el núcleo al dente.

Frades - 16 veciñas participan nun concurso de tapicería de mobles


DEZASÉIS VECIÑAS DE FRADES PARTICIPAN
NUN CURSO DE TAPICERÍA DE MOBLES

Está dirixido a traballadoras en activo, pois o obxectivo do Concello de Frades é que estudien as posibilidades de negocio deste sector e lles poida servir como un complemento á renda no rural

10 de maio de 2012.- Un total de dezaséis veciñas de Frades participan ata o vindeiro 18 de maio nun curso de tapicería de mobles, organizado polo Concello de Frades dentro do seu programa de formación para adultos ocupados. Un obradoiro de 20 horas de duración no que as alumnas aprenderán a manexar as ferramentas de tapicería (grampadoras, sacaceavos, buriles...) e traballar cos distintos materiais deste oficio (espumas, cinchas, cordóns, pasamanería, calabrote, tachas...).

Fundación Araguaney - presentación de "Sociedad y Barbarie" de Ignacio Castro rey


Ignacio Castro Rey presenta “Sociedad y barbarie” en el Araguaney

La presentación será el lunes 14 de Mayo a las 20,00 h. Intervendrán Branca Novoneyra (poeta), Javier Turnes (profesor de filosofía y músico) e Ignacio Castro Rey (autor). Salón de Actos del Hotel Araguaney.

Santiago de Compostela, Jueves 10 de Mayo de 2012.  El salon de Actos del Hotel Eurostars Araguaney acogerá el próximo lunes 14 de Mayo, a las 20,00 h de la tarde, la presentación del último libro de Ignacio Castro Rey, “Sociedad y barbarie”.

Branca Novoneyra (poeta) y Javier Turnes (profesor de filosofía y músico), serán los encargados de presentar al autor, quien también dará unas palabras y charlará con los asistentes a la presentación de su libro, editado por Melusina [sic].

La Fundación Araguaney-Puente de Culturas (www.fundacionaraguaney.org) colabora en la presentación de este libro, en su línea de apoyo a la cultura de Santiago, de Galicia y de todos los lugares del mundo.

Ames - o luns ábrese o prazo de solicitude de carnés para as piscinas descubertas


O Concello de Ames abrirá o luns o prazo para solicitar os carnés de usuario das piscinas municipais descubertas
As persoas interesadas poden solicitar a información e os impresos na Casa da Cultura do Milladoiro, no teléfono 981 535 940, ou na Oficina de Cultura e Deportes de Bertamiráns (Pazo da Peregrina), en horario de luns a venres entre as 9,00 e as 14,00 horas. O único requisito imprescindible para conseguir este carné é estar empadroado no Concello de Ames.

Santiago - a banda remata este domingo o ciclo novos intérpretes galegos


O domingo, 13 de maio, ás 12:00 h, No Teatro Principal. Entrada de balde

A Banda Municipal remata este domingo o Ciclo de Xóvenes Intérpretes Galegos

Santiago de Compostela, /04/2012.- Na programación da temporada 2011-2012, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela puxo en marcha o Ciclo de Xóvenes Intérpretes Galegos.
Foron sete concertos nos que a Banda Municipal contou con sete solistas, sete xóvenes galegos con idades comprendidas entre os 15 e os 25 anos, que están levando a cabo os seus estudios musicais tanto en Galicia como no estranxeiro: André Cebrián Garea, frauta; Victor Manuel Vilariño Salgado, trompeta; Carlos Seráns Santos, tuba; Jorge Alberto González-Reynoso Sarabia, percusión; Amelia Ónega Otero, clarinete; Irene del Río Busto, óboe; e Daniel Rubial Ortigueira, trombón, con quen remata o ciclo o vindeiro domingo.

Santiago - este domingo The Bad Plus pechan o Jazz in Blue


Será o vindeiro domingo 13 de maio ás 20.00h

The Bad Plus pechan o ciclo Jazz in Blue cun concerto no Teatro Principal

  • Antes deste concerto puidemos gozar neste ciclo da música de Erik Truffaz 4tet e de Joe Lovano Quartet

  • As entradas, a 18€ (15€ no anfiteatro) poden mercarse en Novagaliciabanco, nas billeteiras do Teatro Principal, e en Ticketmaster e asociados.

Santiago de Compostela, 09/05/2012.- Este domingo, 13 de maio chega ao seu fin o ciclo Jazz in Blue e faino por todo o alto cun concerto de The Bad Plus. Será no Teatro Principal a partir das 20.00h. As entradas para este concerto, a 18€ (15€ no anfiteatro) poden mercarse en Novagaliciabanco, nas billeteiras do Teatro Principal, en Ticketmaster e asociados, Carrefour FNAC, Halcón Viajes, Tendas Tipo e www.ticketmaster.es. Antes deste concerto, pasaron por Compostela dentro de Jazz in Blue Erik Truffaz 4tet e Joe Lovano Quartet.

Santiago - axenda venres 11


Venres 11

A partir das 9.00 h
No Pavillón de Vite, Campionato de España de Hóckey a patíns feminino sub-16.

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Ratificación da urxencia da convocatoria
2. Toma de posesión do cargo de concelleira de dona Rebeca Domínguez Iglesias
3. Operación de endebedamento conforme ao Real decreto lei 4/2012 de 24 de febreiro polo que se determinan obrigas de información e procedementos necesarios para establecer un mecanismo de financiamento para o pagamento aos proveedores das entidades locais.

10.00 h e 11.30 h.
No Colexio Junior’s ás 10.00 h e no CEIP Roxos Villestro ás 11.30 h continúa o 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago “Os contos no país do xeo”, organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música.

10.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a xornada de emprego Estratexias de colaboración público-privada para a dinamización do mercado do emprego no contexto local, no que pronunciará unha ponencia baixo o título “Santiago, unha cidade máis atractiva para a inversión e o emprego”.

11.00 h
No Salón Vermello da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, fai entrega dos premios do Concurso de Debuxo do 50 Aniversario da SD Compostela, acompañado de directivos da SD Compostela e o xerente de Area Central.

11.20 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Día da Bicicleta.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Persoal e Réxime Interior, Amelia González, sobre asuntos da súa área.

Brión - o alcalde lamenta a actitude do PP


XOSÉ LUÍS GARCÍA: “LAMENTAMOS QUE O PP DE BRIÓN VOLVA A DARLLE AS COSTAS AOS VECIÑOS E DEFENDA QUE NÚÑEZ FEIJOO INCUMPRA OS CONVENIOS QUE ASINA”

O alcalde lembra que o Concello xa fixo unha concesión ao non esixir a realización íntegra da variante, senón únicamente da conexión con Cabreiros para darlle servizo aos veciños de Viceso, Ons e Luaña 

García respecta as 100 sinaturas presentada polos populares pero lembra que “están perxudicando aos outros 7.000 veciños de Brión” 

10 de maio de 2012.- O alcalde de Brión, Xosé Luís García, lamenta que o Partido Popular brionés “volva a darlle as costas aos veciños para defender que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, non só imcumpra a súa palabra, senón que incumpra ata os contratos que asina”. O alcalde brionés considera que a campaña do PP de Brión en contra da construción da Variante AC-451 só busca tentar xustificar un incumprimento flagrante da Xunta cos veciños e veciñas de Brión.

Cadena SER - este venres o programa "La Ventana" desde a Cidade da Cultura


LA VENTANA DE GEMMA NIERGA DESDE LA CIUDAD DE LA CULTURA EN SANTIAGO
Gemma Nierga y todo su equipo regresan de nuevo a Galicia con un programa en el que se abordará la actualidad gallega y habrá actuaciones musicales en directo

     Este viernes a partir de las cuatro de la tarde el programa que dirige y presenta Gemma Nierga se emitirá desde el edificio de los servicios centrales de la ciudad de la cultura. El equipo de La Ventana se desplaza a Santiago con algunos de sus colaboradores habituales. Participarán en el programa, el periodista Paco Lobatón y el columnista Nacho Escolar. Como invitados estarán el presidente de la Xunta,Alberto Núñez Feijoo, y el alcalde de Santiago, Ángel Currás.

Ordes - campionato de España de Hockey en categoría alevin


Ordes acollerá dende o 11 ata o 13 de maio o Campionato de España Alevín de Hockey a Patíns


Ordes 9 maio 2012.  . O Concello de Ordes acollerá dende o 11 ata o 13 de maio o Campionato de España de Hockey a Patíns na categoría alevín. Unhas probas que se desenvolverán no pavillón Castelao a partir das  9.30 horas. Os equipos que se darán cita este fin de semana e loitarán polo ansiado título son: A.C. Órdenes, A.A. Dominicos, C.P. Voltrega, C.P. Alcobendas, Rivas Las Lagunas, Sant Josep, Jolaseta e C.D Lagunak.

Oroso - comeza a XVI festa da troita


OROSO INICIA HOXE VENRES OS ACTOS DA XVI FESTA DA TROITA, NA QUE ESPERA MÁIS DE 25.000 VISITANTES

Ás 19:00 horas terá lugar a inauguración dunha exposición sobre o traxe andaluz e a entrega dos premios do III Concurso de Tapas

As orquestras París de Noia e Olimpus porán a nota musical

10 de maio de 2012.- Oroso inicia hoxe venres os actos festivos incluidos no programa da XVI Festa da Troita, que terá lugar do 11 ao 13 de maio. Durante estes tres días, o Concello de Oroso agarda recibir máis de 25.000 visitantes xa que “nesta edición todo apunta a que teremos mellor tempo e cun programa de actividades tan interesante seguro que podemos superar tranquilamente esa cifra durante estes tres días”, explica o coordinador da Festa da Troita, Antonio Leira.

Consello da Cultura Galega - xornadas sobre conservación do patrimonio


11 e 15 de maio no Consello da Cultura Galega

Xornadas de debate sobre as boas prácticas na conservación do Patrimonio Cultural Galego

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2012.- A reflexión sobre o valor crítico dos Bens Cultruais e  a súa formulación, conservación e protección orienta as dúas xornadas de debate que sobre o patrimonio cultural galego acollerá os días 11 e 15 de maio o Consello da Cultura Galega, en sesións de mañá e tarde. Organizadas pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais, que coordina Iago Seara Morales, as xornadas reunirán a expertos de Galicia, Andalucía, Aragón, Madrid e Valencia. As xornadas continúan outros encontros que sobre esta temática acolleu o Consello da Cultura en 2008 e 2011.

PSOE Ordes - tódolos grupos apoiarán a proposta de manter o partido xudicial


OS GRUPOS MUNICIPAIS DE ORDES APOIAN A PETICIÓN DOS SOCIALISTAS DE QUE SE MANTEÑA O PARTIDO XUDICIAL DE ORDES E ENVIARÁN UN ESCRITO CONXUNTO AO CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL

10 de maio de 2012.- Os grupos políticos municipais de Ordes apoian a petición da Agrupación Socialista ordense de que se manteña o Partido Xudicial de Ordes. Así o acordaron durante unha comisión informativa celebrada esta mesma mañá, na que decidiron elaborar un escrito conxunto para enviarllo ao Consello Xeral do Poder Xudicial.

Ames - aprobado o reparto de axudas a apromoción da actividade comercial


O Concello de Ames aproba o reparto de axudas para a promoción da actividade comercial
Ames, 10 de maio de 2012. O Concello de Ames, sempre comprometido coas asociacións de comerciantes do municipio, aprobou na súa última Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, o reparto das axudas ao comercio amiense correspondentes a 2011.
Neste exercicio, a convocatoria de subvencións está dotada de 37.000 euros. Esta contía repártese en tres capítulos. A primeira partida, destinada á iluminación de Nadal, contou con 12.000 euros, outra de 6.000 euros é para infraestruturas e equipamento, e a terceira, que se destina ao apartado de promoción comercial, está dotada de 19.000 euros. A Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo, Turismo e Educación destaca o incremento na partida destinada á promoción económica, unha acción que “se considera imprescindible no actual momento económico, no que debemos prestar un maior apoio ao importante tecido empresarial de Ames”.

Silleda - derribo dunha casa en Taboada para facilitar o tráfico


O Concello de Silleda derrubará unha casa en Taboada que dificulta o paso do tráfico

            A cantería será empregada para a realización de obras municipais

Silleda, 10 de maio de 2012. Na parroquia de Taboada, no lugar de Taboadavella, hai dende hai tempo unha casa en ruínas que dificulta enormemente o paso do tráfico por un camiño municipal, impedindo o acceso á aldea a vehículos meirandes que un utilitario, sendo unha das maiores preocupacións dos veciños que as ambulancias tampouco poden pasar por alí, en caso de haber algunha urxencia médica.

Santiago - última xornada de curtocircuito


Última xornada de Curtocircuíto na que se entregarán os premios desta IX edición

  • Será na Gala de Clausura que se celebra no Teatro Principal ás 20.30h e á que seguirá un Cineconcerto con Mano de Obra e a proxección das curtas gañadoras.

·          Ao longo da xornada poderemos asistir a proxeccións de Público Novo, Robots e Androides e Poido resistirme a todo menos á tentación


Santiago de Compostela, 10/05/2012.- O Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, chega á súa última xornada mañá, venres 11 de maio, e clausura esta edición coa entrega de premios. Será ás 20.30h no Teatro Principal e a esta entrega seguirá un cinceconcerto con Mano de Obra para pechar o festival coa proxección, ás 00.00h das curtametraxes gañadoras. Pero antes, e ao longo do día poderemos asistir a proxeccións no Teatro Principal e na Zona “C”.

Santiago - peche do ciclo de piano Angel Brage con Paul Lewis


Antes que el estiveron no Auditorio nesta edición Ingolf Wunder e Emanuel Ax

Paul Lewis pecha o IV ciclo de piano Ángel Brage

  • Será hoxe venres, 11 de maio, ás 21.00h, no Auditorio de Galicia

  • As entradas, a 15€, 7,5€ reducida, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Novagaliciabanco e na billeteira do Auditorio o propio día do concerto

Santiago de Compostela, 10/05/2012.- Paul Lewis pecha a IV edición do ciclo de Piano Ángel Brage cun concerto no Auditorio de Galicia hoxe, venres 11 de maio ás 21.00h. Antes del, neste ciclo, patrocinado por Eduardo Beiras, Castrosúa, Egasa, Fundación Araguaney e Televés, puidemos escoitar no Auditorio a Ingolf Wunder e a Emanuel Ax. As entradas para o concerto de Lewis, a 15€, 7,5€ para estudantes e xubilados, están á venta na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18 a 21h) e en Novagaliciabanco. Ademais, tamén poderán adquirirse na billeteira do Auditorio de Galicia o propio día do concerto desde as 18.00h ata o comezo do mesmo.

Santiago - axenda xoves 10 e actuacións policía local


Xoves 10

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e da deputada Ana Pontón, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato de España de Hóckey Feminino.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Xosé Baqueiro, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, sobre asuntos de carácter local.

Ames - Brion - Negreira - concurso de cartéis


O servizo de Prevención das drogodependencias dos concellos de Ames, Brión e Negreira convoca o I Certame de Carteis-Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas
O certame diríxese aos 1.260 alumnos de educación secundaria e bacharelato dos tres institutos dos concellos que integran este programa, dos cales, durante o actual curso escolar 2011-12, traballouse con 913 alumnos.
O prazo de entrega dos traballos remata o día 4 de xuño. Entre o día 6 e o 22 de xuño, as creacións estarán expostas no IES de Ames, IES Brión e IES Xulián Magariños de Negreira.

Silleda - concursos de microrelatos e micro curtas


A Concellaría de Normalización Lingüística convoca un concurso de micro relatos e outro de micro curtas

            Silleda, 9 de maio de 2012. A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Silleda , que dirixe Paula Fernández Pena, vén de convocar un concurso de microcurtas e outro de microrrelatos.

            As obras presentadas a calquera deles, deberán estar integramente feitas en Lingua Galega, e poderán concursar todas as persoas que teñan entre 12 e 20 anos e estean censadas en Silleda.

BNG Ames - paralización da taxa de lixo no rural


O BNG solicítalle ao Alcalde de Ames que paralice o cobro das liquidacións atrasadas do lixo aos veciños do rural


Ames, 9 de maio de 2012.- O BNG de Ames está  manter contactos co tecido asociativo veciñal de Ames para abordar a pretensión do concello de liquidar atrasos na taxa do lixo na zona rural do concello correspondentes aos anos 2009 a 2011. Así mesmo está a trasladar a súa postura contraria a este procedemento, que tamén foi posta en coñecemento de xeito formal  ao concello.

Teo - inscripcións para a carreira pedestre Batalla de Cacheiras 2012


A CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2012 ADMITE INSCRICIÓNS ATA O 17 DE MAIO


·        A proba organizada polo Concello de Teo celébrase o domingo 20 de maio con categorías para todas as idades

·        As inscricións para adultos deben formalizarse na web www.championchipnorte.com e as de escolares no mail inscriciónsFGAsantiag@gmail.com

9 de maio de 2012.- A Concellería de Deportes do Concello de Teo organiza a ‘Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2012’ para o domingo 20 de maio. A proba desenvolverase baixo o control técnico da delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo e admite a participación de corredores federados e non federados, en todas as categorías de idade.

Santiago - programación curtocircuito xoves 10


Proxeccións, Mercado Audiovisual, música e mesa redonda sobre o cinema romanés en Curtocircuíto

  • Na Zona “C” termos unha xornada especial adicada a Romanía, o país convidado desta edición, cunha Mesa Redonda e proxección de curtametraxes romanas.

  • Ademais é a xornada das Escolas Galegas xa que no Principal poderemos ver curtametraxes que se fixeron nas escolas de audiovisuais de Galicia

Santiago de Compostela, 09/05/2012.- A xornada de xoves día 10, penúltima xa do festival, vén cargada de actividades e con citas moi importantes deste Curtocircuíto. Teremos as proxeccións das Escolas Galegas, ademais das de outras seccións do festival; mesa redonda e proxección de curtametraxes do noso país protagonista, Romanía; Happy Hour, Mercado Audiovisual e pecharemos o día cun concerto de Coralie Yap-Chine Quartet no Abastos EGC.

Brión - excursión da terceira idade


BRIÓN CONVOCA A EXCURSIÓN DA TERCEIRA IDADE, QUE TERÁ COMO DESTINO AS RÍAS BAIXAS E INCLUIRÁ UNHA TRAVESÍA MARÍTIMA POLA RÍA DE AROUSA

A viaxe está dirixida a maiores de 60 anos e pensionistas maiores de 55

9 de maio de 2012.- O Concello de Brión convoca a tradicional excursión da terceira idade, que este ano terá como destino as Rías Baixas e incluirá unha travesía marítima pola ría de Arousa, dende O Grove ata Cambados. Unha travesía que incluirá unha degustación de mexilóns e parada nas bateas da ría.

Esquerda Unida Santiago - mocion plans de convivencia cidadá


PLANS DE CONVIVENCIA CIDADÁ
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello, a través do debate e con plans de actuación e non con demagoxia e autoritarismo, debe velar por garantir a convivencia cidadá.
No escaso tempo de goberno local o PP mostrou claramente a súa faciana demagóxica, e a participación cidadá redúcese á mínima expresión.
No tocante a convivencia na cidade, un dos temas recorrentes do PP local é o botellón, aplicando unicamente solucións punitivas ou recorrendo ó circo mediático, hai que recordar como o ex-alcalde Conde Roa foi “dialogar” polo noite cos mozos e mozas que realizaban esta actividade, por suposto o debate é necesario, pero nos lugares e horas adecuados.

BNG A Estrada - dirixir os plenos e responsabilidade do alcalde


Dirixir os plenos é responsabilidade do Alcalde

O Consello Local considerou que o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, é un instrumento legal máis que suficiente para ordenar o funcionamento das sesións plenarios

O Consello Local do BNG considera que construír un campo de fútbol non é o que necesitamos para saírmos da crise. O BNG pídelle ao Alcalde que convoque o Consello Económico e Social para consensuar co tecido socio-económico cales son as prioridades do noso Concello para saírmos da crise, e traballar por elas.

A Estrada, 9 de maio de 2012
: O Consello Local do BNG da Estrada, reuniuse na noite de onte para avaliar a posibilidade de presentar un regulamento para as sesións plenarias do concello, dado o esperpéntico espectáculo que se estaba a presenciar nas últimas sesións.

Mancomunidade Ordes - xornadas de orientación laboral para mulleres


A MANCOMUNIDADE DE ORDES ORGANIZA UNHAS XORNADAS GRATUITAS DE ORIENTACIÓN LABORAL
PARA MULLERES, QUE TERÁN LUGAR EN ORDES E OROSO

As alumnas aprenderán a elaborar o seu currículum, cartas de presentación, como actuar nunha entrevista de traballo e os seus dereitos e obrigas no ámbito laboral

9 de maio de 2012.- A Mancomunidade de Municipios de Ordes organiza unhas xornadas gratuitas de orientación laboral para mulleres residentes na comarca de Ordes. “O obxectivo destas xornadas é facilitarlles ás participantes os contidos básicos precisos para que deseñen o seu itinerario persoal, así como coñecer as ferramentas para a busca activa de emprego e os detalles da última reforma laboral”, explica Manuel Regos Boquete, presidente da Mancomunidade de Ordes.

Ames - este venres "Ao ritmo da Maxia" en Bertamiráns


A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este venres día 11 a representación da obra de teatro infantil “Ao ritmo da maxia” da compañía Fusionarte

A partir das 18:30 horas os máis pequenos de Ames poderán gozar dun espectáculo dinámico e interactivo creado para dar entretemento e diversión a través de varios ámbitos da maxia nun formato orixinal.
As entradas, que teñen un prezo de 4 euros para os maiores de 12 anos, poden reservarse ata este venres ás 14:00 horas a través do teléfono 981 53 59 40 ou no enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org.

Santiago - esta noite Leiva no Compostela Rock


Ata agora puidemos escoitalo no grupo de rock Pereza

Leiva presenta no Compostela Rock ‘Diciembre’, o seu debut en solitario

  • Será hoxe xoves, 10 de maio, ás 21.00h na Sala Capitol

  • As entradas, 20€ anticipada, 26€ na billeteira, poden mercarse no Teatro Principal, Novagaliciabanco, Red Ticketmaster, Carrefour, FNAC, Halcón Viajes e Tendas Tipo

Santiago de Compostela, 09/05/2012.- Leiva presenta dentro do Compostela Rock ‘Diciembre’, o seu debut en solitario despois de que o puideramos escoitar en ‘Pereza’. Será hoxe xoves, 10 de maio, na Sala Capitol e as entradas, a 20€ anticipada, 26€ na billeteira, están á venta podendo mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Novagaliciabanco, na Red Ticketmaster e www.ticketmaster.es, en Carrefour, FNAC, Halcón Viajes e Tendas Tipo.

Santiago - novo local social da Almaciga


O traslado do local social da Almáciga suporá un aforro anual
 para as arcas municipais de máis de 15.000 euros

O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou o novo local social da Almáciga xunto co concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, con motivo da súa inauguración. Tras o seu acondicionamento, a sede veciñal sitúase agora nun inmoble anexo ao CEIP Apóstolo Santiago.

Santiago - axenda mércores 9 e actuacións policía local


Mércores 9

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe ao Premio Nobel de Medicina en 2001, Tim Hunt.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a programación da concellería de Deportes.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

Brión - o concello reclamalle a Xunta 4.9 millons das variantes AC-300 e AC.451


O CONCELLO DE BRIÓN PRESENTA UN REQUERIMENTO ANTE A XUNTA PARA QUE LLE ABONE OS 4,9 MILLÓNS DE EUROS DAS VARIANTES DA AC-300 E AC-451

O Concello de Brión presenta este escrito, previo á presentación dun contencioso-administrativo, diante da negativa da Xunta a cumprir o convenio asinado en 2005

A Xunta xustifica a súa negativa a construir a variante da AC-451 polos incrementos dos custes da variante da AC-300, que ela se encargou de contratar e executar pero que xa medraron un 66% sobre o previsto

Xosé Luís García lembra que “o Concello xa cumpriu coa súa parte do convenio e, despois de seis adendas e sete anos de esperas, o único que esiximos é que se cumpra o compromiso asinado por Núñez Feijoo”

BNG Negreira - alerta polo continuo peche de servizos


O BNG ALERTA DO RETROCESO DE NEGREIRA POLO CONTINUO PECHE DE SERVIZOS
                            
Farmacias de garda pechadas as fin de semana, e agora o Xulgado en entredito.
           
            O Bloque Nacionalista Galego de Negreira alerta do continuo peche de servizos que está a sufrir a vila de Negreira, sen que o Goberno Local actúe. Unha situación que provoca numerosas molestias aos veciños de Negreira que se teñen que desplazar a outros concellos que lles ofrecen o que debería ofrecer o noso.

BNG A Estrada - o novo campo de fútbol comeza a "pasar factura"


O novo campo de fútbol que quere construír o Alcalde empeza a pasarnos factura
“Grazas as penosas negociacións do noso Alcalde agora os estradenses teremos que asumir o custe eléctrico das instalacións da piscina, uns 3.000 euros ao mes”
A Estrada, 8 de maio de 2012: “Que non necesitamos un novo campo de fútbol sábeo calquera, pero que este nos vai saír moi caro é algo que ignora a maioría dos veciños e veciñas da Estrada”, afirmou rotundamente Xosé Magariños, logo de coñecer as novas condicións que terá que asumir o concello coa piscina da AGASP.
“Aínda que hai moito tempo disto, construír a AGASP saíunos aos estradenses por un ollo da cara”,

Frades - o Xuventude campión da VI liga local de fútbol sala


O XUVENTUDE PROCLÁMASE CAMPIÓN DA LIGA LOCAL DE FÚTBOL SALA TRAS DERROTAR 7-2 AO PONTE CARREIRA, CAMPIÓN DAS DÚAS EDICIÓNS ANTERIORES

Participará no XV Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, que este ano organiza o Concello de Frades e que terá lugar o 2 e 3 de xuño

8 de maio de 2012.- O equipo do Xuventude proclamouse campión da VI Liga Local de Fútbol Sala do Concello de Frades tras vencer na gran final por 7 goles a 2 a un dos grandes favoritos, o conxunto do Ponte Carreira que fora o campión das dúas edicións anteriores. Deste xeito, os xogadores do Xuventude representarán a Frades na fase final da XV Liga Intermunicipal de Fútbol Sala, que se celebrará os días 2 e 3 de xuño en Frades.

Silleda - semana das letras galegas


A Concellaría de Cultura conmemora as Letras Galegas con actividades durante toda a vindeira semana

Silleda, 7 de maio de 2012. A Concellaría de Cultura, que dirixe Matías R. da Torre, está a organizar varias actividades para a vindeira semana, en que se conmemora o día das Letras Galegas, este ano dedicado a Valentín Paz Andrade.

Actualmente, na Casa da Cultura de Silleda e na Biblioteca hai unha exposición biográfica do homenaxeado nesta edición que pode ser visitada por calquera persoa que se achegue a estas dependencias municipais, de 8.00 a 15.00 horas durante a mañá e de 16.00 a 20.00 horas pola tarde.

Santiago - programa curtocircuito do mércores 9


Máis proxeccións, Mercado Audiovisual e concerto de Fasenuova na xornada de mércores 9 de maio

  • Nesta xornada poderemos escoitar a música electrónica dos asturianos Fasenuova na Zona “C” a partir das 22.00h.

  • Continuaremos coas Happy Hour, o Mercado Audiovisual e habera proxeccións de Público Novo, Compostelae, Internacional e Tentación.

Santiago de Compostela, 08/05/2012.- Na xornada de mércores día 9, ademais de curtametraxes teremos de novo música xa que ás 22.00h hai concerto na Zona “C”. Nesta ocasión, a protagonista é a música electrónica dos asturianos Fasenuova que chegan a Curtocircuíto da man do ciclo da concellaría de Cultura Compostela Rock. Ademais, teremos proxeccións ao longo do día no Teatro Principal e no Abastos EGC, Happy Hour para intercambio de ideas e continua en marcha o Mercado Audiovisual.

Santiago - Tortoise no Sons 2012


Tortoise debuta en Galicia dentro do ciclo Sons 2012

  • Despois deste concerto, teremos en Sons 2012 a Eliseo Parra, Mafalda Arnauth, Orquesta Voland, Ana Lains e Sharon Corr

  • As entradas para Tortoise, 15€ anticipada e 18€ o día do concerto, poden mercarse na billeteira do Principal, en Novagaliciabanco e o día do concerto no Auditorio

Santiago de Compostela, 08/05/2012.- Desde Chicago chegan Tortoise para debutar en Galicia dentro do ciclo Sons 2012. Será o vindeiro sábado, 12 de maio cando poderemos escoitar en directo o post-rock de Tortoise no Auditorio de Galicia. As entradas para este concerto, 15€ anticipada e 18€ o propio día, poden mercarse na billeteira do Principal, en Novagaliciabanco e o día do concerto na billeteira do Auditorio de Galicia. Despois de Tortoise, en Sons 2012 poderemos goar coa música de  Eliseo Parra, Mafalda Arnauth, Orquesta Voland, Ana Lains e Sharon Corr