Axend e tempo do sábado 2 de agosto - Música, festas, exposicións

Actividades

Ames - Festas no Milladoiro, Tapia e Covas

Santiago - Atardecer no Gaias  Trampoline


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Brión - homenaxe da veciñanza a Roberto Vidal Bolaño

Representantes da Xunta, do Concello de Brión, do Consello da Cultura Galega, da Real Academia Galega e da asociación de actores fixeron un recoñecemento ao gran referente do teatro galego

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, e Carmen Vidal Quintáns, filla do homenaxeado, inauguraron un busto de bronce na carballeira de Santa Minia

Máis de 150 persoas ateigaron na noite de onte o salón de exposicións de Brión para asistiren á homenaxe que a veciñanza de Brión lle fixo a un dos seus máis ilustres conveciños: Roberto Vidal Bolaño. Unha emotiva homenaxe que culminou coa inauguración dun busto en bronce en homenaxe ao ilustre dramaturgo e que foi inaugurado polo alcalde de Brión, Xosé Luís García, e Carmen Vidal Quintáns, filla de Roberto Vidal Bolaño.

Como non podía ser doutro xeito, a homenaxe a un dos grandes do teatro comezou coa representación dunha divertida escena de “Animaliños”, obra de Vidal Bolaño inspirada na veciñanza de Brión e que foi interpretada pola actriz Martina Martínez e polo técnico de Cultura de Brión, Alberto Álvarez, quen presentou a gala dando a coñecer distintos datos da relación de Vidal Bolaño con Brión.

Un lugar simbólico
O alcalde de Brión, Xosé Luís García, felicitou a Xosé Vizoso, Roge Fernández e Cuqui Piñeiro polo traballo realizado no busto e destacou que “estará por sempre nesta Carballeira de Santa Minia, un dos lugares máis emblemáticos de Brión e que no Roberto pasou tantas e tantas tardes.Despois de darlle moitas voltas e de debatelo con moita xente, estou plenamente convencido de que este é o emprazamento idóneo para este fermoso busto porque foi un dos espazos onde este ilustre veciño ensaiaba co seu grupo “Teatro do Aquí” e onde representou moitas das súas obras”. 

García agradeceu tamén a presenza da familia de Vidal Bolaño, “á quen temos que agradecer que sigan mantendo esta relación de afecto con Brión e que sempre estean dispostos a colaborar para a difusión da cultura no noso municipio”e rematou citando unhas palabras coas que o homenaxeado se describía a si mesmo: “Un señor maior con sombreiro e bigote que, de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir POR e PARA unha das profesións hoxe en día máis absurdas do mundo e, sen embargo, por iso máis grandiosas”. O alcalde brionés convidou aos presentes a “xulgar por vós mesmos se esa bendita irresponsabilidade de Vidal Bolaño está impregnada neste impoñente busto”.

Un grande do teatro
Na quenda de intervencións, o secretario xeral da Consellería de Educación, Anxo Lorenzo, destacou as distintas actividades organizadas dende a Xunta en 2013 en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, de quen destacou que “tamén estivo vendo nacer a dobraxe en lingua galega”. Ademais, adiantou que o Centro Dramático Galego representará en Lisboa unha obra de Vidal Bolaño no ano 2015.

A vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou que 2013 “foi un ano de moitas homenaxes pero o de hoxe é máis especial. Que os veciños se reúnan para facer unha homenaxe a Roberto di moito dos veciños de Brión e di moito da persoa que era Roberto Vidal Bolaño”. Pola súa banda, o secretario xeral da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, salientou que Vidal Bolaño é “unha persoa dominada por un trazo de retranca, de ironía e de humor galego, cunha capacidade crítica corrosiva, en ocasión. Foi un dos puntais do desenvolvemento do teatro galego contemporáneo. Case que chegou a representalo”.

O presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Avelino González, lembrou como hai uns anos ensaiaba nese mesmo lugar ás ordes de Vidal Bolaño. “A Roberto non lle gustaban os actores creativos, gustáballe que se fixera como el o escribía”, comentou e destacou que “o bo que tiñan as súas obras eran que estaban inspiradas en nós. Os veciños de Brión fostes inspiradores das súas obras pois das vosas vidas el sacou esas doses de beleza e soubo escribilas de tal xeito para facer unha obra de teatro e divertir ao espectador”. Ademais, González fixo unha reivindicación: “Roberto non era un gran autor de teatro galego. É un dos grandes autores de teatro contemporáneo. E punto. Sen fronteiras, sen complexos e sen límites”.

Roi Vidal
Un punto que compartiu o presidente da asociación Roberto Vidal Bolaño e editor de Edicións Positivas, Francisco Macías, quen dixo que “era un autor de talla mundial e gustaríame que todo isto fose o inicio dun maior recoñecemento da obra de Vidal Bolaño”. Macías aproveitou tamén para dar lectura a unha mensaxe do fillo do homenaxeado, Roi Vidal, quen dicía que “motivos familiares e de distancia xeográfica impídenme acudir hoxe a Brión. Dende a distancia, quero expresar a miña gratitude e sumarme á celebración. Eternamente agradecido”.

Víctor Freixanes, veciño de Brión e membro da RAG e do CCG, falou de que “o nariz de paiaso de Roberto é unha marca do teatro galego” e destacou “a súa capacidade para observar e contar a realidade dende o humor, onde é impresionante a súa visión crítica”. Ademais, sinalou que “nuns tempos de crise e moi duros para a cultura, Roberto representa o pulmón a imitar, a persoa que é quen de facelo todo no teatro: escribir, actuar, promover o espectáculo... non coñezo a ningunha outra persoa igual”.

Finalmente, Belén Quintáns, viúva de Vidal Bolaño, agradeceu o “trato excepcional e abrumador dun concello tan pequeno como Brión, sobre todo en comparación con outros que terían moitas máis capacidades”. Neste sentido indicou que “hai institucións que deberían preocuparse porque houbese unha compañía estable que represente a autores como Vidal Bolaño, porque é o autor dramático galego por excelencia. Espero que algún día se entenda”.

Escultura
A escultura ocupa un lugar destacado no municipio: a carballeira de Santa Minia, concretamente no xardín situado en fronte da Casa da Cultura. Un lugar cargado de simbolismo pois era onde Roberto Vidal Bolaño ensaiaba co seu grupo “Teatro do Aquí”. Ademais, a data escollida (31 de xullo) coincide co 64 aniversario do nacemento do ilustre dramaturgo.

O busto de Roberto Vidal Bolaño foi deseñado polo recoñecido debuxante e deseñador gráfico Xosé Vizoso, residente en Brión e un dos grande deseñadores de Sargadelos. A escultura en bronce foi elaborada polo propio Vizoso en colaboración con Roge Fernández e Cuqui Piñeiro, a través da técnica de fundición en bronce á cera perdida (Fundición Wenceslao).

Ames - Pleno de xullo

O Pleno aproba a fixación dos festivos locais de 2015 e dúas mocións sobre a defensa dos rexistro civís e a mellora do Camiños de Santiago ao seu paso por Ames
A corporación municipal de Ames aprobou onte por unanimidade a fixación dos festivos locais para o ano 2015. Como soe ser tradicional no concello de Ames o vindeiro ano será festivo o día da Ascensión (14 de maio) e o día de San Xoán (24 de xuño).

Ademais, aprobáronse por maioría absoluta cos votos a favor dos concelleiros do grupo municipal socialista e dos edís non adscritos dúas mocións sobre a defensa dos rexistros civís e a mellora do Camiño de Santiago ao seu paso por Ames na zona do Milladoiro e Trasmonte.

Nestas dúas mocións os concelleiros/as do grupo de goberno abstivéronse, xa que consideraron que xa se están realizando traballos de mellora no Camiño de Santiago por parte da Xunta de Galicia e do propio Concello.

A corporación municipal de Ames aprobou onte por unanimidade a fixación dos festivos locais para o ano 2015. Como soe ser tradicional no concello de Ames o vindeiro ano será festivo o día da Ascensión (14 de maio) e o día de San Xoán (24 de xuño). Ademais,aprobáronse por maioría absoluta cos votos a favor dos concelleiros do grupo municipal socialista e dos edís non adscritos dúas mocións sobre a defensa dos rexistros civís e a mellora do Camiño de Santiago ao seu paso por Ames na zona do Milladoiro e Trasmonte. Nestas dúas mocións os concelleiros/as do grupo de goberno abstivéronse, xa que consideraron que xa se están realizando traballos de mellora no Camiño de Santiago por parte da Xunta de Galicia e do propio Concello. Por último, houbo tempo para abordar o apartado de rogos e preguntas.

O Pleno do Concello de Ames aprobou onte por unanimidade a fixación dos festivos locais de 2015. Despois de que a Xunta e Galicia establecese as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2015, agora correspondíalle ao Concello de Ames fixar os festivos locais para o vindeiro ano. Tradicionalmente como festivos locais no concello de Ames véñense establecendo o día da Ascensión (14 de maio) e o día de San Xoán (24 de xuño), salvo aqueles anos nos que estes días coinciden como festa laboral autonómica ou como días non laborais. No ano 2015, ningún destes días (Ascensión e San Xoán) coinciden en festividade autonómica, polo que a corporación municipal decidiu aprobar a fixación deste días como festivos locais.

De seguido, abordáronse dúas mocións. A primeira moción foi presentada polos concelleiros/as non adscritos/as María Dolores Fernández, Alfonso Rey, María González, Manuel Ferreiro, Emilio Martínez e Ramón García Argibay sobre a mellora do Camiño de Santiago ao seu paso por Ames, na zona do Milladoiro e Trasmonte. Nesta moción ínstase á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para que poña os medio necesarios, en colaboración co Concello de Ames, para que se arranxe o trazado que discorre pola Travesía do Porto, no Milladoiro, de xeito que se faga unha zona diferenciada pola que poidan transitar os peregrinos.

Por outra banda, tamén se insta á Xunta de Galicia a que arranxe o trazado que discorren entre Trasmonte e Ponte Maceira para que se faga unha zona específica pola que poidan transitar con total seguridade os peregrinos que fan a ruta do Camiño de Santiago a Fisterra. Por último, ínstase á Deputación da Coruña e á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para que en colaboración cos Concellos de Teo e Ames, poñan os medios necesarios para que o trazado do Camiño Portugués, que discorre entre a Agrela e a Travesía do Porto, teña un trazado diferenciado para os peregrinos, así como se mellore a seguridade dotándoa tamén de pasos de peóns e dunha sinalización axeitada.

Neste senso o voceiro do grupo municipal popular, Bernardo Moar, explicou que “a Xunta de Galicia estivo realizando traballos de limpeza e acondicionamento no Camiño de Santiago a Fisterra ao seu paso polo concello de Ames. Ademais, nas últimas semanas a brigada de obras do Concello de Ames tamén realizou labores de limpeza e desbroce no Camiño Portugués ao seu paso polo municipio amiense”. Bernardo Moar engadiu que “dende o goberno municipal mantívose unha xuntanza co Concello de Teo e coa Asociación de Amigos do Camiño Portugués en Ames e Teo, para a posta en marcha de proxectos comúns co obxectivo de dinamizar esta ruta e potenciar este Camiño que discorre por estes dous municipios da comarca de Santiago de Compostela”.

Finalmente, o voceiro do grupo municipal popular indicou que “a Xunta de Galicia está traballando para contar cun Plan global director dos Camiños de Santiago que se converterá na folla de ruta para revitalizar, promocionar e promover os camiños de cara ao Xacobeo 2021”. Esta moción aprobousepor maioría absoluta cos votos a favor dos concelleiros do grupo municipal socialista e dos edís non adscritos, mentres que os concelleiros/as do grupo de goberno abstivéronse, xa que consideraron que xa se están realizando traballos de mellora no Camiño de Santiago por parte da Xunta de Galicia e do propio Concello.

Mocións sobre a defensa dos rexistros civís

A segunda moción foi presentada polos concelleiros/as do grupo municipal socialista para instar ao Goberno de España a que elimine as Disposicións Adicionais décimo novena, vixésima, vixésimo primeira, vixésimo segunda, vixésimo terceira, vixésimo cuarta, e a Disposición Final 8 do “real Decreto Ley 8/2014 de Aprobación de Medidas Urgentes para el crecimiento, la Competitividad y la Eficacia” pola que se modifica a Lei 20/2011, de 21 de xullo, de Rexistro Civil.

A través desta moción preténdese defender o servizo que prestan os rexistros civís e que non se privaticen. O grupo municipal popular presentou unha emenda sobre esta moción, para transaccionar o acordo e poder aprobar por unanimidade a moción en defensa dunha xustiza eficaz e próxima aos cidadáns. A enmenda foi rexeitada cos votos en contra dos concelleiros/as do grupo municipal socialista e dos edís non adscritos, mentres que os membros do grupo de goberno votaron a favor.

Finalmente, esta moción foi aprobada por maioría absoluta cos votos a favor dos concelleiros do grupo municipal socialista, así como dos edís non adscritos, e coa abstención dos concelleiros/as do grupo de goberno.

Psoe Ordes - Pleno de xullo

O PSOE de Ordes lamenta que o PP non se sume á solicitude do servizo de Radioloxía Dixital para o centro de saúde ordense
Os socialistas viron tamén aprobadas as súas mocións sobre a N-550 e sobre a creación dunha ordenanza sobre a extracción e tratamento de áridos no municipio

O PSOE de Ordes celebra a aprobación por parte do pleno municipal da súa moción para instar á Consellería de Sanidade a implantar a Radioloxía Dixital no centro de saúde ordense. Porén, o voceiro municipal socialista, Xesús Pedreira, lamenta que a proposta non fora aprobada por unanimidade, debido á abstención do PP ordense. “Non podo entender como o PP de Ordes non apoia a implantación da Radioloxía Dixital en Ordes aducindo que o traslado a Santiago non dá problemas aos veciños, cando uns minutos antes votaran a favor do mantemento dos Rexistros Civís argumentando que non era de recibo que os veciños teñan que ir a Santiago. Acaso entenden que aos enfermos non lles importa ter que desprazarse?”, lamenta o voceiro socialista. Xesús Pedreira entende que a implantación deste servizo en Ordes “suporía un aforro para a Xunta, menos tempos de espera para os doentes ordenses e axudaría tamén a desconxestionar o servizo de Urxencias do CHUS”.

Os socialistas ordenses tamén conseguiron sacar adiante a súa moción sobre a recuperación das liñas descontinuas na N-550 para o cruce coa pista que vai do medio do lugar de A Costa cara o campo de fútbol e o campo da Festa de Santa Cruz de Montaos, unha petición expresa dos veciños e veciñas desta parroquia. A moción saíu adiante a pesar das abstencións de PP e de BNG.

Áridos
Finalmente, o PSOE de Ordes recibiu o apoio unánime da corporación á súa moción para instar ao Concello de Ordes a elaborar unha ordenanza sobre as condicións técnicas de funcionamento das actividades extractivas e das plantas de tratamento e clasificación de áridos no municipio. Os socialista piden que estas actividades deberán estar sometidas ao control e vixilancia do órgano ambiental municipal competente, que poderá realizar calquera exame, control, enquisa, toma de mostras, recollida de información e demais actuacións que resulten necesarias. 

“A explotación dos áridos naturais formula problemas co medio, sobre todo porque son necesarios grandes movementos de terras, que provocan modificacións tanto da morfoloxía do terreo coma do ecosistema do ámbito. Debido á existencia de depósitos no noso termo municipal, así como de varias explotacións en funcionamento dende a década de 1970, faise necesaria a intervención municipal para asegurar a menor afección posible ao medio, buscando asegurar que as empresas extractivas que traballan en Ordes operen segundo a normativa esixida pola Lei, realicen labores de restauración do medio mitigando os posibles efectos sobre o medio e favorezan unha xestión ambiental axeitada”, explica Pedreira Mirás.

Ordes - o Cuartel da Garda Civil pasará polo Congreso despois do verán

O proxecto de construción do Cuartel da Guardia Civil de Ordes será abordado no Congreso tras o verán
A deputada socialista Paloma Rodríguez mantivo un encontro con Manuel Regos para ananlizalo pormenorizadamente, co fin de defendelo ante o Ministerio del Interior mediante unha proposición non de lei 

Paloma Rodríguez, deputada socialista no Congreso, visitou recentemente a vila de Ordes para interesarse pola situación do proxecto que contempla a construción dunha casa cuartel para axentes da Guardia Civil no municipio. Un proxecto que se mantén paralizado a pesar da existencia dun protocolo de colaboración para tal fin entre o Concello de Ordes e o Ministerio del Interior (Secretaría de Estado de Seguridad).

Paloma Rodríguez ten previsto expoñer o caso ante unha comisión do Ministerio del Interior mediante unha proposición non de lei. “La propuesta ya está registrada y esperamos poder defenderla después del verano. La intención es la de reactivar este tema de máximo interés para el Ayuntamiento de Ordes. Nuestra intención es que la construcción del cuartel esté iniciada antes de que finalice este año”, asegurou a deputada no encontro mantido co alcalde, Manuel Regos. Unha cita á que tamén acudiron a tenente de alcalde, Silvia Marín, ademais dos dous principais representantes do Partido Socialista de Ordes, Xesús Pedreira e Antonio Morán.

No encontro cos representantes ordenses Paloma Rodríguez tivo a ocasión de coñecer de primeira man os compromisos adquiridos a través do protocolo de colaboración existente. Entre eles figura a redacción dos proxectos da obra a executar, os cales contan coa conformidade pertinente tras ser revisados pola Oficina de Supervisión de Proyectos del Ministerio del Interior. Hai que sinalar tamén a cesión temporal e gratuíta dun inmoble destinado a posto da Guardia Civil, así como a cesión gratuíta do terreo sobre o que se asentará a nova edificación. 

Paloma Rodríguez criticou enérxicamente que a comenzos do ano 2011 se notificase por escrito o incumprimento de dito acordo por parte da Jefatura de los Servicios de Apoyo de la Dirección General de la Guardia Civil. A pesar da solicitude realizada por parte do alcalde de Ordes para estudar o tema e as súas posibles solucións, a día de hoxe aínda se está á espera dunha resposta favorable para manter un encontro co director xeral da Guardia Civil, Arsenio Fernández de Mesa. “Lo mínimo que debería de hacer el director general de la Guardia Civil es contestar y estudiar la petición efectuada por el Ayuntamiento de Ordes. Este es un caso claro de ineficacia e indolencia asombrosa que no tiene excusa de ningún tipo, ya que demuestra un desprecio injustificable a sus vecinos y vecinas. Sobre todo teniendo en cuenta que este Ayuntamiento ha brindado todas las facilidades y realizado una oferta altamente generosa para poder llegar a buen fin”, sentenció Paloma Rodríguez.

Axenda e tempo do venres 1 de agosto - Música, festas, exposicións

Actividades

Ames - Festas no Milladoiro, Tapia e Covas

Santiago - Feito a man - Yacine and the Oriental Groove

Santiago - Atardecer no Gaias  - Gala drop


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Psoe Ames - O goberno saca a concurso a xestión da auga sin decirllo a oposición

OS SOCIALISTAS CRITICAN QUE O GOBERNO DE AMES SAQUE A CONCURSO O SERVIZO DE AUGA POR NOVE MESES E DE MANEIRA UNILATERAL

Sae publicada no BOP  sin que por parte do equipo de goberno municipal se informase á oposición

Os Socialistas din que preguntarán no pleno que se celebra hoxe por esta decisión e informan que xa solicitaron por escrito acceso á documentación e que nos vindeiros días pedirán un informe técnico sobre este concurso

Miñones di que Amor non valorou as repercusións que pode ter esta decisión e só actuou para saír do paso e lavarse as mans para cando caduque a concesión en setembro deste ano, pero sen preocuparlle o futuro

No día de onte os Socialistas de Ames tivemos coñecemento de que o goberno do PP que dirixe Santiago Amor vén de sacar a concurso a contratación de servizo público do “ciclo integral” da auga. Como xa é habitual os concelleiros e concelleiras socialistas non tivemos ningún tipo de información por parte do goberno desta decisión unilateral, e tivemos coñecemento da mesma a través do Boletín Oficial da Provincia (BOP).

“Está claro e máis que demostrado que este goberno en minoría actúa de maneira caprichosa e sen medir e analizar as consecuencias das súas decisións”, denuncia o socialista José Miñones, xa que de non ser así “que sentido ten licitar o servizo da auga desta maneira tan pouco transparente e por só nove meses?”, pregunta Miñones.

A licitación da auga de Ames converteuyse nun pesadelo
Din os socialistas que a historia da licitación do ciclo integral da auga de Ames xa pasou a ter a categoría de pesadelo, porque despois de de moitos meses intentando que unha empresa xestione o servizo municipal e de efectuar varios intentos, incluída a coacción e as ameazas á oposición para que votase a favor, o alcalde amiense aínda non foi capaz de conseguilo, o que constata “a incapacidade e a nefasta xestión de Santiago Amor que á súa falta de dedicación ao concello hai que sumarlle a incapacidade de xestionar o día a día e os asuntos máis necesarios e importantes, como é a auga”, apunta o portavoz socialista.

Critican os socialistas que repentinamente xurde un novo capítulo nesta truculenta historia cando o goberno do PP decide sacar a concesión por nove meses, “o mesmo que dura un embarazo” –apuntan- sen ter en conta nin valorar o que pasará despois de que esta miniconcesión remate, xa que se realizaron os cálculos esta rematará en xullo de 2015, ou o que é o mesmo sen que a corporación municipal que saia das urnas das eleccións municipais do ano que vén teña tempo material de elaborar unhas bases para a licitación do servizo. “Está claro que Amor non valorou as repercusións que pode ter esta decisión e só actuou para saír do paso e lavarse as mans para cando caduque a concesión en setembro deste ano, pero sen preocuparlle o futuro”, aclara José Miñones.

Din os representantes do PSdeG que eles xa non entran a valorar estas artimañas de última hora, pero manifestan a súa máis enérxica repulsa ao xogo sucio e á falta de diálogo dun goberno que non pensa en ningún momento nos veciños e veciñas de Ames. “No pleno que se celebra hoxe preguntaremos por esta decisión e xa solicitamos por escrito acceso á documentación e pediremos nos vindeiros días un informe técnico sobre este concurso”

Ames - Festas no Milladoiro, Tapia e Covas

Esta fin de semana están de festa na localidade do Milladoiro e na sparroquia de Tapia e Covas

Ames preparase para celebrar tres festas nesta fin de semana na localidade do Milladoiro, así como nas parroquias de Tapia e Covas. No Milladoiro, a programación de festexos inclúe actos relixiosos, competicións deportivas e moita música e animación. Os actos centrais das festas da Madalena celebraranse os días 1, 2, 3 e 4 de agosto. Pola súa banda, a parroquia de Covas festexará o Santo Estevo con varias misas os días 1, 2 e 3 de agosto. Por último, a parroquia de Tapia honrarácon varios actos litúrxicos ao San Roque e ao Sacramento este sábado e domingo.

Os actos centrais das festa da Madalena celebraranse os días 1, 2, 3 e 4 de agosto. O venres, 1 de agosto, ás 10:00 horas, comezarán os festexos co disparo das bombas regulamentarias. Xa pola tarde, a partir das 18:00 horas, abrirán as atraccións de feira para os nenos e nenas. Posteriormente, ás 20:00 horas, comezarán as actuacións no Centro Comercial Novo Milladoiro co mago O Gran Pedrini. De seguido, ás 21:00 horas, na terraza da Cafetería Central actuará, Aixa Romay, finalista do programa de televisión Ti si que vales. Pola noite, a partir das 24:00 horas, haberá unha actuación da Discoteca móbil Alcalá con DJ Charlie de Radio líder. Esta actuación terá lugar na Travesía da Moa (Bar Pilón e Cafetería Manhattan). 

O sábado 2 de agosto, ás 10:00 horas, procederase ao disparo das correspondentes bombas de palenque que anunciarán as vésperas do día grande das festas. Xa pola tarde, ás 19:00 horas, no campo de fútbol municipal do Milladoiro disputarase un torneo triangular de fútbol entre a Peña Celtista do Milladoiro, a Peña Madridista de Ames e a Peña Deportivista Expreso. O sábado a verbena comezará ás 22:00 h coa actuación dunha disco móbil e da orquestra Traffic. A partir das 23:00 h está previsto que comece a actuación dunha das mellores orquestras de España, Súper Hollywood.

Día central das festas da Madalena
O gran día das festas do Milladoiro será o domingo 3 de agosto. Durante a media noite do domingo dispararanse as 21 bombas de palenque regulamentarias coas que se dará inicio aos actos festivos desta xornada. A partir das 12:30 horas, realizarase a procesión da Madalena. Este ano o alcalde de Ames, Santiago Amor, exercendo como cofrade levará o estandarte en dita procesión. Media hora máis tarde, ás 13:00 h, celebrarase unha misa solemne. Tralos actos relixiosos, ás 14:00 horas, haberá sesión vermú no campo da festa a cargo da orquestra Óbice Capital.

Xa pola noite, ás 22:00, a discoteca móbil MXP realizará unha actuación no campo da festa. A esta mesma hora, pero na praza de Manuel Murguía, actuarán Kalu Méndez e Alma Beatriz. De seguido, será a quenda da Banda de Nash, coa que recordaremos vellos temas. Posteriormente, ás 23:30 horas, a escola El TomaSon realizará unha exhibición de bailes de salón (salsa, cumbia, bachata, merengue e zouk). E para rematar a xornada central das festas da Madalena, este ano por primeira vez, na praza da capela da Madalena realizarase a queima da fachada e haberá fogos artificiais. 

O último día das festas será o luns, 4 de agosto, que comezará co lanzamento das correspondentes bombas de palenque. Ás 18:00 horas haberá un pasarrúas a cargo da agrupación Os Bertolini de Manzaneda (Ourense). Despois, ás 20:00 horas, Peter Punk presentará o seu último espectáculo na praza de Entrerrúas, situada entre as rúas Agro do Medio e Agro da Madalena. Ás 21:00 h haberá misa na capela da Madalena e ás 21:30 a imaxe da Virxe da Madalena volverá ao seu lugar de orixe na rúa Viorneira. As festas rematarán cunha gran verbena, que comezará ás 22:00 horas, a cargo das orquestra Poceiro e Player´s.

Festas nas parroquias de Tapia e de Covas

En Tapia, as festas comezarán o sábado, 2 de agosto, cunha misa solemne ás 12:30 horas na honra a San Roque. Na xornada do domingo, 3 de agosto, a misa solemne será ás 13:00 horas na honra ao Sacramento. Pola súa banda, a parroquia de Covas festexará o Santo Estevo os días 1, 2 e 3 de agosto.

Ordes - Arranxo e mellora da aldea de Sar

O Concello de Ordes procede co arranxo e mellora da rede viaria da aldea de Sar
Trátase dun tramo de aproximadamente 100 metros nos que se realizaron labores de asfaltado e arranxo de cunetas

O Concello de Ordes vén de investir arredor de 6.000 euros na aldea de Sar, na parroquia de Santa María de Ordes. Concretamente procedeuse co arranxo dunha das súas principais pistas de circulación, cunha lonxitude dalgo máis de 100 metros. Poe ela diariamente transitan veciños e veciños para acceder ás súas vivendas ou ben para poder enlazar, entre outros, coa N-550. Nestes últimos días executáronse as labores de asfaltado superficial e aplicación de graba, así como a limpeza e acondicionamento das cunetas e inmediacións de dita pista. Unhas obras que están incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS), no que tamén se figuran outros núcleos rurais.

Deste xeito o Concello de Ordes continúa co seu plan de investimento nas parroquias da zona rural do seu territorio, co obxectivo de ver mellorados os viais, pistas e camiños polos que transitan tanto maquinaria agrícola, como vehículos particulares, transporte escolar, peóns ou animais.

A Baña - Festa dos maiores

A Baña celebrará mañana sábado, 2 de agosto, su Festa dos Maiores

 El Concello da Baña, como ya es tradición todos los años, cita a todos sus vecinos de más de 55 años a la celebración de la Festa dos Maiores. Será el próximo sábado, día 2 de agosto, en el Área Recreativa Agra de Chans. La fiesta y diversión está garantizada. Todo estará preparado para una comida de unas 600 personas, que podrán degustar empandas, pulpo á feira, carne ó caldeiro con patatas, y postres variados. Antes de la comida está prevista una misa campestres a las 13.30 horas. La comida será a las 14.15 horas. Tras el ‘xantar’ habrá música, que correrá a cargo de la Requinta da Laxeira. Los acordes comenzarán a sonar a primera hora de la tarde, a eso de las 17.00 horas.

Los vecinas y vecinas que deseen acudir deben tener más de 55 años de edad, estar empadronados en el Concello da Baña, recoger la invitación en el Departamento de Servicios Sociais do Concello y el día de la fiesta deben presentar su DNI con la invitación.

Frades - 8 veciños obteñen o carnet de manipulador de alimentos

Oito veciños e veciñas de Frades obtiveron o carné de manipulador de alimentos

Oito veciños e veciñas participaron nun curso de manipulador de alimentos, organizado polo Concello de Frades e que tivo lugar onte mércores no multiusos fradense. Deste xeito, xa son 74 os veciños e veciñas de Frades que obtiveron ou renovaron este carné nos últimos cinco anos. 

Esta credencial é imprescindible á hora de optar a un emprego en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, subministro ou servizo. Así, o carné de manipulador é preciso para traballar en bares, restaurantes, supermercados, garderías, transporte e distribución de alimentos, fábricas de envasado e manipulación, hostalería, comercio, sector cárnico e pescados, comedores escolares, residencias xeriátricas, axuda a domicilio, etc.

Ao longo deste obradoiro, os alumnos adquiriron coñecementos relacionados coa nutrición e coa hixiene, así como coa manipulación dos alimentos. Ademais, analizaron os métodos para a conservación dos alimentos e os riscos que supón a súa alteración.

Ordes - Hoxe comeza o verán cultural

Ordes arranca hoxe o seu ‘Verán Cultural’ con teatro
A Alameda de Ordes acolle ás 21 horas a obra Sede de mal. O Sádado celebrarase o XV Xuntanza de Bandas de Música. O domingo os máis pequenos poderán divertirse cun espectáculo de monicreques

Con comenzo do mes de agosto o Concello de Ordes pon en marcha o seu programa de actos ‘Verán Cultural’. A obra teatral Sede de Mal representarase hoxe venres ás 21 horas na mesma Alameda de Ordes. Unha función especialmente pensada para o público adulto, aínda que a entrada será de balde tamén para os menores que queiran asistir. 

De cara ao sábado o mesmo escenario acollerá a XV Xuntanza de Bandas de Música. A Banda de Música de Ordes e a Banda de Brión serán as que se suban ao escenario a partir das 20 horas. E para rematar a fin de semana o vindeiro domingo, tamén na Alameda ás 20 horas, ofrecerase o espectáculo de monicreques Un conto vello volto a contar. No caso de que as condicións meteorolóxicas non sean propicias para realizar as actuacións ao aire libre éstas terán lugar no auditorio da casa da cultura.

O ‘Verán Cultural’ do Concello de Ordes desenvolverase ininterrumpidamente ata o vindeiro 13 de agosto e nel conxúganse espectáculos musicais, de maxia, acrobacias, teatro, monicreques, baile e moito máis. Un bo xeito para desfrutar en famila o una compaña de veciños e veciñas do verán e dos espazos públicos da vila.

Como colofón final dende o 14 ata o 17 de agosto celebraranse as festas locais na honra á Santa María, nas que está confirmada a presenza de orquestras de primeira liña, como Panorama, Sintonía de Vigo, Palladium ou Armonía Show.

Santiago - Inauguración da exposición de Miguel Anxo Prado

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Cultura, María Antón, inauguran hoxe venres unha exposición antolóxica do debuxante Miguelanxo Prado
Recolle 59 obras orixinais dos máis de trinta anos de carreira do artista e poderá visitarse ata o 31 de decembro

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Cultura, María Antón, inauguran mañá venres a exposición “Mar interior. Miguelanxo Prado”, unha antolóxica do debuxante galego. Será ás 19:30 horas no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na Praza das Praterías, e contará coa asistencia do propio Miguelanxo Prado.

A mostra está promovida polo Consorcio de Santiago e “El Patito Editorial”, comisariada por Fausto Isorna. Recolle 59 obras orixinais dos máis de trinta anos de carreira do artista, un dos debuxantes europeos máis recoñecido polo público e máis valorado pola crítica, profusamente galardoado en certames nacionais e internacionais.

A exposición poderá visitarse ata o 31 de decembro; de martes a sábado, polas mañás de 10.00 a 14.00 horas e polas tardes de 17.00 a 21.00 horas. Os domingos o Museo das Peregrinacións e de Santiago abre de 11.00 a 14.00 horas e os luns permanece pechado.

Axenda e tempo do xoves 31 de xullo - Música, festas, exposicións


Festas do Apóstolo

20.00 h Pasarrúas 
Charanga Mekánika

21.00 h Atardecer no Gaiás Entrada libre 
La Maravillosa Orquesta del Alcohol

22.00 h Praza da Quintana Entrada libre ata completar aforo 
Juan Perro + Zarabanda en concerto

23.30 h Campus Sur 
Fogos fin de festa 

24.00 h Praza do Obradoiro 

Orquestra Olympus


Outras actividades

Teo - Festas patronáis en Cacheiras

Santiago - Terraza do restaurante Ana - Best life + Matar Gente

Santiago - vive o verán 


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Ames Novo - A xunta pecha duas unitarias en Ames

A Xunta pecha dúas escolas unitarias en Ames coa axuda do goberno municipal 

A Xunta acaba de anunciar o peche de dúas escolas unitarias. O goberno do PP de Ames non fixo nada para deter este peche, desprezando o mandato plenario para salvagardar as escolas de Agrón e Bugallido. O PP reduce a oferta educativa, o número de prazas do ensino e dilapida un valioso tesouro educativo e comunitario. 

No pleno do 26 de xuño de 2014 o Pleno municipal as forzas da oposición actuaron para paralizar o peche da unitarias de San Lourenzo de Agrón e Guimaráns en Bugallido. Unha vez que se coñeceu a intención da Xunta de pechalas o Pleno aprobou unha moción, a proposta de Ames Novo, instando a manter abertas todas as Escolas Unitarias de Ames. Os acordos desta moción incluían "difundir ao conxunto das familias a posibilidade de escolarizar ás súas fillas e fillos nas escolas unitarias, e ao tempo informar adecuadamente do valor desta opción educativa; recoñecendo ademais a súa función na desconxestión dos centros educativos de Ames".

O peche está directamente relacionado co desprezo do goberno de Ames deste acordo, o PP non fixo ningún tipo de promoción das escolas e o seu modelo educativo. Seguen pesando os prexuízos sobre as unitarias como un ensino do pasado, xunto a falta de servizos complementarios dos que dispoñen os colexios e, sobre todo, un descoñecemento sobre os beneficios deste modelo educativo. A falta de matrícula nun só curso foi motivo suficiente para que o PP tire con toda unha historia comunitaria desde comezo do século XX e unha forma de comprender o ensino que está sendo recuperada nos modelos educativos máis avanzados. 

O curso pasado as unitarias de Covas e Agrón continuaron abertas grazas ás loita das familias e das súas comunidades, a actuación heroica deste movemento cidadán rematou co suposto compromiso do goberno de Ames para promover este modelo educativo e evitar as seguintes ameazas. O goberno do PP non fixo o traballo que lle correspondía, ningunha actuación para sacar adiante o acordo do Pleno para valorizar as escolas. O PP abandonou as unitarias e deixou morrer estas escolas, non tiveron máis matrícula polo descoñecemento desta alternativa polas familias e desleixo do goberno de Ames. A inacción do PP acabou con dúas escolas, destrozando todo un tesouro educativo e un século de memoria das parroquias de Agrón e Bugallido. 

En xuño de 2013 o Pleno aprobou por unanimidade unha moción que recollía: "O mantemento das escolas unitarias do noso concello como centros dun avanzado sistema pedagóxico e de participación comunitaria, que contribúe notablemente á calidade dos servizos educativos. Do mesmo xeito estes centros son moi importantes para manter unha correcta oferta de prazas nun concello cun dos índices de natalidade máis elevado do país, podendo contribuír a desconxestionar o resto dos centros escolares". O goberno de Ames abandona outra vez a educación e as parroquias rurais, actuando como delegación do PP que contribúe a recortar o público e renuncia a defender os intereses de Ames. O PP acaba cun legado educativo e comunitario para sempre, unha morte para sempre con toda unha tradición de mestres e educación en comunidade.

Fundación Araguaney - Petición de material médico-sanitario para Gaza

La Fundación Araguaney- Puente de Culturas hace un llamamiento urgente a todos los galleg@s: “Solidaridad con la campaña de recogida del material médico-sanitario para la Franja de Gaza”

Se trata de una iniciativa de la Asociación Médica Hispano- Palestina

La Asociación Médica Hispano- Palestina (AMHP) muestra su indignación ante el genocidio que está perpetrando el ejército de la ocupación israelí en la Franja de Gaza contra la población civil palestina a través de un comunicado que ha emitido estos días.

Según el escrito, las imágenes de los niños palestinos muertos, mutilados, quemados, heridos de consideración, huérfanos y la destrucción de las casas, hospitales, ambulancias, lugar de culto, colegios (uno de ellos un colegio gestionado por la UNRWA, que fue bombardeado, resultando muertas 16 personas y 200 heridos entre niños y mujeres que se refugiaban allí de los bombardeos), arrojan un resultado aterrador: hasta las 18:00 horas del 27 de julio de 2014, ha habido más de 1.061 muertos, 6.032 heridos y la destrucción de 3.640 casas civiles debido a los 5.455 ataques aéreos israelíes desde el comienzo de la agresión.

Ante la situación crítica y el deterioro del estado de salud de la población palestina en la Franja de gaza por la brutal agresión del ejercito israelí, la Asociación Medica Hispano-Palestina (AMHP) comienza una campaña de recogida de material médico, medicamentos yn personal médico para poder atender a los heridos entre la población civil en Gaza. Para alcanzar estos objetivos piden la ayuda y la colaboración del pueblo español a nivel personal, de asociaciones, ONGs, partidos políticos y sindicatos.

La campaña solidaria estará abierta del lunes-28 hasta el martes, día 12 de agosto. El lugar de recepción del material medico será la sede de la Misión Diplomática de Palestina en España, sita en la calle Pio XII, 20 (Madrid, 28.016).

Teléfono de contactos:
1. Yamil Abu Saada, 0034686494329. (AMHP)
2. Ahmad Maaruf, 0034607307065. (AMHP)
3. Mohamed Amro, 0034695836541, 0034 913453258 (Embajada de Palestina)


Número de cuenta del banco Bankia: IBAN: ES39 2038 1173 7860 0048 4825

Psoe Ames - O goberno carga facturas a uns presupostos non aprobados

O PSDEG CRITICA AO GOBERNO MUNICIPAL POR FACER GASTOS VINCULADOS AOS ORZAMENTOS DO 2014 SEN QUE ESTÉN PRESENTADOS E APROBADOS

Miñones di que o goberno ten que refuxiarse en todo tipo de argucias pouco recomendables e serias para intentar que o concello non se paralice totalmente

.vehículos, equipados con kit policial, cos que se renova o parque automobilístico do corpo da Policía Local de Ames. Para o Grupo Socialista esta é unha necesidade que se viña reclamando por parte deste corpo de seguridade e que, polo tanto, non criticamos a súa compra. Pero o que nos parece preocupante, e que é o motivo desta nota vén derivado da alegría coa que o alcalde amiense, Santiago Amor, e o seu grupo de goberno municipal fan uso dos orzamentos do 2014 sen que estos fosen aínda presentados ao pleno da corporación.

O pasado mes de maio o goberno do Partido Popular de Ames trasladounos aos grupos da oposición un borrador dos orzamentos para o ano 2014, e posteriormente a finais de xuño na que o alcalde pedíu propostas. Desde aquela xuntanza nunca máis volvemos a saber nada destes orzamentos, excepto que por parte da alcaldía se están a gastar unhas cantidades económicas importantes dunhas partidas que a estas alturas non existen, son fictícias.

Pregúntanse os socialistas se esta maneira de actuar do goberno que preside Santiago Amor é a correcta, “case tres meses despois da presentación do borrador dos orzamentos este alcalde segue sen mover ficha para que se aproben os orzamentos do 2014, claro exemplo do abandono ao que ten sometido ao concello”, apunta José Miñones, o portavoz municipal do PSdeG.

Os socialistas que cualifican esta maneira de actuar do PP de insensata e imprudente, máis cando, no caso dos novos vehículos da Policía Local levan anunciando desde o mes de marzo que están a destinar unha partida para a súa compra. “Non hai dúbida que a actividade municipal ten desbordado a este goberno minoritario que non destaca tampouco pola súa dedicación e traballo”, di Miñones; e por iso “teñen que refuxiarse en todo tipo de argucias pouco recomendables e serias para intentar que o concello non se paralice totalmente”, apostilla o portavoz.

Pídenlle os concelleiros e concelleiras do PSdeG ao alcalde do PP que espabile e peche dunha vez os orzamentos e os leve a pleno, e de paso así daralle contido ao máximo órgano do concello, o cal o está empregando para aprobar nimiedades e cousas de puro trámite. Lembran que ao pleno ordinario de xullo o goberno só levan un punto na orde do día: a aprobación dos festivos locais.

Rematan os socialistas, afirmando por boca do seu portavoz que “afortunadamente xa queda menos para o sufrimento dos veciños e veciñas de Ames, porque todo o mundo sabe que Santiago Amor ten data de caducidade: xuño de 2015”

axenda e tempo do mércores 30 de xullo - Festas. música, exposicións

Festas do Apóstolo

19.30 h Praza de San Martiño Pinario
Fantoches Baj +Banda Municipal de Música
As pombas de Carboeiro

21.00 h Auditorio de Galicia Entrada libre ata completar aforo
Real Filharmonía de Galicia
CONCERTO SON(UT)OPÍAS (Universidade de Santiago)
Paul Daniel, director Haruna Takebe, piano
Toshio Hosakawa Meditation to the victims of tsunami
W. Amadeus Mozart Concerto para piano nº 23 en La maior, KV488 (2º mov)
Toshio Hosokawa Lotus under the moonlight (Homage à Mozart)

22.00 h Praza da Quintana Entrada libre ata completar aforo
Tinariwen en concerto + Narf Trío

Outras actividades

Teo - Festas patronáis en Cacheiras

Santiago - circo de gorra en distintas prazas 

Santiago - vive o verán 


Santiago - 75 años do exército do aire

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Fonseca - Valle - Inclán traducido

O Tempo

Ames - O concello ten cuberto o servizo de recadación pola Deputación provincial

O Concello de Ames ten cuberto o servizo de recadación de impostos pola Deputación Provincial da Coruña tralo acordo plenario adoptado en outubro de 2012

Asemade, as taxas por diferentes servizos de conciliación ou de varios programas de servizos sociais son xestionados pola anterior empresa concesionaria do servizo de recadación, que xa realizaba esta xestión dende o ano 2008, xa que a Deputación non acepta este tipo de delegacións.

Dito acordo plenario foi aprobado cos votos dos concelleiros/as non adscritos que pertencían naquel momento ao grupo municipal popular.

Respecto do pago do imposto de circulación (IVTM) correspondente o ano 2014 e ás incidencias detectadas, o Concello de Ames xa se puxo en contacto co servizo de recadación da Deputación da Coruña o pasado día 18 de xullo, para coñecer o motivo polo que non chegaron algunhas das notificacións que se fixeron por correo aos veciños amienses, para o pago en período voluntario de dito imposto e coñecer a solución a adoptar a este erro.

Dende o acordo plenario adoptado no mes de outubro de 2012 a Deputación Provincial da Coruña pasou a xestionar as competencias en materia tributaria e de sancións por infraccións de tráfico do Concello de Ames. Deste xeito, o Concello de Ames delegou a xestión e recadación voluntaria e executiva de diferentes impostos, taxas e prezos públicos municipais no servizo de recadación deste organismo provincial. Aínda así, existen outro tipo de impostos que o Concello de Ames delegou xa no ano 2008 na empresa GTT, SA.

Dende o pasado mes de febreiro de 2013 a Deputación Provincial da Coruña xa xestiona as competencias en materia tributaria e de sancións por infracción de tráfico do Concello de Ames (imposto de bens inmobles, imposto municipal de circulación de vehículos, vaos, terrazas, imposto de construcións e obras, etc).

Aínda así, existen outro tipo de impostos que o Concello de Ames pode delegar a súa xestión nunha empresa privada ou que pode tramitar o propio Concello de xeito directo. Actualmente, este traballo está sendo realizado pola empresa Gestión Tributaria Territorial SA, que leva xestionando estes servizos dende o ano 2008. A maior parte dos impostos que xestiona esta empresa son os que están relacionados con actividades de conciliación , culturais, deportivas ou de varios programas de servizos sociais. Previamente, outra empresa xa xestionou ditos impostos dende o ano 2001.

Polo tanto, dende o Goberno municipal cualifican de absurda a actitude que adoptaron os concelleiros/as non adscritos que critican aquilo que votaron a favor no pleno de outubro de 2012.

Impostos xestionados pola Deputación

O servizo de recadación da Deputación Provincial da Coruña encárgase principalmente de xestionar tres taxas municipais como son o IBI, o IAE e o IVTM. Ademais, a entidade provincial, a través do seu servizo de recadación, asumiu as xestións e recadación dun total de sete tributos. Entre estes, atópanse o referente ao uso privativo ou aproveitamento especial das vías públicas e os prezos públicos anuais, o uso de terrazas (colocación de mesas, chairas e outro mobiliario) e as notificacións colectivas por razóns de instalacións de postos e barracas, casetas de venta, espectáculos ou atraccións situados en terreo de uso público municipal e outras industrias ambulantes, incluídas as rodaxes cinematográficas.

Inclúese neste paquete de competencias a recadación por infraccións de lei sobre tráfico, a recadación executiva dos prezos públicos por períodos de menos dun ano, a facultade para establecer acordos coa administración tributaria do estado en materia de colaboración e inspección en relación co IBI.

Aínda así, existen outro tipo de impostos que o Concello de Ames delegou no ano 2008 na empresa GTT, SA.

O pasado 10 de xullo o Concello de Ames procedeu a renuncia do expediente de contratación do servizo de colaboración na xestión tributaria, censual, inspectora e recadatoria do Concello de Ames non delegada na Deputación Provincial da Coruña. Esta decisión tomouse xa que non se axustaba ás necesidades do Concello o non recoller a xestión e recadación da taxa polo abastecemento e saneamento, debido a que nos últimos meses se estivo intentando sacar a licitación o Ciclo Integral da Auga, na que a empresa adxudicataria desenvolvería dito traballo.

Impostos e taxas non delgadas na Deputación

A adxudicataria deste servizo sería unha empresa, que colaboraría coa Deputación da Coruña, en materia de recadación e xestión tributaria. Deste xeito, tería que encargarse da liquidación e recadación daquelas taxas, impostos e prezos públicos que non están delegados na Deputación Provincial da Coruña.

As función que tería que desenvolver serían as relativas ao imposto de construcións, instalacións e obras, así como das taxas dos servizos educativos (Bos Días Cole, Tardes Divertidas, Rede Municipal de Comedores Escolares, Psicomotricidade educativa e preventiva, programas lúdicos). Tamén se tería que encargar da taxa pola prestación de axuda no fogar; do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais do concello de Ames; e da liquidación e recadación de multas coercitivas.

Entre as súas funcións tamén figurarían a taxa por instalacións de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico; a taxa de licenza de aperturas de establecementos ou pola actividade de control posterior daquelas actividades sometidas a comunicación previa ou declaración responsable; e a taxa pola entrada de vehículos a través de beirarrúas e por reserva da vía pública para aparcadoiro exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

PP Provincial - O comité executivo aproba a xunta xestora de Brión entre outras da provincia

El Comité Ejecutivo Provincial del PP en la provincia de A Coruña aprueba las nuevas gestoras de Brión, Dumbría, Betanzos y As Pontes
· José David García Arcos presidirá la gestora de Brión, mientras que Manuel Barcia García la de Dumbría; José Ángel Rodríguez Prieto la de Betanzos y Manuel Escourido Calvo la de As Pontes.

Los miembros del Comité Ejecutivo del Partido Popular en la provincia de A Coruña aprobaron esta tarde en una reunión mantenida en la ciudad de Santiago de Compostela presidida por el presidente provincial, Carlos Negreira; y el secretario general, Diego Calvo, las nuevas juntas gestoras de los municipios de Brión, Dumbría, Betanzos y As Pontes. 

En Bríon, José David García Arcos ocupará el cargo de presidente; mientras que Patricia Agrafojo Lois será la secretaria; y Mercedes Gloria Vázquez García la tesorera. Los vocales serán: Beatriz Castro Rey, Saturnino, Abete Redondo, Ramón Carro Otero, María Fariña Bellón y Secundino Tosar Boullón.

La nueva gestora de Dumbría estará presidida por Manuel Barcia García; el puesto de secretario será para Jesús Lema Puente y los vocales serán: Rubén Blanco López, Jesús Manuel Maceira Trillo, Michael Grille Santiago, Martín Domínguez Trillo, María Rocío Lema Vieites y Carlos Lado García.

En el municipio de Betanzos, el presidente será José Ángel Rodríguez Prieto. El cargo de vocal será para: Raimundo Calvo Sánchez, José Luis Santos Cobelo, María del Carmen Teijo Cean, Ana María Ascariz Rodríguez, José Manuel Espiñeira Torres, Jorge Valiño Sánchez, Ana María Vázquez Mosquera, Olga López Santos, María Lourdes Vía Maceiras, Santiago Mosquera Faraldo, Pedro Seijo Fernández, José Antonio Amor Suárez, María Jesús Rodríguez Prieto, José Zapata Marante, María Fernanda Faraldo Botana, José Luis Pita Gómez, Pablo Tomé Crespo, José Villarnovo Faraldo, José Luis Lagoa Freire, Roberto López Remeseiro, Alberto Mauri Placer y Julio Platas.

Por último, en As Pontes, Manuel Escoruido Calvo será el presidente, acompañado por Jesús Manuel Pérez Corgos, Berta Ruiz Gárate, Juan Pico Tembrás, Margarita Rivera Piñeiro y María Dopico Rodríguez como vocales.

Silleda - O concello recurre ante o ministerio a denegación de axudas por danos polo temporal

O CONCELLO RECURRE ANTE O MINISTERIO DE INTERIOR A DENEGACIÓN DE AXUDAS OS DANOS OCASIONADOS POLOS TEMPORAIS, A TRAVÉS DO REAL DECRETO LEI 2/2014

O Concello de Silleda solicitou o pasado 1 de abril de 2014 as axudas que ofrecía O Ministerio de Interior a través do RD Lei 2/2014 polo que se adoptaban medidas urxentes para reparar os danos causados no primeiros meses do 2014 polas tormentas de vento e mar na fachada atlántica e na costa cantábrica, publicado no BOE o 22 de febreiro.

Desde o departamento de urbanismo preparouse o expediente con todos os danos sufridos nos inmobles e infraestruturas municipais e de acordo artigo 3.3 do Real Decreto, onde se especifica un prazo de 2 meses contados a partir da entrada en vigor do mesmo, envíase con rexistro de saída do Concello do día 1 de abril dentro do prazo legal establecido.

Na primeira semana de xullo recíbese unha comunicación do Ministerio de Interior onde nos advirten de que a solicitude presentada polo Concello de Silleda é denegada por sobrepasar o prazo establecido para tal fin.

Desde este Concello enténdese que é un erro pois aplícannos unha norma do 2005, concretamente o RD 307/2005, cando desde esta Administración Local solicitouse a axuda de acordo co Real Decreto Lei 2/2014, que era o que fixaba o prazo.

Polo tanto esta denegación non se entende ende en absoluto, máxime cando o Ministerio de Interior o xoves 1 de maio, aquí si estaba esgotado o prazo, publica unha orde ministerial especificando cales son os termos municipais e núcleos de poboación afectados polas tormentas de vento e mar na fachada atlántica e na costa cantábrica e volven a habilitar un prazo de 2 meses.

É difícil de entender que agarden a que se presenten as solicitudes e con posterioridade digan cales son as poboacións afectadas, claro esta Silleda non se encontra entre elas.

Tendo todo o exposto en conta está claro que se por algo se rexeita a nosa solicitude e por non atoparnos incluídos no orde do 1 de maio e non por un tema de prazos.

Oroso - O concello clausura este xoves o cursos de natación cunha festa

O Concello de Oroso clausura este xoves os seus cursos de natación cunha festa con inchables na piscina municipal de Sigüeiro

O Concello de Oroso celebrará este xoves 31 de xullo a clausura dos seus cursos de natación cunha gran festa con inchables na piscina municipal de Sigüeiro. Unha festa aberta a toda a veciñanza que dará comezo ás 16:30 horas, con actividades e inchables acuáticos. O acceso será libre e de balde.

A iso das 18:30 horas, o concelleiro de Deportes, Luís Rey Villaverde, fará entrega dos diplomas dos cursos de natación 2014, celebrados durante este mes de xullo. Uns cursos organizados polo Concello de Oroso e impartidos por Viraxes, servizos deportivos, nos que participaron 130 rapaces e rapazas do municipio. A festa rematará a iso das 19:00 horas.

Casa das Crechas - Hoxe Cantata Vernácula no Vía Sacra Peregrina Festival

Hoxe novo concerto de Cantata Vernácula no Vía Sacra Peregrina Festival
‘Cantata Vernácula’ (música tradicional) mércores 30 19.30h

Continúa na praza da Vía Sacra o Via Sacra Peregrina Festival organizado polos tres locais que dan a este espazo emblemático: Cervantes, Albaroque e Casa das Crechas. Esta programación de xullo está patrocinada pola cervexa artesá compostelá A Peregrina e acolle hoxe unha actuación do dúo Cantata Vernácula, que fai música tradicional mesturada cunha forte dose de humor. 

Este dúo, formado por Suso Vaamonde e Xoán Porto, foi creado no ano 2009 e intenta recuperar nos seus espectáculos a participación activa do público a través da música tradicional de Galicia. Acompáñanse do acordeón e da zanfona para ir introducindo ao público en nunha auténtica festa galega onde músicos e espectadores se confunden, onde todos acaban cantando. Entre bromas, anécdotas e explicacións, este dúo consegue achegar o noso folclore a todos os públicos dun xeito orixinal e divertida.

Suso Vaamonde ten acadado diversos premios en certames de gaita galega, entre eles o prestixioso Constantino Bellón (Ferrol). Gravou algúns CDs, como “Danza Prima”, xunto co seu irmán Pepe Vaamonde; “Galicia Terra Única”, con Nani García; “Terrabieita”; “Doce polainas enteiras”; ou “Vellas Artes” co trío Vaamonde, Lamas & Romero. Pola súa banda, Xoán Porto toca a gaita, acordeón, guitarra e bouzouki e ten arranxado temas para o grupo Leilía.


BNG A Estrada - Augas fecais asolagan baixos e portais

Aguas fecais asolagan baixos e portais na avenida de Santiago
O concelleiro nacionalista esixe unha solución a este problema de saúde pública que afecta a veciños e veciñas da Estrada, así como aos nenos e nenas que acoden a diario ao colexio público de Figueiroa e á escola infantil

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, denuncia que o alcalde fai caso omiso ás demandas dos veciños e veciñas do final da avenida de Santiago que teñen un grave problema coas augas fecais.

Segundo explicou o concelleiro nacionalista, “no mes de febreiro o alcalde recibiu a varios veciños desta rúa, que demandaban unha solución ao desbordamento das aguas fecais á altura do 116 de Avda. De Santiago, fronte ao colexio público de Figueiroa, que se producía pola intensidade das choivas que se rexistraban naquela altura”. “Este desbordamento”, explicou Magariños, “ten como consecuencia o asolagamento dos portais e baixos do edificio que se atopa a esta altura, así como o desbordamento todo tipo de lixo e malos olores, co conseguinte problema de salubridade pública que teñen este tipo de verquidos”.

“Parece ser que o alcalde quedou en darlles unha solución”, explicou o concelleiro do BNG, “mais meses máis tarde cada vez que chove os veciños veciñas volven ter o mesmo problema, que, se tivéramos en conta as palabras do alcalde, xa debería estar solucionado, mais non é así”.

“Temos que recordar que este desbordamento de augas fecais”, engadiu o concelleiro nacionalista “ prodúcese xusto diante dun paso de peóns, que utilizan a diario os veciños e veciñas do final da avenida de Santiago, mais tamén os centos de nenos e nenas que a diario van ao colexio público de Figueiroa e a escola infantil, situada moi preto”.

“Eu non sei se o alcalde este que temos é un inconsciente ou un irresponsábel que non sabe o que se trae entre mans”, explicou Magariños, “pero quedou cos veciños e veciñas en que solucionaría este problema de saúde pública nun mes, pero está próximo o inverno e non hai traza de que se lle dea unha solución antes das próximas choivas”.

“Este é un problema de saúde pública que debe resolverse xa”, explicou o concelleiro do BNG, “e esiximos ao alcalde que lle dea unha solución, atendendo así as demandas dos veciños e veciñas da avenida de Santiago”.