Axenda e tempo do sábado 21 xuño - Teatro, música, exposicións


Santiago -
Vite - VI Torneo Hockey Compostela

Santiago - Castelo da Rocha V Romería do Castelo da Rocha

Santiago - Capitol - Compostela Reggae

Santiago - Concerto iunfatil da escola de altos estudos

Santiago - CSC Santa Marta - baile de sombras

Santiago - Casa das Crechas - Día da Música

Santiago - Restollal - I Gala de Judo


Santiago - Miramemira - Tres tristes tetris

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

O Tempo

Asociación Ponte do Romaño - Sardiñada en San Xoan

SARDIÑADA DE SAN XOÁN
Con motivo da festividade de San Xoán, o luns día 23 de xuño, a partir das 20,00 horas, farase unha sardiñada no solar que está entre a Torreira e a Pontepedriña de Arriba (ao lado da casa de Ricardo Castro). A entrada é pola rúa Pontepedriña de Arriba xa que pola parte da Torreira ten moi mal acceso. Animamos a todos os veciños e veciñas a acercarse coas súas familias e compartir sardiñas, pan e viño con nós.

Durante toda a tarde estaremos facendo a montaxe e cacharela no dito solar e agradeceríamos a colaboración de quen queira vir a botar unha man.

O martes 24 de xuño – Parque infantil de xogos , con inchables e circuito de karts para os nenos

-Odu duo musical , disfrutaremos da súa música sesión vermú e a partires das 22 horas.

Área Central - Rastro de antigüedades

El rastro de antigüedades, este fin de semana en Area Central

Este fin de semana regresa a los pasillos de Area Central su ya consolidado rastro de antigüedades, un evento mensual que reúne más de veinte expositores de diferentes puntos de Galicia y Portugal con miles de piezas antiguas originales y reproducciones ofrecidas a los coleccionistas y a los amantes de muebles y objetos antiguos.

El rastro, que ocupa un espacio de más de 400 metros cuadrados, puede visitarse el tercer fin de semana de cada mes, el sábado entre las 10 y las 22 horas; y el domingo entre las 12 y las 21 horas. En el rastro los paseantes pueden adquirir variadas joyas de coleccionismo que, tal y como señala el gerente de Area Central, Juan Carlos Losada, "difícilmente se pueden localizar en los establecimientos clásicos". 

El rastro de antigüedades, que lleva celebrándose desde el año 2009, es una apuesta clara de Area Central por continuar siendo una referencia entre las superficies comerciales como centro de eventos.

Teo - Instalación de meses de merendeiro n entorno da Burga

O concello instala mesas de merendeiro no entorno da Burga
A brigada de obras tamén as instalou nas últimas semanas ó carón da Casa Común da Torre en Cacheiras 

O Concello de Teo vén de instalar catro mesas de merendeiro no entorno da Burga. Esto dalle un valor engadido a un espazo que xa por si mesmo é un lugar privilexiado na beira do río Ulla, na parroquia de Reis. Nos últimos días a brigada de obras municipal colocou catro mesas no recinto ocupado por unha antiga edificación en ruínas, xusto na parte superior da Burga.

Este local só ten o esqueleto das paredes e non ten teito. A maleza que foi medrando no interior xa se limpara hai tempo e neste momento baleirouse de todo dalgún resto de escombro que quedaba no interior para poder colocar as mesas. Acordouse facer nese recinto e non no exterior porque as paredes serven de protección do sol ou do vento. No outono está previsto plantar a coñecida vulgarmente como “falsa parra”, unha planta enredadeira e trepadora de folla caduca. Con esto preténdese cubrir o interior das paredes nun prazo de dous ou tres anos. Trátase dunha actuación que mellorará este espazo cunha mínima intervención no propio medio. 

Nas últimas semanas tamén se colocaron outras dúas mesas ó carón das pistas deportivas no lugar da Torre, en Cacheiras. Xusto debaixo está a Casa Común da Torre e completar a oferta deste espazo era unha demanda veciñal. O custe da instalación destes elementos de mobiliario urbanos foi de ó redor de 3.000 euros, segundo informa o Departamento de Servizos Básicos, dirixido por Xurxo Francos. 

Balneario 
A burga de Pontevea é unha fonte circular na que sae auga sulfurado por un cano. Segundo contan os veciños o edificio no que se instalaron agora as mesas mandouno construír un cura como casa de baños para que os pobres se puideran beneficiar das propiedades da auga. Hoxe o edificio está en ruínas. Despois de morer o cura unha familia da zona pretendou privatizar o balneario e o pobo reclamou a propiedade do manantial, mais o edifio non se mantivo. 

As augas desta fonte termal son sulfuradas -cloruradas sódicas-, xorden cunha temperatura de 15ºC e utilízanse basicamente nas afecciones reumáticas, da pel, doenzas dos ollos, e como bebida para as do fígado. Presenta un caudal moderado.

Santiago - Noite de reggae galego na Capitol

Sala Capitol

A Asociación Minho Reggae aposta pola difusión da música reggae galega, reunindo a algunhas das bandas máis representativas da Comunidade co fin de ofrecerlle ao público a posibilidade, en colaboración co ciclo Compostela Rock, de asistir á primeira noite temática

reggae na que só participan bandas galegas: unha cita de reunión para todos os artistas e amantes deste estilo musical, así como unha plataforma para os grupos de reggae, tanto noveis como de longa traxectoria, para darse a coñecer e amosar o seu traballo.

MENINOS CARENTES

A banda galego-portuguesa Meninos Carentes faranos viaxar de Brasil a Xamaica, con temas reggae funky cantados en galego portugués. Levan dende 2008 nos escenarios presentando as súas músicas reivindicativas que falan dos problemas sociais, da corrupción, a pobreza e as inxustizas das favelas de Río de Xaneiro pero que poderían trasladarse a calquera punto da xeografía. Temas que fan bailar pero tamén reflexionar

Cun directo cheo de forza e enerxía, os Meninos Carentes son:

-Xoán Lois Vila, na voz

- Javier Marcos, na guitarra rítmica e na voz

- Javier Vicente, no baixo

- Zeca Lois na guitarra solista

- Jorge Méndez, na percusión

- Cristian García na batería.

Músicos moi coñecidos na provincia de Pontevedra e Porto, por levar anos participando en distintas bandas, proxectos musicais e apoiando a difusión reggae en Galicia e no Norte de Portugal.

NATURAL GREEN

Natural Green é unha das grandes promesas do reggae do norte de Galicia. Nacía en Ferrol no ano 2009 cando catro músicos decidían unirse para crear unha banda ao máis puro estilo reggae que na actualidade forman dez músicos moi novos. Nos últimos anos xa pasaron por algúns dos festivais máis importantes de España como o Foundation Reggae Festival, o Rototom SunSplash (o festival máis importante de reggae a nivel europeo), o Minho Reggae Splash ou o Reggaeboa Festival.

Unha proposta orixinal e innovadora na que non só atopamos reggae, roots, dub senón tamén jazz, música tradicional ou folk. Neste 2014 presentarán o seu primeiro traballo.

Compoñentes:

Richi Mouriño – voz

Pablo Aramburu – baixo

Pablo Mera – guitarra e coros

Iago González – teclado e coros

Rubén Ferreira – trompeta

Fran Ladra - trombón

Esteban Barcia - trombón

Fausto Escrígas – axo

David Gómez – batería

Pablo Vergara - percusión

ZAMARAMANDI

Zamaramandi xorde como un proxecto musical na cidade de Vigo no ano 2008. Nos seus inicios crean un repertorio orientado cara a un son clásico do Roots Reggae. En 2009 foron gañadores do “V Concurso Galego de Reggae” e participan na final ibérica do concurso “European Reggae Contest”. Na actualidade están somerxidos na gravación do seu primeiro disco. Un EP, producido por un dos máximos expoñentes do reggae nacional, Roberto Sánchez, que está composto por sete temas.

Na súa traxectoria comparten cartel con bandas como Fully Fullwoods Band, integrada por auténticas lendas vivas do Reggae, e ofrecen espectáculos en salas e festivais dentro e fóra de Galicia.

O son desta primeira etapa queda rexistrado no ano 2010 coa gravación do single “Are We Free”, co produtor Roberto Sánchez. A finais do 2011 deciden dar un paso máis na exploración do Reggae, proceso que rematou coa gravación do seu primeiro disco neste 2014. Tamén destaca o seu traballo como banda de acompañamento de representantes galegos do Reggae e de artistas como o londiniense Benjammin así como o santanderino Roberto Sánchez e artista inglés Alpheus

Compoñentes:

Xabier Rey - Voz principal


Cibrán Rey - Batería e coros


Sergio García - Baixo

Jorge Méndez - Percusión


Andrés Rodríguez - Percusión de man e coros


Javier Vicente - Guitarra rítmica


David Gago - Guitarra líder


Adrián Blanco - Hammond e teclados


Pedro Álvarez – Saxo

TRANSILVANIANS

Transilvanians fórmanse no ano 2004 na cidade de Vigo. A banda está composta por músicos experimentados doutros grupos da escena viguesa de estilos moi dispares. O que os leva a unirse e a paixón que senten por estilos de música negra coma o Soul, Funk, R&B e moi especialmente polo Ska, Rocksteady e o Early Reggae Jamaicanos. Todo isto unido a súa afección polo xénero de terror, a serie B e a ciencia ficción conforman unha proposta cando menos orixinal. Xunto a composicións propias tamén interpretan temas de The Skatalites, The Temptations, The Melodians, Georgie Fame ou os británicos The Clash. Despois de varios cambios de formación, catro traballos discográficos e numerosos concertos pola xeografía estatal e internacional (Portugal, Alemaña..) co seu propio repertorio ou apoiando a artistas como Roy Ellis aka Mr. Symarip, lenda do Reggae ao que acompañan de maneira habitual en directo e co que gravaron o pasado 2012 o seu novo single “You Can’t Leave Now”. O pasado ano presentaron “Kings Of Catacomb Reggay” novo EP composto por 4 cancións , e preparan o seu primeiro tour europeo cara o vindeiro verán.

Compoñentes:

J. Vicente – guitarra.

Javier Marcos – voz e percusión.

Nestor Meizoso – baixo.

Xabi Vieitez – piano & Hammond.

Kino ‘Little Cobra’ – batería & voz.

Pedro Farinhas – saxo & percusión.

Antonio Rodríguez – trombón & voz.

Mancomunidade Ordes - Premios "galego na onda"

A Mancomunidade de Ordes entrega os premios da fase local do concurso de cuñas de radio ‘O galego na onda’
O acto tivo lugar no CPI da Ponte Carreira (Frades) e contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, do presidente da Mancomunidade e do alcalde de Frades
Os gañadores pasan á fase autonómica do certame, competindo coas cuñas gañadoras noutros municipios galegos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes entregou esta mañá os premios da fase local do concufrso de cuñas de radio ‘O galego na onda’, convocado pola Rede de Dinamización Lingüística na súa programación co gallo do Día das Letras Galegas. O acto tivo lugar no CPI da Ponte Carreira (Frades) e contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; do presidente da Mancomunidade e alcalde de Ordes, Manuel Regos; e do alcalde de Frades, Roberto Rey.

Na categoría de primeiro e segundo curso da ESO, o primeiro premio correspondeu á cuña elaborada por Marta Rey, Diego Bodelo e Andrea López. O segundo premio foi para a creación de Sara Uzal, Matías Bodelo e Lorena García. En canto á categoría de terceiro e cuarto da ESO, obtiveron o primeiro premio Lucía Mosquera e Sandra Mella. O segundo correspondeulles a Sheila Rodríguez e Sara Rivadas. 

O xurado do certame valorou especialmente o grao de elaboración das mensaxes, a súa orixinalidade e a calidade no uso da lingua. Neste sentido, o responsable autonómico de Política Lingüística destacou a capacidade creativa do alumnado de Frades: “desde Santiago vimos que o CPI da Ponte Carreira foi o máis dinámico neste concurso, foi o centro estrela de toda Galicia, e por eso decidimos entregar aquí os premios”, asegurou Valentín García. O presidente da Mancomunidade e o alcalde de Frades felicitaron tamén aos estudantes e desexáronlles sorte na seguinte fase do concurso.

E é que os gañadores dos primeiros premios desta fase local de ‘O galego na onda’ entran agora nunha segunda fase na que a súa cuña competirá coas gañadoras doutros municipios da Rede de Dinamización Lingüística nos que se desenvolveu este concurso. Os gañadores desa segunda fase obterán como premio un lote de libros e a gravación dun programa na radio autonómica coa colaboración de profesionais.

Antes desa fase autonómica, tanto os primeiros como os segundos premios da fase local poderán participar a partir de setembro nun obradoiro de radio en Radio Ordes, con profesionais como o actor Rubén Riós que lles ensinarán como manexar a voz, a música e os efectos sonoros. O uso das tecnoloxías da comunicación foi un dos factores destacados polo secretario xeral de Política Lingüística: “nas nosas accións queremos promover o galego e ademais facer cousas útiles para o voso futuro, as tecnoloxías da información encaixan nesa idea e por eso pensamos en cuñas de radio”. O presidente da Mancomunidade animou o alumnado a “disfrutar e aprender” nos obradoiros que se desenvolverán na radio municipal.

Ames - Comisións previas o pleno de xuño

Nas comisións informativas previas ao pleno de xuño abordouse a expropiación forzosa de terreos e a redistribución de anualidades da obra de abastecemento en Ames e Brión

Tratáronse varios temas entre os que se atopaban a aprobación inicial do regulamento do servizo municipal de transporte adaptado do Concello de Ames, así como a expropiación forzosa, polo trámite de urxencia, para a obtención dunha finca que é necesaria para a execución do proxecto complementario de abastecemento en Ames e Brión.

Ademais, abordouse a solicitude formal que hai que realizar ante a Dirección de Augas de Galicia para que sexa este organismo público o que sufrague o 92,68% do importe de execución do proxecto de abastecemento Ames - Brión. Deste xeito, a achega que tería que realizar o Concello de Ames sería de 400.000 euros (repartida en dúas anualidades:100.000 euros no ano 2014 e 300.000 euros no ano 2015).

O Concello de Ames convocou para este venres as comisións informativas, previas ao pleno ordinario do mes de xuño, nas que se abordaron varios temas entre os que destacan a aprobación inicial do regulamento do servizo municipal de transporte adaptado do Concello de Ames, así como a expropiación forzosa, polo trámite de urxencia, para a obtención dunha finca que é necesaria para a execución do proxecto complementario de abastecemento en Ames e Brión e a redistribución das anualidades da obra deste mesmo proxecto de abastecemento. Ademais, tratáronse dúas mocións presentadas polos concelleiros/as do grupo municipal socialista e polos concelleiros/as non adscritos/as María Dolores Fernández, Alfonso Rey, María González, Manuel Ferreiro, Emilio Martínez e Ramón García Argibay.

Nas comisións informativas, previas ao pleno ordinario do mes de xuño, tratáronse dous temas relacionados co proxecto de abastecemento en Ames e Brión. Un destes temas foi a expropiación forzosa, polo trámite de urxencia, dunha parcela que é necesaria para a execución do proxecto complementario de abastecemento en Ames e Brión (primeira fase). O Concello de Ames, na sesión plenaria do pasado 29 de agosto de 2013, acordou levar a cabo a expropiación forzosa, polo trámite de urxencia, dos terreos necesarios para a execución deste proxecto. Iniciadas as obras detectouse a necesidade de adquirir unha nova finca, para que pase a ser de dominio público, xa que é necesaria para acometer o devandito proxecto.

Ademais, abordouse a redistribución das anualidades da obra deste mesmo proxecto de abastecemento. O orzamento inicial de licitación desta obra foi de 7.063.735,70 euros, dos cales Augas de Galicia financiaba un 80% e o 20% restante era sufragado polos concellos de Ames e de Brión (un 10% cada un dos municipios). Debido ás dificultades que estas achegas presentaban para os concellos, Augas de Galicia autorizou unha substancial minoración das mesmas, que no caso de Ames pasou de ter que achegar 819.393,34 euros iniciais a unicamente 400.000 euros, prevéndose tamén un calendario plurianual para o seu pagamento, que afectaba aos exercicios 2013 e 2014, a razón de 300.000 euros e 100.000 euros, respectivamente.

O calendario de execución da obra, cuxo remate está previsto para a primeira metade do ano 2015, semella posibilitar unha nova modificación na programación dos pagamentos, para concentralos ao remate dos traballos de construción da infraestrutura, nun momento no que o Concello de Ames agarda dispor dunha mellor situación financeira, grazas ao avance da aplicación do Plan de Axuste 2012-2022, e das medidas de saneamento que nel se contemplan.

Despois de que o Concello de Ames mantivese as oportunas conversas con Augas de Galicia, agora deberá ser o Pleno o que, se procede, aprobe solicitar formalmente á Dirección de Augas de Galicia que este organismo público sufrague o 92,68% do importe de execución da obra. Deste xeito, a achega que tería que realizar o Concello de Ames sería de 400.000 euros. Ademais, haberá que aprobar en Pleno a modificación da distribución das anualidades que terá que pagar o Concello, aprobadas xa previamente no Pleno do pasado 26 de novembro de 2009. As novas anualidades que habería que aboar serían de 100.000 euros no ano 2014 e de 300.000 euros no ano 2015.

Regulamento do servizo municipal de transporte adaptado
Por outra banda, nas comisións informativas abordouse a aprobación inicial do regulamento do servizo municipal de transporte adaptado do Concello de Ames. Este servizo está dirixido a todos os veciños/as de Ames con mobilidade reducida e que non sexan atendidos polo servizo de transporte adaptado autonómico (programa 065), ben pola lista de agarda existente ou ben por non ter recoñecido o grao de dependencia que esixe a normativa autonómica ou incluso por tratarse de usuarios/as que teñen que realizar rutas que non están cubertas polo devandito programa 065.

Por último, tratáronse dúas mocións. A primeira foi presentada polos concelleiros/as do grupo municipal socialista para instar á Xunta de Galicia a adoptar as medidas necesarias para a modificación da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, eliminando do seu texto o disposto no artigo 41, apartado C, no que se refire á obriga das condicións impostas ás comisións de festas para a obtención de licenza de celebración de festas populares.

A segunda moción foi presentada polos concelleiros/as non adscritos/as María Dolores Fernández, Alfonso Rey, María González, Manuel Ferreiro, Emilio Martínez e Ramón García Argibay sobre os convenios de colaboración entre a Xunta de Galicia e os concellos en materia de comedores na época de vacacións escolares durante o verán. Nesta moción ínstase á Xunta de Galicia a asinar un convenio segundo o disposto no boletín oficial do Parlamento de Galicia número 303 de 12 de xuño de 2014.

Teo - Máis de 200 cacharelas no concello

Supéranse as 200 solicitudes para realizar cacharelas no concello de Teo
A cifra é algo superior aos anos anteriores onde se chegaba ás 200 xa que algunha persoas adiantan a celebración á fin de semana previa ao 24 de xuño 

Dende o departamento de Medio Ambiente lémbranse as medidas de seguridade para a realización da fogueira 

O Concello de Teo supera as súas marcas anteriores e este ano tramitou máis de 200 solicitudes de cacharelas para a noite de San Xoán. En anos anteriores a cifra estaba preto das 200 pero este ano superouse. Unha explicación pode ser que algunhas persoas acordaron adiantar a celebración de San Xoán para facela coincidir coa fin de semana e así hai escritos presentados para os días 20, 21 e 22 de xuño. De todas maneiras a maioría das peticións respectan a tradición e farán a fogueira na tarde noite do 23 de xuño, véspera de San Xoán. 

A maioría destas peticións están asinadas por particulares pero tamén hai solicitudes de asociacións de veciños, grupos de amigos, ou mesmo de comisións de festas. Sen dúbida unha das cacharelas máis tradicional en Teo e con máis asistentes é a que fan nas festas de San Xoán de Calo. 

Para poder desfrutar desta celebración sen que se produzan accidentes é importante que os promotores das fogueiras e sardiñadas cumpran estrictamente coas medidas de prevención que se indican dende o Departamento de Medio Ambiente municipal. Entre outras cousas lémbrase que o volume da fogueira non debe superar os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura; que a separación entre o lume e os edificios e árbores debe ser polo menos de 12 metros; que se prohibe a queima de plásticos, aceites, etc. e que unha vez rematada a cacharela debe revisarse que o lume queda totalmente apagado e no prazo máximo de 48 horas hai que retirar todos os restos da celebración. 

Dende o Servizo Municipal de Emerxencia de Teo tamén se pide prudencia e precaución coas cacharelas, tanto co seu control, como á hora de saltar o lume, e tamén nos desprazamentos por estrada.

Axenda e tempo do venres 20 de xuño - Música, exposicións

Actividades 

Santiago - 
Convento de Santa Clara, inauguración do Vía Stellae con Resonet que presenta 'Povero Pellegrin_1214: a música na viaxe de san Francisco de Asís a Compostela'. Dirixidos por Fernando Reyes

Santiago - 
Sala Capitol, concerto do rapeiro ToteKing, organizado pola UMAD en colaboración coa Sala Capitol. Trátase dun concerto sen alcohol para o fomento dun ocio saudable entre a xuventude.

Teo - Música nos Tilos


Santiago - Miramemira - Tres tristes tetris

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

O Tempo

Oroso - Apoio aos pais para que o novo colexio teña transporte e comedor

O Concello de Oroso respalda a protesta convocada polos pais e nais do CEIP de Sigüeiro para hoxe venres

O Concello de Oroso apoia a protesta convocada para hoxe venres 20 de xuño pola ANPA A Nosa Escola diante da entrada do CEIP de Sigüeiro polo recorte de servizos anunciado pola Xunta de Galicia para o novo colexio. A protesta comezará cunha concentración dende as 10:00 ata as 10:30 horas e rematará cun corte de tráfico na avenida da Grabanxa entre as 10:30 e as 10:45 como medida de concienciación ante a problemática.

O Concello de Oroso, atendendo a petición realizada pola ANPA, non só porá en marcha todos os recursos de seguridade precisos para que a convocatoria se poida a levar a cabo con total normalidade senón que os concelleiros do Grupo de Goberno, encabezados polo concelleiro de Ensino, Antonio Leira, tamén asistirán á concentración como mostra de apoio ás xustas reivindicacións da comunidade educativa orosá, que simplemente demanda que os alumnos dos dous colexios teñan os mesmos servizos e dereitos.

BNG Oroso - Oposición a apertura do novo colexio sen comedor e transporte

O BNG de Oroso oponse á apertura do novo colexio de Sigüeiro sen servizos de transporte e comedor."

Ante o comunicado da Consellería de Cultura e Educación de que o novo Colexio de Sigüeiro vai abrir sen contar cos servizos de transporte e comedor escolar, o BNG de Oroso mostra a súa total desconformidade ante estes feitos e insta a Consellería a dar marcha atrás a esta proposta, considerando que non é de recibo que as novas instalacións non conten de partida con estes servizos, polo agravio que isto pode supor para o alumnado deste centro. 

O BNG de Oroso fará todo o que este na súa man para que este agravio comparativo non se leve a cabo e por iso apoia as reivindicacións dos pais e nais de Sigüeiro e únese a mobilización convocada pola ANPA para este Venres e a calquera outra iniciativa que sirva para forzar a Consellería a que reconsidere a súa actitude. 

O BNG de Oroso trasladará á ANPA nunha reunión que se vai celebrar hoxe venres o seu total apoio a todas as medidas que acorde e a necesidade de ter unha reunión con toda a veciñanza do Concello para decidir que iniciativas se deben abordar para que a Consellería dote ao novo centro de todos os servizos; tamén ofreceremos trasladar o tema ás nosas deputadas e deputados no Parlamento Galego. 

Pazo Faramello - O jazz de Sumrrá e unha visita o Pazo axenda para mañá

O jazz de Sumrrá protagoniza o terceiro dos 'Encontro Musicais' no Pazo do Faramello

Este sábado día 21 de xuño volven os 'Encontros Musicais' ao Pazo do Faramello cun concerto ás 18:30 horas, desta volta con Sumrrá, que centrará a súa proposta no jazz. Ás 20 h, poderemos realizar unha visita guiada polo Pazo, sen esquecer tamén a parte gastronómica. As entradas, a un prezo de 12 euros, -con dereito a concerto, visita ao pazo e petiscos- xa están á venda en http://www.culturaimperdible.com/es/tenda/ e poden adquirirse nalgúns lugares de Compostela e comarca. Tamén se poden mercar xa para asisitir aos obradoiros con TRIM. 

Logo das exitosas primeiras xornadas dos Encontros co concerto de Xabier Díaz e Miguel Flores, sen esquecer tamén a oferta gastronómica e a visita guiada ao Pazo, volve a novidosa proposta que promoven e producen o propio Pazo do Faramello, Imperdible Servizos Culturais e Merlo Branco Producións e que conta coa colaboración e patrocinio de diversas entidades tales como as adegas Don Olegario, Paula Franco Fotografía, Xoga Deseño, Tátara Comunicación e a entidade turística Área Santiago, grupo de 16 concellos para a promoción turística conxunta.

Un concerto comentado cos grandes músicos de Sumrrá con Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo, LAR Legido na batería e Manuel Gutierrez no piano será a proposta musical deste sábado 21. Os artistas introduciranos no mundo do jazz a través das súas composicións e comentarios acerca das mesmas. Será este un xeito diferente de asistir e participar nun concerto de jazz. A música soará a partir das 18:30 horas para logo ás 20 comezar a visita guiada ao Pazo. 

Obradoiros cos músicos de TRIM

A programación rematará o 27 de xuño cunha intensa actividade. Ás 16h comezan tres horas de obradoiros de bouzouqui e guitarra, gaita, mandolina e cavaquinho impartidos por Trim, o trío formado por Fernando Barroso e Pedro Fariñas xunto co portugués Luís Peixoto. 

Ofrecerannos para pechar as xornadas tres diferentes obradoiros. Pedro Fariñas será o encargado de impartir a aula de gaita. Fernando Barroso será o encargado de impartir aulas de guitarra e bouzouki, e Luís Peixoto fará o mesmo coa mandolina e cavaquinho. Cada un dos tres obradoiros terá un máximo se 10 alumnos, polo que poderán disfrutar de 3 horas de clases realmente particulares con estes tres grandes músicos. O prezo de cada un dos obradoiros é de 25 euros e a entrada inclúe visita guiada ao Pazo, a celebrar ás 19 horas + copa de viño D.O. + pinchos.

As entradas con dereito a visita guiada ao Pazo, petiscos e concertos deste sábado, así como para os de Sumrrá e os obradoiros cos múscos de TRIM están xa á venda, a un prezo de 12 euros, en http://www.culturaimperdible.com/es/tenda/ e poderán adquirirse en 'La Tita', sito na Rúa Nova, 46, Compostela. Ademais, poden mercarse tamén na Casa do Patín, local situado na Porta Fondo da Vila, 4, Padrón. Tamén están á venda na Sede de Turismo de Santiago – Incolsa, na Rúa do Vilar, 63. 

Os pazos, construcións únicas

Desde Imperdible Servizos Culturais explican que con estas xornadas "queremos achegar o Pazo e a súa contorna a todo o mundo". Destacan que os pazos son "construcións propias, únicas de Galicia", nalgúns casos "auténticas xoias" como o Pazo do Faramello. Ademais, Imperdible agradece a “cercanía e interese” do Pazo por colaborar na difusión cultural co-producindo estes Encontros. 

Por outra parte, o deseño dos Encontros procura abrir a música a todo tipo de públicos, tarefa que realizará a través de propostas musicais que abranguen do folk ao jazz, pasando polo flamenco. Todas elas, ademais, da man de artistas radicados en Galicia.

"Nace para quedar"

Imperdible salienta que se trata dunha produción financiada integramente con fondos privados e con fórmulas de autofinanciamento. "É moi importante que as empresas galegas aposten pola nosa cultura e pola súa difusión", explican as responsables desta entidade cultural.

Sinalan, por último, que se trata da primeira edición dos Encontros no Pazo do Faramello, pero que a proposta artística "nace para quedar", xa que a proposta é unha grande aposta cultural co máis representativo do panorama artístico galego acompañado dunha parte gastronómica e outra formativa. Sen dúbida, os Encontros no Pazo do Faramello son unha nova forma de pasar o mellor tempo de lecer neste entorno único da comarca de Compostela. 



Os catro Encontros inclúen unha visita guiada polo Pazo do Faramello, así como actividades musicais que combinan o aspecto lúdico co formativo e o gastronómico. As visitas permitirán coñecer mellor o Pazo, un fermoso espazo que conta cunha paisaxe natural única e con árbores senlleiras protexidas. Ademais, alberga numerosas obras artísticas galegas, así como elementos declarados BIC (ben de interese cultural).

Cámara de Comercio - Taller de Neuromarketing ¿como vender más?

O superheroe das pemes, Fernando Sánchez Salinero, impartirá un taller en apoio ao comercio minorista na Cámara de Comercio de Santiago
Falará do método coñecido como neuromarketing, un estudo que investiga a toma de decisións dos consumidores, o vindeiro día 26 

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela acollerá unha conferencia do asesor de empresas e formador de emprego, coñecido como Superpyme, Fernando Sánchez Salinero, o próximo 26 de xuño entre as 18:00 e as 22:00 horas. O taller, titulado “Neuromarketing: Como vender máis?”, é o primeiro obradoiro enmarcado dentro do Plan Integral de Apoio á competitividade no Comercio Minorista 2014.

Este taller pretende mellorar a xestión do comercio minorista. O obxectivo é que os empresarios de pemes participantes aprendan a linguaxe da mente á hora de decidir para multiplicar as vendas e comprender a forma de actuar das grandes empresas na súa relación cos consumidores para intentar competir. Esta actividade é gratuíta previa inscrición na Cámara de Comercio (www.camaracompostela.com)

Salinero explica que o neuromarketing é o estudo do funcionamento do cerebro que di por que e como mercamos e decidimos as persoas. Segundo comenta, ata o desenvolvemento desta parte da ciencia calquera podía opinar e facer parecer a súa opinión razoada e razoable. “Desde que se desarrollan determinadas tecnologías sabemos cómo ocurre el proceso de toma de decisión. La pregunta es: ¿Te gustaría saber cómo deciden tus clientes, tus trabajadores, cómo reciben la información que tú les das y la procesan?” –destaca–. Con este método, o empresario pode chegar a saber como reacciona un consumidor fronte a un produto determinado ou cal é a súa opinión tras ver un anuncio. 

Actuación do plan 
O Plan Integral de Apoio á Competitividade do Comercio Minorista foi creado polo Ministerio de Economía, en colaboración coas Cámaras de Comercio e o financiamento do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). Para as Cámaras resulta “urxente e necesario” apoiar a este sector tan afectado pola crise económica e a caída do consumo. Por tanto, esta iniciativa persegue o fomento da innovación empresarial, a modernización do punto de venda, o impulso á capacitación do empresariado, a mellora dos espazos comerciais urbanos e a potenciación da iniciativa emprendedora en combinación coa achega de solucións aos relevo xeracional e á continuidade empresarial do comercio minorista, un sector estratéxico das economías galega e española. Esta iniciativa busca un impacto directo sobre a creación de novas empresas e, polo tanto, na xeración de novos postos de traballo.

No marco desta iniciativa, a Cámara de Comercio de Santiago desenvolverá as seguintes accións dentro das liñas 1, 2 e 3 do plan integral. Realizará actuacións no “Programa Diagnóstico Punto de Venda e Innovación Comercial”, que ten por obxecto avanzar na mellora da competitividade das pemes do sector comercial a través da mellora na xestión do punto de venda, mediante a realización de diagnósticos individualizados en cada negocio participante. A Cámara de Comercio de Santiago fará sete diagnósticos de punto de venda e tres plans titoriais de xestión do comercio.

Dentro da segunda liña de actuación, o “Programa de Relevo no Comercio”, a Cámara compostelá ofrecerá 21 asesoramentos a emprendedores no sector do comercio minorista, dous dosieres de empresa e un comercio traspasado. E na terceira actuación de “Talleres”, a entidade compostelá realizará un obradoiro para incentivar a capacidade das pemes comercias en diversas áreas estratéxicas.

BNG - Recurso contra a decisión de formar a lista con ediles non electos

O BNG anuncia que presentará un recurso contra a decisión do PP de conformar a maioría do Goberno de Santiago con edís non electos
Ten o agravante de que eran nove as prazas a cubrir e había 11 persoas na candidatura; algunhas delas xa confirmaran a súa disposición a formar parte da Corporación municipal

O portavoz do grupo municipal nacionalista, Rubén Cela, anunciou que o BNG presentará un recurso xudicial ante a decisión do PP de nomear por primeira vez, “non só na historia do municipalismo de Galiza, senón do conxunto do Estado español”, un Goberno municipal onde a maioría estará conformada por concelleiros e concelleiras non electas “que non pasaron pola lexitimación básica marcada na Constitución española que non é outra que as urnas”.

O BNG non é favorábel á xudicialización da vida política e, moito menos, nun Concello como Santiago de Compostela onde “por desgraza xa ten múltiples causas xudiciais abertas contra o PP”, porén hai ocasións que non queda máis remedio que acudir á Xustiza para facer valer “principios e dereitos básicos”, sinalou Rubén Cela.

Antes de chegar a este extremo, o BNG reiteroulle ao PP que había dúas únicas vías para solucionar este conflito: ou ben de disolvía a Corporación e se convocaban eleccións anticipadas ou ben se procedía á expulsión de concelleiros imputados por presuntos delitos de corrupción e se procedía á súa substitución polos membros seguintes da lista. “O PP fixo ouvidos xordos a esas peticións, entendemos que por cálculos electorais”, indicou, “e así a súa decisión non é compatíbel co espírito da actual ordenamento xurídico: a substitución da democracia pola dedocracia”.

Neste sentido, explicou que artigo 140 da Constitución española deixa claro que os concelleiros e concelleiras serán electos pola veciñanza do municipio “mediante sufraxio universal igual, libre, directo e secreto na forma estabelecida pola Lei”. A reforma do artigo 182 da LOREG choca frontalmente co espírito da propia Constitución e existen diferentes sentenzas que foron acoutando máis a figura de non electo, até o punto de determinar que non poden formar parte das xuntas de goberno ou que non poden ser susceptíbeis de seren nomeados alcaldes ou alcaldesas.

Considerou tamén que habería que extinguir esta figura de “non electo” ou, no seu defecto, acoutala aínda máis porque non é compatíbel nun sistema democrático ter un Goberno non saído da vontade do pobo.

Así, afirmou que o PP pretende “instrumentalizar un subterfuxio dunha reforma legal pensada para unha situación de ilegalización de partidos en Euskadi para renovar todo un Goberno pola porta de atrás”, co agravante de que eran nove as prazas a cubrir e había 11 persoas na candidatura, algunhas delas que xa confirmaran a súa disposición a formar parte da Corporación municipal con aquel Goberno “pantasma” anunciado por Ángel Currás e que non van formar parte deste último.

Ames - Presentación de Encontros Musicáis

Leilía e Os Cempés participan no Festival de Verán-Encontros Musicais de AmesOs días 4 e 11 de xullo, entrada de balde

Onte presentouse no pazo da Peregrina o Festival de Verán-Encontros Musicais de Ames, que terá lugar os días 4 e 11 de xullo nese mesmo recinto. O alcalde amiense, Santiago Amor, e a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, destacaron que se trata dun evento que aposta pola cultura galega e que a entrada é de balde.

Segundo os representantes municipais, o obxectivo do evento é «impulsar a nosa cultura e a nosa lingua», achegándolle á cidadanía produtos culturais de calidade en lingua galega para todos os públicos, «especialmente para a mocidade e para un público».

O festival conta co apoio de AGADIC - Cultura no Camiño 2014. Por el pasarán artistas e grupos que se expresan na nosa lingua, como Os Cempés, Leilía, Cé Orquestra Pantasma, A Requinta da Amaía, Dani García e Gonçalo Guerreiro. Todos eles farán as delicias do público cunha proposta cultural deseñada para desfrutar do verán en Ames.

Leilía fai 25 anos
Na presentación do evento tamén tomou a palabra Montse Rivera, da produtora Merlo Branco e integrante de Leilía, quen lembrou que o grupo musical a que pertence fai agora 25 anos de traxectoria artística. Para conmemorar este aniversario, Leilía interpretará no festival amiense pezas do seu último traballo musical, ConSentimento.

Pola súa parte, o mítico grupo ferrolán Os Cempés fará outro tanto levando ao escenario temas do seu máis recente disco, Tentemozo.

Programación

— Venres, 4 de xullo:
· 20 h: Cé Orquestra Pantasma. O clásico home orquestra na súa versión para os máis pequenos.

· 21:30 h: A Requinta da Amaía. Obradoiro baseado na participación do público. Música en directo, xogos e sinxelas danzas de grupo.

· 22:30 h: Concerto dos Cempés. O mítico grupo ferrolán presenta o seu último disco, Tentemozo.

— Venres, 11 de xullo: 
· 20:00 h: Dani García con Don Gelatti: comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras e a comunicación co público é constante e dinámica.

· 21:30 h: Os sons do vento que pasa, de Gonçalo Guerreiro. Novo concepto musical: concerto de fados-­pop cantados en galego.

· 22:30 h: Concerto de Leilía. Cando están a celebrar o seu 25 aniversario, Leilía volven sorprendernos cun espectáculo maduro e fiel ás súas raigames. Interpretarán pezas do seu último disco, ConSentimento.

Teo - Miguel Flores Trio en Música nos Tilos

o ciclo música nos tilos continúa coa actuación do miguel flores trío
O concerto celébrase hoxe na Casa Común dos Tilos a partir das 22:30 horas 

Miguel Flores Trío é o cartel do ciclo Música nos Tilos mañá venres 20 de xuño. Trátase do guitarrista gaditano Miguel Flores, que lle da nome á formación musical, acompañado de Pablo Pérez ao contrabaixo e Carlos Freire na percusión. O concerto comezará ás 22:30 horas na Casa Común dos Tilos e a entrada é de balde ata completar aforo. 

Este trío leva dous anos presentando un repertorio orixinal que inclúe soleares, tarantas, tanguillos e bulerías. O música viviu en Ceuta onde comeza o seu contacto coa guitarra xunto á familia Serranito. Vive en Galicia dende hai anos e ten traballado con músicos como Narf, Guadi Galego, Iria Peña ou Leilía. 

Música nos Tilos é un ciclo no que se oferta música de calidade nun escenario moi concreto, a Casa Común dos Tilos, nun ambiente de concerto acústico. De feito o contacto entre público e artista é moi próximo. No espíritu deste ciclo de concertos, organizado pola Concellaría de Cultura de Teo, tamén está traer produtos de calidade no entorno máis próximo. Os concertos celébranse os venres de xuño e neste 2014 esta iniciativa cumpre cinco anos de funcionamento. Nestes anos teñen pasado polos Tilos artistas como Xacobe Martínez Antelo, Narf, aCadacanto, Sergio Tannus, Aline Fraçao... Nesta edición xa pasaron polo escenario teense Jamila Purofilim e a formación de jazz Sumrrá.

Frades - apertura piscina municipal

O Concello de Frades abre esta fin de semana ao público a súa piscina municipal e celebra a clausura das escolas deportivas
A celebración do Día do Deporte inclúe exhibicións, inchables, touro mecánico, xogos e agasallos para todos os participantes

Fin de semana deportivo en Frades, que inclúe a apertura da súa piscina municipal este sábado e a celebración do Día do Deporte o domino 22 de xuño. Así, a piscina municipal de Papucín abrirá as súas portas para a tempada de verán este sábado 21 de xuño, a partir das 15:00 horas. 

Como en anos anteriores, o horario da piscina será de 15:00 a 21:00 horas e o acceso será totalmente gratuíto. Os veciños e veciñas de Frades poderán disfrutar das distintas melloras acometidas polo Concello de Frades na pista de pádel contigua á piscina, onde se substituíu o chan artificial e renovouse o peche perimetral da cancha.

Así mesmo, o domingo 22 de xuño terán lugar as tradicionais exhibicións no acto de clausura das escolas deportivas municipais. Un acto que terá lugar no pavillón polideportivo municipal e no CPI Ponte Carreira entre as 10:30 e as 14:30 horas. O programa inclúe inchables, touro mecánico, xogos e agasallos para todos os participantes. Ademais, haberá exhibicións das distintas escolas deportivas de fútbol sala, tenis de mesa, minibasket.... así como unha demostración de patinaxe e de zumba ás 13:00 horas. A asistencia é totalmente de balde.

Ordes - O lugar de Bidueiro celebra o San Xoán

O lugar do Bidueiro celebra este domingo o San Xoán

A aldea do Bidueiro celebrará este próximo domingo a festa do San Xoán. Ás 13.30 horas celebrarase unha misa na capela do pazo que dará paso media máis tarde á sesión vermú, que correrá a cargo do Dúo Calú. Tras un xantar popular o grupo Os Faíscas da Pontraga porán a nota musical a este día de celebración.

Ordes - O Jogafán Ordes F.S. celebra mañá a festa fin de tempada

O Jogafán Ordes F.S. celebrará o sábado 21 de xuño a súa festa de fin de tempada
Na mesma xornada disputaranse a final provincial masculina e a final galega autonómica, que enfrentará ao equipo local co Autos Leiros

O equipo de fútbol sala Jogafán Ordes celebrará o sábado 21 de xuño a súa festa de fin de tempada. Será a partir das 13.30 horas no pavillón Castelao II, onde terá lugar unha churrascada na que participarán xogadores, cadro técnico, directiva e moitos dos seguidores da equitación. O custo será de 5 euros para os pais e nais dos xogadores e de 15 para os non socios, podendo acceder gratuitamente os xogadores das escolas deportivas.

Posteriormente, ás 17.30 horas, disputarase a final provincial masculina entre o Riazor F.S. e o Libertad F.S. Xa ás 19.30 horas o Jogafán e o Autos Leiros (Mos) xogarán a final galega autonómica.

PP Santiago - reunión da nova xunta xestora

HERNÁNDEZ MANTERÁ ENCONTROS COA MILITANCIA DO PARTIDO POPULAR NOS BARRIOS E PARROQUIAS DE SANTIAGO

Onte tivo lugar a primeira reunión da xestora local da cidade
Agustín Hernández trasladou a súa vontade de iniciar unha nova etapa presidida polo obxectivo de sumar e ampliar apoios entre as bases electorais da formación 

A sede local do Partido Popular de Galicia en Santiago de Compostela celebrou esta tarde a primeira reunión da xestora que levará as rendas do PP na cidade ata o vindeiro congreso local, unha vez que o presidente do comité santiagués, Ángel Currás, puxo o seu cargo a disposición do partido.
Añadir leyenda

A xestora está presidida por Agustín Hernández e formada polos seguintes vocais: Marta González, Pedro Puy Fraga, María Jesús Sainz García, Rosa Quintana Carballo, Javier Ruiz de Cortázar, Jesús Gamallo Aller, Marta Álvarez Montes, Pepa Castro, Alejandro Sánchez Brunete, Ana Rodríguez Morandeira, Gerardo Fernández Albor, Reyes Leis, Manuel Silva e David Sánchez Carro.

Logo de agradecer o traballo e a dedicación do anterior equipo, Hernández trasladou a súa vontade de iniciar unha nova etapa no Partido Popular de Santiago presidida polo obxectivo de sumar e ampliar apoios entre as bases electorais da formación e amosar aos cidadáns de Compostela a imaxe dun partido unido e totalmente volcado e comprometido coa cidade. 

Con esta finalidade, a xestora acordou fixar de inmediato unha axenda de visitas do presidente da mesma e futuro alcalde, Agustín Hernández, aos barrios e parroquias da cidade para manter encontros e presentarse aos militantes e simpatizantes do Partido Popular, aos que trasladará os retos desta nova etapa que o actual responsable do PP local afronta “coa máxima ilusión”.

Fundación Rosaleda - Mariano barbacid clausura os Martes Clínicos

Mariano Barbacid apela á investigación como arma “esencial” para vencer o cancro
· O ex-director do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas clausurou os Martes Clínicos da Rosaleda 
· Ramiro Carregal, padriño da promoción, foi un dos encargados de dar os diplomas aos alumnos de Medicina matriculados no curso

O Dr. Mariano Barbacid, profesor AXA-CNIO de Oncoloxía molecular do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas foi o encargado de clausurar o curso 2013-2014 da Fundación La Rosaleda. O xefe do grupo de Oncoloxía Experimental do CNIO ofreceu unha conferencia no Hostal dos Reis Católicos titulada “Da Oncoloxía molecular ás terapias personalizadas: impacto na práctica clínica” que congregou a numerosos investigadores e persoal, tanto médico como académico, da capital galega. 

Barbacid recordou, como xa fixeron outros relatores do curso, que o cancro “non é unha única enfermidade senón un conxunto de enfermidades moi distintas entre si que só teñen en común o crecemento desordenado das células”. Por iso asegurou que “non é de estrañar que mentres algúns tumores presentan taxas de curación moi elevadas”, caso dos tumores cun compoñente hormonal como mama e próstata, outros “como os carcinomas de pulmón, colon ou páncreas, teñen taxas de supervivencia por baixo do 20 %, dependendo do estadio en que sexan detectados”.

A boa noticia, na que insistiron todos os relatores destes Martes Clínicos, está nos avances que se están experimentando. Barbacid asegurou en Santiago que durante a última década producíronse “dous fitos que van cambiar de forma significativa o futuro dos tratamentos oncolóxicos”. En primeiro lugar, que case todos os fármacos aprobados durante este período “xa non son axentes citotóxicos senón inhibidores selectivos de dianas moleculares directamente implicadas no proceso oncoxénico”. E, por outro lado, que o desenvolvemento das técnicas de secuenciación masiva “están permitindo coñecer ao detalle todas as mutacións presentes en cada tumor”.

Terapias individualizadas contra o cancro
Esta información, explicou o ex-director do CNIO, “dinos que o futuro das terapias en cancro ten que consistir en combinacións de fármacos selectivos baseadas no patrón mutacional de cada paciente”. O que hoxe en día xa se está empezando a coñecer, aínda de forma incipiente, como “terapias personalizadas”. 

Non obstante, asegurou o investigador, “aínda queda moito camiño por percorrer tanto no deseño de máis e mellores inhibidores como no coñecemento das causas que provocan as mutacións presentes en cada tumor”. 

Na actualidade só existen fármacos selectivos contra unhas trinta dianas “cando xa coñecemos máis de 500 xenes implicados en distintos tipos de cancros”. E aínda que estes inhibidores selectivos son “moito mellor tolerados que os axentes citotóxicos clásicos”, aínda teñen uns niveis de toxicidade “excesivamente altos para poder ser utilizados en combinacións múltiples”. A isto engádese que aínda queda moito por descubrir sobre as causas funcionais das mutacións nos tumores xa que non todas contribúen da mesma forma ao desenvolvemento tumoral. 

E todo isto só se poderá coñecer combinando investigación básica e clínica, arma “esencial para poder atacar as células tumorais da forma máis eficaz e selectiva posible”, concluíu o relator. 

Entrega de diplomas 
Tras a charla tivo lugar a entrega de diplomas aos alumnos da Universidade de Santiago matriculados no ciclo, que correu a cargo do propio Barbacid e das personalidades que o acompañaban na mesa presidencial, entre eles o padriño desta promoción, Ramiro Carregal, quen dá nome ao Premio Internacional de Investigación Oncolóxica que convoca La Rosaleda e que na súa primeira edición gañou, precisamente, Mariano Barbacid. 

Con eles estiveron os coordinadores do curso, o Dr. Rafael López, xefe de Oncoloxía Médica do CHUS, e o catedrático de Farmacoloxía Manuel Freire-Garabal; a vice-decana de Medicina da USC, María Teresa Castaño e Luis Lima Rodríguez, vicerreitor de Organización Académica e Profesorado docente e investigador da Universidade. Tralo acto todos gozaron dun cóctel de despedida deste novo curso dos Martes Clínicos.

Axenda e tempo do xoves 19 de xuño - Monólogos, música, teatro, exposicións

Actividades 

Santiago - 12.30 a 23.30 Praza da Quintana, clausura do VII Ciclo de Jazz 1906 cun Maratón de Jazz galego '12 horas non-stop Jazz'. Con Ton Risco Trío, Machín Not Workin' Property, Rafa Fernández Trío, Alberto Vilas Quintet, Ángeles Dorrío, 2M14, Alejandro vargas Trío e Pablocastaño Quartet.


Santiago - 21.00 Salón Teatro, Semifinal 2 de Improfigther 2014.


Santiago - Fernando Alfaro en el Kunsthalle

Teo - A Ramallosa - Pepe Penabade - dura Lex


Santiago - Miramemira - Tres tristes tetris

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

O Tempo

Teo - O pleno municipal segue cos tramites para recuperar a xestión da auga

O goberno municipal satisfeito coa anulación do contrato de Viaqua ditaminado polo consello consultivo

· O Consello Consultivo informa favorablemente a nulidade da ampliación de contrato ilegal realizada no 2007, na última etapa do goberno de Armando Blanco
· O pleno do Concello de Teo ten que ratificar esta declaración de nulidade

· O alcalde, Martiño Noriega, adianta que “ante este novo escenario queremos recuperar a xestión da auga e traballaremos para intentar municipalizar o servizo”

· O expediente remitiuse á fiscalía ó mesmo tempo que se enviaba ao Consello Consultivo

A corporación teense reúnese este xoves 19 de xuño ás 20:30 horas nunha convocatoria extraordinaria para votar a declaración de nulidade da ampliación do prazo do contrato de xestión dos servizos de abastecemento e depuración de augas do Concello de Teo realizada o 30 de abril de 2007. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada. 

O goberno municipal de Teo amosa a súa satisfacción pola resolución do Consello Consultivo de Galicia na que informa favorablemente a proposta de resolución do acordo plenario do 30 de abril de 2007 sobre a prórroga do contrato de xestión dos servizos de abastecemento e depuración de augas do Concello de Teo a favor de Viaqua ata o 2029. Deste xeito ditamínase que esa ampliación do contrato de auga en Teo, aprobada na última etapa do goberno de Armando Blanco, é nulo de pleno dereito. 

O goberno municipal destaca que “este ditame vén a avalar a nosa posición en contra desta modificación contractual, unha posición que xa defendemos en abril do 2007”. En agosto do 2007, despois das eleccións locais nas que Martiño Noriega se converte en alcalde, lévase a pleno por primeira vez a revisión desta prórroga ilegal. Nesa sesión a proposta foi rexeitada con 7 votos en contra do PP e InTeo, 6 votos a favor do goberno e 4 abstencións do PSdG-PSOE. O pleno naquel momento ratificaba “de facto” a prórroga do citado contrato que se xestionou nos últimos anos “asumindo todas as obrigas e os poucos beneficios establecidos na mesma” destaca o goberno teense. 

Non obstante en maio do ano pasado a empresa concesionario pretendeu unha nova modificación contractual, que segundo os servizos xuríodicos non se podía realizar. Viaqua presentaba dous escritos nos que pedía un incremento de tarifas. Esta petición da empresa permítelle ao goberno municipal defender politicamente a revisión deste acordo por considerar que está incurso nunha causa de nulidade e pedir que o Consello Consultivo de Galicia dictamine sobre a declaración de nulidade do acordo aprobado en abril do 2007.

O ditame do Consello Consultivo é favorable a esta petición e na súa exposición de motivos avala a posición defendida polo Concello. A modificación do contrato é nula porque non cumpría as condicións legais para facerse a través dunha modificación ou ampliación do contrato por variar sustancialmente as condicións do contrato orixinal. O procedemento tería que ter sido unha nova licitación do servizo que respectase os principios de libre concorrencia e igualdade de oportunidades. 

O pleno do Concello de Teo debe pechar este proceso nunha sesión extraordinaria convocada para mañá xoves 19 de xuño no que se acorde a resolución do contrato, amparados polo ditame do Consello Consultivo. O BNG e o PSOE apoiaron o inicio do expediente de revisión en decembro de 2013, mentres que o PP e o InTeo, forzas que soportaban o goberno municipal no 2007, se abstiveron. 

Nas próximas semanas o goberno municipal traballará no deseño da xestión da auga para os próximos anos en Teo. Martiño Noriega adianta que “ante este novo escenario queremos recuperar a xestión da auga”. “Traballaremos para poder municipalizar este servizo, dentro das posibilidades que nos dea o marco normativo actual” indica o rexedor teense. 

Pola súa banda neste momento a empresa concesionaria, Viaqua, debe seguir prestando o servizo en condicións de normalidade por tratarse dun servizo esencial polo que esta tramitación administrativa non lle afectará aos cidadáns. 

Cabe destacar que dende o Concello remitiuse este expediente á Fiscalía ao mesmo tempo que se mandaba ao Consello Consultivo de Galicia. Un dos informes xurídicos que obran no expediente administrativo indica que é “conveniente aludir á posible relevancia penal derivada da adopción do acordo plenario discutido” en referencia á prórroga do contrato. A asesoría xurídica considera que as circunstancias observadas nesta ampliación poden levar a concluír que naquela decisión concorreron indicios de delito. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 
Ratificación da urxencia 
Expediente de revisión de oficio do acordo plenario de 30/04/2007 sobre “Ampliación do prazo do contrato de xestión dos servizos de abastecemento e depuración de augas do Concello de Teo”: declaración de nulidade.