Mancomunidade de Ordes . estudos dos gastos dos centros públicos para enviarllos a Xunta

A MANCOMUNIDADE DE ORDES FARÁ UN ESTUDO DOS GASTOS PARA MANTEMENTO, CONSERVACIÓN E VIXIANZA DOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS

(CPI) DA COMARCA E PASARALLOS Á XUNTA

Os concelleiros de Educación e Servizos Sociais dos sete concellos da comarca de Ordes tiveron hoxe unha primeira reunión e voltarán reunirse en 15 días

O pleno da Mancomunidade aproba por unanimidade activar/crear as Xuntas Locais de Seguridade e Comisións Informativas nos sete concellos para crear nelas unha mesa técnica sobre violencia de xénero

18 de novembro de 2011.- A Mancomunidade de Ordes vai elaborar un estudo dos gastos para mantemento, conservación e vixianza dos distintos centros educativos da comarca para establecer con claridade cales son as competencias dos Concellos e cales da Xunta de Galicia. Así o acordaron esta mañá os concelleiros de Educación e Servizos Sociais dos sete concellos da comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo), reunidos esta mañá co presidente da Mancomunidade de Ordes, Manuel Regos Boquete.

A Mancomunidade de Ordes entende que os Concellos están asumindo gastos importantes que non son da súa competencia. É o caso dos Centros Públicos Integrados (CPI) existentes na comarca, cuxa conservación, mantemento e vixianza está correndo a cargo das arcas municipais cando é competencia da Xunta de Galicia. Por iso, os concelleiros dos sete municipios da comarca de Ordes acordaron esta mañá realizar un informe sobre os gastos que xeran os 5 CPI´s existentes (O Cruce, en Cerceda; CPI Pecalama, en Tordoia; CPI Viaño Pequeno, en Trazo; CPI Pontecarreira, en Frades; e CPI Xanceda, en Mesía), que elevará á Administración Autonómica para que cumpra coas súas competencias.

Os sete concellos da comarca tamén realizarán unha profunda análise das distintas obras necesarias nos distintos Centros de Educación e Primaria (CEIP), para delimitar con claridade qué se entende por obras de mantemento ou obras de nova execución, xa que as primeiras son competencia municipal e as segundas son de competencia autonómica. O presidente de Mancomunidade de Ordes, Manuel Regos, considera que con esta decisión “pretendemos avanzar na colaboración entre administracións e que quede totalmente claro cales son as competencias dos concellos e cales as da Xunta de Galicia”.

Loita contra a violencia de xénero

Unha medida que se fai especialmente importante nestes tempos de crise económica, no que cada euro é importante. De feito, no pleno que seguíu a esta reunión de concelleiros (a primeira que se celebra e que volverá reunirse dentro de 15 días e despois o fará de xeito periódico para seguir avanzando en temas relacionados cos servizos sociais) aprobou inicialmente o orzamento da Mancomunidade de Ordes para o 2012, que ascende a 1.052.127 euros.

Así mesmo, o pleno tamén aprobou por unanimidade unha importante iniciativa na loita contra a violencia de xénero: a creación en cada un dos sete concellos da comarca dunha Mesa Técnica de Seguemento dos Casos de Violencia de Xénero, que estarán coordinados polo Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes. Estas mesas constituiranse dentro das Xuntas Locais de Seguridade (nos concellos que dispoñen de Policía Local) e nas Comisións Informativas de Seguridade dos respectivos municipios.

Con esta medida, a Mancomunidade de Ordes facilitará enormemente o intercambio de información entre o CIM e as distintas forzas e corpos de seguridade que actúan na comarca, o que redundará nun mellor servizo ás vítimas de violencia de xénero. A medida aprobada hoxe implicará a posta en marcha das Xuntas Locais de Seguridade nos concellos de Oroso e Tordoia (xa que Ordes e Cerceda xa as teñen operativas), así como daquelas Comisións Informativas de Seguridade que aínda non existan nos resto dos municipios.

Na reunión desta mañá participaron os alcaldes de Frades, Miguel Prado Patiño; Mesía, Mariano Iglesias Castro; Ordes, Manuel Regos; e Trazo, Xosé Dafonte Varela. Os municipios de Cerceda, Oroso e Tordoia estiveron representados polos concelleiros María Viqueira, Antonio Leira e Amadeo Cancela, respectivamente.

Ames – o concello probará a iluminación led en Milladoiro e Bertamiráns

O Concello probará a iluminación LED en Milladoiro e Bertamiráns

O goberno municipal de Ames busca alternativas para mellorar a eficacia enerxética e beneficiar ao medio ambiente

Ames, venres 18 de novembro de 2011. O Concello de Ames está buscando alternativas para mellorar a eficacia enerxética en canto á iluminación no municipio e terá a proba catro luminarias LED na rúa Anxeriz cruce con rúa Cruxa durante unhas semanas nas que contará tamén coa opinión dos veciños sobre esta iniciativa. Para elo colocarase en establecementos da zona unha enquisa na que todos os que o desexen poderán marcar se lles gusta este novo sistema de iluminación. Haberá tamén un punto de luz LED a proba na Avenida da Mahía en Bertamiráns. A empresa ISOEN ENERGY prestouse desinteresadamente a colaborar con este proxecto cuxo obxectivo primordial é acadar un aforro drástico económico así coma levar a cabo unha actuación que beneficiará ao medioambiente producindo unha importante reducción de CO2. A empresa encargada da instalación será a amiense MELCA.

Esta tarde o Director xeral, e o Director de Grandes Contas da empresa ISOEN ENERGY, acompañados do alcalde de Ames, Santiago Amor, e outros concelleiros do grupo de goberno, así coma por varios veciños de Ames, fixeron a presentación do proxecto na rúa Anxeriz cruce con rúa Cruxa, no Milladoiro. Foi arredor das seis e media, cando se encenderon as novas luminarias que estarán unhas semanas a proba.

Según as primeias estimacións feitas polo executivo amiense este cambio no sistema de iluminación suporía unha importante reducción de dióxido de carbono (CO2), polo que supón unha actuación responsable e beneficiosa para o medio ambiente. Este servizo está agora en proceso de estudo e avaliación, para posteriormente licitalo.

Ademais dos establecementos da zona, onde se poderá escoller nunha enquisa sobre a impresión que causan as novas luces de LED nos veciños, todos os que o desexen poderán enviar un correo electrónico á dirección atencioncidada@concellodeames.org, informando sobre o seu parecer.

Oroso – ledicia pola aprobación do proxecto do enlace da autoestrada

AS ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS E COMERCIANTES DE OROSO CELEBRAN A APROBACIÓN DO PROXECTO DO ENLACE SUR DA AP-9 AO SEU PASO POR SIGÜEIRO

ZES e ACES destacan os grandes beneficios que esta obra reportará á economía orosá e agradecen o traballo feito polo alcalde Manuel Mirás

19 de novembro de 2011.- As asociacións de empresarios e de comerciantes de Oroso amosan a súa gran satisfacción pola aprobación do proxecto de enlace sur sur da AP-9 ao seu paso por Sigüeiro, anunciado este venres polo Consejo de Ministros. Tanto dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sigüeiro (ACES), como dende a Zona Empresarial de Sigüeiro (ZES) salientan a gran repercusión que esta obra terá tanto para a economía orosá como para o propio benestar dos veciños e veciñas do municipio e destacan o gran traballo feito ao longo destes anos polo alcalde Manuel Mirás.OROSO - ENLACE AUTOESTRADA

Javier González, presidente da Zona Empresarial de Sigüeiro (ZES) e director de Relacións Institucionais de Vegalsa-Grupo Eroski, asegura que “es algo que venimos reclamando desde el Consejo de la ZES casi en todas las reuniones de la Junta Directiva, porque es muy necesario ya que el tráfico de camiones entorpece el tráfico y ralentiza el flujo de mercancías”.

Neste sentido, González exemplifica con Vegalsa-Grupo Eroski: “nosotros movemos cada día 150 camiones de gran tonelaje y los que vienen del sur tienen que salir en Santiago, venir por la N-550 y cruzar Sigüeiro. En muchas ocasiones significa ralentizar el tráfico de mercancías y sufrir muchos atascos”. Por iso, Javier González asegura que o enlace sur da AP-9 “permitirá reducir los tiempos de entrada y recepción de mercancías, lo que van a notar mucho los 329 supermercados (propios y franquiciados) que tenemos en Galicia”.

O presidente da Zona Empresarial de Sigüeiro sinala que “en la Junta Directiva consideramos que este acceso casi directo de la AP-9 al polígono, que facilitó la rotonda de la N-550 y que ahora mejorará con este proyecto, hará que se implanten más empresas o que se trasladen a Sigüeiro firmas de otras zonas de Galicia”.

Javier González non dubida en sinalar que “consideramos que este avance es un éxito por parte del alcalde Manuel Mirás. La gestión fue larga pero exitosa, por lo que hay que felicitar a Manuel Mirás por todas las gestiones realizadas”. Ademais, pídelle que “las obras se ejecuten cuanto antes, pues así habrá también menos ruidos, menos tráfico y menos molestias para los vecinos de Sigüeiro”.

ACES

Pola súa banda, Óscar Fraga Garabato considera que a medida aprobada polo Consejo de Ministros “vai revalorizar o comercio e o sector empresarial de Oroso e será moi valorado tamén polos veciños, pois isto achéganos moito máis a Santiago e ábrenos moitas posibilidades de de seguir crecendo como municipio”. O presidente de ACES asegura que “os atascos son un gran inconvinte para todos os que vivimos e traballamos en Sigüeiro, pero agora teremos unha alternativa para evitalos”.

“Sen dúbida é algo moi positivo e que chega nunha época de crise económica, polo que hai que quitarse o sombreiro para os que o fixeron posible. Oito millóns de euros, nestes momentos, son máis que benvidos e poden xerar moitos beneficios no comercio e na hostelería de Sigüeiro”, explica Fraga Garabato, quen tamén personaliza este logro na figura do alcalde de Oroso pois “hai que recoñecer o labor que se fixo dende o Concello todos estes anos, en especial por parte de Manuel Mirás”.

Finalmente, Manuel Mirás considera que a aprobación do enlace sur da AP-9 ao seu paso por Sigüeiro é un triunfo de todos os veciños e veciñas de Oroso e espera que as obras se poidan licitar e iniciar á maior brevidade posible. O proxecto conta cun orzamento base de licitación de 7,94 millóns de euros, dos que 747.000 euros utilizaranse para expropiacións e outros 1,38 millóns para a construción dun paso elevado sobre a AP-9.

Ames – nova reunión cos representantes dos traballadores o luns

O goberno de Ames cita unha nova xuntanza ao comité de empresa para o vindeiro luns, ás 13.30 horas no Concello

A sesión celebrada esta mañá entre as dúas partes sobre a reorganización municipal de postos de traballo durou máis de dúas horas

Ames, 18 de novembro de 2011. A reunión do Goberno municipal cos representantes sindicais para tratar sobre a reorganización municipal celebrouse esta mañá no Concello, tal como estaba previsto. Na sesión expuxéronse as posicións das dúas partes e, tras mais de dúas horas, levantouse a sesión. Pero o Goberno convocou ao comité de empresa a unha nova xuntanza o vindeiro luns, ás 13:30 horas, para dar “continuidade e maior reflexión a estes asuntos tan delicados cando se trata de persoas”, tal como matizou o Alcalde, Santiago Amor.

O Executivo amiense explicou que a súa proposición non é illada, senón que forma parte dun paquete de medidas que se veñen adoptando dende o primeiro día da gobernanza, disposicións encamiñadas a garantir os servizos sociais, os comedores, os programas de conciliación e o resto dos servizos básicos que ten que prestar o Concello.

O Goberno de Ames quere facer público que a súa acción está presidida por criterios de xestión eficiente, racional e construtiva: “Os nosos pasos hai que enmarcalos en que o gasto corrente e de persoal aumentou un 60% dende o 2007, ano en que estourou a crise; temos unha situación moi delicada co Estado, a causa dunha débeda que se non afrontamos con rigor e disciplina, levaríanos á creba directamente; e as perspectivas económicas cara ao ano entrante son moi incertas”.

En canto á Relación de Postos de Traballo (RPT), a brigada de medio ambiente era ata o de agora un servizo que presentaba unha gran duplicidade na súa actividade con respecto ás tarefas da brigada de obras. O goberno quere reconducir esta situación, mantendo o técnico medioambiental e as súas tarefas propias, pero asociado á brigada de obras.

O servizo das bibliotecas mantense así coma as súas actividades. O único que deixa de facerse é a actividade concreta de contacontos. En canto ao servizo de normalización lingüística, Santiago Amor afirma que a Administración municipal usa o galego en todas as súas comunicacións, “como algo absolutamente natural na xestión e trámites, pero tamén entre nós e cos veciños”. Así é todo, a idea deste Goberno con respecto ao espallamento do galego é programar actividades de participación social, “tal como defendeu sempre a Mesa de Normalización Lingüística. Así que de ningunha maneira se vai resentir o noso compromiso explícito co idioma propio do país”.

Finalmente, a radio municipal, creada hai máis de cinco anos en tempos de bonanza económica, ten un custe anual inasumible hoxendía, que se eleva a mais de 160.000 euros: “Esta cifra, sempre nos pareceu unha esaxeración manifesta para unha emisora destas características”. Nesta conxuntura, o Concello conta cunha web corporativa, “moito máis asequible e necesaria, que debemos potenciar como canle de información e participación”.

O ALCALDE, SANTIAGO AMOR, DEMANDA RESPONSABILIDADE E SENTIDO COMÚN

REXEITA QUE A REORGANIZACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS TEÑA NADA QUE VER NIN CON AFRENTAS SINDICAIS NIN DIRECTRICES DE PARTIDO

O alcalde, Santiago Amor, afirma que “estamos ante unha crise do erario público que debemos xestionar, todos, con cautela, responsabilidade e sentido común, con vocación de servizo público ao conxunto dos cidadáns”. Neste sentido, Amor rexeita rotundamente que a reorganización municipal teña nada que ver coa liberdade sindical nin con directrices de partido, tal como expresaron estes días representantes sindicais e dos grupos da oposición.

Silleda – remate dos traballos na praza da Feira Vella e arranxos en Escuadro

Rematan os traballos de reforma na praza da Feira Vella, xa cerrada ao tráfico rodado

-As obras, que sairon prácticamente a custe cero para as arcas municipais, foron necesarias logo das deficiencias detectadas na actuación do goberno anterior

-O goberno municipal retomará o proxecto para facer na praza un circuito infantil de seguridade viaria e levantará, a petición dos usuarios, a zona do arriero

Silleda, 18 de novembro de 2011. A praza da Feira Vella de Silleda loce xa nova imaxe. Nos últimos días os operarios municipais remataron os traballos de reforma para subsanar as múltiples deficiencias que presentaba a remodelación realizada o pasado ano con cargo a fondos da Diputación. As obras costaron daquela 50.000 euros, pero en menos dun ano comezaron a aflorar múltiples fallos que incluso afectaban á seguridade dos usuarios, motivando numerosas queixas.

O mes pasado, o Concello de Silleda iniciou con persoal municipal os traballos de mellora, unha vez retirados, en base a informes técnicos, os adoquíns que estaban soltos. A praza conta agora con zonas de xardín renovadas, con diseño innovador que inclúe a formación de volumes e recubertos de tépe (céspede natural en rolo). Tamén se procedeu á limpeza dos columpios, pintado de mobiliario e ao peche da praza ao tráfico mediante a colocación de bolardos. Esta última medida fora xa anunciada o pasado mes de xullo, en virtude dun informe policial. O acceso aos vehículos dende a rúa Antón Alonso Ríos (antiga San Isidro) quedou xa anulado e a praza pasará a contar cunha única entrada e saída dende a rúa Outeiro, na que tamén se instalaron os preceptivos bolardos. SILLEDA - PRAZA DA FEIRA VELLA

“Esta actuación vén amosar que hai outro xeito de facer as cousas”, sinala o concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, destacando que as melloras realizadas, coa que este céntrico e frecuentado espazo gañará en seguridade e estética, “tiveron un coste case cero para as arcas municipais”. Así, explica que o céspede artificial das zonas axardiñadas foi froito dunha doación, “as macetas foron reutilizadas e os bolardos levaban dous anos gardados no almacén municipal”, engade.

Cómpre recordar que a xunta de goberno local acordouse, o pasado mes de outubro informar do estado da praza á Deputación, como promotora dos traballos, para que proceda a esixir á empresa concesionaria as responsabilidades que corresponda.

Máis actuacións

A intención do departamento de Obras e Servizos é continuar mellorando este espazo, con medidas como a mellora da fonte instalada o ano pasado, que tamén suscitou queixas, ou a elevación da zona do areeiro. Sobre este, recibíronse tamén queixas dos pais e usuarios do parque infantil, xa a que a escasa altura da instalación fai que a area bote por fóra e se produzan ás veces resbalóns. Outra das apostas para esta praza será retomar o proxecto para dotala dun circuito infantil de seguridade viaria, que fora concebido na anterior lexislatura durante o mandato de Paula Fernández.

---------------------------------

A Concellería de Obras e Servizos arranxa unha pista de Escuadro en colaboración cos veciños

-Manuel Cuíña explica que o seu departamento priorizará todas aquelas actuacións que conten coma esta coa participación vecinalSILLEDA - OBRAS EN ESCUADRO

Silleda, 18 de novembro de 2011. Operarios municipais de Silleda trasladáronse na xornada de hoxe ata o lugar de Cumbraos, na parroquia de Escuadro para realizar o arranxo dunha pista que se atopaba en moi malas condicións. Ademais da limpeza de cunetas procedeuse á dotación de aglomerado no tramo, contando coa colaboración dos veciños. O concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, explica que este é un exemplo a seguir, e que o seu departamento, á vista das dificultades económicas do momento actual “priorizará todas aquelas actuacións nas que exista coma neste caso colaboración vecinal”, engade.

Teo – actos do día contra a violencia de xénero

OS ACTOS EN CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO TERÁN UNHA FORTE PRESENZA DO MOVEMENTO ASOCIATIVO E DO COLECTIVO EDUCATIVO

· Esta mañá reuniuse a Xunta Local de Seguridade do Concello de Teo para crear a Mesa técnica de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero

18 de novembro de 2011. O Departamento de Benestar do Concello de Teo, está pechando os actos conmemorativos do día mundial contra a violencia de xénero, o 25 de novembro. Como explica o edil da área, Ignacio Iglesias, “nas actividades programadas terá un marcado protagonismo a comunidade, a través do movemento asociativo e do colectivo escolar xa que estamos falando dun problema de toda a sociedade”.

Pola súa banda, a política tamén terá o seu papel xa que nos últimos días os grupos con representación na corporación consensuaron unha declaración institucional co gallo do 25 de novembro que se leerá diante da Casa do Concello o 24 de novembro ás 18:00 horas. Este manifesto conta tamén coas aportacións e o consenso da Asociación Teenses pola Igualdade e da Asociación de Mulleres Rurais de Teo. Despois da lectura gardarese un minuto de silencio en lembranza das vítimas de violencia de xénero.

Ese mesmo xoves 24 de novembro, a partir das 18:15 horas, realizarase unha representación teatral dramatizada polos membros da agrupación ASPAMITE e unha lectura de textos e música a cargo do alumnado do IES de Cacheiras.

O venres 15 de novembro celebrarase unha mesa redonda no Centro Sociocultural da Ramallosa a partir das 20:00 horas, na que intervirán Laura Rodríguez Manso, xefa da Unidade de coordinación contra a violencia sobre a muller da Delegación do Goberno, Alejandro Gómez Aragón, funcionario da Policía e experto en programas de autoprotección para mulleres e Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola Igualdade.

En relación con este tema esta mañá reuniuse no Concello de Teo a Xunta Local de Seguridade para crear a Mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero. Esta mesa de traballo reunirase a partir do mes de decembro, unha vez cada trimestre, e nela estarán presentes representantes da Subdelegación do Goberno, das forzas de seguridade do Estado así como persoal do Concello da área de Benestar e Igualdade e da Policía Local.

Esta mesa, presidida polo concelleiro de Benestar e Igualdade, ten carácter permanente e é un órgano de asesoramento da Xunta Local de Seguridade. Ten como principal obxectivo coordinar as actuacións na prevención, asistencia e protección ás vítimas de violencia de xénero.

Auditorio de Galicia – a Banda Municipal comeza o ciclo xoves interpretes galegos

A Banda Municipal estrea este domingo o ciclo de Xoves Intérpretes Galegos

  • O ciclo inclúe sete concertos ao longo da temporada cada un co seu solista

  • Este domingo o solista será o compostelán Andre Cebrián Garea

Santiago de Compostela, 25/05/2011.- A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela pon en marcha este domingo unha das novidades mais esperadas da programación 2011-2012: o ciclo de Xoves Intérpretes Galegos. Este ciclo inclúe sete concertos nos cales a Banda Municipal contará ao longo de toda a tempada con sete solistas diferentes e este domingo comezará con Andre Cebrián Garea, de Compostela.

Trátase de sete mozos galegos con idades comprendidas entre os 15 e os 25 anos e que están levando a cabo os seus estudios musicais tanto en Galicia como no estranxeiro. Con esta iniciativa a Banda Municipal pretende poñer en valor o gran talento dos mozos galegos e o sacrificio e a continuidade que supón estudar unha carreira musical.

Este domingo o solista convidado será Andre Cebrián Garea, que nace en Santiago de Compostela o 7 de decembro de 1986 e empeza a estudar frauta aos 7 anos con José Antonio Rei. Máis tarde no Conservatorio de Santiago con Víctor Dieguez e, posteriormente, na Escola de Altos Estudos Musicais con Luís Soto e Laurent Blaiteau. Ingresa no Conservatorio Superior de París con Claude Lefèbvre, e no Conservatorio Superior de Salamanca con Pablo Sagredo, onde se licencia con matrícula de honra, e realiza un posgrao na Hochschule für Musik Detmold con Jainos Bailint.

Obtén o premio no IX Ciclo de Novos Intérpretes da Fundación Pedro Barrié de la Maza na Coruña en 2005. Tamén é gañador do Primeiro Premio do Concurso do V Ciclo de Xóvenes Intérpretes Concello de Ortigueira o mesmo ano. En 2008 consegue o cuarto posto no IV Concurso Internacional de Frauta de Crakovia, cun premio especial por ser o finalista máis novo.

Formou parte da JONDE en 2007-08 e da Gustav Mahler Jügendorchester, GMJO, de 2008-10. Esta bagaxe permítelle dicir que tocou nas principais salas europeas, tales como o Musikverein en Viena, Royal Albert Hall en Londres, Teatro San Carlo en Nápoles, Royal Concertgebouw en Amsterdam, Tonnhalle en Zúric e outros. Foi membro da Orquestra Presjovem, coa academia BandArt, da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e da World Wind Orchestra, e colabora ocasionalmente coa OSG.

A cita será no Teatro Principal o 20 de novembro ás 12 da mañá co seguinte programa:

- Sylvia de L. Delibes

- Concerto para frauta de M. Mower (1º vez pola Banda Municipal)

- Huntingtower de O. Respighi ( 1º vez pola Banda Municipal)

- Symphonic Dances de Y. Fukuda (1º vez pola Banda Municipal)

Psoe Ames – o partido socialista forza o goberno a negociar cos sindicatos

O PSOE de Ames obriga ao goberno a negociar cos sindicatos coa finalidade de dar marcha atrás no despido dos traballadores

Carlos Fernández compareceu o xoves ante a Secretaría Xeral para denunciar o incumprimento da obriga legal de negociar cos representantes sindicais, forzando a Amor a sentarse cos eles o luns

Os socialistas, que onte abandonaron a Comisión Informativa tras denunciar a súa ilegalidade, esixen que a negociación se empregue para sacar adiante un acordo que impida que haxa nin un só despido

O Partido Socialista de Ames ven de forzar ao goberno municipal a sentarse co Comité de Empresa para dar marcha atrás na proposta de eliminación de doce postos de traballo no Concello de Ames, tras denunciar o incumprimento por parte do equipo de Santiago Amor da obriga legal de levar a cabo unha negociación cos representantes sindicais antes de proceder a calquera reforma no cadro de persoal, e por tanto, con máis motivo, ante unha modificación que supón o despido de nove traballadores e a eliminación de outras tres prazas vacantes.

O goberno popular anunciou que se reunirá o vindeiro luns cos representantes dos traballadores despois de que o voceiro socialista, Carlos Fernández, comparecera onte xoves ante a Secretaría Xeral do Concello para denunciar que o expediente da Comisión Informativa de Persoal, convocada dous días antes, non incluía a acta da mesa xeral de negociación. A lei esixe que esa documentación forme parte do mesmo dende que se realiza a convocatoria e, polo tanto, a súa carencia, 48 horas despois de realizada esta, impedía que a proposta de despido fora abordada pola Comisión Informativa proposta para hoxe e en consecuencia, polo Pleno da Corporación do vindeiro xoves. De feito, a Comisión non chegou a celebrarse pois os edís socialistas denunciaron o seu carácter ilegal e, en consecuencia, negáronse a participar en ela e abandonaron a sala.

O feito de que tivera que ser Carlos Fernández quén lle recordase ao actual alcalde as súas obrigas amosa, para os socialistas, o total descoñecemento que ten Amor do proceder administrativo, algo imperdoable para quén foi elixido polos amienses para xestionar os seus intereses nun momento tan crucial como o actual e, o que aínda é máis grave, a súa absoluta falta de respecto aos dereitos dos traballadores.

Nese senso, Fernández esíxelle ao novo alcalde que “faga virtude da necesidade” e aproveite a reunión que os socialistas lle obrigaron a manter co comité de empresa para traballar en serio na procura de solucións que impidan un só despido, esquecendo a reforma anunciada: “Pelexaremos para que nin un só dos traballadores do Concello vaia a parar á cola do paro”, di . O voceiro socialista defende que hai fórmulas para reducir os gastos da administración local sen deixar desamparado a ningún traballador e esixe a Amor que se sente a negocialas cos afectados. Para Fernández “os encontros mantidos polo goberno cos traballadores esta semana son un mero paripé para intentar cumprir pola porta de atrás a obriga legal de levar a cabo unha negociación real y efectiva cos representantes sindicais ante calquera reforma que afecte ao persoal, e máis aínda ante unha de este calado. E por iso esiximos que agora que a nosa intervención lles obrigou a negociar cos traballadores, esquezan a súa proposta e busquen fórmulas alternativas para que ningún traballador quede na rúa”.

Carlos Fernández definiu o ocorrido nos últimos días como “a cronoloxía dun despropósito”:

-Luns, día 14 de novembro: A Secretaría Xeral do Concello de Ames emite un informe sobre a proposta do goberno local de eliminación de doce postos de traballo, advertindo, entre outras cuestións, da obriga de levar a cabo previamente unha negociación coa representación legal dos traballadores.

-Martes, día 15 de novembro: O goberno pretende cumprir a obriga legal cun “paripé” de negociación. Séntase cos sindicatos minutos antes de proceder á convocatoria da Comisión Informativa sen facerlles chegar con anterioridade, como era a súa obriga, o contido da súa proposta, provocando que os representantes dos traballadores se levanten da mesa. Coa intención de acadar a acta volven convocalos para o venres, descoñecendo que xa incumpriron os prazos legais.

-Xoves, día 17 de novembro: O voceiro socialista, Carlos Fernández, comparece ante a Secretaría Xeral para consultar o expediente da proposta de eliminación de postos de traballo incluída na orde do día da Comisión Informativa e, tras comprobar que o mesmo non inclúe a acta da mesa xeral de negociación como é preceptivo, denuncia a imposibilidade de a proposta sexa tratada na reunión da Comisión prevista para o día seguinte.

-Venres, día 17 de novembro: O goberno local séntase co Comité de Empresa co único obxectivo de acadar a acta pero sen ningunha intención de levar a cabo negociación algunha. Conscientes grazas a denuncia dos socialistas da imposibilidade de abordar o asunto na Comisión prevista para unhas horas despois, convocan aos sindicatos para negociar o vindeiro luns, 21 de novembro. Os socialistas denuncian a ilegalidade de Comisión, ao no estar completo o expediente no momento de convocarse esta e, negándose a participar nun acto ilegal, abandonan a sala. O PSOE esixe ao goberno que aproveiten a obriga legal de negociar co Comité para buscar unha alternativa que supoña o mantemento da totalidade dos empregos.

Tordoia – semana de corresponsabilidade

GYMKANA, CINE E COCIÑA PARA A I SEMANA DA CORRESPONSABILIDADE DO CONCELLO DE TORDOIA

A iniciativa desenvolverase do 21 ao 25 de novembro e nela tomarán parte máis de 180 rapaces

O programa encádrase no I Mes da Corresponsabilidade no que se puxeron en marcha actividades durante todo o mes de novembro

18 de novembro de 2011.- Do 21 ao 25 de novembro o Concello de Tordoia celebrará a I Semana da Corresponsabilidade, no marco da celebración de actividades previstas no Plan de Igualdade de Mulleres e Homes do Concello de Tordoia posto en marcha o ano pasado. Durante eses días, maiores e pequenos participarán nunha Gymkana do fogar, un cineforum e un obradoiro de cociña, concebidos para traballar na superación dos roles que tradicionalmente se lle outorgan ás mulleres.

O obxectivo desta semana é continuar co traballo que durante todo o mes de novembro están levando adiante o Concello de Tordoia en colaboración co CPI Pecalama dentro do I Mes de Corresponsabilidade, dirixido a sensibilizar tanto a pais e nais como ao profesorado sobre a igualdade de sexos e corrixir estereotipos sexistas e traballar o incremento da corresponsabilidade no traballo doméstico e coidado dos nenos. Despois de actividades como o obradoiro “Cambiemos os Contos”, “O amo da casa” ou “Vaia canción”, esta semana máis de 180 rapaces de EI, ESO e EP do Pecalama participarán nas actividades previstas., que culminará cun obradoiro de cociña común que correrá a cargo da Escola Superior de Hostalería de Galicia, que dirixirá aos rapaces para elaborar todos xuntos unha receta de cociña.

“A finalidade de todas estas actividades é traballar desde abaixo para derrubar os estereotipos que continúan latentes na sociedade, fomentando a coresponsabilidade entre pais e nais e a educación igualitaria”, explicou o rexedor tordoiés, Antonio Pereiro, quen será o encargado de clausurar este I Mes da Corresponsabilidade o vindeiro día 25 de novembro nun acto que se desenvolverá tralo obradoiro conxunto de cociña.

Coa celebración destas actividades, levadas adiante co apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Tordoia segue a apostar pola sensibilidazación e a posta en valor da muller, continuando coas tarefas comezadas o ano pasado cando as actividades estiveron centradas na muller do rural.

Auditorio de Galicia – programación cieuropa na fin de semana

Alberto Yaccelini repite mañá o encontro co público de Cineuropa

· O realizador arxentino manterá hoxe e mañá un coloquio cos afeccionados que o desexen trala proxección do seu último documental “El fabricante de cepillos”

· A programación desta fin de semana ofrece as últimas películas de Zhang Yimou, Sarah Polley e Arturo Ripstein, ademais da película-impacto mexicana “Miss bala”, que sorprendeu en Cannes

Santiago de Compostela, 18/11/2011.- O recoñecido director arxentino, Alberto Yaccelini, atópase en Santiago para participar nos Encontros co público programados por Cineuropa, no seu 25 aniversario. Yaccelini brindará ao público compostelán a oportunidade de falar con el e achegarse ao seu traballo en calquera dos dous coloquios que celebrará, hoxe e mañá, logo de proxectar o seu último traballo: “El fabricante de cepillos”, un documental lúcido e inquietante sobre a figura dun antigo nazi. As citas son hoxe, no Teatro Principal, ás 20.00 h., e mañá, sábado, unha hora máis tarde (ás 21.00 h), no Salón Teatro.

Alberto Yaccelini, é un dos máis prestixiosos documentalistas do panorama internacional, unha figura cinematográfica de inmenso interese, que asume a totalidade da creación desta obra galardoada en distintos festivais internacionais este ano, xa que é director, guionista, responsable de fotografía e da montaxe, ademais do produtor.

En “El fabricante de cepillos” Yaccelini pregúntase como descubrir onde hai unha historia. Como descubrir que un apracible ancián pode encubrir un personaxe de pasado dubidoso, con facetas menos diáfanas? O personaxe que atopa Yaccelini apelídase Dupont, un belga cuxa adhesión ao nazismo semella ser o centro sobre o que xira El fabricante de cepillos. Con todo, Yaccelini non busca tanto a verdade, desenmascarar un rostro oculto e ominoso, senón preguntarse por que e como se debería facer un documental sobre un personaxe cuxa ambigüidade obriga o cineasta a adoptar unha posición ética.

ZHANG YIMOU E SARAH POLLEY

A programación da fin de semana trae ao festival as máis recentes películas de Zhang Yimou e de Arturo Ripstein, dous nomes que teñen sido punteiros nas dúas últimas décadas do panorama internacional e tamén de Cineuropa. De Zhang Yimou poderase ver “Amor baixo o espiño branco”, que ven de recibir o premio á mellor interpretación feminina na Seminci. E de Ripstein, “Las razones del corazón”, que é a súa versión da Madame Bovary de Flaubert. O filme de Arturo Ripstein chega , ademais, precedido da polémica que xerou o seu pase no Festival de San Sebastián.

Xunto ás obras destes dous veteranos, esta fin de semana entran dous realizadores de nova fornada. Sarah Polley, actriz protagonista, entre outras, de “Mi vida sin mí”, e directora de “Lejos de ella”, programada no festival hai catro anos, estrea no Principal “Take this waltz”, reflexión sobre o (des)amor e as paixóns dentro e fóra da parella, protagonizada por Michelle Williams e presentada a concurso en San Sebastián. E o mexicano Gerardo Naranjo trae a película latinoamericana que máis impacto produciu internacionalmente esta temporada, “Miss Bala”, historia fronteiriza onde unha muller xógase a vida na loita entre un cartel da droga e a policía. “Miss Bala” causou sensación en

C | I | N | E | U | R | O | P | A 2011

Cannes. Os cinéfilos que busquen bouquet, teñen dous citas inescusables: unha, a obra mestra testamentaria de Raúl Ruíz “Misterios de Lisboa”, Cuncha de Prata ao mellor director en San Sebastián, e a ocasión de reencontrarse, pero na pantalla grande, en versión íntegra e restaurada, da colosal “Érase unha vez en América”, unha das mellores películas do último cuarto do século do cinema norteamericano.

“CONTRA A MORTE”

Tamén hoxe, a Sección Docs Cineuropa, ofrece outro debate non menos interesante aberto á participación do público. Será no Salón Teatro, ás 19.00 horas, coa estrea da versión íntegra de “Contra a Morte: unha aproximación a Lois Pereiro”. Un traballo dirixido por Iago Martínez e Alexandre Cancelo no ano no que ao poeta monfortino se lle dedicou o Día das Letras e que, ademais de Ib Cinema S.L., contou coa coprodución da Sociedad Estatal de Acción Cultural. “Contra a morte” é un documento cinematográfico que pretende descubrir ao grande poeta que foi Lois Pereiro, unha voz para o futuro da poesía galega e universal escribindo contra a morte os versos máis fermosos. Poeta total, encarnou con forza a morte e trouxo a Galicia a mellor das vangardas literarias europeas de fins do s. XX.

Ordes – exposición na biblioteca

A Biblioteca de Ordes acolle dende hoxe a exposición dos traballos presentados ao I Concurso de Debuxo Infantil “Non tires os chicles nin os papeis ao chan”

Ordes, 18 de novembro de 2011: Dende hoxe e ata pasadas as vindeiras festas de Nadal a Biblioteca Municipal do Concello de Ordes acollerá a exposición de todos os traballos presentados no I Concurso de Debuxo Infantil “Non tires os chicles nin os papeis ao chan”, organizado polo Concello a través da concellería de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible.ORDES - EXP BIBLIOTECA

En total foron 50 os traballos presentados a este certame, entre os presentados na convocatoria libre e os pertencentes aos alumnos e alumnas de todas as escolas unitarias do municipio que quixeron ser partícipes desta iniciativa.

Todos aqueles que queiran ver os debuxos realizados polos máis pequenos de Ordes poderán facelo visitando a biblioteca no seu horario habitual de apertura. Ademais os traballos presentados tamén se poden consultar na rede, concretamente na páxina web do Concello www.concellodeordes.com e no perfil de facebook “Medio Ambiente Ordes”.

O certame estivo dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos que presentaron debuxos que tiñan que estar relacionados coa temática “imaxina o teu pobo sen lixo nin contaminación”. En próximas datas coñecerase o fallo do xurado.

O obxectivo deste certame, tal e como explicaron dende o departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible que dirixe o edil José Luis Gómez Candal, foi concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de ter un municipio limpo.

Santiago axenda do 19 o 21 de novembro

Sábado 19

12.00 h

No Centro Sociocultural do Ensanche, Xogos Populares.

17.00 h

No Centro Sociocultural do Castiñeiriño, Pedalea Compostela

21.00 h

No Salón Teatro, presentación e enccontro co público de 'El fabricante de cepillos'

Domingo 20

12.00 h

No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música que inicia o ciclo de Xoves Intérpretes Galegos. Frauta solista, Andre Cebrián Garea.

Luns 21

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, para presentar o V Certame Galego de Bandas de Música. Na rolda tamén estarán Juan Carlos F. Fasero, director da Agadic; Rubén Souto Santos, presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares e os compositores Antón Alcalde, Andrés Álvarez e Diego David Cuevas.

12.30 h

Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.30 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa Asociación de Antigos Tunos de Santiago.

Toda a programación de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

BNG A Estrada – enmendas os presupostos da Xunta

O BNG da Estrada dá a coñecer as emendas aos orzamentos da Xunta


Centro de día, autovía Santiago-A Estrada, Cidade do Móbel e Torre e Pazo de Guimarei son centran as emendas do BNG da Estrada
Magariños recorda que todas estas emendas son promesas electorais do PP, e agarda que sexan atendidas favorabelmente no trámite parlamentar

A Estrada, 17 de novembro de 2011: O BNG da Estrada, a través do seu portavoz municipal, Xosé Magariños, presentou hoxe as emendas aos orzamentos da Xunta, xunto aos compañeiros da comarca A Estrada-Deza na localidade de Lalín, para o que contaron coa presenza de Teresa Táboas.
Magariños fixo unha valoración crítica cos orzamentos que a Xunta adicará en 2011, que cualificou como de “calderilla, e non concreta obras importantes e necesarias para a Estrada como son a autovía Santiago-A Estrada e a Cidade do Móbel”. Esta escasa masa orzamentaria que se dedica a Estrada no 2011, deixa en moi mal lugar ao PP, e concretamente ao Alcalde da Estrada, quedando patente o seu escaso peso político na Xunta, como xa tempos atrás”, explicou o concelleiro nacionalista.
“Neste sentido,” engadiu o portavoz municipal do BNG, “presentamos unha emenda a autovía de 1.000.000 de euros, e de 3.500.000 euros para a Cidade do Móbel, porque queremos que sexan os verdadeiros motores na creación de emprego no noso concello”.
Por outra parte, Magariños tamén explicou que outra emenda de 1.000.000 será para a Residencia e centro de día, “imprescindíbel, e lamentábel que un concello da nosa categoría non contemos cunha infraestrutura deste tipo”.
Por outra parte, Xosé Magariños tamén deu conta doutra emenda de 300.000 euro para recuperar a Torre e o Pazo de Guimarei. O concelleiro nacionalista explicou que “non se entende o un sen o outro, e un elemento histórico e arquitectónico deste calibre non pode estar abandonado como está”. “O BNG,” explicou Magariños, “quere que este espazo sexa un referente da vida cultural, da artesanía local, da historia, queremos que sexa un espazo para o lecer, e potencialo como un referente turístico do concello, á altura do Pazo de Oca ou a Rapa de Sabucedo”.
Magariños explicou que “o BNG non está a pedir nada do outro mundo, de feito, todas estas emendas son promesas electorais que fixo o PP nas pasadas eleccións municipais, polo tanto o BNG entende que será total asumidas polo Alcalde e fará as xestións oportunas para que estas emendas pasen favorabelmente o trámite parlamentario”.

Silleda – festival de coros infantís

Silleda acolle o vindeiro sábado día 19 o V Festival de Coros Infantís e Xuvenís

-Tres agrupacións pontevedresas ofrecerán un amplo repertorio no auditorio da Semana Verde, a partir das 17.30 horas

-O concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre e o presidente de Fecoga, Antonio Rey, presentaron hoxe o certame

Silleda, 17 de novembro de 2011. O auditorio da Semana Verde acollerá pasado mañá sábado o V Festival de Coros Infantís e Xuvenís no que participan tres agrupacións: o Coro Xuvenil O Castro de Baión, de Vilanova de Arousa; Coro Infantil-Xuvenil Zoltan Kodaly, de Vilagarcía e o xuvenil Clave de Sol, de Vilariño (Cambados). A cita será a partir das 17.30 horas, e en total desfilarán polo escenario preto dun centenar de vocalistas con repertorios do máis variado. Así, dos 5 temas que interpretará cada unha das tres agrupacións, figuran dende clásicos de Verdi, ou o popular La Bamba, ata temas de Antonio Flores ou The Beach Boys. A entrada é de balde.

O presidente da Federación Coral Galega (Fecoga), Antonio Rey, entidade que organiza a cita co patrocinio de Agadic, amosou hoxe durante a presentación do evento a súa satisfacción por celebrar este certame en Silleda, un referente xa para a entidade de corais que vén celebrando nesta localidade a súa asamblea anual dende hai xa varios anos.

“Eles son o relevo dos que hoxe cantamos nas corais”, apuntou Rey, que agradeceu a boa acollida do Concello de Silleda e lembrou o “traballo duro” dos directores e directoras dos coros.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura silledense, Matías Rodríguez da Torre, advertiu que este tipo de actos se enmarcan nunha das principais liñas de traballo do departamento, “que pasa por dinamizar a formación cultural”, Da Torre engadiu que esta iniciativa tamén pretende servir de “espello para os alumnos da Escola Mnicipal de Música”.

Logo da celebración das dúas primeiras edicións en Santiago, no Auditorio de Galicia, o certame celebrouse en Meis e Ribadumia, continuando agora noutra vila de Pontevedra, por ser a provincia con máis agrupacións deste tipo.

BNG Ordes – o pleno aproba as propostas do BNG para o POS

O PLENO APROBA A INCLUSIÓN DAS PROPOSTAS DO BNG NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS

- Ampliarase o ximnasio da piscina climatizada, urbanizarase o Ceidón e mellorarase a pista de Souto de Zar en Pereira.

- O BNG non apoia o cobro trimestral das taxas do lixo e da auga porque suporá un maior quebranto ás economías domésticas.

- O BNG esixe ao goberno municipal que se equipe o local de ensaio.

Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, amosou a súa satisfacción porque o Pleno aprobase as propostas do BNG para incluir o Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial (POS), deste xeito ampliarase o ximnasio da piscina climatizada, urbanizarase a zona do Ceidón e se mellorará a pista de Souto de Zar na parroquia de Pereira. A inclusión destas obras foi consecuencia dunha moción dos nacionalistas aprobada o pasado mes de setembro polo Pleno da Corporación Municipal.

Gonzalo Castro emplazou ao goberno “a executar coa máxima celeridade estas obras que os veciños levan demandando moito tempo e que o BNG xa propuxo incluir nos Orzamentos Municipais dos últimos catro anos”.

As obras aprobadas polo Pleno, a proposta do BNG, destinarán un investimento de 58.000 euros á ampliación e mellora da piscina climatizada, 143.000 euros para a urbanización do Ceidón e perto de 30.000 para a pista de Souto de Zar na parroquia de Pereira.

Pago trimestral das taxas do lixo e da auga

O BNG non apoiou o cambio do cobro mensual a trimestral das taxas do lixo e da auga, xa que, segundo manifestou Gonzalo Castro “o cobro trimestral fará máis gravoso o pago destas taxas, causando un quebranto ás economías domésticas, ao aumentar considerablemente a contía do recibo con respecto ao que se viña cobrando de forma mensual”.

Con respecto ao argumento do aforro nos gastos de xestión de cobro dos recibos, dado polo goberno para xustificar esta proposta, Castro manifestou que “se do que se trata é de aforrar diñeiro ás arcas públicas podería comezarse coa diminución dos gastos en dietas dos concelleiros, reducindo o seu número nas comisións informativas, algo que xa propuxo o BNG no último Pleno, e que foi rexeitado polo goberno e o PP, e que suporía un aforro de 15.000 euros ás arcas municipais”.

Local de Ensaio

O Pleno aprobou o Regulamento para o uso do local de ensaio municipal, neste punto, Gonzalo Castro esixiu ao goberno municipal que “se dote de medios e equipamento ao local de ensaio municipal, xa que na actualidade atópase totalmente baleiro e sen cumplir a función de dinamización da importante actividade musical existente en Ordes”.

O portavoz nacionalista fixo fincapé na necesidade de “dotar ao local de ensaio dunha mesa de grabación e de instrumentos”.

Auditorio de Galicia – Manuel Lourenzo gañador de premio Blanco Amor de novela longa

O xurado, reunido o día 11 de novembro, elixiu a súa obra presentada baixo o lema ATL

Manuel Lourenzo González gaña a XXIX edición do premio de novela longa Eduardo Blanco Amor

  • O premio seralle entregado polo alcalde da cidade, Xerardo Conde Roa, nun acto o día 2 de decembro ás 20.00h na Sala Mozart do Auditorio de Galicia

  • O xurado valorou moi positivamente a coherencia do universo literario empregado, o dinamismo, a escrita entretida e áxil e a credibilidade do futuro no que nos sitúa

Santiago de Compostela, 17/11/2011.- Manuel Lourenzo González é o gañador da XXIX edición do premio de novela longa Eduardo Blanco Amor que este ano organiza o Concello de Santiago e que está dotado con 12.020€ . Así o decidiu o xurado do premio reunido o pasado 11 de novembro no Teatro Principal cando elixiu a súa obra, presentada baixo o lema ATL. O premio será entregado ao gañador polo alcalde da cidade, Xerardo Conde Roa nun acto que se celebra o vindeiro 2 de decembro ás 20.00h na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.

O xurado, que fai constar na acta que “valora moi positivamente a cantidade e a calidade xeral das obras presentadas”, despois das correspondentes deliberacións acordou conceder o premio de novela longa Blanco Amor á obra presentada baixo o lema ATL, que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de Manuel Lourenzo González.

Tal e como recolle a acta, o xurado valorou “moi positivamente a coherencia do universo literario empregado. A intriga que desenvolve a trama está ben dosificada e consegue captar a atención do lector. O mundo futuro no que se desenvolve resulta sólido e sen estridencias. E, ao mesmo tempo, ATL ocúpase dos problemas da identidade e o sentido da vida que son manexados de maneira eficaz. O dinamismo da historia, a escrita entretida e áxil e a credibilidade do futuro no que nos sitúa, foron valores aprezados por este xurado para escoller a ATL como a novela gañadora desta edición do premio Blanco Amor.”

O xurado que elixiu ao gañador estaba integrado por Paula Carballeira Cabana, Francisco Macías Macías, Iván García Campos e Pablo Couceiro Caramés, asistidos polo Concelleiro de Cultura, Educación e Normalización Lingüística, Ángel Currás Fernández, en calidade de secretario, con voz e sen voto.

Manuel Lourenzo, Licenciado en Pedagoxía, é profesor de Lingua e Literatura Galegas no instituto Torrente Ballester de Pontevedra. Autor polifacético, cultiva a narrativa de adultos, aínda que el mesmo indica que se sinte especialmente cómodo como creador de literatura xuvenil e de contos para cativos. Tamén ten varios libros de teatro e de ensaio no ámbito da didáctica da lingua, así como libros de texto. Obtivo varios premios coma o Xerais de Novela, Pedrón de Ouro, Carvalho Calero, Café Dublín, García Barros, Narrativas quentes e Merlín en narrativa; O Facho e Estornela en teatro e máis recentemente o Premio de Literatura Infantil Barco de Vapor. Agora, ese listado vén agrandarse cos este Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor.

Silleda – proposta de modificación de usos no PXOM

O goberno municipal levará ao pleno unha modificación puntual do PXOM que permitirá flexibilizar os usos do recinto feiral Semana Verde

Silleda, 17 de novembro de 2011. O executivo municipal silledense levará ao pleno do vindeiro día 24 a aprobación inicial da modificación puntual do PXOM que permitirá ampliar os usos no recinto feiral Semana Verde de Galicia. O obxectivo é flexibilizar os usos dentro da normativa urbanística actual, que data do ano 1981, na ordenanza referida ao recinto feiral, xa que rixidiza en exceso a ordenación, ao establecer unhas limitacións de uso que impiden viabilizar ténica e económicamente futuras actuacións.

En concreto, engádese con esta modificación o grado 6º industrial, permitindo a instalación de industrias complementarias da actividade terciaria.

No proxecto presentado esta mañá polo goberno local na comisión informativa especial de contas, economía, facenda, réxime interior, urbanismo medio ambiente e medio rural, esta modificación argumentase dende a xustificacion do interese público. Así, explícase que o cambio vén derivado da necesidade de darlle un pulo á Semana Verde, con outros usos complementarios á actividade agrogandeira, ao fío do plan de viabiliade posto en marcha pola Fundación que rexe o recinto.

A normativa urbanística referida á entidade silledense xa fora modificada antes. Así, no ano 1991 ampliouse a actividade a todos os usos gandeiros e agrícolas, que antes só figuraban vencellados a feiras e mercados regulados.

Este tema foi incluido na comisión fóra da orde do día, motivado polos cambios na titularidade da Secretaría Xeral do Concello nos últimos días. Dende o grupo municipal do PP tamén se aceptou incluir na orde do día para o vindeiro pleno o debate da transferencia dun total de 17.500 euros do capítulo de gastos de Persoal para amortizar débeda bancaria.

No tocante ao resto dos asuntos, o grupo municipal do PP mantivo a abstención en todos os puntos das comisións informativas, agás nas propostas da Alcaldía para bautizar o pavillón de Silleda co nome de César González Fares, e a rúa Doutor Penoucos da Bandeira

Silleda – curso monitor educación ambiental

Os alumnos do curso de monitor en Educación Ambiental inician as prácticas cun proxecto sobre o muíño de Covián, en Rellas

-O ciclo deixou patente o alto grao de motivación dos participantes, xa que dos 13 alumnos, dez apostaron por esta iniciativa de xeito voluntario

Silleda, 17 de novembro de 2011. O curso de monitor en Educación Ambiental, promovido polo departamento de Formación e Emprego de Silleda, rematou o pasado mércores cun notable éxito. Logo das sesións teóricas que comezaron o pasado día 1 de setembro cun total de 13 alumnos, a maioría deles (10) quixeron continuar co período de prácticas voluntarias. Éste arrancou hoxe co proxecto dun sendeiro interpretativo na área recreativa do muíño de Covián, na parroquia silledense de Rellas.

A iniciativa consistirá na elaboración de paneis interpretativos e tamén interactivos sobre temas relacionados co medio ambiente e a etnografía, que se colocarán na citada área. Situado á beira do Camiño de Santiago, nunha das marxes do río Toxa, este emprazamento ofrece enormes posibilidades para a Educación Ambiental e agora, con este proxecto poderá convertirse nunha pequena aula aberta.

Os alumnos e alumnas elaborarán os paneis seguindo técnicas especiais de comunicación que provoquen e estimulen ao visitante, co obxectivo de lograr que entenda, aprecie e desenvolva unha conciencia de respeto e sensibilización na conservación de elementos naturais. Levantado aló polo ano 1810, o muíño de Covián preside unha paisaxe excepcional na que se refuxian ademais especies de flora e fauna con especial interese.

“Que a maioría dos alumnos quixera realizar as prácticas de forma voluntaria amosa un alto grao de motivación, e polo tanto convirte a este curso, posto en marcha para persoas en situación de desemprego, en todo un éxito”, apunta a concelleira de Emprego e Formación, Margarita Campos Espiño.

Ames – desde o luns novo mercadillo

O vindeiro luns día 21 de novembro o Milladoiro estrea un mercado na Praza de Manuel Murguía

O mercado contará con 70 postos de gran variedade de produtos e abrirá nos meses de inverno de 16:30 a 19.30, e no verán de 16.30 a 20.30

Bernardo Moar detecta unha “gran expectación” ante a apertura do mercado

Ames, 17 de novembro de 2011. A Concellería de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo leva meses traballando para dotar ao Milladoiro dun novo mercado de rúa; finalmente será o vindeiro luns día 21 de novembro ás 16.30 horas cando se inaugure este novo mercado que estará na Praza Manuel Murguía. Segundo explica o concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar, o novo mercado contará con ofertas e importantes novidades con respecto ao de Bertamiráns; entre as novidades destaca que haberá un polbeiro durante todo o día, tres postos de artesanía, unha adega das Rías Baixas poñerá á venda o seu Albariño, haberá tamén un posto de queixos, un posto de plantas, e sete postos de venda de produtos ecolóxicos (froitas, hortalizas, etc). Tamén contará con dous postos de churros, e os típicos postos de calzado e téxtil. Ofertarase unha zona específica para alimentación e produtos da horta.

No primeiro día do mercado ofreceranse actividades para nenos. Entre as 16.30 e as 20.00 horas a escola de música Allegro, sita na Rúa Raxoeira ofrecerá aos máis cativos o programa “coñece o país da música” a través de xogos, canto, baile, cancións, instrumentos etc. Tamén contarán na Galería de Arte Di Carvalho sita na mesma Praza de Manuel Murguía con actividades que lle permitirán achegarse ao mundo da Arte e facer os seus primeiros bocetos dun cadro. Pensando en tódolos públicos, e non só nos máis cativos, dende as 18.30 ás 19.30 convidarase aos asistentes a un chocolate con churros das dúas churrerías.

O novo mercado do Milladoiro contará cun total de 70 postos pero nace cun claro obxectivo de ampliación para que nun corto prazo se poidan incrementar o número de postos así como a oferta comercial. Está previsto que este mercado abra nos meses de inverno de 16.30 a 19.30, e no verán de 16.30 a 20.30. O concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo e turismo, Bernardo Moar, explicou que os comerciantes de Milladoiro e moitos vendedores ambulantes levan anos demandando este mercado e amosouse sorprendido ante a gran expectación e aceptación que está a ter a iniciativa, agora “só espero que a apertura do mercado lle dea un importante impulso á economía do Milladoiro, e que se achegue ata el moita xente” asegura Moar.

O Pleno celebrado a principios de setembro, correspondente ao mes de agosto, aprobara cos votos do grupo municipal popular e cos do grupo socialista a modificación do Regulamento de venda ambulante do Concello de Ames. Naquel momento o concelleiro Bernardo Moar levara a pleno a proposta de dotar dun novo mercado ao núcleo do Milladoiro e ampliar o de Bertamiráns á Praza da Maía. A iniciativa de Moar contou dende o principio co apoio de comerciantes, asociacións de vendedores ambulantes e da Mesa Local de Comercio.

Boqueixón – simulacro de evacuación na escola infantil

SIMULACRO DE EVACUACION DA ESCOLA MUNICIPAL INFANTIL DE BOQUEIXON

Este mañá tivo lugar na localidade de Lestedo un simulacro de evacuación da Escola Municipal Infantil desta localidade.

Este operativo de seguridade forma parte dos plans de prevención de riscos de Emerxencias Boqueixón, o departamento que encargo de coordinar e levar a cabo este actividade. BOQUEIXON - SIMULACRO ESCOLA INFANTIL

O operativo tivo como fin poñer en practica o plan de autoprotección do centro consistente en preparar ó persoal docente do mesmo, para actuar en caso dunha emerxencia. Neste caso, o suposto práctico levado a cabo supuxo a evacuación do centro a causa dun incendio simulado nas instalacións da EMI así como atención sanitaria e rescate a unha coidadora e a un dos alumnos da gardería.

Neste simulacro medíronse os tempos de resposta da evacuación, chegada dos equipos de emerxencia e rescate dos feridos, todo esto para que o persoal tanto da EIM como de Emerxencias Boqueixón estean familiarizados cos protocolos e os procedementos en case de que esta situación fose precisa.

O operativo prestado por Emerxencias Boqueixón estivo composto por dous vehículos, un vehículo de primeira saída para a extinción do lume e a Pick Up con equipo de rescate e auxilio dos feridos e por 8 efectivos de Emerxencias Boqueixon.

Ordes – aprobación do plan de obras e servizos 2012

O pleno do Concello de Ordes aprobou esta mañá as obras a incluir no POS 2012 e a ordenanza para o uso dos locais de ensaio municipais

Ordes, 17 de novembro de 2011: A Corporación Municipal do Concello de Ordes reuniuse esta mañá en sesión extraordinaria, unha sesión na que se aprobaron entre outras cuestións, as obras a incluir no Plan de Obras e Servizos da Deputación para 2012; así como a ordenanza reguladora para o uso dos locais de ensaio municipais.

En canto ás obras para o plan provincial aprobouse por unanimidade incluir a urbanización da rúa do Ceidón; a mellora da pista entre Souto de Zar e Ponte Guindiboo na parroquia de Pereira, e a mellora do ximnasio da piscina climatizada. O total designado pola Deputación da Coruña ao Concello de Ordes para estas obras é de 399.149,27 euros, dos cales arredor dun 42% irá destinado ao pago do gasto corrente do Concello e o resto á realización destas obras, tal e como acordou esta mañá a Corporación.

O alcalde, Manuel Regos, anunciou ademais neste punto o compromiso do goberno local á mellora de diferentes camiños do municipio que non se puideron incluir neste plan como o camiño de Merelle e o camiño que pasa por detrás do campo de fútbol de Vilamaior.

Por outra banda aprobouse tamén por unanimidade a ordenanza reguladora para o uso dos locais de ensaio municipais. O alcalde mostrou a súa satisfacción por este punto ao tratarse dun tema moi importante para a mocidade do municipio, co fin de regular o funcionamento dos locais de ensaio para os grupos locais.

Outras das cuestións aprobadas no pleno desta mañá foron a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras da taxa pola prestación do servizo de auga potable e a taxa por recollida de lixo, e tamén a modificación da ordenanza reguladora de venda ambulante, esta última para adaptala á normativa estatal e autonómica.

Santiago – axenda venres 18 novembro

Venres 18

10.45 h

No Cersia (San Lázaro), a concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, e a directora xeral de Formación e Colocación, Ana Díaz, participan na apertura do Programa Integrado “Emprego Santiago”.

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Familia, Paula Prado, para presentar os actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

12.00 h

Na estación de tren (na carpa onde están ubicadas as maquetas), ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, para presentar a XVII edición do premio de investigación sobre o traxe galego Antón Fraguas.

12.30 h

Na Sede do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59), presentación da recuperación da obra musical do mestre de capela da Catedral de Santiago Melchor López (1759-1822). Asistentes:

Xerardo Conde Roa, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago

José María Díaz Fernández, deán da Catedral de Santiago

Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago

18.00 h

No Centro Sociocultural do Castiñeiriño, Ciclo de Cine Bélico.

19.00 h

No Salón Teatro, estrea da versión íntegra de 'Contra a morte' e coloquio posterior co público dentro de Cineuropa.

20.00 h

No Teatro Principal, presentación de 'El fabricante de cepillos' e posterior coloquio co público do director do filme,  Alberto Yaccelini, dentro de Cineuropa.

Toda a programación en http://cineuropa.compostelacultura.org

Silleda – obras na parroquia de Cortegada

Comezan as obras do proxecto Abastecemento domiciliario de auga potable na parroquia de Cortegada”

-Onte firmouse a acta de replanteo dos traballos, que teñen un prazo de execución de 10 días

Silleda, 16 de novembro de 2011. A empresa Míguez Xestoso S.L. vén de iniciar as obras do proxecto denominado “Abastecemento domiciliario de auga potable na parroquia de Cortegada” . Onte firmouse a acta de replanteo dos traballo, con cargo ao Plan Provincial de Cooperación (PPC) de 2011, cun orzamento total de 93.450 euros (IVE incluido). Desta cantidade, o Estado aporta 37.380 euros, e a Deputación de Pontevedra e o Concello de Silleda fan senllas aportacións de 28.035 euros cada un.

A citada empresa, que resultou ser a adxudicataria no proceso negociado no que se convidou a máis de 20 firmas do municipio, ten un prazo de dez días para executalas obras.

Con esta inversión concluese a dotación da rede de abastecemento na parroquia de Cortegada iniciada no ano 2009 durante a anterior etapa de goberno de Paula Fernández Pena. A inversión daquela foi de 193.000 euros achegados pola Xunta

Ao mesmo tempo iniciaronse tamén as obras en varios lugares de Saídres onde logo de anos de problemas no suministro por fin, os veciños, poderán disfrutar de auga da traída municipal tal e como acordaran co edil Manuel Cuiña.

Con estos traballos , un total de 10 novos núcleos de poboación terán auga potable seguindo a liña marcada polo goberno de priorización das dotacións de abastecementos con conexión a rede municipal, sete deles en Cortegada (Covas, O Barral, Camporrapado, Segade, A Brea, Fondevila e O Burgo) e tres en Saidres (Vilavella, Maragouzos e Aldeagrande)

Dende, o departamento de Obras e Servizos, que dirixe Manuel Cuíña, anunciase tamén a previsión para os vindeiros meses a incorporación da parroquia de O Castro, logo do interese amosado polos veciños desta parroquia, “que nos últimos días se achegaron ata o Concello a preguntar polas posibilidades de sumarse ao abastecemento”, engade o concelleiro.

Consello da cultura galega – xornadas sobre igualdade

17 e 18 de novembro no Consello da Cultura Galega

Ramón Maiz, Marta Nunes da Costa, Juan Ramón Capella e Marta Lois intervirán nas dúas primeiras sesións das “Xornadas sobre Igualdade”

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2011.- Profesoras e investigadores das universidades de Santiago de Compostela, do Minho, Barcelona, Berlín e Roma intervirán nas “Xornadas sobre Igualdade” organizadas pola Sección de Pensamento e Sociedade do Consello da Cultura Galega. Coordinadas por María Xosé Agra e Jorge Álvarez Yágüez, celebraranse os días 17 e 18 de novembro en sesións de mañá e tarde no salón de actos do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Trátase de reflexionar sobre tres ámbitos de problemas arredor dun concepto medular de todo o pensamento político: os distintos campos de aplicación, a pluralidade de criterios na súa concepción e a situación actual do concepto de igualdade..

As xornadas comezarán o xoves día 17 de novembrio ás 10´30 horas co relatorio de Ramón Maiz (Universidade de Santiago de Compostela) sobre “Igualdade, sustentabilidade e cidadanía ecolóxica”.

12´30 h.- Marta Nunes da Costa (Universidade do Minho): “Os Muitos e os Poucos. Quem conta para quê – analisando as dinâmicas de igualdade, participaçâo e inclusâo na experiência do orçamento participativo”.

16´30 h.- Juan Ramón Capella (U/niversitat de Barcelona): “Interrogantes sobre la igualdad”.

18 h.- Marta Lois (Universidade de Santiago de Compostela): “Igualdade, poder e saber: o debate feminsta no seo da ciencia política”.

VENRES 18

10´30 h.- Daniel Raventós (Universitat de Barcelona): “La igualdad como condición de la libertad. Cómo garantizar la existencia material a toda la población”.

12´30 h.- Ignacio Sotelo (Freie Universität Berlín): “Libertad (liberalismo) versus igualdad (democracia social)”.

16´30 h.- Giacomo Marramao (Univeersità degli Studi Roma Tre): “”Eguaglianza e differenza. Per una crita della democrazia identitaria”.

PP Boimorto – subida de impostos

Se opone a unas medidas que gravarán considerablemente la economía doméstica de los vecinos

El PP vota en contra de la subida de impuestos anunciada por el alcalde de Boimorto

· El regidor socialista, José Ignacio Portos, anunció la subida de impuestos en un pleno extraordinario

· El portavoz popular, Gonzalo Concheiro, denuncia que se haya hecho en un momento tan difícil

Boimorto, 16 de noviembre de 2011.- Durante el pleno extraordinario celebrado ayer, el ejecutivo local, gobernado por el alcalde socialista José Ignacio Portos, anunció la subida de impuestos para los vecinos de Boimorto.

Por su parte, el portavoz del grupo municipal del partido popular, Gonzalo Concheiro, criticó esta subida de impuestos en estos momentos tan difíciles de crisis y con altos niveles de desempleo.

El Partido Popular de Boimorto “no va a ser cómplice de estas medidas tomadas por el partido socialista en un momento en el cual las familias tienen serios problemas para llegar a fin de mes”, advirtió Concheiro.

Durante el pleno los populares han votado en contra de las siguientes subidas:

- Subida del agua para negocios y domicilios

- Subida del impuesto de basuras

- Subida del impuesto de contribución

- Subida del impuesto de vehículos

- Subida del cobro de ayuda a domicilio

- Subida de las licencias de apertura de negocios, en las que se incluyen explotaciones agroganaderas

Consello da cultura galega – xornadas de avaliación sobre aspectos do caso “Prestige”

O xoves 17 de novembro na Facultade de Bioloxía-USC, organizadas polo Consello da Cultura Galega

Xornadas de avaliación e xuízo crítico dos recursos destinados ao estudo dos efectos da marea negra do “Prestige”

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2011.- A Aula Magna da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá mañá xoves 17 de novembro unhas xornadas de avaliación dos efectos da marea negra do “Prestige”, catástrofe ocorrida en novembro de 2002. O programa, organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa USC, incluirá a presentación do libro “Recursos en I+D+i dedicados ao estudo dos efectos da vertedura do Prestige (2003-08). Avaliación e xuízo critico”, coordinado por Victoriano Urgorri e Marcos P. Señarís, e realizado por iniciativa da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade, que no Consello da Cultura Galega coordina o profesor Francisco Díaz-Fierros.

No libro, recompílase a relación, o máis completa posible, dos diferentes proxectos de investigación realizados sobre a marea negra do “Prestige”. Cada Investigador Principal (IP) enviou un resumo das conclusións finais do proxecto, as referencias bibliográficas dos artigos, libros, capítulos de libro e comunicacións a congresos derivados total ou parcialmente do proxecto e, ademais, a referencia de informes, teses de doutoramento e de licenciatura, traballos de investigación tutelados (TITs), traballos académicamente dirixidos (TADs), traballos de fin de máster (TFMs), proxectos de fin de carreira (PFCs), etc.

En cada un dos PTs, definidos no PIC da Acción Estratéxica do antigo MCyT, se encadraron os proxectos correspondentes e un relator experto realizou unha análise transversal que precede ao correspondente capítulo de cada PT e que presentarán nestas Xornadas, en sesións de mañá e tarde.

Destes relatores, cinco pertencen ás Universidades de Galicia: Federico Vilas Martín, Elsa Vázquez, Albino Prada, María X. Vázquez e Victoriano Urgorri, dous ao IEO de Vigo, Juan José González e Juan Bellas Bereijo, outros dous ao CSIC, Beatriz Morales-Nin e Fiz Fernández Pérez, e un a Universidade do País Vasco, Ionan Marigomez Allende.

O acto de apertura (ás 10,30 horas) será presidido pola Decana da Facultade de Bioloxía da USC, Mª Luz González Caamaño, xunto cos profesores Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Victoriano Urgorri.

O acto de Clausura será ese mesmo día ás 19 horas e nel intervirán o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares, o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o coordinador da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade, Francisco Díaz-Fierros e Victoriano Urgorri, membro da Sección e coordinador das Xornadas.

Tordoia – inscripcións para o programa “xuntos no nadal”

O CONCELLO DE TORDOIA ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA “XUNTOS NO NADAL”

Ata o vindeiro 30 de novembro os maiores do municipio poderán informarse e inscribirse nos servizos sociais do municipio

16 de novembro de 2011.- O Concello de Tordoia abriu esta semana o prazo para inscribirse no programa Xuntos no Nadal, da Secretaría Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar. O programa de convivencia impulsado pola Consellería de Traballo e Benestar ten como obxectivo que ningún maior pase as festas do Nadal en soidade. Por iso, entre o 23 de decembro e o 1 de xaneiro de 2012 aquelas veciños e veciñas maiores de 65 anos ou de 60 anos se xa sexan pensionistas, poderán participar no programa, que os levará a Residencia de Tempo Libre do Carballiño, en Ourense, onde poderán disfrutar duns días de lecer e actividades que fagan especiais estas datas navideñas.

Os servizos sociais do Concello de Tordoia serán os encargados de recibir as inscricións e solventar as dúbidas daqueles interesados en participar no programa. Segundo explicaba esta mañá o rexedor tordoiés, Antonio Pereiro, “aqueles que estean interesados en participar teñen de prazo ata o vindeiro 30 de novembro para se inscribir neste programa, sempre e cando cumpran os requisitos de acceso, isto é, residir en Galicia, non padecer enfermidades infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia e non estar acollido en ningún centro residencial”. Ademais, os veciños cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 €), asistirán de forma gratuita ao programa, mentras que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadia coa achega de 50 €.

Teo – alumeado público

O CONCELLO SACA A CONCURSO O CONTRATO DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DO ALUMEADO PÚBLICO

· Trátase dunha contratación de competencia plenaria polo número de anos de duración, que serán tres anos prorrogables

· O custo deste servizo é de algo máis de 135.000 euros cada ano

· Ademais de atender o alumeado público o servizo inclúe tamén o mantemento da instalación eléctrica nos locais municipais

16 de novembro de 2011. O Concello de Teo vén de publicar no Perfil do contratante o procedemento de contratación do servizo do alumeado público e instalacións municipais. Trátase dunha contratación que é competencia do pleno pola duración do mesmo, que será de tres anos prorrogables. De feito na sesión do mes de outubro aprobouse o expediente de contratación, que contou co apoio do BNG, PP e PSOE mentres In Teo se abstivo.

O servizo que se vai contratar comprende a instalación de iluminación pública e a rede semafórica, as instalacións eléctricas de todos os edificios de propiedade municipal ou competencia municipal así como as instalación eléctricas de titularidade municipal de calquera tipo, como bombas de achique, instalacións deportivas, etc. Trátase polo tanto dun servizo esencial cun custe anual orzamentado de 135.700 euros.

O sistema de contratación é mediante procedemento aberto con varios criterios de adxudicación e tramitación ordinaria. Está previsto que o anuncio sexa publicado no Diario Oficial da Unión Europea, no Boletín Oficial do Estado e no Boletín Oficial da Provincia. Os prazos de para obter a documentación sobre os pregos técnicos e administrativos así como para a presentación de ofertas xa están fixados. O 23 de decembro remata o prazo para obter información mentres que a presentación de ofertas por parte das diferentes empresas se pechará o 29 de decembro.

Silleda – nome para o pavillón municipal

O pavillón municipal de Deportes de Silleda levará o nome de César González Fares

-Pola súa vinculación ao mundo do deporte e a súa destacada traxectoria, chegando a ser campión de España en lanzamento de martelo, a Alcaldía elevará ao pleno a proposta en memoria do que fora durante anos técnico municipal, e que faleceu o pasado mes de xuño

Silleda, 16 de novembro de 2011. A comisión informativa de Réxime Interno abordará mañá outra proposta da Alcaldía para ser debatida en pleno. Trátase de darlle o nome do deportista César González Fares, que faleceu de xeito repentino o pasado mes de xuño aos 51 anos, ao pavillón polideportivo de Silleda. “Pola súa traxectoria no mundo do deporte, en disciplinas como o balonmán ou o atletismo, e a fonda pegada que deixou non só en Silleda, a calidade humana de César, cremos que é un recoñecemento que ten máis que merecido”, apunta a alcaldesa, Paula Fernández Pena.

Ademáis, a rexidora lembra que, a día de hoxe, César González Fares é o deportista silledense que máis lonxe ten chegado, acadando o título de campión de España en lanzamento de martelo, unha disciplina do Atletismo na que se iniciou estando en La Salle (Compostela) e coa que chegaría a participar en torneos internacionais da man da selección española. A súa brillante traxectoria está tamén moi ligada ao mundo do Balonmán. Logo de pasar polo equipo de A Estrada, González Fares militou durante moitos anos no conxunto lalinense. Coa camiseta negra e vermella foi un dos artífices do ascenso a Primeira División na tempada 83/84, ou a victoria na primeira Copa Galicia. Tamén entrenou a diversas categorías do Balonmán Lalín, onde o seu recordo segue moi presente.

Por todo isto, e tendo tamén en conta o seu papel activo en entidades como a Sociedade de Caza e Pesca de Silleda, e o seu destacado traballo como técnico municipal de Deportes, tarefa que desempeñou durante máis dunha década, dende a Alcaldía formúlase esta proposta “que vén a ser un novo recoñecemento á figura de César, que como persoa e deportista, está xa vencellado á historia de Silleda”, remarca Paula Fernández.

Rúa Doutor Penoucos

Outro dos asuntos que se abordará tamén na citada comisión de mañá para a súa elevación ao pleno do vindeiro xoves día 24, é o cambio na denominación da rúa Fernando Penoucos Pájaro, da Bandeira. O nome foille outorgado no pleno de setembro de 2009 á rúa antes coñecida como da Estación, logo dunha iniciativa popular. O que se propón agora é modificar a denominación, pasando a ser só rúa Doutor Penoucos, en memoria do que fora coñecido médico e benefactor da localidade.

Cambios no rueiro

Por outra banda, a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, avanza que a empresa encargada no seu día de dar os primeiros pasos na implantación da a e-administración no Concello de Silleda, xa foi encomendada para actualizar os nomes das rúas que figuran no padrón municipal. No ano 2008 foi revisado o rueiro das localidades de Silleda e A Bandeira , con denominacións distintas e a creación de 10 novos nomes para distintos tramos. Con esta medida preténdese evitar erros e tamén que siga figurando o antigo nomenclátor nos certificados de empadronamento e outros documentos municipais. Tamén se fixo unha revisión das placas do rueiro e detectouse xa algunha falla, que serán repostas á maior brevidade.

Santiago – o concello asumirá os comedores escolares no próximo curso

O Concello asumirá a xestión dos comedores escolares a partir do vindeiro curso

Acto de sinatura do protocolo.

16/11/2011 O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, asinaron un protocolo de intencións para a xestión do servizo de comedor escolar nos centros escolares da cidade, co fin de garantir a prestación deste servizo. O Concello farase cargo da xestión a partir do curso 2012-2013, coa colaboración financeira da Consellería.

Conde Roa indicou que este protocolo permitirá cumprir un compromiso do Goberno municipal e destacou que se dá co acordo da comunidade educativa. Ademais, agradeceu á Consellería a súa "sensibilidade" con esta demanda, que suporá "unha mellora sensible do servizo".
Pola súa parte, Xesús Vázquez, valorou a colaboración do Concello de Santiago nesta materia, converténdose no sexto municipio galego que se incorpora a esta fórmula de xestión. Tras a sinatura deste protocolo de intencións elaborarase un convenio no que se estipulen os termos para a colaboración entre ambas as dúas entidades. O concelleiro de Educación, Ángel Currás, estima que o convenio se asinará nos primeiros meses de 2012 e que o servizo de comedor será licitado polo Concello en torno a abril ou maio.
Currás agarda que se sumen a este modelo a maioría dos centros de infantil e primaria do municipio, coa excepción do CEIP Casas Novoa, que ten un servizo de comedor prestado directamente polo Centro Superior de Hostalería, situado ao seu carón e dependente da Xunta. Así, os beneficiarios serían once centros escolares: CEIP Apóstolo Santiago, Ramón Cabanillas, Cardeal Quiroga Palacios, López Ferreiro, Roxos-Villestro, Monte dos Postes, Pío XII, Mestre Rodríguez Xixirei, Fontiñas, Vite I e Raíña Fabiola.
O concelleiro lembrou a importancia deste servizo de comedor para a conciliación da vida laboral e familiar e prognosticou que este novo modelo de xestión suporá tamén unha redución do prezo, que actualmente está para as familias en torno a 3 e 4 euros. A diminución do custo derivaría da posibilidade de adxudicar o servizo para todos os comedores a unha ou dúas empresas.
O Concello comprométese á prestación do servizo de comedor, a distribución e reparto dos menús entre os comensais, así como a facer a vixilancia, asistencia e coidade dos alumnos durante a utilización do comedor. Ademais a entidade local levará a cabo a devandita contratación da prestación do servizo para cada un dos colexios.

Ames a esquerda – repulsa da proposta de recortes nos postos de traballo do concello

Ames na Esquerda, Alternativa Veciñal amosa a súa solidariedade coas traballadoras e traballadores do Concello de Ames, e manifesta a súa repulsa contra o recorte da RPT feito polo Partido Popular amiense.
Queremos salientar e pór de relevo que estes recortes fanse en catro ámbitos moi sensíbeis como son a Língua Galega, o Medio Ambiente, os Medios de Comunicación e Animación á Lectura, por seren dos máis próximos á veciñanza.
Deste xeito queda de manifesto a incongruencia do Partido Popular que sobe as Taxas e Impostos Municipais á veciñanza namentras lle resta servizos á mesma.
Tamén queremos facer constar a curiosa casualidade que este recorte se faga xusto ás portas das eleccións sindicais municipais e afectando principalmente á Confederación Intersindical Galega.
Ames na Esquerda pula por unha outra maneira de facer política, mantendo e ampliando os servizos á veciñanza, e recortando os ingresos e prevendas dos Gobernantes, e trae á memoria a semellanza do actuar destes as actitudes caciquís coñecidas en Ames doutrora.
Ames na Esquerda entende que é momento de sumar todas as reivindicacións habidas no Concello e pasar ás veciñas e veciños a un primeiro plano de denuncia e acción municipal. Chamamos a acudir á convocatoria de hoxe, xoves 17, ás 11.oo h no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, para asi manifestar o noso apoio ás traballadoras e traballadores do Concello.

Santiago – axenda xoves 17 de novembro

Xoves 17

11.00 h

No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Banda municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Albino Vázquez Aldrey, sobre asuntos da súa área.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

19.00 h

No Local Social da Casa Agraria, Pisando ovos “Menos 1”.

20.00 h

Na Fundación Eugenio Granell, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugura a exposición “Bestiario” de Eugenio Granell.

20.15 h

No Teatro Principal, presentación do filme 'La mujer del eternauta' e encontro co público do director, Adán Aliaga, ao remate da proxección, dentro de Cineuropa.

21.00 h

No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por David Afkham con Saleem Abboud Ashkar ao piano. [Brahms, Mendelssohn, Sains-Saëns]

22.15 h

No Teatro Principal, proxección do filme sorpresa desta edición de Cineuropa.

Toda a programación da XXV edición de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Psoe Trazo – o concello duplica a tasa do lixo

O PSOE DENUNCIA QUE O CONCELLO DE TRAZO LLES DUPLIQUE O RECIBO DO LIXO AOS VECIÑOS DE TRAZO POLA MALA XESTIÓN DO ALCALDE XOSÉ DAFONTE

Os socialistas votaron en contra da reserva de 96.000 euros do POS 2012 para gasto corrente e propuxeron unha rebaixa do soldo do alcalde para poder facer as obras necesarias en Trazo

15 de novembro de 2011.- O Partido Socialista de Trazo denuncia que o Concello de Trazo lles vai duplicar o recibo do lixo aos veciños e veciñas do municipio no próximo exercicio por culpa da pésima xestión económica realizada por Xosé Dafonte nas últimas dúas lexislaturas. Así, os concelleiros do Partido Popular aprobaron en solitario unha subida da taxa do lixo de case o 93,54%, o que suporá que unha vivenda do rural que pagaba 31 euros a partir do ano que vén terá que aboar 60 euros.

A voceira do grupo municipal socialista, Beatriz Domínguez, xustificou o voto en contra do seu grupo no feito de que “esta suba é froito da pésima xestión económica realizada por Xosé Dafonte nos últimos oito anos. Se tivese actualizado a taxa cando lle correspondía, agora non tería que meterlles este sablazo aos veciños e veciñas de Trazo, un duro golpe á economía das familias de Trazo nestes momentos de crise económica”. O grupo municipal socialista si que votou a favor da actualización do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, que se incrementa de acordo co IPC.

Obras ou soldo do alcalde

Por outra banda, o pleno extraordinario celebrado esta mañá en Trazo tamén servíu para a aprobación do Plan de Obras e Servizos 2012, que o grupo popular aprobou en solitario. Un plan que reserva máis de 96.000 euros para gasto corrente, o cal foi considerado excesivo e abusivo por parte dos concelleiros socialistas. Beatriz Domínguez explica que “os socialistas estamos a favor de que se fagan obras en Trazo, pero non podemos apoiar que se deixen de facer obras para os veciños porque temos que pagarlle o soldo a un dos alcaldes máis caros da comarca”.

Por esa razón, os socialistas propuxeron ao pleno que Xosé Dafonte se rebaixara o seu soldo de acordo co número de habitantes de Trazo, en vez de recurtar o investimento en obras. “É algo moi triste pois as obras que se fan en Trazo financiadas polo POS son practicamente as únicas que se realizan en todo o ano, por iso é unha vergoña que o alcalde recurte en obras para poder costearse o seu soldo”, sinala Domínguez Siaba.

Compre lembrar que no pleno de constitución, celebrado o pasado 22 de xuño, o Goberno municipal encabezado por Xosé Dafonte duplicou o número de dedicacións parciais para os concelleiros do Partido Popular e incrementou nun 14% o custe do Goberno para os veciños e veciñas de Trazo. Na práctica, isto significa que catro concelleiros do PP están a cobrar 37,5 euros por cada hora de traballo. No caso do alcalde, Xosé Dafonte fixouse un soldo de máis de 43.300 euros, unha cifra que os socialistas consideran “esaxerada e un auténtico despilfarro para un concello de apenas 3.500 habitantes, sobre todo cando na campaña electoral o PP enarbolou a bandeira do aforro e da contención do gasto muncipal”, denuncia Domínguez Siaba.

Ao ser rexeitada a súa proposta, o grupo municipal socialista non aprobou este punto da orde do día. Beatriz Domínguez insistiu en que “os socialistas queremos que se fagan estas obras e apoiámolas totalmente, pero non podemos votar a favor de que se deixen de facer melloras para os nosos veciños para que o alcalde manteña un soldo totalmente desproporcionado”. Así, o POS 2012 de Trazo destinará algo máis de 96.000 euros a gasto corrente e os outros 125.000 euros a un proxecto de conservación de camiños en Viaño Pequeno, Xavestre e Gurís; e un segundo proxecto de conservación de camiños en Tarrío e A Oa.

Silleda – comeza a musealización de Carboeiro

O plan de musealización de Carboeiro arranca coa ordenanza que regulará a entrada e visita ao cenobio románico

-A Concellería de Cultura levará ao pleno a proposta da taxa para establecer un pagamento simbólico que contribuirá ao mantemento das instalacións

-A tarifa básica será de 1 euro por entrada, 3 euros por visita de 45 minutos e 4 € por percorridos didácticos, con descontos do 30% para pensionistas, estudantes, desempregados e outros colectivos

-Tamén se debatirá a aprobación inicial doutra ordenanza polo uso privado de instalacións culturais do Concello

Silleda, 15 de novembro de 2011. A orde do día do vindeiro pleno ordinario do día 24 incluirá a aprobación inicial de dúas ordenanzas (que se debatirán previamente nas comisións informativas do xoves 17) a proposta do concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre, para regular a entrada e visita ao mosteiro románico de Carboeiro e o uso privativo de instalacións municipais.

No caso da ordenanza reguladora da taxa por entrada e visita ao cenobio, establécese un pagamento simbólico de tarifas. O acceso ao mosteiro custará 1 euro por persoa; se inclue visita guiada de 45 minutos, o prezo será de 3 euros; e se se opta por unha visita didáctica de 1 hora e cuarto de duración, de 4 euros (incluíndo xa a entrada nestes dous últimos casos). Haberá unha tarifa reducida con descontos do 30% (entrada 0,70 euros; visita 2,10 euros e percorrido didáctico 2,80 euros) para os maiores de 65 anos; mozos de entre 6 e 16 anos, persoas con carné de estudante ou carné xoven, familias numerosas, grupos de escolares e universitarios dun mínimo de 10 persoas o persoas en situación de desemprego que acrediten esta situación.

As visitas didácticas que inclúen aparte da mera visita explicacións sobre a época do feudalismo e outros contidos históricos deben de ser concertadas previamente.

Non se cobrará aos cativos menores de 6 anos, os membros do Instituto de Conservación Museística e o acceso será igualmente gratuito o Día Internacional dos Museos (18 de maio); o 25 de xullo e durante a celebración do San Lourenzo, patrón de Carboeiro.

Con esta ordenanza ponse en marcha o plan de musealización do coñecido mosteiro silledense. “Suporá o inicio dunha actividade máis profesional, cunha mellor recepción aos visitantes e a posibilidade de ofertar visitas durante todo o ano”, explica Da Torre. Así, a aposta é manter o mosteiro aberto ao público as xornadas festivas e fins de semana e en temporada alta, dende xuño a setembro, todos os días agás os luns (día en que acostuman a pechar todos os museos).

Máis de 8.000 visitas e uso público garantido

“Esta decisión adóptase porque se pretende ofrecer un servizo de calidade aos máis de 8.000 visitantes que cada ano pasan por este baluarte do turismo e o patrimonio histórico-artística de Trasdeza”, conclúe o concelleiro, advertindo que este ano vai camiño de superar o récord de visitas.

Así mesmo, Da Torre explica tamén que o mosteiro ten uns custes de mantemento, e que o pagamento das taxas aportará outra dimensión máis global, “como xa se ten feito en Asturias ou Cataluña con monumentos coma este. Búscase que o visitante que chegue a Carboeiro poida “gozar dalgo máis que de unha apertura de portas”, argumenta.

Outro paso será convocar un concurso para concesionar a recepción e visitas guiadas, “nunca os servizos, entrada ou actividades, polo que o uso e xestión do mosteiro seguirá sendo totalmente público”.

Instalacións culturais

No pleno do vindeiro xoves tamén se debatirá a ordenanza para regular prezos polo uso privado das instalacións Casa da Cultura de Silleda, a Casa da Xuventude e o auditorio Manuel Dopazo da Bandeira. Preténdese que esta taxa cubra os gastos derivados por facer uso das instalacións (persoal, limpeza…) e contribúa ao seu mantemento. A ordenanza establece tarifas por tramos horarios.

Na Casa da Cultura de Silleda, o custo por uso das aulas será de 2 euros /hora (ata a 6ª hora); 2,5 euros entre a 6ª e ata a oitava hora e 20 € por día completo. O salón de actos terá un custe de 10 €/hora ata a 6º hora; 15 por hora (entre 6ª e 8ª) e 100 euros por día.

Para a Casa da Xuventude as tarifas seguindo os esquemas horarios será tamén de 2€/hora ; 2,5€ e 20 € por día no caso das aulas e de 4, 5 € e 40 euros por día polo uso do salón de actos.

O uso do auditorio Manuel Dopazo tamén leva as mesmas tarifas, no caso do aulario que os anteriores, e polo auditorio os prezos será de 15 euros/hora ata 6 horas; 20 de 6 a 8 horas e 150 euros por día completo.

A nova normativa, que se aplica en outros concellos da zona, inclue tamén as posibles peticións de uso ou actividades no mosteiro de Carboeiro, cun custe de 30 euros por hora (ata a 6ª hora); 40 euros/hora ata a oitava hora e 300 euros por unha xornada completa.

Quedarán exentos do abono destas taxas os grupos políticos, agrupacións de electores e sindicatos, asociacións e entidades de carácter benéfico, educativo ou asistencial sen ánimo de lucro que estén no rexistro municipal de asociacións, e colectivos veciñais que celebren reunións periódicas.

“Nas dúas ordenanzas propostas non estamos a falar de taxas impositivas para os cidadáns, senon de tarifas para facer fronte os gastos que acarrean ás arcas municipais este tipo de usos e servizos”, engade o concelleiro. Estas ordenanzas, así como a proposta para axilizar a apertura de establecementos presentaranse a todos os grupos municipais nas comisións informativas de pasado mañá xoves, onde se abrirán ao debate e posibles novas aportacións.

BNG Ordes – Gonzalo Castro critica o PP por non participar no debate electoral

CASTRO CRITICA O DESPREZO DO PP AOS VECIÑOS DE ORDES COA SÚA NEGATIVA A PARTICIPAR NO DEBATE DAS ELECCIÓNS XERAIS

O debate das eleccións xerais terá lugar este mércores 16 de novembro, ás 20:00, no salón de plenos do Concello e será retransmitido por Radio Ordes.

O último Pleno da Corporación Municipal de Ordes acordou a celebración dun debate electoral entre as formacións políticas que concurren ás eleccións xerais. Que finalmente terá lugar este mércores, 16 de novembro, ás 20:00, no Salón de Plenos do Concello, e será retransmitido pola radio municipal.

A proposta foi tomada en consideración a iniciativa do Bloque Nacionalista Galego (BNG), e no citado Pleno anunciaron a súa participación no debate tanto o BNG como o PSOE, mais o PP ven de confirmar a súa negativa a participar neste debate, o que provocou as críticas do portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, que calificou a actitude do PP de “desprezo aos veciños e veciñas de Ordes”

O portavoz municipal do BNG e promotor da iniciativa, manifestou que “o PP négase a participar no debate porque non quere descubrir a súa alternativa, que non é outra que a de defender aos que causaron a crise económica, aos bancos e aos especuladores financieros, facendo que pague a factura da crise os que non a causaron, a maioría social, con recortes en servizos públicos e dereitos sociais”.

Gonzalo Castro salientou que “o BNG participará no debate para explicar a súa alternativa política aos veciños e veciñas de Ordes, unha alternativa que pasa por defender que Galiza teña peso e conte en Madrid e pola aposta por unha saida social á crise económica”.