Durantes uns días tomámonos un descanso, voltaremos o luns 14 con toda a información da bis barra de Compostela
grazas
Xornal Lindeiros
Axenda e tempo do luns 7 de xuño - Música, actividades, exposicións
Exposicións
Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato
Santiago Fundación Nova Caixa Galicia - Maside en Compostela
Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons
Santiago Fundación Nova Caixa Galicia - Maside en Compostela
Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons
O Tempo
Stop Desahucios Compostela - Concentración este martes día 8 contra a corrupción
Dada a deriva política do Concello de Santiago de Compostela e sendo conscientes da nula intención de arranxar a situación dunha forma democrática, a Asemblea Cidadá de Compostela, formada de urxencia ao carón dos feitos por veciñas e veciños da cidade e colectivos sociais, convoca unha concentración e unha manifestación o día da toma de posesión do novo alcalde non-electo, o segundo que temos que aturar nesta lexislatura.
A concentración terá lugar o martes 8 de xullo ás 11:30 ás portas do Pazo de Raxoi, coincidindo co Pleno Extraordinario no que se ratificará, previsiblemente, ao novo rexidor Agustín Hernández, colocado a dedo por Feijóo tras a forzada dimisión de Ángel Currás.
En relación con este acto concreto, aproveitamos este comunicado para amosar o noso desacordo cas vías e prazos que a lei marca para a publicidade de decisións de tanta importancia: no caso que nos ocupa, o anuncio público deste Pleno Extraordinario pode facerse con tan só 48h de antelación. Este cortísimo prazo anula na práctica o dereito da cidadanía a acudir aos Plenos e, o que é máis importante, a súa capacidade de reacción para protestar por esta intolerable situación política.
A manifestación convócase ese mesmo día pola tarde, ás 20.30h e saíndo da Praza do Toural, precisamente darlle a oportunidade de asistir a toda esa xente indignada coa situación actual do Concello compostelán á que as súas ocupacións laborais e persoais non lle permiten acudir á concentración das 11.30h.
Medidas contra a corrupción
O obxectivo da Asemblea Cidadá non é só a mobilización na rúa. O traballo realmente importante será o desenvolvemento colectivo dunha serie de medidas concretas que axuden a previr, detectar e castigar a corrupción, un mal que semella xa endémico nos despachos de Raxoi.
Un observatorio cidadán contra a corrupción, o control democrático do gasto público, a modificación e actualización dos regulamentos do Concello ou o desenvolvemento participativo dos orzamentos municipais son algunhas das ideas que están xa sobre a mesa. Convidamos á veciñanza a participar desta labor, a implicarse para recuperar o dereito a decidir como quere que sexan a súa cidade e a súa vida. Toda persoa interesada pode contactar con nós a través do correo accompostela@gmail.com, pola na nosa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/accompostela?fref=ts) ou vía Twitter (@https://twitter.com/ACCompostela).
ACB - Bertamiráns xa ten o seu vídeo "happy"
Entre as distintas iniciativas da noca directiva da Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, en Ames, traballouse desde hai tempo na grabación e edición dun vídeo inspirado no tema "Happy" de Pharrell Willians; o traballo foi grabado e montado por Pixelín Foto e contou coa colaboración dos membros da asociación así como de colectivos sociais coma o equipo de patinaxe ou o de fútbol e o resultado xa se poder na rede.
Melide - Reunión con Toques e Palas de Rei para mellora da iluminación pública
Reúnense os alcaldes de Melide, Palas de Rei e Toques xunto con técnicos municipais a fin de axilizar e contrata a renovación de instalación de iluminación pública
celebrouse unha reunión con rexedores dos tres municipios que acadaro nunha puntuación moi alta no proxecto de mellora da eficiencia enerxéticaco fin de axilizar o proceso de contratación.
Os rexedores dos tres Concellos que presentaron o proxecto do INEGA en conxunto aproveitando as sinerxias dos tres Concellos reunironse no Concello de Melide con técnicos dos tres municipios co fin de axilizar o proceso de contratación. Foi concedida unhacontía de 117.649,43 € dun total de 138.446,39 € o cal súpon que a Consellería e o INEGA subvenciona o 85% do importe quedando o resto a repartir entre os tres Concellos. Esto vai suponer un aforro moiimportente en cada un dos Concellos pasando a facturación dos tramos comprendidos dentro da subvención de 36.000 € a poucomáis de 1.000 €. É un logro moi importante sentíndose os tres alcaldes moisatisfeitos por ter acadadounha das mellorespuntuaciónsna convocatoria da subvención.

Federación Galega de Bandas - Campús musical no conservatorio de Santiago
A Federación Galega de Bandas de Música Populares inicia hoxe a sexta edición do seu Campus Musical. Este curso, que é posible grazas á colaboración da Deputación da Coruña, xuntará a 120 alumn@s de toda Galicia durante cinco días no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Toda a información do Campus está dispoñible premendo aquí.
As clases impartiranse en horario de mañán e tarde e paralelamente realizaranse outras actividades como un taller de mantemento e reparación básica de clarinete, e aulas extraordinarias de saxo moderno, improvisación, jazz e percusión latina.
Todos os días ao rematar as clases terán lugar concertos gratuitos abertos ao público en xeral no Auditorio do CMUS (ver folleto publicitario adxunto).
As especialidades que se imparten e os profesores son: clarinete (Luis Miguel Méndez e Darío Mariño), composición e dirección(Andrés Valero Castells), contrabaixo ( Risto Vuolanne), fagot (Alex Salgueiro), frauta (Iago Lariño), óboe (David Villa ), percusión (Diego Ventoso), piano acompañante (Juan Manuel Varela Louro), saxofón (Marcos Mariño), trombón (Pétur Eiriksson), trompa (Benjamín Iglesias), trompeta (John Aigi), tuba-bombardino (José Manuel Redondo) e violoncello (Cristina Nogueira). Pode descargar o currículum de cada profesor neste enlace da nosa páxina web.
Axenda e tempo do domingo 6 de xullo - Festas, música, actividades, exposicións
Santiago - actuacións da Banda Municipal
Santiago - vive o verán
Santiago - Via Stellae 2014.
Santiago - Festas en Angrois
Vedra - Festas en san Xian de Sales
Santiago - vive o verán
Santiago - Via Stellae 2014.
Santiago - Festas en Angrois
Vedra - Festas en san Xian de Sales
Exposicións
Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato
Santiago Fundación Nova Caixa Galicia - Maside en Compostela
Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons
Santiago Fundación Nova Caixa Galicia - Maside en Compostela
Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons
O Tempo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)