Axenda e tempo do sábado 30 de agosto - Atardecer no Gaias, festas en Ames, exposicións

Actividades 

Santiago - Atardecer no Gaias - Toy

Ames - festas en Ameixenda


Santiago - Ánxel casa - mi casa, su casa

Santiago - Fonseca - Un mar 50 miradas

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago - Museo das Peregrinacións - Miguel Ánxo Prado


Santiago - Museo do Pobo Galego - cerámica de Díaz Pardo

O Tempo

Oroso - O luns remata a semana cultural con acrobacias aéreas

A Semana Cultural de Oroso concluirá o vindeiro luns co espectáculo de acrobacias aéreas de Circo Chosco
Unhas duascentas persoas asistiron á actuación ‘O peregrino máxico’, do mago Cayetano Lledó 

A Semana Cultural do Concello de Oroso concluirá o vindeiro luns, 1 de setembro, co espectáculo de acrobacias aéreas ‘Chosco Voando’, da compañía ‘Circo Chosco’. Será a partir das 19:30 horas, no exterior da piscina municipal. Esta actuación estaba prevista para o luns pasado e foi aprazada por razóns meteorolóxicas ao non ser posible trasladala a un recinto cuberto.

Nas últimas horas, a actividade máis destacada da Semana Cultural foi a actuación do mago Cayetano Lledó, tamén na zona exterior da piscina pública. Asistiron uns douscentos espectadores, na súa maioría nenos e nenas que se divertiron cos números e trucos da representación de ‘O peregrino máxico’.

Ames - Aprobación da ordenanza reguladora do servizo municipal de taxis

O Pleno aproba de xeito inicial a ordenanza reguladora do servizo municipal de taxis

Agora, haberá que enviar o expediente á Comisión de Prezos de Galicia, para que emita un informe favorable sobre as tarifas que se recollen neste documento. Ademais, deberá someterse a exposición pública durante 30 días hábiles dende a súa publicación no BOP.

Outros dos temas que se abordaron foi a aprobación inicial do regulamento do servizo municipal de transporte adaptado. Este regulamento quedou sobre a mesa para adaptalo á lexislación vixente. Por último, aprobáronse tres mocións presentadas polo grupo municipal socialista e polos concelleiros/as non adscritos.

A corporación municipal de Ames aprobou onte por unanimidade a ordenanza do servizo de taxis do Concello de Ames, que regulará as tarifas que se aplicarán neste servizo durante o ano 2014 e o cobro mediante taxímetro. Agora, haberá que enviar o expediente á Comisión de Prezos de Galicia, para que emita un informe favorable sobre as tarifas que se recollen neste documento. Ademais, deberá someterse a exposición pública durante 30 días hábiles dende a súa publicación no BOP. Outros dos temas que se abordaron foi a aprobación inicial do regulamento do servizo municipal de transporte adaptado. Este regulamento quedou sobre a mesa para adaptalo á lexislación vixente. Por último, aprobáronse tres mocións presentadas polo grupo municipal socialista e polos concelleiros/as non adscritos.

O Pleno do Concello de Ames aprobou onte por unanimidade a ordenanza do servizo de taxis do Concello de Ames. Esta ordenanza aprobouse de xeito inicial, polo que agora haberá que enviar unha copia do expediente á Comisión de Prezos de Galicia, mediante o seu envío á Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, aos efectos de completar o expediente de elevación de tarifas dos servizos de competencia local. Ademais, a devandita ordenanza deberá someterse a exposición pública e audiencia dos interesados polo prazo mínimo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións. No suposto caso de que non se presenten reclamacións ou suxestións, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.

Nesta ordenanza regúlanse as tarifas para o ano 2014 e a colocación de taxímetros en todos os vehículos que ofrezan este servizo, así como outras particularidades do servizo. Cómpre lembrar que o pasado 14 de xullo entrou en vigor a Lei do taxi de Galicia. Dende ese momento o colectivo de taxistas de Ames comezou a empregar o taxímetro, tal e como marca a devandita lei.

Para a elaboración de dita ordenanza o Concello de Ames traballou de forma conxunta coa asociación de taxistas de Ames. O goberno municipal mantivo varias xuntanzas tanto coa anterior como coa actual directiva desta asociación para realizar este documento. Esta ordenanza está totalmente adaptada ao que establece a Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, aprobada en 2013 polo Parlamento de Galicia. 

Tarifas do servizo de taxi
Esta ordenanza recolle que o taxímetro comezará a computar o percorrer 1.700 metros ou transcorrer cinco minutos tras o comezo do servizo (o que antes suceda). No momento da entrada en vigor da devandita ordenanza, as tarifas aplicables aos servizos urbanos de taxi serán as seguintes. A tarifa 1 aplicarase de luns a venres, das 06:00 h ás 22:00 horas, e os sábados dende as 06:00 h ata as 15:00 horas. A percepción mínima será de 3,70 euros, mentres que o custo por quilómetro será de 0,95 euros. A hora de espera polo cliente terá un custo de 19,30 euros. 

A tarifa 2 aplicarase de luns a domingo entre as 22:00 h e as 06:00 horas. Neste caso a percepción mínima será de 5 euros, mentres que o custo por quilómetro percorrido será de 1,40 euros. A hora de espera terá un custe de 28,80 euros. A tarifa 3 aplicarase os domingos e festivos entre as 06:00 h e as 22:00 horas e os sábado das 15:00 h ás 22:00 horas. A percepción mínima desta tarifa é de 4,30 euros, mentres que o custe por quilómetro percorrido será de 1,18 euros. A hora de espera terá un prezo de 23,80 euros. 

Todos estes prezos son con IVE incluído. Os prezos establecidos nestas tarifas terían un suplemento de 0,50 euros por introducir algún tipo de vulto ou paquete no maleteiro do vehículo. O suplemento por ocupación de maleteiro cobrarase a partir do terceiro vulto, é dicir, os dous primeiros vultos non se cobran e o terceiro xa se cobra a razón de 0,50 euros por vulto, cun máximo de 3 vultos a cobrar. Non se entenderán como vultos os cans guías, as cadeiras de bebes e as cadeiras para dependentes. As tarifas aplicables aos servizos interurbanos, serán as fixadas pola consellería competente en materia de transportes da Xunta de Galicia. 

Regulamento do servizo municipal de transporte adaptado

Outros dos temas que se abordaron foi a aprobación inicial do regulamento do servizo municipal de transporte adaptado. Este servizo está dirixido aos veciños e veciñas do concello amiense con mobilidade reducida que non sexan atendidos polo servizo de transporte adaptado autonómico (programa 065), ben pola lista de espera que existe ou ben por non ter recoñecido o grao de dependencia que esixe a normativa autonómica, ou incluso, por tratarse de rutas non cubertas polo referido programa 065.Finalmente, a corporación municipal aprobou por maioría absoluta, con 12 votos a favor e 6 abstencións, que este regulamento quedase encima da mesa para adaptalo á lexislación vixente.

Por último, aprobáronse tres mocións presentadas polo grupo municipal socialista e polos concelleiros/as non adscritos. Na primeira moción presentada polo grupo socialista ínstase ao Goberno de España a estender o subsidio por desemprego ás persoas en situación de desemprego de longa duración que carezan de ingresos e teñan responsabilidades familiares, así como a outros colectivos con dificultades específicas de inserción. 

A segunda moción presentada polos socialistas de Ames é en contra do recortes na Lei de Dependencia de Galicia e solicitan que se dedique máis orzamento por parte da Xunta de Galicia para as persoas dependentes. Por último, os concelleiros/as non adscritos presentaron unha moción en contra do pago polo préstamo nas bibliotecas públicas e por cada usuario/a que accede aos seus fondos.

Ames - Reunión coa oposición para aclarar a xestión do ciclo da auga

O goberno municipal mantivo onte unha reunión informativa coa oposición para aclarar como está a xestión do Ciclo integral da auga

Segundo explica o alcalde de Ames, Santiago Amor, “a partir do día 3 de setembro o servizo municipal de saneamento e abastecemento seguirase prestando con total normalidade, como se veu facendo ata o de agora. Asemade o Concello iniciou unha nova licitación por 9 meses ao quedar deserta a anterior”.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, mantiveron onte, ás 13:30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello unha reunión informativa cos membros da oposición para explicarlles como se atopan as xestións delicitación do servizo público do ciclo integral da auga. Segundo explica o alcalde de Ames, Santiago Amor, “a partir do día 3 de setembro o servizo municipal de saneamento e abastecemento seguirase prestando con total normalidade, como se veu facendo ata o de agora”.

O goberno amiense está traballando, en colaboración cos técnicos municipais, na licitación do servizo público do ciclo integral da auga e defendendo os intereses municipais. Deste xeito, o goberno municipal mantivo esta mañá unha reunión informativa cos membro da oposición para darlle conta das últimas xestións realizadas na licitación do ciclo integral da auga.

Durante os últimos días o goberno amiense estivo valorando as medidas a adoptar cos técnicos municipais, como sempre se fixo neste proceso. Despois de desenvolver este proceso de valoración, na reunión informativa de hoxe, comunicóuselle aos membros da oposición as medidas se van a adoptar, logo da valoración dos técnicos, para dar resposta a este asunto.

Na devandita reunión comunicóuselle á oposición que se iniciou xa un novo procedemento de licitación por nove meses para intentar que rematados os prazos legais Ames conte cun adxudicatario do servizo. Tamén se lle informou que dependendo do que aconteza e unha vez que se promoveu a concorrencia, o Concello estaría na opción de poder recorrer a outras fórmulas que a normativa lle permita.

Segundo explica o alcalde de Ames, Santiago Amor, “o servizo de abastecemento e de saneamento segue prestándose a día de hoxe con total normalidade”. Santiago Amor, engadiu que “a partir do día 3 de setembro o servizo municipal de saneamento e abastecemento seguirase prestando con total normalidade, como se veu facendo ata o de agora”.

Ames Novo Psoe Ames - Preocupación pola falta de adxudicación dos comedores escolares

PSOE E AMES NOVO AMOSAN A SÚA PREOCUPACIÓN ANTE UN NOVO CAPÍTULO DE INCAPACIDADE DO GOBERNO POLOS COMEDORES ESCOLARES

A oposición critica a falta de previsión dun goberno á deriva e que converte en problema todo o que toca.

A empresa adxudicataria renunciou e a un día de que remate o prazo o Concello espera resposta da única empresa que queda no concurso.

Advirte a oposición da gravidade da situación e pregúntase que acontecerá se a empresa que queda renuncia tamén.

Un novo capítulo ábrese no horizonte para o Concello de Ames e o Goberno, en particular. Desta vez o problema non é nin as escolas deportivas, nin a licitación da auga, nin os orzamentos ou o cobro retroactivo do lixo, desta vez o problema co que se enfronta o Goberno son os comedores escolares. Rematadas as prórrogas do contrato que se tiña coa anterior empresa que prestaba o servizo de monitoraxe dos comedores escolares, o Goberno tivo que quitar unha nova licitación para a contratación dos vindeiros anos deste servizo básico para os amienses. O anterior contrato que foi aprobado en 2010 foi resolto por un período de 2 cursos, con prórroga de dous máis, dando comezo no curso 2010/11 e ata o 2013/14 período no que remataba. Chegado polo tanto ao presente curso 2014/15 o Goberno debía licitar o servizo para os vindeiros anos pero a falta de previsión e de capacidade dos que nos gobernan en minoría levou ao Concello a ter que facer apresa e correndo a licitación dun servizo que aglutina a mais de 1.000 usuarios, nenos e nenas que desfrutan dun servizo que é considerado tanto polo PSOE como por Ames Novo como a “xoia da coroa” dos servizos de Ames.

A situación actual da licitación dos comedores escolares é a seguinte: A empresa que prestou o servizo nos últimos anos non se presentou a este novo concurso quedando tan só dúas empresas para xestionar este servizo de monitoraxe. Despois da apertura de sobres resultou gañadora a empresa COESCO S.L diante da outra empresa A BILLARDA S.L. O pasado 12 de Agosto a xunta de goberno local anunciou a clasificación das ofertas e a adxudicación do servizo á empresa COESCO pero esta empresa renunciou deixando ao Goberno nunha situación límite a caótica. Mañá sábado 30 de Agosto rematará o prazo para que a única empresa presente conteste ao Concello se se fará cargo ou non do monitoraxe dos comedores escolares e a tan só 10 días do comezo da actividade.

A situación actual é catalogada por ambos grupos municipais como “moi crítica”, e “esperpéntica” xa que como consecuencia desa falta de capacidade do Goberno atopámonos a tan só un día de coñecer se a única empresa que queda aceptará ou non facerse cargo do servizo. Para a oposición o Goberno sitúa ao Concello aos pes dos cabalos novamente e desta vez con outro servizo básico que afecta a moitas familias de Ames, inclusive aos máis pequenos. Se hai un ano o "batacazo" o deron cunhas escolas deportivas moi por debaixo da calidade coas que se viñan prestando e cun servizo deficiente que co tempo propiciou a baixa xeneralizada de moitos usuarios e usuarias, neste novo curso o Goberno ataca directamente a liña de flotación de Ames e aos seus comedores escolares poñendo en grave perigo o seu inicio. Para Ames Novo e PSdeG é indignante que o Concello e os pais e nais de Ames se atopen con esta nova sorpresa, e resulta lamentable que como sempre esteamos coa auga ao pescozo e cheguemos a todos os asuntos tarde, mal e a rastras. Para a oposición houbo tempo máis que suficiente para prever todas as anomalías e de terse iniciado antes o mesmo, e de ser así non estariamos agora nesta caótica situación. Pregúntanse os concelleiros e concelleiras de ambos grupos que acontecerá se mañá a empresa Billarda decide renunciar tamén ao concurso deixando sen empresa a 10 días do comezo da actividade?

Os voceiros de ambos grupos, Pilar Candocia e Jose Miñones avisan ao Goberno de Ames que non se van a quedar parados nin calados ante esta nova chapuza do PP amiense e loitarán por uns comedores escolares de calidade como os ofertados ata a chegada do PP ao goberno. “Non imos a consentir que se carguen este servizo que é a envexa de outros moitos concellos e un referente a nivel español”, afirman os voceiros socialista e de Ames Novo. 

Para os grupos da oposición non existen escusas neste asunto e piden responsabilidades de aqueles que nos gobernan pola falta de previsión e capacidade. “Sabíase dende hai 4 anos que este concurso se tiña que sacar e a necesidade dunha nova licitación polo que non se poden escudar na falta de coñecemento nin sorpresa algunha pola renuncia das empresas”. Non é a primeira licitación coa que este Goberno amosa as súas carencias e falta de resolución xa que repetidamente os amienses atopámonos cun goberno incapaz. Así aconteceu coa licitación do servizo de auga e abastecemento que segue na actualidade e a 4 días do seu remate sen licitar; igualmente aconteceu co servizo de xestión de tributos que inicialmente se abrira para logo retirar e de novo volverse abrir e pendente de presentación de ofertas; tamén co servizo de lacería que non atopou empresa algunha na súa primeira licitación, ou co servizo das copiadoras e fotocopiadoras que tamén quedou deserto no seu momento. Son datos e feitos demostrables de que “este Goberno non ten capacidade para xestionar nin solucionar os asuntos para os que os veciños lles puxeron ao fronte do Concello e por iso a estas alturas non podemos tolerar un novo capítulo lamentable que afecte aos mais pequenos do noso Concello e ao mellor servizo que presta o Concello, os comedores escolares e os máis de 1000 usuarios e familias amienses”, sentenza nos voceiros do PSOE e Ames Novo.

Axenda e tempo do venres 29 de agosto - Verán na rúa, concertos, atardecer no Gaias, exposicións

Actividades 

Santiago - Verán na rúa - Peor Imposible

Santiago - Atardecer no Gaias - Adrian Costa

Ames - Bertamiráns - Mundo Celta - Boquerons

Vila de Cruces - Disco Cactus - Leticia Sabater


Santiago - Ánxel casa - mi casa, su casa

Santiago - Fonseca - Un mar 50 miradas

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago - Museo das Peregrinacións - Miguel Ánxo Prado


Santiago - Museo do Pobo Galego - cerámica de Díaz Pardo

O Tempo

Lindeiros - Atraco a unha sucursal do BBVA en Bertamiráns

En torno as dez da mañá de onte tiña lugar un atraco a sucusal do BBVA en Bertamiráns, no concello de Ames. Un home duns 40 anos entregaba unha nota a unha das caixeiras cominándoa a entregarlle os cartos que tivera e marchando despois; ainda que non hai unha confirmación oficial da cantidade podería non ser unha gran cantidade. 

Ata alí desplazouse un equipo da garda civil xa que este tipo de delitos recaen sobre eles e na busqueda do sospeitoso colabora a policía local. 


Os feitos sucederon tan rápidos e sin ningún tipo de violencia que pasaron desapercibidos incluso para os comercios máis cercanos o banco.
Lindeiros foi o primer medio en chegar o lugar dos feitos e publicou a primeira información nas redes as 10.50 da mañá menos dunha hora despois de que sucedera. Se en algunha ocasión queres contarnos algo que está pasando ou que vai pasar lembra esta dirección

redaccion@lindeiros.com

ou atópanos en twitter @santiagoycomarca e en facebook www.facebook.com/LINDEIROS

BNG Compostela - Os centros educativos requiren un mantemento continuado

O BNG lembra que os centros educativos públicos requiren “un mantemento continuado ademais de actuacións anuais”

“A supervisión constante de arranxos dos CEIP, como reivindicaron o BNG e a comunidade educativa, contribúe a manter a seguridade e a economizar os gastos de conservación”

A concelleira Elvira Cienfuegos lembrou que o BNG trasladou ao Pleno diversas iniciativas nestes últimos tres anos para a realización das actuacións de reparación e de mantemento de competencia municipal nos centros educativos de Santiago “mais o PP acordouse no último verán de mandato e tivo que agardar tamén até entón para que a Xunta se implicase na realización de obras que son de competencia da Consellaría” .

Así, explicou que os centros públicos de infantil e de primaria requiren obras de reforma, ampliación e mellora que lle corresponden a Consellaría e que o Concello debe demandar dela, posto que moitas destas necesidades quedan aínda pendentes de solución despois desta intervención. Ademais, correspóndelle ao Concello realizar “un mantemento continuado e actuacións anuais, a realizar no período estival, que non se fixeron nos anos de Goberno do PP, e neste último, mesmo moitas se concentraron en agosto”, afirmou en relación coa visita do alcalde aos CEIP de Vite, Lamas de Abade e á escola infantil de Conxo.

Para evitar que se agraven os problemas, é necesaria unha atención continuada das instalacións “que ademais contribuirá a manter a seguridade e a economizar os gastos de conservación”, engadiu. O BNG advertiu de xeito constante, atendendo os requirimentos da comunidade educativa ao Goberno local, das goteiras nos corredores, nos pavillóns ou nas aulas; canlóns atascados; baixantes que se desprenden; pintura deteriorada, persianas estragadas; aseos ou cisternas que funcionan mal; cerraduras que non pechan ou valos perimetrais que resultaban insuficientes.

Maiores medidas de seguridade
Neste sentido, afirmou que queda aínda pendente adoptar melloras na seguridade para acceder ao transporte escolar; en concreto no CEIP de Roxos, tal como require a comunidade educativa do centro, porque os nenos e as nenas teñen que acceder ao bus escolar desde a propia calzada, co perigo que entraña diariamente. Ademais dunha solución definitiva en forma de rotonda, hai a posibilidade dunha solución provisional facendo uso dunha parcela pública lindeira ao centro, que tampouco se abordou até o momento.

“O desleixo do Goberno local durante estes tres anos manifestouse con goteiras continuadas nun inverno especialmente chuvioso e mesmo con desprendementos nos teitos de escolas infantís que permaneceron durante moito tempo sen arranxar”, indicou, “o que demostra o desinterese do PP por manter instalacións ben acondicionadas para ofrecer unha educación pública de calidade”.

A Baña - Campamento de verán con voluntarios do Concello

O Concello da Baña seleccionou oito voluntarios para apoiar as actividades do campamento urbán dos meses de verán.

Ao finalizar os proxectos, as persoas voluntarias que participaron neles obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de educación non formal acreditativo da acción voluntaria des­envolvida.

Todos os voluntarios tiñan entre 18 e 30 anos e estaban empadroados no Concello da Baña. 

Desde mediados de xuño e ata o 9 de setembro estes/as participantes colaboraron de maneira activa para que os campamentos resultaran un gran éxito. 

Como agradecemento, o Concello ofreceralles este sábado 30 de agosto unha Festa de despedida cunha pequena merenda na Área recreativa Agra de Chans, complementada coas actuacións de Rudi Dudi pola Rede Cultural e o concerto de fados Os sons do vento que pasa, pola Rede de Dinamización lingüística.

Ames - Ameixenda está de festa esta fin de semana

A parroquia da Ameixenda celebra as súas festas patronais os días 29, 30 e 31 de agosto

A parroquia amiense da Ameixenda celebra os días 29, 30 e 31 de agosto as festas na honra da súa patroa santa Mariña. Moito divertimento e música para unha festividade onde os veciños e veciñas poderán gozar do espectáculo das orquestras e grupos Fania Blanco Show, Unión y Fuerza, Midas, Alborada e Channel. Haberá misa solemne os tres días, ás 13:00 horas. Ademais, para o sábado organizouse un partido de fútbol entre os solteiros e os casados da parroquia, e o domingo, os nenos/as poderán xogar nos inchables que serán gratis.

O venres, 29 de agosto, comezará a festa na honra da virxe das Dores e de santa Mariña, patroa desta parroquia amiense. Os actos relixiosos comezarán ás 10:00 horas coa misa rezada e posteriormente ás 13:00 h realizarase a misa solemne na honra de santa Mariña e da virxe das Dores. Tralos actos relixiosos o trío Unión y Fuerza amenizará a sesión vermú. Pola noite, a gran verbena será a encargada de entreter aos asistentes, responsabilidade que correrá a cargo da orquestra Fania Blanco Show e do trío Unión y Fuerza.

O sábado 30 os actos relixiosos celebraranse á mesma hora, pero esta vez estarán adicados ao Santísimo Sacramento. A misa solemne celebrarase ás 13:00 horas. A sesión vermú estará amenizada polo grupo Midas. Xa pola noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Alborada e do grupo Midas. O sábado despois do xantar, ás 18:00 horas, xogarase un partido de fútbol entre os solteiros e os casados da parroquia.

O último día das festas, o domingo 31 de agosto, as celebracións relixiosas estarán dirixidas a honrar a virxe do Rosario cunha misa rezada ás 10:00 h e outra misa solemne ás 13:00 horas. A sesión vermú e a verbena da noite estarán amenizadas pola orquestra Channel. Ademais, o domingo pola tarde, á partir das 17:00 horas, os nenos/as poderán xogar nos inchables que serán gratis.

BNG A Estrada - Sobre a reforma electoral

Se o PP aproba reforma electoral demostra que ten medo a perder o poder
Que unha candidatura sexa a máis votada non quere dicir que teña a maioría dos votos

O BNG da Estrada, a través do seu concelleiro Xosé Magariños, anunciou que votará en contra da moción que presenta o PP sobre a reforma electoral, que permitirán que goberne a lista máis votada. O concelleiro nacionalista afirmou que “coa presentación desta moción o PP e en concreto o alcalde demostran que teñen medo a perder a alcaldía, un medo que podemos extrapolar a todo Galiza por mor das políticas brutais de recortes que están a levar a cabo na Xunta e no goberno central”.

“É curioso que o PP da Estrada non se presta a presentar mocións que segundo eles non incumben ao concello”, engadiu Magariños, “mais desta volta vese que si incumben, non a institución, senón as poucas posibilidades que teñen de manterse no poder despois das eleccións municipais de 2015”. “Temos que recordar, que o PP da Estrada consigeu o concelleiro que lle deu a maioría absoluta polos pelos, en disputa precisamente co BNG por apenas unha ducia de votos”, explicou o concelleiro nacionalista, “e tendo en conta o pésimo mandato que leva o alcalde, non é de estrañar que se agarre a esta moción e a reforma electoral que plantea o PP sexa para el como auga de maio”.

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, explicou que ser a candidatura máis votada non quere dicir que se teña a maioría dos votos, “xa bastantes distorsións ten a lei D'hondt, que favorece sempre á candidatura que máis votos ten, para engadirlle a reforma electoral que plantea o PP, que o único que busca é perpetuarse no poder”. “Así por exemplo”, engadiu o concelleiro do BNG, “se analizamos os resultados das eleccións de 2011 vemos por exemplo que o BNG e o PSOE conseguiron 166 votos máis que o PP, pero a lei D'Hondt deulle a maioría absoluta ao PP”.

Para o concelleiro nacionalista nesta reforma electoral do PP “hai unha tentativa de lexitimación de concesión dun poder absoluto a órganos unipersoais, reforzando o presidencialismo e con iso restando pluralidade política que hai na sociedade e favorecer que unha parte minoritaria poida gobernar ao seu antollo, a través dun/unha alcalde/esa elixido/a directamente, aínda que o seu apoio popular nas urnas sexa minoritario.”

“O pobo da Estrada non pide esta reforma”, afirmou o concelleiro do BNG, “o único que busca o PP é perpetuarse no poder con trécolas; a xente o que pide é aprobar medidas que incidan na participación directa (favorecer consultas cidadás ou referendos, orzamentos participativos, transparencia na xestión) e tamén no funcionamento dos órganos colexiados representativos (máis competencias a plenos, publicidade inmediata das xuntas de goberno locais, transparencia na contratación) que ir no camiño dun reforzo personalista de alcaldes/esas, pois iso restrinxe claramente a democracia.”

“Temos que recordar”, explicou Magariños, “que o sistema electoral en todos os niveis é de elección indirecta, elíxense representantes nas cámaras lexislativas e estes escollen gobernos; tamén nos concellos está mesmo reforzada esa elección ao impor xa a lexislación electoral que só poden ser candidatos/as á Alcaldía as persoas cabezas de lista. Mesmo se non hai maiorías absolutas, xa é designado directamente como alcalde/esa a persoa candidata da lista máis votada nas eleccións. Xa que logo, hai mecanismos de vinculación directa entra o que vota o electorado e a designación de alcalde/esa. Aprobar a elección directa de alcaldes/esas sería unha decisión allea ao sistema electoral actual, que tamén se debería, segundo esta lóxica, estender a outros ámbitos negados e de especial relevancia como é o caso da Xefatura do Estado (Monarquía), por exemplo.”

Santiago Futsal - La capitanía del Santiago Futsal ‘fala’ galego

· Lucho, Diego Quintela y Hugo Sánchez serán los capitanes del equipo compostelano
· Diego Quintela portará el brazalete mientras que Lucho no se recupere
· Ya se conocen los dorsales de los jugadores del primer equipo.

Por primera vez desde que el Santiago Futsal milita en la Primera División del fútbol sala nacional, los capitanes del club serán de procedencia gallega. Los lucenses Lucho y Hugo Sánchez y el arzuano Diego Quintela, serán los encargados de llevar el brazalete esta temporada, haciendo valer los años de experiencia en el club compostelano.

Lucho, que sigue con el proceso de recuperación de la lesión de rodilla que sufrió la temporada pasada, será el primer capitán del equipo, lugar que ocupará Diego Quintela mientras que el de O Corgo no se reincorporé al primer equipo. Hugo Sánchez, que cumple su segunda temporada en el club, será el tercer capitán del Santiago Futsal.

Por otra parte, ya podemos hacer oficiales los números que llevarán esta temporada los jugadores del Santiago Futsal y que vestirán en sus camisetas a partir de mañana, en el Torneo II Desafío Star Center.

1 Marcos Vara

25 Iker López

3 Dani Chino

4 Lucas Bolo

5 Iván Rumbo

6 Borja

7 Gallego

9 Lucho

10 Marci

12 Chus

13 Pablo Tallón

14 Hugo

Axenda e tempo do xoves 27 de agosto - Verán na rúa, feito a man, Atardecer no Gaias


Actividades 

Santiago - Verán na rúa - Rastafarudi 

Santiago - verán na rúa - Sueños de arena en caso de choiva trasladase a Zona C

Santiago - Feito a man - Valentín caamaño

Santiago - Atardecer no Gaias - María Rodés


Santiago - Ánxel casa - mi casa, su casa

Santiago - Fonseca - Un mar 50 miradas

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago - Museo das Peregrinacións - Miguel Ánxo Prado


Santiago - Museo do Pobo Galego - cerámica de Díaz Pardo

O Tempo

Teo - Prazo de inscrición nas escolas deportivas

Abre o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais teenses
· Tanto as Escolas Deportivas Municipais, destinadas a rapaces e rapazas de 3 a 16 anos, como as Actividades Deportivas para Adultos abren o prazo de inscrición o luns, 1 de setembro.
· A oferta deportiva municipal procura crear hábitos saudables e de ocio entre a poboación do municipio, e nela participan arredor de 800 persoas.

Descarga os PDF informativos             Adultos                Escolas deportivas

27 de agosto de 2014. O Departamento de Deportes do Concello de Teo abre o prazo de inscrición para a súa oferta deportiva formativa e de ocio para o curso 2014-15. Esta oferta engloba tanto as Escolas Deportivas Municipais, dedicadas aos máis novos, con actividades para idades que van dos 3 aos 16 anos, como as Actividades Deportivas para Adultos. Os lugares nos que se impartirán estas actividades serán os pavillóns municipais e algunhas das casas comúns das que o Concello dispón repartidas pola xeografía teense.

Durante o curso 2014-15 as Escolas Deportivas Municipais impartirán as modalidades de Multideporte, Minideporte, Minitenis, Tenis, Taekwondo, Atletismo, Baloncesto, Tiro con Arco e Patín e todas elas serán impartidas nos tres pavillóns municipais: Os Tilos, Calo e A Ramallosa.

As Actividades Deportivas de Adultos están compostas por actividades de educación física para persoas maiores (ximnasia en diferentes graos) e pola actividade de Tenis. Estas actividades para adultos realizaranse, ademais de nos pavillóns, nas casas comúns espalladas polo Concello co fin de que, boa parte da poboación poida ter acceso a elas evitando, na medida do posible, os desprazamentos. Este feito provoca que todas elas mantiveran un altísimo nivel de participación durante as pasadas edicións.

As actividades comezarán o 6 de outubro e prolongaranse ata o mes de xuño rexéndose polo calendario escolar. Ao seu remate darase clausura a estas escolas con distintas xornadas de exhibicións.

O prazo de preinscrición está establecido entre o 1 e o 17 de setembro e realizarase por orde de entrada no Rexistro de Entrada no Concello. Polo tanto, a partir do 22 de setembro as persoas preinscritas poderán consultar a súa admisión, ben na web municipal, ben no propio Departamento de Deportes municipal, antes de confirmar a matrícula mediante o pagamento da primeira taxa.

O custo das actividades é de 20 euros para cada trimestre e existen, ademais, diferentes exencións e bonificacións para as persoas que demostren as situacións sociais ou familiares reguladas mediante unha ordenanza municipal.

Frades - A área recreativa dos Pasos vibra coa Festa da Xuventude

Centos de xóvenes participaron na Festa da Xuventude 2014 do Concello de Frades, que inundou de diversión a área recreativa dos Pasos, situada nunha carballeira a carón do río Tambre na parroquia de Aiazo. Durante a xornada, compartiron unha churrascada e numerosos xogos nunha xincana de competición por grupos. 

A participación nesta festa foi de balde para todos os xóvenes empadroados no municipio de Frades que se inscribiran previamente. Despois do xantar, nos amplos merendeiros da área recreativa, comezaron as actuacións musicais e as probas da xincana. Os participantes tiveron que demostrar a súa destreza superando obstáculos como estadas, campos de neumáticos ou balas de palla escalables. E non faltaron tampouco as competicións na auga, aproveitando o caudal do Tambre, con retos como atravesalo en botes inchables ou camiñar sobre un madeiro húmido e esvaradizo tratando de non caer no río. 

Para relaxarse despois da xincana e para quen optaron por ser espectadores das probas, a Festa da Xuventude contou tamén con actuacións de DJs. O alcalde de Frades, Roberto Rey, amosouse moi satisfeito co desenvolvemento desta cita festiva e agradeceu “a elevada participación e implicación dos máis novos en todas as actividades que programamos para a xornada”.

Santiago - Acondicionado un tramo de catro quilómetros das marxes do río Sarela

Agustín Hernández percorreu o sendeiro, cuxa mellora será completada en setembro con intervencións en pasarelas e camiños de zahorra

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, percorreu un tramo do sendeiro que percorre as marxes do río Sarela para comprobar as últimas actuacións de acondicionamento realizadas. Executáronse rozas nuns catro quilómetros do sendeiro, entre o vello curtidoiro da Pontepedriña de Arriba (O Avío-Romaño) e a Ponte Vella de Vidán. Estes labores serán complementados con outros de mellora dalgunha pasarela e dos camiños de zahorra.

Esta intervención permitiu a habilitación do sendeiro a carón do río dende O Avío ata Lermo polas dúas marxes, durante uns 570 metros, rozando un metro a cada lado do camiño. Actuouse sobre unha marxe nos tramos comprendidos entre Lermo e Santa Isabel (1.300 metros), entre Carme de Abaixo e Santaló (1.200 metros) e entre Ponte Sarela e Vidán (530 metros). Os traballos incluíron o corte e a retirada de cinco árbores que estaban caídos sobre o sendeiro. 

Esta intervención completarase no mes de setembro con outra, que realizará a Brigada de Vías e Obras do Concello, grazas á cal se mellorarán as pasarelas e paseos de zahorra e se repararán danos nos sendeiros do río Sarela. Os traballos iniciaranse a finais de mes e serán executados durante uns 30 días.

Mantemento anual
As rozas realizadas nas marxes do Sarela están incluídas no novo servizo de roza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viario, carreiros fluviais e parcelas municipais, adxudicado recentemente por un importe de 230.000 euros e para os anos 2014 e 2015. 

Os traballos de roza empezaron o 8 de agosto e xa se concluíron nas parroquias de Laraño, Figueiras, Santa Cristina de Fecha, Aríns e Grixoa, sobre un total de 79 quilómetros de vieiros. Atópanse a un 70% de execución as rozas en Villestro, San Xoán de Fecha, O Eixo, Marrozos, Angrois e Sar.

Os labores son realizados por cinco equipos, compostos por un tractor e unha persoa cun equipo manual para rozas en rebordos e sinais. Fan recollida do material en cunetas e medias canas.

Ademais destes traballos de roza, o alcalde lembrou tamén o investimento de máis de 500.000 euros no acondicionamento de 37 pistas de 17 parroquias do rural, con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2014).

Casa das Crechas - Valentín Caamaño dentro do Feito a Man

Hoxe xoves, concerto de Valentín Caamaño Trío na terraza das Crechas da man do Festival Feito a Man

Hoxe xoves ás 20h a terraza da Casa das Crechas acolle un concerto que fora aprazado pola chuvia de Valentín Caamaño Trío, dentro do Festival Feito a Man.

Valentín Caamaño Tubío é un guitarrista, vocalista e compositor nado en Santiago de Compostela. Comezou a tocar a guitarra na súa infancia en Oviedo, pero a súa carreira musical comenza xa vivindo en Santiago, en distintas formacións como Clan Moriarty, Space Drapes, Southbound ou Francis Kaners.

Co seu proxecto de Valentín Caamaño Trio presenta unha proposta de jazz que entronca coa tradición do estilo, pero a través da súa persoal relación con el e co seu instrumento. Nesta ocasión, contará coa colaboración de dous músicos excepcionais, de ampla experiencia no panorama jazzístico: Alfonso Calvo ao contrabaixo e LAR Legido á batería.

BNG Compostela - Elvira Cienfuegos: o alcalde acordouse tarde do mantemento do paseo fluvial do Sarela

O Goberno local tivo todo o verán para eliminar a maleza que dificultaba o paso e agardou até finais de agosto

A concelleira do BNG Elvira Cienfuegos afirmou que o alcalde de Santiago acordouse tarde do mantemento do paseo fluvial do Sarela, posto que o Goberno local tivo todo o verán para eliminar a maleza que dificultaba o paso e agardou até finais de agosto para a realización destes traballos que reclamou insistentemente a veciñanza.

Para a concelleira do BNG, o verán é a época máis concorrida para pasear polas marxes do río Sarela pola sombra e frescor que ofrecen as árbores de ribeira nos días calorosos. “É unha mágoa que o Goberno local do PP descoidase estes espazos de paseo á beira dos regatos que acondicionara o BNG cando gobernou en Compostela”, explicou Elvira Cienfuegos.

Sinalou tamén que tanto o Goberno de Conde Roa, como de Currás e agora de Agustín Hernández “sempre se preocuparon tarde de realizar os traballos de roza de vexetación para a prevención de incendios” e, neste caso concreto, para o mantemento da transitabilidade das beiras de ríos e regatos a finais da tempada de verán, “en vez de adiantalos para aproveitar o período estival tanto para o lecer da veciñanza como para potenciar que as persoas que visitan a cidade se interesen en coñecer os espazos naturais”.

BNG A Estrada - A saída da volta ciclista traerá máis prexuízos que beneficios para a concello

A saída da Estrada quedará mediaticamente relegada a un corte de cinta, que será o único que se vexa do noso concello

O consello local do BNG, reunido o pasado luns, analizou as repercusións da saída da volta ciclista desde o centro da vila da Estrada. Segundo explicou o concelleiro nacionalista, Xosé Magariños, “estamos vendo que este evento vai ter máis prexuízos que beneficios para o noso concello”.

“Para empezar”, engadiu o concelleiro do BNG, “os primeiros prexudicados serán os veciños e veciñas da Estrada que terán que buscar unha alternativa para aparcar os seus vehículos, xa que a avenida Benito Vigo, a Rúa Castelao, Iryda e Xusto Martínez, quedarán inutilizadas para este fin”. “Ademais”, explicou Magariños, “reconducir o tránsito procedente de Lalín pola avenida Fernando Conde colapsará completamente esta vía, xa moi saturada de coches os días normais, para canto máis o 11 de setembro, data de saída da volta”.

“Moitos dos problemas que ocasiona a saída da volta estarían mitigados de termos unha Variante, como levamos anos pedindo os do BNG, que alivie o tránsito rodado polo centro da vila”, explicou o concelleiro do BNG, “mais o PP só se acorda da Variante cando está na oposición, nunca cando está no goberno, e moito nos tememos que será unha das tantas materias pendentes que ten o goberno do Estado coa Estrada”.

O consello local do BNG tamén puxo en dúbida os supostos beneficios publicitarios que vai ter para o concello. Así, segundo explicou o concelleiro Xosé Magariños “calquera seareiro do ciclismo que siga a volta sabe perfectamente que o que máis repercusión mediática ten son as dúas últimas horas antes da chegada e a meta propiamente dita”. “A saída”, engadiu Magariños, “quedará reducida a un simple corte da cinta, que será o único que se vexa da Estrada, e para iso nos resumos do día que boten polas televisións, co cal as supostas bondades da volta haberá que poñela entre interrogantes”.

“Por outra parte e se o concello da Estrada tivera unha política turística merecente de tal nome, ao mellor si se podería sacarlle algo de partido, pero como dixemos a semana pasada a única política que sabe facer o PP é para facer campos de fútbol para o circo, nada máis”, afirmou Magariños.

Santiago - O alcalde anuncia a licitación das obras de mellora da EDAR da Silvouta

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou que a Sociedade Estatal Augas das Concas de España (AcuaES) vai publicar no seu perfil do contratante a licitación das obras de mellora da estación de depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta. Ata o 1 de outubro estará aberta a presentación de ofertas, continuando así un procedemento que permitirá adxudicar as obras e inicialas neste ano 2014.

Agustín Hernández expresou a súa satisfacción con este novo paso na tramitación, tras o convenio entre o Concello de Santiago, a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, e a Sociedade Estatal Augas das Concas de España para a execución e explotación das obras de mellora da EDAR da Silvouta, o que permitirá comezar esta actuación este mesmo ano 2014. Trátase dun investimento de 4.700.000 euros, dos que 3.760.000 serán achegados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través dos fondos FEDER, 470.000 polo Concello e a mesma cantidade por Augas de Galicia.

Coa apertura do procedemento de contratación da obra dáse o paso definitivo para realizar estas actuacións, que permitirán mellorar a calidade da vertedura da actual EDAR de Silvouta, paliando o déficit de capacidade de tratamento das instalación existentes.

Cómpre lembrar que a actual EDAR ten a súa capacidade de tratamento superada en termos de capacidade hidráulica. Ademais, os equipos electromecánicos atópanse obsoletos e moitos deles nun estado de funcionamento precario. Por este motivo, e debido á urxente necesidade de mellora da calidade das augas do río Sar, implantarase unha liña de tratamento de auga e lamas con proceso biolóxico de alta carga. Deste xeito mellorarase o pretratamento. Os criterios de deseño permitirán un alto grao de reutilización deste equipos na futura EDAR do Souto.

A Sociedade Estatal Augas das Concas de España foi a encargada da redacción do proxecto construtivo, así como dos pregos de condicións reguladores dos contratos, da licitación e da adxudicación, así como dos expedientes expropiatorios dos bens e dereitos que resulten afectados pola execución dos proxectos construtivos.

Ames - Comezan os traballos previos para a nova escola infantil de Bertamiráns

Comezan os traballos previos para o inicio das obras da nova escola infantil de Bertamiráns

Onte pola mañá asinouse a acta de replanteo, paso previo para que poidan comezar as obras nos vindeiros días.

O concelleiro de educación, Bernardo Moar, acompañado de varios técnicos municipais e da Xunta de Galicia, achegáronse ata a parcela onde se vai construír a nova escola infantil.

Esta infraestrutura, que estará situada nunha parcela de 3.389 metros cadrados próxima ao paseo fluvial, contará con 6 unidades e 82 prazas.

Este mércores, 27 de agosto, comezaron os traballos previos ante o inminente inicio das obra deexecución da nova escola infantil de Bertamiráns. Deste xeito, hoxe pola mañá asinouse a acta de replanteo, paso previo para que poidan comezar as obras nos vindeiros días. O concelleiro de educación, Bernardo Moar, acompañado de varios técnicos municipais e da Xunta de Galicia, achegáronse este mañá ata a parcela onde se vai construír a nova escola infantil. Esta infraestrutura, que estará situada nunha parcela de 3.389 metros cadrados próxima ao paseo fluvial, contará con 6 unidades e 82 prazas.

Cómpre lembrar que o pasado 17 de xullo a Xunta de Goberno Local do Concello de Ames concedeulle á Xunta de Galicia a licencia de construción para poder comezar coas obras da nova escola infantil de Bertamiráns. De seguido, notificóuselle ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, que xa dispoñía da correspondente autorización para poder comezar cos traballos de execución da devandita escola infantil. Nos vindeiros días, trala sinatura da acta de replanteo, iniciaranse estas obras.

Esta infraestrutura estará situada na rúa do Muíño, que se atopa preto do paseo fluvial de Bertamiráns. O importe de execución desta obra ascende a contía de 735.198,54 euros. Segundo se establece no convenio de construción da escola infantil, o Consorcio achegará o 60% do seu custo total e o Concello o 40%. 

No proxecto básico de execución detállase que a nova escola infantil está deseñada en planta baixa. Disporá de dúas zonas diferenciadas que estarán unidas a través dun vestíbulo, que servirá de zona de xogos e de enlace entre as dúas zonas. Na zona sur estarán situadas as 6 aulas das que disporá esta escola, mentres na zona norte haberá unha sala de usos múltiples; unha zona de servizos con cociña, vestiarios e aseos; unha sala de profesores/as; e un despacho para a dirección do centro.

82 prazas para nenos/as de 0 a 3 anos

A nova escola infantil de Bertamiráns contará cun total de 82 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, distribuídas en 6 unidades, o que permitirá elevar a oferta ata as 184 prazas na rede A Galiña Azul do concello e, polo tanto, suporá un incremento do 80 por cento con respecto ás que existen actualmente. Haberá 2 aulas para nenos/as e 0 a 1 anos, 2 aulas para nenos/as de 1 a 2 anos; e outras 2 aulas para nenos/as de 2 a 3 anos. As aulas do alumnado de 0 a 1 anos teñen unha superficie de 22 metros cadrados; as unidades de 1 a 2 anos ocupan 30 metros cadrados; e as aulas de 2 a 3 anos teñen unhas dimensións de 36 metros cadrados. 

Esta infraestrutura estará situada nunha parcela de 3.389 metros cadrados. A superficie construída da escola é de 514,70 metros cadrados, mentres que a superficie ocupada polos porches ascende a 107,75 metros cadrados. Hai que destacar que o Concello solicitaralle ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que a superficie sobrante da parcela cedida para a construción desta infraestrutura reverta outra ven no Concello. Deste xeito, os metros sobrantes poderanse empregar para a construcións doutras infraestruturas municipais que sexan de utilidade para a veciñanza amiense.

Sileda - Ampliación da rede de abastecemento de O Castro

En marcha as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga na parroquia de O Castro

-O Concello segue a apostar así por levar a traída municipal ás localidades máis cercanas aos cascos urbanos

O Concello de Silleda continúa ampliando a rede municipal de abastecemento de aguas, actuando neste caso na parroquia de O Castro. Os traballos comezaron xa en días pasados, logo do proxecto realizado dende o Concello e que se presentou ao Plan de Obras e Servizos Provinciais.

A inversión total desta nova conducción da traída supera os 23.000 euros. Os traballos suporán a instalación de un kilómetro de tuberías para levar a auga a diversos lugares desta parroquia. Todos aqueles veciños que desexen conectase á traída municipal unha vez rematados os traballos deben de poñerse en contacto coa empresa adxudicataria do servizo.

“Con esta actuación seguimos apostando por levar infraestruturas básicas ao noso rural, comezando polas zonas máis próximas aos cascos urbanos”, sinala o alcalde, Manuel Cuíña. 

Así, estas obras veñen a sumarse ás realizadas nos últimos tres anos en distintas localidades, para extender a traída municipal de augas. 

Trátase dunha obra agardada polos veciños e veciñas desta localidade onde xa se está procedendo á apertura das zanxas para a correspondente instalación de tuberías e canalizacións necesarias

O proxecto contempla as instalacións necesarias para facer acometidas en vivendas da parroquia, susceptibles de conectarse á rede municipal de augas. Así, O Castro súmase ás parroquias de Ponte, Saídres, Cortegada, Taboada e Manduas, e ao lugar de Toxa, en Silleda

“Dende o Concello estamos apostando por facer distintas dotacións para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Ademais da mellora de equipamentos públicos, como poden ser as infraestruturas deportivas, obras en viais de distintos puntos do Concello, con importantes inversións nos últimos meses, ou dotacións coma os parladoiros e biosaudables, tamén queremos continuar levando ao noso rural un servizo básico como é o abastecemento de auga”, engade o alcalde.

Axenda e tempo do mércores 27 de agosto - Verán na rúa, Feito a man, exposicións


Actividades - Con posibilidade de ser suspendidos pola choiva

Santiago - verán na rúa - Sueños de arena

Santiago - Feito a man - Cats and Monkeys

Santiago - Feito a man - Foliada


Santiago - Ánxel casa - mi casa, su casa

Santiago - Fonseca - Un mar 50 miradas

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago - Museo das Peregrinacións - Miguel Ánxo Prado


Santiago - Museo do Pobo Galego - cerámica de Díaz Pardo

O Tempo

Frades - O Papucín gaña o XVII Maratón de Fútbol 11

O equipo de Papucín gaña o XVII Maratón de Fútbol 11 do Concello de Frades
Venceu na final ao Xuventude por 3-1, nun torneo con oito equipos 
En cadetes, o Santirso proclamouse campión ante o EDM Frades 

O equipo de Papucín proclamouse campión do XVII Maratón de Fútbol 11 do Concello de Frades, ao impoñerse na final ao Xuventude cun resultado de 3-1. O Papucín acadou a final vencendo o Aiazo (3-0) e o Xuventude obtivo o pase derrotando o Paboi (2-0). Na competición, que tivo lugar no campo de fútbol municipal de Abellá baixo o sistema de liguiña, participaron oito equipos. 

Nos equipos campión e subcampión xogan os dous máximos goleadores do maratón. Trátase de Rivera, do Papucín, e de Nicolás, do Xuventude, que marcaron cinco tantos cada un ao longo da competición e que por tanto compartiron o trofeo de máximos anotadores. Como porteiro máis eficaz, que só recibiu un gol en todo o torneo, foi distinguido Saúl, do Papucín, equipo que contou todos os seus encontros por victorias. 

Todos os equipos participantes recibiron un trofeo conmemorativo e a aliñación gañadora obtén como premio unha cea nun restaurante do municipio. 

Por outra parte, na categoría cadete do maratón de fútbol 11 a victoria foi para o Santirso. Nun partido moi entretido, impúxose por 2-1 ao EDM Frades. Os equipos recibiron cadanseu trofeo.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Miguel Prado, achegáronse á entregar os trofeos dos maratóns de fútbol e agradeceron o bo nivel de participación acadado, ademais do comportamento deportivo por parte de todos os xogadores.

Museo do Pobo Galego - Clausura das exposicións sobre a illa de Ons e a cerámica de Díaz Pardo


 O Museo do Pobo Galego pecha este domingo, día 31 de agosto, as mostras “A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo” e “A Illa de Ons, unha cultura, unha identidade”. 

A vangarda das formas
Esta singular exposición, a primeira que se realiza sobre esta faceta artística de Díaz Pardo e á que consagrou gran parte da súa vida, inclúe bosquexos orixinais realizados por este artista, bosquexos que ven a luz por vez primeira. Hai que subliñar tamén que moitas das obras que conforman esta mostra son descoñecidas e outras son prototipos de pezas que non se chegaron a comercializar ou que xa están esgotadas hai moito tempo.

A Illa de Ons
A mostra fotográfica sobre a illa de Ons recolle o xeito de vida dos habitantes desta illa a través da ollada de Staffan e Mikael Mörling e das achegas etnográficas de Josefa Otero. O clima, a xeografía e os recursos naturais influíron na dedicación mariñeira e agrícola dos onsinos, conformando unha comunidade diferenciada e, en certa maneira, illada debido ao seu carácter insular. Os costumes e a organización comunitaria destas xentes foise diluíndo por mor da busca de mellores portos continentais e perdendo poboación, de 530 habitantes en 1955 ata os 81 que figuran no padrón de 2013.

Psoe Ames - Mocións no pleno de agosto para defender os mais necesitados

Os socialistas de Ames levan ao pleno mocións para defender ás persoas máis necesitadas 
Defenderán dúas mocións: unha na que se pide un subsidio para desempregados e desempregadas de longa duración con cargas familiares, e outros colectivos desprotexidos; e, outra na que defenden a Lei de Dependencia

Durante o vindeiro pleno ordinario do mes de agosto o Grupo Socialista de Ames levará dúas mocións a debate e aprobación nas que defenden, por unha banda, a Lei de dependencia aprobada durante o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero e se amosan contrarios aos recortes continuos que o goberno de Mariano Rajoy está a someter á mesma. E pola outra, pide o acordo plenario para solicitalle ao Goberno do estado un subsidio de 426 euros para as persoas con cargas familiares e que se atopan en situación de desemprego de longa duración e non teñen outros ingresos.

Os socialistas de Ames deixan claro que a súa prioridade fundamental é axudar ás persoas máis necesitadas, porque é de xustiza situarse ao seu lado e intentar que sufran o memos posible. “Nestes tempos de crise e de sufrimento de moitas familias o máis lóxico é que nos posicionemos do lado dos que reclaman a nosa axuda, e esa é a postura que defendemos e pola que traballamos no PSdeG”, di o portavoz socialista, José Miñones; “por iso acordamos presentar estas dúas mocións no pleno, porque somos concientes de que en Ames hai persoas con dependencia que están a sufrir os recortes da Xunta e algunha incluso que ten recoñecida a súa dependencia e aínda non recibeu ningunha percepción” explica o portavoz, e continúa dicindo que “desgraciadamente vemos nos últimos tempos como son moitas as familias que acuden aos servizos municipais solicitando axuda porque carecen de ingresos porque hai membros en situación de desemprego de longa duración”.

Subsidio de 426 euros
Para o PSdeG de Ames son intolerables os recortes aos que os respectivos gobernos están a someter á cidadanía, amosando un menosprezo vergoñante, xa que a quen é necesario axudar e protexer é ás persoas e non ás institucións, tal e como está a acontecer. Explican os socialistas que durante este ano o Goberno de Rajoy, no que vai de ano, diminuíu as prestacións en 2.236 millóns de euros sobre o ano pasado; e a cobertura por desemprego apenas alcanza un 58 por cento das persoas desempregadas inscritas nas oficinas de emprego. Se se continúa coa mesma dinámica, ao final de ano o gasto en protección por desemprego será 6.000 millóns menos que en 2013, pero a pesar de que a cifra de persoas en desemprego de longa duración e de familias con todos os seus membros no paro continúa en niveis intolerables. “Como é posible que se aforre en proteccións dos desempregados e que estes continúen incrementándose?”, pregúntanse os socialistas. Por iso, propoñemos nunha das mocións a creación deste subsidio de desemprego a parados de longa duración con cargas familiares a cargo, a cal terá unha duración 6 meses prorrogables e unha contía do 80% do Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples Mensual (IPREM) vixente en cada momento, na actualidade 426 euros mensuais. Esta axuda tamén se estenderá a outros colectivos como son as mulleres que tivesen acreditado a condición de vítima de violencia de xénero, aquelas persoas que acrediten unha minusvalía en grao igual ou superior ao 33 por cento, ou teñan recoñecida unha incapacidade que supoña unha diminución na súa capacidade laboral da porcentaxe anteriormente indicada, e ás persoas paradas maiores de 45 anos, cando esgotasen a Renda Activa de Inserción ou se encontrasen dentro dos 365 días naturais anteriores á data da solicitude do dereito á admisión ao devandito Programa.

Nesta moción tamén se solicita a creación de Plans de Emprego específicos e o aumento da dotación dos Servizos Públicos de Emprego con novos técnicos e técnicas de emprego para a atención individualizada das persoas en desemprego de longa duración.

Rematar cos recortes na Lei de Dependencia

Polo que respecta á moción de defensa da Lei de “Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las personas en situación de dependencia”, e coñecida como a Lei de Dependencia, os socialistas solicitan o apoio da corporación amiense para amosar o máis enérxico rexeitamento aos recortes que se están a producir nesta lei desde que o PP chegou ao goberno do Estado e da Xunta. A maiores, instan ao goberno da Xunta de Galicia para: que se establezan as partidas necesarias nos orzamentos go goberno de Feijóo dos vindeiros anos para que o gasto público por persoa dependente atendida sexa, polo menos, superior á media do Estado e se equipare coa das comunidades autónomas do norte con semellante distribución demográfica que Galicia. E que sexan atendidas todas as persoas dependentes que xa teñen recoñecido algún grao de dependencia, e que aínda están á espera de recibir a prestación ou o servizo que lles corresponde, e que en Galicia superan as 18.000

Tamén lle piden ao Goberno do Estado que impulse a constitución dun grupo de traballo con representantes dos grupos parlamentarios e comunidades autónomas, co obxectivo de alcanzar un amplo acordo para garantir a sostibilidade, o desenvolvemento e o financiamento por parte das administracións públicas do Sistema de Autonomía e atención á Dependencia. 

Din os socialistas amienses que o goberno de Feijóo está a ser cómplice do goberno de Rajoy no desmantelamento do sistema de dependencia, que lonxe de tratar de frear o impacto destes recortes das persoas usuarias traballou para situar a Galicia entre as comunidades autónomas cun comportamento peor en todos os parámetros: A media do gasto público de persoa dependente atendida en Galicia é de 6.515 euros, fronte aos 6.979 euros de media do Estado; e moito por debaixo doutras comunidade autónomas do norte con semellante distribución demográfica que chegan 8.057 euros. O gasto en dependencia por habitante e ano é en Galicia de 91,92 euros; a metade que en Cantabria, por exemplo, e un 16 % menos que no conxunto do Estado en valores absolutos. E desde o ano 2011 non deixan de descender as persoas con dereitos a prestacións recoñecidas, se daquela estábamos en 89.640 persoas, o cómputo total de 2013 é de 56.835 persoas con dereito recoñecido das cales máis de 18.000 seguen no limbo, é dicir, sen recibir ningún tipo de prestación.