OROSO – CURSO GRATUITO DE PROBAS DE SECUNDARIA

O CONCELLO DE OROSO CONVOCA UN CURSO PARA PREPARAR AS PROBAS DE GRADUADO EN SECUNDARIA

30 de setembro de 2011.- O Concello de Oroso abre o prazo de matrícula nun curso gratuito de preparación para as probas de obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Unhas clases que terán lugar a partir do martes 18 de outubro na aula de informática do Concello de Oroso, na rúa do Deporte, 9 (Sigüeiro).

Os veciños interesados en anotarse deberán dirixirse á Aula de Formación de Adultos “Educaoroso”, situado nas dependencias municipais de Servizos Sociais na rúa do Deporte. Para anotarse só é preciso presentar dúas fotocopias do DNI, dúas fotos tamaño carné e un certificado dos estudos realizados.

BNG ORDES – AS PROPOSTAS DO BNG NO PLENO APROBADAS

O PLENO APROBA A PROPOSTA DO BNG PARA INCLUIR NO POS A URBANIZACIÓN DO CEIDÓN E A PISTA DA MAQUÍA EN PEREIRA

Aprobadas tamén as propostas do BNG para manter as axudas ás asociacións e resolver os problemas dos accesos a Leira desde a N-550

Gonzalo castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, amosou a súa satisfacción porque o Pleno da Corporación Municipal acordase incluir no Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial (POS) a urbanización da rúa do Ceidón e a pavimentación e mellora da pista da Maquía na parroquia de Pereira. Esta moción foi aprobada cos votos a favor de todos os grupos políticos, excepto o goberno municipal que votou en contra.

O portavoz do BNG manifestou que hai tres anos anunciouse o inicio das obras de abastecemento e urbanización da Rúa do Ceidón, no barrio do Paraiso, e pasado ese tempo esta zona continua nun estado de total abandono, facéndose totalmente intransitábel e enchéndose de lama cando chove, o que está a ocasionar numerosos probemas aos veciños que residen nesta zona”.

Por outra banda, Castro tamén defendeu a inclusión no POS da pista da Maquía, na parroquia de Pereira, no POS, para rematar “co estado de absoluto abandono e deterioro no que se atopa esta pista, o que está a causar un grave perxuicio e molestias aos veciños desta parroquia”.

As obras aprobadas polo Pleno incluirán a urbanización da rúa do Ceidón, incluindo a recollida de pluviais, as beirarrúas e a pavimentación, e a mellora e pavimentación da pista da Maquía na parroquia de Pereira.

Moción axudas asociacións

Montserrat Rei, concelleira do BNG, defendeu o mantemento unha moción na que os nacionalistas propoñían o mantemento das axudas ás asociacións culturais e deportivas do concelllo. Moción foi aprobada co voto a favor de todos os grupos políticos, excepto o goberno municipal que votou en contra.

A concelleira nacionalista afirmou que “recentemente as asociacións culturais e deportivas do noso concello recibiron unha carta do goberno municipal nas que se lles informaba da eliminación das axudas e colaboracións institucionais para a realización de actividades”.

Para Montserrat Rei “esta actuación resulta inaceptábel e inxustificada porque non resulta convincente apelar a unha suposta austeridade para eliminar unhas axudas e colaboracións moi importantes para as asociacións culturais e deportivas do noso concello, cando só supoñen un 0,4% total do Orzamento anual do Concello de Ordes, esignifican unha cuarta parte do que pretendía cobrar o goberno municipal en soldos e retribucións”.

A concelleira do BNG tamén criticou que “que continúen pendentes de pago moitas das axudas a actividades culturais e deportivas do ano 2010, ao igual que o feito de que continuen sen publicar as bases para as axudas do exercicio 2011”

Finalmente, no acordo do Pleno instouse ao alcalde de Ordes para que de forma inmediata se abonen as axudas a asociacións culturais deportivas, e demáis entidades, pendentes de pago, que se publiquen as bases das axudas para actividades culturais e deportivas do exercicio 2011, tramitando as mesmas coa máxima celeridade e que se manteña a convocatoria de axudas e colaboracións coas asociacións e demáis entidades do concello de Ordes para o ano 2012, incluindo as mesmas nos Orzamentos Municipais para ese exercicio.

Acceso desde a N-550 a núcleos de Leira

Gonzalo Castro propuxo que o Pleno da Corporación Municipal instase ao Ministerio de Fomento para que, coa maior celeridade, realice as xestións pertinentes para permitir o acceso, desde o punto kilométrico 31 da N-550, no sentido de circulación Santiago-A Coruña, aos núcleos de poboación de Altiboia, Castiñeira, Gouzón, O Castro, Meitufe e Castrelos, situados na parroquia de Leira, no municipio de Ordes.

Castro afirmou que “esta proposta conta co aval de máis de 500 sinaturas de veciños e veciñas que debido ao debido ao cambio da liña discontinua que existía antes neste punto kilométrico por unha liña continua, ve obrigados a continuar 3 kilómetros até a rotonda do Mesón do Vento, para poder cambiar o sentido da marcha e acceder a estes núcleos de poboación”.

Esta proposta foi refrendada polo Pleno da Corporación co asentimento de todos os grupos municipais.

PSOE ORDES – XESUS PEDREIRA DA ESTE SABADO O PREGON EN PIÑEIRO

XESÚS PEDREIRA DARÁ MAÑÁ SÁBADO O PREGÓN DAS FESTAS DO PIÑEIRO (ORDES)

O concelleiro socialista considera “unha honra e unha satisfacción persoal ser o pregoeiro das festas dun lugar ao que sempre me sentín moi unido”

30 de setembro de 2011.- O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, será o encargado de dar o pregón das Festas do Piñeiro, que se celebrarán mañá sábado 1 de outubro neste coñecido barrio da vila de Ordes. Pedreira Mirás considera “unha honra e unha satisfacción persoal ser o pregoeiro das festas dun lugar ao que sempre me sentín moi unido”.

O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes considera que nestes tempos de crise económica é de xustiza agradecer o traballo realizado pola Comisión de Festas para poder sacar adiante “uns festexos que cada ano que pasa gañan máis sona e que disfrutan non só os veciños do Piñeiro, senón tamén moitos outros de todo Ordes e de concellos cercanos”.

As festas do Piñeiro 2011 comezarán ás 10:30 horas cun pasarrúas a cargo do grupo de gaitas “Os viqueiras” de Ordes. Ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne no campo da festa. Ás 14:00 horas terá lugar o pregón de Xesús Pedreira, que dará paso á actuación de “Sementes do arte” e a unha sesión vermú coa orquestra “Trole”. A orquestra “Trole” e o grupo local “A cona ye-yé” serán os encargados de amenizar a verbena nocturna que pechará esta edición das festas do Piñeiro.

SANTIAGO – XVI FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES

Celébrase do 1 ao 9 de outubro no Teatro Principal, Sede da SGAE e rúas e prazas da cidade

América Latina será a protagonista da XVI edición do Festival Internacional de Títeres, Galicreques

  • Haberá tamén funcións para escolares, espectáculos de rúa, mesas redondas, obradoiros e dúas exposicións temáticas

  • O festival de títeres leva traído a Santiago máis de 300 compañías de todo o mundo

Santiago de Compostela, 30/09/2011.- O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e o director do festival, Jorge Rey, presentaron esta mañá no Concello a XVI edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques, que se celebra na cidade do 1 ao 9 de outubro tendo como protagonista a América Latina. O festival, ademais de ter representacións no Teatro Principal e na Sede da SGAE/Fundación de Autor, ofrece tamén espectáculos escolares, espectáculo de carpa na Praza do Toural e espectáculos de rúa nas Praterías e na Praza Roxa en diferentes sesións así como dúas exposicións, un obradoiro de construción e varias mesas redondas.

Desde mañá sábado 1 ata o domingo 9, a Sede da SGAE/Fundación de Autor acollerá cada día unha función en diferentes horarios; mentres que no Teatro principal será do 3 ao 9 con dúas funcións por día. Venres e sábado, na Praza do Toural, El Retrete de Dorian Gray ofrece ‘Teatrillo Mágico’, espectáculo de carpa, en 6 pases cada día e haberá varios espectáculos de rúa na Praza das Praterías e na Praza Roxa. Ademais, de mércores a venres celebrase na Praza do Toural un Obradoiro de construción para nenos e nenas e haberá mesas redondas luns, xoves e venres no Teatro principal. A todo isto hai que engadir as exposicións ‘Títeres e titiriteros. A construcción dun oficio’ e ‘Os Títeres de América Latina’.SANTIAGO -  GALICREQUES 2011

Toda unha completa programación na que como diciamos América Latina será a protagonista polo que teremos compañías de Arxentina, Perú, Uruguai, Colombia, México… ademais de outras partes do mundo, que nos ofrecerán variedade de estilos e tipografías: sombras, luvas, mans, máscaras e outras.

Os prezos das entradas para o Principal e a Sede da SGAE son de 5€ (prezos reducidos de 4€ para compras de tres ou máis entradas, carné xove, de estudante ou maiores de 65 anos). Estas entradas poden reservarse de 10 a 14h no teléfono 667771147 ou no Punto de Información da Praza do Toural. As entradas para o espectáculo de carpa son de 2€ sen reserva previa dispoñible; a inscrición no Obradoiro é de 1,50 (farase tamén no Punto de Información) mentres que os espectáculos de rúa e a entrada ás exposicións e ás mesas redondas é de balde.

+ Máis información en www.galicreques.com

TEO – PLENO SETEMBRO

TODAS AS PROPOSTAS LEVADAS A PLENO FORON APROBADAS CUN AMPLO CONSENSO

· A proposta de declaración da feira do San Martiño como festa de interese turístico acadou a unanimidade de todas as forzas políticas

30 de setembro de 2011. O pleno ordinario do mes de setembro do Concello de Teo, celebrado onte, rematou coa aprobación de todos os puntos cun amplo consenso. De feito temas como a declaración da feira do San Martiño como festa de interese turístico, o adiamento das devolucións ó estado polas liquidacións negativas do 2008 e do 2009 ou o acceso á documentación por parte dos concelleiros da oposición fóra do horario habitual de mañá tiveron unanimidade de voto.

Un dos puntos máis destacados da orde do día foi a proposta da alcaldía sobre a declaración da feira do San Martiño como festa de Galicia de interese turístico. Nesta proposta solicítase á Dirección xeral de Turismo da Xunta esta declaración de acordo co previsto no Decreto 39/2011. Carme Hermida, titular de Cultura, foi a encargada de explicar o traballo de investigación realizado durante os últimos meses sobre este evento anual. Esta investigación, na que cabe destacar o traballo do arquiveiro municipal Pablo Sanmartín, levou a poder demostrar con fondos documentais que a feira anual de Francos ten alomenos unha antigüedade de catro séculos, xa que o documento máis antigo atopado é do 1593. Outra documentación histórica posterior da idea da importancia desta xuntanza cabalar e de intercambio comercial que se sigue celebrando todos os 11 de novembro, sendo ademais festivo local no Concello. Hermida destacou a tradición cultural da feira, a antigüedade e o valor de cohesión social que ten para o Concello de Teo. Pola súa banda os partidos da oposición amosáronse conformes coa proposta, destacando a importancia da mesma. Mercedes Souto, concelleira do Partido Popular apuntou que esta iniciativa se podería realizar con outros eventos como o entroido ou o concurso cabalar.

Na sesión tamén se aprobaron dúas mocións, unha do BNG, por unanimidade, e outra do PP, co voto en contra da edil do PSOE e a abstención do BNG, sobre o adiamento das devolucións que debe realizar o Concello nos próximo cinco anos polo resultado negativo das liquidacións da participación nos ingresos do estado no 2008 e no 2009. A proposta nacionalista, defendida polo voceiro Rafael Sisto, acadou a unanimidade. Sisto explicou que o recorte nos últimos exercicios das transferencias correntes do estado diminuíran considerablemente, aínda que ante o comentario de Uxía Lemus (PSOE) sobre a importancia dos fondos Zapatero para os Concellos, recoñeceu a importancia destes ingresos extraordinarios nos últimos anos. Pola súa banda Parajó destacou que o Estado estaba trasladando o seu déficit ós Concellos e animou ó PP se gañaba as eleccións a evitar a devolucións destes fondos. O PP que presentaba unha moción sobre o mesmo tema explicou que apoiaba a do BNG por coherencia.

A proposta do PP sobre a devolución ó estado das liquidacións negativas acadou o apoio de In Teo, a abstención do BNG e o voto en contra do PSOE. O PP pedía na parte resolutiva da moción que o pagamento se realizara en dez anos e non en cinco como hai que facelo. Tamén destacou o incumprimento do goberno central ó non facer a reforma do financiamento local. Pola súa banda a voceira socialista explicou que aínda que estaba dacordo co fondo da proposta votaría en contra polas formas. “Se queremos facer todos campaña facémola” explicou en relación con expresións do escrito que considerou partidistas. Sisto (BNG) tamén explicou que a moción era bastante “sesgada na crítica a Zapatero” e que o problema de falta de liquidez que estaban tendo os Concellos de xeito xeralizado era tamén responsabilidade de institucións gobernadas polo Partido Popular como a Xunta ou a Deputación. Como exemplo explicou que en Teo neste momento hai pendentes ingresos de ó redor de 700.000 euros, en moitos casos de obras rematadas e adiantadas polo Concello e subvencións executadas e xustificadas, o que provoca unha falta de liquidez importante e unha situación grave para os proveedores pendentes de pagos.

No pleno houbo tempo para debater sobre outra proposta do BNG sobre economía, neste caso en contra das comisións abusivas dos bancos. Na parte resolutiva solicítase que non aumenten as comisións mentres se manteña a situación de crise, que se realice unha supervisión das mesmas establecendo límites máximos ou que o cobro se faga de xeito transparente. O resto dos grupos votaron a favor amosándose dacordo coa proposta.

A moción do PP sobre o catálogo priorizado de produtos farmacéuticos aprobouse cos votos a favor do PP, BNG e In Teo e o voto en contra de Uxía Lemus. O Bloque Nacionalista Galego engadeu unha enmenda que o PP aceptou sobre a necesidade de reinvestir o aforro en atención primaria e a prescrición por principio activo. Nesta moción o PP pedía que o Goberno do Estado retirara o recurso diante do Tribunal Constitucional en contra da lei de racionalización do gasto farmacéutico en Galicia e que estendera o catálogo á todo o sistema nacional de saúde. A concelleira socialista calificou a proposta de extemporánea xa que con posterioridade á presentación da proposta polo Partido Popular de Teo o Ministerio de Sanidade xa realizara unha proposta de catálogo. Todos os grupos destacaron sen embargo a importancia dos xenéricos para aminorar o gasto farmacéutico.

A seguridade viaria, concretamente na estrada provincial entre A Ramallosa e Luou tamén tivo o seu espazo no debate plenario grazas a unha moción do Partido Popular na que se insta á Deputación a tomar medidas como pasos de peóns, limitacións de velocidade ou colocación de semáforos, nunha zona na que o incremento de habitantes e tráfico é notable. Durante o debate destacouse por parte de todos os grupos a necesidade de que o debate sobre seguridade vial quedara fóra de cuestións partidarias e acordouse realizar unha reunión entre todas as forzas para avanzar nas prioridades en materia de seguridade vial en todo o Concello.

O último punto da orde do día contou co apoio unánime de todos os grupos. A moción do Grupo Mixto (PSOE e InTeo) solicitaba o acceso a documentación municipal un día pola tarde ou o sábado pola mañá. A redacción final fixou o acceso para os sábados.

FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN – NOVA COMISIÓN EXECUTIVA

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade renova a Comisión Executiva

- O Concello de Redondela asume a Presidencia, o Concello de Vigo ostentará a Vicepresidencia e Allariz a Tesourería. Cambre, A Coruña, Viveiro, Oleiros e a Deputación de Lugo estarán nas vogalías.

- A nova presidenta aposta pola solidariedade internacional das Administracións locais galegas, sumando esforzos a través do Fondo Galego.

- Alfredo Novoa presidiu a entidade durante os últimos 14 anos, nos que todas as decisións se tomaron por unanimidade.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2011. A Asemblea Xeral de socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade renovou esta mañá por unanimidade a Comisión Executiva, que nos próximos catro anos vai estar presidida por Teresa París (PP), representante do Concello de Redondela. A vicepresidenta será Isaura Abelairas (PSdeG-PSOE), do Concello de Vigo, mentres que a tesoureira vai ser Pilar Gallego (BNG), do Concello de Allariz. A Secretaría continuará correndo ao cargo do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), que impulsou a creación da asociación en 1997.FONDO GALEGO COOPERACION - EXECUTIVA 2011

O órgano de goberno e administración do Fondo Galego, que se renova despois de cada convocatoria de eleccións locais, conta tamén con cinco vogalías. Nelas estarán María Jesús González Roel, polo Concello de Cambre (PP); José Luis Quintela, polo Concello da Coruña (PP); Isabel Rodríguez polo Concello de Viveiro (PSdeG-PSOE); Antonio Veiga pola Deputación de Lugo (BNG) e Ángel García Seoane polo Concello de Oleiros (Alternativa dos Veciños). A composición da nova Executiva foi proposta pola Comisión saínte, tendo en conta a actual configuración partidaria das entidades locais galegas.

Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego desde 1997 ata hoxe, agradeceu ás compañeiras e compañeiros o traballo feito durante estes 14 anos, nos que todas as decisións se tomaron por consenso, pondo de lado diferenzas partidarias ou doutra índole. “Sempre houbo unha posición construtiva por parte de todos os socios que permitiu debater ata acadar consensos, pois a cooperación non ten siglas”, apuntou.

Tras recibir un agasallo da mans do director do IGADI, Xulio Ríos, Novoa desexoulle á nova presidenta “sorte e ánimo” para seguir apoiando aos países empobrecidos. Teresa París, pola súa banda, coincidiu na súa intención de traballar desde o consenso, sumando esforzos para atinxir unha cooperación máis eficaz e eficiente, sen perder nunca de vista o obxectivos principal: mellorar as condicións de vida das persoas dos países do Sur.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que engloba a 96 Concellos e ás catro Deputacións de Galicia. Fundouse en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galego no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste xeito de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do Sur e facilitar unha meirande sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.

Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade está a implementar unha intervención de post-emerxencia no Haití e mantén aberta unha conta de emerxencia para contribuír a paliar a crise alimentaria no Corno de África.

santiago – axenda sábado, domingo e luns

Sábado 1

21.00 h

No Teatro Principal, presentación do disco de Xoán Curiel, 'Magnético Zen'

Domingo 2

10.00 h

Na Casa do Concello, recepción á promoción de licenciados da Facultade de Dereito 1966-1971, da que forma parte o fiscal xeral do Estado, Cándido Conde-Pumpido.

Luns 3

11.00 h

Na Sede do Consorcio de Santiago (Pazo de Vaamonde, Rúa do Vilar, 59, Santiago de Compostela), sinatura de acordo polo que Reale pasa a ser un dos patrocinadores do 800 Aniversario da Catedral de Santiago. ASISTENTES:

Xerardo Conde Roa, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago.

José Ramón López Fernández, director xeral de Recursos e Medios de Reale.

11.30 h

No Teatro Principal, 'El EnmaZcarado', dentro do Festival Internacional de Títeres, Galicreques.

12.30 h

Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h

No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de entrega de condecoracións da Policía con motivo da Festividade dos Santos Anxos Custodios.

18.00 h

No Arcebispado (praza da Inmaculada), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co arcebispo de Santiago, Julián Barrio.

20.30 h

No Teatro Principal, 'Sopa', dentro do Festival Internacional de Títeres, Galicreques.

FUNDACIÓN ARAGUANEY – GALERÍA CARONÍ

La Galería Caroní de la Fundación Araguaney, un espacio multidisciplinar. Tu punto de encuentro con la cultura.

La Fundación Araguaney-Puente de Culturas pone a disposición del público su Galería de Arte Caroní para la celebración y organización de actividades culturales y artísticas. Caroní destaca por su situación en pleno casco histórico, sus amplias zonas de exposición y lectura, así como por estar equipada con material de última tecnología. Es un espacio de creación y experimentación acondicionado para acoger exposiciones y venta de arte, joyas o complementos de ropa árabe, que abre sus puertas para que cualquier persona que esté interesada solicite un espacio en la Galería y organice actividades culturales. Así, la Galería Caroní se presenta como la alternativa perfecta donde celebrar conferencias, proyecciones, talleres de cualquier disciplina artística, presentaciones de libros, desfiles…

La encargada de eventos de la Fundación Araguaney-Puente de Culturas y de la Galería Caroní, Rosana Vilouta, nos enseña este espacio multiusos y nos explica sus funcionalidades.F ARAGUANEY - GALERIA CARONI

- En un principio podemos pensar que Caroní es una galería de arte donde se exponen y venden obras, joyería y complementos sobre todo de la cultura árabe. Pero, nos damos cuenta de que Caroní es un espacio que ofrece otras posibilidades. ¿Qué tipo de actividades se organizan en Caroní?

Si la ubicación de Caroní es inmejorable, en pleno corazón del casco histórico de Santiago, el diseño y los tres ambientes que la conforman son perfectos para acoger distintos tipos eventos como presentaciones de libros, conferencias, jornadas, reuniones, actos conmemorativos, ruedas de prensa, workshops, conciertos, desfiles de moda o producciones fotográficas.

La Galería Caroní cede completamente su espacio para ello pero, además del factor material, la Fundación Araguaney dispone de su propio departamento de prensa, relaciones públicas, organización de eventos y protocolo, que yo misma asumo, así como una agencia de diseño gráfico, todos ellos encargados de proporcionar la máxima difusión del evento desde su consolidada experiencia profesional en cada campo.

He llegado a la Fundación hace escasos tres meses, y bajo mi punto de vista, creo que debemos aprovechar la exclusividad de este espacio para fomentar su actividad y dinamismo porque, Caroní no sólo cuenta con la singularidad del diseño, sino también con los medios necesarios para ello. Tenemos que aspirar a consolidar la Galería como un punto de encuentro con el arte y la cultura.

- Además del factor material, Caroní pone al servicio de sus clientes un equipo de organización de eventos encargado de gestionar todos los detalles para una convención, encuentro de periodistas o artistas y talleres o cursos de toda índole. Desde la comunicación a los medios hasta el diseño gráfico de los posibles carteles del evento. ¿Por qué otros aspectos se diferencia la Galería Caroní del resto de espacios de arte de la ciudad? F ARAGUANEY - ROSANA GALERIA CARONI

Creo que hay varios aspectos que la hacen especial. En primer lugar, y que es una de las premisas fundamentales de esta Fundación desde sus comienzos, se diferencia porque apuesta por el talento de jóvenes creadores que pueden encontrar serias dificultades a la hora de exponer sus obras en nuestro país. Caroní pretende dar continuidad a esta idea, haciéndola extensible al campo de los eventos y, así, dar la oportunidad a, por ejemplo, jóvenes diseñadores, joyeros o escultores para que puedan contar con esta galería como espacio idóneo donde albergar sus creaciones.

Por otro lado, la galería no sólo es un lugar de exposición, sino que también cuenta, en la primera de sus salas, con una tienda de arte que ofrece productos artesanales, en su mayoría, árabes, pero también de otras zonas del mundo, como Brasil, Venezuela, Senegal…

Además, la última de las zonas, ha sido ambientada como espacio de lectura y consulta. Disponemos de amplias paredes, una perfecta iluminación, así como un completo servicio audiovisual que la hacen tremendamente atractiva al público que la visita.

- Caroní es una galería por la que pasan miles de turistas, peregrinos y ciudadanos de Santiago que no pasa desapercibida. El diseño de su interior es espectacular, con paredes blancas, muy luminosas y combinadas con mobiliario de tintes árabes. Es una unión perfecta entre la decoración más vanguardista y aquella inspirada en Oriente Medio. ¿Qué es lo que más le llama la atención al público que la visita?

Precisamente eso. Creo que es difícil encontrar un espacio como este, situado en pleno corazón de Santiago y a escasos metros de la catedral, que destaque por la singularidad de su decoración y distribución interna. Para el público resulta impactante entrar en un local del casco histórico con estas características que consiga romper, precisamente, con la estética del entorno. Es un espacio de contrastes, en el que se ha hecho una excelente labor de rehabilitación, que ha sabido conservar y respetar al máximo su infraestructura original, velando así por el patrimonio arquitectónico y cultural de la ciudad.

La Galería Caroní no sólo es un local que acoge muestras de arte, sino que es una sede donde los protagonistas principales son el arte, la cultura y las personas.

HORARIOS DE LA GALERÍA: L-V 11:00-14:00 y 17:00-21:00; S 11:00-14:00

DIRECCIÓN: Rúa do Vilar, 21. Santiago de Compostela.

CONTACTO: eventos@araguaney.com

AMES – DESAFECTACION DE PARCELA PARA ESCOLA INFANTIL

O pleno aprobou por unanimidade o cambio de uso e a desafectación dunha parcela para a construción dunha nova escola infantil en Bertamiráns

Santiago Amor explicou no pleno que o ex-alcalde Carlos Fernández non solicitou unha prórroga para presentar a Conta Xeral do 2010 antes do 31 de marzo, o que impediu que os servizos de intervención municipais tivesen máis tempo para confeccionar a devandita conta

O Concelleiro de Urbanismo, Ramón G. Argibay revelou no pleno que a parcela que finalmente propoñían os socialistas para a escola infantil tivo unha notificación de cualificación negativa por parte do rexistro de propiedade de Negreira, que impediu a súa inscrición no rexistro da propiedade en Negreira

A corporación municipal aprobou por unanimidade unha moción para que as liquidación negativas das contas de 2009 e 2010 que ascenden a 1.300.000 euros se poidan pagar nun prazo de 10 anos

Ames, xoves 30 de setembro de 2011. O actual grupo de goberno amiense buscou unha nova localización para construír a segunda escola infantil no núcleo de Bertamiráns e levou ao pleno ordinario do mes de setembro o cambio de uso da devandita parcela municipal que está situada no polígono AP-B7 06 “Rego dos Pasos sur IV” próxima ao paseo fluvial de Bertamiráns, e o inicio de expediente de desafectación da parcela. Os dous puntos foron aprobados por unanimidade dos tres grupos políticos con representación no pleno, PP, PSOE e BNG. A corporación municipal aprobara xa no pleno do pasado mes de xullo a modificación do estudo de detalle da área de planeamento específica Rego dos Pasos Sur IV do Plan Xeral de Ordenación Municipal, agora, e grazas á xestión urbanística do actual goberno a gardería de Bertamiráns será unha realidade pois en tres meses fixéronse os trámites previos á cesión á Xunta de Galicia para a construción deste equipamento tan necesario para Ames.

No pleno celebrado onte cambiouse o uso sociocultural que tiña a parcela a uso educativo. A desafectación e o cambio de uso constitúen os pasos previos para a cesión á Xunta. Agora soamente queda o trámite dun mes de exposición pública para volver outra vez a pleno e cumplir todos os trámites necesarios antes de poder iniciar a construción da parcela que ten 3.389 metros cadrados e o actual goberno considerou “a máis axeitada dentro das opcións existentes”.

Os grupos da oposición reclamaron que o espazo sobrante desta parcela se adique á execución doutros equipamentos municipais; ante esta petición o grupo de goberno amosou a súa vontade para aproveitar o máximo posible o uso da parcela. Con todo, o voceiro do Partido Popular, Ramón García Argibay, recordoulle ao anterior alcalde, Carlos Fernández que non foi quen en oito anos de poñer a disposición da Xunta de Galicia unha parcela para poder iniciar a execución deste proxecto e que a parcela que finalmente propoñían os socialistas tivo unha notificación de cualificación negativa por parte do rexistro de propiedade de Negreira, que impediu a súa inscrición no rexistro.

No pleno tamén se aprobou por unanimidade a modificación da base de execución do orzamento municipal, a adhesión ao Convenio de colaboración entre a Federación Española de Municipios e Provincias e o Consello Xeral do Notario; e o convenio de colaboración entre o Colexio de Xestores Administrativos de Galicia e o Concello de Ames para autoliquidacións do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

Renuncia da concelleira socialista Lidia Rey

A concelleira do grupo municipal socialista, Lidia Rey, presentou a súa renuncia como concelleira da corporación municipal. Os voceiros dos tres grupos municipais agradecéronlle a súa labor como concelleira e desexáronlle sorte nos proxectos que emprenda a partir de agora. Lidia Rey agradeceu o trato recibido e desexoulle o mellor aos tres grupos municipais durante esta lexislatura.

O BNG presentou tres mocións. A primeira moción dos nacionalistas foi sobre a derrogación da orde pola que se aproban os prezos medios no mercado de determinados inmóbeis rústicos e urbanos situados na comunidade autónoma de Galicia para os exercicios 2010 e 2011 foi rexeitada cos votos en contra dos once concelleiros/as do grupo municipal popular, mestres que os concelleiros dos grupos nacionalista e socialista votaron a favor sumando nove votos.

A segunda moción que se tratou referiuse á restitución por parte da Xunta de Galicia de axudas aos concellos en materia de normalización lingüística, esta moción tamén foi rexeitada cos votos en contra dos once concelleiros/as do grupo municipal popular, mestres que os concelleiros dos grupos nacionalista e socialista votaron a favor sumando nove votos.

Finalmente tratouse unha moción sobre as devolucións correspondentes ás liquidacións negativas da participación nos ingresos do Estado. O BNG presentou unha emenda a esta moción cun texto acordado entre os tres grupos municipais. A moción foi aprobada por unanimidade da corporación municipal. Neste punto o alcalde de Ames, Santiago Amor, destacou que os tres grupos están de acordo en que se fixe un prazo de 10 anos para devolver 1.300.000 correspondentes ás liquidacións negativas das contas xerais de 2009 e 2010; o rexedor amiense aproveitou tamén para dicir que o día 29 de setembro entrou no rexistro xeral do concello un escrito do Ministerio de Economía e Facenda no que se denegaba a ampliación do prazo para presentar a conta Xeral de 2010. Ademais Santiago Amor explicou que se denegaba esta prórroga porque o anterior alcalde, Carlos Fernández non o fixo antes do 31 de marzo do presente ano cando puido pedir máis tempo para render a conta.

AMES - LIMPEZA DO SAR

O Concello limpou e acondicionou o paseo fluvial do río Sar en Bertamiráns

Ames, 30 de setembro de 2011. A brigada municipal do departamento de medioambiente que dirixe a concelleira Eugenia Martín Vicente realizou labores de limpeza durante este mes de setembro nas marxes do paseo fluvial en Bertamiráns. Os traballos consistiron na retirada de especies invasoras dos taludes, a retirada de madeiras, residuos sólidos urbanos e outro tipo de residuos que se atopaban na zona do paseo, tanto no propio río coma nas zonas debrozadas. O camión de servizos do Concello colaborou coa brigada na retirada dos residuos. Previamente á limpeza das marxes dos ríos, a mesma brigada, composta por cinco peóns e un encargado, limpou pistas forestais durante o mes de agosto para axudar á prevención de incendios mediante o debroce de maleza.

No paseo fluvial de Bertamiráns tamén se realizaron durante os meses estivais outras actuacións dende o departamento de Obras do Concello, rexido polo edil Alfredo Taboada; entre as actuacións destaca o cambio de partes da varanda e de postes podres e rotos así coma o arranxo de pavimento que estaba levantado. AMES - LIMPEZA RIO SAR

O paseo fluvial de Bertamiráns é a zona verde por antonomasia desta localidade. Está composto por unha rede de pontes, sendas e xardíns que se distribúen en 44.000 metros cadrados en pleno núcleo urbano. Desta superficie, 13.000 metros cadrados corresponden a diversas zonas con xardíns. Trátase dunha zona axardinada á beira do río Sar formada por praderías arborizadas de pendente mínima combinada con noiros. Tamén e hai varios camiños pavimentados que están paralelos ás marxes do río.

Ademais, a beira do paseo fluvial existe un parque infantil que dispón dunha pista polideportiva, unha zona de xogos infantís e unha zona con mesas e bancos, na que tanto os pequenos coma os adultos poden realizar distintas actividades e xogos. Para manter en bo estado estas instalacións municipais o goberno local realizará un traballo de mantemento e conservación permanente como se fixo durante os meses estivais tanto dende a Concellería de Medio Ambiente coma dende a Concellería de Obras.

SANTIAGO - CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL EN CONXO NO PRÓXIMO VERÁN

Conxo contará no verán de 2012 cun campo de fútbol de herba artificial

30/09/2011 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, reuníronse en Raxoi co secretario xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete. Deste encontro saíu o compromiso da Xunta de colaborar no financiamento do futuro campo de fútbol de herba artificial de Conxo e na busca dos ecursos para un complexo acuático en Santa Marta.Reunidos en Raxoi; con eles o concelleiro de Deportes.

Conde Roa anunciou que o novo campo de herba artificial de Conxo, situado onde está o actual, comezará a construírse en xuño de 2012. Estimou o seu custo en 300.000 euros, dos que o Concello achegará uns 100.000, a Secretaría Xeral de Deportes outros 100.000 e o resto a Deputación da Coruña.
Lete reafirmou este compromiso financeiro e tamén indicou que a Secretaría vai colaborar co Concello na busca de recursos para a construción dun futuro complexo acuático en Santa Marta, que terá piscinas e outras instalacións deportivas e de lecer. Neste sentido, o alcalde apuntou que a Xunta prestará o seu asesoramento no estudo de fórmulas de financiamento deste complexo, que pasarán fundamentalmente pola participación dunha empresa que o explotaría en réxime de concesión.

AMES – REMATA O CURSO PARA MULLERES VICTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Rematou o curso para mulleres vítimas da violencia de xénero que se impartiu no Concello de Ames

As mulleres valoraron de xeito moi positivo este curso e o profesor, Alejandro Gómez, agradeceu a “implicación e a boa disposición” do Concello de Ames

Ames, 29 de setembro de 2011. Hoxe tivo lugar a clausura do curso para mulleres vítimas da violencia de xénero que se impartiu en Ames e que organizou a Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración co Concello e co Sindicato Unificado de Policía. Á clausura asistiu a concelleira de Igualdade, Muller, e Xuventude, María González, que fixo a entrega de diplomas e estivo acompañada de traballadoras municipais do departamento da Muller. Un grupo de 13 mulleres residentes no municipio de Ames, vítimas de violencia de xénero, asistiron a este curso para a aprendizaxe de técnicas de autoprotección coma falar con voz segura e potente, pero sen gritar, practicar movementos de esquivas ou usar correctamente a distancia ante o agresor. O curso, que tivo unha duración de 12 horas divididas en sesións teóricas e prácticas, impartiuse durante os días 19, 20, 22, 26, 27 e 29 de setembro en horario de 18.00h a 20.00 horas da tarde.

Segundo datos facilitados pola Secretaría Xeral de Igualdade, en Ames hai un total de 47 mulleres que teñen algunha medida de protección, entre ordes de protección e medidas cautelares. Este foi un dos factores polos que se elixiu este Concello para acoller o curso de autoprotección para mulleres vítimas da violencia de xénero.

As mulleres que participaron no curso valoraron de xeito "moi positivo" as clases e o profesor agradeceu a implicación do Concello de Ames e das traballadoras do departamento de Muller.

Policías especialistas en violencia de xénero impartiron as clases

Os axentes de policía que impartiron estas sesións son especialistas en violencia de xénero, e desempeñan o seu traballo en unidades policiais vinculadas a esta problemática e en tarefas de custodia das mulleres con ordes de protección. En Ames o encargado de impartir este curso foi Alejandro Gómez.

Ames formou parte da serie de 11 cursos programados este ano en Galicia, dos que xa se celebraron os correspondentes ás localidades de Arteixo, Ribeira, Vilalba, O Barco, Verín, Cangas, Moaña e Ponteareas, coa participación dun total de 130 mulleres. Faltan por celebrar os cursos de Monforte e Vigo, previstos para outubro. A iniciativa, programada pola Secretaría Xeral de Igualdade por segundo ano consecutivo, está a ofrecer resultados moi positivos, tanto cuantitativamente polo cada vez maior número de mulleres interesadas en participar – o ano pasado en sete cursos asistiron 80 mulleres- como cualitativamente, xa que as participantes se involucran activamente e valoran a súa nova capacidade para afrontar situacións de violencia trala participación nestas sesións.

COMARCAS – OS ALCALDES PIDEN MELLORAS ELÉCTRICAS

ALCALDES DAS COMARCAS DE SANTIAGO, ORDES E NOIA PIDEN O FIN DAS TARIFAS ESTIMATIVAS E UN MELLOR SERVIZO ELÉCTRICO PARA OS SEUS VECIÑOS

Os alcaldes reunidos hoxe en Brión solicítanlle a Fenosa un interlocutor válido para a provincia da Coruña

Os primeiros edís confirman que seguirán realizando estas reunións para compartir experiencias e tratar de coordinar políticas contra a crise en beneficio dos veciños e por riba de ideoloxías políticas

29 de setembro de 2011.- A casa consistorial de Brión albergou esta mañá una reunión de traballo á que estaban convocados todos os alcaldes das comarcas de Santiago, Ordes e Noia. Unha iniciativa posta en marcha por estes rexedores nestes tempos de crise económica para dialogar sobre a situación actual dos distintos municipios e analizar a posibilidade de coordinar políticas en beneficio dos veciños, por riba de ideoloxías políticas. Proba disto é que esta mañá en Brión estaban presentes un total de 15 alcaldes: 11 do PP, 2 do PSdG, 1 do BNG e 1 independente.

Na reunión desta mañá estaban presentes os alcaldes de Brión, Xosé Luís García; Oroso, Manuel Mirás; Ordes, Manuel Regos; Teo, Martiño Noriega; Val do Dubra, Juan Manuel Baleato; Boqueixón, Adolfo Gacio; A Baña, José Andrés García Cardeso; O Pino, Manuel Taboada; Touro, Ignacio Codesido; Santa Comba, Antonio Landeira; Lousame, José Santiago Freire; Rois, Ramón Tojo e Vedra, Odón Cobas, así como unha representante de Ribeira e outra de Porto do Son.COMARCAS - ALCALDE ORDES BRION NOIA SANTIAGO

O encontro serviu para analizar distintos aspectos da administración local, compartir experiencias e buscar solucións aplicables ao conxunto. Así mesmo, aprobouse por unanimidade un manifesto de apoio e solidariedade coa situación que están a sufrir numerosos veciños, que nos últimos meses están a recibir facturas da luz practicamente inintelixibles e que recollen uns incrementos desmesurados dos prezos. Uns aumentos que en ocasións mesmo rexistran incrementos superiores ao 30% con respecto ás facturas anteriores, sen que iso poida ser xustificado nin cun aumento do consumo do propio veciño nin co incremento rexistrado nas tarifas eléctricas, a pesares do aumento do 1,5% e do 9,8% rexistrados en xullo e xaneiro deste mesmo ano.

Na defensa dos intereses dos seus conveciños, e tamén diante dos continuos apagóns e cortes no subministro de enerxía eléctrica que se seguen a rexistrar en moitos términos municipais, os alcaldes reunidos hoxe en Brión acordaron:

1- Solicitar a prohibición da factura da enerxía eléctrica por estimación por parte das compañías comercializadoras e esixir destas empresas o cumprimento da lexislación de consumo vixente.

2- Manifestar o seu apoio ás medidas nesta liña anunciadas a pasada semana por distintas comunidades autónomas, entre elas Galicia, e que se presentarán diante do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio.

3- Solicitar a eliminación da factura por estimación, ao considerar que se trata dun modelo pouco transparente e que está repercutindo de forma moi negativa no peto dos galegos.

4- Solicitar a implantación dun novo modelo de factura: clara, ben estruturada e entendible para todos os veciños. Unha factura que inclúa de xeito sinxelo toda a información sobre o consumo eléctrico de cada usuario.

5- Solicitar a revisión das últimas facturas enviadas aos consumidores e a resolución de todos os erros detectados, coa devolución inmediata dos cartos cobrados de máis ou, no seu defecto, co inmediato desconto desas cantidades no seguinte recibo. Esta petición non eximirá ás compañías comercializadoras de enerxía eléctrica da imposición das sancións correspondentes ás que puidera dar lugar a súa actuación.

6- Finalmente, esixir ante as compañías comercializadoras de enerxía eléctrica na zona (na súa gran maioría Gas Natural-Fenosa), ante a Consellería de Economía e Industria e ante o Ministerio de Industria, Turismo y Comercio un correcto subministro de enerxía eléctrica a todos os vecinos, solicitando a subsanación das deficiencias que presenta o servizo nalgúns municipios.

Unha vez rematado o encontro, todos os asistentes acordaron volver a reunirse proximamente para seguir debatindo asuntos da administración municipal, en beneficio dos seus conveciños e por riba de calquera ideoloxía ou cor política.

FRADES – 800 PERSOAS CELEBRARON O SAN MIGUEL

MÁIS DE 800 VECIÑOS DE FRADES ENCHERON A CARBALLEIRA DE SAN NICOLAU PARA CELEBRAR A FESTA DE SAN MIGUEL

A festa contou coa presenza do director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro; e os alcaldes de Frades, Curtis e Touro

29 de setembro de 2011.- Máis de oitocentos veciños e veciñas de Frades ateigaron hoxe o entorno da carballeira de San Nicolau para participaren un ano máis na tradicional Festa de San Miguel. Unha festa que contou coa presenza do director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro; que acompañou ao alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, xunto aos alcaldes de Curtise e de Touro, así como numerosos concelleiros da comarca e de municipios cercanos.

O tempo acompañou, polo que centos de familias se achegaron ata esta carballeira para participaren nun xantar campestre nas distintas mesas instaladas no entorno da capela e nas carpas traídas polos veciños. As familias comezaron a chegar ata a carballeira de San Nicolau a partires das 11:30 da mañá para montaren as súas tendas e a maior concentración de asistentes tivo lugar a iso das 13:30 horas, momento da celebración da misa solemne e da tradicional procesión dos santos arredor da capela de San Nicolau.

Posteriormente, as orquestras “Fania” e “Aché” encargáronse da sesión vermú previa ao xantar. Un xantar que tivo lugar nas carpas instaladas polas distintas familias, empresas e organizacións políticas do municipio. A maior desas carpas, que reuníu a máis de 200 comensais, contou coa presenza do alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, e de varios integrantes do grupo de Goberno local. Así mesmo, tamén asistiron a ese xantar, organizado por Novas Xeracións e servido polo restaurante Magdalena, o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro; e os alcaldes de Curtis e Touro.

Pola noite, a partir das 21:00 horas, haberá unha verbena popular a cargo das orquestras “Fania” e “Aché”. A anécdota da xornada protagonizouna a orquestra “Fania”, ao averiarse a furgoneta que traslada a orquestra nada máis chegar á carballeira de San Nicolau, polo que foi precisa a intervención dunha grúa.

AMES – OBRADOIRO DE ORIENTACION LABORAL

Un total de 26 mozos e mozas do IES de Ames participaron nun obradoiro de orientación laboral e emprego

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organizou un obradoiro de orientación laboral e emprego que se enmarca dentro do programa de Xornadas e Obradoiros de Xuventude nos Concellos, dirixido a todos os municipios de Galicia, e que está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Os obxectivos deste programa son facilitar información e formación sobre os recursos da Xunta de Galicia, en materia de xuventude. Nos próximos meses está previsto que se organice un segundo obradoiro. Neste caso será o programa de xuventude en acción: intercambio e iniciativas xuvenís.

O IES de Ames acolleu un obradoiro de orientación laboral e emprego que estivo dirixido ao alumnado de segundo curso de bacharelato. Un total de 26 alumnos e alumnas asistiron a esta acción formativa na que un dinamizador da Dirección Xeral de Xuventude impartiu unha charla para orientalos sobre as posibles saídas que reclama o mercado laboral. O alumnado de segundo de bacharelato está nunha etapa moi importante da súa vida xa que debe decidir que camiño tomar ao rematar este curso. Por iso, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza este tipo de iniciativas que teñen unha grande importancia para os rapaces e rapazas amienses. A dirección do centro de ensino mostrouse moi satisfeita pola organización deste obradoiro que se encadra dentro do programa de Xornadas e Obradoiros de Xuventude nos Concellos, dirixido a todos os municipios de Galicia, e que está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.AMES - OBRADOIRO DE ORIENTACION LABORAL

A través desta iniciativa preténdese facilitar o acceso ao mercado laboral da mocidade galega a través da mellora das súas capacidades profesionais e proporcionar os medios necesarios para poder facer compatible o desenvolvemento profesional coas esixencias da vida persoal e familiar, poñendo a disposición da xente moza os recursos e servizos necesarios para a súa consecución.

Neste obradoiro os mozos/as tiveron unha introdución sobre as técnicas de busca de emprego. Aprenderon o que é a autoavaliación do candidato e a análise DAFO; coñeceron máis polo miúdo o mercado laboral xuvenil, os medios para atopar emprego e o programa EMPRENDE da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Dentro de apartado de ferramentas para a busca de emprego aprenderon a facer un currículum vitae e unha carta de presentación. Po último, déronselles indicacións de como afrontar unha entrevista de traballo.

Xornadas e Obradoiros de Xuventude

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado puxo en marcha o programa de Xornadas e Obradoiros de Xuventude nos Concellos, dirixidos a todos os municipios de Galicia. Os obxectivos deste programa son os de facilitar información e formación sobre os recursos da Xunta de Galicia, en materia de xuventude. Deste xeito, a través dunha xornada os asistentes puideron coñecer os recursos dispoñibles para a mocidade, en especial en materia de mobilidade, emprego e programas dirixidos a este sector da poboación.

Dentro deste programa, ao Concello de Ames concedéronselle dous obradoiros. O de orientación laboral e o programa de xuventude en acción: intercambio e iniciativas xuvenís, que terá lugar nos vindeiros meses. Neste curso ofreceráselle ao alumnado amiense diferentes técnicas e instrumentos para fomentar a política de cooperación entre a mocidade. O programa ten como obxectivo principal contribuír ao proceso educativo, dun xeito non formal, de todos os mozos/as, principalmente mediante actividades de intercambio.

SANTIAGO – AXENDA 30 DE SEPTEMBRO

Venres 30

11.30 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o secretario xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, xunto co concelleiro de Deportes, Adrián Varela. (Haberá declaracións ao remate do encontro).

11.35 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h

A concelleira de Mercados, Reyes Leis, visita a Feira Medieval. Punto de encontro: praza de Praterías.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e o director de Galicreques, Jorge Rey, para presentar o XVI Festival Internacional de Títeres Galicreques, que se celebra en Santiago do 1 ao 9 de setembro.

19.00 h

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visita a rúa do Home Santo. Punto de econtro: cruceiro de San Pedro.

20.00 h

No Auditorio de Galicia, representación da ópera 'O Barbeiro de Sevilla' de G. Rossini. Coa Real Filharmonía de Galicia e o Coro Capela Compostelana. Antoni Ros Marbá, director; Curro Carreres, director de escena; Sergio Loro, escenografía; Baltasar Patiño, iluminación; Gabriela Salaverri, vestiario; e Antonio Perea, coreografía. Reparto: Damiano Salerno, Fígaro; Alessandra Volpe, Rosina; Juan Antonio Sanabria, Conde Almaviva; Paolo Bordogna, Bartolo; Simón Orfila, Don Basilio; Leticia Rodríguez, Berta; e Axier Sánchez, Fiorello.

21.00 h

No Hotel Compostela (praza de Galicia), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese cos membros da peregrinación da Asociación Prodiscapacitados do Corpo Nacional de Policía, xunto cos concelleiros de Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, e de Benestar Social, Paula Prado.

SILLEDA – FESTA CON LEMBRANZA DO CHE GUEVARA

Silleda acollerá a vindeira fin de semana un encontro galego-latinoamericano, con lembranza á figura do Che Guevara

O programa de actividades será presentado o vindeiro luns día 3

Silleda, 29 de setembro de 2011. Os vindeiros días 7 e 8 de outubro celebrarase en Silleda en encontro galego-latinoamericano no que haberá tamén unha lembranza á figura do Ernesto Che Guevara, coincidindo co aniversario da súa morte no combate do Yuro, en Bolivia.

A idea de realizar este evento, que terá como escenarios a Casa da Cultura de Silleda e a carballeira das Pedrosas, xurdiu como unha iniciativa por parte de cubanos, uruguaios, arxentinos e outros cidadáns latinoamericanos afincados no municipio.

O programa de actos para os dous días será presentado o vindeiro luns día 3, ás 11.30 horas na Casa da Cultura de Silleda. Música en vivo, traballos cinematrográficos sobre a figura do Che, baile, xogos, deporte e tamén gastronomía, con ingredientes coma os mojitos e petiscos.

Ademais, o sábado día 8 celebrarase un asado popular nas Pedrosas nos que os interesados en participar deben realizar as reservas (ata o xoves día 6) na Escola de Música, ou a través do teléfono 986 592004, ou no enderezo electrónico lembrandoaoche@live.com.

MESIA – SUBVENCIÓNS PARA TRANSPORTE DE ESTUDANTES

As subvencións do Concello de Mesía para transporte de estudantes poden solicitarse ata o 20 de outubro
29-09-2011.- O Concello de Mesía acaba de convocar as axudas ao transporte de estudantes para o curso 2011-2012. As solicitudes poden presentarse ata o xoves 20 de outubro. As subvencións, cun orzamento dispoñible de 5.400 euros, está dirixida a estudantes que residan no municipio de Mesía e cursen estudos de ensinanza secundaria ou formación profesional cun título homologado fóra dos límites do concello. Están excluídos os estudos superiores, como titulacións universitarias, doutorados…
Requisitos
Os beneficiarios deberán estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Tamén terán que figurar empadroados no municipio cunha antigüidade mínima dun ano. Os estudos que cursen han de requerir o desprazamento fóra do concello. E por último, os seus ingresos brutos per cápita da unidade familiar non deberán superar o equivalente a dúas veces o salario mínimo interprofesional.
Solicitude e documentación
A solicitude, que se presentará no Rexistro Xeral do Concello preferiblemente no impreso modelo que se pode obter nas oficinas do Concello ou na web municipal, deberá ir acompañada pola seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI, ou do libro de familia no caso de que o estudante aínda non posúa DNI. No caso das familias numerosas de primeiro ou segundo grao deberán achegar fotocopia do libro de familia numerosa.
- Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Certificado de empadroamento no concello.
- Fotocopia da declaración da renda da unidade familiar do exercicio 2010 ou, de ser o caso, certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria en relación á non obriga de presentar a declaración de cada un dos integrantes da unidade familiar.
- Fotocopia da matrícula oficial dos estudos ou certificado do centro que acredite que o solicitante cursa nel os estudos.
- Certificado de minusvalía expedido pola Xunta no caso de que algunha das persoas da unidade familiar padeza algún tipo de discapacidade.
- Declaracións xuradas da distancia entre o domicilio do solicitante e o centro de estudos e dos membros da unidade familiar que conviven no mesmo domicilio.
- Datos bancarios do beneficiario ou do representante legal para recibir a subvención.
Valoración das solicitudes
Todas as solicitudes recibidas en tempo e forma serán examinadas por unha comisión de valoración presidida polo alcalde de Mesía e integrada ademais por tres concelleiros da corporación que o alcalde designe como vogais. O secretario municipal exercerá como secretario da comisión.
Comprobarán previamente que se reúnen todos os requisitos. De non ser así, e no caso de que os defectos sexan subsanables, terán un prazo máximo e improrrogable de dez días para corrixilos. Se non son subsanables, a solicitude será inadmitida.
Puntuación
Para determinaar quen resultan beneficiarios da convocatoria, todas as solicitudes presentadas e admitidas serán puntuadas con este sistema:
- 1 punto por cada integrante da unidade familiar.
- Puntuación por ingresos económicos. Toma como base o SMI 2011 (641,40 euros) multiplicado por dous. A partir de aí, concede 8 puntos aos casos nos que os ingresos brutos per cápita anual estean por debaixo dos 3.000 euros, 6 puntos aos que se sitúen entre 3.001 e 6.000, 4 puntos aos que estean no rango de 6.001 a 9.000 euros, e 2 puntos aos que aparezan no tramo entre os 9.001 e 14.400 euros de renta per cápita anual.
- 4 puntos por cada integrante da unidade familiar afectado por discapacidade ou minusvalía.
- Por distancia: 2 puntos se é inferior aos 20 quilómetros, 4 puntos se está entre 21 e 40, 6 puntos entre os 41 e os 60 quilómetros, e 8 puntos se excede os 60 quilómetros.
Resolución e pagamento
A alcaldía, tomando como base vinculante a resolución da comisión de valoración, será a que resolva a concesión ou denegación da axuda. A resolución será ditada antes do 1 de decembro e nela figurarán os beneficiarios e a contía que cada un percibirá. Tamén se lles notificará individualmente aos beneficiarios.
O pagamento efectuarase antes da fin do exercicio económico de 2011 na conta bancaria indicada na solicitude.

PP TORDOIA – CONSTITUCION DE NOVAS XERACIONS

ESTE VENRES, 30 DE SETEMBRO CONSTITÚENSE AS NOVAS XERACIÓNS DE TORDOIA

Pablo del Río será o presidente da agrupación mentres que Érica Calviño ocupará o cargo de secretaria xeral

Tordoia, 29 de setembro 2011.- O grupo municipal do Partido Popular de Tordoia está de noraboa xa que, a partir de mañá, venres 30 de setembro, este municipio contará coas Novas Xeracións (NNXX) de Tordoia, que se constituirán oficialmente este venres nun acto no que estarán presentes Javier Dora, presidente de Novas Xeración sde Galicia e secretario xeral de Novas Xeracións en España; Ramón Santos, presidente de NNXX na Coruña e o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, ademais doutros presidentes de agrupacións locais da comarca. PP TORDOIA - PABLO DEL RIO NOYA - NOVAS XERACIONS 2011

Pablo del Río Noya será o presidente desta agrupación que reúne xa a máis de trinta mozos e mozas do municipio. Esta boa acollida anima a del Río nesta nova responsabilidade, que estará presidida polo desexo de “achegar a política á rúa, xerar ilusión, incentivar a participación cidadá e difundir as políticas do Partido Popular, especialmente no que atinxe á xuventude, porque os máis novos somos un dos piares fundamentais para saír da profunda crise na que nos atopamos”, explicou o novo presidente das NNXX de Tordoia, que agarda poder incrementar o número dos seus simpatizantes e afiliados achegando ganas de traballar por un futuro económico e laboral máis esperanzador. Ademais da presidencia, ocupada por Pablo del Río, tamén quedou establecida a secretaría xeral, que estará en mans de Érica Calviño Cancela.

OROSO – PROGRAMA BO PROVEITO

O PROGRAMA “BO PROVEITO” COMEZARÁ A FUNCIONAR A MEDIDADOS DE OUTUBRO NO CENTRO DEPORTIVO JUANITO AMIGO DE SIGÜEIRO

As taxas estarán entre os 90/95€ ao mes, 25€ á semana e 6€ no caso de empregar este novo servizo de xeito diario

29 de setembro de 2011.- O novo servizo de comedor escolar, o programa “Bo proveito”, xa ten data de comezo. Sería a mediados do mes de outubro cando se poría en marcha este novo servizo co que o Concello de Oroso quere paliar as carencias existentes no CEIP de Oroso no acceso ao comedor escolar. Segundo anunciou a concelleira de Xuventude, Vanessa Reboredo, “a nosa idea é poder celebrar unha primeira xornada de toma de contacto, posiblemente o 14 de outubro, e logo comezar xa co servizo regular a partir do seguinte luns”, explicou durante a xuntanza celebrada onte no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.

Reboredo Fraga tamén explicou que o servizo desenvolverase no Centro Deportivo Juanito Amigo, xa que ofrece espazo suficiente para atender aos pequenos e está ao carón do CEIP, o que facilita o movemento dos usuarios deste servizo complementario ao comedor escolar. A concelleira de Xuventude asegurou que ata o de agora o servizo conta xa con 38 preinscritos, 25 deles acolleríanse ao servizo con carácter mensual, 3 ao semanal e 10 ao diario. Aínda que os costes finais aínda están por definir, xa que dependerán da empresa concesionaria do servizo, Vanessa Reboredo sí puido adiantar que estarán situados entre os 90-95€ para aqueles nenos que o empreguen mensualmente, 25€ para quen o faga semanalmente e 6€ para o servizo diario. OROSO - PROGRAMA BO PROVEITO

Aínda que inicialmente o Concello de Oroso falara dun mínimo de nenos para poder ofertar o servizo, a concelleira explicou aos pais que, á vista das cifras dos preinscritos e do interese despertado, confía en que o servizo se poida ofrece igualmente polo que anunciou que a comezos de outubro abrirase o prazo para facer a matrícula correspondente, un prazo que quedará aberto durante todo o ano “para poder ofrecertarlle o programa a todos aqueles pais e nais que o precisen, sen límite, ofrecendo así unha solución complementaria ao comedor escolar, que está totalmente saturado”.

Durante a xuntanza, Reboredo Fraga solventou todas as dúbidas que os proxenitores achegaron á reunión, como o xeito de facer a matrícula, a composición e coñecemento dos menús ou o horario do servizo, que quedou fixado entre as 14.30h e as 16.30 horas. En canto ao número final de coidadores, a concelleira destacou que quedará definido en función das matrículas que se fagan efectivas posto que “temos que ter en conta as idades dos nenos para poder establecer o ratio de coidadoras/nenos”.

TEO – MAXIA ESTE VENRES

Hora

Viernes, 30 de septiembre · 18:30 - 19:30

Lugar

Centro Sociocultural da Ramallosa, (Teo)

Creado por

Bibliotecas Municipais do Concello de Teo

Más información

O Departamento de Cultura presenta, dentro da programación do mes de setembro, o espectáculo "A maxia de Cayetano Lledó" cunha función para todos os públicos. A actuación será no salón de actos do CSC da Ramallosa o venres 30 a partir das 18:30 horas.

MELIDE - O Concello de Melide abrirá ao público a tarde dos mércores.

  • A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, mailo concelleiro de persoal, Jose Luís Arias, mantiveron no día de hoxe unha reunión cos empregados municipais co fin de fixar novos horarios para a atención ao público.
  • Paralelamente, tamén se mantiveron reunións cos sindicatos con representación no Concello de Melide para facelos participes no cambio efectuado nos horarios de traballo do persoal municipal.

Melide, 28 de setembro de 2010.- A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez acompañada polo edil Jose Luís Arias, encargado do departamento de persoal mantiveron hoxe unha reunión co persoal do Concello de Melide co fin de presentar unha reorganización e reestructuración de horarios. Os cambios propostos son a apertura da casa consistorial dende ás 8.30 h da mañá ata ás 15.00 h da tarde, sendo o horario de atención ao público de 9.00 da mañá a 14.30 h, quedando o tempo restante para a xestión administrativo do día a día. Ademais contemplase dentro desta medida a apertura ao público dunha tarde a semana, a dos mércores, co fin de que os veciños e veciñas de Melide poidan levar a cabo xestións administrativas municipais en horarios máis compatibles coa maioría das profesións. Ao mesmo tempo púxose en coñecemento aos sindicatos con representación no Concello de Melide dos cambios propostos. Con este tipo de actuacións o que se pretende dende o goberno municipal de Melide é acadar un mellor funcionamento da administración municipal.

PSOE – ACTUACION DA XUNTA CONTRA O PATRIMONIO DE NOIA

O deputado socialista noiés Lage Tuñas considera "gravísima a actuación da Xunta contra o patrimonio e a historia de Noia"

O PSdeG-PSOE ESIXE Á XUNTA EXPLICACIÓNS SOBRE O DESMANTELAMENTO DO CASTRO DE TARAMANCOS EN NOIA

LAGE TUÑAS VE NA ACTUACIÓN DA XUNTA “UN ATAQUE FRONTAL AO PATRIMONIO CULTURAL GALEGO E Á HISTORIA DE NOIA, PROVOCANDO UN DANO IRREPARABLE”

- "As explicacións públicas dadas polo goberno galego xustifican a agresión ao patrimonio cultural deste País e significan un ataque brutal á historia de Noia e a patrimonio do noso pobo”.

-José Manuel Lage indica que “a realidade demostra que se pode estar diante dunha perda irreversible para Noia e para toda Galicia. O goberno galego manifesta indiferencia diante da demanda de protección do noso patrimonio cultural e arquolóxico.”

- "É gravísimo o que está facendo a Xunta ao renunciar á protección e conservación do asentamento castrexo de Taramancos-Noia”

- O deputado noiés José Manuel Lage ten presentado xa iniciativas parlamentarias na cámara galega para pedirlle explicacións ao goberno e coñecer “os informes da Dirección Xeral de Patrimonio que avalan o brutal ataque ao patrimonio e á historia do noso pobo, do pobo de Noia”.

Noia, 28 SETEMBRO de 11. O deputado socialista José Manuel Lage Tuñas tense interesado a través de diferentes iniciativas parlamentarias sobre “as actuacións do gobeno galego en relación coa protección e conservación do asentamento castrexo de Taramancos-Noia, descuberto o pasado mes de maio durante as obras de construción da variante de Noia”.

José Manuel Lage, deputado noiés do PSdeG-PSOE considera “inaceptable a forma de proceder da Xunta de Galicia en relación co patrimonio cultural de Noia” e pedirá “as correspondentes explicacións sobre o desmantelamento do castro de Taramancos-Noia”.

Lage Tuñas ve na actuación da Xunta “un ataque frontal ao patrimonio cultural galego e á historia de Noia, provocando un dano irreparable” e recorda que “esta acción evita un rendemento turístico cultural no futuro e perxudica seriamente os intereses culturais e económicos do concello de Noia”.

O parlamentario socialista consdiera que “as explicacións públicas dadas polo goberno galego xustifican a agresión ao patrimonio cultural deste País e significan un ataque brutal á historia de Noia e a patrimonio do noso pobo”.

"É gravísimo o que está facendo a Xunta ao renunciar á protección e conservación do asentamento castrexo de Taramancos-Noia” indica Lage Tuñas.

E engade que “a realidade demostra que se pode estar diante dunha perda irreversible para Noia e para toda Galicia. O goberno galego manifesta indiferencia diante da demanda de protección do noso patrimonio cultural e arquolóxico.”

O deputado noiés José Manuel Lage ten presentado xa iniciativas parlamentarias na cámara galega para pedirlle explicacións ao goberno e coñecer “os informes da Dirección Xeral de Patrimonio que avalan o brutal ataque ao patrimonio e á historia do noso pobo, do pobo de Noia”.

SANTIAGO – CLAUSURA DO XII CICLO LIED

Sandrine Piau e Roger Vignoles, protagonistas da clausura do XII Ciclo de Lied

  • É o último dos concertos desta edición que trouxo a Compostela, ademais de a Piau e Vignoles, a Mark Padmore, Anne Grevelius, Philip Smith e Thomas Bauer

  • Interpretarán pezas de Fauré, Liszt, Chausson, Debussy, Zemlinsky, Strauss e Poulenc

Santiago de Compostela, 28/09/2011.- A duodécima edición do Ciclo de Lied de Santiago chega mañá ao seu fin cun concerto no que poderemos gozar da soprano Sandrine Piau acompañada ao piano por Roger Vignoles. O concerto será ás 21.00h. no Teatro Principal e nel interpretarán pezas de Fauré, Liszt, Chausson, Debussy, Zemlinsky, Strauss e Poulenc. Con este cuarto concerto chegamos ao fin do ciclo, organizado pola Asociación Galega de Lírica Teresa Berganza e a concellaría de Cultura e que trouxo a Compostela, ademais de a Vignoles e Piau, ao tenor Mark Padmore, a mezzosoprano Anne Grevelius e aos barítonos Philip Smith e Thomas Bauer.

Este ano o Ciclo de Lied contou cun magnífico plantel de cantantes especialistas no xénero do lied e de recoñecido prestixio internacional, encabezado por dúas grandes figuras como Mark Padmore e Sandrine Piau que, respectivamente, inauguran e clausuran o ciclo. Se ben o tenor inglés Mark Padmore é xa un vello coñecido do público compostelán, preséntanse por primeira vez no Teatro Principal a outra estrela do ciclo, a soprano francesa Sandrine Piau, e o barítono alemán Thomas Bauer. No segundo dos concertos contouse coa presenza de dúas das novas promesas da lírica e do lied, a mezzosoprano sueca Anna Grevelius e o barítono inglés Philip Smith.

Protagonista do concerto de clausura é nada menos que Sandrine Piau: a soprano francesa cantará un

variado programa con cancións de tres senlleiros paisanos seus (Fauré, Chausson e Claude Debussy, de quen interpretará un dos seus mellores traballos, as Ariettes Oubliées) nunha coidada selección que inclúe ademais ao húngaro Franz Liszt, o vienés Zemlinsky e o muniqués Richard Strauss.

O Ciclo de Lied de Santiago caracterízase dende o seu nacemento pola orixinalidade á hora de presentar cada ano unha visión diferente deste escasamente difundido xénero musical. E protagonista de excepción dende a súa creación é o espléndido pianista inglés Roger Vignoles. Dez anos como codirector do ciclo cumpre nesta edición do 2011 este xeneroso e sensible artista benquerido do público compostelán: Roger Vignoles é a alma artística do ciclo e, ademais, o pianista nos catro concertos que cada ano configuran a programación.

Humano, espiritual… La bonne chanson é o título desta duodécima edición no que se puideron escoltar cancións de moitos dos autores máis transcendentais da historia do lied, especialmente seleccionadas por Roger Vignoles para celebrar este decenio de colaboración co Ciclo de Lied de Santiago. Grandes mestres como Robert Schumann, Franz Schubert e Hugo Wolf protagonizan unha escolma na que Roger Vignoles quere compartir co público compostelán moitas das súas obras favoritas e que inclúe algúns dos ciclos e cancións máis coñecidos e emblemáticos dos seus autores e do xénero.

BNG AMES – POSICIONAMENTO SOBRE O OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL

A nefasta xestión do goberno Popular de Ames conduce ao fracaso dunha actividade cultural de longa tradición

Pilar Candocia: "O problema non é a falta de recursos, o problema é a incapacidade para dialogar e xestionar; o goberno Popular está liquidando proxectos moi asentados en Ames por culpa da súa incompetencia

Ames (28.09.2011). O Goberno Popular está poñendo en evidencia a súa incapacidade para xestionar a política cultural así como a súa falta de proxecto para Ames. O Obradoiro de música e baile tradicional, de grande arraigo en Ames, está sendo un fracaso de convocatoria por culpa do escurantismo e chapuza de xestión do Concelleiro responsable.

Os feitos:

ñ O Concello de Ames dispoñía dun Obradoiro de baile e música tradicional desde o ano 2002 ao que asistían arredor de 150 persoas cada ano a clases de gaita, pandeireta e baile tradicional tanto no Milladoiro como en Bertamiráns.

ñ O goberno Popular decidiu prescindir dos formadores responsables do Obradoiro e acordou cunha reputada Asociación de música tradicional de Ames (Os Castros) a impartición do mesmo. O acordo desta Asociación co Concello non é público, nin se coñece cal vai ser a fórmula (convenio, contrato, etc.)

ñ O Concello abre a matricula das actividades e publicítase o Obradoiro sen indicar as súas condicións. Dáselle aos usuarios información contraditoria e a maioría deles vense obrigados a matricularse sen coñecer a data, o lugar ou o responsable da formación, nin sequera a entidade.

ñ Infórmase aos usuarios que o Obradoiro vai ser impartido pola asociación Os Castros nas mesmas condicións que xa o viña facendo durante moitos anos sen o aval municipal: clases os venres, sábados e domingos en Biduido, Bugallido e Trasmonte, se ben en información recente inclúen Milladoiro e Bertamiráns.

ñ A matrícula pasa de 134 persoas no curso 2010-2011 á 26 persoas no no curso 2011-2012.

ñ Reábrese a matricula do 27 ao 30 de setembro.

Os resultados:

Todo o proceso resulta un cúmulo de confusións e unha auténtica tomadura de pelo para os usuarios: información contraditoria, obrigatoriedade de matricularse nunha actividade sen coñecer o lugar, o horario e os responsables da formación. Isto aínda é máis grave polo feito de mudar unha traxectoria de moitos anos no que o Obradoiro tiña lugar en Bertamiráns e no Milladoiro nos días de semana.

Provócase unha discriminación das asociacións culturais que se ven agraviadas diante do proceder do Concello; as entidades non tiveron a posibilidade de concorrer en igualdade de condicións a unha oferta que o municipio desenvolve a través dunha asociación.

Prodúcese unha caída inquietante da matrícula que pasa a menos da quinta parte do que era habitual. Na práctica supón a eliminación do Obradoiro municipal e a incorporación das poucas persoas matriculadas á actividade dunha asociación que xa existía con anterioridade e que continúa de xeito similar. Como resultado máis de cen persoas que practicaban a música e o baile tradicional en Ames van deixar de facelo por culpa da confusión producida polas chapuzas do goberno Popular, unha perda neta para a nosa vida cultural e social.

O BNG de Ames fai un chamamento á responsabilidade e que o goberno actúe con sentido institucional asumindo unha nova convocatoria do Obradoiro baixo uns criterios públicos e transparentes. O BNG insta ao Concello a:

ñ Establecer un diálogo con todas as entidades de música tradicional para poder contar co rico acervo de Ames e aproveitar os recursos existentes.

ñ Incluír o Obradoiro nunha política global de fomento da cultura tradicional e de fortalecemento das asociacións culturais, contando coas mesmas para o seu desenvolvemento.

ñ Calquera actividade que se realice en colaboración coas entidades debe dispoñer dunha convocatoria pública que garanta a igualdade de trato para todas as entidades.

ñ Abrir unha nova convocatoria baixo os criterios de transparencia e seguridade para as persoas usuarias, con publicidade das condicións nas que vai ter lugar o Obradoiro.

BNG ORDES – O GOBERNO MUNICIPAL ESTA PARALIZADO

O BNG ACUSA DE PARALISE AO GOBERNO MUNICIPAL, QUE NON LEVARÁ NINGUNHA INICIATIVA AO PLENO DE SETEMBRO

Gonzalo Castro anuncia que o BNG levará ao Pleno propostas para resolver problemas importantes para os veciños

Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, acusou ao goberno municipal presidido polo alcalde Manuel Regos “de estar anclado nunha absoluta parálise, como o demostra o feito de que para o Pleno que se celebrará este xoves, ás 20:00, non leven ningunha iniciativa de interese para os veciños e veciñas de Ordes”.

O portavoz do BNG salientou que “o alcalde está a actuar de xeito irresponsábel, facendo que os veciños e veciñas sufran as consecuencias do seu talante antidemocrático e da súa incapacidade para dialogar e chegar a acordos en beneficio do pobo de Ordes”.

Iniciativas do BNG

Castro contrastou a “actitude de paralise dun goberno sen iniciativa, coa dun BNG que responsábelmente está a preocuparse de propoñer iniciativas para solucionar os problemas dos veciños e veciñas de Ordes”.

O portavoz do BNG anunciou que neste Pleno os nacionalistas proporán, entre outras as seguintes iniciativas:

- O mantemento das axudas ás asociacións e entidades de Ordes.

- A inclusión da urbanización da rúa do Ceidón e a mellora da pista da Maquía, situada esta última na parroquia de Pereira, no Plan de Obras de Servizos.

- A solución dos problemas de acceso desde a N-550 a diversos núcleos da parroquia de Leira.

- A solución dos problemas de acceso á Rolda Leste desde varias interseccións.

SANTIAGO – AXENDA 29 SEPTEMBRO

Xoves 29

9.00 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Mercados Reyes Leis, reúnense cos presidentes das asociacións de gandeiros AGEGA, Enrique Otero, e ASTRAGAL, Jorge Vázquez.

11.00 h

Na Praza Roxa, o concelleiro de Limpeza Viaria e Recollida de Lixo, Juan de la Fuente, participa, xunto co xerente de Zona Galicia de Ecovidrio, Germán Fernández, na presentación da campaña de concienciación para fomentar o reciclado de vidro, organizada por Ecovidrio e a Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Santiago.

11.30 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co director xeral de Air Berlin en España, Álvaro Middelmann.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Ángel Currás, sobre asuntos da súa área.

18.30 h.

Pleno ordinario

Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.

2. Dar conta da presentación do documento refundido do plan especial de ordenación, mellora medio ambiental e acondicionamento das Brañas de Sar (PE-3R).

3. Dar conta da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM en execución da sentenza anulatoria do polígono 42. Cruceiro da Coruña.

4. Rexeitamento da petición de revisión do acordo de ampliación de usos na parcela número 15 (EDOC) do SUNP-17. Paxonal.

5. Modificación puntual do PXOM na rúa da Estrada, esquina coa travesía da Estrada.

6. Resolución recurso reposición sobre representación en entidades mercantís municipais.

7. Solicitude de compatibilidade dun funcionario.

8. Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal 3.10, taxa pola apertura de establecementos, para o ano 2012.

9. Determinación de festas locais para o ano 2012.

10. Proposta de nomeamento de representante do concello na Sociedade Cursos Internacionais, SA da USC.

11. Proposta da Alcaldía de outorgamento do nome dunha vía a Don Manuel Fraga Iribarne.

12. Proposta de nomeamento de membros de recoñecido prestixio cultural como vogais no Consello Reitor do Auditorio de Galicia.

13. Designación de representantes municipais nos consellos escolares a proposta dos grupos políticos.

14. Dar conta da designación de representantes do grupo municipal do Partido Popular na comisión asesora do casco histórico.

15. Dar conta da designación de representantes do grupo municipal do BNG nos Consellos municipais.

16. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local polo que se delegan competencias na concelleira de Medio Ambiente.

17. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á redución da lista e tempo de espera de hospitalización no complexo hospitalario universitario durante o período estival.

18. Proposición do grupo municipal do BNG relativa ao Mercado de Gando de Amio.

19. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa a unha educación pública de calidade.

20. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos en contenciosos administrativos.

21. Dar conta de resolución da Alcaldía en materia de delegacións.

22. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.

23. Rogos e preguntas.

24. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.00 h

Na sede da Asociación de Hostelería, a Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego organiza a segunda charla do programa Compostela Corresponsable baixo o título “Lexislación vixente nacional e autonómica en materia de conciliación. Vantaxes e bonificacións. Boas prácticas empresariais”. Participan: Jaime Cabeza, catedrático de Dereito Laboral da Universidade de Vigo, e Óscar Pereira, director do Hotel Tryp Santiago.

19.30 h

Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

21.00 h

Ciclo de Lied

No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao concerto de clausura do XII Ciclo de Lied con Sandrine Piau, soprano, e Roger Vignoles, piano. [Fauré, Listz, Chausson, Debussy, Zemlinsky, Strauss, Poulenc]

SILLEDA – OBRAS NO CAMPO DE LARO E EN ARCOS

Obras de mellora e acondicionamento no campo de fútbol de Laro

Silleda, 28 de setembro. A maquinaria da Mancomunidade Terras do Deza e dous operarios municipais traballan estes días no campo de fútbol de Laro, onde se acometen obras de mellora e acondicionamento do terreo de xogo. Deste xeito, o departamento municipal de Deportes, que dirixe Klaus Brey, colabora xunto co clube de Laro e os veciños, que participan nesta actuación. O espacio de xogo foi anivelado coa dotación de máis terra e a actuación da maquinaria, mellorando as condicións deste espazo deportivo.

SILLEDA CAMPO LARO

O departamento de Medio Rural colabora cos veciños de Arcos, en Graba, nas obras dunha acometida de auga

Silleda, 28 de setembro. O Concello de Silleda está a colaborar estes días nas obras dunha acometida de auga que abastecerá á aldea de Arcos, na parroquia de Graba. Maquinaria municipal participou nos traballos promovidos polos veciños desta localidade, que aportaron o material necesario para esta actuación así como a man de obra.

SILLEDA OBRAS ARCOS

SANTIAGO – I FEIRA INTERNACIONAL DE EMPREGO

A I Feira Internacional de Emprego permitirá optar a procesos de selección de diversos postos de traballo


28/09/2011 A primeira edición da Feira Internacional de Emprego (FIE), organizada pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE), celebrarase os próximos días 3 e 4 de novembro no pavillón Multiusos Fontes do Sar.

A concelleira titular, Paula Prado, presentou en rolda de prensa a primeira edición desta Feira, que pretende converterse nun espazo de encontro e intercambio de información entre futuros empregados e as empresas e entidades participantes. Entre os obxectivos máis importantes da Feira está ofrecer ás persoas que buscan emprego a oportunidade de optar a procesos de selección para cubrir ofertas concretas de emprego. Segundo indicou Paula Prado, "esta iniciativa, xorde froito do compromiso do actual Goberno local co desenvolvemento socioeconómico e a dinamización do mercado de emprego na cidade".
A FIE, ademais de achegar a oferta e a demanda, abrirá espazos para outros servizos ás persoas que buscan emprego, brindándolles ferramentas e solucións para desenvolver novas habilidades e competencias demandadas polo mercado de traballo. Tamén facilitará información sobre as alternativas que abren os novos mercados de emprego. Destacou a concelleira a intención de prestar unha especial a aqueles colectivos "especialmente afectados pola crise", como os mozos ou os profesionais da construción.
Máis de 30 empresas participantes
A Feira Internacional de Emprego contará durante dúas xornadas, en horario ininterrompido, coa participación de mais de 30 empresas pertencentes a unha ampla variedade de sectores de actividade, coas que todos os visitantes poderán interactuar dun xeito personalizado. Todas elas, tanto españolas coma estranxeiras, contan con procesos de selección abertos ou prevén ofertas reais de emprego a curto e medio prazo. A falta de pechar os contactos, a concelleira calculou nunhas 100 as ofertas directas que se presentarán durante a Feira, ademais da posibilidade de que os participantes deixen os seus currículos e contacten coas diferentes empresas con vista a futuros proceso selectivos.
Sobre estas empresas, Paula Prado apuntou que á intención é "buscar empresas competitivas en procesos de expansión que poidan ver Santiago como unha oportunidade de mercado". Neste sentido, falou dos contactos que se están a producir tanto dende Emprego como da propia Alcaldía con estas empresas, mesmo coa presentación da oferta de solo industrial da cidade cara a súa implantación na cidade.
Durante a Feira, as empresas realizarán entrevistas e actividades de selección de candidatos para cubrir estes postos de traballo. O Departamento de Emprego da Concellería preseleccionará a través do servizo de Intermediación Laboral os candidatos inscritos que se axusten ao perfil. Recordou a edil que a bolsa de emprego do Concello conta na actualidade con máis de 4.000 persoas inscritas.
Amplo programa de conferencias e obradoiros
Ademais das entrevistas concertadas, a Feira acollerá a celebración das xornadas "Os novos nercados de traballo e as estratexias innovadoras para a busca de emprego". Baixo este titulo impartirase un amplo programa de conferencias e obradoiros no que se abordarán aspectos como as novas tecnoloxías e as redes sociais na busca de emprego, a reforma do mercado laboral, o autocoñecemento e o desenvolvemento persoal ou experiencias laborais no estranxeiro.
Web propia
Na páxina web da Feira (www.feiradoempregosantiago.org) os candidatos poderán inscribirse de forma gratuíta e optar aos procesos de selección das distintas ofertas de emprego. Segundo sinalou Paula Prado, "o prazo de inscrición ábrese o próximo 4 de outubro e estará activo ata o 21 de outubro". A Feira tamén terá presenza en Facebook e Twitter.
A Feira conta cun orzamento de 70.000 euros. "Aforramos custos ao máximo", indicou a edil, poñendo como exemplo a celebración do evento no Multiusos Fontes do Sar –a conta dos días de uso gratuítos que lle corresponden anualmente ao Concello no recinto- ou a utilización de expositores propios. Ademais dos contactos realizados dende a Concellería e a Alcaldía, unha consultora estase a encargar da captación de empresas e ofertas.
Na Feira do Emprego de 2010, que aínda non tiña a dimensión internacional que se lle pretende dar a partir de agora, participaron 3.300 persoas e formalizáronse ata 300 contratos de traballo

AMES – BALANCE 100 DIAS DE GOBERNO

O goberno amiense aforrou máis de 350.000 euros durante os tres primeiros meses de mandato

As arcas municipais de Ames rexistraron unha media de 1.000 euros de aforro ao día dende os 100 primeiros días de goberno dos populares e sen suprimir ningún tipo de servizo

Entre os adiantos máis destacables están o novo mercadiño do Milladoiro que previsiblemente estará en funcionamento a mediados de novembro ou os avances para a creación dun Centro de Información á Muller (CIM)

Ames, 28 de setembro de 2011. O equipo dos populares de Ames fixo hoxe unha valoración dos primeiros tres meses de goberno para dar conta do traballo realizado durante estes 100 días. Malia que a situación de partida non foi favorable posto que non houbo traspaso de poderes co cambio de goberno e os populares atopáronse cunha total desinformación, o equipo rexido por Santiago Amor fixo numerosos esforzos por frear o “desmesurado” gasto no que o anterior goberno socialista tiña involucrado ao Concello. Santiago Amor lembrou a situación de quebra técnica que sofre o Concello e lamentou que “o día a día deste Concello é que teñamos que recibir a empresas que nos veñen a preguntar por facturas que están sen pagar que agora non aparecen por ningún lado”. Amor lembrou tamén a axfixia que supuxo para Ames a ameaza da retención de 400.000 euros por parte do Goberno Central por non ter liquidada a conta no mes de marzo do ano pasado, unha responsabilidade que era de Carlos Fernández e que herdou o novo goberno. Ademais o rexedor amiense explicou que ao Concello lle queda unha débeda de 9 millóns de euros en cantidades pendentes de pago a provedores e entidades bancarias, así coma o 1.300.000 euros que hai que devolverlle ao Estado polos adiantos mal planificados que lle deu ao Concello no ano 2009. AMES - 100 DIAS GOBERNO

O control do gasto durante estes primeiros meses de mandato fixo que o Concello poida aforrar máis de 1000 euros ao día. “As bases están postas e de aquí en diante empezaremos a ver os froitos do goberno municipal e os beneficios do control no gasto” engadiu o alcalde amiense.

Santiago Amor calificou de “demagóxicas” as valoracións sobre os primeiros meses do novo goberno da voceira nacionalista, Pilar Candocia, que asegurou que o actual goberno non tiña proxecto, e de “pobres” as afirmacións do voceiro socialista, Carlos Fernández, de quen dixo tamén “non entender como foi quen de afirmar na radio municipal que se vai tomar un ano sabático” pois “isto semella unha falla de respecto de cara aos amienses”. O rexedor suxeriu que Carlos Fernández debería “deixar paso a quen quere traballar”. Con todo, Santiago Amor manifestou que dende o goberno a disposición para dialogar cos grupos da oposición é sempre boa, explicou que os membros do goberno se sentaron coa oposición en varias ocasións e que a disposición de dialogar e atender aos veciños e veciñas é tamén absoluta, en horario de mañán e de tarde.

Os adiantos máis importantes

Dous dos avances máis importantes levados a cabo polo grupo de goberno durante estes meses son o establecemento das bases para a creación dun CIM en Ames e que a localidade do Milladoiro terá mercado de rúa tódolos luns na Praza Manuel Murguía a partir de mediados do mes de outubro. Os arranxos en numerosos parques municipais, no paseo fluvial de Bertamiráns, a limpeza e o desborce en zonas do rural foron outras das actuacións mencionadas.

Importantes modificacións en materia de urbanismo

Ademais do alcalde amiense, na rolda de prensa, á que asistiron a maioría dos concelleiros, tamén interviu Ramón G. Argibay, concelleiro de Urbanismo, que explicou os avances máis salientables no seu ámbito de actuación. Segundo Ramón Argibay levouse a cabo unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal para cambiar a clasificación de máis de 20.000 metros cadrados no Milladoiro; trátase dunha superficie onde se situará o novo colexio de educación infantil e primaria. O PXOM tamén sufriu un cambio puntual para a ordenación e obtención de 8.000 metros cadrados de equipamentos no Milladoiro, sen reducir as zonas verdes e de lecer.

Outro dos avances máis importantes en materia urbanística son os pasos cara adiante que se deron para dotar dunha nova escola infantil a Bertamiráns. No pleno que se celebrará mañá ás 20.00 horas debatirase o cambio de uso da parcela situada no polígono Rego dos Pasos Sur IV de cara a darlle inicio ao expediente de desafectación que permitirá levantar a infraestrutura no entorno do paseo fluvial.

TORDOIA – ESCOLAS DEPORTIVAS

O CONCELLO DE TORDOIA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Ofertaranse actividades para todas as idades, que se desenvolverán nas distintas parroquias do municipio ata o vindeiro mes de maio

28 de setembro 2011.- O Concello de Tordoia vén de convocar as escolas deportivas municipais para a tempada 2011-2012, que están abertas a todas as idades e terán lugar dende o vindeiro luns 3 de outubro ata o 31 de maio de 2012. Unha oferta que inclúe patinaxe, pilates, judo, música, aeróbic e step, xogos predeportivos e ximnasia de mantemento.

As actividades máis demandadas polos veciños e veciñas de Tordoia son a ximnasia de mantemento e o aeróbic-step. Por iso, as clases de ximnasia de mantemento teñen lugar en varios puntos do municipio, concretamente nas parroquias de Castenda, Pontraga e Anxeriz. No caso do aeróbic e do step, esta modalidade pode practicarse no polideportivo de Cabaleiros e en Anxeriz.

As actividades para os máis pequenos terán lugar nas instalacións do colexio Pecalama (Cabaleiros) nas tardes dos venres e inclúen música, xogos predeportivos e judo. Ademais, a partir de xaneiro comezará a impartirse tamén un curso de pilates, que se celebrará todos os xoves, de 21:00 a 22:00 horas, no polideportivo de Cabaleiros.

Aínda que as clases comezarán a impartirse o vindeiro luns 3 de outubro, o prazo de inscrición permanecerá aberto durante todo o mes de outubro. O prezo anual será de 35 euros (para menores de 17 anos e maiores de 65 anos) e de 60 euros (para veciños entre 18 e 65 anos). O Concello de Tordoia establecerá tamén bonificacións para familias numerosas e persoas con minusvalía.

Para anotarse, só é preciso cubrir unha folla de inscrición e entregala na Casa do Concello, na Casa da Cultura ou directamente ao monitor da actividade na que o veciño queira participar. O Concello de Tordoia ofrece tamén a posibilidade de aboar as taxas en dúas cuotas, a satisfacer nos cinco primeiros días hábiles de novembro e nos cinco primeiros días hábiles de febreiro. No caso de optar por un único pago, deberá formalizarse en novembro.