BNG AMES


Un Colexio de Infantil e Primaria na parcela do Parque de Bombeiros, propón o BNG.

O BNG de Ames propón que se construa un Colexio de Infantil e Primaria na parcela municipal cedida para o Parque Comarcal de Bombeiros, que polas últimas informacións xa non se instalará en Ames.
A situación escolar no Milladoiro é crítica, e urxen solucións a curto e medio prazo. A saturación dos colexios de Ventin e do colexio de infantil  foi denunciada reiteradamente, e as solucións non acaban de chegar por parte da Xunta de Galiza.
No CEP de Ventin segue agárdandose a prometida ampliación para acoller o forte incremento de alumnos de cada a ano. Neste momento non espazos libres  para desdobres, apoios escolares, reunións de pais e nais…Funciona neste momentos con máis unidades (19) das que legalmente lle corresponden a este centro. A situación de saturación actual, vaise ver agravada maís no próximo curso cando do Colexio de Infantil do Milladoiro saian catro unidades e no colexio de referencia, é dicir Ventin, só haxa espazo para dous grupos.
No Colexio de Infantil de O Milladoiro a  situación xa está tamén desbordada, pois ademais da cantidade de alumnos por aula, xa este ano quedaron rapaces sen praza.A isto hai que engadir as decenas de familias que tiveron que enviar os seus fillos a centros de concellos limítrofes.
Dada esta situación crítica, urxen medidas xa a curto prazo, pero consideramos que tamén é urxente a construción dun novo centro escolar no Milladoiro, xa que neste momento as prazas escolares para nenos  de 4-12 anos no Milladoiro é arredor de 700 cando existe unha poboación escolar que supera os 1400. Ë dicir a oferta educativa na rede pública en Infantil e Primaria no Milladoiro é totalmente deficitaria, e só abrangue ao 50 % da poboación escolar.
Por todo isto, o Concello de Ames ten que reclamar a devolución da parcela e do parque de Bombeirosa e ofertarlla xa á Consellaria de Educacióno para un novo Centro de Escolar de Infantile e Primaria No Milladoiro.

AYUNTAMIENTO DE AMES

O Concello de Ames tramita as infraccións en materia de tráfico

[11/02/2010] O Concello de Ames xa realiza a tramitación interna administrativa de todas as infraccións relativas ao tráfico impostas pola Policía local. Dáse cumprimento así a primeira das esixencias que ten a empresa concesionaria da xestión deste servizo. Os veciños e veciñas continúan dispoñendo do contacto directo e personalizado para, entre outros servizos, tramitar as súas sancións por infraccións. Un contacto prestado a través da oficina de recadación situada en Bertamiráns, e que dende o ano pasado existe tamén no Milladoiro. A empresa Gestión Tributaria Territorial SA (GTT) é a encargada de xestionar este servizo.
A Administración local xa pode tramitar os procedementos sancionadores en materia de tráfico grazas ao convenio subscrito coa Dirección Xeral de Tráfico. Este acordo permítelle á empresa concesionaria do servizo de recadación, Gestión Tributaria Territorial SA, xestionar os expedientes sancionadores. Así dáse cumprimento a unha das esixencias impostas no prego de condicións técnicas que serviron de base á licitación do servizo de recadación.

A través do convenio asinado, a Dirección Xeral de Tráfico facilita unha conexión telemática directa, coa que a empresa adxudicataria do servizo pode tramitar as infraccións relativas ao tráfico dos veciños do concello impostas pola Policía local.

O obxectivo da sinatura deste convenio de colaboración, aprobado no pasado mes de novembro, é procurar a mellora dos procedementos utilizados na actualidade, mediante o uso de datos telemáticos que permiten dispoñer da información en tempo real para conseguir os fins de cada institución. Iso fará da tramitación das infraccións de tráfico un proceso máis sinxelo e accesible para os veciños.

Para realizar estes pagamentos e outras xestións relacionadas con esta cuestión, os veciños e veciñas deberán acudir á oficina existente en Bertamiráns, e/ou no Milladoiro, para maior accesibilidade dos mesmos, ou tamén se poderán efectuar a través da vía telemática.

Custe do servizo
A xestión destas infraccións suporalle ao Concello un custe dun 15% por cobros en recadación voluntaria e un 35% polos cobros en recadación executiva.

Pola prestación do servizo de colaboración na xestión tributaria e a recadación voluntaria das débedas periódicas e non periódicas o Concello de Ames aboa á empresa adxudicataria un 4.35% do principal polos cobros recibidos en período voluntario, e un 15% do recadado en período executivo.

Ademais, a forte inspección que se está levando a cabo cústalle ao Concello de Ames un 25 % da débeda ingresada por esta vía.

A Policía local denunciou a tres persoas por uns presuntos delitos contra a seguridade viaria

[11/02/2010] A pesar de que hai pouco máis dun mes que comezou o 2010 a Policía local de Ames xa tivo que emitir un total de 334 informes sobre diferentes actuacións que realizou no pasado mes de xaneiro. Atender os problemas provocados polas nevaradas que caeron en Ames durante os primeiros días do ano ou acudir a algún incendio que houbo no noso termo municipal foron algúns dos traballos que tiveron que facer. Ademais durante os primeiros días de febreiro denunciaron a tres homes por uns presuntos delitos contra a seguridade viaria.
As actuacións que realiza o corpo de seguridade amiense son moi variadas e van dende regular o tráfico, controlar os horarios de peche dos diferentes establecementos comerciais co fin de evitar roubos ou a intervención en accidentes de tráfico e incendios que se producen no termo municipal amiense. Aínda que levamos pouco máis dun mes deste ano a Policía local xa emitiu un total de 334 informe sobre accións realizadas neste primeiro mes do ano.

As intervencións máis destacadas levadas a cabo durante o mes de xaneiro foron as relativas á regulación do tráfico en Bertamiráns e no Milladoiro durante a cabalgata de Reis organizada polo Concello. Tamén tiveron que traballar en coordinación coas diferentes brigadas municipais para intentar solucionar todo os problemas que xurdiron na rede viaria de Ames como consecuencia das intensas nevaradas que caeron durante os primeiros días do ano.

Un dos principais labores que tivo que desenvolver a Policía local durante o pasado mes foi a identificación dunha persoa que atropelou cunha moto a unha rapaza que estaba cruzando o paso de peóns que se atopa diante do CEIP Bispo Guerra Campos. Os axentes amienses traballaron en colaboración coa Garda Civil para atopar ao suposto culpable desa infracción que no momento do accidente deuse á fuga. Outros dos incidentes no que tiveron que intervir foi o incendio dunha furgoneta que ardeu na rúa Rueiro e que danou a outros dous vehículos que ese atopaban estacionados ao seu carón.

Seguridade viaria
Por outra banda a Policía local continúa traballando en prol da seguridade da cidadanía amiense e durante os últimos días denunciou a tres persoas por uns supostos delitos contra a seguridade viaria. O caso máis recente tivo lugar o pasado 8 de febreiro na avenida da Maía. Os axentes da Policía local encontrábanse de patrulla cando observaron que un condutor se encontraba invadindo o carril contrario de circulación polo que precederon a darlle sinais de luces para que se incorporase ao seu carril. Ao non reaccionar déuselle o alto e a continuación realizóuselle a proba de alcol en aire expirado, dando un resultado de 1.17 mg/l sendo o máximo permitido 0.25.

O segundo caso tivo lugar un día antes, o 7 de febreiro ás 05:30horas, cando a Policía local estaba de patrulla pola N-550. Os axentes estaban no interior do seu vehículo parados diante dun semáforo en vermello e observaron que un vehículo que circulaba en sentido contrario non se detiña diante da sinal de stop que indicaba o semáforo. Debido a iso os axentes proceden a identificar ao condutor e realizouse a proba de alcol en aire expirado dando positivo, cunha taxa de 0.88 mg/l. A continuación o presunto infractor foi trasladado ás dependencias da Policía local situadas en Bertamiráns onde se lle volveu realizar a proba de alcol cun etilómetro de precisión. O resultado foi outra vez positivo polo que os axentes enviáronlle as pertinentes dilixencias ao xulgado para realizar un xuízo rápido.

O terceiro caso produciuse o día 27 de xaneiro ás 02:20 horas. Nesta ocasión os axentes estaban pola Avenida da Maía cando viron un turismo circular dirección Noia e pisando a liña continua que separa os dous carrís. Posteriormente realizou un xiro á dereita para incorporarse a Travesía da Peregrina, facendo esta incorporación polo carril contrario. Nese momento os axentes déronlle o alto e pedíronlle que se identificase. Tras comprobar que presentaba síntomas evidentes de estar baixo os efectos do alcohol realizouse o proba de alcol en aire expirado dando un resultado de 0.52 mg/l. Ao igual que no caso anterior pedíuselle ao presunto infractor que acudira ata as dependencias policiais situadas na rúa Alcalde Lorenzo onde se lle imputaron as correspondentes dilixencias.

PP BRION

SEGÚN EL ALCALDE DE BRIÓN LOS PUESTOS DE LAS FIESTAS DE SANTA MINIA  NO PAGAN, SÓLO DAN DONATIVOS VOLUNTARIOS Y GRATUITOS. EL PP LO TILDA DE BURLA HACIA LOS VECINOS Y CUESTIONA SU TRASPARENCIA.
La noticia la ha hecho pública el Partido Popular, ante el asombro de la vecindad. Según declaraciones en el pleno municipal por el alcalde socialista, José Luis García, los puestos de venta de las fiestas de Santa Minia, no se regularán en la ordenanza fiscal, porque según el regidor, estas personas no pagan dinero alguno al Ayuntamiento, sólo dan donativos, voluntarios y gratuitos para las fiestas.

Según ha denunciado el PP local, y así lo demuestra el informe del servicio de intervención, en la Ordenanza Fiscal nº7 reguladora de la tasa por ocupación del suelo, subsuelo y uso de la vía pública, estas aportaciones no están tarifadas expresamente. Tampoco el pleno municipal y órgano competente, ha fijado previamente el importe de este tipo de tasas, siendo un requisito esencial.

1.- Por ello en el mes de octubre, los populares presentaron una moción para su debate en el pleno, en la que pedían tres importantes puntos, tal y como establece la Ley. Por un lado, que dicha ordenanza se adaptase a los tiempos reales, dado que todavía estaba en pesetas y no en euros, y se adaptase a la Ley de Haciendas Locales del 2004; que las tasas por los puestos de venta de las fiestas citadas así como los criterios de cobro fuesen aprobados por el pleno municipal; y que tras su aprobación, se incluyesen dichas tasas en la ordenanza fiscal correspondiente.

Según el portavoz municipal del PP, Carlos Tomé: “hay que adaptarse a la Ley de inmediato, cumplir los procedimientos adecuados, establecer las tasas y los criterios de cobro, y sobre todo, dar transparencia a estas gestiones que llevan años haciéndose mal y dan mucho que hablar”.

Ya en la Cuenta General del 2007, enviada al Consello de Contas y Tribunal de Cuentas, se adjuntaba la disconformidad del servicio de intervención, por omitir en el expediente trámites o requisitos esenciales. Se informaba así, que los cobros de estas puestos de venta no estaban tarifados expresamente, y no habían sido fijados ni aprobados por el órgano competente.

Pero por parte del gobierno municipal, nada se hizo por corregir la situación ante algo tan evidente, y ante este reparo de intervención. Según Carlos Tomé,  “aínda sabendo que non se estaban a facer ben as cousas, e advertirllo a técnico competente, o Alcalde non fixo nada por arranxalo e tampouco quere facer nada por arranxalo”.

Y es que de nuevo en la Cuenta General del 2008, el servicio de intervención presentó un informe de reparo claro sobre el asunto. “se formula disconformidad con respecto al reconocimiento de los derechos enumerados en el presente informe, por omisión en el expediente de trámites o requisitos esenciales, como es que la ocupación del dominio público por los puestos de vente, no están tarifados expresamente”.

Pero aún así, tal y como indican los populares: “pese a existir a disconformidade do servicio de intervención e haber dous informes de reparo no Consello e Tribunal de Contas, o alcalde có apoio do seu equipo e do BNG, aprobou de novo a Conta Xeral”.

El Partido Popular pretendía con esta moción, que se adaptase la Ordenanza Fiscal, y que tras la aprobación por el pleno municipal de las tasas y criterios de cobro, se incluyesen en dicha ordenanza, para cumlir la Ley como en todos los Ayuntamientos y para dar transparencia al manejo de tantos millones de pesetas.

Así, los populares recuerdan que la ordenanza sigue aún en pesetas y sin adaptarse a la Ley de Haciendas Locales del 2004. También indican que los cobros son nulos por no estar regulados, ni fijadas las tasas. Tampoco se pueden dar facturas sobre el asunto, ya que no hay tasa alguna regulada.

Indican que es fundamental establecer los criterios de cobro en función de la actividad a realizar, número de metros cuadrados a ocupar, cercanías, etc. También es fundamental establecer quienes serán los encargados de esos cobros.

Los populares cuestionan además, que las dos únicas personas que forman la Comisión de Fiestas, son un capataz de obras y curiosamente el padre de la actual concejala de Cultura, Patricia Vázquez, y que se amparan en el nombre de una Comisión que no está legalmente constituida, o al menos, no consta en el Ayuntamiento, y ellos dos son las únicas personas que saben de las cuentas y facturas.. Los populares no ven adecuado, que dos personas que nada tienen que ver con el servicio de habilitación ni intervención, llevasen años cobrando estas cantidades de dinero, en el que no tienen competencias.”Despois se queixan de que a xente desconfíe”.

Hasta hace bien poco, según los populares, estas personas cobraban todo este dinero ellos solos: “chegaban ao Concello  dicindo que cobraron a tantos postos e que recibiron tantos cartos, e punto. Non é que desconfiemos deles, pero si os cartos son para o Concello, hai persoal municipal que se debe responsabilizar do asunto. Agora vai o habilitado con eles, pero hai quen dí, que o descontrol é o mesmo”.

Según el PP, debe regularse claramente todas las tasas, tener un detallado listado de los puestos, y establecer el personal municipal responsable de los cobros, nunca dejar estas funciones a persona ajena, como el padre de la concejala de cultura.

2.-  El Alcalde socialista, José Luis García  afirmaba (La Voz del 2-10-09) que “o sistema de cobro dos postos é o mesmo que se leva empregando toda a vida, ata hai uns trinta anos, cando o Concello se fixo cargo desta romaría”; “resultaría moi complicado facer unha ordenanza xa que cada posto non pode pagar o mesmo un ano ca outro”; (El Correo) “se lleva haciendo así treinta años y estos cobros financian la fiesta”.

3.-  Pero sus declaraciones non convencieron a nadie, y de hecho ahora se contradicen con su nueva versión. Según García, los puestos de venta de Santa Minia no pagan, sino que dan donativos voluntarios y gratuitos. Al igual que las ayudas que dan los hosteleros del lugar para las fiestas son voluntarias, el regidor dice que se todos los puestos de venta que ocupan la vía pública y terrenos donde se celebran las fiestas, también dan donativos voluntarios y gratuitos. Ninguno de ellos paga, ni se les cobra.

De igual modo, el regidor afirmó que ningún puesto de los situados en el campo de la Iglesia pagan, dice que son donativos voluntarios.

La contradicción con sus declaraciones anteriores son evidentes, dado que antes hablaba de cobros y pagos, y ahora dice que son donativos.

Estas declaraciones, que figuran en el acta plenaria, hicieron levantar la voz al portavoz del PP, Carlos Tomé, el cual preguntó al Sr. García, si creía que los vecinos eran tontos.

Los populares tildan el asunto de burla a los vecinos, y no entienden el descaro del alcalde ni los motivos para no querer regular el asunto. Cuestionan la transparencia de García, dado que si existen dos informes de reparo por parte del servicio de intervención sobre estas irregularidades desde el 2007, porqué entonces el Alcalde no hizo ni dijo nada al respecto.

“Tódolos veciños saben que iso é falso. Pero si o Alcalde insiste en que son donativos voluntarios, eu animo a toda a xuventude e asociacións e peñas do Concello, a que este ano de crise, quiten uns cartiños nas festas poñendo un chiringuito, total, tan só terán que dar un donativo.”

Finalmente, García propuso hacer una Comisión Informativa  para estudiar la solución. Por su parte, Carlos Tomé se manifestó de acuerdo con buscar una solución, pero nunca si se parte de la idea, de que esos ingresos son donativos voluntarios, sería todo unha hipocresía.


XXXXXXXXXXX                  XXXXXXXXXXXXX                  XXXXXXXXXXXXXXXX




El Partido Popular es claro: “non entendemos os motivos de porqué o Alcalde non quere regular ben estes cartos. Logo dí que nós podemos acabar cás festas, pero o único que pretendemos, é acabar cás irregularidades, cá falta de transparencia, e que se fagan ben as cousas dunha vez”.

El asunto es grave, hasta tal punto que el Partido Popular ha pedido por escrito a la Secretaría, que ponga a buen recaudo la grabación del pleno, incluso pudiendo hacer una copia de seguridad, por si fuera necesario acudir a la vía judicial.

En principio los populares, están asesorándose con especialistas en economía y a nivel fiscal, y no pretenden llegar a los tribunales, a no ser que el regidor no busque una solución al asunto.

Tal y como indica Tomé: “non quero perxudicar a terceiras persoas, nin un xuízo contra o Alcalde que terían que pagar os veciños cos seus impostos, pero dende logo hai que arranxar esta situación, porque levan trinta anos manexando estos cartos dunha maneira irregular, e dende logo moi cuestionable”.

Es por ello, por lo que el Partido Popular pedirá al regidor de nuevo, que reconsidere sus actuaciones. La solución ofertada, es que sea una auténtica Comisión de Fiestas o Asociación quien se ocupe de la organización completa de estas fiestas populares, pero lógicamente, legalmente constituída y formada por un número de personas suficiente para hacer de estas fiestas, la envidia de toda Galicia.

Tomé hace hincapié en que una Comisión de Fiestas, sí podría ocuparse de cobrar o recibir donativos para las fiestas, según quiera llamarle el regidor. Y posteriormente, según los ingresos y gastos totales, arreglaría cuentas con el Ayuntamiento previo acuerdo entre ambas partes.

Pero insisten, el problema hay que solucionarlo cuanto antes, y no pasarlo inadvertido o esperar hasta última hora.

“Hai moitas Asociacións e Comisións de Festas no noso Concello, que se poderían facer cargo. En Brión mesmo,  a “Asociación de Festas de San Fíns de Brión”, a integran moitos veciños da zona de Pedrouzos, con moita experiencia no tema, xa que fan as festas de San Fíns, a festa da Xuventude, a da Tortilla Paisana, agora outra festa máis no Antroido, con moita seriedade e dedicación e xa está legalmente constituída dende fai anos”.

AYUNTAMIENTOS DE ORDES Y OROSO

OS CONCELLOS DE OROSO E ORDES APOSTAN POR POTENCIAR O CAMIÑO INGLÉS NA COMARCA ORDENSE 

Instarán á Xunta a axilizar a construción do albergue de Oroso e a rehabilitación da reitoral de Poulo, así como a programar actos culturais durante este Xacobeo

11 de febreiro de 2010.- Os Concellos de Oroso e Ordes apostan decididamente por potenciar e dinamizar o Camiño Inglés ao seu paso pola comarca ordense. Así quedou de manifesto na reunión mantida polo Consorcio do Camiño Inglés, reunido onte no municipio coruñés de Cabanas. Os representantes de Oroso, Antonio Leira, e de Ordes, Xesús Pedreira, queren aproveitar a celebración do Ano Santo Xacobeo para atraer a máis pelegríns e promocionar os seus respectivos municipios de cara a anos vindeiros.

Así, Antonio Leira sinala que “imos instar á Xunta a que axilice no posible a construción do albergue de Sigüeiro e, mentres tanto, adecuaremos as instalacións do pavillón para a atención dos pelegríns”. O Concello de Oroso xa cedeu ao Xacobeo unha parcela de 800 metros cadrados para a construción desta instalación, para cuxa construción hai comprometido un investimento de 450.000 euros.

Pola súa banda, Xesús Pedreira sinala que “xa fixemos e entregamos un proxecto para utilizar a reitoral de Poulo como albergue e temos a esperanza de que vaia incluído nos próximos orzamentos da Xunta. Ata entón poremos a disposición do Xacobeo os colexios e incluso buscaremos poñer tendas de campaña na zona de Outeiro”. Así mesmo, sinala que “esperamos dispoñer tamén de información turística, sobre hoteis e restaurantes para poder ofrecerlla aos pelegríns que visiten Ordes”.

Reunión do Consorcio


Na reunión do Consorcio do Camiño Inglés, os representantes de Oroso e Ordes apoiaron a proposta de facer unha petición conxunta dos 17 municipios vencellados ao Camiño Inglés para acceder a unhas axudas da Xunta de Galicia para optimizar a atención aos pelegríns, a través da convocatoria de prazas de voluntarios no Camiño. Unhas axudas para as que a Xunta conta cunha partida de 400.000 euros. Así mesmo, os municipios do Consorcio solicitaron máis publicidade e instar á Delegación do Goberno e ao Xacobeo a que melloren a sinalización e a seguridade no Camiño.

A título individual, cada un dos 17 municipios polos que discorre o Camiño Inglés asinarán en breve coa Xunta un convenio para recibir unha axuda de 400 euros por cada quilómetro de Camiño que discorra polo seu municipio. Outro punto da sesión, a primeira co novo presidente do Consorcio (Germán Castrillón, alcalde de Cabanas), foi o de que cada municipio solicite de forma individual que a programación do Xacobeo tamén teña presenza nos concellos vencellados ao Camiño Inglés. “Dende o Concello de Oroso xa estamos traballando tamén para facer outras actividades vencelladas ao Camiño nos colexios e temos a intención de organizar algunha exposición ou conferencia sobre esta temática”, sinala Antonio Leira, quen destaca que “o Ano Santo é unha oportunidade que temos que aproveitar para dar a coñecer Oroso, promocionalo turísticamente e aproveitar o boca-orella que se produce nun Ano Santo para conseguir que estes pelegríns se interesen en volver polo municipio noutro momento”.


AYUNTAMIENTO DE AMES

O Concello solicita unha axuda para mellorar as infraestruturas e equipamentos deportivos
[10/02/2010] A Xunta de Goberno local aprobou a solicitude dunha subvención á Deputación da Coruña para mellorar as instalacións deportivas e culturais do municipio e para continuar ofrendo a toda a cidadanía amiense unha ampla programación de actividades durante todo o ano. Para iso a Administración local solicitou a contía de 204.954 euros. Ademais, a través desta subvención, preténdese contratar un animador cultural e un técnico deportivo para poder desenvolver estas actividades.

Os centros socioculturais de Ames acollen numerosos eventos e actividades culturais ao longo do ano como poden ser representacións teatrais, eventos do Concello, concertos ou exposicións. Co obxectivo de mellorar as condicións tanto dos espectadores como dos artistas, solicitouse unha axuda á Deputación Provincial da Coruña. Esta axuda está destinada á mellora das dotacións técnicas do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.

O proxecto de investimento pretende que o auditorio do Milladoiro poida ofertar todo tipo de espectáculos de teatro, música, danza, exposicións, de maior complexidade técnica e con requirimentos que na actualidade non posúe. Para dotar a esta instalación de maior versatilidade, preténdese instalar un novo equipamento técnico de son e vídeo, que inclúe unha pantalla de proxección eléctrica de vídeo, mando a distancia, gravadora de DVD, HDD, PC portátil, sistema de comunicación WIFI, presentador inalámbrico, mesa de mesturas, catro micrófonos de mesa e dous micrófonos de man. O orzamento deste proxecto é de 12.773,44 euros dos cales 10.218,00 euros, serán sufragados a través da axuda que se solicitou á Deputación da Coruña.

Por outra banda, unha das axudas que se pretenden acadar vai ser dirixida a mellora de varias infraestruturas municipais como é o caso da pista polideportiva de Barouta, situada dentro das instalacións do centro de ensino desta localidade, e das pistas polideportivas do Milladoiro. Para mellorar esas instalacións vaise intentar que a pista e Barouta poida ofrecer un mellor servizo fóra do horario escolar. Para iso hai que realizar unha instalación no interior da pista que permita acender a iluminación sen ter que entrar nas instalacións do centro de ensino fora do horario escolar. Así, haberá que facer unha modificación do cadro xeral e instalar un novo cadro con proteccións e acendidos, equipos de emerxencia e liña dende o edificio ata o novo cadro. Nas pistas do Milladoiro instalaranse novas canastras de baloncesto e porterías para xogar ao fútbol sala. O presuposto para está dotación ascende a 16.035,19 euros, dos cales se sufragarán 12.828,15 euros, a través da axuda solicitada.

Outro dos proxectos que se pretenden levar a cabo é o de dotar ao Pazo da Peregrina dunha instalación de son e dunhas furnas para a protección dos materiais e obras que se expoñen neste lugar dentro das numerosas mostras que se organizan. A instalación de son que se pretende colocar en todas as dependencias do pazo, está integrada por trece altoparlantes con soporte incluído, mesturador auto-amplificado, lector de CD e DVD, micrófono, ademais do correspondente cableado e canalización. As urnas ou vitrinas para exposición son para colocar sobre os pedestais existentes. Serán realizadas en metacrilato de metilo transparente de 4 mm. de espesor e terán dúas alturas (50 cm. e 80cm.). Este proxecto ten un orzamento de 10.048,14 euros dos cales 8.038,00 euros, serían sufragados por parte da Deputación da Coruña.

Ademais de intentar desenvolver todas esas propostas a Concellaría de Cultura e Deportes ofrece durante todo o ano un amplo abano de actividades dirixidas a todos os veciños e veciña de Ames. Para sufragar parte do gasto derivado deste servizo solicitouse unha subvención á Deputación da Coruña por un importe de 173.870 euros, dos cales 132.500 € destinaranse a financiar actividades culturais e 41.370 € a sufragar actividades deportivas. A Administración local ten un gasto anual neste servizo de 871.350 euros.

Dende a Concellaría de Cultura e Deportes crese que para levar a diante ditas actividades é preciso solicitar unha subvención para a contratación dun/dunha animador/a cultural e un/unha técnico/a deportivo/a, polo que tamén se solicitou dúas axudas para a contratación do devandito persoal.

AYUNTAMIENTO DE MELIDE

Melide presenta o seu Entroido con concursos de disfraces, charangas e gastronomía

• A alcaldesa, Socorro Cea, e a concelleira de Cultura, Conchi Castro, presentaron en rolda de prensa o programa de actos que se desenvolverá dende o domingo ata o día grande do martes.

 Na tarde do martes, trala queima do boneco, o Concello ofrecerá degustación de doces de entroido, música e un concurso de disfraces con premios.
 
A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, presentou esta mañá a programación do Entroido, xunto coa concelleira de Cultura, Conchi Castro, lembrando “a importante recuperación desta festa nos últimos dous anos no Concello de Melide, que fixo que os martes de Entroido se volva encher a Praza das Coles de xente de todas as idades”.

Este ano, segundo avanzou a concelleira Conchi Castro, o día grande volverá ser o martes de Entroido, xa que pola tarde, dende as 19 horas, ofreceranse a todos os asistentes os produtos propios da cociña de Melide nos días de Entroido coma filloas, caldo limpo, rosquillas e o broche de ouro da queimada que nos últimos anos está a concentrar a mozos e vellos na Praza das Coles. Neses momentos exhibiranse os disfraces que cadaquén teña escollido para unha noite tan especial, e cos que se poderá participar nun concurso que contará con distintos premios segundo as modalidades: comparsas, grupos, individuais, con premios de lotes de produtos de Entroido e vales para comidas en restaurantes da vila.

Entroido infantil
Pero antes de que o boneco arda o martes de Entroido, o Concello desenvolverá unha completa programación pensada para o público infantil, que nestas datas goza de vacacións escolares. Por iso, o domingo, dende as 17h, haberá unha festa infantil coa “Familia do Pindirico” no Cantón de San Roque, que rematará ás 18.30h cun pasarrúas de Entroido do grupo de gaitas os Melidaos e que, unha vez máis fará bailar aos cabezudos de Melide.

O luns 15 de febreiro os nenos e nenas teñen unha cita ás 12h no Cantón. Será para asistir aos talleres de complementos de entroido e maquillaxe que dirixirán as técnicas de animación cultural do Concello. Pola tarde, tamén no Cantón, dende as 17h, será o momento dos Contacontos, co grupo “Codia e Miolo”, que está a ter un grande éxito nas súas actuacións ante o público infantil.

E os cabezudos volverán saír no serán do luns, dende as 18h, acompañados polo pasarrúas da charanga “Os Celtas de Negreira”, que formarán parte do equipo de animación de rúa deste luns de Entroido en Melide.

Para o martes, día grande destas datas, a concelleira Conchi Castro destacou os talleres de piñatas e máscaras no Cantón de San Roque para os nenos, que darán comezo ás 12h. A festa infantil, con xogos, baile e desfiles de disfraces empezará tamén o martes ás 17h para rematar coa música e o pasarrúas do grupo “Axóuxere”, que acompañará ao boneco ata a súa queima na Praza das Coles.

A concelleira nacionalista destacou na presentación que “facemos esta programación para que participe toda a veciñanza como xa o fixo, de forma cada vez máis numerosa, nestes dous últimos anos, nos que a Praza das Coles conseguiu consagrarse como o escenario do Entroido”.


BNG AMES

Moción do BNG para que Ames apoie o manifesto “ Galiza ten dereito”
Ames. 10 de febreiro de 2010. O BNG de Ames ven de presentar unha moción para que o Pleno Muncipal se apoie o manifesto “ Galiza ten dereito”, asinado polos sindicatos CIG, CCOO, UGT, polas organizacións políticas BNG e PSOE e pola Confederación de Empresarios de Galiza (CEG), o dia 5 de febreiro, un amplo e plural abano da sociedade galega.
O proceso de reordenación bancaria que se está a producir no Estado Español ten consecuencias inmediatas tamén en Galiza, e conleva o risco de que os galegos e galegas perdamos as nosas caixas de aforros pola deslocalización dos seus centros de decisión, e que estas entidades de carácter social se transformen en entidades financeiras privadas.
O Parlamento de Galiza aprobou por ampla maioría unha reforma da Lei de Caixas que democratiza estas institucións, fai a súa xestión máis transparente, reforza as faculdades do autogoberno para defender o sistema financeiro propio e supervisar a actuación das caixas, e que garante que estas entidades sexan efectivamente alavancas de desenvolvimento da economía produtiva do País.
A resposta do Goberno central a este acto de afirmación do autogoberno galego non pode ser máis desalentadora: presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Galiza que conleva a paralización da súa aplicación nun momento decisivo, o que pode colocalas na situación idónea para que sexan absorbidas por entidades foráneas.
O BNG de Ames comparte as ideas centrais do documento: Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo do País, a que o Estado respecte o autogoberno galego, e a propiciar a fusión das súas caixas, porque está en xogo boa parte do noso futuro, a dignidade do noso autogoberno e perto de 80.000 millóns de euros en activos, isto é, a maior parte do aforro das galegas e dos galegos.
Os concellos galegos, como entidades representativas dos cidadáns e ademais directamente interesadas en contar con entidades financieras solventes e galegas, non poden quedar á marxe deste procesión histórico de defensa das caixas de aforro galegas.

AYUNTAMIENTO DE BRION

O CONCELLO DE BRIÓN CONTRATARÁ TRES TRABALLADORES PARA REALIZAR OBRAS
MUNICIPAIS NO EXERCICIO ECONÓMICO 2010

Os aspirantes poderán inscribirse nas oficinas municipais ata o 20 de febreiro

10 de febreiro de 2010.- O Concello de Brión contratará a tres traballadores para a execución de diferentes obras públicas municipais e o mantemento de instalacións e o viario municipal durante o ano 2010. En concreto, os postos ofertados son os dun peón de obras e limpeza viaria (oficial IV), un albanel (oficial III) e un condutor de camión (oficial III).

As contratacións terán carácter laboral temporal de duración determinada, a tempo completo, na modalidade de obra ou servizo determinado. Recibirán un soldo dacordo co establecido no convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Brión, e sempre dacordo coa súa categoría. O Concello de Brión prevé que poidan comezar a prestar os seus servizos o 3 de marzo de 2010.

Selección de aspirantes

Os aspirantes deberán ser maiores de 16 anos (e non superar a idade máxima de xubilación forzosa), estar en posesión do certificado de escolaridade (ou equivalente), non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración e posuir a capacidade funcional para o desenvolvemento das súas tarefas. Os interesados deberán presentar a súa solicitude nas Oficinas Municipais antes do sábado 20 de febreiro, ás 13:00 horas.

O tribunal examinador concederá especial importancia aos méritos alegados polos aspirantes, valorando con ata 3 puntos a experiencia laboral e con outros dous a formación do candidato. No caso do peón e do albanel tamén se valorará estar en posesión do carné de conducir de tipo B. Así mesmo, farase unha entrevista persoal a cada aspirante, que non suporá máis de catro puntos da nota final.

PSOE ARZUA

OS SOCIALISTAS AFIRMAN QUE O PLAN DE ESTABILIDADE ESTATAL NON RETRASARÁ A EXECUCIÓN DA AUTOVIA (A-54) E AS MELLORAS NA N-547.-

Este anuncio ven de sacarse a colación polos socialistas, unha vez que o Bng, sementando a inquietude, pediu a comparecencia do Ministro de Fomento sobre recorte do gasto nas obras de Fomento.-

Ante esta petición, os socialistas arzuáns indican que Fomento manten o plan de inversións previstas para Arzúa e comarca,”as mais cuantiosas de historia”- indica o representante socialista Xabier Pintor.-

“O Ministro, José Blanco, ten o compromiso firme co noso municipio que garantizamos os membros da Agrupación Local do psoe, de que os recortes establecidos polo pacto de estatibilidade da UE, non engadirá retrasos a estas grandes infraestructuras”- suliña Pintor-

Para blindar tales actuacións,o Ministro socialista declarou estas infraestructuras “estratégicas e urxentes”, o que garantiza o cumprimento dos planes de actuación previstos.-

O Departamento que dirixe Blanco, no plan de reaxuste para reduccion o déficit por debaixo do 3% do PIB, que esixe o pacto de estabilidade da unión europea indicado, xa tomou algunhas medidas de aforro, como foi a reducción por Decreto dos soldos dos controladores aéreos.-

A vista disto, dendo o lar socialista mandan unha mensaxe de tranquilidade a todos os veciños, no sentido de garantizar a execución do tramo da A-54 entre Arzúa e Labacolla. Igualmente a proxima aprobación da Declaración de Impacto Ambiental do Tramo Arzúa-Palas de Rei, que, como xa se fixo público contrararase en dous subtramos de 14km, aproximadamente. Por último, da redacción dos dous proxectos da N-547, nos tramos que enlaza a autovia co parque empresarial e o tramo da zona urbana.-

Respecto da travesia urbana da N-547, por importe de 2 millóns de euros, dende o psoe local, manteñense abertos a acadar o maior consenso posible cos grupos políticos, negocios e veciños afectados para que sexa unha actuación na que se poida compatibilizar o valor estético coa funcionalidade, por afectar a arteria mais importante do Concello

Ayuntamiento de Ames

O Concello saca a concurso o servizo de limpeza de varios centros de ensino do Milladoiro
[09/02/2010] A Xunta de Goberno local vén de aprobar o expediente de contratación do servizo de limpeza de interiores e mantemento de zonas exteriores do colexio e comedor de Ventín, escola de educación infantil Milladoiro e da escola infantil municipal A Madalena. O departamento de Contratación está licitando os servizos de limpeza que se levan a cabo nas dependencias municipais. Este é o segundo lote, e último, de centros de ensino, que saen a concurso e nos vindeiros meses rematarase o proceso, licitando o servizo de limpeza doutras instalacións municipais.

O departamento de contratación do Concello de Ames está traballando para sacar a concurso os servizos de limpeza de todas as instalacións e dependencias municipais. No primeiro grupo que saíu a concurso encadráronse as dependencias dos centros de ensino da zona norte do concello como son o CEIP Bispo Guerra Campos, CEIP Agro do Muíño, CEIP Barouta e EEI O Bosque. Este servizo xa foi adxudicado durante o ano pasado á empresa Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, S.L.

Agora, seguindo o esquema de traballo do departamento de Contratación, procedeuse a licitar o segundo lote de dependencias, que inclúe os centros educativos e instalacións educativas da zona sur do concello. Para elo a Xunta de Goberno local aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas para a contratación mediante procedemento aberto do servizo de limpeza de interiores e mantemento de zonas exteriores do colexio de Ventín, comedor de Ventín, escola de educación infantil do Milladoiro e escola infantil municipal a Madalena.

Posteriormente, nos vindeiros meses, sacárase a concurso o terceiro lote de dependencias, entre as que se atopan, a Casa da Cultura do Milladoiro e as instalacións da Policía local de Ames.

O anuncio de licitación deste concurso debe ser publicado no boletín oficial da Unión Europea, onde estará exposto durante un prazo de 52 días. Ademais será publicado no Boletín Oficial do Estado e no Perfil de contratante, para que durante o prazo de quince días dende a última publicación os interesados poidan presentar as proposicións que estimen pertinentes.

A efectos de garantir a estabilidade no emprego, o contratista estará obrigado a contratar para a prestación do servizo aos traballadores que actualmente o prestan, todo elo de acordo co convenio colectivo que sexa de aplicación. O prezo de licitación que se establece por ano é de 76.105,41 euros, máis IVE.

Características do servizo
O servizo de limpeza diario prestarase durante 10 meses ao ano, basicamente desde o 1 de setembro ata o 30 de xuño do ano seguinte no colexio e no comedor de Ventín e na EEI Milladoiro. Na escola infantil municipal A Madalena o servizo prestarase ao longo do ano completo, é dicir os doce meses. Durante o mes de agosto, a época de Nadal e a semana santa levarase a cabo unha limpeza xeral.

Así mesmo, nas datas de Nadal e semana santa, así como durante a época estival, no caso de que se realicen actividades lúdicas nalgún dos centros, procederase a realizar igualmente a limpeza das aulas ou dependencias no que se desenvolvan estas actividades, situación que se comunicaría con antelación á adxudicataria. Ademais levarase a cabo unha limpeza diaria das zonas verdes con recollida de papeis e refugallos.

A concelleira de Economía e Facenda, Patricia Conde, declarou que "o obxectivo é que durante este ano quede resolta a contratación dos servizos de limpeza das diferentes dependencias municipais"

BNG AMES

Este mércores día 10, de 20.15 a 22.00, terá lugar un acto público na Casa da Cultura de Bertamiráns que reflexiona sobre as bases do Decreto de plurilingüismo.

O acto, que leva por título “Ten creto o decreto?”, está promovido pola Asociación Cultural Follas Novas e nel intervirán:

> Francisco Fernández Rei. Membro da Real Academia Galega.
> Xavier Ferreira Fernández. Profesor da Facultade de Dereito da USC.
> Bieito Silva Valdivia. Profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
> José Manuel Vez Jeremías. Profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

PP ARZUA

MIGUEL LORENZO OFRECERÁ HOY MIÉRCOLES, 10 FEBRERO, UNA CONFERENCIA PARA INFORMAR SOBRE LA SITUACIÓN ACTUAL DEL NUEVO PLAN GENERAL DE ORDENACIÓN URBANA

• El acto será abierto a todos los coruñeses y se celebrará en la Asociación de Vecinos AA.VV O Cruceiro en el Castrillón


Mañana, miércoles, 10 de febrero, el concejal Grupo Municipal Popular, Miguel Lorenzo, ofrecerá una charla, para informar sobre las consecuencias del nuevo Plan General de Ordenación Urbana. El acto tendrá lugar en el en los la sede de la AA.VV O Cruceiro en el Castrillón, a las 20.30 horas. La conferencia estará abierta a todos los coruñeses que quieran acudir para informarse sobre el nuevo PGOM.



CONFERENCIA MIGUEL LORENZO PGOM

DÍA: Miércoles, 10 febrero

HORA: 20.30 hs

LUGAR: Sede AA.VV O Cruceiro (Avda de los Caídos, 194 – Castrillón

PP MELIDE


O PP de Melide denuncia irregularidades da alcaldesa coa depuradora, por certifica-la obra sen estar empezada

·        A representante popular cualifica de “moi grave” a actuación de Cea e esíxelle responsabilidades políticas ó respecto

·        Vázquez informa de a acta notarial levantada a pe de parcela certifica que a obra non está iniciada

Melide, 9 de febreiro de 2010.- A voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, denuncia “graves irregularidades” pola xestión da alcaldesa, Socorro Cea, na instalación da depuradora no polígono da Madanela, por certifica-la obra sen estar sequera empezada, tal e como se especifica na acta notarial que se levantou a pe de parcela.

Neste senso, Vázquez informa de que na reunión mantida con representantes do Goberno Autonómico e a propia alcaldesa, “desenmascarouse por fin á rexedora e descubríronse o seus reiterados enganos e mentiras”. Por todo isto, a voceira popular esíxelle a Cea unha copia do expediente, así coma tamén, responsabilidades políticas ó respecto, “xa que é moi grave que asegurara durante meses que a obra estaría lista en tempo e forma, cando todo era mentira”. Tal e como se desvelou na xuntanza, Cea certificou a fin da obra o 28 de decembro, cando, a día de hoxe, “nin tan sequera hai posta unha soa pedra”, informa a voceira popular. Para Vázquez, “esta é a gota que colma o vaso da incompetencia de Cea”. Os populares afirman sentirse enganados e defraudados, xa que lle tenderon a man a Cea co fin de arranxar un problema que estaba enquistado e atopáronse con tales irregularidades. Por todo iso, denuncian publicamente o acontecido, xa que non queren ser cómplices da continua mala praxe da rexedora.

A representante popular considera que “non hai xustificación que valga”, xa que é inadmisible unha irregularidade de tal calado. Do mesmo xeito, lamenta que Cea intente escudarse agora en que certificou a fin da obra polo “ben” dos veciños e para non perde-los máis de 430.000 euros estipulados no convenio para a instalación da depuradora, “porque o que tiña que facer a rexedora e o seu traballo e realizar tódalas xestións en tempo e forma para non perder os cartos, pero nunca incorrer nunha ilegalidade porque como cargo público unha das súa máximas ten que ser respectar sempre a legalidade”.

Por último, Vázquez sostén que o PP seguirá traballando para que Melide conte coa depuradora e para facer así un polígono “completo”, co fin de garantirlle o maior número de facilidades a todos aqueles empresarios que decidan afincarse no municipio.

PSOE SILLEDA

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA RECLAMA O CONCELLO A POSTA EN MARCHA DO CONVENIO ASINADO PARA A IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE RECICLAXE DE ACEITES USADOS DE USO DOMESTICOS

RECORDAN QUE SE ACORDOU POR ACORDO PLENARIO A SÚA POSTA EN MARCHA

9 de febrero de 2.010.- O grupo municipal socialista di “non entender por que o goberno ten paralizado a posta en marcha do servicio de  recollida de aceites usados” logo de que xa a finais de agosto do ano pasado se asinara un convenio cunha empresa adscrita á Asociación Española de Empresas de Recogida, Tratamiento de Aceites y Grasas (AERTA) que se ía  a ocupar da  implantación do sistema de recollida no Concello de Silleda.

Recordan ademáis que este convenio chegara despois de que, por acordo plenario se aprobara a adhesión do Concello de Silleda ao convenio de colaboración, proposto pola Deputación de Pontevedra e AERTA para a recollida e reciclaxe deste tipo de residuos “Os acordos plenarios están para ser cumplidos goberne quen goberne, e sobre todo cando é  algo tan positivo para o noso medioambiente”, din os socialistas

Esta iniciativa que, tal e como estaba deseñada, non tiña coste algún para os veciños,  suporía a instalación duns contenedores especiais para aceites usados domésticos para o seu posterior tratamento e transformación en biocombustible. Segundo AERTA, aproximadamente por cada litro de aceite tratado, obténse un litro de biodiesel. Estas graxas, ademais, ofrecen multitude de aplicacións no eido industrial como a fabricación de compostaxe, lubricantes, vernices ou produtos de cosmética.

Esta recollida é fundamental xa que con ela,  elimínanse os aceites usados domésticos das augas residuais urbanas, eliminando o prexuízo que lle causa á rede de sumidoiros e ás propias plantas de EDAR, “ademáis do beneficio medioambiental que conseguimos sobre os nosos acuiferos e a nosa contorna por iso e inentendible que se esquezan dunha iniciativa de este tipo”

Os socialistas recordan, que a empresa comprometerase a traer os contenedores unha semana despois da moción de censura e que o Concello tiña xa mercados os  embudos de material plástico, adaptable a calquera tipo de botella de plástico estándar (PET) de ata 8 litros para repartir de  xeito gratuito entre os cidadáns, para que encheran con comodidade as  botellas, “por iso non se entende por que a estas alturas non se está ofrecendo os cidadáns este servizo”

AYUNTAMIENTO DE BRION

O CONCELLO DE BRIÓN INSISTE EN QUE EDUCACIÓN ESTASE A SALTAR TODO O PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO PARA A REVERSIÓN DO IES ESPARÍS

O Concello lembra que nun Estado de Dereito todo procedemento administrativo ten uns prazos e posibilidade de presentar recursos

09 de febreiro de 2010. O Concello de Brión insiste en que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria non seguíu todos os trámites legais pertinentes no proceso de reversión das instalacións do antigo IES Esparís-Viceso. O Concello de Brión lembra que nun Estado de Dereito todo procedemento administrativo ten uns prazos que hai que cumprir e contempla a posibilidade de presentar un recurso, algo que non sucede neste caso.

Así, a Consellería de Educación pretende dar por finalizado o procedemento administrativo de reversión (cuxo inicio ela mesma anunciou o pasado 12 de novembro) cunha simple carta enviada polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez, ao Concello de Brión. O alcalde de Brión, Xosé Luís García, pregúntase “qué tipo de resolución é unha carta cunhas chaves enviada ao Concello, sen ningún tipo de pe de recursos, sen ningún tipo de audiencia previa e sen ningún prazo de presentación de alegacións”.

O Concello de Brión insiste en que un procedemento administrativo, como o de reversión, non pode resolverse cunha simple misiva nin aducindo que unha entrevista previa é unha audiencia, xa que o procedemento de reversión ten que recollerse por escrito, cunha audiencia, unha taxación xudicial e uns prazos de recurso que non se cumpriron no caso do IES Esparís-Viceso.

De todos modos, o Concello de Brión destaca que, cando menos, a Consellería de Educación volve admitir que foi a responsable da conservación e mantemento do IES Esparís ata o pasado 3 de febreiro, polo que recoñece que é a resposable do estado ruinoso que presenta actualmente o inmoble e incumpríu coas súas obrigas dacordo consta na disposición adicional décimo quinta, apartado segundo, da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

O Concello de Brión mantén que non se pode facer cargo dun edificio que non é da súa propiedade e insta á Xunta a cumprir coa lei de procedemento administrativo, dar audiencia ao Concello de Brión e buscar de xeito conxunto a mellor solución para o antigo instituto de Esparís.

PP BRION

EL PP DE BRIÓN PIDE AL ALCALDE QUE TRABAJE EN SERIO Y SE DEJE YA DE DISCULPAS BARATAS CON EL IES DE ESPARÍS.

En Enero del 2008, el gobierno bipartito trasladó el alumnado al nuevo Instituto de Brión, y cerraba el centro de Esparís porque entendían que no demandaba uso educativo. Durante año y medio las instalaciones fueron deteriorándose debido en gran parte a los contínuos actos vandálicos, y actualmente su estado es muy preocupante.

En agosto del 2009 el alcalde José L. García, publicaba en la prensa el estado de deterioro del Centro, y pedía soluciones urgentes. Poco después, el partido socialista que él representa en Brión, publicaba que llevaría el asunto al Parlamento, pidiéndole soluciones urgentes al nuevo gobierno del Sr. Feijóo.

Dicha actitud no agradó a la nueva Consellería de Educación ni al portavoz municipal, Carlos Tomé: “si la anterior Consellería cerró el IES de Esparís, era obligación del Alcalde pedir las llaves y hacerse cargo de él, para evitar su deterioro por ser el auténtico propietario de la finca y edificio. Pero no lo hizo, ni consiguió nada del anterior gobierno, y ahora pretende echar las culpas al inocente. ¿Porqué no acudió al Parlamento y a la prensa cuando gobernaba su propio partido?”.

A.-  Los populares dieron datos del asunto en repetidas ocasiones, tanto en la prensa como en el pleno municipal. Dichos datos, constatados oficialmente con la Xunta de Galicia, confirmaban que lo dicho por el Sr. García, no era cierto:

-   Así, el regidor decía ya había tenido reuniones con la anterior Conselleira y altos cargos de Educación, buscando un uso educativo de ámbito mayor al municipal.

-   Más tarde publicaba el Alcalde que ya había hecho gestiones y estaban avanzadas para que se hiciese un Centro de Día en el inmueble.

-  Pero según datos oficiales de la Xunta de Galicia, no consta ningún proyecto, acuerdo ni papel firmado alguno, sobre aquellas gestiones que el Sr. García dijo haber tenido en el 2007 con la Consellería de Educación.

Tampoco existe, según datos de la Consellería de Traballo,  ningún proyecto, acuerdo ni papel firmado en esta otra consellería, sobre gestión alguna del Ayuntamiento de Brión para hacer un Centro de Día. Tampoco existen datos en el Consorcio sobre el asunto. Y es que lógicamente, en caso de que algo hubiese, en primer lugar, la Consellería de Educación debería hacer un expediente de desafectación del edificio, para poder cederlo a otra.

El propio portavoz del PP en Brión, Carlos Tomé, preguntó en el pleno municipal sobre este asunto al regidor, el cual confirmó que todas sus gestiones han sido de palabra, sin papeles.

Según Tomé: “isto demostra que o Alcalde leva anos falando de reunións e xestións, totalmente inexistentes e que non figuran en ningures. Qué casualidade, agora dí que foi todo de palabra”.


B.-   El Partido Popular presentaba entonces una moción, proponiendo dos alternativas al Ayuntamiento: que se aprovechase el edificio para crear un Edificio Multiusos con fines Sociales, Culturales y Deportivos, para la participación de la vecindad y todo tipo de asociaciones, o en caso de no admitirse la anterior propuesta y dado que el Alcalde había afirmado que varias empresas privadas se habían interesado mucho por esa propiedad para hacer un Centro de Día, se pide al regidor que se ponga de inmediato en contacto con aquellas, para llevar a cabo el citado centro, independientemente, de que el lugar de Esparís sea el sitio más idóneo o no, para la ubicación de este centro.

La primera propuesta de los populares, tenía la intención de poner a disposición de toda la vecindad del Ayuntamiento y de todas las Asociaciones y colectivos, este edificio, ofreciendo así unas muy buenas instalaciones y condiciones para su labor diaria, y pudiendo aprovecharlo para cualquier actividad cultural, social y deportiva. Se cuidaría así a todas las asociaciones, potenciar el asociacionismo, y facilitar cualquier reunión vecinal.

Dicha moción, fue rechazada por el regidor, quien llegó a afirmar que aún estando en perfectas condiciones el edificio, no lo querría, lo que supuso las críticas de los populares al considerar estas palabras, una falta de preocupación y de ideas para el bienestar de los vecinos, por parte de un alcalde que lleva 30 años gobernando.

Pero un punto que tuvo gran enfrentamiento, fue el relativo al propietario auténtico del edificio y parcela.  Carlos Tomé echaba en cara a García, que según información oficial de la Xunta de Galicia, y según los datos del Registro de la Propiedad de Negreira, el auténtico propietario del inmueble es el Ayuntamiento de Brión, y que esta información nunca fue facilitada por el Alcalde. De igual modo, preguntaba porqué el Ayuntamiento siendo el propietario, no pidió el edificio cuando la anterior Consellería lo dejó totalmente cerrado, pudiendo evitarse así todos estos destrozos.

Pero el regidor negaba tal información, y alegaba que en un pleno de finales de los 80 se cedió el edificio a la Xunta de Galicia. Según Tomé, esto demuestra dos cosas: “ que o alcalde faise o tonto coma sin non soubera o que é unha cesión temporal e para un uso concreto, e que ocultou información ao pleno e a vecindade con tal de sairse cá súa”.

C.-   Finalmente, la Consellería de Educación teniendo claro los datos y papeles obrantes en el Registro, acaba de entregar las llaves del edificio a su auténtico propietario legal, osea, al Ayuntamiento de Brión.

D.-    Por ello los populares piden al alcalde que se deje ya de disculpas baratas, deje de hablar de proyectos y reuniones inexistentes y se ponga a trabajar de inmediato. Le piden así que acepte alguna de sus propuestas, o la que él mejor considere, pero que tome inmediatamente las medidas pertinentes para evitar que se sigan produciendo actos vandálicos en el edificio, así como para evitar más robos en el lugar. De igual modo, se pide que esta Administración Local haga un estudio/presupuesto de los destrozos allí realizados y del coste de su reparación.

“É moi doado que outra Administración leve as culpas de todo e poña os cartos para todo. Pero cando un Alcalde ten que cumprir cás súas obrigas e non sabe, parece que o mellor é dar disculpas e disculpas. Agora toca traballar, e xa vale de trapalladas”.

AYUNTAMIENTO DE BRION



O CONCELLO DE BRIÓN ABRE O PRAZO DE
INSCRICIÓN NO SEU CONCURSO DE DISFRACES

A festa, con máis de 2.200 euros en premios, terá lugar no pavillón polideportivo de Pedrouzos coa actuación da orquestra “Os Satélites”

09 de febreiro de 2010. O Concello de Brión abríu o prazo de inscrición no seu tradicional Concurso de Disfraces, que terá lugar o vindeiro domingo 21 de febreiro, ás 16:30 horas. Un certame ao que o Concello de Brión destina este ano 2.210 euros en premios e cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o sábado 20 de febreiro na Casa da Cultura. Tamén se admitirán anotacións o mesmo día do concurso, concretamente entre as 15:00 e as 16:00 horas na Casa da Cultura.

As bases do concurso de disfraces establecen un total de tres categorías. Na primeira delas participarán nenos e nenas menores de 11 anos, que se repartirán tres premios de 50, 40 e 20 euros en material didáctico. Na categoría xuvenil, de 12 a 17 anos, os premios serán de 55, 40 e 20 euros en material didáctico.

Na categoría de adultos, modalidade individual, os premios serán de 100, 75 e 50 euros, respectivamente. Finalmente, na categoría xeral establécense tres modalidades de concurso: grupos (de 2 a 89 persoas), Comparsas (máis de 8 persoas) e Carrozas. Nesta categoría repartiranse un total de 1.750 euros en premios.

Todos os participantes no concurso de disfraces participarán previamente nun desfile de Entroido polas rúas de Pedrouzos. O desfile sairá ás 16:30 horas da Carballeira de Santa Minia e fará un percorrido ata o pavillón polideportivo, onde terá lugar o concurso e unha gran festa de disfraces final con música en directo a cargo da orquestra Os Satélites

AYUNTAMIENTO DE FRADES


O ALCALDE DE FRADES INAUGURA O REMODELADO CENTRO DE OCIO DA PARROQUIA DE MOAR, QUE EN BREVE CONTARÁ TAMÉN CON ACCESO Á INTERNET

O Concello dotou ao local social de novo mobiliario e máquinas de ximnasia, ademais de cambiar a súa cuberta e instalar novos canalóns

09 de febreiro de 2010.- Os veciños e veciñas da parroquia de Moar (Frades) disfrutan dende esta fin de semana dun remodelado centro de ocio, que foi rehabilitado nos últimos meses polo Concello de Frades. Unha remozada infraestrutura que foi inaugurada esta fin de semana polo alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño; o concelleiro de Parques e Xardíns, José Antonio Mosquera; e o presidente da Asociación de Veciños de Moar, José Manuel Rodríguez. Un acto ao que acudiron numerosos veciños e veciñas desta parroquia fradense, que puideron comprobar a profunda mellora á que se someteu o seu local social nos últimos meses.

Unha remodelación que mellorou tanto o aspecto exterior coma interior do inmoble. Unha obras que supuxeron a reparación da cuberta do edificio, a instalación de novos canalóns e o pintado exterior do local social. Un pintado exterior que o Concello de Frades levou tamén ás instalacións anexas ao centro de ocio, como o palco da música e o inmoble utilizado como cantina nas festas parroquiais.

Así mesmo, o Concello de Frades dotou ao local de novo mobiliario (mesas e sillas), televisión e máquinas para que os veciños poidan facer ximnasia, entre os que se inclúen as cintas-andadoras e as bicicletas estáticas. A maiores, Miguel Prado anuncia que “ademais destes aparatos de ximnasia, que sabemos que son beneficiosos para a saúde dos nosos veciños e que por iso os estamos a levar a todas as parroquias, tamén temos a intención de instalar no centro de ocio de Moar un ordenador con acceso á Internet, que estará ao servizo dos veciños desta parroquia”.