Amosando publicacións coa etiqueta TEO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEO. Amosar todas as publicacións

Teo abre o 1 de setembro a inscrición nas actividades deportivas e culturais

Teo, 26/08/2016 - O Concello de Teo abre a partir do 1 de setembro, o xoves da vindeira semana, o prazo de inscrición nas actividades deportivas e nas escolas culturais municipais para o novo curso 2016-2017. O prazo rematará o día 15 de setembro, se ben a admisión de participantes efectuarase por rigorosa orde de entrada das solicitudes no rexistro municipal. A relación de admisións será publicada o 21 de setembro. O curso comeza a partir do 1 de outubro e remata en xuño de 2017. 

‘Teo madruga’ abre o vindeiro luns 29 o prazo de inscrición para o curso 2016-2017

Teo, 25/08/2016 - O Concello de Teo abre o vindeiro luns, 29 de agosto, o prazo de inscrición no ‘Teo Madruga 2016-2017’. Neste servizo de conciliación laboral e familiar poderá participar o alumnado dos centros públicos escolares do municipio. Desenvolverase nos colexios de Calo e dos Tilos, con actividade desde as 7:30 horas ata o inicio das clases. 

Teo renova o peche do parque infantil dos Tilos

Teo, 24/08/2016 - O Concello de Teo inicia as obras de mellora do parque infantil da urbanización dos Tilos. Por razóns de seguridade e operatividade, os traballos obrigan a valar o espazo, que volverá estar en condicións de ser utilizado a finais do vindeiro mes de setembro.

Teo homenaxea a Ánxel Casal cando se cumpren 80 anos do seu pasamento

Teo, 21/08/2016 - O Concello de Teo homenaxeou o pasado serán a Ánxel Casal no octoxésimo aniversario do asasinato do último alcalde republicano de Santiago. Os actos, aos que acudiu máis dun centenar de persoas, puxeron o acento na necesidade de recuperar e preservar a memoria de figuras que, como a de Casal, puxeron os alicerces dunha sociedade mellor. 

Teo convoca un curso de animación de actividades de tempo libre

Teo, 19/08/2016 -  O Concello de Teo convoca un curso de animación de actividades de tempo libre, en colaboración coa Escola Galega de Tempo Libre Don Bosco de Santiago. O curso comezará o vindeiro 24 de setembro e concluirá o 5 de xaneiro de 2017.

Un centenar de nenos e nenas participan no campamento infantil do concello de Teo

Teo, 19/08/2016 - Un total de 106 nenos e nenas de Teo inician o campamento infantil programado polo Concello na súa programación estival. A primeira hora de onte, partiron desde A Ramallosa os dous autobuses que os trasladaron ata a localidade de Santa Cruz, no municipio coruñés de Oleiros.

Teo homenaxea a Ánxel Casal no octoxésimo aniversario do seu pasamento

Teo, 18/08/2016 - O Concello de Teo homenaxeará este venres 19 de agosto a Ánxel Casal, no octoxésimo aniversario do pasamento do último alcalde republicano de Santiago. Os actos de lembranza terán lugar na Estivada da Ribeira, en Cacheiras, a partir das 20:00 horas. 

Teo inviste preto de 20.000 euros no acondicionamento dos colexios

Teo, 17/08/2016 - O Concello de Teo está investindo preto de 20.000 euros este verán en tarefas de acondicionamento dos colexios de infantil e de primaria do municipio. A principal intervención son tarefas de pintura, que se acometen aproveitando as vacacións escolares do verán. Benefician a 27 aulas dos centros educativos de Calo, da Ramallosa e dos Tilos. 

Teo licita o acondicionamento da praza circular dos tilos

Teo, 09/08/2016 - O Concello de Teo acaba de licitar as obras de acondicionamento da praza circular da urbanización dos Tilos. Os traballos están valorados en 209.391 euros e financiaranse con cargo ao Plan de Acción Social (PAS) 2015 da Deputación da Coruña.

Teo actualiza a ordenanza de venda ambulante e fixa os mercados autorizados

Teo, 05/08/2016 - A actualización da ordenanza municipal de Teo sobre venda ambulante fixa expresamente como mercados autorizados no municipio o Mercado de Alimento Labrego dos sábados nos Tilos e o Mercado de Cacheiras, os venres. A norma, que vén de publicarse no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor de maneira inminente. 

Teo ordea precintar un grupo electróxeno nos tilos por superar o límite de ruído

Teo, 04/08/2016 - O Concello de Teo ordea o precintado cautelar dun grupo electróxeno pertencente a un establecemento hoteleiro na urbanización dos Tilos. A decisión tómase despois de que o seu titular desatendese os reiterados requerimentos municipais para corrixir a excesiva emisión de ruído do equipo, que ocasiona danos e molestias graves á veciñanza do lugar.

Hoxe dispútase o VIITriangular do Praiña S.C. en Teo

Teo, 30/07/2016 - Hoxe sábado, 30 de xullo, dispútase o VII Triangular do Praíña Sporting Club, no que colabora o Concello de Teo, entre outras entidades. Este torneo futbolístico xogarase no Campo de Reis, en Pontevea, a partir das 18:30 horas.

A primeira edición de ‘Vives emprega Teo’ clausúrase con resultados positivos

Teo, 29/07/2016 - O Concello de Teo clausurou hoxe a primeira edición do proxecto ‘Vives Emprega Teo’, que desenvolveu en colaboración coa entidade Acción Contra el Hambre. O concelleiro de Benestar, Igualdade, Mocidade e Participación Veciñal, Ignacio Iglesias, presidiu a entrega de diplomas ás persoas participantes, acompañado pola técnica de inclusión sociolaboral do programa, Geli Rodiño, e pola xestora de programas de inclusión social da Fundación Acción Contra el Hambre, Susana Quintas.

O Psoe de Teo acusa ao PP de desfachatez pola postura coa denegación do IDAE

Teo, 27/07/2016 - Os socialistas de teo critican a postura do Partido Popular do concello, en contraposición coa do partido a nivel rexional, por cargar a responsabilidade no goberno municipal e non no IDAE. Este é o comunicado publicado polos socialistas:

Teo lémbralle á xunta o compromiso de financiar a edar da insua

Teo, 24/07/2016 - O alcalde de Teo, Rafael Sisto, dirixiuse á conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para lembrarlle o compromiso adquirido polo seu departamento de concretar este verán o investimento para construír unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na Insua (Luou). 

Teo denuncia unha agresión aos petróglifos de río Angueira e Outeiro do Corno

Teo, 23/07/2016 - O Concello de Teo denunciou ante a Garda Civil unha agresión aos petróglifos das zonas do Outeiro do Corno, situado en Regoufe (Luou) e de Río Angueira, en Cornide (Calo). O dano máis grave, probablemente irreparable, produciuse no primeiro lugar, onde alguén raiou con pedra unha cruz, xusto a uns centímetros dunha figura zoomorfa. A pedra coa que fixo os riscos quedou xusto ao pé do panel. 

A Mesa pola Normalización Lingüística apoia o concello de Teo na agresión lingüística que sufriu do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de Energía (IDAE)

Santiago, 21/07/2016 - O Instituto para la Diversificación y el Ahorro de Energía (IDAE) dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, negou unha axuda ao Concello de Teo para un proxecto de alumeado público. O argumento para a negativa da subvención pública foi un dos múltiples documentos da solicitude estar escrito en lingua galega.

Teo denuncia vulneración dos dereitos lingüísticos por parte do IDAE

Teo, 20/07/2016 - O Concello de Teo denuncia unha grave vulneración dos dereitos constitucionais en materia lingüística por parte do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de Energía (IDAE) e pide a dimisión do seu director xeral, Arturo Fernández Rodríguez, e do seu presidente, Alberto Nadal Belda.

máis de corenta persoas súmanse ao programa de paseos colectivos guiados do concello de Teo

Teo, 18/07/2016 - Máis de corenta persoas participaron nunha nova sesión do programa de paseos colectivos guiados ‘Andar’, que o Concello de Teo puxo en marcha durante os meses de xullo e de agosto.

O xulgado arquiva a denuncia de catro axentes da policía local contra o alcalde de Teo

Teo, 16/07/2016 - O Xulgado de Instrución número 2 de Santiago de Compostela arquiva a denuncia que catro axentes da Policía Local de Teo presentaran a finais do pasado mes de febreiro contra o alcalde de Teo, Rafael Sisto. A decisión do xulgado, que o Concello acaba de coñecer e que data do 22 de xuño, conta ademais co informe favorable da fiscalía.