Santiago
11.00 h No Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostalería Compostela, presentación, diante dos empresarios, do Vocabulario Galego-Italiano de Gastronomía e Hostalería. No acto van intervir a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a catedrática da USC e autora do traballo, Isabel González; o director de Publicacións da USC, Juan Luis Blanco; Xosé González, presidente do Foro Enrique Peinador, e os presidentes de Restauración e Hospedaxe de Hostalería Compostela, Jesús Sordo e José Manuel Otero.