Axenda e o tempo do sábado 5 de xullo - Música, festivais, exposicións

Santiago - actuacións da Banda Municipal 

Santiago - vive o verán

Santiago - Via Stellae 2014.

Santiago - Atardecer no Gaias - Gran Poder

Santiago - Breaking Bar - Monólogo As Cinzas de Pasolini

Teo - Festival Música na Noite

Santiago - Fundación Nova Caixa Galicia - Cante - The way of flamenco


Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

O Tempo

BNG Compostela - Un ano despoís seguen sen arranxarse as deficiencias da vía en Angrois

O BNG advirte que un ano despois da traxedia de Angrois non se corrixiron as deficiencias de seguridade ferroviaria
A ministra de Fomento e o alcalde de Santiago comprometéranse a para facer unha zona verde e de lecer en Angrois que tampouco se realizou

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, cuestionou que case un ano despois da traxedia de Angrois non se cumpriron os compromisos adquiridos para mellorar a seguridade ferroviaria en Galiza coa implantación do ERTMS nin as promesas da ministra de Fomento e do alcalde de Santiago coa veciñanza para facer unha zona verde e de lecer. “Esta fin de semana terán que realizar a festa no mesmo sitio da traxedia”, afirmou. Ademais, avanzou que o BNG trasladará ao vindeiro Pleno ordinario de xullo unha iniciativa para que se poñan prazos para a execución destes compromisos.

Rubén Cela lembrou que o grupo municipal do BNG levou ao primeiro Pleno que se celebrou tras o accidente ferroviario de Angrois unha proposición “para corrixir o que houbera que corrixir para que unha traxedia así non volvera acontecer”. “Daquela, conseguimos que esa iniciativa se aprobara por unanimidade dos tres grupos; basicamente, o que pediamos era a revisión das condicións das entradas ferroviarias en Santiago de Compostela e a implantación dun sistema de seguridade axeitado”, explicou. “Un ano despois, seguimos agardando”, engadiu.

A ministra Ana Pastor e o alcalde Ángel Currás asinaban dous días despois daquel Pleno a cesión dun terreo de 3.600 metros cadrados emprazado na marxe esquerda do corredor. “Son uns terreos que, por certo, foran previamente expropiados á veciñanza de Angrois para as obras da alta velocidade, para a construción dunha zona de verde e espazo de lecer para a veciñanza”, indicou.

Naquel acto, o alcalde Currás, a pesar de que a ministra non se comprometía co fundamental, que era o arranxo das medidas de seguridade, agradecía “a sensibilidade da ministra” por facer realidade unha vella demanda da veciñanza de Angrois. Un ano despois ese compromiso segue sen materializarse. “Tendo en conta a absoluta falta de sensibilidade que hai con este tema, até non sería de estrañar que o volvan presentar xusto uns días antes do aniversario, pero o certo é que na actualidade eses terreos están igual que hai un ano e esta mesma fin de semana a veciñanza de Angrois celebrará as súas festas no mesmo sitio da traxedia”, afirmou Rubén Cela.

Incumprimentos e negación de PP e PSOE a esclarecer as responsabilidades

Así, subliñou que un ano despois “nin cumpriron as peticións realizadas desde este Concello de implantación do ERTMS nin cumpriron, cando menos de momento, as súas promesas cos veciños e veciñas de Angrois”.

Acusou tamén que PP e PSOE non facilitasen “o esclarecemento do acontecido cun pacto para cubrirse as responsabilidades mutuas”, pois se negaron a crear as Comisións de Investigación no Parlamento de Galiza e no Congreso dos Deputados, tal e como demanda o BNG, para que se puideran analizar aspectos complementares á investigación técnica e xudicial.

Rubén Cela fixo referencia tamén ao auto do xuíz onde se expresa que “é unha imprudencia que tantas vidas dependan da pericia dunha persoa, cando existen mecanismos técnicos ao noso alcance para evitar traxedias en caso de erros ou imprudencias do maquinista”. Máis recentemente, o xuíz Aláez acusou de cometer unha “clamorosa infracción da normativa” para acelerar as obras a cambio de rebaixar a seguridade ferroviaria.

Discriminación de Galiza na seguridade ferroviaria e nas infraestruturas

Todo isto evidencia algo que o BNG cuestiona dende hai anos, “é unha clara discriminación de Galiza con respecto a outros lugares do Estado onde contan con todas as medidas de seguridade posíbeis”, afirmou.

“Polo tanto, ao noso xuízo existen responsabilidades políticas ante a decisión de acurtar prazos e de recortar economicamente na dotación do sistema de seguridade que lle correspondía a este tramo, desoíndo incluso as advertencias sobre a perigosidade desa curva”, advertiu.

Engadiu tamén que “é máis grave, se cabe, que un ano despois os trens sigan pasando pola curva da Grandeira coas mesmas medidas de in-seguridade que hai un ano, cando se produciu o accidente, baliza arriba, baliza a abaixo”.

Por este motivo, o BNG volverá levar este tema a Pleno, “pero non nos imos conformar con que se volva aprobar formalmente, non imos parar até que se corrixa o que haxa que corrixir para que unha catástrofe así non se volva repetir porque é o mínimo que se lle debe ás vítimas e aos seus seres queridos”.

“Estes días falarase moito de homenaxes, pero realmente o mellor xeito de lembrar as vítimas é coñecendo toda a verdade do que aconteceu, coa depuración de todas as responsabilidades e, sobre todo, coa corrección dos mecanismos de seguridade para que nunca máis volva teñamos que vivir algo así”, concluíu.

Ames - Merca , Tapea e Gaña ata o 11 de xullo no Milladoiro

A localidade do Milladoiro acolle ata o vindeiro 11 de xullo a iniciativa comercial “Merca, Tapea e Gaña!!!”

Este venres, 4 de xullo, comezou no Milladoiro o evento comercial “Merca, Tapea e Gaña!!!”, que está organizado pola Asociación de Empresarios do Milladoiro (AEMI). Ata o venres, 11 de xullo, haberá importantes descontos nas tendas do Milladoiro e a veciñanza poderá gozar das tapas que sirvan os bares desta mesma localidade. Con esta actuación preténdese impulsar o sector hostaleiro e o comercio local do Milladoiro. Nesta iniciativa participan 66 establecementos comerciais e hostaleiros.

A Asociación de Empresarios do Milladoiro (AEMI) organiza a iniciativa Merca, Tapea e Gaña!!!, que se celebra dende o 4 ao 11 de xullo na localidade do Milladoiro. Esta iniciativa divídese en dúas partes que se complementan: Merca, con descontos e promocións nas tendas, e Tapea, con ruta de tapas nos establecementos hostaleiros.

Segundo informan dende a Asociación de Empresarios do Milladoiro (AEMI) con esta iniciativa preténdese dinamizar tanto o sector do comercio como a hostalaría local, así como ofrecerlle aos clientes, veciños e visitantes unha oferta comercial e de ocio atractiva.

Os comercios ofrecerán prezos especiais e descontos, mentres que os locais hostaleiros organizarán un concurso de tapas. No concurso de tapas elixiranse as tres tapas gañadoras entre os locais participantes. O primeiro premio estará dotado de 350 euros; o segundo premio son 150 euros, e o local que prepare a terceira mellor tapa levará 50 euros. Ademais, os tres locais hostaleiros gañadores recibirán un diploma acreditativo do posto acadado no devandito concurso.

Ademais dos comercios e locais hostaleiros, tamén participan nesta campaña 4 concesionarios de vehículos e o Centro Dental Macía, que ofertarán varios descontos e agasallos.

Está previsto que este evento remate o vindeiro venres, 11 de xullo, cunha festa no aparcadoiro da rúa Agro do Medio. De acordo coa información facilitada por AEMI, esta festa comezará a partir das 17:00 horas, e contará cunha actuación musical, con diferentes actividades e animación para nenos e nenas. Tamén se realizará a entrega dos premios ás mellores tapas e haberá un sorteo de agasallos.

Melide - Reubicación de contedores de lixo

Reubicación dos contenedores do lixo na zona vella de Melide

Dentro das actuacións de reordenación do centro urbano de Melide que persegue o concello está o de mellorar os servizos aos veciños e veciñas da vila e optimizar aos máximo os espazos urbanos. 

O Concello de Melide procedeu a reubicar unha serie de contenedores do lixo co ánimo de maximizar o posible os espazos urbanos. Con tal fin se puxeron en funcionamento os contenedores do lixo soterrados da Praza das Coles, actuación que permitiu a retirada de outros contenedores espallados por esa área que suponían feísmo e un atranco de cara o tráfico rodado. Esta reubicación que afecta sobre todo ao casco vello da vila supón unha mellora para todos os veciños desa área do pobo. O importe dos contenedores soterrados supera os 30.000 €.

Axenda e tempo do venres 4 de xullo - Música, festiváis, exposicións

Santiago - actuacións da Banda Municipal 

Santiago - vive o verán

Santiago - Via Stellae 2014.

Melide - Inauguración da terraza da fundación 

Ames - Festival de verán 

Padrón - Concerto inaugural das Notas do Pemento


Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

O Tempo

Ordes - Festas en Barbeiros o próximo domingo

A parroquia de Barbeiros celebrará este domingo as súas festa na honra á Virxen do Carmen

Este próximo domingo a parroquia ordense de Barbeiros celebrará a súa festa na honra á Virxen do Carme. O programa arrancará cunha misa solemne a partir das 13 horas, seguida dunha sesión vermú a cargo da orquestra Chicas Show, que novamente serán os encargados de animar a verbena nocturna.

Festigal - Presentación da edición 2014 (con audio)

O Festigal 2014 será un escaparate “da música reivindicativa do país”
Nao, Sés, Festicultores, A Quenlla, Os da Ría, Grampoder e Habelas Hainas son algúns dos grupos que actuarán este 24 e 25 de xullo en Compostela

Máis de cen actividades programadas nesta edición do Festigal 2014 encherán de creatividade cultural e artística o campus sur de Compostela o 24 e 25 de xullo, cunha oferta de lecer gratuíta destinada á mocidade que serve de escaparate “da música reivindicativa do país”.

Na rolda de prensa de presentación do Festigal, Alberte Mera (Galiza Nova), Tania Ameneiro (Fundación Galiza Sempre) e Saleta Chao (BNG) coincidiron en destacar “o carácter reivindicativo, festeiro e de encontro deste evento” que, ademais, pretende complementar a celebración do Día da Patria.

Segundo explicou Tania Ameneiro, “o Festigal é espazo de encontro para a tradición e a vangarda”, por iso estará Sés, que definiu como “a rachadora rockeira e bluseira de referencia”; Nao, que presentará o seu último traballo “Cartas no caderno”; a Troupe dos Festicultores e mais A Quenlla o xoves 24 de xullo. O café concerto do 25 de xullo comezará coa frescura da música tradicional das mozas de Habelas Hainas; Os da Ría; García MC con "Abaixo e de pé", que é o título do seu último traballo; e Grampoder co seu disco “GolfWhiskey”.

Saleta Chao manifestou o compromiso da comisión organizadora do Festigal cun espazo “que conxugue música, cultura, lecer, letras e ideas”. Subliñou tamén que os debates nesta edición versarán “sobre a actualidade política e os procesos soberanistas de Catalunya e de Escocia e tamén sobre medios de comunicación”. Avanzou entre as novidades un espazo dedicado aos “Produtos da Terra”.

Concederase un espazo aos centros sociais “que desenvolven un traballo incansábel e exemplar”, ademais de contar con actividades deportivas que irán dende unha exhibición de esgrima antiga e xogo de pau, un aberto de billarda ou un partido de fútbol gaélico, “que segue a sumar equipas e seareiras no noso país”, sinalou.

Alberte Mera fixo mención do espazo de xantar, obradoiros infantís, danzas e xogos tradicionais, tendas de artesanía, asociacións e librarías. “Isto converte o Festigal nunha das feiras culturais de referencia en Galiza e, sobre todo, nun lugar de encontro para milleiros de persoas que cada ano se congregan en Santiago de Compostela para celebraren o Día da Patria”, explicou.

O Festigal contribuíu ao lanzamento de novos talentos musicais así como á proxección de bandas consolidadas. Por este escenario pasaron Kepa Junkera, Mercedes Peón, Ulträqäns, Susana Seivane, Deus ke te Crew ou Lamatumbá e artistas internacionais como Pablo Milanés ou La Phaze, lembrou o secretario xeral de Galiza Nova.

O Festigal 2014 será un escaparate “da música reivindicativa do país” Nao, Sés, Festicultores, A Quenlla, Os da Ría, Grampoder e Habelas Hainas son algúns dos grupos que actuarán este 24 e 25 de xullo en Compostela Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2014.- Máis de cen actividades programadas nesta edición do Festigal 2014 encherán de creatividade cultural e artística o campus sur de Compostela o 24 e 25 de xullo, cunha oferta de lecer gratuíta destinada á mocidade que serve de escaparate “da música reivindicativa do país”. Na rolda de prensa de presentación do Festigal, Alberte Mera (Galiza Nova), Tania Ameneiro (Fundación Galiza Sempre) e Saleta Chao (BNG) coincidiron en destacar “o carácter reivindicativo, festeiro e de encontro deste evento” que, ademais, pretende complementar a celebración do Día da Patria. Segundo explicou Tania Ameneiro, “o Festigal é espazo de encontro para a tradición e a vangarda”, por iso estará Sés, que definiu como “a rachadora rockeira e bluseira de referencia”; Nao, que presentará o seu último traballo “Cartas no caderno”; a Troupe dos Festicultores e mais A Quenlla o xoves 24 de xullo. O café concerto do 25 de xullo comezará coa frescura da música tradicional das mozas de Habelas Hainas; Os da Ría; García MC con "Abaixo e de pé", que é o título do seu último traballo; e Grampoder co seu disco “GolfWhiskey”. Saleta Chao manifestou o compromiso da comisión organizadora do Festigal cun espazo “que conxugue música, cultura, lecer, letras e ideas”. Subliñou tamén que os debates nesta edición versarán “sobre a actualidade política e os procesos soberanistas de Catalunya e de Escocia e tamén sobre medios de comunicación”. Avanzou entre as novidades un espazo dedicado aos “Produtos da Terra”. Concederase un espazo aos centros sociais “que desenvolven un traballo incansábel e exemplar”, ademais de contar con actividades deportivas que irán dende unha exhibición de esgrima antiga e xogo de pau, un aberto de billarda ou un partido de fútbol gaélico, “que segue a sumar equipas e seareiras no noso país”, sinalou. Alberte Mera fixo mención do espazo de xantar, obradoiros infantís, danzas e xogos tradicionais, tendas de artesanía, asociacións e librarías. “Isto converte o Festigal nunha das feiras culturais de referencia en Galiza e, sobre todo, nun lugar de encontro para milleiros de persoas que cada ano se congregan en Santiago de Compostela para celebraren o Día da Patria”, explicou. O Festigal contribuíu ao lanzamento de novos talentos musicais así como á proxección de bandas consolidadas. Por este escenario pasaron Kepa Junkera, Mercedes Peón, Ulträqäns, Susana Seivane, Deus ke te Crew ou Lamatumbá e artistas internacionais como Pablo Milanés ou La Phaze, lembrou o secretario xeral de Galiza Nova.

Silleda - Festas do verán no concello

Música de agrupacións locais e actividades lúdicas, protagonistas nas Festas de Verán de Silleda
-O alcalde, Manuel Cuíña, deu a coñecer hoxe o cartel dos festexos, que teñen un orzamento aproximado de 17.000 euros e agradeceu a colaboración de todos os veciños, veciñas, empresas e comercios 

O Concello de Silleda deu a coñecer hoxe o cartel das Festas de Verán de Silleda, que se celebrarán dende o vindeiro venres 11 ao domingo 13.

O alcalde, Manuel Cuíña, acompañado dos edís Pilar Peón e Luis Rodríguez, deu a coñecer os detalles do cartel, feito nun “tempo récord” e con actividades para todas as idades, logo de que o Concello asumira hai unha semana a organización das festas da capital de Trasdeza nunha situación excepcional. 

Cuíña explicou que se apostou polas actuacións de grupos locais nun programa que arrancará o venres co tradicional chupinazo (12.00 horas) dende o balcón da Casa da Cultura, acompañado pola a animación da Charanga Chourizo Criollo (CCC), con integrantes da Banda Municipal de Música de Silleda, que durante toda a xornada animarán con música as rúas da vila.

Ás 21 horas a Banda Xuvenil de Silleda , presentará un novidoso espectáculo de luz e son, acompañados por Odaiko Percussion, no entorno da praza da Feira Vella, onde a partir das 22.00 horas se celebrará a XVI Festa do Lacón. A velada, neste escenario estará amenizada polo dúo Óvice. 

Mentres, a charanga seguirá levando o ambiente festivo ás rúas ata as 02.00 horas. A esta hora dará comezo na rúa Cartagena o concerto do grupo de rock Barrio Rojo, con integrantes de Silleda, que actuarán aproximadamente ata as 04.00 horas.

O sábado día 12, a partir das 19.00 horas Viravolta Títeres percorrerá as rúas co espectáculo “O frautista de Hamelín”. Tamén pola tarde se celebrará nas pistas de O Castro a Final do Torneo de Tenis Concello de Silleda (individual e dobres), e pola noite haberá verbena coas orquestas Bahía e Midas (situadas na praza da Igrexa e na praza Siñor Afranio).
O domingo os festexos rematan con unha xornada intensa, amenizada polas dúas bandas do municipio: a Municipal de Silleda e a Recreativa e Cultural da Bandeira . Así ás 10.30 haberá pasarrúas a cargo das citadas formacións e ás 12.00 horas na igrexa parroquial de Santa Eulalia, haberá misa solemne cantada pola Coral Polifónica Trasdeza.
A continuación, na explanada xunto á praza da igrexa celebrarase o concerto a cargo das devanditas bandas.

Pola tarde, na praza da igrexa, celebrarase para os máis novos (17.30 horas) unha sesión de xogos populares, con premios para os/as gañadores. Ás 19.30 terá lugar a actuación do grupo de baile tradicional Xirandola da Bandeira, na praza Siñor Afranio.
Por último, ás 21.00 horas, tamén na praza Siñor Afranio a cargo da Banda de Música Municipal de Silleda e Banda Recreativa e Cultural da Bandeira.
Nesta xornada tamén rematará na Casa da Cultura a exposición Silleda no século XIX, que dende o 7 de xullo recibiu xa máis de 700 visitas.

Dende o Concello de Silleda, Manuel Cuíña agradeceu a colabroación de todos os veciños e veciñas, hosteleiros, comerciantes e empresarios que “nunha situación extraña, están colaborando, ou xa o fixeron antes, tanto co petitorio como cos ingresos na conta de Abanca”, dixo.

Así mesmo, Cuíña reiterou que os cartos recaudados inicialmente pola comisión foron entregados no Concello e ingresados xa no momento na citada conta (2.026 euros). 

Sobre o orzamento dos festexos, o alcalde indicou que “de xeito moi aproximado o orzamento está nos 17.000 euros que saen da “colaboración, bondade e xenerosidade dos silledenses, así como do esforzo de todos os grupos locais axustando o prezo”, engadiu.

Cuíña explicou que unha vez rematadas as festas se dará conta de todos os detalles da xestión económica. Así, desvelou que a aportación municipal no ano 2013 foi de 6.000 euros e que se estima que este ano non se terá que aumentar. “Vendo como está indo todo, creo que as arcas municipais sairán ben paradas e a aportación do Concello será unha das máis pequeñas das últimas décadas”, rematou.

Frades - Este sábado "Festa xogueteira" para familias con nenos en infantil e primaria

A asociación Antonio Gandoy e o Concello de Frades celebran a “Festa xogueteira”, para familias con nenos en preescolar e infantil
A festa terá lugar este sábado 5 de xullo, de 16:30 a 20:00 horas, no pavillón municipal de Ponte Carreira

A asociación socioeducativa Antonio Gandoy e o Concello de Frades organizan este sábado 5 de xullo unha “Festa xogueteira”, unha iniciativa de participación libre e de balde dirixida a nenos e nenas de preescolar e de infantil que deberán estar acompañados das súas familias. Unha festa que finalmente terá lugar de 16:30 a 20:00 horas no pavillón municipal de Ponte Carreira, xa que as previsións de fortes choivas para esa tarde obrigan a cambiar o emprazamento inicialmente previsto (a área recreativa Os Pasos de Aiazo).

Esta “Festa xogueteira” está organizada pola asociación socioeducativa Antonio Gandoy e subvencionada polo Concello de Frades. Está dirixida a que pais e nais compartan tempo cos seus fillos a través de distintos xogos: construcións, música, contos, xogos de auga, pintura de dedos, area... Os participantes deberán levar a merenda e as bebidas.

Dende a asociación socioeducativa Antonio Gandoy explican que a “Festa xogueteira” é un tempo de ocio compartido entre nais/pais con fillos/as de preescolar e de infantil. Nesta festa tamén participarán as orientadoras do proxecto educativo “Espazos das Familias-Preescolar na Casa”, que se encargan do deseño das actividades e dos diferentes espazos de xogo. Así, as actividades están dirixidas ao fomento da investigación e da exploración con diferentes materiais, distribuídos en recantos de xogo ou zonas organizadas por temáticas.

As familias de Frades acompañarán aos seus fillos polos diferentes Espazos, seleccionando aqueles que máis lles gustan aos nenos/as. Non haberá un tempo definido para permanecer en cada Espazo e haberá Espazos de construción, de motricidade, de música, de arte, de texturas...

Ames - O concello recibe unha subvención de 145.000 euros

O Concello de Ames recibe una subvención de 145.000 euros da Consellería de Traballo para poñer en marcha a sétima edición do programa integrado para o emprego InserAmes-Brión

A consellería de Traballo e Benestar vén de concederlle dúas importantes subvencións ao Concello de Ames por valor de 340.000 euros.

Para desenvolver o obradoiro de emprego Entreríos concedeuse unha axuda de 195.000 euros, mentres que para a posta en marcha da sétima edición do programa integrado para o emprego InserAmes Brión a Xunta de Galicia achegará preto de 145.000 euros.

Tanto o obradoiro Entreríos como o programa integrado de emprego será realizado en colaboración entre os Concellos de Ames e Brión.

Cómpre destacar que dos 80 alumnos/as que participaron na sexta edición do programa integrado, un total de 23 xa atoparon algún emprego dende o pasado mes de novembro.

A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia acaba de comunicarlle ao Concello de Ames que lle concederá unha subvención de 144.606 euros para poñer en marcha a sétima edición do programa integrado para o emprego InserAmes Brión. Trátase dunha iniciativa de formación para persoas desempregadas que nace da colaboración entre os dous municipios. En total, este programa dará formación para o emprego a 80 persoas desempregadas e conta cun orzamento total de 180.750 euros. Os Concellos de Ames e Brión porán 36.144 euros. Este ano a principal novidade é que o programa InserAmes-Brión terá unha maior duración que noutras edicións. Deste xeito, desenvolverase ao longo de 11 meses. O obxectivo desta iniciativa é mellorar a empregabilidade dos participantes e aumentar as súas opcións de acceder a un posto de traballo.

A consellería de Traballo e Benestar vén de concederlle dúas importantes subvencións ao Concello de Ames por valor de 340.000 euros. Para desenvolver o obradoiro de emprego Entreríos concedeuse unha axuda de 195.000 euros, mentres que para a posta en marcha da sétima edición do programa integrado para o emprego InserAmes Brión a Xunta de Galicia achegará preto de 145.000 euros. Tanto o obradoiro Entreríos como o programa integrado de emprego será realizado en colaboración entre os Concellos de Ames e Brión.

A Dirección Xeral de Emprego e Formación da Xunta de Galicia acaba de comunicarlle ao Concello de Ames que volverá a dispor dunha axuda para sufragar o 80% do programa integrado para o emprego InserAmes Brión. O financiamento deste programarealizarase a través dunha subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar, dun total de 144.606 euros, mentres que a cantidade restante, que é 36.144 euros, será aportada polos dous concellos.

Dentro da liña de colaboración que veñen desenvolvendo os Concello de Ames e Brión, este ano volverán a organizar o programa integrado de emprego InserAmes-Brión. Esta é a segunda edición que se organiza de xeito conxunto entre os dous municipios, xa que permite prestar de forma eficaz e eficiente o servizo de programa integrado para o emprego e minora os custes económicos da prestación illada do devandito servizo. A finalidade desta iniciativa é posibilitar na actual situación de crise económica a prestación dun servizo que formará aos participantes e permitiría reducir o desemprego nos dous concellos.

Ofertaranse un total de 80 prazas

As accións formativas do programa InserAmes Brión están destinadas principalmente a mozos e mozas menores de 30 anos desempregados e sen cualificación profesional, aínda que tamén está aberta a outros colectivos con especiais dificultades para acceder a un emprego. Ofertaranse un total de 80 prazas para este programa. As persoas interesadas en participar neste programa integrado para o emprego xa poden anotarse a través das oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia, sinalando que desexan participar nesta acción formativa de inserción laboral.

As accións formativas do programa InserAmes Brión desenvolveranse principalmente nas dependencias do Centro de Formación Ocupacional que o Concello de Ames ten en Aldea Nova. Ao rematar a formación, os alumnos/as realizarán prácticas non laborais en empresas. Este ano a principal novidade é que o programa InserAmes-Brión terá unha maior duración que noutras edicións. Deste xeito, desenvolverase ao longo de 11 meses. Durante todo o programa os alumnos/as contarán co apoio de persoal especializado en asesoramento e formación.

O obxectivo deste programa é a inserción laboral de polo menos o 35% dos participantes naqueles eidos de maior índice de paro da nosa comarca. Cómpre destacar que dos 80 alumnos/as que participaron na sexta edición do programa integrado, un total de 23 xa atoparon algún emprego dende o pasado mes de novembro.

Oroso - Data para o II Festival folk "paseo do Carboeiro"

A segunda edición do festival folclórico “Paseo de Carboeiro” terá lugar o sábado 12 de xullo no marco natural do parque de Sigüeiro
Actuarán os grupos Lembranzas do Tambre, Néboas no Cumio, Vive lo nuestro e Agrocobo 

O Concello de Oroso informa que a segunda edición do festival folclórico “Paseo do Carboeiro” que terá lugar finalmente o próximo sábado 12 de xullo, a partir das 18:00 horas, no marco natural do parque do Carboeiro de Sigüeiro. Un festival que inicialmente se ía celebrar o 5 de xullo pero que o Concello de Oroso se viu na obriga de aprazar debido ás adversas previsións meteorolóxicas que imposibilitaban a súa celebración.

A xornada comezará ás 18:00 horas coas actuacións dos grupos orosáns Lembranzas do Tambre (Sigüeiro-Oroso) e Néboas no Cumio (Oroso). Como grupos convidados actuarán “Vive lo nuestro” (Badajoz) e o grupo de baile Agrocobo (Muros). Ao rematar as actuacións individuais, haberá unha gran foliada. Ademais da música, no paseo do Carboeiro haberá tamén servizo de bar, con churrasco e empanadas.

Esta segunda edición do festival folclórico “Paseo do Carboeiro” está organizada polo Concello de Oroso en colaboración con Lembranzas do Tambre, Néboas no Cumio e Buxos Verdes, agrupación que se caerá do cartel nesta edición por un compromiso previo para o 12 de xullo. O Concello de Oroso lamenta a ausencia de Buxos Verdes, ao tempo que destaca o seu traballo na organización deste evento, pero sinala que non había outra data que se acomodara ás axendas dos cinco grupos participantes. De feito, o 12 de xullo é a data libre dispoñible para o maior número de grupos.

Val do Dubra - Aprobados os orzamentos para o 2014 de Val do Dubra

‘Luz verde’ a los presupuestos de Val do Dubra para 2014, que suman 2,78 millones de euros y crecen un 20%
El alcalde Ramón Varela califica de “realistas y prudentes” las cuentas para este año, cuya inversión aumenta un 100% respecto a la de 2013 y se sitúa en 648.000 euros
El regidor destaca que las finanzas locales están “saneadas” y que éstas cuentan al cierre de 2013 con un remanente positivo de tesorería de 500.000 euros

El Concello de Val do Dubra, en un pleno celebrado hoy, dio ‘luz verde’ a sus presupuestos para 2014, que suman 2,78 millones de euros y crecen un 20% respecto a los del pasado ejercicio (2,32 millones de euros). El alcalde de Val do Dubra, Ramón Varela, se mostró satisfecho por la aprobación de las cuentas para este año y calificó los presupuestos de “realistas e prudentes”. El regidor destacó “o esforzo inversor” planteado por el Gobierno local e hizo hincapié en el camino recorrido en los últimos años para conseguir “o actual seneamento da facenda municipal”. El Concello de Val do Dubra logró a lo largo de 2013 amortizar de forma anticipada 150.000 euros y registrar un remanente de tesorería positivo de más de 500.000 euros.

Los presupuestos de Val do Dubra para 2014, que salieron adelante con el apoyo del PP y el voto en contra de la oposición, reflejan unas inversiones por un total de 648.037 euros. El incremento respecto a la inversión del pasado año es del 100%. Este capítulo representó el pasado ejercicio el 12% del total del presupuesto. Y este año supone el 23,3% de las cuentas de Val do Dubra.

El alcalde explicó que las cuentas son realistas porque “os ingresos están estrictamente previstos en función da recadación líquida do exercicio anterior”. Y destacó la “prudencia” y la “contención do gasto” porque se consigue que “os veciños e veciñas no sufran ningunha merma nos servizos que reciben”.

Ramón Varela aportó datos sobre el saneamiento de la hacienda municipal. Las arcas locales lograron durante 2013 amortizar de forma voluntaria y anticipadamente 150.000 euros de su deuda pendiente. La deuda se sitúa en un 31,79%, cuando el máximo permitido es del 110%. El ejercicio presupuestario de 2013 se liquidó con un remanente de tesorería positivo por un importe de más de 500.000 euros. “Podemos considerar que o Concello está totalmente saneado”, apuntó el regidor, quien destacó “o equilibrio das contas municipais”. El regidor de Val do Dubra destaca el esfuerzo por pagar todas las facturas en plazo. El Concello con capital en Bembibre está a día de hoy al corriente de pago con sus proveedores.

Las inversiones previstas para 2014 suman 648.037 euros. La ampliación y mejora de la red de abastecimiento requerirá un total de 241.983 euros. Y el programa de mejora de caminos municipales, financiado con recursos propios y fondos de Agader, suma más de 69.000 euros. En el capítulo de inversiones también figuran obras incluidas en el proyecto del POS 2014 como el camino de Vilar por Xermil hasta San Román (36.000 euros) o la vía que une Seixal por Montemaior hasta el límite del municipio (79.000 euros). Las cuentas para este año también reflejan las obras del programa DCT 2014, entre las que está la reparación de las aceras de Bembibre, Portomouro y Rial (60.000 euros). El acondicionamiento del parque infantil del área recreativa de Bembribre (48.000 euros), se acometerá con recursos propios y fondos de la Administración autonómica.

Las cuentas de Val do Dubra para 2014 no reflejan la Estación Depuradora de Aguas Residuales (EDAR) proyectada para Portomouro, a orillas del río Tambre. El proyecto, que supone una inversión de casi un millón de euros, estará listo a finales del presente verano. La iniciativa fue presupuestada, licitada y adjudicada a través de Aguas de Galicia.

El alcalde Ramón Varela destaca el esfuerzo inversor pese a los tiempos de crisis. Y recuerda que el incremento de los presupuestos y del capítulo de inversiones, en un contexto de reducción de ingresos de las diferentes administraciones que transferían fondos, “débense ás xestións feitas dende o Goberno municipal”. Y destacó, entre otras, las subvenciones para servicios sociales, educación familiar y guardería, orientación laboral y actividades deportivas y culturales. El Concello de Val do Dubra también pondrá en marcha políticas de empleo con la contratación de personal a través de programas de cooperación e integración social, con la contratación de una cuadrilla a través de la Diputación y con el desarrollo de un nuevo obradoiro de emprego.

“Estas contas e as inversións previstas conseguirán dinamizar o noso municipio”, destacó el regidor, quien apostó por conseguir para Val do Dubra “o equilibrio e a sostenibilidade” das súas finanzas municipais.

Axenda e tempo do xoves 3 de xullo - Música, actividades, exposicións

Santiago - actuacións da Banda Municipal 

Santiago - Crechas - na terraza Trio Paraiso Caribe Swing

Santiago - vive o verán

Santiago - Via Stellae 2014.


Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

O Tempo

Psoe Teo - Iniciativa parlamentaria contra os vertidos en Os Verxeles

Iniciativa socialista no Parlamento de Galicia para paralizar o vertido dos Verxeles

En diferentes informes de Augas de Galicia e que deron lugar a expedientes sancionadores, un cunha multa imposta de 18.000 euros, agora paralizado, sinálase que na Estación de bombeo dos Verxeles non se está a bombear a totalidade de augas residuais, o que provoca o vertido de grandes cantidades de augas sen depuración previa de xeito continuo ao regato de Portameneiro, que desemboca no río Tella, a súa vez afluente do Ulla.

Informes desde febreiro de 2011, vídeos na web http://www.youtube.com/watch?v=U2VMVKKKUd8 de maio de 2011, amosan como un grave problema medioambiental, como é o vertido non autorizado de augas residuais a un río, existe desde hai mais de 3 anos, sen ningunha subsanación do tema.

No Pleno do mes de marzo de 2013, o PSOE de Teo presentou unha moción na que se instaba ao Goberno Municipal do Concello de Teo e/ou á Xunta de Galicia que no ámbito das súas competencias, acometesen as obras necesarias para a paralización deste vertido de augas residuais da rede municipal así como á adopción de medidas para a rexeneración medioambiental no Lugar da Palloza, Os Verxeles, Oza.

Unha emenda presentada polo grupo de goberno e só apoiada cos seus votos e aprobada polo voto de calidade do Alcalde, fixo decaer a proposta orixinal socialista, demandando só da administración promotora da obra, a Xunta, a solución dos graves problemas deste vertidos.

As diferencias entre administracións, Concello-Xunta, amosáronse na reunión entre os portavoces municipais e o entón conselleiro Agustín Hernández, o pasado 24 de xullo de 2013, na que se acordou levar a cabo unha medición dos caudais por tramos, para determinar cal é a causa do exceso de caudal na EBAR, se as pluviais filtradas ou unha inicial determinación errada da poboación pola Xunta.

Neste reunión falouse tamén de que en seis meses estaría realizada esta auditoría e poderían determinarse as medidas xa oportunas para a paralización total do vertido.

No último Pleno do mes de xuño, Uxía Lemus preguntou por esta auditoría, e o concelleiro do grupo de goberno Rafa Sisto sinalou que se estaba a acometer este estudo pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, e que agardaban ter os resultados a finais de xullo.

O certo é que o vertido segue a existir, e que a zona segue chea de restos colmatados con materiais de hixiene persoal, e cun forte cheiro a fecais. O PSOE de Teo agardou pacientemente o resultado do estudo das causas deste vertido, que en xullo do 2013 se fixara para decembro dese mesmo ano, e que a 2 de xullo de 2014 aínda non rematou.

Ante esta situación anómala, impulsamos, a través da deputada socialista Patricia Vilán, a presentación de dúas proposicións non de lei para o seu debate en Pleno e na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento de Galicia, instando á Xunta de Galicia a que tome as medidas necesarias para a paralización deste vertido.

Ningunha das administracións implicadas tomaron medida algunha encamiñada a solventar o problema. Todas e cada unha delas botaron balóns fóra. A única resposta existente a este gravísimo problema é un continuo cambio de informes e contra-informes entre a Xunta de Galicia, Augas de Galicia e o Concello de Teo, agora agardando o resultado dun estudo de caudais, sen que ningunha Administración pública proceda a solucionar o vertido nin a degradación medioambiental causada polo mesmo.

Uxía Lemus, concelleira do PSdeG de Teo, sinala que “estamos a utilizar os escasos medios de presión ao noso alcance, tanto no Concello como no Parlamento de Galicia, a fin de que das palabras se pasen aos feitos, se paralice o grave vertido xa denunciado hai mais de tres anos e se rexenere a zona ”.

ANPA Colexio O Pino - Mobilizacións contra o recorte de profesorado

A ANPA DO COLEXIO DE O PINO MOBILÍZASE CONTRA O RECORTE DE PROFESORADO
A Asociación de Nais e Pais do CPI Camiño de Santiago, de O Pino, mostraron onte o seu rexeitamento ao recorte de profesorado que decretou a Consellería de Educación.

En concreto a Consellería ten previsto suprimir 4 mestres que tiñan praza fixa no centro, máis outros 2 provisionais. En total 6 profesores menos respecto do curso que vén de rematar o que, para os pais e nais de alumnos, suporá que se masifiquen as aulas e aumente o índice de fracaso escolar, que xa supera o 30%.

Hai que ter en conta que con este recorte haberá aulas na Educación Primaria que superarán a ratio de 25 alumnos por aula.

Na Educación Secundaria a media pode superar os 30 alumnos por aula, xa que hai que ter en conta que os alumnos que repiten curso non se contabilizan na ratio. Nun edificio, ademáis, no que hai aulas coma o laboratorio ou a sala de tecnoloxía, que son tan reducidas que non hai espazo físico para máis de 20 alumnos.

Ademáis de impedir que poidan facerse desdobres, este recorte de profesorado vai supor a eliminación de mestres de apoio e de reforzo, e de atención a nenos con necesidades educativas específicas, que foron arredor dun 30% no pasado curso 2013-14. Por outra banda, tamén se eliminaría a sección bilingüe que leva funcionando no centro nos últimos anos.

Destaca o feito que os profesores que se recortan son, precisamente, de materias troncais coma matemáticas, lingua castelá ou inglés; materias para as cais na lei están previstos desdobres de aula cando a ratio supera os 20 alumnos.

Membros da ANPA reuníronse o martes con Fermín Álvarez, xefe de Inspección da zona de A Coruña, que non atendeu a razóns de ningún tipo e incluso menospreciou ás nais alí presentes dicíndolles que facía unha mañán moi bonita para ir de compras agora que empezaran as rebaixas, e que ese era o motivo real de que se desprazasen á cidade de A Coruña.

Nunha reunión de urxencia celebrada o martes, os pais e nais de alumnos do CPI de O Pino decidiron por unanimidade emprender accións de protesta, que comezarán hoxe mércores cunha protesta diante do colexio ás 11:30 horas, para despois trasladarse ata o Concello de O Pino onde presentarán escritos de alegacións e solicitarán o apoio e a mobilización do goberno municipal.

As accións de protesta manteranse o tempo que sexa preciso ata que a administración atenda as súas demandas.

Ames - II Edición dos Encontros Culturais no Pazo



Este venres comeza a segunda edición do Festival de verán Encontros Culturais no Pazo coa actuación do grupo Os Cempés, da Cé Orquestra Pantasma e da Requinta da Amaía

O Concello de Ames desenvolverá durante a primeira quincena do mes de xullo a segunda edición do Festival de veránEncontros Culturais no Pazo 2014. O certame comeza este venres, 4 de xullo, coa actuación da Cé Orquestra Pantasma, do grupo amiense A Requinta da Amaía, e do grupo Os Cempés, que presentará o seu último disco,Tentemozo.

Para o vindeiro venres, 11 de xullo, está programada unha actuación de Dani García, que representará o espectáculoDon Gelati. Tamén se representará o espectáculo Os sons do vento que pasa, a cargo de Gonçalo Guerreiro, e como colofón, o grupo Leilía ofrecerá un concerto no que presentará o seu último traballo, CONsentimento.

Todas estas actividades realizaranse nos exteriores do Pazo da Peregrina. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, do programa Cultura no Camiño 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

O Concello de Ames desenvolverá durante a primeira quincena do mes de xullo a segunda edición doFestival de verán Encontros Culturais no Pazo 2014. O certame comeza este venres, 4 de xullo, coa actuación da Cé Orquestra Pantasma, do grupo amiense A Requinta da Amaía, e do grupo Os Cempés, que presentará o seu último disco, Tentemozo. Para o vindeiro venres, 11 de xullo, está programada unha actuación de Dani García, que representará o espectáculo Don Gelati. Tamén se representará o espectáculo Os sons do vento que pasa, a cargo de Gonçalo Guerreiro, e como colofón, o grupo Leilía ofrecerá un concerto no que presentará o seu último traballo, CONsentimento. Todas estas actividades realizaranse nos exteriores do Pazo da Peregrina. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, do programa Cultura no Camiño 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

O programa do festival de verán Encontros Culturais no Pazo 2014 comeza este venres, 4 de xullo, ás 20:00 horas coa actuación de Cé Orquestra Pantasma. Trátase dun espectáculo de animación musical. O clásico home orquestra na súa versión para os máis pequenos, con divertidas melodías e cantigas infantís para que participen xogando, cantando e bailando. De seguido, ás 21:30 horas, actuará o grupo amiense A Requinta da Amaía, que impartirá un obradoiro baseado na participación do público no que, con música en directo, aprenderá unha serie de xogos e danzas de grupo sinxelas e tamén pasos de bailes agarrados (pasodobre, valse, polca, mazurca...).

A actuación principal do primeiro día do festival será o concerto de Os Cempés, que comezará ás 22:30 horas. Este grupo presentará o seu último disco, Tentemozo. O repertorio é unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodías do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo, agás as novas composicións. 

Programa da segunda xornada do festival

O festival de verán Encontros Culturais no Pazo 2014 continuará o venres 11 de xullo. Nesta ocasión, a xornada comezará ás 20:00 horas coa actuación de Dani García, que representará o espectáculo Don Gelati, unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras e a comunicación co público é constante e dinámica. Principalmente, é un espectáculo de maxia de rúa con grande mobilidade. 

Ás 21:30 horas comezará o espectáculo Os sons do vento que pasa, que correrá a cargo de Gonçalo Guerreiro. Trátase dun concerto de fados-pop cantados en galego. Este concerto está promovido pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Os fados acompañados de guitarra eléctrica e pedal de loops, gardan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto á mocidade coma o resto dos públicos.

A segunda xornada deste festival pecharase, ás 22:30 horas, cun concerto do grupo Leilía, que presentará o seu último traballo chamadoCONsentimento. Máis de vinte anos despois do seu debut, Leilía volve sorprendernos cun espectáculo maduro e fiel ás súas raizames. Unha coidadosa posta en escena e una orixinal instrumentación sitúan a CONsentimento entre as propostas máis interesantes da música de raíz actual. 

Obxectivos do festival de verán
O festival de verán, Encontros Culturais no Pazo 2014 ten o obxectivo de impulsar a nosa cultura e a nosa lingua achegándolle á cidadanía produtos culturais de calidade en lingua galega para todos os públicos, especialmente para a mocidade e para un público familiar, debido ás características específicas da poboación deste concello. Tamén se pretende fomentar o interese pola música tradicional, colaborando así na preservación do noso patrimonio inmaterial; dinamizar o e dar a coñecer o patrimonio do Concello de Ames, enchendo de contido cultural un marco singular como é o Pazo da Peregrina de Bertamiráns; e potenciar a participación da cidadanía nas actividades de lecer, de xeito que o público asistente teña un papel activo e non quede só en consumidor pasivo.

Frades - A Xunta pon en marcha a depuradora de Ponte Carreira

A Xunta pon en servizo a depuradora de Ponte Carreira, que eliminará verteduras ao río Tambre tras un investimento de 1,3 millóns de euros
O alcalde de Frades agradeceu a colaboración da Xunta e agarda que este ano podan comezar as obras do punto limpo Frades-Mesía

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asistiu hoxe a posta en servizo dos colectores xerais e da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ponte Carreira (Frades). Nesta visita, Ethel Vázquez estivo acompañada polo alcalde de Frades, Roberto Rey; pola delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo; polo director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira; e polo deputado no Parlamento de Galicia, Miguel Prado Patiño, entre outros. 

A máxima responsable de Medio Ambiente do Goberno galego subliñou que con esta actuación dótase dun servizo de saneamento axeitado á maior parte da parroquia de Gafoi e a parte da parroquia de Ledoira, ademais de supoñer a eliminación de verteduras no río Tambre. Unha actuación que significou un investimento de máis de 1,3 millóns de euros. 

Mellora do río Tambre
Pola súa banda, o alcalde de Frades destacou que esta nova EDAR “vai beneficiar non só aos veciños de Ponte Carreira, Gafoi e Ledoira, senón que tamén vai supoñer unha significativa mellora da calidade das augas do río Tambre, onde temos situada unha fermosa área recreativa e onde municipios como O Pino ou Santiago teñen as súas captacións de auga. Coa posta en marcha desta obra podemos asegurar que esa auga estará moito máis limpa”. Roberto Rey tivo tamén palabras de agradecemento para o anterior conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e para o ex alcalde e deputado autonómico Miguel Prado, “pois foron quen iniciaron este proxecto”.

Así mesmo, Rey Martínez pediulle a Ethel Vázquez que “sigades traendo proxectos a Frades. Espero que este ano comecen as obras do punto limpo conxunto entre Frades e Mesía e que os proxectos para levar o abastecemento a Moar e Añá, que xa están na Consellería, poidan saír adiante canto antes polo ben dos veciños e veciñas de Frades”.

Finalmente, Miguel Prado felicitou á Xunta e á empresa adxudicataria das obras polo bo traballo realizado, especialmente a Gonzalo Mosqueira, quen estivo como director de execución desta obra practicamente ata o seu nomeamento como director de Augas de Galicia. Así mesmo, tivo palabras de especial agradecemento para Agustín Hernández, de quen dixo que “foi o mellor conselleiro que tivo nunca Frades, por todos os proxectos que puxo en marcha”. Así mesmo, lembroulle a Ethel Vázquez a importancia que terá para Frades a aprobación do PXOM, que abrirá “unha nova etapa para a consolidación da poboación e para facerlle a vida máis fácil aos veciños”.

Obras realizadas
As obras que se levaron a cabo consistiron na construción de 5.750 metros. de rede separativa de saneamento na parroquia de Gafoi, conexión da rede existente de Ledoira e estación depuradora das augas residuais; a rede de pluviais: de 680 m. de lonxitude, 555 metros de colectores PVC e 125 m. colectores. Así mesmo reparáronse colectores de pluviais existentes.

Na rede de residuais executáronse algo mais de 5 quilómetros de colectores xerais; fixéronse reparacións en colectores de fecais existentes; un bombeo de 1+1 bombas de 4,4 KW. A EDAR de Ponte Carreira ten unha capacidade para dar servizo a mais de 600 habitantes; un edificio de tratamento de lodos, tratando un caudal medio: 8,5 m3/h e un caudal máximo: 20 m3/h, entre outras actuacións.

Esta acción era necesaria posto que a parroquia de Gafoi, á que pertence o núcleo de Ponte Carreira, tiña unha rede de saneamento unitaria e as augas pasaban por unha depuradora sen mantemento que vertía ao río Tambre, case sen tratamento. A parroquia de Ledoira non tiña rede de residuais. 

Con esta actuación, en Gafoi executouse unha rede separativa de saneamento e, en Ledoira, realizouse un colector de augas fecais que conecta coa rede de Gafoi. As augas residuais procedentes de Gafoi e de Ledoira pasan a verter a unha nova depuradora que pode tratar ata 600 habitantes equivalentes. A EDAR e as canalizacións instaladas se dimensionaron para que no futuro poidan conectarse os restantes núcleos de Ledoira.

Aposta por Frades
Vázquez resaltou que esta obra constitúe un exemplo máis da colaboración institucional que se debe dar nun servizo básico como é a auga. Nas súas palabras non esqueceu lembrar a aposta da súa Consellería polo concello de Frades, o que se traduce nun investimento de máis de 2,8 millóns de euros dende 2009 en actuacións como a construción da EDAR, a mellora de seguridade viaria na travesía de Abellá (onde se investiu preto de medio millón de euros) ou o reforzo de firme localizado nas estradas Ordes-Lanzá. Unha actuación proxectada en dúas fases: a primeira, cun importe de 580.000 euros, supuxo a mellora da Travesía de Pedrouzo en Frades e xa está rematada; a segunda dará comezo na segunda quincena deste mes, cun investimento de preto de 600.000 euros.

Melide - Reunión con Fomento sobre a autovía a Lugo

Os rexedores de Palas e de Melidemanteránunha reunión con responsables do Ministerio de Fomento para informarse sobre a situación da autovía A-54 Lugo Santiago
· Pablo Taboada e Ánxeles Vázquez manteránunha reunión nos próximos días con responsables do Ministerio de Fomento para informarse da situación en que se encontra a autovía Lugo – Santiago. 

· Tanto Palas como Melide son dous municipios afectados pola autovía querendo ser informados de primeiraman os alcaldes de ambas vilas para saber en que punto se atopa o proceso, as expropiacións, entre outras

Tanto Pablo Taboada como Ánxeles Vázquez solicitaron unha reunión con responsables do Ministerio de Fomento fai 15 días para informarse de primeiraman do estado dos tramos que discorren por Palas de Rei e por Melide. A reunión celebrarase nos próximos días ante a preocupación dos dousrexedoresdacordoco trazado da autovía, o estado de expropiación dosterreos así como os proxectos de execución dos tramos que discorren polos dous municipios. En especial no plano turístico, a saída da A-54 Lugo-Santiago no Castelo de Pambre a altura do municipio lugués e no eido industrial a saída do Polígono da Madanela en Melide. Ambos dous alcaldes decidironfacer extensible o convite a Ministra de Fomento, Ana Pastor, para visitar os municipios e explicar de primeiraman o proceso.

Silleda - Entrega do I Premio de Normalización Lingüistica do concello

Entregado I Premio á Normalización Lingüística do Concello de Silleda no sector comercial e as primeiras cartas a restaurantes en tres idiomas

-O alcalde, Manuel Cuíña, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presidiron o acto xunto con representantes do IES Pintor Colmeiro, cos que se levaron a cabo as dúas iniciativas de visibilización do galego.

Onte celebrouse na Casa da Cultura de Silleda, no marco da exposición Silleda no secúlo XIX un acto cultural coa normalización lingüística como protagonista. 

Así, entregáronse o I Premio á Normalización Lingüística do Concello de Silleda no sector comercial e empresarial, que recibiu Emse Deseño Gráfico, e as dúas primeiras cartas de menús en tres idiomas (galego, castelán e inglés) aos restaurantes Carballeira do Chousiño e Restaurante González. 

A concelleira de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística, Margarita Campos, abriu o acto presentando estas dúas iniciativas postas en marcha xunto co IES Pintor Colmeiro e a Secretaría Xeral de Política Língüística, aos que agradeceu a súa participación e implicación.
 
Campos felicitou a José Antonio Gómez Moreira (Emse) , o mozo deseñador gráfico que gañou esta primeira edición do certame así coma aos seis establecementos restantes que concorreron ao premio amosando, como recolle a acta, “un elevado grao de compromiso co idioma galego”. 

En canto ás cartas de menús, unha iniciativa totalmente gratuita para os hostaleiros, a concelleira sinalou que se trata dun proxecto “moi interesante, sobre todo tendo en conta que cada vez son moitos os visitantes extranxeiros que chegan a Silleda a través do Camiño de Santiago” e animou aos establecemetos de Silleda a continuar os pasos destes dous restaurantes, que recibiron as cartas de mans do director do IES, Xesús Fernández Sulleiro, que falou de cómo xurdiu esta idea de colaboración entre o centro educativo e o Concello.

No tocante ao premio de normalización, o profesor Cibrán Arxibai tamén explicou durante o acto o proceso de valoración dos 7 establecementos presentados, que se terán en conta para futuras edicións do certame, facendo unha baremación de distintos ítems nos comercios, realizada polos alumnos/as do Ciclo Medio de Comercio e Superior de Xestión Comercial e Márquetin, representados no acto pola profesora Helena González.

Emse, que acadou a puntuación máis alta, recibiu ademais dun diploma acreditativo, entradas para realizar visitas guiadas ao Museo do Pobo Galego, Casa Museo de Rosalía e á exposición “Auga Doce”, na Cidade da Cultura, así como distinto material lúdico educativo (libros, discos..) por cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O gañador quixo agradecer ao Concello, á Xunta e ao centro educativo este galardón, así como felicitalos pola iniciativa.

O alcalde, Manuel Cuíña, acompañado tamén polo edil de Comercio, Luis Rodríguez, agradeceu o traballo e a “colaboración que sempre atopamos” no IES Pintor Colmeiro, “con iniciativas como esta que redundan en beneficio de todo o pobo”, e eloxiou o apoio de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística “un veciño máis deste concello moi querido en Silleda e que sempre está ahí para todo o que precisamos”, engadiu antes de entregar varios catálogos da mostra Silleda no século XIX, xunto con unha cerámica conmemorativa da exposición ao IES e ao secretario xeral.

Xa por último Valentín García destacou as dúas iniciativas, sinalando que a visibilización do galego “non só hai que facelo dende actos culturais senon tamén dende todos os sectores socioeconómicos”. “Iniciativas coma esta son a proba de que o proceso de normalización avanza”, engadiu.

Así mesmo, no tocante as cartas en tres idiomas, lembrou que dende a Xunta se busca tamén apostar pola promoción do galego na Vía da Prata, “que ten ser un eixo vertebrador de coñecemento lingüístico, que todos os que nos visitan saian de aquí sabendo que temos lingua propia e secularmente coñecida”, engadiu.

Valentín García amosouse convencido no tocante ao premio á normalización que o certame terá continuidade, ofrecendo o apoio da SXPL para vindeiras iniciativas.

Máis de 700 visitas



O acto rematou con unha visita dos asistentes á mostra Silleda no século XIX, que estará aberta ata o vindeiro domingo día 13 de xullo e que leva xa máis de 700 visitas rexistradas dende a súa apertura o pasado 7 de xuño.

FUndación Granell - Presentación da película "Destierro y muerte de un poeta" inspirada en Machado

O Museo Fundación Eugenio Granell presenta hoxe xoves 3 de Julio ás 18.30 h., o filme “Destierro y Muerte de un Poeta” dirixida por Hermindo Medal, baseada na figura de Antonio Machado.

“Destierro y Muerte de un Poeta”, é un documental que ten como marco os episodios vividos polo poeta Antonio Machado na convulsa España de 1936, en plena guerra civil, e a súa implicación na defensa da Segunda República. No ano 1936, o poeta vive no barrio madrileño de Chamberí coa súa familia. Antonio traballa no Instituto Cervantes onde imparte clases de francés, máis debido ás vicisitudes do momento, o poeta vese obrigado a abandonar a ensinanza, e implicarse de cheo na defensa da causa republicana.

Madrid naqueles momentos encontrase baixo os fortes bombardeos da aviación fascista e a vida do poeta corre un gran perigo, por tal motivo os poetas Rafael Alberti e León Felipe, en representación da Alianza de Intelectuais Antifascistas, van o domicilio de Antonio Machado co fin de convéncelo para que abandone Madrid. A partires dese momento o poeta e a súa familia emprende o camiño cara o exilio.

Este documental conta coas valiosas testemuñas de Leonor Machado, Santiago Carrillo, Alfonso Guerra, Rosa Regás ou María Nuría Folch i Pi entre outras. Ademais da aportación de grandes personalidades institucionais como a ex vicepresidenta María Teresa Fernández de la Vega. Esta película proxectouse en diversos países europeos e americanos.