Touro, 17/08/2016 - O Concello de Touro non deixou pasar a ocasión de brindar un recoñecemento dos veciños e veciñas a sete mestres e mestras do Colexio de Fonte Díaz recén xubilados nos últimos dous cursos.
Amosando publicacións coa etiqueta TOURO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TOURO b>. Amosar todas as publicacións
A veciña de Touro Tania Penas, Medalla de Ouro na Olimpiada Nacional de Bioloxía
Máis de 70 nenos e nenas de Touro despediron o ‘Xullo lúdico’
Turismo deseña unha estratexia para os 20 concellos bañados polo Ulla
Abertas as inscricións no obradoiro de emprego Touro- O PIno
Touro, 22/07/2016 - Os desempregados interesados en participar nun novo Obradoiro de Emprego ‘Tambre-Ulla I’, organizado e promovido polos concellos de Touro e O Pino, teñen de prazo para anotarse ata o vindeiro 29 de xullo.
O GDR Ulla-Tambre-Mandeo traballa nunha ruta de sendeirismo de longo percorrido
Os concellos integrados no GDR Ulla-Tambre-Mandeo fixan en Fonte Díaz as medidas concretas e as accións de promoción deste territorio ata finais da década.
Touro programa unha ampla oferta cultural para os próximos meses
Teatro, música e probas deportivas, entre as que están a VII Ruta Río Ulla BTT e a IV Carreira Pedestre, forman parte da programación de Touro ata o outono
O BNG de Touro solicita medidas para evitar o “catastrazo” nas explotacións agrarias
O Goberno do Partido Popular aprobou a finais de 2012 a Lei 16/2012, que incorporaba medidas tributarias en diversos ámbitos, entre eles o ámbito local, modificando a lei do catastro inmobiliario aprobado polo real decreto 1/2004. Con esta lei consúmase un segundo “catastrazo”, ao recoller un proceso de regularización catastral, despois do realizado no 2011 cando se subiran os tipos impositivos aplicables ao IBI.
Os concellos do Ulla proxectan unha ruta fluvial de sendeirismo
Os 19 concellos bañados polo río Ulla (Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Santiso, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Silleda, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Dodro, Catoira e Rianxo), o segundo en relevancia de Galicia e que rega terras das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra proxectan a medio prazo crear unha gran ruta ou camiño fluvial de gran percorrido que descorra polo cauce dende o seu nacemento ata a desembocadura.
O proxecto, que aproveitaría as rutas xa existentes nas dúas beiras e tamén proxectaría novos trazados, está dando os seus primeiros pasos. Esta semana reuníronse en Touro representantes políticos e técnicos dos concellos de Touro, Silleda, Vila de Cruces, Agolada, Palas de Rei, Monterroso, Boqueixón, Vedra, Rianxo, Arzúa, Pontecesures e Dodro para diseñar o programa ‘Goza do Ulla 2016’, que estará pechado a finais deste mes de abril. Os asistentes fixeron una aposta decidida por consolidar este proxecto que pretende poñer en valor, promocionar e proxectar o rico e valioso patrimonio dos territorios que percorre o río Ulla.
O programa ‘Goza do Ulla’, que estará pechado o próximo 22 de abril, cumple este ano a súa sexta edición. A primeira andaina será no mes de maio. Os concellos reunidos esta semana en Touro acordaron elaborar un estudio sobre as posibilidades de creación, aproveitando as rutas xa existentes nas dúas beiras e proxectando novos trazados, e sinalización dunha gran ruta ou camiño fluvial de gran percorrido. Tamén acordaron apostar pola implicación das diferentes administración no finanzamento, promoción e visibilidade do programa ‘Goza do Ulla’, que nesta edición mellorará o material promocional e de márketing. Cada un dos 19 concellos compremeteuse de novo a dar a coñecer os sendeiros do programa e a poñer en valor o seu patrimonio natural e etnográfico vinculado ao río Ulla. Entre as accións a impulsar neste ano están a mellora do mantemento e siñalización dos camiños e da súa promición. Tamén se falou da organización de posibles visitas e actividades complementarias nas que poidan participar os camiñantes que participen nos diferentes roteiros programados durante o ano.
Os concellos integrados no programa ‘Goza do Ulla’ crearán un equipo de traballo para o deseño de material que defina o territorio do Ulla, onde se recollerán as referencias naturais, etnográficas e culturais. Este equipo tamén traballa na posibilidade de editar unha guía para sendeiristas. A maioría dos participantes no proxecto están seguros de que a iniciativa pode dar máis de si e que se poden explotar tamén os eidos culturais e deportivos e darlle un maior peso específico ao carácter cultural e turístico deste territorio.

O novo GDR Ulla-Tambre-Mandeo inicia en Touro o diseño da súa nova estratexia
O novo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla-Tambre-Mandeo encargado de desenvolver o programa Leader 2014-2020, que comenzará a executarse dende finais deste ano e durará ata inicios de 2023, xa comenza a traballar. Os técnicos do novo GDR, que salvo Curtis, que se integra no GDR Mariñas-Betanzos, mantén aos mesmos concellos do anterior GDR (Arzúa, Melide, Boimorto, Santiso, Touro, Toques, O Pino, Sobrado e Vilasantar) mantiveron o martes, 5 de abril de 2016, un encontro de traballo con representantes empresariais, veciñais e sociais do Concello de Touro. Na reunión, que servirá para marcar as líñas de actuación e deseñar unha estratexia co obxectivo de impulsar accións que sirvan para dinamizar este territorio durante os próximos seis anos, participou tamén o alcalde de Touro, Ignacio Codesido.
Os representantes do texido empresarial, veciñal e social de Touro apuntaron que a estratexia de futuro para potenciar a economía do Concello debe asentarse no río Ulla. Entenden que este río ten que exercer de eixo vertebrador e consideran que o territorio debe explorar a súa potencialidade para convertilo nun factor diferenciador capaz de xerar riqueza. Ainda que é cedo para falar de proxectos concretos, quedou claro que o clima benigno de Touro pode aproveitarse para impulsar proxectos vinculados á horta. Tamén se falou da promoción turística deste territorio a través do seu espazo natural coa promoción de rutas de sendeirismo pola beira do Ulla e da potenciación da ‘Ruta do Holandés’, vía alternativa ao Camiño Francés para peregrinos en bicicleta.
Os técnicos do GDR manterán unha ronda de reunións como a feita en Touro esta semana cos representantes dos outros oito concellos. Aí tomarán nota das suxerencias dos representantes sociais e económicos de cada concello para elaborar un documento final que terá que estar listo a inicios de xullo. O informe pretende coñecer como se pode dinamizar a economía rural desta zona e a través de que accións concretas para o aproveitamento dos recursos locais. Os técnicos que poñeran en marcha o novo GDR tamén queren contar coas ideas e suxerencias da poboación en xeral destes nove concellos, para o que farán unha asamblea aberta ao público.
A finais de 2015 finalizou o plan 2007-2013 dos anteriores GDR, xa que se conta con dous anos máis para a execución dos proxectos aprobados. O plan 2014-2020 reflexa unha reestructuración e deixa en 24 os novos GDR, fronte aos 31 de antes. A Xunta pon a disposición un orzamento de 84 millóns de euros, fronte aos anteriores 148 millóns de euros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)