VINTESEIS VECIÑOS E VECIÑAS PARTICIPAN NO CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS ORGANIZADO POLO CONCELLO DE OROSO
Un total de 26 veciños e veciñas participaron esta mañá no curso de manipulador de alimentos, organizado polo Concello de Oroso e que tivo lugar no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro entre as 10:00 e as 13:00 horas de hoxe. Un curso homologado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e que foi impartido por técnicos de Recursos Galicia SL.
A cota de inscrición foron de 22 euros para empadroados en Oroso e de 25 euros para os non empadroados. Este curso estaba especialmente dirixido a persoas que traballen ou desexen traballar en almacéns de distribución de alimentos, supermercados, bares, axuda no fogar, residencia da terceira idade... Ao longo de tres horas, tratáronse asuntos relacionados coa nutrición e coa hixiene e manipulación dos alimentos, ademais de analizar os métodos para a conservación dos alimentos e os riscos que supón a súa alteración.

Ningún comentario:
Publicar un comentario