MANCOMUNIDAD DE ORDES


MÁIS DE 300 PERSOAS ACLAMARON EN TORDOIA AOS 35 DEPORTISTAS E ENTIDADES DEPORTIVAS PREMIADOS NA III GALA DO DEPORTE DA MANCOMUNIDADE DE ORDES

O presidente da Mancomunidade destacou a importancia desta gala “para recoñecer o traballo dos nosos deportistas”

O alcalde de Tordoia anunciou un “ambicioso Centro Deportivo que se converterá nun referente en toda a comarca”

15 de maio de 2010.- Máis de trescentas persoas chegadas dos sete municipios da comarca ordense participaron na noite deste venres na III Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes, celebrada no ximnasio do CPI Pecalama de Tordoia. Unha gala presentada por Xaime Arias e Jessica Figueroa e na que se premiou aos 35 deportistas e entidades deportivas máis destacados no 2009 nos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

O presidente da Mancomunidade de Ordes, Miguel Prado Patiño, felicitou a todos os premiados e premiadas “por facer da nosa comarca un referente no deporte”. Prado Patiño explicou que “a gala do deporte naceu porque botabamos en falta na comarca un acto que servira para recoñecer o traballo dos nosos deportistas” e para “valorar a labor diaria que dende os clubes e asociacións deportivas dos sete concellos da comarca se levan a cabo”.

Pola súa banda, Antonio Pereiro Liñares, alcalde de Tordoia e anfitrión da gala, felicitou aos deportistas e entidades galardoadas por seren “exemplo de xogo limpo e da entrega por superarse e ser mellores”. Así mesmo, destacou que o Concello de Tordoia “vén realizando un importante esforzo para dotarse de infraestruturas deportivas que pronto se verán complementadas cun ambicioso Centro Deportivo que se converterá nun referente en toda a comarca”. 

Entrega de premios

Cada un dos sete concellos que conforman a Mancomunidade de Ordes entregou de tres galardóns aos tres mellores deportistas ou entidades deportivas do curso 2009-2010. Uns premios valorados en 200, 300 e 600 euros para os terceiro, segundo e primeiro clasificados. Ademais, cada municipio entregou unha distinción á mellor promesa e un recoñecemento especial á traxectoria dun deportista ou clube deportivo.

Uns premios que foron entregados polos alcaldes da Mancomunidade e por distintas autoridades deportivas e deportistas invitadas á gala como José Docobo, presidente do Obradoiro; Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo; José García, vicepresidente da Federación Galega de Pesca; Miguel Ramos, vicepresidente da Federación Galega de Iudo; ou Carlos Sanjurjo, vicepresidente da Federación Galega de Caza.


Momentos especiais

A gala desenvolveuse con rapidez e axilidade, a pesar de que os 35 galardoados tiveron ocasión de tomar o micro: uns para contar as súas experiencias, outros para reclamar máis apoios ás súas modalidades deportivas, coma no caso dos dous premiados na modalidade de autocross: Adrián Queijo (2º premio de Cerceda) e José Pena (2º premio de Ordes).

Durante a III Gala do Deporte da Mancomunidade de Ordes tamén houbo momentos especiais, como o protagonizado polo pequeno Martín Losada, un rapaz de apenas seis anos e que foi premiado na categoría Promesa de Tordoia polo seu entusiasmo á hora de patinar (a pesar de que recoñeceu que “patino máis na casa” e que “a familia enfádase”). Un dos premiados máis aplaudidos da noite foi Vicente Cabeza Grela (coñecido como “Vicente Mallo”) do que dixeron que non só foi un gran xogador de fútbol e un gran adestrador, senón que tamén fai unhas boas parrilladas.

A maioría dos premios da noite tiveron aos máis pequenos da casa como protagonistas. Foi o caso de rapaces como Míriam Garabato Liñares (Promesa de Oroso, única rapaza do equipo masculino do Xuventude Oroso e que “é un baluarte na defensa, todo coraxe e técnica”, aseguran os seus adestradores); ou o tracense Adrián Castro Otero (Promesa de Trazo, que acaba de superar dúas probas co Real Madrid e está a unha proba, que fará en verán, de incorporarse á canteira branca).

Sen embargo, foron os máis veteráns os que arrincaron os maiores aplausos da noite. Ademais do nomeado Vicente Mallo, foron especialmente ovacionados os maiores de Mesía que practican o cachibol, unha nova modalidade deportiva semellante ao voleibol que produce moitos beneficios na saúde dos maiores. De feito, estes maiores aproveitaron a ocasión para pedir aos demais concellos da comarca que implanten este deporte para poder organizar unha liga comarcal.

Tamén foron especialmente ovacionados Marcial Iglesias, presidente do Sigüeiro FC; Manuel Juncal Castro (Tordoia), que animou aos pais a apostar polo deporte como xeito de educar aos seus fillos; a asociación cultural e deportiva de Olas (Mesía); e os fradenses Jesús Prado Souto e Manuel Mandayo, que son o cazador con máis antigüidade de Frades e un dos maiores expertos no mundo da pesca na comarca, deporte ao que adica ata 10 horas diarias.



PSOE SILLEDA


                                                            
O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA ANUNCIA QUE XA CONTAN CON PRETO DE 1.000 PERSOAS PARA A XUNTANZA COS VECIÑOS DO DIA 23


15 de mayo  de 2010.- O grupo municipal socialista anuncian que xa contan con preto de 1.000  entradas vendidas para a celebración da Xuntanza cos veciños programada para o día 23, e que o plazo para inscribirse rematará este mércores “esperamos que o longo de estos días seamos quen de superar a cifra das 1.000 persoas”

A venda das localidades para a xuntanza que baixo o slogan de PAULA, MANOLO E LOLI QUEREN COMPARTIR UNHA COMIDA CONTIGO”, celebrarase na carballeira de Silva de Bandeira organizado polo grupo municipal socialista, está indo a un ritmo que sorprende os organizadores “a verdade e que estamos moi contentos coa resposta da xente, e unha satisfacción enorme”

Adiantan que a festa  empezará as 13:00h coa actuación de animación de rúa, con malabares e humor a cargo de PETER PUNK, que habrá hinchables para os mais pequenos e que o final da festa estará  amenizada pola orquestra PRINCIPAL  que empezará a sua actuación as 17:00h na mesma Carballeira

A organización pide que a persoas que ainda non fixeron a súa reserva e teñan pensado acudir solicite a súa entrada o mércores como último día , porque “a magnitude do evento superou as previsións inciais e precisamos de varios días para a organización de todo o necesario na Carballeria”

O Grupo municipal Socialista da as gracias públicas pola “fantástica resposta cidadán que estamos a recibir” e invita os cidadáns que aínda non teñan a súa entrada “a que nos acompañen nun día que vai ser moi especial para os Silledenses”

A venda das entradas faise directamente na sede ou reservando no número de teléfono  986.58.04.36. Tamén teñen entradas a disposición dos veciños os delegados parroquiales socialistas e os afiliados. A comida a base de pulpo e calde o caldeiro,  ten un coste de 17 € para os maiores e de 8 € para os nenos entre 4 e 14 anos

AYUNTAMIENTO DE OROSO


O CONCELLO DE OROSO ABRE O PRAZO
DE INSCRICIÓN NO VERÁN LÚDICO

O programa de conciliación familiar ofrece divertidos obradoiros, xogos e excursións para rapaces de 3 a 12 anos nas mañás de xullo e agosto

14 de maio de 2010.- O Concello de Oroso convoca unha nova edición do programa de conciliación familiar “Verán Lúdico”, que terá lugar durante os meses de xullo e agosto no CEIP de Sigüeiro. Un programa que permite “ocupar o tempo de lecer dos cativos dun xeito divertido e educativo, ademais de ofrecerlles ás súas familias unha alternativa que lles facilite traballar ou descansar durante as vacacións estivais”, explica a concelleira de Educación, Vanessa Reboredo.

O “Verán Lúdico” ofrece obradoiros, xogos e excursións que ocuparán as mañás de xullo e agosto dos nenos e nenas do municipio, de idades comprendidas entre 3 a 12 anos. Unhas actividades que terán lugar en dous horarios: de 7:30 a 15:30 horas ou de 10:00 a 13:00 horas. Entre outras actividades, están previstas saídas á piscina municipal, ao paseo do Río Carboeiro, ao Refuxio ou á biblioteca.

Este programa de conciliación familiar desenvolverase durante os meses de xullo e agosto ao longo de catro quendas de 15 días cada unha. Os pais e nais poderán escoller a quenda na que anotan aos pequenos e mesmo inscribilos nunha, dúas, tres ou nas catro quendas. O Concello de Oroso decidiu manter o mesmo prezo que na edición de 2009, é dicir, 60 euros (en horario de 7:30 a 15:30 horas) ou 42 euros (na quenda de 10:00 a 13:00 horas). Ademais, haberá servizo de xantar para aqueles que o soliciten, cun custo adicional de 5 euros por día.

Os pais e nais que desexen que os seus fillos participen neste programa de conciliación familiar, poderán conseguir máis información no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa (981 69 09 03). 

AYUNTAMIENTO DE AMES


Adxudícase a obra de reurbanización da rúa Travesa do Milladoiro
A Xunta de Goberno local vén de aprobar esta semana a adxudicación provisional da obra de reurbanización da rúa Travesa do Milladoiro á empresa Construcciones Ponciano Nieto SL por un importe de 312.180 euros, IVE incluído. Este proxecto está sufragado integramente pola Deputación da Coruña a través do Plan anticrese posto en marcha polo organismo provincial e mediante o convenio denominado O Milladoiro o que está por ver. Deste xeito ampliaranse as beirarrúas e construírase un parque infantil co obxectivo de converter esta rúa en peonil. Esta obra únense a realizada na rúa de Anxeriz e ao proxecto de reurbanización da Travesía do Porto. O goberno municipal pretende humanizar as principais vías do Milladoiro co fin de favorecer o transito peonil.
O Milladoiro é a localidade amiense que máis poboación concentra cun total de 11.376 habitantes. Nos últimos tempos este núcleo urbano está medrando a pasos axigantados e un gran número de comerciantes elixen esta localidade para montar os seus establecementos comerciais e hostaleiros. Isto implica unha resposta por parte do Concello que está realizando unha serie de proxectos e obras para que O Milladoiro sexa un lugar máis axeitado para vivir e mercar. O goberno municipal está tratando de eliminar o tráfico rodado das principais rúas desta localidade e favorecer así o tránsito dos peóns que circulan por estas vías.
Seguindo está liña de actuación executouse a obra de reurbanización da rúa de Anxeriz que se rematou a finais do mes de marzo e que permitiu minorar o tránsito de vehículos por esta vía, que pasou a ser de sentido único, favorecendo a vida dos veciños e veciñas que residen nesta zona mediante a ampliación das beirarrúas e a colocación de diversas árbores que lle dan un aspecto moito máis habitable. Por outra banda estase traballando para executar o proxectado de urbanización da Travesía do Porto, que se converterá no principal viario da zona norte desta localidade. Estas obras enmárcanse no proxecto que está levando a cabo o Concello de Ames co fin de humanizar as principais vías do Milladoiro.
Outra das vías que se van a reformar é a rúa Travesa. Despois de que a comezos do mes de xaneiro se iniciase o proceso de contratación esta semana a Xunta de Goberno local aprobou a adxudicación provisional da obra para reurbanizar esta rúa do Milladoiro. A empresa Construcciones Ponciano Nieto SL será a encargada de humanizar unha das principais rúas do Milladoiro e convertela nunha vía peonil. Este proxecto encadrase dentro do Plan denominado O Milladoiro o que está por ver. Agora a empresa adxudicataria terá que presentar a documentación que se lle require para elevar a definitiva a devandita adxudicación.
As obras consistirán na construción dun parque infantil na zona superior da rúa que conecta coa rúa Agro do Medio e a ampliación das beirarrúas. Na zona inferior deixarase unha vía de tres metros de ancho para facilitar o tránsito ocasional dos vehículos co fin de que os coches dos veciños e veciñas que residen neste lugar poidan acceder aos seus garaxes. Deste xeito eliminarase o tránsito rodado nesta zona e será unha rúa exclusivamente peonil.

O proxecto recolle a demolición dos pavimentos actuais e a modificación total da sección existente creando un espazo eminentemente peonil en todo o contorno deixando un só carril de acceso e saída dos garaxes privados existentes nas edificacións. Este carril terá un acabado de formigón e contará cun ancho de tres metros. Esta vía está destinada a dar servizo aos veciños e veciñas que residen nos edificios desta zona, pero só terá un tránsito rodado ocasional. Esta actuación acometerase na parte inferior da rúa que conecta coa rúa Anxeriz. Ademais ampliaranse as beirarrúas pasando a ter un ancho de seis metros. Estas modificación levaranse a cabo nun tramo da rúa que comprende arredor dos 16 metros de lonxitude.

Parque infantil
Na parte superior da rúa que está conectada coa travesía Agro do Medio está proxectado un espazo central de xogos infantís que abarca unha superficie de 300 metros cadrados. No chan instalarase pavimento de caucho co obxectivo de minorar o dano que se provoquen os cativos ao caer. Ademais en todo o contorno desta rúa instalaranse bancos e novas luminarias que lle darán un aspecto máis moderno a toda esta travesía. Co obxectivo de humanizar este lugar tamén se plantarán varias especies de árbores.

Por outra banda a rede saneamento existente non se vai transformar a excepción da reparación dos pozos de rexistro e a substitución das tapas de formigón por tapas circulares de fundición homologadas co indicativo municipal indicando que se trata da rede de saneamento. Na rede de abastecemento de auga potable só se propón executar un cruce na rede existente coas súas correspondentes válvulas de corte na intersección da propia rúa Travesa coa rúa Agro do Medio. Tamén se terá que executar unha nova acometida a unha fonte bebedeiro de nova implantación.

Este proxecto está financiado integramente pola Deputación da Coruña a través do Plan Provincial de axuda contra a crise de 2009 (PAC-2) e o convenio denominado O Milladoiro o que está por ver. Así a contía total destas obras ascende a un total de 312.180 euros, IVE incluído. A empresa adxudicataria rebaixou o prezo de licitación en 46.195 euros.

Segundo o alcalde de Ames, Carlos Fernández, as obras que se levarán a cabo na rúa Travesa "responden ás demandas da veciñanza de humanizar a zona, creando áreas libres para o esparexemento e o ocio. Nesta rúa contémplase a creación dun espazo eminentemente peonil en todo o seu ámbito”.




PP ARZUA


El PP lamenta la falta de planificación en las obras de la calle del IES de Arzúa y denuncia los perjuicios que ocasiona a los escolares

·        La representante popular denuncia que, a pesar de la inversión de más de 800.000 euros, no se haya tenido en cuenta un paso alternativo para los alumnos, que tienen que caminar 300 metros para llegar al centro educativo

·        Aldasoro informa de que en el próximo pleno los populares presentarán una iniciativa para que se revise el proyecto y se garantice el acceso seguro de los escolares al centro

Arzúa, 14 de mayo de 2010.- La Portavoz del Partido Popular de Arzúa, Leyre Aldasoro, lamenta la falta de previsión y de planificación del Concello en las obras de las Rúas Castro y Mera y denuncia los consiguientes perjuicios que les están ocasionando a los escolares del IES de Arzúa. En este sentido, la representante popular lamenta que, a pesar de los 800.000 euros invertidos por el Ayuntamiento y de los terrenos que la Consellería de Educación cedió para la acometida de las labores, no se haya tenido en cuenta una vía provisional para que el transporte escolar accediera directamente al centro escolar.

Por ello, Aldasoro anuncia que en el próximo pleno municipal los populares presentarán una iniciativa para que el alcalde “recapacite y cree un acceso al centro, con el fin de que los alumnos no tengan que circular 300 metros por una vía sin la seguridad correspondiente”. Los populares se hacen eco de las quejas de los usuarios del transporte escolar y de los agentes implicados, que a diario se enfrentan a un peregrinaje hasta el centro en muchas ocasiones con condiciones climatológicas adversas. “Lamentamos que por culpa de la falta de planificación del actual alcalde los autobuses tengan que dejar a los niños en la calle Baltasar Pardal”, denunció Aldasoro. “Es inaudito –continuó- que un Gobierno Local no tenga en cuenta estas situaciones y cree situaciones de riesgo por no hacer previamente una planificación seria”.

La Portavoz Popular se muestra disconforme, además, con el nuevo sentido de circulación que tiene la calle, ya que los niños a la hora de acceder al centro tendrán que cruzar la vía, con el consiguiente riesgo que eso conlleva. Para facilitar la seguridad en estas maniobras, los populares propondrán la realización de un estudio para cambiar el sentido de circulación en esta calle y dejar, además, un espacio reservado para el transporte escolar. Del mismo modo, los populares muestran su descontento con la ubicación de los nuevos pasos de cebra, ya que están situados en las mismas intersecciones de la calle. 

AYUNTAMIENTO DE AMES


Solicítase unha axuda para facer reformas na Casa do Concello

[14/05/2010] A Xunta de Goberno local acaba de aprobar a solicitude dunha axuda á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para realizar obras de reforma nas instalacións da Casa do Concello. Estes traballos consistirán en adaptar o ascensor que hai no edificio consistorial ás normas do Código de Accesibilidade. Esta proxecto ten un custo de 62.723 euros. Para sufragar esta contía solicitase unha axuda de 50.178 euros mentres que a Administración local terá que achegar a diferenza que é de 12.545 euros.
No edificio da Casa do Concello, situado en Bertamiráns, desenvolvese a maior parte da actividade administrativa e de atención á cidadanía. Para iso é preciso dispor dunhas instalacións modernas e adaptadas ás necesidades de todos os veciños e veciñas amienses. Co fin de substituír o actual ascensor por un máis moderno e que cumpra as normas do Código de Accesibilidade, a Xunta de Goberno local, vén de aprobar a solicitude dunha axuda á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para levar a cabo a devandita obra.

A Casa do Concello data do ano 1990 e dispón dunha planta soto, planta baixa e dúas plantas altas. Na primeira planta ou planta nobre emprázase o salón de plenos, o departamento de alcaldía, e o despacho de secretaría, entre outros. Na planta superior atópanse as oficinas de atención ao público das concellarías municipais, e diferentes departamentos municipais.

A comunicación vertical entre as diferentes plantas resólvese a través dun ascensor. Tendo en conta a antigüidade desta instalación que xa supera os 20 anos e o desgaste que sufriu polo elevado uso, xunto coa falta de prestacións cara accesibilidade, é preciso proceder á substitución do equipo completo do ascensor actual por un novo con equipamento hidráulico.

Para realizar as obras de rehabilitación e adaptación do ascensor da Casa do Concello é necesario desmontar o equipo actual. Posteriormente haberá que realizar a instalación completa do novo equipo e o revestimento dos ocos das portas e do chan afectado polas obras. Os traballos que se teñen que executar están limitados pola estrutura portante do edifico, polo que non se modifica o tamaño do oco do ascensor. Tendo en conta estas limitacións físicas, proxéctase un novo ascensor que se adapte as preinscricións que establece a normativa de accesibilidade.

Deste xeito mellorarase notablemente a accesibilidade dos cidadáns con mobilidade reducida ás instalacións municipais. A nova xeometría da cabina adáptase mellor ás esixencias polo Código de Accesibilidade, xa que establece unhas dimensións maiores de profundidade que de longo.

Deste xeito as prestacións da cabina cumprirán coas esixidas polo Código. Así a nova instalación estará nivelada co pavimento exterior e disporá dunha varanda interior de deseño anatómico, botoeiras interiores e sinalización exterior con botóns en relevo e Braille, sinal acústica tanto no exterior como no interior para indicar a parada e apertura de portas, portas automáticas en cabina e piso, mantendo o paso da porta actual a fin de diminuír a profundidade da cabina.

O custo das obras que se recollen neste proxecto ascende a 62.723 euros. Esta contía preténdese sufragar a través da axuda solicitada á Xunta de Galicia que ascende a un importe de 50.178 euros. Ademais a Administración local terá que achegar 12.545 euros.

AYUNTAMIENTO DE MELIDE

Inaugúrase en Melide a exposición “Represión lingüística”

·         A mostra, promovida pola Deputación, pode visitarse no Multiusos ata o 31 de maio, e está composta por paneis e tamén por material audiovisual nos que se narran historias da represión lingüística.

·         Esta mañá foi inaugurada pola alcaldesa e o deputado de Normalización Lingüística Xoán Manuel Sande.
Dende este venres, 14 de maio, e ata o 31 de maio, todas as persoas que se acheguen á Sala de Exposicións do Multiusos de Melide poderán visitar a exposición Crónicas da represión lingüística, que promove a Deputación da Coruña e que estivo xa noutros concellos da provincia.

A mostra é unha recompilación de vivencias e momentos que testemuñan a verdadeira represión lingüística sufrida polos galegofalantes a partir do levantamento militar do 1936, e que se presentan tanto de forma gráfica a través de paneis, como en formato audiovisual, por medio de dúas pantallas integradas na exposición.

A construción narrativa da exposición baséase en pequenos relatos, historias da vida cotiá acaecidas nesa época, que dan fe da represión lingüística sufrida polos galegofalantes.

A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, presentou xunto con outros membros do goberno, a exposición, que foi inaugurada polo deputado de Normalización Lingüística Xoán Manuel Sande.


BNG AMES


HABILITACIÓN DE ESPAZOS PARA CANS NOS PARQUES PUBLICOS

Na sociedade actual, son moitas as familias que contan con animais de compañía, especialmente cans. Calcúlase que en máis do vinte por cento dos fogares no Estado Español hai un can , e en cada fogar viven dúas ou tres persoas. Por tanto este é un asunto que afecta a un importante número de cidadáns directamente.
A dia de hoxe, é unha característica máis de sociedade urbana do século XXI, e estes animais de compañía convertíronse nun usuario máis  dos nosos espazos colectivos.
 Estes animais ademais de ofrecer compañía aos seus donos, teñen as súas propias necesidades: de ocio, hixiénicas, de saúde, de socialización, etc. É evidente que a falta de alternativas a estas  necesidades,  xunto co incivismo de moitos propietarios, provocan situacións de insalubridade nas rúas  e nos parques, co conseguinte malestar dos cidadáns.
A convivencia  cos mesmos ocasiona novas necesidades, que se traducen en deberes e dereitos, tanto para os propietarios como para o resto da cidadanía. Pero a solución  non pasa por agochalas, nen por enfrentar a uns contra outros, aos veciños contra os propietarios, ou viceversa, senón por compaxinar os dereitos de uns e outros, e dotármonos de alternativas que procuren a convivencia entre todos e todas.
No noso concello podemos comprobar a diario como moitos dos nosos veciños e veciñas, posiblemente centenares,  pasean con estas mascotas polas rúas dos núcleos urbanos de O Milladoiro e Bertamiráns. E estes carecen de espazos específicos  para levar os seus cans  para que satisfagan as súas necesidades  de ocio, deportivoas, hixiénicas ou de socialización.
A dia de hoxe xa hai algúns concellos galegos ( A Coruña, Sada, Lugo, Pontevedra, Ferrol...) que habilitaron espazos para cans en parques públicos que permiten que estes satisfagan as  súas necesidades tanto hixiénicas, como de ocio e de socialización. Estas areas son ben acollidas pola cidadanía en xeral, tanto polos propietarios dos cans como por outras persoas amantes dos animais, e polos mesmos  veciños e veciñas  aos que lle desagrada velos correndo polos parques e compartir con eles as zonas públicas.
Por todo isto , o grupo municipal do BNG propón á consideración do Pleno:

1.    Que se habiliten zonas específicas para cans nos  Parques Públicos  do noso concello.

AYUNTAMIENTO DE TEO


OS MAIORES DE TEO CELEBRAN AS LETRAS GALEGAS NOS COLEXIOS



·        A concellería de Benestar traballa cos maiores na recuperación da memoria histórica e hoxe estiveron en Calo e na Ramallos afacendo lectura de textos e poemas de autores galegos


14 de maio de 2010. Os centros educativos  CEIP A Ramallosa e CEIP de Calo acolleron esta mañá unha actividade para celebrar o 17 de maio, Día das letras galegas, en colaboración coa concellería de Benestar. Ademais do alumnado e do profesorado hoxe visitaron os colexios as persoas maiores de Teo (de Recesende, Oza e Calo) para facer lecturas de distintos poemas e textos de autores e autoras galegos que elas e eles mesmos escolleron para a ocasión.

Esta actividade está enmarcada dentro dun proxecto de recuperación da memoria histórica, que se está a levar a cabo a través do departemento municipal de Benestar, dirixido por Carmen Diéguez e coordinado pola empresa Xeneme, intervención social. Os obradoiros teñen lugar nos centros sociais das parroquias de Recesende, Oza e Calo, e neles participan ó redor de trinta persoas maiores.

Dentro desta iniciativa e coa recollida realizada con estes grupos de traballo vaise presentar un material titulado: PALABRAS MAIORES: refráns e palabras de Teo, que recolle distintos refráns que fan referencia ao tempo, ás colleitas, etc. que será obsequiado ós centros educativos e ás persoas maiores, protagonistas da edición.

As xornadas de celebración das letras galegas realizáronse durante a mañá en Calo e na Ramallosa, facéndose lecturas de textos en galego e presentando o refraneiro.

AYUNTAMIENTO DE BRION


O CONCELLO DE BRIÓN ORGANIZA UN CURSO GRATUÍTO PARA APRENDER A DARSE DE ALTA COMO AUTÓNOMO

A oferta formativa complétase cun curso de contabilidade e obrigas fiscais para as asociacións

12 de maio de 2010.- A economía será a gran protagonista dos cursos formativos do Concello de Brión para o mes de xuño. Así, o Concello brionés organiza un curso gratuíto para aprender os trámites para darse de alta como autónomo, unha opción de autoemprego nestes tempos de crise económica.

Este curso terá unha duración de catro horas, en hroario de 20:00 a 22:00 horas, terá lugar no centro social polivalente o martes 25 e o xoves 27 de maio. A participación é de balde, se ben é preciso anotarse antes do 19 de maio na casa da cultura ou no teléfono 981 509 908.

Así mesmo, o Concello de Brión, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, organiza tamén un curso de contabilidade e obrigas fiscais para asociacións. Trátase dun curso de 12 horas lectivas dirixido especialmente ás asociacións do municipio, tanto para as que xa están operativas como para os que desexen montar unha.

O curso terá lugar no telecentro de comunicacións de brión os sábados 5, 12 e 19 de xuño, en horario de 10:00 a 14:00 horas. A cota de inscrición é de 15 euros e a admisión farse por orde de inscrición. Para anotarse, os alumnos terán que facelo on-line a través da páxina web: www.voluntariadogalego.org.

AYUNTAMIENTO DE TORDOIA


TORDOIA REPARTIRÁ ESTA FIN DE SEMANA MÁIS DE 150 QUILOS DE RIXÓNS NA FESTIVIDADE DE SAN ISIDRO

As orquestras Cibeles e Marca amenizarán a xornada, onde non faltarán os xogos infantís e a degustación gratuíta deste producto

14 de maio de 2010.- Os veciños e veciñas do Concello de Tordoia apuran os últimos preparativos para a celebración da popular Festa do Rixón, que esta fin de semana celebra a súa décimo primeira edición na Pontepedra (parroquia de Cabaleiros). Con motivo da festividade de San Isidro Labrador, as celebracións comenzarán mañá sábado, 15 de maio, cunha gran verbena a cargo da orquestra Cibeles. O día grande será o domingo, cun marcado carácter culinario, xa que durante a xornada calcúlase que se repartirán máis de 150 quilos de rixóns.

A xornada do domingo comezará a partir das 13.30 horas cunha misa solemne. Logo da sesión vermú a cargo da orquestra Marca, comezará a degustación gratuíta de rixóns en todos os establecementos da Pontepedra para que todos, veciños de Tordoia e visitantes, se poidan achegar a degustar este manxar. Durante a tarde, ademais, os máis novos poderán desfrutar de diversos xogos infantís e inchables para os pequenos.

A velada rematará cunha verbena a cargo da Orquestra Marca, que amenizará a noite da Pontepedra ata altas horas da madrugada. O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, anima a todos os veciños a tomar parte nesta tradicional festividade para a que se agarda que acodan máis dun milleiro de persoas.

AYUNTAMIENTO DE OROSO


O CONCELLO DE OROSO PROMOVE UN CURSO DE AUTOMATIZACIÓN NO MARCO DA SÚA AULA MENTOR

É un curso de 130 horas que, unha vez superada a proba final, dá dereito a un certificado de aproveitamento do Ministerio de Educación

14 de maio de 2010.- O Concello de Oroso vén de ampliar a súa oferta formativa coa convocatoria dun curso de “Deseño de circuítos pneumáticos e electropneumáticos”, dirixido a aqueles profesionais que desexen iniciarse no mundo da automatización. Un curso de 130 horas lectivas que, unha vez superada a proba final, dá dereito a obter un certificado de aproveitamento expedido polo Ministerio de Educación.

Ao longo do curso, os alumnos aprenderán a gobernar cilindros pneumáticos utilizando como enerxía de manobra a pneumática (circuítos pneumáticos) e a electricidade (circuítos electropneumáticos). É dicir, saberan como organizar circuítos con aire comprimido para facer funcionar maquinaria industrial. Un curso que poderá realizarse dende o domicilio particular do alumno ou ben dende a Aula Mentor “Educaoroso”.

Este curso de automatismos enmárcase dentro da oferta da Aula Mentor “Educaoroso”, que na actualidade oferta máis de 130 cursos formativos. A Aula Mentor ofrecerá aos alumnos un ámbito virtual de aprendizaxe que facilitará o acceso a materiais, avaliacións e exercicios prácticos. Ademais, facilitará o contacto co titor da materia, que resolverá as dúbidas e fará un seguimento efectivo da aprendizaxe dos alumnos a través do correo electrónico ou outras ferramentas de comunicación.

Para participar neste curso só é preciso ser maior de 18 anos e encher un formulario na páxina web da Aula Mentor, á que se accede dende a web municipal www.concellooroso.com.

AYUNTAMIENTO DE AMES


A rede municipal de recollida de pluviais esténdese ata Biduído de Abaixo

A Xunta de Goberno local ven de aprobar o inicio de expediente para a contratación da obra de canalización dos pluviais no lugar de Biduído de Abaixo. Este proxecto está incluído no POS adicional 2009 e terá un custo de 92.468,17 euros. A Administración local aportará 54.353,20 euros, mentres o organismo provincial achegará 38.117,97 euros. A dotación dunha nova rede de pluviais permitirá que non haxa asolagamentos neste lugar cando se produzan choivas de xeito intenso durante varios días.

O goberno municipal iniciou as xestións para contratar a obra de canalización de pluviais no lugar de Biduído de Abaixo. Este proxecto está incluído no Plan de Obras e Servizos Complementario do ano 2009. Mediante este plan provincial acometéronse varias obras para completar a rede de saneamento por varios lugares das parroquias amienses. Ademais tamén se dedicou unha partida da achega da Deputación da Coruña para mellorar o estado das estradas e camiños do rural.

As baixas que se produciron na licitación de obras incluídas neste plan permiten executar esta obra de vital importancia para a parroquia de Biduído. A nova rede canalizará os pluviais do lugar de Biduído de Abaixo para evitar que se produzan asolagamentos nos meses que chove con maior intensidade. Así, este lugar pasará a dispor dun servizo que é moi necesario para esta parroquia. Para poder acometer esta obra a Administración local está realizando unha transferencia de crédito para dispor de máis de 50.000 euros que se investirán neste proxecto.

Continuando coa rede municipal de recollida de pluviais este proxecto contempla a canalización de 695 metros de tubaria de PVC, dos que 445 metros serán de 400 milímetros de diámetro e os restantes, 250 metros de 315 mm. Ademais haberá que realizar os correspondentes pozos de rexistro con sumidoiro na calzada. Antes de instalar as tubarias será preciso escavar as faixas polas que discorrerá a canalización. Unha vez instalada rede de canalizacións procederase a reposición do pavimento afectado pola execución das obras. 

Aínda que inicialmente non estaba prevista esta inversión municipal, o goberno local cre que debido a importancia do proxecto deben realizar un esforzo económico para poder acometer esta obra o antes posible. Debido a que ata o de agora non está aprobado de xeito definitivo o presuposto municipal para este exercicio, xa que está en período de exposición pública, foi preciso realizar unha transferencia de crédito.

Este proxecto ten un custo de 92.468,17 euros, dos cales 54.353,20 serán achegados pola Administración local e 38.114,97 son aportados pola Deputación da Coruña.

AYUNTAMIENTO DE TEO


O CONCELLO CONTRATA O AFIRMADO DO VIAL CARBALLAL-CRUCE DAS PONTES E O RAMAL DO CENTRO MÉDICO EN CALO


·        A obra está adxudicada provisionalmente a Martínez Montes que ofertou un prezo de 97.663 € e un prazo de execución de moi poucos días


12 de maio de 2010. O Concello de Teo está contratando a obra de afirmado e acondicionamento do vial Carballal-cruce das Pontes e o ramal do centro médico en Calo. Esta obra está adxudicada provisionalmente á empresa Martínez Montes, que ofertou un prezo de 97.663€  e un prazo de execución de só catro días.

A obra quedará rematada durante o mes de xuño xa que nas próximas semanas a adxudicación elevarase a definitiva. Nesa zona estivéronse realizando obras de saneamento e abastecemento nas últimas semanas e aínda están pendentes algúns enganches polo que a obra de asfaltado non comezará ata que estes rematen. Entre o vial principal e o ramal do centro médico actuarase nunha lonxitude de máis de dous quilómetros. As actuacións proxectadas permitirán a mellora do estado da plataforma, da superficie de rodaxe e da seguridade para a circulación dos vehículos e dos peóns.

Esta obra discorre dende a carretera recentemente arranxada nas inmediacións da Carballeira de Adrán ata o cruce das Pontes, que conflúe coa estrada que vai de Balcaide a Calo, tamén aglomerada nos últimos meses. Deste xeito as arterias principais da parroquia de Calo, que unen núcleos importantes de poboación quedan acondicionadas en aglomerado. 

AYUNTAMIENTO DE MELIDE


Melide adxudica as obras de mellora dunha pista polideportiva na parroquia de Gondollín

·         A Xunta de Goberno Local celebrada hoxe adxudicou a obra por un importe de 16.500 euros.

O Concello segue reforzando así a política deportiva a través da adecuación e creación de novas instalacións



O Concello de Melide deu luz verde hoxe ás obras que rehabilitarán unha pista polideportiva no lugar da Garea, na parroquia de Gondollín. O proxecto suporá a reforma dun recinto de 15x34 metros, hai anos empregado coma patio da escola unitaria desta parroquia, e que se atopaba en situación moi deteriorada.

As obras, que se iniciarán nos vindeiros días, consistirán na colocación dunha nova capa do firme, sobre a que se realizarán traballos de pintura que incluirán marcaxe de liñas para a práctica de distintas modalidades deportivas. Ademais, o Concello instalará un peche perimetral novo con malla plastificada, para delimitar o terreo de xogo. Por outra parte, instalarase equipamento deportivo novo, como porterías e luces, para deixar a pista en condicións óptimas para a práctica do deporte.

O concelleiro de Deportes, Antonio Varela, destacou que “dende o Concello queremos impulsar a creación de novas instalacións deportivas, como foi o caso das pistas de pádel ou das dúas pistas multideportivas que están xa en funcionamento, pero ademais queremos tamén mellorar os recintos xa existentes no rural, dotándoos de mellores servizos e realizando as actuacións que sexan necesarias para adaptalas ás mellores condicións da práctica deportiva”.
A empresa encargada de facer esta obra será a firma deportiva local Sport-equipalia S.L. 

AYUNTAMIENTO DE BOQUEIXON


CURSOS DE FORMACION OCUPACIONAL EN BOQUEIXON.


O Concello de Boqueixón  vai a organizar nos vindeiros meses unha serie de accións formativas enfocadas ós desempregados do concello.
Así para finais do mes de maio darán comezo dous cursos que teñen as novas tecnoloxías como temática, un deles de informática de usuario e outro de iniciación á rede Internet.
Máis adiante no mes de xullo terá lugar o curso de  Mantedor Reparador de Edificios.

Estes cursos están organizados dentro de PLAN AFD e financiados polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar como medida de formación e para  aumentar as súas posibilidades de inserción laboral. 

AYUNTAMIENTO DE ROIS


CONCELLO de ROIS

3ª CAMIÑATA POR PARELLAS
SABADO, 26 de XUÑO DE 2010
  
SAIDA: 18:00               CHEGADA: 21:30

PUNTO ENCONTRO:   Poli. Mpal. Rois (Crta. Padron-Noya, Km 4)


ORGANIZAN: CONCELLO ROIS e ASOC. COLECTIVO REMONTE

PATROCINA: CONCELLO de ROIS

INFORMACION:   630.708.435 / www.andainabisbarradosar.com

 HABERA: APARCADOIROS, DUCHAS, SORTEO DE AGASALLOS e  ao FINAL PINCHOS PARA OS PARTICIPANTES.

Estimadas/os amigas/os:

Sobor o día 20 xa vos mandaremos detallado o percorrido. Será de dificultade baixa, aprox. 15 Kilómetros, para que o poidan rematar, incluso, persoas con unha mínima preparación. Hoxe xa vos enviamos a ficha de inscripción.

Adiantovos que haberá: 2 controis intermedios, no que as duas persoas que formen a parexa terán a obrigación de pasalos xuntos e 1 avituallamento (agua e froita).

O noso desexo e acadar o maior nº de participantes, pois a proba ten como obxetivo, ademais de promociar a actividade deportiva entre persoas de diferentes idades e o respecto pola natureza, favorecer o diálogo e aumentar a amizade. E polo que vos pedimos que publicitedes esta marcha entre coñecidos,amigos,compañeiros,veciños,……..

BNG AMES


O  BNG  denuncia o retraso na execución da mellora na estrada en Buceleiras.
Esta obra é responsabilidade da Consellaria de Medio Rural.




Ames. 12 de maio de 2010. O  BNG  denuncia o retraso na execución das mellora na estrada en Buceleiras, proxecto incluído no Programa extratexico de infraestruturas no Medio Rural ( Peim Rural) no ano 2009, da Consellaria de Medio Rural .
A Xunta de Goberno, na súa reunión do 21 de xaneiro de 2009, aprobou o proxecto “ Camiño funil de Buceleiras e outros “ elaborado por Estudio Técnico Gallego, para a súa inclusión no  Peim Rural do ano 2009, da Consellaria de Medio Rural.

Desde hai varios meses, a Consellaria colocou un panel anunciador das obras, mesmo inicio algúns labores de limpeza, pero se continuou coas obras , e o traballo principal de  de asfaltado desta via ainda non se executou a día de hoxe.

Dado a situación de grave deterioro que ten esta estrada, e o seu importante tráfico, o BNG considera necesario que se acometan urxentemente as obras de mellora prevista no proxecto.

Tendo en conta que o Concello de Ames é a Administración propoñente dos proxectos a executar, e a Consellaria de Medio Rural a responsable da execución da obra, o BNG ven de remitir un escrito á Alcaldía para  que se dirixan á Consellaría instando a axilizar a execución da mesma.

BNG AMES


O INTERESE CIDADÁN O PRIMEIRO
Conseguimos que o Orzamento Municipal de Ames incorporase importantes proxectos que a veciñanaza ven demandando desde hai tempo, como o Transporte no Medio Rural, que o Goberno Municipal comprometese por escrito unhas datas para iniciar as execución dos proxectos, que se aumenten as axudas ás asociacións, aos clubes e ás familias  nun 20%, e que se marque o obxectivo do pago a 90 días aos proveedores e contratistas, a maioría pequeñas empresas do concello…. Como se ve nen estivemos calados nen damos cheques en branco. 
¿ A alguén parécenlle motivos pouco consistentes para permitir a aprobación do orzamento municipal ?  Quizais a aqueles que están posicionados exclusivamente no interese partidista do “sácate ti para poñerme eu “. Pero calquera que pense no interese cidadán coincidirá que tanto os proxectos incorporados como os compromisos adquiridos supoñen unha mellora extraordinaria dos orzamentos. Velaí a diferenza entre o o BNG e o PP.
Os orzamentos non son os nosos, pero de aí a facer unha descalificación absoluta vai moito camiño. Non teñen nada que ver cos do 2008. Aqueles foron un fiasco e cadaquén xa se retratou e o tempo deu e tirou razóns. Ademais das propostas incorporadas, compartimos o importante gasto social que recolle o orzamento, moitos proxectos que nós puxemos a funcionar na pasada lexislatura, como os comedores escolares, os programas de conciliación,ou a implantanción de un verdadeiro programa cultural e deportivo.  
¿ Entón porque non lle demos o voto favorable ? pois porque o actual  Goberno Municipal segue sen facer un verdadeiro recorte de gasto improductivo, segue sen aproveitar adecuadamente os recursos técnicos municipais, estima ingresos por riba do que sería prudente, insiste no autobomobo e na propaganda…Por iso non é o mesmo o BNG e o Psoe, por moito que o PP, por estratexia electoral, nos meta no mesmo saco. A oposición do BNG é razonada e con propostas; a do PP é túzara e “indocumentada”.
¿ E se non se cumpre o acordo ? Entón será responsabilidade exclusiva do Goberno Municipal, e sería un engano, fundamentalmente, á cidadanía de Ames.Pero en todo caso ese será outro capítulo, e pola nosa parte estaremos vixiantes e, de ser o caso, denunciarémolo publicamente

Xosé M. Fernández López
Portavoz Municipal do BNG-Ames

PP MELIDE


O Partido Popular amosa a súa satisfacción porque a Xunta axilice o proxecto da escola infantil de Melide

·       Vázquez confirmou co Delegado Territorial que, a pesares dos recortes orzamentarios, Melide terá outra escola infantil

·        A representante popular asegura que o tempo lle deu a razón ó PP e a escola infantil prometida polo BNG foi un engano máis a Melide

Melide, 11 de maio de 2010. A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, amosa a súa satisfacción polo anuncio da Xunta de Galicia de  darlle a máxima prioridade posible á Escola Infantil de Melide, para poder executarse e que sexa unha realidade o antes posible. Neste senso, a representante popular indica que, nunha xuntanza mantida recentemente, o Delegado Territorial da Xunta, Diego Calvo, informoulle de que o anterior goberno prometera a construcción de 15 novas escolas, cando tan só se tiña orzamento para 11 delas, o que supuxo que catro, entre elas a de Melide, quedaran no “tinteiro”.

Vázquez lamenta que por mor da mala planificación orzamentaria do anterior Bipartito e da súa política baseada en ‘eu invito e ti pagas’, un proxecto necesario para Melide se atrase máis tempo. Nesta mesma liña, a representante popular indica, ademais, que a Consellería de Traballo e Benestar ten a vontade de reunirse coa Comisión de Seguimento do Plan Educa, en Madrid, con fin de que se liberen as estas escolas desta normativa e levar a cabo o seu financiamento o antes posible.

Dende o PP de Melide lembran que xa no seu día denunciaran esta política do Bipartito, pero que a rexedora, Socorro Cea, en lugar de esta alerta e de defende-los intereses dos melidenses, optou por “aplaudir” que os seus compañeiros de partido prexudicaran e ningunearan ó municipio.

AYUNTAMIENTO DE MELIDE


Maiores de Melide participan no programa Voluntariado da Sabedoría no Camiño

·         Os maiores que o desexen estarán en contacto cos peregrinos que pasen por Melide para contarlles lendas, relacionarse e transmitir a sabedoría popular local.

·         Ademais, este grupo de maiores realiza tamén sesións de psicomotricidade e outras actividades de dinamización social.
Aproveitar a oportunidade do paso do Camiño de Santiago por Melide para favorecer a convivencia interxeracional é un dos obxectivos do programa Voluntariado da Sabedoría no que participan dende estes días maiores do Concello de Melide. Este programa, promovido pola Dirección Xeral de Voluntariado da Xunta de Galicia, procura implicar ás persoas maiores no Camiño de Santiago botando man da súa sabedoría popular, dos contos e lendas que se transmiten de boca en boca, e que nesta ocasión empregan o Camiño como escenario.

A través do Centro Social de Melide, a Concellaría de Igualdade e Benestar impulsou xa este proxecto entre os maiores, que acolleron a iniciativa, segundo a concelleira Casé Rodríguez “con moito interese e gran demanda”. A edil nacionalista explicou que “esta actividade do Voluntariado da Sabedoría servirá para que os nosos maiores compartan a súa propia visión da terra na que viven cos milleiros de peregrinos que pasan polo Camiño”. Os maiores, organizados polo Concello, achegaranse ao Camiño Francés para contar contos, lendas, e compartir a súa rica tradición oral cos peregrinos, “enriquecendo a ruta e servindo ademais como estimulante para os nosos maiores”, segundo palabras de Casé Rodríguez.

O programa ten unha dobre vertente para os maiores que participan nel, e que en Melide son xa doce. Amais dos encontros cos peregrinos nalgúns tramos do Camiño, os maiores participan tamén nun programa de psicomotricidade e actividades coas que se quere dinamizar o seu tempo de ocio. Dende o Concello de Melide, Casé Rodríguez quixo insistir en que “esta iniciativa é unha oportunidade para dar a coñecer contos, lendas, cantigas e outros tesouros da nosa cultura que moitas veces só están recollidos na memoria dos nosos maiores”.

BNG ORDES


O BNG RECLAMA O APOIO DO PLENO Á MANIFESTACIÓN DE QUEREMOS GALEGO DO 17 DE MAIO

O BNG DE Ordes ven de presentar unha iniciativa na que propón que o Pleno da Corporación Municipal de Ordes apoie activamente a manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego en defensa do idioma galego, que terá lugar o próximo 17 de Maio, en Santiago de Compostela, e que, con tal fin, se facilite o transporte colectivo para aquelas persoas que decidan sumarse a esta mobilización social.
Os nacionalistas propoñen tamén que a Corporación Municipal rexeite ás “Bases para o Decreto de Plurilingüismo” feitas públicas pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, e reafirme o compromiso municipal co consenso estabelecido, no ámbito do ensino, no Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado de xeito unánime polo Parlamento de Galiza en setembro de 2004, ademáis de manifestar a adhesión do Concello de Ordes ao texto da “Iniciativa Popular pola Garantía dos Dereitos Lingüísticos”, promovida pola Plataforma Queremos Galego.
Na presentación desta iniciativa, o portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro,  manifestou que “a celebración do 17 de Maio, Día das Letras Galegas, presenta este ano 2010 especiais características que reafirman o carácter reivindicativo desta data, xa que nunca até o momento, nos case 30 anos de vixencia do actual Estatuto de Autonomía, un goberno da Xunta de Galiza se atrevera a aplicar unha política lingüística tan agresiva e regresiva, chegando á vulneración da legalidade vixente e á anulación dos dereitos democráticos no ámbito lingüístico”. 

AYUNTAMIENTO DE AMES


Ábrese o prazo de preinscrición para a Escola de Verán

[10/05/2010] Aproxímase o verán e o Concello de Ames pon en marcha un ano máis a Escola de Verán. Este servizo permite a conciliación da vida familiar e laboral e está destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria. Esta edición desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, en horario de 7:30 h. a 16:00 horas. O programa ofrece servizos de comedor con almorzo e xantar. O prazo de preinscrición estará aberto dende o día 11 ata o 23 de maio. Posteriormente haberá que formalizar a matrícula do 15 ao 20 xuño.
A Escola de Verán é unha oferta educativa e de ocio. Pretende ser unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo para os nenos e nenas, permita ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar. Ademais permítelle aos rapaces e rapazas pasar as vacacións de verán dun xeito divertido e educativo.

O servizo está dirixido aos nenos e nenas que cursan segundo ciclo de infantil e educación primaria e que estean empadroados no Concello de Ames. Tamén poderán acceder ao servizo, as fillas e fillos de persoas, que estando empadroadas noutro Concello, teñan os seus postos de traballo neste municipio. Esta situación deberá acreditarse cun certificado da empresa ou institución correspondente. A pesar diso terán sempre preferencia os nenos e nenas empadroados no Concello.

O servizo desenvolvese nos meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, en horario de 7:30 h. a 16:00 horas. Trátase de facer unha oferta lúdica - educativa para que os rapaces e rapazas pasen un verán diferente cos seus compañeiros e no seu contorno á vez que aprenden conceptos fundamentais para a súa educación. As actividades que se desenvolven xiran ao redor de grandes áreas como a diversidade cultural ou a seguridade viaria, pero tamén se tratan outro tipo de temas máis próximos á vida cotiá dos nenos e nenas.

Todos estes temas abórdanse con material especifico para as idades dos rapaces participantes e van acompañados de exemplos gráficos, obradoiros e visitas didácticas que fan este programa de actividades moito máis atractivo.

Prazo de preinscrición
O número de prazas que se oferta é de 90 (45 en Bertamiráns e 45 no Milladoiro). No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, realizarase unha selección entre os nenos e nenas preinscritos. Reservarase un 10% para casos de emerxencia social.

As solicitudes de admisión poderán recollerse no departamento de Educación e na oficina municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 h. ás 14:00 horas. Unha vez estea cuberta a ficha de preinscrición poderase entregar no rexistro xeral do Concello e na oficina municipal do Milladoiro, tamén en horario de 9:00 h. ás 14:00 horas. O prazo para solicitar a preinscrición estará aberto dende o 11 ata o 23 de maio.

No caso de que haxa máis demanda que número de prazas dispoñible publicarase unha lista provisional de admitidos/as coas puntuacións obtidas a partir do día 29 de maio no taboleiro do Concello e da oficina municipal do Milladoiro. Posteriormente poderán presentarse as reclamacións que se consideren pertinentes ata o día 10 de xuño ás 14:00 horas no rexistro xeral do Concello en Bertamiráns ou na oficina municipal do Milladoiro. O venres 12 de xuño sairá publicada a lista definitiva.

Os nenos e nenas seleccionados/as formalizarán a matrícula do 15 ao 20 de xuño, de 9:00 h. a 14:00 horas na oficina municipal do Milladoiro e no rexistro xeral do Concello en Bertamiráns.

Prezo do servizo
Os pais e nais que estean interesados en inscribir aos seus fillos/as poden facelo en quendas de quince días, un mes ou durante os dous meses (xullo e agosto). O custo da actividade é de 50 euros para unha quincena. 75 euros durante un mes e 120 os dous meses. No caso de que se inscriba un segundo ou terceiro irmán a cota reducirase nun 20%. Aparte hai que aboar o custo do servizo de Bos días e do comedor, sempre e cando se faga uso destes servizos.