Axenda e tempo do sábado 11 de abril - Música, teatro, tapas, exposicións

Santiago - Numax 

Oroso - VI Concurso de tapas

Santiago - Programa cultural da fin de semana

Santiago - Auditorio - Ciclo de Novas Orquestras

Santiago - Capitol - Berri Txarrak

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Brión - Vistas o campo de Juan Moreno Badía (ata o 11 de abril)

Santiago - USC - Exemplares do Quixote (ata o 30 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Oroso - VI Concurso de tapas

As tostas, o polbo,a tortilla e a carne serán os protagonistas da primeira fin de semana da sexta edición do Concurso de Tapas do Concello de Oroso, no que tomarán parte un total de 16 establecementos. De 12:00 a 15:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas, estes locais ofrecerán totalmente de balde aos seus clientes unha tapa, tradicional ou creativa, con cada consumición.

O Concello de Oroso editou un boletín de votación no que, ademais co cupón que deberán selar nos locais, tamén se recolle a programación de tapas de cada un dos establecementos participantes. Deste xeito preténdese que o cliente poida ter unha relación das propostas de cada día para, deste xeito, escoller as que lle resulten máis atractivas. Oferta para escoller non lles faltará: dende pratos típicos da zona como a tortilla de grelos de Deixebre con chourizo do país ás troitas no seu anzol. Dende pratos de cociña creativa, como unha deconstrución de polbo á feira ou unha tulipa de ovos de codorniz, á tradicional tortilla, empanada ou filloas recheas.

Premios para os clientes
Unha vez degustada a tapa, o cliente selará o boletín de votación nese local. Unha vez que teña seis selos diferentes (un deles dun local non emprazado en Sigüeiro) poderá escoller a súa tapa favorita e votar nunha urna selada que haberá en cada un dos locais participantes. Entre todos os participantes sortearase unha tablet Samsung Galaxy, un xamón e un premio de dúas entradas para Termaria Casa da Auga (A Coruña). 

Os 16 establecementos participantes son: Mesón Tambre, Nova Xeira, Bar Tapas, O café de Manuela, Tapería O'Martán, Adega o Ribeiro, Bodegón Cebrás, Mesón A Trabe, Sigü Café, Café bar Xardín, Bar Sigüeiro, De María e Café bar Restaurante Mirás (todos eles en Sigüeiro) e Bar Stop (Oroso), Restaurante Liñares (Estación Oroso) e O Noso Mesón (Deixebre).

Ames - Vinte e un alumnos do programa InserAmes Brión iniciaron esta semana as súas prácticas

Vinte e un alumnos do programa integrado para o emprego InserAmes Brión iniciaron esta semana as súas prácticas de empresa tras completar os cursos especializados en Limpeza de edificios e locais e Servizos de restaurante-bar. Ao longo de sesenta horas realizarán prácticas non laborais en diferentes establecementos comerciais e hostaleiros da comarca. 

O programa InserAmes Brión vai dirixido principalmente a persoas desempregadas menores de 30 anos e ten como obxectivo mellorar a empregabilidade dos participantes, aumentando as súas opcións para acceder a un posto de traballo. Dende o pasado mes de setembro está a ofrecer formación para o emprego a 80 persoas.

Os concellos impulsores desta iniciativa, Ames e Brión, perseguen facilitarlle o acceso á formación aos seus veciños co fin de reducir o desemprego e dende o comezo deste programa acadaron a inserción laboral 29 dos 80 participantes. 

Cursos para os próximos meses

No marco do programa InserAmes Brión desenvolveranse novas actividades durante os próximos meses. Sesións de prevención de riscos laborais, técnicas de comunicación e habilidades sociais ou informática básica son algunhas das accións que compoñen a oferta formativa.

USC - María José Domínguez nomeada membro do Consello Científico Internacional do Instituto Lingua Alemá de Mannheim

A profesora da USC María José Domínguez Vázquez acaba de ser nomeada membro do Consello Científico Internacional do prestixioso Instituto da Lingua Alemá de Mannheim, sendo a única representante de España neste órgano. 

Fundado en 1964, é a institución máis relevante para a investigación e documentación da lingua xermana actual que contempla entre as súasprincipais funcións a promocióndo estudo científico desa lingua e velar pola cooperación internacional entre Alemaña e os países representados. O proceso de selección dos membros deste consello realízase por diferentes gremios científicos atendendo á meritoria traxectoria curricular e ao labor realizadono ámbito da lingua e lingüística alemá. 

Para María José Domínguez Vázquez, profesora titular de Gramática Alemáda USC desde 2008 efellow da Fundación AlexandervonHumboldt a partir do 2012,este recoñecemento supón unha “grande honra” que lle permitirá “facer confluír sinerxías entre as diferentes institucións representadas e a Universidade de Santiago, na que se están levando a cabo investigacións ao máis alto nivel científico”.

BNG Santiago - Agustín Hernández gastou en propaganda máis que os 600.000 euros orzados en 2015 para renda social

No Pleno extraordinario aprobáronse, co voto en contra do BNG, créditos extraordinarios e se deu conta da liquidación do orzamento de 2014 cun remanente de tesourería positivo derivado “dun nivel de execución do 21% en investimentos básicos para a cidade”, en palabras de Rubén Cela, portavoz municipal nacionalista.

“Primeiro fan que aflore un remanente de tesourería positivo e un superávit ao tempo que os ingresos baixan, cousa que só é posíbel sobre a base de falta de execución de proxectos de gastos necesarios para a cidade”, explicou Rubén Cela. Así, dos 30 millóns de euros dispoñíbeis no capítulo de investimentos só se executaron 6,7 millóns de euros, que representan un 21% do total.

Porén, o nivel de execución non foi igual para todos os capítulos, entre as prioridades reais do PP en 2014 están as atencións protocolarias (cun nivel de gasto dun 126%, até chegar aos 117.250 euros) e a publicidade e propaganda (dun 113%, con 610.000 euros). “É dicir, gastaron en 2014 máis en propaganda que no orzado para este ano 2015 para a renda social”, advertiu o portavoz municipal nacionalista.

En canto aos remanentes de tesourería, indicou que son a culminación dunha xestión económico–financiera “errática”, “de marcha adiante e atrás no endebedamento municipal sen que fose destinado a investimentos reais”, cun plan de axuste que pola súa desproporción deu lugar a superávit desproporcionado de 17,6 millóns de euros en 2012, con remanentes de tesourería positivos sostidos sobre a base dunha mesquiña xestión dos gastos sociais e servizos básicos ao tempo dun nivel de investimentos extraordinariamente escaso.

Por iso, “a repetición dun novo remanente de Tesourería é impropia dunha situación de crise económica, non é lóxico que non se atendan as demandas da veciñanza” en base á falsa austeridade e por falta de cartos e logo se alardee de superávit, sinalou. Por iso, esta liquidación de orzamentos revela que non se fixo o investimento necesario en aspectos especialmente urxentes como investimentos produtivos, creación de emprego e fomento da actividade económica.

Santiago - Programación cultural da fin de semana

Dentro da programación cultural desta fin de semana teremos catro propostas, dúas sábado e dúas domingo, de teatro, danza, música e un espectáculo familiar. Na xornada do sábado, a compañía Entremáns presenta ás 18.30h no Teatro Principal ‘Xoga’ un espectáculo de danza dirixido aos máis pequenos da casa enmarcado dentro do ciclo de Danza e do de Infantil&Familiar. Xa ás 20.30h e na Zona C teremos dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués, a segunda parte da triloxía de A Artística, ‘Illas Atlánticas’. Na xornada do domingo, poderemos ver ás 19.30h e tamén na Zona C a última parte de dita triloxía, ‘Verde a tempo completo’. E pechamos a programación ás 20.00h no Teatro Principal co concerto de Chano Domínguez & Niño Josele dentro do ciclo Jazz 1906.

‘XOGA’. Sábado no Teatro Principal

Se te miras ao espello… podes verte por dentro? Xoga é un espectáculo para descubrir como es e saber de que estás feito nun encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza. Diversión e espectáculo únense nesta viaxe dende a imaxinación ao coñecemento. Tras a estrea no Teatro Colón da Coruña, a compañía galega Entremans presenta no Teatro Principal o seu novo espectáculo de danza dirixido a un público familiar, e especialmente a rapaces de 3 a 6 anos de idade, con contido didáctico sobre o funcionamento do noso corpo

‘ILLAS ATLÁNTICAS’. Sábado na Zona C

Tres pezas, tres propostas, tres estruturas escénicas, que enchen un espazo, para deixar unha pegada nova. Enfrontadas ante outra relación posible e aberta co espectador-público. Illas Atlánticas é unha viaxe íntima como pesquisa sobre a situación propia nun hoxe calquera e a busca do espazo onde reside a máis vella sensualidade. Esta viaxe aséntase sobre un solo monologado e outro solo de danza.


‘VERDE A TEMPO COMPLETO’. Domingo na Zona C

erde a tempo completo pregúntase sobre a relación entre o espectáculo é o público, a sacralización da mensaxe e a ritualización do espectáculo como mercadoría dentro dun contexto arquitectónico que determina esa relación entre o obxecto artístico e o ollo que o ve.



CHANO DOMÍNGUEZ & NIÑO JOSELE. Domingo no Teatro Principal

Reunións tan felices e oportunas como esta cóntanse cos dedos dunha man. O seu artífice é Fernando Trueba, produtor e dalgún xeito tamén responsable da elección dun repertorio no que converxen como augas da mesma natureza a sofisticación harmónica de Jobim, a melancolía de Michel Legrand, Henri Mancini, John Lewis..., ademais de orixinais e arranxos de ambos os dous intérpretes.
Trueba empeñouse en cruzar os seus camiños, pero quizais fosen dous espíritos -os de Bill Evans e Paco de Lucía- os que barallasen as cartas do destino para que este proxecto vise a luz. O disco de presentación gravábase precisamente un mes antes do falecemento do grande de Alxeciras, baixo cuxa sombra creceu musicalmente Niño Josele. A importante veta aberta por aquel para que a guitarra flamenca puidese respirar jazz é fundamental para que hoxe nos pareza de todo natural que Josele descubrise en Bill Evans a súa porta de entrada para a inspiración jazzística ou que Chano, despois de chegar ao jazz tras os seus inicios co rock sinfónico liderando Cai, recuperase para a súa linguaxe todo o sentimento flamenco inculcado polo seu pai. Estas liñas non son suficientes para enumerar os méritos e traxectorias de ambos os dous, pero si para recordarche que os grandes, xuntos, aínda son máis grandes.

Teo - humanización do pato exterior do IES de Cacheiras

O Concello de Teo está colaborando co IES de Cacheiras nun proxecto de humanización do patio exterior e de creación dunha horta ecolóxica. Dende un punto de vista pedagóxico “dende o instituto consideran que mellorar as dotacións do patio así como traballar nunha horta ecolóxica permiten traballar moitos aspectos cos escolares enfoque co que coincidimos polo que acordamos colaborar nesta iniciativa” explica Ignacio Iglesias, concelleiro de Benestar e Igualdade. 

Neste momento a horta xa está funcionando e despois de preparar o terreo, para o que contaron coa axuda e colaboración de persoal especializado, hoxe mesmo o alumnado xa plantaba fresas. Na mesma zona hai un espazo no que se plantaron arbustos e flores ornamentais. E ao carón o Concello instalou dúas mesas con bancos que os grupos implicados no traballo da horta poderán utilizar de apoio. 

Na proposta realizada polo IES destácase que “o noso espazo exterior posúe altas potencialidades para convertilo nun espazo de convivencia, a través dun proxecto coeducativo que podería combinar enfoques diferentes como o ambiental, o deportivo, o artístico e o educativo en xeral”. Ata este momento había un espazo para deportes maioritariamente utilizado polos rapaces e unha zona verde pouco acondicionada. Coa actuación na que colaborou o Concello aprovéitase mellor toda a zona exterior e permite un maior número de usos. 

A horta ecolóxica, segundo destacan dende o equipo directivo do IES, ten varios obxectivos que van dende desenvolver a sensibilización ante as distintas problemáticas ambientais, desenvolver capacidades de planificación e resolución de problemas, fomentar o traballo en equipo, traballar valores como a autonomía e a solidariedade ou fomentar actitudes positivas cara o consumo responsable e sostible.

Xadrez oroso - II Torneo Xadrez Activo Oroso 2015

II Torneo de Xadrez Activo Oroso 2015(1ª Proba valedeira para o VIII CIRCUITO GALICIA CENTRAL)
Data: Sábado, 18 de abril de 2015
Local: Pavillón de Deportes de Oroso. A Coruña
Sistema de xogo: Suizo a 6 rondas, a través do programa informático swiss-manager.
Ritmo de juego: 15 minutos finish.

Horarios:
16:30 -> acreditación de xogadores
17:00 -> 1ª ronda
17:35 -> 2ª ronda
18:10 -> 3ª ronda
18:40 -> descanso
19:15 -> 4ª ronda
19:50 -> 5ª ronda
20:25 -> 6ª ronda
21:15 -> Entrega de medallas.

Inscricións: gratuíta e con cota (ver o punto 8 das bases), ata as 22 horas do venres 17-04-2015, enviando un correo a: escueladeajedrezlalin@gmail.com ou chamando o 670599301 (tamén whatsapp), indicando nome completo e os menores de idade, ademais, o seu ano de nacemento.

Patrocinan: Pontiñas CCO Gadis e Rest. Mirás.
Colaboran: Grupo GERIATROS e Concello de Oroso.
Organiza: Club de Xadrez Oroso e Escola de Xadrez Lalín.
Director: Juan Ramón Salgueiro Aguirre
Árbitro Principal: Juan Jesús Sanz Sixto
 

Ames Novo - Presentación da candidatura este sábado as 7 da tarde

Presentación da candidatura da Iniciativa Cidadá Ames Novo 
este sábado día 11 de abril 
ás 19:00h 
na Casa da Cultura de Milladoiro

no transcurso do acto presentarase o equipo encabezado por Pilar Candocia concibido como equipo de goberno, e anunciara a composición do conxunto da lista: 21 membros + 10 suplentes. 
No transcurso do acto as persoas candidatas asinarán o código ético que compromete á transparencia na representación e no goberno, a rendición de contas diante da cidadanía, o sistema de garantías para erradicar a corrupción e o clientelismo, así mesmo o código inclúe un límite de salario no caso de asumir responsabilidade de goberno e un límite de mandatos. O código ético resúmese no seu lema: mandar obedecendo á cidadanía.

Axenda e tempo do venres 10 de abril - Música, teatro, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Raúl Cimas Julian López 

Santiago - Zona C - Arquitectura da emoción

Santiago - Capitol - Terrakota

Santiago - Crechas - Alén do son

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Brión - Vistas o campo de Juan Moreno Badía (ata o 11 de abril)

Santiago - USC - Exemplares do Quixote (ata o 30 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Esquerda Unida Santiago - Apoio aos traballadores de Blanco

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera a súa defensa dos dereitos da clase traballadora, que baixo a escusa da crise-estafa que padecemos sofren o ataque constante das políticas neoliberais que procuran a súa desaparición.

É máis que evidente, grazas as medidas empezadas polo PSOE e acrecentadas polo PP, que, hoxe en día, abandonamos calquera tipo de seguridade laboral por una neoescravitude, na que as persoas non son máis que meros instrumentos ao servizo do lucro duns poucos.

Claro exemplo é o ERE na cadea téxtil Blanco, que pretende despedir a 332 persoas e pechar 12 tendas, unha delas en Santiago. Baixo o amparo de palabras como competitividade, eficacia, retabilidade, e usando una reforma laboral ao servizo do poder económico, esta empresa destruirá emprego e, por exemplo, levará a súa centralita a Dubai. O grupo saudí Alhokair cando adquiriu, a principios do ano pasado a cadea téxtil Blanco comprometeuse a manter e asumir o 1.200 postos de traballo. De que vale que un xulgado mercantil aprobe esta venta baixo a condición de que se respecten os postos de traballo, se nun ano non é máis que papel mollado. Onde están os dereitos das traballadoras e traballadores?

Por este motivo dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela animamos a participar na mobilización que terá lugar o venres, 10 de abril, ás 12:00 diante da tenda de Blanco en Xeneral Pardiñas. Nesta mobilización asistirá Xabier Ron deputado de AGE e coordinador comarcal de Esquerda Unida.

BNG Santiago - Cafés para 5

Os “Cafés para 5” serán o método de achegar e contrastar propostas do BNG-Asembleas Abertas nesta campaña electoral, concibidos para falar “co máximo número de veciños e de veciñas directamente”, cunha mensaxe centrada nas ideas e nas persoas “porque consideramos que o mellor xeito para dar a coñecer o programa é no ti a ti”, explicou o candidato Rubén Cela.

“O BNG vai facer unha campaña austera en termos económicos, sen grandes locais electorais no centro de Santiago, nin grandes campañas publicitarias e mesmo coa renuncia ao mailing de envío de papeletas a domicilios; mais será moi intensa no contacto directo coa veciñanza”, sinalou.

Nese sentido, o BNG leva xa semanas coa organización de asembleas abertas con veciños e veciñas de Santiago, “por todos os barrios e parroquias da cidade, complementadas con reunións con colectivos veciñais, sociais, deportivos e culturais”.

Ademais, estes “Cafés para 5” serven para que calquera veciño ou veciña de Santiago que teña interese “en coñecer a candidatura do BNG, en expor calquera tema ou en contrastar ideas para transformar a cidade poida reunirse con nós”. As persoas que queiran participar nun “Café para 5” poden escribir un correo a ideasparaobng@gmail.com para concertar a xuntanza e intercambiar ideas sobre a cidade, coa posibilidade de coñecer en persoa membros da candidatura. 

Isto entronca co ideario do que defende o BNG sobre a participación cidadá no Concello, “un dos elementos fundamentais para nós”, explicou o candidato nacionalista, “porque queremos que a veciñanza conte e sexa partícipe na toma de decisións municipais”. Así, explicou que aposta por facilitar a intervención dos colectivos nos Plenos, pola reactivación dos Consellos de Participación Cidadá que impulsou o BNG cando estivo no Goberno local e o PP deixou paralizados; e por abrir á cidadanía as sesións plenarias, coa retransmisión por internet e coa convocatoria en espazos amplos para facilitar a asistencia.

Numáx - Programación para a vindeira semana

Programación venres 10 - xoves 16 de abril

Timbuktu, de Abderrahmane Sissako, é o filme que renovará o cartel este venres, mentres continuamos unha semana máis coas proxeccións de Puro vicio e The Joycean Society. Ademáis, o vindeiro mércores día 15 contaremos coa visita de Jean-Charles Hue para a preestrea de Clan salvaxe, nunha proxección especial antes da súa estrea oficial o venres 17 e da que vos achegaremos detalle en breve.


Venres 10 de abril
12:00 - Puro vicio (VOSE) 
16:00 - Puro vicio (VOSE)
18:45 - The Joycean Society (VOSE)
20:00 - Timbuktú (VOSE)
22:00 - Timbuktú (VOSE)

Sábado 11 de abril
12:00 - Timbuktú (VOSE) 
16:00 - The Joycean Society (VOSE)
17:45 - Timbuktú (VOSE) 
19:45 - Puro vicio (VOSE)
22:30 - Timbuktú (VOSE) 

Domingo 12 de abril
12:00 - Puro vicio (VOSE) 
16:00 - Puro vicio (VOSE)
18:45 - Timbuktú (VOSE)
20:30 - Timbuktú (VOSE)
22:15 - The Joycean Society (VOSE)

Martes 14 de abril
12:00 - The Joycean Society (VOSE) 
16:00 - Timbuktú (VOSE)
17:45 - Puro vicio (VOSE)
20:30 - Timbuktú (VOSE)
22:15 - Puro vicio (VOSE)

Mércores 15 de abril
12:00 - Timbuktú (VOSE) 
16:00 - Puro vicio (VOSE)
20:15 - Clan salvaxe [Preestrea coa presenza de Jean-Charles Hue]
22:30 - Puro vicio (VOSE)

Xoves 16 de abril
12:00 - Puro vicio (VOSE) 
17:45 - Timbuktú (VOSE)
19:45 - Puro vicio (VOSE)
22:30 - Timbuktú (VOSE)

BNG Rois, As demandas dos país do CPI lévanse o Parlamento

Durante a noite de onte a deputada do BNG, Ana Pontón, e o portavoz municipal do BNG no concello de Rois, Xan Cabo, mantiveron un encontro coas nais e pais do CPI de Dices (Rois). Esta ANPA leva anos reclamando un horario que respecte a normativa, é dicir que sexa legal, e que favoreza unha aprendizaxe axeitada así como a conciliación da vida persoal e laboral.

Para a deputada do BNG a reclamación desta ANPA é “totalmente xusta” e pensa que o “irracional é a cerrazón da Consellaría de Educación”. Para Pontón “ a actitude da Xunta é irrespectuosa e non se entende a falta de diálogo e vontade de solucionar este asunto”. A nacionalista destacou “que o dereito a unha educación de calidade debe estar por riba dos problemas das empresas de transporte” e “que este caso supón unha discriminación para os nenos e nenas que viven no rural, algo absolutamente intolerábel”

A deputada do BNG rexistrou no día de hoxe diversas iniciativas que reclaman unha solución a este problema. Para Pontón non é de recibo que “se priorice o beneficio das empresas do transporte fronte a dereito a educación”. A negativa da Xunta de Galiza a atender esta petición da ANPA residenciase nos problemas que xera na organización do transporte. Mais unha vez, afirman no BNG, “compróbase como os intereses particulares das empresas teñen máis peso que uns horarios racionais, que fomenten a aprendizaxe e favorezan a conciliación da vida laboral e familiar.” 

Desde o Grupo Parlamentar do BNG apoian esta demanda e a necesidade de avanzar cara horarios que realmente prioricen os intereses da comunidade educativa fronte ás empresas do sector do transporte. 

Nese sentido trasladarase unha pregunta ao Conselleiro de educación e unha proposición non de lei na que se solicita á Xunta de Galiza que “presente unha modificación do horario do CPI de Dices (Rois), contando coa participación e opinión de nais e pais, co obxectivo de garantir que se cumpra a normativa vixente que regula os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias e que se favoreza a conciliación da vida laboral e familiar.”

Touro - O centro de interpretación Ulla Touro estará en marcha o longo do próximo verán

O novo Centro de Interpretación do Ulla que estará ubicado en Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, estará en marcha ao longo de próximo verán. O Concello de Touro, que xestiona a súa posta en marcha, recibiu a confirmación do Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) da ‘luz verde’ á subvención solicitada para dotar de contido a un centro que estará nun novo edificio ubicado na zona de dotación de servicios sociais de Touro e feito polos participantes nun Obradoiro de Emprego. O novo Centro de Interpretación do Ulla, moi próximo á recén estreada Casa da Cultura de Touro e ao novo PAI, recibirá unha subvención de 30.000 euros, que deberá estar executada antes de que remate o próximo mes de agosto.

O Centro de Interpretación do Ulla contará cun aula TIC e con elementos interactivos dixitais. Esta nova infraestructura servirá para que veciños e visitantes poidan traballar o achegamento ós recursos naturais e patrimonio do río Ulla a través das TIC. Os investimentos consistirán na adquisición de equipamento informático, material dixital, material didáctics e paneis interpretativos para acondicionar un espazo de estudo das novas tecnoloxías e do río Ulla. O Concello de Touro pretende así achegar a veciños e visitantes o río e potenciar a dinamización turística do territorio.

Este proyecto naceu como iniciativa do Concello de Touro no Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla-Tambre-Mandeo. Foi unha das iniciativas aprobadas e agora xa conta cos medios para dotar ao edificio de contidos. O Concello de Touro está convencido do potencial de atracción de visitantes locais e foráneos que ten o río Ulla. Xa están en marcha os trámites para restaurar a vella ponte, en Ponte Remesquide, que conecta os concellos de Touro (A Coruña) e Vila de Cruces (Pontevedra) e hoxe en desuso. Esta actuación poñerá en valor este entorno natural do río Ulla coa restauración ambiental da zona. Nas próximas semanas tamén se presentará a nova edición do programa ‘Goza do Ulla’, una iniciativa de promoción deste territorio que impulsan os 19 concellos bañados por este río a través de rotas de sendeirismo e outras actividades complementarias.

Silleda - Kedada solidaria BTT

 O vindeiro domingo día 19 de abril celebrarase a segunda edición da Kedada Solidaria en BTT, organizada polo clube BTT Trasdeza. A cita parte ese ano da praza da Feira da Bandeira, ás 09.30 e contará cun percorrido de aproximadamente 38 kilómetros, contando con alternativas para os que desexen acortar a ruta. Están previstos dous avituallamientos.

O traxecto discorrerá por enclaves naturais como a Fervenza do Toxa, o mosteiro de Carboeiro, ou o roteiro do baixo Deza, que comeza na parroquia de Abades. 

As persoas que desexen participar poden anotarse ata o vindeiro xoves día 16. O prezo da inscrición é de 4 euros, e ademais os participantes deeb de aportar un kilo de alimentos con produtos non perecedeiros, que ao igual que o pasado ano se entregarán ao programa municipal Silleda Solidaria. O parquin e lavado de bicicletas estará situado no pavillón de Deportes da Bandeira.

As inscricións poden formalizarse a través da web www.rgbikes.com , ou de xeito manual no Bar Arume da Bandeira, no establecemento RG Bikes, en Silleda, ou no Bar Pepe (Lalín). Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 660 550891.

A ruta está organizada polo colectivo BTT Trasdeza, creado hai dous anos e que conta socios que veñen participando os domingos en distintas saídas polo territorio silledense.

Dende a organización quere agradecerse a colaboración e apoio das firmas colaboradoras, así como dos participantes que xa se están a anotar nesta iniciativa.



Así mesmo, dende o Concello o alcalde, Manuel Cuiña, reitera o agradecemento aos organizadores e patrocinadores “por continuar apostando por esta cita que auna deporte e solidariedade, contribuíndo a axudar a moitas familias de Silleda co aumento de fondos do Banco de Alimentos”, engade.

Santiago - Ofertas culturáis para hoxe venres

A programación cultural para mañá, venres, ofrece tres propostas moi variadas entre si, de humor, teatro e música. Comeza a xornada con Raúl Cimas & Julián López que presentan ‘Toda la verdad sobre el oso hormiguero’ no Auditorio Abanca ás 20.30h dentro do ciclo Falabaratos. E á mesma hora, pero na Zona C, a compañía viguesa A Artística ofrece ‘Arquitectura da emoción’ a primeira parte da súa triloxía, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Pechamos a xornada ás 21.00h na Sala Capitol cunha proposta enmarcada no ciclo Compostela Rock: o Compostela Reggae no que poderemos escoitar a Terrakota, Malaka Youth e Rebel Roots.

RAÚL CIMAS&JULIÁN LÓPEZ. Auditorio Abanca, 20.30h

Julián López e Raúl Cimas chegan co seu novo show "Toda la verdad sobre el oso hormiguero", co que dan renda solta á comedia tan característica da que fixeron gala toda a súa carreira. Non deixarán indiferente a ninguén, con este novo show Raúl Cimas e Julián López demostran que son dous dos cómicos mais en forma do país. Critica e público aválanos, 3 tempadas seguidas en carteleira en Madrid e a súa exitosa xira por todo o país dino todo. Un show para partirse de risa con estes xenios do absurdo.

As entradas teñen un prezo de 15 euros (patio butacas, anfiteatro 1) e 13 euros (anfiteatro 2) en anticipada (o mesmo día do evento serán de 18€ e 15€, respectivamente). Poden mercarse no despacho de billetes do Principal (que abre de 18.00 a 21.00h), en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no Auditorio Abanca desde dúas horas antes do evento.

‘ARQUITECTURA DA EMOCIÓN’ de A Artística. Zona C, 20.30h

Tres pezas , tres propostas, tres estruturas escénicas, que enchen un espazo, para deixar unha pegada nova. Enfrontadas ante outra relación posible e aberta co espectador-público. Arquitectura da emoción é a primeira delas, unha invitación a reflexionar sobre os sentimentos: Onde nacen? Como é a súa expresión e o seu almacenamento? Arquivamos os sentimentos no espazo propio e proxectámolos no espazo habitado.

As entradas teñen un prezo de 8 euros, e hai un abono para as tres pezas da triloxía por 18 euros. Ademais poden adquirirse do Bono de Teatro Galego e Portugués. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (que abre de 18.00 a 21.00h), ou na propia Zona C desde unha hora antes do evento.

COMPOSTELA REGGAE. Sala Capitol, 21.00h

Os Terrakota están de volta! Presentan novo disco 'Wontanara' como cabeza de cartel do Compostela Reggae. A banda sen fronteiras regresou ao estudo e estará na estrada en 2015. Estiveron lonxe dos escenarios durante dous anos, tras trece anos de carreira en que se tornaron unha das referencias das músicas de fusión multi-étnica, con presenza asidua nos principais escenarios nacionais e internacionais da world music e do reggae. Subirán tamén ao escenario os malagueños Malaka Youth e os ferroláns Reberl Roots.

As entradas para este concerto teñen un prezo de 12 euros (anticipada) e 16 euros (billeteira) e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en www.minhoreggae.com, www.salacapitol.com, A Reixa Tenda e Discos LP Vigo.

Oroso - Obras de reurbanización da rúa Lengüelle

O Concello de Oroso iniciou esta semana as obras de reurbanización da rúa Lengüelle (Sigüeiro), nas que investirá un total de 108.374 euros (IVE incluído) e que teñen un prazo de execución de case tres meses. Unhas obras que teñen como principal obxectivo eliminar as barreiras arquitectónicas existentes nesta rúa, seguindo o camiño iniciado coa reurbanización das rúas Xuncal e Tambre (paralela e perpendicular coa rúa Lengüelle) e que tan boa acollida tivo entre a veciñanza.

Na actualidade, a rúa Lengüelle sufre un importante deterioro tanto do firme da súa calzada como da zona peonil, onde as beirarrúas están a diferentes niveis e con diferentes anchos. Os traballos iniciados esta semana teñen como obxectivo nivelar e ampliar as beirarrúas aló onde sexa posible, instalando un pavimento duro e antideslizante en lousa hidráulica.

Así mesmo, os traballos de reurbanización da zona inclúen a ampliación da rede de evacuación de pluviais, unha nova canalización do alumeado público da rúa e o pavimentado da calzada. Durante a realización das obras, o paso dos vehículos desviarase polas rúas da contorna, coa única excepción do acceso dos residentes aos seus garaxes.

Teo - Oferta de campamentos de verán do concello

O Concello de Teo publica a súa oferta de campamentos para o verán para os/as nenos/as e mozos/as. O campamento infantil está dirixido a nenos/as de 7 a 11 anos e conta con 103 prazas mentres que o xuvenil é para mozos/as de 12 a 16 anos e dispón de 49 prazas. Nos dous casos hai 5 prazas de reserva para emerxencias sociais. Os campamentos, como vén sendo habitual, faranse no mes de agosto no albergue de Santa Cruz en Oleiros. 

Dende o Departamento de Mocidade insisten en que se trata dunha actividade con moita demanda polo que é moi importante respectar os prazos de inscrición xa que o acceso faise por rigorosa orde de entrada no Rexistro Xeral do Concello. 

O prazo para anotarse no campamento xuvenil estará aberto entre o 15 e o 29 de abril e a listaxe de persoas admitidas publicarase a partir do 6 de maio. Unha vez comprobada a admisión para garantir a praza hai que facer o pagamento das taxas entre o 1 e o 15 de xuño. O custe do campamento infantil, que se realizará entre os días 17 ao 26 de agosto, é de 100 euros. 

O venres 12 de xuño ás 20:00 horas no salón de plenos farase unha reunión informativa sobre o desenvolvemento da actividade e pode acudir calquera pai ou nai interesado. Dende Deportes especifican que os nenos/as nados no 2003, que cumpren os 12 anos antes do 31 de decembro poden optar por solicitar calquera dos dous campamentos. 

Campamento xuvenil
O prazo para anotarse no campamento xuvenil estará aberto entre o 20 de abril e o 4 de maio, ambos incluídos. O campamento tamén se fará no albergue de Santa Cruz e durará do 3 aos 12 de agosto. O cota de inscrición tamén é de 100 euros. A listaxe de admitidos nesta actividade publicarase a partir do 8 de maio.

Ames - Ampliación do servizo municipal de axuda a domicilio

O pasado mes de marzo a Xunta de Galicia aprobou a adxudicación ao Concello de Ames de 526 novas horas para prestar o servizo de atención a persoas dependentes. Ata o de agora, con este programa municipal de axuda a domicilio atendéronse un total de 39 persoas. 

Tras esta recente concesión o alcalde de Ames, Santiago Amor, destaca que “se poderá reforzar o programa e ampliar a súa prestación a unhas cinco persoas que actualmente están en lista de agarda”. 

O servizo de axuda a domicilio atende a persoas que necesitan axuda para realizar actos tan cotiás como levantarse, vestirse ou deitarse. Tamén se ofrece apoio no coidado e na hixiene persoal, no control do réxime alimentario, na administración de fármacos ou no mantemento da salubridade e hixiene da vivenda. 

O programa inclúe, ademais, actividades de acompañamento e socialización do beneficiario, atención a distancia mediante dispositivos de teleasistencia ou adaptacións funcionais do fogar ás súas necesidades.

PP Brión Presentación do candidato a alcaldía

El candidato del Partido Popular a la alcaldía de Brión, José David García Arcos, aseguró hoy que asume el reto de gobernar el municipio, a partir del próximo 25 de mayo, para que todos los vecinos tengan las mismas oportunidades y sean tratados por igual.

En el acto de presentación de su candidatura, y acompañado por el secretario provincial de los populares, Diego Calvo, y por la conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, García Arcos se comprometió a instaurar una “nueva forma de hacer política en Brión”.

En este sentido, el candidato popular afirmó que ha llegado el momento de “escuchar a los vecinos y prestar atención no sólo a sus problemas, sino también a sus aportaciones”.

García Arcos incidió también durante su discurso en la “necesidad” de poner fin a la época en la que el gobierno municipal de Brión “marcaba y establecía diferencias” a la hora de atender a las personas.

Potencial turístico y cultural
Asimismo, el candidato popular anunció que uno de sus objetivos al frente de la alcaldía será fomentar el “enorme potencial turístico” que posee el municipio a nivel histórico, cultural y paisajístico.

“Todos saldremos ganando si damos a conocer la gran riqueza de Brión”, aseguró García Arcos, quien acusó al gobierno local de tener “tristemente abandonado” lo que calificó de “pilar fundamental” para el desarrollo social y económico del municipio.

El popular se comprometió, además, a llevar a cabo una “reestructuración integral” de los servicios del municipio, fomentando, de esta manera, una “mayor eficiencia y calidad”, mediante una planificación y supervisión “seria y rigurosa”.

Diego Calvo, por su parte, agradeció la “valentía” mostrada por García Arcos para asumir el reto de convertirse en el alcalde que “necesita Brión” y, así, pasar la página de una época “oscura y triste” en la que se han “perdido grandes oportunidades”.

“Necesitamos gente con ideas nuevas y ganas de trabajar”, apuntó el secretario popular, quien no dudó en mostrarse “convencido y seguro” de que García Arcos ganará las próximas elecciones municipales.

Lindeiros - Xa na rúa o número de abril

Xa está na rúa o Lindeiros 23; na portada unha das estatuas que podemos atopar na igrexa de San Frutuoso en Compostela, unha imaxen moi pouco común xa que está tomada no alto do campanario.
Este mes enrevistamos a Sara Ríos, presidenta da sección de hospedaxe da Asociación de Hostalería de Santiago e que explica a nova etapa do colectivo. Falamos de Eugal Imp unha empresa con 25 anos de historia dedicada a venta de suministros para os negocios do hostaleria e alimentación. Nas páxinas de pasou nos achegamos o mercado Labrego de Os Tilos que celebrou a festa da primavera. Nos deportes coñecemos a marcha nórdica da que organizou un curso a Fundación para o deporte da USC.
Todo o podes disfrutar no seguinte enlace 

http://www.lindeiros.com/2015/04/numero-23-abril-2015.html 

Axenda e tempo do xoves 9 de abril - Música, teatro, poesía, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago- USC - Charla sobre contaminación lumínica

Santiago - Casa das Crechas - Cata de viños e libros 

Santiago - libreria Lili de Lilith -Encontro coa poetisa tamil Thamizhachi

Santiago - teatro Principal - "Mujeres como yo"

Santiago - Sala Capitol - Sr Chinarro

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Brión - Vistas o campo de Juan Moreno Badía (ata o 11 de abril)

Santiago - USC - Exemplares do Quixote (ata o 30 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

USC - Charla sobre contaminación lumínica

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC organiza este xoves 9 unha charla sobre contaminación lumínica que impartirá o profesor da Facultade de Óptica e Optometría da USC e especialista na materia Salvador Bará. Esta é unha iniciativa que se organiza no marco do Ano Internacional da Luz e celebrarase a partir das 16.00 horas na Aula Magna Carlos Gómez-Reino Carnota da Facultade de Óptica compostelá.

O obxectivo da charla é concienciar das consecuencias da contaminación lumínica e as posibles medidas de prevención da mesma, baseándose en exemplos que se atopan a cotío na contorna máis próxima.

A Organización de Nacións Unidas acordou na súa 68 Asemblea Anual proclamar o 2015 como Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas nela. A conmemoración pretende comunicar á sociedade a importancia da luz e as súas tecnoloxías asociadas en áreas tan importantes como a enerxía, a educación, a saúde ou a comunicación, entre outros.

Casa das Crechas - Cata de libros e viños galegos

Como cada mes, a Casa das Crechas acolle unha Cata de Libros e Viños Galegos, desta vez con recomendacións literarias da libraría Ciranda e protagonizada polo albariño Rías Baixas Arcán e o Traste (garnacha) da D.O. Valdeorras.

A libraría Ciranda é a única especializada en portugués non só en Galicia, senón tamén en España. Ademais, ofrece todo tipo de servizos relacionados con esta lingua: cursos, eventos, viaxes, etc. Nesta ocasión traeranos as novidades máis destacadas da literatura portuguesa. 

Ademais o espazo enocultural VideVide introduciranos na cata de dous caldos moi diferentes: o albariño Arcán, de Rías Baixas do Salnés (91 puntos na Lista Parker, de adegas Pombal A Lanzada); e Traste, un Valdeorras con garnacha centenaria e mencía, envellecido en barrica, de adegas José Aristegui.

Santiago - T de Teatro presenta "Mujeres como yo"

A compañía barcelonesa T de Teatre chega hoxe a Compostela para presentar o seu último traballo, ‘Mujeres como yo’. Será ás 20.30h no Teatro Principal e enmarcado dentro da programación do ciclo de Teatro 2015. As entradas teñen un prezo de 18 euros en anticipada e 20 euros o día do evento (16 e 18 no anfiteatro) e poden mercarse tanto no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h) como en entradas.abanca.com ou no teléfono 902 434 443. 

Creada en 1991 por cinco novas actrices que naquel momento acababan de graduarse no Institut del Teatre de Barcelona, máis de 2500 funcións e dúas décadas de experiencia despois, podemos dicir que a compañía feminina barcelonesa T de Teatre adoita acertar nas súas propostas… Na súa nova aventura Mujeres como yo quixeron poñerse nas mans dun home de teatro como Pau Miró para, xuntos, retratar toda unha xeración de mulleres, as de preto da cincuentena.

E neste mundo da cincuentena, onde se esvaecen todas as certezas, se negan a caer no abismo. Unha historia que comeza sendo íntima pero que xira cara ao descoñecido e a comedia negra e disparatada conducida pola man dun destro dramaturgo... Mujeres como yo é a terceira parte dunha triloxía xeracional deseñada por Pau Miró, que en Els jugadors se ocupaba dos homes que se achegan aos 60 e en Un refugi indie falaba dunha xeración que arredor dos 20 anos tiña que afrontar unha nova situación de crise.

Mujeres como yo… un retrato de agora, salpicado por inesperadas chispas de intriga, debuxado polo humor único e aditivo das actrices de T de Teatre… 

T de Teatre (Barcelona)
Mamen Duch
Montse Germán
Marta Pérez
Carmen Pla

Pau Miró director
Alejandro Andújar escenografía e vestiario
Albert Faura iluminación
Roger Ábalos son
Roberto G. Alonso coreografía

Santiago - Sr. Chinarro no Compostela Rock

O ciclo Compostela Rock presenta en concerto a Sr. Chinarro que achega ata Compostela o seu novo traballo, ‘Perspectiva caballera’. Será hoxe xoves ás 21.30h na Sala Capitol. As entradas para o concerto teñen un prezo de 16 euros en anticipada e 18 euros o propio día. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h) así como en Ticketea, A Reixa Tenda, Miranda e www.salacapitol.com

Sr. Chinarro naceu en 1990 da man de Antonio Luque, pioneiro da música indie en España. Considerado un dos mellores letristas do estado, ten publicados 15 discos longos e 5 curtos. O último ate hoxe é o aclamado 'Perspectiva Caballera'.

Ao longo da súa carreira, Antonio rodeouse de numerosos músicos e conseguiu con Sr. Chinarro o recoñecemento da crítica e o dun público cada vez máis numeroso, en particular tras a publicación de El Fuego Amigo (2005, producido por J, de Los Planetas).

Ademais das habituais xiras por salas, tocou varias veces nos principais festivais do estado, como o FIB ou o Primavera Sound, e noutras cidades como Brasilia, La Haya, México DF, Santiago de Chile ou Londres.

Ordes - O programa social A Sementeira instala dous novos invernadoiros

O programa social A Sementeira, no que participan activamente o Concello de Ordes e Cáritas entre outras entidades, continúa o seu proceso de crecemento e expansión no municipio. Tal e como se acordara en comisión hai meses procedeuse coa construción de dous invernadoiros que supoñen case 1.000 metros cadrados para o cultivo ecolóxico de distintos produtos hortícolas, que se engadirán á superficie que xa dende o pasado ano se está a traballar ao aire libre. Unha medida destinada non só ao autoabastecemento senón tamén a obter ingresos económicos nos domicilios máis desfavorecidos da zona, xa sexa por conta propia ou allea.

Principalmente as novas infraestruturas dedicaranse ao cultivo de feixóns, tomates, pementos e leituga entre outras verduras e hortalizas. Todo iso contando coa instrución e asesoramento dun técnico agrícola profesional, cuxo labor se estende tamén á impartición de cursos e xornadas formativas especializadas.

Hai que destacar que para a posta en marcha da construción dos novos invernadoiros contouse co apoio da Deputación da Coruña. Isto compleméntase cun labor de formación en áreas como a produción e a comercialización de produtos hortícolas, o aproveitamento dos recursos e as fórmulas de autoemprego. 

O programa A Sementeira ten un marcado fin social do que se benefician un total de 22 familias da zona de Ordes. Todo iso coa colaboración conxunta de Cáritas, Mancomunidade e Concello de Ordes. Entre as accións levadas a cabo dende o seu inicio figuran o cultivo de produtos hortícolas nunha parcela de 6.500 metros cadrados situada na mesma vila. Tamén organizar plans de formación relacionados coa agricultura ecolóxica, autoemprego, compostaxe, aproveitamento de recursos naturais como os cogomelos ou cultivos específicos como o amorodo. Contribuíndo co financiamento figuran nomes propios como a Asociación Tarandeira, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Asociación de Empresarios de Galicia e Sogama.



Como beneficios máis inmediatos figuran a resolución parcial do problema de abastecemento de alimentos en núcleos familiares con escasos recursos, incentivar a interrelación positiva de axuda entre persoas e culturas do esforzo neles ou contribuír á produción ecolóxica entre outros.

USC - Novo servizo de préstamo de libros electrónicos

Dentro dun proxecto pioneiro na universidade española, a USC pon en marcha un novo servizo de préstamo de libros electrónicos cuxo desenvolvemento corresponderá á Biblioteca Universitaria e ao Servizo de Publicacións e Intercambio Científico compostelá. A plataforma PRELO (PRÉstamo de Libros Online) é unha iniciativa que a USC desenvolve en colaboración coas universidades de Burgos, Cádiz, Salamanca, León e Murcia, ás que proximamente se sumarán As Palmas e a UNED, ademais de Politécnica de Valencia e Loyola de Andalucía, e que conta co apoio tecnolóxico da empresa galega Xercode.

PRELO é unha solución para que os membros da USC podan consultar dende calquera dispositivo os libros electrónicos adquiridos pola Universidade compostelá ademais dos que se a institución reciba pola vía do intercambio científico coas outras universidades implicadas no proxecto. Dende o portal PRELO ofrécese información dos recursos electrónicos dispoñibles e posibilítase a súa lectura en liña e a súa obtención en préstamo, sempre previa identificación do usuario ou usuaria. O sistema de préstamo de libros electrónicos formúlase de xeito semellante ao que se segue cos libros impresos. A través das diferentes opcións de consulta, poderanse localizar os títulos en formato electrónico dispoñibles que será posible ler dende a mesma plataforma e dispoñer en préstamo para a súa lectura durante un prazo determinado.

As principais características técnicas da plataforma PRELO presentáronas este mércores 8 o vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira, e a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey, acompañados da directora da Biblioteca, Mª Isabel Casal Reyes, e do director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés. Tamén estivo presente Miguel Ángel Calvo, CEO de Xercode. O fondo inicial ao que terán acceso os usuarios e usuarias está integrado por 1.094 exemplares, que se irá ampliando coas sucesivas compras que se realicen. O acceso á plataforma poderá realizarse directamente a través do enderezo http://prelo.usc.es ou dende a web da Biblioteca Universitaria.

Inicialmente, estarán dispoñibles obras en español e galego de interese universitario ademais da posibilidade de acceder ao intercambio científico de libros editados polas universidades de Burgos, Cádiz, León, Murcia, Salamanca e Santiago e, proximamente, das universidades das Palmas, UNED, Politécnica de Valencia e Loyola de Andalucía. O catálogo está aberto de forma pública, polo que pode ser empregado como unha fonte de información bibliográfica e inclúe datos de identificación do título, autor/a, idioma, editorial e ano de edición así como un breve sumario sobre o contido, a imaxe da cuberta, formatos de lectura dispoñibles e opcións de lectura (offline e online), e a opción de compartir información sobre o título en cuestión en redes sociais, entre outras opcións. Ademais tamén se inclúen un apartado de suxerencias con obras semellantes ás buscadas e a posibilidade de engadir etiquetas e comentarios.

Do mesmo xeito que nas bibliotecas físicas, o préstamo dun título implicará o rexistro do exemplar como prestado, imposibilitando a consulta por outro usuario ou usuaria ata rematado o prazo de préstamo. As condicións de préstamo e lectura -no relativo a prazos, exemplares, renovacións e reservas- son as mesmas para calquera membro da comunidade universitaria. Neste senso, o número máximo de libros electrónicos prestados por usuario/a ao mesmo tempo será de dous exemplares. A duración do préstamo é por períodos de 15 días naturais, ao remate dos que o ebook deixará de estar dispoñibles nos dispositivos onde fora descargado.

Xebook
A plataforma tecnolóxica utilizada para este proxecto é Xebook, a través da que as bibliotecas proporcionan aos seus usuarios unha nova experiencia de recuperación, descubrimento e lectura dixital dende calquera lugar e sen restricións horarias. Recentemente constituíuse NUX, Núcleo de Usuarios de XeBook, un grupo de usuarios actualmente constituído polas universidades que inician o proxecto.

O soporte tecnolóxico desenvolveuno XERCODE, empresa tecnolóxica especializada no desenvolvemento de proxectos innovadores e solucións técnicas orientadas a bibliotecas, arquivos, centros de documentación e editoriais. Na web da Biblioteca está dispoñible un titorial sobre a utilización de PRELO.