Axenda e tempo do sábado 15 de agosto, música, festas, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Feito a Man - Amargo sueco

Santiago - Feito a Man - Bastards on Parade

Santiago - Feito a Man - Os Mornings

Ordes - Festas patronáis

 Santiago - Área Central - sesións de cine gratuitas

Santiago - Serán no Gaias - Xuventude Crea

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Lindeiros - gaña unha sesión de spa para dúas persoas con Centro Dental Macia e Lindeiros

Despide o verán como debe ser, con relax e tranquilidade. Sabes que Centro Dental macia foi o primeiro centor dental en ter un Spa en toda España? iso permite que te relaxes antes ou despois dos teus tratamentos dentais pero ademáis podes acudir o spa sin necesidade de arranxar nada na tua boca.
Lindeiros ofréceche a posibilidade de disfrutar dunha sesión privada de Spa para dúas persoas, so tes que mandarnos unha foto de ese sito onde ti te relaxas, ese lugar que xenera para ti tranquilidade.
Esperamos as túas fotos en redaccion@lindeiros.com tes ata o 31 de agosto , as subiremos o noso facebook e a que consiga mais likes será a gañadora.

Lindeiros Ordes - Visita de Mariano Rajoy (inclue video da visita e audio completo da rolda de prensa)

O presidente do Goberno, Mariajo Rajoy, realizou onte unha visita ao Concello de Ordes, aproveitando as súas vacacións de verán. Tras a súa chegada e despois de dirirxirxe ao salón de plenos acompañado polo alcalde José Luis Martínez Sanjurjo, tivo a oportunidade de saudar afectuosamente á súa tía materna Celsa Brey, así como os seus curmás. Posteriormente asinou na primeira páxina do libro de ouro do municipio e plasmou unhas palabras de afecto e agradecemento dirixidas á veciñanza e ao municipio no que “además de tener familia directa también es importante para mi porque este fue el primer destino de mi padre como juez”, tal e como explicou posteriormente. Na súa intervención tamén quixo recoñecer a labor “tan importante y tan complicada en estos últimos tiempos llevada a cabo por las corporaciones municipales”.

     Minutos despois emprendeu unha andaina polas rúas de Ordes ata chegar ao Paseo do Río Mercurín, tramo non que non parou de saudar e facerse fotos con todas e todos os veciños e veciñas que así llo pediron. Acompañándoo na súa comitiva estiveron, entre outros cargos, o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e os demais concelleiros do seu equipo ao completo;  o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; presidente da Mancomunidade de Ordes, Roberto Rey; ou presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Carlos Negreira. Entre outros rostros coñecidos tamén destacaron o do expresidente e deputado provincial, Diego Calvo, o deputado autonómico, Miguel Prado; a secretaria xeral de Medios, Mar Sánchez Sierra; a deputada nacional Marta González; exrexedores do municipio de Ordes, Manuel Viqueira e Teodosio Martino, así como os demais alcaldes da comarca.

Preocupado por el sector lácteo

     O espazo escollido para as declaracións institucionais foi o Museo do Traxe Juanjo Linares. Cun auditorio abarrotado de cámaras e xornalistas o presidente do Goberno non quixo deixar de manifestar a súa preocupación pola situación do sector leiteiro, asegurando que é “consciente del momento que está atravesando en cuestión de precios que en muchos casos no cubren los costes”, polo que se comprometeu a estudar a  posibilidade de aplicar unha política de prezos mínimos igoal que ocorre en Francia. Para isto é necesario analizar si este modelo se adapta á lexislación española, aspecto que se abordará na vindeira reunión do ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

     Tampouco tivo reparos en facer alusións sobre a xuntanza entre o ministro do Interior e Rodrigo Rato, e en declarar a Núñez Feijoo como “o mellor candidato para Galicia de cara ás eleccións autonómicas de 2016”. Ademais felicitou aos corpos de seguridade do Estado e á cooperación internacional tras a detención do presunto asasino das mozas de Cuenca, acontecida no día de onte.  No caso da moción de censura que hoxe tivo lugar en Boimorto, Mariano Rajoy asegurou que “en democracia debe gobernar quen máis votos saca, e en este caso foi o PP”.

     Como remate final a esta breve pero intensa visita o alcalde de Ordes e o seu concelleiro de Comercio fixéronlle entrega ao presidente dun queique típico de Ordes, así como dun queixo da comarca. Antes de despedirse convidáronno a volver sempre que quixera, agradecéndolle que dedicara un momento das súas vacacións para visitar Ordes.

Audio da rolda de prensa





Ames - Campaña "ponlle as pilas ao teu bocata"

Os 109 nenos e nenas que actualmente son usuarios/as da Escola de Verán de Bertamiráns e do Milladoiro participaron esta mañá na campaña "Ponlle as pilas ao teu bocata", que está xestionada pola Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, en colaboración coas Consellerías de Educación e Sanidade e a agrupación empresarial ANFACO-CECOPESCA. Esta campaña pretende achegarlle aos nenos e nenas toda a información relacionada cos produtos do mar, coas conservas e coa correcta alimentación. O concelleiro de Educación, David Santomil, tamén se achegou ata o CEIP A Maía para participar nesta iniciativa.

Co obxectivo de promover os beneficios dunha dieta equilibrada entre os escolares e ao mesmo tempo dar a coñecer as múltiples virtudes e beneficios das conservas de produtos do mar, a Consellería do Medio Rural e do Mar, en colaboración coas Consellerías de Educación e Sanidade e a agrupación empresarial ANFACO-CECOPESCA, puxeron en marcha unha nova edición da campaña Ponlle as pilas ao teu bocata.

Esta campaña fixo hoxe parada no concello de Ames. Os nenos e nenas que participan na Escola de Verán, tanto no Milladoiro coma en Bertamiráns, puideron coñecer máis polo miúdo a importancia nutritiva dos produtos do mar, o proceso de elaboración das conservas e as especias que se empregan na súa elaboración. Primeiro participaron nesta campaña os usuarios/as da Escola de Verán do Milladoiro. De seguido, tocoulle a quenda aos rapaces e rapazas de Bertamiráns.

A través desta iniciativa os nenos e nenas participaron nun obradoiro lúdico no que realizaron actividades informativas, diferentes xogos, e por último, elaboraron bocadillos a base de produtos do mar en conserva (atún en aceite, mexillóns en escabeche ou sardiñas) acompañado tamén con produtos frescos (leituga, tomate, cenoria...).

Obxectivos da campaña

O concelleiro de Educación, David Santomil, explica que “a través desta campaña inténtase que os rapaces e rapazas adquirirán hábitos de alimentación axeitados e espertar o seu interese polo medio mariño e as súas especies. Ademais, preténdese que coñezan os beneficios das conservas de produtos do mar e potenciar o consumo de produtos do mar en conserva entre os nenos/as. Outros obxectivos desta iniciativa son que os rapaces e rapazas coñezan a procedencia dos produtos do mar en conserva e a súa clasificación, así como a transformación dunha materia prima nun alimento elaborado”.

Dende o ano 2011 esta campaña desenvolveuse en Ames en catro ocasións diferentes acudindo á Escola de Verán ou ao Setembro Lúdico. En total participaron nesta campaña 494 nenos e nenas de Ames.

Silleda - Sinalización románico

O Concello de Silleda levará a cabo a mellora da sinalización do patrimonio románico do municipio, coa proposta de crear un roteiro en torno a este estilo arquitectónico .

Esta iniciativa, cunha inversión de máis de 9.500 euros ven de recibir o visto bo da Axencia de Turismo de Galicia, acadando unha axuda de 5.464 euros (o 57% do orzamento) a través das subvencións a concellos para fomento de accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural. 

Dende o Concello advírtese que nos últimos anos a influenza do sector turístico deixouse notar con forza no municipio, destacando entre os recursos do territorio silledenses os de tipo histórico, patrimonial e artístico-relixioso.

As diversas igrexas románicas paralelas ao Camiño de Santiago, co mosteiro benedictino de Carboeiro, símbolo do mellor románico oxival de Galicia, como un dos emblemas, protagonizan esta nova aposta do Concello de Silleda.

Logo de dar os primeiros pasos no ano 2007 para unha primeira sinalización dos templos románicos, con este proxecto, que conta cun orzamento total de 11.600 euros, búscase crear un sistema de sinalización de uso público para a interpretación do patrimonio relixioso no termo municipal de Silleda. 

“Queremos complementar a mellorar o proxecto anterior ofrecendo aos milleiros de visitantes que se achegan cada ano a Silleda, en particular aos que optan por un turismo de tipo cultural, un novo aliciente, promocionando os moitos exemplos do estilo románico que temos nas parroquias”, engade a concelleira de Turismo, Ana Luisa González. 

As ilustracións existentes, colocadas no ano 2008 atópanse ademais moi deterioradas e a día de hoxe non cumpren a función para a que foron deseñadas.

O proxecto busca unha sinalización uniformada con paneis interpretativos, tendo en conta as características propias do contorno relacionado co patrimonio relixioso, para darlle aos vecisitantes unha información básica dos valores patrimoniais que representan.

Ademais do mosteiro de Carboeiro, figuran no listado de templos relixiosos do proxecto a igrexa de Santiago de Breixa, San Pedro de Ansemil, o conxunto relixoso de Abades; San Martiño de Dornelas; San Salvador de Escuadro; San Martiño de Fiestras; San Mamede de O Castro; e a igrexa de Santiago de Taboada.

Os paneis serán sinxelos, tanto no deseño como na estrutura, respetuosos co patrimonio, e con materais de calidade (no tocante ás impresións con tintas solventes e resistentes a raios UVA, encapsulado…). 



Con esta iniciativa Silleda continúa apostando pola posta en valor dos recursos patrimoniais do municipio.

Santiago Futsal - Lucas Bolo non seguirá no club

O xogador arxentino Lucas Javier Bolo Alemany "Lucas Bolo" non continuará no Santiago Futsal tras chegar a un acordo xogador e club para a rescisión do contrato que unía ambas as dúas partes. Deste modo, Lucas Bolo, que chegou o ano pasado ao Santiago Futsal procedente do Boca Juniors e debutou na máxima categoría do fútbol sala nacional co Santiago Futsal, non seguirá formando parte do equipo branco malia que restaban dous anos máis de contrato.

Lalin - Demanda de actuacións contra os incendios

O Goberno de Lalín volveu amosar hoxe a súa “profunda decepción pola máis que evidente ineptitude” da Xunta de Galicia en defensa do sector lácteo. O equipo que dirixe Rafael Cuíña faise así eco da opinión dos representantes das cooperativas e os sindicatos agrarios, que aínda se están a preguntar a que veu onte a Lalín a conselleira Rosa Quintana.

A frustración que está a xerar a incapacidade da Xunta para atopar solucións aos problemas dos gandeiros -xunto coa impresión de perda de tempo que tiveron moitos dos asistentes ao encontro de onte- obrigan ao Concello de Lalín a reclamar unha vez máis actuacións enérxicas en apoio ao sector. Todo o demais son “brindes ao sol para calmar as crecentes críticas contra a administración do Partido Popular”.

O Goberno municipal tamén comparte a pregunta de moitos dos asistentes ao acto de onte, que se cuestionan en calidade de que estaba José Crespo nesa xuntanza e a quen representaba exactamente. Para o executivo local todo apunta a que se trataba única e exclusivamente dun acto partidario do PP co obxectivo de intentar frear o éxito da mobilización gandeira do pasado mércores, na que se evidenciaron dous xeitos moi diferentes de facer política: o do Goberno municipal apoiando sen paliativos aos seus veciños e o da oposición do PP, escondida e coa cabeza baixa pola vergoña da situación. 

Por último, o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, pídelle expresamente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que lidere as reivindicacións do sector, debido ás repercusións estratéxicas que tería a súa desaparición para a economía galega. Asemade, tamén lle recomenda que non se deixe asesorar por “políticos con minúscula como o señor Crespo”, capaces de calquera cousa con tal de intentar colarse na foto e de facerse ver cando xa ninguén os quere nas negociacións.

Axenda e tempo do venres 14 de agosto - Música, festas, cine, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Feito a Man - Praza cervantes - Sinestesia

Santiago - Feito a Man - Sanpaio de Antealtares - Lakazans

Ordes - Festas patronáis

 Santiago - Área Central - sesións de cine gratuitas

Santiago - Serán no Gaias - Za!

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Ordes - Visita do presidente do goberno

Informamos que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy Brey, visitará hoxe, venres 14 de agosto, a partir das 12 horas o Concello de Ordes. Na súa visita estará acompañado do alcalde do municipio, José Luis Martínez Sanjurjo, ademais do resto do equipo de goberno, así como outros membros da corporación municipal e demais alcaldes da comarca. 

Entre os actos previstos figura unha recepción no salón de plenos, seguida dunha visita ao Concello, así como un paseo pola vila ordense.

Área Central - Nuevas sesiones de cine gratuitas

Hoy viernes y este sábado Area Central continúa con sus sesiones de cine gratuitas para sus visitantes. Las proyecciones se realizan en la galería comercial, al estilo de las clásicas sesiones de cine al aire libre. Las películas comienzan a emitirse a partir de las 20.30 horas en la esquina verde del complejo comercial. 

Todas las películas, que se proyectarán durante todos los viernes y sábados de agosto, tendrán un corte infantil, familiar o comedias dirigidas a todos los públicos. Debido a las normas de la licencia de proyección de películas, Area Central no tiene permitido anunciar públicamente el título de la selección; pero todas las personas que quieran saber los títulos, pueden informarse a través de mensajes privados en el facebook de Area Central. 

Con motivo de esta actividad, Area Central también está realizando un concurso en su Facebook en el que a partir de varias pistas que proporciona, los seguidores de la página tienen que animar qué películas se van a proyectar cada semana. La primera persona que acierte, consigue un vale regalo para emplear en Area Central.

Ordes - Comezan as festas do concello

O Concello de Ordes ultima os preparativos para dar comezo hoxe dás súas festas patronais na honra á súa patrona, Santa María de Ordes. Na primeira xornada o protagonismo recaerá sobre unha das orquestras máis populares e que arrastra a milleiros de seguidores por toda a xeografía galega, o Combo Dominicano. Un día no que tamén se inclúe a actuación da orquestra Fania Blanco Show.

Ordes vivirá a súa xornada máis especial o sábado, co gallo do Día da Santa María. Ás 12 horas dará comezo a misa solemne que estará seguida da tradicional procesión, na que a imaxe da Virxe percorrerá, arroupada por membros da corporación, veciñanza e visitantes, as principais rúas do casco urbano. Para amenizar este día tan sinalado está confirmada a presenza da Banda de Música Municipal de Padrón, que ofrecerá un concerto tanto ao finalizar a misa como ás 20 horas na Alameda. Tamén estarán neste día o grupo de gaitas e os cabezudos ‘Espadana Gaiteiros’, ademais de contar coas actuacións das formacións ‘Aché’ e ‘Alianza’. 

Este día tamén estará caracterizado polo eido audiovisual ao ser escollida a Alameda de Ordes para emitir en directo o programa Aquí Galicia, un dos programas con maior audiencia da TVG. Dende as 16.30 ata as 19.30 horas un sinfín de agrupacións, artistas, xente popular do municipio, deportistas e outros colectivos pasarán polo escenario. Ademais tamén se emitirán reportaxes sobre zonas turísticas e de interese paisaxístico da zona, entre outros temas. A actuación da cantante local Tania Veiras ou un impresionante desfile con pezas do Museo do Traxe Juanjo Linares tamén terán cabida neste programa especial no que Ordes e a súa xente serán os verdadeiros protagonistas.

De cara ao domingo, 16 de agosto, a festa volverá a Ordes esta vez da man da Banda de Música de Ordes, do grupo ‘Atirixido Gaiteiros’, así como das orquestras ‘Armonía Show’ e ‘Ceniza’, que actuarán tanto ao mediodía como novamente pola noite. Previamente, ás 20 horas, na Alameda soará unha vez máis a Banda de Música de Ordes, que ofrecerá un concerto para todas e todos os que queiran asistir. Un ano máis neste día o Concello de Ordes renderalle unha especial homenaxe aos seus emigrantes coa tradicional ofrenda floral no monumento erixido en honor á diáspora galega, a cal será precedida dunha misa na igrexa de Santa María de Ordes que dará comezo ás 13 horas. Nesta ocasión a representación de toda a diáspora ordense recaerá no matrimonio formado por Constantino Lagares Gómez e Carmen Rial Castiñeira, naturais de Barbeiros e Zas, respectivamente. Ambos emigraron sendo ben novos a Arxentina, onde se labraron un porvir e fundaron unha familia. 

O domingo tamén terá un marcado carácter deportivo debido ao I Trofeo Triangular I Trofeo Triangular Festas Patronais de Ordes. A competición se desenvolverá no campo de Vista Alegre dende as 18 horas co partido entre o Tordoia C.F. e o Abellá S.D.C. Ás 19 horas será o turno para a S.D.C. Órdenes e o Abellá S.D.C. O último encontro será ás 20 horas entre a S.D.C. Órdenes e o Tordoia C.F. 

As festas concluirán o luns 17 de agosto. Un día que dará comezo co pasacalles a cargo dos ‘Viqueiras de Ordes’, mentres que a sesión vermú será cousa da charanga ‘Maloserá’. Pola noite vivirase unha verbena galega moi especial, na que actuará o grupo local ‘Ritmo galego’, acompañado polos ‘Sonoro Maxín’. Como mestra de cerimonias e presentadora do evento contarase coa televisiva e divertida Isabel Risco, que sen dúbida levantará as gargalladas e risos de todas e todos para despedir, ata o vindeiro ano, as festas de Ordes.

Par todas e todos aqueles que queiran colaborar coa financiación dos festexos o Concello de Ordes en colaboración coa Asociación Xuvenil Chirlomirlo ten aberta a seguinte conta no Banco Pastor: 

ES91-0238-8188-2906-0015-3932

Ames - Bolsa de traballo de axundantes de bibliotecas

O Concello de Ames acaba de convocar un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de axudantes técnicos de biblioteca destinada ás bibliotecas municipais deste Concello. As persoas que desexen participar neste proceso selectivo poden presentar as súas solicitudes ata o día 20 de agosto (inclusive). O anuncio da convocatoria, as bases, o modelo de solicitude, a declaración xurada e o temario específico das bibliotecas municipais de Ames, así como a dirección dalgunhas páxinas web de interese, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do servizo de recursos humanos, que está situada na Casa do Concello, ou accedendo á sección de convocatorias da web municipal.

A través deste proceso selectivo preténdese crear unha bolsa de traballo de axudantes técnicos/a de biblioteca, para a cobertura temporal deste tipo de postos nas bibliotecas municipais que, por circunstancias ou atendendo a programas concretos, xurdan no Concello de Ames. Deste xeito, as persoas que pasen a formar desta bolsa de traballo cubrirán interinidades por substitucións de empregados/as, reforzos de servizo e outras

contratacións temporais que se precisen para o bo funcionamento das bibliotecas municipais.

As solicitudes presentaranse, conforme ao modelo de solicitude que se pode obter no departamento de recursos humanos ou na sección de convocatorias da web municipal, no Rexistro Xeral do Concello ou en calquera dos rexistros establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro,de Réxime xurídico de las Administracións Públicas y del Procedemento Administrativo Común (de non ser o rexistro do Concello, prégase que se avise por medio dun correo electrónico ao seguinte enderezo: persoal@concellodeames.org), durante os cinco días hábiles seguintes á publicación do anuncio no taboleiro da sede electrónica do Concello de Ames.

Xunto ao modelo de solicitude haberá que presentar, debidamente cotexadas, unha fotocopia do DNI; unha fotocopia da titulación esixida que é a de diplomado universitario ou grado; a declaración xurada; e o xustificante de ter aboados os dereitos de exame. As persoas discapacitadas deberán facelo constar nas súas instancias sinalando se precisan adaptación das probas. A condición de discapacitado/a acreditarase coa certificación correspondente expedida polo órgano competente.

Santiago Futsal - O equipo xa ten capitáns

Os xogadores do Santiago Futsal elixiron aos seus capitáns para a temporada que está a piques de comezar. O canteirán Diego Quintela, o lucense Hugo Sánchez e o porteiro Marcos Vara portarán o brazalete que os distingue como capitáns do equipo a temporada 15-16.

O arzuán Diego Quintela, canteirán do clube santiagués e cedido polo FC Barcelona esta temporada, será o primeiro capitán do conxunto blanco. O segundo será Hugo Sánchez, que cumpre a súa terceira temporada nas filas do Santiago Futsal. E o terceiro capitán, Marcos Vara, retornou a pasada campaña ao Santiago Futsal, do que xa formara parte dende o 2005 até o 2011.

Por outra banda, o Santiago Futsal medirase esta tarde (Pavillón Municipal de As Somozas, 20h) ao 5 Coruña FS, poñendo punto final ao seu ‘stage’ na vila coruñesa na que leva concentrado dende o luns.

Obradoiro CAB - El Rio Natura Monbus Obradoiro ficha a Donnie McGrath

El Rio Natura Monbus Obradoiro ha contratado a Donald Michael McGrath (1,93 metros y 31 años) para la temporada 2015/16. Este base, norteamericano con pasaporte irlandés, procede del Kransy Oktyabr Volgogrado, con los que disputó durante la pasada campaña la VTB League (9.2 puntos y 4.6 asistencias en 31.1 minutos, 17 partidos) y la Eurocup (11.2 puntos y 5.3 asistencias en 34.7 minutos, 6 partidos), tras haber pasado también por el Anadolu Efes (4.0 puntos y 1.0 asistencias en 14.4 minutos, 5 partidos de Euroliga).

Donnie, internacional con la Selección de Irlanda, exhibe una dilatada carrera en el baloncesto europeo, y es que después de graduarse en la Universidad de Providence, ha pasado por equipos como el Cantú, Varese, Teramo y Verona (Italia); Egaleo, AEK Atenas y PAOK Salónica (Grecia); Cholet (Francia); Zalgiris Kaunas (Lituania); y Spartak San Petersburgo (Rusia), amén de los citados anteriormente. En su palmarés destaca el Campeonato de Liga Lituana conseguido en 2013.

“Con la contratación de McGrath incorporamos a un base grande, inteligente y con una buena capacidad de pase. Además, su habilidad para anotar tras bote o para jugar con otro base le serán útiles al equipo. Para este puesto teníamos claro que queríamos a un jugador experto y Donnie lo es”, afirma el director general del club, José Luis Mateo.

Xunta - Licitación da ampliacoón da planta de SOGAMA

A Xunta de Galicia, a través da Sociedade Galega do Medio Ambiente, licita  no Diario Oficial de Galicia (DOG) (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150813/AnuncioG1946-070815-0001_gl.html) por un importe de 400 millóns de euros (IVE incluído) a ampliación do seu complexo industrial, sito en Cerceda (A Coruña), e onde se procesa a maior parte do lixo doméstico xerado en Galicia. 

A licitación contempla a construción dunha nova planta para a recuperación dos envases (de papel/cartón e plástico) contidos no lixo en masa, prevendo que entre en funcionamento no ano 2017, así como a remodelación da actual nave de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible. 

O contrato, establecido para un período de 15 anos, inclúe igualmente a operación, mantemento e limpeza de ambas as dúas instalacións.

Esta actuación permitirá incrementar a capacidade de tratamento do complexo cercedense, pasando das 550.000 toneladas/ano actuais ás 750.000 (un 36,36 por cento máis), o que fará posible diminuír o vertido nun 30 por cento. O obxectivo último é que unicamente se depositen no vertedoiro de Areosa os refugallos que non poden ser previamente reciclados nin valorizados, tanto material como enerxeticamente.

Polo tanto, á actual clasificación do aceiro, aluminio e vidro contidos no residuo xenérico, unirase a dos envases de papel/cartón e plástico depositados erróneamente polos cidadáns nesta fracción, permitindo incrementar os niveis de reciclado.

Esta iniciativa enmárcase dentro do plan autonómico de xestión de residuos urbanos 2010-2020, que á súa vez segue as directrices comunitarias na materia, que en todo caso promulgan a necesidade de levar a cabo unha xestión xerarquizada dos residuos que comece coa prevención e a redución, seguindo coa reutilización, a reciclaxe e a valorización (material e enerxética), e concluíndo co vertedoiro, que debe relegarse a último lugar por ser considerado a opción menos desexable desde a dimensión ambiental.

Garantías e presentación de ofertas
O prego de condicións contempla unha serie de garantías técnicas vinculadas, entre outras cuestións, aos prazos de execución das obras, produción anual, limpeza, recuperación de materiais e calidade dos mesmos, aplicando as correspondentes penalizacións no caso de que os traballos non se axusten aos requisitos esixidos.

Co obxectivo de facilitar que as empresas que presenten a súa candidatura poidan elaborar unha oferta máis axustada á realidade, daráselles a oportunidade de visitar as instalacións. 

O prazo para a presentación de propostas, xunto coa documentación preceptiva, conclúe ás 13:00 horas do próximo 9 de outubro.

Teo - rranxos en San Sadurniño

Estes días remata a contratación desta cuadrilla de tres obreiros que se realizou a través dun programa de financiamento para cuadrillas de obras e servizos mínimos municipais que puxo en marcha a Deputación da Coruña.

Este programa de financiamento permitiu ao Concello de Teo a contratación dun oficial de segunda de albanelaría e de dous peóns coa finalidade de executar o proxecto “Mellora da accesibilidade e da seguridade peonil nas beirarrúas de San Saudurniño”. A prestación deste servizo tivo duración de 3 meses e unha xornada laboral de 25 horas semanais.

A Deputación da Coruña subvencionou de forma directa os 11.400 euros que permitiron custear o 100% do salario dos traballadores, que para optar a este posto de traballo tiveron que superar un proceso selectivo de concurso-oposición, de entre as persoas desempregadas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego. Pola súa banda, o Concello de Teo sufragou os gastos derivados do material das obras así como o vestiario e medidas de seguridade precisas para o desempeño laboral dos postos.

A cuadrilla traballou durante estes tres meses na zona de San Sadurniño nunha obra integral que facilitou a accesibilidade para a cidadanía mediante a execución diversas de ramplas e a reparación de baldosas deterioradas nas beirarrúas, así como a colocación doutras novas. Esta obra, aínda con flocos pendentes de rematar, será concluída pola Brigada municipal de Obras nos próximos meses.

O concelleiro de obras Xurxo Francos agradece esta colaboración do ente provincial xa que “este tipo de programas permiten executar obras novas, posto que as cuadrillas municipais xa soportan un alto volume de traballo de xeito cotián” e destaca “a importancia de que a contratación destes obreiros coincida coa época estival, o cal permite afrontar obras ao aire libre máis complicadas e con maior rendemento ca noutras estacións nas que as complicacións metereolóxicas ralentizan os traballos”.

Ames - Reunión coa empresa de monitoraxe dos comedores

Esta semana o concelleiro de Educación, David Santomil, reuniuse con representantes da empresa A Billarda-Vitae, que é a adxudicataria do servizo de monitoraxe da Rede Municipal de Comedores Escolares. Esta xuntanza enmárcase dentro dos encontros que está tendo o edil de Educación coas empresas que teñen a concesión dos servizos de monitoraxe dos programas lúdicos e de conciliación. O goberno municipal destaca o traballo educativo que se realiza na Rede Municipal de Comedores Escolares.

O concelleiro de Educación, David Santomil, explica que “esta xuntanza enmárcase dentro das reunións que estou mantendo cos representantes das empresas que son concesionarias dos servizos de monitoraxe dos servizos lúdicos e de conciliación que ofrece o Concello”. Santomil engade que “a empresa A Billarda-Vitae leva o servizo de monitores dos comedores escolares, a empresa Ágora Aberta ten adxudicado o servizo de monitores dos lúdicos, Escola de Verán e Tardes Divertidas, mentres que Órbita Infanti leva o servizo de Bos Días”.

A empresa A Billarda-Vitae é a actual concesionaria do servizo de monitoraxe da Rede Municipal de Comedores Escolares. O contrato con esta empresa foi asinado en xaneiro de 2015 por un curso e medio, máis outro curso no caso de exercer o dereito de prórroga. Deste xeito, esta empresa xestionou este servizo de monitoraxe durante a metade do curso 2014-2015 e continuará durante o curso 2015-2016. Ademais, existe a opción de prorrogar este contrato durante o curso 2016-2017.

Dende o goberno local indican que este servizo se presta por parte de monitores/as e coordinadores/as, que suman arredor de 90 empregados. Este cadro de persoal atenderá aos preto de 1.100 nenos e nenas que son usuarios/as da rede municipal de comedores dos cinco centros de educación infantil e primaria do concello de Ames (CEIP Agro do Muíño, CEP de Ventín, CEIP A Maía, EEI Milladoiro e CEIP de Barouta). 

David Santomil apunta que “a Rede Municipal de Comedores Escolares enmárcase dentro dun proxecto pedagóxico – educativo e de conciliación, no que os principais valores que se inculcan son a educación para a saúde, a educación para a convivencia e a educación para o ocio”.

Vantaxes da contratación de monitores en número suficiente:
O servizo de monitoraxe ofrécese cunha ratio media de 1 monitor/a por cada grupo de 15 nenos/as. O cadro de monitores está coordinado por cinco coordinadores (un por cada comedor). Deste xeito, disponse do persoal suficiente para a atención, coidado e vixilancia dos nenos/as, así como para o desenvolvemento das actividades do proxecto educativo. Polo tanto é posible recoller aos nenos/as nas aulas; acompañalos no momento da hixiene persoas (antes e despois de comer); acompañalos ás actividades extraescolares e ao transporte escolar; e acompañalos ata xunto a seus pais/nais. 

Ademais, os monitores/as son os encargados de atender directamente aos nenos/as durante a comida; controlar as racións que debe comer cada neno/a tendo en conta a súa idade; cubrir directamente as axendas con toda a información sobre as inxestas realizadas; realizar as actividades do proxecto educativo; asegurar que os nenos/as con menús específicos inxiran o seu menú adaptado; poder administrar medicación no caso de que a necesiten; e controlar diariamente as asistencia, así como ofertar a modalidade de usuarios/as ocasionais.

Silleda - Campaña "Sirvase en galego"

O Concello de Silleda poñerá en marcha nos vindeiros días o proxecto “Sírvase en galego”, unha iniciativa que ten por obxectivo promocionar e revitalizar o galego en círculos turísticos de xeito lúdico e ameno, ao tempo que se pon en valor o noso idoma.

O programa levarase a cabo co reparto dun total de 30.000 manteis de papel a distribuir entre establecementos do sector hostaleiro de Silleda, en concreto nos adicados á restauración e aloxamento.

Nos diseños dos manteis figurarán ademais de elementos patrimoniais do municipio de Silleda unha relación coas consideradas as 100 palabras máis fermosas da nosa língua, traducidas tamén ao castelán.

Esta iniciativa está patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, logo de que o proxecto presentado polo Concello de Silleda á orde de subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da língua galega obtivera o correspondente visto bo.

Nos vindeiros días dende a Concellería de Turismo, que dirixe Ana Luisa González, procederase a convocar ao sector hostaleiro, para explicar esta iniciativa e realizar o correspondente reparto dos manteis. “Neste encontro con membros do sector aproveitaremos tamén para falar doutros proxectos relacionados coa dinamización do sector hostaleiro no noso municipio”, engade a concelleira.

Entre os temas a tratar nesta convocatoria figura a promoción para crear unha asociación que aglutine ao sector da hostelería no termo municipal de Silleda.

Lalín - Deficiencias no Lalín Arena

“Cremos firmemente nas posibilidades do Lalín Arena, pero estamos atopando unha serie de defectos que nos fan ser moi cauteloso co futuro desta obra”, dixo hoxe o tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Nicolás González Casares, nunha visita ás instalacións. O edil dixo atoparse “preocupado” pola aparición de múltiples deficiencias “nun complexo no que o pobo de Lalín gastou moitos cartos e que ten unha función social e deportiva que cumprir, pero que non nos deixaron en boas condicións”. 

Entre as imperfeccións atopadas, Casares citou a aparición dunha nova goteira, “hoxe mesmo, o primeiro día que chove”, na zona de spa. Esta filtración será revisada polos técnicos do Concello, que realizarán un informe para poder darlle solución posteriormente. Por outro lado, referiuse ao espazo “inacabado e completamente desaproveitado e descoidado”, no que inicialmente estaba prevista a execución dunha pista de xeo. Así mesmo, tamén sinalou, entre outros defectos, a necesidade de ter que pasar polo aseo de persoas discapacitadas para acceder ao pavillón desde a zona de ximnasios, ou a aparición dunha porta tapiada na baixada dunhas escaleiras que se converte nun claro problema de seguridade. Este defecto quedará cuberto coa colocación dunha cancela que impida o acceso a ditas escaleiras. 

O Concello conta na actualidade con 22.153,93 euros que figuran en concepto de garantía definitiva de obras, retidos dun aval firmado anteriormente con Gaia Lalín Arena, cos que poder executar as tarefas de mellora.

Pista de atletismo
Nicolás González Casares aproveitou a visita de hoxe ao multiusos para anunciar a próxima creación dunha pequena pista de atletismo cuberta nun dos laterais en desuso das instalacións. O proxecto, que se executará logo de ter establecido contactos co Balonmán Lalín e coa Escola de Atletismo, é de sinxela construción, pois consiste unicamente no saneamento do lugar e no pintado das pistas con material antideslizante. As obras completaranse coa colocación dunha porta corrediza que separe este espazo da zona colindante que o Club Balonmán Lalín utiliza habitualmente de ximnasio. 

A pista salvará a carencia dun espazo cuberto solicitado hai tempo polos atletas lalinense para poder exercitarse nos días de tempo inestable. Segundo indicou González Casares, terá un orzamento previsto de entre 6.000 e 7.000 euros.

Axenda e tempo do xoves 13 de agosto - Música, novo circo, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Feito a Man - San Fiz - Cuarto y Mitad

Santiago - Praza da quintana - Up2DowN  

 Santiago - Serán no Gaias - Trepat 

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Silleda - Instalación dunha caldea de biomasa na Casa da Cultura

As obras de instalación da caldeira de biomasa que dará servizo ás dependencias municipais da Casa da Cultura comezaron hai varios días. Esta instalación ubicarase nun local anexo ao edificio principal, na parte traseira da planta baixa.

Con esta dotación melloraránse as condicións destas instalación municipais, ademais de lograr un maior aforro no consumo enerxético. 

Esta actuación realízase con cargo á iniciativa de Proxectos Dinamizadores de áreas rurais de Galicia, para equipamentos técnicos de biomasa 2015, cunha inversión de 23.600 euros (sin IVE). A través deste proxecto o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) achega 16.650 euros e o resto da inversión finánciase con fondos municipais.

A día de hoxe continúa tamén en proceso de licitación a instalación dun ascensor na Casa da Cultura de Silleda, co que se dará por fin solución aos problemas de accesibilidade deste edificio. Está previsto que esta obra se adxudique nas vindeiras semanas. A inversión neste caso ronda os 70.000 euros e o elevador estará situado na fachada posterior do inmoble.

Dende o goberno municipal de Silleda advírtese que con estas dúas actuacións melloraran se estas dependencias municipais, tanto dende o punto de vista do acondicionamento como no relativo aos accesos.

Xunta - Axudas autonómicas para rehabillitación no entorno dos Camiños de Santiago

A Xunta de Galicia destinará 1.133.706 euros á concesión de axudas autonómicas aos titulares de actuacións de remate de fachas e cubertas e de rehabilitación ou reconstrución de vivendas emprazadas no ámbito rural, en conxuntos históricos ou nos Camiños de Santiago. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe 


a correspondente resolución de convocatoria, que se insire nas actuacións previstas no Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

Os interesados disporán do prazo dun mes, a contar a partir da publicación da convocatoria no DOG. 

Poderán beneficiarse destas subvencións os titulares de actuacións de remate de fachadas e cubertas e de rehabilitación ou reconstrución de vivendas emprazadas no ámbito rural, en conxuntos históricos ou nos Camiños de Santiago, que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Para ter dereito á axuda, as vivendas rehabilitadas deberán estar sendo destinadas a residencia habitual e permanente do propietario ou do inquilino no caso de vivendas en alugueiro. 

Contía
O importe da subvención pode acadar o 50% do orzamento que figura na resolución de cualificación definitiva.

A subvención de cada beneficiario non poderá superar o límite máximo de 6.600 euros para as actuacións de remate de fachadas, cubertas e rehabilitación e de 8.600 euros para as actuacións de reconstrución.

Da contía total de 1.133.706 euros desta convocatoria, 833.706 euros serán destinadas a actuacións no ámbito rural e 300.000 eurosás do ámbito histórico.

Santiago - Hoxe no verán na Rúa "Up2DowN"

A programación ‘Verán na rúa’ que a concellaría de cultura, pon en marcha coa xestión do Auditorio de Galicia, chega ao seu ecuador coa actuación da compañía galega trasPediante. Será hoxe xoves ás 19.30 h na Praza da Quintana. Se o tempo no é propicio o espectáuclo pasará as tablas do Teatro Principal. Entrada de balde.

Up2DowN mestura danza e circo contemporáneo con notas de humor e clown. Un espectáculo dirixido especialmente a nenos e nenas maiores de catro anos.

A compañía galega trasPediante presenta na praza da Quintana un espectáculo que nos traslada ao singular universo de dúas personaxes femininas e a súa relación arredor dun cable de funambulismo.

Este espectáculo forma parte do circuíto cultural e de lecer Cultura no Camiño promovido pola Xunta de Galicia con motivo do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela e conta co patrocinio de Turismo de Galicia e do Agadic.

Ames - O concello súmase a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo

O pasado, 30 de xullo, no pleno ordinario de xullo aprobouse por unanimidade de todos os grupos con representación na corporación unha moción presentada polo grupo Ames Novo, para que o Concello de Ames se adherise á Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo. 

Na comisión informativa, na que se abordou este tema, o goberno presentou varias emendas que foron aceptadas. Ademais, no propio pleno o grupo municipal popular presentou outras dúas emendas das que foi aprobada unha delas.

A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Catuxa García, explica que “dende o Concello de Ames somos conscientes da situación de crise que está soportando este sector. Debido a iso é necesario por en marcha unha serie de medidas urxentes e implicar ás administracións públicas para establecer uns prezos xustos do leite, que permitan aos nosos gandeiros e gandeiras desenvolver a súa actividade”.

O goberno de Ames apoia o documento base para a supervivencia do sector lácteo galego, que foi apoiado polas organizacións agrarias e por miles de gandeiros/as, e dálle difusión ás mobilizacións comarcais convocadas para a defensa deste sector.

Ames - Campaña de limpeza de fincas

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu onte a presentación da campaña “Faino por ti, faino por todos”. O alcalde de Ames, José Miñones, e o concelleiro de Urbanismo, Blas García, foron os encargados de presentar esta iniciativa, a través da cal o Concello de Ames pretende concienciar á veciñanza amesá de que é necesario que limpe os seus terreos para evitar que acaben cheas de maleza. Trátase dunha campaña en positivo para concienciar á cidadanía e aos propietarios de parcelas para que non as deixen en estado de abandono.

Ames dispón de dun gran contorno verde e natural. Dende o Concello son conscientes da necesidade de dispor de recursos e dotacións naturais, para que todos os veciños e veciñas poidan gozar dun xeito agradable. Pero todo iso non é suficiente se á veciñanza non colabora no coidado do medio natural. Por iso, dende a concellaría de Urbanismo acaban de poñer en marcha unha campaña a través da cal se pretende concienciar a cidadanía e aos propietarios para que limpen as parcelas que están abandonadas e cheas de maleza nos núcleos urbanos de Bertamiráns e O Milladoiro, así como nas parroquias e zonas do rural.

O alcalde de Ames, José Miñones, indica que “esta é unha campaña para todo o ano. O obxectivo é que a cidadanía se vaia concienciando de que ten que limpar as súas parcelas, sobre todo as fincas que están en lugares visibles nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro, pero tamén no rural no que hai parcelas totalmente abandonadas e que son un gran perigo ante o risco de incendios forestais. O que pretendemos é realizar un traballo de prevención durante todo o ano para evitar o risco de incendios forestais. Por iso sacamos esta campaña para fomentar a limpeza das fincas particulares”.

Baixo o titulo “Faino por ti, faino por todos. Se tes un terreo é necesario que o manteñas coidado e libre de maleza”, o Concello quere potenciar a actitude solidaria de todos os veciños e veciñas co obxectivo de mellorar a vida cotiá de todos e mellorar a imaxe dos terreos e dos espazos verdes do termo municipal. Trátase dunha campaña en positivo para concienciar á cidadanía e aos propietarios de parcelas para que non as deixen en estado de abandono e cheas de maleza. Con esta iniciativa desenvolvese unha primeira fase de concienciación e colaboración cos propietarios/as de maneira solidaria e pensando no resto dos veciños/as de Ames. 

O concelleiro de Urbanismo, Blas García, explica que “dende que chegamos ao goberno o departamento de urbanismo está tramitando un gran número de denuncias de particulares sobre a limpeza de parcelas nas zonas urbanas e rurais. É doado facer un visita por Bertamiráns e polo Milladoiro e ver parcelas en estado de abandono que se compraron hai anos para a promoción de vivenda e que finalmente debido á crise quedaron sen ser usadas para tal fin”.

Procedemento administrativo

Por outra banda, Blas García destaca que “o problema que ten o Concello á hora de actuar é que ten que respectar os procedementos administrativos para limpar estas fincas, e iso implica a apertura dun expediente, facerlle unha comunicación ao propietario cun tempo de 10-15 días para presentar alegacións, e se non proceden á limpeza da finca, execútase a limpeza e pásaselle a factura ao propietario”. Ademais, o edil de Urbanismo, incide en que “as maiores dificultades que ten o Concello para afrontar a limpeza destas fincas é cos bancos e coa SAREB, xa que presentan constantemente alegacións para dilatar o proceso e non limpar”.

Esta campaña difundirase a través da páxina web municipal, das redes sociais (Facebook e Twitter), coa publicación dun bando que se colocará en todos os taboleiros de anuncios do Concello, e con comunicacións aos propietarios que teñen que realizar estes traballos de limpeza. 

Interacción cos veciños/as 

Unha parte importante desta campaña é que o Concello de Ames habilitou un correo electrónico específico: urbanismo@concellodeames.org para recoller as protestas e denuncias dos veciños/as sobre a limpeza das fincas que estean en estado de abandono. Estas achegas tamén se poden facer a través das redes sociais (Facebook e Twitter) do Concello.

Touro - X concurso de fotografía "Touro en imaxes"

Los aficionados y amantes de la fotografía tienen de plazo hasta el 15 de noviembre para presentarse al X Concurso de Fotografía ‘Touro en Imaxes’, organizado por el Concello de Touro. El 15 de noviembre expira el plazo para presentarse a un concurso que cumple 10 años. La cita para los aficionados a la fotografía consta de tres apartados en la categoría de adultos: Premio Especial Touro Natureza, Premio Especial Touro Patrimonio Histórico-Cultural y Tema Libre. Cada apartado está dotado con un premio de 300 euros. Por su parte, la categoría juvenil cuenta con el Premio Especial Touro Natureza y Premio Especial Touro Patrimonio. En ambos casos el premio será una tablet.

El Concello de Touro pretende cada año, y con este ya son diez, con este concurso “contribuir á creación artística, fomentar a divulgación á fotografía e promocionar os recursos naturais e histórico-culturais do municipio”. Podrán participar todas las personas físicas que cumplen lo establecido en las bases. Cada autor o autora podrá presentar un máximo de cuatro obras, que deberán ser originales, reciente y inéditas. Las fotografías se realizarán en blanco y negro o color.

El propio Concello de Touro expondrá las fotografías ganadoras y también las demás participantes. Estos trabajos pasarán a formar parte de un archivo creado para uso municipal. Los interesados en presentarse al concurso pueden consultar las condiciones de la convocatoria en www.concellodetouro.com o en el propio Concello, llamando al número de teléfono: 981.504.029.

Los profesionales o aficionados que participen podrán presentar sus trabajos en el registro del Concello o enviando las obras por correo certificado en sobre cerrado a la siguiente dirección: X Concurso de Fotografía Touro en Imaxes. Concello de Touro. Fonte Díaz, s/n. 15822. Touro. A Coruña.

Frades - O Concello aproba unha bonificación do 95 % no IBI das explotacións agrogandeiras

O pleno de Frades aprobou hoxe o establecemento dunha bonificación do 95 % no Imposto de Bens Inmobles (IBI) para as edificacións nas que se desenvolven actividades agrarias e gandeiras do sector primario. A modificación da ordenanza fiscal municipal que rexe este imposto en Frades foi aprobada co voto a favor do PP e a abstención do BNG. 

Unha vez entre en vigor o cambio da norma, as persoas interesadas terán que solicitar a bonificación no Concello, co fin de obter unha declaración de ser inmobles de especial interese ou utilidade municipal, fundamentada en circunstancias sociais, económicas e de emprego, xa que a gandeiría é a principal actividade económica de Frades.

Canda a solicitude, deberase presentar o certificado de Facenda que recolla a situación censal da persoa solicitante, a acreditación da titularidade catastral do inmoble, o certificado de non ter débedas tributarias, e o xustificante do recoñecemento de explotación ou licenza da actividade. Examinada a documentación, será a Xunta de Goberno Local do Concello a que aprobe a bonificación. 

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explicou no pleno que “desde o goberno estamos facendo todo o posible dentro do noso ámbito competencial para que os nosos gandeiros poidan obter a máxima bonificación posible no IBI das súas explotacións”. Neste sentido, anunciou que, en canto entre en vigor o cambio da ordenanza, o Concello informará a toda a poboación para que poidan solicitar as bonificacións. 

Outro dos cambios introducidos na ordenanza do IBI consiste na redución do tipo de gravame para os inmobles de natureza urbana, que pasa do 0,6 % ao 0,45 %. Os inmobles de natureza rústica continuarán tributando no tipo do 0,3 %. O alcalde de Frades efectuou un repaso polas ordenanzas dos demais municipios da contorna e constatou que os de Frades son os tipos de IBI máis reducidos de todos eles. 

Ademais, Rey solicitoulle á oposición que non intente facer demagoxia sen fundamento con esta cuestión, dado que “o BNG dá a entender por aí que se está creando un novo imposto, cando en realidade imos reducir no 95 % a contribución das explotacións e ao mínimo que podemos a das vivendas, que os veciños pagan desde sempre”. O alcalde tamén lle tivo que aclarar á oposición que “a actualización dos valores catastrais non é unha competencia municipal e estase facendo en todos os Concellos periodicamente”. 

Reclamación á Consellería e ao Ministerio e apoio á tractorada do 21 en Ordes

Por outra parte, o pleno aprobou por unanimidade unha reclamación sobre o sector leiteiro dirixida tanto á Consellería do Medio Rural e do Mar como ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. O texto empraza a estas administracións a tomar as medidas necesarias para “que se garanta unha adecuada construción de prezos na cadea de valor do leite”, de maneira que os gandeiros non se vexan obrigados a cobrar a prezos ruinosos que os aboquen ao peche das explotacións. 

Neste sentido, demándase que se cumpran os contratos de compravenda, con garantía de recollida, e que se aplique estrictamente o chamado paquete lácteo, evitando que se venda leite ao consumidor a perdas utilizándoo como produto-reclamo e banalizándoo. 

O alcalde, Roberto Rey, lembrou que o Concello de Frades está apoiando todas as iniciativas que está tomando a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, integrada por sindicatos, organizacións de produtores de leite (OPLs) e outras entidades. Por iso, o Concello tamén informará e animará a participar na protesta programada para o 21 de agosto en Ordes, consistente nunha tractorada e na invitación ao peche solidario de establecementos doutros sectores durante dúas horas. 

Rey agarda que as reivindicacións do sector sexan tidas en conta e que “os nosos gandeiros teñan canto antes solucións para os seus problemas porque estamos falando da principal fonte de riqueza de Frades e de numerosos postos de emprego tamén de xente nova, que nos últimos anos apostou por investir e innovar no sector e non debe verse agora abocada a deter a actividade”.

Modificación do orzamento
Por último, de maneira unánime, o pleno acordou unha modificación do orzamento municipal deste ano. Trátase dun cambio técnico para adecuar distintas partidas a subvencións de gasto e de investimento recibidas doutras administracións, e tamén para reflictir a necesidade de acometer diversas obras hidráulicas que non estaban previstas a comezos de ano pero que a falta prolongada de precipitacións aconsella executar. 

Recoñecemento á secretaria municipal
A sesión rematou cunhas palabras de recoñecemento e agradecemento á secretaria municipal, Mila Sexto Carballeiro, para a que este foi o seu derradeiro pleno antes da xubilación, tras 34 anos ao servizo do Concello de Frades. Todos os integrantes da corporación dedicáronlle un aplauso polo seu labor durante todo este tempo.

Ordes - A SDC Órdenes celebrará o seu I Trofeo Triangular Festas Patronais de Ordes

Co gallo das festas patronais de Santa María de Ordes, a S.D. Club Órdenes ten organizado o I Trofeo Triangular Festas Patronais de Ordes. Unha competición que se desenvolverá o vindeiro domingo, 16 de agosto, no campo de Vista Alegre.

O primeiro encontro desputarase ás 18 horas entre o Tordoia C.F. e o Abellá S.D.C. Ás 19 horas será o turno para a S.D.C. Órdenes e o Abellá S.D.C. O último partido será ás 20 horas, novamente a S.D.C. Órdenes enfrentarase ao Tordoia C.F.

Santiago Futsal - I Carreira de Obstáculos Extrema 100% Galega

Santiago Futsal, en colaboración con Fundación Cidade da Cultura e a empresa SAVA, e co patrocinio de Bograo e Labralia, organiza a I Carreira de Obstáculos Extrema 100 % Galega. Esta carreira, pioneira en Galicia, celebrarase o 13 de Setembro na Cidade da Cultura, e contará cun total de 27 probas de índole tradicional galego.

A I Carreira Extrema de Obstáculos 100% Galega terá unha lonxitude de 7km, que se desenvolverá na Cidade da Cultura e os seus arredores, un entorno privilexiado no que se integran espazos naturais con outros integrados na propia Cidade da Cultura. 

Poderán participar na I Carreira Extrema 100% Galega todos os atletas sen importar condición, sexo ou nacionalidade e que teñan 18 anos cumpridos o día da proba. Así mesmo, o número de prazas é limitado, cun total de 1500 prazas dispoñibles, para as que se abrirá inscrición a partir de mañá e que se realizará a través da web do Santiago Futsal. Os prezos de inscrición varían entre os 20 e os 25€, segundo o prazo de entrega, e todos os participantes recibirán como agasallo unha camiseta edición limitada, así como diverso material de avituallamento para empregar durante a carreira e tras a súa finalización.

A carreira realizarase en diferentes quendas e franxas horarias e o sistema de calificación basearase nunha cronometraxe por chips que portará cada corredor para determinar así o tempo de carreira. Outorgoranse premios para os tres primeiros clasificados, tanto en categoría masculina e feminina, coma en grupos (masculino, feminino e mixto). Os premios constarán dun trofeo exclusivo I Carreira Extrema de Obstáculos 100% Galega, premios en metálico e cheques regalo en material deportivo.

Para concluir este gran día, celebrarase unha festa de final de Carreira que estará amenizada por diversos grupos e bandas galegas, e na que tamén haberá inchables para os máis pequenos e un posto de comida típica galega con polbo e carne ao caldeiro.

A presentación oficial do evento terá lugar o martes 25 de Agosto, na cal se fará público o modelo da camiseta da I Carreira Extrema de Obstáculos 100% Galega e se darán a coñecer algunas das probas que formarán parte do percorrido.

Non perdas a oportunidade de participar nesta I edición e anímate a ser un dos primeiros en descubrir a I Carreira Extrema de Obstáculos 100% Galega.

Axenda e tempo do mércores 12 de agosto - Música, circo, exposicións

Santiago - Numax 

Ames - Festas en Agrón 

Santiago - Feito a Man - Tis Che Tein (13 h e se chove dentro de A Gramola)

Santiago - Praza de San Martño Piario  Rise & Spin

 Santiago - Feito a man - Leo Minax  (22h no Modus Vivendi)

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo