Melide - plan integral de protección medioambiental

O Concello de Melide pon en marcha un plan integral de protección medioambiental coa separación das augas pluviais das fecais na rúa bispo varela e a limpeza de cunetas nas parroquias. 
Dende a concellaría de obras, medio rural e medioambiente dirixida pola popular Rosa Cabado, púxose en marcha unha serie de actuacións dentro dun plan integral de protección medioambiental que neste caso trátase dunhas accións de coidado do medio natural que ascenden a máis de 70.000 €.

Dende o Concello de Melide estánse a levar a cabo unha serie de actuacións para o coidado do medioambiente. Nun primeiro caso trátase da separación das augas fecais e pluviais na rúa Bispo Varela Fondevilla co fin dun mellor tratamento das augas fecais e un reciclado máis eficiente na depuradora municipal, é polo tanto, dun menor impacto das augas de chuvia nos mecanismos da depuradora xeral do concello. Estas actuacións estánse a levar en varias rúas do centro urbano co fin de seguir unha liña de separación das dúas vertentes de augas en todos aqueles tramos que non cumplan as características sinaladas. Ademais, tamén se está a levar a cabo un desbroce nas diferentes parroquias de Melide de limpeza de cunetas para o axeitado equilibrio entre o medioambiente e a seguridade vial no rural.

Outro dos eixes de actuación que manteñen o equilibrio co medioambiente, é o acendido do alumeado de Nadal mañá día 6 de decembro, con tecnoloxía led, que permite un aforro enerxético considerable para as arcas municipais ao par que un axeitado coidado medioambiental. Esta decisión de acender o alumeado de Nadal para inaugurar a tempada de compras pódese facer a principios de mes dada a tecnoloxía verde que posúen os leds, que disminúe o gasto enerxético e permite aumentar o número de arcos pola vila, ao contrario do que sucede noutros concellos onde limitan o consumo de luz dada a situación económica pola que se está a pasar.

Ningún comentario: