Axenda e tempo do sábado 6 de setembro - Feiras, música, tenis de mesa, exposicións

Santiago - Cachán - Wild Balbina 

Oroso - V Torneo Internacional de Tenis de Mesa

Oroso - Psoe - Encontro na Penateixa

Negreira - Feira do Románico 

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Zona C - Cruz Guimarey

Santiago - Fonseca - Un mar 50 miradas

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago - Museo das Peregrinacións - Miguel Ánxo Prado

O Tempo

Oroso - Apertura de inscrición para os obradoiros municipáis

O Concello de Oroso abre o vindeiro luns o prazo de inscrición para os obradoiros municipais do curso 2014/2015 

A oferta abrangue debuxo e pintura, cestería tradicional, patchwork, traballos manuais, labores, decoración de repostaría ou fotografía dixital 

O Concello de Oroso abre desde o vindeiro luns 8 ata o mércores 24 de setembro o prazo de inscrición nos seus obradoiros municipais do curso 2014/2015. As anotacións deben tramitarse no Centro Cultural ou en internet, a través da sede electrónica do Concello de Oroso: https://sede.oroso.es/gl/. A oferta de obradoiros abrangue unha ampla variedade de propostas para todas as idades.

Dentro desa oferta, as clases de debuxo e pintura terán lugar no Centro Cultural de Sigüeiro os luns pola tarde: de 17 a 19 horas para nenos e nenas e de 19 a 21 horas para persoas adultas. As clases comezan en outubro e concluirán en maio, cun prezo de 17 euros mensuais para persoas empadroadas no municipio.

En canto ao curso de cestería tradicional, que comezará en outubro e rematará en decembro, está programado para persoas maiores de catorce anos. Desenvolverase os sábados de 10 a 12 horas no Centro Cultural. O seu custo é de 25 euros ao mes para empadroados. 

Tamén se ofrecen clases de patchwork, con nivel de iniciación os martes de 18 a 20 horas e nivel de perfeccionamento os mércores de 18 a 20 horas. Poden participar persoas maiores de dezaseis anos e ten un prezo de 20 euros mensuais para empadroados. O curso dá comezo en outubro e concluirá en maio.

Esa mesma duración terá o curso de traballos manuais, establecidas os martes e xoves de 19 a 21 horas no Centro Cultural. Son tamén para maiores de dezaseis anos, que poderán escoller por participar un día á semana ou os dous, con prezos de 20 ou de 30 euros mensuais.

A oferta da actividade de labores inclúe borados, gancho, calceta, tapiz, trapo e feltro. Os dous horarios opcionais previstos son de 10 a 12 horas ou de 17 a 19 horas, os xoves. Tamén se trata dunha oferta para maiores de dezaseis anos. O curso vai desde outubro ata decembro, cun prezo de 20 euros ao mes para persoas empradroadas en Oroso. 

Ademais, na programación figura un curso de decoración de cup cakes, tartas e galletas entre os meses de outubro e xaneiro. Poden participar maiores de dez anos. Custará 50 euros ao mes, co material incluído no prezo, e serán dúas horas de clase á semana, aínda que de momento non se confirmaron os horarios. 

A fotografía dixital forma parte tamén da programación de obradoiros municipais de Oroso. As clases terán lugar na Aula de Informática os venres pola tarde, de 16:30 a 18 horas, desde novembro ata maio. Poden participar maiores de catorce anos e o custo é de 18 euros ao mes para empradroados. 

Por último, tamén se propoñen as clases de teatro e de bailes de salón, en liña, deportivos, modernos e latinos.

Ames - Revisión da facturación eléctrica do concello

O Concello de Ames leva a cabo unha revisión da facturación eléctrica que permitiu corrixir diversas incidencias detectadas na facturación

Na súa aposta polo impulso ao aforro enerxético, durante o último ano, o Concello de Ames, coa colaboración de FAEPAC (Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña,) levou a cabo a revisión dun total de 1.613 facturas do subministro eléctrico do municipio, correspondentes a 212 puntos de subministro.

O Concello vén de recibir o terceiro informe de FAEPAC correspondente á segunda metade do ano 2013. En total, nesta segunda fase analizáronse 671 facturas das que se detectaron medio centenar nas que o Concello podería solicitar a súa devolución por atoparse algunha incidencia ou incorrección na súa tramitación.

O Concello de Ames está realizando, coa colaboración de FAEPAC (Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña), un informe sobre a facturación eléctrica do municipio. Actualmente constan na base de datos de FAEPAC 1.613 facturas analizadas, correspondentes a 212 puntos de subministro. Este estudo, que está dividido en trimestres, está elaborado a partir da análise das facturas que recibe o Concello polos distintos puntos de subministro que ten contratados, aprécianse un conxunto de incidencias na facturación. Estas incidencias detectadas no estudo traduciranse na revisión das correspondentes facturas e no conseguinte aforro para as arcas municipais. No informe inclúense as posibles medidas a tomar para acadar un maior aforro e eficiencia enerxética así como os erros detectados na facturación.

Na súa aposta polo impulso ao aforro enerxético, durante o último ano, o Concello de Ames, coa colaboración de FAEPAC(Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña,) levou a cabo a revisión dun total de 1.613 facturas do subministro eléctrico do municipio, correspondentes a 212 puntos de subministro. O Concello vén de recibir o terceiro informe de FAEPAC correspondente á segunda metade do ano 2013. En total, nesta segunda fase analizáronse 671 facturas das que se detectaron medio centenar nas que o Concello podería solicitar a súa devolución por atoparse algunha incidencia ou incorrección na súa tramitación.

Estas facturas foron analizadas tendo en conta distintos factores como as lecturas realizadas en contador, o prezo da enerxía, a potencia contratada, a existencia ou non de penalización reactiva, penalizacións por exceso de potencia e os quilovatios que foron facturados pola empresa subministradora. En base a toda esta información recadada, o Concello de Ames levará a cabo unha auditoría enerxética que permitirá acadar aforros na facturación eléctrica anual municipal e, polo tanto, a optimización do consumo enerxético.

Cos datos reflectidos por este estudo, o Concello de Ames xa remitiu unha comunicación á empresa Gas Natural Fenosa, co obxectivo de que se proceda á modificación de determinadas facturas ou á devolución dalgúns importes sinalados. A devandita empresa anulou as facturas que estaban mal emitidas e substituínas por outras. Ademais, nos últimos meses o Concello solicitoulle a Gas Natural Sur a anulación de dúas facturas ou a devolución do importe cobrado que ascende a 1.100 euros.

41 facturas reclamadas
Por outra banda, detectáronse unha serie de facturas nas que os valores da enerxía reactiva amosados nas lecturas do contador, son superiores aos da enerxía activa. Dende o Concello enténdese que este feito non debe producirse, polo que lle solicitaron á empresa Unión Fenosa Comercial unha revisión do equipo de medida, e se procede, a anulación das 41 facturas emitidas, para que sexan reguladas segundo a facturación dos subministros implicados, de acordo cos valores reais de consumo e a lexislación vixente.

Da análise da facturación eléctrica, detectase a existencia dunha serie de facturas nas que se cobra penalización por superar a potencia contratada, aínda que iso non sucede. Noutras facturas, inclúense quilovatios que xa foron abonados en recibos anteriores ou non se fai a devolución que correspondería por non acadar a potencia contratada para cada punto de subministro. Segundo o informe, tamén se detectan puntos de subministro onde tanto os períodos de tempo facturados como as lecturas reais reflectidas nas facturas cóbranse en dúas diferentes.

BNG Compostela - A denuncia ao gandeiro da Sionlla procede dunha única vivenda

“O gando vai por unha vía pola que non está prohibido o paso de animais, en zona de concentración parcelaria”, explica Elvira Cienfuegos

A concelleira Elvira Cienfuegos respondeulle ao alcalde cando convidou a reflexionar sobre que só existe problema nunha das 427 explotacións agrogandeiras de Santiago que pretenden sancionar con 750 euros “que omitiu que as queixas proceden dunha única vivenda e ampliaba a opinión e a denuncia da presidenta da asociación veciñal ao conxunto de membros da asociación”.

Das vivendas dos arredores das máis de 400 explotacións gandeiras existentes “non saíron denuncias tan reiteradas como as da casa veciña do gandeiro a quen se lle notificou a sanción, nin ningún gandeiro foi sometido a vixilancia policial máis ca este”.

Así, desvelou que “as reiteradas chamadas á central da Policía determinaron polo menos 7 visitas da Policía local ao punto do conflito”, moitas delas entre as 8:30 e as 9:00 e algunhas en días sucesivos, sen que en ningunha delas se fixese constar máis que a afección en 50-100 m. de vía con excrementos que o propietario do gando se comprometía a limpar, como así fixo, moitas das veces diante do policía”.

Ademais, explicou que cada día, a esa hora, o gando sae do prado para ser muxido. “O gando vai por unha vía pola que non está prohibido o paso de animais e logo de que deixen parte dos excrementos no prado, mais algunha vaca pode deixar a súa dexección na vía, non as 30 vacas”, indicou.

“Pero o tramo obxecto das reiteradas chamadas á Policía local non son 50-100 metros calquera; están diante da casa dun membro deste corpo, única casa da que parten as denuncias”, asegurou. Segundo indicou, estas denuncias, recibidas tamén pola presidenta da Asociación Veciñal, foron trasladadas como súas ao Concello, non como acordo do conxunto de veciños e veciñas da asociación que non foron previamente consultadas.

Cuestionou tamén que o alcalde propoña “un punto de equilibrio entre os afectados, tratando de reducir o problema a un asunto de convivencia”. Faino despois de que o Concello notificase unha sanción de 750 euros ao gandeiro, é dicir, despois de adoptar unha postura decidida a favor da vivenda afectada e en contra de quen vén dende hai varias xeracións desenvolvendo unha actividade produtiva.

O BNG entende que o Concello ten primeiro que recoñecer os dereitos que asisten ao gandeiro de poder levar o gando polas vías públicas e despois poderase falar de evitar molestias a quen foi vivir a unha zona agrogandeira; o que non se pode supeditar é a actividade á sensibilidade e á insistencia da xente que foi vivir alí.

Non é o caso dun gandeiro. É o caso dun concello que non recoñece a actividade agrogandeira. “En resumo, o que falta é recoñecer non só que hai máis de 400 explotacións gandeiras no concello senón recoñecer que teñen dereito a desenvolverse nel, porque dan traballo a máis de 700 persoas, porque é un sector importante non só para a nosa economía senón para a nosa supervivencia como país e porque non podemos permitirnos o desbaldimento dunhas potencialidades produtivas que son esenciais sempre e máis neste momento”, concluíu.

Ames - A Policía Local imputou sete delitos contra a seguridade viaria no mes de agosto

A seguridade viaria segue a ser unha prioridade para a Policía Local de Ames. Deste xeito, o corpo de seguridade amiense imputou no mes de agosto sete delitos contra a seguridade viaria, a maior parte deles por alcoholemia. Ademais, imputáronse varios delitos por tentativa de furto, por conducir sen a correspondente licencia despois de perder os puntos legalmente asignados, por atentados contra os axentes da autoridade e por un presunto delito deviolencia de xénero.

A Policía Local de Ames imputou sete delitos contra a seguridade viaria no mes de agosto. O primeiro suceso tivo lugar o 4 de agosto en Bertamiráns. Os membros da Policía Local recibiron unha chamada da Garda Civil do Milladoiro avisando de que unha persoa estaba durmido nun vehículo, que estaba estacionado no medio do carril dereito da avenida da Peregrina. Os axentes realízanlle a proba de detección de alcol dando un resultado de 1,25 mg/l.

O segundo suceso detectouse o pasado 9 de agosto cando os axentes do corpo de seguridade amiense detiveron a unha furgoneta de cor branco, que circulaba a gran velocidade, na rúa da Xesteira de Bertamiráns. O condutor presentaba síntomas evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Na proba de detección, o condutor deu positivo cun resultado de 0.81 mg/l. Debido a isto a Policía Local iniciou as correspondentes dilixencias.

O terceiro caso produciuse o 15 de agosto na avenida da Maía, en Bertamiráns, cando os axentes detiveron a unha persoa que circulaba dun lado ao outro da estrada. Tras darlle o alto, e realizarse a correspondente proba de alcol, o condutor dou positivo cun resultado de 0.87 mg/l.

Outro caso detectouse o 23 de agosto cando os axentes realizaban labores de vixilancia do tráfico en Bertamiráns. Nese momento proceden a darlle o alto a un condutor que presenta síntomas evidentes e estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Trala correspondente proba dita persoa arroxou un resultado positivo de 0.85 mg/l. O último caso de condución baixo os efectos do alcol produciuse o 23 de agosto na avenida da Maía, en Bertamiráns. Neste caso o condutor deu positivo cun resultado de 0.67 mg/l.

Outras actuacións

A Policía Local tamén imputou varios delitos por tentativa de furto. Un deste casos produciuse nun establecemento comercial do Milladoiro xa que unha persoa intentou subtraer varios colonias deste comercio. Os axentes tamén recuperaron dous vehículos a motor, que estaban denunciados por subtracción dende finais do mes de xullo. Estes dous vehículos foron localizados nunha pista de terra da parroquia de Trasmonte e no aparcadoiro da rúa Lodeiro, que está próximo ao Centro deportivo A Telleira, en Bertamiráns.

Por outra banda, a Policía Local tivo que deter a unha persoa que cometeu unha infracción de tráfico. No momento da súa identificación comprobouse que dita persoa tiña unha orde de personificación no xulgado de Madrid, polo que se procedeu a súa detección e trasladouse ás dependencias da Garda Civil do Milladoiro. O mesmo ocorreu con outra persoa de Castiñeiro de Lobo. Neste caso había unha orde de detección por parte do xulgado de Santiago de Compostela, polo que os axentes achegáronse ata o domicilio de dita persoa, informárono do motivo da súa detección, e trasladárono ás dependencias da Garda Civil do Milladoiro.

Por último, a Policía Local de Ames imputoulle un delito contra a seguridade viaria a unha persoa que conducía sen a correspondente licencia, despois de que perdese todos os puntos legalmente asignados. Outra persoa foi detida por un presunto delito de violencia de xénero. Por último, os axentes imputaron un delito contra a seguridade viaria por un delito de atentado contra os axentes da autoridade e resistencia activa grave. Esta persoa negouse a facer a proba de detección de alcol, e despois de insultar aos axentes, intentounos agredir.

Silleda - Aula de informática intinerante para o rural

Silleda contará con unha aula itinerante de informática a través do proxecto Conectando o rural

-Esta iniciativa, a través da GDR Terras do Deza, achegará aos veciños e veciñas das parroquias coñecementos básicos de informática

O Concello de Silleda poñerá en marcha nos vindeiros meses o programa “Conectando o rural”, coa creación de unha aula itinerante de informática.

O proxecto foi presentado, a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras do Deza, ás axudas do Plan Leader, a fin de contar con subvención para poñer en marcha esta iniciativa, dentro dos programas destinados á diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida .O orzamento total do proxecto supera os 6.000 euros, e completarase coa axuda da entidade e fondos municipais. 

Esta dotación contará de 12 equipos informáticos e unha pantalla interactiva (acompañada de outros dispositivos coma un proxector) a través da que se darán as pertinentes instruccións aos usuarios.

O equipamento terá a súa base na Casa da Cultura de Silleda, onde poderá ser utilizada polos veciños que o desexen. “O obxectivo da nosa proposta e traladar os equipos ás parroquias do rural para realizar cursos de formación ou outras actividades relacionadas coa informática que permitan achegar aos nosos veciños e veciñas coñecementos básicos sobre esta materia”, indica o alcalde, Manuel Cuíña.

Dende o goberno municipal agárdase que a contratación das empresas proveedoras, unha vez analizadas as ofertas solicitadas poidan realizar esta dotación no menor tempo posible para “poñer a disposición da veciñanza estes equipos a posibilidade de realizar actividades de formación coas novas tecnoloxías como protagonistas”, engade o alcalde.

Parladoiros e biosaudables en 16 parroquias

Esta iniciativa vén a completar outras propostas iniciadas nos últimos meses para continuar aumentando os servizos no rural silledense, coma no caso dos parladoiros e biosaudables, tamén a través do GDR Terras do Deza

A instalación destes equipos, adxudicada á empresa silledense Endenor, por 37.847 euros, estará lista nas vindeiras semanas e chegará a un total de 16 parroquias (10 neste ano e a outras 6 no 2015).

Esta actuación ten obxecto por dinamizar o rural do municipio, coa instalación dunha serie de espazos nos que se conxugue a actividade física co descanso e a socialización. Crearanse 16 áreas nas que se combinarán 

elementos biosaudables cos chamados parladoiros, zonas de recreo dispostas con asentos onde poder descansar e falar, con dúas sillas, un banco, e aparellos para realizar exercicios biosaudables.



A actuación realizarase en dúas fases, dotando este ano a 10 parroquias e ao resto no 2015. Estas dotacións situaránse nas seguintes localidades: Siador, Cortegada, Laro, Parada, Taboada, Saídres, Negreiros, Breixa, Ansemil-Martixe, Abades, Dornelas, Cira, Moalde, Rellas, Escuadro e Graba.

Axenda e tempo do venres 5 de setembro - Múisca, solidariedade, exposicións,feiras


Exposicións

Santiago - Zona C - Cruz Guimarey

Santiago - Fonseca - Un mar 50 miradas

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago - Museo das Peregrinacións - Miguel Ánxo Prado

O Tempo

Ordes - Ánxeles Rodriguez cuarto posto no europeo de veteranos

A ATLETA ORDENSE ÁNXELES RODRÍGUEZ ACADA O CUARTO POSTO NO CAMPIONATO EUROPEO DE ATLETISMO DE VETERANOS

A atleta ordense Ánxeles Rodríguez acadou recentemente o cuarto posto no Campionato Europeo de Atletismo de Veteranos, disputado en Izmi, Turquía. A atleta competiu na modalidade de héptatlon, a cal comprendeu as seguintes probas:100 metros valos ,salto de altura, lanzamento de peso, 200 metros lisos, salto de lonxitude, lanzamento de xavelina e 800 metros lisos. Tamén hai que resaltar a satisfacción experimentada por esta grande atleta ao ver mellorada a súa marca persoal na proba de 200 metros lisos, baixando de 38 a 37 segundos.

Nas probas, disputadas dende o 22 ata o 31 de agosto, tamén participou o seu adestrador Xosé Domínguez. Concretamente foi na modalidade décatlon, que comprendeu as probas de 100 metros lisos, salto de lonxitude, lanzamento de peso, salto de altura, 400 metros lisos, 110 metros valos, lanzamento de disco, salto con pértega, lanzamento de xavelina e 1500 metros lisos. Igualmente Xosé Domínguez quedou cuarto na clasificación xeral, a tan só 12 puntos para acadar a medalla de bronce. Deste xeito viu mellorado o quinto posto acadado na mesma modalidade no Campionato Europeo disputado en Alemaña en 2012.

BNG Negreira - O goberno municipal debería disolverse

O BNG ESPERA QUE O GOBERNO DE NEGREIRA SE DISOLVA NAS VINDEIRAS HORAS, SE O PP FALA EN SERIO DA REFORMA ELECTORAL

PP e Partido Blanco gobernan en Negreira cun pacto entre “perdedores”.

O Bloque Nacionalista Galego de Negreira, por medio do seu voceiro Antonio Ponte, agarda que o Goberno de Negreira quede disolto nas vindeiras horas, se o Partido Popular quere ter un mínimo de credibilidade en todo o que está a dicir sobre a reforma electoral.

Antonio Ponte asegura “que a disolución do Goberno de Negreira, sería unha demostración coherente de que de verdade lles preocupa que gobernen os que non son os máis votados”. Ademáis, asegura, “que se teñen tanta presa en cambiar as reglas non teñen que esperar ás vindeiras eleccións municipais, senón que poden romper o pacto de goberno nas vindeiras horas, sen ter que agardar a por en marcha a reforma electoral”.

Ponte afirma que “de non ser así, quedará en evidencia todo o que están a dicir estes días, dende Mariano Rajoy a Rey Maceiras, pasando por Feijóos, Rafaeles Louzán e compañía.

O PP, que agora ten a Alcaldía de Negreira, é o partido menos votado, dos que actualmente teñen representación municipal.

Oroso - O concello asumirá o servizo de comedor do novo colexio

O Concello de Oroso asumirá a xestión do servizo de comedor do novo colexio 
Manuel Mirás asegura que “aínda que a Xunta non cumpra coas súas obrigas, o Concello de Oroso non vai deixar colgadas ás familias” 
O servizo terá un custe de 55 euros mensuais, cun 20% de desconto para as familias nas que participen dous ou máis irmáns

 “O Concello de Oroso vai asumir a xestión do comedor do novo colexio”. Así o confirma o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, quen explica que “mentres a Xunta non cumpre coas súas obrigas, o Concello de Oroso non vai deixar colgadas ás familias de Oroso, polo que atenderemos a petición que nos fixo a Asociación de Pais e asumiremos a xestión do comedor escolar, que xa podo adiantar que terá uns prezos menores aos doutros municipios como Santiago ou Ames”. 

Así o confirma o concelleiro de Ensino, Antonio Leira, quen está a ultimar estes días as características deste servizo e do que “xa podemos adiantar que terá un prezo mensual de 55 euros e un prezo de 5 euros para días soltos, ademais dun desconto do 20% por segundo irmán na actividade ou por familia numerosa”. Leira Piñeiro considera que “a pesar do pouco tempo do que dispuxemos para poñer en marcha este servizo, penso que conseguimos un prezo competitivo”. 

Asunción de competencias impropias
O concelleiro de Ensino orosán sinala que “aínda que a xestión dos comedores non é unha competencia municipal senón da Xunta de Galicia, o Concello de Oroso non vai deixar tirados aos pais e nais deste municipio”. Neste sentido, lembra que nos últimos anos o Concello de Oroso xa ofreceu un servizo de comedor para dar servizo a aquelas familias que non podían levar aos seus fillos ao comedor do saturado CEIP de Sigüeiro.

“Aínda que a xestión do comedor escolar non é unha competencia municipal, o Concello de Oroso decidiu asumila tras unha reunión coa ANPA do novo colexio, que nos pediu que nos fixeramos cargo do servizo xa que temos moita máis experiencia neste terreo e porque confían na xestión que levará a cabo este Concello”, explica Leira Piñeiro. Sen embargo, o concelleiro apunta que “seguimos insistindo en que o novo colexio ten que ter os mesmos servizos ca o CEIP de Sigüeiro, con comedor e con transporte, pois apostamos por un ensino de calidade e queremos que as familias de Oroso reciban o mesmo trato independentemente do colexio ao que leven aos seus pequenos. Nin máis, nin menos”.


Regulamento
Unha vez que o servizo de comedor estea en marcha co inicio do curso escolar, o Concello de Oroso elaborará un regulamento para o mesmo, no que se podan contemplar outros aspectos como, por exemplo, unha tarifa adaptada ás rendas de cada familia. De todos modos, Leira Piñeiro considera que “o Concello e a ANPA conseguimos uns prezos competitivos para tentar gravar o menos posible ás familias”.

Frades - Festa das Virtudes en Vitre

Xa está todo listo na parroquia de Vitre (Frades) para acoller este sábado 6 de setembro aos milleiros de persoas que cada ano participan na Festa das Virtudes, procedentes non só da comarca de Ordes senón de distintos puntos de toda a xeografía galega. Trátase dunha romaría cun forte arraigo na zona e á que acoden numerosas familias, peñas e grupos de amigos con xantar, que traen da casa ou mesmo preparan no campo da festa. A comisión de festas xa ten reservadas todas as mesas, barbacoas e diversos espazos das parcelas dispoñibles, que nalgúns casos xa están acoutados dende hai varias semanas. 

Aínda que o día grande da festa é o sábado, mañá venres 5 de setembro xa comezan os actos relixiosos. A partir das 21:00 horas terá lugar a procesión do Rosario, que sae desde a Igrexa Parroquial de San Xoán de Vitre para dirixirse á Capela das Virtudes. Ás 22 horas está prevista unha misa na propia capela. 

O sábado 6 de setembro celebraranse misas na capela ás 11:00 horas e ás 12:00 horas, así como unha misa solemne ás 13:00 horas. Tras este último rito, terá lugar a procesión coa imaxe da santa desde a capela ata o cruceiro, atravesando todo o campo da festa. 

Durante a mañá e pola tarde actuará a charanga Ruada e despois dos actos relixiosos comezará a sesión vermú coa orquestra “Panamá”, que tamén protagonizará a verbena nocturna. Esta sesión nocturna atrae a centos de persoas de toda a contorna, que se suman aos milleiros que xa pasan alí toda a xornada, prolongando desta maneira a romaría ata a madrugada. Haberá unha polbeira do Carballiño.

Brión - XXVI Festa dos Vellos

O Concello de Brión celebrará este domingo 7 de setembro a XXVI Festa dos Vellos, unha das celebracións máis antigas da provincia e que este ano contará cuns 550 participantes. O Concello de Brión porá un servizo de autobuses gratuíto para recoller aos maiores polas distintas parroquias, que se reunirán no polideportivo municipal de Brión a iso das 12:00 horas.
FESTA DOS VELLOS 1984

Tras unha actuación musical de gaiteiros, ás 13:00 horas terá lugar unha misa cantada por unha coral composta por membros da desaparecida Coral Polifónica de Brión. Ás 14:00 horas comezará o xantar, que dará paso a unha verbena que se prolongará ata as 20:00 horas.

Santiago - Aparecen monteas do S XVIII no chan da igrexa de Santa Clara

Aparecen monteas do século XVIII, “de gran valor histórico-artístico”, no chan de lousas de pedra da igrexa conventual de Santa Clara 
Son debuxos a tamaño natural de elementos arquitectónicos que servían aos canteiros como guía no proceso de construción
O achado produciuse ao levantar a tarima para ser restaurada

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, visitaron esta mañá as obras que se están a realizar na igrexa do Convento de Santa Clara. A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago está a traballar na restauración da tarima de madeira que cobre o chan do templo, xa que estaba afectada por pudricións e deteriorada en moitas zonas, o que dificultaba o normal deambular. O orzamento das obras ascende a 55.418 euros.

Os traballos iniciáronse a mediados de agosto. Unha vez retirada a tarima de madeira para a súa restauración, descubriuse que o chan de lousas de pedra que hai debaixo da mesma está cheo de monteas. Trátase de debuxos ou trazas a tamaño natural de elementos arquitectónicos ou estruturais realizados preto do seu lugar de emprazamento para que sirvan como guía á hora de construílos.

O achado, “de gran valor histórico-artístico, documental e patrimonial” segundo os técnicos, considérase de sumo interese, pois parecen realizadas polas cuadrillas de canteiros encargados da construción do último corpo da fachada da portería do convento, así como da talla do seu complexo aparato decorativo a base de placados xeométricos e outros elementos como arcos e volutas. Todo, probablemente, baixo a dirección do famoso arquitecto compostelán Simón Rodríguez, mestre de obras do convento entre 1719 e 1724. 

Estes debuxos seguen unha premisa que cómpre ter en conta á hora de identificar o seu fin, segundo advirten os expertos: Todos están gravados nas paredes e chans dun edificio concreto, porque serviron para unha reforma ou unha renovación. Ademais, localízanse en recintos veciños da zona obxecto de intervención, de aí que en Santa Clara aparezan dentro da igrexa, zona próxima á fachada-portería en construción, onde os canteiros poderían traballar protexidos das inclemencias do tempo.

Estase a realizar un estudo histórico das monteas e organizaranse xornadas de portas abertas para dalas a coñecer ao público

Tal como sinalou o alcalde, “o Consorcio vai desenvolver un estudo histórico destes elementos singulares. Realizarase unha análise dos mesmos, de cara a coñecer a súa orixe e o seu significado”. Este estudo terá unha duración de dous meses e durante este tempo a igrexa permanecerá pechada ao culto. De seguido procederase á colocación da nova tarima, para o que se aproveitará boa parte do material existente. Estímase que as obras estean rematadas a finais de ano. E, segundo apuntou o alcalde, o seguinte paso será actuar nas baixantes do convento, co propósito de atallar os problemas de humidades que afectan ao inmoble.

Unha vez avanzado o estudo histórico das monteas, organizaranse unhas xornadas de portas abertas, previstas para principios de outubro, para que os cidadáns teñan a oportunidade de coñecelas. E celebraranse unhas charlas por parte dos historiadores que van efectuar o estudo. 

Monteas de calidade superior ás atopadas nas catedrais da Santiago e Tui
O debuxo é a principal ferramenta de traballo do arquitecto á hora de proxectar novos edificios e intervencións. Na xénese de todo inmoble existe unha traza mestra asinada polo artífice e presentada ao cliente interesado, así como debuxos e plantillas de taller, utilizados a pé de obra polo aparellador e os seus operarios. Na Galicia da Idade Moderna dos séculos XVI, XVII e XVIII o papel é fráxil, caro e pouco práctico, polo que se vai optar polo uso frecuente da montea, é dicir, debuxos arquitectónicos a tamaño real gravados directamente sobre a pedra nos chans e paredes da propia obra. 

Por tanto, son trazas de elementos estruturais para a talla correcta polos canteiros de sillares, dovelas, fustes e molduras, así como de dinteis, arcos, entaboamentos, etcétera. As máis frecuentes corresponden a soportes, arcos e bóvedas, especialmente cando as súas dimensións son importantes. Nos últimos anos apareceron en Galicia diversos exemplares nas catedrais de Santiago e Tui; mosteiros como os de Celanova e Montederramo; conventos como os de San Domingos de Bonaval, San Clodio en Leiro (Ourense) ou Santa Clara en Tui; e noutros edificios como o Colexio dos Xesuítas de Monforte de Lemos. Segundo declaracións do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, as monteas localizadas na igrexa do Convento de Santa Clara poderían ser de máis calidade que as de todos estes templos.

Ames - O concello adxudica o servizo de comedores


O Concello garantirá o servizo de monitores da Rede Municipal de Comedores para o vindeiro curso adxudicándoo á empresa A Billarda S.L.

A empresa A Billarda S.L. será a encargada de dar cobertura ao servizo en igualdade de condicións que se viña facendo con anterioridade, e garantindo a continuidade do persoal.
Ames, 4 de setembro de 2014. O Concello de Ames acaba de comunicar que o servizo de monitores/as da Rede Municipal de Comedores Escolares será prestado pola empresa A Billarda S.L. Durante a mañá deste xoves, 4 de setembro, procedeuse á apertura das ofertas solicitadas ás empresas que participaran no procedemento de licitación anterior, COESCO e A Billarda SL, así como á anterior adxudicataria, Ágora Aberta. A través deste procedemento adxudicouse o servizo, mentres non se resolve unha nova licitación, á empresa A Billarda S.L. por ser a oferta máis vantaxosa.

O Goberno municipal de Ames estivo traballando durante esta semana, xunto cos servizos técnicos do Concello, para que o servizo da Rede Municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames, un dos servizos municipais máis importantes, comece a funcionar con total normalidade o vindeiro mércores, 10 de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar 2014-2015.
Deste xeito, os servizos técnicos do Concello de Ames van articular un contrato administrativo, para dar cobertura a este servizo a partir do día 10 de setembro, coa empresa A Billarda S.L. Durante a mañá deste xoves, 4 de setembro, procedeuse á apertura das ofertas solicitadas ás empresas que participaran no procedemento de licitación anterior, COESCO e A Billarda SL, así como á anterior adxudicataria, Ágora Aberta. A través deste procedemento adxudicouse o servizo, mentres non se resolve unha nova licitación, á empresa A Billarda S.L. por ser a oferta máis vantaxosa.
O servizo prestarase en igualdade de condicións que se viña facendo, e garantindo a continuidade do persoal que viña traballando neste servizo. Porén, dende o Goberno municipal quérese deixar claro que “se cumpre co manifestado en días anteriores respecto de garantir o servizo nas mesmas condicións que se viña facendo con anterioridade, e co persoal que o viña prestando ata o de agora”.
O Goberno municipal informou deste proceso tanto á oposición municipal como ás ANPAS e ó Comité de Empresa.Ademais, de maneira inmediata iniciarase un novo proceso de licitación para que se poida adxudicar este servizo antes de final de ano.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, destacou que “resolvemos esta situación tal e como nos comprometemos dende o primeiro momento. Deste xeito, o vindeiro mércores, 10 de setembro, o servizo de monitores da Rede Municipal de Comedores Escolares prestarase con normalidade como se viña facendo con anterioridade”.

BNG Ames - Sobre os comedores escolares

Comedores escolares: unha mostra máis da incapacidade do goberno municipal do PP.
O BNG de Ames exixe garantir o normal funcionamento dos comedores escolares ao comezo do curso.

O fracaso na licitación da xestión dos comedores escolares é una mostra máis da incapacidade do gobernó municipal do Partido Popular. Este fracaso súmase a outros xa acontecidos, como o do servizo de abastecemento de auga , que tamén quedara deserto no seu día.

A poucos días do comezo do curso escolar, un servizo público de tanta importancia social, como a xestión dos comedores escolares, está no aire e sen garantía de que poida atender aos centos de rapazas e rapaces que o utilizan. Esta situación, de producirse, vai ter unas consecuencias negativas nas familias dos escolares tremendas. Os primeiros prexudicados vai ser os propios escolares , pero igualmente o conxunto das familias xa que este servizo, ademáis da manutención do alumnado, ten una función importantísima na conciliación laboral e familiar.

O Partido Popular mostra una vez máis a incapacidade para xestionar un concello como o de Ames, e xan varios concursos ´de servizos públicos que quedan desertos. Catro anos de xestión municipal perdida para @s amienses.

Por outra parte, a situación da Corporación Municipal está bloqueda desde hai tempo, xa que hai un Goberno Municipal con cinco concelleiros e unha oposición, de dezaseis, incapaz de xerar una alternativa de goberno dada a situación irregular “tránsfuga” de grande parte d@s concelleir@s que a compoñen.

O BNG de Ames exixe do Goberno Municipal que garanta o normal funcionamento do servizo de comedores escolares ao comezo do curso .

Ames Novo Psoe - Comunicado conxunto de Ames Novo e Partido Socialista sobre os comedores

O alcalde de Ames minte de maneira descarada ao culpar da situación a unha sentenza dun contencioso e ás empresas de calcular mal
Ames Novo e os Socialistas reunímonos coas ANPAS e os traballadores na busca dunha solución ao problema creado por un erro administrativo. 
O goberno de Ames lonxe de salvar situación algunha o único que fixo foi un remendo a unha situación creada por eles e sendo os únicos responsables.

Os grupos de Ames Novo e os Socialistas de Ames Novo queren comunicar que a situación de descontrol creada a raíz da renuncia das empresas ao concurso de monitoraxe dos comedores escolares foi froito dun erro administrativo e dun goberno nada previsible; e nunca culpa nin de supostos litixios, falsas sentenzas ou invencións que o Goberno en xeral, e o Alcalde en particular, quixeron trasladar á cidadanía. Para estes grupos o Alcalde amosou unha vez máis as súas carencias e non soubo asumir o erro levado a cabo nuns pregos que estaban mal redactados, ao non ter en conta o convenio de hostalería polo que algúns traballadores e traballadoras se rexen. "Eludir responsabilidade pasa por ser a tónica deste Alcalde que sempre ve nos demais as culpas do sucedido e nunca é capaz de asumir responsabilidades e recoñecer os seus erros", manifestan desde Ames Novo e o Partido Socialista.

Para Socialistas e Ames novo é inaudito que licitación tras licitación se estean a cometer erros e os que mandan non asuman tal despropósito nin se quiten a venda dos ollos. "O Concello de Ames vive día tras día na temporalidade dos procedementos e camiña fracaso tras fracaso por culpa de quen o dirixe" aseveran ambos grupos. 

ANPAS 
O pasado mércores os dous grupos da oposición reuníronse con todas as ANPAS do Concello para trasladarlle toda a información que tiñan á súa disposición e na busca dunha solución ao problema. Nesta reunión as ANPAS amosaron a súa preocupación a tal esperpento e decidiron presentar un escrito no Concello este xoves pola mañá para solicitar que o Alcalde os recibise -feito que non se produciu- para coñecer de primeira man o acontecido, así como participar activamente no novo proceso de licitación que deberá de volver a abrirse a partires de agora. "Parece mentira que ante a grave situación creada teñan que ser as ANPAS as que vaian pedindo reunirse co Alcalde en vez de ser este o que dé as oportunas explicacións aos afectados, e o máis grave é que ante esta solicitude o Alcalde delegue no concelleiro e non de a cara”, denuncian Candocia e Miñones. 

TRABALLADORES
O xoves pola tarde estes grupos reuníronse tamén cos representantes dos traballadores e traballadoras para darlle a coñecer toda a información á que tiveron acceso e trasladarlle o seu ánimo e tranquilidade. Esta reunión produciuse ao mediodía e permitiu coñecer de primeira man a resolución do contrato que levará a cabo o Concello coa empresa A Billarda. A preocupación amosada polos traballadores e traballadoras era evidente ao non coñecer o seu futuro e á espera da chamada telefónica da nova empresa que levará temporalmente o servizo.

Os representantes dos monitores e monitoras deixaron ben claro que non houbo sentenza e que o acordo ao que chegaron coa empresa anterior foi comunicado ao Concello por rexistro o pasado 4 de xuño, tempo moi anterior a publicación dos pregos para a licitación do servizo. Polo tanto o Alcalde mentiu ao afirmar que a causa do erro fora unha sentenza sobre un litixio entre empresa e traballadores, e mentiu cando dixo que a mesma foi coñecida unha vez xa estaba o proceso en marcha, cando a realidade foi que tal anuncio saíu o 14 de xullo, máis de un mes despois da comunicación por rexistro dos traballadores.

EVENTUAL SOLUCIÓN
Ames Novo e Partido Socialista saben dende un principio que o próximo mércores 10 os comedores funcionarán, pero a preocupación de ambos grupos céntrase na calidade do servizo que se prestará ao considerar o mesmo non como un servizo asistencial, senón como un servizo educativo. A solución proposta polo goberno de forma temporal coa empresa A Billarda non pasa de ser un parche a un monumental erro que fixo pasar un innecesario mal trago a máis de 1.000 familias, case que 100 traballadores e numeroso persoal ligado a este servizo, por non ter a previsión suficiente na redacción dos pregos a sabendas que remataba a prórroga do contrato un ano antes. "Erros como este de quen nos gobernan os acaban pagando moitos cidadáns e traballadores", afirman Candocia e Miñones.

Ambos grupos pedirán mañá mesmo acceso ao expediente do concurso de licitación e copia do contrato asinado coa nova empresa A Billarda. "Esperamos que o inicio do curso non se vexa máis alterado e que a nova empresa saiba xestionar esta complicada situación, máis se cabe cando a súa chegada ao Concello deberá facerse en moi pouco espazo de tempo e sen case marxe de manobra", din ambos voceiros.

NON PERMITIR USAR AS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS Queren finalmente sinalar ambos voceiros que o camiño elixido polo Alcalde impedindo reunirse cos traballadores este xoves e nun espazo público como é o Pazo da Peregrina "recorda a tempos pasado e ditatoriais". O grupo municipal socialista solicitou o pasado martes o uso dunha das dependencias do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, como noutras moitas ocasións, e, tal solicitude foi posterior á comprobación de que este espazo público estaba baleiro e da confirmación dese feito logo de falar directamente co persoal do Pazo e co Gabinete de Alcaldía, pero para sorpresa dos grupos políticos, unha vez solicitado o Pazo para o xoves ás 15:30 h. e por rexistro, se pasa contestación escrita de que o Pazo estaría ocupado na súa totalidade e durante toda a tarde. Ás 16:15 h. E despois da xuntanza mantida comprobamos, acercándonos ao Pazo, que non existía reunión algunha estando pechadas as portas do mesmo e logo de cerciorarnos co persoal que estaba presente no edificio aledaño de que non se realizara ningunha reunión en tales dependencias. "É inverosímil e patético ter un personaxe como o que temos de Alcalde que impide que a oposición se reúna coa xente e impedindo o desenvolvemento dos nosos dereitos como representantes dos cidadáns" sentencian Pilar Candocia e Jose Miñones.

A Baña - O punto de atención a infancia comeza a súa actividad

La Escola Infantil (PAI) de A Baña comienza su actividad y recibe a los primeros niños y niñas

San Vicenzo da Baña. 34de septiembre de 2014. El Punto de Atención á Infancia (PAI) de A Baña recibió esta semana a los primeros niños y niñas. El centro infantil recién inaugurado desarrollará durante dos semanas un proceso de adaptación de los 18 niños y niñas que acudirán al PAI durante este curso. Los niños y niñas acuden en pequeños grupos y sus padres están presentes o se encuentran próximos. Una vez finalizado el período de adaptación comenzará ya el curso con la totalidad de los niños y niñas ya integrados en el nuevo espacio educativo de A Baña.

El centro educativo cuenta con dos personas tituladas que serán las encargadas de atender a los 18 niños y niñas inscritos. El proceso selectivo por concurso-oposición para contratar en régimen laboral temporal a dos personas con la categoría de personal de atención a la infancia se desarrolló en la primera quincena de agosto.

El edificio que albergará el Punto de Atención á Infancia, una escuela unitaria reformada ubicada en la localidad de San Mamede, a pocos kilómetros de la capital de A Baña, estaba ya listo y acondicionado desde hace meses. La inversión necesaria para ponerlo a punto fue de 80.000 euros. El PAI ofertó sus plazas para niños y niñas de 0 a 3 años. Tuvieron preferencia las familias que viven en el municipio de A Baña.

Axenda e tempo do xoves 4 de agosto - Música, exposicións

Actividades


Exposicións

Santiago - Zona C - Cruz Guimarey

Santiago - Fonseca - Un mar 50 miradas

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago - Museo das Peregrinacións - Miguel Ánxo Prado

O Tempo

BNG Compostela - Reprobación da conta xeral

O BNG esixe a reprobación da Conta Xeral por estar presentada fóra de prazo e pola baixa execución orzamentaria en investimentos

Rubén Cela insta, unha vez máis, ao alcalde de Santiago a que ofreza unha explicación do que está a pasar actualmente co canon do servizo de xestión de ORA e de guindastre

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014.- Cela, presentou en rolda de prensa os reparos e observacións do BNG á Conta Xeral 2013 do Concello de Santiago, que o Goberno local presentou fóra de prazo, cun baixo nivel de execución orzamentaria que fai baixar o investimento por habitante, cun modelo de endebedamento de xuros elevados e que non fai referencia ao canon do guindastre e da ORA que deixou de percibir.

Así, Rubén Cela explicou que o Goberno municipal do PP presentou esta Conta Xeral fóra de prazo, posto que debía renderse antes do 15 de maio, tal como sinala a Lei reguladora das Facendas Locais, e o informe ten data do 10 de xullo; ademais de convocar a comisión Especial de Contas o 14 agosto cando tiña que ser antes do 1 de xuño. Para Rubén Cela, esta é mostra de que multiplicar os altos cargos de dirección como fixo o PP ao dispor de tres interventores/as, dous tesoureiros, unha xefa de área e un novo técnico economista” segue a incumprir os prazos a pesar de ser o único concello de Galiza que conta con tal cantidade de cargos de dirección nos servizos económicos”.

“A política en material laboral do PP nestes tres anos de mandato centrouse en incriminar, recortar e degradar a figura de traballadores/as públicos deste Concello en detrimento de incorporar e de engordar a listaxe de persoas con cargos de libre designación e de confianza, sen que iso repercutise en ningún ámbito na mellora da xestión”, explicou. Así, referiuse ás declaracións de Agustín Hernández de que a xestión neste Concello é un caos e recomendoulle que “empece por organizar o propio caos que creou o PP con esa disfunción de tres interventores e o da propia área de xestión económica”.

Cartos que non se invisten a pesar das necesidades

Cuestionou tamén “o modelo de endebedamento que segue o PP neste Concello”, da contía pendente de devolver por préstamos de 12,7 millóns de euros nesta Conta Xeral demóstrase que este Goberno xerou nun único exercicio unha cuarta parte dese endebedamento a un tipo de xuro moi custoso e que, ademais, se emprega para gasto corrente e non para investimento. “Isto provocou unha maior folgura orzamentaria que o propio Goberno non emprega nin para xestionar nin para investir e só provoca que haxa máis remanentes positivos de tesourería positivos ou superávit orzamentarios, o que dá imaxes erradas porque iso ten un custe moi elevado para a veciñanza e existen múltiples e urxentes necesidades que acometer na cidade con eses cartos que non se chegan a investir”, indicou.

Baixa o gasto por habitante
Así, o BNG advirte que a mellora dalgúns indicadores contemplados nesta Conta Xeral débense á baixa execución do gasto, “se por unha parte temos un aumento artificioso da liquidez e por outra parte non se inviste, non se corresponde coa mellora da situación patrimonial nin real do propio Concello”. Deste xeito, en 2010, en plena crise, o gasto por habitante en Santiago se cifraba en 1.173 euros e en 2013 é de 939 euros.

Ausencia contábel da ORA e do guindastre

O BNG incide tamén en que na Conta Xeral non figura o desfase existente no exercicio de 2013 entre o previsto por parte do Concello de recadación do servizo de ORA e de guindastre. “Non existe ningún tipo de explicación contábel do feito de que non percibiu os ingresos previstos da empresa concesionaria”, sinalou. Non aparece nada na Conta Xeral e tampouco o Goberno local “se dignou a responder a pregunta do BNG rexistrada con data 14 de xullo a pesar de que regulamentariamente teñen 15 días de prazo”, afirmou.

“Instamos, unha vez máis, ao alcalde de Santiago a que ofreza unha explicación de que está a pasar actualmente sobre o servizo de xestión de ORA e de guindastre”, que non ingresa o canon que lle corresponde ás arcas municipais cando antes da entrada do PP na Alcaldía roldaba os 200.000 euros anuais.

Psoe Oroso - Encontro coa veciñanza e nova web

Os Socialistas de Oroso celebran este sábado un encontro coa veciñanza na área recreativa da Penateixa
As entradas para o xantar custarán 10 euros e poden adquirirse na sé dos Socialistas de Oroso ou nos teléfonos 698 161 672 e 630 077 062 

Os Socialistas de Oroso celebran este sábado 6 de setembro o seu tradicional Encontro na Penateixa, que terá lugar a partir das 13:30 horas na área recreativa Penateixa (Gándara-Oroso). O evento está aberto a toda a cidadanía, que está convidada a participar. As entradas para o xantar custarán 10 euros e poderán adquirirse na sé dos Socialistas de Oroso (Camiño Real 11, 1º D. Sigüeiro) ou a través dos teléfonos 689 161 672 e 630 077 062.

Ao igual que en anos anteriores, o Encontro na Penateixa contará coa intervención do secretario xeral da Agrupación Socialista de Oroso e alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira. O xantar estará composto por empanada, polbo á feira, xamón asado, postre, café e licores. Haberá actuacións musicais durante toda a xornada.

Nova web
Máis información sobre este e outros temas na nova páxina web dos Socialistas de Oroso (http://www.socialistasdeoroso.com/oroso/). Unha web moito máis visual e de navegación máis doada que os Socialistas de Oroso poñemos en marcha coincidindo co Encontro da Penateixa. Nela os veciños e veciñas de Oroso poderán atopar información sobre a actualidade do partido socialista orosán, acceder a material multimedia, participar como militante ou como simpatizante e, o máis importante, facer chegar as súas opinións, intereses e denuncias aos Socialistas de Oroso.

Psoe Ames - A xestión da auga costará 1.600 € por día

Os socialistas de Ames din que descoñecen como se vai a xestionar o servizo de auga que caducou onte

Miñones pídelle ao alcalde que lle pida publicamente perdón aos amienses se aínda lle queda dignidade e ten algo de vergoña.

Os socialistas din que neste proceso de licitación da auga se gastaron máis de 35.000 euros aos que hai que sumar os 1.600 €/día polo sobrecusto do servizo ao rematar a prórroga coa empresa que ata o de agora tiña a adxudicación

Este goberno leva toda a lexislatura sin facer obras de saneamento porque apostou todo ao contrato da auga.

Onte rematou o prazo da prórroga que tiña o goberno para dar o servizo de abastecemento e depuración da auga coa empresa Espina&Delfín. Ao final o goberno non foi quen de sacar adiante esta licitación e despois de 365 días de prórroga acabóuselle o tempo sen conseguir unha empresa que xestione o servizo.

Esto é unha mostra da forma de funcionar que ten o goberno do Partido Popular de Ames, o cal deixa todo para a última hora. Di José Miñones, o portavoz socialista que "a situación só ten un culpable que non é outro que o Goberno que preside Santiago Amor”, e apunta que as causas pódense atopar “na súa incapacidade de diálogo coas empresas e coa oposición". Continúan dicindo os Socialistas de Ames que volver a licitar o servizo integral da auga polo mesmo período que hai un mes, quedando deserto daquela, é un erro e unha escapada desesperada de quen non saben que facer cun dos contratos máis importantes que lle toca licitar a un goberno. “Tempo de sobra tivo Amor e o seus concelleiros e concelleiras para preparar un bo prego para licitar o servizo, e non realizar unha chapuza monumental como a que están a desenvolver”, indica Miñones.

Lembran os socialistas que desde o inicio deste proceso aportaron propostas e solucións, e participaron activamente na comisión que se creou a tal efecto, chegando incluso a apoiar co seu voto a licitación a 15 anos. Pero que foi o goberno de Amor o que decidiu deixarnos fóra coa toma de decisións unilaterais

Xogou todo a unha carta e perdeu a partida

O Partido Socialista afirma que pase o que pase a partires de agora xa hai un dano feito e unha perda de cartos irrecuperable, porque o Goberno municipal xa gastou máis de 35.000 euros en pregos innecesarios e deixou de ingresar cerca de 4 millóns de euros nos que volcara toda a súa política de saneamento que quedou en nada. “Este goberno leva desde o inicio da lexislatura aprazando as actuacións en saneamento á espera da licitación da auga, e agora os veciños e veciñas de moitas lugares de Ames, por culpa da nefasta xestión do alcalde, vén como aínda non se van a solucionar os seus problemas” di o socialista, e explica que “cada vez que nós –o Grupo Socialista- propoñía algunha obra de saneamento o alcalde e a concelleira Martín nos dicían que se faría cos ingresos do contrato da auga”, pero, “agora iso quedou diluído por culpa da súa incapacidade de licitar o servizo nunhas condicións normais e razoables”, matiza José Miñones.

Para os socialistas amienses, desgraciadamente, unha vez máis, a incapacidade de quen goberna Ames pasa factura aos bolsillos dos veciños e veciñas e golpea directamente nas parroquias cun irrisorio investimento en saneamento en toda a lexislatura. E iso pasa pola falta de previsión e planificación do goberno do PP que xogouno todo a unha carta e rematou por perder a partida.

Descoñecemos o que vai a pasar mañá
Din os representantes do Partido Socialista que a día de hoxe descoñecen como se vai a xestionar o servizo de auga a partires de hoxe que remata o prazo para a xestión de Espina&Delfín, e polo tanto non sabemos que pasará mañá, xa que a estas horas por parte do goberno de Santiago Amor carecemos de calquera tipo de información, o cal nos parece unha burla e un total menosprezo á oposición e aos veciños e veciñas, “que estamos no noso dereito como contribuíntes de ter a información oportuna, sobre todo nun servizo tan importante e vital como é este”, manifesta o portavoz municipal do PSdeG. A única información que temos é que ían a licitar novamente o servizo por nove meses (e xa é a terceira licitación nun ano), pero variando as condicións dos pregos, xa que nesta ocasión dan un mes de prazo para presentar as ofertas, e non quince días como na anterior.

O alcalde debe de pedir perdón publicamente
Pero, a pregunta que nos facemos é: que pasará si dentro de un mes non volve a presentarse ningunha empresa?. Como sempre o goberno do PP de Ames está xogando á ruleta rusa, e apostando todo a unha única bala, e por desgraza, ata o de agora sempre lle saíu mal o tiro. José Miñones di que “non podemos estar improvisando constantemente, non é nin serio nin responsable o desgoberno ao que nos ten sometidos este alcalde que camiña de fracaso en fracaso”. Pero o peor, é que pase o que pase o día que remate o prazo da nova licitación o noso concello, e polo tanto os veciños e veciñas de Ames, xa perdemos moito, porque existen uns gastos moi elevados que xa deberemos de asumir entre todos e todas: o sobrecuste do servizo que o propio alcalde valorou en 1.660€/día, aos que hai que engadir –como xa dixemos antes- os máis de 35.000 euros de gastos na elaboración de pregos. Pero o peor de todo é que “nin o alcalde nin o seu goberno asumen responsabilidades, a pesares de derrochar e malgastar de maneira tan descarada e criticable os cartos de todos e todas as amienses”, di Miñones con rotundidade, e pregúntalle ao alcalde “se é capaz de durmir tranquilo polas noites despois da desfeita que está a realizar en Ames”. Remata o portavoz socialista pedíndolle ao alcalde que “se aínda lle queda dignidade e ten algo de vergoña debe de saír publicamente pedíndolle perdón aos amienses”

BNG Compostela - Rubén Cela: “Reitérolle ao señor Hernández que unha vaca non é unha mascota”

“Non sei que teima ten o PP que non quería as vacas no recinto feiral de Amio e agora tampouco as quere nas pistas das concentracións parcelarias”, afirma

Rubén Cela, a preguntas de xornalistas sobre a sanción imposta a un gandeiro, cualificou este caso de “esperpéntico” que o Concello de Santiago multe un gandeiro que leva 40 anos levando a pacer as vacas “ás mesmas fincas e polos mesmos camiños”, coa contía máxima de 750 euros que recolle unha ordenanza para animais domésticos nas vías urbanas.

Afirmou que “é insólito e crea un precedente perigoso” e recomendoulle a Agustín Hernández que “empregue un pouco máis o sentido común”. “Reitérolle ao señor Hernández que unha vaca non é unha mascota, unha vaca non é un animal de compaña; non é comparábel un veciño ou unha veciña do Ensanche ou de calquera barrio urbano que saque pasear o seu can e que non recolle os excrementos da súa mascota cun gandeiro do rural que exerce o seu traballo e é do que vive”, indicou.

Referiuse tamén a que o emprazamento da sanción que quere aplicar “se trata dunha pista dunha concentración parcelaria creada para facilitar o acceso de maquinaria e do propio gando á finca que forma parte da explotación”. “Non sei se Agustín Hernández está disposto a dicirlles aos veciños do rural que teñen explotacións agrogandeiras no termo municipal de Santiago que son susceptíbeis de recibiren sancións de 750 euros se non recollen os excrementos do gando”, explicou.

“Santiago de Compostela, afortunadamente, é moito máis que o Ensanche e a zona histórica, que ten máis de 200 km2 e que ten moito rural que, por desgraza, ten perdido moitas explotacións gandeiras, porque é un sector o da carne e do leite que padece unha situación delicada posto que, algunhas veces, os beneficios nin cobren os custes de explotación e o último que precisan é que unha administración pública, neste caso a máis próxima como é o Concello, lles poña máis paus na roda”

É un inmenso erro non entender que é prioritario para Santiago de Compostela a diversificación da súa base económica e produtiva, indicou, “porque temos un sector terciario dimensionado pero un sector industrial e primario cun gran potencial que non se explota todo o que se puidera e este tipo de sancións e políticas van na dirección oposta. “Non sei que teima ten o PP que non quería as vacas no recinto feiral de Amio e agora tampouco as quere nas pistas das concentracións parcelarias”, afirmou.

Reclama que se inclúan estas vías rurais no servizo de limpeza municipal

Indicou tamén que o BNG insiste en anular esta sanción e, se fose preciso, aclarar a ordenanza á que fai referencia aínda que mantén claro que exclúe os animais de abasto e require, ademais, que se inclúan estas vías rurais no servizo de limpeza municipal no caso de que o Concello estime que é preciso, para que poidan desenvolver a actividade agraria con normalidade e a pertinente sinalización do tránsito de animais nesas vías agropecuarias.

“Non son de recibo esas leccións sui generis de bioloxía de Agustín Hernández cando di que o gandeiro debe agardar un pouco máis cando levanta as vacas para que defequen nas cortes antes de levalas pacer”, indicou.

Xente de Rois - Xornada solidaria

XORNADA SOLIDARIA XENTE DE ROIS

A asociación cívica Xente de Rois organiza este venres 5 de setembro, a partir das 18 horas, unha xornada solidaria a base de xogos para rapaces en instalacións preparadas para a ocasión na taberna o Tallón, a carón do Sisto. A finalidade é recadar fondos para material escolar para familias de Rois con nenos que o necesiten. Os fondos recadados serán canxeados por cheques para material escolar na Libraría Pensamentos de Padrón (sobre o total recadado esta libraría engadirá un 10% como mostra do seu apoio). E os cheques serán distribuidos polos servizos sociais de Rois.

Descarga o programa de actividades

Ames - O concello solicita a Deputación un novo prazo para o imposto de vehiículos

O Concello de Ames solicítalle á Deputación da Coruña un novo prazo voluntario de pago do IVTM 2014 e a anulación das recargas cobradas

Este ano moitos veciños e veciñas de Ames non recibiron estas cartas de pagamento o que provocou un gran desconcerto entre a veciñanza amiense. Debido a iso, moitos amesáns recibiron nos seus domicilios notificacións de recargas sobre o pago do IVTM de 2014.

O Concello de Ames solicítalle á Deputación da Coruña que debido ás consecuencias que este erro está provocando na veciñanza amiense se estableza un novo prazo de pago voluntario do IVTM e que se proceda á devolución das recargas que se teñen recadado.

Durante os dous últimos meses o Concello de Ames xa se puxo en contacto en varias ocasións coa Deputación da Coruña, para solicitar información sobre as anomalías detectadas no envío dos recibos de pagamento do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), recibos que tradicionalmente, os veciños do concello de Ames recibían no seu domicilio. Dende o Goberno municipal solicítase que se estableza un novo prazo voluntario de pago do IVTM 2014 e se proceda á devolución das recargas que se teñen recadado mediante o cobro deste imposto.

Tradicionalmente, os veciños do concello de Ames, cando menos aqueles que non domiciliaban o pago deste imposto, viñan recibindo no seu domicilio un escrito do servizo de recadación, polo que se lles achegaba unha carta de pagamento, que podían presentar na entidade financeira correspondente para facer efectivo o pagamento do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. A través desta comunicación tamén se aproveitaba para lembrar os prazos de pagamento en período voluntario, e as consecuencias de non facer efectivo dito pago en tal prazo (recargas, xuros, e un eventual apremio sobre o patrimonio).

Este ano moitos veciños e veciñas de Ames non recibiron estas cartas de pagamento o que provocou un gran desconcerto entre a veciñanza amiense. Debido a iso, moitos amesáns recibiron nos seus domicilios notificacións de recargas sobre o pago do IVTM de 2014.

Por todo iso, dende o Concello de Ames solicítanlle á Deputación da Coruña que debido ás consecuencias que este erro está provocando na veciñanza amiense se estableza un novo prazo de pago voluntario do IVTM, correspondente ao exercicio 2014, e que se proceda á devolución das recargas que se teñen recadado, e que están motivadas pola suspensión dunha práctica tan consolidada como é a de remitir a carta de pagamento aos cidadáns que non tiveron intención de eludir o pago en ningún momento.