Venres 20
9.00 h
No Hostal
dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo
informativo organizado por Fórum Europa no que participa como ponente a conselleira
de Sanidade, Rocío Mosquera.
10.00 h e 10.45 h
No Colexio San Francisco Javier, segundo
ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago “Os cantos no
país do xeo”, organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola
Municipal de Música.
10.30 h
Nas
instalacións de Área Central, fallo do xurado do concurso de debuxo SEMPRE
COMPOS, convocado con motivo da celebración do 50 aniversario da SD
Compostela. Esta iniciativa está organizada pola Sociedade Deportiva Compostela
e o Concello de Santiago,
coa colaboración do centro comercial Área Central.