BNG ORDES - SUPRESIÓN ACCESIBILIDADE A BIBLIOTECA MUNICIPAL


O BNG CRITICA A SUPRESIÓN DA ACCESIBILIDADE Á BIBLIOTECA MUNICIPAL COAS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO CONCELLO

Os nacionalistas afirman que as obras de ampliación do concello non son prioritarias e as califican de despilfarro  

Ramiro Recouso, concelleiro do BNG de Ordes, manifestou que “coas obras de ampliación do Concello tense suprimido a accesibilidade á biblioteca municipal, impedindo que as persoas con problemas de mobilidade ou en cadeira de rodas poidan acceder á mesma, ao ter que baixar forzosamente un elevado número de escaleiras”.

O concelleiro nacionalista, ademáis de criticar “a improvisación con que se executan unhas obras que deixan sen accesibilidade unha instalación pública como a biblioteca municipal”, fixo fincapé en que “desde o BNG xa temos manifestado en reiteradas ocasións que no momento actual as obras da nova casa do Concello non constituen unha prioridade, e propuxemos no Pleno que os recursos que se van destinar á súa execución fosen destinados a actuacións para a mellora dos servizos sociais e para a creación de emprego, como a praza de abastos e un viveiro de empresas”.

Ramiro Recouso criticou a actitude dun “goberno que non escoita aos veciños, que se teñen oposto á reclasificación urbanística dos terreos para a nova casa Consistorial, presentando máis de 150 alegacións”.

O concelleiro do BNG emplazou ao alcalde “a que abandone definitivamente a súa política de despilfarro en cemento e formigón, cuxo paradigma son as obras de ampliación da alameda, xa que, o que necesitan os veciños e veciñas de Ordes é que se utilicen os fondos públicos para mellorar os servicios sociais e para crear emprego.”


AMES - CONCURSO ESCAPARATISMO


Ponse en marcha a quinta edición do curso de escaparatismo

[02/11/2010] A concellaría de Promoción Económica organiza por quinto ano consecutivo un curso de escaparatismo dirixido aos comercios de Ames, e que coma sempre, ten carácter gratuíto. Este ano vólvese a repetir a novidosa fórmula posta en marcha durante a edición anterior. Deste xeito mantense o carácter individualizado desta acción formativa. Todos os establecementos que estean interesados en participar neste curso deben darse présa para apuntarse porque as prazas son limitadas. O prazo de inscrición estará aberto dende o 1 ata o 13 de novembro. Este curso será impartido pola empresa Ela Interiorismo que se encargará de dar a coñecer as técnicas máis innovadoras para deseñar escaparates.
O Concello de Ames, coa chegada da tempada de Nadal, pon en marcha todos os anos diferentes iniciativas co fin de dinamizar o sector comercial amiense. Unha destas accións é o curso de escaparatismo que se organiza co fin de que os propietarios dos establecementos comerciais de Ames adquiran coñecementos e técnicas de escaparatismo para poder poñelas en práctica nos seus propios comercios. O escaparate é un elemento primordial na tenda e require dunha atención especial. A través deste elemento visual trátase de captar a atención do cliente para transmitirlle unha mensaxe, unha emoción e incitalo a comprar nese establecemento. Todos os comerciantes deben saber que decorar de xeito atractivo o seu escaparate é fundamental para captar á clientela.

O curso de escaparatismo seguirá a mesma liña que na edición anterior. Deste xeito mantense o carácter individualizado desta acción formativa. A empresa Ela Interiorismo, que se encargará de impartir este curso, visitará un por un aos dez comercios inscritos. Para iso, o primeiro paso será poñerse en contacto cos comercios participantes para facer un estudio previo do seu escaparate e do local, para posteriormente resolver as dúbidas que teña o empresario e mellorar a imaxe do seu escaparate.

Neste curso, a especialista en interiorismo analizará os escaparates dos diferentes locais adscritos ao curso, estudará as súas posibilidades, transmitíndolle ao empresario as nocións básicas para desenvolver un bo escaparate e as ideas que se poidan levar a cabo nas súas próximas montaxes. Analizaranse os puntos febles e traballarase sobre eles. Tamén se contestará a todas as dúbidas na cuestión de aproveitamento, exposición de mercancía, materiais, formas de montaxe, etc, que poida ter o empresario ou a persoa encargada.

Fases do curso
O curso divídese en tres fases. Na primeira realízase unha visita ao local para coñecer o comercio e o produto que ofertan, poder visualizar o escaparate e coñecer os puntos tanto febles como fortes. Explicaranse todos os puntos básicos para a montaxe e responderanse aquelas dúbidas que o empresario expón á interiorista. Por último tamén se analizaran as ideas que se poderían desenvolver no seu escaparate, sobre todo cara a campaña de Nadal.

Na segunda fase realízase un estudo sobre como poder explotar ese escaparate e sacarlle o maior proveito, e desenvolverse as ideas para realizar as posteriores montaxes, e a práctica que se fará na terceira fase. Xa por último, na última fase, realizarase de forma práctica, a decoración destinada ao posterior montaxe do escaparate, coas explicacións correspondentes para traballar os materiais máis utilizados nos escaparates. Nestas clases acabaranse de concretar as ideas estudadas na segunda fase, para cada empresa.

Para realizar esta fase práctica o Concello porá a disposición dos participantes un local onde poder crear e elaborar os elementos destinados á decoración dos escaparates da campaña de Nadal 2010. Este local o ano pasado estivo situado na localidade de Bertamiráns e este ano estará no Milladoiro.

Todos os interesados deben darse présa en inscribirse porque ofértanse un total de 10 prazas para participar nesta acción formativa. Aqueles comerciantes interesados poden presentar a folla de inscrición nas oficinas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro en horario de 9:00 h. a 14:00 horas de luns a venres. O prazo está aberto dende o 1 de novembro ata o 13 do mesmo mes. As clases levaranse a cabo entre o entre o 15 de novembro e o 3 de decembro.

Esta acción formativa organizase como un paso previo ao concurso de escaparatismo que comezará a comezos de decembro e no que todos os comerciantes de Ames que desexen participar deberán decorar os seus escaparates de xeito orixinal e rechamante para optar a un dos tres premios económicos que se ofrecerán. Nos vindeiros días darase máis información sobre a quinta edición do concurso de escaparatismo.

A concelleira de Promoción Económica, Úrsula Seijas, explicou que "tendo en conta os bos resultados e o nivel de satisfacción acadada coas innovacións introducidas na edición do ano pasado, mantense o carácter individualizado desta acción formativa, que ano tras ano repetimos ao tratarse dun eslavón esencial do proceso de ventas. Deste xeito tentamos mellorar na calidade e tiramos maior proveito dos contidos impartidos, deseñados co obxectivo de poñer a disposición dos e das comerciantes de Ames os coñecementos e as técnicas máis novidosas no deseño e montaxe de escaparates".

BRION - ACTUACIÓNS TEATRAIS


O TEATRO SERÁ O GRAN PROTAGONISTA DAS ACTIVIDADES CULTURAIS DE BRIÓN EN NOVEMBRO

O grupo local Trangalleiro Teatro presentará “Os cravos de prata”, na que será a súa primeira obra de longa duración

02 de novembro de 2010.- O teatro será o gran protagonista das actividades culturais de Brión para este mes de novembro, cun total de catro actuacións. Así, o Concello de Brión, en colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado, vai organizar o ciclo de teatro “Fegatea Móvete”, que terá lugar os vindeiros 12 e 13 de novembro. Unhas actuacións de asistencia libre e totalmente de balde para os veciños e veciñas de Brión.

O centro social polivalente acollerá o venres 12 de novembro a actuación de Teatro Rueiro, que representará a obra “A lotería”. O sábado 13 de novembro será o turno do grupo de teatro Escoitade, que presentará “Longa vida a Martiño de Güimil”. Ambas actuacións terán lugar ás 20:30 horas.

Éxito de “Pedra do Moucho”


Este novo ciclo de teatro, que se celebra por primeira vez en Brión, únese ao III Ciclo de Teatro Afeccionado “Pedra do Moucho”, que reune no local social de Ons a case un cento de veciños en cada actuación. A última cita será o sábado 20 de novembro coa actuación de Cadelexas, que representará “Hotelris@humor.com” . A sesión terá lugar, como é costume, ás 20:30 horas, e a entrada é libre e de balde.

Finalmente, na fin de semana do 27 e 28 de novembro tocaralle o turno ao grupo de teatro afeccionado de Brión. Trangalleiro Teatro é unha formación creada hai apenas dous anos en Brión e que está integrada por unha ducia de veciños e veciñas do municipio, na súa maior parte maiores de 55 anos. Este ano estrearán “Os cravos de prata”, unha peza de Nicolás Bela que suporá a súa estrea cunha obra de longa duración (xa que ata o de agora só representaran pezas de curta duración).

A cita será dobre: o sábado 27 de novembro aberto a todos os públicos e o domingo 28 de novembro en sesión especial para a terceira idade, coincidindo co baile de maiores. Ambas representacións terán lugar no centro social polivalente, ás 20:30 horas.

PP BRION - ARQUETA ILEGAL EN SANÍN


El PP de Brión insta al alcalde a que reponga la legalidad en la arqueta de Sanín, ya que podría estar incurriendo en una presunta prevaricación

  • La arqueta fue construida por un capataz del ayuntamiento en un terreno municipal y sin licencia autonómica de captación de aguas

  • El representante popular informa de que existen varias sentencias que confirman el uso público del terreno y que obligarían a García a restablecer el terreno a su estado original

Brión, 2 de noviembre de 2010- El Portavoz del PP de Brión, Carlos Tomé, acusa al alcalde de permitir que se lleven a cabo actuaciones de carácter privado en una arqueta situada en terrenos municipales, en el lugar de Sanín (Os Ánxeles), y sin licencia autonómica de captación de aguas. Tomé destaca la “ilegalidad” de dichas obras y denuncia que están perjudicando, además, al caudal de las aguas del río. En este sentido, el representante popular exige al actual alcalde explicaciones al respecto y que le informe públicamente de las actuaciones que se están llevando a cabo en dicho terreno.

“Todo apunta a que el alcalde vuelve a cometer irregularidades y se vuelve a saltar la ley por segunda vez”, denuncia Tomé. Y es que tal y como informa, hace varios años, vecinos del lugar de Sanín acusaron al actual alcalde, José Luís García, de permitir a un capataz municipal hacer una arqueta y captar aguas en dicho terreno, propiedad del ayuntamiento, para su vivienda particular. Los vecinos decidieron llevar el tema a los tribunales, ya que consideraban una ilegalidad muy grave que el regidor permitiera hacer a un “estrecho colaborador” suyo una obra de uso privativo en un solar municipal sin licencia autonómica. Las sentencias le dieron la razón a los vecinos, ya que confirmaron que el terreno es público, y condenaron al capataz municipal a dejarlo libre y expedito. A pesar de ello y tal y como denuncia Tomé, tanto el acalde como el trabajador del ayuntamiento hicieron caso omiso a las sentencias y dejaron las obras ilegales como estaban. “La Xunta de Galicia abrió un expediente sancionador contra el capataz y solicitó la colaboración de García para la inmediata paralización de las obras, dejándolo todo en su estado primitivo, es decir, sin arqueta, pero el regidor no cumplió”, informa Tomé. “Ni se paralizaron las obras, ni se volvió el terreno a su estado original, ni se hizo un seguimiento del asunto –añadió. La arqueta ilegal sigue ahí y las aguas captadas sin licencia continúan canalizadas a la vivienda particular de este empleado”. El representante popular lamenta que el actual regidor, en lugar de estar con los vecinos y de sancionar a un infractor, haya preferido darles la espalda y permitiese que se llevara a cabo una ilegalidad. En este sentido, insta a García a que reponga la legalidad de la arqueta, ya que podría estar incurriendo en una presunta prevaricación, “por primar los intereses de un empleado del ayuntamiento y estrecho colaborador del alcalde en detrimento del resto de vecinos, cometiendo, además, una ilegalidad”.

Desde el PP exigimos a García que, ante las evidencias que ponen de manifiesto que este estrecho colaborador del acalde pudiese haber recibido algún trato de favor, dé una explicación, porque los vecinos tienen derecho a conocer todos los hechos y a exigir responsabilidades si se ha cometido algún tipo de irregularidad. En esta misma línea, Carlos Tomé advierte al actual regidor que “el ayuntamiento no es su cortijo particular y que todas las actuaciones que lleve a cabo como alcalde deben de respetar por encima de todo la legalidad y la igualdad de oportunidades”. Además de que, a día de hoy, la arqueta continúa en el lugar y captando aguas ilegalmente, desde hace un par de meses, según ha constatado el Portavoz del PP, unos empleados con una máquina excavadora han vuelto al terreno, realizando obras en dicho lugar y trabajando en la arqueta. Por ello, el representante popular exige una explicación pública e inmediata del alcalde, ya que “es muy grave que se vuelva a incidir en una ilegalidad de tal calado”. Tomé informa de que los vecinos han enviado un escrito a Augas de Galicia recordándole el expediente sancionador incoado en su día al capataz municipal e informándole de las nuevas obras que se están llevando a cabo en dicho terreno desde hace unos meses.

Vecinos y populares solicitan a la Xunta de Galicia que exija explicaciones al actual alcalde por no haber paralizado éste las obras hace años, tal y como le correspondía, y que informe, además, sobre los motivos por los que concedió autorización municipal para la traída de aguas hasta la vivienda particular, cuando era preceptiva previamente la autorización autonómica para su captación, y ésta no existía. El dirigente popular informa, además, que en un escrito dirigido a García por la Xunta de Galicia, se le advertía que no diese licencia municipal hasta que no se otorgase, si procediese, la previa autorización autonómica. “Cuando lo cierto era que, meses atrás, la licencia municipal ya había sido autorizada por el regidor, y éste no informó de ello a la administración autonómica, ocultando esta grave circunstancia”, explica Tomé. Los vecinos afirman en su escrito, que García se desentendió del asunto desde el primer momento, al decir que no le constaba que ese terreno fuese municipal. Y consideran una dejadez de funciones, el hecho de que el alcalde tan sólo comunicó al capataz la orden de paralización por parte de la Xunta, cuando lo cierto era que las obras ya estaban terminadas, y el regidor no informó de ello a la administración autonómica, ni hizo nada posteriormente por solucionar la ilegalidad, ni seguimiento alguno del asunto.

Carlos Tomé destaca “que un alcalde diese la espalda a los vecinos, permitiendo hacer una obra ilegal en terreno público y sin licencia, es una auténtica vergüenza. Pero que no defienda los intereses municipales, no colabore siquiera con la Xunta de Galicia, ni haga nada para que se cumplan las sentencias judiciales, ya es inaceptable”. “García habla de legalidad e igualdad –añadió- cuando él es el primero que la incumple y permite que sus amigos también lo hagan, en contra del bien de otros vecinos”.

PP SANTIAGO - ARRANXO CAMIÑO FRANCES


O PP denuncia o mal estado do Camiño Francés, a catro días da visita do Papa

O concelleiro do Grupo Municipal Popular encargado do seguimento da área de Obras, Albino Vázquez Aldrey, denunciou hoxe o voto negativo do equipo de goberno no último pleno á proposta que realizou de acondicionamento, con carácter urxente, do Camiño de Santiago no seu último tramo que vai dende o Monte do Gozo ata a Catedral, itinerario de peregrinación do Papa Benedicto XVI.
Considera que a catro días da visita do Papa se fai necesario o adecentamento desta vía, e non entende a resposta negativa do concelleiro do grupo de goberno, Bernardino Rama, “que vai de sobrado”, cando a situación actual prexudica a imaxe da cidade, tendo en conta que a visita será retransmitida por TV a milleiros de persoas en todo o mundo.
Estos últimos cinco kilómetros do Camiño de Santiago serán protagonistas dunha masiva afluencia de cidadáns que presenciarán o paso do Papa. Na actualidade, a situación de abandono que presenta este último tramo é lamentable, e nalgúns puntos a maleza invade o paso dos peregrinos obrigando a estes a continuar pola calzada. Noutros, hai barandas en moi mal estado, marquesinas deterioradas e incluso puntos de lixo, impropios dunha cidade vinculada ó turismo.
Albino Vázquez Aldrey considera que esta iniciativa é un exemplo da actitude prepotente coa que está a actuar o concelleiro responsable que non acepta consellos de ninguén, nunha clara postura de autosuficiencia. O concelleiro popula recoméndalle que se vaise do coche oficial e pise máis a cidade, concretamente este tramo, para comprobar en que estado se atopa.
Bar de Abaixo
Na rolda de prensa, o concelleiro popular tamén se referiu a outra proposta que foi rexeitada polo equipo de goberno na que pedía que, con carácter de urxencia e tendo en conta que este tramo pertence ó vial obxecto de acondicionamento e está a piques de quedar no olvido, a pesares de contar xa con máquinas e obreiros na zona, se arranxe a zona de Bar de Abaixo.


BNG AMES - MOCIONS ULTIMO PLENO



Apróbase a proposta do BNG de conxelar 11 taxas públicas.

Ames . 2 de novembro de 2010. O Pleno da Corporación Muncipal de Ames aprobou a conxelación de 11 taxas e prezos públicos, a proposta do BNG. Os veciños e veciñas de Ames, no ano 2011, pagarán o mesmo polo imposto de vehiculos, pola licenza de obras, ou pola utilización dos locais culturais e deportivos, asi como pola colocacion de terrazas, vados, ou apertura de establecementos etc.
 O BNG xustificou esta proposta de conxelación de taxas e prezos públicos en  base ao contexto de crise xeralizado, á politica de rebaixa de salarios por parte das Administracións, á conxelación de pensións e as reducidas cantidades ingresadas por estes conceptos.
Por outra parte, o BNG apoiou todas as modificacións técnicas das Ordenanzas que as harmonizan e que facilitan o seu cumprimento por parte dos veciños e veciñas. Asi mesmo, tamén votou a favor do incremento do IPC naquelas ordenanzas que son de obrigado cumprimento polos contratos coas concesionarias como o servizo de abastecemento de auga, saneamento ou a piscina cuberta municipal.
O Pleno insta á Xunta de Galiza a que manteña o Noitebus
O Pleno da Corporación tamén aprobou a moción do BNG instando á Xunta de Galiza a manter o servizo de Noitebús.
O BNG considera unha irresponsabilidade por parte deo Partido Popular suprimir un servizo que ten demostrado a súa eficacia, e ten contribuído a eliminar vitimas e a concienciar  sobre a condición segura. Segundo afirmou a Plataforma Stop accidentes  “ sempre é máis barato previr que lamentar”.