Axenda e tempo do sábado 20 de decembro - música, teatro, deportes, mercados, exposicións

Vedra - Campeonato de Judo

Santiago - Fin de semana de música e teatro

Ordes - Mercado de artesanía 

Ordes - Patinaxe artístico

Santiago - Área Central - actividades de Nadal 

Santiago - Capitol - Leon Benavente

Santiago - Casa das Crechas - Antilia 

Santiago - Mercado na Quintana

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Iconos Rusos (Casa gótica) (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo das Peregrinacións - Imaxes de Santiago (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Fundación Araguaney - Manuel Vázquez Alemán (ata o 29 de decembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Santiago - Música, teatro, humor e propostas infantís na programación desta fin de semana

· Sábado inauguramos o ciclo Todo Lírica coa soprano Ángeles Blancas e o pianista Giovanni Auletta no Principal e no Auditorio Abanca, hai concerto de Treixadura no ciclo Sons’14

· Domingo, temos concerto da Banda Municipal no Auditorio Abanca coa soprano Laura Alonso; Teatro Gorakada presenta no Principal o musical infantil ‘La vuelta al mundo’; e Bertín Osborne e Arévalo estarán no Auditorio de Galicia con ‘Dos Caras Duras en Crisis’

La vuelta al mundo
· Luns chega ao Teatro Principal ‘La lengua en pedazos’ de Juan Mayorga dentro do ciclo Teatro&Danza e no Salón Teatro hai ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’

Esta fin de semana temos unha oferta cultural variada e dirixida a todos os públicos con espectáculos de música, teatro e actividades específicas para nenos. Sábado inauguramos o ciclo Todo Lírica coa soprano Ángeles Blancas e o pianista Giovanni Auletta no Principal e no Auditorio Abanca, hai concerto de Treixadura no ciclo Sons’14. Domingo, temos concerto da Banda Municipal no Auditorio Abanca coa soprano Laura Alonso; Teatro Gorakada presenta no Principal o musical infantil ‘La vuelta al mundo’ e Bertín Osborne e Paco Arévalo estarán no Auditorio de Galicia con ‘Dos Caras Duras en Apuros’. E xa o luns chega ao Teatro Principal ‘La lengua en pedazos’ de Juan Mayorga dentro do ciclo Teatro&Danza e no Salón Teatro o Centro Dramático Galego presenta ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’.

Sábado: Todo Lírica e concerto de Treixadura
A salientable voz de Ángeles Blancas abre esta edición do Todo Lírica cun concerto baixo o nome ‘Visións de muller, Cancións e cabaré’. Acompañada do pianista Giovanni Auletta, Blancas, unha das sopranos españolas máis salientables da súa xeración, estará en Compostela o sábado 20 de decembro. As súas visións de muller comezan cun ciclo de cancións moi infrecuentes nas nosas salas de concertos e rematan cunha ampla selección das cancións do cabaré berlinés do mestre Kurt Weill. A propia protagonista fala deste programa como ‘unha viaxe a través do Amor… Amor sen límites’ e por iso introduce tamén no mesmo a última escena da ópera ‘Tristán e Isolda’ de Wagner. Será no Teatro Principal ás 20.30h cun prezo de 8 euros (hai un abono para os tres concertos do ciclo por 16 euros).

Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e inclúe algunhas pezas inéditas. 25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo. Con motivo deste aniversario celebra este concerto dentro do ciclo Sons’14: ‘Treixadura, 25 anos,. Vendima tarda’. Será ás 21.00h no Auditorio Abanca e as entradas teñen un prezo de 12 euros anticipada, 14 días o día do concerto (10 e 12 no anfiteatro).

Domingo: Banda con soprano; teatro infantil e Bertín Osborne con Arévalo
A programación do domingo comeza ás 12.00h no Auditorio Abanca onde a Banda Municipal de Música despedirá o ano ofrecendo, para todo o seu público, un concerto especial de Nadal cheo de valses, operetas e zarzuelas. Para tan fermosa ocasión contará coa colaboración da soprano Laura Alonso Padín que porá, coa súa voz, un broche de ouro as obras dos máis grandes compositores destes xéneros, como son J. Strauss, A. Barbieri, G. Bizet e E. Lecuona entre outros. A entrada é de balde previa retirada de convites.

Xa pola tarde, ás 19.30h, a compañía vasca Teatro Gorakada ofrece ‘La vuelta al mundo’ dentro do ciclo Infantil&Familiar. Baseándose en La vuelta al mundo en 80 días de Julio Verne, crean esta fantástica aventura con bo humor, imaxinación e cancións en directo. Gorakada traslada ao escenario dun teatro o fascinante percorrido arredor do mundo de Phileas Fogg. Desafiando ao cabaleiro e aventureiro inglés faremos a súa viaxe en 60 minutos, os que dura este espectáculo con música en directo, actores, marionetas e unha escenografía a base de maletas que nos permita poder viaxar en ferrocarril, barco ou elefante. O prezo é de 10 euros (8 no anfiteatro).

Pechamos o programa do domingo co renovado Show de ‘2 Caras Duras En Crisis’. Bertín Osborne e Paco Arévalo, mesturan a música e o humor de forma espontánea, combinando aparicións conxuntas e en solitario. Esta obra xorde da relación laboral e persoal que une desde hai 30 anos ao cantante, actor e presentador Bertín Osborne e ao humorista Paco Arévalo. Será ás 19.00h no Auditorio de Galicia.

Luns: ‘La lengua en pedazos’ e ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’
Pola tarde, ás 18.00h, no Salón Teatro, o Centro Dramático Galego presenta unha nova función de ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’ de Carlos Casares. Os nenos, todos os nenos, entréganse, con máis entusiasmo, a inventar os seus recintos de realidade, dándolle voltas de parafuso ao real até construír o seu propio espazo verosímil, que aceptar un irreal alleo, alleante, ausente e decote ateigado de moralina. Hai unha maneira atroz de ser neno: non selo. Disto vai esta nova produción do CDG cuxas entradas son a 3 euros. Ofrecen función de novo o día 23 e do 26 ao 30 de decembro.

Xa ás 21.00 e no Teatro Principal poderemos ver ‘La lengua en pedazos’ de Juan Mayorga que poñerán sobre as táboas Clara Sanchís e Daniel Albadelajo baixo a dirección do propio Mayorga. 'La lengua en pedazos', enmarcado dentro do ciclo Teatro&Danza, é un combate entre un gardián da Igrexa e unha monxa desobediente chamada Teresa de Jesús. A pelexa ten lugar na cociña do convento. Alí, entre pucheiros, anda Deus. As entradas teñen un prezo de 14 euros (12 euros no anfiteatro).

BNG Compostela - O BNG lembra o compromiso esquecido da Xunta para construír o centro de saúde de Conxo

Rubén Cela advirte que a obra do centro de saúde de Galeras é “descafeinada nas dimensións e usos respecto do inicialmente previsto” 

O portavoz do grupo municipal nacionalista, Rubén Cela, a raíz da colocación da primeira pedra do futuro novo centro de saúde de Galeras que era un dos proxectos “que durmiu durante moitísimo tempo nos despachos de San Caetano” e agora é “descafeinado nas dimensións e usos a respecto do inicialmente previsto”.

Para o BNG seguen absolutamente intactas as reivindicacións sobre o centro de saúde de Conxo “e tanto o PP, como o Goberno municipal de Santiago e a Xunta de Galiza poden ter claro que o BNG non vai cesar no seu empeño de que ese compromiso adquirido coa cidade se materialice”.

Recoñeceu Rubén Cela que este centro de saúde de Galeras prevé “aliviar” parte dos problemas de atención primaria de Compostela e dá resposta a unha dotación asistencial pensada para a veciñanza da Cidade Histórica e de Galeras. Porén, “non soluciona os problemas de atención primaria de Santiago de Compostela e iso deriva no resto da atención hospitalaria”, engadiu.

“O centro de saúde de Conxo non é un capricho, é unha necesidade básica para o futuro de Santiago de Compostela e ademais trátase dun compromiso adquirido por parte da Xunta de Galiza con este Concello”, concluíu.

Vedra - Judo e música na fin de semana do concello


Sábado 20

XANTAR – CONFRATERNIDADE DA TERCEIRA IDADE

DATA: SÁBADO 20 DE DECEMBRO HORA: ÁS 14 H 

LUGAR: NA CASA DA TERCEIRA IDADE


















Domingo 21


Ames - Reunión para planificar o 25 aniversario do CEIP de Barouta

O alcalde de Ames reuniuse coa dirección e a ANPA do CEIP de Barouta para planificar a celebración do 25º aniversario do centro

Santiago Amor e o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, trataron co director do colexio, Jesús Seaje, os posibles actos que se realizarán no segundo e terceiro trimestre do curso

Entre as diversas accións previstas destaca a publicación dun libro que recollerá as anécdotas dos antigos alumnos 

O alcalde de Ames, Santiago Amor, e o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, reuníronse esta semana coa ANPA e co director do Centro de Educación Infantil e Primaria de Barouta. O vindeiro ano, o colexio celebrará o seus 25 anos, e con motivo desta efeméride, a dirección quere programar unha serie de actos culturais, que se desenvolverán ao longo do segundo e terceiro trimestre escolar. 

A institución educativa está realizando encontros con entidades públicas e privadas para conmemorar o seu primeiro cuarto de século. Unha das accións previstas é a colocación de carteis nas instalacións do centro co lema “25 anos ensinando, 25 anos aprendendo”. Ademais, organizarán actuacións musicais e unha exposición de fotografías que amosen o paso do tempo. 

“Queremos implicar aos antigos alumnos na celebración desta importante data”, sinala o director Jesús Seaje. Para iso realizarán unha campaña de recollida de anécdotas, que se plasmarán nun libro. 

O CEIP Barouta conta na actualidade cun total de 235 alumnos, con idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos.

BNG Compostela - iniciativa parlamentaria sobre a parcela de Xoan XXIII

O BNG rexistra unha iniciativa no Parlamento para frear “a especulación e o pelotazo urbanístico” de Xoán XXIII 

“A presión social e política conseguiu deter os intentos de pelotazos urbanísticos de Conde Roa na Finca do Espiño, de Currás na rotonda de Galeras e agora imos frear este do novo alcalde Agustín Hernández en Xoán XXIII”

A deputada Ana Pontón e o portavoz municipal Rubén Cela presentaron unha iniciativa que o BNG rexistrou no Parlamento para instar á Xunta a destinar a parcela de Xoán XXIII a construír vivenda protexida segundo o proxecto inicial de 40 vivendas ofertadas en réxime de alugueiro a menores de 35 anos, co obxectivo de frear o intento de “pelotazo urbanístico” anunciado polo alcalde de Santiago, Agustín Hernández, mediante unha permuta para construír vivenda libre neste emprazamento.

“Esta é unha parcela pública cun proxecto de vivenda de protección pública para persoas novas e ese debe ser o único destino que debe ter”, afirmou Rubén Cela en declaracións aos medios ao pé do soar de Xoán XXIII, “o PP quere convertela nunha parcela libre para vivendas de luxo e imos opornos para que non se consume un auténtico pelotazo en Santiago de Compostela”. “Agardamos que a presión política e social consigan frealo, como se fixo co intento de pelotazo urbanístico de Conde Roa na Finca do Espiño, de Currás coa rotonda de Galeras e estou convencido de que o imos conseguir ante este novo intento de pelotazo do novo alcalde Agustín Hernández en Xoán XXIII”.

Así, desbotou as “escusas” do PP de que “esta parcela non vale para vivenda de protección mais si para vivenda libre” e “de que non hai recursos da administración para executar o proxecto inicial”. O BNG vai esixir do Concello de Santiago e da Xunta de Galiza que se manteña o proxecto orixinal ao que estaba destinado o soar.

Así, Ana Pontón explicou que é un “auténtico escándalo” que durante os últimos cinco anos a Xunta paralizou a vivenda social, con Agustín Hernández como responsábel desta área e coa actual concelleira de Urbanismo como directora do IGVS, e que agora sexan unha das partes do “pelotazo urbanístico” que queren dar no concello de Santiago de Compostela.

O BNG considera que “a xente nova, que ten dificultade para o acceso á vivenda e emanciparse, debe ter ese dereito á vivenda e os poderes públicos teñen que actuar nesa dirección”. “Ao PP o único que lle interesa é que os construtores sigan mantendo a súa cota de mercado e os seus beneficios e dende o BNG defendemos é que a xente ten dereito á vivenda e a administración debe velar por iso”, afirmou a deputada.

O PP non ten entre as súas prioridades facer vivenda pública e puxo como exemplo que “esta mesma semana perdeu unha oportunidade de destinar máis de 1 millón de euros para esta actuación”, cunha emenda que defendeu o BNG no debate dos Orzamentos da Xunta de Galiza para 2015. “Seguiremos a defender que esta parcela sexa destinada a garantir o dereito á vivenda das persoas mozas e non para que un especulador faga beneficio a costa do solo da administración pública”, subliñou.

Ana Pontón lembrou ademais que dende a chegada do PP á Xunta recortou nun 80% os fondos destinados á vivenda e iso “non é unha política neutra nun momento de crise, cando a xente ou ben non pode acceder á vivenda ou ten que pagar unhas hipotecas desorbitadas”.

Silleda - Suspendida a recollida de cartón

Suspendido temporalmente o servizo de recollida a domicilio de cartón para os comercios e empresas por razóns alleas ao Concello

-A empresa que o viña realizando deu en quebra e dende o goberno local estase a negociar con outros xestores para retomar o servizo 

Ante os múltiples problemas que viña rexistrando o servizo de recollida de papel-cartón a domicilio para comercios e empresas, dende o Concello de Silleda decidiuse suspender temporalmente este servizo, por cuestións alleas á Administración Local.

A empresa que viña realizando nos últimos anos este servizo deu en quebra e a que asumiu despois o servizo non estaba a cumprir cos horarios e condicións establecidas.

“Queremos pedir disculpas a todos os usuarios deste servizo e informarlles que estamos a traballar para restablecelo canto antes, negociando con outras empresas e xestores”, explica o concelleiro de Medio Ambiente Luis Rodríguez. 

Mentres non se restablece o servizo, sin coste algún para os usuarios, recomendase depositar o cartón nos colectores azuis e no caso de ter gran cantidade de residuos levalos ao punto limpo, que está aberto todos os mércores e sábado de 09.00 a 14.00 horas.

Teo - Previa do pleno do mes de decembro

O pleno do concello de Teo votará o cambio de uso das escolas unitarias de Francos, Rarís e Solláns

· Na sesión tamén se debaterá unha moción do BNG de apoio ás persoas que reciben pensións de estados estranxeiros

A corporación teense reúnese este luns 22 de decembro para celebrar a sesión ordinaria do pleno deste mes. Os plenos en Teo realízanse o último xoves de mes, pero nesta ocasión por coincidir co 25, día de nadal, adiántase a sesión. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada. 

Durante a sesión votarase o cambio de uso das escolas unitarias de Francos, Rarís e Solláns pasando do educativo que teñen actualmente a un uso sociocultural. Neste momento estes tres locais xa non funcionan como escolas unitarias e considérase de interese adaptar o uso ás necesidades socioculturais que poidan xurdir nas parroquias onde están ubicadas, Calo e Rarís. 

Na sesión tamén se votará a adhesión a un convenio de colaboración entre a Xefatura provincial de tráfico e o Concello e dúas mocións do BNG, unha de apoio ás persoas que reciben pensións de estados estranxeiros e a outra sobre a creación dunha tarifa eléctrica galega. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 
Dar conta das resolucións da alcaldía (da 823/14 á 905/14). 
Dar conta do cumprimento do artigo 104 BIS da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación ao persoal eventual (3/2014). 
Ditame da proposta de alcaldía de aprobación definitiva da modificación do regulamento de creación de ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Teo. 
Ditame da proposta da alcaldía de aprobación de convenio bilateral de colaboración entre a Xefatura provincial de tráfico e o Concello de Teo. 
Ditame da proposta de alcaldía de mutación demanial das escolas unitarias de Francos, Rarís e Solláns. Desafectación do uso educativo e afectación a uso sociocultural. 
Ditame da moción do grupo municipal do BNG de apoio ás persoas que reciben pensións de estados estranxeiros. 
Ditame da moción do grupo municipal do BNG sobre a creación dunha tarifa eléctrica galega. 
Mocións. 
Rogos e preguntas.

Casa das Crechas - Presentación do novo proxecto Antilia

Hoxe preséntase nas Crechas un novo proxecto musical: Antilia
Antilia - Sábado 20 dec 21h 10€
É o proxecto persoal de María Costas, tamén actriz, que presenta mañá en Vigo e o sábado en Compostela

A Casa das Crechas acolle o sábado un concerto de Antilia, un novo proxecto musical da artista María Costas que se presenta diante da sociedade mañá venres en Vigo (Xancarajazz) e o sábado no noso local. 

As composicións de Antilia teñen un sabor atlántico, aberto, nostálxico, pero tamén diáfano e vital. Non deixan a ninguén indiferente; teñen influencias do jazz, blues, rock sinfónico e aportacións do folk, cun toque de sofisticación nos arranxos, fuxindo do obvio, do fácil encasillamento. Uns textos poéticos en galego que conseguen fío directo co público e van mais alá dos lugares comúns.

Intensidade, sensibilidade e paixón, a transmisión de sentimentos a través da música. Esa é a súa prioridade. As súas influencias van desde Bob Dylan a Joni Mitchell, pasando por referentes como Billie Holiday, Amalia Rodrigues, Jose Afonso e Caetano Veloso.

Ao concerto acoderá en formato cuarteto, con guitarra (José Churruca), contrabaixo e baixo (Pablo Vidal) e batería (Noli Torres). 

María Costas é cantante, actriz e adestradora vocal. Máis información:

Santiago Futsal - O equipo pecha o ano con victoria

· Buen partido de los de Santi Valladares que suman la tercera victoria consecutiva y ganan ante su afición antes del parón navideño

· El Santiago Futsal se puso 4-1 en la 2ª parte y concluyó el encuentro con el 5-3

· Santi Valladares ““Fue un colofón perfecto para esta primera vuelta”

El último encuentro de la primera vuelta que se disputaba esta noche concluyó de la mejor manera posible para los de Santiago: victoria ante su afición como regalo adelantado de estas Navidades. Y es que la plantilla del Santiago Futsal hizo un partido muy completo para superar a un gran rival como es el Palma Futsal, cuarto clasificado de la Liga.

El temprano gol de Diego Quintela de penalti en el minuto 2, tras mano en el área de Vadillo, favorecía la que fue una gran noche de fútbol sala en el Multiusos. Ocho minutos después, una gran jugada del capitán del equipo de Santiago, que logra irse de dos rivales y ceder el balón a Iván Rumbo, para que este engañe al meta visitante y remate a placer a portería, termina en el segundo gol de los locales.

Iker protagonizaría las mejores paradas del encuentro, evitando que los visitantes pudieran abrir el marcador en la primera parte. Antes de llegar al descanso, Diego Quintela tendría el tercero en sus botas con un tiro de vaselina que tocó en el travesaño y se marchó fuera.

La segunda parte comenzó con el gol de Sergio a los pocos segundos de la reanudación. Pero Pablo Tallón volvería a aumentar la distancia sólo dos minutos después con el tercer tanto tras asistirle Iván Rumbo en una magnífica contra de los jugadores gallegos.

En el minuto 27, con la expulsión de Taffy por doble tarjeta amarilla, Palma Futsal quedaría en inferioridad numérica, situación que aprovechó el equipo gallego para hacer el cuarto gol firma de Hugo Sánchez.

La distancia volvería a reducirse tras el gol de Chicho, sólo un minuto después del gol local. Pablo Tallón sumaría el quinto gol a la cuenta local para delirio de la afición compostelana, que disfrutó del juego de su equipo y de la que sería la tercera victoria como local del Santiago Futsal.

Quedaría tiempo para que Joao marcase el 5-3, que sería el resultado final del encuentro, pese al tiro desde los 10 metros de Gallego que detendría Barroso.

Así finalizó el encuentro en el Multiusos, con la última victoria del año del Santiago Futsal, que termina la primera vuelta en la décima posición de la tabla, 10 puntos por encima de los puestos de peligro.

Sala de prensa

Santi Valladares compareció ante los medios de comunicación tras la finalización del encuentro para analizar el encuentro “Fue un colofón perfecto para esta primera vuelta. Se cumplieron las directrices que habíamos marcado defendiendo atrás muy bien, eliminando ese juego de 4 que tienen ellos… Ahí ellos se empezaron a desquiciar. Nosotros supimos aprovechar la ocasión del penalti a la contra y a partir de ahí, aunque en la 2ª parte estuvimos algo imprecisos en algunos momentos, fuimos capaces de mantenernos.”

En cuanto al esfuerzo de los jugadores en un partido tan completo como el de esta noche, el entrenador gallego apuntó “Ellos ven que entrenamiento a entrenamiento van creciendo y en los partidos también. El espíritu de piña hay que vivirlo desde dentro para transmitirlo y eso te da puntos, independientemente de otras cosas. El espíritu de equipo y de solidaridad por el compañero en este equipo es muy sólido.”

Para finalizar, Valladares puntuó la primera vuelta de su equipo “A esta primera vuelta yo le pondría un notable alto, incluso sobresaliente.”

Ficha técnica

Santiago Futsal 5: Iker López, Lucas Bolo, Hugo Sánchez, Iván Rumbo y Diego Quintela – cinco inicial- Pablo Tallón, Borja, Gallego, Dani ‘Chino’, Santi y Chus

Palma Futsal 3: Barrón, Chicho, Taffy, Sergio y Vadillo – cinco inicial- Joao, Burrito, Joselito, Tomaz, Manu y Lemine

Árbitros: Felipe Madorrán y Pérez Álvarez. Amonestaron con doble tarjeta amarilla a Taffy, Burrito y Chicho y con tarjeta amarilla a Joao por el Palma Futsal. En el Santiago Futsal amonestaron a Lucas Bolo, Gallego, Pablo Tallón, Iker López y Chus

Incidencias: Partidos correspondiente a la 15ª jornada de Liga celebrado en el Multiusos Fontes do Sar con una asistencia de 900 espectadores.

Goles: 1-0 min.2 Diego Quintela, 2-0 min.10 Iván Rumbo, 2-1 min.21 Sergio, 3-1 min.23 Pablo Tallón, 4-1 min.27 Hugo Sánchez, 4-2 min.28 Chicho, 5-2 min.38 Pablo Tallón, 5-3 min. 38 Joao

Axenda e tempo do venres 19 de decembro - Música, libros, mercados, exposicións

Brión - Presentación do libro Brión en Fotos

Santiago - Auditorio - Real Filharmonía de Galicia - Tristán e Isolda

Ordes - Presentación do libro de poesía Anamnese 

Santiago - Área Central - actividades de Nadal 

Ordes - Contacontos 

Santiago - Circo Nove - Cabaret de Nadal

Santiago - Sonar - Lakazáns

Cerceda - Os da Ría na Taberna 

Santiago - Mercado na Quintana

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Iconos Rusos (Casa gótica) (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo das Peregrinacións - Imaxes de Santiago (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Fundación Araguaney - Manuel Vázquez Alemán (ata o 29 de decembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Brión - Presentación do libro Brión en fotos da asociación O Esquío no Piñeiro

A asociación “O Esquío no Piñeiro” presenta hoxe venres o libro “Brión en fotos”, unha escolma de imaxes de Brión do século XX

A presentación terá lugar na sala de exposicións de Brión, ás 20:30 horas, durante a inauguración dunha exposición coas 20 mellores imaxes do libro. Todos os asistentes serán obsequiados cun exemplar

A sala municipal de exposicións de Brión acollerá hoxe venres 19 de decembro, ás 20:30 horas, a presentación do libro “Brión en fotos: unha memoria visual do século XX” e a inauguración da exposición fotográfica do mesmo nome. Un acto que estará presidido polo alcalde de Brión, Xosé Luís García, e no que todos os asistentes serán obsequiados cun exemplar do libro elaborado pola asociación xuvenil “O Esquío no Piñeiro” (ata esgotar existencias).

Este libro e exposición supón a culminación dun proxecto de “O Esquío no Piñeiro” que comezou a xestarse hai cinco anos e que, tras a recollida de máis dun milleiro de fotografías antigas entre toda a veciñanza de Brión, deu lugar á edición deste libro e á organización dunha exposición que poderá visitarse na sala de exposicións municipal de Brión ata o vindeiro 21 de xaneiro.

A asociación “O Esquío no Piñeiro” fixo unha primeira edición do libro que conta cun total de 500 exemplares. Debido á repercusión e ao grande interese que espertou o proxecto, o Concello de Brión está a ultimar unha tirada especial para que todas as familias brionesas poidan contar cun exemplar nas súas casas, que sería repartido xunto co número 93 da Revista Altamira.

Santiago - A Real Filharmonía interpreta Tristán e Isolda de Wagner

La Real Filharmonía de Galicia interpreta por primera vez “Tristán e Isolda” de Wagner, considerado el más trascendente de los dramas músico-teatrales jamás escrito

Los músicos estarán acompañados por las voces de la soprano Jane Irwin en el papel de Isolda, el tenor Christian Voigt como Tristán y la mezzosoprano Anne Marie Owens como la sirvienta Brangäne 

La Real Filharmonía de Galicia celebra su concierto de Navidad hoy viernes, a las 21:00 horas en el Auditorio de Galicia. Interpretará Tristán e Isolda de Wagner, bajo la batuta de su director titular y artístico, Paul Daniel. La orquesta estará acompañada por las voces de la soprano Jane Irwin en el papel de Isolda, el tenor Christian Voigt como Tristán y la mezzosoprano Anne Marie Owens como Brangäne -la sirvienta de Isolda-. Además, entre los músicos habrá una importante representación de alumnos del curso de posgrado (Curso Avanzado de Especialización Orquestal) de la Escuela de Altos Estudios Musicales; participarán un total de 15: 5 violines, 2 violas, 2 violonchelos, 1 contrabajo, 1 flauta, 1 oboe, 1 clarinete, 1 trompa y 1 trompeta.

La orquesta acercará al público varios fragmentos de esta obra, del compositor alemán del Romanticismo Richard Wagner (1813-1883). Es una ópera en tres actos, basada en la leyenda medieval de Tristán e inspirada por la aventura del compositor con Mathilde Wesendonck, esposa de su protector. Compuesta entre 1857 y 1859, se estrenó en Múnich en 1865, calificada por el propio Wagner como “drama musical”.

Los expertos ven en esta obra el comienzo del fin de la armonía tradicional y la tonalidad y consideran que establece la base para la dirección de la música clásica del siglo XX. Para muchos musicólogos y aficionados a la ópera Tristán e Isolda es la gran obra maestra de Wagner, el más trascendente de los dramas músico-teatrales jamás escrito y al que la Real Filharmonía de Galicia se acerca por primera vez.

Una de las óperas más bellas de la historia de la música

Tristán e Isolda representa una de las óperas más bellas, no sólo de Wagner, sino también de toda la historia de la ópera. Tiempo antes del inicio de la acción, tuvo lugar una lucha en Irlanda entre Tristán, caballero bretón, y Morold, un guerrero irlandés del que estaba enamorada la princesa irlandesa Isolda. Cuando ésta llega al campo de batalla encuentra a su amado herido de muerte y a Tristán gravemente herido. Isolda piensa en matar a Tristán, pero, finalmente, en lugar de hacerlo lo lleva a palacio y lo cura de sus heridas. A pesar de este gesto, el joven no muestra ningún afecto por la princesa y, una vez repuesto, regresa a Cornualles.

Tristán le habla a su tío, el rey Marke, de las cualidades de Isolda como futura esposa del anciano rey, por lo que éste decide casarse con ella y manda a su sobrino a buscarla. El primer acto de la ópera comienza durante la travesía en el barco que lleva a Isolda a Cornualles. El final de la obra es trágico para los dos protagonistas, como es propio del drama romántico.

Tres grandes voces para Tristán, Isolda y Brangäne
La soprano británica Jane Irwin actúa con regularidad en el Reino Unido, Europa y América. Debutó en el Carnegie Hall de Nueva York en 2002 con la Sinfónica de Pittsburgh. Ha cantado en los principales festivales y trabajado con diferentes orquestas europeas y norteamericanas, bajo las batutas más prestigiosas. Ha ofrecido recitales en los grandes auditorios de Francia, Reino Unido, Suiza y hasta en Japón. 

La también británica Anne Marie Owens es considerada en la actualidad una de las mejores mezzosopranos inglesas. Ha actuado para muchas de las grandes compañías del mundo, llegando incluso a Australia, China o Japón. Su amplio repertorio incluye personajes de Tristán e Isolda de Wagner, Aida de Verdi o Shéhérazade de Ravel, entre otros muchos.

El tenor alemán Christian Voigt estudió canto en su ciudad natal, Berlín. Resultó ganador en la 6ª Competición Internacional Mozart en Salzburgo. Ha centrado su carrera en el repertorio más dramático, actuando en varios países europeos como Austria, Suiza, Italia, Francia, Bélgica, Países Bajos, Dinamarca, Polonia, Estonia, Hungría… junto a importantes orquestas y en destacados auditorios. Recientemente interpretó con gran éxito en Turquía a Erik en El fantasma de la ópera, además de hacerlo en Hannover y en Frankfurt. También acaba de interpretar a Sigfrido en Pekín.

Psoe Ames - Solicitude de retirada dun comunicado socialista da web do concello

Presentaron un escrito no concello protestando por usar a web como un “taboleiro de información partidista” e querer utilizar aos socialistas como xustificante dos seus erros

Os Socialistas de Ames veñen de presentar por rexistro un escrito no que lle solicitan ao goberno municipal que retire un comunicado de prensa dos Socialistas nos que informan do cambio de concelleira no Grupo Municipal e a proposta que realizaron para que se solicite a acta.

O escrito asinado polo portavoz municipal, José Miñones, pon de manifesto que non queren que se use a páxina web municipal como un “taboleiro de información partidista”, tal e como está a facer o goberno do PP; e, máis concretamente realizou a pasada semana ao publicar unha nota de prensa do Partido Popular de Ames e darlle difusión nas distintas redes sociais municipais, e que denunciaron e criticaron os socialistas.

Os socialistas achacan a publicación do seu comunicado de prensa á busca dunha xustificación do goberno do PP polo erro e a denuncia da semana pasada, e manifestan que “non queremos que se empregue ao PSdeG-PSOE para tapar os erros cometidos con anterioridade polo Goberno do PP”. Ademais, din que “nunca se comunicou este tipo de información con anterioridade ata que se realizaron cambios no Grupo de Goberno”. Lembran que nin cando se produciu a entrada doutros concelleiros durante esta lexislatura se informou nada a través da web ou de outro servizo de comunicación municipal.

O socialistas esperan que procedan a cumprir a súa solicitude e desexan que o goberno deixe de seguir usando a web municipal e outras canles de comunicación dunha maneira subxectiva e sesgada.

Ordes - O Museo do Traxe acollerá a presentación do libro de poesía‘Anamnese’

A obra foi galardoada co premio de poesía Loureiro Rey 

A escritora Eli Ríos, estreitamente vinculada ao municipio de Ordes, presentará este vindeiro venres ás 20 horas no Museo do Traxe Juanjo Linares o seu libro de poesía ‘Anamnese’. Unha obra que lle valeu o II premio de poesía Loureiro Rey e que achegará ata o municipio acompañada da editora Maricarmen Romero, de Sotelo Edicións.

Ordes - III Trofeo Alquimia Ordes de patinaxe artístico

Este sábado disputarase no pavillón Castelao I o III Trofeo Alquimia Ordes de patinaxe artística

Nel participarán 200 nenos e nenas de equipos de toda Galicia. A cita arrancará a partir das 9.30h e durará toda a xornada 

O pavillón Castelao I acollerá este vindeiro sábado o III Trofeo Alquimia Ordes de patinaxe artística. Unha competición de nivel na que participarán arredor de 200 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 17 anos. A cita dará comezo a partir das 9.30 horas e está previsto que dure todo o día, arrancando a competición oficial arredor das 18 horas.

Nesta ocasión hai que falar de equipos procedentes de diversos puntos do territorio galego como Ourense, Lugo, Ames, Santiago, Laracha, Ferrol, Carral, Cambre, As Pontes e Ordes.

BNG Ordes - Demanda de sustitucion das tubaxes de abastecemento da rúa Campeiras

En menos de sete días (Xoves 11, Domingo 14 e Martes 16 de Decembro), operarios de Espina & Delfín tiveron que desprazarse ata en tres ocasións á Rúa de Campeiras para solucionar escapes de auga na rede de abastecemento debido á rotura das tubaxes existentes na zona. Estes feitos ocasionan continuas molestias aos veciños e veciñas que moran nesta rúa. 

O BNG de Ordes insta ao alcalde a que de xeito inmediato adopte as medidas necesarias para a substitución destas tubaxes. O concelleiro nacionalista, Pablo Vidal, destaca que “estes problemas son debidos á antigüidade da rede existente na zona, onde mesmo existen conducións de fibrocemento nalgún tramo.” 

Segundo Vidal “esta situación non se arranxa con meros parches e furando a rúa a cada paso, é preciso a inmediata substitución destas tubaxes por outras novas de polietileno cun diámetro axeitado.”

Desde o BNG de Ordes denuncian a marxinación e castigo ao que Regos ten sometidos aos veciños e veciñas desta rúa, onde nunca se acometen medidas de mellora, existindo beirarúas completamente desfeitas, farois obsoletos e conducións subterráneas con constantes roturas.

Ordes - Mañá o concello acolle o seu mercado de artesanía de Nadal

Habilitaranse preto de 30 postos que mostrarán creacións feitas con todo tipo de materias, ademais de produtos de alimentación e agasallos

Ordes 16 decembro 2014. O Concello de Ordes acollerá o vindeiro sábado un mercado de artesanía de Nadal. O lugar escollido para a súa localización é a Alameda, onde estes días se está a instalar unha gran carpa que acollerá aos case 30 postos dos que constará.

Entre o que se poderá adquirir haberá creacións feitas con la pura de ovella, pezas calcetadas e de gancho, coiro, sombreiros de palla, figuras en goma eva, xabóns, instrumentos musicais, bixutería e adornos e todo tipo de agasallos de Nadal. Ademais tamén se ofrecerán produtos de alimentación, como turróns ou embutidos. 

A maioría dos participantes nesta primeira edición do mercado de Nadal proceden da comarca de Ordes, e permanecerán cos postos abertos dende as 11 ata as 20 horas aproximadamente.

Área Central - Sorte de 51 cestas de Nadal e actividades da fin de semana

Area Central celebra este fin de semana su sorteo de las 51 cestas de Navidad, un evento que ya es tradición en la Navidad de Area Central y que busca premiar a la fidelidad de los clientes de Area Central.

El sorteo de las 51 cestas de Navidad se celebrará este sábado y domingo a partir de las 19:30 horas en el escenario principal. En el transcurso de un gran espectáculo musical, varios Papá Noeles irán sacando cada uno de los números correspondientes a las rifas premiadas con una cesta de Navidad. El último número que se saque el domingo corresponderá a la cesta gigante formada por diferentes regalos aportados por los establecimientos comerciales.

Por otro lado, el resto de las actividades de la campaña de Navidad continúan: Papá Noel a diario, la actuación este viernes de alumnos y profesores de la academia de idiomas “A casa das linguas”, el rastro de antigüedades, cuentacuentos, los talleres “Sábados creativos” con la Asociación Planeta Shalom, etc.

Viernes 19
De 17:30 a 20:30 horas
TODO EL CENTRO COMERCIAL
SESIÓN DE HINCHABLES
Los niños podrán saltar y disfrutar en tres hinchables repartidos por el centro comercial.
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
STAND DE VENTA DE LIBROS CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
El Consorcio Editorial Galego ofrece una amplia selección de libros a precios muy competitivos.
De 18:00 a 20:00 horas
CABINA DE INFORMACIÓN
RECEPCIÓN Y VISITA DE PAPÁ NOEL
Los niños podrán conocer a Papá Noel, quien repartirá caramelos entre los visitantes.
19:00 horas
ESQUINA ROJA
ACTIVIDAD DEL CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
El puesto del Consorcio Editorial Galego trae actividades paralelas, como talleres o cuentacuentos relacionados con la lectura para animar a los niños a disfrutar con los libros.
19:00 horas
ESCENARIO PRINCIPAL
ESQUINA VERDE
FIESTA DE NAVIDAD “A CASA DAS LINGUAS”
Alumnos y profesores organizan esta fiesta de Navidad en la que quieren invitar a todos los visitantes de Area Central a que disfruten con ellos cantando villanicos y vean una pequeña obra de teatro.

Sábado 20
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
RASTRO DE ANTIGÜIDADES
Un clásico ya en Area Central que los terceros sábados de mes y el domingo concentra en cerca de 25 expositores diversos objetos de coleccionismo y antigüedades.
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
STAND DE VENTA DE LIBROS CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
El Consorcio Editorial Galego ofrece una amplia selección de libros a precios muy competitivos.
De 18:00 a 20:00 horas
CABINA DE INFORMACIÓN
RECEPCIÓN Y VISITA DE PAPÁ NOEL
Los niños podrán conocer a Papá Noel, quien repartirá caramelos entre los visitantes.
De 18:00 a 20:00 horas
ESQUINA AMARILLA
“SÁBADOS CREATIVOS” CON PLANETA SHALOM
La Asociación Planeta Shalom continúa con sus “sábados creativos”, esta vez centrados en la Navidad. Los niños podrán realizar manualidades y demás actividades lúdico-educativas.
19:00 horas
ESQUINA ROJA
ACTIVIDAD DEL CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
El puesto del Consorcio Editorial Galego trae actividades paralelas, como talleres o cuentacuentos relacionados con la lectura para animar a los niños a disfrutar con los libros.
19:30 horas
ESCENARIO PRINCIPAL
ESQUINA VERDE
SORTEO ESPECIAL DE 51 CESTAS DE NAVIDAD
Un año más, Area Central celebra el exitoso sorteo de cestas de Navidad entre los clientes del centro en el transcurso de un gran espectáculo musical conducido por varios Papá Noeles.


Domingo 21

De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
RASTRO DE ANTIGÜIDADES
Un clásico ya en Area Central que los terceros sábados de mes y el domingo concentra en cerca de 25 expositores diversos objetos de coleccionismo y antigüedades.
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
STAND DE VENTA DE LIBROS CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
El Consorcio Editorial Galego ofrece una amplia selección de libros a precios muy competitivos.
De 18:00 a 20:00 horas
CABINA DE INFORMACIÓN
RECEPCIÓN Y VISITA DE PAPÁ NOEL
Los niños podrán conocer a Papá Noel, quien repartirá caramelos entre los visitantes.
19:30 horas
ESCENARIO PRINCIPAL
ESQUINA VERDE
SORTEO ESPECIAL DE 51 CESTAS DE NAVIDAD
Un año más, Area Central celebra el exitoso sorteo de cestas de Navidad entre los clientes del centro en el transcurso de un gran espectáculo musical conducido por varios Papá Noeles. Este día también se sorteará la cesta gigante.

Brión - Partido benéfico de colaboración co campaña Brión Solidario

O Bastavales U.D. organiza un encontro benéfico para colaborar na campaña de recollida de alimentos “Brión solidario”

Terá lugar o 28 de decembro, no campo municipal de Brión, e terá un formato de triangular no que participarán a SD Brión e a SD Luaña

O Bastavales U.D. organiza o seu 3º Encontro Benéfico, que terá lugar no campo de fútbol municipal de Brión o domingo 28 de decembro e que este ano constará dun triangular entre os equipos Bastavales U.D., S.D. Brión e S.D. Luaña. Unha iniciativa dirixida a recoller alimentos non perecedoiros para a campaña “Brión solidario”, que facilita alimentos ás familias máis necesitadas do municipio. 

Por iso non se cobrará entrada, pero para acceder ao campo será preciso doar algún alimento non perecedoiro e correctamente empaquetado: pastas, aceites, conservas, legumes, cereais, leite... A iniciativa comezará ás 16:00 horas cun partido de exhibición da categoría benxamín do Bastavales UD. A partir das 16:30 horas, comezará o triangular entre o Bastavales U.D., S.D. Brión e S.D. Luaña

Colaboración da parroquia
Para facilitar aínda máis a participación veciñal, cinco establecementos hostaleiros da parroquia de Bastavales, e outro de Brión, tamén recollerán alimentos para a campaña “Brión Solidario” durante as dúas próximas semanas. Así, dende hoxe mesmo os veciños e veciñas poden realizar as súas achegas no bar Casa Isorna (San Salvador), no restaurante O Padriño (Sabaxáns), en Casa Botana (Chave da Ponte) ou nos bares Basilea (Chave da Ponte), BBT (A Igrexa) e Gran Sol (A Igrexa). Tamén se recollerán doazóns no bar Paraíso (Avenida de Santa Minia, Brión) e no campo de fútbol municipal de Brión (de luns a venres, a partir das 16:30 horas).

Os alimentos que se recollan durante este partido e durante as dúas próximas semanas serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Brión para colaborar coa campaña de recollida de alimentos "Brión solidario".