Mañá domingo XII Festa Cabalar en Negreira

Un ano máis a Festa Cabalar de Negreira engade un atractivo as festas de San Cristobo que rematan esta noite, Concurso de saltos, roteiro, ximcana, enganches... un montón de actividades desde as dez e media da mañá que se celebran na explanada do IES Magariños.


O PP de Ames reclama melloras nas bibliotecas

Ames, 09/07/2016 - Estes días pasados, a instancia de numerosas queixas de veciños, membros do Grupo Popular visitaron a biblioteca de Bertamiráns, emprazada na primeira planta da Casa da Cultura da localidade, e puideron comprobar o completo abandono na que se atopa.

A concelleira silledense Aida Castro dimite por cuestións laborais

Silleda, 09/07/2016 - Dende o goberno municipal de Silleda infórmase da saída da concelleira Aida Castro Caramés do executivo local, motivada por unha decisión estritamente persoal, ao xurdirlle unha nova e interesante oportunidade laboral fóra do país.

A formación Veciñ@s de Boqueixón demanda o fraccionamento dos impostos municipais

Boqueixón, 09/07/2016 - Veciñ@s de Boqueixón vén de presentar unha moción na que se solicita o fraccionamento dos impostos municipais así como o reintegro dos mesmos ás familias en risco de Exclusión Social.

A Unión Europea dalle a razón as vítimas do Alvia

Santiago, 09/07/2016 -  A Plataforma de Afectados polo accidente do Alvia estivo esta semana en Bruselas para recoller o informe da Axencia Ferroviaria Europea que efrenda a falta de independencia da investigación levada a cabo polo goberno. Este é o comunicado, e resuo das conclusións, emitido pola plataforma:

Familias de Ames e Teo montan un posto recadar fondos para o programa Vacacións en Paz para evitar a súa suspensión

Ames, 09/07/2016 - Este sábado, 9 de xullo, familias de Teo e de Ames montarán un posto no mercadillo de Bertamiráns. Nel venderán roupa de segunda man, rifas e outros obxectos para recadar cartos para o programa “Vacacións en Paz” da Asociación Solidariedade Galega do Pobo Saharauí. A asociación precisa recadar 45.000 euros antes do 15 de xullo para traer a Galicia a 325 nenas e nenos saharauís e evitar a suspensión do programa.

Vedra potencia o turismo con guías, bicicletas e canoas

Vedra, 09/07/2016 - Un ano máis o concello de Vedra pon todo da súa parte para que os turistas poidan visitar o concello e disfrutar de distintas actividades.
Na Casa Reitoral de Ponte Ulla o concello volve a contar cun punto de atención e información turística tódolos días de 11 a 14  e de 16 a 19 horas.

Ames acolle o circuíto Barbanza de volei praia

Ames, 09/07/2016 - Esta fin de semana Bertamiráns acolle, por primeira vez e grazas a participación do CV Bruxas e a colaboración do Concello de Ames, a segunda proba do circuíto Barbanza de volei praia. O torneo, no que participan as categorías sub-15, sub-17, sub-19 e sénior xogarase o sábado e o domingo, no parque do río Ameneiral. Neste torneo participarán 63 parellas, algunhas das cales xogan no CV Bruxas de Ames.

Hoxe Música na Noite chega a súa maioría de idade

Teo, 09/07/2016 -  O Festival Música na Noite, un dos máis veteranos do panorama estival galego, chega aos 18 anos cunha selección das mellores bandas de rock, folk e hip hop do país. Zurrumalla, Barbitúricos, O Sonoro Maxín, Maladrómeda e Aririños do Maycar actuarán hoxe no Campo de San Domingo en Solláns, Calo (Teo) para celebrar a
maioría de idade do evento, organizado pola Asociación Cultural Lúa Chea.

A festa do Carme en Beán recibe ao Embruxo de Leira tras as novas incorporacións

Ordes, 09/07/2016 - Mañá domingo a parroquia de Beán celebrará a súa festa na honra do Carme, a cal estará a menizada tanto no vermú como pola noite pola orquestra Saudade.

Santiago edita a nova publicación Compostelánea

Santiago, 09/07/2016 - As concelleiras de Acción Cultural e Turismo, Branca Novoneyra e Marta Lois, presentaron no Pazo de Raxoi Compostelánea, nova publicación que informará da ampla oferta cultural e de ocio da cidade. Compostelánea nace co obxectivo de que a veciñanza de Santiago e as persoas que visitan a cidade podan coñecer toda a actividade que se desenvolve en Compostela durante cada mes, tanto a promovida dende o propio Concello como dende calquera outra entidade.

Presentadas as Festas do Apóstolo 2016 (con vídeo)

Santiago, 08/07/2016 - A concelleira de Acción Cultural presentou o programa das festas do Apóstolo, que arrancarán o venres 15 de xullo. 

A Asociación de Hostalería presenta nova web e reedita a súa revista

Santiago, 08/07/2016 - Despois duns meses sen pubicarse, o pasado 30 de xuño de 2016 saiu de novo á rúa o último número de CompH!ostelería cun novo formato e novos contidos.

Mirás cualifica de “auténtico esperpento” a nova paralización das obras da AP-9 en Sigüeiro

Oroso, 08/07/2016 - “O que está pasando é un auténtico esperpento. Nos anos que levo de alcalde non vin cousa semellante”. Así resume o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, a situación que se está a vivir no municipio coa paralización das obras da saída sur da AP-9 en Sigüeiro, que o vindeiro mes de agosto cumpriran un ano de atraso sobre a primeira data ofrecida polo Ministerio de Fomento para a súa inauguración.

Teo apoiará a veciños de Cacheiras na reivindicación de que a Lei do solo sexa modificada

Teo, 08/07/2016 -  O goberno de Teo comparte coa veciñanza de Cacheiras a necesidade de corrixir a nova Lei do Solo de Galicia, en vigor desde marzo deste ano, polos gravez prexuízos que causa a prohibición de segregar en solo de expansión en núcleo rural no municipio. Esta problemática foi analizada esta mañá nunha reunión que o alcalde, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, acompañados polo arquitecto municipal, mantiveron cun grupo de veciños e veciñas da localidade.

A Xunta de Goberno Local de Ames contratará obras de mellora en Agrón

Ames, 08/07/2016 - A Xunta de Goberno Local vén de darlle luz verde ao inicio do expediente de contratación das obras de mellora no camiño que une os lugares de A Garea e Calo, situados na parroquia de Agrón. Este proxecto, que está  incluído no plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, conta cun orzamento de 72.545,55 euros. A través destes traballos mellorarase o estado do firme desta vía coa conseguinte mellora da seguridade viaria nesta parroquia amesá.

Silleda comeza o lavado de colectores de lixo no municipio

Silleda, 08/07/2016 - Operarios da empresa Celta Prix, adxudicataria do servizo de recollida de lixo en Silleda, comezaron esta semana o lavado dos colectores instalados nas rúas da vila.

Papucín acolle mañá o “Día do Neno” de Frades

Fest do Neno no 2014
 Frades, 08/07/2016 -  A piscina municipal de Papucín acollerá este sábado 9 de xullo, a partir das 16:00 horas, a celebración do “Día do Neno”, organizado polo Concello de Frades. Unha gran festa que se realiza por oitavo ano consecutivo e na que os rapaces e rapazas poderán xogar tanto cos tradicionais xogos de inchables de terra como con inchables de auga, que adoitan ter moito éxito entre os pequenos. 

Lousame acolle mañá o fin de curso da Escola Municipal de Música

 7 de xullo de 2016.- O auditorio da Casa da Cultura de Lousame acollerá este sábado 9 de xullo tres actividades abertas a toda a veciñanza: un concerto didáctico e a audición de fin de curso da Escola Municipal de Música de Lousame, a partir das 11:00 horas, e o debut do grupo infantil de teatro de Lousame, a partir das 20:30 horas. As tres actividades son de acceso libre e de balde.

Degustacións, música e deportes na XII Festa do Chourizo ao Viño en Ortoño

Ames, 08/07/2016 -  Este domingo a parroquia de Ortoño celebra unha nova edición da súa Festa do Chourizo ao Viño, organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao Viño. Con esta xa suman doce edicións degustando este prato, acompañándoo con albariño, e cinco dende que na mesa se incluíu tamén a orella de porco cocida. Catro actuacións musicais, un campionato de chave e a retransmisión da final da Eurocopa completan o cartel da festa.

Festa do Carme en Beán, Ordes

 Ordes, 08/07/2016 -  Este próximo domingo a parroquia de Beán celebrará a súa festa na honra do Carme.

Francisco Rivadulla obtén unha das 44 axudas ‘Proba de Concepto’ do Consello Europeo de Investigación

Santiago, 08/07/2016 - Francisco Rivadulla, investigador no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) acaba de ser recoñecido cunha das axudas PoC–Proof of Concept (Proba de Concepto) que concede o Consello Europeo da Investigación (European Research Council - ERC). Dotadas con 150.000 euros, a misión principal destas axudas é contribuír a salvar a brecha entre a investigación básica e o mercado, servindo de impulso nas primeiras fases de comercialización dun produto innovador.

Encontro do escritor Jacobo Ríos co seu público no Museo do Traxe

Ordes, 08/07/2016 - O escritor ordense Jacobo Ríos mantivo un encontro cos seus lectores no Museo do Traxe.

A Orquestra do Espazo de Cámara da USC anima a participar nun encontro musical en agosto

Santiago, 08/07/2016 - Entre os días 7 e 13 de agosto a Área de Cultura da Universidade de Santiago ofrece a estudantes de música de Galicia ou de fóra a posibilidade de participar nun proxecto educativo da Orquestra do Espazo de Cámara da USC que consiste nun encontro orquestral, con ensaios e concertos, con profesores e profesoras das máis recoñecidas entidades e orquestras de Galicia.

Silleda arranxará a capela de San Sebastián na parroquia de Moalde

Silleda, 08/07/2016 - O Concello de Silleda vén de firmar un convenio co Bispado de Lugo que permitirá o arranxo da capela de San Sebastián, situada no alto do mesmo nome, na parroquia de Moalde.

Teo avanza na construción da senda peonil de Luou

 Teo, 08/07/2016 - O Concello de Teo avanza na construción dunha senda peonil en Luou, para incrementar a seguridade viaria no tramo de 460 metros entre a igrexa parroquial e a intersección da estrada de Calo. Esta obra culmina un proxecto do que forman parte outras catro sendas e que supuxo un investimento duns 130.000 euros, financiados dentro do Plan de Obras e Servizos (POS) 2015 da Deputación.

A alcaldesa de Melide defende a idoneidade do baño no Río Furelos

Melide, 07/07/2016 - A alcaldesa de Melide, Dalia García, defende a aptitude da zona de baño da Praia Fluvial de Furelos que se encontra dende o inicio da temporada estival a pleno rendemento. Gran cantidade de veciños e veciñas de Melide e da comarca acuden a este entorno natural a desfrutar do seu ocio e do seu tempo de verán.

O Psoe denuncia que Urbanismo tumba o PXOM de Tordoia polas súas múltiples deficiencias

Tordoia, 07/07/2016 - A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo rexeita a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Tordoia polas múltiples deficiencias que presenta e pola non inclusión das observacións indicadas polos informes sectoriais.

Silleda firma un convenio coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

Silleda, 07/07/2016 - O Alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, xunto coa concelleira de Benestar e Igualdade, Educación e Sanidade, Pili Peón, e o coordinador do colectivo Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Pablo Romeo, asinaron un convenio de colaboración entre as dúas institucións, co fin de regular o desenvolvemento do programa Vacacións en Paz 2016 durante os dous meses de verán, no que nenos do pobo saharaui estarán no Concello de Silleda.

A Cámara de Comercio promove a mobilidade

Santiago, 07/07/2016 - A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela participa no proxecto IPEYE2, cofinanciado polo programa europeo “Erasmus para Jóvenes Emprendedores”.

O Festigal terá unha zona de acampada

Santiago, 07/07/2016 - O Festigal 2016 fomentará a participación da mocidade nas máis de 100 actividades programadas nesta XV edición cunha zona de acampada para facilitar a estancia na noite do 24 de xullo en Santiago de Compostela. As persoas interesadas deben inscribirse na web Festi.Gal e recibirán unha tarxeta personalizada de campista previo depósito de 3 euros.

A Real Filharmonía de Galicia comezará os concertos as 20:30 a vindeira tempada

Santiago, 07/07/2016 - O Consorcio de Santiago, organismo responsable da Real Filharmonía de Galicia, en colaboración co Auditorio de Galicia, sede da orquestra, realizou un estudo para valorar a posibilidade de cambiar os horarios de inicio dos concertos de abono da RFG. Co fin de coñecer as preferencias da maioría, enviouse unha enquisa aos 502 aboados cos que conta a orquestra esta temporada.

Sés mañá no Pazo da Peregrina con entrada libre

Ames, 07/07/2016 - A música de Sés chega este venres a Bertamiráns. A artista bergantiñá ofrece un concerto gratuíto este venres, 8 de xullo, no Pazo da Peregrina a partir das 22:00 horas. Nel interpretará temas do seu terceiro e último álbum en ver a luz, “Tronzar os valos”. Para continuar coa programación cultural desta semana o “Autoestopista galáctico”, espectáculo de novo circo, achegarase á Travesía do Porto este domingo, 10 de xullo, ás 13:00 horas.

Inside the Lab mostra ao público o traballo do Citius da USC

Santiago, 07/07/2016 - ‘Inside the Lab’ é unha xornada de demostración coa que o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS) presentará este venres 8 algunhas das solucións de alta calidade desenvolvidas neste centro co gallo de poñer en valor as súas distintas aplicacións en múltiples ámbitos da actividade industrial.

O grupo Histagra da USC inaugura este xoves a mostra ‘80 anos. Santiago 1936’

Santiago, 07/07/2016 - Explicar cómo en poucos días Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se celebraba o Estatuto de Autonomía de Galicia, a vivir o triunfo do golpe de estado. Ese é o propósito da mostra que o grupo de investigación histórica da USC Histagra inaugura este xoves 7 ás 19.00 horas na Fundación Granell.

Hoxe no Vía Sacra 5 Estrelas Fest LAR Legido con amigos

Compostela, 6 de xullo de 2016. Hoxe o Vía Sacra 5 Estrelas Fest, o festival do verán na terraza da Vía Sacra que organizan a Casa das Crechas e o Cervantes e que patrocina a cervexa Mahou, acolle un novo concerto protagonizado polo percusionista LAR Legido e algúns amigos, neste caso: F.I.L.O., Saúl Puga (contrabaixo) e Pablo Rega (guitarra) a partir das sete da tarde 

"O segredo do tendal" no Verán en Verde

Hoxe xoves continuamos coa programación do ciclo Verán en Verde que nesta ocasión, ademais dunha ruta natural polo Sarela, ofrece o espectáculo ‘O segredo do tendal’ de Raquel Queizás.

O Museo do Traxe exhibe os mellores traballos dos obradoiros de pintura do Concello

Ordes, 07/07/2016 - Ata o vindeiro martes, 12 de xullo, poderase visitar de balde no Museo do Traxe a mostra de pintura dos obradoiros organizados polo Concello de Ordes.

Santiago Futsal A Gaiola participou no 1er Encontro Ibérico en Portugal

Santiago, 07/07/2016 - O Santiago Futsal A Gaiola viaxou por 2ª vez a Portugal para participar no 1er Encontro Ibérico, que serviu de presentación do novo equipo de fútbol sala feminino Scp-Núcleo de Condeixa, organizador do evento, en colaboración co goberno local da localidade de Mira.

Teo entrega os premios do IV Concurso Tapateo

Teo, 07/07/2016 - O Concello de Teo entregou hoxe os premios do seu IV Concurso de Petiscos TapaTeo, nun acto presidido polo alcalde, Rafael Sisto, no que tamén participaron a concelleira Conchi García, responsable das áreas de Turismo, Comercio e Emprego, e representantes das firmas patrocinadoras do certame.

Yuzz Santiago premia cun viaxe a Silicon Valley un software para deseñar eventos de fogos artificiais

Santiago, 07/07/2016 - O emprendedor David Sánchez viaxará coa iniciativa Yuzz a Sillicon Valley ao ser elixido o seu proxecto Pyrkaia Firing System, de creación, deseño e xestión de espectáculos de pirotecnia, como o mellor do centro YUZZ Santiago de Compostela, no que traballaron durante cinco meses 25 emprendedores –seleccionados de entre máis de 70 solicitantes– para converter as súas ideas empresariais en proxectos. 

Ames reúnese coa conselleira de Infraestruturas para desviar o tráfico pesado da N-550 do Milladoiro

Ames, 06/07/2016 - Este luns, 4 de xullo, o alcalde de Ames, José Miñones, e mailo concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, mantiveron unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, co fin de trasladarlle varios asuntos e peticións da veciñanza que preocupan e que se queren solucionar o antes posible.

Lalín licita a primeira parte da mellora da rolda leste

Lalín, 06/07/2016 - O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou onte o anuncio da licitación do primeiro proxecto para a mellora integral da Rolda Leste. O prego de cláusulas administrativas para este primeiro contrato contempla un investimento de 299.300 euros e servirá para desenvolver as actuacións de arranxo do tramo que vai da Avenida de Ourense (á altura da subestación de Fenosa) ata a Estrada do Rodo.

A Xunta comezará as expropiacións para a conexión da VAP Brión- Noia en Portobravo, Lousame

Lousame, 06/07/2016 - A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, presentoulles hoxe á alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, aos veciños deste municipio e ao alcalde de Noia, Santiago Freire, o proxecto da conexión da VAP Brión-Noia, en Sampaio- Portobravo, cuxas expropiacións comezarán nos vindeiros días e cuxas obras serán contratadas no próximo mes de agosto coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). 

O PP cualifica de “chafallada” os Orzamentos Participativos

Santiago, 06/07/2016 - “O equipo de goberno tivo que aparcar a aprobación do regulamento dos orzamentos participativos unha semana ante a falta de consenso e as moitas críticas de asociacións de veciños que estaban presentes”, subliña o concelleiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, quen considera que estamos ante unha nova “chafallada” de Compostela Aberta.

O Consello de Goberno da USC aproba a creación de catro prazas de promoción interna ao corpo de catedráticos

Santiago, 06/07/2016 - O Consello de Goberno da USC aprobou unha Oferta Pública de Emprego (OPE) de promoción interna ao corpo de catedráticos de Universidade que contempla para este ano 2016 un total de 4 prazas. A fórmula dunha OPE de promoción interna vén motivada pola modificación do artigo 62 da lei Orgánica de Universidades de 2007 a través do Real Decreto-lei 10/2015 que abre a posibilidade de que esta promoción non consuma taxa de reposición.

Continúan as actividades de acción cultural en Compostela

Santiago, 06/07/2016 - Continuan no día de hoxe as actividades de acción cultural en Compostela con dúas citas, as cinco na Zona C e as sete en Belvís.

Prezo reducido en verán no centro deportivo A Telleira, en Ames

Ames, 06/07/2016 - Este verán o centro deportivo municipal A Telleira pon en marcha unha nova campaña para animar á veciñanza a practicar máis deporte nos meses estivais. A matrícula reducirase a un prezo de 9,99 euros se as persoas que se inscriben abonan nun único pago os meses de xuño e xullo. Trátase dunha campaña de captación para que os veciños e visitantes do concello de Ames sigan gozando da actividade física. 

O Outono Codax chegará en outubro a sexta edición (vídeo)

Santiago, 06/07/2016 - O Outono Códax celebra este ano a súa 6º edición con Le Fields e Martha High, dúas das grandes voces do soul contemporáneo. Onte era presentado o festival no hotel Virxe da Cerca de Santiago e este é un pequeno resumo do acto.

Oroso organiza 4 sesións de Formación Aberta, un inusual sistema de formación continua

Oroso, 06/07/2016 - A Aula CeMIT de Sigüeiro-Oroso impartirá durante o mes de xullo as súas primeiras catro sesións de Formación Aberta, un proxecto de formación continua e gratuíta de adultos sobre distintas temáticas e nas que os veciños e veciñas poden participar como alumnos ou como docentes.

Cinema checo no Cgac coa colaboración do Centro de Linguas Modernas

Santiago, 06/07/2016 - O cinema checo será nas noites dos mércores e os xoves do mes de xullo o protagonista dun ciclo de cinema ao aire libre no CGAC organizado en colaboración co Centro de Linguas Modernas da USC e o Centro Checo en Madrid, e baixo a dirección de María Villamarín. Todas as sesión, de entrada libre e de balde, terán lugar ás 22.30 horas.

Inauguración da exposición ‘Aos olhos de Eduardo. O artista que retratou Amarante’

Santiago, 06/07/2016 - O Colexio de Fonseca acubillará a partir deste mércores 6 a exposición ‘Aos olhos de Eduardo. O artista que retratou Amarante’, do recoñecido fotógrafo portugués Eduardo Teixeira Pinto, falecido en 2009. 

Unha exposición reúne na Casa do Cabido pezas do polifacético artista compostelán Camilo Otero

Santiago, 06/07/2016 - Baixo o título “Camilo Otero. Raíces de Compostela”, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de pezas do polifacético artista compostelán, falecido en 2003. A mostra exhíbese dende onte na Casa do Cabido, na Praza das Praterías, Ao acto asistiron o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o comisario da exposición, David Ferreras; o co-comisario, José Carlos Quintana; e o responsable de Publicacións e Exposicións do Consorcio, Juan Conde; ademais do fillo do artista, Nelson Otero; e o seu sobriño, Miguel Ángel Ulla Otero. 

Stravinski nas proxeccións de ópera do Auditorio

Santiago, 05/07/2016 - Hoxe martes temos de novo proxección de ópera do Festival Aix-en-Provence no Auditorio de Galicia. Nesta ocasión poderemos ver ‘O reiseñor’ de Igor Stravinski.

En agosto a Xunta comezará en agosto as melloras na travesía de Bertamiráns

Santiago, 05/07/2016 -  A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, informou ao alcalde de Ames, José Miñones, de que as obras de mellora da seguridade viaria na Travesía de Bertamiráns comezarán en agosto. A titular de Infraestruturas mantivo unha xuntanza de traballo co rexedor, ao que lle trasladou tamén os avances nos proxectos previstos dentro do Plan de Sendas de Galicia para a comarca de Santiago e que beneficiarán aos veciños deste municipio.

Rematadas as obras de instalación do ascensor na Casa da Cultura de Silleda

Silleda, 05/07/2016 - As obras da colocación do ascensor da Casa da Cultura de Silleda están xa rematadas. A empresa que resultou adxudicataria dos traballos -Endenor S.L.- finalizou en días pasados os traballos para contar con esta dotación. O ascensor está situado na fachada traseira do edificio, tal e como se recollía no proxecto aprobado polo goberno municipal.

Comezan os traballos de limpeza nas beiras da Ponte Maceira

Ames, 05/07/2016 - Os alcaldes de Ames, José Miñones, e de Negreira, Jorge Tuñas, achegáronse ata A Ponte Maceira, para ver de primeira man o inicio dos traballos de limpeza e roza que están realizando varios operarios das brigadas municipais de ambos concellos nas marxes do río Tambre ao paso por este lugar. Nesta visita tamén participaron os concelleiros amesáns Blas García e David Santomil, a concelleira amesá, Isabel González, e mailo concelleiro nicrariense, Ángel Leis.

Santiago terá un Verán en Verde

Santiago, 05/07/2016 - A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, presentaron o programa Verán en Verde, no que se recollen as propostas dos seus departamentos para os meses de xullo a setembro. En total, serán 66 actividades que se celebran nos parques, espazos naturais e lugares de encontro sociocultural. Irán estruturadas en tres apartados segundo a implicación do público: VER, FACER e PERCORRER e todas serán de balde, sendo preciso inscribirse para algunhas delas.

Ames abre o proceso para contratar aos membros da brigada de extinción de incendios

 Ames, 05/07/2016 - O alcalde de Ames, José Miñones, asinou o convenio de colaboración proposto pola consellería do Medio Rural e do Mar para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais. A través da adhesión a este convenio, a Xunta de Galicia sufraga o salario de catro peóns e un capataz durante tres meses. Este ano como novidade, o Concello sufragará o salario de dous destes peóns e do capataz da brigada durante 2 meses máis co obxectivo de que deseñen as labores de prevención de cara ao vindeiro ano 2017.

Lousame convoca os Cursos de Natación que comezarán o día 11

4 de xullo de 2016.- O Concello de Lousame abre o prazo de inscrición nos seus Cursos de Natación 2016, dirixido a nenos e nenas maiores de 4 anos, e que terán lugar a partir do 11 de xullo na piscina municipal de Lousame (A Silva). Unha piscina que abrirá as súas portas para a temporada de verán este mércores 6 de xullo, permanecendo aberta de luns a domingo en horario de 15.00 a 21:00 horas.

María José López Couso toma posesión como decana da Facultade de Filoloxía

Santiago, 05/07/2016 - A profesora María José López Couso tomará posesión como decana da Facultade de Filoloxía da USC hoxe martes 5 ás 14.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. O acto estará presidido polo reitor Juan Viaño.