Axenda e tempo do 1 de agosto - festas, cine, música, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Atardecer no Gaias - Is Tropical

Santiago - festas patronais en Amio


Ames - festas no Milladoiro


Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Ames - Pleno ordinario de xullo

Este xoves pola tarde celebrouse o primeiro pleno ordinario do mandato 2015-2019. Nesta sesión plenaria, correspondente ao mes de xullo, aprobouse unha transferencia de crédito de 15.000 euros para acondicionar o pavillón do CEIP de Barouta. Ademais, aprobouse a devolución dun aval, por importe de 40.000 euros, á empresa Gestión Tributaria Territorial SAU e o suplemento de crédito 1/2015 para dotar de orzamento ao Plan de Aforro e Investimento da Deputación provincial da Coruña de crédito por un importe de 390.664,62 euros. Ademais, aprobouse a modificación do cadro de persoal e das bases de execución do orzamento con ocasión dos acordos adoptados polo pleno organizativo do mandato 2015-2019 e unha moción presentada polo grupo municipal de Ames Novo para apoiar o sector do lácteo. 

En primeiro lugar a corporación municipal aprobou a devolución do aval presentado pola empresa Gestión Tributaria Territorial SAU, por importe de 40.000 euros. Este punto saíu adiante co voto favorable de todos/as os/as concelleiros/as, excepto o concelleiro de Ciudadanos que se abstivo. A devandita empresa tivo que pagar esta contía como garantía para responder do contrato de servizos de colaboración na xestión tributaria, censual, inspectora e recadatoria do Concello de Ames. Cómpre lembrar que o contrato con esta empresa asinouse o 23 de decembro de 2008.

O segundo punto que se abordou foi a aprobación do suplemento de crédito 1/2015 para dotar de orzamento ao Plan de Aforro e Investimento da Deputación provincial da Coruña de crédito por un importe de 390.664,62 euros. Este punto, ao igual que o anterior, saíu adiante co voto favorable de todos/as os/as concelleiros/as, excepto o concelleiro de Ciudadanos que se abstivo. 

Hai que lembrar que a corporación municipal de Ames aprobou no pleno extraordinario celebrado o pasado 17 de febreiro a adhesión a este plan. Nese momento aprobouse que o 24,25% -preto de 95.000 euros- se destinase a reducir o endebedamento, mentres que co 75,75% restante, é dicir, 295.928 euros, executaranse varios proxectos municipais, entre os que destacan obras en Suevos, Reino, Salgueiro, Pegariños, Castelo, Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Paramuíño e nas rúas Entrerríos, Ameneiral e Pesqueiras de Bertamiráns.

De seguido, aprobouse a modificación do cadro de persoal e das bases de execución do orzamento con ocasión dos acordos adoptados polo pleno organizativo do mandato 2015-2019. Trala constitución da nova corporación o 13 de xuño de 2015, celebrouse a sesión plenaria de organización o día 10 de xullo. Os acordos adoptados, referentes á creación de postos de traballo de persoal eventual ao servizo de grupos, de Alcaldía e de Gabinete da Alcaldía e do réxime de asignacións económicas por asistencia a sesións do Pleno, Xunta de Goberno e Comisións informativas permanentes, obrigaron a efectuar as correspondentes modificacións no cadro de persoal e nas bases de execución do orzamento municipal.

Este tema saíu adiante con 14 votos a favor dos 9 concelleiros/as do grupo de goberno (PSdeG, Contigo Pódese e BNG), dos 4 concelleiros/as de Ames Novo e do concelleiro de Pacto por Ames que asistiu ao pleno. Os edís do Partido Popular abstivéronse, mentres que o concelleiro de Ciudadanos votou en contra.

Actuacións de conservación no pavillón do CEIP de Barouta
Outro dos temas que se aprobaron foi unha transferencia de crédito para realizar traballos de acondicionamento no pavillón do CEIP de Barouta. O Concello de Ames pretende asinar un convenio coa consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de realizar actuacións de conservación no pavillón do CEIP de Barouta. O importe da achega municipal a efectuar ascende a 15.000 euros dentro dun total de 40.000 euros, sendo a diferencia financiada pola consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Este punto saíu adiante co voto favorable de todos/as os/as concelleiros/as, excepto o concelleiro de Ciudadanos que se abstivo. 

Mocións sobre o sector lácteo e o ciclo integral da auga
No apartado de mocións aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo grupo municipal de Ames Novo para apoiar o sector do lácteo. Deste xeito, o Concello de Ames vaise adherir á Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo. Esta moción foi aprobada cunha emenda presentada polo grupo municipal do Partido Popular. 

Unha segunda moción, presentada por Ames Novo, sobre o cambio na forma de xestión do servizo público local do Ciclo Integral da auga foi retirada do orde do día debido a que o alcalde, José Miñones, anuncio a convocatoria da comisión do Ciclo integral da auga, para o vindeiro luns, 3 de agosto, ás 14:00 horas. Ademais, comprometeuse a que se fará unha xestión pública deste servizo e que a devandita comisión comezará a traballar para buscar unha fórmula de xestión concreta e que sexa pública. Ante estes compromisos o grupo municipal de Ames Novo decidiu retirar a moción presentada neste pleno.

O grupo municipal de Ciudadanos presentou unha moción, por vía de urxencia, para demandar maior transparencia e responsabilidade na xestión municipal. Esta moción non puido ser debatida porque no momento de votar a súa urxencia non obtivo maioría absoluta. A favor da súa urxencia votaron os concelleiros/as de Ames Novo, Pacto por Ames e Cispadanos, obtendo 6 votos. Os 9 concelleiros/as do grupo de goberno (PSdeG, Contigo Pódese e BNG) e os 4 concelleiros/as do grupo municipal popular abstivéronse. O pleno rematou arredor das 23:00 horas, trala quenda de rogos e preguntas.

BNG Compostela - Rubén Cela calificou as festas de continuistas

O portavoz do grupo municipal do BNG en Santiago de Compostela, Rubén Cela, cualificou de “continuístas” as festas do Apóstolo 2015, fronte á “suposta innovación anunciada polo Goberno local”.

Lembrou Rubén Cela que foi o goberno anterior de Agustín Hernández quen deixou lista a programación, tan só con algúns axustes realizados polo novo executivo local.

Unha das queixas máis repetidas da cidadanía foi o atraso na instalación do recinto feiral “porque moita xente afirmou non percibir o ambiente de festa até que se deixaron poñer as atraccións de feira”.

No relativo á contratación dos fogos artificiais, lamentou que “un ano máis non contou con repetición do espectáculo en días posteriores para o goce da xente que vive na cidade, pois na noite do 24 de xullo maioritariamente a praza do Obradoiro se enche de turistas e visitantes da contorna de Compostela”. “A repetición deste espectáculo audiovisual, toda vez que o gasto maior é na súa creación, contribuiría a obter un maior rendemento do investimento económico, ademais de satisfacer unha das demandas do sector da hostelaría e da veciñanza compostelá”, explicou.

Rubén Cela requiriu que, en vindeiras edicións, o novo goberno local realice un esforzo para contar con maior participación do tecido social compostelán na elaboración e execución das festas. De feito, botou en falta unha “maior sensibilidade” para contratar algunha das históricas agrupacións locais de música tradicional, en troques da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, na noite do 24 de xullo, coa gran proxección que ten ese evento que debera redundar na promoción das bandas da cidade de Santiago de Compostela.

Para o portavoz nacionalista, cómpre unha revisión integral de diversos actos protocolarios nestas festas, dende a “parada militar” á interpretación do himno español no acto do Día de Padrón, “que supón un atropelo aos nosos sinais de identidade” e se trata dun feito que, a xuízo do BNG, “está fóra de lugar nesta celebración”.

Polo demais, o BNG considera que as festas foron “concorridas, cunha programación axeitada e con boa aceptación do público en xeral”, ademais de facer valer o carácter gratuíto dos concertos da praza da Quintana.

Nas vindeiras edicións, o BNG proporá achegas nas vindeiras edicións para que as festas de Santiago de Compostela recuperen a identidade local e galega que deberan caracterizar as festas da capital de Galiza.

Obradoiro CAB - El Rio Natura Monbus Obradoiro ficha a Alec Brown

El Rio Natura Monbus Obradoiro ha llegado a un acuerdo con Alec Brown para la temporada 2015/16. Este ala-pívot de 2,15 metros y 23 años procede de los Bakersfield Jam, equipo de la D-League asociado a los Phoenix Suns, quienes lo eligieran en la segunda ronda del draft de 2014 (puesto 50) y con los que ha disputado las dos últimas ediciones de la NBA Summer League en Las Vegas.

El norteamericano viene de promediar 7.0 puntos (45.8% en tiros de dos, 35.4% en triples y 79.3% en libres), 3.5 rebotes y 2.0 tapones en los 20 partidos que ha disputado en la citada Liga de Desarrollo desde el mes de febrero.

Natural de Winona, Minnesota, realizó su ciclo universitario completo en Wisconsin-Green Bay, donde se proclamaría campéon de su conferencia (Horizon League) en 2014 y conseguiría formar parte del Quinteto Ideal de la misma en 2012 y 2014.

“Alec es un jugador joven y diferente, un 2.15 con buena mano, coordinado y móvil. Ya lo intentamos incorporar el pasado verano, pero una inoportuna lesión lo impidió. Al igual que los Phoenix Suns y todo el entorno del jugador, consideramos que el Rio Natura Monbus Obradoiro puede ser un excelente lugar para desarrollar su potencial, mejorar físicamente, ganar experiencia y añadir registros a su juego, mientras nos ayuda a conseguir nuestros objetivos, como han hecho antes otros jugadores. Además, incorporamos al plantel a otro jugador de más siete pies, lo que no es sencillo en equipos de nuestro rango presupuestario”, afirma el director general del club, José Luis Mateo.

Mancomunidade de Ordes - O alcalde de Ordes novo presidente da Mancomunidade

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes celebrou onte a primeira sesión plenaria tras a celebración das eleccións municipais, unha vez constituídas as corporacións de cada un dos sete municipios que a compoñen. Un pleno de organización no que resultou elexido como presidente Roberto Rey Martínez, actual alcalde do Concello de Trazo, en sustitución de Manuel Regos. 

O seu nomeamento é efectivo durante os dous vindeiros anos, xa que transcurrido ese plazo será relevado polo novo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo. Así o decidiron de maneira unánime todos os rexedores dos concellos de Mesía, Trazo, Ordes, Cerceda, Oroso, Frades e Tordoia. Según manifestou o, dende hoxe, presidente da Mancomunidade a súa primeira intención é a de “seguir mantendo o espíritu de colaboración entre todos os membros mancomunados, ademais de crear novas vías de comunicación para incrementar este xeito de facer política de maneira conxunta”. No que se refire aos servizos e actuacións que se veñen prestando, Roberto Rey asegura que “vanse a manter e a dar as máximas facilidades para que todos os municipios poidan non só beneficiarse deles, senón tamén para aportar ideas, recursos ou elementos que contribúan a súa mellora”. Un enfoque polo que aposta de cheo Roberto Rey coa intención de “poder facer nun futuro próximo unha oferta conxunta en diversos eidos sociais aínda máis ampla ca existente na actualidade”. 

Por último no pleno de onte tamén se tomou a decisión de continuar coa dinámica establecida de convocar os plenos ordinarios o primeiro luns de cada mes en horario de mañá.

BNG A Estrada - Solicitude de arranxo de beirarrúas

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, insta ao alcalde da Estrada “a mellorar un tramo das beirarrúas da avenida Benito Vigo, á altura da Lennon, que hai uns días custoulle a unha muller 35 puntos de sutura nun xeonllo logo de tropezar na chapuza feita polo concello para reconstruír os estragos producidos pola rotura do sumidoiro o inverno pasado, cousa que denunciamos no seu día.”

“O alcalde da Estrada é un chapuceiro sen remedio”, afirmou o concelleiro nacionalista, “non é a primeira vez que denunciamos algunha das obras feitas polo concello, de feito na nosa web temos toda unha sección coas chapuzas do PP, o que demostra a falta de interese do PP, o desleixo e o abandono, que denota un grupo de goberno sen ideas, sen criterio e sobrepasado polas circunstancias, que como neste caso teñen un elevado custe persoal.”

O concelleiro do BNG reitera “a urxencia de arranxar ese pequeno tramo de beirarrúa á altura da Lennon, non vaiamos ter que lamentarnos de máis desgrazas, que nos poden saír moi caras se os veciños e vicñas que as sufren denuncian ao concello no xulgado”.

Brión - O concello instalará unha cuberta no patio da escola infantil dos Ánxeles

A Xunta de Goberno Local de Brión reunida onte acordou outorgar a licenza de obras para a instalación dunha cuberta no patio da escola de educación infantil dos Ánxeles cunha bonificación especial do 95% do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO). Unhas obras que previamente foron declaradas como de “especial interese e utilidade municipal” de forma unánime polo pleno municipal extraordinario celebrado esta tarde en Brión.

A obra está promovida pola ANPA da escola dos Ánxeles e financiada integramente pola Fundación Paideia, logo da retirada a última hora de Finsa, en base a un proxecto elaborado ao abeiro dun concurso convocado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O alcalde de Brión, José Luís García, explicou que o Concello está a colaborar coa ANPA na realización desta obra e que se comprometera a reducir ao máximo as taxas correspondentes, para o cal era precisa a aprobación previa por parte do Pleno da declaración de especial interese e utilidade municipal das obras. Así mesmo, a ANPA adquire o compromiso de dedicar a cuberta a uso público durante un período mínimo de dez anos.

Aprobación por unanimidade
A unanimidade caracterizou toda a sesión, na que tamén se acordou unha rebaixa do 0,58% da taxa de saneamento e depuración de augas residuais, correspondente á baixada do IPC. Así mesmo, aprobouse a creación nunha nova comisión informativa, neste caso sobre Benestar e Desenvolvemento Comunitario, que estará presidida polo alcalde José Luís García e integrada por tres concelleiros socialistas (Iolanda Bouzas, María del Carmen Rey e Rosa Romero), un representante do PP e outro do BNG, aínda por designar.

Así mesmo, acordouse unha rectificación ao inventario de bens municipal, que en 2014 experimentou unhas altas por valor de 365.512 euros e unhas baixas de 10.050 euros. Deste xeito, o inventario municipal de bens do Concello de Brión a 31 de decembro de 2014 queda establecido en 35.122.832 euros, fronte aos 34.767.371 euros de 2013.

Finalmente, a Interventora municipal deu conta do informe trimestral de Morosidade, que establece que non existen facturas pendentes de tramitación, e informou de que o período medio de pago é de –2,43 días, é dicir, que o Concello de Brión paga nunha media de 27,57 días, antes do obxectivo de 30 días fixado pola lexislación actual.

Axenda e tempo do venres 31 de xullo - Música, festas, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Atardecer no Gaias - Orquestra de Cámara Galega

Santiago - Beerlab - Pardo


Santiago - Sala Moon - Festival de hip hop

Santiago - Festas do Apóstolo


Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Santiago - Fogos de arteficio e a Real Filharmonía para pechar o Apóstolo

As Festas do Apóstolo chegan ao seu fin mañá venres 31 cunha xornada cargada de propostas interesantes. Comezamos ás 20.00 h co Pasarrúas Trova de Celaya (México) que continuará con animación de rúa da man da Charanga Compostela a partir das 21.30 h. Os Pratos fortes serán o concerto da Real Filharmonía de Galicia a partir das 21.00 h na Praza da Quintana e os Fogos Fin de Festa desde o Campus Sur ás 23.30 h. Ademais, a partir das 24.00 h estará a Orquestra Fórmula no Paseo Central da Alameda.

RFG dirixida por Diego García Rodríguez
A Real Filharmonía de Galicia ofrece o concerto fin de festas a partir das 21.00 h na praza da Quintana. Dirixidos polo mestre Diego García Rodríguez interpretaran catro obras cunha duración aproximada duns 50 minutos de concerto (9, 10, 24 e 8 minutos aprximadamente). Comezarán coas oberturas ‘As avespas’ de Ralph Vaughan Williams (1872-1958) e ‘As alegres comadres de Windsor’ de Otto Nicolai (1810-1849). Despois poderemos escoitar fragmentos do ballet ‘O Crebanoces’ de Piotr Ilich Tchaikovsky (1840-1893) para rematar coa Obertura ‘A bela helena’ de Jacques Offenbach (1819-1880).

As invitacións para cadeira podían retirarse no despacho de billetes do Teatro Principal pero esgotáronse hai dous días. En todo caso, só son válidas ata 10 minutos antes do inicio do concerto polo que todos aqueles que se acheguen ata a praza da Quintana sen entrada poderán ocupar as butacas que queden baleiras a partir das 20.50h. Ademais, o resto do espazo da praza estará tamén aberto ao público ata completar aforo.

UNITEGA - Charla sobre a xestión do coello de monte

La sede del Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Forestales de Galicia será el lugar en el que se celebrará una nueva charla sobre la gestión del conejo de monte y la nueva enfermedad vírica, el próximo viernes 31 de julio, a las 19:30 horas.

Santiago de Compostela ha sido el marco elegido para hablar de la biología de la especie, la gestión cinegética, las repoblaciones, los biotopos, los desbroces y las vacunas. Con ella se cerrará el ciclo de ocho charlas formativas que UNITEGA y SOS COELLO DE MONTE DE GALICIA han venido organizando para los cazadores gallegos, desde el pasado mes de mayo.

Con un formato de charlas cortas destinadas a grupos de entre 20 y 40 personas, se ha conseguido que el tiempo que se dedica a resolver las preguntas de los asistentes una vez terminada la exposición, se haya convertido en todos los casos en un verdadero foro de intercambio de experiencias para los asistentes a las mismas.

De esta forma se ha evitado el formato de charla habitual en otros lugares, en los que se busca principalmente llenar locales; y para ello se traen científicos que cuentan sus proyectos de investigación, pero para los cuales han contado con enormes presupuestos, que evidentemente, son irrealizables por las Sociedades de Cazadores titulares de los Tecores de Galicia.

A pesar de la mucha información que existe sobre los problemas que tiene la gestión del conejo, la misma se encuentra en la mayor parte de los casos, contenida en tediosos artículos científicos de difícil compresión para los cazadores. Por lo que se ha tratado en las charlas, de trasladar a un lenguaje sencillo lo aprendido en dichas investigaciones, es decir, hablando de cazador a cazador.

También se ha explicado que existen soluciones fáciles de aplicar y con un coste económico mínimo, como son el uso de las zonas de adiestramiento de perros como núcleos de dispersión. Y lo más importante de todo, que debemos ser conscientes del valor que tienen nuestros conejos, y el peligro en que los ponemos cada vez que hacemos una repoblación con conejos procedentes de otros lugares.

Especial hincapié se ha hecho también en advertir a los cazadores de que los enormes recursos económicos que se gastan todos los años en hacer repoblaciones (más de dos millones euros), parece que ahora quieren ser captados por otros “mercaderes cinegéticos”, que están poniendo especial interés en que se desarrolle una normativa en Galicia que permita el control de predadores. El verdadero negocio de estos mercaderes será la venta de lazos homologados y la realización de los caros cursos que serán imprescindibles para poder colocarlos.

Para la organización de estas charlas no se ha contado ni con el apoyo económico de la Dirección Xeral de Conservación da Natureza ni de empresas patrocinadoras, por lo que los gastos se han costeado con los fondos propios de UNITEGA y SOS COELLO.

En las próximas semanas se lanzará una nueva iniciativa para dar continuidad a este programa de charlas, con el objetivo de que los cazadores gallegos puedan seguir obteniendo información sobre la mejor forma de gestionar la especie reina de la caza en Galicia.

Psoe O Pino - Demanda no Congreso de melloras na seguridade vial en O PIno

Os socialistas de O Pino, a través dos deputados Paloma Rodríguez e Miguel Cortizo, veñen de rexistrar unha Proposición non de lei no Congreso para instar ao Goberno a mellorar a seguridade vial na localidade.

En concreto, os socialistas demandan a construción de tres pasos inferiores nos puntos quilométricos 76.5, 78.75 e 82.6 da estrada Nacional 547, ao seu paso polo termo municipal de O Pino, un tramo de elevada sinistraliedade, onde xa perderon a vida tres peregrinos.

Dende o PSdeG de O Pino entenden que a construción destas infraestruturas melloraría a seguridade vial nun “punto negro onde o Camiño de Santiago perde a súa continuidade ao ser atravesado pola estrada” e lembran que, para paliar estas deficiencias, o goberno socialista de Zapatero xa acometera en 2006 a construción de pasos inferiores que eliminaron gran parte do risco dos camiñantes.

“Cremos que é unha medida efectiva, que non requerería un gran investimento e que serviría para garantir a seguridade dos peóns, ciclistas e do tráfico rodado nesta zona de elevado tránsito”, apuntan os socialistas de O Pino.

Na súa proposta, o PSdeG inclúe tamén outras demandas para mellorar a seguridade na zona, como o pintado dos pasos peonís nos núcleos de Pedrouzo, Arca (O Pino), Avenida de Lugo e Avenida de Santiago, así como a eliminación de barreiras arquitectónicas para acceder aos pasos de peóns xa existentes, que ao estar a distinto nivel da vía causan graves dificultades ás persoas con mobilidade reducida.

BNG A Estrada - Reclamación no Congreso para que reforce a plantilla de Correos

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para demandar ao Ministerio de Facenda, de quen depende a Sociedade Estatal de Correos, que reforce a plantilla de traballadores da oficina postal de A Estrada.

Explica Davila que o BNG “denunciou en moitas ocasións o deterioro do servizo de Correos, en particular en localidades e áreas rurais. A redución de personal, a falla de reposición por xubilacións, enfermidades e outras razóns está a levar ao límite á plantill de traballadores do servizo postal”, caso de A Estrada.

O deterioro dun servizo universal

A deputada nacionalista sinala que “recentemente o personal de Correos da oficina estradense viuse obrigado a concentrarse diante do consistorio e a movilizarse para demandar algo tan simple como a cobertura das ausencias estivais por vacacións, que deixan ao personal con catro traballadores menos”.

“Chove sobre mollado, porque hai xa un mes que Correos reduciu a plantilla en tres persoas, prescindindo de dos postos nos servizos rurais e doutra praza no servizo urbano de reparto a pé”. Así que, enfatiza, “imaxínese o Ministerio en que condicións de sobrecarga de traballo deixa á plantilla. É evidente que baixo esta situación resulta imposíbel que se cumpra coa obriga de reparto diario de luns a venres”, afirma Davila.

Advirte de que o reparto faise moi complexo nas zonas rurais. “Algún carteiro chega a realizar 92 quilómetros ao día, co cal a precariedade resulta manifesta co que acabamos de descreber. Non só polos recurtes de personal e as reestructuracións de oficinas, senón tamén polas conxelacións salariais e a supresión de pagas extra que sofriron estos traballadores públicos. Só na provincia pontevedresa perdéronse 400 postos de traballo fixos en Correos nos últimos tres anos”.

Para a deputada do BNG é manifesta a necesidade de mellorar as condicións laborais e a plantilla desta oficina de Correos.

Privatización á vista
Pola súa parte, Xosé Magariños, concelleiro do BNG da Estrada, afirma que "logo de falar cos traballadores e traballadoras do servizo de Correos, chegamos á conclusión de que detrás destes recortes hai unha intencionalidade clara de deteriorar o servizo para privatizalo posteriormente". "O procedemento que está a seguir o goberno central con Correos é de manual", afirma.



"No caso da Estrada, este recorte do persoal de reparto de Correos nótase especialmente, polo extensión do noso concello e polo elevado número de núcleos de poboación", indicou o concelleiro nacionalista, "agardemos que con esta iniciativa os deputados do PP tomen nota e eviten o evidente deterioro do servizo na Estrada".

Lalín - O concelleiro de medio rural lémbralle o seu antecesor que os acordos non poden ser verbais

O concelleiro de Rural, Miguel Medela, lémbralle ao seu antecesor no cargo, Antonio Rodríguez, que na administración pública “non existen os acordos ou contratos verbais e que todos os pactos aos que se chegue con particulares deben constar por escrito para garantir a seguridade xurídica tanto da administración como dos seus administrados”. Medela amósase sorprendido polo feito de que Rodríguez descoñeza esta norma básica do procedemento administrativo despois de tantos anos de experiencia e, sobre todo, “cando agora se atreve a darlle consellos ao Goberno de Lalín sobre temas dos que, en todo caso, xa se iniciaron os trámites oportunos”. 

O concelleiro de Rural agradécelle “de verdade e de corazón a súa colaboración -non como cando foi o traspaso de poderes- pero prefiro rexeitala despois de comprobar como se actuaba neste Concello ata o de agora para evitar trámites 'farragosos'”, tal e como os definiu o propio Rodríguez. 

Con respecto ao muro de Doade, Medela amosou a súa preocupación polas “posibles irregularidades” cometidas na tramitación do expediente, xa que a Xunta de Goberno aprobou un proxecto no que se especificaba que todos os terreos sobre os que se ían actuar eran “de titularidade pública”. Con todo, Antonio Rodríguez en ningún momento advertiu de que parte dos terreos eran privados, por moito que houbese unha cesión verbal ao Concello, “que ao final sempre debe constar por escrito”. A maiores, da análise do expediente, dedúcese que a Xunta de Goberno autorizou e adxudicou unhas obras que carecían do pertinente permiso de Patrimonio.

Medela tacha de “verdadeira insensatez” que Rodríguez diga que a tramitación das autorizacións correspondía ao actual Goberno “cando el mesmo recoñece que a obra se aprobou o 8 de xuño e nós tomamos posesión o día 13”. Finalmente, Medela amosa a súa preocupación polo feito de que esta puidera ser unha práctica habitual do goberno de Crespo e critica “a bisoñez” de Rodríguez á hora de facer oposición.

Santiago Futsal - Dous canteiranos faran a pretempada coprimeiro equipo

Ismael Vázquez Villares “Isma” (24/7/1996) e Enrique López Otero “Quique” (22/3/1997), dous canteiráns das filas brancas, realizarán a pretemporada co primeiro equipo do Santiago Futsal. Ambos xogadores forman parte do conxunto xuvenil do Santiago Futsal que a pasada temporada acadou o título de campeón de Liga Galega e disputou o Copa de España na que se enfrentou ao FC Barcelona en cuartos de final.

Tras os éxitos acadados co seu conxunto a pasada temporada, agora o técnico Santi Valladares conta con eles para realizar a pretemporada co primeiro equipo, que comezará o vindeiro luns 3 de Agosto. Isma e Quique terán a oportunidade de traballar co corpo técnico e cos xogadores do primeiro plantel premiando o seu traballo e esforzo, e podendo demostrar as súas cualidades tanto nos adestramentos como nos partidos que disputarán os santiagueses antes do comezo da competición oficial.

Santiago - Recepción as asociacións veciñáis con motivo dos fogos

O alcalde recibirá os representantes veciñais de Compostela con motivo dos fogos de fin de festa do Apóstolo

Os convites para que a cidadanía presenciase os pasados Fogos do Apóstolo iniciou unha nova etapa na que o Goberno local quere abrir o espazo municipal e os seus actos aos veciños e veciñas. Nesta liña e con motivo dos fogos de fin de festa do Apóstolo, o alcalde, Martiño Noriega, e o resto da Corporación, recibirán mañá venres no Pazo de Raxoi a membros das asociacións veciñais e do Consello de Relacións Veciñais.

A esta recepción, que terá lugar ás 22:30 horas, están convidados dous integrantes de cada unha das asociacións veciñais de Santiago de Compostela. Serán as propias entidades as que designen os seus representantes neste acto. Tamén recibiron convite os integrantes actuais do Consello de Relacións Veciñais.

Despois da recepción, se o clima o permite e se o desexan, todos os convidados poderán presenciar dende a terraza do Pazo de Raxoi os fogos de fin de festa do Apóstolo, que se lanzarán dende o Campus Sur a partir das 23:30 horas.

Ordes - XVI Xuntanza de Bandas de Música

Esta vindeira fin de semana dará comezo o programa ‘Unha viaxe pola cultura’, no concello de Ordes. Unha iniciativa desenvolvida polo Concello de Ordes na que se conxuga a diversión e a creatividade coa familia e a época de verán. 

A primeira cita do programa será este sábado a partir das 20 horas na Alameda de Ordes. A XVI Xuntanza de Bandas de Música, cita coñecida popularmente na zona como o ‘Día das bandas’, contará nesta ocasión coa participación da Banda de Música de Ordes e coa Banda de Música de Ortigueira. O evento será unha homenaxe ás bandas da Garabanxa e ‘Lira’ de Senra, fundadas a principios do século XX e desaparecidas a día de hoxe. O repertorio global estará composto por unha decena de pezas de distinto estilo, dirixidas polas batutas de Fernando Gontad, no caso dos de Ordes, e por Carlos Diéguez, por parte dos de Ortigueira. Para esta cita o Concello de Ordes colabora coa Asociación Cultural Amigos da Música.

De cara ao domingo o auditorio da casa da cultura acollerá ás 21 horas a obra de teatro ‘DEP’ dirixida a un público adulto.

Ames - A Xunta de goberno aproba o alquiler de locáis para a oposición

Onte o salón de Plenos da Casa do Concello acolleu unha nova sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, na que se aprobou o contrato de aluguer do local destinado a oficinas dos grupos políticos municipais da oposición. Ademais, autorizouse a prórroga do contrato do servizo Bos Días Cole por un curso escolar e aprobouse a segunda prórroga do contrato do servizo denominado “mantemento das instalacións semafóricas do Concello de Ames” polo prazo dun ano. Por último, aprobouse a concesión de dúas licenzas de primeira ocupación.

No pleno de organización, celebrado o pasado 10 de xullo, adoptouse o acordo de dotar de medios aos grupos políticos municipais da oposición. Concretamente, a proposta da Alcaldía que se levou a este pleno comprendía a asignación aos grupos municipais da oposición dun local ao carón da Casa co Concello con mobiliario, ordenador, fotocopiadora, liña telefónica e conexión a Internet.

Durante o transcurso de dita sesión plenaria, o representante do grupo Ciudadanos, manifestou a súa renuncia a ter persoal eventual e local propio. Por iso, tras a súa renuncia, o pleno acordou que a asignación de local e persoal eventual aos grupos municipais da oposición sexa unicamente aos grupos políticos municipais do Partido Popular, Ames Novo e Pacto x Ames.

Finalmente, a Xunta de Goberno Local aprobou esta onte o aluguer do local que está situado na rúa Ameneiral, número 7 B, en Bertamiráns, nas inmediacións da Casa Consistorial, para destinalo a oficinas dos grupos políticos municipais da oposición. O contrato de aluguer terá un custe de 500 euros mensuais e asinarase por un prazo de 1 ano, prorrogable ata un máximo de 4. 

Por outra banda, abordáronse diferentes temas de trámite como foron a aprobación de dúas licenzas de primeira ocupación. Unha delas para unha veciña que solicitou a ampliación dunha vivenda unifamiliar situada na parroquia de Ortoño e outra para unha vivenda unifamiliar construída en Bugallido. Ademais, declarouse desistida a solicitude de licenza de obra maior solicitada por unha veciña, para a construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Seárez de Arriba.

Prórroga de contratos de servizos municipais
A continuación, autorizouse a primeira prórroga, por un curso escolar, do contrato do servizo municipal Bos Días Cole, concretamente para o curso escolar 2015/2016, en base á cláusula segunda do contrato formalizado o 11 de setembro de 2013 coa empresa Orbita Infantil SC. As características do contrato permanecerán inalterables durante o período de prórroga.

Tamén se aprobou a segunda prórroga do contrato do servizo denominado “mantemento das instalacións semafóricas do Concello de Ames”, polo prazo dun ano, en base a cláusula segunda do contrato formalizado o 9 de agosto de 2012 coa empresa Telvent Tráfico y Transporte SA. As características deste contrato tamén permanecerán inalterables durante o período de prórroga.

Teo - este sábado celébrase o VI Triangular Praíña Sporting Club

Ordes Estradense e Coruxo disputarán este sábado 1 de agosto o VI triangular Praíña Sporting Club
O campo de fútbol do praíña, na parroquia de Reis, acollerá este triangular que ten como principal atraente a participación do Coruxo F.C., conxunto que milita na 2ªB, quen disputará o torneo contra a S.D. Ordes, que milita na terceira división e o C.D. Estradense, que está na Preferente Galicia Sur.

O Praíña Sporting Club organiza esta sexta edición do torneo que leva o seu propio nome, sendo, ano tras ano, unha referencia na pretempada de equipos profesionais e semiprofesionais galegos.

Este ano o equipo punteiro é o vigués Coruxo, que tras realizar unha brillante campaña na pasada tempada da 2ªB, acadando unha meritoria oitava praza, tratará de repetir este ano unha campaña acorde a un equipo moi asentado xa na categoría. O Ordes será outro dos atractivos do torneo, un equipo consolidado na categoría da terceira galega e que buscará outro ano máis estar nos postos tranquilos desta división. Por último, o Estradense, equipo que acadou un cuarto posto na Preferente Autonómica Sur, buscará prepararse para poder disputar o ascenso á terceira, categoría na que militou tantos anos.

O torneo, que se disputa polo método dun triangular, comezará as 18.30 h co partido entre Ordes e Estradense. Unha hora máis tarde, ás 19.30 h será o Estradense o que se enfronte ao Coruxo e, por último, ás 20.30 horas o Coruxo medirase ao Ordes, para xa ás 21.30 horas proceder á entrega de trofeos.

Este torneo, organizado polo equipo local do Praíña Sporting Club, co cal colabora o Concello de Teo, destinará o dez por cento do recadado nas entradas para a Asociación sen ánimo de lucro ASPAMITE (Asociación de Pais de Minusválidos de Teo).

Oroso - Pleno ordinario de xullo

O Concello de Oroso investirá 70.761 euros na compra dun novo tractor con desbrozadora e trituradora, logo da aprobación dunha modificación de crédito aprobada no pleno municipal celebrado esta mañá. Unha sesión que comezou cun emotivo minuto de silencio en memoria de José Candal, concelleiro durante moitos anos en Oroso e que foi soterrado onte mércores.

A aprobación da modificación de crédito contou cos 8 votos a favor do PSOE e do BNG e as 5 abstencións de PP e Anova, que cuestionaron que o crédito saia da construción do Centro Cívico de Oroso. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, explicou que “o Centro Civíco de Oroso vaise facer, perdan coidado. O que pasa é que este ano non se ían comezar as obras e eses cartos servirán para adquirir un tractor que é moi necesario para desbrozar os camiños do noso municipio e que non se puido adquirir por leasing”. 

Sector lácteo
Rematado a parte resolutiva, pasouse á quenda de mocións na que os grupos aprobaron por unanimidade unha proposta dos Socialistas de Oroso en defensa do sector lácteo galego. O voceiro municipal do PSOE, Antonio Leira, explicou que “a situación é dramática. Non se pode esperar máis”, polo que pediu a creación dunha plataforma en defensa do sector lácteo, instou ao Goberno a reunirse co conxunto do sector e pediulle á Xunta unha maior vixilancia do que denominou “contratos lixo”.

A moción contou co respaldo unánime dos grupos municipais. O voceiro do BNG, Xosé M. Pérez, explicou que a situación actual é froito “dunha equivocación continuada. Unha demostración de que as políticas aplicadas fracasaron”; mentres que o voceiro de Anova, Siverio Mirás, instou á Xunta “a poñer orde nas empresas”. O voceiro do PP, Alexánder Doval asegurou que “o problema vén dunha sobreprodución de leite mundial” e lembrou que “a figura do mediador xa existe per non se pode impoñer”.

Tamén se aprobou, cos 9 votos a favor de PSOE, BNG e Anova, unha moción dos Socialistas de Oroso de apoio ás festas populares e ao sector de espectáculos vinculado ás mesmas. O PP xustificou a súa abstención en que “ata hai dous anos estaban fóra da tributación e agora pagan o 21%. É un sector que debe pagar os seus impostos”. O alcalde Manuel Mirás concordou con que o sector ten que ser regulado e pagar impostos, aínda que puntualizou que “este regulamento obriga ás comisións de festas a facer un proxecto para unha verbena de catrocentas persoas cando nunca houbo problemas”.

Finalmente, aprobouse tamén cos 9 votos de PSOE, BNG e Anova unha moción socialista contra a denominada “lei mordaza”, que Antonio Leira cualificou como “un atraso importante na nosa historia e que recorda os tempos de Franco”. Alexánder Doval xustificou o seu voto en contra en que tamén hai que pensar “na seguridade cidadá dos que non van a unha manifestación” e indicou que “non se pode paralizar unha cidade como Madrid”. Pola súa banda, Xosé M. Pérez xustificou o seu apoio en que “as maiorías absolutas, se non se levan con mesura, levan a equivocacións graves”; mentres que Siverio Mirás cualificou a lei como “innecesaria e antidemocrática”.

Nesta quenda decaeron as tres mocións presentadas polo PP e Anova. Os populares pedían modificacións na páxina web para incluír as convocatorias e as actas dos plenos, así como a gravación dos mesmos. O grupo socialista votou en contra da urxencia da moción porque “a web está funcionando en óptimas condicións” e porque a gran maioría das peticións xa se están a realizar. No caso de Anova, a moción presentada sobre o sector lácteo decaeu pola aprobación previamente da moción socialista sobre a mesma cuestión e a moción sobre o valor dos terreos urbanístico volveu decaer, xa que non é a primeira vez que se presenta e se rexeita.

Preguntas
Finalmente, na quenda de rogos e preguntas, o voceiro do PP retomou un dos temas da sesión anterior: a modificación puntual número 5 do PXOM. Alexánder Doval anunciou que “se se leva a legalización dos chalés a pleno, votaremos a favor” e preguntoulle ao alcalde cal sería a súa folla de ruta. Manuel Mirás respondeu: “vexo que está arrepentido da votación que fixo hai uns días. Vostede está enganando aos veciños. Cando a modificación estea aprobada, as vivendas que o soliciten poderán ser legalizadas” e lembrou que a licenza inicial “foi ben dada, con todos os informes preceptivos”.

Santiago - Segundaproba do CorreSan polas rúas de Angrois

Este sábado 1 de agosto as rúas do barrio de Angrois acollerán a segunda proba do circuíto de carreiras saudables CorreSan. O percorrido será o seguinte: camiño do Limpadoiro, rúa de Lamas de Abade, rúa da Divina Pastora, rúa das Canteiras do Sar e rúa do Camiño Real de Angrois. A carreira para os pequenos discurrirá por camiño do Limpadoiro, Lamas de Abade e rúa da Presa. Para facilitar o desenvolvemento da proba pecharase ao tráfico o itinerario desde as 19,30 horas ata o remate da actividade, arredor das 21,45 h. 

O horario de saída das probas serás ás 20,15 para benxamíns e alevíns; ás 20,30 para infantís e cadetes e ás 21 horas para xuvenís e séniors.

Solicítase aos cidadáns que atendan as indicacións da Policía Local, que estará sinalizando as zonas pechadas e os desvíos alternativos. O Concello de Santiago de Compostela prega desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Axenda e tempo do xoves 30 de xullo - Música, festas, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Atardecer no Gaias - Kolo

Santiago - Bar Boneco - Cazador


Santiago - Casa das Crechas - Vía Sacra Fest

Santiago - Festas do Apóstolo


Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Santiago - Concerto de Bandas Galegas previa o peche das Festas do Apóstolo

A xornada de hoxe xoves 30, previa ao peche das Festas do Apóstolo, será unha desas noites para lembrar en Compostela xa que se xuntarán na praza da Quintana cinco bandas galegas de consolidada traxectoria e moi variada proposta estilística. O concerto, de entrada libre, comezará ás 22.00 h e nel poderemos escoitar aos composteláns Los Chavales e Ataque Escampe; aos vigueses The Soul Jacket, aos lucenses/coruñeses Guerrera e o proxecto ‘A Derradeira Noite na Terra’ que conforman membros de Malandrómeda, Dios que te Crew e Sumrrá. 

A xornada comezará ás 22.00 cos ritmos sesenteros de Los Chavales, reputada banda compostelá, que reivindican a música yeyé e aposta pola recuperación dos éxitos de bandas como Los Brincos, Los Bravos ou Los Salvajes. O baile está garantido e non será Ataque Escampe quen o pare, outra formación santiaguesa que, tras catorce anos, sete discos e varios temas que xa son himnos xeracionais, está vivindo o seu mellor momento nos escenarios. 

Os vigueses The Soul Jacket, outra peza histórica do rock galaico, serán os terceiros convidados da noite e, seguidos polos lucenses/coruñeses Guerrera, levarán ás cotas máis altas o rock de guitarras no evento.

O proxecto “A Derradeira Noite na Terra”, creado para a a ocasión por membros de Malandrómeda, Luis Legido (Sumrrá) e Sokram (Dios Ke Te Crew), poñerán o peche a esta noite histórica cos seus ritmos tropicais e kraut. ‘A derradeira noite na Terra’ é o nome dun momento único que se vivirá hoxe na Quintana e que xuntará no escenario a uns vellos amigos: unha recua de rapeiros, uns de Malandrómeda outros dos Dios que te Crew, que falan do propio e do máis alá e marcando ou quebrando o ritmo un home que quita meigallos cos tambores: o mestre L.A.R Legido, de Sumrrá. Daranlle unha reviravolta ás cancións que máis rabia lle dan do seu repertorio e meteranas densa roda de facer bailar con pasos simples e repetitivos para goce dos presentes.

Casa das Crechas - Hoxe remata o Vía Sacra Fest con LAR Legido and Friends

remata o Vía Sacra Fest organizado polos tres locais que dan a este espazo emblemático: Cervantes, Albaroque e Casa das Crechas. Hoxe acollerá un concerto de LAR Legido e amigos que se van unindo ás súas harmonías. 
LAR Legido é un dos mellores bateristas do panorama jazzístico estatal e forma parte de varias formacións de éxito, como Sumrrá. Durante tres xoves de xullo trouxo amigos do mundo do jazz que nos asombraron co seu talento. 


Ames - Reunión co director de Augas de Galicia

Onte o alcalde de Ames, José Miñones, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, mantiveron unha xuntanza co director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera, para abordar varios temas entre os que destacan a apertura da ETAP de Ponte Maceira, que abastecerá de auga aos concellos de Ames e Brión, da depuradora de Sisalde e da limpeza do río Sar ao seu paso polo paseo fluvial de Bertamiráns.

No tocante á ETAP de Ponte Maceira dende Augas de Galicia agradecéronlle ao novo goberno municipal a axilidade coa que asinaron os contratos da instalación de Fenosa, que estaban pendente de asinar por parte do anterior goberno, e que lles permitiu seguir avanzando de cara a poder poñer en servizo esta instalación o máis axiña posible. 

Por outra banda, dende o goberno municipal o alcalde trasladoulle a solicitude conxunta co Alcalde de Brión de apertura inmediata da ETAP. Tal e como afirma Miñones “a urxente necesidade de dispor da ETAP o antes posible debido aos problemas de abastecemento que está sufrindo a poboación de Ames e Brión”. Neste senso, dende o organismo autonómico comprometéronse a acelerar o máximo posible a posta en marcha desta instalación. 

O director de obra, que tamén asistiu a esta xuntanza, explicou que durante o mes de agosto realizaranse as probas de funcionamento tramo a tramo e os análises correspondentes. Estes traballos hai que realizalos antes de poñer en marcha a ETAP, polo que non se pode dar o servizo sen ter eses análises realizados. Deste xeito, segundo desta o rexedor municipal “as datas que manexan para abrir a potabilizadora de Ames-Brión e a comezos do mes de setembro, aínda que intentarán acelerar o proceso para poder entregar a obras a última semana de agosto”. 

Outro dos temas que se abordaron nesta xuntanza foi o sistema de pagos referente a esta instalación. Augas de Galicia trasladoulle ao goberno municipal que é preciso dispor dun acordo plenario da nova corporación relativa aos pagos da nova ETAP. Deste xeito, José Miñones explica que terán que poñerse en contacto o departamento de Intervención e Augas de Galicia para que concreten os aspectos técnicos necesarios. O alcalde lamenta que “o anterior goberno non fixera achega algunha ano a ano, tal e como foi aprobado no pleno, deixando á nova corporación todo o pago desta infraestrutura”. 

Depuradora de Sisalde
Por outra banda, o rexedor municipal insistiu na necesidade de realizar un estudio da rede, antes de abordar a ampliación da depuradora de Sisalde. Ademais, quedou en facer unha coordinación futura para a realización da auditoría do estado da rede municipal, facéndoa coincidir co que está a levar Augas de Galicia sobre as canalizacións que van a EDAR. 

Por último, o alcalde e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos insistiron na necesidade de limpar o río Sar, ao seu paso por Bertamiráns, e solicitaron actuacións puntuais en diversos puntos que permitan arranxar os problemas de depósitos e desborde do río nos meses de inverno. Miñones explica que lle fixeron “unha invitación formal ao director de Augas de Galicia para que veña ata Ames a ver in situ o problema do que falamos. O director mostrou boa disposición ante esta invitación e comprometeuse a estudar a posibilidade de visitar o noso concello e facer algún tipo de actuación conxunta co Concello”.

Lalín - O concello demanda o Consorcio de Servizos Sociais que non se recorten prazas de gardería

O goberno local agarda que o Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar rectifique a súa decisión de recortar prazas nas garderías públicas de Lalín, máis cando esta previsto que se produza un incremento na demanda de usuarios. Segundo o tenente de alcalde e concelleiro responsable de Benestar Social, Nicolás González Casares, “a decisión non fai máis que confirmar os recortes aos que a Xunta somete aos servizos públicos”. Así mesmo, cualifica de “lamentable” que dende a administración autonómica “se lle chame agora reaxustes ao que son recortes puros e duros de servizos á cidadanía”.

González Casares insistiu na gravidade de que dende o Consorcio non se lle notificase ao Concello a redución de prazas de xeito oportuno e fixo fincapé na necesidade de que se manteñan todos os postos de gardería. Neste senso o edil indicou que o aumento da demanda e os recortes, provocarán que haxa lista de espera no centro infantil do polígono. Dende o goberno de Lalín considéranse “moi necesarios os servizos que facilitan a conciliación, como método de manter e aumentar poboación”. Casares acusou á Xunta e ao PP de contribuír ao despoboamento do Concello e do interior de Pontevedra coas súas políticas de recorte de servizos públicos.

Teo - Prazo para inscribirse no Diverteo de setembro

O prazo para inscribirse no Diverteo Setembro comeza o xoves 30 de xullo e está aberto ata o 18 de agosto. As persoas interesadas deben entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas ou os sábados de 09:00 a 13:00 horas. Hai 145 prazas dispoñibles, máis 5 prazas reservadas para emerxencias sociais, e o acceso será por rigorosa orde de inscrición.

O Concello de Teo abre o prazo para anotarse no Diverteo Setembro. Este programa pretende ser unha ferramenta de axuda para as familias na conciliación familiar e laboral e funcionará nos días de setembro previos ó comezo do curso escolar. Neste edición o Diverteo será os días 1, 2, 3, 4, 7, 8 e 9 de setembro e realizarase nos colexios de Calo, Os Tilos e A Ramallosa en horario de 07:45 ás 14:45 horas.

O custe deste programa é de 3 euros por día e neno/a polo que a edición completa terá un custo total de 21 euros. A listaxe de admitidos/as publicarase a partir do 19 de agosto páxina web www.teo.gal e no taboleiro do Rexistro Xeral do Concello.

As persoas admitidas deberán realizar o pagamento entre os días 19 e 25 de agosto, ben no Rexistro Xeral do Concello, ben enviando unha mensaxe co xustificante ao enderezo deportes@concellodeteo.com.

O Concello establece unha serie de normas para a recollida dos nenos e nenas á saída da actividade que se recollen nun documento que se fará chegar aos seus proxenitores. Así mesmo tamén se lles farán chegar os diferentes modelos de autorizacións (recollida do neno/a ou traslado por emerxencia).

PP Santiago - Moción de apoio o sector lácteo

O Grupo Municipal do Partido Popular trasladou onte ao pleno da Corporación unha moción para a defensa do sector lácteo galego. Neste senso, os populares instan ao concello a que apoie e amose o seu compromiso co sector e traslade ás diferentes administracións competentes –Xunta de Galicia, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e Comisión Europea- a complicada situación que está a vivir cada unha das partes da cadea de desenvolvemento, co fin de atopar unha solución inmediata. Os populares recordan que o sector agrogandeiro ten un peso importante no sector económico de Santiago, que conta con 50 explotacións cunha producción de máis de 10.000 toneladas de leite no 2015.

O martes desta semana, o voceiro do grupo popular, Agustín Hernández, escoitou de primeira man as inquedanzas dos gandeiros, durante unha visita a unha explotación leiteira na parroquia de Aríns, acompañadoda vicevoceira do PP, Paula Prado, e da diputada do PPdeG, Isabel García. A través desta moción, para a súa aprobación no próximo pleno do mes de setembro, os populares reclaman o apoio unánime de todos os grupos políticos da corporación. Un dos obxectivos a acadar é continuar desenvolvendo todas aquelas medidas necesarias para que os gandeiros teñan garantida unha marxe suficiente de beneficios, melloren así a súa competitividade e sostibilidade.

Mediante esta iniciativa, o grupo municipal do PP insta ao concello a que demande ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a inclusión na INLAC (Organización Interprofesional Láctea) da representación de produtores, transformadores e distribuidores, co fin de acadar unha coordinación para garantir a estabilidade do sector. Do mesmo xeito, os populares reclaman unha axeitada construcción de prezos e un adecuado equilibrio entre a oferta e a demanda na cadea de transformación do sector lácteo –produtores, encargados da recollida de leite, distribuidores, vendedores…-, segundo se recolle na normativa vixente. 

Tal e como recordan os populares, durante anos os gandeiros galegos estiveron suxeitos ás cotas de producción marcadas por Europa. Un sistema que permitía ter un control da produción para establecer unha base de prezo do leite con menos volatilidade, con subas e baixadas estacionais, debido á incidencia do mercado internacional e pola pouca especialización das industrias lácteas. Agora, a situación volveuse máis complexa. Tras a desaparición das cotas lácteas, o mundo gandeiro está sumido nunha situación de dúbidas e incertezas. A posta en marcha dos contratos lácteos, que deberían dar unha seguridade para o sector leiteiro, non está dando os resultados previstos, debido ao fracaso das negociacións colectivas. 

Para o Partido Popular, a unión e a posta dacordo entre o sector e incluso as propias Organizacións de Productores de Leite é imprescindible para unha próspera negociación e para acadar unha axeitada organización da capacidade de producción e oferta, e de axuste coa demanda de leite. Actualmente, os prezos percibidos polos produtores galegos non se incrementan e, en momentos puntuais, aprécianse problemas na recollida do leite producido en varias explotacións. 

Por todo iso, o Partido Popular presenta esta iniciativa para amosar, unha vez máis, o seu compromiso férreo co sector lácteo e defender así os seus intereses.

Psoe Ordes - Sobre o pleno de organización

O PSOE de Ordes celebra que o Partido Popular se vise obrigado a desistir da súa intención intención de subirlle o soldo ao alcalde José Luís Martínez Sanjurjo, ata os 43.000 euros anuais segundo se recolle na proposta da Alcaldía presentada na sesión plenaria de hoxe. Verónica Gómez, que se estreou onte como voceira municipal dos Socialistas de Ordes, considera “aínda que a nosa proposta era menor, pois propoñiamos os 39.247,63 euros que estaba a cobrar o anterior alcalde e que hoxe en día é un soldo máis que aceptable, finalmente aceptamos a proposta da maioría de recuperar a contía de 2011: 41.130,03 euros”

Non obstante, o PSOE de Ordes votou en contra dos importes por asistencia a plenos, comisións informativas e Xuntas de Goberno. Os socialistas volveron presentar a mesma proposta de 2012: rebaixar nun 5% as asignacións que recibían todos os concelleiros por asistir a Comisións, Xuntas de Goberno, asignación por concelleiro e Grupo Político; así como non cobrar polas sesións extraordinarias que se celebren ao longo do ano. 

Sesións extraordinarias
Unhas propostas que terían producido un aforro mínimo 43.700 euros, a razón de 10.925 euros anuais que os socialistas propoñían que se destinasen a Servizos Sociais e ás familias que máis o precisasen en Ordes “como, por exemplo, como axudas para adquisición de libros de texto agora que se achega o novo curso e diante dos recortes en educación do Goberno do PP”, explica Verónica Gómez. “Aínda que o Goberno do PP desistiu da súa proposta inicial, que supoñía un gasto de máis de 130.000 euros nesta lexislatura, nós votamos en contra porque sempre mantivemos como medida de aforro non cobrar os plenos extraordinarios, pero non foi aceptada”, apunta a voceira municipal socialista.

Baste como exemplo que no que vai de ano se celebraron seis sesións plenarias, das que dúas foron de carácter extraordinario. Coa medida aprobada hoxe, estas sesións teríanlle costado aos veciños e veciñas de Ordes 4.250 euros en retribucións aos concelleiros.

Ames - Reunión co comité de empresa

Onte o goberno municipal mantivo a primeira xuntanza cos representantes do persoal do Concello de Ames. Deste xeito, o alcalde de Ames, José Miñones, e os voceiros/as dos grupos políticos do goberno: Blas García do PSdeG, Genma Otero de Contigo Pódese, e David Santomil do BNG, mantiveron unha xuntanza cos membros do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal. Esta primeira Mesa Xeral de Negociación foi unha toma de contacto entre o goberno e os representantes sindicais e falouse dos temas máis urxentes que están pendentes de aprobar. A vindeira xuntanza será o 15 de setembro.

O rexedor municipal comezou dicindo que “esta primeira Mesa Xeral de Negociación é unha toma de contacto para dar a coñecer o novo goberno municipal. Agradecémoslle a todos os membros presentes do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal que acudiran a esta convocatoria, e como xa dixemos en reunións anteriores cos traballadores municipais, esperamos que haxa o mellor ambiente posible entre goberno e persoal porque iso vai a ser beneficioso para o traballo diario”.

Ademais, José Miñones, destacou que “unha vez pase a período de vacacións de xullo e agosto convocarase unha xuntanza nunha Casa da Cultura con todo o persoal municipal para presentarlles o novo goberno municipal. Posteriormente, cada concelleiro/a irá reuníndose de xeito individual con todos os traballadores/as da súa área para ir poñendo en marcha proxectos, que están paralizados, e novas iniciativas”.

Dende a parte sindical e dende o propio goberno coincidiron en que se debe establecer un calendario de reunións da Mesa Xeral de Negociación que en principio vai a ser cada tres meses. De tódolos xeito, segundo indicaron dende ambas partes se xorden temas urxentes que é preciso tratar convocaríanse novas reunións extraordinarias da Mesa Xeral de Negociación. 

A representación dos traballadores incidiu en que na negociación colectiva que se leve a cabo durante este novo mandato 2015-2019 débese de “garantir a xestión pública de todos os servizos municipais existentes e dos que se poidan crear; modificar a RPT para adaptala ás necesidades organizativas reais da Administración local; rematar coa precarización e inestabilidade laboral existente dentro do Concello de Ames a través de procesos de consolidación de emprego; recuperar o poder adquisitivo dos traballadores/as públicos, e dotarse de ferramentas normativas propias aplicables ao persoal funcionario e laboral”.

Ao final da xuntanza acordouse que durante o mes de agosto o Comité de Empresa e a Xunta de Persoal presentarán un escrito no que se detallarán os temas máis urxentes que deben de tratarse, e aprobarse se procede, na próxima Mesa Xeral de Negociación que quedou fixada para o martes 15 de setembro.

Por último, o alcalde incidiu en que con esta reunión deuse cumprimento a un dos puntos que se recollían no acordo de investidura asinado polas forzas de esquerda do Concello de Ames, que era convocar unha xuntanza de traballo inmediata co Comité de Empresa e a Xunta de Persoal do Concello de Ames para reiniciar o diálogo e a negociación.

Santiago - O alcalde presenta o libro de cartas inéditas de Carlos Maside

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar “Correspondencia (1928-1958). Cartas inéditas e dispersas. Carlos Maside. Presentouse onte na Fundación Gonzalo Torrente Ballester. Asistiu o alcalde da cidade, Martiño Noriega; a catedrática de Historia Mª Esther Rodríguez, que reuniu e transcribiu toda a correspondencia que se recolle na publicación; o catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío, coordinador da edición; xunto coa xerente do Consorcio, Belén Hernández; e o director da editorial Alvarellos, Henrique Alvarellos.

Carlos Maside (Pontecesures 1897-Santiago 1958) mantivo, durante toda a súa vida, unha rica e continuada relación epistolar con boa parte da intelectualidade galega do seu tempo, a do exilio e tamén a do chamado “exilio interior”, como era o seu caso. O volume reúne 179 cartas do pintor, case todas inéditas, dende 1928 ata 1958. Están moi marcadas pola Guerra Civil e a longa ditadura posterior. “Iluminan un período de trinta anos de relación entre amigos e personalidades nacidas arredor de 1900. Na súa lectura quedan reflectidas non só situacións conxunturais moi relevantes, senón tamén a forma de afrontalas e a evolución persoal dos seus protagonistas a medida que cambian as condicións circundantes” -sinala Esther Rodríguez-.

A súa derradeira carta, tres meses antes de falecer, foi para Luís Seoane

Estas páxinas contan a historia íntima dun tempo e dun país. Reúnen cartas a Luís Seoane, Castelao, Federico García Lorca, Bal y Gay, Otero Pedrayo, Isaac Díaz Pardo, Cunqueiro, Paz Andrade, Fernández del Riego, Laxeiro, Manuel María, Ánxel Fole… Recóllese a correspondencia de ida, e moitas veces tamén a de volta, entre a que destaca o fecundo e prolongado intercambio epistolar con Luís Seoane. A el dirixiu a súa derradeira misiva, o 16 de marzo de 1958, unha carta que lle reenvía a Bos Aires porque lle vira de volta ao escribir mal o número do domicilio. Nela dille: “debiera escribirte otra ahora pero mi estado no me lo permite”. Maside falecía en Santiago de Compostela tres meses despois, aos 61 anos de idade, polas complicacións dunha diabetes.

O volume complétase coa incorporación de fotografías, ilustracións e manuscritos que nunca antes viran a luz. Parte deste material inédito procede do arquivo dos herdeiros do autor. As cartas orixinais estaban manuscritas e nalgúns casos mecanografadas.

As cartas divídense en dúas épocas: antes da Guerra Civil e durante o exilio

Tal como explica Esther Rodríguez, esta correspondencia abrangue dúas épocas. A primeira comprende dende 1928 a 1936. “Nas cartas deste período aprécianse elementos comúns significativos como a elección dun posicionamento vangardista-revolucionario e de cambio contra a Ditadura e a Monarquía, a defensa da maioría social, o achegamento á sociedade a través da arte, a participación en manifestacións ou o seu estreito contacto coa cultura europea e americana. Estes artistas e intelectuais da vangarda crían no poder da arte para transformar o mundo” -indica a catedrática-.

Entre 1936 e 1942 sobrevén a parálise epistolar. Non obstante, hai constancia de que a comunicación entre estes persoeiros continuou, aínda que por outras vías. Nesta edición están as cartas que flúen a partir de 1942 ata 1958. As misivas desta etapa responden á variada e versátil realidade que representa o exilio. Reflíctese como a nova situación coloca a moitos exiliados, tanto do exterior como do exilio interior, en posicións límite.

Nesta publicación engádense catro cartas cruzadas entre amigos do autor con motivo do seu pasamento, unha delas dirixida por Luís Seoane a Xulio Maside, sobriño e continuador da obra do pintor. “Tamén se reproducen outras catro cartas de Rafael Dieste a Xesús Bal y Gay, correspondentes ambos os dous de Maside, polo interese que sempre teñen os textos xerados pola contorna humana de quen foi renovador indiscutible da arte galega da primeira metade do século XX” -destaca Esther Rodríguez-.

Este traballo permite afondar nos comportamentos humanos en tempos de persecucións e incomprensións


O coordinador deste traballo, o catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío, pon de manifesto que “o que máis me impresionou na lectura destas cartas é a serenidade do propio Maside e a profundidade do seu pensamento, sobre todo cando se cruzan longas cartas Luís Seoane e máis el. Por outra parte, nótase que está moitas veces abrumado pola mala saúde que decote o debilitaba. Este traballo permite que todos saibamos, en especial a xuventude, algo máis sobre os comportamentos humanos en tempos de indixencias, persecusións e incomprensións”.