Axenda e tempo do sábado 28 de xuño - Concertos, festas, exposicións

Santiago - Ruta polos santos das parroquias

Santiago - Borriquita de Belem - Alejandro Vargas Trio

Santiago - TNT - Neme Six

Santiago festas do barrio de San Pedro 

Santiago - Via Stellae 2014.


Santiago - Miramemira - Tres tristes tetris

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

O Tempo

BNG Ordes - Pleno de xuño

O BNG CONSIGUE DESBUROCRATIZAR A OBTENCION DE LICENZAS PARA OBRAS MENORES

Grazas ás xestións do BNG de Ordes e das deputadas do BNG no Congreso, conseguiuse que as obras menores que non supoñan un incremento da altura da edificación existente e non precisen da instalación dun guindastre para a súa execución, queden exentas de solicitar permiso á Axencia Estatal da Seguridade Aérea (AESA), independentemente da cualificación do chan no que estean situadas.

Este logro é resultado dunha proposta do concelleiro nacionalista, Pablo Vidal, e dunha proposición non de lei e unha pregunta no congreso da deputada nacionalista, Rosana Pérez. Ata o de agora este tipo de actuacións (retellado, substitución de fiestras, amaños de fachada,…), tanto en chan rústico e chan de núcleo rural, tiñan que solicitar permiso á AESA, por estar Ordes na zona de afección do aeroporto de Santiago de Compostela, o que podía retrasar a obtención da licenza en ata seis meses. 

Desde o BNG de Ordes queremos agradecer o apoio que tivo a iniciativa nacionalista a nivel municipal e as xestións da deputada do BNG pola provincia da Coruña no congreso dos deputados, Rosana Pérez Fernández. De este xeito eliminase un exceso de burocracia para a obtención deste tipo de licenzas e imponse o sentido común.

ROGO PARA A ADXUDICACIÓN DE NOVOS POSTOS NA PRAZA DE ABASTOS

O BNG interesouse novamente pola situación na que se atopa a concesión de novos postos na Praza de Abastos, xa que ata o de agora non era posíbel debido a un contencioso que mantén o Concello cun dos praceiros. Segundo informaron dende o goberno, en próximas datas levarase a cabo a concesión de cinco a oito postos na mesma.

Sete Cores Compostela - Actos no día do orgullo LGTB

Con motivo do Dia do Orgullo LGTB 2014, o grupo LGTB 7 Cores Compostela organiza o Acto "MANIFESTAMONOS POLOS QUE NON PODEN" que consistirá na lectura do Manifesto do PSdeG por parte de cargos institucionais e membros do partido na comarca de Compostela

Interveñen:

Gonzalo Diz, Coordinador de 7 Cores Compostela

Marcos Ramos, Sec Xeral de Xuventudes Socialistas de Compostela

Rosario Valledor, Concelleira en Santiago

Isabel González Cancela, Concelleira en Ames

Uxia Lemus, Voceira municipal en Teo

Mirás Franqueira Manolo, Alcalde de Oroso

Xosé Sánchez Bugallo, Deputado no Parlamento de Galicia

Pechará o Acto Pilar Cancela, Sec de Organización do PSdeG

DIA: SABADO 28 DE XUÑO

HORA: 12:30H

LUGAR: ESTATUA DAS MARÍAS, ALAMEDA DE SANTIAGO

Val do Dubra - Continúan en Portomouro as obras de mellora do saneamento

Las obras de la nueva EDAR llegan al casco urbano de Portomouro para mejorar el servicio de saneamiento

Las obras del nuevo EDAR de Val do Dubra, en el río Tambre y Dubra, se trasladaron estos días al núcleo urbano de la localidad de Portomouro. La empresa Espina Obras Hidráulicas está acometiendo en la vía principal la mejora del servicio de saneamiento, que dotará los núcleos de Xermán, Portomouro y A Igrexa de una nueva red separativa de aguas residuales, que conectará con la existente y conducirá las aguas a la nueva EDAR para evitar los vertidos directos a los ríos Dubra y Tambre.

Desde hace varios días y hasta que finalice esta obra está instalado en la vía principal de Portomouro un semáforo que regula el tránsito de vehículos y permite a los operarios hacer su trabajo. El proyecto de saneamiento incluye la instalación de unos nuevos colectores de PVC en ambas márgenes de la travesía de Portomouro. En el resto del trazado se dispondrán por el eje de la calzada. También será preciso ejecutar dos bombeos en la nueva red, uno para recoger las aguas residuales del colegio, que actualmente vierten al río Dubra, y otro en la calle Rueiro para recoger las residuales de la zona sur del núcleo de Portomouro.

Todas estas obras están incluidas en el proyecto de la futura Estación Depuradora de Aguas Residuales (EDAR) de Portomouro, en el Concello de Val do Dubra. Las obras marchan según los plazos previstos y el proyecto podría estar acabado a final del verano. Los trabajos supondrán la instalación de tres kilómetros de colectores, 93 pozos de registro y 6.400 metros cúbicos de excavación.

Oroso - melloras na piscina municipal

O Concello de Oroso investiu 39.000 euros en melloras na piscina municipal de Sigüeiro e na instalación de diversos xogos acuáticos
O alcalde Manuel Mirás adianta que “ao longo dos próximos días colocaremos tamén un tobogán na piscina”

O Concello de Oroso investiu 39.000 euros en actuacións de mellora na piscina municipal de Sigüeiro, entre as que se incluíu a instalación de diversos xogos acuáticos dirixidos aos máis pequenos. Unhas instalacións que hoxe mesmo xa foron desfrutadas polos 25 nenos e nenas que participan en “Mergullarte”, o programa de conciliación familiar posto en marcha polo Concello de Oroso para esta última semana de xuño.

Ademais dos traballos de posta a punto dos vasos das piscinas e das instalacións municipais, o Concello de Oroso instalou un miniparque acuático entre a piscina dos nenos e a dos adultos, especialmente pensado para o seu uso polos máis pequenos da casa. Dispón de dúas setas de auga e dúas columnas de chorros sobre un chan antideslizante, así como dun pequeno tobogán para os nenos e nenas máis novos.

“Ao longo dos próximos días colocaremos tamén un gran tobogán na piscina”, adianta o alcalde de Oroso, Manuel Mirás. Unha peza que chegará dende Canadá durante a próxima semana e que non puido chegar antes a Oroso por mor dun erro por parte da empresa naval que transporta os contenedores. Deste xeito, o alcalde de Oroso dará cumprimento ao compromiso adquirido o pasado mes de abril cos veciños e veciñas de Sigüeiro durante un “Encontro co alcalde”, xa que case todos os presentes demandaron melloras na piscina municipal.

Os novos xogos acuáticos, que estarán dispoñibles para os usuarios e usuarias da piscina municipal, foron estreados esta mañá polos 25 nenos e nenas que participan no programa de conciliación “Mergullarte”, que durante esta última semana estivo organizando actividades lúdicas e educativas para rapaces de 3 a 12 anos coincidindo co inicio das vacacións escolares.

Ames - Pleno de xuño

O Pleno aproba a expropiación forzosa de terreos e a redistribución de anualidades da obra de abastecemento en Ames e Brión

A corporación municipal aprobou que se realice unha solicitude formal ante a Dirección de Augas de Galicia para que sexa este ente público o que sufrague o 92,68% do importe de execución do proxecto de abastecemento Ames - Brión. Deste xeito, a achega que tería que realizar o Concello de Ames sería de 400.000 euros.

Ademais, volveuse a debater a proposta feita polo goberno municipal sobre a licitación do ciclo integral da auga, quenesta ocasión incluía un informe realizado polo departamento de Secretaría sobre as posibles responsabilidades que se derivaban de votar en contra desta proposta. Este tema volveu a ser rexeitado cos votos en contra dos concelleiros/as do grupo municipal socialista e dos edís non adscritos, mentres que os membros do grupo de goberno votaron a favor.

A corporación municipal de Ames aprobou onte por maioría simple a expropiación forzosa, polo trámite de urxencia, para a obtención dunha finca que é necesaria para a execución do proxecto complementario de abastecemento en Ames e Brión e a redistribución das anualidades da obra deste mesmo proxecto de abastecemento. Ademais, volveuse a debater a proposta feita polo goberno municipal sobre a licitación do ciclo integral da auga, que nesta ocasión incluía un informe realizado polo departamento de Secretaría sobre as posibles responsabilidades que se derivaban de votar en contra desta proposta. Este tema volveu a ser rexeitado cos votos en contra dos concelleiros/as do grupo municipal socialista e dos edís non adscritos, mentres que os membros do grupo de goberno votaron a favor. Por último, tratáronse tres mocións presentadas polo grupo municipal socialista e polos concelleiros/as non adscritos.

O Pleno do Concello de Ames aprobou onte por maioría simple a expropiación forzosa, polo trámite de urxencia, dunha parcela que é necesaria para a execución do proxecto complementario de abastecemento en Ames e Brión (primeira fase). O Concello de Ames, na sesión plenaria do pasado 29 de agosto de 2013, acordou levar a cabo a expropiación forzosa, polo trámite de urxencia, dos terreos necesarios para a execución deste proxecto. Iniciadas as obras detectouse a necesidade de adquirir unha nova finca, para que pase a ser de dominio público, xa que é necesaria para acometer o devandito proxecto.

Ademais, aprobouse por maioría simple a redistribución das anualidades da obra deste mesmo proxecto de abastecemento. Este dous temas saíron adiante co foto a favor dos cinco concelleiros do grupo de goberno, mentres que os edís do grupo municipal socialista e os concelleiros/as non adscritos abstivéronse.

O orzamento inicial de licitación da obra de abastecemento en Ames e Brión foi de 7.063.735,70 euros, dos cales Augas de Galicia financiaba un 80% e o 20% restante era sufragado polos concellos de Ames e de Brión (un 10% cada un dos municipios). Debido ás dificultades que estas achegas presentaban para os concellos, Augas de Galicia autorizou unha substancial minoración das mesmas, que no caso de Ames pasou de ter que achegar 819.393,34 euros iniciais a unicamente 400.000 euros, prevéndose tamén un calendario plurianual para o seu pagamento, que afectaba aos exercicios 2013 e 2014, a razón de 300.000 euros e 100.000 euros, respectivamente. 

O calendario de execución da obra, cuxo remate está previsto para a primeira metade do ano 2015, semella posibilitar unha nova modificación na programación dos pagamentos, para concentralos ao remate dos traballos de construción da infraestrutura, nun momento no que o Concello de Ames agarda dispor dunha mellor situación financeira, grazas ao avance da aplicación do Plan de Axuste 2012-2022, e das medidas de saneamento que nel se contemplan. 

Despois de que o Concello de Ames mantivese as oportunas conversas con Augas de Galicia, agora o Pleno aprobou solicitarlle formalmente á Dirección de Augas de Galicia que sexa este ente público o que sufrague o 92,68% do importe de execución da obra. Deste xeito, a achega que tería que realizar o Concello de Ames sería de 400.000 euros. Ademais, a corporación municipal aprobou a modificación da distribución das anualidades que terá que pagar o Concello, aprobadas xa previamente no Pleno do pasado 26 de novembro de 2009. As novas anualidades que habería que aboar serían de 100.000 euros no ano 2014 e de 300.000 euros no ano 2015.

Licitación do ciclo integral da auga

Un dos temas que máis tempo foi debatido por parte da corporación municipal foi a proposta feita polo goberno municipal sobre a licitación do ciclo integral da auga. Este tema xa fora rexeitado no pleno ordinario do mes de maio, pero volveu a incluírse na orde do día do pleno de xuño despois de que dende o departamento de Secretaría elaborasen un informe sobre as posibles responsabilidades que se derivaban de votar en contra desta proposta. Este informe por consultado tanto polo grupo municipal socialista como polos concelleiros/as non adscritos/as María Dolores Fernández, Alfonso Rey, María González, Manuel Ferreiro, Emilio Martínez e Ramón García Argibay. Finalmente este tema volveu a ser rexeitado cos votos en contra dos concelleiros/as do grupo municipal socialista e dos edís non adscritos, mentres que os membros do grupo de goberno votaron a favor.

Sobre este asunto o alcalde de Ames, Santiago Amor, explicou que “esta proposta volveuse a incluír na orde do día porque agora existe un informe do departamento de Secretaria no que se indican cales son as responsabilidades dos concelleiros/as que voten contra de dita proposta. O que se pide dende o grupo de goberno é que se deixe vía libre para sacar adiante a licitación deste servizo municipal. Durante os últimos meses estívose traballando para sacar adiante esta proposta do proceso de licitación, que ademais está informada favorablemente polos técnicos de Secretaría e de Intervención”.

Por parte da oposición, os concelleiros/as non adscritos Pilar Candocia, Olaia Alvite, Susana Mayo e Anxo Doval seguirondefendendo que para eles “a mellor opción é a municipalización do servizo de saneamento e abastecemento. Nós non estamos en contra das cláusulas do prego de licitación, senón que estamos en contra do modelo de xestión que vostedes defenden. Volvemos a recalcar, unha vez máis, que para nós a mellor opción é a xestión pública deste servizo”.

Por outra banda, os concelleiros/as non adscritos/as María Dolores Fernández, Alfonso Rey, María González, Manuel Ferreiro, Emilio Martínez e Ramón García Argibay, explicaron que “ nós sempre defendemos o mesmo, uns pregos serios feitos polos técnicos da casa, e non un prego de licitación por un período de dous anos, cunha posible prórroga dun ano máis. Nós cremos que a mellor opción é realizar unha licitación a longo prazo. Na actual situación sería a única fórmula beneficiosa para o Concello e para os seus veciños”.

Por último, os concelleiros/as do grupo municipal socialista anunciaron que están dispostos a chegar a un acordo co goberno municipal para sacar adiante o proceso de licitación deste servizo. Para iso, o voceiro do grupo socialista, José Miñones, manifestou que “presentamos varias propostas para chegar a un acordo. Unha desas propostas é licitar este servizo por un prazo de tres anos e un cuarto ano de prórroga se fose necesario. Non estamos de acordo en facer unha licitación do servizo por un período de dous anos, cunha posible prórroga dun ano”. Ademais, dende o grupo socialista defenderon que “sexa a futura concesionaria do servizo a que se encargue de facer un auditoría das instalacións e que o Concello estea asesorado por algunha institución publica e non por unha asistencia técnica”.

O rexedor municipal incidiu en que “non hai unha gran diferencia entre licitar o servizo por dous anos máis un de prórroga ou facelo por tres ano e un cuarto ano máis de prórroga se fora necesario. Ademais, houbo tempo de presentar estas propostas antes con maior antelación e non agora”. Sobre o tema da auditoría, Santiago Amor, defendeu que “a mellor opción é que a futura empresa concesionaria non se encargue de facer a devandita auditoría porque poder ter determinados intereses. É mellor que a auditoría sexa feita por unha empresa externa”, apuntou Santiago Amor. Por último, o alcalde dixo que “xa se lle solicitou asesoramento a outras administracións especialistas no tema da auga, pero un técnico destas institución non pode estar pendente exclusivamente do proceso de licitación de saneamento e abastecemento de Ames”.



Mocións debatidas

Por último, tratáronse tres mocións. A primeira foi presentada polos concelleiros/as do grupo municipal socialista para instar á Xunta de Galicia a adoptar as medidas necesarias para a modificación da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, eliminando do seu texto o disposto no artigo 41, apartado C, no que se refire á obriga das condicións impostas ás comisións de festas para a obtención de licenza de celebración de festas populares. Esta moción foi aprobada por maioría absoluta cos votos a favor dos edís do grupo socialista e dos concelleiros/as nos adscritos, mentres que os membros do goberno municipal abstivéronse. 

A segunda moción foi presentada polos concelleiros/as non adscritos/as María Dolores Fernández, Alfonso Rey, María González, Manuel Ferreiro, Emilio Martínez e Ramón García Argibay sobre os convenios de colaboración entre a Xunta de Galicia e os concellos en materia de comedores na época de vacacións escolares durante o verán. Nesta moción ínstase á Xunta de Galicia a asinar un convenio segundo o disposto no boletín oficial do Parlamento de Galicia número 303 de 12 de xuño de 2014. Esta moción foi aprobada por maioría absoluta cos votos a favor dos edís do grupo socialista e dos concelleiros/as nos adscritos, mentres que os membros do goberno municipal abstivéronse.

Na terceira moción presentada por vía de urxencia polos concelleiros/as non adscritos Pilar Candocia, Olaia Alvite, Susana Mayo e Anxo Doval instouse á Xunta de Galicia para que manteña abertas todas as escolas unitarias de Ames e difundir entre o conxunto das familias a posibilidade de escolarizar ás súas fillas e fillos nas escolas unitarias, e ao tempo informar adecuadamente do valor desta opción educativa; recoñecendo ademais a súa función na desconxestión dos centros educativos de Ames. Esta moción taménfoi aprobada por maioría absoluta cos votos a favor dos edís do grupo socialista e dos concelleiros/as nos adscritos, mentres que os membros do goberno municipal abstivéronse.

Psoe Ordes - Sobre o pleno de xuño

O PSOE de Ordes celebra que o Pleno inste á Xunta a non crear un macrovertedoiro en Areosa 

Ante as reticencias do PP ordense, Xesús Pedreira advertiu que se SOGAMA segue coa ampliación están dispostos “a elevar a nosa protesta onde sexa, incluso ante a UE, porque xa está ben de pasear o lixo para vir a enterralo aquí”

O PSOE de Ordes celebra o respaldo do Pleno Municipal á súa proposta de instar á Xunta de Galicia a abandonar o proxecto de ampliación do vertedoiro de Areosa polos prexuízos que ocasionará aos veciños e veciñas de Ordes. Unha proposta que foi aprobada cos votos a favor do PSOE, UXO e Cidadáns, e a pesar da abstención do BNG e dos votos en contra do Partido Popular.

O voceiro municipal socialista, Xesús Pedreira, amosouse sorprendido pola oposición do PP ordense, que negou que estivera en marcha un proxecto de ampliación de Areosa. Pedreira asegura que “unha vez mais, como acontece coa moción dos comedores escolares, o PP non quere ver a realidade e prefire crear unha realidade alternativa” e advertiu que “se o proxecto de ampliación do vertedoiro segue adiante estamos dispostos a elevar a nosa protesta onde sexa, incluso ante a Unión Europea porque xa está ben de pasear o lixo por toda Galicia para vir a enterralo aquí. Os veciños de toda Galicia pagamos pola reciclaxe, non para que veñan soterrar o lixo a esta comarca”.

Así mesmo, Pedreira lamentou a abstención do BNG, que optou por esta postura ao non serlle aceptada unha emenda para instar á Xunta a buscar outro modelo alternativo a SOGAMA. “Os socialistas apostamos por un modelo de plantas comarcais, polo que non podiamos aceptar esa emenda”, xustifica Pedreira Mirás. O concelleiro lembrou que a intención da Xutna de converter Areosa no macrovertedoiro de Galicia implica graves prexuízos para os veciños e veciñas das parroquias próximas a modo de cheiros, lixiviados, etc. Así como un maior deterioro da rede viaria ordense.

Comedores
Finalmente, os socialistas ordenses celebraron a unanimidade en torno á súa moción para que o Concello de Ordes solicite a reserva de dominio Ordes.gal na fase de pioneiros, que remata o vindeiro 25 de xullo para garantir que ninguen poida contratar Ordes.gal como dominio dentro de Internet. Ademais, celebraron a aprobación da súa moción sobre os comedores escolares, que insta á Xunta de Galicia a elaborar un “Plan de Apoio á alimentación infantil” que, en colaboración co Concello de Ordes, permita mitigar a pobreza infantil e evite déficits alimentarios que poidan afectar ao desenvolvemento do menor, ao tempo que aumentarían os riscos de sufrir enfermidades respiratorias e cardiovasculares. Un plan no que contarían coa colaboración e apoio do Concello de Ordes e do resto da comunidade educativa, pero no que a Xunta tería que mobilizar os recursos suficientes para a súa aplicación.

Pedreira lamentou a abstención do PP de Ordes, “que se refuxiou no discurso inmobilista do PP a nivel estatal de poñer en risco a alimentación dos menores por unha cuestión de estética, para que non se visibilice a realidade”. “Se temos un problema de desnutrición infantil, como veñen denunciando múltiples ONG ao longo dos últimos meses, o que hai que facer é buscarlle solucións, non agachalo debaixo da manta”, denunciou o socialista ordense.

Axenda e tempo do venres 27 de xuño - Música, festas, exposicións

Santiago - Música Coral - Amigos do CMUS

Santiago festas do barrio de San Pedro 

Santiago - Via Stellae 2014.


Santiago - Miramemira - Tres tristes tetris

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

O Tempo

Plataforma Preferentes - Hipocresía do PP

A COORDINADORA GALEGA DE PLATAFORMAS DE AFECTADOS POR PREFERENTES E SUBORDINADAS DENUNCIA A HIPOCRESÍA DO PARTIDO POPULAR, QUE VOTA EN MADRID O CONTRARIO QUE EN SANTIAGO.

Votou no Congreso en contra dunha Proposición de Lei do BNG semellante á aprobada no Parlamento galego que contou co voto favorábel do PP

O Pleno do Congreso debateu o pasado martes, 24 de xuño, a Proposición de Lei presentada polo BNG e que xa fora aprobada por unanimidade no Parlamento galego, na que se demanda modificar a Lei 9/2012, de 14 de novembro, de modo que se garanta a devolución íntegra do valor nominal das participacións preferentes e outros instrumentos híbridos de capital e débeda subordinada.

A maioría absoluta do PP non permitiu que fose aprobada. O deputado, Martínez Pujalte, que subiu á tribuna do Congreso para defender a postura do PP, a pesar de loubar na súa intervención a iniciativa presentada polo BNG e xa aprobada polo PP no Parlamento galego, concluíu afirmando que “votaremos que non” a esta Proposición de Lei para solucionar de xeito definitivo o problema das participacións preferentes, “desde a conciencia limpa, tranquila e serena”.

Onte, o PP, perdeu unha boa oportunidade de demostrar ante as miles de persoas estafadas polas entidades bancarias, que asumira a parte de responsabilidade política que lle corresponde na xestión destas estafas, poñéndose do lado das vítimas para que puidesen recuperar todos os seus aforros. Pero preferiu seguir os ditados da súa “conciencia limpa, tranquila e serena” que lles permite votar unha cousa en Galiza e a contraria en Madrid e seguir roubando a xente para rescatar, sanear e enriquecer a uns cantos banqueiros.

Desde a Coordinadora Galega apoiamos sempre este tipo de iniciativas encamiñadas a buscar unha solución legal que posibilite a devolución íntegra dos aforros depositados en participacións preferentes e outros instrumentos híbridos, aos miles de persoas afectadas por esta estafa que non recuperaron aínda o cen por cen dos seus cartos.

Coa súa maioría absoluta e o voto en contra desta Proposición de Lei, o PP pecha a porta a dar unha solución legal e colectiva a esta estafa. A única saída que lles deixa a estes miles de estafados para recuperar todos os seus aforros, máis de 200 millóns de euros atrapados en NGB, é acudir á vía xudicial co conseguinte custe en cartos e tempo.

A Coordinadora galega segue demandando do goberno do Estado e da Xunta de Galiza solucións políticas e definitivas para facer xustiza coas vítimas desta estafa, medidas para condenar aos seus responsábeis e retirada das sancións impostas aos preferentistas por reclamar na rúa, con firmeza pero pacificamente, a devolución de todos os seus aforros.

Coordinadora Galega de Plataformas de Afectados por Preferentes e Subordinadas

BNG Compostela - Moción para que as obras dos centros escolares sexan en verán

O BNG traslada ao Pleno a necesidade de que as obras de mantemento dos centros de ensino se realicen durante o verán

Nunha das mocións reclama a apertura dun proceso constituínte, baseado na soberanía dos pobos, onde Galiza sexa referente político

 O grupo municipal do BNG defenderá no Pleno ordinario do mes de xuño dúas mocións e dous rogos, ademais de ter rexistradas cinco preguntas de control sobre actuacións do Goberno local para a súa resposta por escrito.

Así, nun rogo reclamará que se acometa de inmediato, en período de vacacións, o conxunto de actuacións necesarias para solucionar as deficiencias derivadas da falta de mantemento que presentan os centros de educación infantil e as escolas conveniadas co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Por iso considera que o período non lectivo é o momento idóneo para realizar actuacións de reparación, conservación e mantemento, por canto non se producen interferencias coa actividade dos centros. O BNG demanda tamén que se adopten melloras de seguridade no uso de autobús escolar no CEIP de Roxos.

O grupo municipal do BNG solicita tamén que se adopten de inmediato as medidas necesarias para restaurar as normais condicións de uso da rúa Raxoi e se retire o material de obra que invade a praza de San Clemente, unha zona moi transitada pola veciñanza e polas persoas que visitan Santiago de Compostela que atopan unha imaxe de desleixo que non se corresponde coa dunha cidade premiada pola conservación da súa zona histórica e que se gaba de ser cidade de acollida.

Nunha das mocións demandará o inicio dun proceso constituínte onde as nacións do Estado sexan o suxeito político para garantir o dereito de autodeterminación e o dereito a decidir, onde o BNG reclama a República Galega. Ao BNG non lle vale unha simples mudanza de caras que dean continuidade ao réxime unitario e centralista deseñado na Transición e perpetúen a monarquía como símbolo e garante desa unidade. O que a cidadanía galega precisa é liberdade e capacidade para decidir e nese espazo verdadeiramente democrático, onde se garanta o dereito de autodeterminación dos pobos, non ten cabida ningún rei, recolle a moción. Por todo isto, xúlgase importante que se inicie un proceso constituínte, baseado na soberanía dos pobos, onde Galiza sexa referente político.

A outra moción é para que se aplique a lei pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galiza. Nesa iniciativa reclámase tamén que se ice a bandeira LGBTI nalgún edificio emblemático do Concello de Santiago. O BNG quere que o Concello de Santiago se comprometa a demandar da Xunta de Galiza que, de xeito urxente, dote o servizo de apoio e mediación LGTBI coa liña de atención telefónica permanente para atender os casos de consulta, asesoramento ou denuncia de calquera tipo de agresión neste ámbito.

Ames - Valoración do goberno municipal sobre o ciclo da auga

Valoración do goberno municipal sobre o proceso de licitación dociclo integral da auga

O goberno municipal segue traballando para sacar adiante o proceso de licitación do ciclo integral da auga do Concello de Ames. Trátase de adxudicar este servizo por un período de dous anos, para que neste prazo se poida realizar unha auditoría, para obter todos os datos deste servizo, e ao mesmo tempo elixir a mellor opción de xestión dun dos servizos máis importantes do Concello de Ames. O goberno municipal seguiu en todo momento as pautas marcadas nos informes técnicos e o asesoramento prestado por outras administracións especialistas no tema da auga.

A concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, explicou que “a licitación a dous anos, cun ano máis de prórroga se fose necesario, é a única opción que se pode aprobar e está pensada para fomentar a concorrencia de varias empresas. O goberno municipal fixo o máis difícil no proceso de licitación do ciclo integral da auga e sempre buscou a mellor opción para o Concello de Ames. Para iso seguiuse en todo momento o marcado nos informes técnicos e o asesoramento prestado por outras administracións especialistas no tema da auga”.

Nunha das últimas comisións plenarias de abastecemento e saneamento os concelleiros/as da oposición solicitaron un informe do departamento de Secretaria, para coñecer a responsabilidade que terían por votar en contra no proceso de licitación do servizo público do ciclo integral da auga.

Neste senso, a concelleira de Medio Ambiente, manifestou que “o informe técnico de Secretaría axuntaba a documentación do Pleno e foi pedido polos grupos da oposición, despois da advertencia feita polos técnicos municipais sobre o risco de que o vindeiro 2 de setembro non estea iniciado o expediente de contratación do novo contrato do servizo de saneamento e abastecemento do Concello de Ames. Dende o goberno municipal somos conscientes das consecuencias que suporía iso, polo que nunca pedimos esa documentación”.

Ademais, María Eugenia Martín, incide en que “nas reunións celebradas desta comisión aclaráronse todas aquelas cuestións que os/as concelleiros/as da oposición quixeron plantexar. Ademais, achegóuselles toda a documentación presentada pola empresa consultora e déuselle conta do estudo económico, a dous anos, feito seguindo as indicacións dos informes emitidos polos técnicos municipais de Intervención e Secretaria”.

Por último, a concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, destaca que “dende que quedou deserta a licitación do contrato da auga non se perdeu nin un só euro, posto que calquera empresa concesionaria, ou incluso se se optará pola xestión directa, non podería entrar a cubrir este servizo antes do 2 de setembro, período de garantía obrigatoria aprobado polo Pleno”.

Oroso - Renuncia da comisión de festas de San Andrés de Barciela

O Concello de Oroso informa da renuncia da Comisión de Festas de San Andrés de Barciela - Sigüeiro a celebrar as festas do Sacramento

 O Concello de Oroso informa da recepción dunha notificación dos membros da comisión de festas de San Andrés de Barciela-Sigüeiro no que informan da disolución da comisión “debido á escasez de colaboración por parte da meirande parte do veciñado” e a súa decisión de deixar feita a Festa de Santa Eufemia (16 de setembro) pero non a do Sacramento (último domingo de agosto, é dicir, 30 e 31 de agosto). Os membros da recén disolta comisión de festas ofrécese a axudar a todas aquelas persoas que queiran asumir o mando dunha nova comisión. O contido da notificación recibida polo Concello de Oroso é o seguinte:

Teo - Concerto de peche de Música nos Tios


A Banda Trim pecha o ciclo música nos Tilos hoxe venres
Os concertos, os venres de xuño nos Tilos, trouxeron este ano jazz, flamenco ou música cubana, entre outras propostas 

A banda Trim pecha este venres 27 o ciclo de concertos Música nos Tilos que se estivo celebrando todos os venres do mes de xuño. Neste 2014 ademais cumpríanse 5 anos da posta en marcha deste ciclo de concertos que busca traer propostas musicais frescas e de calidade ao entorno máis próximo dos teenses. O concerto comezará ás 22:30 horas na Casa Común dos Tilos e a entrada é de balde. 

Trim está formado polos galegos Pedro Fariñas e Fernando Barroso, xunto co portugués Luís Peixoto. Trátase dunha banda que mestura a gaita coas cordas, sempre dentro da visión actual da música instrumental, creando música orixinal con certa referencia nas músicas populares. Fan unha proposta cun aire innovador no panorama folk actual. Os tres integrantes teñen traballado ou colaborado con recoñecidos músicos galegos. 

Este ano completaron o cartel de Música nos Tilos Jamila Purofilin, Sumrrá e Miguel Flores Trío. Cada un deles ofreceu un concerto cercano sempre no mesmo escenario, a Casa Común dos Tilos, ubicación característica deste ciclo de concertos.

Axenda e tempo do xoves 26 de xuño - Concertos, festas. exposicións

Ames - Tarrío - Ultra Party SDC

Santiago festas do barrio de San Pedro 

Santiago - Teatro Principal - homenaxe a Benedicto 

Santiago - Via Stellae 2014.


Santiago - Miramemira - Tres tristes tetris

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

O Tempo

Pazo Faramello - Os obradoiros de TRIM poñen fin os "Encontros musicais"

Os obradoiros de TRIM pechan este venres os 'Encontros Musicais' no Pazo do Faramello

Este venres día 27 de xuño volven os 'Encontros Musicais' ao Pazo do Faramello cos obradoiros impartidos polos músicos de TRIM para instrumentos de corda e gaita. Os ditos cursos, a un prezo de 25 euros cada un, -con dereito á visita ao pazo e petiscos- xa están á venda en http://www.culturaimperdible.com/es/tenda/ e poden adquirirse nalgúns lugares de Compostela e comarca. 

Logo das exitosas primeiras xornadas dos Encontros cos concertos de Xabier Díaz, Miguel Flores e Sumrrá, sen esquecer tamén a oferta gastronómica e a visita guiada ao Pazo, chega a última entrega desta novidosa proposta que promoven e producen o propio Pazo do Faramello, Imperdible Servizos Culturais e Merlo Branco Producións e que conta coa colaboración e patrocinio de diversas entidades tales como as adegas Don Olegario, Paula Franco Fotografía, Xoga Deseño, Tátara Comunicación e a entidade turística Área Santiago, grupo de 16 concellos para a promoción turística conxunta.

Os músicos de TRIM ofrecerannos para pechar as xornadas tres diferentes obradoiros. Pedro Fariñas será o encargado de impartir a aula de gaita. Fernando Barroso será o encargado de impartir aulas de guitarra e bouzouki, e Luís Peixoto fará o mesmo coa mandolina e cavaquinho. Cada un dos tres obradoiros terá un máximo se 10 alumnos, polo que poderán disfrutar de 3 horas de clases realmente particulares con estes tres grandes músicos. O prezo de cada un dos obradoiros é de 25 euros e a entrada inclúe visita guiada ao Pazo, a celebrar ás 19 horas + copa de viño D.O. + pinchos.

As entradas con dereito a visita guiada ao Pazo, petiscos e os obradoiros cos múscos de TRIM están xa á venda, a un prezo de 12 euros, en http://www.culturaimperdible.com/es/tenda/ e poderán adquirirse en 'La Tita', sito na Rúa Nova, 46, Compostela. Ademais, poden mercarse tamén na Casa do Patín, local situado na Porta Fondo da Vila, 4, Padrón. Tamén están á venda na Sede de Turismo de Santiago – Incolsa, na Rúa do Vilar, 63. 

Os pazos, construcións únicas

Desde Imperdible Servizos Culturais explican que con estas xornadas "queremos achegar o Pazo e a súa contorna a todo o mundo". Destacan que os pazos son "construcións propias, únicas de Galicia", nalgúns casos "auténticas xoias" como o Pazo do Faramello. Ademais, Imperdible agradece a “cercanía e interese” do Pazo por colaborar na difusión cultural co-producindo estes Encontros. 

Por outra parte, o deseño dos Encontros procura abrir a música a todo tipo de públicos, tarefa que realizará a través de propostas musicais que abranguen do folk ao jazz, pasando polo flamenco. Todas elas, ademais, da man de artistas radicados en Galicia.

"Nace para quedar"

Imperdible salienta que se trata dunha produción financiada integramente con fondos privados e con fórmulas de autofinanciamento. "É moi importante que as empresas galegas aposten pola nosa cultura e pola súa difusión", explican as responsables desta entidade cultural.

Sinalan, por último, que se trata da primeira edición dos Encontros no Pazo do Faramello, pero que a proposta artística "nace para quedar", xa que a proposta é unha grande aposta cultural co máis representativo do panorama artístico galego acompañado dunha parte gastronómica e outra formativa. Sen dúbida, os Encontros no Pazo do Faramello son unha nova forma de pasar o mellor tempo de lecer neste entorno único da comarca de Compostela. 

Os catro Encontros incluíron unha visita guiada polo Pazo do Faramello, así como actividades musicais que combinan o aspecto lúdico co formativo e o gastronómico. As visitas permitirán coñecer mellor o Pazo, un fermoso espazo que conta cunha paisaxe natural única e con árbores senlleiras protexidas. Ademais, alberga numerosas obras artísticas galegas, así como elementos declarados BIC (ben de interese cultural).

Barrio de San Pedro - Comezan as festas

Chuvia de cores nasFestas do Barrio de San Pedro

. Aposta polareciclaxe e compromiso cocoidado do noso entorno. Nas cantinas da Comisión de Festasunicamente se empregaránecovasos. 

. Danza, teatro, cinema, música, circo, arte, ciencia maistamén reflexión e debate social marcan o programa con máis de 60 actividades.

. Recuperación do “Paseo do Paraíso”. O sábado 28 cambia de formato apostando pola diversificación. Espazo da Ciencia,EspazoCidadán, Espazo de Xogo, Espazo Sonoro, Espazo das Letras. 

Apagadas as cacharelas de San Xoán, arrancan as Festas do Barrio de San Pedro. Naxornada inaugural contaremos coa proxección do filme de Alfonso Zarauza“Encallados” no Cemiterio de San Domingos de Bonaval. Uns días de ledicia que son posibles, grazas á colaboración da veciñanza e o traballar arreo de preto de cenpersoas voluntarias.

Cinco prazas, cinco cores. Fai o teu Paseo do Paraíso

Unha das novidadesmáissalientablesdeste ano é o cambio de formato para o sábado. Incorporamos cinco cores a cinco prazas do noso barrio. Sóterás que seguir o fío de cor para achegarte os debates, actuacións e obradoiros nos que o protagonismo é da veciñanza. 

Recupérase para o barrio o “Paseo do Paraíso” que por tradición era a rúa dos Concheiros ata o campo do Paraíso. Un feito histórico, unha filosofía sobre o lecer da veciñanza que leva, no sábado das Festas, a distribuir polasprazas do barrio distintos espazosadicados á ciencia, arte, debate, propostas, xogos e música para que as persoas do barrio e aquelas que nos visitan podan realizar o seu propio Paseo do Paraíso durante toda a xornada do sábado. 

Coidando do barrio, boas prácticas e diversión

O compromiso co barrio inclúe intentar reducir ao máximo o lixo que xeran as festas. Este ano, tamén como novidade, as cantinas da Comisión de Festassó servirán en ecovasos, seguindo a filosofía de que tan importante como recoller é non ensuciar. 

Os ecovasos, xuntocosLastros (a moeda oficial das festas) serán facilitados nas casetas da Comisión. 

O programa das festasinclúe un Decálogo de Boas Prácticas no que se insta á cidadanía a disfrutar desta cita lúdica no Barrio de San Pedro dunxeitorespectuoso. “Somos un barrio aberto, acolledor e orgulloso dunhasfestas que se basean no traballo voluntario e a boa vontade da veciñanza”, aseguran dende a Comisión que chama a “respectar as intruccións da organización e a nosa filosofía. Gañaremos todos e todas”.

Agradecementos

A Comisión de Festasquereagradecerlleaos vecinos e veciñas a súa colaboración e, sobre todo, ásmoreas de voluntarias/os que están a traballar para que istosexa posible.

Convidamos a toda a cidade a que veña con nós a disfrutar das nosasFestas e a ser participes do noso Barrio.

Pacto X Ames - Sobre a licitación do servizo da auga

O Sálvese quen poida e a irresponsabilidade está instaurado no concello de Ames. O goberno do PP en clara fuxida cara a diante, os nacionalistas amparándose na “misión imposible” da municipalización do servizo e os socialistas non saben se soben ou baixan. Este é o panorama da licitación do chamado “ciclo integral da auga”

416.000 euros son os cartos que se levan dilapidado dende que a mediados de novembro do 2013 quedara deserta a licitación deste servizo. Segundo os datos do propio alcalde, cada día que pasa o concello perde 1.666 euros.

No pleno do día 26 de setembro de 2013 o PSOE de Miñones e os nacionalistas de Pilar Candocia apoiaron a proposta dos pregos copiados e facilitaron co seu voto favorable a licitación deste servizo que logo quedaría deserto.

Dende que no mes de xullo de 2013 PxA advertira das graves consecuencias que terían para o concello a indolencia do goberno do PP ao plaxiar os pregos do chamado ciclo integral da auga, da cidade Extremeña de Cáceres, entrouse nunha dinámica de deriva que estamos pagando todos os que vivimos en Ames . O goberno do PP non ten a capacidade suficiente para sacar o tema con solvencia e leva ao noso concello a unha situación sen precedentes no municipalismo.

Os nacionalistas mudaron de opinión unha vez que a licitación quedou deserta, e pasaron de apoiar sen condicións ao goberno do PP a chamarlle “chantaxista”, facendo a proposta de municipalización aínda a sabendas que os datos económicos e técnicos,indican que esta opción é inviable a corto e medio prazo.

Os socialistas de Ames, nunha situación esperpéntica, logo de aprobar os pregos copiados de Cáceres, e unha vez que quedan deserta a licitación, critican desaforadamente ao goberno, plantan as comisións, logo volven a participar nelas e volven a criticar ao goberno por propoñer unha licitación “provisional” para 2 anos máis 1 de prórroga e agora propoñen unha licitación de 3 anos máis 1, situación aínda máis onerosa para o noso concello e coa única diferenza coa proposta do goberno de 1 ano.

Unha vez máis queda claro que si algún grupo colaborou e fixo propostas serias, por escrito, concretas e cuantificadas foron os membros de PxA. Os demais grupos limitáronse a facer oposición a PxA con un único obxectivo, unirse para denostar, desgastar e intentar transmitir por todos os medios que os concelleiros que formamos Pacto por Ames estabamos actuando de forma incorrecta. Ao final, o tempo retratou a cada un, e o traballo serio e responsable dos concelleiros de PxA así como todas as achegas feitas e as advertencias que levamos facendo dende hai máis de 1 anoestán dándonos a razón.

PxA sempre se manifestou de un xeito claro a favor de unha licitación axeitada as características e peculiaridades do concello de Ames, a través da confección de un prego serio, feito por especialistas do sector en colaboración estreita cos servizos técnicos do concello, en estreita coordinación e cordialidade con todas as partes implicadas neste complexo procedemento e por suposto, dando toda a información necesaria sen ter que estar xogando con algo tan importante como é un servizo que inicialmente se programou para 15 anos con un importe de 33.500.000 euros.

Agora as presas, froito dos caprichos de un goberno sen recursos, e coa complicidade inicial dos socialistas e nacionalistas que agora pretenden sacudirse as súas responsabilidades despois de ser corresponsables da aprobación plenaria dos pregos iniciais copiados de Cáceres e pretendendo tirar a pedra e esconder a man, provoca unha situación sobrevida na que o concello estea perdendo por un lado miles de euros e pola outra mellores prestacións e condicións de un servizo axeitado na xestión do chamado “ciclo integral da auga” que non é nin máis nin menos que o servizo de abastecemento e saneamento.

PP Ordes - Demanda de plan de arranxo de equipamentos

O PP de Ordes urxe ao Concello a executar un plan urxente de arranxo dos equipamentos públicos na vila 

· Demandará no Pleno desta semana que se acometan tarefas de mantemento e limpeza de beirarrúas e farois en diferentes puntos do núcleo urbano

· Nun tramo da rúa Campeiras, a maleza chega ata o borde da calzada

· Defenderá tamén unha moción para instar ao Concello a habilitar novas áreas de estacionamento na vila e a arranxar as actuais 

O Partido Popular de Ordes presentará no Pleno ordinario previsto para este xoves unha batería de rogos encamiñados a impulsar o arranxo de equipamentos públicos necesitados de mantemento urxente, como beirarrúas e puntos de luz, que acusan o paso do tempo e a ausencia de atención por parte dos servizos municipais.

Entre outros exemplos da necesidade dunha actuación inmediata, o Grupo Municipal Popular insta ao Concello arranxar os tramos de beirarrúas estragados nas rúas Campeiras e Parque Municipal (nestes dous casos fronte a obras paralizadas desde hai tempo), a arranxar outro tramo da rúa Campeiras (nas dúas marxes), no que a maleza chega ata o mesmo borde da calzada; e a repasar a totalidade dos traballos de revisión de arquetas efectuados na Rúa do Recreo, xa que continúan a presentar deficiencias, xerando constantes molestias como consecuencia da contaminación acústica derivada do tránsito de vehículos. 

No referido ao alumeado público, o PP reclamará o arranxo e posta en servizo dos farois estragados e fóra de servizo desde hai varias semanas na rúa Compostela; así como a revisión dos puntos de luz da rúa Alfonso Senra, algún dos cales presenta incluso risco de desprendemento.

Paralelamente, o Grupo Municipal do Partido Popular de Ordes defenderá unha moción para instar ao equipo de Goberno a habilitar novas áreas de estacionamento no centro da vila e a arranxar as dispoñibles na actualidade, moi deterioradas polas fochancas e a ausencia de mantemento axeitado. 

Outros rogos:

· Instar á empresa encargada da recollida do lixo a colocar os contedores nos elementos de suxeición instalados a tal efecto.

· Dado que as recentes chuvias provocaron problemas na evacuación de pluviais pola acumulación de restos vexetais triturados procedentes dos traballos de desbroce, instar aos operarios encargados deste traballos a mellorar a técnica empregada, efectuando tamén o mantemento de taxeas e cunetas da rede viaria municipal.

· En datas recentes, unha empresa dedicada á minería aproveitou o mineral existente no subsolo dun predio de titularidade municipal situado na parroquia de Barbeiros, sen que exista constancia da concesión de aproveitamento. Por iso, o PP pide información sobre a cantidade percibida polo Concello e sobre o acordo que permitiu a ocupación, remoción e aproveitamento do subsolo.

· O proxecto de execución do muro e beirarrúa elevada da piscina municipal do campo da feira, financiado pola Xunta a finais de 2011, contemplaba a execución dunha cafetería da que polo de agora non se teñen noticias. Transcorridos máis de dous anos desde entón, o PP pide información sobre a hipotética modificación do proxecto.

· Reitérase a petición de efectuar o mantemento integral de todas as “illas verdes” existentes nas diferentes parroquias de Ordes, antes de que a deterioración que presentan resulte irreversible. 

· Rogo para que o Concello desbroce as vías paralelas aos terreos de ADIF na parroquia de Lesta e que na actualidade están pechadas pola maleza. Estas pistas dan acceso a predios rústicos situados ao carón da trazado de alta velocidade ferroviaria.

· Rogo para que o Concello informe sobre as previsións para cubrir a praza de conserxe no CEIP Campomaior, que quedou vacante por xubilación.

· Rogo para que se informe dos pasos a seguir por parte do Concello na praza do mercado local logo de que se rexeitara o recurso de unha praceira.

Casa das Crechas - Presentación do primeiro disco de TRIM

A Casa das Crechas acolle hoxe xoves a presentación do primeiro traballo discográfico de TRIM, o trío de gaita e cordas que forman os galegos Pedro Fariñas e Fernando Barroso e o portugués Luís Peixoto.

Este novo trío mestura a gaita galega coas cordas, achgando a súa visión da música instrumental actual, con composicións propias e reminiscencias das músicas populares de Galicia e Portugal. A súa traxectoria individual, a súa bagaxe e a súa versatilidade fan deste proxecto un trío cunha sonoridade peculiar e cun certo aire innovador dentro do panorama folc actual. 

Este traballo discográfico foi financiado a través de ‘crowdfunding’ na plataforma Verkami e gravado no estudo ‘A Ponte’ de Tomás Axeitos. Tamén inclúe un DVD que amosa a gravación dos temas ademais de entrevistas e algún extra do proceso de produción. 

Luís Peixoto é un experimentado músico portugués, que domina diferentes instrumentos de corda, como o bandolín ou o cavaquinho. Na súa traxectoria musical aparecen bandas como Dazkarieh, Sebastião Antunes & Quadrilha, Assembly Point, Anxo Lorenzo Band ou Júlio Pereira, sen nomear multitude de colaboracións tanto en directo como en gravacións a nivel internacional, onde podemos destacar a Korrontzi, Kepa Junkera, Fetén Fetén ou Flook

Fernando Barroso (Ferrol), músico galego que forma parte de "Budiño", "Os Cempés" e "Riobó". Na súa traxectoria colaborou con numerosas formacións e artistas. Entre eles Anxo Lorenzo Band, Ardentía, Malvela, Uxía Senlle, Sebastião Antunes, Josep María Ribelles, RIU, Coanhadeira e colaboracións especiais con Korrontzi, DRD, Kepa Junkera ou Danú. 

Pedro Fariñas (Vigo), gaiteiro novo pero con moitos galardóns e experiencia, así como saxofonista de prestixiosas bandas de música reggae da península. No campo da música tradicional foi membro fundador de Anacos de Buxo, membro do cuarteto Canle Dadá e membro e solista da Banda de Gaitas Xarabal (Vigo). Entre os seus innumerables premios cabe destacar o primeiro premio no Trophée Maccrimmon para Gaita no Festival de Lorient, 2011.


Fundación Granell - Presentación dos libros Prosopagnosia e Como foi o conto

O Museo Fundación Eugenio Granell presenta hoxe xoves 26 de Xuño ás 19.30 h., os libros Prosopagnosia e Como foi o conto e outras peças teatrais de Alberte Pagán, ademais da proxección da Película urgente por Palestina.

No poemario Prosopagnosia, Alberte Pagán ofrece unha nova visión da realidade revolucionaria da cidadanía exipcia. O longo da súa obra Pagán amosa unha poesía de carácter global que permite diversos niveis de lectura. Deste modo, podemos enfrontarnos a ela coma unha escritura plenamente fónica e letrista; ou ben, entendela poesía coma un pensamento, afondando nos seus significados ocultos a través da gran variedade de idiomas que a atravesan. Sen embargo, o poemario encontrase envolto nunha linguaxe dura e cunha gran carga política, que reflexa a aceptación da sociedade ante o imperio inglés.

A obra Como foi o conto e outras peças teatrais componse de cinco pezas teatrais que teñen a súa orixe en sendas películas homónimas. As primeiras recollen documentalmente a oralidade da lingua sen apenas artificios nin retoques. Sen embargo, as dúas últimas pezas son orixinais do autor, quen se centra na procura dos guións fílmicos encontrando nestas obras todo o texto dialogado.

Por outra banda, Película urgente por Palestina, invita ao público a tomar partido durante a proxección convertendo a sala nun campo de batalla. A representación convértese en proxección, polo que so se pode entender a representación a través do obxectivo da propia cámara.

Axenda e tempo do mércores 25 de xuño - Festas, concertos, exposicions

Santiago - Praza Roxa, actividades con motivo do Día Internacional do Skateboard

Santiago festas do barrio de San Pedro 

Santiago - Via Stellae 2014.


Santiago - Miramemira - Tres tristes tetris

Santiago - Fundación Granell - Ana Gesto - a volta dun plato

Santiago Fundación Nova Caixa Galicia  - Maside en Compostela


Santiago - Museo do Pobo Galego - Illa de Ons

O Tempo

Vedra - Sinatura do convenio colectivo

Neste mes de xuño, no Concello de Vedra asinouse o novo convenio colectivo do Concello de Vedra.

Representantes de todas as forzas sindicais: UXT, Comisións Obreiras e CIG, representantes dos traballadores e o alcalde, o popular Carlos Martçinez Carrillo, xunto co seu concelleiro de Servizos Sociais, Rogelio Lema Mougán, reuníronse para asinar o novo convenio colectivo do Concello de Vedra.

Un convenio que achega a todas as partes, despois de varias reunións realizadas nestes dous últimos meses. Este convenio é un bo exemplo de como en tempo de crise, a administración e os sindicatos poden negociar e chegar a entendemento.

Ordes - Mesón do Vento celebra en xullo a XXII Feira de cans de caza

Mesón do Vento celebrará os días 26 e 27 de xullo a XXII Feira de Cans de Caza
Xa está aberta a inscrición para os que queriran participar na exposición ou en calquera das probas. Haberá degustación gratuíta de productos de caza ademais dunha xornada adicada ás mulleres cazadoras

Mesón do Vento acollerá os días 26 e 27 de xullo a XXII Feira de Cans de Caza. Trátase da maior exposición deste tipo que ten lugar ao longo de todo o noroeste do territorio nacional. Todos aqueles que queiran expoñer as súas camadas xa poden reservar o seu espazo chamando ao 689 550 728. Tamén haberá carpas e stands nos que se poderán adquirir productos relacionados coa crianza de cans e a práctica cinexética. 

Como é habitual tamén se disputarán probas para seleccionar aos mellores exemplares, como é o caso do campionato de rastro na modalidade xabarín ou ben o campionato de mostra de pluma por tempos. Xa o último día de celebración levarase a cabo a distinción dos mellores exemplares de cada raza, ademais dunha merecida homenaxe ás mulleres cazadoras. Pola súa banda todo o público asistente poderá degustar de balde nos establecementos da zona distintas receitas elaboradas con carne de caza.