Axenda e tempo do sábado 26 de marzo - Música, doces, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Área Central - obradoiros de primaveira

Santiago - De lugares e órganos

Teo - Mercado de productos galegos en Os Tilos

Ordes - Torneo de hockey

Santiago - Santiago Paixón Doce



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Exposicion XX Aniversario da Real Filharmonía de Galicia (ata xuño)


O Tempo

A Cía Traspediante con ‘Ventanía. Arredor dos aires e afectos’ no ciclo ‘De Lugares e Órganos’

De Lugares e Órganos’, o programa de música e outras paisaxes de Compostela que organiza a concellaría de Acción Cultural para esta Semana Santa, presenta na xornada de mañá, sábado 26, ‘Ventanía. Arredor dos aires e afectos’ coa compañía Traspediante, da man da bailarina Begoña Cuquejo e o músico Pablo Seoane. Será na Igrexa da Universidade ou da Compañía en tres pases: ás 19.30, 20.15 e 21.00 h. Ademais, haberá de novo un itinerario polos órganos da cidade, nesta ocasión ás 11.00 h.

As entradas para as actividades e concertos son de balde previa retirada de invitación no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de 18.00 a 21.00h. De non esgotarse, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar de celebración da mesma desde 1 hora antes do seu comezo. As invitacións serán válidas ata 10 minutos antes do inicio da actividade. A partir dese momento, a organización resérvase o dereito a empregar as localidades non ocupadas.

Para descubrirmos os vestixios dunha frutífera actividade arredor do órgano na cidade de Compostela e o rico legado organístico que aínda se conserva nela, propoñemos unha serie de itinerarios nos que percorreremos algúns dos órganos que integran estas descoñecidas paisaxes. Nesta edición comezaremos por tres órganos que abranguen diferentes épocas e estilos: os órganos das igrexas da Compañía, de San Francisco e das Ánimas. Durante o percorrido poderemos ver moi de cerca estes instrumentos e aprender cousas sobre os seus construtores, estilos e a época na que foron construídos pero, sobre todo, poderemos escoitar tamén o seu son e entender así mellor a maxia e segredos destes poderosos instrumentos.

Itinerarios polos órganos de Compostela
Capacidade máxima: 50 persoas
Lugar de encontro: na porta da igrexa da Compañía ou da Universidade ás 11.00 h
Adrián Regueiro, órgano
Andrés Díaz Pazos, relator




Órganos e organería en Compostela
Pódese afirmar, de xeito documentado, que dende principios do século XVI a cidade de Compostela foi o máis importante centro de construción de órganos e de formación de organeiros do noroeste peninsular. Probablemente esta actividade viñera xa sendo realizada na cidade dende a baixa Idade Media, pois sabemos que a catedral e algún outro templo contaban con órgano, e mesmo que algún mestre local foi construír instrumentos fóra, como é o caso de Alfonso Gondissalbo que, en 1414 constrúe un instrumento para a catedral de Barcelona. A razón da profusión destes artesáns na cidade era a existencia de numerosos clientes aos que atender. O primeiro deles, dende logo, a Catedral e a súa fábrica, pero tamén os numerosos conventos e igrexas da cidade. Por esta causa hoxe en día a cidade alberga aínda 16 órganos, en estados diversos de conservación. Nas proximidades da cidade tamén atopamos algúns instrumentos interesantes que foron fabricados por mestres composteláns, como na vila de Padrón. Todos estes instrumentos, e outros moitos espallados por Galicia e mesmo fora dela, son testemuña da importante actividade organeira que, desde Compostela, se desenvolveu ao longo de varios séculos, e que tentaremos descubrir a través destes itinerarios.

Ventanía. Arredor dos aires e afectos
Cía. trasPediante

> Sábado 26 de marzo, Igrexa da Compañía ou da Universidade. Tres pases, 19. 30 h 20.15 h, 21.00 h

Begoña Cuquejo, movemento
Pablo Seoane, órgano


Ventanía é unha creación da coreógrafa e bailarina Begoña Cuquejo canda o músico Pablo Seoane, na busca do encontro entre dúas linguaxes: a da expresividade do son do órgano e a do corpo en movemento, que se fornecen mutuamente para convidar ao público a participar dunha experiencia estética e sensorial, posibilitando unha atmosfera adecuada na que reflexionar, evadirse ou enfrontar cara a cara, sentimentos e afectos universais. A representación proponse como un “sitio específico”, concibida, para existir no espazo do coro alto da igrexa da Compañía en conxunción todos os seus elementos (órgano, facistol, cadeirado, arquitectura...), elementos que inspiran, á vez que condicionan e mesmo provocan, tanto a creación coreográfica como a musical.

Comezou en Ordes o Torneo Fase Sector Júnior de hockey, clasificatorio para o Campionato de España

O concello de Ordes será durante estes días lugar de máximo interese para os afeccionados ao hockey sobre patíns. A competición correspondente á fase sector júnior desputarase dende onte venres e ata o vindeiro domingo no pavillón Castelao I. Unha proba clasificatoria para a fase final do Campionato de España, o cal se celebrará do 6 ao 8 de maio en Alcobendas.

En total participarán 6 equipos procedentes de diversos puntos tanto do territorio galego como doutras Comunidades, como Asturias. Estes serán: A.C. Órdenes, A.A. Dominicos, Compañía de María, C. Oviedo Booling A, C. Oviedo Booling B e Club Patín Mieres.

O xoves tivo lugar o sorteo no que, entre outros, estiveron presentes a presidenta do A.C.Órdenes e Luis Caamaño, concelleiro de Deportes do Concello de Ordes, entidade colaboraora deste evento.

Santiago disporá dunha ferramenta destinada a mellorar a súa sostibilidade enerxética

O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo FASUDIR, centrado en xerar unha ferramenta web que facilite a toma de decisións de cara a lograr a eficiencia enerxética dos edificios e barrios das cidades de Europa. Esta iniciativa púxose en marcha en 2013 e concluirá a finais deste ano. Está integrado por 11 socios de cinco países: España, Italia, Gran Bretaña, Hungría e Alemaña.

Entre os tres socios que participan por parte de España atópase o Consorcio de Santiago e a cidade compostelá intervén como caso de estudo, xunto con barrios de Frankfurt e Budapest. Os socios do proxecto reuníronse estes días en Roma, onde se presentou unha versión avanzada da ferramenta. 

A arquitecta do Consorcio que coordina este proxecto, Idoia Camiruaga, explica que “esta ferramenta simula as condicións climáticas e socioeconómicas dun distrito urbano co propósito de determinar que áreas e mesmo que edificios teñen, en relación ao consumo, entre outros indicadores, máis capacidade para producir enerxías renovables e cales, pola contra, están en peores condicións para conseguilo”. 

No caso de Santiago pártese dunha área da cidade histórica que abranque os barrios do Castiñeiro, Pelamios e Vista Alegre. “É unha área rica socialmente, cunha variedade de usos moi alta, con vivendas históricas e do século XX, edificios de uso universitario, sociocultural, deportivo, aparcadoiros… e tamén con moito espazo verde” -sinala a arquitecta do Consorcio-.

“Trátase dunha ferramenta moi útil para responsables políticos, administradores de fincas e tamén para os propietarios ou usuarios de edificios e vivendas e permite escoller a estratexia de rehabilitación máis axeitada dende o punto de vista enerxético, ambiental e socioeconómico.” -indica Camiruaga-. Salienta que “a finalidade é mellorar a sostibilidade da cidade partindo dos distintos barrios ou distritos urbanos, a través de intervencións tanto nos edificios como nos espazos públicos”. 

El Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitó la Casa da Troya

El Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitó el Museo Casa da Troia, donde fue recibido por el presidente de Antigos Tunos Composteláns, Benigno Amor, en cuyo recorrido se demoró algo más de media hora. 

En el libro de visitas estampó su felicitación a los responsables y glosó la Casa como “un retazo da historia viva de Compostela y Galicia onde a cultura universitaria e a tradición estudiantil se dan a man”. 

Acompañaron al conselleiro en la visita el secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, el vocal de Antigos Alumnos USC, Francisco Durán, y los diputados gallegos Maite Cancelo y Moisés Blanco.

A Universidade abre a matrícula para a proba de nivel italiano

Ata o 15 de abril o Centro de Linguas Modernas mantén aberto o prazo de matrícula para a convocatoria do Certificado de Italiano como Lingua Estranxeira (CILS) que se vai celebrar na USC para o nivel DUE-B2. Ofertaranse un total de 24 prazas que se cubrirán por estrita orde de matrícula.

A proba realizarase o 9 de xuño, con dúas parte. Na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, ás 9.00 horas realizarase a proba escrita, que se completará coa valoración oral, no Seminario 0.4 desta facultade a partir das 16.00 horas. Nesta segunda, o horario individual indicarase durante a celebración do exame escrito.Dende 2007 o Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC é centro examinador en Galicia para os exames CILS da Università per Stranieri di Siena para a Lingua Italiana como lingua estranxeira. O CILS é unha certificación que comprende ata 6 niveis.

IV Premio Internacional APECSA 2016, de divulgación do Camiño de Santiago

Foto: Loli Fernández 
A Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), formada por profesionais da comunicación, escritores, historiadores e estudosos do Camiño de Santiago, convoca a cuarta edición do `Premio Internacional APECSA 2016´, de divulgación dos valores do Camiño de Santiago, ao que poderán presentarse obras e iniciativas de divulgación e promoción xacobea -libros, publicacións, producións audiovisuais, series en calquera soporte, congresos, xornadas, encontros, etc.- editadas ou executadas nos anos 2014 e 2015.

Esta edición está dedicadain memoriam a David Mackenzie, membro correspondente da Real Academia Galega (RAG) e profesor das universidades de Ulster (1974-1986), Birmingham (1986-1996) e Cork (1997-2008). Nestas dúas últimas, fundou os seus centros de estudos galegos. Destacado investigador da lingüística iberorrománica, a lingüística e a literatura galegas, o profesor Mackenzie doutorouse coa tese, A criticaleditionwithlinguistic and historicalintroductionofthe"Corónica de Santa María de Iria", defendida na Universidade de Nottingham. En 1992 foi un dos promotores do Comité Británico Proxacobeo.

Con este Premio, unha escultora de Luís Loureira e un diploma acreditativo, APECSA quere distinguir ao mellor traballo de difusión e promoción vinculado ao mundo xacobeo, publicado ou realizado nos dous anos anteriores ao desta convocatoria.O prazo de presentación e recepción de obras e iniciativas para concursar concluirá o día 5 de setembro de 2016 e o acto de entrega do Premio realizarase no último trimestre deste ano.

As obras a concurso entregaranse ou remitiranse ao seguinte enderezo: Rúa Castrón Douro, nº 20. 15703 Santiago de Compostela. Os interesados poden solicitar máis información a través do correo electrónico: xornalistas.caminodesantiago@gmail.com 

O xurado estará formado por 5 persoas de recoñecida traxectoria. Dous membros corresponderán a APECSA, designados pola súa xunta directiva, e os tres restantes representarán ás asociacións ou colexios de xornalistas, ao mundo da hostalería e o comercio vinculados ao Camiño, e ás entidades xacobeas (asociacións, institucións, etc.).

Juan Antonio Corbalán ya divisó la Catedral de Santiago desde O Pedrouzo

El Camino acaba en Obradoiro llegó a O Pedrouzo, pueblo ya cercano a la ansiada Compostela.

Juan Antonio Corbalán ha contado en esta etapa con la compañía del consejero del Rio Natura Monbus Obradoiro y gerente del Hospital Policlínico La Rosaleda, Rafael Silva, con quien conversó sobre salud y deporte. No en vano, el ex jugador es además médico, profesión que sigue ejerciendo actualmente en diversos proyectos. 

El consejero destacaba que Corbalán “tiene las cosas muy claras. Me ha parecido una persona con un gran bagaje, trayectoria y madurez, algo muy difícil de encontrar”. También ha hablado de sus valores: “El compromiso y el esfuerzo que muestra coincide perfectamente con la filosofía del club y de este proyecto”. 


También Rafael Sánchez, gerente del Plan Xacobeo, se ha unido a la etapa, caracterizada por la gran cantidad de peregrinos que se acercan poco a poco a Santiago en este Jueves Santo. 

Hoy las torres de la Catedral se podrán divisar ya desde Monte do Gozo.


Número de cuenta para donaciones al proyecto: (La Caixa) ES75-2100-2186-9202-0035-9587

Axenda e tempo so venres 25 de marzo - Doces, obradoiros, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Área Central - obradoiros de primaveira

Santiago - Santiago Paixón Doce



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Exposicion XX Aniversario da Real Filharmonía de Galicia (ata xuño)


O Tempo

El Club de rugby Lobos abre sus entrenamientos a nuevos participantes

Las Asociación Valentes, Club Deportivo Lobos invita a los niños a participar en sus entrenamientos. El Club se centra en el Rugby y su ámbito de actuación es la comarca de Santiago. En la actualidad participan una docena de chavales, la mayoría menores de 6 años.


El Club abre de nuevo vamos las puertas de los entrenamientos para todos los niños a partir de los 4 años que estén interesados. Entrenan los miércoles en el campo de fùtbol de Cacheiras de 18 a 19:30 y los jueves de 18:00 a 19:30 los más pequeños y de 19:30 a 21:00 los mayores

Sólo se precisa ropa de deporte, unas botas de tacos (preferiblemente) y muchas ganas de pasarlo bien.

El Club tiene menos de un año de vida y tres de sus jugadores, enrolados en las filas de Pontevedra Rugby Club, estarán el primer fin de semana de Abril en Lisboa para participar en un torneo internacional.

El Club mantiene en la actualidad conversaciones con varios concellos de la comarca para crear Escuelas Deportivas la próxima temporada.

Ábrese a inscrición para a viaxe a Sanabria do programa "Imos de excursión 2016"

Dende as 17:00 horas do vindeiro martes, 29 de marzo, estará aberto o prazo de inscrición na segunda das viaxes do programa Imos de excursión 2016. Os interesados poden así reservar praza para unha viaxe a Sanabria (Zamora) prevista para o domingo 10 de abril. A inscrición pode formalizarse presencialmente nos centros socioculturais. Na reserva de prazas, que son limitadas, teñen preferencia os empadroados en Santiago.


Esta viaxe ten un prezo de 27 euros por persoa, no que está incluído viaxe, xantar, guía, entradas e seguro. Os participantes poderán contemplar o casco histórico de Puebla de Sanabria, no que destaca o seu castelo, ao cal se realizará unha visita. A expedición continuará o percorrido polo Museo de Xigantes e Cabezudos e, logo do xantar concertado, chegará ao Parque Natural do Lago de Sanabria.

Imos de excursión 

O programa Imos de excursión, promovido pola Rede de Centros Socioculturais, ofrece neste 2016 un total de 14 viaxes, das que 5 son excursións dun día e 9 viaxes de varias xornadas. O calendario presenta unha lista de atractivos destinos para todos os públicos, cos que gozar dun tempo de lecer compartido visitando o patrimonio histórico, cultural e natural galego, español e portugués.

As viaxes realizaranse en sábados, domingos e pontes festivas. En canto ás viaxes de varias xornadas, ademais da prevista para esta Semana Santa ao País Vasco, este ano programáronse visitas a Andalucía (do 5 ao 8 de maio), ao Algarve (do 14 ao 17 de xullo), a Cataluña (do 8 ao 12 de outubro), ao Alentello (do 29 de outubro ao 1 de novembro), ás Termas de Lobios (do 21 ao 23 de novembro) e a Lisboa (do 3 ao 6 de decembro). Tamén haberá viaxes de dous días a León (28 e 29 de maio) e a Porto (18 e 19 de xuño). Finalmente, as cinco excursións dun día terán como destino Sanabria (10 de abril), a Costa Ártabra (24 de abril), a Mariña lucense (3 de xuño), o Piornedo (18 de setembro) e o San Martiño (11 de novembro).

Axentes medioambientais traballan na protección da píllara das dunas no Barbanza


Os axentes medioambientais do distrito forestal IV, o do Barbanza, traballan na protección da píllara das dunas, unha especie de ave considerada “vulnerable” polas condicións nas que desenvolve a súa reprodución, coa posta de ovos sen niños, nos areais e ao alcance de depredadores e da actividade humana. 





A práctica totalidade das praias do Distrito Forestal IV están consideradas zonas prioritarias de conservación e son áreas de presenza ou de distribución potencial. O Distrito IV comprende os municipios de Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón, Rois, Lousame, Outes, Negreira e A Baña.





As medidas tomadas polos profesionais ao servizo do coidado da natureza consisten fundamentalmente na creación de parcelas de exclusión arredor dos niños que se localicen. No ámbito máis próximo, sitúan unhas estacas que suxeitan unha malla metálica perimetral para impedir o paso de raposos e cans. A malla está cuberta por un entramado de fibra de nailon para que non accedan aves depredadoras, especialmente corvos. A píllara das dunas sempre accede ao niño a pé, nunca voando, e faino aos poucos minutos da colocación das mallas. 

Nun espazo máis amplo, sitúase un cordel perimetral para que non pasen as persoas, cando menos as que non teñen intención de causarlle molestias á especie. Os axentes medioambientais sitúan ademais un mínimo de dous carteis informativos en cada parcela de exclusión para advertir da presenza das aves incubando. Así evítase que as persoas pisen por accidente os ovos, unha das principais causas de fracaso na reprodución destas aves. 



Os traballos para conseguir que a reprodución da píllara das dunas sexa máis exitosa efectúanse desde 2010, cando se localizou unha posta na praia de Testal, no concello de Noia. 

Os axentes medioambientais contaron desde un principio co asesoramento técnico da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de ornitólogos e naturalistas, tanto para a localización e identificación dos individuos adultos como para a colocación das proteccións. 

Non obstante, en 2014 un decreto autonómico aprobou o plan de conservación da especie e determina as diversas medidas para mellorar a súa poboación nas praias de toda Galicia. Entre elas, figuran a instalación das parcelas de exclusión e as sinalizacións, que son de obrigado cumprimento e que os axentes medioambientais instalan desde entón. 

A práctica totalidade dos condutores de Compostela utiliza o cinto de seguridade

A Policía Local, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, vén de realizar unha campaña especial de vixilancia sobre o uso do cinto de seguridade, con especial atención aos sistemas de retención infantil. Entre os días 14 e 20 de marzo, os axentes incrementaron os controis, para concienciar da importancia do uso do cinto, un elemento que reduce á metade o risco de morte en accidentes de tráfico. A xulgar polos resultados, os condutores teñen totalmente asumida a necesidade de empregar o cinto en todas as circunstancias.

Durante a campaña, a Policía Local controlou a un total de 1.467 condutores de vehículos, dos que o 99,45% levaban correctamente abrochado o cinto. Entre o colectivo de taxistas, esa porcentaxe baixa ao 94,26% (foron controlados 70 condutores), e dos 23 autobuses vixiados levaban ben posto o cinto o 95,6% dos condutores. No que respecta aos vehículos destinados ao transporte de mercadorías, todos os condutores controlados que non estaban exentos de utilizar o cinto cumprían coa normativa.

A Policía Local tamén controlou a 180 pasaxeiros de vehículos. Entre os que viaxaban no asento dianteiro, levaban o cinto o 99,4%, mentres que a porcentaxe baixaba ao 97,20% no caso dos viaxeiros dos asentos traseiros.

En canto aos sistemas de retención infantil, en todos os casos se cumprían as normas de seguridade.

Santiago Futsal clausurou o Campus de Semana Santa

O Campus de Semana Santa do Santiago Futsal chegou ao seu fin este mediodía. Despois de tres días de exercicios de tecnificación, manualidades, expresión corporal e específico de porteiros, o campus concluíu coa entrega de diplomas aos asistentes de mans do adestrador do primeiro equipo do Santiago Futsal, Santi Valladares.

Ao campus asistiron de visita os xogadores Hugo Sánchez, Iván Rumbo, Pablo Mel e Iker López, quenes compartiron unha entretida charla cos participantes e convidaron o encontro desta noite da final de Copa Xunta. 

Desta maneira finaliza un dos Campus máis reclamados destas datas cunha asistencia total de 60 nenos. Santiago Futsal ponse xa ao choio para a organización do Campus de Verán.

O Arquivo da USC, unha ferramenta para a aprendizaxe e a investigación a disposición de todos os públicos

A riqueza, variedade e transversalidade dos seus fondos converten o arquivo histórico da USC “nun caso particular entre os arquivos de natureza universitaria”, afirma o seu subdirector Jaime Fandiño, quen non dubida en cualificar este servizo como “unha das xoias escondidas e menos coñecidas da USC”. Na actualidade a renovación da súa páxina web marca o inicio dunha etapa na que o Arquivo Universitario da USC busca reivindicarse como ferramenta para a aprendizaxe e a investigación aberta á comunidade universitaria e á cidadanía interesada.

A súa existencia corre paralela á da propia USC xa que a súa posta en funcionamento asóciase á fundación e consolidación da USC ao longo do século XVI. Os documentos que acolle na actualidade “son un reflexo da evolución e as transformacións sufridas pola institución dende as súas orixes”, engade Jaime Fariña. A importancia do fondo histórico universitario está directamente ligado á antigüidade da propia institución universitaria e “á importancia da propia institución docente no noroeste peninsular ao longo da Idade Moderna”, concreta o subdirector. 

O Arquivo Universitario está constituído pola documentación administrativa e académica xerada pola Universidade ao longo da súa historia, así como por fondos documentais non universitarios adquiridos, doados ou confiados en depósito á USC. A súa misión inclúe a conservación, ordenación, clasificación e facilitar a consulta e uso da documentación tanto para a administración como para a cidadanía.

Os fondos do arquivo son de interese para un amplo abano de perfís e puntos de vista, aclara Jaime Fandiño, dende historiadores, investigadores ou expertos/as en xenealoxía, ata “cidadáns con curiosidade ou interese na consulta de fondos históricos, materia prima para centenares de teses de doutoramento e publicacións da máis diversa índole”. En todo caso, os fondos son de acceso libre previa presentación do documento de identidade, coa limitacións marcadas pola normativa e o estado de conservación da documentación, engade o subdirector do servizo.

Material

Aínda que a maior parte dos fondos son en soporte papel, o arquivo conta cunha gran colección de pergameos medievais, planos de distintos edificios da cidade e cunha colección de mapas e cartas náuticas procedentes das distintas seccións. A maiores, dende hai anos, pon a disposición de investigadores/as e usuarios/as preto de tres millóns de imaxes dixitalizadas e datos de documentos de diferente fondos accesibles a través da rede. As novas tecnoloxías permiten neste senso “garantir a integridade dos documentos e multiplicar as súas posibilidades de difusión”, engade Fandiño.

A mediados do século XIX, a USC converteuse nunha das dez universidades de distrito, ostentando o reitor a máxima autoridade para todos os niveis do ensino nese distrito. Así, os fondos do arquivo xurdidos desta época son “ferramenta imprescindible para o estudo ou a investigación de calquera faceta da educación na Galicia contemporánea dende as escolas infantís ata a ensinanza superior”. A maiores, ao longo do século XX o arquivo acolleu outros conxuntos documentais non universitarios: a sección municipal alberga o fondo histórico do Concello de Santiago e os desaparecidos de Enfesta, Sar e Conxo. Outro exemplo é a sección Clero, cun fondo que converte o arquivo nun “dos máis importantes centros para o estudo da economía e a sociedade galegas do Antigo Réxime”, explica o seu subdirector. Tamén está dispoñible unha sección dedicada ao Hospital Real que agrupa o arquivo desta institución benéfica dende o século XV e outra de Protocolos Notariais que recolle as matrices de todos os documentos escriturados ante fedatarios públicos en Santiago e arredores dende comezos do século XVI. 

Despois de ocupar instalacións diversas ao longo da súa andaina, dende o ano 1990 o Arquivo ocupa un inmoble propio situado na zona histórica da cidade, un total de 2.590 m2 de espazo articulado en seis plantas, das que tres se dedican exclusivamente a depósitos documentais coas precisas condicións ambientais e de seguridade. O edificio conta con espazos e instalacións axeitados para usuarios internos e externos, incluíndo unha sala de conferencias e exposicións con capacidade para cincuenta persoas.

Novas misións

A actividade deste servizo universitario está facendo un esforzo para “reposicionarsee visibilizarse” como ferramenta de interese público e particularmente para a aprendizaxe ao servizo de toda a comunidade universitaria, indica Fariña. Neste senso, o Arquivo Universitario está aberto a colaborar en calquera actividade docente e recibe alumnado na fase de prácticas dos seus respectivos estudos de grao ou máster, así como doutros niveis de ensino.

Neste nova liña de traballo, o subdirector do servizo subliña como prioridade as actividades divulgativas e de difusión que redunden nun maior coñecemento dos fondos. Xunto este labor de promoción, o arquivo tamén conta cun taller especializado na restauración total ou parcial de documentos.

Remata a xincana turística “¿Cánto coñeces de Silleda?”

A xincana promovida pola Anpa do CEIP de Silleda en colaboración coa Concellería de Turismo, que dirixe Ana Luisa González, rematou o obradoiro “E agora somos arquitectos”, seguido da entrega de premios aos equipos gañadores.

O obradoiro, ao que acudiu numeroso público, amosoulle a nenos e maiores cómo se construíu o mosteiro, e os fundamentos da arquitectura medieval. 

Despois tivo lugar a entrega de diplomas por parte da Anpa do CEIP de Silleda a todos os nenos participantes na actividade, que dou paso á entrega de premios ós dous primeiros equipos en rematar o percorrido.


Cun tempo de 2 horas e 40 minutos, o segundo equipo clasificado foi o denominado “Os catro atrevidos”, formado por Isabel Iglesias, Iker Aller Iglesias, Noa Aller Iglesias, Hugo Cal e Lucía Coego, que gañaron un vale de compra de 50 euros e un premio sorpresa que recollerán esta tarde na Casa da Xuventude. 

E os primeiros clasificados, que remataron o percorrido en 2 horas e 23 minutos foron os “Megabuscadores”, Rosendo Luís Estévez Parada, Andrés Estévez Tallón, Román Estévez Tallón, Mariana José Tallón García, e Nerea Gamallo, obsequiados cun vale de compra de 100 euros e 5 entradas para o cine.

Dende o Concello de Silleda valoraron moi positivamente esta proposta, e non descartan poñer en marcha outra de similares características en próximas vacacións escolares.

Axenda e tempo do xoves 24 de marzo - Música, obradoiros, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - De lugares e de Órganos

Santiago - Casa das Crechas - Sergio Tanús

Oroso - Día da Xuventude

Santiago - Área Central - obradoiros de primaveira

Santiago - Santiago Paixón Doce



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Exposicion XX Aniversario da Real Filharmonía de Galicia (ata xuño)


O Tempo

Concerto de Oni Wytars no programa De Lugares e de Órganos

‘De Lugares e Órganos’, o programa de música e outras paisaxes de Compostela que organiza a concellaría de Acción Cultural para esta Semana Santa, ofrece hoxe, Xoves Santo, un concerto do grupo Oni Wytars. Baixo o nome de ‘Venite a laudare! Laudas e cancións devocionais do Medievo e Renacemento’ poderemos escoitalos na Igrexa da Compañía ou da Universidade a partir das 20.00 h.

As entradas para as actividades e concertos son de balde previa retirada de invitación no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de 18.00 a 21.00h. De non esgotarse, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar de celebración da mesma desde 1 hora antes do seu comezo. As invitacións serán válidas ata 10 minutos antes do inicio da actividade. A partir dese momento, a organización resérvase o dereito a empregar as localidades non ocupadas.

Belinda Sykes, canto 
Peter Rabanser, canto, laúde, cornamusa 
Riccardo Delfino, canto, arpa 
Katharina Dustmann, percusións
Michael Posch, frautas
Marco Ambrosini, nyckelharpa
Eva-Maria Rusche, órgano e órgano portativo

O programa do grupo Oni Wytars céntrase no repertorio de cancións recollidas, na Italia do medievo, nos denominados “laudarios”, coleccións de cancións de loanza a Deus, á Virxe e aos Santos, que eran cantadas polas rúas, polas confrarías do Sancto Spirito, co fin de propagar a mensaxe renovadora da igrexa, lanzada polo santo Francisco de Asís. As cancións eran sinxelas, escritas en lingua vernácula e enraizadas na tradición popular, tanto rítmica como melodicamente e, rapidamente, prendían nas xentes máis humildes. No concerto interpretaranse unha selección de laudas medievais italianas, procedentes do Laudario di Cortona (s. XIII), canda outras pezas que son mostra da posterior evolución que as laudas experimentaron cara outras formas musicais. 

Liderado polo carismático Marco Ambrosini, Oni Wytars é unha das formacións máis emblemáticas e un referente dentro do mundo da música antiga. Con máis de trinta anos de existencia, levan actuado nos máis diversos escenarios de varios continentes. O seu estilo, dificilmente clasificable pero inconfundible, nútrese de moi diversas influencias culturais e musicais, tanto na instrumentación como na interpretación, na que xoga tamén un importante papel a improvisación

París de Noia e Marbella actuarán hoxe no Día da Xuventude do Concello de Oroso

O Concello de Oroso celebrará hoxe xoves 24 de marzo o seu Día da Xuventude cunha verbena popular a cargo das orquestras París de Noia e Marbella. 

A actuación terá lugar a partir das 22:00 horas na alameda de Góis (Sigüeiro). Haberá pulpería e carpa.

Hoxe nas Crechas Sergio Tanús

A Casa das Crechas acolle hoxe xoves 24 un concerto de Sérgio Tannus, que fará un percorrido especial a través das súas cancións escritas en Galicia e no Brasil. Traeranos un repertorio moi variado que presentará algunhas cancions do CD ‘Son Brasilego’, mais tamén temas instrumentais autorais, cancións dos meus concertos anteriores, clásicos da MPB e a estrea dalgúns temas inéditos do seu vindeiro disco.

Sérgio Tannus é un dos artistas máis completos da “safra brasileira”. Virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, baixos, cavaquinho, bandolín e percusións, é autodidacta e foise perfeccionando na procura de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras. Dende o 2006, vive en Compostela e, logo de numerosos traballos e colaboracións con outros artistas, para este ano proponnos o proxecto do seu novo disco “Son Brasilego”. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).

No seu último disco, 'Son brasilego', o artista de Niteroi rodeouse de máis de 40 colaboradores tales como Uxía, Carlos do Carmo, Antonio Zambujo, João Afonso, Narf, Ugia Pedreira e moitos outros, construíndo unha auténtica “ponte musical” entre os países lusófonos, especialmente Galiza e Brasil. 

Segundo Tannus, 'Son brasilego' “aposta polo intercambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e raíces comúns”, di. Alén da música, proponnos reflexionar sobre a nosa identidade e irmandade, especialmente sobre o futuro desta a través da música e da sonoridade atlántica que nos torna brasilegos. Pero, sobre todo, é un “agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artístico” de Sérgio Tannus desta beira do Atlántico.

Numax : Programación e novidades do 25 ao 31 de marzo de 2016

«El nome de los árboles» e «O conto da princesa Kaguya», estreas da semana en NUMAX
A memoria dos fugaos republicanos nos montes de Asturies e unha delicada peza de animación xaponesa compoñen as novidades da carteleira de NUMAX para esta semana. O mércores 30 de marzo estreamos El nome de los árboles, recente creación dun dos principais expoñentes da nova xeración de cineastas asturianos: Ramón Lluís Bande. O filme propón un traballo de memoria arredor da loita daqueles militantes republicanos que, logo do golpe fascista de 1936, fóronse agochar ao monte para continuar alí a súa resistencia armada contra o franquismo. A cámara de Bande visita os lugares nos que tiveron lugar as principais emboscadas contra a guerrilla, encontrando as últimas testemuñas que poden lembrar en primeira persoa os relatos daquel tempo histórico. Mais o protagonismo de Bande na programación de NUMAX non remata aí. Tal e como explicamos en detalle neste mesmo boletín, o cineasta de Xixón visitaranos os días 1 e 2 de abril, para presentar en sala El nome de los árboles e impartir a clase maxistral Encontrar la película / La película encontrada, incluída na Aula «Os ollos verdes».

O propio mércores día 30, chega á pantalla de NUMAX unha das últimas creacións do Studio Ghibli, considerado pola crítica especializada como un dos mellores do mundo no campo da animación. Referímonos a O conto da princesa Kaguya, adaptación do relato do século IX El cortador de bambú, o texto en prosa máis antigo que se conserva da literatura xaponesa. O filme válese dun delicado ton acuarela e trazo fino para nos introducir nunha historia agridoce protagonizada pola unha meniña moi pequena descuberta por unha parella de campesiños nunha planta de bambú. O conto da princesa Kaguya figura como a obra máis recente de Isao Takahata, un nome histórico da animación xaponesa, cofundador canda o gran Hayao Miyazaki de Ghibli e autor de títulos míticos como La tumba de las luciérnagas, Recuerdos del ayer ou series populares de televisión como Heidi e Marco.


Últimas proxeccións

Nas vindeiras datas tedes as últimas oportunidades para vos achegar a Anomalisa, singular peza de animación de corte existencialista asinada polos cineastas norteamericanos Duke Johnson e Charlie Kaufman. O martes 29 de marzo terá lugar a última proxección do filme en NUMAX.

O propio martes 29 baixa o pano Tres cores: Azul, peza de apertura da triloxía de Krzysztof Kieslowski arredor das cores da bandeira francesa que supuxo a consagración internacional da actriz Juliette Binoche.

Xa o xoves 31 de marzo proxectaranse por última vez as dúas pezas restantes da triloxía de Kieslowski: Tres cores: Branco, reflexión sobre a noción da igualdade a partir da historia dun emigrante polaco en París, e Tres cores: Vermello, na que asistimos á azarosa pero profunda amizade que se estabelece entre unha modelo nova e un xuíz retirado.
Ramón Lluís Bande visita NUMAX para impartir a Aula «Encontrar la película / La película encontrada»

O cineasta asturiano Ramón Lluís Bande achegarase o vindeiro sábado 2 de abril ás 11:30 ao Cinema NUMAX para impartir a aula Encontrar la película / La película encontrada, na que afondará no seu proceso creativo. A entrada á Aula é de balde previa reserva en comunicacion@numax.org. Un día antes, o venres 1 de abril, Bande presentará en sala o seu último filme El nome de los árboles.

El nome de los árboles
(Ramón Lluís Bande, 2015)

Entre os anos 1937 e 1952 centos de militantes republicanos asturianos escondéronse no monte con dous obxectivos: salvar a vida e continuar coa resistencia armada contra o franquismo. Un pequeno equipo de rodaxe percorre Asturies buscando os lugares onde se desenvolven as principais emboscadas contra a guerrilla.


O conto da princesa Kaguya
(Isao Takahata, 2013)

A historia comeza cando unha parella de anciáns campesiños atopan unha nena moi pequena dentro dunha planta de bambú e deciden adoptala como se fose a súa filla. Convertida axiña nunha fermosa muller, é pretendida por moitos homes, incluído o emperador, pero ela rexéitaos a todos porque asegura vir da Lúa e debe volver alí.

Programación
Venres 25 de marzo
12:00 Tres cores: Azul
15:45 Anomalisa
17:40 Tres cores: Branco
19:30 Tres cores: Vermello
21:30 Mustang

Sábado 26 de marzo
12:00 Tres cores: Branco
15:45 Tres cores: Vermello
17:40 Mustang
19:40 Anomalisa
21:30 Tres cores: Azul
Domingo 27 de marzo
12:00 Anomalisa
15:45 Tres cores: Branco
17:40 Tres cores: Azul
19:40 Tres cores: Vermello
21:40 Mustang
Martes 29 de marzo
12:00 Mustang
15:45 Tres cores: Vermello
17:45 Anomalisa Último pase
19:40 Tres cores: Branco
21:30 Tres cores: Azul
Último pase

Mércores 30 de marzo
12:00 Tres cores: Vermello
15:45 Tres cores: Branco
17:30 Mustang
19:30 O conto da princesa Kaguya Estrea
22:00 El nome de los árboles Estrea

Xoves 31 de marzo
12:00 El nome de los árboles
15:45 O conto da princesa Kaguya
18:15 Tres cores: Branco
Último pase
20:00 Tres cores: Vermello
Último pase
21:50 Mustang
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego

Na Libraría NUMAX

Cómo piensan los artistas
Fietta Jarque

O presente volume de Fietta Jarque componse de 51 entrevistas a artistas contemporáneos da talla de Joseph Beuys, Marina Abramovic, Andrés Serrano, Alfredo Jaar, Sol LeWitt, Helmut Newton, Wolf Vostell e Cindy Sherman.


Japón: El paisaje del alma
Rudyard Kipling e Inazo Nitobe

Dúas visións do espírito xaponés a través das miradas de dous grandes autores. Occidente e Oriente entrecrúzanse na crónica da viaxe de Rudyard Kipling a terras niponas e o código do samurai de Inazo Nitobe.

Foamball y taller de bienvenida a la primavera, estos días en Área Central

Area Central ofrece en las vacaciones escolares de Semana Santa una alternativa de ocio dirigida a las familias con el juego del foamball y con talleres de creatividad que tendrán de trasfondo darle la bienvenida a la primavera y al buen tiempo. Mañana jueves los establecimientos comerciales de Area Central estarán abiertos en su horario habitual.

La esquina verde de Area Central cuenta estos días con el foamball, una modalidad de paintball adaptado para los niños, con proyectiles de goma espuma y compuesto de un espacio en el que los pequeños corren, juegan, saltan y se divierten. En el foamball todos los obstáculos son de goma espuma y desmontables por lo que los niños pueden hacer y deshacer el campo de juego a su antojo. Esta actividad funcionará mañana jueves, jornada en la que los establecimientos comerciales de Area Central abrirán en su horario habitual, y también el sábado, en horario de 17.30 a 20.30 horas. 

Además del foamball, este sábado Area Central celebrará una nueva sesión de sus talleres infantiles centrados, en esta ocasión, en la llegada de la primavera. Teniendo de base la nueva época del año, la actividad se llamará “Árbol de la familia”, y en ella los niños podrán elaborar su árbol genealógico, lleno de hojas y frutas. 

Cada participante, mediante un dibujo-collage, podrá elaborar su árbol partiendo de diferentes plantillas y en cada una de las ramas incluir a todos los integrantes de su familia. Una vez terminado su árbol, podrán llevarlo como recuerdo para que lo puedan colgar a modo de cuadro. Como todos los talleres de Area Central, se trata de una actividad en la que se quiere fomentar la creatividad de los niños, la participación de la familia, etc.

A USC e a Xunta co editanpor vez primeira en galego Astronomía a ollo ceibe, de Ramón María Aller

Coincidindo co 50 aniversario do pasamento do seu autor Ramón María Aller, a USC e Secretaria Xeral de Política Lingüística co editan o libro Astronomía a ollo ceibe’, tradución ao galego de Astronomía a simple vista, obra publicada en 1948. O novo volume presentarano o luns 28,a partir das 11.00 horas no Observatorio Astronómico da USC (Campus Vida), o reitor Juan Viaño e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González.

Na presentación tamén está prevista a intervención do alcalde do Concello de Lalín, Rafael Cuiña Aparicio; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia do Concello de Santiago, Xan Duro Ferández; o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José ÁngelDocoboDurántez; e o director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Juan BlancoValdés. A partir das 20.00 horas, xa en Lalín, está prevista a celebración dunha ofrenda floral e a inauguración dunha exposición no Museo Provincial con fotos, traballos e instrumentos do científico dezano, a que acompañarán dúas charlas de José ÁngelDocono e CeciliaDoporto.

Ramón María Aller, astrónomo e matemático, é o iniciador da investigación astronómica en Galicia dende o seu Observatorio particular en Lalín e logo como profesor de Matemáticas e catedrático de Astronomía na USC onde fundou e dirixiu o Observatorio Astronómico universitario, que dende 1983 leva o seu nome. Especialista en debuxo, reloxería, deseño de instrumentación científica, o padre Aller é lembrado non só polas súas múltiples achegas e facetas científicas, senón tamén pola súa humildade e entrañable personalidade.

Os cativos da Escola de fútbol de Silleda campións de liga

Alevíns
A pasada fin de semana dous equipos da Escola de Fútbol de Silleda proclamáronse campións de liga, conseguindo así o ascenso directo á primeira liga autonómica das súas categorías.

Trátase do Benxamín A de José Manuel Espiño, que a falta de dúas xornadas para rematar a liga xa se fixo co título nunha competición da que sae invicto este ano, e do Alevín, adestrado por Eliberto Vidal e Esteban de la Fuente, que ven de obter o primeiro e definitivo posto na clasificación a falta de 4 xornadas de xogo. 

Torneo de fútbol infantil

Benxamíns
O vindeiro fin de semana a Escola de Fútbol celebrará o “I Torneo Joselu” para a categoría infantil no campo do Outeiriño.

Aproveitarase a competición, para sumarse a unha iniciativa dun clube amigo, o SD Milladoiro, para recadar fondos para axudar a un neno con moitas necesidades médicas. Por iso, tanto no torneo, como nos vindeiros partidos que dispute calquera equipo da Escola de Fútbol de Silleda, haberá unhas huchas na cantina nas que se poderá aportar voluntariamente calquera donativo.