Axenda e tempo do sábado 19 de marzo - Teatro, música, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Sala Capitol - El Sicario

Vedra- Teatrofilia

Santiago - Casa das Crechas - Pablo Carpintero

Ames - Milladoiro - Festas de San Xosé

Santiago - Santiago Paixón Doce

Teo - Mercado labrego de Os Tilos - Festa da Primaveira

Santiago - Bonaval - Concerto da Banda de Música

Santiago - Área Central - Partidas de Foamball



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Exposicion XX Aniversario da Real Filharmonía de Galicia (ata xuño)

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

Hoxe concerto na Capitol de El Sicario + Elio Toffana + Erin Castro & DJMil


Hoy 19 de marzo tenemos un eventazo BOMBA, nuevas presentaciones de formaciones presentando nuevos trabajos y como no, todas sus listas de HITS. El Sicario presentando su nuevo album. Elio Toffana presentando ESPÍRITU DE NUESTRO TIEMPO. Erin Castro & DJMil ( Comando Katana ) presentando GORILLA BANGERZ




Último fin de semana de Teatrofilia en Vedra

Sábado 19 de marzo ás 21:15 horas:

MULLEREBILLOSAS de Martabelas (Teo) e SACHO´S SHOW de Andaravia Teatro

Domingo 20 de marzo ás 19:15 horas:

INMORTAL de Marañao Teatro.

O músico, luthier e etnomusicólogo Pablo Carpinteiro hoxe nas Crechas

Hoxe sábado 19 de marzo Pablo Carpintero (músico, luthier e etnomusicólogo, por resumir un pouco) ofrecerá un concerto moi especial no que fará un repaso polas gaitas de fol no noroeste da Península Ibérica. O músico utilizará en escena 15 tipos diferentes de gaitas. 

A gaita ten unha longa historia, máis de 40.000 anos documentados produciron moi diversos tipos que se foron asentando nas diferentes culturas do vello mundo. Co paso do tempo as gaitas convertíronse en gaitas de fol, instrumentos que pasaron a formar parte da identidade de moitos pobos. Con máis de 15 tipoloxías documentadas, o noroeste da Península Ibérica é, sen dúbida, o país das gaitas de fol. Desde Setúbal a Cantabria este instrumento amosa unha fermosa variabilidade en canto a xeitos de interpretación, repertorio, dixitacións, etc. 

Neste concerto repasaremos a historia das gaitas e gaitas de fol e veremos como cada unha destas cultura expresa a súa identidade a través destes 15 instrumentos diferentes.

Pablo Carpintero (Castro de Carballedo, Lugo, 1969) é doutor en Ciencias pola USC onde foi profesor de Bioquímica. Actualmente realiza un segundo doutoramento no Departamento de Historia da Arte desta mesma universidade sobre a gaita de fol, e traballa no Proxecto Ronsel da Universidade de Vigo para a recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia. É membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e dirixe dous grupos de recuperación de tradicións musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Ademais é construtor de instrumentos.

O seu traballo de investigación está centrado principalmente na evolución da morfoloxía e repertorio da gaita de fol e na súa contextualización social e histórica, así como no estudo dos diversos instrumentos musicais tradicionais galegos. Colabora con institucións como a Radio Galega, onde periodicamente realiza seccións dedicadas ao folclore galego, ou Consello da Cultura Galega, onde depositou en 2005 un arquivo composto de máis de 350 horas de gravacións de campo. Nesta web sobre Os instrumentos musicais na tradición galega poderedes saber máis dos seus traballos.

Os membros de Veciños de Padrón non participarán nas celebracións de Semana Santa

Na mañá do pasado mércores Teresa Rey, Concelleira de Veciños de Padrón, recibiu a invitaciónpor parte do alcalde para participar,xunto co resto da Corporación Municipal,nos actos oficiais que terán lugar durante a celebraciónda Semana Santa e os festexos de Pascua deste 2016. Entre estes actos atópanse as misas e procesións do Xoves e o Venres Santo, que habitualmente están presididas polo alcalde, o seu equipo e os concelleiros e concelleiras da oposición. A formación decidiu, tras unha profunda reflexión, non participar nestes actos relixiosos.

Os membros de Veciños de Padrón creen que debe existir unha separación entre a relixión e as institucións, que representan tanto a persoas relixiosas como a outras que non o son. Por este motivo, e sempre dende o máis profundo respecto a unhas celebracións que teñen un importante valor cultural e tradicional no municipio, non consideran ético participar como agrupación política. Porén, todos os integrantes do partidoque desexen acudir ás procesións a título persoal, o farán con total liberdade.

A pesar disto, Veciños ten moi claro que as misas e procesións da Semana Santa padronesa forman parte do amplo programa cultural das festas, e como tal, teñen todo o apoio da agrupación. Representantes de Veciños estarán presentes, como espectadores, durante a celebracións dos mesmos; e o partido publicitará e promocionará os actos a través da súa páxina de Facebook, dándolle o mesmo tratamento que ao resto de actos culturais aos que asiste.

O Campionato Provincial de Taekwondo terá lugar mañá en Ordes

Ordes acolleu a presentación oficial do Campionato Provincial de Combate en Idade Escolar de Taekwondo. O acto estivo encabezado polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo; o presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz e polo presidente do club Boud-Sport, Cristóbal Boudjenane. Precisamente é este club local o encargado de organizar este cita deportiva, labor para o que conta coa colaboración co Concello de Ordes.

O dito campionato disputarase este domingo, 20 de marzo, a partir das 9.30 horas no pavillón Castelao I. A día de hoxe está confirmada a participación de 200 taekwondistas das categorías alevíns e infantís pertencentes a 10 clubs da provincia. En total instalaranse 4 tapices nos que ademais dos competidores tamén estarán presentes 20 árbitros.

En palabras do alcalde ordense “é un orgullo para o municipio acoller esta convocatoria que agardamos sexa un éxito”. O rexedor brindou unha vez máis a súa colaboración ao club para aquilo que precisen “en prol do desenvolvemento da súa actividade da promoción do deporte”. Tamén aproveitou para avanzar a posibilidade de empregar as novas instalacións deportivas que se situarán a carón do colexio Campomaior grazas ao acordo acadado coa Deputación da Coruña “polo que sería moi bo que se establecera unha dinámica de traballo para que á par que se executan as obras o club achegase ideas para poder dispoñer dunhas instalacións boas e adecuadas para a práctica do taekwondo”, expuxo Martínez Sanjurjo.

Novas citas

Juan Carlos Eiriz, presidente da Federación Galega de Taekwondo, fixo extensible o seu agradecemento tanto ao club organizador como ao Concello de Ordes “pola súa implicación nesta cita”, avanzando a súa predisposición “para que Ordes volva ser sede doutros campionatos e citas similares”. 

Por parte de Cristóbal Boudjenane tamén agradeceu a implicación do Concello á hora de organizar este campionato. Tamén polo ofrecemento do ente público no que ao uso do novo ximnasio do Campomaior se refire “o que pode ser decisivo para que en Ordes poidamos realizar traballos e procesos de tecnificación”, explicou. 

A integrante da selección galega de taekwondo, Tania Gándara, e a vicepresidenta da Asociación de Taekwondistas da Comarca de Ordes tamén estiveron presentes no acto de hoxe.

Derrota pola mínima do Santiago Futsal en San Moix

Intereses cruzados los que se daban lugar anoche en la pista de Son Moix. Los celestes buscando no perder la estela de los Play Off, salieron con toda la artillería y con la moral muy alta ante todo un Palma Futsal que quería la victoria ante su afición como disculpa a su papel en la Copa de España.

Un Palma Futsal que arriesgaba mucho en sus acciones, haría que el Santiago Futsal no se encontrara cómodo sobre la pista de Son Moix, y se hizo rápido con el dominio del balón. Con la pegada que les caracteriza, llegarían a portería celeste en tiros peligrosos de Taffy y Sergio que el meta madrileño Iker López desviaría para evitar el tanto mallorquín. Con posesiones largas por parte de los mallorquines, los de Santiago aguantaban con una gran defensa con la intención de robar el balón y salir rápido a la contra para sorprender al meta Carlos Barrón. Y eso fue exactamente lo que sucedió cuando transcurría el minuto 7 de partido. Un balón recuperado en propia pista, una salida combinada de los jugadores celestes y una culminación perfecta ante el portero rival hizo que Diego Quintela adelantara a los suyos en el luminoso con el 0-1.

Con la ventaja en el marcador, la ansiedad se apoderaría de los locales y los santiagueses aprovecharían el desconcierto rival para llegar con mucho peligro a meta rival. Pablo Mel pudo hacer el segundo con un tiro exterior que se marchó por encima del travesaño de la portería rival. Sin embargo, las últimas acciones antes de llegar al descanso las protagonizarían jugadores locales, en las que intervendría a la perfección Iker López.

Tras el paso por vestuarios, los de Santi Valladares saldrían a pista con las revoluciones altas y sería Iván Rumbo quien, a los 6 segundos de la reanudación, obligó al portero recién incorporado Nico Sarmiento a emplearse en el mano a mano para frenar la acción del jugador coruñés. Otra vez Iván Rumbo protagonizaría una nueva acción en ataque que a punto estuvo de suponer el segundo tanto celeste en el minuto 23. Pero sería Joao quien anotaría para los suyos en una de las primeras acciones de los mallorquines en la segunda mitad tras un potente disparo al que nada pudo hacer el meta Iker López.

Palma Futsal logró la igualada para subir los ánimos de jugadores y afición celeste y, pese a que los celestes seguían intentando llevarse un encuentro del que fueron dueños durante la primera mitad, Joselito anotaría el 2-1 para frustración de los intereses santiagueses en el minuto 27.

Ya con portero jugador en pista, y volcados en portería contraria, los de Santiago estarían a un paso del empate, que impediría hasta en dos ocasiones el portero Nico Sarmiento. 

Una recuperación de Palma Futsal cuando Santiago Futsal atacaba con portero jugador supondría el tercer tanto de los mallorquines firma de Vadillo a 2 minutos del final. 

No se vendría abajo la plantilla celeste con el 3-1, quienes seguirían derrochando fuerzas e intensidad hasta el pitido final. Así llegaría el tanto de Antonio Diz, a falta de 39 segundos para el final, tanto que cerraba el marcador con el 3-2 definitivo y que, cerraba también un encuentro del que los celestes se merecieron mucho más ante un rival al que le jugaron de tú a tú los 40 minutos.

Sala de prensa

El técnico Santi Valladares analizó el encuentro tras su conclusión del que dijo “El partido salió como teníamos pensado y trabajado. Nosotros hicimos una defensa muy sólida ante un gran equipo. Logramos incomodarles mucho y Palma no veía las cosas claras, pero en un desajuste defensivo y una contra se pusieron 2-1. Cuando decidimos salir de 5 les estábamos haciendo muchísimo daño, aunque con el robo de balón y el 3-1 nos mataron un poco. Si ese gol no hubiera llegado y nosotros hubiéramos seguido igual en ataque de 5, el guión del final del partido hubiera sido otro. En general, estoy muy orgulloso del espíritu y el sacrificio de este equipo, el que tiene que ser, el del Santiago Futsal, sabiendo que todo pasa por una buena defensa. Si seguimos en esta línea, estaremos en el camino adecuado para lo que resta de temporada.”

Ficha del partido

Palma Futsal: Carlos Barrón, Vadillo, Joao, Sergio y Taffy -cinco inicial- Joselito, Chicho,Attos, Tomaz y Nico Sarmiento

Santiago Futsal: Iker, Hugo Sánchez, Pablo Mel, Diego Quintela y Dani Montes -cinco inicial- Antonio Diz, Iván Rumbo, Santi, Pablo Mel, Catela

Árbitros: Contreras Tejedor y Pérez Álvarez. Amonestaron con tarjeta amarilla a Chicho, Vadillo y Carlos Barrón por Palma Futsal; y a Pablo Tallón, Iker López, Iván Rumbo, Hugo Sánchez y Catela por el Santiago Futsal

Incidencias: Partido correspondiente a la 24ª jornada de Liga celebrado en el Pabellón de Son Moix con una entrada aproximada de 2000 personas.

Goles: 0-1 min.7 Diego Quintela, 1-1 min.23 Joao, 2-1 min.27 Joselito, 3-1 min.38 Vadillo, 3-2 min.39 Antonio Diz

Mañá celébrase a XI Festa da Merenda de Aiazo en Frades

A área recreativa “Os Pasos”, na parroquia de Aiazo (Frades), acollerá este domingo 20 de marzo a undécima edición da Festa da Merenda, unha celebración gastronómica organizada pola asociación de veciños “Os Pasos” para poñer en valor o papel xogado por estas tortillas de masa xogaron durante épocas de necesidade. Unha festa que dará comezo ás 12:00 horas, momento no que unha ducia de cociñeiras da parroquia comezarán a elaborar ata un milleiro de tortillas de masa, coñecidas nesta comarca como “merendas”, que se repartirán de xeito gratuíto entre todos os visitantes.

Estas merendas están elaboradas cunha masa común feita con ovos, auga e fariña á que despois cada cociñeira lle dá o seu toque persoal, tanto polo grosor da masa como por se as acompaña ou non por touciño. A degustación das merendas é totalmente de balde na carpa da festa, aínda que tamén é posible comprar merendas para levar, que se entregarán en caixas de pizza: unha por 3 euros, dúas por 5 euros. Esta medida tivo moito éxito nas dúa edicións anteriores e evitou que se desperdiciaran merendas, pois había quen levaba varias para os merendeiros e logo remataban tiradas pola área recreativa.

Programa

A X Festa da Merenda de Aiazo dará comezo ás 12:00 horas na área recreativa “Os Pasos” (GPS: 43º 0´58'' N – 8º 16' 54'' W) coa degustación gratuíta das tortillas de masa con torriscos, elaboradas baixo unha carpa pechada durante toda a xornada. Ás 13:30 horas terá lugar a actuación da Charanga Mekánika, que dará paso ao xantar. Ademais das merendas gratuítas que se servirán baixo a carpa, as familias poderán escoller entre traer a comida da casa (e utilizar as mesas e o entorno da área recreativa “Os Pasos”) ou optar por unha polbeira (de pago) que estará aberta todo o día e baixo carpa cuberta. 

A partir das 16:00 horas terá lugar a gran Foliada da Merenda, que contará coa participación dos grupos Reviravolta (Lardeiros), Agrocovo (Esteiro), Arnela (Carral), As Sobreiras do Ulla (Touro), Os do Pilón (Arzúa) e os locais Sarillo (Aiazo). Ás 19:00 horas comezará unha gran verbena a cargo das orquestras París de Noia e Cinema.

A Hora do Planeta tamén no concello de Ames

O Concello de Ames responde ao chamamento da ONG World Wildlife Fund (WWF), que cada ano solicita ás cidades de todo o planeta o apagado do alumeado municipal durante unha hora hoxe 19 de marzo. Esta iniciativa, dada a coñecer como "A Hora do Planeta", anima ás administracións públicas a demostrar o seu compromiso fronte ao cambio climático. Edificios, espazos e rúas emblemáticas de cidades e vilas de todo o mundo participan cada ano escurecéndose durante unha hora. A convocatoria deste ano terá lugar entre as 20:30 e as 21:30 horas.

O Concello de Ames anima a veciños e veciñas, así como aos establecementos e empresas situados en territorio amesán a apagar as luces dos seus fogares e lugares de traballo durante unha hora. Por parte do consistorio quedarán sen luz a Casa do Concello e os farois públicos da Avenida da Maía, en Bertamiráns, e a Casa da Cultura e o alumeado da Travesía do Porto, no núcleo urbano do Milladoiro. 

Esta convocatoria é apoiada no estado español pola Federación Española de Municipios e Provincias, que cada ano invita aos consistorios adscritos á ela a sumarse á Hora do Planeta. Este ano, ademais de Ames, xa son case 300 as cidades e pobos de todo o territorio estatal o que mostraron a súa vontade de participar na iniciativa. As persoas interesadas poden obter máis información sobre a Hora do Planeta na ligazón http://www.horadelplaneta.es .



Frades amortizará o único prestamo bancario vixente e conseguirá débeda cero

O pleno municipal do Concello de Frades aprobou esta tarde por unanimidade adherirse ao Plan de Aforro e Investimentos (PAI 2016) da Deputación da Coruña para amortizar o único préstamo bancario que ten pendente o municipio e que ascende a 13.351,92 euros. O alcalde de Frades, Roberto Rey, explicou que “deste xeito amortizamos o préstamo bancario que temos e aforraremos os intereses, xa que a devolución faise en dez anos e sen xuros. Deste xeito o Concello de Frades queda con débeda bancaria cero”.

Roberto Rey explicou que Frades tiña dereito a solicitar ata 172.000 euros ao abeiro do PAI 2016 pero lembrou que “se trata dun préstamo da Deputación, non dunha achega para investimentos”. Neste sentido, indicou que o Concello de Frades solicitou canda Mesía 120.000 euros ao Fondo de Compensación Ambiental para mantemento e arranxo das áreas recreativas; así como outros 40.000 euros a Vicepresidencia da Xunta para a construción dunha piscina infantil, que se construiría a carón da actual piscina municipal de Papucín.

Ordes comeza mañá os actos de Semana Santa

Este ano o programa de Semana Santa previsto no concello de Ordes presentará como novidade principal a bendición de ramos na Alameda da vila. O dito acto litúrxico terá lugar o próximo domingo ás 12 horas, mentres que na capela do Bidueiro será ás 12.30 horas. Para este día tamén está prevista unha misa vespertina e reflexión coresmal baixo o título ‘Converternos á Misericordia’ para as 19.30 horas. 


O luns e martes haberá misa vespertina ás 19.30 horas e novamente reflexión coresmal. No primeiro caso a temática é ‘O Pai Misericordioso’ mentres que o martes será ‘María, nai da Misericordia’. O Mércores Santo haberá penitencia para nenos e nenas ás 12.30 horas, quedando a dos adultos para as 19.30. Xa de cara ao Xoves Santo ás 18 horas darán comezo os oficios relixiosos e ás 21 horas a conmemoración da Hora Santa. 

Co Venres Santo chegará a xornada máis concorrida. Tras a celebración do solemne Vía Crucis ás 12, e a Morte do Señor ás 17 horas, ás 21 horas arrancará a procesión da Virxe das Dores e da Soidade. Agárdase, como de costume, que milleiros de persoas acudan a venerar a imaxe da Nosa Señora no seu percorrido polas rúas Alfonso Senra, Rosalía de Castro, Lagartos, Recreo e Mediodía. Un acto no que tamén traballan arreo os máis de 300 confrades que forman parte da confraría, ademais doutros corpos de seguridade con presenza local como a Garda Civil, Policía municipal ou Bombeiros entre outros.

Xa para rematar, o Sábado Santo ás 21 horas, novamente na igrexa parroquial de Santa María de Ordes, celebrarase unha vixilia pascual.

A USC informa de que esta madrugada comeza a primaveira

Na noite do sábado 19 ao domingo 20, ás 5.30 horas, comezará a primavera no hemisferio boreal. Cunha duración de 92,75 días, prolongarase ata as 0.34 horas do día 21 de xuño. A primeira lúa chea desta estación producirase o día 23, polo que o domingo seguinte, o día 27, será o domingo de Pascua.

Como explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José ÁngelDocobo, de entre os diferentes fenómenos astronómicos previstos nos vindeiros tres meses, “sen dúbida o mais salientable será o tránsito do planeta Mercurio por diante do disco solar que poderá ser observado o día 9 de maio dende as 13.12 horas ás 20.42 horas”. Para a súa observación, o director do Observatorio da USC recomenda seguir as mesmas pautas de protección ocular que para as eclipses de sol, “o mellor é seguir o tránsito proxectando a imaxe do astro rei sobre unha pantalla ou ben utilizar os filtros protectores especiais das eclipses”, puntualiza a maiores José ÁngelDocobo.

Os tránsitos de Mercurio non son tan inusuais coma os de Venus, pero aínda así adoitan producirse só uns 13 por século, explica o profesor Docobo. O último foi en

2006 e o seguinte terá lugar en 2019. Existe un rexistro histórico en Galicia do tránsito de Mercurio do 14 de novembro de 1953 que realizaran simultaneamente, dende Santiago, Ramón María Aller xunto con José Lois Estévez.En Lalín observou os contactos AntoniaFerrín Moreiras, en tanto que na Estrada fixo o propio outro colaborador do padre Aller, Serafín Pazo Carracedo.

As choivas de estrelas fugaces típicas desta estación son as Líridas, cun máximo o 22 de abril e as Eta-Acuáridas do 5 de maio. Polo demais, o director do Observatorios da USC considera que esta primavera proporcionará boas ocasións para a observación dos dous mais importantes planetas do sistema solar, Xúpiter e Saturno, así como tamén Marte.Haberá, así mesmo, dúas interesantes conxuncións Lúa-Xúpiter, logo do solpor, os días 15 de maio e 11 de xuño.

Meteoroloxía

Dende o punto de vista meteorolóxico, José ÁngelDocobo destaca o volume de precipitacións rexistrados no inverno que agora remata. Foi un dos “invernos máis chuviosos dos últimos 30 anos cun total de 873 litros/m2 en 70 xornadas con precipitación”. 

Concretamente é o quinto en total de chuvia recollida e o terceiro en número de días nos que se produciron precipitacións. No inverno de 2000-2001 recolléronse 1.446 l/m2 en 68 días; no de 2013-2014 foran 1.264 litros/m2 en 76 días; mentres que en 2009-2010 o rexistro foi de 1.092 l/m2 en 65 días; e no de 1995-1996, 976 l/m2 en 68 días.Pola contra, os invernos de 1991-1992 e 1992-1993 foran o mais secos deste período con só 242 l/m2 en 20 xornadas, o primeiro, e 211 l/m2 e 24 días o segundo.

O Goberno Municipal de Teo rexeita a regulación catastral

Os grupos que forman o goberno de Teo (Son de Teo-Anova e PSdeG-PSOE) presentarán unha moción no pleno de finais de marzo no que se rexeita o sistema, cálculo e contido da revisión dos valores catastrais impulsada polo Ministerio de Facenda, de quen depende a Dirección Xeral do Catastro. 

Nestes días están chegando as notificacións da chamada regularización catastral nas que de inicio se comunica a obriga de pagar unha taxa de 60 euros, unha actuación por parte do Ministerio de Facenda considerada abusiva dende o Concello de Teo. 

Dende o goberno municipal enténdese que é de xustiza regularizar os valores catastrais para garantir a igualdade impositiva. Sen embargo a actuación do Catastro está penalizando traballos propios de mantemento e conservación das vivendas ou elementos indispensables no medio natural galego como almacéns cubertos, galiñeiros… 

A moción propón rexeitar o cobro dos 60 euros xa que responden aos custos do proceso así como reclamar que a aplicación de conceptos se faga contando coa realidade galega.

Atención para as alegacións

Pola súa banda no Concello de Teo a semana próxima haberá unha atención específica para as consultas sobre a regularización catastral. O persoal encargado atenderá o luns 21 e mércores 23 no salón de plenos en horario de 09:30 a 14:00 horas.

O PP de Santiago pide que non se cese a directora do refuxio de animáis

O voceiro do Grupo Municipal do PP, Agustín Hernández, reiterou, esta mañá, a “persecución” por parte da concelleira de Benestar Animal á directora do Refuxio de Bando. “Chama a atención de forma clamorosa que o goberno continúe ‘erre que erre’ coa súa teima de cesar si ou si á directora”, subliñou o representante popular. Neste senso, informou de que está convocada para o vindeiro luns unha sesión extraordinaria da Fundación Refuxio de Animais, na que o primeiro dos puntos é o cesa da directora. “En lugar de aprobar o orzamento da Fundación deste ano, que está sen aprobar e que debería ser, polo tanto, unha prioridade, prima o despido desta traballadora”, denunciou. 

“O grupo popular segue mantendo a súa oposición a esta decisión, unilateral da concelleira -non do Padroado- e inxustificada”, incidiu Agustín Hernández, quen recordou que na sesión anterior os membros do Padroado solicitaron documentación que xustificase o cese e que se abordara, antes da rescisión de dito contrato, o novo modelo de xestión do Refuxio. “O goberno volve a convocar unha reunión sen unha solución á vacante da directora e sen información”, denunciou. 

Tal e como explicou Agustín Hernández, a causa que esgrime o Goberno local para o cese é a perda de confianza con esta traballadora, que non a vincula á súa labor, senón a unha carta que esta remitiu aos membros do Padroado, amosando o seu malestar polas declaracións da concelleira nas que falseaba os datos de sacrificios, elevándoos a 600 nun só ano. Datos inexactos, polos que a directora, para evitar o prexuízo que puidera causar ao Refuxio, pedía unha rectificación. “Non hai ningunha causa obxectiva que xustifique esta decisión. Vese claramente que hai unha revancha persoal, unha vendetta e unha clara animadversión por parte da concelleira cara a directora”, lamentou o voceiro popular. Agustín Hernández insta ao alcalde a que interveña neste asunto e evite o acontecido en Incolsa, que leva varios meses sen xerente coa conseguinte repercusión nas políticas turísticas. 

O grupo popular presentou, esta mañá, unha solicitude no Rexistro para que os voluntarios do Refuxio poidan intervir na reunión do luns: “É bo que libremente dean a súa versión sobre a xestión e o funcionamento”. 

Falta de compromiso coa Semana Santa

O voceiro popular aproveitou, tamén, para facer unha pequena valoración do pleno ordinario de onte, no que lamentou, unha vez máis, a escaseza de iniciativas presentadas polo grupo de goberno, algunha delas incluso mal fundamentadas e sen expediente. 

Do mesmo xeito, amosou o seu descontento pola contestación da concelleira de Turismo ao respecto dunha pregunta oral para coñecer as xestións realizadas para declarar Festa de Interese Turístico de Galicia a Semana Santa de Santiago. “Non entra dentro das prioridades deste goberno”, incidiu Agustín Hernández, quen denunciou que esta mesma mañá seguía sen haber folletos e dípticos nas oficinas de turismo de Incolsa. Do mesmo xeito, denunciou que, por culpa do revisionismo de Compostela Aberta, o Festival de Música Contemplativa quede borrado da programación de Semana Santa, que este ano cumpriría dez anos.

O I Foro da Mocidade de Teo celebrarase o 9 de abril

O Departamento de Mocidade do Concello de Teo, dirixido por Ignacio Iglesias, presentaba esta mañá as principais conclusións do proxecto de participación social da mocidade do Concello de Teo no que se estivo traballando nos últimos meses. Este traballo permitiu realizar unha diagnose da situación nesa área de xestión e contar cun plan de acción para os próximos anos. 

Unha das primeiras accións que se van desenvolver será a celebración do I Foro da mocidade o sábado 9 de abril na Casa do Concello a partir das 11:00 horas. Nese encontro coa mocidade de Teo quérese “traballar no deseño da programación específica para a mocidade de cara ao curso 2016/17” segundo explica o edil Ignacio Iglesias. Para participar haberá que cubrir unha pequena ficha para que dende o Concello se poida establecer unha interacción cos asistentes. 

Nos últimos días tamén se poñía en marcha unha conta de twitter @MocidadeTeo para poder dispor dunha canle específica para os contidos dirixidos a este sector da poboación. Unha parte do censo en Teo cun peso específico xa que as persoas empadrodadas con idades entre os 15 e os 25 anos superan as 1.500. A través desta conta irase dando información sobre o propio foro, como anotarse, ademais de comunicar temas de axenda específico para mozos e mozas. 

O Plan de acción que se expuño “xira ao redor de catro liñas de acción que se van desenvolver como son a creación de órganos de participación; a dinamización das entidades nas que xa participa a mocidade, a programación de actividades específicas para os intereses de mozos e mozas e a mellora da xestión dos procesos comunicativos con este colectivo” destaca o concelleiro. 

Para chegar a este plan de acción fíxose un traballo de diagnose para detectar as necesidades da mocidade, as dinámicas de participación existentes e cales son os mellores mecanismos para activar unha participación activa da mocidade no plano cultural, deportivo, social e formativo no Concello. 

Entre as conclusións destaca o interese e as gañas de participar en contra da idea preconcebida que se pode ter dunha mocidade apática. Tamén se evidencia a existencia dun tecido asociativo forte e diversificado que está actuando de canle vertebradora da participación xuvenil ademais da necesidade de mellorar as canles de comunicación con este colectivo. 

Para este estudo diagnóstico realizáronse 225 enquisas a mozos e mozas de entre 16 a 25 anos, fixéronse 19 entrevistas a persoas claves e puxéronse en marcha tres grupos de discusión.

CLECE súmase a Boqueixón para desenvolver visitas- estadías para a mocidade en empresas.

Na mañá do pasado xoves 17 de marzo, asinouse na casa do concello, un convenio de colaboración entre a empresa Clece, S.A. e o Concello de Boqueixón co obxeto de establecer colaboración entre as entidades para o desenvolvemento neste ano 2016 de estadías- visitas da mocidade en empresas. Esta acción, de toma de contacto co mundo laboral para mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, encádrase dentro do Programa “Deseñando o teu futuro” da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

Con estas estadías-visitas de mozos/as de Boqueixón, preténdese axudar a este colectivo na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para os efectos de que coñezan “a realidade da empresa” previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional. Dende o concello plantéxase esta acción como un primer paso de apoio á mocidade, para a posterior continuidade coa posta en marcha doutras iniciativas de formación e emprego que os axuden a adquirir coñecementos e habilidades válidas para complementar o seu desenvolvemento persoal e futura formación profesional.

Na pasada edición do programa “Deseñando o teu futuro” colaboraron 14 empresas, ás que nesta anualidade se incorpora Clece, o que supón un pulo importante en varios sentidos, xa que o desenvolvemento do proxecto será a nivel comarcal e o abano de profesións ás que a mocidade terá acceso será moi amplo, entre outras, mantemento, limpeza, servizos sociais, restauración, medio ambiente, servizos educativos, etc.

Axenda e tempo do venres 18 de marzo - Música, seráns, charlas, exposicións

Santiago - Numax 

Varios lugares - programa Todo Cosmos de observación astronómica 

Santiago - Auditorio - Real Filharmonía de Galicia

Teo - I Seráns Noitiñas das asociacións do concello 

Santiago - 160 aniversario do Banquete de Conxo

Santiago - Sala Moon - Juancho Marques y Elhombreviento 

Ordes - Contacontos na biblioteca

Santiago - Igrexa da Universidade - Mulleres en Círculo

Santiago - Airas Nunes - Escépticos en el pub - sectas 

Santiago - Olimpiada de Química 

Santiago - Santiago Paixón Doce

Santiago - Área Central - Partidas de Foamball



Exposicións
Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo de Ciencias Naturais - Mostra sobre legumes

Santiago - Exposicion XX Aniversario da Real Filharmonía de Galicia (ata xuño)

Santiago - Museo do Pobo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

La soprano granadina Sandra Pastrana canta esta semana con la Real Filharmonía de Galicia

La Real Filharmonía de Galicia celebra su concierto semanal de abono este viernes, 18 de marzo, en el compostelano Auditorio de Galicia, a las 21:00 horas. Llevará la batuta el director catalán Edmon Colomer, creador de la Joven Orquesta Nacional de España y de la Orquestra de Cadaqués.

El concierto será un homenaje al compositor francés Gabriel Fauré (1845-1924). Comenzará con la obra Cantique de Jean Racine, escrita cuando el autor contaba tan solo 19 años e inspirada en un himno medieval traducido en el siglo XVII por el dramaturgo galo Jean Racine.

La orquesta acompañará en esta obra a las voces del Orfeón Terra A Nosa y del Coro Universitario de Santiago, dirigidos por Miro Moreira. El Orfeón, que este año cumple su 50º aniversario, fundado en 1966 por el franciscano Manuel Feijoo, le dedica una atención especial a la recuperación del patrimonio musical de las catedrales gallegas. Por su parte, el Coro Universitario de Santiago, que se fundó en 1979, está concebido como un proyecto pedagógico de formación coral, al tiempo que desarrolla una intensa actividad de difusión de la música antigua.

Las voces internacionales de Sandra Pastrana y José Antonio López


A continuación la RFG acercará al público La Bonne Chanson de Fauré, que emplea nueve poemas de Paul Verlaine, cantados en esta ocasión por las voces de la soprano granadina Sandra Pastrana y el barítono salmantino José Antonio López. Sandra Pastrana saltó a la primera línea de la lírica internacional en 1999 tras ganar varios certámenes y en la actualidad es invitada con regularidad a cantar en los más prestigiosos teatros de ópera y festivales de todo el mundo. José Antonio López actúa en las principales salas de España y del resto de Europa, interpretando papeles protagonistas en óperas como La Traviata o Fígaro, entre otras.

Of all seven sections, the Pie Jesu, Agnus Dei and In Paradisum emerge as the most glorious, filled with rich, soulful melodies.Un hermoso Requiem

La velada musical concluirá con el Requiem de Fauré, una de las más populares y hermosas misas de réquiem, un tributo musical del autor a su padre. En lugar de la naturaleza sombría de muchos réquiem, el de Fauré se destaca por transmitir un panorama tranquilo y sereno, sin miedo a la muerte. La pieza se interpretó en el funeral del compositor en 1924. En esta obra se unirán a los músicos de la Real Filharmonía de Galicia las voces de la soprano, el barítono y los dos coros.

Tal como destaca el director Edmon Colomer, “el Requiem de Fauré es una de las obras maestras del género religioso de la primera mitad del siglo XX, una obra que todo el mundo habrá oído en un momento u otro pero que cada vez es distinta. Ésta es la grandeza del arte y, sobre todo, de la música, el que cada vez se vuelve a recrear lo que un día fue escrito por el compositor en una partitura y que necesita de la experiencia viva y, en este caso, también espiritual”.

Charla previa del director con el público

Antes de la celebración del concierto del viernes en Santiago, los asistentes a la cita musical tendrán la oportunidad de participar en un encuentro previo con el director Edmon Colomer. La charla se celebrará a las 20:15 horas en la Sala Mozart del Auditorio de Galicia. Esta iniciativa se enmarca dentro de la experiencia “CONvers@ndo con”, que promueve la RFG antes de cada actuación, con la finalidad de acercar la música al público de manera informal y distendida. Se podrá asistir a este encuentro presentando la entrada del concierto.

A proposta colaborativa ‘Mulleres en círculo’ chega á Igrexa universitaria

‘Mulleres en Círculo’ é un proxecto de investigación eexperimentación artística que versa sobre as formas decreación que se dan nos círculos de mulleres.Iniciado pola ourensana Reme Remedios (Romiña, 1972)en marzo de 2014 –con motivo do Festival ‘Miradas deMujeres’-, parte dun círculo de 35 mulleres (artistas,xestoras e outras profesionais vinculadas á creacióncontemporánea) para continuar medrando no tempoe no espazo a través de máis de vinte encontros e tresexposicións temporais. 

Esta proposta colaborativa“en proceso” chega hoxe venres 18 á Igrexa da Universidade –inaugúrase ás 20.00 horas– co obxecto de transformar a acciónartística en ferramenta para intervir nasociedade dende un posicionamentocrítico, reivindicando o papel activoda muller na sociedade e no mundoda arte. Coa montaxe trátase de propiciar a creación duncírculo de traballo artístico efeminista e favorecer unha reflexióncolectiva sobre a historiografía doscírculos de mulleres en torno atradicións consideradas domésticase a súa aplicación polos primeirosfeminismos no mundo da arte e apolítica. 

A montaxe 

Na súa orixe foron 35 as mulleres invitadas a sentarse en círculo para crear con outras mulleres. Formaron en DOSMILVACAS un círculo de 3,30 metros de diámetro e apartir das súas propias prendas de vestir construíron con estas mesmas medidas a peza que articula esta proposta expositiva: a Cabaña Vermella. 

Inspirada nas tradicionais tendas lunares que algunha vez foron lugar de reclusión (e exclusión) para as mulleres durante os seus períodos menstruais, a Cabaña Vermella se transforma nesta proposta nun lugar de reunión e poder, ocupando o altar central da Igrexa da Universidade. 

Partindo dun convite directo ás mulleres galegas implicadas xa nos primeiros círculos - Neves Seara, Mónica Mura,Loreto Blanco, Bea Romarty ou Carmen Llonín, entre outras, e colectivos de estudos feministas da cidade como o Centro Interdisciplinario 

de Investigacións Feministas e de Estudos de Xéneroda USC (CIFEX) ou o Grupo L da Lila de Lilith- realizarase taménunha convocatoria aberta a calquera persoa interesada,de xeito que o círculo de mulleres vaia aumentando enparalelo ao tempo expositivo. 

Serán as propias artistas as responsables do espazo,coordinadas por Reme Remedios, Clara RodríguezCordeiro e 7H cooperativa cultural, establecendopreviamente horarios de visita aberta e atención aopúblico, días de proxeccións ou accións artísticas eoutros de traballo a porta cerrada. 

Reme Remedios é artista, terapeuta e xestora cultural. Os seus coñecementos artísticos e a súaformación en técnicas de Gestalt son utilizados nas súas propostas artísticas como ferramentaspara fomentar desde a arte o desenvolvemento do potencial individual e colectivo, apostandopor aplicar a investigación científica á creación contemporánea. A aproximación de RemeRemedios ao mundo da creación comeza na súa adolescencia e a través da costura, elementoque substitúe pola pintura en canto comeza a súa formación en artes plásticas, para rematarfusionando ambos universos a partir do ano 2005. É dun xeito case casual que o mundo dosfíos e tecidos se entrelaza coas súas pinturas, e este modo de creación mixto supón tamén o nacemento das súas obras colaborativas. 

Partidas de foamball en Area Central, desde hoy viernes y durante semana santa

Area Central continúa en su línea de ofrecer actividades de ocio pensadas para toda la familia y desde hoy y durante la Semana Santa los pequeños de la casa podrán jugar al foamball, una modalidad del juego de paintball adaptado para los niños, con proyectiles de goma espuma y compuesto de un espacio en el que los pequeños corren, juegan, saltan y se divierten. 

En el foamball todos los obstáculos son de goma espuma y desmontables por lo que los niños pueden hacer y deshacer el campo de juego a su antojo. Esta actividad funcionará desde mañana viernes en la esquina verde de Area Central.

Los días concretos en los que funcionará este espacio de juego son los siguientes: en marzo, hoy viernes y el sábado, del lunes 21 al jueves 24 y el sábado 26 (coincidiendo con Semana Santa); y el viernes 1 y el sábado 2 de abril. El horario de funcionamiento será de 17.30 a 20.30 horas. 

Por otro lado, la sesión de este sábado por la tarde de “Sábados creativos” se centrará en un taller de cocina en el que los pequeños elaborarán nidos de chocolate, conejos salados, etc. El taller también incluirá un juego de gincana en familia. En el taller también habrá un tiempo para que los niños puedan elaborar con sus manos un detalle para sus papás, con motivo del Día del Padre. La actividad se celebrará este sábado en la esquina amarilla de Area Central, de 18.00 a 20.00 horas.



O Museo Casa da Troia abre de novo as súas portas durante a Semana Santa

O Museo Casa da Troia abre de novo as súas portas ao público durante a Semana Santa. Poderá visitarse dende este venres, 18 de marzo, ata o vindeiro domingo 27 de marzo. De martes a domingo, o horario é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Estará pechado, como é habitual, o luns durante todo o día. 


O museo Casa da Troia recrea a pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago a finais do século XIX que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela La Casa de la Troya. Nela aloxábase o personaxe principal, Gerardo Roquer, e os seus compañeiros de estudos. Funcionou como hospedería de estudantes dende 1886 ata 1906 e abriu as súas portas como museo en 1993, xestionado pola Asociación de Antigos Tunos Composteláns.

Tal como lembra o presidente da Asociación, Benigno Amor, as visitas son guiadas e teñen unha duración duns 20-25 minutos. Destaca “o bo estado do museo grazas á axuda recibida polo Consorcio de Santiago, que permitiu realizar obras no inmoble, destinadas a atallar os problemas de humidades e a pintar todo o interior da casa”.

Por outro lado, Amor salienta que a web de destinos turísticos TripAdvisor outórgalle unha cualificación moi boa ao Museo Casa da Troia, de 4,5 sobre 5 puntos. “O museo está moi ben valorado como visita que debe realizarse na cidade de Santiago de Compostela” -afirma-. Nesta liña, do total de 41 opinións que se recollen nesta web da Casa da Troia, 27 persoas valoran o percorrido como “excelente”, 12 como “moi bo” e 2 como “normal”. En canto aos comentarios das visitas, ponse de manifesto o carácter “ameno” e a “calidade” das explicacións por parte das guías do museo.

Visitantes de Europa e América

Durante a Semana Santa de 2015 visitaron o museo un total de 341 persoas, o 84% procedentes de diferentes puntos de España, na súa maioría de Galicia (58%). Do resto do territorio nacional destacan os madrileños (16%), andaluces (6%), asturianos (5%), catalanes e valencianos (3% cada un). 



Dos visitantes estranxeiros (16% do total) predominan os chegados de países europeos, en particular italianos e británicos; xunto cos daneses, rusos e polacos. De América do Norte e Centroamérica os máis asiduos son os turistas mexicanos e os estadounidenses. De América do Sur chegan sobre todo de Brasil, ademais de Arxentina e de Perú. 



O Mercado Labrego dos Tilos celebrará a chegada da Primavera este sábado cunha festa

Como ven sendo habitual co cambio de estación, o Mercado Labrego dos Tilos celebra unha festa de benvida. Os produtos de tempada son o prato forte deste mercado, polo que haberá unha cantina na que se poderán degustar este tipo de produtos ademais de refrixerios a prezos simbólicos.

Produtores e produtoras convidadas doutras zonas acoden tamén á festa cos seus alimentos para unirse aos xa habituais e, ademais, mestres artesáns colocarán postos de artesanía nesta festa. Esta iniciativa trata de darlle un pulo ao mercado de proximidade mediante actividades atractivas arredor da merca de alimentos.

Ás 12.30 está prevista unha actuación de monicreques para todos os públicos.

Mercado de Cacheiras. Hoxe venres, como xa está a ocorrer nas últimas semanas, celébrase entre as 9 e as 14 h, o mercado de Cacheiras no seu novo emprazamento, que trata de ser máis accesible para o público asistente.

A III Kedada Solidaria de BTT de Silleda contará coa participación de máis de 180 persoas o vindeiro domingo

O vindeiro domingo, 20 de marzo celebrarase en Silleda a III Kedada Solidaria en BTT, organizada polo clube BTT Trasdeza en colaboración co Concello de Silleda. O roteiro contará coa participación de máis de 180 persoas, todas elas afeccionadas a esta práctica deportiva. 

A cita partirá do campo de fútbol do Outeiriño de Silleda, ás 09.30 e contará cun percorrido de aproximadamente 45 kilómetros, de dificultade media-alta, tendo como novidade este ano unha ruta alternativa de 36 kms. co fin de unificar as chegadas. 

O traxecto discorrerá por enclaves naturais como a Fervenza do Toxa, o mosteiro de Carboeiro, ou o roteiro do baixo Deza, que comeza na parroquia de Abades. 

Están previstos tres avituallamentos.

Cada un dos participantes da kedada entregará un quilo de alimentos non perecedoiros, que a organización doará, coma en anos anteriores, integramente ó Banco de Alimentos do Programa Municipal Silleda Solidaria, e tamén deberá aportar 5€ en concepto de inscrición. 

Dende o Banco de Alimentos faise unha chamada para intentar cubrir os produtos dos que teñen máis escaseza nestes momentos, como son leite, cola cao, azucre, aceites, conservas, ou potitos infantís.

A recollida de dorsais previa á ruta realizarase no pavillón municipal César González Fares de Silleda ese mesmo día ás 08:15. Tamén nese mesmo emprazamento contarase con duchas, parquin, e lavado de bicicletas ao remate da proba.

Unha vez rematada a kedada, os participantes poderán degustar productos típicos da zona: lacón, empanada, e rosquillas.

A ruta está organizada polo colectivo BTT Trasdeza, creado hai tres anos e que conta socios que veñen participando os domingos en distintas saídas polo territorio silledense.

Dende a organización quere agradecerse a colaboración e apoio das firmas colaboradoras, así como dos participantes que colaboran ano tras ano nesta iniciativa.

Programación NUMAX do 18 ao 24 de marzo de 2016

Catro filmes de estrea nunha semana chea de novidades en NUMAX

Comezamos a semana cinematográfica de NUMAX o venres 18 de marzo coa reestrea de Tres cores: Branco, segunda entrega da triloxía de Krzysztof Kieslowski que centrou a atención da cinefilia europea na década dos noventa. A segunda das cores da bandeira francesa serve ao cineasta polaco para reflexionar arredor da noción da igualdade, a través da historia dun inmigrante que regresa de Francia á súa Polonia natal, onde o capitalismo salvaxe comeza a se apoderar dos modos de vida da poboación. Segundo a crítica Lisa Schwarzbaum, «hai algo terreal e elemental nesta historia que non se atopaba en Tres cores: Azul, algo extravagante e enérxico».

Hoxe venres 18, coincidindo co primeiro aniversario de NUMAX, terá lugar a estrea de Mustang, filme luminoso que supón o debut na dirección da cineasta turca Deniz Gamze Ergüven e chega á nosa pantalla logo dun exitoso percorrido por festivais de todo o mundo. A emocionante historia de cinco irmás adolescentes que deben abandonar a súa lúdica relación para se enfrontar a unha prematura vida matrimonial, fai que o filme funcione, segundo Luis Martínez, a xeito de «berro de protesta contra a cruel inxustiza da relixión e, xa que estamos, como un filme de terror a voltas co sangue do patriarcado».

Entrada a semana, en concreto o mércores 23 de marzo, dous novos títulos veñen a engrosar a proposta de NUMAX de cara á ponte de Semana Santa. O primeiro deles é Anomalisa, filme de animación espido e minimalista que nos leva á historia dun home, motivador profesional, que canto máis axuda á xente menos consegue estimar a súa propia vida. Dirixido por Duke Johnson e Charlie Kaufman —autor este último dos guións de Cómo ser John Malkovich ou ¡Olvídate de mí!—, Anomalisa emerxe como unha orixinalísima proposta que reivindica a capacidade do cinema de animación para nos interrogar arredor dos misterios da existencia humana.

Para rematar, o mesmo 23 de marzo pechamos a triloxía de Kieslowski co que finalmente será o testamento fílmico do seu autor, falecido pouco tempo despois. Referímonos a Tres cores: Vermello, obra de madurez que analiza o concepto de fraternidade a partir da terceira cor da bandeira francesa. O filme, emotivo e esperanzador, relata o encontro fortuíto entre unha moza que malvive como modelo e un xuíz xubilado que ten a estraña obsesión de escoitar as conversas telefónicas dos seus veciños.

Últimas sesións

Nos próximos días teredes as últimas oportunidades para ver en NUMAX Informe general II. O filme de Pere Portabella, que pon en escena a importantes pensadores, políticos e activistas sociais interpretando ante a cámara as principais claves do cambio político, terá a súa derradeira proxección o martes 22 de marzo.

Ese mesmo día, martes 22, outro filme dirá adeus á pantalla de NUMAX. Trátase de Bone Tomahawk, suxestiva mestura de western e cinema de terror que vén de triunfar en Sitges e supón o debut cinematográfico do seu autor, o novelista S. Craig Zahler.

Portas abertas para abonadas e avalistas no primeiro aniversario de NUMAX

O 18 de marzo de 2015, logo de recibir a visita sorpresa de Aki Kaurismäki, que presentou en estrea internacional a nova copia do seu filme Nubes pasaxeiras, abriamos as portas do Cinema, Libraría e Laboratorio de NUMAX, S. Coop. Galega. Para celebralo, Hoxe venres 18 de marzo, todas as sesións serán de acceso gratuíto para persoas abonadas e avalistas do noso proxecto.

Tres cores: Branco
(Krzysztof Kieslowski, 1994)

Karol e Dominique quérense pero a súa vida en París como recén casados non funciona. O feito de non poder consumar o matrimonio provoca que a parella se divorcie. Karol terá que vender a súa barbería e volver á súa Polonia natal con Mikolaj, un amigo da infancia. Alí inicia unha nova vida mais non consegue esquecer á súa exmuller francesa e planea unha vinganza.

Mustang
(Deniz Gamze Ergüven, 2015)

Nun pobo do norte de Turquía, cinco irmás de entre 12 e 16 anos pasan o verán nun xardín paradisíaco de risas e xogos inocentes sobre as ondas do Mar Negro. Porén, a condición da muller no país non tardará en provocar rumores de inmoralidade e escándalo das mozas, así que os seus familiares deciden preparalas cara ao seu destino de futuras esposas.

Anomalisa
(Charlie Kaufman e Duke Johnson , 2015)

O protagonista do filme é un motivador profesional que, canto máis axuda á xente máis monótona e anódina percibe a súa propia existencia. Até que un día a voz dunha moza sóalle diferente e o home disponse a abandonalo todo e a todos por acadar a felicidade con ela. Filme de animación escrito por Charlie Kaufman coa colaboración de Dan Harmon.

Tres cores: Vermello
(Krzysztof Kieslowski, 1994)

Valentina, una moza estudante que se gaña a vida como modelo, salva a vida dun can atropelado por un coche. A busca do seu dono condúcea a un xuíz xubilado que ten unha estraña obsesión: escoitar as conversas telefónicas dos seus veciños. A Valentina non lle agrada o comportamento do home, pero non pode evitar ilo visitar.

Programación
Venres 18 de marzo
12:00 Tres cores: Azul
15:45 Informe general II (VO)
18:00 Tres cores: Branco Estrea
19:45 Mustang Estrea
21:40 Bone Tomahawk

Sábado 19 de marzo
12:00 Informe general II (VO)
15:45 Tres cores: Branco
17:30 Mustang
19:20 Tres cores: Azul
21:20 Bone Tomahawk

Domingo 20 de marzo
12:00 Bone Tomahawk
15:45 Tres cores: Azul
17:45 Mustang
19:40 Informe general II (VO)
22:00 Tres cores: Branco
Martes 22 de marzo
12:00 Tres cores: Branco
15:45 Tres cores: Azul
17:40 Bone Tomahawk Último pase
20:10 Mustang
22:00 Informe general II (VO)
Último pase

Mércores 23 de marzo
12:00 Tres cores: Vermello Estrea
15:45 Mustang
17:35 Tres cores: Azul
19:30 Tres cores: Branco
21:15 Anomalisa Estrea

Xoves 24 de marzo
12:00 Mustang
15:45 Tres cores: Branco
17:30 Tres cores: Vermello
19:20 Tres cores: Azul
21:20 Anomalisa
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego
Na Libraría NUMAX

As aventuras de Alicia no país das marabillas
Lewis Carroll

«Había una vez unha moza chamada Alicia que tivo un estraño soño». Este fermoso libro data de 1907 e é do tamaño da palma da man.


Manuel María. Vida, versos e rebeldía
Manuel Veiga e Xosé Lastra

Manuel Veiga e Xosé Lastra relatan e ilustran de xeito engaiolante a vida cotiá de Manuel María, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, ofrecendo un fermoso percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro, editor ou xornalista.

Angular. Cine experimental y videocreación
VV.AA.

Angular lanza unha compilación de pezas heterodoxas distanciadas das formas narrativas convencionais e de calquera caste de academicismo. Inclúe un DVD e un libro impreso con textos críticos sobre a disciplina.

El cuarto de atrás
Carmen Martín Gaite

Libro de memorias e reflexión sobre o propio quefacer literario. Nunha noite de insomnio e treboada a escritora, inopinadamente, recibe a visita dun descoñecido vestido de negro, cuxa identidade permanece ambigua ao longo de todo o relato.