Brión - o grumir excarcela a 3 feridos nun accidente na corredor Brión Noia

O GRUMIR DE BRIÓN EXCARCERA A TRES PERSOAS FERIDAS NUNHA COLISIÓN FRONTOLATERAL NO CORREDOR BRIÓN-NOIA, Á ALTURA DE PAZOS (ROIS)
Catro operarios do grumir de Brión excarceraron a tres persoas, dous homes e unha muller, ocupantes de dous vehículos que colidiron frontolateralmente esta tarde no CG 1.5 (Corredor Brión-Noia) á altura da aldea de Pazos (Urdilde-Rois), sentido Santiago. Os tres feridos foron trasladados en ambulancia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago debido ás feridas producidas no accidente.

O grumir de Brión recibiu o aviso do 112 ás 15:40 horas e desprazáronse ata o lugar catro dos seus membros coa Pick Up e o BUL (Bomba Urbana Lixeira), pois foi preciso excarcerar aos tres ocupantes dos vehículos. Unhas tarefas nas que tamén colaborou o corpo de bombeiros de Boiro. Ata o lugar do accidente tamén se desprazaron dúas ambulancias, unha delas medicalizada, que se encargaron de estabilizar aos feridos e trasladalos ata o hospital.

No lugar do accidente tamén se personou persoal de Protección Civil de Noia e da Garda Civil, que se encargaron da regulación do tráfico na zona xa que, a pesar de que os dous vehículos quedaron fora da calzada e non foi preciso cortar o tráfico, si que tiveron que regulalo durante a excarceración e traslado dos feridos. O suceso quedou resolto pasadas as 17:35 horas.

Ningún comentario: