Os nacionalistas explican na Estrada o seu posicionamento a prol da fusión das caixas e na defensa do sector financeiro galego
O BNG quere unha caixa ao servizo de Galiza, xa que é o único instrumento de intervención pública na economía galega, fundamental para o desenvolvemento desta
A Estrada, 20 de febreiro de 2010: O BNG continúa coa campaña de información sobre o seu posicionamento a favor da fusión das caixas galegas e sobre a Lei de Caixas, unha iniciativa que levou ao Parlamento Galego, e que foi finalmente aprobada por este a finais do ano pasado, e que agora se atopa recorrida polo Goberno Central no Tribunal Constitucional.
Neste sentido, e na ronda de actos que está a levar o BNG en xeral por todo Galiza, o próximo venres 26 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, o Portavoz Nacional da organización nacionalista, Guillerme Vázquez, achegarase á Estrada para, de primeira man, explicar a todos os veciños e veciñas do noso Concello o posicionamento do Bloque a prol da fusión das caixas, que vive agora os momentos máis delicados e confusos por mor do recurso presentado polo Goberno de Rodríguez Zapatero, contra unha norma aprobada no Parlamento Galego.
Segundo o BNG, ou se aposta decididamente pola fusión entre Caixa Galcia e Caixa Nova para ter unha caixa galega, ou, o proceso aberto polo FROB (Fondo de Restruturación Ordenada Bancaria), deixará a todos os galegos e galegas sen os únicos instrumentos financeiros de intervención pública na economía galega que son as caixas de aforro; e sen unha caixa galega os aforros serán espoliados en beneficios doutras comunidades máis ricas.
Mais o BNG non está só nesta loita. Segundo os nacionalistas, non só fóron eles os que presentaron a Lei de Caixas para a súa aprobación no Parlamento Galego, senón que foi o Bloque quen, ademais, logrou unir a case a todas as forzas políticas con representación parlamentar, agás o PSdeG-PSOE, e a todos os sindicatos e empresarios do País, na defensa dos intereses económicos de Galiza reflectido na sinatura do manifesto “Galiza ten dereito”, ao que se están sumando outras entidades que non queren que se espolie os aforros de todos os galegos e galegas.
PSOE ARZUA
OS SOCIALISTAS CONSIDERAN IMPRESCINDIBLE O AUMENTO DE PRAZAS NA ESCOLA INFANTIL.-
Toda vez que o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar non se pronunciou sobre a aceptación da ampliación da garderia municipal, integrada na rede de escolas infantiles de titularidade autonómica, compre tomar algunha determinación de inmediato, para que esta ampliación de espacio e prazas sexa unha realidade no vindeiro curso.-
Os socialistas consideran unha magoa que o Alcalde restrasase tantos meses a presentación dun proxecto de ampliación no Consorcio , toda vez que a insuficiencia da escola infantil actual para cubrir a demanda de prazas era de sobra coñecida alomenos dende o ano 2008.-
“Teriase avanzado moito de ter solicitado formalmente, xa fai tempo, á Xunta esta ampliación, -alomenos antes da aprobación dos orzamentos autonómicos para este ano- independentemente da posterior presentación do proxecto técnico entregado fai uns dias” –indica o voceiro socialista Xabier Pintor
“De haber feito o Alcalde os “deberes” o seu tampo, poderiamos saber, a día de hoxe,si o Consorcio acometía esta ampliación, e, de non ser asi, abordalas obras o Concello con cargo o Fondo Estatal para o Empleo e a Sostibilidade Local” – indican dende o psoe local, porque, suliñan, “sexa como sexa hai que ofertar un maior número de prazas aos pais dos nenos de 0 a 3 anos, no vindeiro curso 2010-2011”.-
Según a resolución da Xerencia do Consorcio de finais do ano 2009, sobre a listaxe definitiva de persoas usuarias e listaxe de agarda da escola infantil de Arzúa, atendense a 43 nen@s e, ainda que a lista de espera formal supón 12 usuarios, “na práctica son mais,que ante a imposibilidade de coller praza, xa non solicitan, botando man, aqueles pais, que teñen que atender unha xornada laboral, dos proxenitores ou mesmo doutros servizos en Concellos limítrofes”- aclara o voceiro socialista.-
A oferta que se fai de educación infantil aos pais de nenos de 0 a 3 anos, quedase moi corta e non cubre, nin de lonxe, a demanda actual. Concretamente en Arzúa estamos por debaixo da ratio de Galicia resultante dos nenos censados con esas
idades, resultando que solamente hai unha vacante para cada cinco escolares menores de 3 anos -según datos da Conselleria de Traballo-
Os datos falan por si solos, polo que os socialistas tratarán de que se dispoña para vindeiro curso de mais oferta de prazas, como unha obriga institucional para o desenvolvemento integral das familias, promovendo os recursos destinados á atención á 1ª infancia.-

AYUNTAMIENTO DE OROSO
A LIGA DE FÚTBOL SALA DO CONCELLO DE OROSO 2010 DARÁ COMEZO O VINDEIRO MARTES 23 DE FEBREIRO COA PARTICIPACIÓN DE 10 EQUIPOS
19 de febreiro de 2010.- O concelleiro de Deportes de Oroso, Eduardo Veiras, reuníuse na noite de onte cos capitáns dos dez equipos inscritos na Liga de Fútbol Sala 2010 do Concello de Oroso para fixar o calendario da competición. Uns partidos que comezarán o vindeiro martes 23 de febreiro e que terán lugar ao longo dos vindeiros tres meses ata a gran final, que se disputará o 26 de maio, ás 21:30 horas, no pavillón municipal de Sigüeiro.
Veiras Rey explica que a reunión servíu “para fixar o calendario das competicións e solicitarlles a todos os equipos que manteñan o nivel de deportividade doutras edicións, pois o obxectivo fundamental desta iniciativa é que os nosos veciños practiquen deporte e promover as boas relacións entre todos”. Un calendario que podería verse alterado nalgunha das súas datas, en caso de que coincidisen os partidos co pintado do pavillón, obra incluida no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local.
A Liga de Fútbol Sala do Concello de Oroso contará coa participación dos seguintes dez equipos: Barciela Fútbol Sala (campión das últimas dúas edicións), Cafetería O Cortés (segundo clasificado), Porto Avieira, Senra Nuadu, Muebles Rico, Panadería Oroso, Automóviles Mandín, Santomé Pirotecnia Sionlla, Carboeiro e Sprint Oroso. A competición desenvolverase baixo o sistema de liga, no que os seis primeiros conxuntos clasificaranse directamente para o Play-Off. Os outros dous clasificados sairán dunha repesca entre os catro últimos equipos

AYUNTAMIENTO DE BRION
O CONCELLO DE BRIÓN CELEBRA ESTE DOMINGO
O SEU CONCURSO DE DISFRACES DE ENTROIDO
A festa, con máis de 2.200 euros en premios, terá lugar no pavillón polideportivo de Pedrouzos coa actuación da orquestra “Os Satélites”
19 de febreiro de 2010. O Concello de Brión celebra este domingo o seu tradicional Concurso de Disfraces, que terá lugar este domingo 21 de febreiro, ás 16:30 horas, e que pon punto e final ás celebracións do Entroido. Un certame no que, a día de hoxe, están anotados máis dunha vintena de participantes, entre os que figuran 6 grupos, 7 comparsas e 3 carrozas. Un número que se incrementará este domingo, pois a maior parte dos participantes, sobre todo os veciños de Brión, agardan ata o mesmo día do concurso para inscribirse. Unha anotación que poderán formalizar na Casa da Cultura entre as 15:00 e as 16:00 horas.
Todos os participantes no concurso de disfraces participarán nun desfile de Entroido polas rúas de Pedrouzos (Brión). O desfile sairá ás 16:30 horas da Carballeira de Santa Minia e fará un percorrido ata o pavillón polideportivo, onde terá lugar o concurso e unha gran festa de disfraces con música en directo a cargo da orquestra Os Satélites.
O Concello de Brión destina este ano 2.210 euros en premios repartidos en tres categorías: infantil (nenos e nenas menores de 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e adultos. Ademais, na categoría xeral establécense tres modalidades de concurso: grupos (de 2 a 8 persoas), comparsas (máis de 8 persoas) e carrozas. Nesta categoría repartiranse un total de 1.750 euros en premios.

BNG AMES
O BNG denuncia retraso e abandono na area de xogos do Paseo Fluvial de Bertamiráns.
Ames. 19 de febreiro de 2010. O implantación dunha area de xogos no Paseo Fluvial de Bertamirans foi un dos proxectos financiados polo Fondo de Investimento Local de 2009. Este proxecto foi adxudicado en 258.337,86 €, no mes de abril do pasado ano 2009, e cun prazo de execución de seis meses. E na mesmo tamén se adxudicou a area de xogos da Eira Vella no Milladoiro.
O BNG denuncia o retraso na apertura da area de xogos do Paseo Fluvial de Bertamiráns, pois despois de dez meses da súa adxudicación continúa pechada cos valados de obra, superando en catro meses o prazo de execución.
Este area xogos está a ser utilizada polos veciños e veciñas pois semella que leva varias semanas rematada, sen que se teña aberta ao público. Estase a crear unha situación de risco importante .
Por outra parte, o BNG denuncia tamén que estes dous parques incumpren o Decreto 245/2003 de 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantis, no que se refire a información aos usuarios e sinalización dos aparatos, na accesibilidade, no valado exterior…
É inxustificado que a estas alturas, despois de nove anos de publicado o Decreto de seguridade dos parques infantis, unha administración pública, neste caso o concello de Ames, non teña en contas as medidas estblecidas no mesmo. Indica unha falta de control e un nivel de desidia importante
O BNG xa se dirixíu ao Alcalde e concelleiro de urbanismo para urxirlle a apertura do area de xogos do paseo Fluvial de Bertamiráns, e adecuación das dúas areas de xogos á normativa vixente.

O CONCELLO DE BRIÓN PRESENTARÁ UNHA DENUNCIA ANTE A FISCALÍA PARA QUE INVESTIGUE “ATA AS ÚLTIMAS CONSECUENCIAS” OS FEITOS DENUNCIADOS ONTE EN PLENO POLO PARTIDO POPULAR
O alcalde asegura que “Brión é un pobo moi tranquilo” polo que “imos defender a democracia ata as últimas consecuencias e non imos parar ata localizar aos culpables”
18 de febreiro de 2010.- O Concello de Brión porá mañá venres en coñecemento da Fiscalía as denuncias realizadas onte no pleno municipal polo voceiro do PP, Carlos Tomé, concernientes a unha presunta agresión sufrida no vehículo do concelleiro Julio Couselo. Cumprindo o compromiso adquirido na sesión plenaria de onte, o alcalde de Brión, Xosé Luis García, interesouse esta mañá persoalmente pola marcha das investigacións en curso e contactou cos responsables do posto da Garda Civil no municipio e da Policía Local.
AYUNTAMIENTO DE AMES
Ames busca crear novas bolsas de solo industrial
O alcalde de Ames, Carlos Fernández, desprazouse ata Madrid a semana pasada para manter unha reunión con diversos representantes da sociedade mercantil estatal SEPES Urbana. O rexedor municipal expuxo varias propostas para tratar de ampliar o solo industrial no termo municipal de Ames e construír dous novos polígonos industriais no contorno da autovía AG – 56. Ademais propúxose unha posible ampliación do polígono Novo Milladoiro en máis de 100.000 metros cadrados. O goberno municipal tamén mantivo conversas sobre estas cuestión coa Xunta de Galicia.
O Concello de Ames está realizando xestións para tratar de crear novas bolsas de solo industrial que se poidan destinar a construción de novos equipamentos comerciais e industriais. Para tratar de buscar novos socios nas institucións públicas o alcalde de Ames, Carlos Fernández, desprazouse ata Madrid co fin de reunirse con representantes da sociedade mercantil estatal SEPES Urbana, dependente do Ministerio de Vivenda.
O rexedor municipal destacou a importancia deste encontro posto que “serviu para plantexar a necesidade de desenvolver novas bolsas de solo industrial no noso concello. Ata o de agora houbo só unha iniciativa privada para desenvolver solo industrial en Ames, onde se ían a desenvolver 330.000 metros cadrados, pero que quedaron en algo menos desa superficie inicialmente acordada. Na actualidade este polígono está practicamente cuberto o que provoca a necesidade de novo espazo industrial. Eu sigo recibindo visitas que me fan ver a necesidade que hai en Ames de novo solo industrial, para emprazar máis empresas no noso termo municipal”.
O principal obxectivo desa reunión foi buscar novos socios institucionais que permitan desenvolver iniciativas de terreo industrial en Ames. Deste xeito o alcalde propuxo a creación de dous novos polígonos industriais que quedarían emprazados no contorno da autovía AG – 56 e a ampliación en máis de 100.000 metros cadrados do polígono Novo Milladoiro.
“A ampliación do polígono existente levaríase a cabo por un dos seus lindes, para tratar de dotar de nova superficie a esta instalación industrial. Deste xeito poderíase dotar de prazas de aparcamento para turismo e para vehículos pesados e quedaría resolta a problemática da falta de espazo para aparcar neste lugar. Ao mesmo tempo aumentaríamos o número de parcelas para o uso industrial e comercial. Por outra banda cremos que é preciso crear dous novos polígonos vinculados á AG-56”.
Segundo explicou Carlos Fernández “a autovía Santiago-Ames-Brión permite acomodar solo residencial pero tamén permite dispor de terreo industrial. Un dos novos proxectos estaría situado nun terreo clasificado no plan xeral que está denominado como Portanxil-Pegariños e o outro proxecto de nova creación sería de nova planta e estaría vinculado, como xa mencionei anteriormente, á autovía AG-56. Esta estrada colócanos nun lugar privilexiado á hora de poder acometer este tipo de proxectos”.
Fernández aclarou que “eses foron os plantexamentos que lle fixen chegar ao SEPES e tamén llo manifestei anteriormente á Xunta de Galicia, para que ambas as dúas institucións teñan en conta Ames para futuros desenvolvementos de solo industrial. Agora hai que darlle un marxe de tempo para que analicen esas propostas, pero polo menos xa as teñen enriba da mesa e deste xeito poderemos contar coa colaboración de dous socios públicos como son o Ministerio de Vivenda, a través do SEPES, e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, mediante o Instituto Galego de Vivenda e Solo”.
Para finalizar o rexedor municipal recalcou que “a primeira institución que nos conteste de xeito positivo terá o noso apoio e de xeito conxunto levaremos a cabo esas iniciativas de solo industrial que son moi necesarias de cara a un futuro próximo. Sobre todo porque ao carecer de este tipo de solo perdemos a oportunidade de competir con outras localidades e cidades. Recordo que hai un tempo recibín a visita duns representantes da multinacional IKEA que barallaban a posibilidade de instalar unha tenda na Coruña, en Vigo ou nunha zona intermedia que comprendía Santiago de Compostela e a súa área de influencia. Estas persoas pedían unha parcela de 80.000 metros cadrados e en Ames só lle podíamos ofrecer unha finca de 7.000 metros cadrados polo que resultou imposible chegar a un acordo”.

O CONCELLO DE OROSO E TAMBRE GOLF SIGÜEIRO POÑEN EN MARCHA A PRIMEIRA ESCOLA DE GOLF DO MUNICIPIO
As clases terán lugar do 1 de marzo ao 30 de maio no campo de golf de Porto Avieira nas modalidades infantil, adultos e xubilados
18 de febreiro de 2010.- O Concello de Oroso e a empresa Tambre Golf Sigüeiro poñen en marcha a primeira escola de golf do municipio, que terá lugar do 1 de marzo ao 30 de maio no campo de golf de Porto Avieira (Oroso). Unhas clases nas que poderán participar todos os veciños e veciñas do municipio que o desexen independentemente da súa idade, pois organizaranse tres grupos: escola infantil, golf para adultos e escola de golf para xubilados.
Todas as clases serán impartidas por un xogador profesional de golf e o prezo da matrícula incluirá todo o material necesario para a práctica deste deporte: bolso con paos, bolas de prácticas, etc. O concelleiro de Deportes, Eduardo Veiras, anima aos veciños e veciñas do municipio a achegarse ao golf pois “ademais dos beneficios que sempre produce practicar un deporte, neste caso non é necesario ningún tipo de coñecemento previo nin licencia federativa para practicalo”.
O curso estará dividido en tres modalidades: infantil, adultos e xubilados. A escola infantil está dirixida a rapaces entre os 6 e os 16 anos de idade, que recibirán unha clase semanal de 1 hora. Para un mellor aproveitamento das sesións organizaranse grupos reducidos, de tan só 10 alumnos, que poderán ter as clases nas tardes dos mércores, xoves ou venres, ou os sábados pola mañá. Estes rapaces xogarán un torneo final o 30 de maio.
No caso dos adultos, de entre 17 e 65 anos, disfrutarán de catro clases de media hora de mércores a domingo. Neste caso, os grupos que se organicen oscilarán entre os 2 e os 4 alumnos, para adaptarse o máximo posible á dispoñibilidade horaria dos participantes. Finalmente, a escola de golf para xubilados (sempre que sexan maiores de 60 anos) impartirá dúas clases semanais de unha hora os xoves e venres pola mañá. Os grupos tamén serán reducidos, de 3 a 6 alumnos como máximo.
Prezos especiais para empadroados
A colaboración entre o Concello de Oroso e Tambre Golf Sigüeiro permitirá que os veciños e veciñas empadroados no municipio poidan disfrutar de importantes descontos na súa matrícula. Así, os rapaces empadroados no municipio terán que aboar unha cuota de 45 euros por trimestre (ou 20 euros por mes), mentres que o resto terán que pagar 60 euros por trimestre (ou 25 euros por mes).
No caso dos adultos, os descontos chegan ao 50%, pois os veciños empadroados aboarán unha cuota mensual de 15 euros fronte aos 30 euros do resto de afecionados. Por último, o prezo da matrícula para xubilados empadroados en Oroso será de 60 euros por trimestre (ou 25 euros por mes), fronte aos 75 euros por trimestre (ou 30 euros por mes) do resto de golfistas.
O prazo de inscrición abriuse hoxe mesmo tanto no centro cultural de Sigüeiro, en horario de 9:00 a 15:00 horas, como no propio campo de golf de Porto Avieira, a partir das 17:00 horas. Tamén se pode solicitar máis información nos teléfonos 981 69 09 03 (mañá) e 680 763 984 (tarde)

PSOE SILLEDA
O PSDG PSOE DENUNCIA QUE O GOBERNO RECEPCIONOU O AUDITORIO MANUEL DOPAZO O 30 DE DECEMBRO DE 2010 E QUE O MANTEN PECHADO SEN RAZONS DE PESO
DENUNCIA QUE O CONCELLO CERTIFICOU A OBRA MANUEL DOPAZO CON DATA 30 DE DECEMBRO DE 2010 A PESAR DE QUE FALTABA POR INSTALAR O GRUPO ELECTROGENO
17 de Febreiro de 2010.- O Goberno entregou na tarde de onte a oposición as actas das Xuntas de goberno local nas que se dan conta de que aprobaron a última certificación e fixeron a recepción das obras da ampliación do auditorio Manuel Dopazo con data 30 de decembro de 2010, o que demostra que tal e como afirmaran os socialistas a finais de xaneiro o goberno de Rey mantén pechado o Auditorio de Bandeira “intencionadamente“
O ter asinado a acta de recepción o 30 de decembro a obra podería poñerse a diposición dos cidadáns o día seguinte “pero segue pechado”. Para os socialistas a situación é lamentable xa que os colectivos de Bandeira levan meses sen poder usar estas instalaciones por unha simple cuestión de vendetta política , “este goberno mantén esta obra pechada por interes partidista para desacreditar o anterior goberno e sen importarlle para nada os colectivos que o necesitan para a súa actividade cotiá”.
Os socialistas aseguran que por información contrastadas durante este mes os operarios da constructora estiveron colocando o grupo electrógeno, que é unha maquinaria que no momento no que exista un fallo eléctrico entraría en funcionamento, e que a súa falla non impedía o uso normal das instalacións xa que de feito seguiuse usando o auditorio facendo funcións, galas e concertos “pero aos rapaces non os deixaban ensaiar, non ten sentido”. Cabe recordar que a empresa non instalara esta maquinaria por falla de pagamento do concello.
Sobre os argumentos esgrimidos onte por Rey, nos que mantén que o auditorio ten que seguir pechado por falla de mobiliario o grupo municipal ironiza con que “non creemos que fagan falla sillas para bailar”. Recordan que os grupos sempre lle transmitiron o anterior goberno que o prioritario non era amueblar senón abrir o centro xa que a banda xa dispón de sillas e atriles e que mentras non se pudiera dotar o centro o mobiliario que tiñan no lugar actual de ensaio “era suficiente eventualmente”.
Os socialistas lamentan tamén as insinuación de Rey de que non existía interés por parte do anterior ejecutivo en amueblar este local “é un sinsentido, para que queríamos logo construilo, para telo baleiro?”. Os socialistas non entenden esta acusación, xa que son eles os que perderon dúas oportunidades para dotar o centro por que o podían ter incluído dentro do plan anticrisis ou incluso no plan E “pero no, prefiren facer rotondas” e mentras os colectivos seguen esperando.
Din que o goberno volta a mentir, cando os acusan de alterar os cartos investidos, xa que as obras que se fixeron con cargo as melloras e o modificado da obra recolleron todas as obras do arranxo exterior, dende o hormigonado do acceso, o axardinamento, e o adecentamento de exterior do campo de fútbol, pero tamén as melloras na insonorización dos locales seguindo as recomendacións dos técnicos e co beneplácito dos membros da banda “obras que están debidamente cuantificadas nos documentos do proxecto modificado e de xustificación de melloras”.
GUARDIA CIVIL ORDES
Agentes de la Guardia Civil y de la Policía Local de Ordes intervienen 100 dosis de cocaína en el interior de un bar
Ordes/ Agentes de la Guardia Civil de Ordes juntos con otros de la Policía Local de la misma localidad, realizaron hace unos días un servicio conjunto que culminó con la detención de un individuo de la villa, de 31 años, como supuesto autor de un delito contra la salud pública al intervenir en el bar que regentaba alrededor de 100 dosis de cocaína que tenía camufladas de la cocina. Además de la citada sustancia, los agentes lograron incautarse de una báscula de precisión y 480 euros en billetes, fruto obtenido supuestamente con las ventas de droga.
El local llevaba siendo investigado desde hace varios meses y se tenía conocimiento de que podría tratarse de un punto de venta, hecho que se pudo confirmar tras la detención y registro llevados a cabo hace tres días.
Las pesquisas continúan y el ahora imputado fue puesto a disposición del Juzgado de Guardia de la villa ordense.

PP MELIDE
O PP de Melide denuncia que Socorro Cea se nega a darlle copia do expediente da depuradora
· A voceira popular informa de que a alcaldesa só deixará ver o expediente o día 9 de abril, en horario de 9 a 14.00 horas
· Para Vázquez, este feito é síntoma das irregularidades que Cea cometeu no proceso
Melide, 18 de febreiro de 2010. A voceira do PP de Melide, Ánxeles Vázquez, informa de que a alcaldesa, Socorro Cea, negouse a facilitarlle a copia do expediente da depuradora do Polígono Industrial de Madanela, tal e como lle notificou a Policía Local esta mesma semana. Neste senso, a representante popular informa de que o pasado 12 de febreiro solicitou no Concello unha copia do expediente da depuradora, pero a alcaldesa, mediante decreto, négase a facilitarllo ata o 9 de abril e no horario de 9 a 14 horas.
Para Vázquez, esto pon de manifesto unha vez máis a falta de transparencia da rexedora o que denota que “no tema da depuradora ten moito que ocultar, xa que, de non ser así, facilitaríanos as copias ou permitiríanos ó acceso ás mesmas xa”. A voceira do PP asegura que Cea non vai polo bo camiño, xa que o que debería facer nestes momentos “é dar a cara e non, como está facendo, dá-la calada por resposta”. Dende o PP cualifican esta actitude de “lamentable” e denuncian que Cea deixe pasar o tempo sen pronunciarse publicamente para explicarlle ós melidense o acontecido nin tomar ningunha medida ó respecto.
PSOE ARZUA
OS SOCIALISTAS PIDEN SE DECLARE O 2010 “ANO DE LUIS SEOANE” NO MUNICIPIO ARZUAN.-
Esta declaración honorífica serviría de estimulo para a lembranza e para manter vivo o legado de Seoane en Galicia, por mor de conmemorar o centenario do seu nacemento.-
Luis Seoane López naceu en Buenos Aires en xuño de 1910, e o seu pai, Luis Seoane Brocos era da parroquia Arzuana de Oíns –O Couto- e a súa nai Maria López Mosquera era do Concello veciño de O Pino.-
Esta vinculación familiar coa nosa terra e a lembranza que sempre tivo dela a través dos seus proxenitores e él memo, unha vez que volvou de Argentina xunto coa sua familia, vivindo no partido xudicial de Arzúa algúns anos, son razóns suficientes para a esta declaracion deste artista arzuán e galego universal.-
“2010 :ANO DE LUIS SEOANE”, como declaración institucional polo Pleno da Corporación municipal, a través dunha moción consensuada cos demais grupos municipais, serviria de incentivo para que nos eidos docentes, culturais e entodolos ambitos da cidadania se dese a coñecer a obra deste artista polifacético dunha grande capacidade creativa.-
En Arzua, lembrase, xa dispón dunha rua co seu nome.-
Exposicións, charlas ou conferencias ou incluso algunha publicación biográfica, poderian ser algunhas das actividades que se organizasen ou promovesen institucionalmente para espallar a obra deste pintor, diseñador industrial, escritor, editor e activista político.-
A dobre cidadanía Galego-Arxentina de Seoane, que se está a lembrar nestes pobos, por mor de facer un século do seu nacemento, danos pé, dende a nosa localidade,a intercambiar proposicións e información co Centro Arzuano-Melidense da capital arxentina, que levan en funcionamento dende 1935, para facer presente esta figura historica.-
Lembrase que tanto a obra artística como intelectual está promovéndose,sobre todo, dende o Centro Social Caixanova, Consello da Cultura Galega e a Fundación que leva o seu nome. Institucións coas que se pode contactar para apoiarmonos nas celebracións previstas.
AYUNTAMIENTO DE AMES
O Concello ofrécelle dúas parcelas á Xunta de Galicia para construír novas infraestruturas
[17/02/2010] O Concello segue traballando co obxectivo de mellorar os servizos dos que dispoñen todos os veciños e veciñas de Ames. Por todos é coñecido a gran demanda que existe entre a cidadanía amiense, tanto en Bertamiráns como no Milladoiro, para dispor dunha praza nas escolas de educación infantil. Para intentar paliar esa necesidade estase construíndo unha nova escola infantil no Milladoiro e ademais vaise ceder unha parcela, situada en Bertamiráns, á Xunta de Galicia para construír outra escola nesta localidade. Por outra banda, tamén se cederá unha parcela do Milladoiro ao goberno autonómico co fin de construír un edificio destinado á terceira idade.
Ames é un concello que nos últimos anos experimentou un gran crecemento poboacional. Iso require de novas infraestruturas e novos servizos que atendan as necesidades da cidadanía amiense. Co fin de garantir as demandas de todos os veciños e veciñas de Ames o Concello estivo negociando coa Xunta de Galicia a construción dunha nova escola infantil en Bertamiráns e dun centro dedicado á terceira idade no Milladorio. Estas conversas xa están moi avanzadas e o goberno autonómico comprometeuse a levar a cabo estes proxectos no termo municipal de Ames.
Na actualidade o concello de Ames conta con dúas escolas infantís municipais. Unha está situada no Milladoiro, a Escola infantil A Madalena, e outra encóntrase en Bertamiráns, a Escola infantil O Bosque. A pesar diso as prazas non son suficientes posto que son moitos os nenos e nenas de 0 a 3 anos que residen nestas dúas localidades. Agora mesmo, as prazas que se ofertan dende estes dous centros educativos superan as duascentas.
A nova escola infantil que se está construíndo no Milladoiro solucionará un gran problema para moitos pais e nais que se encontran coa dificultade de non ter onde escolarizar aos seus fillos, pero con iso non é suficiente, por iso o Concello de Ames pretende construír unha nova escola de educación infantil en Bertamiráns, que cubra a necesidade deste servizo nesta localidade.
A escola infantil que se pretende construír en Bertamiráns estará situada no contorno do centro de saúde e da Casa da Cultura desta localidade. O goberno municipal xa ten moito andado neste proxecto posto que conta co compromiso da Concellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar, para construír esta nova instalación.
O Concello de Ames é propietario dunha parcela resultante das operacións de segregación e agrupación autorizadas na Xunta de Goberno o pasado 10 de febreiro de 2010. A parcela de titularidade municipal resultante ten unha superficie de 1.500 metros cadrados, unha vez detraído o espazo destinado á rede viaria. A finca que se pretende ceder para construír a devandita escola está situada na Travesía do Pedregal, pertencente ao núcleo de Bertamiráns.
Centro de día
Ademais o goberno municipal conta co compromiso da Xunta de Galicia para a construción no Milladoiro dun edificio dedicado á terceira idade. Esta instalación está previsto que se constrúa no sector urbanístico S-15, Travesía do Porto Sur, aprobado definitivamente o día 22 de agosto de 2007. A parcela dedicada a este fin ten unha superficie de 3.452 metros cadrados. Coa construción deste edificio darase cumprimento á demanda dunha gran parte das persoas maiores de Ames.
Para o día 19 de febreiro está convocada unha sesión ordinaria da comisión Informativa Permanente de Urbanismo, Vivenda, Planificación de Infraestruturas e Obras Públicas, para tratar o inicio de expediente para cesión gratuíta das dúas parcelas que se destinarán á construción dunha nova escola de educación infantil, en Bertamiráns, e dun edificio destinado a terceira idade, no Milladoiro.
O expediente de cesión gratuíta destas parcelas requiren do voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da corporación municipal, polo que estes dous proxectos serán sometidos á aprobación do pleno ordinario do mes de febreiro que se celebra o xoves da próxima semana.

O PLENO DE BRIÓN APROBA O INICIO DO EXPEDIENTE DE CESIÓN GRATUÍTA DO CENTRO DE SAÚDE Á XUNTA
A Xunta de Portavoces elaborará unha proposta conxunta para que calquer reforma do sistema de pensións teña lugar no seo do Pacto de Toledo
17 de febreiro de 2010.- O pleno do Concello de Brión aprobou esta mañá por unanimidade iniciar o expediente para a cesión gratuíta do centro de saúde de Pedrouzos á Xunta de Galicia. O alcalde de Brión, Xosé Luís García, explica que este procedemento se inicia “despois dun convenio entre a FEGAMP e a Consellería de Sanidade polo cal a Consellería de Sanidade pasará a facerse cargo dos gastos de mantemento do centro, que antes dependían do Concello”.
Previamente, o pleno aprobara tamén incribir no Rexistro da Propiedade o Centro de Saúde, toda vez que hoxe mesmo chegou o acta de recepción do inmoble enviada pola Xunta de Galicia. Un inmoble que conta cunha superficie útil de máis de cincocentos metros cadrados e ten dez anos de antigüidade.
A unanimidade presidiu o resto dos temas da orde de día, de xeito que quedou aprobada a modificación de dous artigos do Regulamento de Axuda a Domicilio, para adaptalos á lei autonómica, e da Ordeanza Xeral Municipal sobre tráfico, circulación e vehículos a motor e seguridade vial, aprobada a instancias da Deputación da Coruña, que é o ente no que o pleno de Brión ten delegado a xestión e cobro das infracións.
Decreto do plurilingüismo
No turno de mocións, o pleno aprobou unha moción conxunta de PSOE e BNG en contra do decreto do plurilingüismo presentado pola Xunta. Unha moción pola que o Concello de Brión instará á Xunta a retirar as bases presentadas, cumprir coas obrigas estatutarias de protección da lingua e reconstituír o consenso social e político en torno á lingua. En todo caso, ambas formacións instaron a que se recuperara o consenso logrado na aprobación do decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regulaba o uso e a promoción do galego no sistema educativo. O Partido Popular non se sumou a esta moción e presentou unha propia na que se instaba a Xunta a garantir o equilibro entre ambas linguas. A proposta popular non saíu adiante fronte aos votos en contra de PSOE (7) e BNG (1).
Tampouco saíron adiante dúas mocións de PP e BNG que pedían a adhesión do Concello de Brión ao manifesto “Galicia ten dereito”. O grupo de Goberno non admitíu a urxencia de ambas propostas argumentando que “entendemos que isto se está negociando estes días en Madrid e esperamos que se chegue a unha solución boa para todos”. Xosé Luís García explicou que “estamos de acordo con que Galicia ten dereito a un sistema de financiación propio, pero engadiriamos que ten que estar adaptado á lexislación básica do Estado e ao marco constitucional”.
Por último, e a raíz dunha moción do PP sobre a conveniencia de que calquer debate sobre a reforma do sistema de pensións teña lugar no marco do Pacto de Toledo, os tres grupos aceptaron elaborar unha moción conxunta en Xunta de Portavoces. O texto consensuado será enviado posteriormente ao Parlamento do Estado para dar conta da posición do Concello de Brión no sentido de que este tipo de debates teñan lugar no Pacto de Toledo.
Solidariedade co PP
No turno de rogos e preguntas, o alcalde de Brión, en nome da corporación, condenou os destrozos sufridos no vehículo particular do concelleiro popular Julio Couselo (ausente nesta sesión) así como as ameazas denunciadas polo voceiro do PP, Carlos Tomé. Xosé Luís García apuntou que “vivimos nun concello moi tranquilo, pero burros e energúmenos hainos en todas as partes”. Ademais da “condena total e absoluta” deste tipo de feitos, o alcalde brionés comprometeuse a poñerse en contacto coa Garda Civil para interesarse pola situación e comentoulle ao voceiro popular que “todos os que estamos aquí o sufrimos dalgún xeito e é algo moi desagradable. Neste caso conta co meu apoio total, aínda que creo que non é un tema político” senón “dunhas bestas e duns salvaxes”
AYUNTAMIENTOS DE OROSO
OROSO APROBA O PLIEGO DE CONDICIÓNS PARA A CONSTRUCIÓN DA ROTONDA DE ACCESO DENDE A N-550 AOS POLÍGONOS DE SIGÜEIRO E OROSO PEQUENO
As obras están orzamentadas en 679.000 euros, teñen un prazo de execución de 6 meses e comezarán dentro de 4 meses
Manuel Mirás adianta que non será necesario desviar o tráfico por ningunha outra vía de Sigüeiro e que se primará á empresa que reduza o tempo de execución da obra
17 de febreiro de 2010.- O Concello de Oroso resolverá antes de que finalice este ano un dos problemas máis importantes de tráfico que soporta Sigüeiro: a entrada aos polígonos empresariais de Sigüeiro e Oroso Pequeno, así como o acceso á gardería municipal e ao futuro colexio de primaria. A Xunta de Goberno Local de Oroso aprobou esta mañá o pliego de cláusulas administrativas particulares que rexerán para a contratación, mediante procedemento aberto, da construción dunha rotonda no punto quilométrico 48+540 da N-550.
De acordo co pliego de cláusulas aprobado hoxe, a construción desta rontonda contará cun orzamento de 679.758 euros (IVE incluído) e contará cun prazo de execución de seis meses. Unha nova rotonda que terá dous carrís de circulación: un para seguir de fronte pola N-550 e outro para acceder aos parques empresariais. Tras a aprobación de hoxe en Xunta de Goberno, e despois de que o pasado luns foran informados todos os grupos municipais na Comisión de Asuntos do Pleno, procederase á publicación da oferta no BOP e no DOG, abríndose un periodo de 26 días naturais para a recepción das ofertas.
Non haberá desvíos de tráfico
Así as cousas, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, calcula que “se a tramitación administrativa resólvese sen problemas, espero que as obras poidan comezar nun prazo de catro meses”. O criterio principal de valoración das ofertas presentadas será o do prezo económico máis baixo, se ben “primarase tamén aquela oferta que faga as obras con total garantía e no meno tempo posible para poder solventar canto antes as molestias que poidan ter cos condutores”, explica Mirás Franqueira, que agarda que este prazo de execución “non vaia moito máis aló dos tres meses”.
O alcalde de Oroso sinala tamén que durante a construción da rotonda non será preciso interrumpir nin desviar o tráfico. “O tráfico non se vai desviar por ningunha rúa de Sigüeiro”, explica Manuel Mirás, “as obras executaranse en dúas fases de xeito que sempre quede un carril habilitado para a circulación, cuxo paso estará regulado convintemente”. Por iso o alcalde de Oroso fai fincapé na importancia de que o tempo de execución dos traballos sexa o menor posible. “Sabemos que durante as obras os condutores terán que soportar certas molestias, pero tamén sabemos que deste xeito solucionaremos un dos problemas máis importantes de tráfico no municipio”, apunta Mirás Franqueira.
De feito, o cruce actual presenta especiais dificultades para aqueles camións e vehículos que chegan a Sigüeiro pola N-550, dende A Coruña, así como para os que pretenden incorporarse á N-550, sentido Santiago, dende o polígono industrial. Unhas dificultades que, no caso das horas de maior tráfico, chegan a causar importantes retencións nese punto. Coa posta en marcha desta rotonda, mellorarán as comunicacións dos parques empresariais de Sigüeiro (de 248.000 m2) e de Oroso Pequeno (de 53.000 m2), o que os fará máis atractivos para aquelas empresas que estén interesadas en instalarse no municipio.
Ademais, esta rotonda estará lista antes de que se constrúa o novo colexio de educación infantil e primaria, que se situará nunha parcela do paseo do Río Carboeiro cercana ao vial de acceso ao polígono empresarial. Deste xeito, os pais disporán tamén dun acceso moito máis axil e seguro para deixar/recoller aos pequenos. Un acceso que tamén mellora no caso dos pais e nais que acuden a recoller aos seus cativos na gardería municipal, cuxa estrada foi arranxada recentemente polo Concello de Oroso a cargo do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.
AYUNTAMIENTO DE BOQUEIXON
EMERXENCIAS BOQUEIXON MOBILIZARÁ UN NÚMERO IMPORTANTE DE EFECTIVOS PARA A FESTA DA FILLOA
O Servizo Municipal de Protección Civil do Concello de Boqueixón xa ten ultimado o seu plan de actuación para o vindeiro domingo 21 de Febreiro co fin de garantir a seguridade durante a celebración da XXVII FESTA DA FILLOA DE LESTEDO
Un total de 25 efectivos, do persoal de Emerxencias Boqueixón e voluntarios de protección civil, traballarán este domingo co fin de facilitar a mobilidade de vehículos e garantir a seguridade dos asistentes á festa.
A tal fin o Servizo Municipal despregará xunto co persoal tódolos medios cos que conta para garantir a seguridade de tódolos asistentes a esta festa gastronómica.
O dispositivo estará reforzado nos dous períodos nos que se prevé unha maior asistencia de público como será ó mediodía coa lectura do Pregón da Festa a cargo da actriz María Mera e durante a tarde coa actuación dos Xenerais da Ulla de Lestedo e tamén das orquestra Olympus e Aché.
Ó traballo dos membros de Protección Civil de Boqueixón haberá que sumar o dos membros das forzas de seguridade do estado, especialmente da Guardia Civil
A Festa da Fillo a de Lestedo ésta declarada de Interese turístico de Galicia e na súa anterior edición acolleu a máis de 15.000 persoas que durante o día participaron nos actos levados a cabo durante o día.
PSOE SILLEDA
O PSDG PSOE SOLICÍTALLE Ó CONCELLO QUE CUMPRA COA RECOLLIDA DE LIXO NO RURAL
Denuncian deficiencias na recollida selectiva de vidro na parroquia de Cira.
Denuncian ademais a falla de limpeza na maior parte dos contenedores de Silleda e Bandeira a pesar do anuncio municipal
17 de febreiro de 2.009.- Os socialistas, recibiron varias queixas dos veciños de Cira en relación a recollida selectiva no rural e por elo, unha vez comprobadas as reclamacións, solicítanlle ao Concello que cumpra coa recollida de lixo no rural, incluída a selectiva e que manteña en bo estado os contedores.
Unha das queixas dos veciños é que un dos contenedores de vidro da parroquia leva alomenos un mes tirado e roto e os refugallos, que seguen a depositar os cidadáns, están acumulándose o aire libre sen que o Concello se preocupe por esta lamentable situación.
O curioso e que os cidadáns, tal e como se pode comprobar na fotografía, fixeron a sua selección nas vivendas e incluso depositaron ordeadamente o vidro, asi que, “mentras os cidadáns colaboran dun xeito responsable, o concello , non fai o seu traballo”
O PSdG-PSOE lamenta que estas situacións sexan habituais xa que non é a primeira vez que reciben queixas deste tipo por parte dos veciños, e instan ó goberno a que poñan solución a estas deficiencias.
Por outra parte solicítanlle o concello que se limpen os contenedores de tódalas calles de Silleda e Bandeira , xa que lamentablemente, a pesar do anuncio municipal de que se fixera unha limpeza completa dos mesmos para as festas do carnaval, a moitos dos contenedores das vilas nin se lles tocou “semella que según a calle na que vivas tes dereito ou non a se limpen os contenedores”
BNG AMES
O BNG solicita melloras no aparcamento do Paseo Fluvial de Bertamiráns
Ames, 16 de febreiro de 2009. O Pleno da Corporación Municipal debatirá este mes a moción do BNG para que o Concello mellore o aparcadoiro público na rúa Pesqueiras de Bertamiráns, coñecido popularmente como o Aparcamento do Carrefour ou do Paseo Fluvial, un dos equipamentos públicos máis usados para o estacionamento de vehículos no núcleo de Bertamiráns.
O BNG quere que se adopte un nome oficial para o aparcadoiro (aparcamento da Rúa Pesqueiras, aparcamento do Paseo Fluvial…) e se instale unha placa co mesmo. Reclaman, tamén, que se volva a pintar toda a sinalización horizontal, as prazas de aparcamento, e as direccións de circulación. Do mesmo xeito, o Bloque reclama que se regule o horario e as zonas de carga e descarga, e que se adopten as medidas necesarias para que se cumpra a Ordenanza reguladora de entrada de vehículos e reserva da vía pública para aparcadoiro exclusivo (…). Solicitan, tamén, que se delimite a zona de eliminación de residuos, e se controle o cumprimento das medidas hixiénicas e que se melloren as indicacións de acceso a este aparcadoiro público en todo o núcleo urbano.
Despois de varios anos de funcionamento, véñense detectando no aparcadoiro algunhas situacións que, a criterio do BNG de Ames, deberían corrixirse. Hai unha evidente confusión na súa denominación, as prazas de aparcamento presentan un moi deficiente estado de identificación polo seu uso, de tal xeito que, ás veces, hai coches aparcados na zona de paseo.
Ademais o proceso de carga e descarga é bastante caótico, tanto nas súas horas como na ocupación dos espazos, coas conseguintes molestias ao resto dos usuarios deste aparcamento público, e hai, polo menos, dúas prazas ocupadas privadamente polo centro comercial colindante.
Asimesmo a zona de eliminación de residuos producidos polo centro comercial presenta, de cote, unha hixiene deficitaria.
AYUNTAMIENTO DE FRADES
O CONCELLO DE FRADES PREMIA AO CPI DE PONTECARREIRA POLA SÚA REPRESENTACIÓN DO ENTROIDO, NA QUE PARTICIPARON TODOS OS ALUMNOS
Os rapaces do colexio fixeron unha peregrinación ata a praza de Pontecarreira que incluíu todas as personaxes do Ano Santo: pelegríns, voluntarios, sacerdotes, políticos, familia Real e mesmo o Papa
16 de febreiro de 2010.- O Concello de Frades decidiu premiar con 500 euros ao Colexio Público Integrado (CPI) Pontecarreira pola súa representación do entroido, na que participaron todos os alumnos do centro. Un galardón extraordinario, e que non estaba previsto no Concurso de Disfraces, pero que o Concello de Frades decidiu outorgar debido “á vistosidade do desfile e ao traballo realizado por mestes e alumnos que, aproveitando o Ano Santo, representaron unha gran peregrinación a Santiago que fixo as delicias de todos os veciños de Frades”, explica o alcalde, Miguel Prado Patiño.
O desfile de entroido do CPI Pontecarreira tivo lugar o pasado venres e nel participaron todos os alumnos e alumnas do centro, así como os seus mestres e algúns veciños da zona, que percorreron as rúas de Pontecarreira entre o colexio e a praza da localidade, onde estaba situada unha “Porta Santa” feita con papel. Un desfile que representou unha peregrinación a Santiago na que cada clase estaba caracterizada cun tipo especial de disfraz.
Así, os máis pequenos ían disfrazados de pelegríns (tradicionais co caiado e gorro, en bicicleta e mesmo como a antiga mascota do Xacobeo), outros ían caracterizados como voluntarios do Camiño, enfermeiros, médicos... Tampouco faltou a parte “relixiosa” da peregrinación: o Apóstolo, monxas, curas, bispos e mesmo o Papa, que apareceu nun peculiar “Papa móvil” cos seus gardacostas. Ttamén estiveron representadas as autoridades civís, dende os presidentes do Goberno e da Xunta ata a Familia Real ao completo, todo elo grabado por un “equipo de televisión” que inmortalizou o momento.
Miguel Prado explicou que “despois de tan gran demostración de inxenio, traballo e bo humor non podiamos deixar de premiar esta iniciativa como se merece”. Por iso, o Concello de Frades entregará esta semana á directora do CPI Pontecarreira un premio especial de 500 euros.
BNG A ESTRADA
UXFOR, o futuro do monte galego
O BNG da Estrada pide a continuidade do modelo de xestión conxunta dos montes e o cumprimento dos compromisos adquiridos pola Administración cos promotores da UXFOR
A Estrada, 16 de febreiro de 2010: As UXFOR ( Unidades de Xestión Forestal) caracterízanse polo agrupamento de parcelas cara a súa xestión en común seguindo un plan, o Instrumento de Xestión Forestal Específico (IXFE), establecido e aprobado pola Asemblea de propietarios. Este instrumento de mellora dos nosos montes foi posta en marcha polo BNG no período que goberno a Xunta de Galiza, en concreto, a Consellaría de Medio Rural.
Entre as súas vantaxes, as UXFOR caracterízanse pola recuperación e posta en valor da propiedade forestal abandonada, a consecución de unidades produtivas de maior tamaño, que permitan e optimicen a rendibilidade do monte, así como unha xestión común e profesional do monte. Todo iso redunda non só nun mellor aproveitamento do monte, senón que diminúe considerabelmente o risco de incendios forestais.
Na nosa localidade púxose en marcha a UXFOR: A Coviña, na parroquia da Somoza, impulsada pola Cooperativa Monte Cabalar, e a de Contumil, en presolucitude. Entre ambas as dúas xestionarían máis de 40 hectáreas de monte, correspondentes a 130 propietarios.
Mais non só na Estrada se puxeron en marcha UXFOR, tamén en Silleda, Forcarei, Rodeiro e Agolada, todos estes concellos cunha ampla extensión forestal, e cunha característica común, o abandono, feito este que se quere corrixir a través das Unidades de Xestión Forestal.
O BNG ve con preocupación a continuidade deste modelo de xestión posto en marcha polo anterior executivo da Xunta. Neste sentido, o BNG da Estrada ven de presentar no rexistro do Concello unha moción coa que se pretende conseguir o respaldo unánime do pleno da Corporación ás UXFOR, solicitando da Xunta de Galiza non só a continuidade do modelo de xestión conxunta, senón tamén a axilización dos trámites para a constitución daquelas UXFOR que tiveran iniciado o proceso de constitución, así como o cumprimento dos compromisos adquiridos pola Administración cos promotores das UXFOR.

URGENTE
URGENTE
DESAPARECE UNHA MULLER DE 83 ANOS EN CACHEIRAS
• A muller vestía no momento da desaparición botas altas negras, xersei negro e chaquetón marrón
15 de febreiro de 2010. Dende onte ao mediodía, domingo 14 de febreiro, falta do seu domicilio en Feros –Cacheiras- a muller Delia Duro Asorey. Se alguén pode aportar algún dato ou veu á muller rógase avisen ao 112. Tamén se poden poñer en contacto con Protección Civil de Teo -649 804 720- ou coa Policía Local de Teo -606 984 838-.
No momento da desaparición a muller de 83 anos vestía unhas botas altas negras, saia marrón, xersei negro de colo alto e un chaquetón marrón con pelo no colo. A muller ten alzheimer e cando saiu da casa non levaba DNI, diñeiro nin medicación.
Dende onte ó mediodía un operativo formado pola Garda Civil, Protección Civil e a Policía Local de Teo buscan a Delia, polo momento sen datos concretos.
A muller reside durante a semana en Santiago, na rúa Romero Donallo, aínda que os fins de semana pásanos na localidade teense de Cacheiras. Ademais Delia Duro é natural de Porto de Mouros, en Vila de Cruces
AS PERSOAS INTERESADAS EN COLABORAR NA BÚSQUEDA DA MULLER DESAPARECIDA EN TEO PODEN ACHEGARSE Á CASA COMÚN DA TORRE EN CACHEIRAS

· Delia Duro desapareceu onte do seu domicilio en Cacheiras e vestía botas altas negras, saia marrón e chaquetón marrón
· O operativo de búsqueda reanudouse esta mañá e conta con membros da Garda Civil, Policía Local de Teo e Protección Civil de Teo e A Estrada ademais de voluntarios
15 de febreiro de 2010. En Teo continúa a búsqueda da muller de 83 anos desaparecida onte 14 de febreiro do seu domicilio en Cacheiras –Teo-. Neste momento ó redor de 40 persoas da Garda Civil, Policía Local de Teo e Protección Civil de Teo e A Estrada ademais de vountarios buscan na zona máis cercana ó domicilio. Calquera persoa interesada en colaborar pode achegarse á Casa Común da Torre –Cacheiras-.
Este é un local municipal situado no lugar da Torre. Dende a estrada AC-841 hai que coller dirección Feros, dende o núcleo de Cacheiras. Pasada a autovía atópase o local municipal da Torre á man esquerda. Dende este local coordinarase durante toda a xornada as persoas voluntarias que acudan organizando grupos e indicando a zona de búsqueda.
Delia Duro Asorey falta do súa casa dende onte ao mediodía. Calquera persoa que teña algún dato pode poñerse en contacto co 112 ou cos teléfonos de Protección Civil de Teo -649 804 720- e da Policía Local de Teo -606 984 838-.
No momento da desaparición a muller de 83 anos vestía unhas botas altas negras, saia marrón, xersei negro de colo alto e un chaquetón marrón con pelo no colo. A muller ten alzheimer e cando saiu da casa non levaba DNI, diñeiro nin medicación.
PSOE ARZUA
OS SOCIALISTAS AFIRMAN QUE O PLAN ESTATAL APENAS INCIDIU NA REDUCCION DO DESEMPREGO LOCAL.-
As inversións do Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) por importe de 1.155.556 euros (192.268.341 pesetas) , cumpriu os obxectivos globais en canto a emprego total que esixia o goberno, pero desafortunamente para Arzúa, incidiu minimamente nos desempregados da localidade.-
Según indican os socialistas, das 64 persoas que dispuxeron as empresas para traballar nas nove actuacións do devandito plan, non chegaron a un 7% os desempregados contratados da localidade arzuán.-
Dos nove proxectos financiados integramente polo goberno socialista, queda pendente de rematar o controvertido da Carballeira do Campo da Feira, que está prorogado o prazo de execución pola Dirección Xeral de Cooperación Local, ata o día 30 de abril do presente ano.-
Respecto desta actuación seguen os socialistas mantendo moitas dudas sobre esta pretendida “recuperación”, nas que se invertiron 90.000 euros (14.974.740 pesetas) , nunhas actuacións chapuceiras nas que se talaron moitas árbores sans .- O fio disto “estaremos atentos a que recuperen os demais arbores sobre as que se actuou, que, para evitar sorpresas, se deberia reter un tempo a fianza aportada pola empresa, para, no seu caso, responda desta obra”-Indica Begoña Balado Conde, responsable de comunicación dos socialistas arzuáns.-
A responsable socialistas, á vista dos pobres datos de creación de emprego nos parados da localidade, espera que o goberno local esixa ás empresas que resulten adxudicatarias do novo Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, que aporta o goberno socialista,por importe de 700.969 euros (116.631.262 pesetas) , “un maior nivel de emprego local, que se deberá esixir ás empresas adxudicatarias das obras”.-
“Entre todos temos que esforzarnos na reducción do paro aproveitando estes fondos estatales e promovendo politicas de capitalización do noso Concello, no que actualmente se están a executar a práctica todalidade das obras con empresas foraneas “, indica a responsable socialista que lamenta que nos ultimos meses siga a producirse un incremento do paro ata acadar no mes de xaneiro do 2009, 402 parados, que supon a cifra mais alta dos ultimos anos.-
Precisamente a construcción e o sector servizos son os que mais desempregados teñen, seguidos da industria e da agricultura.-
Ainda sendo conscentes do contexto economico-laboral actual, dende o lar socialista indican que o goberno nacionalista teria que esforzarse mais na creación de emprego, toda vez que se están aportando, dende o goberno socialista, as maiores inversións da historia no Concello que deberian redundar moito mais no eido laboral.-
En calqueira caso, rematan dende a agrupación local, decindo que están a traballar na realización dunhas xornadas técnicas cara o verao, para abordar esta problemática e sacar conclusións que axuden nas políticas de emprego dende o eido local.-

PP SANTIAGO
Amelia González pide que se eliminen urxentemente os verquidos do Refuxio de Animais
Arquivado en: Notas de prensa— sbaston @ 1:37 pm
Informe “demoledor” do Seprona, que da a razón ós veciños
A concelleira do Grupo Municipal Popular encargada do seguimento da área de Sanidade, Amelia González, pediu hoxe que se eliminen “urxentemente” os verquidos do Refuxio de Animais de Bando, porque se o goberno municipal non corrixe esta situación, no prazo dun mes a Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidraúlico abrirá un expediente sancionador.
Advertíu da existencia dun informe “demoledor” do Seprona que corrobora a denuncia que dende fai anos ven realizando o PP e os veciños de Bando sobre a contaminación que está a producir o Refuxio de Animais sobre un manantial de auga.
Amelia González expuso esta situación na reunión que se celebrou o venres no Concello do Padroado da Fundación Refuxio de Animais de Zarramacedo.
O Grupo Popular viña informando desta situación dende o ano 2004, data na que presentou unha moción que foi debatida en pleno e na que solicitaba que a licenza de construción de apertura do Refuxio tivera en conta o Regulamento de Actividades molestas, insalubres e perigosas para evitar que este alterara as condicións de salubridade e hixiene do manantial de auga ubicado dentro deste recinto e do que se sirven varios veciños.
Tamén solicitaban que se revisara o proxecto básico e de execución do Refuxio, posto que non recoñecía a existencia deste acuífero soterrado, para ofrecer á comunidade de usuarios do pozo a súa servidume ou o traslado fóra da parcela, así como todas as garantías de non afección do seu aproveitamento hidráulico e da calidade da auga.
“Pero unha vez máis, o alcalde non escoita as advertencias do Grupo Popular”, lembrou a concelleira Amelia González, “e o Refuxio se construíu enriba do manantial e colocaron a foxa séptica a menos de 20 metros do acuífero”.
O Seprona constatou o desbordamento da fosa séptica onde se recollen os verquidos das instalacións, que circulan en paralelo ó tubo que conduce as augas da Comunidade de Usuarios da Traída de Auga a San Marcos.
Se o goberno municipal non corrixe esta situación, no prazo dun mes a Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidraúlico abrirá un expediente sancionador, segundo informou a concelleira popular.

PP ORDES
Logo do último accidente, que custou a vida a unha persoa esta semana, a deputada Belén Docampo presentará no Congreso unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar medidas de seguridade para ese trazado
O PP reclama a Fomento un plan de seguridade viaria para a N-550 ao seu paso por Ordes para frear o crecente número de sinistros
• Boa parte dese trazado presenta unha iluminación moi deficiente, non ten beirarrúas en moitos tramos e o firme carece da conservación axeitada
• Solicita tamén un informe escrito no que se enumeren os diferentes accidentes acontecidos nesta estrada no último lustro e as súas consecuencias, así como unha análise das causas
Ordes, 13 de febreiro de 2010.- A elevadísima sinistralidade viaria que presenta o trazado da estrada N-550 que discorre polo Concello de Ordes, e que esta semana volveu rexistrar unha nova víctima mortal, levou ao Partido Popular a reclamar do Ministerio de Fomento a adopción de medidas para frear esta tendencia, ao tempo que reclama unha análise exhaustiva sobre esta situación. A medida foi anunciada este mediodía por Belén Docampo, deputada do Partido Popular no Congreso dos Deputados, e pola presidenta da xestora local do PP de Ordes, Estrella Vázquez, nunha rolda de prensa celebrada na sede local do partido.
Plan de seguridade
Belén Docampo anunciou a presentación de dúas Proposicións Non de Lei, coas que instará ao Goberno central a elaborar, nun prazo non superior a seis meses, un plan de seguridade viaria para o tramo ordense da N-550, dadas as numerosas deficiencias que presenta. Neste senso, Do Campo informou de que “unha das iniciativas presentarase na Comisión de Fomento e, outra, na Comisión de Seguridade Vial e Prevención de Accidentes de Tráfico”. Do mesmo xeito, Estrella Vázquez anunciou que no próximo Pleno Municipal, que se celebrará o vindeiro 23 de febreiro, o grupo popular presentará unha moción para que o Concello inste ó Goberno Central a que tome medidas de inmediato e poña en marcha o Plan de Seguridade Viaria e o Plan de Acondicionamento da N-550 o seu paso polo municipio.
Malia que a elevada densidade de poboación asentada nas marxes da N-550 converte a esta estrada nunha vía de características practicamente urbanas en todo o trazado que discorre polo Concello de Ordes, o mantemento e as medidas de seguridade dispoñibles distan moito de aproximarse ás esixidas para as travesías urbanas. Boa parte dese trazado presenta unha iluminación moi deficiente, carece de beirarrúas en moitos tramos e o firme presenta un moi mal estado de conservación en numerosos puntos.
Informe escrito
Simultaneamente, o Partido Popular reclama ao Goberno central un documento oficial no que se faga balance do número de accidentes rexistrados no trazado da N-550 que discorre por este concello coruñés, pedindo que se cuantifique o número total de sinistros, e se especifique cales se saldaron con vítimas mortais, cales con feridos e cales só con danos materiais nos vehículos e/ou nos bens que limitan coa estrada.
Os populares solicitan, ademais, unha ficha individualizada de cada sinistro, na que se dea conta do punto quilométrico e das causas, comprobadas ou hipotéticas, do accidente. Unha vez recompilados eses datos, os populares piden que o Goberno central –titular desa vía- elabore un informe global, ben a través do Ministerio de Fomento, ou do Ministerio do Interior –con competencias en materia de seguridade viaria- con conclusións sobre as causas da elevada sinistralidade que presenta ese tramo de vía.
Unha vez que lle sexa remitido, o Partido Popular porá este documento a disposición de tódolos veciños afectados, e tamén do Concello de Ordes.

PP AMES
El TRIBUNAL DE CUENTAS da un plazo de QUINCE días al Concello de Ames para que le remita un INFORME JUSTIFICATIVO de las circunstancias que han impedido la obligación de presentar las cuentas del 2007 y del 2008
El Tribunal de Cuentas pondrá en conocimiento de las CORTES GENERALES el incumplimiento del deber de colaboración por parte del Concello de Ames, tal y como está previsto en los artículos 7 de la LOTCu y 30 de la LFTCu.
En la carta enviada el 29 de Enero, el Consejero D. Ramón Álvarez de Miranda García deja patente la situación irregular en la que se encuentra el Concello de Ames debido a la irresponsabilidad y la falta de gestión del Grupo de Gobierno Socialista que una vez más queda en evidencia.
El Alcalde socialista de Ames tendrá ahora que buscar a un responsable para endosarle la culpabilidad de esta nueva irregularidad que permanece a día de hoy a pesar de que el Alcalde ha dado instrucciones para que el departamento de intervención permanezca cerrado al público los martes y los jueves, a pesar de que ahora se ha incorporado el tesorero y se ha separado el departamento de intervención y contratación.
Al final, el tiempo ha puesto a cada uno en su sitio y demuestra que el problema no era, ni es, de los funcionarios tal y como esgrimió en repetidas ocasiones el grupo de gobiernos, sino de la incompetencia y la falta de gestión de la responsable de este departamento Doña Patricia Conde y D. Carlos Fernández como último responsable.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)