Teo - Carlos Blanco presenta o espectáculo "Corasons"

PRESENTACIÓN EN TEO DO ESPECTÁCULO “CORASONS” QUE ESTARÁ ESTA FIN DE SEMANA NA RAMALLOSA
O actor e veciño de Teo, Carlos Blanco, presenta esta iniciativa que conta coa participación de máis de 20 artistas

O actor e veciño de Teo, Carlos Blanco, presenta no CSC da Ramallosa ás 11:00 horas o espectáculo “Corasons” no que participan máis de 20 artistas de Galicia, Portugal, Angola e Brasil. 

Hoxe estarán a maioría dos participantes nesta iniciativa no Centro Sociocultural da Ramallosa, para realizar un ensaio antes das actuacións que realizarán o venres e o sábado en Teo. Antes do ensaio queren facer unha pequena presentación desta iniciativa que conxuga diversas artes escénicas xa que ademais da música tamén contará cunha exposición de fotos de corazóns. 

As entradas para os concertos desta fin de semana en Teo xa se poden mercar de xeito anticipado cun custe de 8 euros no Café A Senra en Pontevea, na Cervecería A Santa Sede na Ramallosa e no Pub Ultramarinos en Santiago de Compostela. 

Ningún comentario: