Axenda e tempo do sábado 6 de xuño - Música, teatro, patchwork, exposicións

Santiago - Numax 

Ames - A Roda en concerto


Santiago - Área Central - I Festival de Patchwork

Rois - Pazo do Faramello - encontros con Uxía e Sergio Tanús

Santiago - Teatro Principal - Miguel Noguera

Santiago - Salón teatro - Redrum Teatro - Amor Flexible

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Poo Galego - Dionisio Tasende, De homes... e mulleres (ata o 5 de xullo)

Santiago - Fonseca Fotoperiodismo pola inclusión (ata o 30 de xuño)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Ames - Gran premio concello de Ames de Supercross

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames, a Deputación da Coruña, o corpo de Protección Civil do Concello de Santiago e o salón de beleza Paula de Bertamiráns, organiza este domingo, 7 de xuño, a proba de supercross “Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2015”, que se desenvolverá no circuíto SX “Alex de Moure” e que está situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda. Nesta proba participarán 67 pilotos de supercross de toda Galicia.

Esta proba está incluída na Dagan Cup, que actualmente é a única competición de supercross que se organiza en Galicia. Trátase dun evento non oficial, interprovincial e non federado, de acordo coa actual normativa galega de deportes, e na que se dan cita os mellores pilotos galegos desta modalidade deportiva xa que actualmente non existe outra proba federada de supercross. A Dagan Cup 2015 está composta de nove probas, das cales dúas desenvolveranse en Ames. 

Esta é a segunda vez que se organiza esta proba no novo circuíto SX “Alex de Moure”. Este recinto de máis de 17.000 metros cadrados conta cun amplo aparcadoiro, situado a escasos metros da pista de competición, e cunhas condicións óptimas tanto para a práctica do deporte como para contemplación desta modalidade deportiva. 

Nesta proba inscribíronse 67 persoas, entre as que se atopan algúns dos mellores pilotos galegos como son Marcos Fernández e Outon Rodiño, que compiten na categoría elite. Os participantes estarán divididos en seis categorías diferentes: elite, veteranos, promoción, 85 cc, alevín (50 cc e 65 cc) e hobby que son os que se inician neste deporte. 



A proba comenzará as 9:00 horas coas verificacións técnicas e administrativas. Despois, a partir das 11:30 horas, os pilotos farán adestramentos libres. Este é o momento no que os deportistas toman contacto coa pista na que van ter que competir e mostrar as súas habilidades. Ás 16:30 horas dará comezo a proba que se compón de dúas mangas por categoría. O remate da proba realizarase a entrega de trofeos, que está prevista para as 20:00 horas.

Touro - Aberto prazo de inscricións para o obradoiro de emprego Ulla Tambre

Xa está aberto o prazo para que os interesados poidan apuntarse para optar ao ‘Obradoiro de Emprego Ulla-Tambre’, que organizan este ano conxuntamente os concellos de Touro e O Pino, nas especialidades de Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes e Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas.

O ‘Obradoiro de Emprego Ulla-Tambre’, que irá destinado a 20 desempregados incluindo as dúas especialidades, está inscrito nunha acción global que desenvolverán os Concellos de Touro e O Pino e que tén como obxectivo a posta en valor do patrimonio natural e etnográfico, a promoción turística do territorio e a inserción laboral de desempregados. Os dous Concellos tamén pretenden mellorar a ocupación das persoas desempregadas neste territorio coa cualificación profesional adquirida a través da experiencia laboral mediante a realización de obras ou prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

Os alumnos/as traballadores interesados en participar teñen que estar inscritos nas oficinas do Servizo Público de Emprego (ámbito Touro-O Pino) como demandantes deste obradoiro en concreto. Terán que estar en posesión do graduado ESO, ciclo medio en Probas de Acceso ao BUP, 2º de BUP ou Competencias Clave nivel 2. Logo haberá un proceso de selección entre os demandantes. Unha vez rematado o periodo de formación, estarán en condicións de acceder ao mercado laboral, ben por conta allea ou creando a súa propia empresa. 

Ames - Actuación de A Roda en Bertamiráns

O grupo galego de música popular A Roda actúa este sábado, 6 de xuño, en Bertamiráns para presentar o seu novo disco, un libro-CD que, baixo o título 'Outra volta de roda', recolle 13 coñecidas cancións desta formación musical que foron reactualizadas por eles mesmos. Trátase do décimo sexto disco que publica esta formación galega na súa ampla traxectoria musical. O concerto será ás 22:00 horas nos xardíns do Pazo da Peregrina. A entrada ao concerto é libre e gratuíta.

O Concello de Ames comezará o mes de xuño con outra importante actuación musical. Tralas actuacións en febreiro de Amacio Prada, con motivo do aniversario de Rosalía de Castro, e en maio do grupo folk Milladoiro para celebrar o mes das Letras Galegas, agora tócalle a quenda ao grupo galego de música popular A Roda, que presentará o seu último disco no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. 

Tras 40 anos de traxectoria este grupo galego elaborou un libro-CD que recolle temas de sempre reactualizados. Segundo explica un dos integrantes da Roda, Alfredo Dourado, “no concerto que ofreceremos en Bertamiráns presentaremos o novo disco, pero tamén interpretaremos os temas de sempre da Roda. Trátase dun espectáculo moi divertido e entretido no cal tamén interpretamos varios temas instrumentais”. Por último, Dourado, adianta que “neste concerto interpretarán dous ou tres novos temas que se incluirán no próximo disco”. 

Outra Volta de Roda
Outra Volta de Roda “é un resumen da historia musical da Roda. Ademais, a través deste traballo realízase unha homenaxe a toda a xente que pasou por esta formación e faise unha lembranza a Adolfo Domínguez 'Fito', membro fundador do grupo que faleceu en 2012”, engade Alfredo Dourado.

Por outra banda, o libro-CD dispón de 36 páxinas con textos escritos por grandes persoeiros da literatura galega. Ademais, na gravación das cancións colaboraron grandes artistas como Najla Shami, Emilio Rúa ou Sés.

Ames - Novos chalecos antibalas para a policía local

O Concello de Ames vén de adquirir vinte e cinco novos chalecos antibalas e anticorte para os axentes que forman a plantilla do corpo de seguridade amesán. Estes novos chalecos permitiranlles enfrontarse a calquera situación de risco na súa actividade diaria. Esta iniciativa enmárcase dentro do plan de mellora do material de traballo da Policía Local de Ames, que está levando a cabo o goberno municipal. A Administración local investirá 15.125 euros na adquisición destes chalecos que permitirán mellorar a seguridade dos axentes amesáns. 

Esta semana o alcalde en funcións de Ames, Santiago Amor, e a concelleira en funcións de Seguridade, Ana Ruso, estiveron nas dependencias da Policía Local cos axentes do corpo de seguridade amesá, que estiveron probando os novos chalecos que comprará o Concello de Ames. Ata estas instalacións municipais achegouse un representante da empresa que subministrará este material.

Durante o último ano dende o goberno local renovouse o parque automobilístico da Policía Local coa adquisición de dous novos vehículos, equipados con kit policial. Ademais, actualmente estase levando a cabo un proceso de licitación para comprar un novo vehículo todo terreo equipado con kit policial. Deste xeito, o goberno municipal está cumprindo o compromiso de ir renovando o parque automobilístico da Policía Local que contaba con bastantes anos de antigüidade.

Agora, dáse un paso máis para mellorar o material de traballo do que dispón a Policía Local co obxectivo de incrementar a seguridade dos axentes. Deste xeito, vaise dotar de forma individual a todos os axentes con chalecos antibalas e anticorte de última xeración, o que permitirá mellorar de forma considerable as súas condicións de seguridade. Trátase de vinte e cinco unidades de chalecos NIDEC modelo LITEFIT. Estes chalecos protexen as zonas vitais do torso e teñen un peso medio de quilo e medio. 

O alcalde en funcións, Santiago Amor, explica que “coa adquisición destes novos chalecos pretendemos renovar o material da Policía Local. Ademais, buscamos garantir a seguridade dos axentes nas súas intervencións e buscar a súa protección ante calquera situación de risco que leva consigo o seu traballo”.

Santiago - Axenda cultural da fin de semana

Na programación cultural desta fin de semana temos catro eventos de música, humor e teatro. Na xornada do sábado serán tres deles: ás 20.00h teremos concerto da Banda Municipal de Música dentro das festas de San Martiño Pinario na praza do mesmo nome; ás 20.30h, chegará ao Teatro Principal Miguel Noguera co seu ‘Ultrashow’ dentro do ciclo Falabaratos; e pechamos xornada ás 21.00 h no salón Teatro con ‘Amor flexible’ dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Xa o domingo poderemos ver o ‘Pluto’ de Aristófanes, dirixido por Magüí Mira e protagonizado por Javier Gurruchaga e Marisol Ayuso, entre outros. Será ás 20.30 h no Auditorio de Galicia dentro do ciclo Teatro 2015. 

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA. Sábado ás 20.00h Praza de san Martiño Pinario 
Con motivo das festas do barrio de San Martiño Pinario a banda municipal de Santiago ofreceranos un concerto que contará coa colaboración do solista Abe Rábade ao piano e estarán dirixidos polo mestre Juan M. Romero Llopis. O concerto terá lugar o vindeiro sábado, 6 de xuño ás 20:00 h na Praza de San Martiño Pinario. O concerto é con entrada libre. 




MIGUEL NOGUERA. Sábado ás 20.30 h no Teatro Principal 
“No Ultrashow explico unhas 30-40 ideas/ocorrencias/imaxes mentais ou pensamentos, un tras outro e sen importar demasiado a orde. Dura aproximadamente unha hora e dez minutos e estou só en escena. As ideas extráioas do material de anotacións e debuxos que elaboro a diario. É un espectáculo cómico aínda que as ideas non teñen porque ser cómicas en si mesmas. Tamén improviso cánticos e coméntoos despois... Para desenvolver determinadas ideas vállome de imaxes proxectadas nunha pantalla. O ton do discurso pode ser vehemente (como o dun telepredicador ou un líder totalitario), e en ocasións tornarse suave e informal (como o dun estudante adolescente). Aínda que levo anotados nun papel os títulos das ideas que quero comunicar, o Ultrashow é un monólogo con pasaxes improvisadas, dacabalo entre a conferencia e a peza teatral.” MIGUEL NOGUERA 

Miguel Noguera (Gran Canaria, 1979). Licenciado en Belas Artes. Desde fai dez anos leva a cabo o espectáculo Ultrashow en contextos variados (teatros, festivais e museos). En colaboración con Jonathan Millán publicou o libro Hervir un Oso (Belleza Infinita, 2010), e en solitario Ultraviolencia, Ser Madre Hoy e Mejor que Vivir (os tres con Blackie Books, 2011, 2012 e 2014). Tamén colaborou como actor nalgúns vídeos humorísticos do dúo Venga Monjas e nos filmes Extraterrestre, de Nacho Vigalondo e Diamond Flash, de Carlos Vermut, Mi Loco Erasmus e Taller Capuchoc, ambos de Carlo Padial. Colaborou semanalmente no programa de Manel Fuentes en Catalunya Radio (2008-2013), e durante un curto período de tempo foi colaborador satélite do programa Buenafuente en La Sexta. 

As entradas, a 12 euros (9 euros no anfiteatro) poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en entradas.abanca.com e no 902 434 443. 

‘PLUTO’ DE ARTISTÓFANES. Domingo ás 20.30 h no Auditorio de Galicia 
Pluto, o deus do diñeiro, canta cego polas rúas. Está triste porque non sabe a quen se dá e querería repartirse con xustiza entre a xente honesta… Os que non teñen reclámano e os que xa o teñen non o queren soltar… Pero Crémilo, un agricultor arruinado, devólvelle a vista a Pluto… 

Pluto é a historia dunha utopía, do soño do reparto xusto da riqueza, do diñeiro, é dicir, de Pluto… E aí é nada, isto xa lle preocupaba a Aristófanes no século IV antes de Cristo nun país mediterráneo onde a democracia pasaba por dificultades, no que algúns cidadáns se facían escravos para poder traballar e comer. Pluto fainos reflexionar con humor… humor ácido e satírico que nos invita á festa da utopía… Unha festa onde a pobreza está erradicada e a riqueza, é dicir, Pluto, lonxe de abusos e exclusións… Atenas hai agora 25 séculos… 

O espectáculo está dentro do ciclo Teatro 2015 e as entradas teñen un prezo de 24 euros. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (de 18.00 a 21.00 h), en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou o propio día do evento no despacho de billetes do Auditorio de Galicia desde as 18.00h. 

Pluto Javier Gurruchaga                 Magüí Mira dirección e espazo escénico
La Dama Marisol Ayuso                 Emilio Hernández adaptación
Crémilo Marcial Álvarez                 José Manuel Guerra iluminación
Carión Jorge Roelas                       Lorenzo Caprile vestiario
Praxágora Ana Labordeta              Denise Perdikidis coreografía
Tesorero Santi Celaya                    Javier Gurruchaga / Marco Rasa música
Blepsidemo Toni Misó                    Marco Rasa dirección musical
Joven Pluto Cayetano Fernández  Juan Mari Montes / Emilio Hernández letristas cancións

Txemi Pejenaute axudante dirección      Pentación Espectáculos (Madrid)
David Pérez Arnedo xefe técnico     coprodución do Festival Internacional de Teatro de Mérida
Raúl Fraile xefe produción
Jesús Cimarro produtor

español 90’

‘AMOR FLEXIBLE’ CON REDRUM TEATRO. Sábado ás 21.00 h no Salón Teatro 
Nesta vida todos queremos algo. Tristán quere a Eva. Eva quere os cartos de Tristán. Piluca viaxar a Cabo Verde co seu noivo Bembé. E para que todos consigan o que queren, os mozos teñen que casar antes de que Tristán descubra o segredo de Eva. Para isto as mulleres urdirán un divertido plan que poderá custarlle a vida ao rapaz. 

É unha comedia de rabiosa actualidade, próxima e amable, que afonda nas relacións familiares e de parella. Un reparto de luxo para un divertido espectáculo que coida con atención ata os máis mínimos detalles escenográficos, lumínicos e musicais, creados polos mellores profesionais da escena galega. 

O espectáculo está dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués e pode retirarse a entrada co bono pero tamén solta. Solta ten un prezo de 10 euros e pode collerse no despacho de billetes do Teatro Principal (de 18.00 a 21.00h), ou no Salón Teatro desde dúas horas e media antes de que comece a función. 

Brión - I Gala de Patinaxe Artística do concello

O polideportivo municipal de Brión acollerá este domingo 7 de xuño, ás 11:30 horas, a primeira edición da Gala de Patinaxe Artística Concello de Brión. Un evento no que participarán a Escola Deportiva Municipal de Patinaxe de Brión, o Club de Patinaxe Sarela, o Club Deportivo Fontiñas e a Escola Deportiva Municipal de Patinaxe de Noia. A entrada é libre e de balde.

Área Central - VI Festival de Patchwork Centon

VI Festival de Patchwork Centon // Santiago 2015

de 9.30 a 18.00 horas: curso: coloreando con hilos impartido por juana castañeda, en la sala de juntas de area central (previa inscripción: información en www.centon.es).

18.30 horas: desfile de la academia de corte y confección “susa suárez” de santiago de compostela a favor de la asociación española contra el cáncer, en el escenario de area central. el alumnado de esta academia muestra sus creaciones en este desfile en el que se recaudarán fondos a favor de la asociación española contra el cáncer.

18.00 horas: talleres infantiles “sábados creativos” con planeta shalom, en la esquina amarilla de area central. esta actividad dirigida a los más pequeños de la casa también se vuelca con el patchwork.

20.00 horas: entrega de premios del concurso en el escenario de area central.

Exposición – concurso: temática  del concurso “hexágonos” más de cincuenta colchas y tapices. artistas invitadas: paz giral, lilian pilar, mercé y cecilia -desedamás y juana castañeda.

Exposición “redes” con piezas realizadas con hilado artístico y patchwork. demostración de hilado con rueca a cargo de lola de logaro.

de 11.30 a 13.30 y de 17.30 a 20.30 horas: taller de elaboración de una colcha  a partir de retales con el logo de compostela mini maker faire.

Psoe Ordes - Xesús Pedreira renuncia a acta de concelleiro

O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Suso Pedreira, non tomará posesión da súa acta de concelleiro na sesión plenaria do vindeiro sábado 13 de xuño e convocará eleccións á Secretaría Xeral da Agrupación Socialista de Ordes a finais deste mesmo ano. Así llo comunicou Pedreira aos afiliados e militantes socialistas durante a asemblea celebrada onte xoves na sé dos Socialistas ordenses.

“Os resultados das pasadas eleccións foron moi malos e asumo toda a responsabilidade”, explicou Pedreira aos presentes, a quen lles indicou que “despois de doce anos xa é hora de deixar paso, aínda que sempre estarei a disposición do PSOE e de Ordes”. Pedreira agradeceu especialmente o apoio e a colaboración ofrecidos polos veciños e veciñas de Ordes, en especial polos militantes e simpatizantes socialistas, durante os seus anos como concelleiro, “nos que espero ter contribuído a mellorar a calidade de vida dos ordenses”. 

“Unha persoa moi válida e intelixente”
Suso Pedreira ratificouse ante a asemblea na súa intención de “propiciar unha transición tranquila na Agrupación Socialista de Ordes seguindo a folla de ruta que nos marcamos tras as eleccións do 24 de maio”. Neste sentido, explicou que será a número dous da candidatura, Verónica Gómez Fuentes, quen ocupe o escano conseguido pola Agrupación Socialista de Ordes nas pasadas. 

“Verónica é unha persoa moi válida, moi traballadora e moi intelixente. E estou convencido de que será unha gran concelleira”, indicou Pedreira Mirás. Neste sentido, incidiu en que “Verónica levou gran parte do peso desta campaña electoral e estou convencido de que, coa experiencia que adquirirá como concelleira, converterase nunha das persoas chamadas a liderar o cambio en Ordes nos próximos anos”. Así mesmo, Pedreira confirmou que “Verónica contará con todo o meu apoio e colaboración, aínda que estou plenamente convencido de que saberá afrontar este desafío”.

Non a Regos
A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, estivo presente na asemblea celebrada na noite do xoves e confirmoulles aos militantes socialistas que o alcalde en funcións de Ordes, Manuel Regos, non entrará nas filas do Partido Socialista. Así mesmo, confirmou que ningún integrante da Agrupación Socialista de Ordes avalou nin solicitou a entrada de Regos no partido socialista, senón que foi o propio Manuel Regos quen, acompañado por outros integrantes de UXO, acudiu esta semana á rúa do Pino para solicitar o seu ingreso no Partido Socialista.

Cancela escoitou as razóns esgrimidas por Regos para solicitar o ingreso no PSOE e así evitar que o PP gobernase o Concello de Ordes. Tras consultar esta posibilidade co secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, e co seu homólogo do BNG, Bieito Lobeira, a secretaria de Organización do PSdeG transmitiulle a Regos que a súa petición non era aceptada. 

Campaña de mentiras do BNG
Xesús Pedreira asegura que “é unha vergoña ver as mentiras que o señor Ramiro Recouso anda dicindo por Ordes, como que fun eu quen levou a Regos á rúa do Pino, cando non son máis ca invencións do BNG para tentar de desviar a atención sobre a realidade: que o Partido Popular vai gobernar Ordes grazas á colaboración dos nacionalistas”. Neste sentido, lamenta a campaña de desprestixio lanzada polo BNG sobre os socialistas ordenses nunha cuestión na que a Agrupación Socialista de Ordes non tivo ningún tipo de responsabilidade. Pedreira lembra que “cun concelleiro, o PSOE nada ten que dicir na conformación do próximo Goberno de Ordes. Pola contra, o BNG está favorecendo que o PP goberne Ordes con maioría absoluta dentro dun par de meses. E iso haberá que agradecerllo ao señor Ramiro Recouso, non ao PSOE de Ordes”.

O secretario xeral dos Socialistas de Ordes fixo un balance positivo da súa xestión durante estes anos pois “conseguimos moitas cousas para os veciños e veciñas de Ordes tanto durante a nosa época no Grupo de Goberno como dende a oposición, dende onde asumimos unha actitude responsable que puido prexudicarnos electoralmente pero que calquera pode ver que foi positiva para a veciñanza de Ordes”. Neste sentido, Pedreira lembra que grazas ás xestións dos socialistas dende o Goberno de Ordes se puideron realizar obras tan importantes para Ordes como o paseo do Río Mercurín, a rolda leste, o parque do Paraíso ou a instalación de illas verdes nas parroquias, así como conseguir investimentos públicos por case oito millóns de euros. 

Unha actitude proactiva que os socialistas mantiveron despois dende a oposición, onde conseguiron incrementar nun 20% o orzamento dedicado a servizos sociais, puxeron en marcha unha campaña de apoio ao comercio local e lograron axudas para a renovación tecnolóxica do sector téxtil de Ordes, entre outras iniciativas.

Santiago Rugby Club - Norm Maxwell dos All Blacks imparte un clinic de entrenadores

El Santiago Rugby Club traerá este sábado a una leyenda del Rugby a Compostela. Se trata de Norm Maxwell, internacional en más de 35 ocasiones con los míticos All Blacks (Selección de Nueva Zelanda) y campeón con los Crusaders de la liga Super 12 del hemisferio Sur en 5 ocasiones.

Vendrá a Santiago para impartir un Clinic de Rugby dirigido a entrenadores. Se celebrará en el Estadio de Santa Isabel y se dividirá en una sesión matutina dedicada a la defensa mientras que por la tarde se centrará en la Touche.

José Pérez, directivo del SRC, destacaba la fortuna de poder contar con Norm y calificaba la oportunidad como única: " No solo por lo que Norm puede aportarnos por sus conocimientos y experiencia a nivel deportivo si no también por la manera que tiene de entender el rugby y la pasión con la que lo vive".

Axenda e tempo do venres 5 de maio - Música, teatro, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Teatro Principal - Fred Martíns


Santiago - Auditorio de Galicia - Real Filharmonía de Galicia

Santiago - Salón teatro - Redrum Teatro - Amor Flexible

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Poo Galego - Dionisio Tasende, De homes... e mulleres (ata o 5 de xullo)

Santiago - Fonseca Fotoperiodismo pola inclusión (ata o 30 de xuño)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Santiago - Concerto da Real Filharmonía de Galicia retransmitido por internet

La Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dos conciertos, con los que cierra su temporada de abono y hoy viernes tocará en Santiago, a las 21:00 horas en el Auditorio de Galicia. Llevará la batuta el director titular de la agrupación, Paul Daniel. La primera y la última obra del concierto de Santiago se retransmitirán en directo por streaming a través de la página web de la RFG (www.rfgalicia.org). 

La actuación comenzará con Tapiola, del compositor finlandés del siglo XX Jean Sibelius (1865-1957). Es su último gran poema sinfónico, escrito en 1926 para la Sociedad Filarmónica de Nueva York. Su título deriva de Tapia, el dios motológico de los bosques de un poema épico nacional finlandés. En esta obra evoca el poder, el misterio y las mágicas cualidades de aquellos inmensos bosques.

A continuación los músicos acercarán al público la obra Hymne, del francés Olivier Messiaen (1908-1992). Compuesta en 1932 y perdida durante la Segunda Guerra Mundial, el autor tuvo que reescribirla de memoria quince años después. Con el título original de Himno al Santo Sacramento que luego abrevió, el compositor creía literalmente en las descripciones bíblicas de milagros y revelaciones que se encuentran en la Biblia.

La Quinta de Beethoven

La Real Filharmonía de Galicia pondrá el broche final a su temporada de abono con la Sinfonía nº 5 del genial Beethoven (1770-1827), una maravillosa composición, con un clímax que crece sin cesar. Es sin duda uno de los referentes más trascendentales e influyentes, una de las composiciones más populares e interpretadas de toda la historia de la música.

Esta sinfonía, y en particular el distintivo motivo con el que comienza, son conocidísimos mundialmente, apareciendo con frecuencia en la cultura popular, con nuevas interpretaciones como la música disco, el rock and roll y también con apariciones en películas y series de televisión.

Cuando Beethoven la compuso ya estaba llegando a los 40 años, su vida personal estaba marcada por la angustia que le causaba el aumento de su sordera. Pese a estas circustancias, había entrado ya en un imparable proceso de furia creativa. Curiosamente, su estreno no tuvo una buena acogida, ya que se produjo en condiciones adversas: la orquesta no tocó bien, sólo había realizado un ensayo antes del concierto, y en una de las partes, debido a un error de uno de los músicos, Beethoven tuvo que detener la ejecución y comenzar de nuevo.

El público de Santiago podrá mantener una charla previa con Paul Daniel

Antes de la celebración del concierto, el director titular y artístico de la Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel, mantendrá una charla previa con los asistentes a la cita musical. Será a las 20:15 horas en la Sala Mozart del Auditorio de Galicia. Esta iniciativa se enmarca dentro de la experiencia “CONvers@ndo con”, que promueve la RFG antes de cada concierto, con la finalidad de acercar la música al público de manera informal y distendida. Se podrá participar en este encuentro presentando la entrada del concierto. 

Paul Daniel es además el responsable de la di­rección musical de la Orquesta Na­cional de Burdeos y el principal director y consejero artístico de la West Australian Symphony Orchestra de Perth. Ha sido director musical de la English National Opera y de las óperas Factory y North. Fue direc­tor invitado de las más destacadas orquestas del mundo. Su grabación de la Sinfonía nº 3 de Elgar y Payne, con la Bournemouth Symphony Orchestra, fue uno de los discos de música clásica más vendi­dos en el año 2000. Entre los premios que ha recibido a lo largo de su carrera destaca un Olivier por su aportación a la ópera y un Gramophone por su serie sobre música inglesa grabada con el sello Naxos. En los New Year’s Honours de 2000 fue condecorado con la Cruz del Imperio Británico.

Santiago Futsal - Lucho non seguirá no equipo

Luis López García ‘Lucho’ no seguirá en el Santiago Futsal la próxima temporada tras rechazar la oferta de renovación presentada por el club. El deseo del Santiago Futsal era que el jugador continuara a las órdenes de Santi Valladares un año más pero desafortunadamente ambas partes no llegaron a un acuerdo.

De esta manera, el que ha sido capitán del equipo la última temporada dejará de vestir la camiseta blanca tras ocho años en el club santiagués. Lucho llegó al Santiago Futsal en el año 2006 y se formó en los juveniles hasta su llegada al primer equipo en el año 2008, siendo primer capitán la temporada pasada.

Desde el club le deseamos toda la suerte en su nueva etapa, tanto a nivel personal como profesional. Agradecemos a Lucho la humidad y dedicación con la que ha trabajado todos estos años al servicio del que siempre será su club.

USC - Reunión do Consello de Goberno

O Consello de Goberno da USC reunirase hoxe venres 5 ás 11:30 horas (primeira convocatoria) nunha sesión que comezará informando da tramitación das teses de doutoramento e da a avaría informática do día 15 de maio.

Na xuntanza someteranse ademais a aprobación o complemento por mérito docente da convocatoria de 2014, a modificación de asignación de complementos de recoñecemento á excelencia curricular, a normativa de licenzas por ano sabático, o regulamento das figuras honoríficas de profesor e investigador ad honoreme de profesorado emérito.

Ademais, entre outros moitos asuntos trataranse as prórrogas de contratos de profesorado asociado, lectores e PACS para o curso académico 2015-2016 e a modificación da RPT e a actualización do cadro de persoal de PDI.

BNG Santiago - Moitas das propostas de Stop-Desafiuzamentos só requiren vontade política

O Bloque Nacionalista Galego participou nunha xuntanza da plataforma Stop-Desafiuzamentos onde trasladaron propostas aos grupos políticos, moitas delas incluídas xa no programa da formación nacionalista e que só requiren vontade política para poñelas en práctica.

Por parte do BNG asistiron a esta reunión Goretti Sanmartín e Concha de la Fuente, quen destacaron a ampla coincidencia do BNG con estas medidas que propón Stop-Desafiuzamentos “porque moitas delas se poden adoptar de inmediato e sen custo económico, xa que tan só requiren vontade política para as levar adiante”. Para iso, cómpre poñer a funcionar determinados mecanismos relativos á protección social para, dun xeito estrutural e transversal, paliar as situacións que conducen ao desafiuzamento, así como aplicar medidas para frear o empobrecemento da poboación.

Cómpre lembrar que o BNG levou no seu programa electoral declarar Santiago de Compostela como cidade libre de desafiuzamentos, xunto con outras propostas acordes ás iniciativas trasladadas ao Pleno nos últimos anos e ao traballo para intentar frear os despexos acontecidos na cidade.

Entre as medidas que defende o BNG e que comparte con esta plataforma están negociar coas entidades financeiras a cesión de vivendas para facer fronte a situacións de emerxencia social, conseguir a non colaboración da policía municipal no lanzamento de persoas en desafiuzamentos de primeira vivenda, facilitar vivenda protexida en réxime de alugueiro ás persoas con menos recursos e incentivar a entrada no mercado inmobiliario do maior número posíbel de vivendas que se atopan desocupadas nestes momento en Santiago de Compostela, entre outras.

Santiago - No Teatro Principal Fred Martins

O cantante e compositor brasileiro Fred Martins preséntanos hoxe o seu último traballo ‘Para além do muro do meu quintal’ dentro do ciclo Sons’15. Será ás 21.00 h no Teatro Principal e as entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00 h), en entradas.abanca.com e no 902 434 443. O prezo é de 8 euros anticipada, 10 euros o día do concerto e 20 euros a entrada + CD.

Un dos versos do poema Noite de San João de Alberto Caeiro (Fernando Pessoa), musicado por Fred Martins, dá nome ao primeiro disco gravado en Europa (Lisboa) polo cantante e compositor brasileiro, un talento activo en importantes festivais internacionais e recoñecido con galardóns como o 9º Premio VISA de Música Brasileira ao mellor compositor. Nun estilo persoal e poético, orixinal e contemporáneo, as cancións de Fred Martins dialogan coa bossa, a samba e o nordeste modal brasileiro, captando elementos do blues e do rock, nun tratamento de cámara e predominantemente acústico ou electroacústico.

Dialogan coa bossa de João Gilberto, a samba de Paulinho da Viola, Nelson Cavaquinho e Cartola, incluíndo o nordeste modal brasileiro e tamén elementos de Blues e Rock. Seguindo a liñaxe de autores como Noel Rosa, Vinícius de Moraes e Chico Buarque, a poesía traspasa como un todo o traballo do autor e intensifica aquí a súa presenza, non só na xa citada canción-poema de Fernando Persoa, como no espazo común cos poetas Marcelo Diniz ("Á présa a vida pasa"), Manoel Gomes ("Poema Vello"), Fred Girauta ("Meu silencio"), Roberto Bozzeti (Terras do Sen Fin) e Alexandre Lemos ("Novamente").

Tendo como fío condutor a voz e a guitarra de Fred Martins, as cancións reciben tratamento camerístico e predominantemente acústico ou eletroacústico (con filtragem sonora, teclados vintage e piano minimal de Paulo Borges), onde o violoncelo de Sergio Menem gaña destaque entre as percusións de Márcio Bahia, Alexandre Frazão e João Ferreira e a sonoridade árabe é acentuada polo uso do cumbus, instrumento de cordas de orixe turca. Participan especialmente neste album a cantante cabo-verdiana Nancy Vieira, en “O samba me diz", e o guarani paulistano Renato Braz, en "Terras do sen fin", canción que aborda o imaginário amazónico brasileiro. Tamén actúan neste disco os músicos Bony Godoy (contrabaixo), Marcelo Martins (frautas) e Pedro Pascual (acordeón diatónico). Ademais, "Para além do muro…" conta coa produción musical do pianista e arranxador Paulo Borges. O proxecto gráfico do cd está a cargo do premiado artista Pablo Giraldez, o Pastor.

FRED MARTINS voz / guitarra
SERGIO MENEM violoncello / guitarras
PAULO BORGES piano / teclados / acordeón
JOSÉ SAN MARTÍN percusión
BONY GODOY baixo

coa participación especial de NANCY VIEIRA e PEDRO PASCUAL

Santiago - Redrum Teatro presenta Amor Flexible

Os composteláns Redrum Teatro presentan a comedia ‘Amor Flexible’ dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Será hoxe ás 21.00 h no Salón Teatro e de novo con función o sábado á mesma hora. As entradas, ademais de co Bono, poden retirarse soas a un prezo de 10 euros. Os lugares de venta son o despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00 h), así coma o Salón Teatro os días de función desde 2 horas e media antes de que comece.

Nesta vida todos queremos algo. Tristán quere a Eva. Eva quere os cartos de Tristán. Piluca viaxar a Cabo Verde co seu noivo Bembé. E para que todos consigan o que queren, os mozos teñen que casar antes de que Tristán descubra o segredo de Eva. Para isto as mulleres urdirán un divertido plan que poderá custarlle a vida ao rapaz.

É unha comedia de rabiosa actualidade, próxima e amable, que afonda nas relacións familiares e de parella. Coa escusa dos sete pecados capitais como eixe da estrutura falamos da idealización do amor. Da crise, e como esta afecta aos novos modelos familiares onde as nais teñen que ir vivir cos fillos. Da vida a partir dos sesenta anos e das segundas oportunidades. Dos que non se renden. Dos que buscan a felicidade. Falamos da muller galega loitadora, que vai na procura dos seus soños por lonxe que estes se atopen. Da maternidade. Do desexo de ser nai e da dificultade de educar aos fillos. E todo isto dende a óptica que mellor se achega ao público, o humor. 

Contamos neste proxecto coa colaboración dunha das mellores e máis queridas actrices do panorama galego. Unha muller cunha carreira chea de éxitos e personaxes inesquecibles. Dende a alcaldesa de Portozas de "Mareas Vivas" a viúva de "A vida por Diante". Estamos a falar de Mela Casal. Completan o reparto os que foron os dous nenos prodixio da TVG. Guillermo Carbajo, o rapaz de "Pratos Combinados" e Tamara Canosa, a cativa de "Mareas Vivas".

Un reparto de luxo para un divertido espectáculo que coida con atención ata os máis mínimos detalles estenográficos, lumínicos e musicais, creados polos mellores profesionais da escena galega.

Alex Sampayo é un director e realizador coñecido principalmente no sector audiovisual, no que leva traballando máis dunha década.

BNG Ames - Negociación pública e transparente a catro bandas

Os resultados electorais de Ames esixen que as forzas de esquerda dean rapidamente os pasos necesarios para ofrecer unha solución de gobernabilidade do xeito máis consensuado e estable posible para esta lexislatura, de xeito que se poidan afrontar con garantías os importantes retos que o Concello ten, logo de catro anos de desgoberno e parálise. Calquera outra proposta só serve para afianzar as dúbidas que moitas persoas senten xa sobre a gobernabilidade de Ames no vindeiro mandato ou para alimentar o temor a que a dereita volva gobernar. 

A fragmentación e a igualdade nos resultados entre as forzas de esquerda non sinalan a ningunha para liderar claramente un goberno de tipo presidencialista. As catro forzas de esquerda debemos demostrar que somos capaces de antepoñer de xeito claro o interese da cidadanía a calquera intento de tirar réditos políticos, partidarios ou persoais. 

O BNG-Asembleas Abertas reitera que os seus votos na investidura impedirán un goberno da dereita e,por extensión, das forzas de dereitas en Ames. Na negociación da gobernabilidade o obxectivo principal debe ser a definición dunha folla de ruta de actuacións do Concello e o compromiso por executalo e apoialo mediante a posta en común dos programas das catro forzas, así como a mudanza nas formas de goberno dando participación real e periódica aos veciños e veciñas. 

Xa que logo, instamos a que se inicie unha negociación pública, conxunta entre o PSdG -PSOE, Ames Novo, Contigo Pódese e BNG-Asembleas Abertas, coa máxima transparencia e rapidez, que debe rematar coa publicación, para o coñecemento das veciñas e veciños, dun documento de acordo que nos comprometa na gobernabilidade do Concello neses termos. Pola nosa banda, ofrecemos unha actitude aberta e negociadora.

Para o BNG-Asembleas Abertas, velar polos intereses das veciñas e veciñas é a premisa básica para apoiar unha investidura ou apoiar/participar no goberno. Dende a nosa perspectiva, iso pasa tanto por executar certas actuacións prioritarias como por asegurar transparencia, participación e rexeneración democrática, no sentido expresado pola cidadanía nas eleccións. Na asemblea aberta que celebramos onte no Pazo da Peregrina concretamos o seguinte decálogo de condicións:

1. Dar participación á veciñanza implicando unha mudanza no funcionamento do concello. Crear foros de participación sectorial e abrir unha quenda de participación veciñal dende o primeiro pleno. Orzamentos participativos.

2. Transparencia na xestión: contratación pública aberta en todos os casos, publicación periódica das contas do concello (ingresos e gastos). Remunicipalización en canto sexa posible de servizos públicos básicos como o da auga. Auditorías de contratas e servizos. 
Goberno non presidencialista e de relación entre iguais, con delegación de competencias e sinatura na Xunta de Goberno Local e nas concellerías correspondentes. Goberno democrático, con medios para o traballo responsable dos diferentes grupos municipais. Recuperación do diálogo cos traballadores/as do Concello. 

4. Revogar o plan de axuste e elaborar dende cero os orzamentos, para destinar os maiores esforzos económicos aos servizos públicos, á política social e á creación de emprego, e non á banca, negociando prazos máis longos de amortización. Compromiso do futuro goberno de enfrontar a política de recortes nos servizos públicos, estudando alternativas ante as limitacións de gasto impostas aos concellos.

5. Mellorar e ampliar a axuda para atender necesidades sociais e, de xeito inmediato, a situacións de emerxencia: bolsa de vivenda e mediación para o alugueiro contra desafiuzamentos e ampliación e mellora das axudas sociais. Revisar o prezo dos servizos públicos en función da renda.

6. Xerar as condicións para crear emprego: afortalar o servizo de desenvolvemento local; crear a bolsa de emprego social; fomentar iniciativas empresariais de I+D+i; apoiar o comercio local; impulsar a transformación de produtos primarios e a súa comercialización con mellores mercados de rúa.

7. Apertura do cemiterio municipal no primeiro ano de mandato. Cesión da parcela para o Centro de Saúde do Milladoiro. Cesión da parcela para ampliar a EDAR de Bertamiráns. Reclamar equipamentos e dotacións á Xunta e ao Estado (IES Milladoiro, Centro Saúde Milladoiro, EDAR Sisalde, tráfico do Milladoiro, etc.). Completar o abastecemento de auga e a rede de saneamento no rural. Iniciar a revisión do PXOM para conseguir terreos para espazos verdes para O Milladoiro e demais equipamentos públicos (centro de día, novos centros educativos...). Asegurar a produtividade das brigadas de obras e ambientais do concello con dirección profesional e permanente. Mellora do transporte público e establecemento de rutas de transporte colectivo internas no concello. Impulso ao aforro enerxético.

8. Impulsar a creación cultural: programación cultural para todos, escolas municipais (música, teatro...) e o apoio ás asociacións e artistas locais (axudas e espazos en sentido amplo). 

9. Impulsar para todos a actividade deportiva e as actividades ao aire libre que permitan ademais coñecer o concello e o país.

10. Recuperar as políticas de normalización lingüística na Administración municipal, concienciar da necesidade de preservar a nosa lingua, e abrir novos espazos e redes para fomentar o uso social do galego.

PP Santiago - A Xunta xestora analiza o resultado electoral

O presidente da xunta xestora do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, transmitiu hoxe aos membros deste órgano a necesidade de acometer unha profunda reflexión tras os resultados das eleccións municipais do pasado 24 de maio, que sirva para abrir o partido a unha nova etapa de renovación e de rexeneración e planificar o futuro.

Para o PP local, os resultados obtidos, tanto en Santiago como en Galicia e España, son un toque de atención da cidadanía que debe conducir ao partido a detectar e corrixir os erros cometidos e retomar de inmediato a conexión perdida cunha parte importante da sociedade. 

Hernández trasladou á xestora que “somos un partido centrado, que representa o sentir común e a moderación de boa parte da poboación, que ten demostrado a súa capacidade de xestionar con eficacia e rigor, pero que nestes momentos, por erros propios e tamén polo desgaste de ter que gobernar e tomar decisións difíciles, padece un evidente déficit de confianza e de conexión coa cidadanía”. 

Segundo o responsable local do partido, ábrese unha nova etapa na que “é necesario facer un esforzo por estar mais na rúa, por abrir o partido á cidade e por demostrar que seguimos sendo unha opción de goberno clara para Santiago de Compostela”.

Como parte desa nova etapa, comunicou aos membros da xunta xestora que, de xeito coordinado co calendario xeral e as estratexias do partido nos ámbitos nacional e autonómico, comezarán os preparativos para organizar un congreso local que servirá para retomar a normalidade interna dentro da formación e rematar coa actual etapa de transitoriedade.

Ames - Pizza para o último menu do curso nos comedores escolares

Os rapaces e rapazas que son usuarios da Rede Municipal de Comedores Escolares volveron a elixir por segundo ano consecutivo a pizza de xamón e queixo e o xeado de xeo, para o menú de fin de curso. O departamento de Educación do Concello de Ames dálles a posibilidade a todos os nenos e nenas que comen na rede de comedores de que elixan o menú de fin de curso, unha comida que este ano se celebrará o xoves 19 de xuño. Estes peculiares comicios leváronse a cabo nos comedores do CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEP de Ventín, CEIP de Barouta e na EEI do Milladoiro.

Xa se coñece o resultado das eleccións que se celebraron co fin de elixir os pratos que conformarán o menú do día 19 de xuño da Rede Municipal de Comedores Escolares. Este é o décimo ano no que se celebran eleccións nos comedores escolares para escoller os pratos cos que se quere despedir o ano académico. 

As eleccións desenvolvéronse durante o horario no que se emprega o servizo de comedores no CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEP de Ventín, CEIP de Barouta e na EEI do Milladoiro. Co cento por cento dos votos escrutados, a pizza de xamón e queixo e o xeado de xeo (polo de amorodo) proclamáronse como os gañadores. 

O reconto total de votos quedou do seguinte xeito: pizza de xamón e queixo, 254 votos; churrasco con patacas fritas, 220 votos; albóndegas con arroz e salsa de tomate, 190 votos; espaguete á boloñesa con queixo, 109 votos, peituga rebozada (nugets) con arroz e salsa de tomate, 89 votos; e pescada rebozada con pasta tricolor, 21 votos. Na sobremesa, o polo de xeado impúxose con 339 votos ao xeado de corte de tres sabores, que obtivo 279 votos. O iogur de chocolate acadou 115 votos, os amorodos con nata conseguiron 99 votos; e o flan con nata tivo 48 votos.

Axenda e tempo do xoves 4 de xuño - Música, teatro, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Teatro Principal - O principio de Arquímedes


Santiago - Museo do Pobo Galego - Mostra Dionisio Tasende

Santiago - Casa das Crechas - Neno Escuro

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Poo Galego - Dionisio Tasende, De homes... e mulleres (ata o 5 de xullo)

Santiago - Fonseca Fotoperiodismo pola inclusión (ata o 30 de xuño)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Contigo Pódese - Comunicado sobre as xuntanzas políticas

Contigo Pódese, desexa facer público por medio deste comunicado que onte finalizou a primeira rolda de xuntanzas coas diferentes formacións de esquerdas que concorreron ás eleccións municipais no Concello de Ames. 

Nestas xuntanzas, púxose enriba da mesa o noso desexo de diálogo para poder chegar a un consenso de goberno en Ames que permita un xiro de 180 graos na forma de facer política, como así o están a demandar os veciños/as que nos apoiaroncos seus votos.

Se ben se está a falar, desde as distintas formacións, de que hai moitas liñas programáticas que nos unen de xeito que a transparencia, a participación cidadá, a rendición de contas, as políticas sociais parecen ser agora unha prioridade en todos os programas políticos, a experiencia dinos que poden ser meras declaracións de intenciónsoportunistas e falsas promesas, das que os nosos votantes xa están fartos. 

Contigo Pódese quere un compromiso firme por parte das formacións políticas para que, dende o comezo, haxa un cambio realno xeito de facer política e que se materialice en actuacións concretas que mostren á cidadanía esa vontade de cambio. 

Queremos que os/as veciños/as de Ames saiban que Contigo Pódese si se compromete a cumprir unha serie de condicións imprescindiblesque expoñemos e propoñemos ás distintas formacións políticas en prol de que se pronuncien e mostren xa esa vontade real de cambioe que son básicas para continuar coas negociacións para poder chegar a un consenso:

- Tolerancia cero coa corrupción.

- Publicidade e transparencia nas xestións municipais e en particular nas contas.

- Asembleas veciñais presenciais polo menos cada cuatrimestre para render contas da xestión municipal.

- Firma delegada da alcaldía, isto é, rematar co presidencialismo existente por parte dos rexedores municipais e facer copartícipes do goberno aos responsables das concellarías como representantes que son dos veciños/as que exerceron o seu dereito ó voto.

- Eliminación dos cargos de confianza e do persoal administrativo que traballa no Concello para os partidos políticos.

- Implicación dos órganos de goberno nas negociacións coas entidades bancarias en caso de ameaza de desafiuzamento dalgún veciño/a.

- Axudas de emerxencia ante as situacións de máxima gravidade que están a sufrir os nosos veciños/as, tan desatendidas no noso Concello.

Contigo Pódese desexa transmitir aos seus votantes e á cidadanía de Ames que,xa sexa formando parte do goberno municipal como dende a oposición, loitará pola defensa e cumprimento do noso programa, co fin de rexenerar a política e as institucións e dar un forte impulso na xestión, para atender ás graves deficiencias que padecemos na nosa municipalidade.

Numax - Boletín do 5 o 11 de xuño

Carteleira semanal
A partir da semana próxima, mudaremos o ritmo deste boletín de novidades, que se publicará cada luns e que tentará dar conta da programación do cinema para toda a semana natural. Ademais, lembrámosvos que os filmes de estrea comezan os mércores e as incorporacións ao programa Os ollos verdes produciranse os venres.

Como novidades, este venres (día 5) estreamos Siria, autorretrato, de Ossama Mohammed e Wiam Siam Bedirxan e o mércores da próxima semana Shirley, de Gustav Deustch. Continúan ademais en carteleira Perdición (até o xoves 11) e Só os amantes sobreviven.



En Siria, os "youtubers" filman e morren cada día. Outros matan e filman. En París, Ossama Mohammed só pode filmar o ceo e montar imaxes de Youtube, guiado polo amor indefectíbel que sente por Siria. Desta tensión entre a distancia, o seu país e a revolución, naceu un encontro: unha cineasta moza kurda de Homs entroulle ao chat: "De a túa cámara estar en Homs, que filmaría?" O filme é a historia deste reparto.



Trece pinturas de Edward Hopper collen vida para contarnos a historia dunha muller que vive unha realidade que non acepta. Shirley é unha muller atractiva, carismática, comprometida e emancipada á que lle tería gustado mudar o curso da historia co seu compromiso profesional e sociopolítico. Unha muller que non acepta a realidade que lle tocou vivir - América anos 30 anos 60- e que se agarrará firmemente ás súas convicións.


Venres 5 de xuño

12:00 Só os amantes sobreviven
16:00 Perdición
18:00 Só os amantes sobreviven
20:15 Só os amantes sobreviven
22:30 Siria, autorretrato
 

Sábado 6 de xuño

12:00 Só os amantes sobreviven
16:00 Só os amantes sobreviven
18:15 Perdición
20:15 Siria, autorretrato
22:00 Só os amantes sobreviven
 

Domingo 7 de xuño

12:00 Só os amantes sobreviven
16:00 Só os amantes sobreviven
18:15 Siria, autorretrato
20:00 Só os amantes sobreviven
22:15 Perdición
 

Martes 9 de xuño

12:00 Siria, autorretrato
16:00 Siria, autorretrato
17:45 Só os amantes sobreviven
20:00 Perdición
22:00 Só os amantes sobreviven
 

Mércores 10 de xuño

12:00 Perdición
16:00 Siria, autorretrato
18:00 Só os amantes sobreviven
20:15 Shirley
22:00 Shirley
 

Xoves 11 de xuño

12:00 Só os amantes sobreviven
16:00 Só os amantes sobreviven
18:15 Siria, autorretrato
20:15 Shirley
22:00 Perdición
 

Venres 12 de xuño

12:00 Só os amantes sobreviven
16:00 Shirley
18:00 Siria, autorretrato
20:00 Só os amantes sobreviven
22:15 Shirley
 

Sábado 13 de xuño

12:00 Siria, autorretrato
16:00 Só os amantes sobreviven
18:15 Shirley
20:00 Shirley
22:00 Só os amantes sobreviven
 

Domingo 14 de xuño

12:00 Shirley
16:00 Só os amantes sobreviven
18:15 Só os amantes sobreviven
20:30 Siria, autorretrato
22:15 Shirley